ORDES
OROSO
A estación de tren, cada vez máis abandonada
Balance mellorable do primeiro ano do enlace surPáx. 2
Páx. 6
CRÓNICAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 56 - Agosto de 2018
Unha nova liña de alta tensión expropiará terreos na comarca Cerceda, Ordes e Tordoia son, na comarca de Ordes, os tres municipios afectados por expropiacións de
terreos a causa dunha nova liña eléctrica de alta tensión, que evacuará a enerxía de novos parques eólicos
desde Coristanco ata a subestación situada entre o Mesón do Vento e As Travesas. O proxecto sométese a exposi-
ción pública desde principios ata finais de agosto para que quen o considere presente Páx. 4 alegacións.
Días para durmir pouco
CERCEDA
Un restaurante local, epicentro da trama de viño falso Páx. 8
ENTREVISTA
José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde do Concello de Ordes Páxs. 16-17
TORDOIA-TRAZO
A Deputación acondicionará dúas pontes Páx. 12
COMARCA
Ordes entra de cheo na celebración das festas do verán
Páx. 27
Obradoiro publica un novo estudo da represión fascista Páx. 20
CRÓNICAS - Agosto 2018
2
ACTUALIDADE MESÍA-TRAZO
OROSO Atrae empresas pero resulta inasumible para as economías domésticas
Obteñen a cesión de parcelas do Banco de Terras para infraestruturas públicas
Balance pobre do primeiro ano do enlace sur da AP-9 en Sigüeiro
Os Concellos de Mesía e de Trazo obtiveron a cesión, por parte da Consellería do Medio Rural, de parcelas propiedade do Banco de Terras de Galicia. Os terreos destinaranse a infraestruturas de interese común. No caso de Mesía, o Concello recibe un terreo de 8.503 metros cadrados de superficie que se utilizará como aparcadoiro público. En Trazo, a parcela que obtén cedida o Concello é de 972 metros cadrados e servirá para albergar unha estación depuradora de augas residuais. O mecanismo para este tipo de cesións gratuítas está previsto nunha lei autonómica coa condición de que se destinen a un interese social. Para o Banco de Terras supón tamén poder deixar de ofertar terreos que carecen de interese agrario. As parcelas cedidas están en masas comúns, achegadas por tanto polos propios veciños en concentracións parcelarias.
O enlace sur da AP-9 en Sigüeiro, que permite ir a Santiago e vir desde a capital galega á capital de Oroso, cumpre un ano en servizo cun balance con puntos máis negativos que positivos. Podería dicirse que non se aproveitou aínda todo o potencial da infraestrutura. Así o considera cando menos o alcalde, Manuel Mirás, que constata que a principal causa de que o balance non sexa positivo é “a carestía da peaxe, sobre todo para os particulares”. Os 1,60 euros por traxecto que custa “faise moi caro para calquera economía e para utilizar a diario”. O rexedor confirma que o novo acceso non solucionou o problema do tráfico no centro de Sigüeiro, que segue soportando 22.000 vehículos diarios. “É unha mágoa que sexa así”, considera o alcalde. A parte positiva aparece desde o punto de vista empresarial. No Concello comprobaron que coa apertura do enlace “animou a empresas a instalarse no polígono industrial”. Tampouco para as empresas a peaxe re-
As obras sufriron continuas demoras ata que o enlace abriu o 28 de xullo de 2017
sulta barata, pero por riba do prezo valoran poder situarse “nunha das localidades mellor comunicadas de Galicia”, tal como apreza Mirás. POLA GRATUIDADE Así as cousas, o propósito da corporación municipal, aprobado en pleno, é conseguir que “dalgunha
maneira se suprima a peaxe ou cando menos se acorde unha cantidade máis razoable”. O alcalde de Oroso explica que para ese obxectivo da gratuidade “podería ser importante” que a autoestrada, que acaba de sufrir un movemento accionarial, sexa transferida á Xunta de Galicia.
ORDES O Bloque culpa ao alcalde da “puñalada” do “catastrazo” e o PP lembra o Concello “non ten arte nin parte”
BNG e PP quentan o escenario preelectoral en Ordes a conta da posta ao día do catastro Calquera momento é bo para a lea entre partidos, pero segundo se vaian aproximando as eleccións municipais os debates van ser máis frecuentes e apaixoados. Unha das primeiras mostras xa a deron o BNG e o PP en Ordes a conta da regularización catastral para o cobro da contribución, o chamado catastrazo que recentemente se lle foi notificando aos contribuíntes Os nacionalistas galegos, a través das redes sociais, acusaron directamente ao alcalde de darlle unha “puñalada á veciñanza” con todo o proceso. Segundo o relato do Bloque, Martís, como apelan a José Luis Martínez Sanjurjo, tería solicitado que o Catastro realizase a regularización catastral só un mes despois de facerse coa Alcaldía en 2015. A partir de aí, engade o BNG, sucederíanse os feitos, en 2017 coa apertura de expedientes de regularización aos veciños e veciñas a 60 euros cada un e agora en 2018 coa orde de cobrar ata os catro anos de atraso
no imposto da contribución que permite a lei. “Lémbrate ben o ano que vén”, advirte o Bloque nunha mensaxe con clara carga electoral, á que lle engade a etiqueta #oPPsaqueaosnosopetos para as redes sociais e o lema “Novas ideas fronte a prácticas caducas”. “INTENTAN ENGANAR” O PP replicou denunciando o intento dos nacionalistas de “enganar á cidadanía ocultando que nos Concellos nos que goberna aplican con normalidade a mesma regularización catastral que en Ordes”, din. O partido do alcalde explicou que a regularización catastral é un procedemento que impulsa de oficio o Ministerio de Hacienda para incluír edificacións non declaradas ata ese momento. Insiste o PP en que o Concello “non ten arte nin parte” pero por suposto está obrigado a cumprir o cambio. O principal grupo da corporación ordense revela que á vez que en Or-
Imaxe da crítica do BNG (dta.) á que o PP respondeu con extractos do BOE
des Hacienda acordou tamén as regularizacións de varios municipios, entre eles Carballo e Rianxo, onde goberna o Bloque, ou Santiago, “cun rexedor que comezou a súa carreira política no BNG”, afirman.
Do mesmo xeito, o PP lembra que a regularización ten a súa orixe nunha reforma normativa de decembro de 2012, “dous anos e medio antes de que Martínez Sanjurjo accedese á Alcaldía”, tal como precisan.
CRÓNICAS - Agosto 2018
3
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Agosto 2018
4
ACTUALIDADE ORDES
COMARCA O proxecto está en exposición pública para alegar ata o 27 de agosto
Consideran inaxeitados os cambios de sinalización na estrada de Ordes a Cerceda
Unha liña de alta tensión ocupará terreos en Cerceda, Ordes e Tordoia
Os socialistas de Ordes consideran inaxeitados os cambios de sinalización que a Xunta acometeu en determinados puntos da estrada de Ordes a Cerceda por Mercurín, que na súa opinión están ocasionando un aumento das incidencias de tráfico. O PSOE pediu no pleno que o Concello explicase se a Xunta notificou as modificacións, nas que aprezan un posible “trato de favor ao tráfico rodado que se dirixe á planta de Sogama en Cerceda”, posto que nunha das incorporacións os vehículos que proceden desa zona son os únicos que non teñen un ‘ceda o paso’.
Unha nova liña de alta tensión entre Campelo, en Coristanco, e a estación eléctrica do Mesón do Vento, en Ordes, vai expropiar terreos nos municipios de Cerceda, Ordes e Tordoia, na comarca ordense, ademais de Carballo, Carral e Coristanco. O proxecto está sendo sometido a exposición pública ata o 27 de agosto para que as persoas afectadas poidan presentar alegacións. A liña, de 220 kv e uns 38 quilómetros de longo, servirá para transportar ata a estación do Mesón, preto das Travesas, a enerxía producida en tres parques eólicos novos. Os parques aínda están tramitándose e prevese que estean situados nos termos municipais de Santa Comba, Coristanco e Carballo. Sumarán un total de 27 aeroxeradores e 110 megavatios de potencia. As instalacións están promovidas pola empresa Greenalia Power, con sede na Coruña. Dentro da nosa comarca, en Cerceda está previsto que se ocupen 72 propiedades, en Ordes 63 e en Tor-
COMARCA
OROSO O BNG interesouse pola obra e lembrou que leva prometida desde 2015
Non prosperan as declaracións de non gratos aos membros de ‘La Manada’
O alcalde reitera a vontade de construír unha senda de Baxoia ata Bouzalonga
As declaracións de persoas non gratas aos integrantes da coñecida como ‘La Manada’, responsables de vilencia sexual contra unha moza nas festas de San Fermín de 2016, non prosperaron nos plenos municipais de Cerceda e de Oroso. Esta declaración foi proposta polo BNG nos dous Concellos, así como outros en toda Galicia. De feito, en Ordes foi aprobada. Pero os gobernos de Cerceda e de Oroso, os dous en mans do PSOE, amosaron dúbidas xurídicas e competenciais, por tanto máis técnicas que sobre a cuestión de fondo, sobre a tramitación da iniciativa. Os nacionalistas amosaron incomprensión ante a decisión. Sen embargo, para deixar claro o rexeitamento aos feitos, o goberno de Oroso impulsou unha declaración institucional no mesmo pleno na que se expresa a repulsa a ‘La Manada’, común a practicamente toda a sociedade e crecente tras a blanda sentenza xudicial que recaeu sobre eles.
A construción dunha senda peonil entre os lugares de Baxoia e Bouzalonga, en Deixebre (Oroso), segue sobre a mesa e non parece estar gardada no caixón. Así se deduce do recente pleno municipal, no que o BNG se interesou polo proxecto e o alcalde reiterou a vontade de facelo real. Os nacionalistas, por boca do seu novo concelleiro Diego Boquete, aseguran que o goberno de Manuel Mirás prometeu e publicitou esta obra varias veces desde 2015 pero segue sen ser unha realidade. O Bloque explica que o traxecto carece practicamente de beiravías, ten puntos con pouca visibilidade e a iluminación é deficiente. Por iso consideran que a senda peonil facilitaría o tránsito dos veciños e veciñas da zona e tamén dos peregrinos do Camiño Inglés. O alcalde, Manuel Mirás, coincidiu en que se trata dunha obra necesaria e ratificou a vontade do seu goberno de recollela nos vindeiros orzamentos do Concello. Para o Blo-
Intersección cuestionada polo PSOE
doia acadaranse as 466. Outra liña subterránea complementaria afectará a nove fincas máis en Ordes. O proxecto, declarado de interese especial pola Xunta de Galicia o pasado mes de abril, contempla a expropiación forzosa. Non obstante, non todas as propiedades se verán afectadas do mesmo xeito. Nuns casos son expropiacións parciais, noutros son servidumes de paso e outros supoñen só unha ocupación provisional. A documentación pode consultarse nas oficinas municipais para comprobar como se ve afectada cada propiedade e valorar a presentación de alegacións. INFORMACIÓN A exposición pública deste proxecto suscitou unha crítica de Beatriz Martínez Candal, concelleira non adscrita de Ordes que en 2015 formou parte da candidatura do PP, ao goberno local. Martínez Candal considera que o Concello non informou de maneira axeitada sobre as
expropiacións forzosas e o impacto ambiental da nova liña de alta tensión, A concelleira cre que a suposta falta de información obedece á “actitude do alcalde de conceder privilexios a proxectos que son puramente especulativos”. Alude aos proxectos de parques eólicos paralizados en Ordes e considera que a mesma empresa promove a nova liña, aínda que a impulsora dos parques na comarca ordense denomínase Green Capital Power. En todo caso, Martínez Candal amplía as acusacións de “favoritismo” á Consellería e ao Ministerio, que para ela priorizan a recadación antes que os intereses veciñais. O goberno de Ordes rexeitou a crítica e explica que ofreceu toda a información a través da páxina web e polas canles habituais. O acordo para o sometemento do acordo a información pública foi publicado no Diario Oficial de Galicia pola Xunta o 3 de agosto. Con esa mesma data aparece na web do Concello.
A senda peonil desde Baxoia ata Bouzalonga continuaría unha xa existente
que, esta resposta “confirma a pouca entidade que tiñan as promesas previas ao non estar sustentadas economicamente para a súa execución”. Por outra parte, a formación nacionalista interesouse na mesma sesión plenaria pola execución da pa-
sarela do CEIP de Sigüeiro. O rexedor explicou que esta intervención acumula varios retrasos derivados dos trámites da adxudicación do contrato da obra, posto que se terían rexistrado propostas de varias empresas con baixas temerarias.
