ENTREVISTA
ORDES
José Miguel Couselo, Fillo Predilecto de Oroso
Involucran as empresas para gañar solo industrial Páx. 19
Páx. 21
- Odontología general y estética - Ortodoncia - Prótesis sobre implantes - Extracciones molares del juicio - Colocaciones de implantes - Apicectomías Eduardo Pondal, 11 Bajo. Ordes
Centro Sanitario Autorizado C-15-000297
981 680 320 - 620 822 531
CRÓNICAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 59 - Novembro de 2018
Vivenda e transporte, principais carencias da poboación asistida Os problemas de habitabilidade en vivendas, sobre todo situadas no rural e outras consideradas como in-
fravivendas, xunto coa falta dun transporte público minimamente eficaz, son dúas das principais carencias que
observan os Servizos Sociais entre a poboación á que atenden. Así quedou patente nunha xuntanza de traballo
impulsada en Oroso pola Deputación con técnicos municipais para elaborar un novo Páx. 10 plan de acción.
O albergue de Poulo, a punto
ORDES
Tres detidos nunha operación contra o tráfico de drogas Páx. 12
DEPORTES
O ordense Iván Muíño, campión galego de carcross Páx. 23
CERCEDA
Naturgy seguirá pensando se pecha Meirama ou non Páx. 2
COMARCA
A antiga rectoral está só pendente do mobiliario
Páx. 8
Presentan novas solicitudes para tres parques eólicos Páx. 2
CRÓNICAS - Novembro 2018
2
ACTUALIDADE Naturgy continúa dándolle voltas ao futuro da central térmica de Meirama. Ou iso di. A empresa, a antiga Gas Natural Fenosa, non decidiu aínda se adapta a planta ás novas normas da Unión Europea contra a contaminación atmosférica, como si está facendo Endesa nas Pontes. Nunha reunión co comité de empresa hai uns días en Barcelona, a dirección da compañía e o propio presidente indicaron que continúan avaliando se a planta sería viable ou non. Estímase que a adaptación custaría uns cen millóns de euros. Serviría para limitar as emisións de xofre, óxido de nitróxeno e partículas con-
CERCEDA Agarda que se defina a normativa para ver se o investimento é rendible
Naturgy aínda non decidiu en Meirama taminantes. A principal dúbida probablemente sexa se habería tempo para amortizar ese investimento. Tras a reunión, o presidente do comité de empresa, Bautista Vega, explicou en declaracións a CRÓNICAS que a dirección agarda a que se aclare a normativa de produción con carbón no novo contexto para a enerxía. Se non se adapta, a nova cen-
tral tería que pechar na primavera de 2020, a non ser que se aprobe algún tipo de prórroga ou permiso especial. Se opta por adaptarse, tamén para entón tería que ter activos os novos sistemas contra a contaminación para poder manter a actividade. O prazo para as obras considérase xa superado, posto que precisarían un ano e medio, o que podería supoñer que, aínda adaptándose, a térmica
tivese que estar parada uns meses. Así as cousas, os aproximadamente douscentos empregados e empregadas da central de Meirama aínda manteñen a esperanza de que a empresa aposte pola continuidade dunha planta que eles consideran eficiente, competitiva e por tanto viable. O seu peche constituiría un golpe tremendo para o emprego na comarca ordense.
COMARCA Contarían en total con 33 muíños eólicos e situaríanse en Cerceda, Frades, Mesía e Ordes
Tramitan tres novos parques eólicos na zona As empresas Capital Energy e Naturgy rexistraron ante a Xunta as solicitudes para poder construír tres parques eólicos na comarca. Trátase dos proxectos Legre, Solpor e Meirama, que se situarían nos municipios de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes e, xa fóra da comarca, afectarían tamén a Cesuras. De ir adiante, os tres parques suporían alzar 33 muíños eólicos. O parque Legre, proxectado na zona de Albixoi e Cabrui (Mesía), contaría con once deles. O de Meirama (Cerceda) sumaría quince. E o denominado Solpor, en Ordes, no ámbito de Ardemil e Faramilláns (Buscás), sumaría sete máis. Agás o de Meirama, os outros dous terían subestacións eléctricas. Os tres novos proxectos súmanse a outros dous en tramitación: o de Gasalla, entre Mesía e Frades, e o de Monte Inxerio, en Lesta e Mercurín (Ordes). Entre as cinco iniciativas colocarían un total de 51 muíños de vento. REXEITAMENTO Os novos proxectos recibiron o rexeitamento da chamada ‘Coordinadora contra a implantación de par-
que eólico”. “A súa fragmentación é intencionada para eludir mellor os impactos no medio e na sociedade, nunha tramitación separada, o que é completamente ilegal como xa declarou o Tribunal Supremo”, afirman. A plataforma contraria aos eólicos considera que os efectos dos parques serían moi negativos nunha comarca declarada de interese agrario pola Xunta de Galicia. Segundo din, a maioría dos proxectos presentados “non teñen xustificado antes do proxecto que exista vento suficiente para xerar electricidade”. Por iso interpretan que as solicitudes “responden á euforia da enerxía eólica que sofre Galicia nestes momentos”. Distribución dos proxectos Gasalla, Legre, Monte Inxerio e Solpor de Capital Energy
ques eólicos na comarca de Ordes’, que nas últimas xornadas se reuniu cos alcaldes dos diversos municipios afectados para solicitarlles que manteñan a condición de concellos libres de eólicos. Non obstante, a decisión corresponde en gran medida á Xunta. A entidade critica que calquera dos tres novos parques están “extre-
madamente próximos” a núcleos habitados. Consideran que deberían estar a un mínimo de cinco quilómetros “por seguridade e por saúde”, tendo en conta que os muíños proxectados acadan unha altura de 163 metros desde a base ata o extremo da aspa. A coordinadora cre que a presentación dos tres proxectos equival en realidade a un único “mega par-
COMARCA Unha soa profesional en Ordes e desvío á Laracha en Cerceda
PETICIÓN Á XUNTA A coordinadora pídelle á Xunta que teña en conta a declaración de libres de eólicos dos municipios afectados e que os retire do Plan Eólico de Galicia. Tamén se queixa de “falta de transparencia e información” e pedíronlles aos Concellos unha exposición pública dos proxectos e que publiquen a informacion da que dispoñan. As iniciativas figuran en detalle no Rexistro Eólico de Galicia.
Colapso nos servizos de pediatría
forte malestar nas familias pola lóxica demora que se ocasionou na atención. En moitos casos tiveron que optar por acudir aos servizos de urxencias.
Ser neno ou nena na comarca e enfermar non é o máis aconsellable. Nunca, e menos nas últimas semanas, nas que os servizos de pediatría de Cerceda e de Ordes viviron serias alteracións no seu funcionamento. No centro de saúde de Ordes viviuse unha situación de colapso. Unha das profesionais da especialidade precisou unha baixa, o que obrigou a que a outra tivese que atender os aproximadamente 2.200
CERCEDA En Cerceda o servizo de pediatría do centro de saúde foi cancelado directamente durante varias semanas deste mes de novembro. O problema afecta tamén a un colectivo duns dous mil nenos e nenas, que durante o tempo no que se interrompeu o servizo foron derivados ao municipio veciño da Laracha. Xa no verán esta especialidade vivira unha situación semellante.
nenos e nenas asignados ás dúas. Aínda atendendo máis horas das habituais resultou insuficiente para atender todas as necesidades, sobre todo nestes días nos que se multiplican os catarros. A baixa só se puido cubrir uns días porque o Servizo Galego de Saúde non logra atopar pediatras que acepten as súas condicións, segundo fontes consultadas por Crónicas. A razón está nas condicións laborais que
ofrece a Xunta, precarias en comparación coas que atopan os profesionais de pediatría no estranxeiro ou noutras autonomías. Especialistas que rematan o MIR no limiar dos trinta anos, nalgúns casos cunha familia xa formada, unicamente poden acceder a contratos duns días e con retribucións bastante inferiores ás de fóra, tal como relatan no sector. A carencia no servizo causou un
CRÓNICAS - Novembro 2018
3
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Novembro 2018
4
ACTUALIDADE OROSO
ORDES Máis da metade do POS de 2017 presenta dificultades de execución
O Concello presenta as obras para o plan provincial de 2019, de case 712.000 euros
O experimento fallido das obras que a oposición decidiu polo goberno
O goberno de Oroso presentou os proxectos que prevé incluír no plan provincial POS+ 2019, valorados nun total de 711.925 euros. Céntranse na rede viaria e no saneamento e abastecemento. Os proxectos foron decididos pola xunta de goberno para despois ser valorados polo pleno municipal, no que o goberno de Manuel Mirás (PSOE) goza de maioría absoluta, polo que todo fai prever a súa aprobación. Está prevista a ampliación do saneamento desde Os Carballos ata Vilar de Arriba, en Deixebre (139.241 euros), a mellora da rede viaria en Vilalbarro, a Estación de Oroso, Vilacide de Abaixo, a Igrexa e Riás (Oroso), Rial (Trasmonte), rúa Telleira, rúa Toxeira, avenida de Compostela e rúa Portiño, en Sigüeiro (122.557 euros). Tamén se inclúe a mellora da rede viaria na Igrexa e Cas (Os Ánxeles), Vilar de Abaixo (Deixebre), e Zan e A Costa, en Trasmonte (275.672 euros), en Senra e Arderís (Senra), Vilanova (Oroso), rúa Emilia Pardo Bazán (A Gándara), e en Carollo e Requeixo, en Cardama (138.309 euros). Por último, o Concello de Oroso contempla a ampliación de rede de abastecemento de auga desde Sar ata Cabanas, nos Ánxeles (36.146 euros). O alcalde, Manuel Mirás, explicou que este plan destina unha parte moi importante dos investimentos ao rural, pero tamén a Porto Avieira, a unha senda peonil e a traballos en diversas rúas de Sigüeiro.
