CRÓNICAS 60

Page 1

TORDOIA

ORDES

A Xunta acepta o Plan Xeral despois de once anos

O novo centro social podería abrir no verán de 2019 Páx. 10

Páx. 4

leisynegocios@leisynegocios.com

981 10 40 10

CRÓNICAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 60 - Decembro de 2018

Os orzamentos de Ordes para 2019 baixan máis dun 7% O Concello de Ordes orzamenta case 9.365.000 euros para 2019. É un 7,29% menos do que calculara ingresar

e gastar no 2018 que remata. O goberno xustifica a baixada en que elabora as contas con antelación, polo que agarda

confirmar máis recursos procedentes doutras administracións ao longo do ano. A oposición considera que faltan

políticas de emprego e participación veciñal. O executivo defende que pode manter os servizos esenciais. Páx. 12

Que pinta Greenpeace en Meirama?

COMARCA

Críticas locais aos orzamentos da Xunta e do Estado Páx. 2

DEPORTES

Ángel Fraga, campión mundial de salvamento Páx. 36

ORDES

Un atracador embiste á Garda Civil na peaxe Páx. 18

COMARCA

Espectacular protesta ecoloxista a favor de pechar a térmica

Páx. 8

Sexta semana de folga nas Urxencias do Hospital Clínico Páx. 6


2

CRÓNICAS - Decembro 2018

ACTUALIDADE COMARCA PP e PSOE critican as dotacións e inexecucións na zona das administracións que non gobernan

Non me gustan os orzamentos dos teus Non me gustan os orzamentos dos teus... porque non son os dos meus. Así se poderían sintetizar en boa medida as críticas que os distintos partidos políticos efectúan aos recursos contemplados na zona polas administracións supramunicipais. Ben sexa porque os recursos sexan poucos ou inexistentes, ou ben porque despois non se executan, o fío común é o mesmo: cadaquén quéixase do que depende da formación rival e alaba o propio. Son varios os exemplos que se foron dando nas últimas semanas. Un dos máis destacados é o realizado polo PSOE de Oroso, ao botar en falta nas contas da Xunta de Galicia para o vindeiro 2019 un centro de día e melloras no saneamento das zonas rurais e da depuradora de augas residuais de Sigüeiro. As peticións foron presentadas como emendas aos orzamentos autonómicos por parte do grupo socialista no Parlamento de Galicia. O alcalde, Manuel Mirás, asegura que “a Xunta ignora Oroso a pesar do noso crecemento vexetativo” e sinala que nos últimos anos o goberno de Alberto Núñez Feijóo case non investiu en Oroso. “É unha situación inxusta que ten que cambiar”, di Mirás. As melloras de saneamento en núcleos rurais “pendentes” están valoradas nuns 400.000 euros, segundo o goberno de Oroso. Para a depuradora de residuais da capital municipal demandan 150.000 euros. Mirás explica que nos últimos nove anos “nin Augas de Galicia nin ningunha

Consellería da Xunta achegou nada ao Concello de Oroso para obras de saneamento e abastecemento”, a non ser uns traballos da depuradora que “deixou mal”. Iso, engade, a pesar dos ingresos polo canon da auga que a Xunta obtivo da veciñanza no último lustro. Só en 2017 foron uns 90.000 euros, segundo o Concello. En canto ao centro de día, a demanda estímase nuns 700.000 euros. Mirás comenta ao respecto que “a política social recae en gran medida nos Concellos, outro aspecto que ten que cambiar porque non hai un equilibrio”. Mentres tanto, en Ordes o propio PSOE cargou tamén contra os orzamentos da Xunta porque “non recollen nin un euro de investimento para Ordes”. As principais reivindicacións que formularon, tamén mediante emendas no Parlamento, suman case seis millóns de euros, practicamente dous terzos do orzamento do Concello. Vellas demandas como a reparación dos depósitos de auga e da potabilizadora, a dotación de radioloxía e un heliporto no centro de saúde, ou recursos para xestionar e manter o Museo do Traxe, conviven con outras novas como a construción da rolda suroeste. Este vial partiría da N-550 preto da piscina climatizada para chegar ás estradas de Carballo e de Trazo pasando por detrás da zona do cemiterio municipal do Balado. Os socialistas solicitan 4,5 millóns de euros da Xunta para este proxecto. Nunha comparecencia conxunta,

Proxecto para crear unha rotonda na saída sur da estrada N-550 en Ordes

o concelleiro Alejandro Manteiga e a parlamentaria Begoña Rodríguez Rumbo lamentaron a actitude da Xunta: “ano tras ano, as necesidades que lle trasladamos son as mesmas porque fai caso omiso e rexeita todas as emendas que presentamos”. NON SE EXECUTA Nunha liña contraria, o PP de Ordes critica que 2018 remate sen que o Ministerio de Fomento, agora xestionado polo PSOE, faga avanzar o proxecto de rotonda para enlazar a N-550 na saída de Ordes cara a Santiago coa ronda leste. O PP mesmo valora tomar “medidas de presión” se a obra non se licita antes de que

remate decembro. Este ano estaban consignados 500.000 euros nos Presupuestos estatais para a rotonda, que en conxunto está valorada en 1,2 millóns de euros. O PP falou de “extrema preocupación” ante o retraso da licitación, que segundo di faría perder a partida prevista en 2018, aprazándoa para 2019. A falta de acordo político fai que o Estado non teña de momento Presupuestos para o novo ano, o que levaría á prórroga dos actuais. O alcalde ordense, José Luis Martínez Sanjurjo, remitiulle unha carta ao ministro de Fomento para manter unha reunión para axilizar a licitación. O goberno municipal considera “fundamental” a nova rotonda para o municipio e para os usuarios da N-550 na zona. Ademais, o PP destaca que mentres non se dispoña desta rotonda non poderían comezar os traballos para prolongar a ronda leste ata a estrada de Carballo, precisamente a obra que o PSOE lle require á Xunta. En conxunto, as dúas obras servirían para retirar unha cantidade importante de tráfico do centro de Ordes, tanto o que sae da AP-9 en dirección a Carballo, ou vicecersa, como os camións que transportan cadáveres de animais á planta de tratamento da Areosa (Cerceda) que aínda seguen atravesando a zona do Recreo “cos conseguintes riscos sanitarios, ademais de xerar cheiros, conxestión viaria e notables molestias para a veciñanza”, tal como afirma o PP nun comunicado.


CRÓNICAS - Decembro 2018

3

PUBLICIDADE


4

CRÓNICAS - Decembro 2018

ACTUALIDADE TORDOIA O documento abre a porta a construír 569 vivendas nos vindeiros 20 anos

A Xunta concede por fin aprobación definitiva ao Plan Xeral de Tordoia O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Tordoia conta por fin coa aprobación definitiva da Xunta, logo dunha década de tramitacións. A propia conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladouse ao Concello para asinar a orde que lle dá o visto bo ao documento. Como liñas claves do plan, que subsitúe unha ordenación urbanística obsoleta que databa de 1979, a Consellería citou o crecemento con turismo rural, ecoturismo, industrias de transformación do sector primario, vivenda colectiva na Pontepedra ou catro sectores delimitados con solo urbanizable industrial. O PXOM, que estará vixente ata 2038, deixa o 94,87% dos 124,5 quilómetros cadrados do concello calificado como solo rústico. O 4,76% é considerado núcleo rural e o 0,37% restante figura como solo urbano ou urbanizable. A previsión do plan é que en vinte anos se constrúan como máximo 569 vivendas. Para espazos libres e zo-

Desde a esquerda: Leira, Pequeño, Mirás e Veiras, na estrada provincial en Marzoa

nas verdes públicas reserva 68.000 metros cadrados e uns 54.000 para equipamentos comunitarios. Entre os investimentos previstos polo Concello ao amparo do novo plan urbanístico, a Xunta cita dúas zonas verdes próximas á piscina e na contorna do río Pontepedra, a dotación dun punto limpo no futuro

polígono de Cabaleiros, a dotación dunha depuradora de augas na parroquia de Bardaos, a ampliación do centro de saúde ou a creación dun centro sociocomunitario. A conselleira sinalou que co trámite de aprobación definitiva, tomado a comezos de decembro, Tordoia pasa a ser un dos 98 Concellos

galegos cun plan xeral “adaptado e actualizado á lexislación urbanística en vigor”. Vázquez cre que o documento facilita “un marco urbanístico coherente” e “seguridade xurídica” na materia para dúas décadas. A Xunta destinou 89.000 euros para financiar integramente os traballos de redacción técnica do plan. A conselleira falou de “esforzo realizado desde o goberno municipal” para conseguir que o novo plan sexa unha realidade. “ELECTORALISTA” Non o ve así o PSOE local. O seu portavoz, Carlos García, calificou como “electoralista” a sinatura da aprobación definitiva do PXOM. “A seis meses das eleccións municipais, creo que sobran palabras para calificar este evento”, afirmou García. O edil socialista reitera que defende que Tordoia teña un PXOM e explica a súa ausencia no acto de aprobación definitiva en que non lle consta que nesa xornada, o 7 de decembro, existise no Concello “ningún documento que acredite dita formalidde por parte de Urbanismo, unha vez contrastada a información co persoal funcionario do Concello”. García, que lembra que xa non é a primeira vez que se anuncia o PXOM no municipio, di que reclamará tanto o planeamento como o documento de aceptación por parte da Xunta.

COMARCA

CERCEDA

Varias persoas feridas en accidentes de tráfico nos municipios de Mesía e de Trazo

Accidente laboral

Seis persoas resultaron feridas, cinco de gravidade, na colisión dunha furgoneta e un turismo o 6 de decembro no municipio de Mesía, na intersección entre as estradas N-634 e DP-

Un operario resultou ferido de consideración o 10 de decembro ao caer dunha escada mentres traballaba no polígono de Cerceda. Foi trasladado en helicóptero.

Fina

ción a i c n

a

4701. No turismo quedaron atrapadas catro persoas a causa do impacto e de varias voltas de campá que deu o coche. Algunhas das vítimas foron trasladadas en helicóptero ao hospi-

a

id me d

tal. En Trazo, na mesma tarde, bateron dúas furgonetas de fronte. Tres persoas resultaron feridas. Foi no quilómetro 15,5 da DP-5903. Unha vítima tivo que ser excarcerada.


CRÓNICAS - Decembro 2018

5

PUBLICIDADE


6

CRÓNICAS - Decembro 2018

ACTUALIDADE ORDES

COMARCA Demanda máis persoal e recursos materiais para un servizo de calidade

O PSOE demanda que o PAC de Ordes conte con dous médicos tamén durante a noite

Seis semanas de folga do persoal de Urxencias do Hospital Clínico

O PSOE de Ordes solicita que o Punto de Atención Continuada (PAC) teña unha “cobertura permanente” de dous médicos. Ata agora, segundo explican os socialistas, hai dous profesionais entre as 15:00 e as 22:00 horas e unicamente un entre as 22:00 e as 8:00. Coa cobertura que piden cren que se poderían evitar situacións de risco. O concelleiro socialista, Alejandro Manteiga, pon un exemplo do pasado novembro: “un paciente que fora operado un par de días antes no CHUS acudiu con moita dor ao PAC de Ordes e non puido ser atendido porque o facultativo estaba a atender un domicilio, polo que tivo que agardar ao seu regreso”. Os socialitas cren que a atención sanitaria actual en Ordes “é insuficiente”. Consideran necesario atallala para evitar situacións como a de hai uns meses no PAC da Estrada, onde un home faleceu atragantado agardando a volta do único médico dun domicilio.

O persoal dos servizos de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago leva xa seis semanas de folga en demanda de máis persoal, máis recursos materiais e melloras organizativas que garantan un servizo de calidade. Os profesionais están fartos das carencias actuais, que ocasionan colapsos frecuentes no servizo. A folga, que na práctica non afecta á atención aos pacientes porque ten servizos mínimos do 100%, tivo como unha das primeiras consecuencias a dimisión do coordinador de Urxencias. Tamén serviu para que a Xunta recoñecese que o persoal é insuficiente, aínda que a oferta de reforzo da Consellería dista moito do que solicita a representación dos profesionais. Os sindicatos ven necesario que Urxencias se reforce de xeito estable e non só de maneira puntual cando hai picos de demanda. Cren que o sistema que vén empregando Sanidade está na orixe de que acotío se sobrecargue o servizo, ocasionando

Manifestación de persoal sanitario ante a sede do Servizo Galego de Saúde

esperas de varias horas e acumulación de doentes, ás veces por decenas, nos corredores de paso. Mentres as protestas a favor da sanidade pública proseguen, con concentracións periódicas na entrada do servizo, as negociacións

desenvólvense moi lentamente. Un dos pequenos avances logrados, xa coa nova coordinación do servizo, foi habilitar máis espazos de observación para que os pacientes en espera dun posible ingreso teñan algo máis de comodidade.

ORDES Por un proxecto da sección bilingüe do centro no que o alumnado traballou sobre a gastronomía tradicional

O colexio do Mesón do Vento recibe un premio europeo de calidade pola innovación educativa O Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) do Mesón do Vento, en Ardemil (Ordes), recibiu un Selo Europeo de Calidade, concedido pola plataforma educativa eTwinning (European Quality Label). Este premio recoñece a innovación educativa dun proxecto impulsado polos mestres da sección bilingüe do centro Xela Cuñarro, Rocío Souto e Alexandro Varela. O proxecto, que se desenvolveu desde a plataforma, denomínase What are some traditional dishes of your country? ou Cales son os pratos tradicionais do teu país? Durante o acto de entrega do selo de calidade, o alumnado que participou no proxecto efectuou unha explicación detallada ante os seus compañeiros e compañeiras doutros cursos mediante unha proxección. Neste acto participaron tamén pais, nais e profesorado do centro. Os embaixadores de eTwinning en Galicia consideran que este traballo no colexio do Mesón “fai que en-

tre no grupo de centros eTwinning, que a día de hoxe son un 1% en toda Europa”. eTwinning defínese como unha comunidade de centros escolares de toda Europa. Mediante a súa plataforma, os equipos docentes poden comunicarse, colaborar ou desenvolver proxectos en común. Mediante o seu selo recoñécense aspectos da calidade educativa como a utilización de ferramentas dixitais, enfoques didácticos innovadores e creativos ou as prácticas de aprendizaxe cooperativa co seu persoal e o alumnado, de xeito que vaia máis alá dos propios colexios e chegue ás súas contornas sociais. O selo creouse en 2017 e desde entón foi concedido no curso 2018-2019 a máis dun milleiro de colexios de toda Europa. ORGULLO Na entrega do distintivo tamén fixeron acto de presenza no CEIP do Mesón do Vento un inspector de Educación, Javier Vázquez, e a con-

Alumnado do proxecto premiado presentoullo ao conxunto da comunidade escolar

celleira de Educación de Ordes. Susana García Gómez felicitou o centro e declarouse orgullosa “non só polo premio acadado, senón tamén polo colexio e polo traballo realizado por parte das familias, profesorado e os propios nenos e nenas”.

A concelleira aproveitou a ocasión para ofrecer a súa colaboración e a do Departamento de Educación municipal para axudar a desenvolver proxectos deste tipo, que segundo manifestou “colocan o centro no mapa europeo”.


