CRÓNICAS 58

Page 1

ORDES

COMARCA

A ANPA do Castelao sae á rúa para ter máis mestres

O Plan Único da Deputación trae á zona 3,3 millóns Páx. 2

Páx. 3

leisynegocios@leisynegocios.com

981 10 40 10

CRÓNICAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 58 - Outubro de 2018

Ordes asegura que xa non conta con solo industrial dispoñible O Concello de Ordes asegura que xa non dispón de solo industrial, despois da venda das dúas derradeiras

parcelas no polígono de Merelle. Por iso, o goberno local reclama que se inclúa chan con esta calificación no Plan

Xeral de Ordenación Municipal, que se atopa en trámite. Todo á vez que o proxecto de macropolígono en Pardiñas

está paralizado. O BNG replicou que parte de Merelle está a monte e pide acoutar Páx. 2 a especulación.

Sigüeiro quere circunvalación

COMARCA

Ningunha cara nova nos candidatos do PP Páx. 4

DEPORTES

Entrevista co piloto David Rivas, de Queixas Páx. 21

COMARCA

Manifestación contra os proxectos contaminantes Páx. 11

COMARCA

Fomento promete a rotonda da Foca para 2019

Páx. 9

Andaina Pro Saúde Mental abre novo centro en Ordes Páx. 19


CRÓNICAS - Outubro 2018

2

ACTUALIDADE OROSO

ORDES O BNG pide acoutar a “especulación” no polígono con parcelas baleiras

Deixebre segue sen solucións aos cortes de electricidade mentres PP e PSOE rifan

Ordes dá por agotado Merelle e desexa máis solo industrial

Diversos lugares da parroquia de Deixebre, en Oroso, quedan sen subministración eléctrica con bastante frecuencia. Este problema non só persiste, senón que se incrementou e agora dáse tamén no verán e durante varias horas, xa non só nos temporais do inverno. O PP, que xa tiña denunciado desde a oposición local o problema sen que se teña reparado, pediu que o Concello se dirixa de novo á empresa para que ofreza un servizo digno. O PSOE, no goberno municipal, considerou esta petición unha mostra de “ineficacia e incompetencia” do portavoz da oposición, Alexander Doval. O alcalde, Manuel Mirás, acusouno de “dedicarse só a criticar en vez de realizar xestións para solucionar o problema” aproveitando que a Consellería está xestionada polo propio PP e que podería “presionar” á eléctrica, segundo a argumentación do PSOE de Oroso.

As dúas derradeiras parcelas dispoñibles no polígono industrial de Merelle, en Ordes, vendéronse recentemente. Por iso, o Concello dá por agotado este tipo de solo no municipio e o alcalde reclama a dotación de máis solo industrial. José Luis Martínez Sanjurjo explica que o novo solo tería que estar contemplado no Plan Xeral de Ordenación Municipal, en tramitación, porque “a día de hoxe o expediente do futuro polígono de Pardiñas [na zona de Poulo] está paralizado”. O rexedor considera que esta falta de solo limita as posibilidades de desenvolvemento económico e empresarial no municipio pese á súa boa situación xeográfica e a proximidade a infraestruturas de comunicación como a AP-9, os portos e os aeroportos da provincia. Martínez destaca ademais as facilidades fiscais, administrativas e formativas para o asentamento de novas empresas, ao ser un Concello adherido ao programa ‘Doing Businesss Galicia’.

ORDES

COMARCA Suman 3,3 millóns de euros nos sete municipios da comarca de Ordes

Rematada a primeira fase das obras de reforma do cemiterio municipal do Piñeiro

Labores de nivelación do terreo

Nova pavimentación para uns mil metros cadrados de superficie. É o principal traballo acometido nas últimas semanas no cemiterio municipal do Piñeiro, en Ordes. É a primeira fase dun proxecto que ascende a uns 61.000 euros e que inclúe tamén a construción dun sistema de recollida e evacuación das augas pluviais. A pavimentación realízase en formigón e ademais colócase granito moreno desescadrado e un bordo prefabricado de formigón. A canalización para a auga de chuvia supera os 250 metros de longo e conta con quince arquetas e dous pozos con sumidoiro.

tar a creación de postos de emprego, esenciais na comarca.

Xestur vendeu as dúas últimas parcelas, 5.508 m2 en total, por 113.000 euros

Sobre a operación concreta das dúas derradeiras parcelas, de 5.508 metros cadrados en total e vendidas por Xestur por 113.000 euros, o concelleiro de Industria e Comercio, José Manuel Rodríguez, agarda que os novos propietarios constrúan canto antes as instalacións para facili-

BNG: ESTÁ “A MONTE” A visión do BNG de Ordes sobre a situación do polígono é ben diferente á do goberno. Os nacionalistas advertiron de que “numerosas parcelas” de Merelle están “a monte”, polo que valoran como “unha completa farsa do alcalde” a idea de que o polígono está agotado. O Bloque, a través do seu portavoz ordense, Pablo Vidal, entende que é “inaudito que desde a administración autonómica e local permitan a especulación en terreos industriais, condenando deste xeito o desenvolvemento de Ordes”, di. Por iso, Vidal solicita que o alcalde tramite a resolución dos contratos de compravenda das parcelas baleiras que incumpran a obriga de obter a habilitación correspondente para a primeira actividade en prazo. O BNG precisa que si ve necesario máis solo industrial e lamenta que non avance a tramitación do PXOM.

Investimentos da Deputación para mellorar estradas e obras hidráulicas O Plan Único da Deputación da Coruña serve para efectuar este ano investimentos por importe de case 3,3 millóns de euros nos sete concellos da comarca de Ordes. As obras máis frecuentes corresponden á mellora das estradas e beirarrúas e á creación de servizos de saneamento e de abastecemento de auga. En Cerceda, o investimento é duns 514.000 euros, dedicados a unha senda peonil ata o cruce da Cortella na AC-400, os accesos ao colexio O Cruce, un camiño en Lodeiro de Arriba, beirarrúas na Silva ou a ampliación da piscina González Laxe. En Frades, o importe da Deputación é de 210.000 euros, que se empregarán en diversos camiños en parroquias das distintas parroquias. En Mesía, con máis de 304.000 euros fináncianse obras nos camiños e estradas Pobra-Faxilde (Bascoi), Souto, Lanzá, Tiñoso-Alvite, a ampliación entre A Ponte Carballa e A Ponte Queiroa (Olas) e A Ponte Queiroa (Olas) e Visantoña, entre outras. En Ordes, o plan provincial inves-

Valentín González Formoso (PSOE) é o presidente da Deputación da Coruña

tirá 1.018.000 euros. Servirán para o camiño Vixie-Chan en Montaos, pavimentación na Adina (Ardemil), abastecemento de auga a Castrelos e outros lugares situados nas parroquias de Leira e de Ardemil, o camiño do Coto á capela do Socorro en Vilamaior e desde a pista da igrexa de

Pereira ata a estrada provincial, entre outras obras. A Oroso correspondéronlle case 529.000 euros do Plan Único, que destina a ampliar o abastecemento en Bran e San Román de Abaixo (Pasarelos), a mellora da rede viaria en Vilacide de Arriba e de Abaixo, Cabanas, O Seixo e A Toxeira, a ampliación do abastecemento en Garga e Fafián (Trasmonte), pavimentacións en Rial (Trasmonte) e Vixoi (Calvente), e abastecemento e saneamento no Piñeirón (Gándara). Tordoia inviste uns 268.000 euros nos accesos a Folgueira, na pista Taboada-Barral, no camiño PintánCastro (Gorgullos), nos viais do Vilar (Castenda) e en accesos en Santaia (Cabaleiros). En canto a Trazo, o investimento do plan provincial suma case 452.000 euros, previstos para a reposición de beirarrúas nos tramos entre Raíndo e Ordes e entre o vial do Concello e Chaián, así como para o colector xeral da depuradora de augas residuais en Chaián.


CRÓNICAS - Outubro 2018

3

ACTUALIDADE ORDES A ANPA afirma que os recortes da Xunta condicionan a calidade do ensino

As familias reclaman un mestre máis de infantil no colexio Castelao A comunidade escolar do colexio Castelao, de Ordes, intensifica as súas protestas para reclamar un mestre ou mestra máis en infantil “para o desdobre inmediato das dúas aulas [xa existentes] co obxectivo de reducir a ratio e garantir a calidade da educación”. A súa acción máis recente foi unha concentración ante a Casa do Concello, coincidindo co Pleno municipal, se ben a súa mensaxe vai dirixida directamente á Consellería de Educación, que de momento non deu mostras de querer atender a petición. A ANPA conta con máis de 150 familias apoiando a reivindicación. Considera que as dúas aulas actuais no nivel de tres anos, con 26 nenos e nenas en cada unha, non permiten a atención individualizada prevista na lei, dificulta a detección de necesidades específicas de apoio educativo, complican lograr os obxectivos das programacións didácticas e incluso presentan dificultades para o traslado dos escolares á biblioteca ou á aula de informática, onde desenvol-

Concentración da ANPA contra os recortes no CEIP Castelao de Ordes

ven especialidades como psicomotricidade e música. APOIO DESDE O PLENO Xa antes da mobilización na rúa, a corporación de Ordes apoiou as demandas da comunidade escolar do Castelao. Por unanimidade, votaron unha proposta presentada polo goberno para reclamar un mestre e permitir que poida baixar o número

de nenos e nenas por aula en infantil. En cambio, o PP e os tres concelleiros non adscritos saídos de UxO botaron abaixo a moción do BNG en demanda de máis profesorado no colexio e de melloras nas cubertas, fachadas e baños. O PP alegou que o tema xa se aprobara antes entre todos, pero o BNG sostén que a súa proposta foi rexistrada antes de que o goberno introducise a súa na orde do día.

Ordes outorga 24.000 euros en vales para o material escolar O Concello de Ordes admite ata o 11 de outubro as solicitudes de axudas municipais para material escolar do curso 20182019. Pódese beneficiar desta convocatoria alumnado de infantil, primaria e secundaria obrigatoria. A partida total dispoñible é de 24.000 euros, o que supón 6.000 máis que no curso anterior. A axuda consiste nun vale canxeable nos establecementos adheridos.

Mesía convoca as axudas municipais para o transporte O Concello de Mesía convocou o 20 de setembro as axudas municipais para transporte escolar. Son para alumnado de bacharelato, formación profesional ou títulos homologados -salvo os de réxime internadoque precisen desprazamentos fóra do termo municipal e non teñan máis de 25 anos. Solicitudes do 1 ao 31 de outubro.


CRÓNICAS - Outubro 2018

4

ACTUALIDADE ORDES

O BNG ordense escolle a Pablo Vidal para encabezar a súa candidatura

COMARCA A falta de coñecerse os aspirantes de Cerceda e de Mesía

Ningunha cara nova nos candidatos do PP ás Alcaldías da comarca

Vidal é concelleiro desde 2013

Pablo Vidal Ríos será o candidato desta formación á Alcaldía nas eleccións do vindeiro maio. Foi escollido por unanimidade na Asemblea Local do Bloque. Vidal, de 33 anos e arquitecto técnico de profesión, é na actualidade o portavoz municipal nacionalista e forma parte da corporación ordense desde 2013. Para a candidatura comprometeuse a conformar un equipo de “persoas capaces e comprometidas” ante unhas eleccións nas que cre que haberá só dúas opcións: “o proxecto do BNG ou o resto, que con distintos matices representa máis do mesmo”.

