COMARCA
OROSO
Todas as obras do plan da Deputación deste ano
O goberno critica novas “denuncias para enturbiar” Páx. 19
leisynegocios@leisynegocios.com
981 10 40 10
CRÓNICAS Páx. 15
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 62 - Febreiro de 2019
As protestas en Sanidade logran máis persoal para Urxencias A folga do persoal de Urxencias do hospital de Santiago, de referencia para a comarca de Ordes, logrou que a
Xunta acceda a incrementar o persoal de enfermería e auxiliar de enfermería do servizo. O incremento de profe-
sionais de medicina, só dous, non convence, e neste colectivo manteñen a protesta. Tamén se rexistran mobiliza-
cións no sector das ambulancias, na atención primaria e nos Puntos de Atención ConPáx. 2 tinuada.
Relevo triste en Tordoia
ORDES
A futura senda peonil ata Poulo admite alegacións Páx. 2
ECONOMÍA
Máis mercado americano para as tellas de Verea Páx. 21
TRAZO
O PSOE desvela unha suposta montaxe do alcalde Páx. 12
MESÍA
Inés Santos, alcaldesa tras o falecemento de Antonio Pereiro
Páx. 9
Os orzamentos de 2019 construirán unha gardería Páx. 6
2
CRÓNICAS - Febreiro 2019
ACTUALIDADE CERCEDA
ORDES A Xunta cre que podería estar rematada para o Xacobeo 2021
O pleno extraordinario sobre a sentenza que inhabilita o alcalde será este mércores 27
A senda peonil entre Ordes e Poulo admite alegacións ata o 29 de marzo
Finalmente haberá pleno extraordinario en Cerceda para que a corporación tome coñecemento formal da sentenza que inhabilita o alcalde durante dezaseis anos para cargo público por fraude e prevaricación no caso das drenaxes do Xardín Botánico, ademais de impoñerlle ano e medio de prisión. O pleno será, salvo cambio de última hora, este mércores 27 de febreiro. A convocatoria non partiu do alcalde, José García Liñares, senón do secretario municipal. O PP e o BNG solicitaban a sesión coa intención de poder abrir o procedemento legal que levaría a destituír o alcalde. García Liñares argumentaba para non convocar a sesión que o pleno xa tomara coñecemento da sentenza no pleno anterior mediante un rogo incluído polo propio alcalde de viva voz, de maneira que non procedería debater de novo a cuestión. A denegación causou as críticas da oposición. O BNG acusou o alcalde de “arrogarse as condicións dun técnico en normativa” contra o criterio do secretario municipal, ademais de considerar que instalou o Concello no “esperpento” por estar “afeito a ser o máis parecido a Deus”. Os acontecementos deron un xiro ao convocar o propio secretario municipal o pleno. A normativa citada polo funcionario nun informe previo establece que ao tomar coñecemento da sentenza podería solicitarse á Xunta Electoral a credencial para o seguinte integrante da candidatura do PSOE, relevando a García Liñares. A lei electoral, segundo o informe do secretario, determinaría que a sentenza, aínda sendo recorrible, non é compatible con que o alcalde siga no cargo, ao condenalo por delitos contra a administración. García Liñares nega en cambio que o pleno poida pedir a nova credencial. O rexedor defendeu sempre a súa inocencia. Insiste en que non dimitirá e que recorrerá a sentenza, que considera moi errada e mal fundamentada, para revocala e ser absolto. A oposición, pola contra, reclámalle que recapacite: “está a tempo de renunciar” e evitar o pleno extraordinario, “na súa man está deixar o cargo con dignidadde”, di Rocío da Igrexa (BNG).
das para o Xacobeo 2021. A data do Ano Santo non é casual, posto que a senda unirá as proximidades do albergue de peregrinos, practicamente rematado, coa vila ordense. O itinerario, duns 1,3 km de lonxitude pola marxe dereita da estrada autonómica, parte dunha senda existente na zona para chegar ata A Costa, xa ás portas de Ordes.
Explicación do proxecto no Concello ante cargos da Xunta e do goberno municipal
O proxecto para construír unha senda peonil na marxe da AC-524 (Ordes-Lanzá) entre a capital comarcal e Poulo admite a presentación de suxestións ata o 29 de marzo. A Xunta iniciou a súa exposición pública a mediados de febreiro. A infraestrutura afecta a nove predios pertencentes a
dez titulares. Nunha visita ao Concello de Ordes, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anticipou que o obxectivo é que as obras poidan saír a concurso este verán. Deste xeito, comezarían a finais de ano e estiman que poderían estar remata-
CARACTERÍSTICAS O proxecto precisará un investimento duns 650.000 euros. Disporá de dous metros de ancho con superficie de formigón coloreado. Estará separado da estrada cunha franxa axardinada de 90 centímetros de ancho, a non ser en tramos puntuais nos que non sexa posible por falta de espazo. Outra particularidade do proxecto, adiantada pola Consellería, é que contará cunha pasarela de quince metros sobre o río Cabrón. A Xunta destaca que a senda servirá para impulsar xeitos de desprazarse alternativos ao automóbil dunha maneira segura.
COMARCA Presentan en Ordes ‘Redes contra as políticas do espolio’, de Bocixa Rei
Varias entidades ambientais acusan á Xunta de “mirar cara a outro lado” Diversas plataformas cidadás reuníronse en Ordes para reivindicar que as Administracións “cumpran coa súa obriga de vixilancia ambiental”. Entre elas figuran na comarca ordense a Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Lesta, o colectivo Non Eólicos en Ordes e a Comisión de Seguimento da Minaría e Defensa do Rural de Mesía e Frades. A unión destes colectivos pretende “afrontar mellor problemas colectivos e moi similares que se dan en todas elas”. Ven moi necesaria a implicación da cidadanía “na defensa da saúde, da terra, da auga e da vida fronte á rapiña empresarial contaminante e para que o Goberno da Xunta, presidido por Alberto Núñez Feijóo, deixe de mirar cara a outro lado e cumpra coas súas responsabilidades”, afirman. A protección dos ríos, das terras e do aire é unha das premisas fundamentais destes colectivos, que nos últimos meses estiveron de actualidade pola súa loita na comarca de Ordes, en Compostela, no Deza
O encontro das plataformas cidadás tivo lugar na Casa da Cultura de Ordes
ou en Bergantiños ante os “proxectos ameazantes” que se están tramitando nelas. DOCUMENTAL No encontro, con máis de duascentas persoas na Casa da Cultura de Ordes, estreouse a reportaxe documental ‘Redes contra as políticas do espolio’, elaborado por Xosé Antón
Boxica Rei. O traballo relata os conflictos orixinados por estes proxectos con diversas testemuñas. Entre as afirmacións que recolle está que Sogama “só xestiona o 11% do lixo que lle chega de toda Galicia” e que o 89% restante vai ao macrovertedoiro da Areosa “sen ningún tipo de selección”, aseguran entre imaxes de múltples residuos.
CRÓNICAS - Febreiro 2019
3
PUBLICIDADE
4
CRÓNICAS - Febreiro 2019
ACTUALIDADE COMARCA O sindicato médico O’MEGA mantén a mobilización porque o compromiso no seu eido é “insuficiente”
As protestas de Urxencias do Clínico obrigan á Xunta a incorporar máis persoal de enfermaría As quince semanas de folga do persoal de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago deron os seus froitos. A Xunta viuse obrigada a reforzar o servizo, de referencia para practicamente toda a comarca de Ordes, aínda que ao principio da protesta negaba que fose necesaria calquera mellora. Os logros do persoal son once postos máis en enfermaría, outros once de auxiliares de enfermaría, máis medios e equipamento, cubrir todas as ausencias e habilitar novos espazos para poder atender toda a carga do servizo, que con frecuencia se ve desbordado. O acordo asinado pola Xerencia do centro e pola comisión que convocara a folga recolle tamén o reforzo do servizo con dous profesionais de medicina máis. Para o sindicato médico O’Mega é claramente insuficiente, polo que decidiu manter as súas mobilizacións. Esta organización demanda catro profesionais máis e reivindica que se cumpran as normas de saúde laboral,
sen que se acumulen os pacientes pendentes de revisión ou ingreso nos corredores ou en espazos que unicamente son de observación. Precisamente ás poucas horas de desconvocarse a folga o servizo de Urxencias volveu vivir un dos seus habituais colapsos, con ata 21 pacientes graves agardando á vez no corredor e
ORDES
ORDES Instan a Sanidade a que tamén reforce o servizo de pediatría
Un incendio na rúa da Canteira afecta a varias vivendas sen ocasionar danos persoais
O pleno empraza á Xunta a que o PAC teña sempre dous médicos
Bombeiros e Garda Civil, intervindo
Ata tres vivendas víronse afectadas por un incendio na noite do 7 ao 8 de febreiro na rúa da Canteira, en Ordes. Non houbo danos persoais. O lume comezou nun segundo andar e logo propagouse a través da placa do inmoble. O segundo andar foi o máis afectado, co cuarto do ferro calcinado. Os Bombeiros de Ordes extinguiron o lume. A Garda Civil serviu de apoio.
ver deteriorada a súa saúde a causa do retraso na atención, os profesionais médicos advertiran aos responsables do centro e da Consellería, segundo din sen obter resposta. A fiscalía abriu investigacións para determinar posibles responsabilidades.
Manifestación masiva en defensa da sanidade pública o 10 de febreiro en Santiago
Os servizos que ofrece o Punto de Atención Continuada (PAC) de Ordes centraron unha parte importante da primeira sesión plenaria de 2019 no Concello. Por unanimidade, todos os concelleiros e concelleiras aprobaron solicitarlle á Xunta que o PAC conte cunha cobertura permanente de dous médicos. A iniciativa fora presentada polo PSOE co propósito de “evitar situacións de risco”, como sucedeu hai uns meses na Estrada (Pontevedra) cando faleceu un paciente que acudira ao PAC da localidade nun momento en que non dispoñía de atención médica. Ademais da petición inicial dos socialistas, o texto final acordado inclúe a solicitude de que o goberno autonómico reforce o servizo de pediatría do centro médico. Foi unha proposta presentada nesta ocasión pola concelleira non adscrita Beatriz Martínez Candal. O acordo plenario trasládase ademais á Mancomunidade de Ordes, posto que ao PAC están adscritas un-
28 pendentes de ingreso. Tal como anunciaran, os representantes de O’MEGA están acudindo ao xulgado de garda cando se producen estas situacións coa intención de que a Xustiza tome as medidas que estime pertinentes. Cando a principios de ano faleceran dúas persoas no servizo, supostamente ao
CRISE ABERTA A manifestación masiva do 10 de febreiro en Santiago demostrou a enorme sensibilidde social co tema. E aínda que as mobilizacións nas Urxencias van a menos ao conseguir boa parte dos seus obxectivos de mellora do servizo, noutros eidos as protestas continúan e evidencian que a crise no sistema sanitario galego continúa aberta. É o caso dos Puntos de Atención Continuada e tamén da atención primaria, que podería iniciar unha folga nas vindeiras semanas. Ademais, no sector das ambulancias vívense protestas intermitentes. O persoal reclama melloras salariais e de medios e a patronal di que perde diñeiro polas condicións do contrato coa Xunta.