A principios de 2017 produciuse o antes e o despois en Ordes do mandato municipal que rematará a vindeira primavera. O paso de dous concelleiros do PP a non adscritos deixaba o goberno en minoría e acabaría por reconfigurar o esquema de forzas da corporación coa posterior ruptura de UxO e a realiñación de tres dos seus membros co executivo. Pero os feitos daquelas datas tiveron outras consecuencias das que se falou menos e que agora preocupan. Trátase das obras que naquel febreiro de 2017, aproveitando a nova situación, a oposición lle impuxo ao goberno dentro dos plans anuais da Deputación. Foi ao segundo intento, posto que nun primeiro pleno carecían de informes técnicos favorables. Dous anos despois, o Concello vese con severas dificultades para executar boa parte deses proxectos ou comproba polas queixas da veciñanza que en moitos casos o investimento carecía de sentido. As obras do plan principal aprobáronse en dous grandes grupos. O de menor importe, uns 332.000 euros, xa está executado. O outro, de case 465.000 euros, incorporaba dezanove obras e é o que máis quebradeiros de cabeza lle supón á Administración local. No Concello recoñecen que en case toda a provincia as obras do POS 2017 foron rematadas a pasada primavera pero en Ordes aínda continúan vendo como executar algunhas. Un dos casos máis extravagantes é o acceso á estación da Pontraga, en Parada, no que se construíron beirarrúas nunha estrada provincial. A intervención, valorada nuns 43.000 eu-
ros, xa está executada ao 60%. “Incluso o vixiante [da Deputación, titular da vía] quedou abraiado cando viu as máquinas traballando nun vial da súa competencia”, comentan fontes municipais, que advirten que “o xusto sería que a Deputación fixese esta obra cos seus propios fondos”. INTERESES INDIVIDUAIS Outros proxectos só se explican desde a sospeita de intereses persoais. Un camiño reparado en Leira unicamente dá acceso a unha nave. A intervención supera os 40.000 euros e no Concello confirman que bastaría a metade para garantir o acceso porque a obra ten forma de U. Deste xeito, valoran que se perderon cartos para atender outras necesidades. A mesma sospeita recae no asfaltado dunha pista forestal que vai desde a zona da Armada, en Vilamaior, ata a estrada AC-524 (OrdesLanzá). É un proxecto de case 47.000 euros que o PSOE ordense reivindicou como seu tras solicitalo en varias ocasións, defendéndoo como un acceso á parroquia máis seguro que o da intersección do Peñasco. No Concello ratifican que o novo vial pode xerar situacións de risco, ao estar situado entre curvas, unha delas pouco despois do túnel da AP-9, onde os vehículos poden acadar ata os 90 km/h cando se atoparían con outro practicamente detido na xeral para acceder á pista. Deste xeito, pode ser “incluso peor que a actual intersección no Peñasco, onde se está traballando en melloras na seguridade”, precisan desde o Concello. Varios lectores confirman a Crónicas que a obra non ten sentido e
no Concello observan “moito malestar na parroquia, pois moitos veciños opinan que parece feita para unha persoa, e curiosamente indican que para o candidato do PSOE na parroquia nas eleccións de maio de 2015”. O colofón dáse na pista entre os Uzás e Faramilláns, en Buscás, onde os 21.000 euros investidos atenden como moito unha petición individual e non o interese xeral. Fontes municipais detallan que “a obra como está executada non comunica a aldea coa rede principal, xerando un segundo acceso, porque deixa o 25% do trazado intransitable para os turismos”. “Resulta moi complicado explicarlles aos veciños que estamos facendo unha obra que aprobou a oposición, non se pode explicar e é mellor ir velo”, afirman desde o goberno. O CARRO E OS BOIS Capítulo á parte merecen os proxectos nos que falta planificación. Sucede en dous puntos de Leira, cunha canalización de pluviais no acceso á igrexa parroquial valorada nuns 74.000 euros e outra no Castrelo, preto do Hotel Barreiro, por uns 16.000 euros. O Concello optou por non executar de momento as obras e negociar os prazos coas empresas. Realizalas equival a perder practicamente todo o diñeiro. No caso da igrexa a razón é que habería que construír unhas beirarrúas transitables antes de meter o abastecemento, aprobado ao ano seguinte. O idóneo é xusto o contrario. E no proxecto do Castrelo sucede máis ou menos o mesmo, posto que se aprobaron antes as cunetas transitables que a canalización hidráulica.
COMARCA
Formalizado o traspaso de tres parcelas a Mesía e unha a Trazo Os Concellos de Mesía e de Trazo formalizaron hai uns días o traspaso de diversas parcelas procedentes do Banco de Terras de Galicia. Á sinatura do acordo, co conselleiro José González, acudiron os alcaldes de Mesía, Mariano Iglesias, e de Trazo, José Dafonte, ademais doutros dez de toda Galicia que participaron nun proceso semellante. Mesía faise así coa titularidade de tres predios e Trazo coa dun. A
Consellería de Medio Rural destaca que se trata polo xeral de terreos que carecen de vocación agraria pero aos que os Concellos lles poderá dar unha utilidade veciñal, ben directamente ou ben a través de servizos municipais. O procedemento destes traspasos prolongouse uns tres anos ao seguir unha lexislación antiga. Traspasos máis recentes, cunha nova norma, efectuáronse en meses.
Os alcaldes de Mesía e Trazo, á dereita da imaxe, na sinatura do acordo
CRÓNICAS - Novembro 2018
5
ACTUALIDADE OROSO As principais tarefas son nas rúas Celso Emilio Ferreiro e María Casares
Inician o asfaltado e a renovación do saneamento en Porto Avieira Porto Avieira está en obras. A urbanización vai ver mellorados paulatinamente os seus accesos e a rede de saneamento das augas residuais. Os traballos comezaron xa a finais de outubro e o Concello inviste neles algo máis de 156.500 euros. A principal intervención na renovación do saneamento prodúcese na rúa Celso Emilio Ferreiro. O asfaltado beneficia especialmente á rúa María Casares, un dos principais para quen acode á urbanización, situada a escasos quilómetros de Sigüeiro. Sobre a nova capa de rodadura aplícase unha mestura bituminosa. SEGUIRÁN O goberno de Oroso anunciou que este tipo de obras continuarán nos vindeiros meses noutras rúas e puntos da urbanización. O alcalde, Manuel Mirás, asegura que “é un proceso constante que nunca remata, temos que renovar as vías de comunicación para mellorar a vida dos nosos veciños e a súa seguridade viaria”. O rexedor sinala que as obras
As obras continuarán nos vindeiros meses en máis rúas da urbanización
de mellora atenden demandas veciñais en todo o municipio. 600.000 EUROS O Concello cuantificou nuns
600.000 euros o seu investimento recente en asfaltado e aglomerado de vías e camiños nas distintas parroquias do municipio, así como na propia urbanización Porto Avieira.
O PP cre que é “un parche” e pide un plan para “humanizar” toda a urbanización O PP de Oroso considera que as obras iniciadas polo Concello na Porto Avieira “non son máis que un parche”, polo que reclaman que se acometa un plan de humanización integral para a urbanización. O portavoz do principal partido da oposición, Alexander Doval, afirma que as melloras deben chegar ao parque infantil, ás beirarrúas e á pavimentación das rúas, ademais de renovar a iluminación, arranxar a pista multideporte, coidar as zonas verdes municipais, construír un centro cultural e colocar unha marquesina ampla para o transporte escolar. Doval di que o PP é “consciente de que a nosa proposta é ambiciosa, pero nesta urbanización con máis de 250 vivendas hai moitos veciños, que pagan os impostos igual que o resto, que compraron as súas vivendas cunhas expectativas e que non se viron cumpridas”.
CRÓNICAS - Novembro 2018
6
ACTUALIDADE ORDES Renovación de beirarrúas e servizos desde Compostela a Casabella
Adecentar outro tramo da avenida principal custará case 400.000 euros
Queixas polas dificultades para aparcar no Paraíso ata a chegada da noite A zona do Paraíso, en Ordes, non responde de todo ao seu nome cando se trata de aparcar a determinadas horas. Algúns veciños e veciñas quéixanse da saturación que viven boa parte das rúas a causa da presenza do colexio, o instituto e os pavillóns polideportivos. O problema é maior en horario lectivo pero tamén se dá polas tardes e non desaparece de todo ata as dez da noite. Para as persoas que residen nalgunhas das rúas do barrio a miúdo só queda a opción de aparcar na parte traseira do colexio ou na zona da estrada Ordes-Folgoso. Resulta especialmente molesto cando traen compras pesadas nos vehículos. A dispoñibilidade de aparcadoiros de aluguer é limitada, posto que só hai tres e con prazas insuficientes para a demanda. Por iso, consideran necesario que o Concello artelle algún tipo de solución para o barrio.
A avenida principal de Ordes estará proximamente en obras no tramo que vai desde a rúa de Compostela ata a rúa Casabella. É un proxecto de “humanización” valorado en 398.000 euros, dos que a Xunta pagará 318.000 euros e os 80.000 restantes corresponderán ao Concello. A intervención prevé retirar o pavimento actual, segundo o goberno nun estado deficiente, para construír beirarrúas novas. Antes executaranse as infraestruturas precisas para canalizar os servizos de saneamento, condución de augas pluviais, abastecemento de auga, rede de baixa tensión eléctrica, telecomunicacións e iluminación pública. A zona na que se desenvolverán os traballos foi visitada hai uns días polo delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, acompañado pola alcaldesa de Ordes en funcións, Ana Soneira, José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de baixa temporal, e os concelleiros José Manuel Rodríguez e Susana García.
Soneira destacou a relevancia da avenida Alfonso Senra pola cantidade de tráfico que aglutina e expuxo que o novo proxecto complementa outras iniciativas de humanización, dotación de equipamentos e mellora da eficiencia enerxética.
ORDES
ORDES O goberno advirte de que sería preciso un informe da Policía Local
A rúa Mirón recibe nova pavimentación e cinco colectores para as augas pluviais
O Bloque propón limitar a 30 km/h a velocidade nas rúas máis sensibles
O delegado provincial e integrantes do goberno de Ordes percorreron a avenida
Rodeiro explicou que a obra se custeará con cargo ao Plan Hurbe, no que se acometen actuacións para rehabilitar, recuperar e conservar equipamentos urbanos municipais. O plan leva financiado uns trinta proxectos na provincia.
nalgúns puntos da vila, garanten que os vehículos respecten máis os límites de velocidade e melloran as condicións de accesibilidade para persoas con dificultades de mobilidade.