Presentación de candidatos do PP para a zona de Santiago Norte

O que funciona non se cambia e o que non funciona ten unha nova oportunidade. Esa parece ser a máxima do PP coruñés á hora de determinar os seus candidatos ás Alcaldías da comarca ordense nas eleccións municipais de maio de 2019.

A falta de coñecer os aspirantes de Cerceda e de Mesía, nos outros cinco municipios o partido repite os mesmos candidatos que en 2015: Roberto Rey en Frades, José Luis Martínez Sanjurjo en Ordes, Alexander Doval en Oroso, Antonio Pereiro en Tor-

doia e José Dafonte en Trazo. No acto de presentación de cabezas de lista na zona que o PP define como ‘Santiago Norte’, o presidente do partido na Coruña, Diego Calvo, contrapuxo a súa formación política ante “os das pancartas, os berros e os que sempre teñen o ‘non’ na boca”, dixo, defendendo a xestión dos rexedores onde gobernan e as propostas dos opositores onde a veciñanza decidiu que non o fixesen. Calvo puxo como meta para o partido acadar as Alcaldías que non lograron na anterior convocatoria electoral. Na comarca ordense, serían as de Cerceda, Mesía e Oroso, os tres municipios onde o PSOE lles gañou con maiorías absolutas bastante amplas. Como receita, Calvo emprazou aos seus compañeiros a “pisar a rúa” para “convencer aos veciños que son a única opción seria para xestionar os municipios”, partindo de que “non hai mellores candidatos que os que presentamos”, segundo cre o presidente provincial do PP.

ORDES

ORDES

Animan a denunciar o uso indebido de colectores de lixo

Novo acceso para o transporte no colexio do Mesón do Vento

Bidóns de pintura depositados de xeito incorrecto no colector amarelo

A zona foi pavimentada e ten acceso directo cuberto ao centro escolar

Na Rúa República Arxentina de Ordes observaron un uso indebido dos colectores amarelos, destinados á reciclaxe de envases. Alguén tirou neles dous bidóns con pintura e os propios utensilios de pintar, cando o destino deste tipo de residuos debería ser o punto limpo.

O colexio do Mesón do Vento, en Ardemil (Ordes), conta cun novo acceso e zona de estacionamento para o transporte escolar. O lugar onde paran os autobuses conta agora cun paso directo e cuberto ao centro educativo, o que permite evitar a chuvia. O investimento municipal nesta

A empresa encargada da recollida de residuos no municipio anunciou que vixiará este tipo de prácticas e, dada a dificultade de dar cos responsables a non ser que sexa no momento en que cometen a infracción, reclaman a colaboración veciñal para denunciar cando se observen feitos así.

obra foi duns 50.000 euros. Ademais da comodidade, o gobrerno local destaca o incremento de seguridade que supón. O acceso leva tamén ao pavillón polideportivo do Mesón do Vento, para o que o Concello anuncia unha renovación integral o vindeiro ano 2019.


CRÓNICAS - Outubro 2018

5

PUBLICIDADE

OUTONO CULTURAL 2018 OROSO

28 SET - 2 DEC VENRES, 28 DE SETEMBRO

LUNS 29 E MARTES 30 DE OUTUBRO ENTREGA DE CABAZAS

Entrega a túa cabaza decorada con temática do Samaín, e recibirás un agasallo!! As cabazas estarán expostas no centro cultural.

21h - MONÓLOGO XOSÉ A. TOURIÑÁN Manolo Lojo

MÉRCORES, 31 DE OUTUBRO De 17 a 20h - FESTA DO SAMAÍN

SÁBADO, 20 DE OUTUBRO

Fotomatón, disco móbil e obradoiros de maquillaxe. Colabora traendo aperitivos terroríficos para a merenda. Dirixido ao público familiar.

Prezo da entrada: 10€ (venda das entradas a partir do 18 de setembro no centro cultural). Espectáculo para bebés (de 0 a 3 anos) TROMPICALLO co espectáculo O día que chegou unha nube e choveu 1º pase ás 11h e 2º pase ás 12h. Inscricións no 981 690 903 ou no centro cultural. Prazas limitadas.

DOMINGO, 11 DE NOVEMBRO 18h - MALASOMBRA Espectáculo musical Os Rockenstein

Dirixido a partir de 3 anos.

MARTES, 24 DE OUTUBRO

VENRES, 16 DE NOVEMBRO 21h - TEATRO BUTACA ZERO Co espectáculo Camiños

Dirixido ao público familiar.

Dirixido ao público adulto.

18h - Día da Biblioteca actuación de MAXIA Pedro Bugarín

VENRES, 26 DE OUTUBRO 21h - TEATRO CULTURACTIVA Coa obra Senior Dirixido ao público adulto.

SÁBADO, 27 DE OUTUBRO XORNADAS MICOLÓXICAS (Ver publicidade específica).

Máis información e inscricións no centro cultural.

DOMINGO, 25 DE NOVEMBRO 18h - FANI TRIANA Maxia pola igualdade Dirixido a todos os públicos.

DOMINGO, 2 DE DECEMBRO 18h - PÍSCORE Co espectáculo musical

Concerto Singular Dirixido a todos os públicos.

AS ACTUACIÓNS LEVARANSE A CABO NO CENTRO CULTURAL

ORGANIZA

COLABORA

MÁIS INFORMACIÓN

CENTRO CULTURAL 981 690 903 WWW.CONCELLOOROSO.COM


CRÓNICAS - Outubro 2018

6

ACTUALIDADE TORDOIA

OROSO O cambio no Plan Xeral de Ordenación Municipal beneficia en Sigüeiro

A aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal volve a mans da Xunta

Oroso elimina a zona de saturación de ruído para facilitar novos negocios

A aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Tordoia volve depender da Xunta. O pleno municipal aprobou por unanimidade o documento, que xa recolle os cambios pedidos pola Dirección Xeral de Urbanismo do goberno autonómico despois dun intento anterior. A administración autonómica dispón agora dun mes de prazo para determinar se o PXOM merece a aprobación definitiva. A sesión plenaria de Tordoia celebrouse o 4 de outubro. O planeamento contempla a delimitación de todos os núcleos de poboación do municipio, a configuración da Pontepedra como centro urbano do concello e as dotacións de solo industrial en Anxeriz e en Cabaleiros. Segundo o goberno municipal, trátase dun plan que “proxecta cubrir a demanda veciñal nos próximos anos” para vivenda e desenvolvemento económico.

As zonas que se consideran saturadas de ruídos en Sigüeiro perderan tal calificación no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Oroso. Así o aprobou o pleno, revocando unha medida que databa de 2005. Na práctica, esta modificación do PXOM servirá para dar vía libre á apertura de novos negocios na capital municipal, como comercios ou restaurantes, xa que desaparecerán diversas limitacións ata agora presentes nas ordenanzas municipais. O alcalde, Manuel Mirás, xustificou o cambio en que a declaración de zona saturada de ruídos “puxémola en marcha en 2005 por un problema que tiñamos cos pubs e discotecas, pero agora este problema está solucionado”. Daquela, a proliferación dese tipo de locais de ocio nocturno en varias rúas de Sigüeiro ocasionou malestar veciñal e queixas polas incomodidades que xeraban os ruídos na vida cotiá. Para acoutar o problema declarouse a saturación, que obrigaba aos locais a cumprir medidas máis

O cambio normativo eliminará limitacións, agora innecesarias, para abrir negocios

estrictas para poder funcionar. Así limitouse a súa expansión. O feito de que as zonas de ocio nocturno se mova por tendencias fixo o resto, ata o punto de que agora non conforma unha actividade relevante na economía local. Sen embargo, o goberno de

Oroso cre que cos cambios aprobados poderá revitalizarse economicamente a capital, xunto coas facilidades tributarias e administrativas para a apertura de iniciativas emprendedoras que se contemplan no programa Doing Businness Galicia, ao que o Concello está adscrito.

COMARCA O firme do quilómetro 8 era moi esvaradizo e acumulaba múltiples accidentes nos últimos meses

Renovan o asfalto no punto negro da estrada entre Ordes e Cerceda Naquel anuncio publicitario era o algodón o que verificaba a eficacia do produto de limpeza. No quilómetro 8 da estrada que vai desde Merelle ata Cerceda será o propio tráfico o que faga de algodón, o que demostre se o novo asfalto de tal punto negro resulta máis seguro que o anterior ou se os numerosos accidentes na zona tiñan outra causa. A superficie neste tramo da AC409 renovouse nas últimas semanas aplicando un material semellante ao utilizado en puntos doutras estradas autonómicas e na propia N-550, segundo explican usuarios habituais das distintas infraestruturas, vitais para as comunicacións da contorna. O cometido desta intervención é poñerlle fin aos continuos sinistros que se rexistraron durante os últimos meses no tramo. Todos tiñan un esquema moi parecido: vehículos que perden a adherencia xa antes de entrar nas curvas e que re-

matan botándose fóra da estrada e incluso envorcando e dando voltas de campá, sen que a velocidade ou a meteoroloxía sexan o motivo aparente dos feitos. Por fortuna, non hai constancia de danos persoais de consideración en ningún destes percances na circulación. Pero o malestar e a preocupación eran crecentes entre a poboación, o que levou á Administración a avaliar o alcance do problema e intervir. GRAVA PARA OS CICLISTAS Por outra parte, os traballos de mellora do firme acometidos en varias estradas da comarca espertaron críticas entre o colectivo de afeccionados ao ciclismo pola perigosidade que para eles supón deixar abundante grava solta nas beiravías. Os ciclistas piden que se teña máis en conta a súa seguridade.

O anterior firme facía perder o control dos coches incluso a baixa velocidade


CRÓNICAS - Outubro 2018

7

PUBLICIDADE


CRÓNICAS - Outubro 2018

8

ACTUALIDADE ORDES A intervención instala uns 280 brazos de aceiro en farois e nove cadros eléctricos acordes á normativa

Renovarán case 300 puntos de luz con tecnoloxía LED para aforrar o 75% do seu consumo eléctrico rán tanto nas rúas da capital municipal como en diversos lugares das parroquias que integran o municipio. A intervención suporá o aforro dun 75% do consumo enerxético das instalacións que se renovarán, en boa medida pola instalación de luces de tecnoloxía LED de alta eficiencia. O investimento total supera os 136.000 euros, dos que case 110.000 proveñen dunha subvención do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía (IDAE) e o Ministerio de Transición Ecológica.