OROSO. Profesionais e persoas que utilizan o centro de saúde de Oroso, situado en Sigüeiro, nunha das concentracións solicitando máis persoal e medios para poder contar cunha “atención primaria digna”, de maneira que as esperas sexan menores e os pacientes dispoñan dun servizo de maior eficacia.
has 24.000 tarxetas sanitarias de Ordes, Frades, Mesía, Tordoia e Trazo. OBRAS A portavoz do goberno de Ordes, Susana García, anunciou durante o debate da moción que teñen previstas conversas coa xerencia e cos sindicatos para o reforzo do persoal.
Ademais, nunha reunión co conselleiro de Sanidade teñen previsto tratar tanto esa cuestión como diversas obras previstas no consultorio ordense. Neste sentido, unha das principais demandas dos últimos meses é a adecuación do espazo de atención pediátrica ás novas necesidades.
CRÓNICAS - Febreiro 2019
5
PUBLICIDADE
6
CRÓNICAS - Febreiro 2019
ACTUALIDADE COMARCA
MESÍA O goberno ten intención de que comece a funcionar ao longo de 2020
A Mancomunidade solicítalle axuda á Deputación para os seus servizos sociais
O orzamento de 2019 reserva máis de 300.000 euros para unha gardería
O primeiro pleno da Mancomunidade de Ordes de 2019 serviu para aprobar a solicitude dunha axuda de 97.000 euros para os servizos sociais básicos. A petición vai dirixida á Deputación da Coruña. Os servizos sociais básicos dos que dispón a entidade comarcal préstanse unicamente en Ordes e en Frades, posto que os demais Concellos da comarca optan desde hai anos por xestionalos pola súa conta, ao considerar que lles resulta máis áxil, eficiente e eficaz. A axuda da Deputación serviría para manter persoal administrativo, unha educadora familiar e a axuda domiciliaria.
Os orzamentos do Concello de Mesía para 2019 inclúen como un dos investimentos máis relevantes a creación dun Punto de Atención á Infancia, que dará servizo ás necesidades de conciliación das familias con nenos e nenas de ata tres anos de idade. As contas municipais deste ano reservan máis de 302.000 euros para a obra. A nova infraestrutura estará ubicada en Xanceda. Será construída nun terreo situado a uns 500 metros da Casa do Concello, preto da igrexa de Xanceda. Disporá de vinte prazas. A intención do goberno municipal é que poida comezar a funcionar ao longo de 2020. Trátase do investimento máis novidoso do ano xunto cos proxectos destinados ao mantemento, conservación e mellora da rede viaria municipal. Neste eido inclúense iniciativas cofinanciadas coas administracións autonómica e provincial, como os camiños do Vilar ao Pico, no Regueiro de Bascoi, entre Pontefeás e o Campelo en Mesía, en Mata de Xan-
OROSO
TRAZO As redes viarias dos dous procesos precisan gastar catro millóns de euros
O PP desenvolve un encontro da responsable de Turismo de Galicia co sector local
Avanzan as obras dos camiños nas parcelarias de Trazo e de Benza
Pleno da Mancomunidade de Ordes
Terreo onde se ubicará o PAI, preto da Casa do Concello e da igrexa de Xanceda
ceda, na Cabana de Lanzá e entre a estrada Xanceda-As Travesas e As Pereiras de Albixoi. Os orzamentos, que xa teñen aprobación definitiva a están en vigor, suman máis de 2,5 millóns de euros, con equilibrio absoluto en ingresos e en gastos. Son tamén equilibrados en contías os principais capítulos de gasto
Alexander Doval e Nava Castro
O candidato do PP á Alcaldía de Oroso, Alexander Doval, e a responsable de Turismo de Galicia, Nava Castro, desenvolveron un encontro co sector local da hostalaría e os albergues. Na reunión recolleron diversas propostas e ademais o PP propuxo unha rebaixa de impostos, a creación dunha mesa de traballo do Concello e integrantes do sector e a axilización da administración municipal para tramitar os proxectos con máis celeridade. Do mesmo xeito, Doval defende crear unha asociación hostaleira local, cambiar o sistema do concurso de tapas e máis impulso á Festa da Troita.
Visita do delegado territorial da Xunta aos camiños das parcelarias en Trazo
Os procesos de concentración parcelaria de Trazo e de Benza, en Trazo, están vendo avanzar por fin as súas redes de camiños. As obras precisan un investimento superior aos catro millóns de euros e atópanse en distintas fases en cada un dos casos. Na concentración de Trazo os recursos que se empregan son 1,7 mi-
llóns de euros, dos que máis de 340.000 son para asistencias técnicas e os 1,4 millóns restantes para acometer a rede de camiños principais e secundarios, así como o acondicionamento de fincas. Este proceso afecta a 895 hectáreas, repartidas en 3.037 parcelas pertencentes a 320 persoas. Agora mesmo está na
do documento, posto que os gastos de persoal, os de bens correntes e servizos e os investimentos reais rondan os 800.000 euros. Á vez que o orzamento tamén se publicou o cadro de persoal do Concello, que se aproxima ás corenta persoas, das que catro son funcionarado e o resto persoal laboral temporal para diversos servizos e tarefas.
fase de estudo das alegacións para preparar o acordo, coa rede de camiños practicamente rematada. Na zona de Benza o investimento será de 2,2 millóns de euros, uns 400.000 para as asistencias técnicas e os outros 1,8 millóns para a execución das obras. Esta parcelaria intervén en 1.170 hectáreas, de 451 propietarios que teñen en conxunto 4.528 parcelas. En Benza os camiños están en execución e xa se contratou o servizo técnico para redactar o acordo e colocar os marcos. Os traballos na rede viaria das dúas parcelarias foron visitados polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, que estivo acompañado polo alcalde de Trazo, José Dafonte, así como integrantes da Xunta Local de Reestruturación Parcelaria. Rodeiro manifestou que as concentracións “son fundamentais para o despegue socioeconómico do campo galego” ao facilitar un abaratamento dos custos de produción e por tanto unha maior rendibilidade das explotacións.
CRÓNICAS - Febreiro 2019
7
PUBLICIDADE
8
CRÓNICAS - Febreiro 2019
ACTUALIDADE ORDES Algunha confusión de zonas de disco e de pagamento, a principal incidencia
A nova ORA aplícase con normalidade O novo mapa da ORA en Ordes aplícase desde principios de febreiro cunha normalidade practicamente total. A excepción principal é a lóxica confusión de visitantes de paso ou persoas que frecuentan pouco a vila á hora de distinguir entre as prazas T (de tícket, con estacionamento de pago e un límite de tres horas e media) e as prazas D (de disco, de balde e cun límite de hora e media).
O feito de que todo o espazo da ORA estea pintado en azul e que para distinguir as zonas haxa que mirar se as prazas están marcadas con T ou con D é o que máis dúbidas xerou nos primeiros días. Non obstante, agárdase que ao pasar varias semanas o hábito se vaia asentando. Outra das dificultades iniciais, por ser novidade, é a relativa aos discos da zona gratuíta. Cómpre lembrar
que se poden obter en comercios da localidade, pero tamén serve calquera papel no que se anote a hora de chegada e se deixe no interior do parabrisas en lugar visible. Tamén se debe ter en conta que nas zonas D, superado o tempo máximo de 90 minutos, o vehículo debe ser retirado. Para volver estacionalo, ten que ser a unha distancia de cando menos 250 metros.
ENTREVISTA
“O máis habitual ao principio é non saber poñer o disco”
E A TI, QUE CHE PARECE? NA RÚA Esther Villaverde
“A nova ORA paréceme estupenda, véxoa útil. Onde a puxeron está perfecta. Sería mellor que fose todo de disco por hora e media, que dá tempo a facer moitas xestións”.
José María Sánchez
“Está ben, é un xeito de poder mover os vehículos e que haxa sitio para todos. Non a ampliaría a máis zonas. Está ben que haxa zona de pago para quen precise estar máis tempo”.
Marcos del Río
“É un lío e hai xente que non se entera de como funciona. Non me parece útil, eu retiraría toda a zona azul. Con todo o espazo para aparcar que hai en Ordes a ORA sobra”.
E A TI, QUE CHE PARECE? NO COMERCIO Ana Hervés (Casa das Medias)
“No comercio a ORA beneficia porque a xente quere aparcar preto. Somos cómodos, eu hai tendas nas que non vou comprar por falta de sitios. Debería haber zonas para residentes”.
Fotocopias - Impresiones Encuadernaciones Todo en papelería Artículos de Regalo Trabajos de Imprenta Material escolar Material de oficina
Carlos (Bar Correos)
“Hai que esperar para ver o resultado. Aínda non se ve melloría. Na nosa rúa debería ser de disco porque está colapsada, son pequenas paradas e leva máis tempo ir polo tícket”.
Lucía (Calzados Karma)
“A ORA de disco favorece ao comercio, a de pago non o teño tan claro. Na zona máis céntrica debería ser toda de disco e debería ser de distinta cor para evitar confusións”.
- José Manuel Regos, vixiante da ORA en Ordes. Como recibe a xente as novidades? - En principio ben, colaboran. Hai espazos de aparcadoiro suficiente e eso valórano moito. - Aumentaron as infraccións? - Non. Ademais estes primeiros días basicamente estamos informando e visitando as zonas para que nos vexan. Trátase de que se afagan. - Quen incumpre é por que non sabe como vai ou é consciente? - Hai quen pensaba que aínda non empezara, pero en xeral non hai máis poblema. O máis habitual que estamos atopando é que a xente non sabe que ten que poñer o disco ou como poñelo. - Confunde ao ser todo azul? - É todo azul, pero hai sinalización vertical e horizontal para diferenciar. Creo que todo é habituarse.
