Crónicas
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 5 - Maio de 2014
delrío
Arquitectura Ingeniería Diseño Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - cristina@delrioaid.com
PROYECTOS REFORMAS DIRECCIONES DE OBRA COORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD
TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO
A campaña inunda a comarca entre a indiferencia dos electores A campaña electoral para os comicios ao Parlamento Europeo do vindeiro domingo, 25 de maio, en-
tra nos últimos días. Na comarca proliferan actos con candidatos das diversas formacións políticas en liza, que
tratan de motivar a cidadanía para combater a abstención propia destas convocatorias. Mais a indiferencia parece
CERTIFICACIONES ENERGÉTICAS PERITACIONES Y TASACIONES ESTUDIOS Y PLANES DE SEGURIDAD DISEÑO INTERIOR
mandar nos electores. Atendendo ás enquisas, a cifra de quen optan por non votar podería ser de récord. Páx. 3
cos pés no aire
comeza a tempada de carreiras populares na zona
tRAZO
Reclaman mellorar o horario do cPi de Viaño Pequeno Páx. 6
ceRcedA
Visita a cerceda do presidente da Real Academia Galega Páx. 14
ecOnOMíA
Máis contratos no leite, pero só un tercio chega ao ano Páx. 10
ORdeS Páx. 22
A cruz Vermella atendeu 642 persoas en 2013 Páx. 8
ORdeS
Aprobados os orzamentos municipais para 2014
Páx. 2
cOMARcA
A Deputación asina obras para Frades e para Mesía
Páx. 5
OPiniÓn
tribuna de Serafín Marcos sobre Xosé María díaz castro Páx. 23
Crónicas - Maio 2014
2
Actualidade COMARCA
ORDES Contas “responsables” para o goberno e “ficticias” segundo a oposición
Amplíase aínda máis o rexeitamento á posible desaparición do partido xudicial de Ordes
Ordes aproba 9,2 millóns de orzamento
Reunión dos alcaldes de Ordes, Betanzos, Carballo, Corcubión e Arzúa
Aumentan as mostras de rexeitamento ao anteproxecto de lei orgánica do poder xudicial, que implicaría a desaparición da maioría dos partidos xudiciais, entre eles o de Ordes. Todos os Concellos da comarca, representados no pleno da Mancomunidade, acordaron pedir a retirada da normativa presentada polo ministro Alberto Ruíz-Gallardón. O acordo inclúe pedir a transferencia exclusiva das competencias de xustiza á Comunidade Autónoma, empraza á Xunta a que respalde este posicionamento, e reivindica unha administración xudicial que teña en conta as peculiaridades demográficas e territoriais de Galicia. O texto foi acordado en Carballo, nunha reunión de alcaldes de municipios cabeceira de comarca que perderían o partido xudicial se prosperase a norma de Gallardón. Ademais de ser ratificado na Mancomunidade, tamén polos alcaldes do PP, aprobouse no pleno municipal de Ordes co apoio de todas as formacións agás a abstención do PP. O principal grupo da oposición ordense tamén considera irrenunciable o partido xudicial, pero matizou que en vez de pedir a retirada do anteproxecto de lei prefería solicitar a súa “modificación”, ao entender necesaria unha modernización da xustiza. Pola súa parte, os socialistas de Ordes manteñen activa unha campaña de recollida de sinaturas na defensa do partido xudicial. Iniciárona en Expo Ordes, recollendo arredor dun milleiro de apoios, e agora continúa en varios establecementos comerciais da vila.
Os orzamentos do Concello de Ordes para 2014 foron aprobados este 16 de maio co respaldo do goberno e do PSOE, a abstención de CIDEGA e o voto en contra de PP e BNG. As contas suman algo máis de 9,2 millóns de euros. Para a portavoz do executivo, son “responsables, equilibradas, reais e austeras”. Silvia Marín salientou o incremento dun 15% nas partidas de servizos sociais e educativos e garantiu que o Concello manterá estes servizos “a pesar da nova lei de administración local”. O executivo destacou tamén un remanente positivo de case 1,2 millóns en 2013 e cre que “en breve” acadarán “valores de débeda máis que sostibles”. E da estrutura de gasto para 2014, detallou que un 40% dos recursos son para bens correntes e servizos, un 23% para investimentos reais e un 20% para persoal, menos da media galega do 35%. VALORACIÓNS Os principais grupos da oposición discreparon frontalmente. O PP cre que os orzamentos “non ofrecen solución algunha ás principais necesidades dos veciños”. O seu portavoz, José Luis Martínez Sanjurjo, condicionaba un posible apoio a incluír diñeiro para o mantemento e limpeza da rede viaria municipal, a mellora da sinalización ou a busca de autofinanciamento para servizos deficitarios como o Museo do Traxe ou a radio.
O pleno, nun minuto de silencio polo asasinato da presidenta da Deputación leonesa
Os conservadores tamén consideran que os orzamentos carecen de “nivelación”, ao consignar como ingresos posibles “futuras subvencións sobre as que non existe constancia algunha de concesión, tal como advirte o informe elaborado pola Intervención municipal”, comentan. O PP advertiu tamén de que o orzamento xa se tiña que ter presentado a finais de 2013 e non transcorrido case medio ano. Lamenta a falta de investimentos e critica que en xuros por créditos pendentes se teña que pagar o equivalente ao 61% do investimento real previsto con fondos propios do Concello. Para o BNG, os orzamentos son “continuistas e irreais”. O seu porta-
voz, Ramiro Recouso, os ingresos están “inflados” en case 800.000 euros, ao computar uns 625.000 euros para saneamentos e 156.000 para o vello consistorio sen ter sido outorgados pola Deputación ou a Xunta. Sen esa contía, valora o Bloque, o investimento tería un peso de só o 14% do orzamento. O BNG criticou tamén o incremento da débeda e dos impostos e a nula redución de gasto en servizos deficitarios como a ORA, o Museo do Traxe ou a radio. Pola súa parte, Xesús Pedreira (PSOE) xustificou o seu voto en que o goberno lle aceptou subir un 15% a contía para os servizos sociais e acometer varios investimentos, sobre os que estarán “vixiantes”.
ORDES Rexeitan a comisión de investigación pedida polo PP para aclarar os feitos
O goberno nega a existencia de facturas falsas na gardería e defende a “transparencia” na xestión O goberno de Ordes nega a existencia de facturas falsas por valor duns 20.000 euros na gardería municipal ‘Sorrisos’, ás que supostamente alude o delegado do grupo Vendex, ao que pertence a empresa concesionaria da gardería, nunha conversa telefónica cunha empregada da compañía transcrita no sumario da Operación Pokémon. O PP solicitou unha comisión de investigación sobre o caso, segundo dixo non para prexulgar a ninguén senón como medio para coñecer o sucedido. Só obtivo o respaldo do BNG,
Crónicas
dado que as demais formación se viron satisfeitas das explicacións ofrecidas polo interventor municipal. O funcionario expuxo que “todas as facturas son correctas” e ademais pouco rebatibles, xa que en todas consta o nome de cada neno atendido e os servizos polos que se pagou, de acordo ás condicións establecidas no contrato. Sen embargo, si admitiu unha excepción, en agosto de 2011, cando a gardería abriu por petición das familias sen estar previsto. Nese caso, a modificación do contrato foi “verbal” e “o procedemento non foi
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
o máis correcto, pero evidentemente o servizo hai que pagalo”. Así o advertiu o interventor, que ofreceu diversas estimacións dese custo, máis ou menos próximas aos 20.000 euros. A portavoz do goberno, Silvia Marín, remarcou a “transparencia” coa que se facturan o servizo da gardería e atribuiu a conversa do delegado de Vendex ao intento de “cadrar as contas na contabilidade interna da empresa”, que “non é da incumbencia do Concello”. PP e BNG din non ver disipadas as dúbidas, e Marín emprazounos a ir examinar as facturas.
Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com
crónicas - Maio 2014
3
ActuAlidAde ELECCIÓNS Actos dos principais candidatos ás europeas nos municipios da zona
As caravanas do 25-M pasan pola comarca Este domingo 25 de maio os cidadáns están chamados a votar para escoller a composición do Parlamento Europeo dos vindeiros cinco anos. Vívense intensos días dunha campaña electoral centrada en combater a elevada abstención prevista e na que as distintas candidaturas non ignoran a comarca. Un dos primeiros en aparecer, aínda en precampaña, foi un dos aspirantes do PSdG-PSOE, José Blanco. Acudiu a Expo Ordes, onde tomou contacto con algúns dos milleiros de visitantes. Entre outras propostas, fixo unha defensa do sector primario. Ana Miranda, candidata a eurodeputada do BNG, visitou Frades na véspera do inicio da campaña. Nunha granxa de leite, defendeu o dereito a producir dignamente e comprometeuse a reclamar indemnizacións ante a desaparición das cotas. Por parte do PP, o principal acto na zona está programado para este martes 20 de maio, na discoteca LP45. Acudirá o seu cabeza de lista, Miguel Arias Cañete, ademais de Alfonso Rueda, Carlos Negreira e José Luis Martínez Sanjurjo.
ANA Votamos poco porque los políticos que teníamos hasta ahora solo representan sus intereses o los de sus amigos. Quien no vota, no debería tener derecho a protestar. La política europea nos afecta mucho.
MANEL Creo que la gente va poco a votar por desgana y por apatía. Tendríamos que ir a votar más, pero al final no nos vale de mucho...
SUSA La gente aún no es consciente de la importancia de la UE para España. Influye muchísimo y tendríamos que ir a votar más. José Blanco (PSOE) en Expo Ordes e Ana Miranda (BNG) nunha granxa en Frades
maría viña NUTRICIONISTA
Telf: 639 314 732 Rúa da Saúde 11. CARBALLO Rúa Agra dos Cregos, sn. ZAS carballozas@marianutricionista.com
Dietas online
Por que tanta abstención?
Telf: 881 124 017 Rúa Canteira 11 bajo 15680 ORDES (A Coruña) ordenes@marianutricionista.com
Dietas de adelgazamento, patoloxías e estados fisiolóxicos • Acido úrico/gota • Patoloxías gástricas (hernia de hiato, refluxo gastroexofáxico, gastritis.....) • Pataloxías intestinais (colon irritable, diverticulose, colite ulcerosa....) • Diabete • Hipertensión • Colesterol / Triglicéridos • Menús para garderías e escolas • Nenos e adolescencia • Embarazo • Terceira idade • Deporte • Pacientes anticoagulados (SINTROM) • Alerxias alimentarias
www.mariaviñanutricionista.com
4
Crónicas - Maio 2014
Actualidade ORDES Os nacionalistas piden cambios na feira
O Concello contabiliza 35.000 visitantes a Expo Ordes 2014 O goberno de Ordes considera “superadas as expectativas” da feira multisectorial Expo Ordes deste ano, ao computar uns 35.000 visitantes ao recinto expositivo. Segundo di, estivo moi concorrida a carpa de máis de 2.000 metros cadrados no Campo de Feira, pero tamén a zona de exposición de maquinaria agrícola e por suposto os establecementos de restauración durante a xornada do domingo, coa degustación dunhas sete toneladas de champiñóns. Unha das novidades desta edición foi, segundo o alcalde, Manuel Regos, “o carácter de promoción dos produtos agrícolas galegos, sen esquecerse dos demais sectores”. Este
ámbito estivo representado por entidades cooperativas e por empresas que ofreceron produtos de primeira calidade do sector primario. Sen embargo, o BNG, na oposición, fai un balance diferente. Para o seu portavoz, Ramiro Recouso, tanto Expo Ordes como a Festa do Champiñón precisan “cambios profundos”, que pasarían por un maior protagonismo dos sectores produtivos da comarca, como o agrogandeiro e o téxtil. Recouso asegura que Expo Ordes vive nos últimos anos un “significativo proceso de empobrecemento” e acusa ao goberno de intentar disimulalo con empresas alleas á comarca e entidades impropias dunha feira.