CRÓNICAS - Agosto 2018
5
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Agosto 2018
6
ACTUALIDADE ORDES O BNG reitera a necesidade dun mantemento axeitado e o Concello remitirá un informe policial ao ADIF
Preocupante abandono da estación do tren A estación ferroviaria de Fosado, en Montaos (Ordes), infrautilizada por mor da súa disparatada ubicación e a carencia dun servizo de trens axeitado, presenta un estado de abandono cada vez máis preocupante. Nos últimos meses foron a máis as humidades nas paredes do paso inferior que comunica os andéns, os fallos da iluminación, a rotura de cristais e mesmo a acumulación de lixo nas papeleiras. O mal estado das instalacións está a punto incluso de condicionar a salubridade xeral e a seguridade das persoas que as utilizan, principalmente estudantes que se desprazan ás cidades de Vigo, Pontevedra, Ourense e A Coruña ou que retornan á casa parando en Fosado, a uns seis quilómetros do centro de Ordes. Especialmente preocupa a deterioración do alumeado, que sobre todo nos meses de inverno xera inseguridade e sensación de risco. Non resulta moi agradable baixar do tren case á escuras e transitar case a tentas por algúns puntos do paso e das escaleiras inferiores entre andéns. A situación non é nova. Xa hai máis dun ano que o BNG de Ordes
presentara unha moción no pleno municipal, aprobada por unanimidade, na que se instaba ao Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), como responsable das instalacións, a efectuar os traballos de mantemento e conservación oportunos.
TRAZO
OROSO Xefe de Hematoloxía e Oncoloxía Pediátrica no Clínico de Santiago
Un proxecto dálle continuidade á senda peonil e ciclista no tramo Chaián-A Polveira
O doutor José Miguel Couselo Sánchez, Fillo Predilecto do Concello de Oroso
A Xunta e o Concello de Trazo vanlle dar continuidade á senda peonil e ciclista no tramo ChaiánA Polveira mediante un investimento de 150.000 euros. As obras serán recollidas nun convenio entre as dúas administracións. O goberno autonómico encargarase de poñer os cartos e o Concello terá que elaborar o documento técnico e contratar e executar os traballos. Agora xa existe unha senda de case un quilómetro no tramo de estrada que vai desde o límite entre Trazo e Santiago ata o acceso á praia fluvial de Chaián. O novo tramo supón uns 700 metros máis para continuar ata A Polveira. Do mesmo xeito que a senda actual, a nova contará con redes de drenaxe e abastecemento inferiores e cunha canalización para unha posible instalación de alumeado no futuro. Na marxe oposta á senda ampliarase o ancho da estrada para garantir a comodidade e seguridade do tráfico.
O doutor José Miguel Couselo Sánchez foi nomeado por unanimidade Fillo Predilecto do Concello de Oroso. Couselo é na actualidade xefe da Unidade de Hematoloxía e Oncoloxía Pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. O acordo supón que o doutor, natural do concello, reciba tamén a Insignia de Ouro do Concello. Trátase dun recoñecemento á súa traxectoria profesional e á súa vinculación co municipio, que “sempre promociona e ao que está moi unido”, segundo afirma o goberno local. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, confirmou que “poucas veces tivemos un recoñecemento tan merecido” e considerou ao doutor Couselo Sánchez “un médico moi prestixioso e unha grandísima persoa”. Está previsto que os actos que materializarán o recoñecemento e homenaxe se desenvolvan no vindeiro outono, nunha data que aínda está pendente de concretar. O doutor Couselo Sánchez destaca non só pola súa traxectoria pro-
Na estación medra a vexetación, oxídanse as columnas da cuberta, acumúlase lixo e deterióranse paredes, escaleiras e luces
Desde entón nada mudou, a non ser as queixas dos usuarios e usuarias, segundo os nacionalistas. Agora volveron trasladar ao pleno a necesidade de que reiterarlle ao ADIF que debe implicarse en garantir o coidado da estación de tren. Ante o rogo do Bloque, desde o
goberno municipal comprometéronse a encargarlle á Policía Local a elaboración dun informe sobre os desperfectos que presenta a estación de Fosado e as melloras que precisa. O documento será enviado ao ADIF xunto coa solicitude de que lle poña freo ao abandono.
O doutor Couselo e o alcalde Mirás, na andaina solidaria con nenos oncolóxicos
fesional, senón pola súa actitude solidaria e a súa implicación social. Dentro da súa participación frecuente en actividades organizadas ou nas que colabora o Concello de Oroso, o pasado mes de xuño participou na andaina solidaria a favor da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de
Galicia (Asanog), á que se sumaron varios centos de persoas. As distintas formacións políticas representadas na oposición municipal expresaron o seu apoio ao nomeamento de Fillo Predilecto e á entrega da Insignia de Ouro e destacaron a valía do doutor Couselo.
CRÓNICAS - Agosto 2018
7
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Agosto 2018
8
ACTUALIDADE CERCEDA A Garda Civil estima que a organización puido obter un beneficio de máis de millón e medio de euros
Unha trama de venda de viño falsificado tiña un epicentro en Cerceda O ‘Don Alex’, restaurante aparentemente selecto de Cerceda, era un dos epicentros dunha organización criminal dedicada á produción e á venda de viños falsificados de marcas prestixiosas. A trama foi desmantelada pola Garda Civil nunha operación con pólas tamén nas provincias de Madrid e de Málaga. Hai catro persoas detidas e outras catro baixo investigación. Para falsificar o viño adquirían outro de características semellantes e da mesma denominación de orixe pero con prezo moito máis baixo. Despois envasábano en botellas coas etiquetas e tapóns da marca cara. Deste xeito, viño que non pasaba dos 20 euros de prezo por botella vendíase a importes que chegaron a acadar os 1.900 euros por botella. A documentación comercial coa que se fixeron as forzas de seguridade no marco da investigación acredita a venda de máis de 1.500 botellas de viño de diferentes marcas desde 2014. Estímase que o beneficio da trama tería superado o millón e medio de euros neste tempo. O establecemento de Cerceda era un dos puntos de venda dos viños falsificados. Nas súas instalacións, no andar superior, tamén se tería efectuado o cambiazo das botellas. O seu responsable negou os feitos que se lle atribúen. Segundo diversas fontes, esta
persoa que rexentaba o local xa protagonizara anos atrás unha sonada polémica pola cancelación do programa das festas locais, que incluía espectáculos de renome sen que ao parecer se reunise a capacidade financeira suficiente para pagalos. As outras vías de comercialización do viño falso eran unha páxina web especializada e outra web dedicada a subastas a nivel internacional. A Garda Civil constata que as persoas detidas e investigadas terían cometido supostos delitos de pertenza a organización criminal, contra a propiedade industrial, contra a saúde pública e de estafa e blanqueo de capitais.
Algúns efectos intervidos na operación ‘Tag’ pola Garda Civil á trama criminal
COMO FALSIFICABAN? Os seis rexistros policiais practicados, en vivendas dos principais responsables da trama, nunha nave e no restaurante de Cerceda, concluíron coa obtención de numerosos obxectos e documentos relacionados coa actividade criminal. Destacan máis de 1.600 etiquetas falsificadas de diferentes marcas, 26 botellas de viño falsificadas, selos, tampóns, caixas de madeira de embalaxe dos viños co nome das firmas prexudicadas e diverso material informático e maquinaria de impresión. Os corchos e os tapóns falsificábanos adquirindo uns semellantes aos das marcas orixinais. Os logo-
tipos e os anagramas serigrafiábanos cunha máquina de fabricación caseira. As etiquetas e as contraetiquetas mercábanas nunha imprenta da Coruña, pero ademais dispoñían dun obradoiro propio para escanear as orixinais e procesalas e imprimir a partir de aí as falsas. A trama incluso se preocupaba de darlle un aire exclusivo ao engano. Por iso, utilizaban ceras de lacre, cápsulas de botellas de diferentes cores e colares e bases metálicas para adornar e rematar as botellas cun aspecto aínda máis convincente e sofisticado. Nun mercado como o do viño, no que cada vez semella importar máis a imaxe que o produto, o
éxito desta estafa estaba asegurado entre determinado tipo de clientes. DENUNCIA EN MADRID Sen embargo, houbo un atranco para tan embriagador negocio. Foi o responsable dunha empresa de viños cunha marca de alta reputación o que sospeitou de que botellas que se vendían a través dunha páxina web podían ser falsas. Acto seguido acudiu a presentar denuncia na localidade madrileña de Navalcarnero. Desde o pasado mes de outubro as forzas de seguridade estaban investigando o caso, no que se viu que había máis marcas afectadas e que agora se resolveu.
CERCEDA No piso dispoñían de diverso material para forzar pechaduras e fundir as xoias roubadas
A prisión os catro xeorxianos que xa cometeran uns vinte roubos en toda Galicia e residían nunha vivenda no centro de Cerceda O xuíz enviou a prisión os catro homes detidos pola Policía Nacional como supostos autores duns vinte roubos en vivendas de toda Galicia. Os catro son de nacionalidade xeorxiana e residían desde hai uns meses nunha vivenda no centro de Cerceda, onde a súa discreción fixo que pasasen inadvertidos para a veciñanza a pesar de que levaban xa alí máis de ano e medio. Boa parte dos roubos foron perpretados a pasada primavera, pero as forzas de seguridade cren que son tamén responsables doutra serie deles acaecidos durante 2017,
Intre da detención en Cerceda
sobre todo en municipios das contornas da Coruña e de Pontevedra. Os seus obxectivos prioritarios eran vivendas próximas a accesos a autoestradas, o que lles facilitaba a fuxida coa máxima rapidez. Carac-
terizábanse por abrir as portas forzando a pechadura por dentro ou deslizando tarxetas de crédito, de maneira que volvían quedar pechadas e sen dano aparente algún. Xeralmente roubaban xoias, diñeiro en efectivo e material electrónico, ademais doutros obxectos de valor que atopasen. Non adoitaban ocasionar grandes danos, simplemete remexían e levaban o que lles interesase. As xoias fundíanas para evitar que fosen recoñecidas e chegar de xeito máis eficaz ao mercado negro. De feito, os axentes da policía ato-
paron no piso de Cerceda crisois, pinzas, sopletes, ácidos de fundición e medidores da calidade das pezas roubadas e de pedras preciosas. A fundición efectuábana presumiblemente no propio piso no que residían na Avenida da Coruña, en Cerceda. A operación conxunta da Policía e da Garda Civil interviu tamén os tres vehículos que utilizaban para desprazarse, preto de 1.500 euros en efectivo, instrumental para a fabricación de chaves e outras ferramentas para abrir caixas de seguridade.
CRÓNICAS - Agosto 2018
9
PUBLICIDADE
¿Conoces el proyecto educativo de Trastes? Ven y te lo explicamos en persona Escoger la escuela infantil de nuestros hijos no es una tarea sencilla, porque es imprescindible que tengamos confianza en la calidad de sus servicios. En primer lugar debemos tener en cuenta que las escuelas infantiles desarrollan un servicio educativo reglado, regido por ley en numerosos aspectos (titulación del personal, instalaciones, equipamiento, comida, higiene). Por eso, a diferencia de otros servicios ofrecidos para hacerse cargo de niños, las escuelas infantiles están sometidas a numerosas inspecciones y controles periódicos que garantizan su correcto funcionamiento. Por otra parte está el proyecto educativo. Siguiendo la normativa vigente al respecto, Trastes Centros de Educación Infantil cuenta con un proyecto innovador, original y de propia autoría, que está basado en la estimulación temprana y en la enseñanza del inglés desde el aula de 0 a 1 año. Dicho proyecto incluye material didáctico con el que trabajan los niños y niñas durante cada trimestre. Las familias reciben comunicaciones trimestrales en las que se explican los aspectos que van a ser trabajados en el aula, junto con pautas para que presten su colaboración desde el hogar. Al final de cada trimestre, cada alumno se lleva a casa el proyecto educativo que ha reali-
zado en la escuela (también los bebés), junto con la evaluación educativa de su tutora, en la que da cuenta del progreso del alumno observando numerosas variables que revelan su evolución en las distintas vertientes que atañen a su desarrollo: cono-
escuelaContalento: La asistencia pedagógica profesional más cercana Enfrentarse a una nueva etapa educativa es complicado, porque a veces el nivel de exigencia académica cambia mucho entre un curso y el siguiente. Si a vuestro hijo se le atraganta alguna materia, tiene problemas de comprensión lectora o le cuesta aprenderse una lección, podéis contar con la ayuda profesional de escuelaContalento, que ofrece sus servicios en Ordes y en Sigüeiro. escuelaContalento cuenta con profesionales multidisciplinares para ayudar a cada alumno a superar su dificultad académica, de forma personalizada y desde el análisis de la raíz del problema. De hecho, las familias tienen a su disposición el Gabinete Psicopedagógico y Logopédico. Consultadnos sin compromiso
sobre las necesidades específicas de vuestro hijo y el programa que os podemos ofrecer para ayudarle. Actividades de ocio escuelaContalento ofrece además servicios de ocio educativo personalizables, en el que se pueden incluir juegos en grupo, actividades de movimiento, juegos de agua, hinchables… Asimismo, disponemos también del servicio ChildCareContalento, servicio de asistencia a domicilio para el cuidado de bebés y niños en ausencia de sus padres. Nuestro teléfono principal de contacto es el 881 981 905. También podéis consultarnos por escrito en oroso@escuelacontalento. es
cimiento de sí mismo y autonomía personal; conocimiento del entorno; y comunicación y representación. Concertad una visita Si estáis buscando una escuela infantil nos gustaría explicaros con de-
talle cómo trabajamos. Para ello la directora del centro está a vuestra disposición para mostraros nuestras instalaciones y solventar todas vuestras dudas. Cómo es la rutina diaria, experiencias, bits de inteligencia, música, masaje de bebés, menú mensual, salidas al exterior, psicomotricidad, el libro viajero, informes diarios vía móvil, servicio de webcam… Para nosotros la comunicación y transparencia con las familias es la clave de la calidad de nuestro servicio. No dudes en concertar una visita llamando al 981 690 944 o bien a través del correo electrónico oroso@ escuelainfantiltrastes.es. Tienes también toda la información sobre nuestro proyecto en www.escuelainfantiltrastes.es. Tu red Trastes Centros de Educación Infantil en A CoruñaA Grela, A Coruña-Los Rosales, Madrid, Mos-Pontevedra, O CarballiñoOurense, Oroso, Paracuellos de Jarama, Poio-Pontevedra, Puertollano, Santiago, Valencia, Valladolid-Parquesol y Valladolid-San Cristóbal.