CRÓNICAS - Decembro 2018

7

PUBLICIDADE


8

CRÓNICAS - Decembro 2018

ACTUALIDADE CERCEDA Activistas da entidade ecoloxista pintaron unha fenda pola enerxía solar na torre de refrixeración

Espectacular protesta de Greenpeace a favor de pechar Meirama

Greenpeace pintou unha fenda pola que se albiscaba a chegada da enerxía solar

A protesta reivindicou a fin inmediata dos combustibles enerxéticos contaminantes

A organización ecoloxista Greenpeace trouxo á central térmica de Meirama unha das súas espectaculares accións de protesta. O propósito é pedir a fin da combustión de carbón para producir electricidade e apostar por enerxías renovables. É dicir, o peche de instalacións como a de Naturgy en Cerceda ou a de Endesa nas Pontes para loitar contra o avance do cambio climático. Na protesta, na mañá de brétemas do 30 de novembro, un grupo de activistas accedeu á zona de descarga do mineral e outro subiu á torre de refrixeración, a cheminea ancha. Provistos de material de escalada, descolgáronse pola torre e pintaron na parte alta dun dos seus laterais unha fenda a través da que aparecía o sol, como símbolo da ne-

cesidade de que a queima do carbón deixe paso a un sistema enerxético 100% renovable e limpo. Greenpeace asegura que Naturgy [a antiga Gas Natural Fenosa] é “a segunda empresa que máis cambio climático ocasiona en España e está entre as vinte compañías carboneiras máis contaminantes de España”. A elección de Meirama para a protesta débese a que a empresa aínda non fixo público se pechará a central, como tampouco o fixo coas térmicas de Narcea, en Asturias, ou da Robla, en León. En cambio, a leonesa de Anllares, que comparte con Endesa, si está previsto que peche. Para a organización ecoloxista, Meirama é “a térmica máis contaminante de Naturgy”, ocupando o posto 64 en emisións das 266 ana-

lizadas en toda Europa. Greenpeace responsabilízaa de “55 mortes prematuras e uns custos en saúde que superan os 150.000 euros polas súas emisións en 2016”. A protesta de Greenpeace foi vista con desacougo e rexeitamento por parte do persoal da central. Algunhas fontes mesmo deslizaron a idea da sospeita de conivencias entre a organización ecoloxista e a empresa para que a protesta na torre de refrixeración se puidese realizar. ACORDO NA DEPUTACIÓN Pola súa parte, a Deputación da Coruña posicionouse do lado dos traballadores e aprobou dúas propostas en defensa de que se manteña a actividade tanto en Meirama como nas Pontes. Unha das mocións foi presentada polo PSOE, grupo do presidente provincial e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e recibiu o apoio de todas as forzas políticas agás o PP, que se abstivo. O texto reclama que Naturgy invista nos sistemas contra a contaminación que pide a normativa europea, de maneira que a térmica podería seguir ata 2045. No caso das Pontes Endesa xa ten practicamente rematado o investimento, polo que a

Os activistas utilizaron material de escalada para descender pola torre e pintala

súa continuidade practicamente non presenta dúbidas. A outra iniciativa aprobada foi presentada polo PP. Tamén pedía que non cesase o funcionamento da térmica e un “compromiso orzamentario” do goberno central, algo que desde o executivo provincial lembraron que non procede porque ese tipo de axudas están prohibidas pola UE.


9

CRÓNICAS - Decembro 2018

PUBLICIDADE

SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA DE RESIDUOS VOLUMINOSOS RECOLLIDA GRATUITA NA PORTA DO TEU EDIFICIO OU VIVENDA, CHAMANDO A SEMANA ANTES DA RECOLLIDA OU ENVIANDO UN WHATSAPP DEBES INDICAR A RÚA E NÚMERO OU LUGAR E PARROQUIA

639 200 204

616 167 131 Recorda que os residuos deben estar depositados na rúa o día anterior a recollida ou antes das 7:00 horas do mesmo día.

Días de Recollida CERCEDA: Último venres de mes FRADES: Primeiro mércores de mes MESIA: Segundo mércores de mes ORDES: Primeiro luns de mes (Casco Urbán) e Segundo luns de mes (Resto Concello) OROSO: Primeiro sábado de mes TORDOIA: Último luns de mes TRAZO: Segundo sábado de mes De coincidir festivo pasa ó mesmo día da semana seguinte.


10

CRÓNICAS - Decembro 2018

ACTUALIDADE ORDES A previsión é que o edificio, que levará o nome de Isabel Cendal, entre en servizo durante o vindeiro verán

Comezan a construír o centro sociocomunitario A primeira pedra xa está posta e a derradeira podería colocarse no verán do vindeiro 2019. O centro sociocomunitario que se construirá na rúa do Campomaior de Ordes, nas inmediacións do polideportivo, xa está en obras. Precisará un investimento de 720.000 euros, a metade financiados pola Xunta de Galicia. A data para colocar a primeira pedra non se escolleu por casualidade. Foi xusto no 215 aniversario da saída da fragata da Expedición Balmis desde o porto da Coruña cara a América. Naquela iniciativa, decisiva para erradicar a varíola, tivo un papel relevante Isabel Cendal. A considerada a primeira enfermeira en misión internacional, natural de Parada e Filla Predilecta de Ordes desde hai dous anos, dálle nome ao novo edificio. A infraestrutura contará cun semisoto e catro andares. Vai concentrar a actividade dos servizos sociais municipais. Terá un carácter polivalente, segundo o Concello, posto que atenderá persoas de todas as idades e acollerá actividades lúdicas, formativas, culturais e sociais. Con todo, prestará especial atención á terceira idade e a persoas con diversidade funcional. ACTO INSTITUCIONAL O acto de colocación da primeira pedra tivo unha considerable representación institucional e social. Como convidado de honra acudiu Ángel Maldonado Rodríguez, ex rexedor terceiro de Veracruz, municipio ao que chegou a fragata do doutor Balmis, irmandado con Ordes desde 2017. Maldonado preside unha asociación que traballa para preservar en México a figura da enfermeira ordense. Na súa intervención, fixo fincapé en seguir traballando no vínculo entre as dúas localidades e en reivindicar a figura de Cendal porque “si hubiese faltado en su viaje hu-

A colocación da primeira pedra contou cunha ampla representación de diversas institucións e entidades políticas e sociais

biese supuesto la muerte para mucha gente”, afirmou. A Xunta estivo representada polo seu delegado provincial, Ovidio Rodeiro, e polo xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, entre outros. Rodeiro lamentou que durante dous séculos se cometese a “inxustiza histórica” de ter a Cendal no esquecemento e puxo a enfermeira como exemplo de “camiñar da man, axudar a traballar polos que máis o precisan e poder así atender eficazmente as necesidades das persoas”. Ana Soneira, como alcaldesa en funcións, definiu o edificio sociocomunitario como “novidoso” e anticipou que ofertarán nel “un amplo abano de actividades”. Destacou que está pensado para unha sociedade en crise demográfica, o que implica atender tanto a conciliación da vida familiar e laboral como a atención ás

Maldonado e Soneira descubriron unha placa conmemorativa

persoas maiores. No acto tomou tamén a palabra Pilar Farjas, presidenta da Asociación Isabel Cendal da Coruña. Destacou que xa en 1950 a enfermeira foi recoñecida pola Organización Mundial da Saúde como a primeira profesional en expedición internacional. Tamén entregou un exemplar do libro ‘Novo Mundo’, recentemente presentado. Dirixido ao público infantil, explica a figura de Isabel Cendal. Xesús Pedreira, no seu día concelleiro en Ordes, lembrou os pasos dados para acadar a designación de Cendal como Filla Predilecta. O PSOE, que Pedreira dirixiu no municipio ata hai pouco, insistiu en que o Concello debe pedrille á Xunta a concesión da Medalla de Galicia a título póstumo para Isabel Cendal. As propostas para estas distincións poden presentarse ata o mes de marzo de cada ano, segundo os socialistas.

CONTROVERSIA A controversia que rodea estes primeiros pasos das obras é a relativa ao mobiliario do centro. O goberno aproveitou o propio acto para criticar os que considera “atrancos como impedir que a Deputación subvencione o equipamento” do novo centro. O BNG, responsable da área social provincial, xa informara de que a Deputación indicoulle ao Concello que non se destinara ningunha subvención nominativa cun propósito así a ningún Concello, polo que non cabería falar de discriminación. En todo caso, a Deputación supedita unha decisión ao remate da súa diagnose de servizos sociais na provincia. Con esta tarefa estudan as necesidades sociais para despois planificar axeitadamente o investimento de recursos, segundo un escrito asinado pola deputada provincial Ánxela Franco (BNG) dirixido ao Concello.

Recreación do futuro centro, situado na parte baixa da rúa do Campomaior


11

CRÓNICAS - Decembro 2018

ACTUALIDADE OROSO O PP asegura que só se executaron o 25% en 2017 e o goberno atribúe a demora aos cambios legais

A conta xeral abre un debate sobre o ritmo de execución de obras Os datos recollidos na conta xeral de 2017 no Concello de Oroso abriron unha nova controversia sobre o ritmo de execución das obras entre o PP, principal forza da oposición no municipio, e o goberno local, conformado polo PSOE. O PP destacou que o documento técnico constata un 75% sen executar na partida de investimentos de 2017. O seu portavoz, Alexander Doval, cre que o dato é “fiel reflexo dun goberno que se mostrou incapaz de xestionar o municipio”. A conta xeral, segundo o PP, demostra que os orzamentos “non son máis que papel mollado”, posto que “o alcalde compromete investimentos que logo non levan a cabo e os veciños quedan sen elesa pesar de que son máis que necesarios”, di Doval. O alcalde, Manuel Mirás, replicou que todos os investimentos anunciados “están executados ou en licitación”, polo que acusa ao voceiro do

PP de “non coñecer como funciona a administración”. O rexedor explica que “se houbo un pequeno retraso dos investimentos foi debido á entrada en vigor da nova Lei de Contratos e Administración Electrónica”, que tamén afectou aos demais Concellos e outras entidades. Mirás engade que “por iso na conta xeral aínda figuran as obras como non executadas, e eu informei persoalmente aos veciños e veciñas de Oroso das causas do retraso das obras”. O líder do PP bota man tamén da conta xeral para acusar ao executivo de incumprir a regra de gasto. Entre outros datos, destaca que no exercicio 2017 o gasto corrente do Concello subiu en case 295.000 euros, ata chegar a 2.332.000 euros. Doval considera que Mirás non xestiona para investir e apreza unha merma na autonomía financeira do Concello, que está nun 51%, segundo o PP dez puntos menos que a media española nos

Alexander Doval, portavoz do PP

Manuel Mirás, alcalde de Oroso

municipios de poboación similar. O alcalde nega que haxa unha “parálise” no Concello, como critica o PP, porque “estanse facendo cantidade de cousas tal como pode comprobar a cidadanía”. En canto ao incremento do gasto corrente, Mirás revela que “foi para dar cobertura ás familias e entidades deportivas e culturais, por exemplo á mellora en servizos sociais ou en atención domiciliaria, actividades de maiores, actividades en todas as parroquias, aumento do subministro eléctrico ou recollida do lixo”. Sobre a autonomía financeira, Mirás cre que o PP “intenta confundir á

veciñanza pero non se atreve a dicir que para iso [mellorar a capacidade de autofinanciarse] teriamos que subir os impostos”. O alcalde sinala que a súa promesa de 2015 era non subir taxas e impostos “e así foi aínda que por exemplo a Xunta subiu un 30% o custo do lixo, pero non o repercutimos nos veciños”. O PP valora que “a xestión brilla pola súa ausencia no Concello” e cre que Mirás “non ten máis nada que achegar”. Mirás cre que Doval xa está en precampaña e considera que estes anos non fixo propostas e só buscou “entorpecer” a xestión diaria.


12

CRÓNICAS - Decembro 2018

ACTUALIDADE ORDES Para o goberno son investidores e manteñen servizos e a oposición bota en falta fomento do emprego

Os orzamentos de Ordes baixan máis dun 7% Os orzamentos do Concello de Ordes para 2019 suman case 9.365.000 euros, o que supón unha caída do 7,29% con respecto aos deste 2018. As contas foron aprobadas cos votos a favor do PP e os concelleiros non adscritos procedentes de UxO. O BNG, a non adscrita Beatriz Martínez e UxO votaron en contra e o PSOE abstívose. O feito de que o orzamento se aprobe con máis antelación que outros anos explica cando menos parte do descenso dos recursos. A alcaldesa en funcións, Ana Soneira, precisou que aínda non recollen diversas subvencións e achegas que agardan recibir doutras administracións ao longo do ano. Das contas, Soneira destacou que “son niveladas en ingresos e gastos” e adaptadas á normativa. Sinalou que o Concello presenta unha capacidade de financiamento duns 806.000 euros sen superar o límite de débeda. RECURSOS DE EMPREGO UxO e o PSOE declinaron apoiar os orzamentos ao botar en falta recursos suficientes para iniciativas de promoción e creación do emprego. A non adscrita Beatriz Martínez queixouse de que non sexan uns orzamentos participativos, fórmula que si se emprega noutros Concellos e coa que a cidadanía pode decidir directamente a que propostas se destina unha parte do diñeiro. O Bloque criticou que as axudas para material escolar baixen un 17%, segundo os seus datos, tamén apreza unha “ausencia total de políticas de emprego” e contrapuxo estes dous aspectos co “malgasto” de diñeiro público nas que chama “obras faraónicas do alcalde”. Puxo como exem-

Discrepancias sobre o ritmo de redución da débeda municipal

A favor o PP e ex de UxO, en contra BNG, UxO e non adscrita, e abstívose o PSOE

plo o futuro centro sociocomunitario, que cre que se podería ter ubicado na nova Casa do Concello “cun gasto reducido”, recuperando o uso do antigo consistorio rehabilitado. Ana Soneira replicou que, ao seu ver, os orzamentos incrementan as partidas para políticas sociais e manteñen servizos esenciais “con especial dedicación aos colectivos máis desfavorecidos e coas liñas fundamentais dun marcado carácter investidor e o saneamento das contas municipais”. HABERÁ AXUDAS A BEBÉS Tamén desde o goberno, Susana García manifestou que prevén que as axudas para material escolar cheguen en 2019 ata os 25.000 euros. “Resolverase definitivamente a situación anormal de 2016, 2017 e 2018, cando houbo que incrementar crédito para poder atender demandas pendentes de exercicios anteriores”, expuxo a concelleira de Educa-

FRADES

Demandan a reparación do tramo vello da N-634 na Pontecarreira Acondicionar o tramo antigo da N-634 ao seu paso pola Pontecarreira e dotalo dunha senda peonil onde non hai beirarrúas. Esas son as dúas accións principais previstas nun proxecto que o Concello de Frades está xestionando co Ministerio de Fomento. As obras, segundo se revelou nunha reunión recente do alcalde, Roberto Rey, con responsables do Ministerio, están valoradas nuns

350.000 euros. Nuns 800 metros de longo, prevén reparar o firme da calzada, moi deteriorado, a senda peonil e a reparación de beirarrúas. Segundo o alcalde, o proxecto xa estaba elaborado na etapa dos anteriores responsables do Ministerio e non precisaría nin expropiacións de terreos ou outros bens nin tampouco un informe de impacto ambiental. “A súa execución sería áxil”, deduce Roberto Rey.

ción, que prevé que cos novos orzamentos a convocatoria e pagamento de bolsas escolares poidan efectuarse cada curso antes de chegar ao 31 de decembro. García destacou que incluíndo as bolsas a deportistas o diñeiro para a materia subiu “un 94,5%” nos últimos catro anos. Como novidade anticipou que o vindeiro ano contarán con 24.500 euros para axudas á natalidade, que percibirán familias nas que nazan nenos ou nenas a partir do vindeiro 1 de xaneiro. O goberno local tamén destacou o peso de actuacións de protección e promoción social e dos eidos da educación, a cultura e o deporte. Tras superar esta aprobación inicial en pleno, os orzamentos pasan agora por unha fase de exposición pública para posibles alegacións. Estímase que estea rematada en breve, de modo que as contas acadarían a aprobación definitiva antes do vindeiro 31 de decembro.