ORDES
ORDES
O Bloque suxire agora crear un viveiro de empresas nas instalacións do Centro Comarcal
Marín empraza a darlle máis tempo á ordenanza de terrazas, pero non descarta modificala
O Centro Comarcal de Ordes, sobre o que en breve o Concello volverá ter pleno dominio, segue sen ter uso definido. Pero non é por falta de ideas entre as que escoller. A última proposta formulouna o BNG, que aspira a crear no edificio un viveiro de empresas, con espazos para facilitar o arranque de novas iniciativas empresariais. Para os nacionalistas, agora que o Centro Comarcal
A portavoz do goberno, Silvia Marín, pide darlle un tempo maior “de rodaxe” á aplicación da nova ordenanza que regula as terrazas instaladas por establecementos privados na vía pública. Non obstante, unha vez comprobado o seu funcionamento, non descarta modificala, aínda que de momento aposta por un “cumprimento máis tallante” que ata agora.
está dispoñible, non ten sentido que eses espazos se creen na parte superior da Praza de Abastos. A proposta, en cambio, foi rexeitada. O goberno municipal explicou que as obras do chamado centro de emprego na Praza de Abastos están xa moi avanzadas. E os demais grupos reprocháronlle aos nacionalistas que non agarden a estudar e debater o uso do centro en comisión.
Foi a resposta do executivo á petición do BNG para que todas as terrazas deixen libre a beirarrúa e se instalen na calzada, sobre tarima e ben delimitadas. Exceptuaría Alfonso Senra, a República Arxentina e Os Lagartos, por ter beirarrúas anchas. E para as rúas do Muíño e do Campo da Feira contemplaría non obrigar a tarima, para poder recoller os días de feira.
Crónicas - Maio 2014
5
Actualidade OROSO
COMARCA
Dous membros de Novas Xeracións, á executiva rexional
Asinados os novos investimentos provinciais para Frades e Mesía
Alexánder Doval, presidente das Novas Xeracións do Partido Popular de Oroso, e Juan Piteira, secretario local da mesma organización, forman parte da nova Xunta Directiva de Novas Xeracións de Galicia, tras a constitución da nova dirección a nivel autonómico. Para Doval, é a terceira vez consecutiva que figura na executiva galega. Formou parte dos equipos liderados por María Seoane e por Javier Dorado, e agora mantense tamén o organigrama do novo presidente de Novas Xeracións de Galicia, Diego Gago. En canto a Piteira, é a primeira vez que se integra na Xunta Rexional, segundo informa a organización xuvenil do PP. Doval e Piteira aproveitaron para “comprometerse xuventude do seu municipio” e destacan que levan “traballando dende hai anos para trasladar ó ámbito autonómico as inquedanzas dos máis novos e contribuíndo na busca de melloras e solucións”.
A Deputación da Coruña suscribiu co Concello de Frades catro acordos para o investimento de algo menos de 180.000 euros en diversos proxectos. Os convenios foron rubricados polo presidente da entidade provincial, Diego Calvo, e o alcalde, Roberto Rey. Un dos investimentos será a dotación de bancadas con capacidade para 60 persoas no polideportivo da Ponte Carreira, cun custo próximo aos 30.000 euros. A instalación carecía ata agora de tal equipamento, segundo a Deputación. O maior pago que afrontará a administración provincial entre estes acordos corresponden á adquisición dun novo tractor con equipo desbrozador, valorado en 92.000 euros. Tamén está prevista a adquisición dunha furgoneta, por 25.000 euros. Utilizarase para desprazar persoal e material para os traballos municipais. O actual vehículo que o Concello emprega para estes fins é de aluguer. Finalmente, o Concello disporá de case 33.000 euros para insta-
Piteira, á esquerda, e Doval, á dereita, con Alberto Núñez Feijóo
Nese sentido, para o seu cometido actual, aseguran que trasladarán ao ámbito autonómico “as inquedanzas dos máis novos” do concello de Oroso.
Roberto Rey con Diego Calvo
lar 140 elementos de suxeición nos colectores de lixo. Servirán para estabilizar arredor da metade de todos os distribuídos no concello. O alcalde, Roberto Rey, destacou a relevancia dos investimentos, sobre todo o tractor que reempraza o antigo, e as gradas do pavillón, que pedían os veciños desde hai tempo.
ORDES
O goberno municipal comprométese a repintar as sinalizacións da súa competencia en toda a vila O goberno de Ordes comezou xa o repintado das sinalizacións horizontais de tráfico da súa competencia en toda a vila, tales como pasos de peóns en viais de titularidade municipal, vaos ou marcas de estacionamento. O executivo responde así a unha proposta do PP ordense, que puxo o acento no “estado lamentable” que presenta esta sinalización e pediu
que non se utilice a falta de recursos como desculpa, á vista de que o Concello acomete accións máis caras e de menos urxencia, a xuízo do principal grupo da oposición. A portavoz do goberno, Silvia Marín, explicou que se fai cando o goberno o ve pertinente, coa mellora do tempo. E advertiu de que a Deputación ten trece pasos en moi mal estado, a Xunta catro e Fomento dez. Diego Calvo e Mariano Iglesias, asinando os acordos para as obras
ORDES
O pleno pide por unanimidade que o Xacobeo retome o proxecto de albergue en Poulo O pleno de Ordes aprobou por unanimidade unha proposta do PSdG-PSOE para instar ao Xacobeo a retomar o proxecto de rehabilitación da antiga rectoral do Outeiro (Poulo), a carón do Camiño Inglés, para transformala en albergue de peregrinos. Esta idea fora pedida polo Concello ao organismo autonómico en 2009, e ao ano seguinte materializouse nun proxecto técnico. Con-
taba co visto bo do arcebispado, disposto a ceder o inmoble. Pero desde entón non houbo ningún avance. Todos os grupos políticos coincidiron no interese do proxecto e do fenómeno peregrino para a economía local. Tanto o portavoz socialista, Xesús Pedreira, como a portavoz do goberno, Silvia Marín, advertiron de que a rectoral corre o risco de ruína total se non se intervén sobre ela con rapidez.
O presidente da Deputación, Diego Calvo, e o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, asinaron catro acordos de colaboración que supoñen o investimento de 105.000 euros por parte da administración provincial no municipio. O primeiro convenio ten un importe de case 60.000 euros. Servirá para as obras de mellora do acceso á Casa da Cultura, e tamén os camiños de Arosa, e de Arosa ao Outeiro na parroquia de Xanceda. O segundo acordo, de 27.000 euros, financia as obras do camiño Painceira ao campo de fútbol, as do camiño de Guitiriz, as do ca-
miño do campo da festa e as do camiño interno no Pousadoiro, todas elas na parroquia de Visantoña. Un terceiro proxecto asumido pola Deputación supón uns 15.000 euros para unha drenaxe no camiño da Capela de Santo Antón, en Olas, e para o abastecemento no Couto de Bascoi. Por último, o Concello obtivo uns 3.700 euros para a compra de colectores de lixo. O alcalde de Mesía agradeceu a colaboración da Deputación, espera acometer os distintos proxectos antes de que remate o verán e confía en manter o bo entendemento coa entidade provincial.
crónicas - Maio 2014
6
ActuAlidAde ORDES
OROSO José Carlos Mazás e Abel Vidal gañan os trofeos de pesca sénior e infantil
O Concello devolve a factura do lixo en protesta polo canon e a Xunta apela á legalidade
Sigüeiro reborda coa Festa da troita
Ordes converteuse nun dos primeiros Concellos de toda Galicia, xunto co lucense de Becerreá, en devolver unha factura polo tratamento de lixo que se efectúa nas instalacións de Sogama. Faino en desacordo coa suba dun 34% no canon, decidida desde a Consellería de Medio Ambiente. O propio conselleiro, Agustín Hernández, asegurou que as facturas son correctas e advertiu de que “en función da decisión dos Concellos analizaremos as alternativas en defensa dos intereses da empresa para garantir a súa solvencia”. E o presidente de Sogama, Luís Lamas, lembra a necesidade de cumprir a lei e pide non mesturar política con debates xurídicos: “na facultade de Dereito, no primeiro curso ensinan a pirámide de Kelsen, segundo a que a lei se impón sobre o resto de fontes de ordenamento xurídico; todo o mundo ten contrato de enerxía eléctrica, por exemplo, e cando se modificou a lei creouse un novo imposto ao consumidor e á empresa distribuidora, a lei é así”, expuxo o responsable de Sogama. Mentres, o PP ordense considera que o Concello devolveu a factura por mor da “política de non pagar” do goberno de Regos. Os conservadores aprezan que a administración ordense aínda lle debe a Sogama máis de 180.000 euros de facturas impagadas, de varios meses de 2010 e 2011. Por eso, din que o argumento da suba do canon de Sogama é “vitimista” e acusan ao alcalde de “esgrimilo para eludir a súa responsabilidade, pois a suba do canon afecta por igual a todos os Concellos aos que lles xestiona o lixo Sogama”.
A XVIII Festa da Troita de Oroso levou ata Sigüeiro unhas 25.000 persoas durante as tres xornadas de celebracións. No cómputo, o Concello inclúe os asistentes ás verbenas nocturnas, que se erixen como un complemento exitoso da celebración gastronómica. Mais non foi a única actividade destacada da festa, que tivo desde un mercado medieval ata unha quedada de bicicleta de montaña, organizada polo Club Tambre Bike, así como unha concentración de vehículos antigos e clásicos e moita música. Con todo, o domingo segue sendo o día grande da festa. Ofrecéronse máis de mil quilos de troitas na degustación na Alameda de Góis e nos 38 establecementos que se sumaron á celebración ofrecéndoas coas consumicións. A xornada dominical foi tamén a escollida para entregar os premios do campionato de pesca, que na categoría sénior viu gañar a José Carlos Mazás e na infantil a Abel Vidal Mansilla. Foi despois do pregón da festa, que este ano se lle encomendou ao presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Ramón Gómez Besteiro.