CRÓNICAS - Agosto 2018
10
ACTUALIDADE OROSO Os principais investimentos, a executar desde setembro, destínanse a mellorar a rede de estradas locais
O goberno adianta 900.000 euros en obras O goberno de Oroso divulgou a execución de diversas obras valoradas nuns 900.000 euros para os vindeiros meses no municipio. O anuncio pódese entender como unha resposta a diversas críticas dos grupos da oposición por unha suposta falta de atención ás parroquias. De feito, o executivo liderado por Manuel Mirás (PSdeG-PSOE) explica que as obras previstas están “todas elas encamiñadas a mellorar os servizos do rural e son froito das conversas do alcalde cos veciños”. Unha parte considerable dos proxectos son os que forman parte do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña. Outros están custeados polo Concello con fondos propios “grazas á boa situación económica das arcas municipais”, manifestan desde o Concello. As distintas obras poderían comezar en setembro, aínda que os prazos están en boa medida supeditados “á boa dispoñibilidade das empresas adxudicatarias”, indican. REDE DE ESTRADAS As melloras na rede de estradas acaparan os investimentos anun-
O goberno de Oroso afirma que as obras pretenden mellorar os servizos no rural e son froito das súas conversas coa veciñanza
ciados. Un dos proxectos destinará 327.000 euros a aglomerado e asfaltado en Piñeiro; A Costa e Zan (Trasmonte); Piñeirón, A Falmega e A Igrexa (A Gándara); Mixoi, Castiñeiro Redondo e Porto Avieira. Con 106.000 euros aglomerarán a pista que une Cachopal coa igrexa
de San Mamede e 20.000 euros servirán para a acometida de auga de Cachopal a Sar. Tamén comezarán os traballos da senda de acceso ao refuxio, con case 126.000 euros. Outra 70.000 euros empregaranse na primeira fase da pista da parroquia de Senra, entre Couso e
Ponte Carollo, 50.000 euros nas beirarrúas do Barreiro e 55.000 euros nos accesos do polígono de Sigüeiro. A ampliación da escola infantil da Ulloa recibe 60.000 euros, outros tantos a reforma da rúa Ulloa en Sigüeiro e 18.000 euros o parque infantil da capital municipal.
ORDES
ORDES
Remata a parcelaria de Barbeiros e Vilamaior, co 62% a monte
Detida unha banda que roubara nunha tenda de móbiles ordense
A Xunta dá por rematada a concentración parcelaria das parroquias ordenses de Barbeiros e de Vilamaior, aínda que a Consellería de Medio Rural se refire a esta última como Vilarmaior, como o concello situado a carón de Miño, non se sabe se por despiste, descoñecemento ou xenerosidade tipográfica. En todo caso, o acordo da parcelaria é firme, polo que administrativamente rematan lustros de trámites. As novas fincas son por tanto definitivas, polo que só falta a entrega dos títulos de propiedade, que se agarda para os vindeiros meses aínda que moitas das novas parcelas xa hai tempo que son utilizadas polos seus novos propietarios. A concentración nestas dúas parroquias permitiu pasar dun total inicial de 4.740 parcelas a 1.232 de resultado final. Pertencen a 626 persoas. Deste xeito, a superficie media das fincas pasou de 0,27 hectáreas a 1,04 hec-
A Garda Civil detivo unha banda que roubaba teléfonos móbiles en tendas de diversos puntos de España, entre eles Ordes e tamén Carballo, Padrón, Boiro, Arteixo ou A Pobra do Caramiñal, por citar unicamente os da provincia da Coruña. O grupo, de nacionalidade española, tería roubado obxectos por importe de 230.000 euros. A operación que permitiu desartellar a banda comezou en febreiro tras un roubo en Sada onde levaron artigos valorados en 20.000 euros. Non deixaron pegadas nin había testemuñas, pero a investigación puido identificar o vehículo. Non era doado, posto que os delincuentes, con múltiples antecedentes, cambiaban de coche con moita frecuencia. O seguimento permitiu averiguar os seus domicilios e comprobar os desprazamentos a lugares aos que só ían para cometer os roubos. Movíanse constantemente e con moita rapidez. Tamén intervían nas tendas fugazmente,
táreas cada unha, quizais incluso bastante lonxe das necesidades das explotacións actuais. A propia Xunta especifica que esta parcelaria afectou a 1.277 hectáreas de terreos, das que nestes momentos a gran maioría (796 hectáreas, o 62% do total) están a monte. De labradío son unicamente 119 e os prados conforman 322 hectáreas. O resto da extensión destínase a outros usos. Esta concentración parcelaria, que xa non chegou a tempo para numerosas granxas gandeiras pechadas nos últimos anos, tivo un custo de máis de 2,4 millóns de euros. A maior parte do diñeiro investiuse anos atrás na construción da nova rede de camiños principais e secundarios e no acondicionamento de parcelas. Ordes ten pendentes de conclusión outras seis parcelarias. Segundo a Xunta, están en fase de acordo. Cando estean rematadas, o municipio contará cun 78% da súa superficie concentrada.
Un dos botíns do grupo de ladróns
causando grandes estragos en moi pouco tempo e levando sempre os terminais de maior valor ou diñeiro en efectivo. O seguimento da Garda Civil situounos en Cee (A Coruña) a mediados de xullo. Alí cometeron un roubo e foron seguidos con discreción ata que se lles puido dar o alto na estación de servizo do Corgo (Lugo). No coche ían tres homes, duns trinta anos. Un cuarto foi detido en Madrid ás poucas horas. Foron postos á disposición dun xulgado de instrución de Betanzos, que os deixou libres, con cargos e obrigados a comparecer alí cada quince días.
CRÓNICAS - Agosto 2018
11
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Agosto 2018
12
ACTUALIDADE COMARCA
TORDOIA Consideran que a actual infraestrutura é insuficiente cando chove moito
Unha campaña promoverá a colocación de microchips de identificación dos cans
A Deputación investirá 628.000 euros na nova ponte do Pedrouzo
O pleno de Ordes aprobou unha iniciativa para promover a colocación de microchips de identificación aos cans que carezan deles, facilitando así a súa devolución aos donos no caso de perda. A campaña informativa foi proposta polo PSOE, que considera convinte que as persoas propietarias de mascotas regularicen a súa situación de acordo coa lei: “é doado atopar polas nosas rúas cans que claramente son mascotas extraviadas, moitas incluso con colar pero sen microchip”, explicou o concelleiro Alejandro Manteiga. A moción presentada sinalaba que a campaña deberá efectuarse coa colaboración da Policía Local. Ademais de promover a colocación de elementos identificadores, debería expoñer o contido da lei autonómica de protección e benestar dos animais de compañía. Nesta norma a Xunta prevé multas de ata 500 euros por non ter microchip.
A Deputación da Coruña investirá case 628.000 euros para construír unha nova ponte sobre o río Pedrouzo na estrada DP 8401 ao seu paso por Tordoia. Será no punto quilométrico 3, onde se observou que a estrutura existente ata agora carece de capacidade suficiente nas tempadas nas que chove moito. Do total do proxecto, uns 577.000 euros están consignados para as obras de mellora e algo máis de 50.000 euros resérvanse para as expropiacións de bens necesarios para os traballos previstos.
TORDOIA
Os socialistas piden que se documenten os acordos con particulares en obras O PSOE de Tordoia puxo en dúbida que persoal do Concello poida efectuar traballos en propiedades de particulares mediante acordos verbais. O seu portavoz, Carlos García, considera que estes tratos deberían estar documentados e valorados economicamente. A crítica realízana despois de que o Concello, segundo os socialistas, colocase varios postes de formigón a modo de peche nunha finca privada en Castenda. Pese a que o goberno lles explicou que este tipo de traballos se realizan en beneficio do interese público xeral, por exemplo para mellorar accesos ou garantir pasos en mellores condicións, o PSOE cre que debería haber documentos. A mesma formación tamén cuestiona as asignacións económicas de varios edís do executivo local e puxo en dúbida a transparencia na selección de persoal da Mancomunidade, acusando de nepotismo a diversos alcaldes.
DEMOLICIÓN A iniciativa, aprobada xa polo pleno provincial, consistirá en demoler a estrutura existente agora, sen capacidade hidráulica suficiente, para despois construír un novo marco de formigón armado dunha sección de 6x3,5 metros de dimensións.
Ese marco rematarase en aletas coas que se soportarán as terras do terraplén, de maneira que se minimicen as perdas hidráulicas da auga na entrada e saída da obra. TRAZADO Por outra parte, está prevista a mellora do trazado da estrada na zona do cruzamento do río. Neste sentido, o proxecto recolle a eliminación da curva e da contracurva existentes ata agora. Van ser sustituídas por unha soa aliñación en curva de maior radio que as actuais co obxectivo de mellorar o acceso, a circulación e as condicións de seguridade da estrada provincial. Outros traballos que se acometerán son a reposición dos servizos afectados polas obras, a sinalización necesaria no tramo afectado por esta actuación de mellora, a colocación de defensas da vía e a implantación das medidas de integración pai-
saxística necesarias, de maneira que practicamente non se perciba o impacto dos traballos. NOVE MESES A estrada na que se desenvolverán as obras, a DP 8401, comunica o núcleo da Tablilla, no límite entre Tordoia e Cerceda, co Agro do Mestre, en Trazo, pasando pola Pontepedra, a capital municipal de Tordoia. Na zona onde se habilitará a nova ponte observábase desde hai tempo a existencia de problemas en tempadas de abundantes precipitacións. Isto debíase ás limitacións da vella estrutura que agora vai ser reemprazada por unha máis ampla e moderna. Segundo a Deputación, os traballos durarán un máximo de nove meses, a contar desde o inicio das obras. Antes, o proxecto sairá a concurso para a súa adxudicación á empresa que propoña a mellor oferta.
TRAZO O proxecto prevé reparar os tallamares cun importe de 112.000 euros
Arranxos en Ponte Albar para evitar máis desgastes do viaduto A Deputación da Coruña aprobou o investimento de 112.000 euros na reparación da Ponte Albar, que comunica Xavestre (Trazo) e Fecha (Santiago) sobre o río Tambre na estrada provincial 7804. O proxecto procura evitar o desgaste do viaduto por mor dos materiais que arrastra o caudal nas crecidas. Para iso, vanse acondicionar os tamallares da ponte, que nalgúns casos xa perderon pezas. Estes elementos, de granito, son unha especie de cuñas triangulares que protexen os piares ao desviar o caudal polos lados, reducindo así a erosión. De todos os xeitos, a avaliación arquitectónica que se inclúe no proxecto confirma que a ponte non A ponte que comunica Trazo e Santiago está catalogada como histórica pola Xunta presenta a simple vista danos estruturais significativos, senón que dio e longo prazo. Outras medidas dos seus requerimentos á Deputaconta cun estado de conservación que se prevén son a limpeza de zo- ción, atendidos polo deputado proaceptable, sen fendas nin deforma- nas invadidas pola vexetación e a vincial Antonio Leira. A portavoz en cións nas bóvedas que supoñan ris- retirada de cemento que en varios Trazo, Beatriz Domínguez, acusou cos para a estabilidade. puntos está deteriorando o gra- ao alcalde de “desinterese” e “inAsí pois, o proxecto provincial nito. acción” para reivindicar unha obra ten un carácter máis ben prevenOs socialistas de Trazo aseguran que o PSOE “vixiará” que se cumtivo coa idea de evitar danos a me- que este proxecto se logra a partir pra.