Os novos puntos de luz utilizan unha tecnoloxía de gran eficiencia no consumo

Novo investimento para aforrar enerxía no sistema de iluminación pública de Ordes. O Concello ten previsto que se acometa nos vindeiros meses e implicará a reno-

vación de 296 puntos exteriores de luz, o cambio de 278 brazos de farois e a posta ao día de nove cadros de mando eléctricos para adaptalos á normativa vixente. Os cambios se-

CLIMATIZACIÓN NA PISCINA Por outra parte, na piscina climatizada vanse renovar os equipos de climatización para evitar os problemas de condensación que se producen na zona do vaso e dificultaban en ocasións o seu uso en circunstancias óptimas. A maquinaria actual, que leva quince anos en funcionamento e se-

gundo o goberno ordense presenta un “deficiente servizo”, será reemprazada por unha deshumectadora de alta eficiencia, con mellores resultados e menor consumo. O proxecto para renovar as instalacións está orzamentado en case 128.000 euros, dos que algo máis de 102.000 corresponden a unha subvención financiada tamén con fondos europeos nun programa no que tamén interveñen o IDAE e o Ministerio de Transición Ecológica. Outras intervencións recentes na piscina climatizada, que leva o nome do deportista ordense Iván Raña e supera as 1.700 persoas abonadas, foron a substitución das antigas caldeiras por outras que utilizan biomasa como combustible cun sistema de alimentación automática e o illamento de condutos e baterías de climatización ao longo de todo o seu percorrido, incluíndo a zona dos vestiarios. En diversos puntos sensibles da súa superficie as instalacións contan agora con plaquetas e sistemas antiesvarantes.

ORDES

ORDES

Pedirán que Fenosa desmantele dúas liñas eléctricas fóra de servizo no Mesón do Vento

Preocupación en Fonte Estrei por un burato na beirarrúa

O Pleno municipal de Ordes aprobou por unanimidade unha proposta do BNG para instar á empresa Unión Fenosa Distribución a desmontar dúas liñas eléctricas que se atopan fóra de servizo nas inmediacións do Mesón do Vento, na parroquia de Ardemil. Segundo explica a proposta presentada polos nacionalistas, unha das liñas discorre desde preto da antena de RNE ata o núcleo de Morgade, pasando pola Adina. “Leva anos fóra de servizo e mostra síntomas dun deficiente mantemento por parte da distribuidora eléctrica”, afirma o Bloque. A infraestrutura abandonada afecta así uns 62 ferrados de terreo, unhas catro hectáreas, nos que se ven limitados os aproveitamentos forestais, agropecuarios e mesmo urbanísticos. A outra liña fóra de servizo ten tamén un dos seus extremos

preto da antiga subestación da antena da radio pública española e atravesa o lugar da Piolla cara ás Travesas, en Veira (Carral). Todos os grupos políticos coincidiron na necesidade de que se desmantelen as dúas liñas porque, ademais da súa inutilidade actual, teñen consecuencias negativas sobre as posibilidades de desenvolvemento da zona. A moción do Bloque lembra que a zona xa se ve afectada por gran cantidade de infraestruturas enerxéticas en servizo, como liñas eléctricas, gasoductos ou oleoductos, de maneira que reclaman que “na medida do posible” se corrixan os efectos das que xa non están en uso. Na votación da proposta, o concelleiro do PSOE ausentouse para evitar unha posible incompatibilidade laboral á hora de pronunciarse sobre a cuestión.

Veciños da zona de Fonte Estrei, en Ordes, amosaron a súa preocupación polo socavón aparecido na beirarrúa da pista que vai desde a N-550 cara a Reboredo. Tal como explican, tiña unhas dimensións considerables e a súa anchura aumentaba á par que a súa profundidade. Estivo varios días cunha sinalización precaria para evitar riscos e despois, segundo testemuñas veciñais, foi enchido con formigón.


CRÓNICAS - Outubro 2018

9

ACTUALIDADE OROSO Tamén contemplan crear unha rotonda na Praza da Foca para axilizar o paso

O Concello di ter o compromiso de Fomento para circunvalar Sigüeiro

O delegado do Goberno e munìcipes de Oroso, na zona da Praza da Foca <--A

SA NT IAG O

Á

O AZ R T

> ---

Á COR UÑA --> < --- A SENRA

O goberno de Oroso asegura que ten o compromiso do Ministerio de Fomento para dous proxectos que aliviarían a saturación de tráfico en Sigüeiro. Trátase dunha circunvalación para evitar a N-550 e da creación dunha rotonda na Praza da Foca, no centro da capital municipal, para axilizar o paso pola zona. Os compromisos coñecéronse despois dunha reunión do alcalde, Manuel Mirás, co secretario xeral de Infraestruturas e co director xeral de Estradas do Ministerio. A rotonda construiríase cun investimento duns 140.000 euros. Serviría para evitar os atascos dos vehículos que van cara a Santiago ou cara á Coruña pola N-550 e dos que se incorporan pola avenida da Grabanxa ou pola rúa do Portiño. Nunha visita a Oroso, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, comprometeuse a intentar que a licitación do proxecto e o inicio das obras sexan xa no vindeiro ano 2019. En canto á circunvalación, terá que agardar máis, xa que de momento Fomento avalía a proposta presentada. Percorrería Sigüeiro polo oeste, desde a rotonda próxima ao colexio do Camiño Inglés ata a bifurcación da estrada que vai a Lavacolla. O novo vial estaría limitado a 50 km/h. O proxecto, segundo a iniciativa presentada polo alcalde que Fomento avaliará, executaríase mediante un convenio no que o tramo actual da N-550 sería asumido polo Concello e a circunvalación polo Ministerio. O alcalde, Manuel Mirás, defende que esta opción podería ser unha realidade antes de tres anos. A circunvalación fai innecesario o proxecto de variante desde Ordes Sur ata Marantes. Sería máis barata e rápida de

Plano que recolle como quedará a circulación na zona da Foca coa nova rotonda

executar. Ademais “non prexudicamos os negocios ubicados na N-550, que viven en gran medida dos usuarios da estrada”, afirma Mirás. GRATUIDADE DA AP-9 Desde a oposición, tanto o PP

como o BNG aprezan unha carga electoralista nos compromisos anunciados desde o Concello. Os nacionalistas consideran que o xeito “realista e sen sobrecustes” de retirar tráfico do centro de Sigüeiro é liberar de peaxe o tramo da AP-9 ata Santiago.

COMARCA Impúlsao Cáritas Santiago e na comarca beneficiará ata quince persoas

Un proxecto promove a inserción laboral mediante a horta ecolóxica A horticultura ecolóxica como vía de inserción laboral para persoas en risco de exclusión social no ámbito rural. Esta é a base do proxecto Ahortas, participado no 100% pola Fundación Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. As persoas que participen nel pasan un período de formación de dous

anos en explotacións propiedade de Cáritas baixo a dirección técnica de profesionais con experiencia no mesmo ámbito de actividade. Despois obteñen apoio para a obtención de emprego no sector ou para a creación dunha explotación con posibilidade de financiamento europeo. O asesoramento aconsella tamén so-

bre a distribución e a comercialización dos produtos, xeralmente froitas, hortalizas, e plantas aromáticas e ornamentais. NA COMARCA A Mancomunidade de Ordes anunciou que colabora co proxecto Ahortas. No conxunto da comarca

O PP considera que o goberno “rectifica” e teme que sexa unha “promesa electoral” O PP de Oroso declarouse satisfeito polos novos plans para aliviar o tráfico en Sigüeiro. Para esta formación a circunvalación supón “rectificar” fronte ao anterior proxecto de estrada alternativa á N-550, que vían innecesario, ademais de prexudicial para os negocios e para as parroquias de Trasmonte, Deixebre e Oroso. O portavoz local do PP, Alexander Doval, afirmou que a circunvalación levaba xa varios anos sobre a mesa e agarda que “non sexa unha promesa máis do goberno local a poucos meses das municipais”. O alcalde acusou a Doval de “non mover un dedo” para acadar a rotonda da Praza da Foca durante os anos de goberno do PP, mentres que “en tres meses de goberno socialista en Madrid conseguímolo desde o Concello”. O PP replicou que o enlace da AP-9 foi construído e aberto con Mariano Rajoy na Moncloa. Unha proposta presentada polo Bloque neste sentido foi aprobada por unanimidade no pleno municipal. O texto rexeita ademais a suba do custo da AP-9, que agora se sitúa nos 1,65 euros para turismos entre Sigüeiro e Santiago e 3,60 euros para vehículos pesados. O BNG cre que unhas tarifas tan elevadas son en boa medida responsables de que o tráfico pesado opte cada vez máis pola N-550. O concelleiro da formación frontista en Oroso, Diego Boquete, afirma que eliminar a peaxe contribuiría á dinamización económica, social e demográfica do municipio. vanse seleccionar quince persoas para participar no proceso formativo. Nun primeiro curso, de 400 horas lectivas en xornadas matinais de catro horas, comezarán xa coas prácticas para a posta en marcha dunha explotación. No segundo ano, coa mesma duración, traballarán na especialización e diversificación das áreas de traballo e terán acompañamento para intentar a inserción sociolaboral. As persoas interesadas en inscribirse ou en obter máis información sobre o proxecto Ahortas poden poñerse en contacto coa Mancomunidade a través do 981 680 679 ou do 981 680 002.


CRÓNICAS - Outubro 2018

10

ACTUALIDADE ORDES

TORDOIA A Garda Civil localizou doce quilos de marihuana na súa vivenda

O PSOE non ve vontade de facer efectivas as melloras no servizo de pediatría ordense

Detidos en Arteixo dous veciños de Tordoia cun quilo de cocaína

Os socialistas de Ordes cren que a Xunta non ten vontade de solucionar as carencias do servizo de pediatría no centro de saúde. O seu concelleiro, Alejandro Manteiga, di ter a “sensación de que nin se solucionou o problema dos pediatras porque os nenos seguen esperando varias horas para seren atendidos, nin o da zona de espera, onde só puxeron unhas cantas cadeiras máis”. Por iso, o PSOE instou ao goberno municipal a explicar que xestións se realizaron ante a Consellería para facer efectivas as melloras pedidas con iniciativas no Parlamento de Galicia. Reclamaran dous pediatras a tempo completo e unha sala de agarda específica para as persoas usuarias desta especialidade. O servizo ten adscritos 1.676 menores de catorce anos e, segundo o PSOE, non cumpre coa ratio recomendada pola Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria.

A Garda Civil detivo dous veciños de Tordoia por tráfico de drogas, o que podería supoñer un delito contra a saúde pública. Responden ás iniciais D.B. e R.M. e, segundo a propia forza de seguridade, vivían nunha casa “bastante acomodada”. O Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga interviu tras detectar que os detidos poderían estar distribuíndo estupefacientes en zonas de Oleiros, na Coruña e en Baión (Pontevedra). As indagacións tiveron como principal inconveniente a “audacia dos sospeitosos á hora de non ser descubertos en posibles seguimentos”, tal como recoñece a Garda Civil. Finalmente puideron ser detidos en Arteixo. No Seat Ibiza no que se desprazaban nese momento foi achado un quilo de cocaína. O rexistro da Garda Civil localizou a droga entre a chapa e os plásticos traseiros do vehículo. As forzas de seguridade proseguiron cun rexistro na vivenda habitual dos detidos. Alí atoparon doce qui-

Cocaína e marihuana intervidas aos dous detidos, que se movían con “audacia”

los de marihuana lista para consumo e unha gran cantidade de material para o cultivo de cannabis. A Garda Civil revelou ademais que un dos detidos é propietario dunha ‘grow shop’, unha tenda legal na que se comercializa todo tipo de artigos

relacionados co cultivo das plantas. Non obstante, na actualidade non rexentaba o local. As dilixencias da investigación e os dous detidos foron postos á disposición do xulgado de instrución de garda na Coruña.

