CRÓNICAS 57

Page 1

ORDES

COMARCA

A piscina climatizada aforrará o 80% da enerxía

Queixas en Ordes e Cerceda no inicio do curso escolar Páx. 2

Páx. 7

leisynegocios@leisynegocios.com

981 10 40 10

CRÓNICAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 57- Setembro de 2018

Erimsa di que pechará en Frades se a Xunta non lle dá permisos A mineira Erimsa advirte de que podería pechar a súa planta en Frades, que mantén uns sesenta empregos,

se a Xunta non lle concede os novos permisos de extracción de materiais que ten solicitados en terreos de Fra-

des, Mesía, Ordes e Oroso. O comité de empresa acusa ao goberno autonómico de non querer nin reunirse con

eles. O SLG acusa á compañía de querer chantaxear á Xunta e dubida da legalidade das súas actividades. Páx. 15

Proxectan a senda ata Poulo

OROSO

Mirás propón unha variante á N-550 barata e non lesiva Páx. 4

COMARCA

A quebra de Soil condicionou varios servizos públicos Páx. 2

CERCEDA

Aproban o orzamento 2018, de 9,9 millóns Páx. 8

DEPORTES

Practicamente rematada a mellora da estrada de Mercurín

Páx. 11

David Santos e Uxía García gañan a carreira de Ordes Páx. 19


CRÓNICAS - Setembro 2018

2

ACTUALIDADE Ordes outorga 24.000 euros en vales para o material escolar O Concello de Ordes admite ata o 11 de outubro as solicitudes de axudas municipais para material escolar do curso 20182019. Pódese beneficiar desta convocatoria alumnado de infantil, primaria e secundaria obrigatoria. A partida total dispoñible é de 24.000 euros, o que supón 6.000 máis que no curso anterior. A axuda consiste nun vale canxeable nos establecementos adheridos.

Mesía convoca as axudas municipais para o transporte O Concello de Mesía convocou o 20 de setembro as axudas municipais para transporte escolar. Son para alumnado de bacharelato, formación profesional ou títulos homologados -salvo os de réxime internadoque precisen desprazamentos fóra do termo municipal e non teñan máis de 25 anos. Solicitudes do 1 ao 31 de outubro.

COMARCA Malestar nos colexios do Cruce (Cerceda) e Castelao (Ordes)

O curso escolar comeza con queixas polas instalacións e polos recortes O curso escolar 2018-2019 comezou con normalidade en boa parte da comarca, aínda que en varios centros proliferan as queixas polo estado das instalacións e polos efectos dos recortes educativos. Un dos casos máis destacados é o colexio do Cruce, en Cerceda, onde a asociación de nais e pais se amosa “indignada” ao aprezar “falta de seguridade” no patio de educación infantil, con xogos rotos ou deficiencias no peche perimetral. Tamén se queixaron polo tarde que comezaron os traballos de pintura, para os que o Concello non tería aproveitado as vacacións estivais. Os pais e nais, que recolleron sinaturas e promoveron a presentación de queixas no rexistro municipal, critican tanto que o Concello non acometese as tarefas de mantemento que lles corresponden como que o xefe territorial da Xunta, Indalecio Cabana, demostrase non coñecer a situación e se ofrecese a visitar o colexio para comezos de outubro, demorando así as posibles medidas

25 nenos e nenas por aula. Tamén nas aulas de cinco anos se superaría a capacidade. O malestar é evidente en boa parte da comunidade escolar. A nivel político, o BNG pediu recuperar as aulas para garantir unha atención máis personalizada, reclamou máis horas de apoio en infantil e acusou ao alcalde de “pasividade” e “complicidade” cos recortes da Xunta.

Detalle das ventás e do peche perimetral do colexio do Cruce, en Cerceda

que están en mans da Consellería de Educación. PECHE DE AULAS No CEIP Castelao as queixas están motivadas pola supresión dunha aula de infantil de tres anos, deixando só dúas e superando o nivel máximo de

NA COMARCA No resto da comarca, o curso anterior xa rematara con protestas no colexio de Xanceda (Mesía) por retirar unha praza de mestre de primaria, que Educación non atendeu. En Trazo, os socialistas reclamaron a reposición da marquesina dunha parada do autobús escolar, ao estar inutilizable polo seu pésimo estado. E en Frades, no colexio da Pontecarreira, o verán deixou obras de rehabilitación do patio interior e de renovación do teito do comedor, ademais de tarefas de limpeza e pintura. O investimento do Concello nestes traballos foi duns 30.000 euros.

OROSO

COMARCA Traballan na continuidade con outras compañías sen afectar ao emprego

O Concello acusa á Xunta de desentenderse da retirada das velutinas

Quebra a empresa que recollía o lixo en Oroso e atendía servizos en Ordes

O niño foi retirado por unha empresa

O Concello de Oroso acusa á Xunta de “falta de sensibilidade” na retirada de niños de velutinas, despois do sucedido cun de difícil acceso en Senra. Alí os insectos picaron dúas veces a unha muller, que recibiu asistencia sanitaria. O goberno local viuse obrigado a encargarlle a retirada a unha empresa privada, posto que a pértega que lle entregara a Xunta non ten altura suficiente e a empresa da Consellería negouse a intervir, ao figurar Oroso como municipio colaborador. O Concello acusa á Xunta de inacción e á vez de presumir de retiradas que en realidade efectúa Protección Civil.

A empresa Soil Recovery S.L. declarouse en situación de insolvencia financeira. Este paso ten consecuencias moi relevantes na prestación de diversos servizos públicos na contorna, entre eles a recollida do lixo en Oroso e os servizos de explotación do punto limpo e de conserxería, limpeza e mantemento de centros culturais e deportivos de Ordes. No caso de Oroso, o Concello xa lle adxudicou o servizo a unha nova empresa e garantiu que se manterán os mesmos postos de traballo. Despois de que a propia compañía lle comunicase que non podería cumprir o contrato, o goberno tramitou o procedemento para adxudicarlle o servizo a outra compañía por un mínimo de vinte meses. A proposta recibiu a conformidade de Intervención e de Secretaría, segundo o executivo. Ademais dos postos de traballo, a nova adxudicataria asume a maquinaria, nun procedemento denominado ‘de cesión’. Deste xeito, o cambio dunha empresa a outra faise no mesmo día, sen que “os veciños e os

O punto limpo de Ordes estivo desbordado mentres non cambiou a empresa

establecementos comerciais o noten”, dixo o alcalde, Manuel Mirás. CAMBIO EN ORDES En Ordes, a empresa informou os traballadores e traballadoras que ten asignados da nova situación. Por suposto, tamén ao Concello. A intención dos axentes implicados foi buscar unha solución que garanta a continuidade da prestación dos servizos, sen afectar a ningún emprego. Por

exemplo, a xestión do punto limpo, que bordeou o colapso, xa foi cedida ao grupo SOL. O BNG de Ordes pediulle ao alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, que valore unha nova licitación ou municipalizar os servizos. O portavoz nacionalista, Pablo Vidal, pide que o rexedor explique como a empresa, que concorreu nunha UTE, foi quen de acreditar a súa solvencia hai tan só uns meses.


CRÓNICAS - Setembro 2018

3

PUBLICIDADE


CRÓNICAS - Setembro 2018

4

ACTUALIDADE OROSO O alcalde asegura que non prexudicaría a veciñanza nin os negocios

Mirás propón unha alternativa de variante da N-550 de catro millóns

Desde a esquerda: Formoso, Boo, Calvo, Caballero e Mirás, no Encontro Socialista

A variante da estrada N-550 entre o sur de Ordes e o sur de Sigüeiro volve á actualidade. Nesta ocasión, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás (PSOE), volve propoñer unha alternativa que tería un custo duns catro millóns de euros. Contrapón está contía cos 40 millóns de euros que precisa-

ría a variante que planeaba o anterior goberno central do PP. Pero ademais o rexedor defende que a súa opción evitaría a preocupación que a variante prevista xera entre a veciñanza de Sigüeiro, Deixebre e Trasmonte: “seguiredes tendo a mesma estrada e mantendo vivos os

vosos negocios”, sinalou Mirás, que tamén remarcou o aforro e o menor impacto no territorio que suporía a súa proposta. O alcalde puxo de novo sobre a mesa a solución ao tráfico en Sigüeiro durante o Encontro Socialista na área da Penateixa. Ante el estaba a vicepresidenta do Goberno e ministra de Igualdade, Carmen Calvo, acompañada polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o secretario provincial do partido e presidente da Deputación, Valentín González Formoso. Nesta festa dos socialistas da contorna participaron máis de 600 persoas. A secretaria xeral da agrupación do PSOE en Oroso, Vanesa Boo, agradeceu a participación, destacou a “longa traxectoria” da celebración e animou a “seguir traballando para toda a veciñanza”. O alcalde tamén aproveitou para negar que o rural de Oroso estea abandonado. Como exemplo puxo que é un dos poucos municipios que mantén cinco escolas no rural abertas e “ben preparadas”.

Controversia entre o PP e o PSOE pola colocación de urinarios na Penateixa Os urinarios portátiles colocados con motivo do Encontro Socialista na Penateixa foron obxecto dunha controversia entre o PP e o PSOE de Oroso. Os conservadores aseguran que se produciu un vertido presuntamente ilegal, posto que os residuos procedentes dos urinarios ían parar directamente a unha fosa ao aire libre, segundo unha denuncia particular, revelada polo PP, ante a Garda Civil. Por iso, pediron que se aclarasen os feitos e as responsabilidades. O PSOE, por contra, negou que se produciran verteduras ao río Tambre, a uns trinta metros da fosa e explicou que cumpriron a legalidade “en todo momento”. Segundo os socialistas, durante a propia festa acudiron ao lugar responsables do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil, que comprobaron a legalidade da instalación.

OROSO

ORDES

Novos paneis con información para visitantes e peregrinos

A Xunta informa a favor do vertedoiro de residuos en Lesta

Os paneis pretenden mellorar a atención ao número crecente de visitantes

As zonas de entrada do Camiño Inglés en Sigüeiro foron as escollidas para situar os novos paneis con información turística e de servizos que poden resultar útiles para visitantes e peregrinos. Os paneis incorporan un mapa do municipio e os datos de servi-

zos como farmacias, oficinas de correos, o centro de saúde, a policía, bares e restaurantes... Ademais, dan conta de lugares de interese turístico, con elementos naturais e patrimoniais como a ponte medieval de Sigüeiro ou o parque do Carboeiro.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio emitiu unha declaración de impacto ambiental (DIA) favorable ao proxecto de vertedoiro de residuos non perigosos e residuos de construción e demolición nas zonas de Porto Fieito e Fonte do Trigo, en Lesta (Ordes). O documento sinala que o proxecto é “ambientalmente viable sempre que se cumpran” diversas condicións recollidas no estudo de impacto ambiental e diversa documentación, ademais das fixadas na propia DIA, que prevalecen sobre as demais. A declaración da Xunta advirte tamén de que calquera impacto ambiental non considerado ata o momento poderá motivar novas condicións. E ante posibles cambios no proxecto, precisa que deberán ser comunicados previamente á Administración, que decidirá se debe modificar a DIA ou incluso se cómpre iniciar un novo trámite de avaliación ambiental.