CRÓNICAS - Agosto 2018
13
PUBLICIDADE
Ordes Festas Patronais
Agosto 2018
14 Martes
15 mércores
16
DANI ROYO
HEREDEIROS DA CRUS
Misa solemne ás 12:00h. Gaiteiros e Cabezudos Tradicionais a cargo da Asociación Cultural Espadana. Banda Escola de Música de Rianxo. Sesión vermut ca orquestra PRINCIPAL.
PRINCIPAL e PALLADIUM DÍA DO/A EMIGRANTE Misa solemne ás 13:00h. Banda de Música de Ordes. Sesión vermut co Grupo ACIREMA
ACIREMA
GRUPO
xoves
II FESTIVAL SONS DE ORDES
III FESTIVAL FOLK con
LEILIA e A RODA 17 CENIZA e OLYMPUS venres
Sesión vermut ca orquestra CENIZA
Haberá Feira de Artesania Colabora coas festas patronais de Ordes 2018.
Asociación Cultural e de Festexos da Vila de Ordes: PASTOR GRUPO BANCO POPULAR ES34 - 0238- 8188- 2506- 0105- 1240
CRÓNICAS - Agosto 2018
14
ACTUALIDADE ORDES
OROSO Pide dotar de auga o cemiterio e reparar un lavadoiro e o tanque de auga
O Concello avaliará habilitar prazas de aparcadoiro de tamaño familiar na vila
O PP solicita diversas melloras na parroquia de San Román de Pasarelos
O Concello de Ordes avaliará a viabilidade de habilitar na vila prazas de aparcadoiro de maior tamaño que as habituais. Serían utilizadas por familias numerosas ou que leven carriños de bebé, que con este tipo de prazas terían máis facilidades e seguridade á hora de cargar ou descargar os seus vehículos. A proposta de crear este tipo de prazas especiais foi efectuada polo PSOE ordense, tratando de emular os espazos deste tipo que xa existen noutros lugares e que tamén están presentes en centros comerciais. O concelleiro Alejandro Manteiga explicou que un estudo da Policía Local debería determinar o número e o emprazamento deste tipo de prazas máis anchas. Tamén barallaba inicialmente que se expedisen tarxetas para utilizalas. As familias que reúnan as condicións necesarias accederían a elas e deberían colocalas de xeito visible no parabrisas do coche.
ORDES
O Concello recibe dúas pequenas parcelas O Concello de Ordes inclúe xa no seu inventario de bens municipais dúas pequenas parcelas entregadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Son un terreo de 50 e outro de 276 metros cadrados situados na parroquia de Lesta. Dadas as súas dimensións e emprazamento, Medio Rural non os considerou aptos para formar parte do Banco de Terras de Galicia e optou por ofrecerllos ao Concello.
COMARCA
Dous tremores de terra leves en Trazo e Ordes A comarca rexistrou dous novos tremores de terra imperceptibles para as persoas nas últimas semanas. Un tivo o epicentro preto da Devesiña, en Trazo, o 22 de xullo. Foi de 2,2 graos de magnitude e a doce quilómetros de profundidade. O outro foi documentado polo Instituto Geográfico Nacional preto da Gorita (Buscás, Ordes) o 26 de xullo, de 1,6 graos e a 11 quilómetros de fondo.
As melloras que propón o PP para Pasarelos céntranse no lavadoiro e no tanque
O Partido Popular de Oroso reclamou diversas melloras na parroquia de San Román de Pasarelos, que determinaron despois de soster varias reunións con veciños e veciñas da zona nos últimos tempos.
As peticións que propuxo o portavoz municipal do principal grupo da oposición, Alexander Doval, consisten en dotar de auga o cemiterio da parroquia para uso das persoas que acoden a el. Ademais, solicita que se
ORDES
ORDES
Promoverán a reutilización dos enseres voluminosos que se depositan no Punto Limpo Os obxectos voluminosos que se recollen no Punto Limpo de Ordes ou nas proximidades dos contedores poderán contar, na medida do posible, cunha segunda vida. O Concello vai promover accións para facilitar a súa reutilización, de acordo cunha proposta presentada polo BNG e aprobada por unanimidade. O Bloque explica que o ano pasado foron xestionadas 33 toneladas de residuos voluminosos no concello, tanto depositados no Punto Limpo como na recollida mensual de voluminosos. A medida que defenderon consiste en poñer á disposición de quen o precise os elementos que poidan ser reutilizados. Mobles, somieres, estufas, colchóns, estufas ou diversos electrodomésticos que a miúdo unicamente precisan unha pequena reparación poderían ser empre-
limpen os perímetros do lavadoiro que agora “atópanse cheos de maleza”, cos problemas estéticos e funcionais que supón a situación. Do mesmo xeito, o PP pide que se reparen as fugas do tanque de auga situado na parroquia “que están a xerar problemas na zona” ao non poder reter auga suficiente. Esta formación política demanda que o goberno de Oroso emprenda as intervencións solicitadas “o máis axiña posible” nunha moción que rexistrou para o pasado pleno da corporación municipal celebrado a finais do mes de xullo. Doval criticou o executivo e comentou ter “a sensación de que o goberno local preocúpase pouco ou nada polos veciños de San Román de Pasarelos”. O líder do PP matiza que, aínda sendo unha das parroquias menos poboadas do municipio de Oroso, a xente que vive en Pasarelos “ten os mesmos dereitos que calquera outro veciño porque pagan impostos como o resto”.
gados así polas persoas que o demandasen. A iniciativa aprobada recolle tamén que se establezan convenios con organizacións sociais para a reutilización dos enseres. Serían tanto entidades dedicadas á reparación destes elementos como outras que traballan na protección e integración social e outras que coñezan as necesidades da poboación. Os nacionalistas destacaron que estas medidas terían varias vantaxes: ademais de cubrir unha necesidade potenciando a chamada economía circular e aproveitando os recursos, contribuirían a reducir os gastos de tratamento que lle ocasionan ao Concello os residuos voluminosos. O Bloque agradeceu o acordo unánime da corporación, que tamén insta á Xunta a promover a reutilización dos voluminosos.
Conclúen os trámites para que a Xunta compre o edificio dos xulgados de Ordes no Campo da Feira O edificio dos xulgados de Ordes, situado no Campo da Feira, pasará en breve a ser de plena propiedade da Xunta de Galicia. Os trámites están concluídos co recente debate no pleno municipal de Ordes, por vía de urxencia, do cambio na cualificación xurídica do inmoble. A adquisición fora aprobada xa polo pleno local en novembro de 2016. Desde 1998 o acordo entre o Concello de Ordes e a Xunta fixaba un aluguer con opción a compra. Esta última resolución fora acordada en 2008 pola Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda. Todas as formacións políticas do pleno votaron a favor, agás o BNG, que se opuxo argumentando que non lles deron tempo suficiente para estudar o caso cos seus asesores xurídicos. O paso dado permite regularizar o inmoble e inscribilo no Rexistro da Propiedade de Ordes, concluír o procedemento e solucionar a demanda interposta polo ente autonómico.
CRÓNICAS - Agosto 2018
15
ACTUALIDADE ORDES Empresas e particulares doaron un contedor de material para o orfanato de Mugabekazi Wingo
A campaña de Axuda a Burundi supera todas as expectativas solidarias Moito agradecemento para todas as persoas que colaboraron dalgún xeito. É o que teñen desde a Asociación de Axuda a Burundi, despois da campaña de recollida de material para o orfanato Mugabekazi Wingo, situado na provincia de Gitega do país africano. “Non sabiamos que tiñamos tantos amigos dispostos a traballar e a axudarnos”, comentan. Non é para menos porque en maio iniciaron a recollida de material e diñeiro e a mediados de xullo xa desbordaban a capacidade do contedor marítimo utilizado para o transporte. Particulares e empresas de Ordes e Cerceda doaron todo tipo de material útil para o orfanato: cen portas, un cento de bicicletas, moito material eléctrico e de saneamento, roupa, calzado, dous palés de leite en po, moreas de biberóns, berces, cambiadores, cadeiras escolares, somires, colchóns, dous palés de material escolar, depósitos de auga, ferramen-
tas, mosqueiteiras para evitar a picadura do mosquito da malaria... A entidade, creada en decembro de 2016, estimou o custo da iniciativa en 15.000 euros. Para a loxística contactaron con xestores de cargas marítimas, posto que Burundi carece de portos e a descarga realizouse en Tanzania para percorrer logo estradas durante cinco días ata o destino. NON PECHAR OS OLLOS As A campaña comezou a pasada primavera, pero a historia comezou moito antes. Orixínase na viaxe de dous matrimonios, un deles ordense, a Burundi para xestionar a adopción das súas fillas. Viron tal “estado de miseria e necesidade” no orfanato que decidiron non pechar os ollos e, dalgún xeito, abrirllos a moita outra xente ante a grave deterioración das condicións hixiénicas, sanitarias, alimentarias e educativas. O centro, dirixido por un sacer-
Camión con material recollido pola ONG ordense para equipar o orfanato en Burundi
dote, acollía entón uns oitenta menores, cos que convivían unhas vinte persoas máis coidando os pequenos. Estaban en réxime de acollida, ao carecer de calquera tipo de formación ou saída vital. Nun primeiro momento a axuda consistía en envíos periódicos a través de axencias de diñeiro recollido mediante unha rede de amistades. Pero a situación de Burundi aconsellou desistir, pois o feito de que o sacerdote fose a recoller o diñeiro poñía en risco a súa propia vida. Despois comezaron a efectuar transfe-
rencias, pero despois a banca local comezou a aplicar comisións de ata o 40%, polo que tamén desistiron. A vontade de axudar, iso si, continuaba, e mediante un sacerdote da Orde Mercedaria contactaron con relixiosos e relixiosas burundeses afincados en España, que se encargan de levar o diñeiro ao seu destino nas súas viaxes anuais. Para colaborar con Axuda a Burundi, por certo, existe unha conta bancaria e unha plataforma de apoio por un euro ao mes. A información está dispoñible no Facebook desta asociación.
ENTREVISTA Tenda de moda e estilo en Ordes
Anhelos amplía a súa orixinal gama de roupa coa incorporación de novas marcas á tenda - Anhelos é unha tenda á que xa coñecemos en Ordes e na súa contorna por ter unha gama con marcas moi singulares e interesantes para un abano moi amplo de públicos. Pero ademais vai incorporar novidades, non?
- Cales son as tendencias este verán? - Estamos atopando moito colorido e gustan moito as prendas longas e lixeiras.
- Si. En Anhelos imos contar con novas marcas como Anabel Lee, Mus&Bombon, Pieces, Offset Collage ou Minueto. Por suposto, sen olvidarnos de que seguirá con nós Aire Retro.
- Que incorpararemos polo menos dúas marcas máis.
- Xa toca pensar na seguinte estación. Que nos pode adiantar sobre o outono?
- Para quen non a coñeza, cal podería ser a seña de identidade de Anhelos? Que é o que distingue esta tenda?
- Como son esas novas marcas que enriquecen a gama de produtos do establecemento? Que tipo de moda representan?
- Seguramente o que máis nos identifica é a orixinalidade á hora de vestir, así como dispoñer das últimas tendencias sen perder a comodidade do día a día.
- En liñas xerais podemos dicir que nos centramos en marcas españolas e orixinais. Caracterízanse por ter tecidos moi coidados e deseños orixinais. Representan estilos bastante diferentes coa idea de chegar clientas moi variadas. - Entón a que tipo de cliente se dirixen? - Creo que Anhelos é o lugar idóneo para as mozas e mulleres que se queren sentir diferentes nunha sociedade masificada. E tamén, e isto non exclúe o anterior, para todas aquelas que se
- Que tipo de información e consellos adoitan solicitar as súas clientas?
queren sentir cómodas no seu día a día sen renunciar á elegancia.
- A verdade é que se interesan por todo tipo de detalles e procuramos estar sempre á altura das súas demandas. Intento que toda persoa que veña por aquí se sinta a gusto á hora de comprar e ao mesmo tempo que se sinta a gusto coas prendas que leve.