OROSO

FRADES

O PP propón máis policías

Cortado un paso entre Céltigos e Vitre para renovar unha ponte

O PP de Oroso propuxo que o Concello se adhira ao sistema centralizado da Xunta para as probas de selección de axentes de policía local, con vistas a ampliar o corpo local en canto sexa posible. A principal forza da oposición destaca que nas condicións actuais a Policía Local en Oroso non pode ofrecer un servizo completo, sobre todo en fins de semana,

festas e horario nocturno. Oroso conta con tres efectivos, dos que un é un oficial e outro dos axentes, un deles en excedencia e coa praza pendente de cubrir. O portavoz do PP, Alexander Doval, que tamén propuxo modificar a Relación de Postos de Traballo en canto a lei o permita, cre que o sistema da Xunta facilitará e axilizará os procesos selectivos.

ORDES

Aprobada a conta xeral de 2017

A deterioración da ponte incrementouse nos temporais de comezos de 2017

O pleno municipal de Ordes aprobou a conta xeral de 2017 cos votos a favor do PP, os concelleiros non adscritos Roberto González, Ramón Vázquez e Luís Gómez. O BNG e Unión por Ordes votaron en contra ao aprezar un exceso nas modificacións de gasto, ter dúbidas sobre a prórroga de determinados contratos e por non

O acceso desde Vitre ao lugar de Augasantas, en Céltigos (Frades), estará cortado probablemente ata finais de ano por mor da renovación da ponte sobre o río Maruzo. Os traballos, que a Consellería de Medio Rural lle contratou á empresa Tragsa, están valorados nuns 82.000 euros. A vella ponte estaba

compartir o nivel de aforro. Pola súa parte, o PSOE e Beatriz Martínez, concelleira non adscrita, optaron pola abstención. Na mesma sesión aprobouse que a taxa de auga e saneamento se incremente de acordo ao IPC en 2019. Votaron a favor o PP, o PSOE e os tres non adscritos. Abstivéronse BNG, UxO e a non adscrita.

conformada por unha tubaxe metálica que quedara moi deteriorada nos temporais de principios do ano pasado. A nova infraestrutura prescinde deste tipo de canalización para ubicar no seu sitio un marco prefabricado de formigón armado. A anchura na zona superior será de oito metros en vez de cinco.


CRÓNICAS - Outubro 2018

11

ACTUALIDADE COMARCA Convocada contra as actividades mineiras e os proxectos do vertedoiro en Lesta e de parques eólicos

Unhas cincocentas persoas secundan a concentración ‘Aire, auga e terra limpas’ A concentración de protesta contra varios proxectos empresariais na comarca foi secundada por unhas cincocentas persoas. Baixo o lema ‘Aire, auga e terra limpas’, o acto estaba convocado pola Coordinadora contra a implantación de parques eólicos na comarca de Ordes, a Asociación de Afectados polo Vertedeoiro de Lesta, a Comisión de Seguimento da Minería e Defensa do Rural Mesía-Frades, e a Asociación A Picota de Trazo. A escritora Eli Ríos encargouse de darlle lectura ao manifesto, centrado na idea de evitar “que a comarca non se convirta no vertedoiro de toda Galicia”. Numerosas persoas concentradas portaron espigas de millo en alto como símbolo da protesta contra proxectos que consideran lesivos para a conservación ambiental e o desenvolvemento socioeconómico da zona, así como para a saúde dos seus habitantes. A representación política foi ampla e variada. Destacou a presenza de integrantes dos gobernos de Ordes e de Mesía e de diversos concelleiros e concelleiras das formacións da oposición ordense e edís doutros municipios. As entidades convocantes recibiron tamén o apoio doutras plataformas con problemáticas similares moi activas nos últimos meses, como a contraria á mina de Touro ou a que trata de evitar que unha antiga can-

A escritora Eli Ríos leu o manifesto da concentración, que se convocara no parque da Constitución de Ordes

teira se convirta nun vertedoiro na Casalonga, en Teo. DECLARACIÓN INSTITUCIONAL Uns días antes da protesta, o pleno de Ordes apoiou por unanimidade unha declaración institucional contra a instalación do vertedoiro de

residuos de construción e demolición na parroquia de Lesta. No balcón da antiga casa consistorial foi colocada unha pancarta coa mensaxe ‘Non ao vertedoiro en Lesta’ e ‘Non aos eólicos en Ordes’. A mesma sesión serviu para respaldar unha moción presentada polos socialistas ordenses para rexeitar

a reapertura da explotación mineira de cobre San Rafael, no municipio de Touro. O documento validado pide que os departamentos autonómicos de Mar, Medio Rural, Medio Ambiente, Ordenación do Territorio ou Cultura emitan informes negativos ao proxecto tendo en conta as súas consecuencias negativas.

Agendas y recambios 2019 Fotocopias - Impresiones Encuadernaciones Todo en papelería Artículos de Regalo Trabajos de Imprenta Material escolar Material de oficina

amplio surtido de agendas de las principales marcas del mercado

Calendarios 2019, productos promocionales y merchandising.

Calendarios 2019, productos promocionales y merchandising.


CRÓNICAS - Outubro 2018

12

ACTUALIDADE OROSO O BNG pregunta no Parlamento sobre as autorizacións e Obradoiro defende a “utopía” de facela peonil

Controversia pola obra de reforzo na ponte de Sigüeiro sobre o Tambre Os traballos de reforzo dos piares da ponte sobre o río Tambre en Sigüeiro (Oroso), acometidos polo Ministerio de Fomento en setembro, espertaron certa controversia polo tipo de material e técnicas utilizadas -cemento na base- e polas dúbidas sobre a existencia de autorizacións. O Concello solicitoulle a Fomento como titular da N-550 a intervención, considerada urxente para evitar a deterioración dun punto clave, case sen alternativas gratuítas de pago, da comunicación da Coruña a Santiago. A partir de aí non está claro se Fomento seguiu o procedemento oportuno. O BNG presentou iniciativas no Parlamento de Galicia preguntando se o Concello lle comunicara á Xunta o estado de deterioración da ponte, se había estudos autonómicos ao respecto, se Fomento comunicou a realización das obras ou solicitou au-

torización ou que medidas adoptou Patrimonio ao saber dos traballos. PONTE PEONIL Por outra parte, a Asociación Cultural Obradoiro da Historia, que evita culpar a ninguén dunhas obras “seguramente con boa intención”, reclama pensar no futuro da ponte. A súa proposta, que recoñecen “utópica”, é transformala en peonil, seguindo o modelo de numerosos lugares de Europa, un dos máis próximos no Burgo (Culleredo). Para iso, habería que retirar as ampliacións do século XX e deixar unha nova calzada para peóns sobre os arcos, dous deles dos séculos XII e XIII e outro do XIV. Para o tráfico rodado, Fomento tería que construír unha nova ponte augas arriba ou augas abaixo. Obradoiro tamén pide recuperar como patrimonio de Oroso o escudo

A intervención de Fomento reforzou os piares da ponte aplicando cemento

Aspecto da ponte nunha imaxe de 1909, cedida pola A.C. Obradoiro da Historia

da ponte, que data do século XIV e que mandou colocar Fernán Pérez de Andrade co gallo da reparación da

ponte. O escudo, de grandes dimensións, está na actualidade no Museo de Santo Antón na Coruña.

ORDES

OROSO

Demandan que o autobús matinal a Santiago pase antes para chegar a tempo ao médico

Confunde coches con paredes

Os socialistas de Ordes presentaron unha proposta para que o autobús matinal A Coruña-Santiago pase ás 7:15 horas por Ordes e non ás 7:30 horas. Isto implicaría que o vehículo da empresa Monbús saia ás 6:30 horas da Coruña. O obxectivo do adianto solicitado é que as persoas que van á capital galega gañen marxe para chegar ás consultas médicas ou mesmo para manter a puntualidade na súa entrada a postos de traballo. Segundo o único concelleiro do PSOE en Ordes, Alejandro Manteiga, a súa formación ten recibido “moitas queixas” de persoas que non poden utilizar o servizo, incluído no transporte metropolitano, porque non lles permite chegar en tempo ás xestións que efectúan en Santiago ou aos seus empregos na capital galega.

Cos horarios actuais, o autobús chega a Santiago como moi cedo ás 8:15 horas. É unha hora que non lles serve a persoas que entran a traballar as 8:00 e incluso a outras que fichan ás 8:30 horas, así como tampouco ás que teñen unha consulta médica inaprazable a primeira hora. A medida, segundo defenden os socialistas, suporía unha mellora nas condicións do servizo de transporte e un incremento de persoas usuarias. Na actualidade, as persoas ás que a actual frecuencia lles impide subir a ese autobús teñen que desprazarse en coches particulares ou en taxi. A utilización do transporte metropolitano evitaríalles, por tanto, un custo de tanta envergadura, posto que así non se poden beneficiar das tarifas reducidas coas que funciona o servizo de transporte metropolitano.

A Garda Civil de Sigüeiro abriulle unha investigación a un veciño de Santiago como suposto autor dun delito de danos en dous vehículos. As propietarias dos coches observaron diversos desperfectos neles cando estaban estacionados en rúas da capital de Oroso e acudiron a presentar denuncia nas dependencias policiais.

As indagacións da Garda Civil permitiron dar co coche que causara os danos. Estaba situado nun garaxe de Santiago de Compostela. O propietario deste vehículo foi localizado despois e admitiu os feitos máis a súa responsabilidade, pero alegou que pensaba que simplemente batera cunha parede, segundo a Garda Civil.

COMARCA

Aspiran a un premio autonómico A Mancomunidade de Ordes presenta a súa plataforma de consumo colaborativo e alfabetización dixital aos premios Coopera Galicia Entidades Locais 2018, que concede a Xunta a iniciativas de asociacionismo municipal. O proxecto da entidade comarcal, denominado Ecomotic, pretende lograr educación ambiental

centrándose no consumo colaborativo. Na práctica fomenta e facilita o préstamo e a cesión de recursos entre a veciñanza e familias en situación de vulnerabilidade. Ademais da plataforma web, o proxecto inclúe charlas de formación, información e titorización para aprender a manexar a ferramenta.


CRÓNICAS - Outubro 2018

13

ACTUALIDADE COMARCA O choque frontal entre unha moto e un coche, que despois bateu cun camión, causa dous falecidos

Novo sinistro mortal na N-550 na contorna O 2018 está sendo pésimo en accidentes de tráfico en toda España e as estradas da contorna non son excepción. Un dos sinistros mortais máis recentes produciuse na N-550 preto de Sigüeiro (Oroso) pero xa no termo municipal de Santiago. Faleceron dúas persoas. O suceso, na mañá do 1 de outubro, consistiu na colisión frontal entre unha motocicleta e un turismo, que despois batería tamén cun camión. No momento faleceu un home de 39 anos de idade, veciño de OzaCesuras, que viaxaba como acompañante no turismo. A persoa que guiaba a motocicleta falecería despois nun centro sanitario. A Garda Civil de Tráfico anunciou a apertura de investigacións sobre as circunstancias do accidente. Aínda que de momento non trascendeu ningún dato oficial, as primeiras informacións apuntaban á responsabilidade da motocicleta.