A previsión é que, unha vez Fomento repare o tramo, pase a ser de titularidade municipal, posto que en realidade hai anos que non pertence á N-634, desviada do centro da poboación para evitar a saturación de tráfico pesado. O mal estado da infraestrutura motivou que en marzo do pasado 2017 o pleno municipal de Frades acordara por unanimidade solicitar que o Ministerio acometese a reparación. Un informe técnico local constataba a deterioración do firme e das beirarrúas, a ausencia de pesos de peóns e outra serie de deficiencias que dificultan tanto o tráfico rodado e de viandantes como a seguridade viaria no seu conxunto.

Do debate dos orzamentos extráense serias diverxencias entre o goberno do PP e o grupo do BNG sobre a redución da débeda municipal. Os nacionalistas explicaron que no actual mandato a débeda baixou uns 610.000 euros por ano, cando no anterior decaía a 1.151.000 euros anuais. Deste xeito, o executivo do PP combatiría a débeda o doble de lento que o anterior encabezado por UxO. O Bloque asegura tamén que en 2019 o Concello terá máis de 3,1 millóns de euros de débeda (1,4 a bancos e 1,7 á Deputación). O goberno revelou que o propio día do pleno amortizara 200.000 euros de débeda bancaria, co que a finais deste ano conta con que se sitúe en 1,8 millóns de euros e ao remate de 2019 agarda baixar do millón de euros. Afirma que en 2015 este indicador estaba en 5,3 millóns de euros. En canto a xuros, o executivo estima que en 2019 pagará uns 18.000 euros, gasto que a finais de 2014, segundo di, era duns 200.000 euros anuais. A alcaldesa en funcións, Ana Soneira, manifestou que practicaron “a contención do gasto público, a eficiencia na asignación dos recursos municipais e a sustentabilidade dos servizos fundamentais”.

Vista da Pontecarreira (Frades)


13

CRÓNICAS - Decembro 2018

PUBLICIDADE

ENTREVISTA Claudia Moar Vázquez, responsable do novo establecemento

Pepa A Loba, nova tenda de artesanía e deseño na Rúa do Mercado de Ordes produtos? - O que debemos saber á hora mercar algo artesán é que sempre imos ter unha peza única na que alguén estivo traballando con moito gusto polo que fai dende o comezo ata a súa forma final.

- Que tipo de produtos poderemos atopar no seu establecemento? - Trátase dunha tenda de artesanía e deseño na que vou vender os meus xabóns artesáns, así como un bo número de artigos de artesanía de diverso tipo, como cerámica, coiro, moda sostible, tecidos feitos a man. - Empecemos por falar dos seus xabóns. Que poderemos atopar en Pepa A Loba? - O máis destacable é que teremos varios tipos de xabóns, axeitados para diversos tipos de pel. Están elaborados con ingredientes como caléndula, lavanda, avea, leite de cabra, oliva... Fanse con aceites vexetais, cun proceso de fabricación en frío, como se facía antes en calquera fogar. - Que vantaxes ten un xabón artesanal en comparación cos industriais? - As vantaxes hai que velas pen-

- Que tipo de clientes valoran máis a artesanía? Por que? - O tipo de clientes que se interesan pola artesanía son persoas que valoran o feito a man, que lles gusta ver e apreciar o traballo dos artesáns e que realmente valoran en que consiste a artesanía. sando sempre na nosa saúde. É mellor escoller o natural frente o químico. Ademais diso, son xabóns que hidratan máis a nosa pel e non a resecan. - E que artigos de artesanía poderemos atopar neste novo establecemento?

- Serán pezas de cerámica, de coiro, ilustracións, bixutería... Todas están feitas artesanalmente. Quen veña á tenda poderá atopar materiais como teas antigas, prata, latón, la, porcelana... Como digo, todas son de elaboración propia. - Por que destacan este tipo de

- Entón estamos ante agasallos perfectos para as épocas de Nadal... - Si, para o meu pensar para estas datas ou para calquera outra ocasión ao longo do ano, agasallar unha peza única, deseñada, creada e rematada polas mans dunha persoa que disfruta facendo o seu traballo... é algo co que nunca vas fallar.


14

CRÓNICAS - Decembro 2018

ACTUALIDADE Sinais, marquesiñas e mobiliario para a “humanización”

Nas últimas semanas, o Concello de Oroso instalou varias marquesiñas en paradas do autobús escolar, bancos novos en sendas peonís e diversas sinais varias, como as que advirten da existencia de pasos de cebra e procuran reforzar a súa seguridade. O goberno local de Oroso inscribe estas dotacións no “proceso de humanización” do municipio. O alcalde, Manuel Mirás, explicou que as distintas accións dan resposta “ás peticións dos residentes no centro e nas parroquias para facilitar a súa vida diaria”. Unha medida previa foi a instalación de cinceiros nos accesos a edificios públicos.

OROSO Iría polas marxes da estrada provincial desde O Castro ata O Carballal

A Deputación comprométese a crear unha senda peonil en Marzoa “A curto prazo”. É o horizonte que ofrece a Deputación da Coruña para licitar o proxecto de construción dunha senda peonil en Marzoa (Oroso). Coñeceuse nunha visita ao concello do deputado provincial de Vías e Obras, José Manuel Pequeño. A senda, na marxe da estrada provincial 3802 (Ordes-Pontecarreira) daría continuidade a unha que a Deputación xa fixo en Frades. Conectará o lugar do Castro ata o local social de Marzoa pola marxe dereita. A partir de aí proseguiría polo lado esquerdo ata o Carballal. Para o goberno municipal, este compromiso supón un paso importante para completar a rede de sendas peonís no concello. O alcalde, Manuel Mirás, afirma que “é un compromiso electoral que cumprimos para mellorar a vida dos veciños e a seguridade viaria”. SENDA NA FALMEGA O deputado provincial, acompañado polo alcalde e polos concelleiros Eduardo Veiras e Antonio Leira,

Desde a esquerda: Leira, Pequeño, Mirás e Veiras, na estrada provincial en Marzoa

visitou tamén a senda peonil que se está acometendo na zona da Falmega, na parroquia de Vilarromarís. Tal como indicaron, os traballos desta senda foron detidos pola chuvia. En todo caso, están practicamente na última fase. Son case seis

quilómetros de senda peonil nos que a Deputación inviste uns 100.000 euros. Mirás sinalou que era unha demanda veciñal que o Concello trasladara no seu día a Deputación, sen que fose atendida polo goberno anterior do PP pero si agora polo PSOE.

TRAZO

FRADES

Piden que o Concello repoña a marquesina de Viaño Grande

O PSOE advirte do malestar por mor do ERE de Erimsa

A marquesiña leva fóra de uso desde os temporais do pasado marzo

Desde a esquerda: Garea, Losada, Astray e Leira, no Parlamento Galego

Veciños e veciñas da zona de Viaño Grande levan desde o mes de marzo agardando que o Concello de Trazo repoña unha marquesiña deteriorada polos temporais de inverno. A petición fora trasladada tamén ao pleno municipal por parte do PSOE, ante o que o alcalde, José Dafonte, comprometera a máxima axilidade. En cambio, se-

O PSOE de Frades trasladou ao grupo socialista no Parlamento de Galicia a “preocupación e malestar” existente ante o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que a empresa mineira pretende aplicar na súa planta no municipio. O secretario xeral da agrupación, Enrique Astray, e o secretario de Organización, Aurelio Garea, explicáronlle a situación ao parla-

gundo a portavoz socialista, Beatriz Domínguez, “nove meses despois os nenos e nenas de Viaño Grande seguen tendo que estar á auga mentres agardan polo autobús do colexio”. A principal formación da oposición local repróchalle tamén ao alcalde que tratase de culpar á Deputación, cando a competencia é “unicamente do Concello”, di.

mentario Abel Losada, nun encontro ao que tamén asistiu o deputado provincial Antonio Leira. Astray e Garea explicaron que o peche de Erimsa poría en risco numerosos empregos, o que agravaría o problema demográfico de Frades. A compañía puxo o ERE sobre a mesa ante a falta de novas autorizacións da Xunta para continuar a súa actividade.


CRÓNICAS - Decembro 2018

15

PUBLICIDADE


16

CRÓNICAS - Decembro 2018

ESPECIAL ENTREVISTA Ana María Soneira Liñares, primeira tenenta de alcalde e alcaldesa en funcións de Ordes

“Equilibramos as contas e xestionamos co transparencia e honestidade a carón da v Conversamos con Ana María Soneira Liñares (Ordes, 1981, enxeñeira técnica agrícola de profesión), que é a primeira tenenta de alcalde de Ordes e concelleira delegada de Medio Rural, Medio Ambiente, Deporte e Xuventude. Exerce como alcaldesa en funcións nas últimas semanas por unha baixa médica do alcalde. - Como están sendo estas sema- tear ao longo da lexislatura, pode nas de alcaldesa en funcións? En presentarse ante a veciñanza cun baque cambia a xestión pública desde lance altamente satisfactorio. O mea primeira fila da Alcaldía con res- llor balance de calquera alcalde de pecto a unha concellería? Ordes nas últimas décadas. - O máis importante é destacar Non me corresponde avanzar que o alcalde se está a recuperar sa- nada máis ao respecto. Estou, como tisfactoriamente dunha intervención estiven desde o primeiro momento, cirúrxica programada pola que dele- á disposición do meu partido, e serán gou as competencias da Alcaldía. A os órganos correspondentes os que saúde é sempre o máis importante e, tomen as decisións oportunas. por fortuna, trátase dunha substituRespecto a UXO, e aínda que esta ción transitoria, de curta duración. é unha opinión estritamente persoal, Están a ser semanas moi inten- creo que o PP debe apostar pola súa sas nas que a maiores da novidade propia xente, e debe seguir tamén que esa responsabilidade supuxo pola senda da renovación, que en xepara min, houbo que engadir a pre- ral lle ofrece bos resultados. Outras paración do pleno de orzamentos e opcións -e insisto en que este é un todo o traballo derivado de ultimar pronunciamento persoal- entendo os proxectos a financiar con cargo ao que poden resultar contraproducenPOS+ 2019, ou o inicio das obras do tes. centro sociocomunitario. - Cal cre que puido ser o maior loPero teño que dicir que a axuda gro no mandato que remata? dos compañeiros do grupo de Go- Podemos falar de catro granberno, e do propio alcalde –sempre des liñas. A primeira pasa por lograr dispoñible para calquera consulta-, equilibrar as contas do Concello: herasí como do persoal técnico e traba- damos una débeda financeira de 5,3 lladores e traballadoras do Conce- millóns de euros e máis de 600.000 llo, axudoume e axúdame a que todo euros en facturas sen pagar, e a día sexa moito máis doado. de hoxe tan só debemos 1,8 millóns - Xa se confirmou a José Luis Mar- de euros ás entidades bancarias, aos tínez Sanque hai que jurjo como “O PP debe apostar pola súa engadir os candidato préstamos propia xente, e seguir pola da Deputaá reelección polo PP. ción, que en senda da renovación” Agora cando boa parte se coñecerá o conxunto da candida- foron dedicados a obras aprobadas tura? Teñen previsto integrar nela os polo pleno (1,4 millóns de euros). É tres concelleiros saídos de UxO que dicir, unha xestión económica rigolle están dando apoio ou descártao? rosa. Ao remate da lexislatura, entre - En efecto, os candidatos do PP- fondos propios e os achegados por deG ás diferentes alcaldías déronse a outras administracións, Ordes terá coñecer hai varias semanas. No caso recibido un investimento de máis de de Ordes, e outros concellos da con- 27 millóns de euros, unha cifra moi torna, a decisión fíxose pública nun respectable. acto que tivo lugar en Arzúa a comeA segunda foi a introdución da razos de outubro. cionalidade no día a día do Concello, Creo, honestamente, que con- dando prioridade a obras e proxectos corremos co mellor dos candidatos, demandados pola veciñanza, que esJosé Luis Martínez Sanjurjo, que ma- tán á vista de todos e todas. Cumprir lia ás dificultades que tivo que sor- coa palabra dada, como se pon de

Ana Soneira, cunha colección das Constitucións españolas existentes ao longo da historia, cre que o balance deste mandato é “altamente satisfactorio” e considera que Martínez Sanjurjo opta á reelección como “o mellor alcalde das últimas décadas”

manifesto coas obras de renovación da estrada de Mercurín que o anterior alcalde deixara cortada ao tráfico e nun estado calamitoso, a construción do albergue de peregrinos de Poulo e todas as restantes obras que están á vista de todos e todas na totalidade das parroquias. A terceira liña de traballo pasa pola proximidade á veciñanza, cun Goberno local sempre á disposición da xente, no despacho, na rúa, todos os días, mesmo os sábados de portas abertas no Concello. Un Goberno local transparente e honesto, que rende contas da súa xestión e desterrou calquera rastro de arbitrariedade, unha práctica que se convertera en habitual durante os mandatos anteriores. O seguinte punto enlaza co anterior, un Goberno aberto á interlocución, coa veciñanza e con outras ad-

ministracións, como coa Xunta de Galicia. Fomos moitas veces a Santiago e a outros lugares para expoñer as demandas de Ordes. Os resultados están á vista. Resumindo: creo que podemos dicir misión cumprida. - E o erro que lle gustaría ter evitado? - Tanto o alcalde como os restantes concelleiros do actual equipo de Goberno pasámolo francamente mal cando dous antigos compañeiros nosos abandonaron as filas do PP. Foi un espectáculo lamentable polo que debemos seguir pedindo desculpas a todas as veciñas e veciños de Ordes. Pero dos erros tamén se aprende, polo menos nós. O tempo pon sempre a cada quen no seu sitio; é o que está sucedendo neste momento. - Foron catro anos de bastante axitación na vida interna das dúas


CRÓNICAS - Decembro 2018

17

ESPECIAL

on veciñanza”

forzas políticas máis votadas: o PP e UxO. Prevé máis estabilidade no vindeiro mandato? - Como acabo de dicir, a xente sensata aprende dos erros -dos propios e dos alleos- e o PP de Ordes non volverá tropezar na mesma pedra. Estou segura. - Como avalía a situación de Ordes en canto a servizos sociais? Con que melloras lle gustaría contar? - Se de algo nos podemos sentir orgullosos nesta área é de ter incrementado en tan só tres anos a achega aos servizos sociais da Mancomunidade nun 95%. Porén, non debemos obviar a intensa crise demográfica que atravesamos, que provoca pirámides de poboación invertidas -é dicir, moita máis xente maior ca rapazada- e que implica tamén unha crecente demanda de servizos orientados á terceira idade e ás persoas con algún tipo de discapacidade. Esta é quizais a principal necesidade, toda vez que a crise económica remite e iso percíbese tamén en forma dunha lixeira caída da demanda neste sentido. Hai que avanzar, polo tanto, que traballaremos na mellora da oferta para persoas da terceira idade e tamén, sen dúbida, nos servizos que faciliten a conciliación das familias con fillas e fillos pequenos. A próxima entrada en servizo do centro sociocomunitario Isabel Zendal, coas obras xa en marcha, contribuirá a paliar parte destas necesidades. - O mandato remata sen Plan Xeral de Ordenación Municipal. Por que é tan lento o que a priori é unicamente un documento técnico? - Máis aló da rapidez, que tamén é un dos nosos obxectivos, resulta evidente que un proxecto desta complexidade técnica e xurídica, e de tanta importancia para o futuro do Concello, debe acometerse con absoluta meticulosidade, para tratar de evitar que no futuro poidan xurdir hipotéticos reveses xudiciais ou administrativos. Con todo, seguimos confiando en poder salvar os máis de vinte informes sectoriais de obrigado cumprimento na fase actual, logo da aprobación inicial en marzo de 2016, e efectuar a aprobación provisional do PXOM no pleno antes de concluír o actual mandato, pleno no que tamén se resolverán as máis de 740 alegacións formuladas ao documento inicial, que serán todas notificadas individualmente ás persoas interesadas.