O campionato de pesca entregou os premios tras o pregón de Gómez Besteiro
A festa repartiu máis dunha tonelada de troitas entre os festeiros
TRAZO Pais e nais concéntranse este luns para demandar cambios no transporte
Reivindican un horario escolar sensato en trazo A asociación de nais e pais do colexio de Viaño Pequeno (Trazo) concéntrase este luns, a partir das 13:30 horas, ante o centro para pedir que o horario escolar sexa de 9 a 16 horas. O actual, de 10:30 a 17:30 horas, supón que o alumnado pase practicamente todo o día no colexio. De aí que decidisen facer a concentración en pixama, dado que pouco lles falta para pernoctar no centro. O problema radica no servizo de
transporte escolar, que ao ser compartido con outros colexios demora en exceso a hora de recollida pola mañá. Por eso, as miradas tamén se dirixen á empresa do autobús. A protesta deste luns, decidida nunha reunión da ANPA, conta cun apoio xeralizado de pais e nais e de docentes. É a primeira, pero pode non ser a derradeira á vista de que parece pouco probable que a Xunta acepte modificar o horario. O cam-
coorudene sels o
Muebles de Cocina Fuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29 Móvil: 629 808 796 couselo cocinas@telefonica.net
15680 ORDES A Coruña
Electrodomésticos Alfonso Senra, 116 Tel: 981 68 08 09
bio, de producirse, sería no vindeiro curso, xa que o actual está rematando. O actual horario do CPI Viaño Pequeno é bastante inusual, pero outros colexios da provincia padecen un problema similar. Para as familias trastoca moito a súa vida cotiá, xa que a hora de entrada dista moito do inicio das súas xornadas laborais e a de saída é moi tardía e impídelles aos nenos aproveitar ben os días.
Crónicas - Maio 2014
7
ESPECIAL
Cicloxéneses explosivas: Verea axúdache a preparar o teu tellado para o inverno
De todos é coñecido que Galicia é afectada cada ano por numerosos temporais, onde o vento e a chuvia forman parte cotiá das nosas paisaxes invernais. Verea non pode evitar as cicloxéneses nin a chuvia nin o vento, pero si propor-
ciona tellas e accesorios de tellado, así como un sistema homologado para a instalación do tellado que permitirán preparar as nosas casas para soportar inclemencias climáticas como as vividas este inverno.
Cicloxénese explosiva, expresión que invadiu titulares nos medios de comunicación o pasado inverno, é a denominación do fenóneno que implica a "creación" dun ciclón que sucede moi rapidamente e moi intensamente. Estes fortes ventos ocasionan numerosos danos. Un dos máis frecuentes, ocasionado polo paso das cicloxéneses explosivas, é o desprendemento de materiais nos tellados. O temporal de vento é o detonante pero a causa directa destes desprendementos adoita ser outra: unha incorrecta elección dos materiais de cuberta (cubertas de chapa metálica), a perda de adherencia do morteiro (empregado tradicionalmente para a fixación das tellas), ou mesmo, a ausencia de mantemento ou reparación. Verea desenvolveu un sistema de colocación propio, denominado Verea System, que consiste nun tellado multicapa integrado por dous elementos fundamentais: tella cerámica e as placas onduladas (de fibrocemento ou asfálticas). As tellas posiciónanse con escuma de poliuretano e fíxanse mecanicamente con ganchos metálicos. Adicionalmente, en todas as zonas singulares do tellado (aleiros, remates laterais, cumieiras e limatesas, etc.), fíxanse as tellas con parafusos, eliminando
O Verea System superou todos os ensaios aos que foi sometido polos técnicos do Instituto das Ciencias da Construción Eduardo Torroja, o que deu lugar á aprobación dos Documentos de Idoneidade Técnica n.º 483 R/12, n.º 561/10 e n.º 590/12, en conformidade co Código Técnico da Edificación (CTE).
sistencia a ventos de máis de 200 km/h e estanquidade á auga con vento de 360 l/m2 en 1 hora, aos que foi sometido, conseguindo a homologación do Sistema de Instalación, por parte do Estado, que queda reflectida nos documenO Verea System supe- tos de idoneidade técnica DIT rou con éxito os ensaios de re- n.º 483 R/12. por completo o uso de morteiro. Este sistema pode ser instalado sobre calquera tipo de estrutura de cuberta inclinada continua ou discontinua e complétase cunha capa de illamento térmico.
Que é un ?: Documento de Idoneidade Técnica -DIT- é un documento de carácter voluntario expedido polo Instituto de Ciencias da Construción Eduardo Torroja IETcc-, que contén unha apreciación técnica favorable da idoneidade de emprego en edificación e/ou obra civil de materiais, sistemas ou procedementos construtivos non tradicionais ou innovadores. O IETcc é o único Organismo español que ten outorgada a facultade de conceder o , así como a confirmación doutros concedidos por algún dos Organismos Membros da Organización Europea. Verea pon a disposición de profesionais e particulares toda a información e asesoramento que precisen sobre o seu sistema de instalación Verea System.
Á esquerda tellado instalado co Verea System. Á dereita tellado con colocación tradicional con morteiro. Ambos tras o paso da cicloxénese Ulla o 14 de febreiro de 2014
Visítenos en: www.ceramicaverea.com
Crónicas - Maio 2014
8
Actualidade FRADES - MESÍA
ORDES En 2013, atendeu 642 persoas en case 3.000 intervencións
A Xunta inicia a redacción do proxecto para un punto limpo
Cruz Vermella de Ordes aumenta accións
Rey, Hernández e Prado
A consellería de Medio Ambiente redacta un proxecto para construír un punto limpo común para os municipios de Frades e de Mesía. Transmitiullo o conselleiro, Agustín Hernández, ao alcalde de Frades, Roberto Rey, nunha reunión á que tamén acudiu o deputado autonómico Miguel Prado. O punto ubicarase nunha parcela en Céltigos (Frades), limítrofe con Boado (Mesía). Das distintas propostas presentadas, foi a aceptada pola Xunta. Polo de agora, non hai data para as obras. No encontro, o conselleiro comprometeuse a asinar en 2015 un convenio para a auga potable en Añá e Moar, por 770.000 euros, menos do previsto ata agora.
TORDOIA
Augas de Galicia obriga a emendar unha vertedura contaminante na parroquia de Andoio Augas de Galicia informou da súa intervención para eliminar unha vertedura dunha explotación gandeira da parroquia de Andoio (Tordoia) ao regato de Riveira da Pena, afluente do río Anllóns. A acción forma parte do Plan de Control de Vertidos da entidade, adscrita á consellería de Medio Ambiente. Segundo a información difundida, todo partiu dunha denuncia particular recibida na páxina web de Augas de Galicia. Os técnicos visitaron a zona e tomaron mostras. Constataron que a vertedura proviña das augas residuais dos silos da explotación e emprazaron ao propietario a reparar a situación. Nunha visita posterior, Augas de Galicia comprobou que o responsable da granxa eliminara xa o vertido ao dominio público hidráulico, conectando as augas procedentes dos silos á balsa de xurros da explotación. Do mesmo xeito, os técnicos comprobaron que o regato xa non presentaba indicios de contaminación nas súas augas.
A grave situación de crise económica fai que a actividade das institucións sociais sexa aínda máis imprescindible. Demóstrano as cifras da Cruz Vermella de Ordes, que no seu balance de 2013 recolle 2.997 intervencións en ámbitos como a atención a persoas en situación de exclusión social ou vítimas de violencia de xénero, o servizo de teleasistencia, ou apoio á infancia. En total, segundo informan, atenderon 642 persoas. Se as necesidades van a máis, tamén medra, por fortuna, a implicación de voluntarios, socios e colaboradores, que a propia Cruz Vermella describe como “crucial para poder darlles resposta a todos os casos”. De feito, en 2013 aseguran ter pasado de vinte a trinta voluntarios que colaboran de xeito activo e continuado en actividades como as clases de lingua española para inmigrantes, as clases de informática para maiores, os obradoiros de prevención de conductas violentas, ou campañas de igualdade, de sensibilización ambiental e sobre saúde. Destaca tamén a puxanza dos xóvenes no ámbito do voluntariado. Cruz Vermella explica neste sentido
As clases de informática da Cruz Vermella favorecen a integración dos maiores
que a idade media dos seus colaboradores en Ordes é de 28 anos. En canto ao número de socios, o balance tamén é favorable, ao pasar de 112 de 2012 a 153 en 2013. Cruz Vermella conta en Ordes co apoio de dez empresas socias. INFANCIA E MAIORES A Cruz Vermella de Ordes asegura que a infancia representa aproxima-
FRADES
OROSO
Alumeado e zonas peonís desde Vilalbarro e O Cruceiro ata a 550 As obras de preinstalación de alumeado público e de zonas peonís na estrada que une a N-550 cos lugares de Vilalbarro e do Cruceiro, na parroquia de Oroso, comezarán previsiblemente este verán. Trátase dunha primeira fase do proxecto, desbloqueado tras obterse un acordo entre o Concello e varios afectados que alegaran contra as expropiacións previstas. Logo das reclamacións, estimadas parcialmente polo pleno municipal, o Concello indemnizará os veciños afectados polas árbores presentes nos terreos a expropiar. Inicialmente non se contemplaran na taxación. Evítase así a paralización das obras, xa que a expropiación se aprobara por unanimidade en marzo do ano pasado. Nesta ocasión, o Partido Galeguista desmarcouse e optou pola abstención. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asegura que “o proxecto xa está listo para a licitación, polo que agardamos que no mes de
damente a metade das accións que efectúan, nos proxectos de promoción do éxito escolar, iniciativas como as merendas solidarias, as campañas de recollida de xoguetes e de material escolar, ou propostas de ocio para cativos das zonas rurais. No seu lema ‘Ahora + que nunca’, tamén incorpora como prioridade a terceira idade, como colectivo social especialmente vulnerable.
A Garda Civil aconsellou tamén en Frades para que os veciños saiban como evitar roubos e asaltos
Charla da institución armada en Frades
Zona onde se acometerán as obras
xuño xa poidan comezar as obras”. Mirás explica ademais que preferiron que as obras se acometan no verán porque “trátase do tramo que afecta a un maior número de vivendas, polo que así evitarémoslles aos veciños as molestias que poderían causar estes traballos se se executasen cun tempo chuvioso”.
Dentro do seu ciclo de charlas informativas no rural para aconsellar sobre medidas de seguridade, o equipo de roubos no campo (ROCA) da Garda Civil tamén fixo unha parada en Frades. Na intervención, á que acudiu un grupo de veciños, os axentes explicaron as principais medidas de precaución que deberían tomar os veciños das zonas rurais para garantir na medida do posible a súa seguridade persoal e a do seu patrimonio. Prestar atención a calquera situación sospeitosa, gardar correctamente os bens e telos documentados son algunhas das indicacións.