CRÓNICAS - Febreiro 2019
9
ACTUALIDADE TORDOIA Inés Santos Pereiro é a nova alcaldesa do municipio
Tordoia perde a Antonio Pereiro, o seu alcalde nas últimas dúas décadas O falecemento de Antonio Pereiro Liñares, alcalde de Tordoia desde 1999, causou unha forte tristeza na sociedade do municipio e no ámbito político, tanto o comarcal como o galego. O rexedor faleceu o 4 de febreiro aos 68 anos de idade, tras varios anos enfermo. Non obstante, mantívose traballando ata practicamente o último momento e o PP acababa de confirmalo como candidato á reelección para as municipais do vindeiro 26 de maio. Pereiro foi soterrado en San Xulián de Cabaleiros nun acto multitudinario, ao que acudiron centos de veciños e numerosos cargos do PP e tamén doutras formacións políticas. Destacou a presenza do expresidente do Consello de Estado, José Manuel Romay, así como tamén a do actual líder do PP provincial, Diego Calvo, o secretario xeral do partido en Galicia, Miguel Tellado, o delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, ou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. Do ámbito local puidéronse ver
Antonio Pereiro Liñares (1950-2019)
Inés Santos Pereiro, nova alcaldesa
os alcaldes de Boqueixón, Frades, Mesía, Melide, Ordes, O Pino, Santa Comba, Trazo ou Cerceda. Este último máis o falecido eran curmáns. Entre as mostras de condolencia que chegaron, figura a do presidente da Xunta, na que expresaba o
seu “afecto” á familia de Pereiro e á veciñanza de Tordoia. Un carácter tranquilo e afable ou a capacidade de comprensión e traballo foron algunhas das cualidades que se destacaron nas lembranzas a Pereiro Liñares. Considerado un re-
ferente de municipalismo na zona, chegara á vida política en 1995 mediante unha candidatura independente coa que estivo a punto de gañar as eleccións. Xa en 1999 incorporouse ao PP, relevando ao ata entón alcalde Andrés García Lamas. Tanto a familia como o Concello agradeceron as mostras de condolencia recibidas. A través das súas redes sociais, a Administración Local que Pereiro dirixiu nas últimas dúas décadas destacou que “o seu recordo sempre será unha referencia, tanto a nivel político coma persoal”. INÉS SANTOS, O RELEVO O relevo na Alcaldía formalizouse nunha sesión plenaria o 18 de febreiro. Inés Santos Pereiro, que viña desempeñando as funcións de primeira tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, foi escollida como nova alcaldesa de Tordoia. Santos Pereiro anunciou continuidade e afirmou que a súa intención é “traballar no proxecto do anterior alcalde”. Ademais confirmouse que encabezará a candidatura local do seu partido para as eleccións municipais do vindeiro mes de maio. A mesma sesión plenaria do relevo na Alcaldía serviu para a toma de posesión de María González como nova concelleira do PP, ao figurar vacante un escano como consecuencia do falecemento de Pereiro Liñares.
ENTREVISTA Grupo CercedaSol
Todo o que debemos saber sobre a recollida de residuos voluminosos na Comarca de Ordes - Cal é o ámbito de cobertura do seu servizo de recollida de voluminosos? - O ámbito de cobertura e a Mancomunidade de Ordes, os Concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. - De que tipo de residuos podemos desfacernos mediante este servizo? É dicir, que se entende por voluminoso? - Recóllense Residuos Voluminosos, que son aqueles residuos de tamaño grande que polas súas dimensións non se poden depositar dentro dos colectores instalados na vía pública. Por exemplo mobles e enseres, madeira, electródomésticos e aparatos eléctricos, metais, etc...
- Cando pasan a recoller? - Cada Concello ten un día estipulado ao mes: Cerceda é o ultimo venres de mes, Frades o primeiro mércores, Mesía o segundo mércores, Ordes o primeiro luns de mes para o Casco Urbán e o segundo luns de mes para o resto Montserrat Rivas e David Rivas, administradores do Grupo CercedaSol do Concello, Oroso o primeiro sábado de mes, Tordoia o último Incluso se xa saben o día de - Son residuos que tamén poluns de mes e Trazo o segundo sá- recollida poden deixar aviso me- demos levar ao Punto Limpo? bado de mes. diante mensaxe de whatsapp ao - Efectivamente, nos Concellos De coincidir algún día festivo número 616 167 131 de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes pasa ao mesmo día da semana see Oroso poden levarse aos Puntos guinte. - Onde se deben depositar Limpos. estes residuos para a súa reco- Como pode informarse a llida? - Con que medios contan poboación das datas nas que o - Os residuos deben estar depo- para esta recollida específica? servizo acode á súa zona? sitados na rúa ao lado dos colecto- Contamos con tres camións - Chamando os teléfonos da res de RSU, e deberán sacalos an- de caixa aberta provistos de guinempresa 981 693 072 ou 639 200 tes das 7:00 horas do día de reco- dastre e rotulados co tipo de reco204. llida ou o día anterior. llida.
10
CRÓNICAS - Febreiro 2019
ACTUALIDADE TRAZO
COMARCA Iniciativa de formación e emprego común de Frades, Mesía e Ordes
O PSOE solicita na Deputación a ampliación da estrada que vai a Santiago
Comezan a verse os resultados do obradoiro Brañas dos Illós-Río Samo
A portavoz do PSOE de Trazo solicitou que a Deputación amplíe a estrada DP-7804 no tramo que vai desde o municipio ata Santiago de Compostela. Reclama que teña nove metros de ancho e que se dote de sendas peonís na zona máis urbana, a que dá acceso ao centro de saúde. A petición formulouse nun encontro de responsables do PSOE co deputado provincial Antonio Leira, tamén concelleiro en Oroso. Nesa reunión reiterouse a inminente saída a concurso do arranxo da Ponte Albar, tras meses de retraso de Augas de Galicia e falta de interese do Concello de Trazo, segundo denuncia o PSOE.
O obradoiro de emprego Brañas dos Illós-Río Samo, que desenvolven en conxunto os Concellos de Frades, Mesía e Ordes, comeza a facer visibles os seus primeiros resultados desde o seu inicio o pasado mes de novembro. Esta iniciativa mixta de formación e emprego, que leva o nome da zona natural onde conflúen os tres municipios, conta coa participación de vinte persoas como alumnado traballador. Durante nove meses fórmase nas modalidades de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O orzamento do obradoiro, que hai uns días recibiu a visita dos tres alcaldes, é de case 340.000 euros. Ao seu remate facilitará a realización de prácticas en empresas durante un mínimo de tres meses. Os traballos que se desenvolven durante os nove meses en Frades céntranse nunha leira do Carballal, no campo de fútbol de Vitre, no punto limpo, en Gasalla, Campo-
ORDES
OROSO Invisten 77.000 euros no servizo da auga e na mellora da iluminación pública
A Garda Civil detén en Ordes un veciño de Coristanco por estafas, roubos e danos
Dous novos equipos de bombeo reforzan o abastecemento en Deixebre
A Garda Civil de Carballo detivo en Ordes un veciño de Coristanco como presunto autor de tres delitos de estafa, tres delitos de apropiación indebida e un delito de danos. Os feitos sucederon en diferentes localidades da provincia. As apropiacións indebidas consistiron en alugar dous vehículos que non foron entregados en prazo ás súas empresas correspondentes. O mesmo delito tamén lle foi imputado ao detido tras non proceder ao pagamento do aluguer dun piso en Santa Comba, no que roubou todo o mobiliario por valor de 4.500 euros e ocasionou danos na vivenda. En canto aos delitos de estafa, atópase o intento de venda dun dos vehículos alugados, a venda doutro vehículo en condicións que non se correspondían co pactado co comprador e ter cobrado a outro particular por unha caldeira que nunca chegou a entregar, segundo a Garda Civil.
O servizo público de abastecemento de auga potable nos Carballos, en Vilar de Arriba e en Vilar de Abaixo, na parroquia de Deixebre (Oroso), viuse mellorado coa instalación de dous novos equipos de bombeo que incrementan a potencia e a presión da rede. O Concello de Oroso investiu algo máis de 23.000 euros nestas obras, ás que ten previsto sumar preto de 19.000 euros nunha intervención no Cachopal e en Sar, na parroquia dos Ánxeles, tamén co propósito de mellorar o abastecemento. Do mesmo xeito, o goberno que lidera Manuel Mirás anunciou que ten aprobado un orzamento duns 35.000 euros para investir na rede de iluminación pública nas parroquias. Os traballos consistirán tanto en instalar novos puntos de luz como en reformar instalacións xa existentes para facelas máis eficientes.
Encontro do PSOE na Deputación
SUPERÁVIT O alcalde explicou que boa parte destas actuacións atenden deman-
Os alcaldes dos tres concellos, co persoal do obradoiro de emprego conxunto
duro e Sanamil, na praza da Pontecarreira, no muíño de Céltigos e na piscina municipal. En Mesía interveñen nas prazas públicas de Albixoi, Cumbraos, Rivas, Braña do Vilar, Visantoña, Boado, Mesía e Bascoi, na área recreativa de Olas, na contorna do polideportivo en Xanceda, no viveiro municipal e nas Brañas da Valga.
En Ordes traballan nunha parcela municipal no polígono de Merelle, no parque Rodríguez de la Fuente, a Rúa Nova e o Campo da Feira, os colexios Castelao e Campomaior, a área da Adina (Ardemil), o campo da festa de Parada, a contorna da capela de San Pedro en Adrán, unha zona nos Marchás de Vilamaior e o antigo campo de fútbol de Barbeiros.
O alcalde de Oroso supervisa a instalación do novo bombeo en Deixebre
das veciñais e que se financian con cargo ao remanente de tesourería de que dispón o Concello de Oroso. “A situación de superávit municipal permite mellorar os servizos tanto no centro como nas parroquias”, asegura o executivo, á vez que precisa que “o goberno central non
permitiría estas obras se non tivesemos unhas contas saneadas”. O nivel de investimentos nas parroquias foi precisamente un dos temas habituais de confrontación política ao longo deste mandato, insuficiente para a oposición e razoable para o goberno.