A obra retira mellor as augas
A rúa Mirón, en Ordes, recibiu diferentes reparacións nas últimas semanas. Os traballos comezaron co picado e a demolición duns 170 metros cadrados de pavimento. A continuación colocáronse cinco arquetas para mellorar a capacidade de recollida de augas pluviais ao pé das vivendas. As arquetas van conectadas a tres sumidoiros, cos que se garante a capacidade de evacuación. Para rematar, repúxose o firme mediante a nivelación do terreo e a posterior aplicación dunha capa de formigón.
A redución de velocidade sería para zonas de parques ou centros educativos
O BNG de Ordes presentou un plan de seguridade viaria municipal, no que se incorporan propostas como reducir a velocidade de circulación aos 30 km/h en varios puntos das zonas urbanas de Ordes e do Mesón do Vento. Trátase sobre todo das
rúas máis próximas a espazos como parques, zonas de xogo ou centros educativos. Nun prazo de catro anos, a iniciativa propoñía ademais instalar pasos peonís elevados nesas mesmas zonas. Estes elementos, xa colocados
INFORME POLICIAL O plan non chegou a ser debatido no pleno municipal porque o PP e os tres concelleiros non adscritos procedentes de UxO rexeitaron que fose unha cuestión urxente. Si votaron a favor do debate os actuais edís de UxO, o PSOE, a non adscrita Beatriz Martínez e o propio Bloque. Tanto o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, como o non adscrito Roberto González, argumentaron que o procedemento para implantar un plan de seguridade dese tipo tería que ser outro. Neste sentido, expuxeron que a proposta tería que partir, cando menos formalmente, da Policía Local. Entre a documentación precisa debería figurar tamén un informe policial que sirva de base para a posterior votación no Pleno do Concello ordense.
CRÓNICAS - Novembro 2018
7
PUBLICIDADE España verá reforzada a súa representación con 59 escanos
O 26 de maio de 2019 celébranse Eleccións para o novo Parlamento Europeo
O próximo 26 de maio de 2019 a cidadanía ten unha cita dobre coas urnas: celébranse eleccións municipais e, ao mesmo tempo, eleccións ao Parlamento Europeo. Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, comezou en outubro unha campaña informativa para fomentar a participación de cara ás vindeiras eleccións europeas, uns comicios que contribuirán a fixar o rumbo da política da Unión Europea. A campaña informativa, que inclúe un folleto (www.dacoruna.gal/europedirect) realizado en colaboración con outros 11 centros de Europe Direct de toda España, pretende motivar á cidadanía a interesarse pola institución do Parlamento Europeo, tomar conciencia da súa relevancia na toma de decisións no marco da Unión e animar cidadáns e cidadás a participar activamente na cita electoral do vindeiro mes de maio. O Parlamento Europeo é o órgano lexislativo da Unión Europea, conta con competencias lexislativas, de supervisión e orzamentarias. Actualmente, componse do presidente e 750 deputados e os escanos repártense de forma proporcional ao número de cidadáns
de cada país. Desta forma, Alemaña é o país cun maior número de representantes, 96, mentres que Malta conta con 6. España suma actualmente un total de 54 deputados. Con todo estas cifras veranse alteradas a partir de 2019, tras a saída do Reino Unido da Unión. Entón,
Europe Direct A Coruña desenvolve unha campaña informativa para fomentar o voto de nos comicios europeos o Parlamento Europeo pasará a estar formado por 705 eurodeputados, aínda que España verá incrementada a súa representación en 5 deputadas máis, pasando a contar con 59. Ás eleccións concorren os partidos políticos nacionais, pero tras as eleccións conforman grupos políticos do Parlamento xunto con outros partidos políticos de ideoloxía afín á súa familia política. Un partido político europeo está integrado por persoas e partidos nacionais e teñen representación en varios estados membros. O Parlamento é a única institución comunitaria cuxos membros son elixidos directamente polos cidadáns. As
próximas eleccións celebraranse do 23 ao 26 de maio de 2019 e organízanse conforme a lexislación de cada país membro. Isto quere dicir que é cada país o que decide se aplica sistema de listas abertas ou cerradas e cales son as condicións do sufraxio activo e pasivo, pero todos teñen en común o sufraxio universal, directo e proporcional. En España, todos os españois maiores de idade teñen dereito a votar e a presentarse como candidato ás eleccións europeas. Tamén poden facelo os cidadáns e cidadás doutro país membro residentes en España e empadroados nun municipio español. A cidadanía da Unión pode exercer o seu dereito de sufraxio activo, tanto no seu país de residencia como no seu país de orixe, pero poden votar unha única vez nun único país para as mesmas eleccións. Todas as actividades dos eurodeputados e eurodeputadas teñen por obxectivo facilitar a vida dos cidadáns e cidadás dentro da Unión, garantir o respecto aos seus dereitos, favorecer a igualdade de oportunidades e teñen efecto directo no día a día dos europeos e europeas. Aféctannos, a toda a cidadanía, leis como as que garanten unha alimentación máis sa, a libre circulación de persoas e servizos ou a protección do medio natural.
A través da campaña #EstaVezVoto, o Parlamento Europeo busca construír unha comunidade de seguidores para promover unha maior participación electoral nas eleccións europeas 2019, independentemente de calquera partido político ou ideoloxía. Esta campaña pode seguirse a través de redes sociais e da súa web propia. Europe Direct A Coruña uniuse á campaña. Ti tamén podes contribuír: www.estavezvoto.eu
CRÓNICAS - Novembro 2018
8
ACTUALIDADE ORDES
ORDES Os traballos de acondicionamento están xa practicamente rematados
O PSOE advirte do abandono de dous roteiros de sendeirismo no municipio
O albergue de peregrinos de Poulo, pendente do mobiliario e do exterior
Os itinerarios cubríronse de maleza
Xa falta menos para que as persoas que percorren o Camiño Inglés poidan pernoctar no albergue de Poulo. As obras de adaptación do inmoble da antiga casa rectoral están practicamente rematadas. De feito, o Concello xa asinou a recepción da remodelación interior e está unicamente pendente do acondicionamento do exterior e da dotación de mobiliario. O edificio ten 182 metros cadrados e contará con 62 prazas. Conta cun terreo de 5.500 metros cadrados. Será o segundo albergue de peregrinos da de titularidade pública da comarca de Ordes, despois do de Hospital de Bruma (Mesía). No seu interior, con dúas alturas, preserváronse elementos orixinais como a lareira e as paredes de pedra, así como a súa policromía de brancos, granates e turquesas en chemineas, pareces e recercados de portas e ventás. O investimento nas obras foi de 537.000 euros. Nel inclúense a preparación dos accesos e a recuperación dun lavadoiro e dun hórreo. O edificio poderá ser utilizado como albergue durante trinta anos, tal como establece o acordo entre o Concello e a Igrexa, propietaria das instalacións, asinado en abril de 2016.
Os socialistas de Ordes advertiron o “estado de abandono” dos roteiros de sendeirismo do río Mercurín e de San Paio de Buscás ao Outeiro. Por iso, presentaron unha proposta para que o Concello os recupere mediante tarefas de acondicionamento e conservación. Segundo o concelleiro Alejandro Manteiga, os dous itinerarios eran moi útiles para pasar o tempo de lecer na natureza e mesmo atraían visitas de xente de fóra do municipio e excursións organizadas, polo que axudaban á recuperación económica. Sen embargo, o PSOE retirou a súa proposta no pleno, despois de que o goberno lle presentase diversos informes sobre todas as xestións que leva emprendido na materia. Os roteiros, con practicaente unha década de existencia, son circulares e teñen 15 e 8,5 quilómetros de longo.
ACCESO A ORDES O goberno local quere abrir as portas do albergue canto antes, en canto teña o mobiliario e se remate o exterior, se ben o acordo coa Igrexa daba marxe ata 2021. O servizo será xestionado polo Concello, aínda que non determinou con que sistema. No Concello agardan tamén que se materialice a senda peonil con ca-
A rehabilitación da antiga casa rectoral precisou un investimento de 537.000 euros
No interior respectáronse a estrutura e a policromía de diversos elementos orixinais
rril bici entre Poulo e a vila de Ordes, para a que a Xunta ten previsto investir uns 600.000 euros. Boa parte da relevancia desta infraestrutura radica en que os peregrinos e peregrinas te-
rán un acceso máis doado á vila. “Por fin o concello de Ordes terá o protagonismo que merece no trazado do Camiño Inglés”, asegura o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo.
TORDOIA
Xunta e Concello estudan reparar a contorna da igrexa de Viladabade O Concello de Tordoia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estudan como colaborar para acometer un proxecto de acondicionaento da contorna da igrexa parroquial de Viladabade. O alcalde, Antonio Pereiro, presentoulle o proxecto á conselleira, Ángeles Vázquez. Custaría uns 70.000 euros e consistiría en pavimentar a calzada e un aparcadoiro próximo, así como construír dous
muros para a contención de terras e instalar sinalización horizontal e vertical na zona. A conselleira, que ten tamén sobre a mesa do seu departamento a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tordoia, anunciou que trasladará a proposta á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para ver se o proxecto é viable. De selo, sería custeado cos Orzamentos de 2019.
Reunión entre a conselleira de Medio Ambiente e o alcalde de Tordoia
CRÓNICAS - Novembro 2018
9
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Novembro 2018
10
ACTUALIDADE OROSO
COMARCA A Deputación escoita o persoal técnico da zona para un novo plan social
O Concello instala cinceiros para evitar o “xesto feo” de tirar as cabichas ao chan
Vivenda e transporte, as carencias maiores que apreza a axuda no fogar
O Concello de Oroso instalou cinceiros á entrada de diversos edificios públicos e de locais de hostalería para que as persoas fumadoras poidan depositar alí as cabichas en vez de tiralas ao chan. A campaña, que chegará a máis lugares, pretende concienciar sobre o risco para a saúde e a natureza que supoñen as cabichas, pois os filtros dos cigarros son un residuo moi contaminante. Está composto por acetato de celulosa e non é biodegradable. O Concelo asegura que tirar ás cabichas ao chan “é un xesto feo e un mal exemplo para a infancia”.