Crónicas - Maio 2014
9
PUBLICIDADE O martes 20 de maio terá lugar o mitin central en Ordes, onde se está realizando unha campaña porta a porta
O PP aspira a unha vitoria ampla para non caer nos erros que provocaron a crise Na comarca de Ordes, ao igual que no resto de Galicia, o Partido Popular fará unha campaña austera pero intensa, orientada a mobilizar a todos os seus militantes e simpatizantes para acadar unha participación masiva nas eleccións Europeas do vindeiro 25 de maio. Ao peche desta edición, o acto central programado para a comarca é o mitin previsto para o día 20 maio, martes, na discoteca LP-45 de Ordes,coa participación do cabeza de lista do PP ao Parlamento Europea, Miguel Arias Cañete. A elección de Ordes como escenario dun dos escasos actos que o candidato popular protagonizará en Galicia durante a campaña revela a importancia que a dirección nacional e rexional do PP outorgan a este municipio e á comarca. E constitúe tamén un recoñecemento ao traballo da agrupación local do PP, liderada polo portavoz municipal, José Luis Martínez Sanjurjo. O de LP-45 será o único mitin que se celebre neste concello. Durante o resto da campaña, o PP local optou por unha estratexia de proximidade, con reparto de material porta a porta, buscando o contacto directo cos veciños para explicar a necesidade dunha participación masiva nestes comicios. Aspiran os populares a acadar unha vitoria electoral ampla para evitar que España e Europa volvan caer nos erros que provocaron a crise dos últimos anos. A candidatura que lidera Arias Cañete conta con dous galegos na lista: Francisco Millán Món e Carmen Pardo.
Xunta e Deputación financian a práctica totalidade das obras na rede viaria local de Ordes
As administracións gobernadas polo PP invisten 720.000 € en obras en Ordes no 2014 A práctica totalidade das obras da rede viaria local de Ordes que se atopan en execución ou pendentes de executar este ano están financiadas pola Deputación da Coruña e pola Xunta de Galicia, as dúas gobernadas polo Partido Popular. En total, o Concello de Ordes recibirá este ano máis de 720.000 euros en axudas para arranxar rúas e camiños, unha realidade que desmonta, segundo o PP local, o discurso vitimista do alcalde.
PLAN DTC93 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA (100%) Investimentos en Ordes 2014: 246.932,17 euros • Rúa do Parque e rúa Reconciliación:74.592,54 € • Formigón rúa da Igrexa: 23.512,64 € • Rúa travesía do Regueiro: 39.472,28 € • Beirarrúas rúa Xardín: 25.924,10 € • Reparación rúa Carnota: 24.514 € • Beirarrúas rúa do Mercado e Compostela: 8.682 € • Mellora alumeado nas rúas do Mercado, Ramón Ferreiro, Compostela, Parque Municipal, Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Mestre Nicolás del Río: 50.234,59 €
PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (POS) DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA – 2014 (95%) Investimentos en todas as parroquias de Ordes. 1- Ardemil Brea–Bombeo: 72.917,87 € Beirarrúas Campo da FeiraSalgueira. Complementario 2- Barbeiros Ramil: 15.651,79 € 3- Beán Cerdedo: 5.611,85 € Pista Cerdedo - (Recouso) Marzoa. 15.000 € 4- Buscás Pumariño: 5.325,63 € Pista Bouciña: 5.234,85 €
5- Leira Pista detrás N-550 (Codeseda): 14.275,26 € Pista Pedreira (cruce)-Meitufe (400x,5): 41.141 € 6- Lesta Camiño Agramaior: 12.000 € 7- Mercurín Camiño de Brea-Tras do Río: 6.686,25 € Pepín: 2.702,43 € Zampaño (400x4): 12.699 € 8- Montaos Pista Chan: 10.299,71 € Camiño da escola-Aldea de Guindiboó: 8.011,81 € Tramo pista partir da farmacia (Sobreira): 5.644,09€ 9- Ordes
O PP acusa ao Concello de Ordes de apoiar a campaña europea do PSOE O Partido Popular acusa ao Concello de Ordes de utilizar recursos públicos con fins electorais e pon como exemplo a recente Festa do Champiñón, na que o alcalde autorizou a instalación dun stand do PSOE nunha carpa alugada con fondos municipais. Ademais, o Concello de Ordes prestou cobertura á visita do candidato socia-
lista Pepe Blanco á feira, a pesar de que se trataba dun acto de campaña sen compoñente institucional algún, un feito sen precedentes que vulnera as máis elementais normas de comportamento. A gravidade dos feitos non sorprende, sen embargo ao Partido Popular local, habituado ao uso partidista dos recursos públicos por parte do alcalde.
Pista Vidueiro xeral: 43.750,56 € Pista Fraga-N-550 (gasolineira): 11.576,09 € Camiño Lavandeira a Ceidón-Bosteiros: 9.319,02€ Camiño Vilar: 5.064,87€ Pista Sar-Espinica: 4.609,2 € Pista Cancela de Agra: 3.144,00 € 10- Parada Pista de Carrillo-Valiño: 20.148,18 Grela: 8.565,86 € Pista Mouro: 7.144,14 € 11- Pereira Folgoso: 6.315,98 € Aldea de Abaixo: 6.500 € Camiño de Curro: 6.923,1 € 12- Poulo Pista Lavandeira de Arriba: 23.297,57 13- Vilamaior Camiño Carballo-Casanova: 6.000 € Pista en Adrán: 9.285,59€ Camiño de Ameixeira a AP9: 3.376,58 € AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (AGADER), PROGRAMA DE MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL 2013-2014 Camiño en Buscás e outros: 87.714,72 euros
Crónicas - Maio 2014
10
Economía COMARCA A Xunta fala de “avances” e os socialistas acusan á consellería de “falta de iniciativa” política
Só un tercio de contratos do leite chegan ao ano Os contratos entre gandeiros e industrias son motivo de discrepancia política, sobre todo co horizonte inmediato da desaparición do sistema de cotas, ao remate da actual campaña a vindeira primavera. E mentres a Xunta defende que están incrementándose de forma razoable, os socialistas cren que “falta iniciativa política” por parte da Consellería do Medio Rural, á que acusan de “desleixo”. Ante unha interpelación parlamentaria de Pablo García (PSdeGPSOE), a conselleira Rosa Quintana expuxo que preto do 30% dos contratos asinados teñen unha duración igual ou superior a un ano. “A porcentaxe e o número globlan avanzan cara o obxectivo de consolidar esa relación contractual en períodos máis extensos”, afirmou a titular autonómica, quen indicou que a 31 de xaneiro pasado había en Galicia uns 2.600 contratos de produtores de leite por doce meses ou máis. Cun total de 8.476 contratos, o 85% do leite galego comercializouse ao seu amparo en xaneiro, segundo os datos ofrecidos pola Xunta. O parlamentario socialista afirmou en cambio que “hoxe estamos
A conselleira Rosa Quintana e o parlamentario Pablo García (PSOE)
igual que en 2009, sen contratos e ao albur das baixas estacionais de prezos”. Pablo García reduce a só seis, de entre os máis de 8.000, os contratos que superan o ano. Para el, non se puxeron en marcha por parte da administración autonómica os mecanismos de inspección necesarios e “a industria mercou o leite xa sen contrato no mes de abril”, asegura.
Medio Rural replica que si está efectuando un seguimento de todo o proceso e indica que desde a Consellería téñenlle comunicado ás industrias “máis de 5.500 incidencias nos contidos dos contratos para proceder á súa subsanación”. LEI E REAL DECRETO A discrepancia parte incluso da
propia interpretación da normativa. Así, a Consellería afirma que a lei da cadea alimentaria “non establece en ningún artigo que os contratos de abastecemento non poidan ser inferiores a un ano”. Só pide que se inclúa a duración no documento, pero non fixa un prazo mínimo. O goberno autonómico admite que no real decreto das organizacións de produtores de leite si se marca unha duración mínima dun ano, a non ser que o produtor ou a agrupación de produtores o rexeiten por escrito. Para o PSOE, esas palabras supoñen unha “tomadura de pelo”, ao entender que a conselleira “responsabiliza os gandeiros e gandeiras da falta de contratos de máis dun ano coa industria”, en palabras de Pablo García. O deputado pensa que a conselleira “insinuou que os gandeiros asinan voluntariamente a renuncia aos contratos de longa duración e sen incorporar a figura do mediador”. Coincide así con outras voces do sector, que explican que os contratos rara vez se asinan por negociación de prezos e prazos, senón pola adhesión do produtor a unha proposta fixa da industria correspondente.
COMARCA Está financiado pola Deputación da Coruña
Estudo universitario para promocionar o Camiño Inglés Un equipo multidisciplinar de dez bolseiros universitarios está traballando xa nun estudo do trazado e das características do Camiño Inglés, que servirá para promocionar este itinerario, de especial interese na comarca, ao pasar polos municipios de Mesía, Ordes e Oroso. Durante catro meses, prepararán o estudo co fin de deseñar accións conxuntas para os
territorios británico e galego O estudo ten un 80% de financiación da Deputación da Coruña, coa achega de 28.320 euros asinada polo presidente provincial, Diego Calvo, co responsable da asociación Tesouros de Galicia, Javier Rodríguez. Calvo anunciou tamén a próxima edición dunha guía bilingüe sobre o Camiño Inglés.
Sinatura do convenio para financiar o estudo multidisciplinar sobre o Camiño Inglés
EXHIBICIÓN E CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS 2013-2014 Domingo 8 de xuño, ás 11:30 h. Pavillón polideportivo municipal Exhibición, diplomas, xantar, música
Organiza:
Concello de Trazo
Para acudir ao xantar, aquelas persoas que participan nalgunha actividade, deberán mercar antes do 3 de xuño a entrada no Concello de Trazo (22 € adultos e 10 € para nenos/as de 5 a 12 anos). Menú: empanada, polbo, churrasco, bebida, postre e café
Entrega de diplomas a todos/as os/as participantes nalgunha das seguintes actividades
ZUMBA
PILATES COCIÑA
PATCHWORK EMBUTIDO
MEMORIA
INFORMÁTICA
ARTE FLORAL XIMNASIA DE MAIORES PANDEIRETA BAILES DE SALÓN ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Crónicas - Maio 2014
11
xente dE aquí COMARCA Conmemoran a morte de Ponte Pedreira, Díaz Pan e ‘O Asturiano’
Renovan en Abellá a homenaxe a todas as vítimas da ditadura franquista Un grupo de persoas comprometidas coa recuperación da memoria histórica renovou en Frades e en Mesía a homenaxe anual a todas as vítimas da ditadura franquista, con actos de honra a quen combatiron contra ela, especialmente os guerrilleiros. A conmemoración comezou na parroquia de Abellá, lembrando a data do 21 de abril de 1947, cando se produciu a morte de tres guerrilleiros nun enfrontamento coa Garda Civil na aldea de Fontao. Tratábase de Manuel Ponte Pedreira, xefe da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, de Manuel Díaz Pan, e de Manuel Rodríguez, alcumado ‘O Asturiano’. Os actos comezaron cun encontro ante o monolito colocado no lugar das mortes. De seguido, trasladáronse ao cemiterio de Abellá para visitar as tres tumbas. E finalmente celebrouse un xantar no lugar da Berxa, en Mesía. A lectura de poemas e proclamas e a descrición de diversos datos documentais sobre os falecidos pro-
COMARCA
As viaxes do IMSERSO para a terceira idade poden solicitarse ata o vindeiro 5 de xuño O prazo para solicitar praza no programa de turismo social do IMSERSO remata o vindeiro 5 de xuño. As persoas interesadas en participar deben acudir aos seus Concellos para tramitar as peticións. Para optar a unha praza, cómpre ser residente en España e ter 65 anos cumpridos, sendo pensionista do sistema público. Tamén admiten persoas con pensión de viuvez con 55 anos ou máis, ou pensionistas con pensión de incapacidade de 60 anos ou máis. Os solicitantes deben valerse de por si e non padecer alteracións de comportamento. Algúns dos posibles destinos da convocatoria deste ano son Andalucía, Cataluña, Murcia, Valencia, Illas Baleares e Canarias. A oferta inclúe tamén turismo de natureza e circuítos culturais. Para a solicitude, ademais dos impresos específicos debidamente cubertos, cómpre levar fotocopia do DNI e do cónxuxe ou acompañante, e un xustificante da pensión que se perciba.