CRÓNICAS - Febreiro 2019
11
PUBLICIDADE
12
CRÓNICAS - Febreiro 2019
ACTUALIDADE A documentación coa que o alcalde de Trazo tratou de xustificar ante a xustiza as dietas que cobrou de 2014 a 2017 podería ser unha montaxe. Así o revelou o PSOE local, amosando diversos papeis aos que tivo “acceso” e que achegan “serios indicios” do suposto intento de José Dafonte de enganar á xustiza. A portavoz socialista, Beatriz Domínguez, explica que o expediente administrativo cos gastos supostamente irregulares -uns 30.000 eurosfoi creado a propósito en novembro pasado, cando o pediu o xulgado, sen que existise expediente administrativo algún cando se efectuaron os pagamentos ao alcalde. Os papeis que probarían a montaxe xa foron entregados polos socialistas ao xulgado. Son documentos manipulados con recortes e modificacións, así como diversas anotacións manuscritas nas que se indica a outras persoas como debería elaborarse o expediente, en que datas se debían apuntar os gastos para facer que cadrasen ou como colocar os selos oficiais do Concello. Os selos e cuños que aparecen na documentación supostamente manipulada son precisamente un dos indicios máis claros de que pode ser un documento falso. Segundo o PSOE, unha orde de pagamento que leva a data de novembro de 2015 ten o cuño que o Concello estreou en 2017.
OROSO
A nova candidata do BNG sitúa a calidade de vida da veciñanza como prioridade
TRAZO Presenta querela contra o alcalde e a secretaria polo caso das dietas
O PSOE desvela a suposta montaxe de Dafonte para enganar á xustiza
Desde a esq.: Paula Castiñeiras, Beatriz Domínguez e o letrado do PSOE de Trazo
“Pode haber un documento de 2017 co cuño antigo de 2015, pero é imposible que no 2015 se cuñara unha documentación cun cuño que aínda non existía”, expuxo a secretaria xeral do PSOE de Trazo, que compareceu coa secretaria de Organización, Paula Castiñeiras, e co seu avogado.
Con estes novos indicios o PSOE presentou unha querela polos delitos de falsidade documental e administración desleal do patrimonio público, xeralmente coñecida como malversación, tanto contra o alcalde como contra a secretaria e interventora municipal, María José Nartallo.
A principal forza da oposición local pediulle ao xulgado que comprobe se o expediente é falso e que adopte medidas cautelares para identificar ás persoas que exerceron como coautoras, cómplices ou encubridoras dos supostos delitos que denuncia. Tamén empraza a pedirlle ao Concello certificación das datas reais nas que o alcalde xerou os gastos cobrados, despois de que Dafonte declarse no xulgado que as do expediente inicial contiñan erros. E finalmente o PSOE quere que se identifique a persoa que fiscaliza os gastos no Concello, tarefa da que a secretaria-interventora se desmarcou na súa declaración xudicial. As dietas supostamente irregulares do alcalde corresponden a visitas a outras institucións en días nos que Dafonte estaba no pleno da Deputación, visitas a organismos oficiais en fin de semana -cando en realidade están pechados- ou desprazamentos cando tiña delegadas as súas funcións e en realidade estaba de excursión veciñal en Lourdes.
MESÍA
OROSO
Oroso trata de captar turistas en Fitur co seu patrimonio natural
Formación en primeiros auxilios dentro do curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes
Presentación da candidatura en Oroso
O candidato, con munícipes da zona
O BNG de Oroso presentou a Isabel Fernández como a súa candidata á alcaldía nas eleccións do vindeiro 26 de maio. A formación nacionalista, que neste mandato conta cun concelleiro na corporación, sitúase como “garante do cambio político que precisa o noso Concello”. No “novo modelo de Concello” que propugna, a candidata enuncia como prioridade “a calidade de vida de toda a veciñanza”. Defendeu o traballo do Bloque en Oroso e puxo como “aval” a xestión dos gobernos locais nacionalistas para a dinamización económica e sociocultural.
O PP presentou o seu candidato á Alcaldía de Mesía, Javier López, nun acto que contou co presidente do partido na provincia, Diego Calvo, e do seu vicesecretario de Organización, Evaristo Ben. Á presentación asistiron varias decenas de persoas, entre elas os alcaldes limítrofes de Curtis, Frades e Ordes ou o portavoz do partido en Oroso. López reempraza a Adolfo Grobas como cartel electoral no municipio. O PP é nestes momentos o único partido da oposición local, con dous concelleiros fronte aos nove do PSOE, con Mariano Iglesias na Alcaldía.
Un dos encontros de traballo que realizou o alcalde de Oroso en Madrid
Patrimonio natural e paisaxístico como reclamo para atraer o turismo. Foi o cometido co que acudiu o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, á Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid. O rexedor aproveitou a estancia para reunirse coa representación da Fundación de Ferrocarri-
les Españoles e tratar o proxecto de Vía Verde sobre o antigo trazado férreo entre Santiago e Cerceda. A gastronomía e a revitalización do Camiño Inglés foron tamén dous contidos destacados da promoción turística de Oroso nesta cita na capital de España.
CRÓNICAS - Febreiro 2019
13
PUBLICIDADE
14
CRÓNICAS - Febreiro 2019
ACTUALIDADE OROSO
COMARCA Dentro das anualidades 2019 e 2020 dun plan autonómico
PP e PSOE cúlpanse da falta de efectivos da Policía Local, con só un dos tres axentes activo
Os sete Concellos obteñen 443.000 euros para acondicionar camiños
O PP e o PSOE de Oroso acusáronse mutuamente da situación pola que atravesou a Policía Local nas últimas semanas, cun só dos axentes de servizo, outro de baixa e o terceiro en comisión de servizo fóra do municipio. O portavoz do PP expuxo que Oroso tería que contar con oito axentes para cumprir a recomendación dun por cada mil habitantes. Alexander Doval di ter a “sensación de que o alcalde mira para outro lado”. O PP di que incluso o número de teléfono da porta da Policía non está habilitado. Desde o goberno (PSOE) precisaron que as baixas son dereitos dos traballadores e sinalaron que a vontade do Concello é contratar máis axentes, posto que ten superávit para facelo. O impedimento para as contratacións vén do propio PP, pois foi limitado por lei polo goberno de Rajoy. O Concello defende que non hai inseguridade en Oroso e acusa ao PP de buscar unha “alarma innecesaria”.
Os sete Concellos da comarca de Ordes obtiveron algo máis de 443.000 euros en conxunto para o bienio 2019-2020 dentro do plan de mellora de camiños municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). A maior contía desta convocatoria acadouna Mesía, con 74.552 euros, seguida de Ordes (74.203 euros), Tordoia (65.123 euros), Trazo (59.948 euros), Frades (59.456 euros), Cerceda (58.085 euros) e Oroso (51.873 euros). Con estes fondos, que no conxunto da provincia coruñesa aproxímanse aos cinco millóns de euros e en toda Galicia rondan os dezaseis millóns de orzamento, os Concellos teñen ocasión de ampliar, mellorar ou manter camiños municipais de uso público. POSIBLES OBRAS Desde finais de xaneiro as entidades locais contaron cun mes para presentar as súas propostas con cargo ao plan. Os proxectos que se
FONDOS DE CADA CONCELLO NO BIENIO 2019-2020 CERCEDA FRADES MESÍA ORDES OROSO TORDOIA TRAZO TOTAL
58.085 euros 59.456 euros 74.552 euros 74.203 euros 51.873 euros 65.123 euros 59.948 euros 443.240 euros
Asignación do diñeiro na comarca segundo a resolución da AGADER
incorporen a esta iniciativa poderán servir para incrementar a lonxitude da vía aumentando as súas capacidades de comunicación, para reforzar o seu firme ou os terrapléns ou para limpar e acondicionar as marxes, procurando garantir as condicións de uso e a seguridade. En cambio, tal como detalla a Consellería de Medio Rural, nos proxectos que se propoñan non po-
derán intervir en rúas interiores nin noutro tipo de vías dentro de núcleos de poboación. PRAZOS As actuacións do plan teñen que ter un importe mínimo de 6.000 euros, contía que xa pode chegar a supoñer unha fragmentación considerable dos proxectos. Os investimentos de 2019 deberán estar executados e xustificados o vindeiro 16 de setembro e os de 2020 contan de prazo ata o 1 de xuño do vindeiro ano para facerse efectivos. CRITERIO DE REPARTO Os fondos do plan repartíronse entre os distintos Concellos seguindo uns criterios acordados entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). O número de habitantes, a superficie, o peso da actividade agrogandeira, ou os niveis de envellecemento ou despoboamento foron algúns dos parámetros empregados na distribución do diñeiro.