16
CRÓNICAS - Agosto 2018
ENTREVISTA ORDES José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde do Concello de Ordes
“Executaremos máis de cen proxectos no 2018-2019, con 7,5 millóns de euros de in - Na recta final do mandato, que balance fai da súa xestión como alcalde de Ordes? - En efecto, transcorren xa algo máis de tres anos desde que asumín a Alcaldía de Ordes e creo, honestamente, que a xestión do Concello avanzou da maneira notable. Malia ter atopado unha situación económica moi delicada, e asumir o poder nun contexto de forte contención económica, con moitos menos ingresos ca no pasado, conseguimos cadrar as contas e fixamos prioridades acordes coas necesidades da xente e dos equipamentos públicos, que levaban varios anos abandonados. Sei ben que resulta imposible atender todas as demandas, pero na medida do posible tratamos de dar solución ás principais peticións da veciñanza tanto na vila coma nas parroquias. Loxicamente, hai que introducir criterios de racionalidade, priorizando actuacións nas áreas máis poboadas e nos lugares onde máis urxe, por exemplo, arranxar unha pista ou renovar o alumeado público. - En que situación financeira quedará o Concello na fin do mandato? - Como dicía, boa parte dos nosos esforzos dedicáronse a cadrar e poñer en orde as contas co Concello. Herdamos unha situación derivada dunha débeda máxima de nove millóns de euros no ano 2012 e, froito do noso bo traballo, coido que ao remate deste mandato a débeda bancaria pode quedar por debaixo dos dous millóns de euros. O esforzo foi titánico pero o resultado merece a pena. - Algún proxecto novo para este último ano? - Podería enumerar, un por un, os máis de cen proxectos que temos previsto executar no período 2018-2019 por un importe de 7,5 millóns de euros. Hai actuacións na vila, en todas as parroquias e na práctica totalidade dos núcleos de poboación. Ímoslle dar un empuxón á mellora da rede viaria e continuaremos a apostar polas obras de abastecemento e saneamento. Esa aposta ten que manterse e potenciarse no vindeiro mandato. Comezaremos as obras do centro sociocomunitario previsto nas inmediacións do Campo de Feira e agardo que en breve se dea por concluída a estrada de Mercurín, e antes do remate do ano abra as súas portas o albergue de peregrinos de Poulo, na vella reitoral rehabilitada cun investimento da Xunta de preto de 400.000 euros. En recámara está tamén un
O rexedor sinala que nos vindeiros meses están programadas actuacións na vila, en todas as parroquias e case todos os núcleos
proxecto para comunicar a través como a nova casa consistorial, mendunha senda peonil a vila de Ordes co tres deixou de atender as estradas e se desentendeu do mantemento de lugar do Outeiro. Os expertos coinciden en que o equipamentos como a piscina climatiCamiño Inglés, o que atravesa Ordes, zada, por citar só dous casos. Eu sempre tiven claro que o alencerra aínda un enorme potencial de crecemento e nós queremos estar calde debe estar á permanente disposición dos veaí e ser partícipes desa Anuncia a intención de acadar ciños, escoitar a todo o enorme fonte a aprobación provisional do mundo e rede riqueza. Plan Xeral de Ordenación cibir a quen Pénsese o o desexe. O que o Camiño Municipal no actual mandato fundamental Francés supón para Concellos como Arzúa ou Me- é estar a carón da xente para saber o lide, que comezaron cun par de alber- que realmente importa aos veciños. gues hai pouco máis de 25 anos. Teño que dicir que tanto as conSumando as actuacións previs- celleiras e concelleiros do Goberno tas no que resta de mandato e as xa coma eu mesmo estamos permanenexecutadas, calculo que nestes catro temente á disposición dos ordenses, anos se terán investido en Ordes mais e os sábados de portas abertas consde vinte millóns de euros, entre fon- titúen un plus de dispoñibilidade. As dos propios e os xestionados e capta- persoas que pola razón que sexa non dos noutras administracións. poden achegarse ao Concello durante - Chamou a atención que unha a semana saben que un sábado ao das súas primeiras medidas fose a mes estamos á súa disposición para o implantación dos sábados de portas que queiran trasladarnos. abertas no Concello. - Falemos de economía. Tras o de- Era unha necesidade imperiosa. sastre no sector téxtil, agora chega o O meu antecesor xestionaba de cos- posible peche da central térmica de tas á xente, sen escoitar. E así lle foi Meirama. Cal pode ser o impacto no a Ordes. Gastou millóns de euros municipio e para o propio Concello? -que deixou a deber, hai que dicilo- O certo é que seguimos a situaen obras que ninguén reclamaba, ción con moita preocupación; o noso
apoio e solidariedade co cadro de persoal da central e de todas as empresas auxiliares é total. Proba diso é a declaración institucional que toda a Corporación Municipal aprobamos no Pleno de finais de xullo. Pero hai que ser realistas. A capacidade de manobra deste ou de calquera Concello respecto a unha multinacional como a que opera a central térmica de Meirama é mínima. Afirmar o contrario sería engañar á xente porque o Concello de Ordes non é o Ministerio de Industria, que é o que realmente ten capacidade de manobra, mesmo para mudar as prioridades de xeración enerxética. Quero recordar, porque así se publicou, que o propio presidente de Naturgy afirmou, a finais de xuño, que estaban pendentes de que o novo Goberno de Pedro Sánchez adopte algunhas decisións en relación co futuro de Meirama. Agardo, con todo, que a decisión final que adopte a cúpula da empresa sexa positiva e aposten pola continuidade da central térmica. Nun momento de recuperación económica como o actual, a demanda de enerxía vai en aumento e consideramos que é abondo para manter abertas todas as infraestruturas de xeración. Cónstame, ademais, que a Xunta
CRÓNICAS - Agosto 2018
17
ENTREVISTA roxeradores en zonas pouco apropiadas da comarca? - Como alcalde serei sempre o primeiro en defender a legalidade e tamén os intereses dos nosos veciños. Por suposto que apoiamos as enerxías renovables, pero estes proxectos deben respectar a calidade de vida dos habitantes do rural. Producir enerxía limpa está moi ben, é un obxectivo lícito e mesmo desexable, pero non a de Galicia en xeral, e o presidente Fei- costa de fastidiarlle a vida a ninguén. jóo en particular, seguen este asunto As portas do Concello de Ordes están abertas para estas empresas, pero con sumo interese. Respecto ao sector téxtil, permí- sempre desde o máis absoluto restame lembrar que, a través da Xunta, pecto á lei e aos dereitos dos nosos logramos a aprobación do Programa veciños. Galitex, con financiamento comunita- Varios Concellos, entre eles o rio, que achegará arredor de 1,2 mi- seu, pediron excluír todo o seu terrillóns de euros para apoiar alternativas torio de proxectos eólicos. Non hai laborais para as persoas afectadas. posibilidades de situar estas iniciati- Que previsións ten sobre o Plan vas en lugares nos que causen menor impacto que os polémicos proxectos Xeral de Ordenación Municipal? - Goberno, grupos da corporación de hai uns meses? - A iso me refiro. O alcalde non é e equipo redactor estamos a traballar intensamente para poder efec- quen para tomar decisións que son tuar a aprobación provisional do do- competencia das empresas, pero as cumento antes de que remate o pre- empresas deben buscar o equilibrio sente mandato. Dixemos que o Plan entre os seus intereses e os dereitos Xeral de Ordenación Municipal era das persoas que residen no rural. unha prioridade para nós e para Or- Recentemente produciuse un des e estou seguro de que tamén roubo nunha xoiería da vila, que as neste asunto cumforzas de seguripriremos a paladade resolveron Sobre a reelección: bra dada aos vecicoa deten“quero respectar os tempos rápido ños e veciñas. ción dos seus resdo meu partido, pero en ponsables. Consi- Vaise aprobar, polo tanto, no dera puntual este breve haberá noticias” que queda deste feito ou hai un mandato? problema de seguridade en Ordes? - A aprobación inicial acadouse en - Como xa dixen no seu momento, marzo de 2016. O obxectivo actual é a actuación das forzas de seguridade a aprobación provisional, a derradeira -Garda Civil e Policía Local- foi impede competencia municipal. A aproba- cable e proba diso é que os asaltantes ción definitiva e a entrada en vigor do foron detidos de inmediato. Debo redocumento quedará alomenos para coñecer e agradecer, ademais, a cola2020 porque se trata dunha tramita- boración veciñal con pistas que facilición moi complexa na que, por riba taron a detención. de todo, debe primar a seguridade Foi evidentemente un feito punxurídica. Non podemos arriscarnos tual, pero que tamén debe servirnos a unha nova volta atrás e unha nova de toque de atención para non baixar perda de tempo, como sucedeu nos a garda e manter unha actitude vidous mandatos do meu antecesor, xiante. É imposible ter unha patruque fixo o posible e o imposible para lla da Garda Civil ou da Policía Local que Ordes non tivese PXOM. Eles sa- en cada rúa, pero se todos mantemos berán as razóns. unha mínima alerta e avisamos ás au- Considera desbotada definitiva- toridades ante calquera sospeita, a semente a pretensión de instalar ae- guridade aumentará, ao tempo que
o período nvestimento”
disuadiremos a calquera hipotético delincuente. Esta reflexión respecto á seguridade de bens e persoas resulta extensible a outros ámbitos, como a prevención de incendios forestais. - Ten o Concello capacidade de reforzar a vixilancia policial nocturna, como reivindican os comerciantes? - Os recursos humanos da Garda Civil e da Policía Local son os que son e, lamentablemente, neste momento non está ao noso alcance un incremento notable dos cadros de persoal. O que si imos facer é potenciar a coordinación no seo da Xunta Local de Seguridade. - Cre que corre risco o proxecto da nova rotonda da N-550 coa renovación do goberno central? Tivo algunha novidade dos novos responsables de Fomento? - A partida económica está contemplada nos Presupostos Xerais do Estado publicados no BOE e iso é lei. Polo de agora nada me fai sospeitar de posibles retrasos ou incumprimentos. Pero para maior seguridade, despois do verán, cando o novo equipo teña un maior coñecemento da situación, dirixireime a Fomento para recordarlles os compromisos adquiridos con Ordes. - Vai haber algún retraso na construción do centro sociocultural Isabel Cendal? En que situación está o proxecto? - A xestión avanza dentro da normalidade e son necesarios moitos trámites antes de empezar as obras. Téñase en conta que o Orzamento supera os 700.000 euros. O convenio coa Consellería de Política Social da Xunta está asinado, o proxecto técnico foi redactado e neste momento estamos pendentes do preceptivo informe de supervisión que debe emitir a Deputación da Coruña. En canto recibamos este documento licitaremos as obras. Confiemos en que poida ser no derradeiro cuadrimestre deste ano. - A recuperación dos tractores municipais para tarefas de desbroce foi defendida como unha medida eficiente ao principio do mandato. Segue pensando o mesmo ou prefire a contratación destes labores a empresas privadas?
“Gustaríame facer máis desde o Concello nas festas, pero non se pode gastar o que non se ten” - Cal é a súa opinión sobre a programación das festas da vila de Ordes deste ano? - Hai unha máxima que nestes últimos anos volveu recobrar toda a súa vixencia, e con razón. Refírome a que non se pode gastar o que non se ten. A organización das festas patronais ten un presuposto modesto e
con el trata de articular a mellor programación posible. Faise combinando as actividades culturais e de lecer para a cativada durante a primeira quincena do mes de agosto, organizadas polo Departamento municipal de Cultura, cun programa musical digno durante as datas festivas. Mantense un ano máis a noite
folk non só polo que supón de reivindicación e apoio á nosa música tradicional, senón tamén pola elevada resposta do público a esta proposta. Persoalmente gustaríame facer máis, pero o Concello non pode asumir unilateralmente un gasto maior que o actual sen xerar desequilibrios.
José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde
- Era unha medida necesaria, sobre todo porque o tractor municipal estaba parado mentres se externalizaba a totalidade deses traballos. Desbrozar a extensísima rede viaria municipal é unha tarefa custosa e complexa, tanto polo número de quilómetros sobre os que hai que actuar como polo feito de que o groso das tarefas se deben acometer entre maio e outubro. Por iso, creo que é bo optar por un sistema mixto. Desbrozar con medios propios e buscar apoios externos puntuais para poder limpar todas as estradas municipais. Con todo, agardo que no que resta de ano poidamos renovar a maquinaria municipal coa incorporación dun novo tractor e de dúas desbrozadoras, coa conseguinte mellora da eficacia. - Cando confirmará se se presenta á reelección? - Quero ser respectuoso cos tempos. A miña disposición para repetir é coñecida e creo, honestamente, que os feitos me avalan. Agardemos aos tempos marcados polo meu partido. Pero creo que en breve haberá noticias. - Preocúpanlle os movementos que poida dar a oposición nos vindeiros meses en canto á definición de candidaturas para as municipais de 2019? - Obviamente sigo os movementos de cadaquén con interese, pero nada máis. O que de verdade me ocupa e preocupa é elaborar un bo programa, co que aumentar a nosa base electoral, e reforzar o noso equipo cos mellores candidatos e candidatas. - Que nivel de renovación considera necesario na vindeira candidatura do PP en Ordes? - A verdade é que a candidatura das pasadas municipais era xa un exemplo de renovación, con moita savia nova. Creo que ese debe ser o camiño a seguir, combinando experiencia e renovación.