Acto ante o monolito colocado en Fontao (Abellá) en memoria dos tres mortos
cedentes de arquivos militares por parte dos asistentes conformaron o encontro no que estiveron presentes familiares e/ou descendentes de Ponte e de Díaz, os historiadores Ber-
nardo Maiz e Manuel Pazos, os escritores David Otero, Xoán X. Fernández Abella e Aurora Marco, os músicos Mini e Mero, Miro Casabella e Raúl Galego, e diversas entidades.
O quinto seminario sobre a memoria inclúe actividades en Oroso e en Mesía Desde o 30 de maio ata o 1 de xuño, celebrarase o quinto seminario sobre a memoria, que organiza Nova Escola Galega e que nesta ocasión ten por lema ‘Asociacionismo mariñeiro, represión franquista e resistencia democrática”. O programa inclúe actividades en Oroso e en Mesía, ademais de Curtis, Rianxo, Noia e Porto do Son. En Oroso, o domingo 1 de xuño, de 10 a 11 da mañá no centro cultural, Manuel Pazos ofrece unha conferencia sobre a resistencia antifranquista en Mesía e en Curtis, sobre a que acumula importantes investigacións que fixeron da comarca pioneira do eido da memoria histórica. De seguido, os participantes no seminario trasladaranse a Mesía e a Curtis, para participar nun roteiro polos chamados lugares da memoria dos Foucellas. Despois terán lugar o xantar e a avaliación do seminario.
FRADES
OROSO
Vinte persoas rematan un curso de manipulación de alimentos
Concerto didáctico no colexio da Ponte Carreira para divulgar a tradición cultural de Galicia
Nenos e familias, no concerto
Entrega dos carnés de manipulación a parte dos asistentes ao curso
Vinte persoas remataron en Oroso un novo curso de manipulación de alimentos, co que obtiveron o carné preciso para traballar en empresas do sector alimentario ou da hostalería. Na entrega dos carnés participaron os concelleiros de Economía, Xaime Carneiro, e de Sanidade, Mari Carmen Liste. Carneiro
felicitou o alumnado e desexoulles éxitos laborais. O curso está homologado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e desenvolveuse no centro cultural de Sigüeiro. Durante tres horas, nel abórdanse os métodos para procesar os alimentos mantendo as condicións de hixiene e salubridade.
‘O son que me arrola’ é o nome do concerto didáctico sobre a tradición cultural de Galicia ofrecido no CPI da Ponte Carreira, en Frades, para máis de setenta persoas. Foi unha actividade programada polo Concello e ofrecida pola asociación socioeducativa Antonio Gandoy, que recupera o programa Preescolar na Casa despois de que os recortes da Xunta o obrigasen practicamente a desaparecer. Durante estas semanas, Frades programou tamén varios obradoiros infantís sobre manualidades e habilidades artísticas para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Crónicas - Maio 2014
12
xente dE aquí ORDES
OROSO
Visita de escolares do colexio Campomaior á Casa do Concello
O festival solidario obtén máis de 1.500 quilos de produtos
A visita serviu para que uns trinta alumnos coñecesen a administración local
Actuación do grupo de baile de maiores de Oroso, durante o evento solidario
Uns trinta nenos e nenas de terceiro curso de primaria do colexio Campomaior visitaron a Casa do Concello para coñecer o funcionamento da administración municipal. O percorrido polas distintas dependencias do consistorio serviulles para observar o traballo que
O festival solidario do Concello de Oroso recolleu máis de 1.500 quilos de alimentos non perecedoiros e de produtos de limpeza e de hixiene, ademais duns 300 euros en donativos, que se destinarán ás familias con máis dificultades económicas do municipio. O Concello agradeceu a cola-
se efectúa en cada un dos departamentos municipais. A visita rematou cun encontro co alcalde, Manuel Regos, no salón de plenos. O rexedor contestou algunhas preguntas sobre Ordes e sobre varios proxectos de vierso tipo acometidos e planeados polo Concello.
boración de veciños, asociacións e empresas neste evento, no que actuaron desinteresadamente músicos e humoristas. O concelleiro Antonio Leira salientou que, ademais de actuar de balde, acudiron dúas veces a Oroso, xa que o festival tivo que aprazarse uns días por mor do mal tempo.
COMARCA As creacións expuxéronse en Sigüeiro
Trinta entidades na mostra de obradoiros culturais comarcal A sétima edición da Mostra de Obradoiros Culturais da Mancomunidade de Ordes amosou as creacións de máis de trinta entidades da comarca no centro cultural de Sigüeiro ata este 16 de maio. A exposición, que se puido visitar de balde, foi inaugurada polo presidente do organismo supramunicipal e alcalde de Ordes, Manuel Regos,
acompañado por representantes dos demais municipios e das entidades participantes. Pinturas, debuxos, creacións de costura, traballos en coiro, labores, fofuchas, patchworks e outras moitas creacións artesanais que saíron da mente e das mans de numerosos veciños da zona causaron a admiración de múltiples visitantes.
Menú do día e carta
A exposición contou cunha escolma das manualidades realizadas na comarca
A DE COMIDAS S A C
SUSA
Hai polbo
Café-Bar
Avda Alfonso Senra 27, bajo ORDES
Comida para levar
881 981 518
Empanadas e churrasco por encarga
Cr贸nicas - Maio 2014
13
PUBLICIDADE
14
Crónicas - Maio 2014
xente dE aquí OROSO
CERCEDA Forma parte dunha mostra itinerante da Xunta para o Día das Letras
Un contacontos celebra o Día do Libro en Oroso con corenta nenos
Escolares de Cerceda inician o percorrido da xincana ‘Díaz Castro na voz da xente’
Sesión de contacontos en Sigüeiro
A celebración do Día do Libro en Oroso consistiu nunha sesión especial de contacontos, á que acudiron corenta nenos e nenas de entre tres e oito anos. No salón de actos do centro cultural, presenciaron o relato de “O soño do rato”, nunha narración de Olga Abad que mestura sombras chinesas, manipulación de obxectos e narración oral. En menus dunha hora, coñeceron a historia de César, un rato que cumpre o soño de viaxar no tren que transporta libros superando os seus medos. A actividade estivo organizada polo Concello no programa ‘Ler conta moito’ da Xunta.
Uns 160 escolares de primeiro e segundo da ESO do CEIP O Cruce (Cerceda) foron os protagonistas do inicio da xincana ‘Díaz Castro na voz da xente’, unha actividade da secretaría xeral de Política Lingüística para conmemorar o Día das Letras Galegas que, ata decembro, percorrerá diferentes municipios galegos dentro da mostra ‘Nimbos de luz’. O comezo da xincana contou coa visita do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, acompañado polo secretario de Política Lingüística, Valentín García, e polas concelleiras de Cultura e de Educación de Cerceda, Begoña Rodríguez Rumbo e María Viqueira. A actividade consiste en ir superando, co asesoramento de monitores, catro probas ou retos relacionados coa vida e a figura de Xosé María Díaz Castro, homenaxeado neste 17 de maio, facilitando así o seu coñecemento por parte dos estudantes. Aproveitando a presencia de García e de Alonso Montero en Cerceda, o Concello entregou os premios do
seu certame de radionovela, que fomenta a utilización do idioma galego e das novas tecnoloxías. En categoría de primeiro e segundo de ESO, venceron Luis Mosquera e Nuria Varela, co segundo premio para Antón Concheiro e David
García, e o terceiro para Carla Santos e Xaila María Gende. Na categoría de terceiro e cuarto da ESO, gañaron Ana Muíño e Santiago José Regueira, co segundo premio para Andrea Becerra e Carina Gilda e o terceiro para María Barbeito e Andrea Cancela.
ORDES
MESÍA
Viaxe de Mesía para coñecer Ribeira, A Pobra e Pontevedra
Os excursionistas, baixando do mirador da Curota, na Pobra do Caramiñal
Deceas de veciños de Mesía participaron na excursión do Concello a Santa Uxía de Ribeira, onde coñeceron a vila e o seu mercado, á Pobra do Caramiñal, onde subiron ao mirador da Curota, e a Pontevedra, coa tarde libre para pa-
Begoña Rodríguez Rumbo, Valentín García e Xesús Alonso Montero
sear. O xantar efectuárono nun restaurante de Caldas de Reis. Esta excursión é unha das que a cotío organiza o Concello, asumindo o transporte. Cada participante pagou 25 euros para os demais gastos.
Día do Libro na Biblioteca cun espectáculo de monicreques
Os monicreques, con música na actuación, captaron a atención dos cativos
A Biblioteca de Ordes celebrou o Día do Libro con deceas de nenos e nenas, para as que programou o espectáculo de monicreques ‘A casiña de chocolate’. Esta actuación foi complementaria á habitual ‘Tarde de contos e lendas’, que se ofrece unha vez
ao mes. Na máis recente, os cativos atenderon o relato ‘Conto contigo’. Estas actividades procuran familiarizar os máis pequenos da casa coas instalacións da biblioteca e impulsar neles o hábito da lectura.
Crónicas - Maio 2014
15
xente dE aquí MESÍA
COMARCA
Ábrese o calendario de festas para a terceira idade de 2014
“I am practicing English with my neighbors”
A celebración para os maiores de Oroso superou os 600 participantes
Hai un momento na vida de todo veciño da comarca a partir do que, unha vez ao ano, comeza a comer empanada, carne ao caldeiro ou polbo baixo unha carpa, nun pavillón ou nalgún recinto preparado para grandes ágapes. Ese é o momento no que se entra na chamada terceira idade, un colectivo ao que os Concellos da comarca lles dedican festas específicas. O calendario de 2014 para
estes eventos xa se abriu. A primeira cita foi en Oroso, con máis de 600 comensais no polideportivo de Sigüeiro. Tras a misa, coa actuación do Coro Voces Amigas, e o xantar, un grupo musical deu pé ao baile. En Ordes, a festa celébrase este domingo 18 no Pazo Bidueiro, cunhas 700 persoas. E Mesía programa a súa festa para o sábado 31 de maio.