15
CRÓNICAS - Febreiro 2019
ACTUALIDADE COMARCA O Plan Único POS+ 2019 será utilizado sobre todo para a rede viaria e outras infraestruturas públicas
Todas as obras de 2019 no plan da Deputación O Plan Único para os Concellos (POS+ 2019) que financia a Deputación da Coruña trae numerosos investimentos para a comarca, que os Concellos optan por investir fundamentalmente na rede viaria da súa titularidade, tanto para reparacións como para acondicionamentos. Ademais dos fondos cos que conta o plan, neste mes de marzo está previsto que se incorporen dotacións adicionais procedentes de remanentes. Este diñeiro, xunto coas baixas de contratación do plan principal, posibilitará outras obras recollidas tamén polos Concellos en plans complementarios. Estes son os principais proxectos do plan principal municipio a municipio: CERCEDA O Concello reserva uns 276.000 euros para gastos correntes do seu funcionamento diario e destina a investimentos máis de 382.000 euros. As principais obras son a pavimentación da travesía de Cerceda desde o cruce ata o final do casco urbano, unha senda peonil no Toural que complementará pola outra marxe á prevista pola Xunta, pavimentacións no vial de Sucadío e na Paradela, unha senda peonil na Albarda, o remate das beirarrúas na Silva na marxe esquerda da estrada a Santa Comba e tamén na marxe dereita ata O Toural, e unha canalización para augas pluviais na Cerdeira de Rodís. FRADES O Concello destina a obras uns 236.000 euros, mentres que outros 217.500 euros os absorben os gastos
correntes. Os principais proxectos pedidos son os camiños da igrexa a Reboredo (Vitre), da estrada xeral ao Ar (Abellá), do Canedo á igrexa (Mesos), entre a Ponte Carreira e a xeral (Gafoi), e o camiño a Ulló (Céltigos). MESÍA Os investimentos do Plan Único da Deputación en Mesía suman case 440.000 euros. Os proxectos que se acometerán con estes fondos levan as seguintes denominacións: ‘Camiño no Regueiro de Bascoi e outros’, ‘Camiño de Pontefeás a Campelo e outros’, ‘Camiño en Mata (Xanceda) e outros’, ‘Camiño en Cabana (Lanzá) e outros’, ‘Camiño desde a AC-223 ás Pereiras (Albixoi) e outros’. ORDES A Deputación outórgalle a Ordes case 979.000 euros. Os proxectos permitirán mellorar os camiños do Canedo (Ardemil), Vilasuso (Beán), O Castro co cruzamento de Meitufe (Leira), e o remate dun acceso a Faramilláns (Buscás). Tamén se pavimentará en Barbeiros o acceso a lugares como Os Lagos, Fondo da Aldea, Ramil, O Cruceiro ou A Aldeíña. Outras melloras previstas son nas vías interiores de Vilariño (Buscás), a creación dunha senda peonil no Camiño Inglés (dende A Rúa a Vilariño), a ampliación da senda na Estación de Parada, e continuar a obra prevista en 2018 dende Tras do Río cara ao Seixo (Mercurín). Prevese ademais o aglomerado na vía principal dende A Rúa ata Trabes, no camiño que vai de Pedreira a Castrelos pola escola (Leira),
Valentín González Formoso (PSOE), presidente da Deputación da Coruña
na pista de concentración de Castrelos a Brumeiral e N-550 (Leira) e na vía que une O Bidueiro co Sangriño. OROSO O Concello poderá investir case 712.000 euros da man do plan provincial. As obras previstas son a ampliación de rede de saneamento desde Os Carballos ata Vilar de Arriba (Deixebre), a mellora da rede viaria nos lugares de Vilalbarro, a Estación de Oroso, Vilacide de Abaixo, a Igrexa e Riás (Oroso), Rial (Trasmonte), e nas rúas da Telleira, da Toxeira, Avenida de Compostela e rúa do Portiño, en Sigüeiro. Destaca tamén a mellora da rede viaria na Igrexa e Cas (Os Ánxeles), en Vilar de Abaixo (Deixebre), en Zan e na Costa (Trasmonte), en Senra e Arderís (Senra), en Vilanova (Oroso), rúa Emilia Pardo Bazán (A Gándara), e
en Carollo e Requeixo (Cardama). Do mesmo xeito, o plan provincial pagará a ampliación de rede de abastecemento de auga desde Sar ata Cabanas (Os Ánxeles). TORDOIA Os investimentos do plan provincial en Tordoia suman máis de 467.000 euros. As principais obras son a Casa do Maior e o aglomerado do camiño de Aboi a Casal da Devesa (Viladabade). TRAZO A Deputación consignou uns 655.000 euros para Trazo, pero o Concello utilizará 242.000 deles para gastos correntes. Os demais quedan para a mellora de varios camiños, así como acondicionar os vestiarios e o almacén do polideportivo municipial.
16
CRÓNICAS - Febreiro 2019
ACTUALIDADE O PSOE carga contra Naturgy por importar aspas eólicas chinesas O PSdeG-PSOE da provincia da Coruña criticou duramente á empresa Naturgy, propietaria da central térmica de Meirama, por importar máis dun centenar de aspas de aeroxeradores fabricadas en China pola empresa danesa Vestas. As aspas, que entran en España polo porto de Ferrol, serán instaladas nun parque eólico en Valladolid. Os socialistas critican tamén que Vestas pechara a súa fábrica en León, a menos de 150 quilómetros deste parque, deixando sen traballo a máis de 360 persoas, e poida recortar tamén a súa actividade en Viveiro (Lugo). O PSOE coruñés critica a “deslocalización” destas producións en países sen dereitos laborais e sen regulación ambiental. Por iso, propón ás demais formacións políticas “traballar xuntos” para que a implantación das enerxías renovables sexa unha oportunidade para a economía e o emprego en Galicia e no conxunto de España.
ORDES Despois do peche da central térmica de Meirama, programado para 2020
Intentan que a presa de San Cosmade se manteña para a traída pública O Bloque considera que este punto de captación ten unha “relevancia estratéxica” e que mesmo inflúe na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á hora de xustificar a suficiencia dos recursos hídricos.
A presa de San Cosmade serviu para dar servizo á central térmica de Meirama
O Concello de Ordes ten previsto solicitar un encontro con Naturgy, a antiga Gas Natural Fenosa e propietaria da central térmica de Meirama, para tratar o futuro da presa de San Cosmade unha vez se produza o peche da planta de combustión de carbón, anunciada para o vindeiro 2020. O BNG presentou unha proposta,
aprobada por unanimidade, interesándose por esta cuestión. Os nacionalistas explican que o peche da térmica “sementa dúbidas” sobre o futuro da presa, construída a finais dos anos setenta do século pasado e que ademais de abastecer a central capta auga para o Mesón do Vento e a zona norte do municipio.
PLANTA DE BIOMASA Outro debate plenario relacionado co peche da central térmica foi o suscitado por una proposta presentada por Beatriz Martínez Candal. A concelleira non adscrita logrou o apoio unánime da corporación para solicitarlle á Xunta que propoña Ordes para emprazar unha planta de biomasa forestal como unha medida para paliar os efectos negativos do cese da actividade en Meirama sobre o emprego da zona. O acordo inclúe unha solicitude de xuntanza co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, para ver en conxunto os plans de futuro de Naturgy. A compañía anunciou un parque eólico na zona e unha planta de biogás.
OROSO
OROSO PP e PSOE pugnan por atribuírse a demanda da posta ao día dos aseos
Modifican o Plan Xeral para adaptalo ao novo trazado do Camiño
Educación anuncia que programará obras de mellora no CEIP de Sigüeiro
O goberno de Oroso aprobou unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para adaptalo ao novo trazado do Camiño Inglés. Esta modificación puntual permitirá estudar e protexer diversos restos arqueolóxicos que a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta atopou recentemente no municipio. O goberno de Manuel Mirás, que defende que o plan se vai cambiando para intentar mellorar a calidade de vida, explica que a modificación facilitará tamén a modificación e ampliación de varios núcleos de poboación en diferentes parroquias “adaptando a redacción do texto ás necesidades dos veciños e veciñas”. En setembro pasado o pleno municipal xa aprobara de xeito provisional outra modificación puntual do PXOM. Naquel caso pretendía poñer ao día as ordenanzas municipais e eliminar a zona saturada de ruídos, o que abrirá a porta á posta en funcionamento de novos negocios.
A Consellería de Educación prevé programar nas vindeiras semanas as obras para remodelar os aseos da planta baixa do CEIP de Sigüeiro. Primeiro trasladará unha unidade técnica ao centro para ver in situ as características do proxecto. O anuncio das obras realizouno o portavoz do PP, Alexander Doval, poñendo o compromiso en boca do xefe territorial da Consellería, Indalecio Cabana. Doval asegurou que a obra era moi demandada pola dirección do centro e polas familias. Ante o anuncio, o goberno de Oroso, do PSOE, acusou ao PP de “querer apuntarse agora un tanto cunhas xestións que xa fixo hai tempo” o executivo local. O Concello, indica, efectuou tarefas de reparación e mantemento dos aseos, aínda que tal como lembra as obras estruturais son competencia da Xunta. O goberno de Manuel Mirás explica que nunha reunión en xuño de 2018 o propio Cabana lles dixera que entón non contaba con orzamento para mellorar os aseos.
O remate da pasarela entre o colexio e o pavillón é motivo de debate entre partidos
Por outra parte, o PP criticou o resultado final das obras da pasarela entre o colexio e o pavillón, realizada polo Concello. Segundo a principal forza da oposición, que de cara ás eleccións promete unha reforma integral do centro, fórmanse pozas, se chove e fai vento o alumnado móllase e as chuvias arrastran terra á
pasarela a causa de como quedaron algunhas zonas tras as obras. Sen mencionar posibles melloras ou correccións, o goberno municipal replica lembrándolle a Doval que foi o Concello o que asumiu a construción da pasarela para comunicar o centro educativo co polideportivo ante a negativa da Xunta a financiala.
17
CRÓNICAS - Febreiro 2019
PUBLICIDADE
ENTROIDO FRADES CONCURSO DE DISFRACES Domingo 3 de marzo, ás 17:00 horas. Pavillón Municipal de Ponte Carreira
INSCRICIÓNS E MÚSICA: NO CONCELLO DE FRADES ATA O 1 DE MARZO, ÁS 14:00 H. O DÍA DO CONCURSO NON SE ANOTARÁ
FESTA DE ANIMACIÓN - MASCOTAS - CHOCOLATADA INCHABLES - OBRADOIROS - FOTOMATÓN - FLOCOS DE MILLO
9 81 6 95 567 - 981 695 6 6 3 DURANTE A MAÑÁ ACTUARÁ
Embruxo Gaiteiros O DE E T R SO CESTA NTE A R U D TA A FES Organiza:
SESIÓN VERMÚ E VERBENA A PARTIR DAS 18:00 H. COA ORQUESTRA
Ciclón
AAVV OS LABREGOS DE ABELLÁ Colabora:
CONCELLO DE FRADES
18
CRÓNICAS - Febreiro 2019
ACTUALIDADE ORDES
COMARCA O BNG descobre que o primeiro proxecto non fora rexeitado por Augas
O PSOE solicitou iluminación pública para o aparcadoiro da rúa de Compostela
A ponte do Tambre en Boado, vítima da “mentira” da alcaldesa de Boimorto
O PSOE de Ordes pediulle ao Concello que instale iluminación pública “suficiente” no aparcadoiro da rúa Compostela co propósito de garantir a seguridade das persoas que o utilizan. Tal como explican, agora para achegarse ata os coches de noite teñen que valerse de lanternas ou da luz dos teléfonos móbiles. O cocnelleiro Alejandro Manteiga afirma que mesmo existe risco de atropelo na zona pola escuridade, por non falar de caídas por tropezos nas fochancas que ten o lugar”. Por outra parte, a mesma formación pediu en pleno diversas melloras na contorna da piscina municipal, entre elas o remate da humanización do tramo paralelo ao río entre a instalación e a rúa do Recreo. Outra petición é que se tomen medidas contra a vertedura de lixo que, segundo o PSOE, adoita producirse nun terreo na rúa do Muiño.
A ponte de Boado sobre o río Tambre, entre os municipios de Mesía e de Boimorto, terá que seguir agardando. Augas de Galicia informou desfavorablemente ao proxecto ao considerar que non cumpre as condicións técnicas necesarias. Pero o caso agocha ademais unha controversia política de fondo, coa alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo (PP), no ollo do furacán. En realidade Augas rexeitou o que era o segundo proxecto para a ponte, valorado en 143.000 euros, despois de que colectivos veciñais presentasen alegacións. Así o revelou Xosé Luis Rivas ‘Mini’, parlamentario do BNG e anterior alcalde de Boimorto, nunha intervención na cámara galega. O primeiro proxecto, do que o Concello de Mesía preparou a documentación para logo ser negociado polo de Boimorto, estaba valorado nunha cantidade significativamente maior, uns 312.000 euros, porque deseñaba unha infraestrutura de maior calidade e solvencia técnica.