O proxecto, promovido por Reciclaxe Ambiental Lesta S.L., ocuparía preto de 129.000 metros cadrados de superficie. Ademais das instalacións de medida e control e as oficinas, incluirá a plataforma de recepción de residuos, os diferentes vasos que conforman o vertedoiro, tanques de lixiviados e de seguridade, balsas de pluviais, fosa séptica e diversas canalizacións. O documento da DIA recopila os distintos informes, pronunciamentos e alegacións recibidos. Entre eles, destaca que a Sanidade parécelle que non procede realizar un estudo de avaliación de risco para a saúde da poboación. A Xunta tamén se fai cargo do rexeitamento no pleno municipal de Ordes, que en parte tense en conta pero non impide que ao final o goberno autonómico informe a favor. Outro tanto sucede coas alegacións de ecoloxistas, cazadores, a asociación de afectados ou o BNG, que alertaron de danos na fauna, na flora e na auga.


CRÓNICAS - Setembro 2018

5

ACTUALIDADE COMARCA O BNG alega e críticas da asociación de Lesta e da concelleira Martínez

FRADES

Medra a oposición á liña de alta tensión por Ordes, Tordoia e Cerceda

O PSOE considera erróneo o xeito no que se arranxaron os accesos á área da Presa

O proxecto de liña de alta tensión para transportar electricidade de parques eólicos desde Coristanco ata o Mesón do Vento-As Travesas xerou múltiples rexeitamentos na comarca. A liña ten previsto atravesar varias zonas de Tordoia, Ordes e Cerceda. O BNG mesmo presentou alegacións desde os seus grupos de Ordes e de Cerceda. Os nacionalistas afirman que na comarca “xa soportamos demasiadas liñas eléctricas”, que segundo expoñen non se traducen nun servizo de calidade para a zona, degradan a paisaxe, frean as posibilidades de crecemento das explotacións agrogandeiras e “poñen en risco a nosa saúde”. O Bloque considera que o proxecto non é viable e defende que se repotencien as infraestruturas xa existentes para o transporte de enerxía en vez de crear novos tendidos. Neste sentido, propoñen repotenciar a liña entre o Mesón do Vento e Vimianzo, que transcorre a uns catro quilómetros da nova que proxecta a empresa Greenalia Power.

Pola súa parte, Beatriz Martínez, concelleira non adscrita en Ordes, estimou que só no seu municipio hai unhas 180 persoas afectadas polo proxecto da liña. Martínez criticou que a empresa non ofrecese información á veciñanza a escasos días de que pechase o prazo de alegacións, o pasado 27 de agosto. Na súa opinión, Greenalia Power debería ter explicado en detalle que consecuencias pode ter unha liña así sobre as propiedades que atravese. Martínez criticou tamén as administracións por “non defender os intereses da poboación e pensar só en como recadar máis, dándose ademais a circunstancia de que os galegos pagaremos máis caro no recibo da luz o prezo do kilovatio consumido”, afirmou a concelleira. NO VERTEDOIRO Ademais, a Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Lesta amosou reticencias á liña de alta tensión e ve “evidente e perigosa a aparente descoordinación” entre distintos de-

partamentos da Xunta ao tramitar os proxectos”. Este colectivo asegura que o proxecto da liña non é compatible co do vertedoiro e califica os dous de “risco para a poboación e o medio ambiente”. Tal como explican, a liña atravesa os terreos do vertedoiro de oeste a leste. Un dos riscos que aprezan é que no vertedoiro se producirían gases combustibles e con efectos explosivos, nos que a liña eléctrica sería “un detonador”. Tamén relatan que o tendido atravesaría un dos vasos do vertedoiro, que segundo se encha estará máis preto dos cables do que prevé a documentación, o que implicaría incluso incumprir as distancias de seguridade. A asociación sostén ademais que as bandas de protección da liña son incompatibles co tratamento ambiental do vertedoiro, posto que está previsto revexetar a finca cando o vertedoiro agote a súa capacidade e crear unha pantalla de árbores no seu perímetro.

A pista foi reparada con zahorra

O PSOE de Frades, sen representación na corporación municipal, considera que o xeito no que o Concello arranxou os accesos á área recreativa da Presa, preto da Pontecarreira, foi erróneo. O principal fallo que observan foi utilizar zahorra para acondicionar a pista. “Tendo en conta a pendente, acabará no río Tambre coa primeira tromba de auga que caia”, asegura o PSOE, que considera que en vez de tratar ano tras ano de “saír do paso” o goberno debería asfaltar a pista dunha vez. Tamén xulgan como insuficiente a iluminación instalada, aínda que valoran que sexa de enerxía solar.


6

CRÓNICAS - Setembro 2018

Actualidade COMARCA Os dous municipios compartirán a seguinte iniciativa mixta de formación e traballo con Mesía

Remata o obradoiro de emprego que lle cambiou a cara a varios espazos públicos de Ordes e Frades Rematou o segundo obradoiro de emprego que desenvolveron en conxunto os Concellos de Frades e de Ordes. Nel participaron vinte persoas en situación de desemprego, que se formaron nas especialidades de albanelería de fábricas e cubertas e de traballos de viveiros, xardíns e centros de xardinería. O investimento foi de case 335.000 euros (280.000 a cargo da Xunta) e serviu para mellorar diversos espazos públicos dos dous municipios. Na clausura, ademais do alumnado, participaron a secretaria xeral de Emprego da Xunta, Covadonga Toca e os alcaldes José Luis Martínez Sanjurjo e Roberto Rey, así como o persoal directivo, formador e administrativo do obradoiro. Toca anticipou que os obradoiros de emprego de próximas convocatorias volverán a durar doce meses -había anos que non sucedía- e incluirán parte das prácticas en empresas. Os rexedores destacaron o traballo realizado e lembraron que xa presentaron unha nova solicitude de obradoiro de emprego, nesta ocasión acompañados tamén polo Concello de Mesía. TRABALLO PÚBLICO Entre os traballos que se acometeron durante os nove meses de obradoiro de emprego, figuran en Ordes os acondicionamentos da antiga escola de Parada, do local social do Mesón do Vento, dunha parcela na zona do Paraíso, do parque Pilar Martínez Viqueira, o parque da estación da Pontraga (no que tamén se instalou un aseo) e no paseo Ramiro Recouso. Neste último caso renovouse a pasarela e tratouse todo o mobiliario de madeira, ademais de limpar as farolas, mellorar a zona de ocio infantil ou reparar os tellados do muíño e das casetas dos animais.

A clausura do obradoiro de emprego tivo lugar nas instalacións da antiga estación ferroviaria da Pontraga, en Ordes

En Frades foron acondicionados os locais sociais do Vedral, Papucín e Añá, e prazas en Moar, Añá e Pontecarreira. Tamén se interviu no mantemento da área recreativa da Ponte Carballa, na presa de Ledoira e nos Pasos, en Aiazo. O seguinte obradoiro de emprego, que se denominará Brañas dos Illós-Río Samo, por ser onde conflúen os tres municipios, terá un orzamento de 339.000 euros. Formará vinte persoas, das que dez serán de Ordes, cinco de Frades e cinco de Mesía. Terá como especialidades as repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, por unha parte, e as actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, por outra.

COMARCA

Cerámica Verea e Mesía estrean o programa divulgativo escolar Alumnado de sexto de Primaria do colexio do Mesón do Vento foi o primeiro en participar no programa ‘EnTéllate’, organizado por Cerámica Verea e o Concello de Mesía para promover o valor de recursos naturais como a arxila e a necesidade de xestionalos de xeito sosti-

ble, así como para divulgar a evolución da industria cerámica en Galicia. A vintena de escolares visitou o Centro de Interpretación das Brañas da Valga, en Visantoña (Mesía), e a fábrica de Verea en Lanzá (Mesía). Entre as actividades destaca un obradoiro de barro (na imaxe).

O parque Herminio Rial de Ordes foi un dos lugares mellorados co obradoiro


CRÓNICAS - Setembro 2018

7

ACTUALIDADE ORDES O Concello cuantifica en 145.000 euros o investimento na renovación

FRADES

A reforma na piscina climatizada aforra un 80% do consumo de enerxía

O pleno acorda derivar 218.000 euros de remanentes e baixas a novas obras

O recente investimento de case 145.000 euros para a renovación e mellora das instalacións da piscina climatizada de Ordes permitirá un aforro do 80 % da enerxía, así como atallar os problemas de baixas temperaturas que se producían en determinados meses. Os traballos acometéronse durante o peche das instalacións nas vacacións de agosto. A principal intervención foi a renovación dos illamentos dos condutos e baterías de climatización e nos dos vestiarios. Na cuberta, os condutores de chapa viron renovado o seu material illante. O anterior era de baixa calidade e estaba xa moi degradado. O novo, la de roca con recubrimento de aluminio, resistirá mellor a meteoroloxía, as aves e a contaminación. O estado anterior das canalizacións ocasionaba baixas temperaturas nos vestiarios e un sobrecusto enerxético, moi ineficiente, nos meses máis fríos e húmidos do ano. Na primeira fase da obra a piscina xa se dotara de caldeiras con novo

O pleno de Frades acordou unha modificación de crédito orzamentario coa que un total de 218.000 euros de remanentes de tesourería e de baixas de diversas partidas do orzamento serán destinadas a novas obras. Entre os proxectos citados polo goberno municipal, figuran 25.000 euros como achega á construción do local social da parroquia de Añá, o acondicionamento do camiño a San Mauro e do vial entre Vitre e Reboredo por 96.000 euros, ou 17.000 euros para anclaxes de contedores de residuos. Na mesma sesión acordouse adherirse ao convenio entre a Xunta e a federación de municipios de Galicia para a limpeza forestal e de maleza preto de vivendas e a un convenio coa Xunta, conxunto co Concello de Mesía, por valor de 96.000 euros para adquirir unha cisterna, unha barredora de limpeza e dous remolques para carrexar material.