Os problemas de habitabilidade nalgunhas vivendas, sobre todo rurais e infravivendas, xunto coas severas limitacións no transporte público para as persoas maiores, son dous dos principais problemas observados na comarca ordense por parte dos Servizos Sociais dos Concellos. Así quedou patente nunha xuntanza de traballo do persoal desta área coa deputada provincial de Igualdade e Benestar Social, Ánxela Franco. O encontro, en Sigüeiro (Oroso), serviu para avanzar na elaboración dun novo Plan de Acción de Servizos Sociais da Deputación da Coruña. Participaron en concreto profesionais de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso e Trazo e o equipo técnico de Andaina Pro Saúde Mental. Un dos temas centrais da xornada foi o servizo de axuda no fogar, sobre o que se destacou o seu importante papel tamén á hora de detectar as necesidades dos domicilios atendidos e de mellorar as condicións de vida das persoas usuarias. A deputada provincial explicou o
OROSO
OROSO Deixebre pregunta polo proxecto de circunvalación de Sigüeiro
O PP renova a xestora das Novas Xeracións no municipio, con Daniel Cardama á cabeza
Mirás anuncia unha modificación do PXOM en Deixebre, Oroso e Trasmonte
Un dos cinceiros, na porta dun local
Encontro en Oroso da deputada provincial Ánxela Franco con persoal da comarca
importante incremento do investimento da Deputación no Servizo de Axuda no Fogar. Como mostra, de 2017 a 2018 en Cerceda pasou duns 45.500 a case 104.000 euros. En Frades a achega provincial pasou de case 18.000 a máis de 34.000 euros. Mesía subiu de 51.500 a 99.400 euros. Oroso situouse en 52.500 euros desde os 39.000. Trazo ascendeu de
case 44.000 a uns 66.500 euros. De Ordes e Tordoia non facilitaron datos. Ánxela Franco afirmou que, ao comprobar que os servizos son insuficientes, é preciso “apoialos desde as institucións porque reverte na calidade de vida das persoas que máis o precisan”. Animou ás demais institucións a evitar os recortes e seguir o exemplo.
visións de só tres parroquias, senón de todo o municipio.
Membros da executiva e cargos do PP
O PP de Oroso renovou a xestora de Novas Xeracións, a súa organización xuvenil, no municipio. O novo presidente é Daniel Cardama, estudante e veciño de Sigüeiro. Como secretario figura Adrián Iglesias, mentres que Óscar Rial é o vicepresidente nunha executiva que completan nomes como Jorge Remuiñán, Eloy Blanco, Damián Blanco, Daniel Ferreiro ou Adán Doval. Ningunha muller figura na executiva, cando menos segundo a información que difundiu o propio partido. Ao acto acudiron o secretario xeral do PP en Galicia, Miguel Tellado, e o líder do PP local, Alexander Doval, entre outros.
O encontro serve para que a veciñanza transmita inquedanzas ao goberno municipal
Volveron a Oroso os Cafés co Alcalde. Os encontros de Manuel Mirás coa veciñanza comezaron unha nova tanda en Deixebre, onde o rexedor deu a coñecer as obras e proxectos máis próximos para a zona. Entre eles, destacan as melloras no parque infantil e no piso da escola, a dotación de auga corrente na igrexa, o reforzo do alumeado en Vilar de Abaixo ou a instalación dunha marquesiña en Vilar de Arriba. O alcalde expuxo ademais as xestións efectuadas desde o Concello
coa Xunta para buscar unha solución aos cortes no servizo eléctrico e anticipou a licitación da modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal nas parroquias de Deixebre, Trasmonte e Oroso. É un procedemento no que, tal como lembrou, a Xunta terá a derradeira palabra. O PP comentou sobre este anuncio que lle parece “electoralista” e reclama unha revisión integral do PXOM consensuada cos veciños. O seu portavoz, Alexander Doval, expuxo que non se poden efectuar re-
CIRCUNVALACIÓN Non obstante, unha das cuestións que máis interese suscitou entre a veciñanza foi o proxecto de nova circunvalación de Sigüeiro polo oeste, desde a rotonda do polígono ata a bifurcación da estrada que vai a Lavacolla. A circunvalación sustitúe o proxecto de estrada alternativa á N-550 desde Ordes ata Marantes, que o Concello recoñece que “non era do agrado dos veciños”. O encontro tamén serviu para que o goberno municipal tomase nota de diversas peticións veciñais. As máis habituais seguen sendo a colocación de farolas, o arranxo de fochancas ou a limpeza de cunetas, pero tamén houbo demandas para incrementar o tamaño do aparcadoiro da escola, dotar de sumidoiros a zona dos Carballos, aumentar a sinalización viaria, instalar novos paseos de peóns ou pintar algúns xa existentes.
CRÓNICAS - Novembro 2018
11
ACTUALIDADE ORDES Iniciativa do BNG que o goberno despraza ás familias das vítimas
Descartan de momento buscar unha posible foxa común no Piñeiro O grupo do PP de Ordes e os tres concelleiros non adscritos procedentes de UxO rexeitaron debater unha proposta do BNG para promover desde o Concello a realización dun estudo para localizar a foxa común da guerra civil do cemiterio do Piñeiro, da que segundo os nacionalistas dan testemuño “diversas fontes orais e escritas”. A idea do Bloque era que “en base aos resultados do estudo” se lle reclamase á Xunta que efectuase os traballos de exhumación e de identificación dos restos, así como a entrega ás súas familias. Ademais, os nacionalis-
tas solicitaban que o Concello organizase un acto institucional de homanexe ás vítimas. O goberno, que se refire á foxa como “suposta”, asegura que non quixo someter a moción do BNG a debate porque non se atiña ao procedemento que marca a lei da memoria histórica. Segundo o PP, a norma indica que son as familias as que terían que iniciar o trámite e solicitar as medidas de actuación. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, indicou ademais que sería preciso que presentasen un estudo documental previo e as solicitudes para realizar o traballo.
Outro inconvinte mencionado polo PP é que a foxa estaría situada en terreos privados, algo que “habería que ter en consideración e traballar conxuntamente cos seus propietarios”. Non obstante, o rexedor deixou aberta a porta a investigar a foxa común e sinalou a posibilidade de “manter reunións de traballo para tratar o tema ou aspectos relacionados con el”. Os tres concelleiros non adscritos saídos de UxO -Roberto González, José Luís Gómez e Ramón Vázquez- inciden tamén en que se trata dunha propiedade privada e estudar
a localización da foxa implicaría “pedir permiso a todas as familias hipoteticamente afectadas”. Os tres edís, que na práctica respaldan ao PP, acusan ao Bloque de ter “máis interese en reabrir feridas que en apuntalar a reconciliación selada durante a transición democrática”. Para o BNG, o PP e os tres concelleiros, aos que considera “tránsfugas de UxO”, utilizaron como “excusa” a posibilidade de que a foxa estea nunha parcela privada. Os nacionalistas insisten en que a súa proposta é realizar un estudo que permita localizar a foxa. A partir de aí, no caso de que se confirme, habería que instar á Xunta a exhumar os restos e o Concello debería organizar un acto de homenaxe ás vítimas. Pablo Vidal, portavoz do grupo do BNG, preguntouse se “é algo no que o Concello non teña potestade ou realmente no que o PP non quere ter potestade?”.
ORDES
Renovan a homenaxe anual ao Soldado Lois no propio cemiterio O Concello de Ordes renovou no día de Todos os Santos a homenaxe anual a Manuel Lois García, coñecido como o Soldado Lois. Como é habitual, oficiouse unha misa no cemiterio do Piñeiro, na que tiveron un papel relevante o Terzo Norte da Infantería da Mariña de Ferrol e a súa banda de música. No mausoleo onde están os restos do soldado efectuouse unha ofrenda floral, acompañada pola in-
terpretación do himno da Armada Española, a Salve Marinera, e por varias salvas de honra. Os actos estiveron presididos polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e polo coronel comandante Juan Ruesta Botella. Foron seguidos por varias decenas de persoas, en lembranza do militar ordense, recoñecido por salvar o cruceiro Baleares en 1937 retirando un explosivo a costa da súa vida.
Agendas y recambios 2019 Fotocopias - Impresiones Encuadernaciones Todo en papelería Artículos de Regalo Trabajos de Imprenta Material escolar Material de oficina
amplio surtido de agendas de las principales marcas del mercado
Calendarios 2019, productos promocionales y merchandising.
Ofrenda floral ante a tumba do Soldado Lois, declarado fillo predilecto de Ordes
CRÓNICAS - Novembro 2018
12
ACTUALIDADE ORDES A Garda Civil detivo tres persoas, enviadas a prisión polo xulgado como supostas responsables dos delitos
Desartellado en Ordes un grupo organizado que traficaba con drogas e branqueaba cartos A Garda Civil de Ordes detivo tres persoas como supostas integrantes dun grupo organizado que se dedicaba ao tráfico de diversas drogas. Están acusadas dun presunto delito contra a saúde pública, polo tráfico de substancias estupefacientes na modalidade de drogas tóxicas. A actividade do grupo realizábase desde o municipio ordense. A Garda Civil comezou o operativo o pasado mes de agosto, ao constatar o repunte significativo de delitos contra o patrimonio na comarca¡. Foran “especialmente alarmantes” os roubos producidos no interior de vehículos. Todo iso coincidía co “notorio aumento do consumo de heroína”, tal como explica a propia Garda Civil. As indagacións lograron identificar primeiro a persoa encargada da venda de heroína polo miúdo na localidade de Ordes. Foi posible documentar un bo número de vendas a toxicómanos da zona, moitos dos cales levaban anos en proceso de desintoxicación.