A alcaldesa en funcións: “o Goberno local rende contas da súa xestión e desterrou calquera rastro de arbitrariedade, habitual durante os mandatos de Regos”

- Dous propósitos nese plan urba- lexiada: ao carón da autoestrada, nístico son a ampliación do polígono equidistante respecto a dous aerode Merelle e habilitar un novo, e xi- portos, con boas comunicacións cara gante, en Pardiñas. Hai demanda de aos portos exteriores. Temos solo e empresas para ocupar tanto solo? temos potencial. Coñeceu nestes anos o interese frusPor unha vez creo que sería detrado dalgunha grande empresa por sexable ser capaces de adiantarse asentarse en Ordes? aos acontecementos para evitar que, - Creo que foi Churchill quen no futuro, calquera proxecto empredixo que a grandeza dun político se sarial teña que desbotar Ordes por ve cando deixa de pensar nas próxi- falta de parcelas de dimensións axeimas eleccións para pensar nas próxi- tadas, como sucedeu –e hai que remas xeracións. É dicir, cando ten vi- coñecelo- nestes últimos tres anos. sión de futuro, fuxindo do “curtopra- Calquera implantación empresarial, cismo”. Sen ánimo de ser presuntuo- sexa grande ou pequena, implica sos, esa é postos de a filosofía “O PXOM hai que elaboralo con traballo. do parque Té m o l o e m p r e - meticulosidade para evitar reve- claro e sarial de ses xudiciais ou administrativos” hai que Pardiñas. traballar As parcelas do polígono de Merelle sempre con ese obxectivo. están esgotadas; todas están vendi- Aínda confía en que Fomento lidas, e ningún informe cuestiona esta cite a nova rotonda na saída sur da ampliación, polo que entendemos N-550 na vila no que queda de ano? que está totalmente garantida unha - Que quere que lle diga? Estou vez que se aprobe definitivamente convencida de que con outro goo PXOM. Calquera política ou polí- berno en Madrid a obra estaría xa initico serio está obrigado a programar ciada. Cónstanos que o ministro Ábasolo empresarial de cara a necesida- los se comprometeu a activar a licitades futuras, de maneira que cando ción, pero tamén é certo que Pedro unha empresa proxecte ampliarse Sánchez dixo que impulsaba a moou busque solo para un novo asen- ción de censura para convocar electamento llo poidamos ofrecer ao mi- cións xerais e aí o ten: amarrado á nuto seguinte. E, ademais, a ninguén cadeira e en permanente volta ao se lle escapa que o polígono de Par- mundo en avión e helicópteros ofidiñas tería unha localización privi- ciais pagados cos impostos de todos

e todas, sen intención ningunha de apearse. Estamos ante un Goberno central sen principios e sen palabra. Agardo e desexo que tal licitación se produza canto antes, e podo adiantar que no mes de xaneiro representantes municipais desprazarémonos a Madrid para manter unha reunión co director xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, da que agardamos un compromiso firme para a licitación, e unha data de previsión do inicio para unha obra moi necesaria para mellorar a seguridade e a mobilidade no acceso á vila de Ordes, pensando ademais que este lugar será o enlace da futura rolda suroeste. - Desde as filas da oposición aseguraron estes días que a Xunta non investirá practicamente nada en 2019 no municipio. Confirma esta afirmación ou pode desmentila? - A oposición xa sabemos como actúa. Busca titulares sen desmaio aínda que para iso teña que sacrificar a verdade. Pero a verdade sempre sae a flote. Ou non é certo que as obras do centro sociocomunitario do Campo da Feira xa están en marcha? Este edificio está financiado con 360.000 euros pola Consellería de Política Social nas anualidades 2018 e 2019. Recordar que a Deputación da Coruña negou por escrito calquera tipo de axuda para o seu equipamento. No vindeiro ano, o Sergas executará, atendendo a petición do Concello, a obra de ampliación e mellora da sala de espera de pediatría no centro de saúde. Tamén en 2019 se van dar os primeiros pasos do estudo informativo solicitado para a futura rolda suroeste que comunique a N-550, nas Casillas, coa AC-413 no Empalme, bordeando o tanatorio e o cemiterio municipal; da análise técnica para a ampliación da EDAR nas Casillas e a mellora na ETAP en Trabes (Buscás). Nos primeiros meses do vindeiro ano tamén se licitará a senda peonil que comunicará a vila de Ordes co Outeiro de Poulo, cunha dotación de máis 642.000 euros; e actuarase na capa de rodaxe das estradas autonómicas AC-524 e AC-413. Xa temos negociado un principio de acordo que se formalizará vía convenio coa Consellería de Cultura e Turismo para financiar parte do proxecto de reforma do auditorio da Casa da Cultura. E en materia de telecomunicacións, e con cargo ao Plan de Banda Larga 2020, acometeranse obras en nove núcleos (O Mesón do Vento, Brea, Castrelos, Igrexa-Montaos, O Valado, O Casal, A Espenica, Reboredo e O Vilar) de redes ultrarrápidas de acceso a Internet. Coido que as afirmacións da oposición quedan desmentidas con total rotundidade, e os veciños e veciñas de Ordes poden ter a certeza e a tranquilidade de que a Xunta de Galicia cumpre coas demandas que lle traslada este goberno local.


18

CRÓNICAS - Decembro 2018

ACTUALIDADE ORDES Resultaron feridos dos axentes públicos e o propio condutor, que roubara o coche en Carballo

Un presunto atracador embiste un furgón da Garda Civil de Tráfico preto da peaxe de Ordes o furgón de Tráfico que lle cortaba o paso, con dous axentes dentro. Os gardas, feridos de diversa consideración, foron trasladados a un hospital da Coruña. Un deles tivo que ser ingresado. O suposto ladrón foi levado ao hospital a Santiago.

Estado no que quedaron o vehículo da Garda Civil de Tráfico (esquerda) e o roubado polo presunto atracador (dereita)

Un veciño de Carballo, de 36 anos de idade e con diversos antecedentes por roubos e alteracións da orde, foi detido a noite do 12 de decembro á altura da peaxe da AP-9 en Ordes despois de embestir o vehículo que guiaba contra un furgón da Garda Civil de Tráfico. Resultaron feridos dous axentes e o propio detido.

OROSO

O PP solicita que o Concello se adhira ao programa de compostaxe doméstica de Sogama O PP de Oroso presentou unha proposta para solicitar que o Concello se adhira ao programa de compostaxe doméstica de Sogama, do que xa forman parte 184 municipios e máis dun cento de centros educativos e entidades sociais. O programa está ideado para zonas de vivendas unifamiliares cun terreo de horta ou xardín no que poder aplicar o fertilizante obtido a partir de residuos orgánicos que normalmente van ao lixo. Dota a quen participe de composteiros duns 350 litros de capacidade e ofrece unha serie de actividades formativas e material didáctico sobre o proceso da compostaxe para garantir bos resultados. Alexander Doval, portavoz do PP de Oroso, explicou que sumarse ao programa permitiríalle aforrar custos ao Concello: “lograremos depositar menos refugallos no colector verde convencional, propiciando unha redución da frecuencia de recollida por parte dos servizos municipais e, por tanto, das emisións de CO2 derivadas do transporte”.

O vehículo, un Volvo V60 negro que fora roubado a tarde anterior en Carballo, viña sendo perseguido desde Rianxo por patrullas da Garda Civil e da Policía Nacional. En Carballo atracara unha cervexería e en Rianxo, concretamente en Taragoña, un estanco. Na fuxida, ao chegar á altura da

peaxe, o presunto delincuente percatouse da presenza da patrulla de Tráfico, que realizaba tarefas de vixilancia na autoestrada. Por iso deu marcha atrás para intentar escapar polo carril de incorporación da AP-9. Como xa se vía acorralado polas patrullas que o perseguían, optou por embestir “deliberadamente” contra

COMARCA

TRAZO

Abre un espazo de actividades e encontro para persoas maiores

O espazo para maiores está situado no edificio polivalente, en Viaño Pequeno

O Concello de Trazo puxo en servizo a principios deste mes de decembro o que denomina “Centro de Encontro de Maiores”. Trátase dun espazo dentro do edificio polivalente, situado a carón da Casa do Concello en Viaño Pequeno, no que se desenvolven

SEN PERMISO Tras a detención, puídose comprobar que carece de permiso de conducir porque perdeu a vixencia. Foi sometido ás pertinentes probas de alcoholemia e detección de sustancias estupefacientes, das que polo momento non trascenderon os resultados. As dilixencias do suceso foron trasladadas ao xulgado número 1 de instancia e instrución de garda de Ordes. Alí terá que presentarse o detido cando sexa requerido pola autoridade xudicial, segundo informou a Garda Civil. O suceso obrigou a pechar durante varias horas desa madrugada, do 11 ao 12 de decembro, o acceso da AP-9 afectado.

actividades para o colectivo da terceira idade. As instalacións abren de luns a venres, entre as 16:00 e as 20:00 horas. Acollen clases adaptadas de informática, obradoiros de memoria, lectura, manualidades, ximnasia para maiores ou xogos.

Campaña da Cruz Vermella para animar a facer voluntariado en diversos ámbitos A Cruz Vermella iniciou a campaña #MilManerasdeVoluntariado para impulsar este tipo de actividade altruísta en diversos ámbitos. A organización desta entidade na provincia da Coruña asegura que o socorro en emerxencias, a atención a persoas maiores, á infancia e á mocidade, a atención a persoas sen fogar e a atención a persoas en situación de desemprego son as actividades que precisan máis voluntariado. En toda a provincia, a Cruz Vermella suma 1.443 persoas voluntarias, ás que lles agradeceu e recoñeceu o seu compromiso co gallo do Día Internacional do Voluntariado, o pasado 5 de decembro. A campaña divulga casos concretos de voluntariado, como o apoio nas tarefas escolares a nenos e nenas con dificultades sociais, o socorrismo en grandes aglomeracións, o acompañamento de persoas maiores a citas médicas ou a orientación laboral a persoas sen emprego. Máis información en www.milmanerasdevoluntariado.org


CRÓNICAS - Decembro 2018

19

PUBLICIDADE

A Unión Europea en 2019: un ano de desafíos O próximo ano 2019 preséntase crucial para o futuro do proxecto europeo. No medio da incerteza xerada polo Brexit, a Unión Europea debe aprobar o orzamento para o seguinte período 2021-2027, documento que haberá de ser aprobado polo novo Parlamento Europeo que se conformará tras as Eleccións Europeas de maio de 2019. En maio de 2018 a Comisión Europea presentoulle ao Consello Europeo a súa proposta para a adopción do orzamento plurianual 2021-2027, un instrumento máis sinxelo, máis flexible e máis focalizado, no que a Comisión pon énfase no valor engadido europeo e, sobre todo, en lograr un orzamento máis simple e transparente, máis flexible e máis áxil, e con menor burocracia para os beneficiarios. O obxectivo é que este instrumento da política económica permita dar respostas eficientes ás prioridades da Unión e facer fronte a novos desafíos. Nesta proposta, a Comisión fomenta programas clave para o emprego e o crecemento, coma o programa de mobilidade xuvenil Erasmus+, a Iniciativa para o Emprego Xuvenil, o novo programa de investigación Horizonte 2020 e o programa de apoio ás Peme, COSME. Especial atención merece a nova PAC, cunha asignación de 365.000 millóns de euros divididos entre os seus dous alicerces tradicionais: axuda directa aos agricultores e medidas de mercado e desenvolvemento rural, asignación á que se lle han de sumar 10.000 millóns do programa de investigación Horizonte Europa para dar apoio específico á investigación, innovación, desenvolvemento rural e bioeconomía. O pasado 14 de novembro o Parlamento Europeo fixou as súas prioridades ante a preparación do novo orzamento a longo prazo da Unión Europea, destacando na súa posición negociadora os seguintes aspectos: - Unha dotación de 120.000 millóns para o programa de investigación Horizonte Europa (fronte aos 83.500 millóns propostos pola Comisión); - Impulso ao Fondo Europeo para Investigacións Estratéxicas, o chamado “plan Juncker”;

- Máis fondos para infraestruturas de transporte e Peme; - Manter as partidas para agricultura e cohesión; - Duplicar a dotación contra o paro xuvenil, e triplicar os fondos para Erasmus+, e - Polo menos o 25% do gasto orzaAmentario debe dedicarse á consecución dos obxectivos climáticos (o 30% como máis tardar en 2027). No capítulo de ingresos, os eurodeputados queren reformar o sistema de obtención de recursos da UE. Na súa opinión, o modelo actual de financiamento directo é “complicado, inxusto, carente de transparencia e totalmente incomprensible para a cidadanía europea”. O Parlamento Europeo aposta por un novo sistema, máis sinxelo, que permitiría reducir substancialmente a achega dos Estados membros e garantir un financiamento axeitado para a Unión. O Pleno quere novas fontes de ingresos, procedentes dun novo modelo de fiscalidade corporativa (incluída a contribución das grandes multinacio-

nais dixitais), do Sistema de Comercio de Emisións e dun novo imposto ao plástico. O Parlamento Europeo confía en lograr unha posición común co Consello antes das eleccións europeas de maio de 2019, para evitar problemas na posta en marcha de novos programas. O Cume de Sibiu sobre o futuro da Unión a 27, previsto para o 9 de maio de 2019, será un momento decisivo en 2019, como anunciou o Presidente da Comisión Jean Claude Juncker no discurso sobre o estado da Unión do pasado 12 de setembro. “Sibiu é a ocasión en que debemos ofrecer a todos os europeos unha sólida perspectiva de futuro”. Dúas semanas antes das eleccións europeas, os dirixentes da Unión reuniranse en Sibiu (Romanía) para reflexionar sobre unha nova Axenda estratéxica que guíe o labor da Unión Europea durante os próximos cinco anos. Cando teña lugar o Cume de Sibiu, os Estados membros, o Parlamento Europeo e a Comisión deberían ter negociado tamén un acordo de principio sobre o orzamento da Unión despois de 2020. Isto permitirá cumprir a tempo promesas políticas feitas aos cidadáns -en particular, a participación de 12 millóns de mozos en intercambios Erasmus, o apoio directo a 5.000 postos de traballo no ámbito da investigación e a outros 7.000 postos de traballo na economía xeral cada mes, o incremento do gasto en defensa e xestión da migración-. Tralo Cume de Sibiu chegará o

acontecemento máis destacado este ano na Unión Europea: as eleccións ao Parlamento Europeo que, en España, terán lugar o 26 de maio de 2019. Como europeos, enfrontámonos a múltiples desafíos: o cambio climático, as migracións, o desemprego xuvenil, etc.. Agora máis ca nunca é importante que todos os cidadáns participemos no proceso democrático. É por isto polo que todos debemos exercer o noso dereito a voto, ser partícipes do proceso democrático e facelo de maneira consciente e plenamente informada. Esta vez non abonda con desexar un futuro mellor: esta vez todos e cada un de nós debemos asumir a nosa responsabilidade. Decidamos xuntos a Europa na que queremos vivir!