CURSOS - FORMACIÓN

efecto invernadoiro cada ano. Do mesmo xeito, en diversos puntos das instalacións colocáronse plaquetas e sistemas antiesvarantes de seguridade.

HORTA ECOLÓXICA Marzo 2019. Sábados, horario a convir. Duración: 28 horas. Prezo: 40€.

CURSO DE APICULTURA Horario e prezo a determinar unha vez se forme grupo. Duración: 16 horas.

CURSO DE INFORMÁTICA 2 días/semana, 2 horas/día. 50 horas. Prezo: 20€/mes (empadroad@s) / 30€ (non).

CURSO DE PODA E ENXERTOS Febreiro 2019. Sábados, horario a convir. Duración: 28 horas. Prezo: 40€.

CURSO DE COSTURA De outubro a xuño. Xoves de 16:00 a 18:30 horas. Prezo: 25€/mes.

CARRETILLEIRO Data e horario a convir unha vez se forme grupo. Duración: 20 horas. Prezo: 100€.

CURSO DE PODA EN VERDE Sábados, de 10:00 a 12:00 horas. Cando haxa grupo. Duración: 16 horas. Prezo: 20€.

TALLERES DE MEMORIA Catro meses, 1 hora por semana. Cando haxa grupo. Prezo: 30€ (empadroad@s) / 45€ (non).

CURSO DE INICIACIÓN Á PINTURA PARA PERSOAS ADULTAS Duración: 4 meses. Prezo: 40€/curso.

CURSO DE XARDINERÍA Data e horario a convir unha vez se forme grupo. Duración: 16 horas. Prezo: 20€.

MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS Data e horario a convir unha vez se forme grupo. Prezo: 20€.

CHARLA CONTRA O CANCRO Luns 8 de outubro, 17:00 horas. Multiúsos.

PLANTAS AROMÁTICAS E MEDICINAIS Sábados, de 10:00 a 12:00 horas. Cando haxa grupo. Duración: 16 horas. Prezo: 20€.

PREPARACIÓN PARA AS PROBAS DE GRADUADO EN ESO +18 anos. Máis información no Concello.

OUTROS CURSOS Benestar animal, Nutrición e dietética, Mozo/a de almacén, Manipulación de produtos fitosanitarios e renovación, Arte floral, Patchwork...

PILATES Inicio 8 outubro ou cando se xunte grupo. Prezo: 30€ curso (1 día/semana) ou 50€ (2 días) empadroad@s; 70€ e 100€ (non empadroad@s). Multiúsos (luns de 21:30 a 22:30 h), pavillón Ponte Carreira (luns de 20:15 a 21:15 h), pavillón de Abellá e local social do Cabezo (martes e venres, de 22:00 a 23:00 horas).

ZUMBA Inicio outubro. Lugar e horario a convir. Prezo curso: 1 día/semana (35€ empadroad@s, 50€ non) e 2 días/semana (70€ e 100€).

CLASES DE PÁDEL NEN@S/ADULT@S Pista de pádel de Abellá. Prezo: 15€/mes (1 hora/semana). Horario a determinar unha vez se forme grupo.

XIMNASIA DE MANTEMENTO Pavillóns municipais ou locais sociais con maior demanda. Horario a determinar. Prezo: 30€/curso (empadroad@s)/ 45€ (non).

HIPOPRESIVOS Outubro. Multiúsos. Xoves, de 21:30 a 22:30 horas. Prezo: 35€ (empadroad@s), 50€ (non empadroad@s).

CURSO DE INGLÉS ZUMBAKIDS Inicio 5 de outubro. Prezo: 35€/curso. 15€/mes. De 15:20 a 16:20 os xoves (infantil), luns (primaria) e venres (secundaria), Venres, de 15:20 a 16:20 h. ESCOLAS DE FÚTBOL SALA ESCOLA DE PATINAXE Inicio 8 de outubro. Prezo: 40€/curso. Gratuíto. Mércores e xoves, de 15:15 a Luns, de 17:30 a 19:00 h. 16:15 e 16:15 a 17:15 h. DEBUXO E PINTURA Inicio 8 de outubro. Prezo: 10€/mes. Luns, de 15:30 a 16:30 h.

ESCOLAS DE ATLETISMO E TENIS DE MESA. Gratuíto. Inicio en decembro. Horario a determinar.

E ADEMAIS...

Colaboran:

CPI Ponte Carreira

Información e inscricións: Concello de Frades Teléfonos: 981 69 55 67 981 69 56 63 www.concellodefrades.es

ACTIVIDADES

Actividades Outono Inverno 2018

sistema de alimentación automática de biomasa, mediante unha subvención autonómica con fondos europeos. O cambio supón emitir unhas 247 toneladas menos de gases de

ACTIVIDADES no

CONCELLO DE FRADES

Os novos illamentos das canalizacións exteriores evitan perder enerxía

CAMIÑO DE SANTIAGO-FISTERRA 4 etapas (sábados dependendo do tempo). Prezo: 10€/etapa. Primeira etapa: Santiago-Negreira (21km) o 6 de outubro. Saída ás 8:00 horas dende o Concello. SERVIZOS SOCIAIS Podoloxía a domicilio, perruquería e fisioterapia. Gratuíto. Dirixido a persoas con grao de dependencia ou usuarios/as de Servizos Sociais).


CRÓNICAS - Setembro 2018

8

ACTUALIDADE CERCEDA Foi rexeitado polo PP, que non ve planificación, e polo BNG, que critica que se presente tan tarde

O goberno saca adiante un orzamento de 9,9 millóns condicionado polo futuro da térmica Os orzamentos do Concello de Cerceda para este 2018, aprobados xa avanzado agosto, ascenden a algo máis de 9.871.000 euros. Medran un 5,64% con respecto aosdo ano anterior. As contas foron aprobadas en pleno polo goberno do PSOE, co rexeitamento do PP e do BNG. O alcalde, José García Liñares, calificou o orzamento como “realista, solidario e austero”. Na súa intervención, menciounou os principais datos e debullou a previsión de investimentos. Cabe destacar como maiores capítulos de gasto que un 26% do diñeiro do Concello dedícase ao persoal, un 44% a bens correntes e servizos e un 24% a investimentos reais. Entre estes, os de maior envergadura son un SPA na piscina (360.000 euros), unha zona verde no polígono (180.000 euros), beirarrúas na Silva e na Abeleira (165.000 euros), accesos e sinalizacións no polígono (150.000 euros), accesos no CPI (120.000 euros) ou dotación de videovixilancia no polígono para previr roubos (100.000 euros).

O alcalde explicou ademais que, fóra do orzamento municipal, teñen xestionados numerosos investimentos adicionais financiados por outras Administracións con aproximadamente medio millón de euros.

COMARCA

OROSO Aplicará o método de captura, esterilización e solta para garantir a saúde

Tramitación do DNI en novembro e decembro

Oroso activa un plan para controlar e coidar os grupos de gatos nas rúas

A unidade móbil da Policía Nacional estará en Ordes do 12 de novembro ao 4 de decembro. Atenderán en horario matinal na Casa da Cultura. Quen desexe tramitar un DNI por primeira vez ou teña que renovalo pode reservar vez no Concello (981 68 00 02).

COMARCA

Comida baile e charla da AECC en outubro A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ordes organiza para o domingo 14 de outubro (14:30 horas) a oitava comidabaile solidaria. Será no Restaurante Barreiro de Leira. As entradas custan 30 euros, á venda no restaurante e no Bar Salón. Autos Rogelio ofrece autobús de balde ás 14:00 horas desde a Alameda. E para o 8 de outubro, charla informativa no multiusos de Frades ás 17:00 horas, co psicólogo Marcos Calvo e con Juan Fernández-Armesto, da Casa Grande de Xanceda, como convidado.

NO AIRE Non obstante, durante o debate o rexedor recoñeceu que unha parte importante das contas está no aire. Trátase dos 1,4 millóns de euros de impostos que se terían que ingresar polas obras de adaptación da central térmica de Meirama á nova normativa ambiental. A intervención na planta continúa sen estar confirmada por Naturgy, a antiga Gas Natural Fenosa, polo que, ademais das consecuencias laborais na contorna, privaría o Concello dunha boa fonte de recursos. “Non depende de nós”, manifestou o rexedor, sinalando que de todas maneiras había que prever o ingreso, posible pero improbable. “SEN PLAN DE FUTURO” O portavoz do PP, Francisco San-

tos, asegurou que nos orzamentos non ve “un plan de futuro” para unha Cerceda que “non medra”. De todos os xeitos, o edil do PP dedicou a maior parte da súa intervención a cuestións como a relación do alcalde co club de fútbol Cerceda, ou os casos de supostas irregularidades no doble endoso dunha obra, que o constructor aínda non devolveu incumprindo un acordo, ou na contratación das lagoas do xardín botánico. García Liñares acusou ao líder do PP de “catastrofista” e defendeu que ten un goberno “con proxecto e con futuro” por “unha Cerceda mellor que a que temos, con máis industria e servizos”. Aínda que lle reprochou a Santos que non entrase a debater os orzamentos, contestou a todas as críticas, sinalando que “non intervín en nada” no proceso que levou á debacle do club do Cerceda e prevendo que a xustiza o declarará inocente nos distintos procedementos abertos aos que o principal grupo da oposición aludira. O tratamento dos temas colate-

rais tamén foi criticado polo BNG. A súa voceira, Rocío da Igrexa, avisou ao PP de que sería “máis froitífero e interesante” que solicitase un pleno extraordinario para abordar esas cuestións. DEMORA Polo que respecta ao orzamento, desde o Bloque criticaron que o goberno local, aínda tendo maioría absoluta para aprobalo, tarde tanto en presentalo. Da Igrexa explicou tamén que ao longo dos seus quince anos na corporación viu orzamentos que chegaron ata máis de 30 millóns de euros e caeron a uns sete millóns, pero que con todos eles en Cerceda non hai servizos moito mellores que noutros municipios semellantes. Entre as propostas do BNG, destaca crear axudas á natalidade, políticas de apoio ao comercio adaptadas ás súas necesidades ou un plan de rehabilitación de vivendas no rural. O alcalde incidiu en que as críticas e o sentido do voto do Bloque resultan previsibles.