18
CRÓNICAS - Agosto 2018
ECONOMÍA E TRABALLO COMARCA En xuño Galicia entregou case 11.000 toneladas máis que un ano antes
O prezo do leite leva todo o ano baixando e a produción aumenta
Desde decembro acumúlase unha depreciación de case dous céntimos por litro
Non hai ningún indicio de recuperación nos prezos que perciben os Gandeiros polo leite. Ao contrario, nos últimos meses foise consolidando unha tendencia continua á baixa. Non é unha redución abrupta, pero si sostida non tempo e por tanto con efectos moi serios sobre este sec-
COMERCIO
Nova Feira de Oportunidades en Ordes entre o 6 e o 8 de setembro na Praza A nova Feira de Oportunidades de Ordes, a sétima que se organiza co formato actual, xa ten datas. Será do 6 ao 8 de setembro e situarase no primeiro andar da Praza de Abastos. Os negocios interesados en participar teñen que contar cun establecemento aberto ao público no municipio de Ordes e dispoñen de prazo para anotarse ata este 20 de agosto, acudindo á casa consistorial entre as 9:00 e as 14:00 horas. Os trece postos dispoñibles concederanse por orde de inscrición e a ubicación concreta de cada un deles asignarase mediante un sorteo o día 21 de agosto. Seguindo a liña de ocasións anteriores, a feira de oportunidades terá a venda moda, calzado, bixutería e artigos de artesanía, entre outros produtos do comercio local. Esta cita supón para o comercio un xeito de darlle saída a produtos de fin de tempada e para os clientes unha ocasión de facerse con artigos de calidade a prezos máis reducidos que na tempada ordinaria.
tor económico, de máxima importancia na economía da comarca. A costa abaixo comezou en decembro do ano pasado. Entón o litro de leite en orixe cotizábase de media en Galicia a 0,322 euros (0,334 no conxunto de España). Os últimos datos do Ministerio, correspondentes a
xuño, déixano en 0,304 euros por litro (0,313 a media española). A cotización deste xuño é practicamente idéntica á de xuño do ano pasado. Non está entre as peores deste mes no último lustro, pero eses 0,313 euros por litro distan moito dos 0,366 que se acadaban en xuño de 2014. A outra tendencia clara no sector é o incremento da produción, a pesar de que o número de explotacións mingua. Deste xeito, en xuño deste año Galicia aproximouse ás 232.000 toneladas de leite, cando un ano antes quedara en pouco máis de 221.037. O peso galego no conxunto do sector medra lixeiramente, ao pasar do 37,97% da produción de toda España en xuño de 2017 a un 38,54% en xuño deste ano. O aumento da produción busca compensar a cada vez menor marxe de beneficio por litro producido, cando non hai perdas. É un ritmo que cada vez menos granxas resisten. En xuño pecharon 50 en comparación con maio. En Galicia quedaban 7.792.
Xornada de portas abertas en Cerámica Verea o 15 de setembro mitadas. Pódense reservar por teléfono chamando ao 981 68 70 53 ou por correo electrónico escribindo ao enderezo comunicacion@ceramicaverea.com. As visitas teñen unha duración de 50 minutos. Comezan cada cuarto de hora de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:30 horas.
COMERCIO
Sigüeiro Vende reparte 1.800 premios no seu ‘Rasca e Gaña’ A asociación de comerciantes ‘Sigüeiro Vende’ desenvolve durante este mes de agosto a súa campaña de promoción de vendas ‘Rasca e Gaña’, na que repartirá ata 1.800 euros en premios. Os clientes de preto de trinta establecementos da entidade da
Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA
0,304 0,325 0,303 0,339 0,291 0,450 0,303 0,324 0,316 0,307 0,310 0,318 0,314 0,315 0,336 0,325 0,326 0,313
0,305 0,324 0,300 0,341 0,312 0,451 0,304 0,329 0,319 0,315 0,312 0,319 0,307 0,319 0,337 0,325 0,331 0,316
MEDIAS ESPAÑA XUÑO 2014 0,366 2015 0,303 2016 0,288 2017 0,310 2018 0,313
PRODUCIÓN XUÑO 2017
2018
Galicia 221.037 tn 231.959 tn España 582.089 tn 601.785 tn Fonte: FEGA (02-08-2018)
HORTA
INDUSTRIA
A empresa Cerámica Verea, con fábrica en Lanzá (Mesía), organiza unha xornada de portas abertas para o vindeiro 15 de setembro. Poderán participar veciños e veciñas dos municipios máis próximos á compañía, entre eles Frades, Mesía e Ordes. As prazas para esta visita son li-
PREZOS DO LEITE
XUÑO / MAIO (€/litro)
capital de Oroso recibirán coas súas compras as tarxetas para rascar, coas que poderán gañar contías que van desde os 5 euros ata os 300 euros. Os premios poderán canxearse nos propios establecementos a partir do 7 de setembro.
Convocadas axudas de apoio a investimentos en explotacións de produción vexetal A Xunta convocou unha nova orde de axudas para apoio a investimentos por parte de explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal. A convocatoria está orzamentada con catro millóns de euros e está cofinanciada con fondos europeos. Poden solicitar as axudas, no prazo dun mes contado desde o 7 de agosto, empresas de horticultura ao aire libre e en invernadoiro de todo tipo, que cultiven hortalizas, flores, cogomelos e champiñóns, viveiros vitícolas, cultivos leñosos, sementes e patacas. A convocatoria trata de apoiar melloras nas explotacións co obxectivo de modernizarse e incrementar a competitividade. É específica para os subsectores da horta e da planta ornamental, de maneira que non teñan que competir cos do leite ou da carne, con máis peso económico. Ata agora entraban na convocatoria común para plans de mellora e incorporacións xuvenís e de pequenas explotacións.
CRÓNICAS - Agosto 2018
19
ECONOMÍA E TRABALLO COMARCA Acordo unánime no pleno de Ordes en apoio aos traballadores e ás traballadoras da central térmica
O persoal cre que Naturgy aproveitará as vacacións para confirmar o peche de Meirama Ao persoal da central térmica de Meirama xa non lle queda practicamente ningunha esperanza de que a planta continúe funcionando despois de 2020. Os traballadores e traballadoras temen que Naturgy, novo nome da ata agora Gas Natural Fenosa, aproveite as vacacións do mes de agosto para anunciar o cese de actividade nas instalacións. De confirmarse, suporía a fin de catro décadas de produción de enerxía eléctrica, primeiro con lignito extraído da mina das Encrobas combinado con carbón importado e nos últimos dez anos con combustible exclusivamente foráneo. Os representantes do persoal xa falan abertamente do peche e advirten de que Galicia perderá “un enclave económico moi importante, xa que esta é unha central competitiva con 580 MW de potencia instalada, sendo a máis rendible da empresa”. O obstáculo que atopou é a necesidade de adaptarse ás novas normas contra a contaminación estable-
non permiten albiscar outra saída que a do peche da central.
Persoal da central térmica, seguindo o pleno de Ordes no que recibiu apoio unánime
cidas polas autoridades europeas. As obras para instalar os sistemas que reducirán a emisión de óxido de xofre, de óxidos de nitróxeno e de partículas terían un custo de entre 100 e 120 millóns de euros. Terían que estar rematadas antes de 2020, prazo de execución para o que practica-
mente non queda marxe. O presidente de Naturgy, Francisco Reynés, só declarou ata agora que a compañía non efectuará “ningún investimento que non se poida recuperar”. O silencio destas semanas e o contexto enerxético propicio ás fontes limpas e renovables case
A enerxía hidráulica e a eólica volven deixar atrás o carbón A produción de electricidade queimando carbón reduciuse un 12% en Galicia no primeiro trimestre deste ano en comparación co anterior. As térmicas, que supoñen case unha cuarte parte da xe-
ración pero o ano pasado superaran o nivel do 40%, quedaron agora na terceira posición das fontes de enerxía eléctrica. Os primeiros postos volveron ser para a hidráulica e para a eólica. A
primeira increméntouse en case un 120%, segundo un recente informe de Red Eléctrica de España. Hai que ter en conta que 2017 foi un ano negro para este tipo de produción por mor do longo periodo de seca,
Fotocopias - Impresiones Encuadernaciones Todo en papelería Artículos de Regalo Trabajos de Imprenta Material escolar Material de oficina
APOIO POLÍTICO Mentres tanto, o cadro de persoal, uns douscentos empregados directos na propia empresa e nas auxiliares, continúa recibindo apoios. Un dos máis recentes foi o da corporación municipal de Ordes, na que todas as forzas políticas representadas ratificaron unha declaración institucional. O documento menciona o grave impacto económico que o peche da central térmica terá para a comarca e destaca que a propia organización ecoloxista Greenpeace é favorable a manter a produción de electricidade con carbón ata 2030 como complemento de apoio ás renovables. O texto, que pide que os plans alternativos da empresa se debatan cos traballadores e coas institucións locais, foi remitido á Deputación, á Xunta, ao Gobierno de España, á Unión Europea e a Naturgy. que se deu por superado este último inverno. A xeración a partir do vento, pola súa parte, medrou un 20%, ata supoñer case o 30% de total de electricidade. Xunto coa hidráulica (34% do total) e outras renovables máis testemuñais, supoñen máis do que consume Galicia.
CRÓNICAS - Agosto 2018
20
XENTE DE AQUÍ COMARCA O autor, veciño de Deixebre (Oroso), centrou a súa indagación nos tres anos da Guerra Civil
Obradoiro publica o estudo de Adrián Marzoa sobre a represión franquista na nosa comarca A asociación cultural Obradoiro da História acaba de editar unha nova publicación sobre memoria histórica. Trátase de ‘A represión franquista na Comarca de Ordes 19361939’, obra da que é autor Adrián Marzoa Otero, veciño de Deixebre (Oroso) que fai 25 anos este 2018 e graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. O libro, prologado por Manuel Pazos Gómez, presidente de Obradoiro da Historia, parte do traballo de fin de grao de Marzoa Otero, que estudou a represión franquista na bisbarra. Agora foi adaptado para darlle formato de libro, publicado sen axudas institucionais. Trátase dun documento moi valioso tanto para a veciñanza de toda a comarca como para investigadores da memoria histórica. Está á venda en librarías da comarca e tamén das cidades da Coruña e de Santiago. Adrián Marzoa explica que “en Ordes, do mesmo xeito que noutras vilas galegas, o terror desatouse no verán de 1936 deixando un re-
gueiro de morte ao longo de décadas”. A súa investigación analiza a represión na zona de Ordes, unha “comarca clave na provincia e que contaba coas súas bases republicanas ben asentadas”, afirma o autor. En máis dun cento de páxinas ilustradas, o libro achégase “ao tráxico destino daqueles que sufriron a violencia franquista nas súas diversas formas -asasinato, prisión, tortura, exilio...- cunha violencia que tiña por obxectivo transformar ra d i c a l mente a socied a d e para a implantación do réxime ditatorial franquista”, precisa Marzoa Otero. MOI DOCUMENTADO O libro, moi rico en fontes documentais ben referenciadas, describe as diversas modalidades de represión exercida nos meses e anos posteiores á sublevación fascista de xullo de 1936 contra a lexitimidade da Segunda República.
Adrián Marzoa Otero é graduado en Historia pola Universidade de Santiago
Deste xeito, despois dunha introdución sobre as características do estudo e sobre o contexto histórico, ‘A represión franquista na Comarca de Ordes 1936-1939’ detalla os procesados nas causas militares, o perfil das vítimas e dos represores, as mortes extraxudiciais habitualmente coñecidas como paseos e diversos tipos de represión como a económica. Unha sección do libro dedícase aos guerrilleiros antifranquistas, os fuxidos ou escapados, e aos exiliados. O autor non esquece tampouco a continuidade da represión na posguerra, desde 1939 a 1952, as mortes violentas nesta época e outros ti-
pos de represión. Como remate do libro, Marzoa Otero ofrece unha serie de conclusións e un anexo con cinco entrevistas e a relación de bibliografía e fontes documentais consultadas. Para a asociación Obradoiro da História esta é a sexta publicación sobre memoria histórica editada, ademais das exposicións e a edición de folletos e outras actividades que organiza sobre a temática. É xa un traballo de bastante longo percorrido. Basta sinalar que o autor deste novo libro non contaba máis de tres anos de idade cando a entidade cultural comezou a funcionar.
COMARCA
As familias reciben en Val do Dubra os restos de catro represaliados A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica entregoulles ás súas familias os restos de catro represaliados que foran enterrados na fosa común de Paramos, no municipio de Val do Dubra. Trátase de José María Castelo Mosquera, Manuel Pena Camino, Vicente Peña Tarrasa e Manuela Teiga. Os catro estaban vinculados ao Exército Guerrilleiro de Galicia,
en concreto ao destacamento Manolo Bello, que resistía contra a represión fascista do franquismo. Foron asasinados en marzo de 1949. As familias destas vítimas solicitaron e a ARMH solicitaron hai dous anos a exhumación e identificación dos restos, no adro de Paramos. “As feridas só curan cando se coñecen”, escoitouse no acto de reparación e homenaxe no auditorio municipal.