20

CRÓNICAS - Decembro 2018

ESPECIAL ENTREVISTA Manuel Mirás Franqueira, alcalde do Concello de Oroso

“Fixemos do ensino, os servizos sociais e a dos maiores as nosas prioridades de gobe A axitada axenda de cada día impide a Manuel Mirás pensar polo momento nas eleccións municipais de 2019. Síntese con moita forza para continuar e sabe que o seu proxecto para Oroso aínda non está rematado, “pero o que teño que facer é traballar e atender as demandas dos veciños para mellorar a súa calidade de vida, o mes de maio aínda está moi lonxe”, afirma. - De todo o tempo que leva como alcalde de Oroso, de que se sinte máis satisfeito? - Falaría en primeiro lugar do ensino. Desde un primeiro momento foi a prioridade da nosa acción de goberno, porque o que ten que facer un alcalde é pensar no futuro do seu concello. En Oroso conseguimos escolarizar a todos os nenos de cero a seis anos na Escola Municipal Ulloa e na Galiña Azul. Tamén foi un gran logro conseguir o segundo colexio de infantil e primaria, o CEIP Camiño Inglés, aínda que a Consellería de Educación non cumpre co proxecto inicial, que era ter dous colexios iguais con transporte e comedor. No CEIP Camiño Inglés tivemos que facernos cargo nós do comedor e a Xunta non cumpriu, nin co comedor nin coa implantación dunha segunda liña. - E que facilidades teñen os nenos e as nenas do rural? - Somos tal vez o concello de Galicia que máis escolas rurais ten en marcha polas parroquias. Temos en funcionamento un Centro Rural Agrupado (CRA), con sede en Vilarromarís e que atende ás escolas de Deixebre, Senra, Trasmonte e Vila-

prazamentos nos buses escolares. - Falaba do rural porque a oposición acúsao de non atendelo… - Iso non só é mentira, senón que é faltar á verdade máis absoluta, pois para o meu goberno o rural é prioritario, igual ou máis que o urbano. No rural é onde máis investimos. Mire, acabo de falar das escolas que temos abertas no rural e temos que facer un esforzo económico moi importante para que permanezan abertas, pois a Consellería de Educación tan só pon os mestres, todo o demais poñémolo dende o Concello: mantemento, obras de conservación e reparación ano tras ano, luz, auga, limpeza, accesos e moitas máis cousas. - Que outros investimentos destacaría nas parroquias? - Outro tema que indica que non temos o rural abandonado é a cantidade de locais cívicos e sociais que temos en funcionamento en todas as parroquias, todos eles ben equipados, con actividades e con calefacción. Á marxe disto, por exemplo este ano investimos máis dun mi-

Manuel Mirás confirma que optará á reelección como alcalde o vindeiro mes de maio

“Somos un dos poucos concellos con crecemento vexetativo, os nosos veciños pensan que Oroso é un bo lugar para educar aos seus fillos”

centro urbano tamén benefician aos veciños do rural, por exemplo os investimentos que facemos no ensino, facendo melloras nos colexios que son para beneficio de todos, e os investimentos en cultura e deportes o mesmo. Por iso, repito, quen diga que non investimos no rural está dicindo unha gran mentira.

cide. Desta forma, conseguimos que os nenos nos seus primeiros anos de escolarización reciban a formación escolar no seu entorno, preto das súas familias e sen ter que facer grandes des-

- Que outras prioridades destacaría da acción de goberno? - Principalmente os servizos sociais, con partidas económicas que medran cada ano, a atención dos nosos maiores, a cultura e o deporte.

llón de euros no rural en melloras de camiños, abastecemento de auga e sendas peonís, e no próximo exercicio seguiremos igual. Teño que dicir ademais que os investimentos que facemos no

- Como ten pensado solucionar os atascos na N-550 en Sigüeiro nas horas punta? - A primeira medida vai ser a construción dunha glorieta na Praza da Foca, que solicitamos hai catro anos pero o Goberno de Mariano Rajoy mirou cara outro lado. Coa chegada de Pedro Sánchez ao Goberno de España e despois de facer varias xestións en Madrid co Ministerio de Fomento, o proxecto sae adiante e en moi pouco tempo sairá a licitación e comezará a obra. Espero que antes dun ano estea en funcionamento. A maiores, está en estudo a


CRÓNICAS - Decembro 2018

21

ESPECIAL

a atención erno” nova circunvalación de Sigüeiro, que partirá desde a rotonda do supermercado Familia e sairá na estrada de Lavacolla. Esta solución reducirá moi sensiblemente o tráfico polo centro de Sigüeiro, sobre todo o tráfico pesado que é o máis incómodo e perigoso. - É consciente de que existe gran rexeitamento á variante alternativa á N-550? - Son consciente e estou sensibilizado, pois en varias ocasións falei co Ministerio de Fomento para que esa alternativa á N-550 non se levara a cabo. Hai pouco, cando estiven co ministro de Fomento, pedinlle que retiraran ese proxecto e fíxome caso, cousa que co goberno do PP non fun capaz de conseguir. Esa variante non se vai levar a cabo, como acabo de dicir vaise facer a circunvalación de Sigüeiro e mellorarán algúns puntos da N-550. A alternativa plantexada polo Partido Popular dunha nova

O rexedor considera que a oposición deste mandato no Concello foi a máis “fraca” que houbo nunca, sobre todo por parte do PP

sostible pois non habería gasto e máis actividades. tan frouxo no Concello de Oroso de luz nin de combustible, e poe xa van uns cantos fracasos… Neira, María José Mira, José MaQue lle di aos pais e nais que deriamos ter prezos de uso dudemandan unha mellora do parrante o inverno moi asequibles. nuel Balado e agora o máis insolque infantil? vente politicamente, Alexander Que teñen razón, acabamos Doval. “O equilibrio nos investimentos é un feito; de darlle unha mellora co chan para nós, as parroquias teñen a mesma novo e máis adiante renovare- Cumprirán o programa de 2015? mos os xogos máis antigos. Taimportancia que o centro urbano” - A maior parte das demanmén demandan unha pista de patinaxe e de skate, que faremos das dos vecinos serán satisfeitas. estrada prexudicaba a todos os o ano que vén, así como un par- Houbo algúns retrasos nas licitanegocios da estrada, por iso eu - Tamén hai queixas de que os que infantil cuberto, pero máis cións pola nova Lei de Contratos me opuxen. e a implantación da administraespazos para facer deporte, ac- pequeno que o actual. tividades lúdicas e culturais non ción electrónica, pero neste mo- Parte da veciñanza pide una chegan. Que ten pensado facer? - A oposición sostén que vos- mento están todas en marcha, piscina climatizada... - En canto ao deporte, estes tede retrasa as obras aos meses executadas ou en licitación. - É verdade, pero eu xa dixen días está en licitación un novo previos ás eleccións. durante a pasada campaña elec- campo de fútbol e imos aconditoral que de momento non temos cionar mellor o pavillón do Ca“A Cultura e o deporte son masa potencial para soster unha miño Inglés. fundamentais no Concello de Oroso” piscina climatizada. O que imos No eido cultural, reformare-

“Os mozos e mozas dánme forzas para continuar catro anos máis, vexo neles un forte sentimento de pertenencia, de orgullo de ser de aquí” facer é ampliar a área de lecer e cubrir a piscina para que se poida utilizar durante máis tempo. A cuberta vai ser modular, xa que se poderá abrir cando a temperatura o requira; creo que a utilización coa cuberta pode ser de seis a sete meses ao ano. Unha vez feita a cuberta, xa estamos estudando facer un proxecto con paneis solares para climatizar a piscina. Se o conseguimos, sería

mos o Centro cultural Fernando de Casas e Novoa, ampliando as instalacións e facendo un auditorio para poder representar toda a actividade cultural cunha mellor comodidade para o público. Tamén ampliaremos a biblioteca. Síntome moi satisfeito da gran cantidade de persoas que participan nas actividades deportivas e culturais no Concello, por iso cada vez demandan máis espazo

- Alégrome de que sigan así, dicindo vaguedades, a verdade é que cando non hai ideas dise calquera cousa para xustificar que están aí. Teño que dicir que nunca no Concello de Oroso houbo unha oposición tan fraca, sobre todo do Partido Popular, pois a verdade é que non fixo nin unha soa proposta digna de mención, só cousas irrelevantes e sen sentido. Nunca propuxeron unha obra, a verdade é que chama a atención a pouca capacidade que teñen para facer a labor de oposición política. Nunca, nunca tivemos un PP

- Quen lle dá as forzas para continuar catro ano máis? - Os mozos e mozas. Dicía hai uns días, no acto no que fixemos Fillo Predilecto a José Miguel Couselo, que vexo nas novas xeracións do Concello de Oroso un forte sentimento de pertenencia, de orgullo por ser de aquí. Iso faime sentir moi satisfeito, e ademais vexo talento, formación e paixón. Merece a pena loitar porque o futuro é moi esperanzador. De feito, somos un dos poucos concellos con crecemento vexetativo, os nosos veciños pensan que Oroso é un bo lugar para educar os seus fillos.


22

CRÓNICAS - Decembro 2018

ECONOMÍA E TRABALLO COMARCA A cotización sobe de setembro a outubro, pero no interanual baixa

O leite recupera prezos, pero en Galicia menos que en toda España A tendencia lóxica no outono é que os prezos do leite en orixe suban. Así o están facendo este ano, pero o ritmo é un tanto dispar segundo a zona. En Galicia a recuperación é inferior á da media de España, á súa vez máis lenta que a do conxunto de Europa. Así se corrobora nos últimos datos publicados polo Ministerio, correspondentes ao mes de outubro. A cotización para a gandeiría galega de leite chegou aos 0,314 euros por litro, o que representa unha suba de 0,6 céntimos en comparación con setembro. A media española acadou os 0,325 euros por litro, cun crecemento de 0,8 céntimos sobre o mes anterior. Non obstante, a interanual de outubro é lixeiramente negativa, posto que en outubro de 2017 a cotización española estaba en 0,328 euros e agora fica en 0,325. O que non varía é que Galicia continúa tendo a produción leiteira peor pagada de toda España e practicamente de toda Europa, a pesar de ser un dos territo-

O leite galego págase en orixe un céntimo menos por litro ca na media española

rios de maior peso do sector. Se en setembro compartía o posto con Cantabria, en outubro o sector cántabro repuntou ata os 0,321 euros, acadando case a media española. PRODUCIÓN A produción mantense estable dun outubro a outro, aínda que en Galicia medra e no conxunto de Es-

paña decae. As 2.500 toneladas máis de outubro de 2018 sobre outubro de 2017 en Galicia supoñen un aumento de practicamente o 1%. En toda España o dato de produción de outubro baixou en case 1.500 toneladas dun ano ao outro, o que en termos relativos representa unha redución do 0,5%, contra o que viña sendo habitual nos últimos anos.

A comarca recibe máis de 3,2 millóns en axudas para incorporacións e melloras A comarca de Ordes é a que maior volume de axudas recibiu na provincia coruñesa nas axudas autonómicas para plans de mellora e incorporacións xuvenís ao sector agrogandeiro.

As dúas liñas suman algo máis de 3,2 millóns de euros na zona. A de incorporación xuvenil beneficiou 24 casos cun importe de 740.000 euros. No conxunto da provincia son 112 casos e 3,1 millóns de euros.

En canto aos plans de mellora, a Xunta di que subvencionou 37 na comarca ordense cun total de case 2.475.000 euros. En toda A Coruña concederon 182 axudas, que superaron 8,9 millóns de euros. Coas

PREZOS DO LEITE

OUTUBRO / SETEMBRO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA

0,314 0,332 0,323 0,345 0,324 0,450 0,321 0,334 0,331 0,320 0,323 0,332 0,326 0,330 0,346 0,333 0,327 0,325

0,308 0,327 0,316 0,338 0,320 0,450 0,306 0,323 0,318 0,314 0,314 0,326 0,317 0,320 0,338 0,322 0,320 0,317

MEDIAS ESPAÑA OUTUBRO 2014 0,341 2015 0,309 2016 0,306 2017 0,328 2018 0,325

PRODUCIÓN OUTUBRO 2017

2018

Galicia 220.852 tn 223.345 tn España 574.340 tn 572.846 tn Fonte: FEGA (30-11-2018)

dúas liñas de axuda e co esforzo financeiro das propias explotacións estímase que o investimento total mobilizado foi duns 22 millóns de euros en toda a provincia. Os datos foron dados a coñecer na visita do delegado provincial, Ovidio Rodeiro, a unha granxa en Santa Comba.