Rivas levou o asunto ao Parlamento
Tal como afirma ‘Mini’, a alcaldesa de Boimorto asegurou nun pleno municipal que Augas informara desfavorablemente ao primeiro proxecto, polo que, segundo ela, tiveron que optar polo segundo, de menor valor. En cambio, na resposta parlamentaria ao BNG, a principios deste mes de febreiro, o director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta ase-
gurou que o primeiro proxecto nunca recibiu informe desfavorable de Augas de Galicia. A conclusión é evidente: a alcaldesa de Boimorto mentiu, de acordo co que afirma o representante do Bloque. ‘Mini’ revela ademais que o cambio de proxecto polo de menos valor ocasionou un “cabreo xeral entre algúns [integrantes e simpatizantes] do PP” de Boimorto, dando a entender que aí pode estar unha das causas de que o segundo proxecto si recibise alegacións durante a súa exposición pública. O representante do Bloque denuncia que ao final “a ponte está sen acondicionar e a xente sen servizo” a causa da pésima xestión dunha “pandilla de irresponsables que só se serven a si mesmos”, tal como manifestou nas súas redes sociais. Do mesmo xeito, anuncia que lle pedirán explicacións á alcaldesa de Boimorto pola súa “mentira, que debería ser delito e así se tratará porque a democracia é sagrada”, manifesta o parlamentario do Bloque.
OROSO
OROSO
O Concello aclara que Fomento orzamenta a circunvalación oeste, non a variante descartada
Avanzan as obras do proxecto para cubrir a piscina de Sigüeiro
A inclusión dunha partida de 100.000 euros no proxecto de Presupuestos do goberno central para 2019 fixo saltar unha nova polémica entre o PP e o Concello de Oroso. O principal grupo da oposición advertiu “preocupación da Plataforma Veciñal Contra a Variante” ante a partida, que debería servir para traballos de estudos técnicos. Segundo o PP, o colectivo veciñal considéraa unha “tomadura de pelo”, polo que piden explicacións. O portavoz do grupo político, Alexander Doval, lembrou que o alcalde situara a variante “en suspenso” tempo atrás e que xa entón o PP aprezara que podía tratarse dun anuncio preelectoral. Ante as declaracións do PP, o Concello precisou que en realidade a partida dos Presupuestos está reservada para o estudo dunha circunvalación de Sigüeiro
polo oeste. Partiría da rotonda do polígono e chegaría ata a bifurcación da estrada que vai ao aeroporto. O goberno de Manuel Mirás reitera que o proxecto de variante da N-550 entre Ordes e Marantes foi descartado “por completo” e considera unha “difamación” que o PP fale da súa posible recuperación cando “ben sabe que non se vai facer”, aseguran. O executivo local do PSOE precisa que a circunvalación que si se estuda non prexudica os negocios situados ao pé da N-550, que “viven en gran medida dos usuarios desta estrada”, destacan. Sobre a nova vía en estudo, a circunvalación oeste, desde o Concello adiantan que sería de velocidade moderada (50 km/h) e evitaría atascos para quen se dirixa a Lavacolla desde o norte da provincia coruñesa.
Traballos de preparación do novo espazo de lecer a carón da piscina pública
O Concello de Oroso avanza no proxecto para cubrir a piscina municipal en Sigüeiro coa licitación das obras, valoradas en case 210.500 euros. A cuberta permitirá ampliar o uso das instalacións ao evitar o vento e tamén porque gaña temperatura. Do mesmo xeito, nas vindeiras semanas estarán rematados
os traballos de ampliación da área de lecer contigua á piscina, ideada para acoller diversas actividades, como concertos, obras de teatro ou xogos infantís. O proxecto de mellora que acomete o Concello inclúe ademais a construción duns novos vestiarios cos que mellorar o servizo das instalacións públicas.
19
CRÓNICAS - Febreiro 2019
ACTUALIDADE OROSO O alcalde critica “denuncias para enturbiar”
Controversia en plena execución das obras da praza pública de Oroso A controversia rodea as obras de acondicionamento como praza pública do espazo que ocupaba a antiga escola fronte á igrexa da parroquia de Oroso. En plena execución dos traballos, o goberno municipal criticou que tivesen recibido “denuncias contra a súa xestión” co “único obxectivo de enturbiar a vida municipal”, asociándoas á oposición. O proxecto consiste en preparar a zona e dotala cun espazo de xardín e instalar mobiliario de descanso. A súa principal utilidade, tal como explica o Concello, será durante os meses da primavera e o verán, como espazo de lecer ao aire libre para a veciñanza do lugar. Poucos días despois de ter comezado, o Concello sacou á luz as denuncias recibidas e lamentounas inscribíndoas no contexto preelectoral. Vinculounas directamente con Alexander Doval, portavoz local do PP; con Manuel Siverio Mirás, por-
tavoz de Son de Oroso-Anova; e con José Manuel Pulleiro ‘Tala’, identificando literalmente así a esta persoa. O goberno municipal expón que o asunto derivou nunha situación paradóxica. A raíz dunha das denuncias o Departamento de Patrimonio da Xunta solicitoulle ao Concello os permisos dos que dispoñía para realizar as obras. En realidade “foi a propia Dirección Xeral de Patrimonio a que concedeu os permisos hai meses”, revela o alcalde, Manuel Mirás. O rexedor remitiulle unha carta a Patrimonio expresando o seu malestar e reclamando explicacións. Aos poucos días Patrimonio contactou co Concello para pedir desculpas, segundo o goberno de Oroso. Mirás insistiu en que Doval, Siverio e Pulleiro “están moi interesados en facerme dano” mediante o “desprestixio”. O alcalde tachou de “lamentables as formas elixidas para intentar erosionar a imaxe do grupo
Manuel Mirás e a concelleira Beatriz Rodeiro observando a obra na Igrexa de Oroso
de goberno” e emprazou á oposición a levar ao pleno os temas que lle preocupen porque “senón algúns corren o risco de facer o ridículo e pensar que as obras se fan sen permisos ou licenzas”. Acusounos ademais de retrasar os traballos.
O líder do PP, Alexander Doval, respondeu nas redes sociais ás acusacións: “mentres uns se dedican a mentir e difamar, outros dedicámonos a traballar para mellorar a vida dos nosos veciños”, afirmou, anunciando outras novidades en breve.
TRAZO
FRADES
Licitadas diversas obras nas que a Deputación inviste 138.000 €
Rematada a substitución dunha ponte entre Céltigos e Vitre
A finais de xaneiro saíron a concurso as obras da ampliación da ponte de Santa Eufemia e a construción de beirarrúas nas inmediacións da Casa do Concello de Trazo, así como outros proxectos que forman parte dun plan provincial de 2018 e aos que a Deputación da Coruña achega uns 138.000 euros. O presidente provincial, o socialista Valentín González Formoso, explicou que as obras “suporán importantes melloras da seguridade vial no municipio, ao eliminar dous puntos con alto risco de accidentes”. AS OBRAS En canto á ponte de Santa Eufemia, a intervención consistirá en ampliar a súa anchura en catro metros mediante un marco de formigón prefabricado. Deste xeito igualarase o seu ancho co da estrada e permitirá o paso simultáneo de dous vehículos. Na actualidade, o estreita-
mento da ponte xunto ás características da curva pechada contigua crean un considerable risco de accidentes. De feito xa se teñen producido varias saídas de vía, incluso a do autobús escolar. O outro punto onde se mellorará a seguridade será o tramo entre o Concello e o colexio máis o polideportivo, en Viaño Pequeno. As actuais beirarrúas dun metro de ancho, claramente insuficientes, verán duplicada a súa anchura. Tamén se construirán no tramo onde nin sequera existen, evitando ter que andar pola calzada. Dentro do mesmo plan provincial finánciase tamén a pavimentación e mellora do firme dun camiño en Sartegos, ao longo de máis de dous quilómetros. O seu firme está agora moi deteriorado por mor das escorrentías. E en Ventas de Lengüelle, tal como confirmou a Deputación, procederase a reforzar o firme nun tramo de case un quilómetro.
O paso á zona de Augasantas estivo cortado tres meses por mor da obra
Despois de tres meses de obras, a finais de xaneiro volveu abrir ao tráfico a ponte sobre o río Maruzo entre a parroquia de Vitre e o lugar de Augasantas, en Céltigos (Frades). A nova ponte, na que a Consellería de Medio Rural investiu uns 82.000 euros, reempraza á antiga canalización de aceiro, que estaba moi deteriorada e chegou ao seu
límite nos temporais de 2017. A nova infraestrutura está integrada por un marco prefabricado de formigón cunha anchura de oito metros, acompañado de pedra de granito para reforzar. Ademais foi asfaltado o tramo de pista, colocouse unha varanda de protección e plantáronse árbores na contorna, ao formar parte dun ámito de protección natural.
20
CRÓNICAS - Febreiro 2019
ECONOMÍA E TRABALLO LEITE Chama a “entendemento” para que a recuperación beneficie tamén as granxas
O Ministerio advírtelle á industria de que debe subir o prezo do leite O Ministerio de Agricultura defende que a inminente aprobación da reforma do paquete lácteo debe servir para reforzar o peso das organizacións de produtores na negociación de contratos. Mesmo prevé que as melloras da reforma se inclúan nos contratos en negociación para aplicar a partir de abril, aínda que os acordos se establezan antes de aprobar a reforma. Segundo explicou o secretario xeral de Agricultura do Ministerio, Fernando Miranda, nunhas xornadas organizadas por Unións Agrarias, nesta nova campaña o incremento dos prezos dos produtos lácteos, xunto coas boas cotizacións da manteiga e do leite en po, deben trasladarse a un incremento dos prezos que reciben os Gandeiros. Miranda asegurou ademais que o seu departamento emprazou tanto ás industrias como á distribución a que é necesario que faciliten a suba do prezo do leite en orixe. Non obstante, supeditou os resultados ás negociacións que se desenvolvan entre
Xornada sobre as perspectivas do sector leiteiro organizada por Unións Agrarias
todas as partes e chamou ao entendemento de todos os axentes. Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, afirmou que debería aplicarse unha moratoria na negociación dos contratos ata que o novo decreto entre en vigor. A prioridade para a organización sindical é que Galicia recupere prezos e se equiparen á media europea, xusto o contrario ao que sucedeu nos úl-
timos anos. García anunciou contundencia sindical nas negociacións e emprazou ao Ministerio a que se garanta que os prezos superen os custos de produción. Nas mesmas xornadas, a Consellería de Medio Rural anunciou que pretende elaborar un plan estratéxico para o sector do leite no que agarda a participación de todas as partes da cadea de valor.