Captura, esterilización e solta, ou CES. É o coñecido método que xa está aplicando o Concello de Oroso para o control e coidado das colonias de gatos nas rúas de Sigüeiro. A iniciativa pretende garantir tanto o benestar dos animais como a salubridade para a poboación. Un dos primeiros pasos da campaña foi a instalación de catro casetas en zonas de concentración de gatos. Dentro delas depositan regularmente comida seca para alimentar os gatos e facer que asenten na zona. Segundo vaian gañando confianza e se sintan protexidos, serán capturados para identificalos, esterilizalos, vacinalos e desparasitalos. COLABORACIÓN VECIÑAL En todo o proceso colaboran as persoas voluntarias da agrupación de Protección Civil. Non obstante, a veciñanza tamén pode axudar vixiando que ninguén deteriore as casetas e doando penso seco para gatos. Poden obter máis información sobre como facelo no 698 169 443.

Integrantes do goberno e de Protección Civil, na instalación dunha das casetas

O Concello precisa que a lei impide tanto o abandono de animais na rúa como a alimentación dos que viven en poboacións incontroladas. É a propia lei de protección dos animais a que incrementou as sancións contra o maltrato e a que promove a

creación de colonias felinas. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, explicou que optaron polo método CES por ser “o máis eficaz para garantir a protección e a dignidade duns animais sanos e saneados”, o que favorece tamén á veciñanza.


CRÓNICAS - Setembro 2018

9

ESPECIAL COMARCA Andaina Pro Saúde Mental inaugura o 10 de outubro o Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral

“Sabemos que hai moitas persoas que o están pasando mal e que precisan de nós” - Que vai ter de especial a xornada do 10 de outubro para Andaina Pro Saúde Mental? - O día xa é especial por celebrar o Día Mundial da Saúde Mental. Aproveitamos para facer a inaguración do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral para toda a comarca de Ordes. Está situado no número 14 da Rúa Emilia Pardo Bazán de Ordes. - Como vai ser a celebración dese día? - A programación comezará ás 9:30 horas, cando estará aberto o centro a calquera persoa interesada. Ás 10:30 horas inagurarán o doutor Ángel Carracedo e a presidenta de Andaina PSM. Ás 11:30 horas falará Julio Rodríguez, un científico da Fundación Galega de Medicina Xenómica. E ás 13:00 horas teremos unha actuación do grupo de teatro de Andaina PSM para rematar cuns petiscos e intercambiar perspectivas de futuro. - Quen pode acudir á xornada e que ten que facer para asistir? - Ao acto de inaguración están invitadas todas as persoas interesadas, particularmente aquelas con inquedanzas en temas de saúde mental, así como profesionais que poidan axudar na mellora da saúde mental da poboación dos concellos da Mancomunidade de Ordes. - Con quen van contar na inauguración? - Queremos contar con bastante asistencia de persoas interesadas na saúde mental, así como de profesionais de servizos sociais e sanitarios, corporacións locais, tecido asociativo, o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (FEAFES), a Deputación da Coruña... Para darlle a importancia que se merece o acto, traeremos ao doutor Ángel Carracedo e a Julio Rodríguez, un especialista en psiquiatría da Fundación Galega de Medicina Xenómica. Andaina abordará a intervención dende a perspectiva psicosocial, por suposto. - Que actividades desenvolverán no seu Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Ordes? - O Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Ordes ten un convenio co SERGAS e neste dispositivo

Andaina Pro Saúde Mental aborda a súa intervención desde unha perspectiva psicosocial e con gran profesionalidade

axúdase dun xeito integral ás persoas con diagnóstico ou sen diagnóstico pero con sintomatoloxía de enfermidade mental, así como as familias destas persoas. Para iso cóntase con profesionais como psicólogas, traballadora social, mestra, educadora social e persoal administrativo. A atención vai dende o primeiro contacto ata a inserción laboral no noso Centro Especial de Emprego, pasando por diferentes programas e servizos como actividades rehabilitadoras (cociña, artererapia, teatro, grupo de apoio, rehabilitación cognitiva, deporte...), igualdade, lecer, atención domiciliaria e de proximidade, acompañamentos, transporte, orientación e inserción laboral... - Cales teñen sido os principais logros de Andaina ao longo da súa existencia? - Andaina nestes oito anos de vida foi achegándose a unha poboación pertencente a comarcas rurais e para iso puxo en funcionamento os dous Centros de Rehabilitación Psicosoical e Laboral de Dodro en 2012 e de Ordes en 2014, así como o Centro Especial de Emprego en Dodro no 2017. Na actualidade estamos en fase de asentar e consolidar todo o que se puxo a funcionar. Sabemos que hai moitas persoas que o están pasando mal e que precisan de nós e dunha rede de apoio que mitigue o sufrimento que causan as en-

fermidades mentais na persoa e na súa contorna familiar. Eu destacaría as actividades onde participan moitas persoas usuarias, o programa de Atención Domiciliaria tan necesario para abordar a enfermidade mental no rural. Se nós non imos a eles e a elas, eles e elas non van vir a nós. E con perspectiva de futuro, centraría a atención na inserción laboral no noso Centro Especial de Emprego ou de aquí para a empresa ordinaria. Andaina PSM Emprego SLU ten que estar no mercado cos seus produtos de calidade: zumes, sidras e pulpas. Actualmente temos cinco persoas contratadas para esta tempada. - A asociación suple carencias das administracións públicas ou é un complemento ao seu labor? É dicir, as administracións ocúpanse o suficiente da saúde mental? - Neste momentos non é nin suficiente a atención que ofrece a administración ás persoas con enfermidade mental. Hai moitas persoas con sintomatoloxía e sen diagnosticar que sofren nas súas casas e coas súas familias, non hai recursos de proximidade e regulares. A asistencia ao psiquiatra cada tres ou seis meses durante dez minutos e tratamento farmacolóxico non é suficiente para recuperarse. Precísase de máis medios e profesionais que aborden a enfermidade mental que moitas veces está intrinsecamente asociada a outras cir-

cunstancias agravantes como alcoholismo, consumo de drogas, ludopatía, suicidio, autolise, violencia, illamento... Por iso cómpre unha rede social forte, con profesionais preparados e recursos coordinados. Non podemos deixar toda esta carga nas familias. Non podemos esquecer que case temos un suicidio por día en Galicia e a zona de Ordes, segundo algunhas estadísticas, é o cuarto concello con máis índice de suicidio do estado español. Andaina leva feito esforzos titánicos para chegar a onde está. E o primeiro ano que o SERGAS colabora economicamente con Andaina PSM a través do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Ordes. - Quen pode formar parte de Andaina? - Forman parte de Andaina PSM todas as persoas que queiran axudar a mellorar a saúde mental, dende as persoas afectadas, as súas familias, os e as profesionais de Andaina ou profesionais doutros servizos e organismos, o voluntariado, a administración, as empresas privadas que compran os nosos produtos, os medios de comunicación... Queremos estar integrados na comunidade, animamos á poboación en xeral a que participe asociándose, mercando os nosos produtos do Centro Especial de Emprego, vindo a coñecernos e colaborando con nós en voluntariado puntual ou regular.


CRÓNICAS - Setembro 2018

10

ACTUALIDADE OROSO

ORDES Novo revestimento na fachada e substitución completa do sistema eléctrico

Novo accidente mortal de tráfico na recta da N-550 previa a Sigüeiro en dirección a Santiago

Obras na Escola de Música para corrixir as deficiencias de illamento acrílico sobre imprimación e unha pintura de todos os paramentos. Tamén as portas serán renovadas e instalaranse nas saídas laterais unhas de PVC. Todo o sistema eléctrico vai ser novo e incluirá iluminación LED encastrada no falso teito. A iniciativa contempla ademais a sinalización dos elementos contra incendios e das vías de evacuación.

O coche bateu de fronte co camión

É o segundo accidente mortal de tráfico que se produce na mesma zona en poucas semanas, aínda que non se pode establecer unha causa común aos dous sinistros. Nesta ocasión, a vítima foi un veciño de Santiago de 39 anos de idade. O seu vehículo invadiu o carril contrario e bateu de fronte contra un camión frigorífico. O condutor do camión saíu ileso. Foi na mañá do sábado 18 de agosto no km 46 da N-550, na recta previa a Sigüeiro en dirección Ordes-Santiago. Un par de meses antes falecera a medio quilómetro de alí un veciño de Ordes de 31 anos ao envorcar un coche.

O Concello asegura que o edificio estará dispoñible para o inicio do novo curso

A Escola Municipal de Música de Ordes, situada no Campo da Feira, está en obras. O proxecto pretende atallar os defectos que o edificio ten desde que está construído, sobre todo o deficiente illamento térmico e unha instalación eléctrica que non reunía un mínimo de condicións. As obras iniciadas polo Conce-

llo supoñen un investimento duns 40.000 euros, que nun 80% se financian co fondo autonómico de compensación ambiental. Un dos primeiros pasos consiste en renovar o revestimento da fachada. Levará paneis ríxidos de polistireno fixados con morteiro e despois un revestimento con morteiro

PARA MÁIS ADIANTE... A previsión do goberno de Ordes é que as obras estean rematadas durante este mes de setembro, de xeito que o inmoble estea dispoñible para o novo curso da escola municipal de música. O executivo adiantou que ten prevista unha segunda fase da intervención no edificio, á que de momento non lle puxo un prazo. Serviría para dotar todas as aulas de climatización interior, cambiar os elementos de carpintería e substituír a cuberta actual de chapa por outra de panel para culminar todo o illamento térmico e gañar en eficiencia.

CERCEDA

OROSO

O centro de saúde de Cerceda estivo sen pediatría en agosto

Nova promoción da Festa da Troita en terras de Portugal

O centro de saúde de Cerceda permaneceu todo o mes de agosto sen servizo específico de pediatría. Segundo explicaron desde o Concello, esta situación debeuse a que o Servizo Galego de Saúde, dependente da Xunta, non cubriu con outro persoal as vacacións da matrona nin do pediatra. A alternativa que lles quedou ás persoas usuarias do servizo foi acudir ao centro sanitario de Arteixo. María Viqueira, concelleira de Servizos Sociais de Cerceda, considerou que a decisión da Xunta supuxo unha merma na calidade dun servizo tan imprescindible como a atención médica para os máis pequenos. A tenente de alcalde e parlamentaria autonómica do PSdeGPSOE, Begoña Rodríguez Rumbo, anunciou iniciativas na cámara autonómica para que o executivo de Alberto Núñez Feijoo repuxese os servizos. Rumbo definiu como “fundamental” o persoal sanitario ausente durante agosto no centro

de saúde de Cerceda e acusou á Xunta de ir contra o rural con este tipo de recortes. O goberno de Cerceda pide que o servizo, que antes de deterse se ofrecía dúas horas cada dúas semanas, pase a ser semanal. O BNG de Cerceda demandou tamén que non se cancelase o servizo durante o verán. A falta temporal da matrona e do pediatra é, segundo os nacionalistas, froito dunha “xestión nefasta desde a Consellaría de Sanidade que fala moi clariño do pouco que lle importamos ao goberno do PP as persoas que vivimos no rural”. O Bloque sinala que este tipo de decisións contradín as proclamas do PP de que esta lexislatura autonómica sería a do rural. Os nacionalisas de Cerceda amósanse moi críticos co “desmantelamento dos poucos servizos que temos” e reclamaron “servizos públicos de calidade todo o ano, tampouco pedimos tanto!”, comentaron nas súas redes sociais.