23

CRÓNICAS - Decembro 2018

ESPECIAL ENTREVISTA Pablo Vidal, candidato do BNG á Alcaldía de Ordes

“Afrontamos os próximos comicios co firme convencemento de que o BNG é a única alternativa ao PP” - Que valoración fai o BNG do actual goberno municipal? - Partindo do feito de que o alcalde non foi quen de xestionar e manter unido o seu equipo de goberno, creemos que non semella ter o perfil mais axeitado para gobernar un concello coma o de Ordes. Primeiramente consideramos que foi un goberno falto de ideas e ante isto recorreu á clásica política do PP baseada no cemento e no asfalto, malgastando fondos públicos en obras faraónicas e caprichos do alcalde, na vez de abordar os problemas socioeconómicos e necesidades básicas da veciñanza. Lembramos que ante os recortes da Xunta de Galiza en profesorado, a urxente necesidade de melloras nos centros de ensino do noso concello, así como a falta de persoal no Centro de Saúde, o goberno municipal antepuxo a defensa do PP na Xunta de Galiza aos intereses da xente de Ordes. Tamén cómpre denunciar a parálise na tramitación do P.X.O.M., onde sospeitamos que para o alcalde prima novamente o interese electoralista sobre o colectivo, retrasando a aprobación provisional do documento ata datas próximas ás eleccións municipais. - Cal é a situación económica do concello de Ordes? - O PP esfórzase en lanzar a idea de que está a sanear a débeda do concello, pero o certo é que se comparamos o ritmo de redución de débeda do actual mandato ao ritmo do mandato anterior (2011-2015), o alcalde suspende estrepitosamente. Cabe recordar que no ano 2011 a débeda era de 10.180.086,29 €, situándose nos 5.574.250,55 € no ano 2015. Segundo os presupostos, no ano 2019 está previsto que a débeda do concello de Ordes sexa de 3.134.189,85 €. Como se pode comprobar cunha simple operación, o ritmo de redución de débeda é a metade mais lento agora que no mandato anterior. - Pero o alcalde asegura que a débeda do concello estará próxima ao millón de euros no ano 2019… - O alcalde intenta camuflar o seu fracaso anunciando unha débeda bancaria do concello de 1.404.880,50 € no 2019, mentindo sen ningún tipo de escrúpulo xa que

Vidal considera que o actual alcalde non é idóneo para gobernar Ordes ao non ter sido quen de manter unido o seu equipo

obvia por completo a débeda de 1.729.309,35 € que ten Ordes con outras administracións públicas, e que temos que pagar. Como dicimos, e así ven reflectido nos presupostos municipais para o ano 2019, a débeda total do concello ao final do presente mandato será de 3.134.189,85 €. - Como resume a actividade municipal do BNG nestes anos? - Creo que se algo nos caracterizou foi manter unha oposición construtiva, pero ao mesmo tempo denunciando con contundencia as falcatruadas do goberno municipal. É un feito que formamos o único grupo que se mantivo unido e sen fendas, estando ademais á cabeza no tocante ás iniciativas presenta-

das, baseadas en baixadas de impostos, propostas para o P.X.O.M., no eido cultural, educativo e da sanidade, de cara ao desenvolvemento socioeconómico do concello, na dotación de servizos ás parroquias… Mais a actitude prepotente do goberno municipal, apoiado en tránsfugas, impediu nalgúns casos a execución das mesmas. - Como afrontan as vindeiras eleccións municipais? - Dende a humildade, afrontamos os próximos comicios co firme convencemento de que o BNG é a única alternativa ao PP, polo que presentarémonos cun programa de goberno que procure o desenvolvemento socioeconómico e a creación de emprego en Ordes, que faga

do rural un lugar para vivir, exerza un urbanismo que transforme e humanice o concello, e sempre dende a transparencia e a participación cidadá. O goberno do BNG, ao contrario do que está a acontecer co actual, non comulgará con rodas de muíño ante outras administracións e antepoñerá sempre a defensa dos intereses de Ordes. É polo que contaremos cun equipo de xente comprometida e formada intelectualmente en diversos eidos para poder levalo a cabo, e que acredite nas potencialidades de Ordes. - Pídelle algo ao apalpador? - Ledicia e saúde para todos e todas.


24

CRÓNICAS - Decembro 2018

ECONOMÍA E TRABALLO COMARCA Oroso desenvolve o seu terceiro concurso de escaparatismo, con 600 euros en premios

O comercio local incentiva as compras de Nadal con diversos descontos e premios O comercio de proximidade ten innumerables atractivos todo o ano. Á súa calidade, variedade, profesionalidade e trato súmanse en épocas de alto consumo como as do Nadal as campañas con descontos e promocións con premios. É o caso da campaña da Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES), que se mantén ata o 31 de decembro. Distribuirá 5.000 euros en premios e tamén ofrecerá considerables descontos en múltiples produtos, entre outras accións. Coa promoción Busca a túa estrela, o comercio local ordense sinala artigos con prezos moi vantaxosos nos distintos establecementos participantes. Permanecen durante toda a campaña, a non ser que se acaben as existencias. Nese caso seleccionaríase outro produto ata a fin da campaña. Outra iniciativa da patronal do comercio de Ordes son as tarxetas Rasca e gaña. En todas as compras superiores a 10 euros as tendas participantes entregan entre un e oito

boletos, dependendo do importe da adquisición. En total serán 9.170 tarxetas, das que 210 teñen o premio asegurado, entre os 500 e os 10 euros. O premio pódese cambiar nos establecementos asociados do 3 ao 31 de xaneiro. ACORDES, que conta coa colaboración do Concello na campaña, obsequiará tamén con flocos e nubes de azucre na véspera dos Reis Magos. Con cada compra maior de 10 euros efectuada durante os días 2, 3 e 4 de xaneiro, nos negocios entregarán un vale para obter os doces nos soportais da antiga Casa do Concello entre as 17:00 e as 19:00 horas do 5 de xaneiro.

As rúas e prazas da comarca levan xa varias semanas coa ambientación navideña

CONCURSO EN OROSO Pola súa parte, en Oroso destaca a terceira edición do concurso municipal de escaparatismo, que entregará un primeiro premio de 300 euros, un segundo de 200 euros e un terceiro de 100 euros. Os escaparates que participan no certame manteranse ata o 7 de xa-

neiro. Xa están sendo visitados polo xurado, integrado por un representante do comercio, outro da hostalería e outro designado polo Concello. Valoran a calidade artística, a composición, a iluminación, a utilización de elementos tradicionais do Nadal, a orixinalidade, o uso da lingua galega, o esforzo e o emprego do pro-

duto que se comercializa. Ademais, as imaxes de cada escaparate figurarán no perfil do Concello en Facebook, de xeito que o que obteña máis ‘Gústames’ será premiado cunha cea nun restaurante do concello. Tamén se sorteará unha cea para dúas persoas entre as persoas que voten no Facebook.


25

CRÓNICAS - Decembro 2018

PUBLICIDADE

Nadal Oroso 2018-19 PROGRAMA

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL CON MENSAXE 5 de decembro

21 de decembro

26 de decembro

VISITAS DOS PAXES REAIS

ESCAPISMO e parque multiaventura

21 de decembro

27 de decembro

EXPOSICIÓN “RIMAS E CORES” E PRESENTACIÓN DO LIBRO “espido-desnudo” de conStantino cuesta

CONCERTO DE NADAL DA ESMU JOSÉ VEREA

14 de decembro

22-23 de decembro

BELÉN VIVENTE DA ESCOLA INFANTIL A ULLOA

MERCADO DE ARTESANÍA DE NADAL

15 e 22 de decembro

24 de decembro ao 7 de xaneiro

ANIMACIÓN Á LECTURA

CHRISTMAS CAMP 2018

21 de decembro

26-28 de decembro

FESTIVAL DO CRA

NADAL SOBRE RODAS EN FAMILIA

5 DE XANEIRO

ORGANIZA

MONICREQUES TROMPICALLO: “PLANETA ARDORA” 28 de decembro

CONCERTO DE PANXOLIñAS 3 de xaneiro

Mago xacobe 4 de xaneiro

OBRADOIRO DE REPOSTERÍA: FIGURAS De NADAL

GRAN CABALGATA DE REIS COLABORA

18 HORAS


26

CRÓNICAS - Decembro 2018

ESPECIAL ENTREVISTA Antonio Leira, Presidente da Comisión de Economía, Facenda, Especial de Contas, Persoal e Réxime Interior

“O Plan Único é transparente e equitativo e permite aos concellos elixir o destino dos cartos que perciben da Deputación da Coruña” Crónicas: Que vantaxes ten o plan único para os concellos respecto a outros creados por administracións anteriores?

sas que cambiamos. Os concellos non teñen que destinar o 20% do investimento como ata agora en cada actuación, por exemplo do POS.

Antonio Leira: O principal é que os concellos van saber, saben desde outubro, con anticipación á confección dos seus orzamentos, que van percibir unha cantidade da deputación con libre disposición pola súa parte. Este ano destinamos ao Plan Único máis de 61 millóns de euros que se ampliará logo no mes de marzo cando se revise. O seu reparto está suxeito a un criterio, o mesmo que se xa se consensuou para o POS.Pode que non nos guste, pero ata o de agora foi o que mellor funcionou para facer un reparto o máis equitativo posible. Ten outras vantaxes a simplificación dos expedientes, que os concellos poden destinar estes recursos ao que consideren convinte, gasto corrente, proxectos, persoal... Evidentemente o que teñen que facer primeiro e non incrementar, senón minorar débeda, segundo uns criterios que xa coñecen e impoñen os secretarios e interventores de cada municipio.

Crónicas: O ano pasado meteron máis cartos ao principio do Plan en 2017, 71 millóns e acabou en 90 millóns. A que se debe a baixa?

Crónicas: E o reparto é equitativo? Antonio Leira: Desde logo máis que o de outras administracións, nós, os socialistas estamos a pedir que se empreguen criterios semellantes aos que estamos desenvolvemento na Deputación da Coruña e na de Pontevedra, onde teñen algo parecido. A Xunta actúa con moita máis discrecionalidade que a Deputación que somete a distribución dos seus recursos a criterios de reparto consensuados. Crónicas: Falaba vostede de que os concellos estaban só limitados pola débeda para investir estes cartos, pero moitos soños se quedan na cuneta pola porcentaxe que teñen que poñer as entidades locais. Antonio Leira: Esa é outra das cou-

Antonio Leira: Pois moi fácil, somos cautos coas previsións dos Orzamentos do Estado. O Plan Único nútrese do POS (Plan de Obras e Servizos) que é o único con contía fixa (24 millóns de €), o PAS e o PAI. Estes dependen máis dos aforros do Estado e da propia Deputación. Os Orzamentos do Estado entraron en vigor practicamente en xullo, isto non axudou. Non sabemos tampouco como van ser os Orzamentos de 2019, polo que preferimos ser prudentes. Logo, en marzo, no primeiro expediente, teremos que meter unha importante cantidade de cartos, que estou convencidísimo que non vai baixar dos 20 ou 25 millóns de euros. Con toda seguridade estaremos nunha cantidade de investimento no Plan Único moi semellante á dos exercicios anteriores. Podemos incluso chegar aos 100 millóns. O señor Hernández, voceiro do Grupo Popular sospeita das súas contas e pregúntase como subindo o Orzamento da Deputación a 183 millóns de euros, o Plan Único ten menos recursos. Que lle contesta? Pois moi sinxelo. O que fixemos foi priorizar aqueles servizos que están suxeitos a convocatorias e afectan a entidades deportivas, culturais, de veciños, etc. a rede cultural e os plans culturais e deportivos da propia Deputación... para que poidan saír os técnicos de turismo, de cultura que van para os concellos, os técnicos de deportes ou de servizos sociais... é dicir, todo este tipo de cuestións que teñen que seis a principios de ano e non

retrasar as súas convocatorias. Crónicas: Ademais deste motivo tamén se eleva o gasto no persoal da propia Deputación en arredor de 5 millóns de euros. Antonio Leira: Pois o digo con orgullo. Esta administración foi quen de aprobar unha valoración de postos de traballo. Home, hai que mirar un pouco polos funcionarios que nos últimos anos viron como se lles conxelaron os salarios. É xusto recoñecer a súa labor como traballadores. Levamos tres anos facendo esa valoración que ninguén fixo ata agora. É importante poñer en valor 5 millóns de euros de incremento. Non sempre nos imos quedar nas palmadas no lombo e nos agradecementos, que está moi ben, pero son insuficientes. Voulle dicir máis, tamén está a pasar desapercibido o gasto nunha importante ferramenta que deseñamos para os concellos da provincia. Crónicas: cónteme. Antonio Leira. Trátase dunha aplicación que substitúe ao Ágora para o tráfico de datos entre os concellos e a propia Deputación. Isto costa 900.000€. Pero pense no que lle podería custar a cada concello una a un. E o propio Plan de Emprego Local, o PEL. Cando gobernaba o PP destinaba menos de 1,3 millóns de euros, para o ano 2019 nós orzamentamos 9,6 millóns de euros. Aí é onde está o diñeiro. Crónicas: En Emprego a Deputación vai xusta de competencia por non dicirlle que non ten. Antonio Leira: Pero non podemos poñernos vendas. Non teremos competencias pero temos obrigas cos nosos cidadáns. Eu non teño competencias en Educación no concello e teño como concelleiro que encargarme de pagar a luz, a limpeza...

Mire, co Plan de Emprego Local triplicamos para todos, para todos os concellos (subliña), as axudas para o que denominamos comunmente as “cuadrillas”. Pasaron de vir uns homes e mulleres durante unhas horas un máximo de tres meses a, na actualidade ter garantido un mínimo de seis meses a xornada completa. Non esta mal, hai que mellorar pero no está mal. Pero tamén fomos ás PEMES para que os empresarios puideran facer contratacións de primeiro emprego. Neste último ano ademais de manter esta contratación a empresa podería ter unha bonificación no segundo ano por a contratación indefinida do traballador ou traballadora. Á marxe de que poida acceder a outra contratación bonificada por primeiro emprego. Crónicas: Certo que non está mal, pero ao empresariado sóubolle a pouco o PEL. Quedáronse escasos. Antonio Leira: Este ano é certo que nos vimos desbordados. Chegamos a cada unha de cada tres empresas. O modelo funciona, non puidemos chegara estas dúas empresas que se quedaron fora por farta de recursos. Fallou a economía pero creamos más de mil postos de traballo. Pero xa dixo vostede que esta non é a nosa competencia. Pois eu convido á Xunta. Miren, aquí teñen un modelo que funciona. Non temos competencias pero nós arrimamos o ombreiro. Crónicas: Vexo que están motivados co emprego. Coménteme algo sobre os coworking que están axudar a crear. Antonio Leira: Xa puxemos en funcionamento algúns en Brión, Boiro, Carballo, en A Coruña, en Ames estamos a pelexar por un local para que


27

CRÓNICAS - Decembro 2018

ESPECIAL

se instalen empresas acorde co tecido industrial da zona. Pois aí é onde está o diñeiro que non ven na oposición. Na zona do interior coruñés haberá que falar de algo relacionado co leite, o queixo e o mel. Na Costa da Morte algo relacionado co marisqueo... A nosa ocupación é xestionar sen entorpecer o que fagan as utras administracións e procurando ser o máis áxil posible.

ción nominativa para o Centro Sociocomunitario Isabel Cendán.

Crónicas: Citou agora á Oposición. Pois os alcaldes do PP non parecen estar moi de acordo co equilibrio e a equidade da que fala vostede na xestión dos investimentos. Chegaron a manifestarse na porta con outros números distintos aos que comenta. Hernández e os seus alcaldes falaban de desatención dos seus municipios e de roubo.

Existe un acordo de todos os grupos nesta lexislatura para que as nominativas non pasaran do 5% do orzamento da deputación, 8 millóns de euros.

Antonio Leira: Os alcaldes do PP que se manifestaron cos carteis dicindo que lles quitaban 200.000€ uns, 300.000€ outros, pois o que lles pido é coherencia. Cando sacamos por primeira vez o Plan Único, apareceron co mesmo discurso e houbo que explicarlles que a análise debe facerse cando xa en marzo se inxecte máis diñeiro ao Plan. Se o concello é hábil, como sabe que criterios se empregan no reparto, sabe o que lle vai tocar e pode facer unha previsión sobre os investimentos ou servizos en que quere investir eses cartos. Nós estamos indo un paso máis alá, e lles estamos pedindo aos concellos que fagan un Plan adicional contando coas baixas que poidan xurdir nas actuacións levadas a cabo nesta primeira parte do exercicio. Sabes que vai haber un remanente e podes aforrar moito trámite político e administrativo. Crónicas: Defende que non se marxina aos concellos pola súa cor política? Antonio Leira: Na Deputación non se marxina aos concellos pola súa cor política. Toques, vai aprobar nestes días un orzamento do que dous tercios provén dos recursos da Deputación. Trazo ten unha media 900.000€ anuais da Deputación. Tordoia leva case os mesmos cartos que Oroso. O investimento vai en función duns criterios consensuados. Pero non só somo ecuánimes nos plans con criterios anteriormente consensuados, tamén en actuacións adicionais. Sigamos co exemplo de Tordoia, que obtivo por estas actuacións 1,6 millóns de euros. Crónicas: Pois vostede ten os seus argumentos, pero en Ordes, o Goberno local insinúa discriminación porque non aproban unha subven-

Antonio Leira: Si, falaba de boicot. Non home non. Nós non boicoteamos nada. Foi o propio PP o que se negou a que no presente expediente fosen nominativas. Que, por certo, no Goberno de Diego Calvo estas non baixaban dos 20 millóns de euros.