Houbo que agardar case setenta anos desde os asasinatos para o enterro digno
CRÓNICAS - Agosto 2018
21
XENTE DE AQUÍ ORDES Fin de semana con probas cinexéticas e exposición e venda de produtos relacionados coa actividade
A XXVII Mostra de Cans de Caza do Mesón do Vento supera os tres mil exemplares A XXVII Mostra de Cans de Caza do Mesón do Vento, en Ardemil (Ordes), congregou centos de persoas afeccionadas á caza durante toda a fin de semana de exposición, organizada pola Asociación Feira de Cans Amigos de Ardemil. Na primeira xornada desenvolvéronse diversas competicións e probas, algunhas puntuables para a Copa Galicia, como a de rastro de xabaril. Ese mesmo día tamén se disputou o campionato júnior para mozos e mozas ata os 14 anos. Non obstante, o día de máis actividade foi o domingo. O recinto feiral superou os tres mil cans de caza pertencentes a duascentas mandas, expostos en gaiolas.
Ademais, nesa xornada de peche programáronse exhibicións de parada de cans de perdiz e de rastro de xabaril. Estas iniciativas contaron coa colaboración do centro de adestramento de Abegondo G.T. Brétema. A mostra completouse con postos onde se puxo á venda todo tipo de material relacionado co coidado dos animais e coa actividade cinexética. O público tamén tivo á súa disposición un simulador de tiro para probar a súa puntería de balde. Entre as entidades e firmas comerciais colaboradoras da iniciativa da Asociación Feira de Cans Amigos de Ardemil, figuran o Concello de Ordes, Arion, Agro Visantoña e a Federación Galega de Caza.
Ademais da mostra de animais, diversas firmas expuxeron produtos sobre caza
A exposición sumou unhas duascentas mandas no recinto do Mesón do Vento
CRÓNICAS - Agosto 2018
22
XENTE DE AQUÍ FRADES
ORDES Os artistas das DesOrdes Creativas transforman novos espazos na vila
Campionato de pesca para menores
Talento que lle dá unha nova cara a Ordes
Grupo de participantes na actividade
O Concello de Frades mantivo un ano máis un Campionato Municipal para tratar de incentivar a práctica da pesca entre nenos e nenas menores de dezaseis anos de idade. Participaron unhas setenta persoas, algo máis da metade menores e o resto persoas adultas que exercían de acompañantes. A actividade, na parroquia de Cétigos nun treito de cauce acoutado, serviu para que cada menor se fixese polo menos cunha captura. Recibiron ademais medallas conmemorativas de mans do alcalde, Roberto Rey, e dos concelleiros Juan Carlos Portos, Manuel Ferreiro e Ramón Garabato. Ao remate serviuse un aperitivo para toda a xente que participou na xornada.
Comezou practicamente como un experimento e agora xa vai polos once anos. O DesOrdes Creativas, festival de arte urbana, deulle un cambio considerable durante este tempo ao aspecto de Ordes, reconvertindo fachadas e paredes adscritas ao feísmo en murais que abren portas a mundos imaxinarios ou que contribúen á denuncia social. Este ano algúns dos traballos destacados son os de Minia Regos, na piscina climatizada, Lidia Cao na zona das Casillas, Animalito na N-550 á saída da vila ou Miguel Peralta na rúa dos Lagartos. O programa organizado polo colectivo Mutante Creativo reúne este ano o talento de artistas de Galicia, Arxentina e Almería. Ademais, para o público en xeral organizáronse exhibicións, clases maxistrais, obradoiros infantís e roteiros para ver os murais realizados nas edicións de anos precedentes, así como o festival musical DesOrdes Sonoras.
DesOrdes Creativas leva máis de dez anos promovendo a arte urbana en Ordes
CERCEDA
COMARCA
Intercambio xuvenil coa localidade irmán de Escalquens
Festa e vacacións para o curso de habilidades sociais
No intercambio participaron máis de trinta mozos e mozas dos dous países
O Concello de Cerceda desenvolveu nas últimas semanas un programa de intercambio xuvenil coa localidade francesa de Escalquens, coa que está irmandado. Máis de trinta mozos e mozas de entre trece e dezaseis anos de idade e dos dous países participaron nesta iniciativa, que tivo un orzamento duns 18.000 euros e forma parte do programa euro-
peo Erasmus+ Xuventude en Acción, aprobado pola Xunta. Con este proxecto búscase favorecer a participación da xente máis nova na vida dos seus municipios, crear redes de traballo para mellorar as súas localidades, darlle valor ao patrimonio cultural, histórico, ambiental, ou promover o desenvolvemento local desde a igualdade.
As actividades do curso retomaranse despois dos meses do verán
O curso de habilidades sociais que se imparte no Mesón do Vento, en Ardemil (Ordes), celebrou a festa de fin de curso previa ás súas vacacións estivais. Ademais dun xantar compartido polos alumnos e alumnas, visitaron a localidade coruñesa de Mera nunha excursión e recibiron
diversos agasallos. Ademais, presenciaron a actuación en vivo da cantante Alba Docampo. Á última xornada asistiu taménn a concelleira de Benestar Social e Educación, Susana García. Houbo agradecementos ao Concello por manter o curso e a todos os colaboradores que o fan posible.
CRÓNICAS - Agosto 2018
23
XENTE DE AQUÍ ORDES O festival contou coas actuacións de oito agrupacións folclóricas da comarca e do resto de Galicia
Gran afluencia de público no encontro de danzas de Leira O XXVI Encontro de Grupos de Danzas Rexionais organizado pola Asociación Folclórica Cultural Veciños de Leira contou cun amplo seguimento de público, que o Concello, colaborador no acto, conta por varios centos de persoas. Tras o xantar na contorna da capela de Santa Eufemia de Leira, actuaron Agrupación Folclórica Inquedanzas de Tui (Pontevedra), Nosa Terra de Mos (Pontevedra), Sementes da Arte Galega de Beade e Arume de Beade (Ourense), as pandeireteiras A Volta do Demo (Vigo), Pinga de Troula (Frades), Sementes da Arte (Ordes) e a Asociación Folclórica Cultural Veciños de Leira (Ordes). Os concelleiros Ana Soneira, responsable de Medio Rural, Medio Ambiente, Deportes e Mociedade, e José Manuel Mira, de Cultura, Festas, Mantemento e Servizos, entregaron placas conmemorativas do encontro a cada agrupación.
OROSO
Oroso leva música tradicional a Portugal no Góis Oroso Arte O XIII Góis Oroso Arte comezou en xullo na localidade portuguesa e continuará a primeira semana de setembro en Oroso. Na apertura do certame participaron o alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro de Cultura, Luis Rey. A música tradicional da comarca tivo un protagonismo espe-
cial este ano, posto que o Concello de Oroso levou ao grupo Faíscas da Pontraga a Góis. Este ano a mostra conta con 68 artistas de 25 países. Como invitado Oroso enviou ao tamén médico Tino Cuesta. As autoridades galegas e lusas destacaron a elevada calidade das obras.
CRÓNICAS - Agosto 2018
24
XENTE DE AQUÍ ORDES
ORDES
Abacco e Little Coffee triunfan no concurso ‘De bo dente’
Malla a altas temperaturas pero con moita festa en Ardemil
Entrega dos premios da cuarta edición do certame de tapas ordense
Nenos e maiores participaron na recreación da malla do trigo en Ardemil
A tosta de solombo con queixo de cabra, cebola confeitada e marmelada de grelos do Abacco acadou o primeiro premio do concurso de tapas ‘De bo dente’ en Ordes. O segundo foi para o coulant de polbo do Little Coffee e o terceiro para o cebiche de rape con froitos secos e aroma de lima do Doniña. A proposta do Little Coffee foi a preferida do xurado profesional co que por primeira vez contou o certame. A vela enfeitizada do Feitizo quedou en segundo lugar e situouse terceira a mousse de salmón con queixo peregrino Casa Grande de Xanceda do Saloon. Entregaron os premios o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e o concelleiro de Comercio, José
A rememoración da malla do trigo en Ardemil efectuouse este ano con temperaturas moi elevadas, no que foi probablemente o día máis contundente da vaga de calor de primeiros de agosto. De todos os xeitos, a iniciativa é unha festa, non un traballo, e como tal foi tomada. Centos de persoas achegáronse a ver os
Manuel Rodríguez. Para o público participante houbo premios como viaxes, estancias, vales desconto para comercios locais ou o peso do agraciado en cervexa. Colaboraron Estrella Galicia, Peteiro Decoración, Sportec ou Eurofrut. En ‘De bo dente’ participaron trece bares e restaurantes: El Túnel, A Barrica, Islia, O 27, Abacco, Little Coffee, Black & White, San Roque, Saloon, Doniña, Maral, Feitizo e Bar Correos. Ademais, apoiaron Distribucións Toribio Viqueira, Adegas Carballo, Doblanc, Alexandra Maneiro, Futur Viajes, Sportec, Don Adrián, Manuel Rodríguez, Anhelos, Eurofrut, Peteiro Decoración, Alfombra Roja e Almacéns Cancela.
utensilios e a maquinaria que décadas atrás se empregaban para separar o gran da palla. Organizada pola asociación Castro da Croa co apoio do Concello, na festa houbo tamén tempo para a cea con touciño entrefebrado, a feira e exposición de antigüidades, a concentración de tractores antigos e o xantar popular.
FRADES
Saída local de sendeirismo ao parque das Fragas do Eume
FRADES-MESÍA
Baños na praia todos os xoves
Parte do grupo efectuou unha visita libre e outra completou a ruta sendeirista
Os Concellos de Frades (foto) e de Mesía desenvolven durante o verán senllos programas clónicos de saídas á praia. Cada xoves as persoas interesadas poden acudir a pasar a xornada a un areal, xeralmente escollido polas súas condicións para o baño tranquilo e de
dispoñibilidade de sombra. Responden así ás necesidades as persoas maiores e da infancia, principais usuarios destas viaxes. Ao estar pensadas para persoas sen medios propios de desprazamento, os autobuses percorren as diferentes parroquias.
Unhas cincuenta persoas participaron na excursión ao Parque Natural das Fragas do Eume organizada polo Concello de Frades. Unha parte do grupo optou por realizar unha visita libre á zona e coñecer espazos como o Mosteiro de Caaveiro ou a ponte colgante de Fornelos. As demais integrantes da viaxe completaron unha
ruta de sendeirismo que percorre varios lugares da zona. Pola tarde, a excursión reunificou a todas as persoas para xantar e para visitar a praia da Madalena, en Cabanas, a carón de Pontedeume, e o lago artificial das Pontes, que foi creado sobre a antiga mina que abasteceu a central térmica e que tamén dispón de praia.
CRÓNICAS - Agosto 2018
25
XENTE DE AQUÍ COMARCA Os programas estivais de conciliación nos municipios da contorna conxugan diversión e pedagoxía
Os campamentos son as estrelas do verán O curso escolar enche moitas horas durante o ano. Tantas que cando remata as familias non saben que facer con elas. Non resulta doado compaxinar o traballo coas vacacións infantís. E aínda que resulte, demasiado tempo na casa farta a nenos e nenas e xa non digamos a pais, nais e demais familia. A solución durante estas semanas están sendo os campamentos de verán que organizan os diversos Concellos da comarca. Adoitan ter unha participación considerable coas súas propostas nas que conxugan a diversión e a pedagoxía mediante xogos, obradoiros, saídas, actividades en grupo, deporte e unha gran variedade de iniciativas lúdicas para pasalo ben sen deixar de aprender cousas novas a un ritmo diferente.
Gran festa do Summer Camp de Ordes, que desenvolven o Concello e a escola ConTalento ata o vindeiro 11 de setembro
Aprendizaxe continua nos campamentos de Cerceda
Educación ambiental no Summer Camp de Oroso
Nenos e nenas no campamento de Frades
Diversión a moreas na festa infantil de Tordoia
Elevada participación no XoeCon 2018 de Mesía
O Summer Camp de Trazo foi moi variado
CRÓNICAS - Agosto 2018
26
XENTE DE AQUÍ COMARCA O Servizo de Normalización Lingüística estimula o uso do galego con probas lúdicas e deportivas
A xincana lingüística percorre toda a comarca A xira da xincana lingüística da Mancomunidade rematará en Ordes a finais de agosto tras percorrer Cerceda, Frades, Mesía, Tordoia e Trazo. Con esta iniciativa, o Servizo de Normalización Lingüística da entidade supramunicipal pretende estimular o uso da lingua galega entre os máis novos mediante actividades lúdicas e deportivas. A carreira de obstáculos, a busca do tesouro e outros xogos diversos favoreceron actitudes proclives ao uso xeralizado da lingua galega en calquera contexto, as habilidades de comunicación oral e a ampliación de vocabulario en galego.