NUN GARAXE Un can do Servizo Cinolóxico da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra inspecciona o vehículo, propiedade dun dos detidos, no que foi sorprendido cando manipulaba a defensa traseira nun garaxe de Ordes. Foi un dos momentos clave das investigacións da operación, que comezaron o pasado mes de agosto tras observar que na zona se estaba producindo un incremento de roubos no interior de vehículos e un incremento considerable no consumo de heroína. 2.600 GRAMOS O material intervido tanto no vehículo como no rexistro de tres inmobles, tamén con apoio cinolóxico e con orde xudicial, dá idea da magnitude do grupo organizado: 2.600 gramos de cocaína, uns 56.000 euros, 640 doses de heroína, 148 gramos de heroína Black Tar, 235 pastillas de metadona, unha arma curta detonadora, munición, diversa documentación tres turismos, dúas básculas de precisión, catro teléfonos móbiles e diversos útiles destinados á preparación e distribución a droga.
RELACIÓN PIRAMIDAL Seguidamente, logrouse a identificación de dúas persoas máis. Unha delas sería a que fornecía a heroína e metadona ao primeiro e outra a que lla achegaba a este último. Deste xeito, establecían unha relación tipo pirámide ascendente, na que o último dos identificados contaría con certa relevancia no tráfico de drogas a nivel nacional. Toda a abundante información recollida nas investigacións deu paso a un operativo especial, denominado ‘Gamora-Ordes’. Un operativo especial nun garaxe da vila permitiu sorprender o sospeitoso in fraganti manipulando a defensa traseira dun coche da súa propiedade. DROGA E DIÑEIRO O dispositivo achado polos investigadores da Garda Civil para ocultar importantes cantidades de droga, denominado ‘caleta’ no argot policial, contaba nese momento con 2.600 gramos de cocaína distribuída en oito paquetes. Ademais, deron con 109 billetes de 500 euros, o que supón 54.500 euros en total. Segundo a Garda Civil, trátase de diñeiro que proviña dun banco suízo, motivo polo que tamén se lles imputou aos detidos un suposto delito de branqueo de capitais. REXISTROS EN INMOBLES Tras as detencións, os axentes rexistraron tres inmobles, dous situa-
A PRISIÓN A xuíza titular do Xulgado número 1 de Instrucción de Ordes que dirixiu a operación, denominada Gamora, enviou as tres persoas detidas a prisión. Non trascenderon datos da súa identidade ou filiación. Presuntamente son responsables de dous delitos: un contra a saúde pública polo tráfico de estupefacientes na modalidade de drogas tóxicas con grave risco para a saúde púbica e outro delito de branqueo de capitais. As detencións causaron satisfacción entre a poboación local. FOTOS: G.C. e CRÓNICAS dos no núcleo urbano de Ordes e o terceiro na parroquia de Santa Cruz de Montaos. Esta tarefa realizouse por orde xudicial e co apoio do Servizo Cinolóxico da Comandancia de Pontevedra. Estes rexistros serviron para in-
cautar 640 doses de heroína, 148 gramos de heroína Black Tar, 235 pastillas de metadona, unha arma curta detonadora, munición, 1500 euros, diversa documentación relacionada co suposto delito de branqueo de capitais, tres turismos, dúas básculas
de precisión, catro teléfonos móbiles e diversos útiles destinados á preparación e distribución a droga. A operación foi dirixida pola titular do Xulgado de Instrución nº1 de Ordes, que enviou as tres persoas detidas a prisión.
CRÓNICAS - Novembro 2018
13
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Novembro 2018
14
ACTUALIDADE OROSO
O PP reclama un remate máis axeitado para as beirarrúas da rúa Barreiro
ORDES Non o fará para conservar capacidade de “manobra” ante imprevistos
O goberno di que lle sobran cartos para pagar xa a débeda bancaria ou imprevisto que xurda”, afirmou.
Aspecto da obra aínda sen rematar
O PP de Oroso reclamou que selle dea solución ás “deficiencias” nas obras das beirarrúas da rúa Barreiro. Segundo di o principal grupo da oposición, os veciños informáronlle de que quedan desniveis de 13 centímetros con respecto aos portais das vivendas, o que dificulta os accesos. A formación liderada por Alexander Doval, que recoñece que o proxecto, orzamentado en 58.000 euros, aínda está en execución, solicita tamén que as beirarrúas cheguen ata o final da rúa, de xeito que toda a veciñanza quede co mesmo servizo.
O goberno informou sobre a situación financeira do Concello no pleno de outubro
O Concello de Ordes adebédalle 2.062.000 euros aos bancos. Pero ten algo máis de 3.500.000 euros en fondos de tesourería, polo que lle sobran cartos para saldar contas coas entidades financeiras. Así o explicou en pleno o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo,
que en todo caso precisou que non van pagar a débeda de golpe “por unha cuestión de responsabilidade, xa que de facelo poderiamos poñer en perigo a estabilidade orzamentaria do Concello, en alto risco a regra de gasto e suprimiriamos o fondo de manobra para calquera necesidade
5,3 MILLÓNS Á CHEGADA Martínez Sanjurjo insistiu en que á súa chegada á Alcaldía o Concello adebedaba 5,3 millóns de euros. Esta cifra foi cuestionada a comezos do mandato por parte de UxO, a formación que lideraba o anterior goberno de Manuel Regos. O actual alcalde conclúe que a media de amortización de débeda é de 1,2 millóns de euros ao ano desde o 1 de xaneiro de 2016. A efectos de amortización, o rexedor do PP exclúe os primeiros meses do seu goberno -segunda metade de 2015- dado que “foi imposible porque sinxelamente non deixaron cartos para poder facelo”. Martínez Sanjurjo sinala tamén que no principio do mandato atopara “facturas sen pagar por importe de 600.000 euros dentro do caixón”, o que contrapón á media de pago actual das facturas aos proveedores, que segundo el é de dezaseis días, a terceira mellor da provincia.
FRADES
ORDES
O multiusos contará con biblioteca e aula de informática
O PP reivindica que se licite a rotonda sur na N-550 e diñeiro para o centro sociocomunitario
Sinatura do acordo por parte do conselleiro e do alcalde (dereita)
Un convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello permitirá avanzar no contido do edificio contiguo á Casa do Concello de Frades. O gasto será duns 40.000 euros e servirán para habilitar unha biblioteca e unha aula de informática. As dependencias que se reformarán son as da planta baixa. O andar superior fora acondicionado xa o ano pasado e a el trasladouse
a colección de apeiros tradicionais e de labranza ata entón expostos na parte inferior. Á súa vez, a biblioteca será trasladada desde o colexio da Pontecarreira, onde na actualidade está “en desuso”, segundo o Concello. O acordo foi asinado polo alcalde, Roberto Rey, e polo conselleiro, Juan González. O proxecto será financiado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
O PP de Ordes agarda que o proxecto da rotonda sur da N-550, na saída da vila cara a Santiago, sexa licitado antes de que remate o ano. Nos orzamentos do Estado de 2017 aparecían consignados 500.000 euros para a obra, que tería que aprazarse a outra anualidade se Fomento non acomete o trámite antes do 31 de decembro. O alcalde remitiulle unha carta ao ministro solicitándolle unha reunión sobre o tema. O PP lembra a importancia que tería a rotonda para despois darlle continuidade á ronda leste cara á estrada de Carballo, abrindo un novo vial que retiraría máis tráfico do centro urbano. No vindeiro pleno, deste 29 de novembro, o grupo de goberno anunciará “hipotéticas medidas de presión” se Fomento non ofrece “unha resposta convincente”. Nun tono electoralista, o
PP asegura que “non consentirá” que o goberno entregue o diñeiro do proxecto “aos independentistas cataláns ou a calquera outro socio populista”. A aparición de partidas orzamentadas para obras que despois non se licitan é xa un clásico nas partidas de Fomento. Durante os últimos anos sucedeu así por exemplo coa iniciativa da variante da N-550, que de momento parece descartada. CENTRO COMUNITARIO Por outra parte, o PP tamén acusou ao PSOE e ao BNG de “boicotear” o centro sociocomunitario que se construirá preto do Campo da Feira. A Xunta prevé gastar uns 360.000 euros na obra do edificio, prevista “en breve”. O PP quéixase de que a Deputación non outorgase unha subvención nominativa para custear o equipamento.
CRÓNICAS - Novembro 2018
15
ACTUALIDADE COMARCA Goberno e PP discrepan sobre o nivel dos investimentos previstos
O orzamento 2019 da Deputación medra ata os 183,6 millóns de euros A Deputación da Coruña xa aprobou o seu orzamento para 2019. Ascende a 183,6 millóns de euros, o que supón un 2,6% máis que este ano, 4,65 millóns de euros. As contas recibiron o voto a favor do PSdeGPSOE, o BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños. O PP votou en contra. O goberno provincial, que lidera o socialista Valentín González Formoso, destaca que de novo todos os investimentos e plans van ser financiados con recursos propios, sen pedir créditos e coa débeda cero que mantén a Deputación neste mandato. Antonio Leira, deputado provin-
cial de Economía e Facenda, explicou que o principal programa de investimentos será o Plan Único ou POS+2019, dotado inicialmente con 61,5 millóns de euros e coa previsión de que incluso supere os 100 millóns ao longo do ano mediante a incorporación de remanentes. Ademais, Leira destacou o reparto do plan entre os Concellos con criterios obxectivos e coa premisa de preservar a autonomía municipal e que sexan os Concellos os que decidan en que invisten os fondos que lles achega a institución provincial. En canto á evolución de partidas, destaca o incremento da área de Promoción Económica e Emprego, que
suma 20,5 millóns, un 32,5% máis. Tamén medran, arredor do 10%, Cultura e Deportes, Acción Social e Vías e Obras. As partidas que baixan son as de Medio Ambiente, xestión de plans ou asistencias técnicas. Para a comarca, ademais dos investimentos en vías provinciais e os fondos para os Concellos, destaca a previsión de avanzar na creación da Vía Verde sobre a antiga liña ferroviaria entre Cerceda e Santiago. O PP EN CONTRA O PP, ademais de votar en contra no pleno, realizou unha concentración de alcaldes e concelleiros ás portas da Deputación. Considera
que o Plan Único cae un 19% e califican o orzamento de “decepcionante e falto de ambición”. Mesmo acusan ao goberno provincial de “roubar un diñeiro fundamental para o desenvolvemento” dos municipios. Cren ademais que a cantidade reducida será “trasladada” en función de “criterios políticos”, asegurou o seu portavoz provincial, Agustín Hernández. O presidente, Valentín González Formoso, replicou reiterando que o Plan Único poderá chegar aos 100 millóns de euros en 2019, fronte aos 90 de 2017 e os 92 deste ano, aínda que a dotación inicial sexa de 61,5. Formoso non dubidou en falar de “investimento histórico” e interpreta que a protesta do PP se debe á proximidade das eleccións municipais. O máximo responsable da Deputación afirma que “ningún Concello da provincia vai recibir menos neste mandato que no anterior” e instou á Xunta a ser igual de obxectiva e transparente no reparto dos seus fondos entre os Concellos galegos.