O alcalde colaborou na preparación da degustación de troitas

O Concello de Oroso promoveu de novo a súa Festa da Troita en Portugal. Persoal municipal preparou degustacións de troita para o público. O propio alcalde, Manuel Mirás, implicouse na tarefa. O rexedor destacou a boa acollida que o municipio ten en Portugal, especialmente en Gois, a loca-

lidade irmandada con Oroso desde hai máis dunha década. Mirás participou alí no Día do Municipio e defendeu promover a unión de pobos entre os máis novos e evitar a división de territorios e persoas, prioridade que lamenta en determinados sectores políticos.


CRÓNICAS - Setembro 2018

11

ACTUALIDADE ORDES Rematadas as obras de ampliación e mellora da estrada de Mercurín

OROSO

A Xunta acepta crear a senda peonil entre Ordes e o albergue de Poulo

O BNG propón que se suprima a peaxe entre Sigüeiro e Santiago por ser un lastre económico

A Xunta aceptou a petición do Concello de Ordes para crear unha senda peonil na AC-524 (OrdesLanzá) entre a capital municipal e o albergue de peregrinos que se está habilitando na antiga rectoral de da parroquia de Poulo. O proxecto servirá para garantir a seguridade das persoas que van a pé desde a zona de Poulo ata Ordes. Agárdase que teña tamén o efecto de impulsar a chegada de peregrinos e peregrinas á vila, ao que contribuirá tamén a posta en funcionamento do propio albergue, aínda sen data pero coas obras xa bastante adiantadas.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda visitou Ordes para explicar os proxectos

ESTRADA DE MERCURÍN A confirmación de que a Xunta elabora o proxecto da senda efectuouna a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, nunha visita ao remate das obras na estrada entre Merelle e Cerceda por Mercurín. Vázquez, acompañada entre outros polo alcalde e o delegado provincial da Xunta, afirmou que o in-

vestimento de 2,3 millóns de euros traduciuse nunha “estrada mellorada, modernizada, máis accesible e segura”. O vial, polo que circulan uns 2.500 vehículos cada día, boa parte tráfico pesado, foi ampliado ata os nove metros de anchura con carrís máis anchos, e tamén se dotou de beiravías dun metro de ancho. Ade-

O BNG de Oroso reclama suprimir a peaxe da AP-9 no tramo entre Sigüeiro e Santiago, que ten un custo por traxecto de 1,65 euros para turismos e de 3,60 euros para vehículos pesados. Mediante unha moción para debater no pleno municipal, os nacionalistas propoñen instar a Fomento a decretar a gratuidade do tramo, aberto ao tráfico hai pouco máis dun ano. O concelleiro do Bloque, Diego Boquete, cre que a gratuidade suporía “un elemento de dinamización económica, social e demográfica para o concello”, con beneficios para a veciñanza e para as empresas do polígono e coa retirada de numeroso tráfico pesado do centro da capital municipal. A iniciativa tamén manifesta o rexeitamento á suba das peaxes na autoestrada e insta á Xunta a demandar a supresión dos encarecementos recentes e a reclamar a titularidade da AP-9, tal como acordou o Parlamento de Galicia.

A punto de aplicarse os novos límites da ORA As nozas zonas de delimitación de estacionamento regulado en Ordes están a punto de entrar en vigor. Cos cambios, aprobados meses atrás, a ORA deixará de cobrarse na Rúa dos Lagartos e incluirase no seu ámbito a Rúa do Mercado entre a Compostela

e os parques, e República Arxentina desde Alfonso Senra ata a Rúa Nova. Como zonas de balde pero con límite de 90 minutos a ORA vai chegar a diversas rúas das zonas máis comerciais da vila. Precisamente o goberno sempre sinalou que os cam-

mais construíronse semiglorietas, carrís de aceleración e desaceleración e unha rotonda no acceso ás instalacións de Sogama. Por outra parte, a conselleira anunciou o investimento dun millón de euros en melloras do firme das estradas autonómicas AC-413, de Ordes a Cerceda, e AC-524, de Ordes a Lanzá (Mesía). bios foron polo xeral unha demanda do sector comercial. O pintado das novas zonas xerou queixas en veciños e veciñas da zona da Praza de Abastos, posto que, segundo relatan, operarios da empresa contratada desfixéronse de pintura sobrante tirándoa ao sumidoiro sen sensibilidade ambiental (imaxe).

Fotocopias - Impresiones Encuadernaciones Todo en papelería Artículos de Regalo Trabajos de Imprenta Material escolar Material de oficina

Todo lo que necesitas, para tus creaciones artísticas


12

CRÓNICAS - Setembro 2018

ESPECIAL

Dende o ano 1996 a Deputación da Courña conta cun centro oficial de información europea ao servizo da cidadanía e dos concellos da prov

Europe Direct A Coruña, a información

Que é a Unión Europea? A Unión Europea esténdese polo continente europeo, desde Laponia, ó norte, ata o mar Mediterráneo, no Sur, e desde a costa occidental de Irlanda ata as costas orientais de Chipre. Na actualidade, a Unión Europea está formada por vinte e oito países. O 29 de marzo de 2017, un deles, o Reino Unido, anunciou oficialmente a súa intención de abandonar a Unión. Non obstante, ata o 29 de marzo de 2019, continuará sendo membro con todos os dereitos e obrigas que iso implica. A Comisión Europea, o goberno da Unión Europea, ten a súa sé en Bruxelas (Bélxica), como todo o mundo coñece. O emblemático Edificio Berlaymont é a sé central deste órgano, composto por 28 comisarios, procedentes de cada un dos estados membros. A Comisión ten encomendada a misión de defender o interese xeral da Unión no seu conxunto e está suxeita ao principio de independencia política, polo que ningún dos seus mem-

bros pode solicitar ou atender A rede de información Europe instrucións de ningún goberno, Direct está presente en todo o teinstitución, órgano ou organismo. rritorio da Unión Europea con máis de 500 puntos de informaNo exercicio da súa misión, ción, distribuídos nos 28 estaa Comisión ostenta o monopolio dos membros, que traballan cun da iniciativa lexislativa, o que se obxectivo común: axudar a entraduce en que as directivas e re- tender á cidadanía que é a UE e gulamentos comunitarios parten como lles beneficia, adaptando os dunha proposta inicial da Comi- seus servizos ao seu público losión. A Comisión propón normas cal. sobre as que logo corresponde decidir ao Parlamento EuroNo Estado español existen 37 peo, elixido por sufraxio univer- centros Europe Direct repartidos sal directo, e aos Gobernos elec- por todo o territorio, e en Galitos representados no Consello da cia contamos con dous: na CoUnión Europea. ruña e en Lugo. A Deputación da Coruña é a institución que acolle Estamos ante unha institución o centro Europe Direct A Coruña complexa e con competencias (www.dacoruna.gal/europedipara propoñer medidas en mul- rect). Dende o ano 1996 a institutitude de ámbitos temáticos que ción provincial conta cun centro nos afectan aos máis de 510 mi- oficial de información europea ao llóns de cidadáns e cidadás euro- servizo da cidadanía e dos concepeas. llos da provincia. Que é Europe Direct? Co fin de achegar esta realidade complexa á cidadanía e crear conciencia europea, a Comisión conta coa rede Europe Direct.

Entre outros cometidos, Europe Direct A Coruña responde preguntas sobre a Unión Europea: as súas institucións, a lexislación que se aproba, as políticas que executa, os programas

e as posibilidades de financiación da Unión Europea. Europe Direct A Coruña informa tamén sobre oportunidades de formación e mobilidade laboral en Europa. Ademais, promove o debate rexional e local sobre a Unión Europea, distribúe publicacións oficiais e ofrece ós usuarios a oportunidade de enviar as súas opinións, comentarios e suxerencias ás institucións da Unión. Esta información de retorno é recibida pola Comisión Europea. A rede de centros Europe Direct recolle máis dun millón de consultas ao ano, que serven aos responsables políticos europeos para coñecer de maneira directa as necesidades e preocupacións da cidadanía. Comunicando Europa, en clave local Europe Direct A Coruña, dependente da Deputación da Coruña, presta especial interese aos temas que afectan á cidadanía e aos concellos da provincia, como o avellentamento da poboación, a agricultura, a pesca ou o desen-


CRÓNICAS - Setembro 2018

13

ESPECIAL

vincia, que presta especial interese a temas como o avellentamento da poboación, a agricultura, a pesca ou o desenvolvemento rural

n máis próxima sobre a Unión Europea volvemento rural. A Unión Europea apoia os seus agricultores a gran escala: actualmente, un 40 por cento do orzamento comunitario, case 60.000 millóns de euros anuais, destínase á agricultura. Estes pagos representan, por termo medio, aproximadamente o 30 por cento dos ingresos das explotacións e revisten, en particular, unha grande importancia para a supervivencia das pequenas e medianas explotacións agrícolas e para a explotación das rexións menos favorecidas. Estamos inmersos no debate sobre unha vindeira reforma da política agrícola común no novo período de financiamento que comezará en 2020, e a Comisión iniciou unha ampla consulta pública sobre o asunto. Despois da política agrícola, a segunda maior partida no orzamento da Unión Europea corresponde á política rexional. No período de financiamento 20142020 destinaranse ás rexións 351.000 millóns de euros, dos que o Estado español obterá aproximadamente 36.500 millóns. España foi, en termos absolutos, o maior beneficiario desta política. Entre 1989 e 2020 recibirá case 190.000 millóns de euros. Ás veces pregúntase por que as axudas deben pasar a través de “Bruxelas” en vez de ser repartidas directamente polos estados membros. Existen dous tipos principais de financiamento da Unión Europea: fondos xestionados central e directamente pola Comisión Europea, por exemplo para a investigación (Horizonte 2020) e fondos de xestión compartida entre a UE e os Estados membros, por exemplo os Fondos Estruturais e o Fondo de Cohesión. A UE confía a xestión destes últimos aos estados membros que son responsables da distribución ós destinatarios finais (empresas, agricultores, concellos, etc.) Europe Direct A Coruña traballa actualmente nunha iniciativa para dar a coñecer á cidadanía como se invisten na provincia de A Coruña os fondos captados da Unión Europea. Este proxecto, que verá a luz a finais deste ano,

terá forma de mapa interactivo e permitirá coñecer as entidades e proxectos que lograron obter financiamento comunitario ao longo deste período 2014-2020. O obxectivo final é que a cidadanía coñeza, de forma accesible e transparente, como está aproveitando a provincia os recursos que a Unión Europea distribúe.