Os xogos e probas propostos logran aumentar actitudes proclives ao uso do galego, habilidades orais no idioma e vocabulario
Cerceda congregou uns corenta nenos e nenas na xincana da Mancomunidade
Grupo de Frades que acudiu á actividade do servizo de normalización lingüística
Tordoia foi o primeiro municipio no que se desenvolveu a actividade este verán
Os case vinte nenos e nenas de Trazo que participaron na xincana lingüística
Combinación de deporte e lingua en Mesía, clave do éxito da iniciativa
Un dos propósitos da xincana é o incremento do vocabulario galego
CRÓNICAS - Agosto 2018
27
XENTE DE AQUÍ
ORDES O ciclo ‘Unha viaxe pola cultura’ enche de ocio a primeira quincena de agosto
O entretido anticipo das festas As festas patronais de Ordes están ao caer, con catro xornadas moi activas que comezan con Dani Royo e os Heredeiros da Crus este martes 14, proseguen o 15 cos gaiteiros e cabezudos, a banda de música de Rianxo e as orquestras Principal e Palladium, celebran o Día do Emigrante o 16 coa banda de música de Ordes e a noite folk con Leilía, A Roda e Acirema, e rematan o 17 con Ceniza e Olympus. Pero antes destas celebracións a poboación xa tivo un adianto lúdico para a primeira etapa de agosto. Trátase do ciclo ‘Unha viaxe pola cultura’, especialmente orientado ao público infantil. Durante estes días, ofreceu espectáculos de clown, maxia, música e folclore, actividades para bebés, acrobacias aéreas, monicreques, concertos familiares e números de humor, entre outros. Todas as actuacións, boa parte delas na Alameda, reuniron cantidades considerables de público. De todos os xeitos, unha das xeiras máis concorridas foi a do día infantil celebrado no Campo da Feira, con xogos, obradoiros e unha festa da escuma nunha tarde de temperaturas altas.
OROSO
Oroso inicia a súa Semana Cultural o 24 de agosto con propostas para todas as idades O Concello de Oroso inicia a súa Semana Cultural, que en realidade é unha quincena, o vindeiro 24 de agosto. Contará con actividades para todas as idades ata o 8 de setembro. O programa comeza o 24 de agosto coas actuacións musicais da Asociación Cultural Amigos do Acordeón de Sigüeiro-Oroso e a orquestra Pacífico (21:00 horas). Prosegue o luns 27 coa excursión ao AquaPark de Cerceda. Xa o mércores 29 de agosto, espectáculo Aéreos Kanbahiota no exterior da piscina municipal. Nese mesmo lugar, o 30 de agosto os monicreques Fantoches Baj representarán ‘Fabúla Galénica’. O venres 31 de agosto, actuación musical de Vacas Tour Vacanal 2018. O 4 de setembro, diversas actividades lúdicas infantís no exterior da piscina. Xa en setembro, o 5 actúa o mago Rafa e o 6 A Gramola Gominola. O 7 chegará Paty Lesta & The Hits. E o 8 abre a mostra Góis Oroso Arte e festival folclórico no Carboeiro.
28
CRÓNICAS - Agosto 2018
DEPORTES ATLETISMO Corral e Novais triunfan na MiniCarreira
Oliver Pérez e Laura Núñez gañan a Carreira de Mesía A oitava Carreira do Concello de Mesía tivo como gañadores na proba principal de 12 km a Manuel Oliver Pérez López (42’25’’) e a Laura Ñúñez Naveira (54’42’’). Constante Lorenzo e José Suárez completaron o podio xeral masculino e Silvia Gestal e Yan Li Chen o feminino. Na MiniCarreira, de 6 km, os triunfos foron para José Manuel Corral López, seguido de Ángel Maceiras e José Luis Roibás, e para Concha Novais Troncoso, seguida de Alicia García e Chus Orgeira. A xornada, que superou os douscentos participantes nas diversas categorías de idade, tivo tamén unha serie de carreiras de base. En todos os casos sen premio económico algún, posto que a iniciativa busca promover ante todo a deportividade. O Concello de Mesía agradeceu a colaboración da veciñanza das zonas de Olas e de Visantoña, a participación dos deportistas e o traballo de voluntarios e colaboradores na organización da carreira. Tamén destacou os colaboradores da carreira: Carpintería Ramón García, Coca-Cola, Co-
rrer en Galicia, Panadería Visantoña, Club Atletismo Ordes, Cerámica Verea, Panadería Boga, Argal, Panadería Gende, Casa Zapateiro, Panadería Pérez, Eurofrut, Panadería A Tilleira, Restaurante Manteiga, Panadería Sánchez-Abellá, Cerámica Campo, Cooperativa Central, Pinturas Tocho Betanzos, Restaurante Canaima, Progando, Atlética A Silva, Panadería Pedro Fernández, Restaurante Avelino, Abanca, Eroski, Grupo Presedo e a Asociación Provincial de Protección Civil.
Saída da proba principal e, abaixo, podios cos gañadores masculino e feminina
XADREZ
TENIS DE MESA
Martín Pena, terceiro absoluto no Torneo do Val Miñor
O Oroso TM renuncia á elite feminina por falta de apoios
de mañá e de tarde. Foi xogado ao ritmo lento de 60’+30’’, algo que o club de Oroso sinala como “pouco habitual nos torneos estivais, polo que agradecemos aos organizadores o traballo realizado. Aos seus dezaseis anos de idade, Pena Varela amosou un gran nivel de xogo e unicamente perdeu unha partida contra o campión do torneo, Brais Otero Nogueira, do club Xadrez Mos. A segunda praza recaeu en Sergio López Pérez, pertencente ao club Xadrez Laroca. Integrantes do Xadrez Oroso, no torneo do Aquapark de Cerceda
O xogador Martín Pena Varela, do Club Xadrez Oroso, acadou o terceiro posto na competición absoluta da cuarta edición do Torneo do Val Miñor de xadrez, disputada en Nigrán (Pontevedra). Este torneo tivo a peculiaridade de disputarse durante toda unha fin de semana en xornadas
ARTEIXO E CERCEDA Ademais, Pena gañou na categoría sub18 dos torneos de Arteixo e do Aquapark de Cerceda. Neste último, o Xadrez Oroso estivo representado tamén por Jacobo, Iván e José Antonio, que tamén efectuaron un bo traballo na competición. Os dous torneos pertencen ao circuíto da Deputación da Coruña, que se xoga durante este verán.
O club Oroso Tenis de Mesa decidiu renunciar á máxima categoría española feminina, a Superdivisión, porque a falta de apoios económicos condicionaría a continuidade do conxunto da entidade. Deste xeito, o equipo feminino pasa a competir na División de Prata despois de dúas tempadas seguidas xogando na principal categoría do deporte. Xa no ano do seu debut na máxima división o equipo tivera que renunciar a participar na competición europea ETTU por carecer de suficiente orzamento e de axudas públicas e privadas na contía necesaria. Na pasada tempada 2017-2018 o equipo feminino conseguira a permanencia nas últimas xornadas. Pero unha vez máis os méritos deportivos bateron frontalmente coa realidade económica. A directiva do Oroso TM admite que a decisión foi moi dura, pero non vía garantías financeiras para “competir con certas garantías un
ano máis”, posto que xa viñan acumulando “verdadeiros sacrificios” agardando axudas. Así as cousas, víronse na tesitura de que manter o equipo feminino da máxima categoría suporía “hipotecar a canteira, algo impensable coa nosa política” ou xeito de entender a xestión deportiva, explicaron. O custo de participar na competición de máximo nivel é elevado porque implica viaxar a puntos de toda España ao longo da tempada. Pero ademais esta tempada a nova normativa da Real Federación Española de Tenis de Mesa recolle aspectos que obrigaban ao Oroso TM a duplicar o orzamento do equipo, tales como os desprazamentos únicos, o ranking mínimo ou os novos requisitos para as zonas de xogo. Sobre estes últimos, o club expuxo que en Oroso non hai ningún local que reúna as novas condicións. “Non poderiamos competir sen perigo de que nos sancionasen e retirase da competición, sería un suicidio saír nesas condicións”, din.
CRÓNICAS - Agosto 2018
29
DEPORTES SALVAMENTO
HALTEROFILIA
O equipo de relevos de Lara López, ouro en sprint praia
Martín Liste, campión de España Martín Liste Viaño, deportista de Tordoia, é o novo campión de España de halterofilia en categoría de ata 94 quilos. Acadou o ouro elevando 296 quilos. A prata foi para o madrileño Vicente Bernabéu (292 kg) e o bronce para o asturiano Javier Sánchez (288 kg). O campionato disputouse no municipio coruñés de Culleredo a finais dste mes de xullo. O próximo reto de Liste, que nos últimos anos segue unha intensa preparación e rigorosos adestramentos, é o campionato do mundo universitario.
Lara López e as súas compañeiras do club Sasa, no máis alto do podio
A deportista ordense Lara López é a nova campioa de España absoluta na proba de relevo sprint praia, xunto coas súas compañeiras do Club Sasa Amanda Fernández, Irene Lasarte e Paula Agra. Esta proba disputouse no Campionato de España de Salvamento
MULTIDEPORTE
e Socorrismo Absoluto, que tivo lugar en Noja (Cantabria). Foi o único ouro absoluto para Galicia nesta competición. Para López constitúe un bo remate de tempada, xa que pouco antes proclamárase campioa galega absoluta na proba de sprint praia.
Ordes celebra o seu primeiro Día do Deporte o sábado 1 de setembro
O Concello de Ordes prepara a celebración do seu primeiro Día do Deporte. As actividades están programadas para o sábado 1 de setembro entre as 10:00 e as 14:00 horas. En principio vanse desenvolver no Campo da Feira ordense, aínda
que se prevé o traslado ao pavillón do Campomaior no caso de que chovese. A xornada ideouse para amosar todas as posibilidades de practicar deporte no municipio, con exhibicións e explicacións das diferentes escolas e entidades deportivas.
Deste xeito, as persoas que acudan poderán ampliar coñecementos, obter información e mesmo practicar aikido, taekwondo, atletismo, tiro con arco, tenis, fútbol, fútbol sala, orientación, patinaxe artística, hóckey a patíns e BTT. Ademais, prevense agasallos e
sorteos de material deportivo para as que completen o circuíto de actividades de cada deporte previsto pola organización. Os grupos de aikido e os equipos de taekwondo e patinaxe artística teñen preparadas diversas exhibicións especiais.
30
CRÓNICAS - Agosto 2018
DEPORTES FÚTBOL A competición, disputada no campo municipal en Visantoña, contou con diferentes categorías de idade
Máis de 120 futbolistas xogan o Interparroquial de Mesía O Torneo Interparroquial de Mesía superou os 120 xogadores e xogadoras, con once equipos das diversas parroquias que competiron nas distintas categorías da proba. Na competición senior, cos xogadores e xogadoras máis adultos, o primeiro posto foi para o equipo da parroquia de Olas, seguido do combinado XanCumbraos, integrado polas parroquias de Xanceda e Cumbraos, e cos equipos das parroquias de Mesía e de Visantoña no terceiro e no cuarto posto da categoría. A competición Maxi F11 tivo como campión o equipo da parroquia de Mesía e como segundo clasificado o conxunto presentado pola parroquia de Cumbraos. En Base F8, o podio integrárono os equipos mixto de Albixoi e Xanceda (AlbiXan), en primeiro posto; de Visantoña na segunda posición; e da
Equipos da categoría senior, na que se impuxo o Olas, seguido do combinado XanCumbraos, os de Mesía e os de Visantoña
parroquia de Mesía en terceiro lugar. A categoría dos máis novos, a Mini F5, tivo como gañadores os compoñentes da parroquia de Mesía e como subcampións os da parroquia de Visantoña. Entregaron os trofeos o alcalde e o concelleiro de Deportes.
Entrega do trofeo da categoría senior ao equipo da parroquia de Olas
Na categoría Mini F5 do Interparroquial gañou o Mesía e subcampión o Visantoña
Competidores da categoría F11, que tivo como vencedora a parroquia de Mesía
De esquerda a dereita, equipos da categoría F8: o Albixan, campión; o Visantoña, segundo clasificado; e o Mesía, que acadou a terceira posición da súa clase
CRÓNICAS - Agosto 2018
31
PUBLICIDADE
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 10-08-2018. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com
Fotografía de Biel Morro en Unsplash
CRÓNICAS
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
www.oemais.es
OE MÁIS, vive máis verán
OFERTAS
PROTECTORES DE BAÑO
de regalo!
PVP OFERTA:
Audífonos
1749€
GAMA SUPERIOR 7 Pvp Tarifa:
2650€
2048€
Audífonos
GAMA SUPERIOR 5 Pvp Tarifa:
2050€
981 973 137 Rúa Ramón Ferreiro, 5 baixo (a 50 m do Centro de Saúde)
1349€ 1648€
OPCIÓN RECARGABLE
ORDES
PVP OFERTA:
OPCIÓN RECARGABLE
LALÍN
986 181 267 Rúa “C”, 30 baixo (a 50 m do Ambulatorio)
CEE
981 747 921 Avenida Fernando Blanco, 29
Oferta válida ata fin de existencias. Dispoñibles 20 unidades Rexistros sanitarios: Cee E-15001017 - Lalín E-36000839 - Ordes E-15001273
002-Oe+ PaxCompleta-Ad_A5_v02.indd 1
02/07/2018 22:28