CERCEDA
Avalían o posible uso deportivo para o lago das Encrobas O uso do lago das Encrobas para a práctica de deportes como a vela ou o remo foi un dos contidos do congreso Ibernáutica 2018, que se celebrou no auditorio de Cerceda. Responsables de diversas federacións deportivas explicaron as necesidades técnicas que se deben reunir en augas interiores para a práctica das súas especialidades,
tanto en adestramentos como para acoller competicións oficiais. Unha das conclusións foi que o lago dispón de “extensión sobrada de lámina de auga” e dunha boa infraestrutura de partida para acondicionala ao uso deportivo. Destacaron a capacidade da náutica para xerar riqueza e facer un uso sostible da natureza.
Clausura do congreso Ibernáutica celebrado no auditorio de Cerceda
CRÓNICAS - Novembro 2018
16
ACTUALIDADE ORDES O Bloque cre que teñen medo ao debate, o PP ve “falso victimismo” e os ex de UxO presumen de “criterio”
O veto a tres mocións do BNG abre un cruce de acusacións co PP e os tres edís que saíron de UxO en Ordes e a que dende o PP lle tiren das orellas”.
O PP e os tres edís procedentes de UxO suman maioría absoluta no pleno ordense
O BNG, o PP e os tres concelleiros non adscritos procedentes de UxO sostiveron un intercambio de acusacións despois de que estes últimos e o goberno impediran no pleno o debate das tres mocións presentadas polos nacionalistas: unha para establecer un plan de seguridade viaria en rúas de Ordes e do Mesón do Vento, out ra para reactivar as parcelas baleiras no polígono de Merelle e a terceira para promover un es-
tudo para localizar unha foxa común no Piñeiro. O Bloque acusou ao PP e aos que considera “tránsfugas de UxO” de “amordazar a democracia”. Xulga como unha “situación inaudita” o veto ás tres mocións, polo que acusa ao rexedor de terlle medo “ao debate de ideas co resto de grupos, a confrontar os seus posicionamentos cos do BNG, a quedar en evidencia por mor da súa falta de proxecto
“É COMPATIBLE” O PP replicou defendendo que “a calidade democrática do Concello é compatible co seu dereito a rexeitar determinadas propostas da oposición”. Para o PP, as críticas do Bloque débense a unha “rabecha” que se “enmarca no falso victimismo e a agardada radicalización dos nacionalistas” ante a irrupción de novas forzas políticas no seu eido electoral, aseguran. A formación manifesta que desde o seu retorno á Alcaldía no Concello impera “a transparencia, a pluralidade e unha política de man tendida aos grupos da oposición”. Os conservadores consideran que as mocións do BNG non eran de urxencia e “pretender tramitar asuntos ordinarios, sen présa algunha, polo procedemento de urxencia, como tentou facer o BNG, non só semella pouco racional, senón que denota unha escasa capacidade para planificar o traballo político e para fixar
prioridades”, di o PP. Máis tarde sumáronse á controversia os non adscritos Roberto González, Ramón Vázquez e José Luis Gómez. Aseguran que rexeitaron a urxencia das propostas porque “temos o noso propio criterio e baixo ningún concepto nos someteremos aos ditados do BNG nin da súa asemblea local”, sosteñen. Opinan que a moción sobre a foxa común “terxiversa a realidade” e precisaría permisos por tratarse dunha propiedade privada. Acusan ao Bloque de “tentar reabrir feridas” coa súa proposta en vez de “apuntalar a reconciliación selada durante a transición democrática” e lembran que Ordes ten unha rúa da Reconciliación que amosa o “compromiso democrático de todos os ordenses”. Os tres edís, que desde que abandonaron UxO na práctica apoian o goberno do PP, rexeitan que o BNG queira “repartir carnés de demócratas”, tal como din, e defenden que as súas actas teñen tanta lexitimidade como as do Bloque.
OROSO
ORDES
O PP critica o retraso no paso cuberto do CEIP de Sigüeiro e o PSOE culpa á Consellería
Aprobada a proposta de UxO para ampliar a oferta da Escola Oficial de Idiomas en Ordes
O PP de Oroso criticou ao goberno municipal polo retraso na construción dun paso cuberto entre o CEIP de Sigüeiro e instalacións deportivas próximas como o pavillón municipal. A obra fora anunciada en decembro de 2017 como parte dos plans provinciais, pero segue pendente. O portavoz do principal partido da oposición, Alexander Doval, afirmou que “hai temas que deben ter prioridade e a educación é un deles”. Doval explica que a infraestrutura pendente permitiría que o alumnado evitase a chuvia: “parece que ao alcalde dálle igual que os nenos se mollen ou non, non se entende que non se axilicen os trámites que impiden que esta obra se poida facer”, acusou. Doval pronosticou ademais que o alcalde, Manuel Mirás, “esperará a que se acheguen os meses previos ás eleccións munici-
A proposta de Unión por Ordes (UxO) para incorporar un novo idioma á oferta da sección oficial de Ordes da Escola Oficial de Idiomas foi aprobada por unanimidade no pleno municipal. A iniciativa suxire que o novo idioma sexa alemán, francés ou portugués. Sumaríase á oferta de inglés que se imparte desde 2008 nas aulas do IES-1 de Ordes e que na actualidade aproxímanse ás trescentas persoas matriculadas. A moción, asinada polo concelleiro Manuel Iglesias Vieites, dirixirase á Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional, así como á Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela. A argumentación da proposta destaca que a aprendizaxe de linguas é un elemento que se avalía e incluso unha condición necesaria para formar parte de numero-
pais para volver anunciar a obra e comezar a facela”. O PSOE, que xestiona o goberno municipal, replicou ao PP advertindo que a demora das obras débese a que a Consellería de Educación non concedeu os permisos e a que a nova lei de contratos “elaborada polo PP” complica a tramitación dos proxectos, ademais de “prexudicar o pequeno comercio e as empresas locais”, tal como manifesta o alcalde, Manuel Mirás. O rexedor defende que a educación sempre está nas súas prioridades e acusa a Doval de “descoñecemento e desinterese”. Instouno a “aparcar a demagoxia e actuar realmente en beneficio dos veciños”. Mirás considera “curioso que o señor Doval sempre se acorde das obras cando están a punto de comezar a executarse e nunca antes”. Acúsao de non achegar nada positivo.
Manuel Iglesias Vieites (UxO)
sos procesos de selección laboral. Do mesmo xeito, sinala o éxito da oferta de inglés da sección ordense, con prazas cubertas en once grupos para os distintos niveis de coñecemento que se imparten. A petición de UxO é que o novo idioma que se incorpore conte cando menos co nivel B1 ou B2, os de rango intermedio, porque “é o que se lle está esixindo a todo o alumnado que curse estudos universitarios”.
CRÓNICAS - Novembro 2018
17
ACTUALIDADE ORDES
ORDES
Denuncian danos nunha propiedade privada en Pereira
Rescatan unha muller que caeu mentres se queimaba a cociña
Un veciño de Pereira informou á Policía Local de Ordes dos danos ocasionados en fincas particulares na zona de Cercedo, na parroquia de Pereira, ao longo do oleoducto que pasa polo lugar. Segundo relata o denunciante, a principios de novembro tres quads e oito motos foron ocasionando diversos destrozos. Os danos afectan tanto a plantacións privadas como tamén ás cunetas, posto que “atravesan a pista dun lado a outro”. O veciño asegura que non é a primeira vez que se producen feitos deste tipo e advirte de que puideron tomar nota da matrícula dun dos vehículos para informar ás forzas de seguridade.
Unha veciña da rúa González Faya, en Ordes, foi rescatada polos Bombeiros tras sufrir unha caída na súa casa cando se producía un incendio na cociña. Outra veciña foi a que avisou aos servizos de emerxencias ao ter constancia do lume na cociña da vivenda contigua. A súa veciña, de idade avanzada, non lograba abrir a porta, precisamente por mor da caída. A vítima sufriu un forte golpe na cabeza e foi atendida polos servizos profesionais dunha ambulancia. Foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. O incendio comezara nunha pota ao lume e o fume chegou a afectar á campá extractora.
CRÓNICAS - Novembro 2018
18
ACTUALIDADE ORDES En Vilamaior habilitan un aseo cunha achega veciñal e municipal e en Parada preparan o aparcadoiro
Obras a carón das igrexas de Vilamaior e Parada As contornas das igrexas de Vilamaior e de Parada, en Ordes, están mellorando os seus equipamentos con diversas intervencións, financiadas con achegas veciñais e municipais. No caso de Vilamaior, os traballos consisten en rehabilitar unha construción tradicional próxima ao templo. O inmoble, duns oitenta metros cadrados de superficie, contará con aseos e cun osario, ademais de servir de resgardo cando chova. A instalación dos aseos foi unha condición da Consellería de Sanidade para autorizar unha futura ampliación do cemiterio parroquial. As obras, que probablemente estean rematadas antes da fin de ano, elevarán a altura da edificación e dotarana dunha cuberta de dúas augas, en vez dunha. Para o cerramento, aproveitaranse os muros de pedra xa existentes. A cuberta precisa vigas e viguetas de formigón prefabricadas. O tellado levará chapa de fibrocemento cuberta de tella cerámica. O exterior levará unha soleirade formigón e no interior a carpintería será con taboleiros aglomerados e o chan con plaqueta antiesvarante.