O accidente tivo lugar no quilómetro 51,400 da N-550, preto de Sigüeiro (Oroso) na mañá do 1 de outubro

ORDES O condutor resultou ferido

Un camión bótase fóra e envorca no Mesón do Vento O condutor dun camión resultou ferido ao botarse fóra da estrada e envorcar na AC-542 (Mesón do Vento-Betanzos), preto das instalacións que RTVE ten no Mesón do Vento, en Ardemil (Ordes). Para sacar a vítima do interior do vehículo tiveron que intervir os Bombeiros. Despois foi trasladado ao hospital de Santiago. Nunha primeira información, a propia tarde do 20 de setembro, a Garda Civil infor-

mou de que o home estaba “aparentemente ben”. O camión trasladaba unha carga de cinzas de cemento. Ao saír da estrada impactou contra un poste, que resultou seriamente afectado. O accidente non tivo incidencia significativa sobre o tráfico na zona. Descoñécense as razóns polas que o condutor perdeu o control do vehículo e outras circunstancias que expliquen o sucedido.

O accidente produciuse preto da emisora de RTVE no Mesón do Vento

COMARCA Investigan un home da Laracha de 76 anos

Os controis de alcoholemia chegan tamén aos condutores de tractores

Control de alcoholemia a un tractorista nunha estrada local de Ordes (G.C.)

Os controis de alcoholemia da Garda Civil de Tráfico non se limitan aos condutores de coches ou camións, senón que chegan tamén ás persoas que manexen tractores, ben sexa para traballar ou para desprazarse dun lugar a outro. Algúns dos controis recentes tiveron lugar en estradas de Ordes, sen casos positivos de relevancia.

En cambio, si trascendeu a apertura dunha investigación a un veciño da Laracha, de 76 anos de idade, que circulaba co tractor facendo zig-zag e invadindo o carril contrario por unha estrada provincial da súa zona. Foron os veciños os que avisaron á Garda Civil, despois de tratar de sacarlle as chaves ao tractor. Negouse a someterse ás probas.


14

CRÓNICAS - Outubro 2018

ECONOMÍA E TRABALLO TÉXTIL

Preséntase o programa de inserción laboral para as vítimas de EREs no téxtil, xa en marcha

DISTRIBUCIÓN Mediante un acordo con sociedades de garantía recíproca

Vegalsa Eroski prevé abrir trinta novas franquías no vindeiro lustro conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, como testemuña. O cargo autonómico destacou o que considera “compromiso da compañía co rural galego” e resaltou a “aposta pola innovación e a dixitalización”. Sobre o proceso de apertura de novas franquías, a Consellería considera que se trata dun modelo que facilita a creación de pequenas e medianas empresas no rural galego e o apoio ao sector agroalimentario. Conde mencionou tamén a “oportunidade para que aos emprendedores lles sexa máis doado afrontar o investimento nestas novas franquías”.

Acto no antigo consistorio ordense

O programa Galitex, para a formación e reinserción laboral das vítimas de Expedientes de Regulación de Emprego no sector téxtil, foi presentado en Ordes ante unhas setenta persoas integrantes do Fondo Europeo da Adaptación á Globalización. A delegación procedía de países de toda a Unión Europea. No acto no Concello de Ordes, no que interviron o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira Susana García, a Xunta estivo representada pola directora xeral de Emprego, Covadonga Toca, e pola subdirectora xeral de Relacións Laborais, María Coutinho. Martínez agradeceu que a Xunta activase en Ordes unha iniciativa “tan necesaria”. Toca manifestou que “falar de emprego é falar de cooperación” e valorou a implicación de diferentes Administracións e entidades no programa. Coutinho destacou o entendemento coa representación sindical de UGT e CC.OO. e co clúster do téxtil Cointega. TRINTA EN FORMACIÓN A primeira fase do programa, a de formación, xa comezou nas aulas da Praza de Abastos. Están participando algo máis de trinta persoas de distintos perfís. O programa, proposto pola Xunta e aprobado pola Comisión Europea, está dotado con 1,2 millóns de euros cofinanciados a través do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (60%) e a Xunta de Galicia (40%). Galitex pretende que as persoas afectadas por EREs no téxtil entre xullo de 2016 e abril de 2017 teñan unha vía para atopar un novo emprego, tanto no propio sector como noutras áreas de actividade nas que haxa posibilidades de desenvolvemento. O programa ofrece unha asistencia profesional e individualizada encamiñada a mellorar as posibilidades de reciclaxe profesional.

O conselleiro de Economía, por diante, con directivos de Vegalsa Eroski

A empresa Vegalsa Eroski, que conta cun centro loxístico clave no polígono industrial de Sigüeiro (Oroso), ten previsto abrir trinta novas franquías nos vindeiros cinco anos, pasando das sesenta actuais a noventa. A expansión da firma centrarase en boa medida nas zonas máis rurais, co

que chegará así aos concellos de menos poboación. O proceso de ampliación da compañía será posible en boa medida gracias ao apoio das sociedades de garantía recíproca Afigal e Sogarpo. O convenio desta colaboración foi asinado nas instalacións en Sigüeiro, co

MÁIS DE SESENTA ANOS Vegalsa Eroski, que acumula unha traxectoria empresarial de máis de sesenta anos, conta en toda Galicia con 262 establecementos de venda ao público en Galicia, Asturias e Castela e León, territorios nos que suma uns 5.900 empregos. A súa facturación anual, segundo a Xunta de Galicia, é de mil millóns de euros.

MINARÍA A empresa defende o carácter “moderno e sostible” da súa actividade

Erimsa recibe dous primeiros premios no Congreso de Áridos A empresa mineira Erimsa recolleu dous primeiros premios, un por boas prácticas ambientais e outro por seguridade e saúde, no Congreso Nacional de Áridos que hai uns días se celebrou en Santiago. Os galardóns están outorgados pola Federación Española de Áridos, que aglutina 700 empresas españolas e internacionais e unhas 1.100 explotacións. O director xeral de Erimsa, José Luis Martínez Embil, e o responsable da planta que ten en Frades, Florencio Quirós, foron os encargados de recoller os premios, da man do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. A distinción polas prácticas ambientais refírese concretamente á planta que a compañía ten en Frades. Para Erimsa o premio supón un “aval á minaría moderna e sostible que desenvolve en Galicia”. A empresa explica que a concesión procede dun “xurado independente conformado por profesionais científicos e técnicos”. A súa candidatura impúxose ás doutras empresas do sec-

Directivos da empresa mineira reciben os premios de mans do presidente da Xunta

tor que efectúan a súa actividade en nove Comunidades Autónomas. En 2019 Erimsa aspira aos Premios Europeos de Desenvolvemento Sostible. ERE EN XANEIRO A recepción do premio prodúcese ás poucas semanas de que a empresa

anunciase un Expediente de Regulación Temporal de Emprego que levaría ao peche as súas instalacións en Frades, cuns sesenta empregos, se a Xunta non lle concede novos permisos de extracción en Frades, Mesía, Ordes e Oroso que lle permitan manter a súa actividade.


CRÓNICAS - Outubro 2018

15

ECONOMÍA E TRABALLO LEITE Unha granxa de Mesía, Leche Celta e Eroski

Gandeiría, industria e distribución intentan ir da man co pastoreo As relacións entre Gandeiros, industria e distribución sempre foron difíciles, mesmo conflictivas, e case sempre foron os produtores os que saíron perdendo, para satisfacción das contas de resultados dos demais elos da cadea. Timidamente, comezan a aparecer algunhas iniciativas que se proclaman máis xustas, con colaboración entre as tres partes. É o caso da marca Leche Celta Pastoreo, que lanzou unha campaña comercial da man de Vegalsa-Eroski e á que a Consellería de Medio Rural cita como exemplo de unidade. O novo titular deste Departamento, José González, reivindicou esta vía como “mellor garantía de éxito” nunha visita a unha explotación familiar de leite da Valga, en Visantoña

(Mesía), que vende a súa produción a Celta para o seu selo de pastoreo, que incorpora tamén no seu leite o distintivo autonómico de orixe Galego 100%. A xornada do conselleiro tivo ademais unha parada no establecemento Eroski Center de Betanzos, no que se presentou a campaña, e outra na planta de Leche Celta na localidade coruñesa de Pontedeume. No periplo estivo acompañado por representantes da Gandeiría, a industria e a distribución, así como representantes municipais, e ante todos eles González insistiu en apelar á unidade. O cargo político fixo valer tamén ante o consumidor final a calidade do leite e sobre o produto promocio-

Responsables da explotación da Valga, en Visantoña (Mesía), co novo conselleiro

nado por Celta sinalou que “mesmo podemos falar de excelencia debidamente certificada”. Fixo fincapé na rastrexabilidade do produto “desde a vaca ata o consumidor”, así como na sustentabilidade e o “máximo esmero na produción”. MOBILIZAR A TERRA Nunha zona na que se investiu unha gran cantidade de recursos na

concentración parcelaria, pero como tantas outras ameazada pola invasión indiscriminada de plantacións forestais de eucalipto e mesmo polo abandono directo, o responsable de Medio Rural prometeu “garantir a mobilización de terras en desuso, ordenar do mellor xeito posible o territorio agrario e forestal e lograr un agro dinámico e vivo”, segundo manifestou.

INDUSTRIA

O programa ‘EnTéllate’ divulga a industria cerámica galega entre máis dun centenar de escolares A primeira edición do programa ‘EnTéllate’, que organizaron a empresa Cerámica Verea e o Concello de Mesía, serviu para dar a coñecer a industria cerámica galega a uns 115 alumnos e alumnas de centros educativos das comarcas de Ordes e de Arzúa. A intención da iniciativa foi promover o valor de recursos naturais como a arxila e a importancia da súa xestión sostible. As visitas dos distintos centros educativos tiveron paradas no Centro de Interpretación das Brañas da Valga, en Visantoña (Mesía), e na fábrica de Verea situada en Lanzá (Mesía). O centro, situado nunha lagoa artificial construída sobre o oco dunha antiga barreira, permite coñecer a historia da cerámica en Galicia e as dúas distintas manifestacións, así como a propia evolución como industria. Os nenos e nenas participan ademais en xogos e obradoiros para a elaboración de elementos decorativos con arxila. Na derradeira visita, con estudantes do colexio de Xanceda (Mesía), foi inaugurado o acceso á pe-

quena illa nas Brañas, de recente creación. Na fábrica de tellas de Verea en Lanzá, os escolares viron como é o proceso de elaboración das tellas cerámicas de maior durabilidade do mercado. A empresa destaca que se trata dun sistema robotizado, con supervisión e control de persoal cualificado que se realiza co menor impacto ambiental e que suma diversos certificados de calidade e xestión ambiental. Tras a finalización do programa, os escolares dos centros escolares participantes poden concorrer ao certame de fotografía, debuxo e vídeo no que poden plasmar como se imaxinan as tellas do futuro. Os colexios que estiveron en ‘EnTéllate’ foron o do Mesón do Vento e do Campomaior (Ordes), o da Pontecarreira (Frades), o de Xanceda (Mesía) e o Cotarelo Valedor (Boimorto). Por outra parte, a xornada de portas abertas de Verea congregou centos de persoas de toda a comarca o pasado 15 de setembro. A visita, con prazas limitadas, explicou

Escolares do colexio de Xanceda que pecharon o ciclo de visitas a Verea

Elevada participación na xornada de portas abertas na fábrica de Lanzá

o proceso de elaboración das tellas. Do mesmo xeito, divulgaron aspectos da tradición cabaqueira. Verea, con máis de cincuenta anos de historia, é hoxe unha firma

de carácter internacional. Ten capacidade para producir cada ano 50 millóns de tellas. O seu equipo humano confórmano na actualidade 46 persoas.