MÁIS INFORMACIÓN www.dacoruna.gal/europedirect Twitter: @EDCoruna

Facebook: @EuropeDirectCoruna

Boletín 9’ UE: publicación electrónica semanal de suscrición gratuita en europedirect@dacoruna.gal


CRÓNICAS - Setembro 2018

14

ACTUALIDADE OROSO

CERCEDA

Licitan a obra para cubrir a piscina pública de Sigüeiro

O alcalde, baixa temporal no PSOE tras abrirlle xuízo oral

A zona lúdica da contorna da piscina será ampliada para facilitar as actividades

As obras para dotar dunha cuberta a piscina pública municipal de Sigüeiro saíron a concurso por un importe de 210.475 euros. Os recursos paa esta licitación están consignados no orzamento do Concello para este 2018. A nova cuberta non convertirá a piscina nunha instalación climatizada propiamente dita, pero si permitirá que sexa utilizada du-

rante máis tempo, por exemplo en días de verán nos que o sol só sae timidamente ou impera o vento. Ademais, tras rematar a tempada estival, o Concello iniciou os traballos para ampliar a área de lecer da contorna da piscina. Co novo espazo, o goberno local asegura que quere darlle cabida ao número crecente de actividades que organiza na zona.

O alcalde de Cerceda, José García Liñares, solicitou a baixa temporal de militancia no PSOE despois de que se abrise xuízo oral polo caso da contratación das lagoas do xardín botánico. A fiscalía acúsao de suposta prevaricación e fraude na obra e reclama un ano e medio de prisión e nove anos de inhabilitación. Para o arquitecto municipal a petición da fiscalía é dun ano e medio de prisión e cinco de inhabilitación. As presuntas irregularidades nesta obra, inaugurada a finais de primavera de 2015 no día da toma de posesión do actual mandato, levan varios anos animando o debate político municipal. O alcalde sempre defendeu a súa inocencia. A denuncia inicial do portavoz do PP advertía que as obras se terían executado antes de recibir as ofertas das empresas. O propio goberno municipal admitiu que no procedemento se obviara a normativa, se ben atribúe o sucedido a un mal desempeño do secreta-

rio municipal. O executivo mesmo se dirixiu ao Consello Consultivo de Galicia para anular o procedemento, pero non puido ser porque os traballos xa estaban rematados. O procedemento para contratar as obras foi inadecuado porque superaban os 200.000 euros e fíxose sen publicidade, convidando a varias empresas a presentar propostas, cando por ese importe requería publicidade para que as empresas que o desexasen puidesen concorrer. No pleno de orzamentos, o alcalde amosou a súa “absoluta tranquilidade” e asegurou que está convencido de gañar o xuízo. Acusou ao portavoz do PP de botar lama sobre a política muncipal. García continúa tamén como deputado provincial de Deportes. A nivel provincial foi respaldado polo presidente. O BNG de Cerceda solicitou a súa dimisión como rexedor porque considera que se non pode representar o PSOE tampouco pode representar a Cerceda.

FRADES

COMARCA

Parálise na Secretaría municipal

Segundo plan de igualdade

O goberno de Frades (PP) e a oposición (BNG) están molestos coa falta de rendemento no departamento municipal de Secretaría. Desde que unha nova persoa asumiu estas funcións en marzo pasado, ningún grupo recibiu as actas das comisións de goberno e diversos trámites están parados. A situación fixo que o BNG abandonase o último pleno, como

A Mancomunidade de Ordes aprobou o seu segundo Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres da comarca. O acordo foi unánime por parte dos representantes dos sete Concellos que integran a entidade supramunicipal. O plan ten unha vixencia de cinco anos. De por si non é máis que un documento. Pero se se aplica poderá ser unha ferramenta

xeito de chamar a atención sobre o problema. O portavoz nacionalista, Xosé María Pérez Lagos, acusou ás Administracións supramunicipais de desentenderse do problema. O alcalde, Roberto Rey, comprende a actitude do Bloque, asegura que o traballo sae adiante gracias ao resto do persoal e deuse de prazo ata remate de setembro para aplicar posibles sancións.

“de referencia” para acadar unha sociedade máis igualitaria. Entre os seus principios básicos figuran a atención á diversidade, a xustiza social, a innovación, a perspectiva de xénero e a transversalidade. O propósito é que as súas medidas formen parte das políticas sociais e de igualdade que apliquen as administracións locais en ata oito áreas de actuación.

ORDES

FRADES

Novo acceso en Vilamaior

A Deputación renova beirarrúas

En breve haberá unha nova alternativa asfaltada para acceder á parroquia de Vilamaior (Ordes) desde a estrada AC-524 entre a capital municipal e Lanzá (Mesía). Trátase dunha pista de parcelaria que chega desde o vial autonómico ás inmediacións do lugar da Armada. A obra foi escollida polo pleno municipal para ser incluída

A Deputación da Coruña aprobou o investimento de case 200.000 euros na renovación das beirarrúas da Rúa do Ensino, na Pontecarreira (Frades). A intervención beneficiará 1.360 metros liñais de beirarrúas, dos que 705 corresponden á marxe esquerda e 655 á marxe dereita. A Deputación encárgase

dentro do Plan de Obras e Servizos de 2017 da Deputación. Esta alternativa pretende evitar a intersección convencional para acceder a Vilamaior desde a AC524, moi próxima a unha curva. Pero pode crear novos riscos. Antes, o Concello xa acondicionou integramente a estrada entre O Casal e O Peñasco por Porpalla.

da obra ao tratarse dunha estrada provincial, a que comunica Ordes co principal núcleo de Frades. As novas beirarrúas, con baldosa de formigón e bordo de formigón armado, reemprazarán ás actuais, moi deterioradas. O proxecto prevé tamén plantar dezanove árbores no traxecto. O alcalde pediu celeridade.


CRÓNICAS - Setembro 2018

15

ECONOMÍA E TRABALLO INDUSTRIA Expediente de Regulación de Emprego a partir de xaneiro de 2019

ERIMSA di que pechará en Frades se a Xunta non lle dá novos permisos

O centro de produción de Frades, que pecharía, emprega máis de sesenta persoas

A empresa ERIMSA asegura que presentou un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), que non retirará se a Xunta non lle outorga novas concesións para poder seguir extraendo cuarzo nos municipios de Frades, Mesía, Ordes e Oroso. A compañía emprazou ao go-

berno autonómico a “desbloquear os expedientes en trámite e conceder os novos dereitos mineiros”. Do contrario, aplicará o expediente a partir do vindeiro 1 de xaneiro “debido ao agotamento das reservas actuais”. Tal como di, a Xunta está impoñendo diversas “trabas” e “demora”

a resolución de expedientes, nalgún caso desde hai máis de sete anos. A compañía explicou que se a Xunta mantén a situación actual o centro de produción que ten en Frades “verase abocado ao seu peche definitivo”. Sairían prexudicadas máis de sesenta persoas que traballan alí de xeito directo ou en subcontratas. Desde o comité de empresa tamén criticaron a “falta de atención” da Xunta. A representación dos traballadores afirma que pediu reunirse con cargos de Medio Rural e de Industria, sen que tan sequera lles respondesen. A empresa “lamenta” unha medida “grave”, pero precisa que “a falta de materia prima fai inviable o desenvolvemento da súa actividade con normalidade”. A mineira defende o xeito en que efectúa a súa actividade. Sinala que durante trinta anos traballou en 1.600 hectáreas da zona “en perfecta convivencia” con toda a contorna e insiste en reivindicar o seu sistema de cribado como “completamente respectuoso co medio”.

O SLG cre que a empresa “chantaxea” á Xunta e dubida da legalidade das tarefas A raíz do anuncio da empresa, o Sindicato Labrego Galego (SLG) acusou a ERIMSA de querer “chantaxear” á Xunta utilizando os postos de emprego. Á vez, esta organización cre que as declaracións da compañía desvelan “supostas irregularidades” e contradicións. Ademais de negarlle relevancia económica na zona, ao ter “menos traballadores que algunha granxa da comarca e o material e diñeiro que producen marcha fóra do país”, o SLG asegura que a mineira “fixo moito dano ambiental” nos últimos anos, con prexuízos en augas e paisaxe, xerou malestar ao utilizar os seus “catro traballadores para intimidar veciños” e acceder aos terreos. O sindicato reclama tamén que os Concellos e os organismos autonómicos verifiquen a realización de tarefas sen permisos que, ao seu modo de ver, recoñece tacitamente a firma.

COMERCIO

HORTA

Boa acollida á sétima Feira de Oportunidades de Ordes

‘A Horta da Lousa’, exemplo de incorporación xuvenil ao agro

A cita ofreceu produtos de fin de tempada a prezos moi vantaxosos

Visita do delegado provincial da Xunta ás instalacións da ‘Horta da Lousa’

A sétima Feira de Oportunidades do comercio de Ordes, organizada na Praza de Abastos a comezos de setembro, obtivo unha considerable acollida de público. Esta iniciativa ofreceu numerosos artigos de moda, calzado, fogar, decoración, complementos, perfumaría ou produtos de de-

‘A Horta da Lousa’ foi situada pola Xunta como exemplo de incorporación xuvenil ao sector primario. Esta explotación hortícola familiar de Cerceda está agora xestionada por Néstor Liñares, que deixou un traballo de informático. Da empresa, que conta con 8.000 metros cadrados de inverna-

porte a prezos reducidos. Para os diversos establecementos que participaron esta cita serve para darlle saída a existencias de fin de tempada e para os clientes é unha ocasión de facerse con artigos coa mesma calidade de sempre e a un prezo máis asequible do habitual.

doiros e 15.000 ao aire libre, saen cada ano unhas 100.000 leitugas e 40.000 quilos de tomate. Dá traballo a cinco persoas. As instalacións foron visitadas polo delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, que expuxo que as axudas beneficiaron 294 explotacións na Coruña.