O proxecto tiña un orzamento inicial de case 43.000 euros, que finalmente foi rebaixado a 34.000 euros. Son os veciños e as veciñas de Vilamaior as que custean a maior parte, con 20.000 euros, mentres que o Concello achega os 14.000 euros restantes. PARADA En Parada acondiciónase unha parcela próxima á igrexa e ao cemiterio parroquais como aparcadoiro cunha superficie duns 450 metros cadrados. O primeiro paso foi limpar o terreo e nivelalo para despois aplicar unha capa de grixo artificial. O proxecto inclúe ademais medidas para aminorar o impacto do aparcadoiro na zona e nos elementos arquitectónicos protexidos. Por iso, está prevista a plantación de buxos, camelias, olmos, cipreses e loureiros, así como a dotación de bancos de madeira con elementos de ferro fundido. O Concello anunciou que máis adiante prevé rehabilitar unha edificación situada na zona para poder darlle “un uso relacionado coa igrexa e co cemiterio lindeiro”.
A edificación auxiliar de Vilamaior incluirá aseos, osario e zona de resgardo
Terreo que se acondicionará como aparcadoiro preto da igrexa de Parada
ORDES
MESÍA
O Concello solicítalle á Xunta apoio para dúas pontes
Renovan o acordo para o complexo das Brañas da Valga
Reunión de integrantes do goberno de Ordes coa Consellería de Medio Rural
Valentín G. Formoso, presidente da Deputación, e Mariano Iglesias, alcalde
A concelleira Ana Soneira como alcaldesa en funcións e José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de baixa, solicitáronlle ao conselleiro do Medio Rural, José González, apoio para construír unha ponte sobre o río Cabrón, en Trillán (Ordes), e outra en Pereira (Buscás). Para a primeira, na parcelaria de Buscás II, o proxecto xa foi presentado e valórase nuns 43.000
A Deputación e o Concello de Mesía renovaron o convenio de colaboración para financiar os gastos de funcionamento da Aula da Natureza e do Museo Etnográfico das Brañas da Valga, en Visantoña. O acordo supón que a entidade provincial achegará uns 53.500 euros, o 80% dos gastos anuais de funcionamento do complexo. O convenio permite a contrata-
euros. En canto á segunda, o Concello agarda presentar o proxecto na Xunta nas vindeiras semanas. A reunión tamén serviu para avaliar a situación das concentracións parcelarias no municipio, insistindo na de Poulo e na necesidade de entregar títulos nos procesos abertos en Buscás, Vilamaior, Barbeiros, Montaos, Beán, Pereira, Mercurín, Lesta e Parada.
ción de dous peóns de xardinería e un monitor de tempo libre para o mantemento das instalacións, a programación de actividades e a atención de visitas. A aula e o museo sitúanse nunha antiga barreira de extracción de arxila recuperada como lagoa. Como aula da natureza dedícase aos humidais e como museo á historia da cerámica en Galicia.
CRÓNICAS - Novembro 2018
19
ECONOMÍA E TRABALLO ORDES O goberno afirma que hai parcelas baleiras en Merelle sen obriga de edificar
Ordes intenta implicar as empresas para aumentar o solo industrial
SEDE NO CENTRO COMARCAL. O antigo Centro Comarcal, que se sitúa nas Casillas (Ordes) e leva anos pechado, podería converterse na nova sede da asociación empresarial local. Responsables de empresas da zona visitaron as dependencias con representantes municipais e valorarán utilizalas, reactivando a súa entidade.
O goberno de Ordes estableceu contacto co sector empresarial local para intentar artellar unha estratexia que permita aumentar o solo industrial dispoñible. Faino despois de que
dese por agotado ese tipo de chan, tras a venda das dúas derradeiras parcelas no polígono de Merelle. Nun encontro no que tamén participou representación da Xunta, ana-
lizaron a posibilidade de ampliar Merelle nuns 200.000 metros cadrados e a de crear o polígono de Pardiñas, proxectado desde hai anos nesta zona de Poulo, que tería case 460.000 metros cadrados. Os cargos públicos animaron ao empresariado a facer efectiva unha xustificación da demanda de solo, o que podería facilitar financiamento para desenvolver os polígonos. Precisaron que habería que asinar un documento, que en todo caso sería unha “declaración de intencións” e carecería “de compromiso e suporía risco cero”, afirma o Concello. O executivo ordense considera que a ampliación de Merelle está supeditada á aprobación e entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Valora que podería lograrse en 2021, polo que os traballos para ampliar o solo actual nesa zona comezarían en 2024. Para o proxecto de Pardiñas, precisaría entrar no plan sectorial de ámbito autonómico. O Concello destacou o óptimo emprazamento e as
COMARCA Os prezos en orixe soben levemente, pero os de Galicia son os peores
Premian a cinco granxas da zona pola calidade hixiénica do seu leite Cinco das vinte explotacións gandeiras galegas recoñecidas pola calidade hixiénica e sanitaria do seu leite pertencen á comarca de Ordes. As distincións Exceleite, outorgadas pola Xunta, entréganse entre as aproximadamente 5.000 granxas galegas que figuran inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi). As premiadas da zona foron: Ganadería Gasu SC, de Tordoia, primeiro premio na modalidade grande semiextensivo; Vilagudín SC, de Ordes, segundo premio en grande semiextensivo; Jesús Manuel Baleato Pazos, de Tordoia, primeiro premio en mediano semiextensivo; Carmen Pérez Botana, de Frades, primeiro premio en mediano intensivo; e Lourdes Landeira Costa, de Trazo, segundo premio na modalidade mediano intensivo. ÚLTIMOS NOS PREZOS No acto de entrega dos premios, en Vilalba, o conselleiro do Medio Rural, José González, sinalou que o
Entrega dos premios Exceleite, que concede a Consellería, nun acto en Vilalba
sector galego do leite ingresou nos primeiros nove meses do ano 639 millóns de euros, o que supón 36 millóns máis que no mesmo período do ano anterior. O conselleiro gabou a calidade do produto galego e sinalou que o séctor lácteo galego é “líder indiscutible dentro de España”. Sen embargo, Galicia non lidera nos prezos. As cotizacións máis re-
centes dispoñibles, correspondentes ao pasado setembro, sitúana no penúltimo posto de toda España, con 0,308 euros por litro, só medio céntimo máis que en agosto. Só Cantabria fica por detrás, con 0,306 euros por litro. Os gandeiros asturianos cobran tres céntimos máis por litro (0,338) que os galegos. A media española está en 0,317 euros.
facilidades de comunicación. PARCELAS BALEIRAS Este movemento prodúcese pouco despois do debate pola existencia de parcelas baleiras en Merelle. Para o BNG, as afirmacións do alcalde dando por acabado o solo industrial dispoñible foron “unha verdade a medias”, á vista de que existen “numerosas parcelas literalmente a monte”. Por iso, os nacionalistas propuxeron instar a Xestur, a entidade da Xunta encargada da xestión do polígono, á resolución dos contratos de compravenda de parcelas baleiras. A iniciativa sería para os casos “que incumpran a obriga de obter a habilitación correspondente para a primeira actividade no prazo establecido no contrato”. É dicir, para quen simplemente mercara o terreo e non dera pasos para construír a infraestrutura para actividade industrial. En pleno, o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, exhibiu un informe de Xestur que matiza que parte dos terreos sen construír están na primeira fase do polígono, na que non se recolleu a obriga de construír. Noutros casos, segundo o Concello, si se constataron movementos de terras e traballos iniciais para obrar, pero os titulares das parcelas ao final non chegaron a construír por mor da crise económica xestada a mediados da pasada década.
PREZOS DO LEITE
SETEMBRO / AGOSTO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA
0,308 0,327 0,316 0,338 0,320 0,450 0,306 0,323 0,318 0,314 0,314 0,326 0,317 0,320 0,338 0,322 0,320 0,317
0,303 0,325 0,307 0,336 0,314 0,449 0,301 0,323 0,314 0,325 0,307 0,323 0,316 0,314 0,335 0,316 0,328 0,314
MEDIAS ESPAÑA SETEMBRO 2014 0,352 2015 0,304 2016 0,296 2017 0,322 2018 0,317
PRODUCIÓN SETEMBRO 2017
2018
Galicia 214.785 tn 219.150 tn España 558.595 tn 553.861 tn Fonte: FEGA (02-11-2018)
CRÓNICAS - Novembro 2018
20
XENTE DE AQUÍ ORDES
ORDES
Presentación do libro Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda
Laura Romero gaña o premio do certame Compostela Ilustrada
A presentación da obra, na biblioteca pública, contou cun amplo recital poético
A biblioteca de Ordes acolleu a presentación do libro Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda. A obra, que xa está na súa segunda edición, recompila poemas, relatos, ensaios e crónicas xornalísticas, entre outros textos, dun total de noventa autores e autoras de todos os tempos. En todos os casos, o tema principal dos escritos é o afamado monte de Boqueixón.
Entre os autores figura o escritor Ramón Vilar Landeira, de Cerceda, quen manifestou que “sen dúbida este libro é unha das maiores campañas de defensa e de protección para este monte; fará que moita xente saiba o que representa e da súa importancia”, tal como dixo con máis valor que calquera campaña ou a colocación de elementos sinalécticos.
A ordense Laura Romero gañou o certame Compostela Ilustrada por unha obra na que recrea a Rúa do Vilar. A ilustración gañadora foi realizada durante o Encontro de Ilustradores de Cadernos de Viaxe celebrado na capital galega. Ademais de ilustradora, Romero é música e toca o baixo no
grupo Zënzar. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e posúe un máster en Creación e Investigación en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo. O certame volverá o ano que vén e terá como temática a arquitectura de Santiago.