16

CRÓNICAS - Outubro 2018

ECONOMÍA E TRABALLO COMARCA O real decreto do Ministerio entrará en vigor o vindeiro mes de xaneiro

Aprobada a obriga de que leite e lácteos informen sobre a súa orixe

A nova norma pretende favorecer o consumo de leite muxido e transformado no país

Era unha medida longamente demandada e agora por fin será unha realidade. O leite e os produtos lácteos terán que incluír nos seus envases información sobre a súa orixe, de xeito que o consumidor conte con información veraz á hora de escoller. A obriga estableceuna un real decreto aprobado polo Consello Ministerial a finais de setembro, a pro-

posta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de Luis Planas. Esta norma sobre etiquetaxe formaba parte dos acordos que puxeron fin ás tractoradas de protesta de 2015, pero o anterior Goberno español demorou a súa aprobación escudándose nunha suposta vulneración de preceptos de competencia. A industria ten de prazo ata xa-

neiro para adaptarse ao real decreto. Os produtos xa fabricados poderán venderse ata rematar as existencias. O Ministerio explicou que na etiqueta deberá figurar o termo “España” cando este sexa o país onde se muxa ou transforme a materia prima. Non será posible reemprazalo pola expresión “UE”. Cando se trate de leite que non sexa exclusivamente español, a etiqueta deberá informar sobre o país de muxido e o país de transformación, expresando o nome dos Estados Membros, ‘UE’, ‘Fóra da UE’ ou ‘UE e fóra da UE’, segundo corresponda. Así saberase con exactitude se o leite foi muxido ou transformado en España ou non. Esta información fiable era unha demanda do 88% dos consumidores, segundo a portavoz do goberno, Isabel Celáa. Este tipo de normas levan xa tempo aplicándose noutros países europeos e traducíronse nun incremento do consumo da produción propia pola aposta de numerosos compradores polo produto do país.

PREZOS DO LEITE

AGOSTO / XULLO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA

0,303 0,325 0,307 0,336 0,314 0,449 0,301 0,323 0,314 0,325 0,307 0,323 0,316 0,314 0,335 0,316 0,328 0,314

MEDIAS ESPAÑA AGOSTO 2014 0,348 2015 0,299 2016 0,290 2017 0,316 2018 0,314

PRODUCIÓN AGOSTO 2017

2018

Galicia 224.142 tn 229.926 tn España 579.735 tn 583.942 tn Fonte: FEGA (01-10-2018)

COMARCA

FORESTAL

Divulgan o cooperativismo entre estudantes de secundaria

O novo plan da Xunta prevé aumentar un 22% a superficie ocupada por piñeiros

O programa de actividades incluíu a visita a unha cooperativa en Silleda

A Mancomunidade desenvolveu as súas xornadas sobre cooperativismo con estudantes de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) de centros educativos da comarca. O programa de actividades incluíu, entre outras propostas,

unha visita ás instalacións da cooperativa Amarelas en Silleda. Esta entidade está dedicada aos servizos turísticos e de tempo libre. As xornadas queren que o alumnado teña ocasión de coñecer o cooperativismo como modelo empresarial.

A Xunta apoia o impulso das plantacións forestais de piñeiros e outras especies coníferas, previsto por unhas cincuenta entidades relacionadas co sector nun plan integral acordado por todas elas. Na presentación desta iniciativa, o conselleiro de Medio Rural, José González, explicou que o novo plan forestal da Xunta, froito da revisión do anterior, xa contempla un 22% de aumento na superficie dedicada a piñeirais, tanto marítimos como silvestres, e outras coníferas. Para o cargo autonómico, a iniciativa das entidades forestais concorda cos obxectivos do seu departamento de acadar “a diferenciación do prezo da madeira sen nós destinada a industrias de alto valor engadido, a mellora xenética das coníferas a través da I+D+i, a implantación de modelos de silvicultura tecnicamente contrasta-

0,303 0,322 0,304 0,336 0,311 0,449 0,301 0,324 0,315 0,308 0,306 0,322 0,317 0,314 0,333 0,322 0,328 0,312

dos e a promoción do uso e consumo de madeira de coníferas”. Unha das ferramentas que o goberno autonómico pretende utilizar para o impulso dos piñeiros é o desenvolvemento da figura dos polígonos agroforestais. É unha medida que figura na denominada lei de fomento da mobilización da terra produtiva de Galicia, de momento en tramitación parlamentaria. Estes polígonos son unha das 123 recomendacións da comisión especial sobre a política forestal, entre as que destacan tamén a elaboración dun inventario forestal galego, incidir na ordenación dos montes e na certificación forestal, impulsar unha xestión conxunta dos montes, recoñecer o estatuto da silvicultura ou incentivar con medidas fiscais e financeiras o investimento empresarial no sector forestal.


CRÓNICAS - Outubro 2018

17

ECONOMÍA E TRABALLO HOSTALERÍA Participan 23 establecementos de toda a provincia coruñesa

HOSTALERÍA

O Outono Gastronómico, a aposta do turismo rural durante estes meses

Solicitan a declaración de interese turístico galego para a Festa do Lacón con Grelos

O turismo rural, o turismo en xeral, vai máis alá dos meses do verán. Sempre que se poida, calquera ocasión é boa para uns días de descanso. Unha excelente proposta é o ‘Outono Gastronómico’ que está desenvolvendo ata o 16 de decembro en 23 establecementos de turismo rural de toda a provincia coruñesa e outros 63 do resto de Galicia. Os locais coruñeses ofrecen 46 menús diferentes, dous cada un, a prezos económicos. Segundo das modalidades que se escollan, a proposta vai desde os 30 ata os 300 euros. É unha iniciativa especialmente pensada para que a aproveiten tanto parellas como familias ou grupos de amigos. Ademais, contempla a posibilidade de pernoitar nas casas de turismo rural que participan durante unha ou as dúas noites en fin de semana. A oferta de 30 euros por persoa, deseñada exclusivamente para o Outono Gastronómico, inclúe entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, café ou infusión, viño das

A festa dálle pulo á hostalería local

Presentación do programa na casa de turismo rural Parada de Francos, en Teo

distintas denominacións de orixe galegas e outras bebidas. Outra proposta suma ao menú anterior a posibilidade de pernoitar o venres ou o sábado, incluíndo o almorzo do día seguinte. Sae en 120 euros para dúas persoas en cuarto dobre ou 80 euros por persoa en

cuarto individual. Dous días e dúas noites saen en 200 euros para dúas persoas en cuarto dobre ou 140 para unha en cuarto individual. E unha cuarta opción é a fin de semana familiar, a 260 euros para parellas cun neno de ata 14 anos ou 300 euros con dous rapaces.

TURISMO O encontro internacional sobre a ruta homenaxea un sacerdote húngaro

O Camiño Inglés reivindícase como xerador de visitantes todo o ano O Camiño Inglés está medrando pero aínda pode ter moito máis tirón e contribuír a repartir a chegada de visitantes a Galicia durante todo o ano, sen concentrala tanto nos meses estivais. É unha das principais mensaxes que deixou o II Encontro Internacional do Camiño Inglés, que se celebrou en Sigüeiro (Oroso). Entre as persoas que participaron estaban os alcaldes de Abegondo e de Pontedeume; José Antonio Santiso Miramontes e Bernardo Fernández; o deputado provincial de Turismo, Xosé Regueira; e os integrantes do goberno municipal de Oroso. Destaca tamén a presenza na programación da embaixadora de Hungría en España, Enikö Györi, dado que o encontro deste ano estivo dedicado á figura do peregrino húngaro János Zádori, sacerdote que percorreu o Camiño Inglés fai 150 anos. O investigador Antón Pombo ofreceu unha conferencia sobre aquela peregrinaxe. A diplomática húngara descubriu

Ordes quere que a Festa do Lacón con Grelos, que se celebra no mes de marzo no Mesón do Vento (Ardemil), sexa declarada de interese turístico galego. No último pleno municipal aprobouse dirixirlle a solicitude á Xunta, que terá que avaliar o expediente da festa e determinar se cumpre as condicións de singularidade, arraigo e outra serie de valores para obter o distintivo. Contar coa declaración de interese turístico poderá servir para incrementar a promoción da festa en toda Galicia, gañando capacidade para atraer visitantes.

Unha serie documental de TVE grava parte dun capítulo en Oroso

Gravación da serie no Carboeiro

Unha placa recorda a Zádori, o peregrino húngaro ao que se dedicou o encontro

unha placa no traxecto do paseo do Carboeiro en Sigüeiro, en lembranza da viaxe de Zádori. A embaixadora manifestou que “é un orgullo que os que pasen a partir de agora por Oroso coñezan a historia dun viaxeiro

húngaro”. Enikö Györi asinou ademais no libro de honra do Concello nas dependencias do Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés (CEICI) situadas no centro cultural de Sigüeiro.

Para o vindeiro mes de xaneiro está previsto que se estree a nova tempada da serie documental de TVE ‘Turismo Rural no Mundo’, do realizador e xornalista Juan Frutos. Nunha das súas entregas terá protagonismo Oroso. O equipo gravou varias imaxes na zona do Carboeiro, en Sigüeiro, pola que pasa o Camiño Inglés. O goberno de Oroso destacou o valor promocional que pode ter para o municipio a aparición na serie, centrada na historia, a gastronomía, o patromonio natural e as ofertas de lecer de lugares de todo o mundo.


CRÓNICAS - Outubro 2018

18

XENTE DE AQUÍ ORDES

ORDES Medalla da Orde do Mérito a catro integrantes da Garda Civil de Ordes

A agrupación Sementes da Arte celebra o seu encontro folclórico na Casa da Cultura

A Garda Civil e Correos honran a súa patroa

Un momento das actuacións

O encontro da agrupación folclórica Sementes da Arte reuniu numeroso público na Casa da Cultura de Ordes. Ademais da propia entidade organizadora, participaron a participación da A.C. de Veciños de Leira (Ordes) e o grupo dos Santiaguiños (Boimorto). Despois destas actuacións, gran foliada con Sarillo (Aiazo), San Martiño (Cerceda), Reiceiros (Ponte Carreira), Embruxo Gaiteiros (Leira), Folke Ruada (A Silva), Nunca é tarde (Tordoia), Camiño Real (Poulo), Os Xeitosos (Trazo) e Pandeireteiras das Encrobas e Somos Nós (Ordes).

A Garda Civil e o corpo de Correos de Ordes honraron a Virxe do Pilar como a súa patroa nos habituais actos litúrxicos na igrexa de Ordes. Un dos momentos máis significativos desta cerimonia foi a ofrenda floral ante a imaxe do Pilar, cuberta polo manto da Garda Civil e a bandeira española. Ademais de responsables locais da Garda Civil e de Correos, acudiron aos actos integrantes da corporación de Ordes, representación municipal de Cerceda e de Mesía, o xuiz decano de Ordes, e membros da Policía Local e de Protección Civil de Ordes. Por outra parte, Miguel Ángel Mosquera, Miguel Tojo, Roberto López e Luis Villaverde, todos eles integrantes da Garda Civil do posto de Ordes, recibiron a medalla da Orde do Mérito con distintivo branco nos actos do Pilar no cuartel coruñés de Lonzas. É un recoñecemento pola detención do acusado de prender 28 lumes en Frades e Mesía.