16

CRÓNICAS - Setembro 2018

ECONOMÍA E TRABALLO COMARCA A prezos asturianos, en xullo Galicia tería ingresado 7,8 millóns máis

Asturias cobra por litro de leite en orixe tres céntimos máis que Galicia

REIVINDICACIÓN. ‘Paso de vaca’ provisional instalado na Coruña nunha acción de marketing da Casa Grande de Xanceda, de Mesía. Trataron de simbolizar a importancia do sector leiteiro en Galicia, que representa o 40% da produción de toda España a pesar de ter os prezos máis baixos e perder explotacións de xeito continuo.

Continúa a costa abaixo nos prezos do leite en orixe. Os últimos datos publicados polo Ministerio, co-

rrespondentes ao mes de xullo, sitúan a media galega en 0,303 euros por litro. É practicamente un céntimo

menos que a media española (0,312) e queda 3,3 céntimos por debaixo da cotización da veciña Asturias (0,336). Dito noutros termos, o conxunto das 7.763 granxas galegas produtoras de leite que estaban activas en xullo terían ingresado uns 7,8 millóns de euros máis pola produción dese mes se cobrasen a prezos asturianos. Igualando a media española, en xullo aumentarían os ingresos para os Gandeiros galegos en máis de 2,1 millóns de euros. A tendencia á baixa iniciada desde finais de 2017 é lenta e sostida no tempo, sen indicios de momento de que poida ser invertida. Dos 0,322 euros por litro de media galega en decembro pasado chegou xa aos 0,303 de xullo. Pola contra, a produción prosegue o seu aumento. En xullo deste ano foi en Galicia un 3,9% superior, das 227.993 ás 236.933 toneladas do mesmo mes do ano pasado, mentres que no conxunto de España o incremento foi do 1,5%, de 596.192 a 605.309 toneladas.

PREZOS DO LEITE

XULLO / XUÑO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA

0,303 0,322 0,304 0,336 0,311 0,449 0,301 0,324 0,315 0,308 0,306 0,322 0,317 0,314 0,333 0,322 0,328 0,312

0,304 0,325 0,303 0,339 0,291 0,450 0,303 0,324 0,316 0,307 0,310 0,318 0,314 0,315 0,336 0,325 0,326 0,313

MEDIAS ESPAÑA XULLO 2014 0,350 2015 0,297 2016 0,286 2017 0,310 2018 0,312

PRODUCIÓN XULLO 2017

2018

Galicia 227.993 tn 236.933 tn España 596.192 tn 605.309 tn Fonte: FEGA (31-08-2018)

INDUSTRIA

FORMACIÓN

Sitúan a TMC Cancela como exemplo de competitividade

Comezan as estadías xuvenís con prácticas en Europa

Encontro de participantes de Galeuropa cos cargos municipais e a autonómica

A empresa TMC Cancela, en Tordoia, foi posta pola Xunta como exemplo de “aposta polo talento e a mellora continua” para acadar unha alta competitividade. Foi durante unha visita ás súas instalacións da directora da Axencia Galega de Innovación, na que se explicou que a compañía, dedicada ao deseño, fabricación e comercialización de maquinaria agrícola e forestal, incorporou dous novos titulados mediante un programa autonómico ao seu equipo humano, que supera as noventa persoas. TMC Cancela exporta a súa produción a máis de trinta países.

Os vinte mozos e mozas da comarca que participan no programa Galeuropa, de prácticas formativas en Reino Unido, Holanda e Italia, xa iniciaron as súas estadías. Durante dous meses recibirán formación práctica en ámbitos como o dereito, a cooperación internacional, a cultura, a educación ou a mercadotecnia. A inten-

ción é mellorar as súas capacidades de inserción laboral. Antes de saír, foron recibidos por representantes dos Concellos da Mancomunidade e pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta. Os distintos cargos públicos emprazaron aos mozos e mozas a aproveitar esta oportunidade para que despois revirta na comarca.


CRÓNICAS - Setembro 2018

17

XENTE DE AQUÍ

A diversidade apodérase das festas de Ordes

Os Heredeiros da Crus encheron de xente o tramo da N-550 a carón da Alameda co seu concerto, que abriu o programa musical das festas da Santa María

As festas patronais deste ano en Ordes poderán lembrarse como as que confirmaron que diversificar a oferta pode asegurar o éxito sen incorrer en excesos económicos. As actuacións de moi diversos estilos ao longo da semana festiva animou a que acudisen persoas de moi distintas idades, gustos e procedencias. A programación comezou coa actuación estelar dos Heredeiros da Crus, que demostraron que aínda non son unha banda para a nostalxia, senón que teñen por diante canto futuro queiran. Estiveron teloneados por Dani Royo. Varias orquestras animaron as sucesivas verbenas, con moito público, pero non foi menor o atractivo do III Festival Folk, con Leilía e A Roda.

As emblemáticas formacións A Roda e Leilía atraeron numeroso público coa súa participación no III Festival Folk de Ordes

ORDES

Francisco del Río e Carmen Álvarez representaron a emigración O Día da Emigración, que se conmemora en Ordes na xornada do 16 de agosto, San Roque, tivo este ano como protagonistas a Francisco del Río, veciño de Pereira, e a súa esposa, Carmen Álvarez, orixinaria de Gondomar (Pontevedra). O matrimonio representou o colectivo da diáspora na misa e ofrenda floral que se escenifica cada ano. Foron emigrantes máis de

trinta anos no Reino Unido. Na súa ofrenda pediron acerto para que os responsables políticos acaden solucións favorables para os problemas da cidadanía, futuro para a xuventude e prosperidade para a emigración. O alcalde referiuse ao esforzo e exemplaridade das persoas que migraron e lembrou as dificultades polas que pasan os emigrantes en Venezuela.


18

CRÓNICAS - Setembro 2018

DEPORTES NATACIÓN

CARREIRA Pedestre e Andaina do Concello de Tordoia

Ángel Fraga, bronce co combinado español na proba de 4x50 obstáculos do europeo

Primeiros postos para Óliver Pérez e Ángela Chapela

Ángel Fraga Regueiro, do Club Natación Cerceda, acadou a medalla de bronce xunto aos demais integrantes da selección española na proba de 4x50 obstáculos do Campionato de Europa júnior, disputado en Irlanda. A nivel individual, Fraga foi sexto en 100 metros rescate aletas e sétimo en 100 metros socorrista. Nesta proba lograra entrar na final co terceiro mellor tempo, pero o falldo no clicado do maniquí impediulle despois a medalla. A selección española finalmente foi campioa europea, algo que non sucedía desde 2004.

A Carreira Pedestre e Andaina 2018 do Concello de Tordoia tivo como primeiros clasificados da súa proba principal a Manuel Oliver Pérez López, de Culleredo, na competición masculina, e a Ángela Chapela Bouzas, de Pontevedra, na clasificación feminina. A nivel local, a organización informou de que os primeiros postos correspondéronlles a Damián Baleato Calviño e a María del Mar García González, en competicións masculina e feminina. A carreira e andaina, unha das máis asentadas no calendario deportivo da contorna, superaron en conxunto os douscentos participantes. Desde o Concello sinalaron que a xornada foi deseñada como “un día de festa do atletismo”, que ten por obxectivos “fomentar hábitos de vida saudable” coa práctica do exercicio e do deporte e contribuír a “disfrutar do deporte en familia”.

EXERCICIO FÍSICO

POLIDEPORTIVO Coa colaboración de diversas entidades deportivas locais

Máis actividades e máis horarios na nova tempada do complexo Iván Raña en Ordes

Ordes celebra o seu primeiro Día do Deporte no Campo da Feira

O combinado español, co bronce

As instalacións do complexo deportivo Iván Raña, en Ordes, estrean actividades na nova tempada e incrementan os horarios de propostas que en cursos previos obtiveron maior aceptación. As novidades son ioga en familia, que permite acudir a nenos e nenas de tres a sete anos de idade, core training e cardiostep. O ioga para deportistas e o cross training pasan de ter unha a dúas sesións semanais. A ximnasia acuática ten agora unha sesión diaria de luns a venres. Polo demais, mantéñense propostas como acondicionamento físico e sénior, TBC, stretching, tonificación, baile libre, dous niveis de pilates, exercicios hipopresivos, tres grupos de zumba por idades, ioga, GAP, BEP, cardio box, lombo san ou aquazumba. O Concello confirmou tamén que o prazo de inscrición para os cursos de natación na piscina cuberta abriu desde o 17 de setembro.

Ordes celebrou por primeira vez o seu Día do Deporte co propósito de que persoas de todas as idades tivesen ocasión de practicar diferentes modalidades deportivas Durante toda a mañá do primeiro sábado de setembro, quen se achegou ata o Campo da Feira facerse con información das asociacións e clubs locais que promoven o hóckey a patíns, a patinaxe artística, o ciclismo de montaña, a orientación, o fútbol sala, o fútbol, o tenis, o tiro con arco, o atletismo, o taekwondo ou o aikido. Ao remate, sorteouse material deportivo, para o que o Concello contou coa colaboración de Sportec. Apoiaron esta iniciativa municipal o Club Patinaxe Galia, Club Atletismo Ordes, Jogafán F.S., Boud-Sport Club de Taekwondo, Asociación de Taekwondistas da Comarca de Ordes, S.D. Club Ordes, A.C. Ordes, Club SEO, Adarve e Enfeitizados.

Podios masculino e feminino da carreira pedestre de Tordoia

A proba superou os douscentos participantes nas súas diversas categorías

Na xornada participaron persoas de todas as idades, sobre todo nenos e nenas

O Día do Deporte ten como finalidade impulsar a práctica de distintas especialidades


CRÓNICAS - Setembro 2018

19

PUBLICIDADE CARREIRA A Popular do Concello superou os 200 corredores e corredoras en diferentes categorías de idade

David Santos e Uxía García lideran en Ordes

David Santos superando a meta

Uxía García no remate da proba

Saída da carreira absoluta, de 9.500 metros, que o gañador fixo en 29’ 58’’

O atleta local David Santos Domínguez proclamouse vencedor da Carreira Popular Concello de Ordes. Santos completou os 9.500 metros de percorrido cun tempo de 29’ 58’’. O podio masculino da proba absoluta completárono Jose Lojo (30’ 13’’) e Amador Pena (32’ 17’’). Na competición feminina, a gañadora foi Uxía García (38’ 31’’), con

Noelia Papín (39’ 22’’) en segundo lugar e Natalia Raña (39’ 24’’) no terceiro posto. Por categorías de idade, en sub10 (1.000 metros) venceu Juan Loureiro, seguido por Bruno García e Pablo Ferreiro. Na competición feminina, primeiros postos para Alma Bello, Sofía Penas e Noa Vilariño. Na sub12 (1000 metros) estes foron os podios:

Alejandro Couselo, Simón Fernández e Raúl Gude; e Noa Rey, Antía Calvo e Vera García. En canto á competición sub14: Pablo Codesido e Jahvé Suárez; e Ainoa Gontán, Diana Mosquera e Mariña Rey. E en sub 16: Daniel Neira; María Pena e Sahara Andrea Suárez. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Deportes,

Ana Soneira, entregaron trofeos e premios, con importes entre os 50 e os 150 euros. O Concello destacou como colaboradoras da carreira estas firmas comerciais da zona: Infantilandia, Cola Cao, Carnicería Enrique, Seguros Reale, asesoría Jaime Castro, Pazo Bidueiro, Feiraco, Eroski, Nocilla e Froitería A Nova.