TORDOIA
Magostos de cativos e maiores
OROSO
O Camiño Inglés nas fins de semana de Ferrol a Santiago Tordoia celebrou nas últimas semanas magostos para todas as idades. Os primeiros en sumarse á festa foron os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia, que simultanearon os disfraces do Samaín coas castañas asadas. A celebración contou coa colaboración das familias, que achegaron diversas elaboracións caseiras para degustar na ocasión. O seguinte magosto correspondeu ao programa de envellecemento activo ‘En forma’. Rosca, castañas e viño sobre a mesa e cantigas, pandeiretas e baile na sobremesa compuxeron a festa, á que acudiron os concelleiros Amadeo Cancela e Manuela González.
O Concello de Oroso organizou unha peregrinaxe por etapas polo Camiño Inglés desde Ferrol ata Santiago nas fins de semana. Xa comezou o pasado 24 de novembro e proseguirá ata o 16 de decembro. A vindeira etapa será o 1 de decembro entre Pontedeume e Betanzos. Ao día seguinte, entre Betanzos e Hospital de Bruma (Me-
sía). Xa o 15 de decembro o percorrido será Bruma-Sigüeiro e o 16 culminarán con Sigüeiro-Santiago. As anotacións, en cada caso, poden efectuarse do 26 ao 28 de novembro e do 3 ao 11 de decembro. Custa 15 euros por persoa e fin de semana ou 10 euros por persoa e etapa. O importe inclúe transporte e guías. A saída é sempre desde Sigüeiro ás 8:00 horas.t
CRÓNICAS - Novembro 2018
21
XENTE DE AQUÍ ENTREVISTA José Miguel Couselo Sánchez, Fillo Predilecto do Concello de Oroso
“O mellor de Oroso é a solidariedade e a lealdade da xente” José Miguel Couselo Sánchez acaba de ser nomeado Fillo Predilecto do Concello de Oroso. Este doutor, xefe da sección de Pediatría da Unidade de Hematoloxía e Oncoloxía Pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e tamén profesor de Pediatría na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, recibe o recoñecemento pola súa traxectoria profesional e por manter a súa vinculación co municipio de Oroso. - Como acolle o nomeamento dad profesional e humana serve de Fillo Predilecto de Oroso? para promocionar o concello sín- Primeiro con ledicia. Segundo tome moi orgulloso, pero non me moi honrado de ser Fillo Predilecto custa nada facelo porque non fixen do concello onde nacín e me criei. nada especial. - Que é para vostede o mellor Terceiro asumindo a responsabilidade de respectar e honrar o Con- de Oroso? cello e colaborar dentro das miñas - A xente, os veciños. A solidariedade e a lealdade das súas xenposibilidades no seu progreso. - Que lembra da sua infancia en tes. - Cal é o lugar preferido para Oroso? - Moitas cousas. Traballos como unha xeira de lecer no Concello? - Para min, a miña leiriña preto a malla do trigo, a malla do liño, a tasca do liño, a esfolla do millo nas da ponte do Terruxo. - Que lugar lle pode resultar noites dos meses de outubro e novembro. A máis emom a t a n z a “Desde os 23 anos vivo en Santia- tivo? O do porco. go, pero un día á semana pásoo campo da Os xogos en Oroso coidando as froiteiras igrexa da cos amigos da miña nunha leira que herdeide miña nai” G á n d a r a , onde xogaidade. Saír a ver o avión, que pasaba á unha da bamos cando fun á escola. - Esta de acordo en que escotarde por riba da casa onde nacín e que xa empezaba a baixar para ate- lleu vostede unha profesión dura, rrar en Lavacolla. A lembranza máis probablemente con máis tristuras permanente é o primeiro día que que alegrías? fun a escola. - Non. Eu disfrutei e disfruto - Cal e o seu vínculo actual co da miña profesión. Nunca me alegra que unha persoa sufra ou estea municipio? - Nacín e crieime en Oroso. Miña triste, pero quedo moi satisfeito se nai e meu pai eran de Oroso. Polo son capaz de curala, aliviarlle a dor, tanto, teño moitos familiares próxi- alegrarlle a vida ou simplemente mos no municipio (irmán, sobri- acompañala no seu sufrimento. ños, primos...). Dende os 23 anos Nunca espertei pensando que vivo en Santiago, non estou empa- era un pesadelo ter que ir traballar. droado no concello, pero un día á Cando un se dedica a unha profesemana pásoo en Oroso, mirando sión con paixón e compromiso non e coidando as maceiras, pereiras e pensa nas tristezas e alegrías de si roseiras nunha leira que herdei de mesmo, pensa na tranquilidade, no miña nai. E cando morra teño pre- consolo e no alivio que lle pode dar visto que me enterren en Oroso. a un neno, a un pai e a unha nai. - O Concello destacou que vos- Claro, se se cura moito mellor. Polo tede non desperdicia ningunha tanto para min non é unha profeoportunidade de promocionar sion dura, é o máis humano e agradable que pode facer un polos deOroso. Resulta doado? - Presumo e presumín sempre mais. - En Oncoloxía Pediátrica é pode ser de Oroso. Se a miña activi-
Couselo Sánchez recibiu tamén a Insignia de Ouro do Concello de Oroso
sible desconectar, non traer o tra- son os recursos e outra a eficienballo a casa, relaxar a mente? cia. Son eficientes os recursos que - Dependerá das persoas, como se dedican a Oncoloxía Pediátrica en todos os traballos e profesións. en Galicia? Eu penso que non. Eu nunca “desconectei” dos enferA crise non afectou a asistencia mos, nin en vacacións nin en días sanitaria da Oncoloxía Pediátrica festivos. Hai enfermos que durante en Galicia a simple vista, seguíun tempo vives e dormes pen- ronse tratando os nenos, pero consando neles. Pero teño amigos que tribuíu a que fora menos eficiente non son médicos e viven a súa pro- ao manter estruturas organizativas fesión máis ou menos coma min. que impediron desenvolver e innoEu son médico dende 1972 ata var formas de atención os nenos con canhoxe todos os días, cro, e que “Para min a miña non é unha pero dáme demais profesión dura, é o máis humano asupón tempo para trae agradable que pode facer un bas para outras cousas. Gúsinvestigar polos demais” tame moito nese eido. conversar, pasear, ler... - Son necesarios novos pro- Conta con recursos suficien- fesionais neste momento ou estes a súa área? Polas súas carac- tanse formando en cantidade suterísticas tivo menos problemas ficiente? que outros eidos do servizo de - A cantidade de profesionais saúde durante a crise? que se dedica a Oncoloxía Pediá- Considero que os recursos fí- trica en Galicia no momento acsicos, humanos, económicos e tec- tual, son xóvenes (menos eu), ben nolóxicos para Oncoloxía Pediátrica formados e en cantidade sufciente, en Galicia son suficientes, pero pre- pero remítome á pregunta antecisa unha matización. Unha cousa rior.
CRÓNICAS - Novembro 2018
22
PUBLICIDADE
La técnica consiste en la terapia física a través de sutiles manipulaciones sobre puntos clave de la musculatura y de las fascias, consiguiendo activar los recursos de sanación inherentes al propio organismo. Estos procesos autorregulatorios se caracterizan por una relajación corporal y mental profunda, provocando un alivio duradero del dolor e incrementando los niveles de energía. La técnica puede ayudar eficazmente a la recuperación de dolencias en personas de cualquier edad consiguiendo una normalización de todas las funciones corporales.
Negreira
Pza. do Concello Portal 3 5ºJ
CITA PREVIA: 647 136 135
citas-previas@bowtechgalicia.com
www.bowtechgalicia.com
CRÓNICAS - Novembro 2018
23
DEPORTES MOTOR
FÚTBOL
O ordense Iván Muíño é o novo campión galego de carcross
O benéfico Vila de Ordes-Abellá recada máis de 500 euros
A AECC de Ordes, presidida por Emilia Vázquez, recibiu a doazón no campo Iván Muíño, no máis alto do podio da categoría de menos de 1.600 cc
Iván Muíño Liñares, veciño de Ordes, proclamouse campión galego en carcross na categoría de menos de 1.600 centímetros cúbicos. O título acadouno na vixésimo
primeira edición da competición, que se disputou no circuíto do Castro, na aldea de Ourille (A Coruña), segundo informa o Concello de Ordes, que felicitou publicamente a Muíño Liñares.
A xunta local da Asociación Española Contra o Cancro en Ordes recibiu unha doazón de case 506 euros por parte da Asociación Deportiva Vila de Ordes. O diñeiro corresponde á recadación do partido benéfico que o equipo disputou co Abellá B a fi-
nais do mes de outubro. O encontro rematou con empate a dous goles e coa victoria da solidariedade. O Concello de Ordes agradeceu este xesto polo que supón de sensibilidade e xenerosidade da directiva e dos xogadores.
FÚTBOL Novo capítulo dos derbis Deixebre-Montaos
Un partido con moita historia Despois de dúas tempadas sen disputarse en competición oficial, o derbi entre o Deixebre e o Montaos volveu con toda a potencia. Ata seis goles puido contemplar o público no campo do conxunto de Oroso, nun marcador que se decantou para o Montaos por 2 a 4. Os tantos dos locais anotáronos Víctor e Sergio, mentres que polo club da parroquia ordense marcaron Dani Landeira, con dous, Alberto Fraga e Alvarito. Escribiuse así un capítulo máis dun dos derbis que máis emoción suscita na comarca. Son encontros que sem-
pre se recordan, como acredita o arquivo do Montaos. Nel conservan imaxes como as do partido disputado polos dous conxuntos no campo do Peteiro, en Deixebre, en 1983. Era o Trofeo Santa Margarida e tamén entón gañou o Montaos (1-3). Pitou o internacional Raúl García de Loza, entón árbitro de primeira división. A aliñación do Montaos: Crisante, Villasenín, Fieira, Serrador, Veiras, Souto, Martís, José Antonio, Rivera, Evaristo e Pedro. E desde o banquiño saíron Jesús Souto e Manolo de Flora da Maquía.
Integrantes do Montaos celebrando a victoria acadada no campo do veciño Deixebre
Imaxes do Trofeo de Santa Margarida de 1983 que conserva a S.D. Montaos. Á esquerda, o equipo do Montaos naquela xornada e á dereita o conxunto do Deixebre
CRร NICAS
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crรณnicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de ediciรณn: 23-11-2018. Depรณsito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com