A ofrenda conta con representación política de varios Concellos da comarca

Integrantes da Garda Civil de Ordes que recibiron a medalla da Orde do Mérito

FRADES

TORDOIA

Celebran os 101 anos de Ramiro López Cotón, veciño de Aiazo

Viaxe do Concello de Tordoia por terras cántabras e vascas

López Cotón celebrou o seu cumpreanos coa familia na festa de San Miguel

A viaxe prolongouse durante tres días, con visitas a enclaves turísticos

Ramiro López Cotón, veciño de Aiazo, en Frades, celebrou 101 anos de idade cunha festa familiar á que acudiron tamén o alcalde, Roberto Rey, e o concelleiro Juan Carlos Portos para entregarlle unha placa conmemorativa.

Unhas sesenta persoas participaron na viaxe organizada polo Concello de Tordoia a Cantabria e a Euskadi. Durante tres días, tiveron ocasión de coñecer algúns puntos de elevado interese turístico, como

López Cotón naceu o 27 de setembro de 1917. Zapateiro de oficio, ten catro fillos, dez netos e netas e algún bisneto. Ten boa saúde e conserva unha mente esperta. Si lle falla algo o oído e para desprazarse utiliza cadeira de rodas.

o Museo Guggenheim en Bilbao, onde viron a exposición Soy tu espejo da artista portuguesa Joana Vasconcelos. En Cantabria, acudiron a Liérganes, localidade declarada de interese histórico e artístico en 1978.


CRÓNICAS - Outubro 2018

19

XENTE DE AQUÍ ORDES A entidade dedicada á atención integral de persoas con enfermidade mental, inaugura novo local en Ordes

A nova casa de Andaina Pro Saúde Mental Andaina Pro Saúde Mental, entidade que se dedica á atención integral de persoas con enfermidades mentais, inaugurou o seu centro de rehabilitación psicosocial e laboral na Rúa Emilia Pardo Bazán de Ordes. O acto tivo como padriño ao doutor Anxo Carracedo e contou tamén cunha charla de Julio Rodríguez, integrante da Fundación Galega de Mediciña Xenómica. O grupo teatral de Andaina representou a obra O Galo. Asistiu diversa representación institucional da comarca e o presidente da federación FEAFES. A asociación Andaina, que conta cunhas corenta persoas usuarias na comarca ordense, utilizará as novas instalacións, uns 260 metros cadrados, en actividades como sesións de movemento e psicomotricidade; de rehabilitación cognitiva; de educación, saúde e deporte; de arteterapia; de xestión da atención psicolóxica no domicilio; de clases de cociña; de obradoiros de igualdade; de ioga; e de habilidades sociais. A actividade da entidade está avalada polo Servizo Galego de Saúde, mediante un convenio de colaboración na atención domiciliaria.

O doutor Carracedo con Omaira Tuirán

Intervención do investigador da USC no acto inaugural

A apertura das novas instalacións de Andaina Pro Saúde Mental contou cunha destacada representación institucional da comarca

ORDES Juan Fernández-Armesto, da Casa Grande de Xanceda, convidado especial

FRADES

Máis de 350 participantes na comida solidaria da AECC

Unha charla informa sobre os síntomas do alzhéimer e os coidados que se precisan

A comida-baile solidaria da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ordes superou as 350 persoas no Restaurante Barreiro. Como convidado especial este ano, a organización tivo a Juan Fernández-Armesto, propietario da granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda, situada en Mesía. Acudiron diversos representantes públicos das corporacións municipais de Ordes, Frades e Mesía, a directiva da AECC ordense encabezada por Emilia Vázquez e a ex presidenta da organización na provincia, Elena Viturro, entre outras persoas. Nas intervencións, destaca que a concelleira de Benestar Social de Ordes, Susana García, tivo palabras de agradecemento á participación e rexeitou o vertedoiro de Lesta por cuestións de saúde. Fernández-Armesto remarcou o labor da AECC e ofreceu manter e incrementar a colaboración da Casa Grande.

Responsables da AECC con Fernández-Armesto e varios cargos institucionais

Asistentes á sesión informativa

A comida-baile solidaria tivo lugar no Hotel Restaurante Barreiro, en Leira (Ordes)

Unhas trinta persoas asistiron en Frades a unha charla gratuíta sobre o mal do alzhéimer. Unha especialista explicou os síntomas que presenta a enfermidade e os coidados que precisa quen a padeza. Do mesmo xeito, insistiu na necesidade de que tamén reciban coidados as persoas que coidan os doentes. Trátase de que descansen da tarefa, de que poidan compartir a experiencia con outras persoas e que efectúen actividades fóra da súa rutina. A charla foi organizada polo Concello e a ONG Mestura, con financiación autonómica e europea.


20

CRÓNICAS - Outubro 2018

DEPORTES FÚTBOL

Solidariedade do Vila de Ordes e o Abellá O encontro de liga entre o Vila de Ordes e o Abellá B do pasado 21 de outubro tivo como protagonista a solidariedade. O partido, disputado en Ordes e rematado con empate a dous goles, destinou toda a recadación da entrada en Vista Alegre e dunha venda de rifas á Asociación Española Contra o Cancro. A urna co diñeiro foi entregada ás responsables da entidade. Ao peche desta edición estaba pendente de computarse a contía. As entidades agradeceron a colaboración veciñal.

ATLETISMO

Novas instalacións para o club de atletismo en Vista Alegre (Ordes)

O club pedíralle ao Concello adaptar como vestiario o que ía ser un almacén

O complexo deportivo de Vista Alegre, en Ordes, dispón agora dun novo vestiario con duchas, zona de ximnasio, aseos e almacén para o club de atletismo Atlética A Silva-Ordes. As instalacións ocupan uns 140 metros cadrados e habilitáronse a carón das pistas de atletismo no que ía ser un almacén para material deportivo. O Concello di que modificou o proxecto inicial por unha petición do club para adaptarse mellor ás súas necesidades.

O inmoble xa se construira o ano pasado cun gasto duns 60.000 euros, dos que 50.000 foron achegados pola Xunta. Agora, a preparación interior, con divisións, instalacións de auga quente, electricidade, carpintería interior, revestimentos e illamentos, tivo un orzamento próximo aos 47.000 euros. O club agradeceu o apoio do Concello nunha visita do alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e da concelleira de Deportes, Ana Soneira.

Como actividade complementaria ao campionato, estreouse na Casa da Cultura ordense o docu-

mental Comercio de falcóns nos Emiratos Árabes, autoría de Adrián González.

CETRARÍA

Campionato galego en Ordes O XVII Campionato Galego de Cetraría, disputado no Mesón do Vento, en Ardemil (Ordes), superou os corenta participantes, procedentes de Galicia pero tamén doutras zonas como Asturias, León ou Valladolid. É a terceira vez consecutiva que a proba se disputa nesta zona. Os gañadores foron Óscar López en altanería, Ramón Ferreiro en harris, Ignacio Orge en azores, e Laura Vázquez en pequenas aves. Entregaron os premios Ana Soneira, como alcaldesa de Ordes en funcións, o concelleiro Pablo Váz-

quez e o secretario da Federación de Caza na Coruña, Antonio del Río Viqueira.


CRÓNICAS - Outubro 2018

21

DEPORTES MOTOR David Rivas Fuentes, piloto de Queixas co que a Garda Civil cometeu un grave erro en Ourense

“O único que fixeron foi manchar o meu nome” - En pleno rally de Ourense Ribeira Sacra, o piloto David Rivas, de Queixas (Cerceda), foi detido pola Garda Civil de Tráfico por un suposto positivo en drogas. É unha acusación que el desmentiu desde o principio e que despois puido demostrar como falsa. Foi unha situación cando menos desagradable, que rematou máis ou menos ben pero que pode ter consecuencias irreparables sobre a súa imaxe. Quen é culpable de crear esta situación? - Culpable de non poder realizar o completo o Rally Ribeira Sacra é un método de detección de drogas practicado pola Direccion Xeral de Tráfico que non ten ningún tipo de validez debido a unha marxe de erro demasiado alta, pero que pode inhabilitar a unha persoa para conducir. Culpables dos danos á miña honra e imaxe son a persoa ou persoas que filtraron aos medios de comunicación o meu nome, poboación, foto e datos concretos da denuncia infrinxindo a lei de presunción de inocencia sen esperar a única proba válida e veraz que é a de laboratorio, e ocasionándome unha depresión a min e aos meus achegados. - Por tanto, a Administración, neste caso a Garda Civil, debería repensar ter difundido un suposto positivo antes de telo confirmado? - Dende logo non me parece a maneira máis correcta de proceder, o igual que cando se fala doutro tipo de posibles infraccións non se nomea a persoa nin se fotografía ata que un xuíz no seu caso ou unha proba de contraste veraz sexa levada a cabo. - Que medidas vai tomar? - Estamos preparando a reclamación de danos e prexuízos por todo o sucedido, que afectou a miña vida privada, como deportista e tamén no traballo. Non estou en contra de que os axentes fagan o seu traballo, e vexo necesario que haxa un control estricto sobre os pilotos, pero deberían ter medios eficaces e por suposto formación adecuada. - Por que desde o principio non considerou fiable o test inicial? - Pola mala praxe á hora de introducir a mostra de saliva no “drogotest”, dando este un erro e tendo que sacar a mostra e metela de novo noutro dispositivo. Ademais de logo deixarme continuar e darme o suposto positivo outra patrulla, sen eu corroborar o resultado na máquina ou nun tícket que así o demostrase. - Que pensa do comportamento dos medios de comunicación? - A verdade é que cando falamos do noso deporte vende máis un accidente que os propios resultados dun piloto. Penso que a noticia debía ser: “Un posible positivo en cannabis no rally Ribeira Sacra”, sen nomearme nin po-

Rivas é partidario de controis nas probas deportivas e reclama que se fagan con “medios eficaces e formación adecuada”