PREZOS DO LEITE
DECEMBRO / NOVEMBRO (€/litro)
Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA
0,317 0,338 0,329 0,348 0,337 0,449 0,327 0,351 0,334 0,327 0,347 0,343 0,328 0,333 0,349 0,336 0,356 0,330
0,319 0,338 0,325 0,350 0,330 0,449 0,327 0,347 0,338 0,350 0,331 0,342 0,325 0,334 0,349 0,336 0,345 0,333
MEDIAS ESPAÑA DECEMBRO 2014 0,344 2015 0,311 2016 0,313 2017 0,334 2018 0,330
PRODUCIÓN DECEMBRO 2017
2018
Galicia 224.100 tn 228.569 tn España 590.701 tn 586.133 tn Fonte: FEGA (05-02-2019)
DEREITOS
FORMACIÓN
Denuncian acoso laboral na empresa de transporte de lixo
Un proxecto da Deputación deseña prácticas laborais
Mobilización do persoal de Pacholo S.L. contra as súas condicións laborais
O proxecto Eixo ofrece formación teórica ata abril, cando comezan as prácticas
Persoal da empresa Transportes Pacholo, S.L., subcontratada para o transporte de residuos sólidos urbanos a Sogama, acusou á firma, con sede no Carballiño (Ourense) de “acoso laboral”, despois de que se mobilizasen coa Confederación Intersindical Galega (CIG) polas condicións nas que teñen que desenvolver o seu labor. Protestan porque sufriron re-
Quince persoas participan en Ordes nun programa de formación e deseño de itinerarios para as prácticas laborais, denominado Eixo e organizado pola Deputación da Coruña. As prácticas comezarán en abril. Serán 700 horas por persoa en empresas da provincia. Ata entón, as persoas que participan no proxecto reciben formación en
duccións de salario e porque os presionan, segundo din, para incumprir normas de tráfico, incumprir horarios e non respectar as normas básicas de saúde laboral. Os traballadores culpan á UTE Copasa-Renfe-Logirail, adxudicataria que subcontratou a Pacholo, e tamén a Sogama, e por extensión á Xunta, polo proceso de contratación do servizo.
materias como inglés, redes sociais ou ferramentas para a busca de emprego. A concelleira de Educación de Ordes, Susana García, presenciou o inicio da actividade e destacou a súa capacidade para a inserción no mercado laboral. García ofreceu a disposición do Concello para seguir colaborando en novas iniciativas con esta finalidade.
21
CRÓNICAS - Febreiro 2019
ECONOMÍA E TRABALLO INDUSTRIA A empresa de Mesía acode a unha feira especializada nos EE.UU.
COMERCIO
Cerámica Verea traballa para ampliar o seu mercado en Norteamérica
Excelente acollida á VIII Feira de Oportunidades do Comercio de Ordes
A industria Cerámica Verea, radicada en Mesía, acudiu por oitavo ano á feira International Roofing Expo, en Tennessee (Estados Unidos), dentro da súa estratexia para incrementar o seu mercado en Norteamérica. O principal produto que promocionou a firma neste foro especializado son os modelos de tella ‘S’ e ‘Caribbean S’, deseñados especificamente para atender a demanda de Estados Unidos e tamén de Centroamérica e das illas do Caribe. As tellas de Verea teñen unha considerable implantación nos Estados Unidos. Este mercado valora a súa calidade e a capacidade da industria de atender a demanda nunha zona na que as esixencias técnicas e de calidade destes materiais son moi altas, debido á climatoloxía e á presenza de furacáns e tormentas tropicais no sur do país. Tal como informa a empresa, Estados Unidos é un país clave nas súas exportacións. Entraron nese mercado en 2006 e en 2017 deron un salto exportador coa ‘Caribbean S’.
A feira ofreceu grandes descontos
Á International Roofing Expo 2019 acoden 10.000 profesionais do sector en EE.UU.
Verea exporta as súas tellas a un total de 29 países de catro continentes. O incremento do mercado externo fixo que en 2018 aproximadamente a metade da facturación da empresa se efetuase fóra das frontei-
ras españolas. O seu complexo industrial en Mesía, de 300.000 metros cadrados, pode fabricar ata 50 millóns de tellas cada ano. Factura 10 millóns anuais e dá emprego a 46 persoas.
FORESTAL O sector aposta por aproveitar mellor as 134.000ha de eucalipto mal xestionadas
O novo plan da Xunta prevé plantar outras 35.000 hectáreas de eucalipto
As plantacións de eucalipto xa superan agora as 500.000 hectáreas en Galicia
O novo plan forestal da Xunta, que podería aprobarse este ano, contempla plantar en Galicia 35.000 novas hectáreas de eucalipto. A superficie ocupada por esta especie supera xa as 500.000 hectáreas, máis do doble das previsións do plan forestal de 1992, que prevía unhas 250.000 hectáreas para o ano 2035.
Nunha reunión recente do Consello Forestal, o conselleiro de Medio Rural, José González, recoñeceu que o proxecto do plan recibira alegacións contrarias á “eucaliptización” de Galicia e amosou “vontade de recollelas”. O documento, unha vez que pase a actual revisión das alegacións, será sometido a votación no
Parlamento Galego e despois aprobarao o Consello da Xunta. Non obstante, o conselleiro afirma que a súa aposta é “a multifuncionalidade e a biodiversidade do monte”. González cre que hai que buscar “un equilibrio entre a conservación, que por suposto defendemos, e a produción”. Medio Rural informou de que en 2018 as cortas de madeira solicitadas acadaron o seu máximo. Foron máis de nove millóns de metros cúbicos, dos que case o 60% corresponden á produción de eucalipto. Igancio Colmenares, Conselleiro Delegado de ENCE, afirmou en Pontevedra que non faría falta aumentar a plantación, opinión extendida no sector, “sería suficiente con mellorar a xestión forestal para atender a demanda da industria, sen aumentar a superficie cultivada”, dixo. A Industria recoñece o enfrontamento da sociedade co eucalipto e busca fórmulas alternativas para seguir xerando riqueza e emprego a través do sector forestal.
A oitava Feira de Oportunidades do comercio de Ordes obtivo unha moi boa acollida. Numerosas persoas acudiron durante as tres xornadas nas que se prolongou para aproveitar as ofertas dos trece establecementos que participaron cos seus postos no primeiro andar da Praza de Abastos. Os bos prezos de produtos de moda, calzado ou complementos foron o principal atractivo da feira, que aos negocios sérvelles para darlle saída a produtos no remate da tempada e á clientela para facerse con artigos coa calidade que caracteriza o comercio local a un custo bastante inferior ao habitual.
Comprometen unha maior coordinación para loitar contra a avespiña do castiñeiro Na reunión do Consello Forestal, a Consellería de Medio Rural anunciou a próxima convocatoria da Mesa da Castaña co propósito de coordinar este ano as soltas de torymys, o parásito que se utiliza como loita biolóxica contra a praga da avespiña do castiñeiro. Este animal, cunha presenza crecente nos últimos anos en Galicia, tamén na comarca ordense, pon os seus ovos nos abrochos dos castiñeiros e limita severamente a súa produción. Mesmo pode condicionar a pervivencia da árbore. En canto ao nemátodo que afecta aos piñeiros en determinadas partes de Galicia, Medio Rural explica que están identificando os exemplares afectados para retiralos e tamén proceden á colocación de trampas para capturar o insecto. Os propietarios afectados por este problema teñen ata o 31 de marzo para a corta.
22
CRÓNICAS - Febreiro 2019
XENTE DE AQUÍ COMARCA
A Cruz Vermella programa cursos de manipulación de alimentos e alerxias A Cruz Vermella da comarca de Ordes organiza para o día 6 de abril un curso de manipulación de alimentos. As persoas que participen nel poderán aprender as normas básicas da materia, así como coñecer os riscos e perigos alimentarios e as súas medidas preventivas. Desenvolverase de 10:00 a 13:00 horas. Para o 11 de maio está previsto tamén en Ordes un curso sobre alerxias e intolerancias alimentarias. Neste caso comeza ás 9:00 horas e remata ás 14:00 horas. Tratará a prevención das alerxias e intolerancias e os novos requisitos no etiquetado de produtos. Para inscribirse ou ampliar información sobre estes cursos hai que acudir ao local da Cruz Vermella nos baixos da alameda de Ordes ou chamar ao 981 21 64 97. Hai descontos para persoas en desemprego, estudantes, socios ou voluntariado da Cruz Vermella. A mediados deste mes de febreiro xa se programara un curso formativo de primeiros auxilios.
ORDES
MESÍA
Finaliza un curso homologado de iniciación á lingua de signos
Formación en primeiros auxilios dentro do curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes
O curso tivo moita orientación práctica
Entrega dos diplomas do curso, que terá continuidade co seguinte nivel en abril
Unhas quince persoas participaron no curso de iniciación á lingua de signos impartido durante varias semanas no Concello de Mesía. As clases desenvolvéronse os sábados en horario matinal. O alumnado completou unha formación de trinta horas coa que obtivo o nivel A1.1 da lingua.
O curso foi impartido por persoal da Federación Galega de Persoas Xordas. Está homologado pola Confederación Estatal de Personas Sordas. O Concello de Mesía prevé unha nova entrega do curso, neste caso para o nivel A1.2, a partir do vindeiro mes de abril.
As quince persoas que asisten ao curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais recibiron formación sobre primeiros auxilios durante unha xeira no marco das súas clases, que teñen lugar no Mesón do Vento, en Ardemil (Ordes). As tarefas para a reanimación cardiopulmonar ou a manobra de Heimlich contra os atragoamentos foron algúns dos contidos do cursiño, ao que se sumaron tamén usuarios e usuarias dos curso de habilidades sociais que adoita desenvolverse no mesmo recinto.