Tamén chegamos a un consenso entre partidos para o reparto destas nominativas, que deben ser empregadas para cuestións excepcionais. Se fago memoria, cando gobernaba o PP dos 4 millóns destinados a estas nominativas, ao Partido Socialista tocáronlle arredor de 150.000€, creo recordar. E o BNG 85.000€. O PP obrigou, en cumprimento do acordo a que, neste expediente ningún grupo levase nominativa. E incumprindo o acordo, agora ven algún concello, como o de Ordes, e nos solicita cunha carta unha nominativa. Non quero entrar nas formas, que tamén poderíamos. Pero lánzolle un guante a Ordes. Este concello vai recibir polo Plan Único sobre 900.000€ máis ou menos. Iniciais! que logo en marzo vai recibir unas 300.000€ máis. Eu estou disposto a adiantarlle esa cantidade para o Isabel Cendán. O que pasa que o alcalde quere que os 300.000€ do Plan Único e 180.000 máis. Temos que ser máis rigorosos. Crónicas: Pois tampouco está contento o alcalde de Trazo polo asunto da marquesiña rota. Como aborda o Goberno da Deputación as demandas deste rexedor? Antonio Leira: Eu creo que é unha cuestión de lealdade institucional. Hoxe estamos uns e mañá outros, o que prevalece é a institución. O problema é que a marquesiña está dando servizo a uns rapaces que van ao colexio e que non deberían mollarse. E nós enredados en quen ten que poñer ou arranxar unha marquesiña para sacarlle rédito político. O alcalde sabe cal é a súa competencia. O que non debe facer é confundir aos veciños dicindo que a estrada é da Deputación. Certo, pero o mantemento deste mobiliario... en Tordoia pasou o mesmo e o alcalde, do PP cambiou a marquesiña. Pero son polémicas das que hai que fuxir.

Os socialistas queren que a Xunta adopte este modelo para evitar os repartos “a dedo” e que os concellos teñan máis capacidade de decisión Antonio Leira defende a capa e espada o Plan Único como un plan vivo e dinámico, capaz de medrar para adaptarse ao longo do exercicio e que nos tres anos que leva en funcionamento supera en 144 millóns de euros o investimento dos plans do anterior goberno de 2012 a 2014. Consideran os socialistas que este sistema debe ser o camiño tamén para outras administracións, xa que ofrece total transparencia na asignación de fondos e permite total autonomía municipal para decidir en que investir en cada concello. O portavoz do Grupo Parlamentario na Cámara galega, Xaquín Fernández Leiceaga e Leira, na súa dobre responsabilidade de delegado do Plan Único e membro da Executiva Provincial do PSdeG, presentaron unha moción que se levará aos concellos e ao Parlamento de Galicia reclamando á Xunta de Galicia transparencia no reparto de axudas e que muden as formas de actuar do Goberno de Feijóo polas dun modelo que denominan “propio do século XXI”. Propoñen que os fondos para os concellos se repartan de xeito obxectivo “como se fai desde fai anos dende a Deputación Provincial da Coruña”. Para argumentar a súa iniciativa, os socialistas acusaron á Xunta de repartir “a dedo” e con criterios subxectivos un total de 22, 5 millóns de euros en catro plans de infraestruturas e equipamentos durante os últimos dous anos. Citan entre as malas prácticas detectadas no Goberno galego do PP que a Consellería de Ordenación do Territorio o 25 de abril pasado convocaba en concorrencia non competitiva por valor de 4,4 millóns de euros. A orde foi publicada o 4 de maio, sendo o prazo de presentación das 00.00 horas do 5 de maio, pechándose 12 minutos despois.

O Plan de Infraestruturas Rurais é outro exemplo empregado por Leira e Leiceaga para falar de reparto a dedo. Medio Rural repartiu na convocatoria 18-19 2,7 millóns de euros entre 65 concellos dos que 56 eran do PP. O Plan de creación ou Mellora de Infraestruturas e Equipamentos, pertencente á Consellería de Medio Ambiente, serviu, segundo os socialistas para que dos 4,3 millóns de euros que recaeron en 19 concellos, 15 deles fosen do PP. A moción socialista propón a regulación do financiamento dos concellos galegos por lei autonómica e co consenso da Fegamp. Esixe establecer as partidas non finalistas dentro do capítulo de transferencias totais da Xunta con destino ás entidades locais, así como de determinadas subvencións recorrentes, coa finalidade de integralas no Fondo de Cooperación Local. Demandan a creación dun Fondo específico anual formado polas transferencias non executadas no orzamento da Xunta de Galicia con destino ás entidades locais. Tamén queren establecer no exercicio 2018 os criterios que rexan o reparto das subvencións da Comunidade Autónoma a favor das entidades locais obxectivos e consensuados coa Fegamp e que garantan a igualdade de acceso para todos os municipios cunha convocatoria pública á que concorrerán tódolos concellos en igualdade de oportunidades. Finalmente, a moción socialista pide establecer un acordo para que o Canon da Auga se reparta con criterios de igualdade, onde as entidades locais poidan percibir en investimentos o 50% das recadacións que se levan en cada concello, abrindo unha convocatoria por concorrencia competitiva.


28

CRÓNICAS - Decembro 2018

XENTE DE AQUÍ ORDES

ORDES

A AECC recibe 813 euros do mercadiño solidario en Ardemil

Teatro contra as barreiras no Día da Diversidade Funcional

A recadación obtívose da venda de artigos novos e de segunda man

Un momento da representación teatral de Andaina na Casa da Cultura ordense

Un mercadiño solidario que se desenvolveu no local social de Ardemil (Ordes) logrou recadar case 813 euros a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ordes. Durante varias fins de semana de novembro, as persoas interesadas tiveron ocasión de adquirir pe-

A conmemoración do Día Internacional da Diversidade Funcional incluíu en Ordes a representación teatral de Full Monty por parte da asociación Andaina Pro Saúde Mental. Ademais, os usuarios e usuarias do curso de habilidades sociais entregáronlles agasallos ela-

zas de roupa, calzado ou bixutería, tanto novas como de segunda man, con prezos que variaban entre os 2 e os 70 euros. Emilia Vázquez, presidenta da AECC en Ordes, recolleu a doazón en forma de cheque e agradeceu a xenerosidade da organización do mercadiño.

borados por eles mesmos aos institutos da vila e ao CEIP do Mesón do Vento. Tamén recibiu un galardón a María Jesús Ferreiro, do grupo de teatro de Andaina. A concelleira de Benestar Social, Susana García, incidiu “na importancia dunha sociedade inclusiva” sen barreiras para ninguén.

ORDES

ORDES

Ordenses nos Camiños de Coñecemento e Experiencia

Novas Xeracións entrega tapóns solidarios a Amigos de Galicia

Participantes na iniciativa universitaria no salón nobre do Pazo de Fonseca

Os tapóns de plástico foron recollidos durante os últimos meses

A vintena de alumnos e alumnas de Ordes que participaron no programa Camiños de Coñecemento e Experiencia recibiron os seus diplomas nun acto no Pazo de Fonseca, en Santiago. Esta iniciativa está pensada para persoas maiores de cincuenta

Novas Xeracións de Ordes entregou á Fundación Amigos de Galicia os tapóns de plástico recollidos na campaña solidaria que desenvolveron nos últimos meses. Esta é a terceira iniciativa altruísta recente da organización xuvenil do PP local. As anteriores

anos de idade, co propósito de que poidan facerse con coñecementos universitarios. A entrega, á que foron acompañados pola concelleira Susana García, foi efectuada por Victoria Otero, vicerreitora de Titulacións da Universidade de Santiago.

destináronse a Cáritas, unha de recollida de roupa e outra de recollida de alimentos. O presidente de NNXX en Ordes, Benjamín Santamaría, agradece a participación de voluntarios e integrantes da entidade e a colaboración da veciñanza.


29

CRÓNICAS - Decembro 2018

PUBLICIDADE

CONCELLO NADAL DE FRADES 2018 VISITA DE PAPÁ NOEL AOS NENOS E NENAS DE PREESCOLAR NA CASA E CASAS NIÑO LUNS 17 DE DECEMBRO Horario: Durante a mañá. Visita de Papá Noel e o seu elfo aos nenos e nenas de Preescolar na Casa e Casas Niño. Con recollida de cartas, globoflexia e lambetadas.

VISITA DO PAXE REAL E DO CARTEIRO REAL LUNS 17 DE DECEMBRO Hora: 10:45 horas. Lugar: CPI de Ponte Carreira. O Paxe e o Carteiro Real visitarán ao alumnado de Infantil e Primaria para repartir lambetadas e recoller as súas cartas para os Reis Magos.

CAMPAMENTO MUNICIPAL DE NADAL/CONCILIACIÓN

BABALUVA “A ALFOMBRA MÁXICA”

24, 26, 27, 28 e 31 DECEMBRO 2, 3 e 4 XANEIRO

SÁBADO 22 DE DECEMBRO

(espectáculo para bebés)

ACTUACIÓN DE PÍSCORE “CONCERTO SINGULAR” MARTES 18 DE DECEMBRO Hora: 10:45 horas. Lugar: CPI de Ponte Carreira. Nenas/os de Infantil e Primaria. Comedia musical. Mestura de virtuosismo musical, ritmos, comedia xestual, clown e participación do/a espectador/a. Espectáculo que xira en torno a unha marimba e á dificultade de 4 músicos para sacarlle partido.

FESTA DE NADAL E CONCERTO MUSICAL DE MARÍA DO CEO MÉRCORES 26 DECEMBRO

Lugar: Multiúsos de Frades. Horario: Entrada 9:30 h. Saída: 13:30 h. Prezo: 25 € empadroados/as. Dto: 2º irmán/á: 20 €. 35 € non empadroados/as. Actividades: xogos, obradoiros, contacontos e moitas sorpresas de Nadal. Grupo mínimo 10 persoas. Anotacións antes do 21 de decembro.

Espectáculo sensorial para bebés ata 3 anos. Monicreques, música e outras sorpresas farán viaxar aos máis pequenos e ás súas familias por un mundo de emocións e sensacións. Hora: 11:30 horas. Lugar: Multiúsos de Frades. Anotacións no Concello antes do 21 de decembro. Colabora: Rede Cultural da Deputación da Coruña.

SAÍDA A XUVENLUGO (parque de atraccións)

SAÍDA Á PISTA DE XEO E CINE (Santiago)

CABALGATA E FESTA DE REIS

VENRES 28 DE DECEMBRO

MÉRCORES 2 DE XANEIRO

VENRES 4 DE XANEIRO

Hora: Saída do Concello ás 15:00 horas. Prezo: 5 € empadroados/as. 8 € non empadroados/as. Entrada xenérica ao parque, onde poderán desfrutar de atraccións, inchables, talleres, espazo infantil (0 a 3 anos). Os/as menores de 12 anos deben ir acompañados/as dunha persoa adulta. A merenda poderán levala da casa ou mercala no recinto. Anotacións no Concello antes do 26 de decembro. Mínimo 35 persoas.

Pista de xeo (Área Central) e cine no centro comercial As Cancelas Hora: Saída do Concello ás 10:30 h. Volta ás 20:00 horas. Prezo: 15 € empadroados/as. 20 € non empadroados/as (xantar incluído). Anotacións antes do 28 de decembro. Mínimo 35 persoas. É obrigatorio levar luvas e aconséllase levar gorro e bufanda. Os/as menores de 12 anos deberán ir acompañados/as dunha persoa adulta.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS NO CONCELLO DE FRADES 981 695 567 - 981 695 663 / www.concellodefrades.es

Lugar: Multiúsos de Frades. Hora: Ás 16:00 horas. Concerto de María do Ceo “Cancións infantís para nenas e nenos” A partir das 17:30 horas, obradoiros, mascota e xogos con Duende Sico. Merenda. Anotacións antes do 21 de decembro. Colaboran: Rede de Dinamización Lingüística (FalaRedes) e Deputación da Coruña.

Horario: De 16:00 a 20:00 horas. 16:00 horas. Desfile polas rúas de Ponte Carreira ata o pavillón. 17:00 horas. Festa de Reis no pavillón muncipal, onde haberá: recepción dos Reis, inchables, animación, bailes, xogos, canón de neve, obradoiros, mascotas, reparto de lambetadas e chocolate con roscón para todas as persoas asistentes. Actividade gratuíta. Organiza:

Benqueridos veciños e veciñas de Frades: Quero trasladarvos os meus desexos de felicidade para estes días de festa e de reencontro, así como convidarvos a participar nas actividades que temos programadas para este Nadal. Estou seguro de que atoparás máis dunha do teu gusto, pois están pensadas para desfrutar en familia. Así mesmo, quero aproveitar para agradecer o traballo dos traballadores/as municipais e a colaboración que nos brindades asociacións e entidades. Sen a vosa achega non sería posible desenvolver a gran cantidade de actividades que levamos a cabo durante o ano. de

A todos vós e ás persoas de Frades que viven lonxe do noso concello deséxovos: BO NADAL E VENTUREIRO 2019.

Colaboran:


30

CRÓNICAS - Decembro 2018

XENTE DE AQUÍ ORDES A conmemoración da patroa da música reuniu máis de duascentas persoas no Campo da Feira

A Banda de Música de Ordes celebra a Santa Icía A Banda de Música de Ordes celebrou a Santa Icía, patroa da música, cunha festa no Campo da Feira. Baixou unha carpa congregáronse unhas duascentas persoas, entre integrantes da formación, da asociación Amigos da Música, familiares e amigos. Xantar, xogos e sorteos conformaron a xornada, na que tamén actuaron Faíscas da Pontraga e Garibaldi. O Concello, representado polo edil de Cultura, José Manuel Mira, colaborou na actividade.

Camiño Real, 11 Cp 15888 Sigüeiro Oroso A Coruña Tel. 981 68 89 00 Email info@rafra.com


CRÓNICAS - Decembro 2018

31

PUBLICIDADE


32

CRÓNICAS - Decembro 2018

XENTE DE AQUÍ TRAZO

TORDOIA Desde as 18 horas, curso de baile interxeracional, concerto e foliada

Duodécimo Concerto de Corais e Grupos da Asociación Cultural Voces de Trazo

A Pontraga acolle este sábado 22 unha xornada do proxecto ‘é-baile’

A Asociación Cultural Voces de Trazo prepara para este sábado 22 de decembro o seu duodécimo Concerto de Corais e Grupos, que congregará oito entidades da contorna. Comezará a partir das 20:30 horas no Centro Polivalente de Viaño Pequeno. En concreto, neste conxunto de actuacións participarán as agrupacións Xentiña de Trazo, Grupo Peta Pouco (Chaián, Trazo), Pena do Corvo (Boqueixón), Coro Xuvenil Terra do Xallas (Santa Comba), Coral Castrosua de Santiago de Compostela, Pandeireteiras de Codeso (Boqueixón) e integrantes da Asociación Cultural Voces de Trazo. As diversas entidades ofrecerán unha ampla selección do seu repertorio, deténdose especialmente en pezas propias do tempo de Nadal. O concerto está aberto á participación de todos os públicos. Está organizado pola asociación e conta coa colaboración e o patrocinio do Concello de Trazo.