Os obradoiros de inglés en Mesía introduciron o idioma en actividades cotiás
Nenos e adultos asistiron en Mesía a obradoiros para a práctica oral de lingua inglesa. No caso do obradoiro infantil, chamado ‘Have fun in English’, foron máis de trinta os participantes. Baseouse en introducir o idioma en actividades comúns como manualidades, cociña e xogos, impartidos por moni-
tores de fala inglesa. O resultado é unha aprendizaxe entretida, obxectivo que tamén buscaba o ‘Coffee in English’, a actividade para adultos que consistiu en recrear o ambiente dunha cafetería para que os participantes, asistidos por mestres nativos, falasen inglés entre eles.
16
Crónicas - Maio 2014
xente dE aquí ORDES
‘O Aturuxo de Melpómene’ representa ‘A rateira’ para o IES
A representación para o IES Maruxa Mallo ofreceuse na Casa da Cultura
Máis de 200 alumnos e alumnas do IES Maruxa Mallo de Ordes asistiron na Casa da Cultura de Ordes á representación da obra ‘A rateira’, de Agatha Christie. Esta representación teatral foi unha iniciativa do Departamento de Lingua Galega do centro educativo. A obra literaria da escritora
británica é unha das lecturas obrigadas neste curso. Quen a puxeron en escea foron os integrantes do grupo teatral de afeccionados ‘O Aturuxo de Melpómene’, de Narón. Con ‘A rateira’ volveron poñer de manifesto o seu gran nivel interpretativo e a calidade das súas adaptacións.
Un calendario que mantén os recordos do día a día
A concelleira Begoña R. Rumbo presentou o calendario ante deceas de persoas
Dos calendarios adoitan caer os días, un tras outro, indefectiblemente. Poucas veces serven para mirar atrás. De aí que o que presentou recentemente o alumnado dos obradoiros de memoria de Cerceda sexa especial. O ‘Calendario dos Recordos 2015’, elaborado nas clases, recolle con noticias de hemeroteca e do arquivo munici-
pal, con imaxes antigas e con textos descritivos aspectos da vida cotiá de Cerceda ou o significado de topónimos da zona. Na preparación deste traballo, que se fai por segundo ano consecutivo, participaron os obradoiros de memoria que o Concello efectúa en Queixas, Meirama, Rodís e Cerceda.
FRADES
ORDES
A asociación Xente de Bo Dente convoca o I Concurso de Tapas As tapas dos bares teñen ás veces categoría de arte e son a clave para que un negocio manteña e incremente os seus clientes, de ser acertadas, ou os envíe a negocios alleos, se son escasas ou se non agradan nin á vista nin ao padal. Por eso, non está demais dar a coñecer as exquisiteces que se ofrecen nos establecementos de Ordes como tapas e determinar cales lles gustan máis aos clientes. Con tal motivo, a asociación Xente de Bo Dente, en colaboración co Concello, puxo en marcha o primeiro Concurso de Tapas da vila, que se desenvolverá os días 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de xuño. O primeiro paso foi solicitar a colaboración e implicación dos establecementos do municipio, que dispuxeron ata este 16 de maio para inscribirse, pagando unha cota única de 30 euros. Cada negocio pode presentar tres tapas ao certame como máximo. Durante o concurso, os clientes terán á súa disposición un-
CERCEDA
has cartillas nas que plasmar a súa votación unha vez probada a tapa. O seu veredicto irá ás urnas dispoñibles en cada un dos establecementos participantes. Pero as papeletas só serán tidas en conta se foron seladas como mínimo pola metade dos bares e restaurantes que concursan. O horario para probar e puntuar é de 19 a 23 horas nos días do certame. Os sábados e os domingos amplíase tamén de 12.30 a 15 horas. Os establecementos e as tapas gañadoras coñeceranse o 28 de xuño. Os clientes poderán obter diversos premios. O primeiro é o 50% do recadado nas inscricións e unha cea para dúas persoas nun restaurante ordense. Sortearase e sortearase entre quen teñan totalmente cuberta a cartilla. Ao segundo premio, o 30% do importe das inscricións, poden acceder quen teñan o 75% das casas. E ao tercerio, o 20% das cotas, quen teñan a metade dos locais.
Comeza un curso de pintura en vidro, que durará tres meses
Primeira clase do curso municipal de pintura en vidro en Frades
Catorce mulleres de Frades comezaron un curso municipal de pintura en vidro, que se prolongará durante tres meses. As clases desenvólvense todos os mércores á noite e son sobre todo prácticas, xa que desde o primeiro encontro comezaron a probar cos materiais e a practicar as diversas técnicas que lles irán explicando durante o
trimestre. O curso comezará con métodos sinxelos como o traballo con plantilla ou o contorno releve para logo adentrarse nas máis complicadas, como o esmerilado, o puntillismo, o craquelado en vidro, as vidreiras ou o decupage. Aprenderán tamén diversas aplicacións de cores.
Crónicas - Maio 2014
17
xente dE aquí FRADES
MESÍA
Un novo grupo de veciños adquire destrezas informáticas
Rematan as saídas ao Balneario da primavera, con 70 persoas
O alcalde acudiu á derradeira clase para entregar os diplomas acreditativos
Once persoas de Frades remataron o curso de informática que comezara en xaneiro e que durante cincuenta horas de clase os iniciou no manexo básico do sistema operativo máis común, na navegación por internet, na utilización do correo electrónico e na
práctica de mecanografía. As clases, que se desenvolveron na sala de informática da casa consistorial, cultimaron coa entrega de diplomas por parte do alcalde de Frades, Roberto Rey, quen destacou o bo aproveitamento da actividade.
Participantes nunha das quendas que acudiron ao Balneario de Guitiriz (Lugo)
As saídas ao Balneario de Guitiriz organizadas polo Concello de Mesía durante esta primavera chegaron á súa fin. En dúas quendas, de catro saídas cada unha, asistiron un total de 70 persoas, cubrindo todas as prazas dispoñibles. Esta actividade forma parte do
programa municipal ‘Deporte é saúde’. Limitada a persoas empadroadas no municipio, o seu prezo foi de 45 euros pola quenda completa e de 12 euros para quen optase por acudir en días soltos. O prezo inclúe o transporte en autobús e o tratamento recibido nas instalacións do balneario.
MESÍA
ORDES
Un obradoiro ensina a elaborar cosméticos de orixe natural
Imparten no Mesón un curso de manexo de carretas elevadoras
A clase, do programa ‘Eco-Baúl’ de Mesía, contou cunha ducia de participantes
Barras de labios, bálsamos, cremas hidratantes ou cremas contra a doenza das pernas cansadas. Estes son algúns dos produtos que aprenderon a elaborar as persoas participantes no obradoiro de cosmética natural que desenvolveu o Concello de Mesía no seu pro-
grama ‘Eco-Baúl’. A intención é que os cidadáns aprendan a elaborar produtos cos que coidarse utilizando ingredientes respectuosos co medio, coa súa saúde e tamén cos seus petos. Ademais de aprender, puideron levar para a casa unha mostra do elaborado.
Alumnos do curso, durante a sesión formativa da parte teórica
Máis de vinte alumnos participaron no curso de manexo de carretas elevadoras que desenvolve o Concello de Ordes nas instalacións do recinto feiral do Mesón do Vento. A convocatoria municipal cubriu así todas as prazas dispoñibles. O curso consta de aprendizaxe
teórica e tamén práctica. O alumnado abordou aspectos relacionados coa revisión da máquina, a recollida e suxeición da carga, a circulación en avance e en retroceso, a posición dos operarios, a altura da carga en marcha, o estacionamento ou as indicacións para garantir a seguridade.
Crónicas - Maio 2014
18
DEPORTES XADREZ O I Torneo Concello de Oroso, con 101 participantes, rexistra a victoria de Jesús Rodríguez Pérez
O xadrez “sobrepasa as expectativas” en Oroso
Entrega dos trofeos na clasificación absoluta do torneo de xadrez
Os mellores xadrecistas locais do torneo celebrado en Sigüeiro, cos seus trofeos
“Sobrepasamos con creces as nosas expectativas”. É o óptimo balance efectuado por Juan Ramón Salgueiro, presidente do Club Xadrez Oroso, tras o I Torneo Concello de Oroso, que reuniu 101 xogadores no centro cultural de Sigüeiro, provintes de clubs de toda Galicia. De todos eles, 47 eran menores de doce anos. O torneo rexistrou na súa clasi-
sar Pérez (Xadrez Ourense) e Daniel González (Arteixo) como segundo e terceiro. En sub12, victoria para Marcos Vázquez (Xadrez Ourense), con David Butrón (Gallaecia) en segundo posto e Roque Bouza (Xadrez Betanzos) en terceiro. E en sub10, a clasificación liderárona Marcos Carou (Xadrez Rianxo), Mateo Rodríguez (Fontecarmoa) e Antón Aranda (San Fran-
ficación absoluta a victoria de Jesús Rodríguez Pérez, do club do Marquiño, seguido por Antonio Susavila Muñiz, de Padrón, e de Carlos YebraPimentel, do Gallaecia. Os mellores clasificados de Oroso foron Sergi Castro, Alba Aroa, Martín Pena e Juan Ramón Salgueiro. En categoría sub14, venceu Jorge Méndez, do Xadrez Rianxo, con Cé-
cisco). O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, agradeceu “o esforzo que están facendo clubs como o Xadrez Oroso para achegar o deporte a todos os veciños e veciñas”. Mirás encargouse da entrega dos trofeos, acompañado polos seus concelleiros de Deportes, Luís Villaverde, e de Cultura, Antonio Leira.
RAID A proba foi organizada polo Club SEO de Ordes
O Raid Odiseo puxo a competir máis de 170 deportistas en Frades O sexto Raid Odiseo congregou máis de 170 deportistas pertencentes a 57 equipos. A proba, organizada polo Club SEO de Ordes, disputouse nesta ocasión no territorio de Frades e contou coa colaboración do Concello e da Federación Galega de Orientación. Este raid, incluído na liga galega da modalidade para 2014, tivo un percorrido algo superior aos 75 quiló-
metros e desenvolveuse nun tempo máximo de dez horas. Os competidores, en equipos de tres, combinan a resistencia física coa capacidade de orientación, para o que se valen dun mapa e un compás na procura dos puntos ubicados en diversos lugares das parroquias fradenses. Na entrega de premios participaron o alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro Miguel Prado.