ñer os meus datos e foto, para logo po- Aproveitemos para falar da comñer en dúbida a eficacia dos aparellos petición deportiva. Como vai esta que se utilizan para esto, non poñerme tempada? Está cumprindo as expeca min en evidencia primeiro sen unha tativas? Cal sería un bo resultado para proba firme e con titulares como “Po- vostede nas competicións nas que sitivo en drogas no rally Ribeira Sacra”. participa? - Esta tempada era para adaptarnos - Cre que foi algo casual ou que esá especialidade de asfalto, xa que ata tamos ante algún tipo de campaña inagora participamos sempre en terra. As teresada de difamación? - Non creo que sexa unha campaña expectativas eran as de aprender e code difamación, creo que é interese da ller cada vez máis ritmo para loitar por Dirección Xeral de Tráfico que se vexa gañar unha copa. Tivemos mala sorte a que os seus controis evitan desgra- primeiros de ano cunha pequena saída zas e non só teñen afán recadatorio, no primeiro rally e logo dous abandopero neste caso demostran que o sis- nos consecutivos por unha avaría eléctema empregado non ten fiabilidade e trica que xa se reparou. No rally Botafuo único que fixeron é manchar o meu meiro firmamos un segundo posto na nome e quedar en evidencia. copa TopTen Pirelli-Castrol B, e no Ri- Pensou nalgún momento aban- beira Sacra fixemos o segundo mellor tempo tamén donar as carreiras? “Os días posteriores ao sucedido no tramo que co- Si. Todos arrepentíame de gastar tempo, puidemos os días posterrer a mañá esforzo e cartos neste deporte do sábado, a riores ao suescasas décedido era a para agora verme difamado” única cousa da cimas do prique me arrepentía, gastar todo o meu meiro participante. As cousas empezatempo libre, esforzo e cartos no de- ban a saír ben ata a aparición da Beneporte que amo dende pequeno para mérita. verme difamado na prensa de toda a - Como empezou a correr? península e illas incluso. - No 2008 fixen as miñas primeiras - Como se pode recuperar? Que da- carreiras en autocross, con un pequeno Peugeot 106 montado na casa con nos son xa irreversibles? - Non se poderá, nunca saberei se axuda do que foi sempre o meu mecácando chamas á porta dun posible pa- nico José M. Eijo. A partir disto fixemos trocinador vai pensar que o mellor é outros coches máis potentes e tamén apoiar a outro deportista que non saíse me fun formando para poder pilotar na prensa por un “positivo de drogas” en carreiras con copiloto e iniciarme na e que a súa empresa poida saír na foto especialidade de rallys. Gran parte de tamén. O mesmo pasa co traballo e con culpa tamén a ten a persoa que semposibles clientes. A única esperanza é pre me aconsella, que é Roberto Renque se tome conciencia por parte das dal, e por suposto a miña parella e faFederacións para pedir que os controis milia que disfrutan de cada carreira, os seus deportistas, aínda que sexan na así como o resto do equipo: Adrián, vía publica aberta ao tránsito, sexan fia- Rubén, Alberto, Alba... - A afección por este deporte está bles.

esmorecendo ou vai a máis? - Eu creo que en Galicia vai a máis porque temos a mellor afección, só mirando as listas de inscritos no campionato galego de rallys que sempre superan os 120 coches con respecto a outras comunidades con 40 ou 60 coches. Tamén é certo que non é o mellor momento porque a involucración das marcas de fabricantes foi en declive dende hai anos e atopar patrocinadores é unha tarefa complicada. - A Federación ten estratexia de futuro e está ao nivel que demanda a competición? - Non me gusta moito meterme coa xestión das Federacións con respecto a esto porque entendo que non é tarefa doada, cada día hai máis cambios con respecto ás normativas internacionais, que se supón que son a liña a seguir, pero ben é certo que sen a axuda das marcas non poden saír boas copas de promoción e sobre todo con bos premios para que os talentos cheguen á cúpula deste deporte. - Cales son os principais inconvintes para a práctica do automovilismo? - A parte económica é fundamental porque xa só en licencias e inscricións se fai unha boa suma. Logo está tamén que non dispoñemos dun circuíto de automobilismo á altura no que poder adestrar e probar as máquinas, e por suposto unha boa base con copas de promoción e premios para que estea ao alcance de calquera que teña boas dotes. Para a miña opinión non seguimos a pirámide dende a base fixándonos nos países que teñen os mellores pilotos como por exemplo Francia, que procuran facer regulamentos ríxidos e cumprilos o máximo posible, como é o caso dos recoñecementos ilegais dos rallys, unha práctica moi habitual en España.


22

CRÓNICAS - Outubro 2018

DEPORTES ORDES

TRÍATLON

Asinados os convenios para as escolas deportivas municipais

Iván Raña logra o 25º posto no seu sexto Ironman de Hawaii

Acordos do Concello co Jogafán F.S., a S.D. Club Ordes e a A.C. Ordes

O Concello de Ordes asinou convenios de colaboración coa S.D. Club Ordes de fútbol, co Jogafán de fútbol sala e coa A.C. Ordes de hóckey para a xestión e mantemento das escolas municipais das súas modalidades deportivas máis a liga local de fútbol sala. Para rubricar os acordos, con vixencia durante este curso, o Concello estivo representado pola concelleira de Deportes, Ana So-

neira, e as entidades polas persoas que asumen as súas presidencias: Ana María del Río Otero pola A.C. Ordes, Antonio Vázquez Rendal pola S.D. Club Ordes e Óscar Cores Garazo polo Jogafán Ordes Fútbol Sala. Con estes acordos, os clubs asumen a formación dos máis novos nas súas disciplinas deportivas, nalgún caso desde categoría biberón ata xuvenil.

O ordense mantén un extraordinario nivel de preparación (foto: IRF)

O ordense Iván Raña Fuentes rematou o Ironman de Hawaii na vixésimo quinta posición. Era a sexta vez consecutiva que participa nesta proba. O outro galego destacado en competición, Javier Gómez Noya, foi undécimo. O campión foi o alemán Patrick Lange. O deste ano é o resultado máis

discreto para Raña desde que participa nesta proba, na que en 2013 quedara sexto. Non obstante, o ordense demostrou un nivel de preparación incluso superior ao de ocasións anteriores. Raña anunciou a súa intención de volver a Hawaii na vindeira edición do Ironman en 2019.

XADREZ

Martín Pena, campión do circuíto da Deputación

FÚTBOL

Máxima emoción ante o derbi entre o Deixebre e o Montaos Volve un dos encontros con máis emoción do fútbol na comarca, no que se miden a S.D. Deixebre e a S.D. Montaos. O partido será o domingo 11 de novembro no campo do Deixebre. Haberá probablemente numeroso público, nunha boa mostra da vida social que xera o fútbol modesto. A rivalidade entre os conxuntos das dúas parroquias veciñas, sempre ben levada con moita deporti-

vidade, levaba un tempo en pausa. O último partido deste tipo foi hai un par de anos, cando os dous equipos ascenderan a segunda rexional. O pasado curso competiron en grupos distintos, pero agora volven estar no mesmo, o que fixo que desde hai xa un tempo xogadores, técnicos e direccións dos clubs marcasen a data ben destacada no calendario.

Martín Pena Varela, á dereita, nun intre da competición no Torneo de Carballo

O xogador Martín Pena Varela, do Club Xadrez Oroso, proclamouse campión do Circuíto da Deputación da Coruña 2018. O calendario desta competición comezou precisamente en Oroso e rematou case a mediados de outubro en Carballo.

Foron once torneos nos que Pena Varela acumula o campionato absoluto e por tanto tamén as categorías sub 18 e sub 16, logrou clasificarse mellor que xogadores adultos nun circuíto con algúns dos mellores xogadores galegos.


CRÓNICAS - Outubro 2018

23

OPINIÓN

Cando Hemingway truiteou en Leira (ou non) Por Carlos Calvo Varela (Para Kevin da Pedreira) No 18 de decembro de 1921 Ernest Hemingway pisa Galiza por primeira vez. Xunto con Hadley Richardson saíra de Nova Iorque a bordo do Leopoldina, e camiño da Francia fixeran uma escala de catro horas en Vigo, suficientes para que o escritor de Oak Park se apaixonase da nosa Terra para sempre. “Vaia sitio!”, escribirá emocionado a Willian B. Smith xr (1). “Imos volver. Nos montes hai regatos con troitas”; e poucas cousas lle gustavan tanto a Hemingway como ir ás troitas. No xornal Toronto Star Weekly publicará un artigo, intitulado “Trout Fishing in Europe”, asegurando que, xunto coa Alemaña e a Suíza a Galiza era o país con os mellores rios troiteiros de Europa.

están a acabar co ferrocarril) e como consecuencia, os galegos van proclamar a República Socialista de Galiza (até que comecen de novo os traballos do tren). Amais, van facer unha folga xeral no día das eleccións e non van ir votar”. A viaxe que nos interesa, a de 1927, fíxoa con Pauline Pfeiffer, hospedándose en primeiro lugar na Coruña. Ali agarda a que o seu editor envíe por correo as probas do seu novo libro, Men Without Women, para pórse a traballar nas correccións. No 15 de agosto, día da festa da Santa María, conta por carta a Barklie Mc Kee Henry a súa intención de ir pescar:

Nalgures entre Coruña e Santiago... pero onde? O asunto é de suma importancia, polo menos para a mitoloxía local: non é o mesmo que pescase no Bárcia que no Cabrón, no Lengüelle que no Tambre. O seguinte rasto que deixa Hemingway é en 31 de agosto, un par de semanas despois, cando se hospedaba xá no Hotel Suízo de Compostela. Desde ali confirma a Maxwell Perkins que xa enviara as probas corrixidas de Men Without Women o 17 de agosto.

Nunha das súas posteriores viaxes a Galiza será cronista de excepción de un feito histórico: a revolución dos traballadores do camiño de ferro e a proclamación da República Galega. Así llo conta ao tamén escritor John Dos Pasos (outro namorado da Galiza) nunha carta de 26 de xuño de 1931: “O goberno vén de parar os traballos do camiño de ferro CoruñaOurense (os camións e os autobuses

“Estou aqui na Coruña esperando as probas. Soa a asasinato ou sospeitas de adulterio, pero só son as probas de Scribner’s, que agora deberían estar aquí e espero por Deus que cheguen [...]. Esta é unha grande cidade, todo o metida no vello Atlántico como lle permite Europa, fermosas rúas amplas, sen paseos nin lagoas, e a primeira boa comida que comín en todo o verán. O país é moi parecido

Haberá que preguntar na casa se fica algún recordo dalgún bisavó que, ao levar as vacas ao prado, se encontrase cun extravagante americano pescando. Con todo, o máis seguro é que Hemingway fose ás troitas no regato de Loureda, entón moi farturento –aínda non chegara o furtivismo químico-, na zona por onde atravesa a estrada vella da CoruñaSantiago baixando cara a Buscás.

a Newfoundland e só escampa entre choiva e choiva, pero a choiva é natural e parece que non te mollas. Vou de pesca para a semana. Nalgures entre aquí e Santiago, no monte [...]”.

Non hai probas documentais, pero se Hemingway foi pescar no seu Ford T por volta das festas de agosto, en Leira tiña que haber festa, e coñecendo o poderío bebedor do escritor, sería capaz de resistirse a pasar de alí? (2). ____________ (1). Todos os fragmentos de cartas de Hemingway están tirados de: Carlos Casares, Hemingway en Galicia, Vigo, Galaxia, 1999. (2). En 1929 Hemingway pescou moito no rio Ulla. Michael Reynolds recriou unha daquelas xornadas de pesca: “[...] no día 12 de agosto, con lentes de sol novos, xornais e unha saca chea de tomates e cebolas para comer, pasou o día pescando polo rio Ulla, até chegar ao encoro da parte máis alta. De volta á casa a través do camiño por onde ía decorrer o novo camiño de ferro, detívose para preparar unha troita con xamón do país. Logo, unha detrás doutra, picáronse as dúas rodas. Despois de parchar os pneumáticos alumeándose cunha lanterna, chegou de volta ao hotel ás once e cuarto da noite”. (Hemingway. The 1930s, Nova Iorque, W.W.Norton&Company, 1997).


CRร NICAS

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crรณnicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de ediciรณn: 26-10-2018. Depรณsito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.