A carreira popular de Ordes inclúe varias probas de menor percorrido para as diferentes categorías de idade co propósito de fomentar a participación de escolares

FÚTBOL Trofeo municipal

O Sigüeiro gaña o triangular O Sigüeiro F.C. proclamouse campión do trofeo de fútbol do Concello de Oroso, un torneo triangular no que a segunda posición acadouna a S.D. Deixebre a o terceiro posto correspondeulle ao equipo xuvenil do Oroso, tal como informa o Concello. O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes de Oroso, Luis Rey, acudiron á efectuar a entrega dos trofeos da competición.

Na competición organizada polo Concello participaron o Sigüeiro F.C., a S.D. Deixebre e o equipo xuvenil do Oroso


20

CRÓNICAS - Setembro 2018

DEPORTES FÚTBOL

TENIS XI Torneo do Concello de Mesía 2018

O CCD Queixas asume as escolas deportivas tras quedar o Cerceda sen actividade

Victorias de Verea, Vázquez, Bodelo e Bodelo-Verea

Unha das consecuencias que máis preocupaba da desaparición do Cerceda, a posible perda das escolas deportivas, xa ten solución. O CCD Queixas inclúe no seu proxecto deportivo a creación de categorías de fútbol base. A entidade vai crear grupos biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e modesto. Ademais, está avaliando conformar un grupo de fútbol feminino. As persoas interesadas en obter máis información e en inscribir nenos e nenas poden chamar ao 606 865 444 ou escribir a administracion@ccdqueixas.com. O club busca tamén patrocinios económicos e accións publicitarias. A previsión do Queixas é congregar máis de cen nenos e nenas a partir dos cinco anos de idade. A preparación e as competicións desenvolveranse no campo de fútbol do Roxo e nas súas instalacións anexas, así como no campo da Revolta.

O XI Torneo de Tenis Concello de Mesía 2018 xa ten gañadores. En dobres impuxéronse Óscar Bodelo e Paula Verea sobre César Martínez e Juan Bodelo. Na competición feminina gañou Paula Verea, con Elena Roca como subcampioa. A competición masculina organizouse nunha Copa de Ouro, na que Martín Vázquez venceu na final a Alejandro Martínez, e noutra Copa de Prata, na que o campión foi Óscar Bodelo e o subcampión César Martínez. O torneo disputouse durante o mes de agosto nas pistas de tenis do complexo deportivo municipal de Mata, en Xanceda.

Entrega de trofeos na categoría de dobles e á campioa da competición feminina

Desde a esq: subcampioa feminina, campión e subcampión da categoría ouro, e campión e subcampión da categoría prata

PÁDEL

PEDAL

Javier Méndez e Pedro Vieites gañan o campionato de Frades

Doble itinerario durante o Día da Bicicleta de Frades

Campións (dereita), subcampións (esquerda) e concelleiro (centro)

Javier Méndez e Pedro Vieites son os campións do décimo Campionato de Pádel de Frades. En competición houbo cinco parellas e finalmente venceron os mesmos que xa o fixeran en 2017. Como subcampións quedaron Carlos Rivera e Marcos Sueiro. O

resultado da final foi de 6-0 e 6-4. O torneo disputouse co sistema de liguiña a un set, sempre cunha diferenza de 2 xogos. Pasaron á final as dúas mellores parellas. Campións e subcampións recibiron os trofeos de mans do edil de Deportes, Miguel Prado Cea.

Para os máis pequenos houbo un percorrido adaptado duns tres quilómetros

O Día da Bicicleta do Concello de Frades desenvolveuse con dous itinerarios diferentes. Para a participación de máis de oito anos de idade foron uns trece quilómetros de percorrido e para nenos e nenas a distancia quedou nuns tres

quilómetros e medio. En conxunto, participaron unhas sesenta persoas. A saída e meta situouse na Pontecarreira, onde ao final do percorrido entregouse bebida e froita, ademais de sortear material de ciclismo.


CRÓNICAS - Setembro 2018

21

PUBLICIDADE


22

CRÓNICAS - Setembro 2018

DEPORTES

FÚTBOL Ordes disputou o Trofeo Concello de Ordes e Trofeo San Roque nas vésperas das festas patronais

Trofeos estivais para o Montaos e para os Veteráns Os dous trofeos de fútbol que organiza o Concello de Ordes xusto antes das festas de agosto teñen como gañadores á S.D. Montaos e ao equipo de Veteráns Ordes. Ao Montaos correspondeulle o Trofeo Concello de Ordes, que este ano celebrou a súa terceira edición. Xa o ano pasado foran os gañadores deste mesmo trofeo. A segunda praza da competición foi para o equipo da A. D. Vila de Ordes e en terceiro posto clasificouse a Sociedade Deportiva Club Ordes. Encargáronse de entregar os trofeos da competición o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira responsable da área de Deportes, Ana Soneira.

De esquerda a dereita, entrega de trofeos á S.D. Montaos, á A.D. Vila de Ordes e á S.D. Club Ordes. Arriba, foto conxunta.

O Veteráns Ordes foi o equipo gañador do Trofeo San Roque 2018

En canto ao Trofeo San Roque, que tamén viviu nesta ocasión a súa terceira edición, os gañadores foron os integrantes do equipo denominado Veteráns Ordes. A clasificación completárona, por esta orde, o Poulo C. F. Veteráns, a S. D. C. Ordes Veteráns e o Mesón do Vento C. F. Veteráns. A competición disputouse no campo municipal de Vista Alegre, ante unha considerable cantidade de público. Do mesmo xeito que no Trofeo do Concello, no do San Roque foron tamén o alcalde e a concelleira de Deportes os responsables da entrega

de trofeos aos capitáns dos distintos equipos. O Concello sinala que na entrega dos trofeos produciuse un dos instantes máis emotivos da xornada ao recoller o premio do equipo vencedor José Astray Costoya, antigo axente da Policía Local ordense. O Trofeo do Concello contribúe en certo modo á preparación dos distintos equipos para a tempada de liga, ademais de conformar un bo espectáculo deportivo local. O Trofeo San Roque, pola súa parte, está máis enfocado a xogadores que xa non están en primeira liña pero son tamén capaces de ofrecer un bo espectáculo e de motivar o público.

Entrega de trofeos da competición de San Roque a capitáns de diversos equipos participantes de mans do alcalde e da concelleira de Deportes de Ordes


CRÓNICAS - Setembro 2018

23

OPINIÓN

Uns cregos exemplares no século XVII Por Carlos Calvo Varela Os informes dos visitadores diocesais de Santiago nos anos 1650 e 1670 describen un clero parroquial que peca, sobre todo, de defectos como o amancebamento, o gusto polo viño ou a práctica freelance de exorcismos. É unha pena non dar conta detallada dos vicios dos nosos cregos [1], mais até unha futura visita ao arquivo, os extractos dos informes que temos á man son precisamente os menos divertidos: os referentes a párrocos de comportamento exemplar. Así, o visitador di do cura de Cabaleiros que era “virtuosísimo y grande estudiante y limosnero”; o de Santaia de Gorgullos “hombre sumamente virtuoso, siendo el ejemplo de toda la tierra”. Pola súa banda o crego de Trazo sería un “grande estudiante y gran letrado, tanto que con su ejemplo tiene a raya [a] todos los demás sacerdotes

y todos le tiemblan, porque en viendo algunas cosas mal hechas las reprende”, e o de Naveiro aparece como moi amigo do rosario “y no sólo se contenta con esto, sino que cuida de que todos los demás rectores circunvecinos lo recen, procurando mucho que se hagan conferencias de casos morales”. O párroco de Ordes, por último, destacaba porque “jamás quiso hallarse en juntas de clérigos que hay comilonas, y en Galicia es muy ordinario el haberlas, y de donde se siguen grandes inconvenientes y disensiones” [2]. [1]Quen queira investigalo ten que ir ao Arquivo Diocesano de Santiago, e consultar “Visitas”, leg. 1.264. [2]Cit. em: P. Saavedra, La vida cotidiana de la Galicia del Antiguo Régimen, op. cit., pp. 287-288.

Os paxariños da Alameda Estalles costando moito disimular a determinadas aves, con tanto movemento compulsivo de ás, o raro que lles resultou ver a conversión xacobina daquela vagante e extravagante pita de monte. Non é para menos. Pero a verdade é que non hai mutación algunha. O comportamento é exactamente o mesmo que sempre caracterizou o paxaro: aclimatación plena naqueles niños que en cada momento resulten máis acolledores.

Claro que hai rémoras. Leva anos habéndoas, cans de hortelano. Son as espiñas. Resistirán todo o que poidan a aparición de novas flores. Algunha xardineira externa, que facía as veces de cotorra, consultora e asesora, preguntou polas posibilidades de guiar a nova póla cara ao sol. As espiñas todas reviráronse contra ela, ameazantes. Ela, desde certa indiferencia, ten clara a operación. Pero non vai intervir. Para que?

Claro que esta vez os movementos de adaptación veñen coa consabida variación subxacente. As gaivotas hai tempo que sospeitan do xiro, pero non lles preocupa. Intrígalles máis ver se finalmente as demais aves soben ao barco. En realidade a estética (o decoro, sempre o decoro) sería o maior factor de unión, senón o único. É un campo que dominan á perfección todas as aspirantes.

Desde a outra fronteira tamén descartan inxerencias. “Que se maten”, pode ser o lema. Alí as aves teñen bastante a que atender. Poderían chegar a mediar, pero a pregunta ao final é a mesma: para que? Demasiados antecedentes nada produtivos e ademais nun momento no que os dous bispos, o orador lucense e o da túnica colorista, están en plena batalla de supervivencia. Heroica.


CRร NICAS

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crรณnicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de ediciรณn: 21-09-2018. Depรณsito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.