Varios competidores observan as indicacións previas á proba, na Ponte Carreira
Crónicas Con Crónicas, a túa publicidade funciona cronicas.comarcadeordes@gmail.com 617 917 130
Crónicas - Maio 2014
19
DEPORTES TENIS DE MESA
O Oroso TM organizou con éxito os galegos cadete e veterano
ATLETISMO
Saúl Zúñiga e Isabel Sáez gañan a VI Cross Ambiental de Ordes
Integrantes do equipo cadete do Oroso TM, no polideportivo de Sigüeiro
A proba tivo o seu epicentro no Campo da Feira de Ordes
O Oroso TM organizou en Sigüeiro os campionatos de Galicia nas categorías cadete e veteranos de tenis de mesa, nos que competiron máis de 300 deportistas. O club fíxose con seis medallas na categoría cadete, das que dúas foron de ouro, tres de prata e unha de bronce. As de ouro corresponderon a Uxío Regueiro en individual masculino e a Silvia Álvarez,
Saúl Zúñiga, de Ponteareas, e Isabel Sáez, da Estrada, lideraron as clasificacións absolutas, masculina e feminina, na VI Cross Ambiental do Concello de Ordes e a III Andaina Memorial Estebo José. A estas probas concorreron máis de medio milleiro de corredores. Nas categorías de menor idade, nos menores de 4 anos gañaron Manuel González e Laura Sánchez,
campioa en dobres con Laura Fernández, do Arteal. As pratas recaeron en Regueiro e Camilo González, en dobres masculino, no equipo de Regueiro, González, Alexandre Iglesias, Adán Calvo e Uxío Pampín, e en Regueiro e Álvarez en dobres mixtos. A medalla de bronce correspondeulle a Silvia Álvarez, na proba individual feminina.
de 5 a 8 Anxo Barreiros e Sofía Dodman, e de 9 a 12 Iván Suárez e Noelia Sánchez. Houbo trofeos, medallas e premios en metálico para os tres primeiros de cada categoría e todos os participantes puideron entrar no Museo do Traxe. A organización, por certo, recadou máis de cen quilos de alimentos para as familias con menos recursos.
20
Crónicas - Maio 2014
DEPORTES FÚTBOL
FÚTBOL
Homenaxe municipal para o equipo feminino do Tordoia
O Villestro faise co torneo de prebenxamíns de Trazo
Xogadoras, técnicos e directiva no club, cos integrantes da corporación local
O torneo de prebenxamíns de Trazo organizouse este ano por vez primeira
O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, e varios integrantes máis da corporación municipal, recibiron na casa consistorial en Pontepedra o equipo feminino da S.D. Tordoia. O acto tivo como finalidade ho-
O Villestro proclamouse campión do primeiro torneo de fútbol de prebenxamíns, organizado hai uns días polo Concello de Trazo. O equipo venceu na final ao Calo. Na competición participaron, ademais dos dous conxuntos que
menaxear as xogadoras, corpo técnico e directiva da entidade polo ascenso á primeira división galega, acadado nesta tempada 20132014. O goberno municipal destaca a capacidade de “traballo e esforzo” de todos eles.
chegaron á final, o Compostela, o Cabanas, o Silleda, o Tordoia, o Trazo, o Bertamiráns, o Vista Alegre e o Val do Ulla. Como máximo goleador da competición foi distinguido Daniel Varela Villasenín, do Trazo CF.
KÁRATE
PATINAXE ARTÍSTICA
Dous ouros máis no currículo da cercedense Emma Núñez
Preto de 300 deportistas na cuarta exhibición de Ordes
A cercedense Emma Núñez, deportista pertencente ao Kárate do Carballo, proclamouse campioa por partida doble, en kata e kumite (combate) no Memorial Interautonómico de Kárate Jesús García Calvo (II Copa AkaiRyu) de Negreira. Esta competición, que contou coa participación de 21 clubs de Galicia, Asturias e Castela e León, abriuse na súa xeira matinal coa modalidade de kata, agrupando as categorías xuvenil e cadete, de doce a quince anos. Núñez, no seu primeiro ano como xuvenil, solventou os seus enfrontamentos por unanimidade arbitral, co que chegou á final e alzouse co ouro cun contundente 5-0. Na xeira vespertina, disputouse o combate ou kumite. No seu peso, de menos de 50 quilos, a cercedense efectuou un excelente torneo. Esto permitiulle chegar á final, na que se impuxo á súa rival por 6 a 4. Destacaron no seu xogo a rapidez, a forza e a explo-
Numeroso público acudiu ao pavillón Castelao para ver o espectáculo
Núñez, cos trofeos en Negreira
sividade. Este 24 de maio, Emma ten unha nova cita no Campeonato Internacional de Monçao (Portugal), de carácter benéfico.
A cuarta exhibición municipal de patinaxe artística do Concello de Ordes contou coa participación de 300 patinadores e patinadoras con entre catro e dezaoito anos. A celebración, que serviu como clausura das escolas municipais ata o vindeiro curso, puxo na pista a equipos procedentes de Cambre
e de Carral, ademais das ordenses do C.P. Alquimia, actuais campioas provincias de show, que recolleron numerosos aplausos co seu espectáculo ‘Eros e psique’. A tenente de alcalde, Silvia Marín, e o concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias, entregaron medallas a todos os participantes.
crónicas - Maio 2014
21
dePORteS FÚTBOL PREBENXAMÍN
FÚTBOL
A E.D. Xuventude Oroso gaña de novo o seu torneo
O Trazo xa é equipo de segunda tras unha tempada intachable
Os prebenxamíns da E.D. Xuventude Oroso, recibindo o trofeo da competición
O equipo da E.D. Xuventude Oroso gañou de novo o Torneo Prebenxamín Oroso, que disputou hai uns días a súa segunda edición no campo municipal Lino Balado de Sigüeiro. Na modalidade biberón, gañaron os integrantes das Escolas Luís Calvo, de Carballo. Os prebenxamíns de Oroso tiveron que agardar ata os penaltis para facerse coa victoria ante o
Luís Calvo. O tempo regulamentario rematou cun empate a un gol e foi nesa fase final cando lles gañaron aos seus contrincantes. Da entrega dos trofeos deste torneo encargouse o concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Villaverde. Ao acto tamén acudiu o concelleiro de Ensino, Antonio Leira. No torneo prebenxamín participaron quince clubes.
Os integrantes do Trazo C.F. celebran o ascenso (Foto: T.C.F.)
O Trazo C.F. xogará en segunda división autonómica a vindeira tempada. Non lle fixo falta que acabase o campionato para acadar o ascenso. Cando restaban aínda dúas xornadas para a fin de liga, confirmouno matematicamente. O pasaporte de segunda a terceira é froito duns resultados magníficos ao longo de toda
a competición. Unicamente tivo unha derrota, na primeira volta ante o Villestro B. E sacado algún que outro empate, o demais foron triunfos, a miúdo con goleadas moi notorias. No seu mesmo grupo de terceira, destaca tamén o labor do Sigüeiro B, subcampión da liga 2013-2014 neste ámbito.
A reforma dos partidos xudiciais: o “desmantelamento” da Xustiza O Consello de Ministros dou luz verde ao Anteproxecto de reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPX), no que se pretende eliminar o consolidado sistema de partidos xudiciais para centralizalos nun Tribunal Provincial de Instancia, que terá sede na capital de cada provincia. O sistema de administración de xustiza baseado en partidos xudiciais distribuídos por territorios é un modelo que funciona pacificamente, está plenamente aceptado pola sociedade, e non ten xerado queixas de operador xurídico ningún, sexan xuíces, fiscais, procuradores ou avogados. Pola contra, as queixas
en torno á Administración de Xusticia téñense referido sempre á escaseza de medios humanos e materiais, que produce inaceptables dilacións na resposta que a Xustiza debe dar ao cidadán. Os datos falan por si sós, o investimento en xustiza no Estado Español é seis veces inferior á media da Unión Europea (0,5% do PIB frente ao 3% do PIB). No caso de Galicia esta reforma será especialmente prexudicial reducindo os 45 partidos xudiciais existentes na actualidade a 4 Tribunais Provinciais, que ao sumo terán sedes territoriais nas 3 cidades que non son capital de provincia, o que, ademáis de afastar
a xustiza dos cidadáns, prexudicará á economía do rural. En conclusión, en lugar da modernización e adecuada dotación de medios para uns tribunais de xustiza que son alicerce fundamental da convivencia pacífica e da estabilidade económica, camiñamos con este proxecto cara o debilitamento institucional dun poder, o xudicial, que debe actuar de garante dos máis desfavorecidos, tutelando os dereitos que lles son constitucionalmente otorgados; o que pon enriba da mesa o verdadeiro obxectivo deste proxecto: facilitar ainda máis o desmantelamento do Estado do Benestar.
CASTRO AVOGADOS GONZALO-HENRIQUE CASTRO PRADO Rúa Parque Félix Rodríguez del Fuente - 54, 3 B - 15680 Ordes Avenida Rosalía de Castro 105, baixo - 15706 Santiago de Compostela Teléfonos: 981 594 460 - 981 596 252 - 698 159 678 - Fax: 981 594 460 www.castroavogados.com - gonzalo@castroavogados.com ÁREAS DE PRÁCTICA Dereito Mercantil, Civil, Seguros Dereito Administrativo, Penal Dereito Laboral e Social Familia e Sucesións Contencioso- administrativo, arbitraxes e Xestión recuperatoria de débedas
COBERTURA INTERNACIONAL Ofrece total cobertura internacional cun único interlocutor para o noso cliente, encargándonos da xestión, seguimento e asesoramento integral cos nosos colaboradores no exterior
Crónicas - Maio 2014
22
DEPORTES XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ORDES A proba, do circuíto provincial, superou os 400 corredores
Geralavicius e Suárez impoñen o ritmo en Ordes Robertas Geralavicius gañou a XIX Carreira Popular Concello de Ordes. Na clasificación masculina, precedeu a Víctor Riobó e a Akka Essaadaoui. A competición feminina liderouna Raquel Suárez, seguida por María del Carmen Penas e por Marinela Blanco. Esta proba absoluta tivo un percorrido duns 10.000 metros. Entre os corredores locais, recibiron premio especial Carlos Fernández, Pablo Raña, José Manuel Boquete e Carmela Becerra. Os trofeos aos máis veteranos foron para Antonio Cabana e para Carmen Casas. Nas categorías dos máis novos, o Concello informou de que os mellore stempos en benxamín foron os de Antón Romar e Uxía Lema; en ale-
vín Daniel Mato e Deki Mato; en infantil Leonardo Guazzone e Ana García; e en cadete Pedro Osorio e María Sexto. Houbo tamén premios especiais para os grupos de atletismo local Coyote e Raposo. A carreira, organizada polo Concello, sumou máis de 400 corredores de todas as idades chegados de toda Galicia. Forma parte do Circuíto Provincial de Carreiras Populares, este ano na súa segunda edición. O Concello agradeceu a colaboración de Gadis, Nutrexpa, Carnicería Enrique, Eurofrut, Cruz Vermella Ordes, Feiraco, Reale Seguros, Jaime Castro Asesoría, Pazo do Bidueiro, Infantilandia, a Federación Galega de Atletismo e Championchip.