A escola unitaria de Belvís, na Pontraga (Numide, Tordoia) acolle este sábado 22 de decembro unha xornada de é-baile, un proxecto artístico e educativo de aCentral Folque apoiado pola Deputación da Coruña para a posta en valor do baile tradicional galego como importante recurso patrimonial, social, artístico e mesmo económico. A xornada comezará a partir das 18:00 horas cun curso de baile interxeracional. Estará impartido por Luís Prego, estudoso e investigador da música e do baile de raíz. Despois, ás 20:00 horas, programouse un concerto de Tralo-Valo, conxunto conformado pola pandeireteira e bailadora Carme da Pontragha e polo zanfonista Ariel Ninas. Para rematar, desde as 21:30 horas terá lugar unha foliada aberta. Nestas actividades colabora a Asociación Cultural Brisas do Quenllo. DESPOIS, CARBALLO A seguinte parada de é-baile será en Oza (Carballo) o 22 de decembro,

O proxecto quere potenciar o baile tradicional galego desde varias perspectivas

cun curso sobre danza tradicional, a actuación de Óscar Fernández, Serxio Cobos e Mercedes Prieto, e tamén unha foliada aberta para o remate. Dentro do programa é-baile, que dispón de canle de Youtube, acaba

de publicarse ademais o libro Bailegramas, que segundo os seus responsables conforma “a primeira proposta dun sistema de notación específico para o baile tradicional galego”, froito da investigación de Serxio Cobos efectuada desde 2010.


CRÓNICAS - Decembro 2018

33

PUBLICIDADE


34

CRÓNICAS - Decembro 2018

DEPORTES PATINAXE ARTÍSTICA Competicións, exhibicións e recollida solidaria de alimentos para Cáritas de Ordes

300 participantes no IV Trofeo do Concello de Ordes

No Trofeo, que se desenvolveu no pavillón Castelao de Ordes, participaron entidades deportivas procedentes das provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense

O IV Trofeo de Patinaxe Artística Concello de Ordes acadou trescentas persoas participantes, procedentes de entidades das provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense. O encontro, organizado polo Club Galia e o Concello de Ordes, desenvolveuse no pavillón Castelao durante unha fin de semana con varios centos de espectadores. En canto á competición, en categoría rexional gañaron: Jorge Sanmartín, do CP Sarela, en alevín masculino; Marta Lariño, do CP Omega, en alevín feminino; Miguel Sánchez en infantil masculino; Laura Cebral, do CP Buxaina, en infantil feminino; e Paula Santos, do CP Sarela, en cadete feminino. Destacaron neste ámbito as locais Daniela Iglesias e Antía Calvo, do CP Galia, terceira e cuarta en alevín feminino; Marta Prado, do CP Oroso, terceira en infantil feminino; María Romero, do CP Oroso, terceira en cadete feminino; Pilar Ferreiro, do CP Galia, cuarta en cadete feminino. Na categoría nacional, impuxéronse Alicia Lariño, do CP Omega,

en benxamín; Adrián Blanco, do CP Ribeira, en alevín masculino; Inés Peña, do CP Sarela, en alevín feminino; Diego Íñiguez, do CP Axel, en infantil masculino; Carla Cabana, do CP Buxaina, en infantil feminino; Alejandro Redondo, do CP Liceo, en cadete masculino; Lara Reboredo, do CP Galia, en cadete feminino; e Carlo Signiorini, do CP Ágora, na absoluta masculina. Neste ámbito os éxitos locais viñeron da man de Lucía Deus, do Club Galia, cuarta en alevín feminino; e Alba Diéguez, do CP Galia, segunda tras Lara Reboredo en cadete feminino. Na categoría absoluta a victoria foi para Andrea García (CP Conxuro), seguida de Icíar Vázquez (CP Brión) e Irene Guillermes (CP Brión). O trofeo contou coas exhibicións en vivo de Unai Cereijo, campión de Europa e de España alevín; Luca Yáñez, campión de España infantil; e Paula Rey, terceira no Campionato de Europa na categoría alevín. A alcaldesa de Ordes en funcións, Ana Soneira, agradeceu a colabora-

O CP Galia Ordes colleitou diversos éxitos coa súa participación no trofeo

ción de máis de trinta firmas comerciais, empresas e establecementos da zona. Tamén apoiaron a Xunta de Galicia, Deporte Galego e a Deputación da Coruña. Soneira tamén entregou as medallas e trofeos.

O trofeo tivo ademais un carácter solidario destacado, mediante a recollida de alimentos e outros artigos de primeira necesidade que chegarán ás familias que atende a organización de Cáritas en Ordes.

SOLIDARIEDADE IV Torneo Infantil de Fútbol Sala ‘Mesía Solidaria’ e XI Torneo ‘Mesía contra o cancro’

Mesía celebra os seus torneos solidarios os días 28 e 29 O Concello de Mesía prepara os seus torneos solidarios de fútbol sala que celebra cada ano polas datas de Nadal. O infantil ‘Mesía Solidaria’ xogarase o venres 28 de decembro, xa na súa cuarta edición, e o habitual ‘Mesía contra o cancro’, na súa undécima edición, o sábado 29 de decembro. Os dous terán como escenario o polideportivo municipal en Olas. O torneo infantil recadará alimentos para familias con escasos recur-

sos económicos, que xestionará Cáritas da comarca, e diñeiro para a Asociación de Persoas con Discapacidade Amarai, con sede en Boimorto. Tanto a inscrición dos equipos como a entrada para a competición solidaria consisten en doar un quilo de alimentos non perecedeiros por participante e por persoa do público e un euro para doar a Amarai. A competición contará con categorías Mini 6-8, Base 9 -11 e Maxi

12-14 anos. As inscricións poden remitirse ata o 21 de decembro ao elenarocamoro@concellodemesia.gal. En canto ao torneo ‘Mesía contra o cancro’, a favor da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC), ten capacidade para doce equipos, que se admitirán por orde de inscrición. O prazo para anotarse abriu o 5 de decembro, tamén no enderezo elenarocamoro@concellodemesia.gal. Cada equipo admitido confirmará

a participación coa folla de inscrición na que recolla a relación de integrantes e coa achega 50 euros á furna xa dispoñible para a colaboración de toda a cidadanía na Casa do Concello de Mesía. O propio día da competición tamén se poderán efectuar doazóns no pavillón. Entre patrocinios de empresas, inscricións, venda de rifas e doazóns de particulares, o torneo recadou 3.178 euros en 2017.


35

CRÓNICAS - Decembro 2018

DEPORTES TAEKWONDO Bronce no Open Internacional de París e subcampión europeo na súa categoría máster

Novos éxitos de Sara Gacio e Cristóbal Boudjenane

Boudjenane Núñez, á esquerda, segundo no europeo disputado en Castellón

O taekwondo da comarca suma novos triunfos de ámbito internacional da man de Sara Gacio Cendal e de Cristóbal Boudjenane Núñez. Ela, residente en Oroso e pertencente ao club BoudSport, acadou o bronce coa súa participación no Open Internacional de París, cunha nova medalla que suma ao seu xa

amplo currículo deportivo. El, que ademais é o responsable técnico do Club BoudSport, radicado en Ordes, proclamouse subcampión de Europa no campionato celebrado días atrás na provincia de Castellón. Este posto tan destacado obtívoo na súa categoría máster de máis de 45 anos e menos de 68 quilos de peso.

Gacio Cendal, coa medalla e o diploma que acredita o seu terceiro posto en París


36

CRÓNICAS - Decembro 2018

DEPORTES ATLETISMO

SALVAMENTO

O Atlética A Silva-Ordes inicia tempada con 151 atletas

Ángel Fraga, campión mundial de salvamento e socorrismo

Recepción-homenaxe no Concello de Cerceda a Fraga Regueiro (de branco)

Ángel Fraga, deportista de Cerceda de 18 anos de idade, acadou a medalla de ouro na proba de relevo 4x50m combinado masculino júnior no Campionato Mundial de Salvamento e Socorrismo, celebrado en Australia. Tamén como parte da selección española, Fraga Regueiro acadou o bronce no 4x25 remolque masculino júnior. Como recoñecemento a este O Club Atlética A Silva-Ordes comeza a tempada cun novo récord de atletas inscritos. Suma 151, dos que 83 son de Ordes e 58 de Cerceda e outros dez doutras procedencias. Unha das primeiras citas da tempada foi a II Reunión Generación Atletismo en Madrid. Ata alí desprazáronse Pepe Domínguez, María José Fraga e Pablo Giance, tres dos adestradores da entidade. Esta iniciativa da federación española está pensada para categorías inferiores que xa compiten e

pretende acompañar os seus integrantes no seu desenvolvemento deportivo. Ademais de impulsar a formación con valores a través do atletismo mediante os adestramentos, facilita que se faga tamén nun calendario de actividades. Como primeiro acontecemento deportivo da campaña no Atlética A Silva-Ordes sinalaron o XVII Trofeo de Narón, ao que acudiron 65 atletas da entidade. Foi unha primeira toma de contacto para a posterior fase provincial clasificatoria da VII Liga Galega de Inverno de Categorías Menores Abanca.

éxito, o Concello de Cerceda rendiulle unha homenaxe na que estivo acompañado por familiares, a súa adestradora e unha representación do Club Natación Cerceda. Na mesma xornada, o Concello asinou convenios con 25 entidades deportivas e culturais do municipio, que supoñen o reparto de case 50.000 euros en axudas para desenvolver a súa actividade.

Sinatura dun dos 25 convenios de axuda a entidades deportivas e culturais

ATLETISMO A participación é gratuíta, con doazón de alimentos, artigos de hixiene ou xoguetes

A segunda ‘San Silvestre. Corre e anda’ de Ordes celébrase o 30 de decembro para despedir o ano con deporte e moito humor Ordes acollerá por segundo ano consecutivo unha proba San Silvestre, na que o humor será tan protagonista como o deporte. Bautizada como ‘San Silvestre. Corre e anda’, ten como data de celebración o domingo 30 de decembro. Comezará a partir do mediodía. A proba está organizada en conxunto polo Concello de Ordes e polo Club Atletismo Ordes. A organización explica que queren “despedir

o ano dun xeito divertido á par que deportivo” e por iso animan a participar con disfraces ou portando elementos propios do Nadal. En canto á participación, está aberta a calquera persoa, sexa cal sexa a súa idade ou condicións física. Non haberá ningún factor competitivo nin polo tanto se establecerá clasificación ou resultado de ningún tipo. Para formar parte da segunda ‘San

Silvestre. Corre e anda’ hai que inscribirse como moi tarde o 27 de decembro. As anotacións poden efectuarse mediante a páxina web www. carreirasgalegas.com. Todo o proceso é gratuíto. A saída será desde a rúa Entre Parques. As persoas que participen deberán estar alí a mediodía para o disparo de saída. O percorrido ten unha distancia aproximada de 3,7 quilóme-

tros e desenvolverase baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo. Cada persoa inscrita doará alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene a Cáritas ou ben xoguetes novos non sexistas nin belicosos. Ao remate da carreira haberá chocolate quente e rosca para as persoas participantes. Información ao día sobre a proba en ordes.gal e atletismo.gal.


CRÓNICAS - Decembro 2018

37

PUBLICIDADE


38

PUBLICIDADE

CRÓNICAS - Decembro 2018


39

CRÓNICAS - Decembro 2018

OPINIÓN

Os paxariños da Alameda A contratación de ornitólogos expertos en matemática está fóra de si nestas semanas e aínda vai ir a máis cando menos ata a primavera. Hai varias aves ás que as contas non lles dan por máis que sumen unha e outra vez. En realidade todo resta e non saen a flote. Pensan os malpocados que empregando ecuacións sofisticadas van saír mellor os números. Ignoran que a matemática só serve para coñecer a realidade, non fai maxia para alterala. Certo é que algunha especie vai ter que acudir a algunha meiga se pretende de aquí a maio conservar todas as plumas. Xa tocaron a rebato hai uns meses e non fixeron caso. Incluso algunhas aves levan anos descoidando o niño e agora pretenden facer ver que en tan curto prazo poden recompoñer o panorama e saír airosas. Nin as conxéneres outorgan o máis mínimo crédito e lamentan o tempo perdido e a escasa enerxía empregada para intentar un cambio de protagonistas. Sabido é que moito axuda quen pouco estorba. Pero o trance non está en apartar a quen estorba senón en facer que se dea conta de que estorba, máis que nada porque continúa co pleno convencemento de que é imprescindible. E dese xeito non hai maneira de apartarlle o pico do foco. E o tempo pasa... Na mesma especie, hai outros singulares exemplares que volven dar mostras da súa suprema eficiencia. Son aves alleas a controversias, que evitan intromisións en niño alleo, que por eso mesmo piden respecto polo seu, que sacan proveito de cada pequeno chío, que nunca un problema dan... E aínda así, estarán? Ou terán que encamiñarse a outras paraxes? Sería un disparate que teñan que emigrar as aves que están preparadas para soportar a friaxe do inverno e que se queden as que non...

‘De viaxe’ por Montaos, de Pondal Carlos Calvo Varela O poeta Eduardo Pondal, autor da letra do himno nacional, compuxo varios poemas con referencias á comarca de Ordes. Este aquí reproducido, “De viaxe”, refírese a Santa Cruz de Montaos, e foi publicado en 1909 na revista Galicia1 pola primeira vez. DE VIAXE Indo polo-o camiño da Curuña á Santiago deixamos pol-a esquerda Santa Cruz de Montaos. Terra das longas gándaras dos eidos alongados: ¡Oh cánto a min me prace a gándara atravesando, ver na sua pranura Santa Cruz de Montaos! * ¡Terra das altas uces, terra dos toxos altos, terra do boo fidalgo, do señor de Mesía (1) nos tempos xa pasados, que levara seu nome armonioso e preclaro. ¡Oh cánto a min me prace a gandra atravesando, ver na sua pranura Santa Cruz de Montaos! E. Pondal A Cruña, 11 de xaneiro de 1909 (1) Diego López de Montaos. Señor de Mesía [nota de Pondal] ------------------------------------1.- Eduardo Pondal, “De viaxe”, Galicia: revista quincenal ilustrada, nº 60, 18 de xaneiro de 1909. A ilustración que acompaña o poema é de Bello Piñeiro.


CRÓNICAS

E ti,

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 14-12-2018. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com

Oíches? PVP ORIXINAL

3098€ PVP OFERTA:

1749€ Daniela, 31

Perda auditiva do 53%

PVP ORIXINAL

1398€

E ti,

Oíches?

PVP OFERTA:

798€ Celsa, 78

Perda auditiva do 61%

PORQUE MERECES MÁIS,

www.oemais.es

por menos. ORDES

981 973 137 Rúa Ramón Ferreiro, 5 baixo (a 50 m do Centro de Saúde)

003-Oe+ PaxCompleta-Ad_250x357_v04.indd 2

LALÍN

986 181 267 Rúa “C”, 30 baixo (a 50 m do Ambulatorio)

CEE

981 747 921 Avenida Fernando Blanco, 29

Oferta por Liquidación de Stock audífonos 2018. Desconto non acumulable. Unidades Limitadas. Rexistros sanitarios: Cee E-15001017 - Lalín E-36000839 - Ordes E-15001273

04/11/2018 22:15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.