Os corredores da proba absoluta percorreron un itinerario próximo aos 10.000 metros
CARREIRA A segunda edición desta competición congregou preto de 900 corredores en Sigüeiro
Fernández e Deira triunfan na Pedestre de Oroso
Saída dunha das categorías infantís na carreira de Sigüeiro
Alcalde e concelleiro, cos gañadores da II Carreira Pedestre do Concello de Oroso
Juan Pablo Fernández, da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, e Silvia Deira, do Club Atletismo Milladoiro, proclamáronse campións absolutos na segunda Carreira Pedestre do Concello de Oroso. Fernández completou a proba
Silvia Deira fixo un tempo de 42’14’’. A subcampioa foi María José Grobas (Club Atlética A Silva), cun tempo de 42’42’’, e a terceira posición foi para María Fernández (Club Atletismo Santiago) con 44’40’’. Na competición participaron 892
en 32’56’’. O segundo clasificado foi Cristian Muíño, do Club Alejandro Gómez de Vigo, con tres segundos máis. E a terceira praza conseguiuna Roberto Caneda, do Atletismo Milladoiro, nove segundos despois do vencedor.
corredores, dos que 701 corresponderon á competición regulada e 191 ás categorías pitufo e prebenxamín. O alcalde, Manuel Mirás, agradeceu a elevada participación acadada e a animación de centos de veciños aos corredores.
HÓCKEY O equipo garante unha notable canteira de xogadores no hóckey ordense para os vindeiros anos
Os infantís do A.C. Ordes, cuartos no Campionato de España Os integrantes do equipo infantil do A.C. Ordes sumaron un novo éxito para o club ao acadar a cuarta praza no Campionato de España de Hóckey, disputado en Madrid. Na derradeira xornada da competición, os ordenses perderon ante o CP Manlleu, cun resultado de 8 a 3. Nos encontros previos gañáronlles ao CP Las Rozas (2-3) e ao CP Josaleta (8-1) e caeron ante o CP Manlleu (2-
1) e ante o FC Barcelona (1-3). O resultado demostra un excelente nivel do hóckey en Ordes e anticipa unha notable canteira de xogadores para os vindeiros anos. O concelleiro de Deportes de Ordes, Roberto Iglesias, viaxou a Madrid co equipo para animar e para acompañar tanto os xogadores como a directiva ao longo de todo o campionato.
Integrantes do equipo infantil do A.C. Ordes de hóckey, cuartos de España
crónicas - Maio 2014
23
OPiniÓn TRIBUNAS DA COMARCA. DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Colisión frontal Por Serafín Marcos Non nos coñecíamos de nada, íamos en sentidos opostos, colisionamos frontalmente, el católico, eu apóstata. Achegueime a el tan pronto e rápido como puiden, creo que non se decatou da miña presenza, falaba da Lus, frases ou versos regurxitados que ás veces se repetían. Escoiteino coa máxima atención. Recordo con claridade unha delas: “esvaerme no aire que ti has beber”. Sei que non o dicía por min. O aire entroume fondamente nos pulmóns, pechei os ollos e pronto chegaron, sen eu percibilo, os servizos de asistencia. A lus daquel día
era cegadora e alí non atoparon a ninguén máis ca min. De súpeto todo se desenrolaba no máximo silencio. Recolléronme rápido e non me deu tempo a levarme ningún recordo daquela colisión. Sacáronme deitado dalí, puxen as mans no meu peito e notei algo baixo a palma da man, agarrei con coidado e alí descubrín unha herba pequerrechiña. Así foi como coñecín a Xosé María Díaz Castro, colisionamos cando lle dedicaron as Letras Galegas. Sei que non lle gusta ese premio, unha, porque non gustaba dos recoñecementos e outra, porque as letras
Os paxariños da Alameda Estes son días de moito traballo para os ornitólogos. Afánanse en buscar niños de silveira en silveira para ver como veñen os novos paxariños. E nesas estaban cando descubriron que este ano ata procreou o vello corvo, ao que xa daban por morto, ou polo menos por xubilado. A sorpresa foi considerable porque non sabían das habilidades do pernicioso paxaro. Era normal que o desen por morto, porque o desgraciado do corvo xa fixera testamento. Ou eso parece. Polo menos hai quen di que viu os documentos. Pero agora nin morte
galegas, en si mesmas, non teñen ialma. El goza coas palabras galegas, cheas de ialma como a graíña do toxo, as palabras con significados galegos nas que ferve o pulo enterrado. Atopei a Xosé María Díaz Castro na ialma das palabras enterradas nos libros, pero el está na terra labrada, na terra sucada. Eu sigo sendo apóstata e el, el xa non é católico, esvaeuse no aire e converteuse en Lus. Este mes ando cunha maleta vella, moi vella percorrendo os centros escolares galegos, unha lus acesa sae dela: “vouvos a contar a historia dun home que se quixo
converter en Lus, a historia comeza así:…” Serafín Marcos.
Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras
nin testamento, senón todo o contrario. A liñaxe renovada, en pólas novas, e as mesmas ganas de estropear a colleita de sempre. E entón, pregunta o notario, que pasa cos herdeiros? Teñen que devolver os bens? Ou en realidade nunca os tiveron e todo era unha ilusión pasaxeira? A todas estas cuestións non hai resposta nin xurídica nin poética, polo de agora. Pero haber houbo procuradores que trataron de determinalas e os beneficiarios xa advertiron que non van consentir nin tal paso atrás nin tamaña aldraxe. Avisaron ben claro, que xa bastante levan calado e atu-
rado. Fartos están das maneiras do corvo e dos seus adxacentes, por moito que lle sorrían. Pero coidadiño, que non todos están dispostos a pelexarlle a herencia. Algúns, como bos gaivotos, por un anaco de pan duro volven baixo as ás do corvo. Sorrindo, claro está. O alférez ben coñece o panorama, e xa fixo os seus cálculos. Ou fixéronllos, porque ben se sabe que llo dan todo feito nesta vida. A moral e o sentidiño dinlle que opte pola boa xente, que se esqueza de aves bastardas. Pero os cálculos aconséllano ao contrario. Xustiños, pero ao contrario. A ecuación non se resolve.
Xa iremos contando as desventuras do vello corvo ben sentado. Pero hai que relatar tamén a preocupación dos ecoloxistas por dúas especies. Unha, a abella, que a pobre non soporta tantos pesticidas e vai acabar verde como o veleno. Verde, verde, verde. A outra é o morcego, ao que non se lle dá ben a noite, pese á súa condición. Como se despiste un pouco, acaba cos ósos no chan e despois non dá remontado voo. Entre tanta pelexa xorda da ilustrísima pita de monte e do gaivoto converso, amigo do corvo podre e da valente besta, vai ter que pular duro pola supervivencia. Igual sucedeu no seu día coa perdiz, e xa se viu que a repoboación é imposible.
As tesoiras do PP poñen en perigo as festas nas parroquias A Agrupación Socialista de Ordes vén de presentar unha moción no Concello, que será levada tamén ao Parlamento de Galicia, para evitar a desaparición das festas nas nosas parroquias por culpa dunha lei do Partido Popular. O PP decidiu obrigar ás comisións de festas a presentar tanta documentación (plan técnico, plan de emerxencias, licenzas, estudo de impacto acústico...) que lles custará centos de euros. Un gasto que non poderán afrontar e suporá a desaparición dos festexos tradicionais das nosas aldeas. Non te deixes enganar outra vez polo PP: nin a Xunta nin a Deputación da Coruña investiron nin un só euro en Ordes nos últimos 4 anos, salvo o que están obrigados por lei. Eses máis de 700.000 euros que o PP anda a dicir que
inviste en Ordes non son máis que os investimentos aos que están obrigados por lei, nin un euro máis. O señor Gallardón quere deixar a Ordes sen Xulgados, polo que os veciños terán que ir ata A Coruña cada vez que precisen un documento. Os socialistas de Ordes recollemos máis dun milleiro de sinaturas en contra. O 25 de maio tes a ocasión de dicirlle ao PP que non estás a favor dos recurtes en educación nin en sanidade, que non estás a favor da lei do aborto máis carca de Europa, que non estás a favor de que se rescaten aos banqueiros mentres o paro sigue medrando e os traballos son cada vez máis precarios. O 25 de maio ti moves Ordes, ti moves Europa co teu voto. Vota PSOE.
AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE ORDES
Crónicas
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 16-05-2014. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com
OROSO Entréganse os premios da quinta edición do concurso municipal de tapas
Boliñas de pataca, mini hamburguesa de boi, espetada de polbo... Oroso sabe Hai que ter moita man nos fogóns para concentrar nunha tapa todos os elementos necesarios, na súa xusta medida, para atinar no centro do padal do cliente. Así o demostraron os gañadores da quinta edición do Concurso de Tapas do Concello de Oroso, que entregou os seus premios hai uns días tras a degustación de máis de 2.300 tapas. O público tívoo bastante claro, a xulgar polos resultados. O primeiro premio correspondeulle ás ‘boliñas de pataca’ da Tapería O Martán, que recibiron 378 votos. Son case o doble que a segunda preparación clasificada, a ‘mini hamburguesa de boi’ do Bar Tapas, con 194 votos. O terceiro premio recaeu na ‘espetada de polbo’ do Café Bar Manuela, con 158 votos. Adriana Ferreira, de O Martán, recolleu o diploma acreditativo e os 300 euros de primeiro premio de mans do alcalde de Oroso, Manuel Mirás. Este establecemento xa con-
Camión do lixo
seguira o segundo posto no concurso do ano pasado. En representación do Bar Tapas acudiu Natalia Liste, a quen lle entregou os 200 euros e o diploma do segundo premio o concelleiro de Economía, Jaime Carneiro. O establecemento xa acadara a terceira praza en 2013. E Manuela Viqueira, do Café Bar Manuela, recolleu os 100 euros e diploma do terceiro premio, entregados polo concelleiro de Cultura, Antonio Leira No mesmo acto, entregáronse os premios sorteados entre os clientes que votaron no transcurso do concurso. Dúas ceas para dúas persoas, un bono de beleza doble en Sanmar Estilismo (Sigüeiro), un circuíto termal no Hotel Balneario Compostela, dúas entradas dobles para TermariaCasa da Auga da Coruña e seis botellas de viño de Bodegas LAN foron os obsequios repartidos. CLASIFICACIÓN COMPLETA A clasificación do concurso de ta-
O concurso entrega premios aos establecementos e aos clientes que puntúan
pas de 2014 completárona Bar Stop (124 votos), Restaurante Cortés (113), Restaurante Mirás (75), Bar O Zapateiro (71), Mesón A Trabe (58), Nova Xeira (57), Mesón Tambre (43),
Lavado de rúas
Camión basura
Cervexería O Xesto (42), Bodegón Cebrás (29), Café-bar Xardín (19), Xq no? (18), Restaurante Liñares (13), Bar Viuda de Blanco (13) e Mesón Pulpería As Rías (10).
Transporte de residuos
GRUPO
Camión RSU
Tractor desbroce
Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDA Oficina: 981 693 072 / 639 200 204 - correo@grupocercedasol.es Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es
Movemento de terras
Xestión de punto limpo
Camión lavacontedores
Barredora