ORDES
FRADES
Ordes segue completando etapas do Camiño Portugués
Frades realiza en dúas xeiras o Camiño entre Fisterra e Muxía
As 130 persoas de Ordes que están a realizar o Camiño Portugués pola costa dende o pasado mes de outubro completaron hai uns días a quinta etapa do seu itinerario. Nesta ocasión contaron cunha meteoroloxía favorable para per-
Medio centenar de persoas de Frades completaron a primeira das dúas etapas do Camiño de Fisterra a Muxía. Foron catorce quilómetros entre Fisterra e a localidade de Lires percorrendo diversas paisaxes da Costa da Morte. O Concello programa a segunda etapa para o 23 de marzo, tal como anunciou o alcalde, Roberto Rey, presente na primeira
correr o traxecto entre os municipios de Redondela e de Pontevedra. Estiveron acompañados pola concelleira de Deportes, Ana Soneira. Un sábado ao mes esta actividade cobre unha etapa da ruta. Quedan aínda tres andainas máis.
xornada. O novo tramo entre Lires e a Virxe da Barca, en Muxía, ten dezanove quilómetros de longo. O prezo por persoa da etapa é de 10 euros, que inclúe o autobús ata o inicio do percorrido a volta desde Muxía ata Frades. O xantar poderá levarse da casa ou acordar un restaurante entre as persoas que vaian. As inscricións poden efectuarse no Concello.
23
CRÓNICAS - Febreiro 2019
XENTE DE AQUÍ COMARCA Iniciativa da Irmandade Moncho Valcarce con apoio da Deputación, será presentado en breve
Un libro de autoría coral divulga a figura de Moncho Valcarce para conmemorar os 25 anos da súa morte
Moncho Valcarce, Manolo Fraga, Carpio e Marcial, en Santaia, en abril de 1979
‘Moncho Valcarce. Un dos inesquecibles’ é o título do libro de autoría coral co que se pretende divulgar a figura do coñecido como ‘o cura das Encrobas’ ao cumprirse 25 anos do seu falecemento. A edición e publicación da obra foi iniciativa da Irmandade Moncho Valcarce e contou
co apoio da Deputación da Coruña. Entre os autores que efectuaron achegas ao volume destacan desde a comarca de Ordes Baldomero Iglesias ‘Mero’, o crego Gumersindo Campaña e Manuel Pazos Gómez, presidente da Asociación Cultural Obradoiro da Historia.
Os textos lembran o papel de Valcarce como líder de varias revoltas labregas, entre elas a das Encrobas e a do encoro de Vilagudín, en Santaia de Gorgullos. Pazoslembra os feitos cunha investigación sobre o sucedido titulada Moncho Valcarce, unha loita esquecida: o encoro de Vilagudín ou de Santaia. Pazos coñecera a Valcarce a mediados dos anos oitenta. Estudaba Maxisterio en Santiago e acudiu un domingo a Sésamo (Culleredo), onde misaba, para convidalo a dar unha charla.
O texto do historiador de Oroso lembra tamén a figura de Manuel Fraga Seoane ‘Torres’, de Gorgullos, como o primeiro en mobilizarse e recorrer a Moncho Valcarce e ao sindicato Comisións Labregas para facerlle fronte a FENOSA cando ía construír o encoro de Vilagudín. Tal como recolle tamén un tríptico recentemente editado, en 1979 acadaron un acordo coa eléctrica para que as familias afectadas recibisen compensacións e non só o prezo das propiedades que se inundarían. O libro xa se está dando a coñecer en diversos lugares de toda Galicia e en breve, nunha data e lugar pendentes de determinar, presentarase na comarca de Ordes.
traballamos con roupa de diferentes estilos. - Que capacidades teñen de atender as diversas demandas das diferentes clientas? É dicir, que nivel de variedade podemos atopar en Anhelos?
- En Anhelos podes atopar diferentes estilos, como sportswear, casual, denim... Ainda así Anhelos sempre escoita as demandas da xente que nos visita para poder seguir ofrecéndolles aos clientes o que nos demanda.
ENTREVISTA Rocío Landeira, responsable de Anhelos
Anhelos xa ten novidades de primavera e celebra o seu segundo aniversario este sábado 2 de marzo - Que novidades terá Anhelos na vindeira campaña de primavera? - Esta campaña comezarémola celebrando o noso segundo aniversario. Será o sábado 2 de marzo, no cal teremos algunha sorpresa para quen nos visite ese dia. Como novidade nesta campaña de primavera incorporamos a marca MEKKEDS. É roupa feita en España e deseñada por Patricia Ferreira cun estilo deportivo e elegante. Esta marca entende que a comodidade non está reñida co estilo e saber vestir e así o reflexa nas súas prendas. - Como vai ser a moda da nova tempada? Que é o que máis se vai levar? - Depende da marca. MINUETO tráenos coloridos e estampados orixinais, ESEOESE caracterízase polo seu estilo bohemio e un tanto afran-
cesado, ANABEL LEE tráenos prendas moi coidadas con mensaxes positivos que parecen sacadas de contos pero achegándolles o punto actual, AIRE RETRO segue co seu estilo cañeiro e plasmando tamén mensaxes positivas nas súas prendas... - Cando estarán dispoñibles as novas coleccións? - Xa comezaron a chegar a primeiros de febreiro pero aínda así recibimos novidades a miúdo. - Con que promocións nos poderemos atopar no seu establecemento? - Non adoitamos facer promocións excepto nas rebaixas. Intentamos ter variedade de prezos dentro das marcas que traballamos. - Que tipo de clientas poden vestirse en Anhelos? - Clientas de varias idades, xa que
24
CRÓNICAS - Febreiro 2019
XENTE DE AQUÍ OROSO Revista do Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso, coordinada por Manuel Pazos
‘Memoria de Oroso’ presenta o seu segundo número o 15 de marzo A revista ‘Memoria de Oroso’ presentará o seu segundo número o vindeiro 15 de marzo, venres, ás 20:30 horas no Centro Cultural de Sigüeiro. As persoas que asistan poderán obtela de balde no acto público. Esta publicación do Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso pretende divulgar imaxes deste fondo e tamén acontecementos históricos vinculados ao municipio. O seu coordinador e responsable do Arquivo, Manuel Pazos, explica que “é unha revista de historia que se fornece de fotografías e documentos que achegan os veciños e veciñas ao Arquivo”. Entre os contidos deste segundo
número da revista destacan unha serie de fotografías antigas de Sigüeiro, capital do concello. Tamén haberá un achegamento ao rural nun apartado titulado ‘As parroquias do Concello de Oroso no ano 1928’. VÍDEO Destaca tamén unha reseña ampla do camiño a San Mateo de Vilouchada. Neste sentido, no acto de presentación do día 15 proxectarase un vídeo dos romeiros de Sigüeiro dirixíndose a esta festa no municipio veciño de Trazo en 1975. O primeiro libro editado en Oroso, que data de 1996, ocupará outra das seccións da revista, xunto con outra titulada ‘Sigüeiro, palos al pue-
Imaxe dunha familia de Sigüeiro, todo un retrato socioeconómico da súa época
blo’, sobre a represión policial contra unha concentración de cazadores en Sigüeiro nos primeiros anos da Transición. O segundo número de ‘Memoria de Oroso’ complétase cun achegamento ao escritor e artista Tino Cuesta, veciño de Oroso, cun percorrido sobre a historia da Sociedade Deportiva Deixebre, un texto sobre
a casa reitoral de Calvente e diversos recortes de prensa dos primeiros anos do século XX. O Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso, situado na Biblioteca Municipal en Sigüeiro, recolle documentos gráficos que achegue a veciñanza. Todas as imaxes son devoltas tras ser dixitalizadas, sen custo ningún para a persoa propietaria.
CERCEDA
ORDES
Manuela Suárez Ribeiro, veciña de Rodís, cumpre 106 anos
Máis de 2.500 quilos de lacón con grelos na festa do Mesón
A Festa está organizada polo Concello e conta coa colaboración de Africor
Manuela Suárez Riveiro, veciña do lugar de Xende, en Rodís (Cerceda), celebrou 106 anos de idade o domingo 17 de febreiro con toda a súa familia. De nova emigrara a América, como sucedía na Galicia da súa xuventude e aínda que doutro
xeito continúa sucedendo agora. Á volta dedicouse ao traballo agrario. No seu aniversario foi visitada polo alcalde, José García Liñares, e o concelleiro Francisco Cambón, que lle trasladaron a felicitación do Concello de Cerceda.
A XXI Festa do Lacón con Grelos do Mesón do Vento, en Ardemil (Ordes), serviu máis de 2.500 quilos de produto. Aínda que é unha preparación máis aconsellable para o fríos, a meteoroloxía foi propicia para non ter que utilizar o paraugas durante a fin de semana da celebración. Deste xeito, asistiron milleiros de persoas. Antes da parte gastro-
nómica da celebración, o recinto feiral acolleu a habitual mostra de gando e aves de razas autóctonas, produtos o campo, artesanía, maquinaria agrícola e mesmo unha feira de corte medieval. Outras actividades complementarias foron probas caninas, un encontro folclórico, cetraría, xuntanza cabalar con varias probas ou exhibición de 4x4.
25
CRÓNICAS - Febreiro 2019
PUBLICIDADE
22 de marzo. Día mundial da auga O abastecemento de auga potable fai que un xesto tan común nos nosos fogares como abrir unha billa supoña a liberación dunha penosa carga diaria para moitas mulleres e nenas nas rexións empobrecidas do planeta. En Espina & Delfín apostamos pola innovación no ciclo da auga, procurando que os avances neste eido axuden ás persoas a ser máis libres e iguais: como dúas pingas de auga.
Pásate á factura electrónica Visita a nosa oficina virtual en www.espinaydelfin.com, verás o sinxelo que resulta: A comunicación de lecturas As modificacións de domiciliacións bancarias O acceso ós históricos de consumo ou a facturas anteriores Colaborar na mellora do servizo a través da caixa de suxestións, consultas e reclamacións Solucións integrais para o ciclo completo da auga www.espinaydelfin.com
26
CRÓNICAS - Febreiro 2019
DEPORTES TAEKWONDO
KARATE
Boudjenane, quinto de Europa
Emma Núñez, campioa de Europa en modalidade kata
Mateo Boudjenane clasificouse en quinta posición da súa categoría na II European President’s Cup que se disputou en Sindelfingen (Alemaña). O ordense, que acudiu convocado pola selección galega cadete, competía no peso -45 entre un total de 41 participantes de diversos países europeos. Nos dezaseisavos de final Mateo venceu ao grego Angelos Mylonos por 18-13, en oitavos ao ucraniano Yllia Kucheriavyi por 15-7, e en cuartos perdeu co grego Panagiotis Polimos (6-4).
Núñez García, na imaxe a primeira pola dereita, coa selección española
Emma Núñez, karateca de Cerceda que pertence ao Club Kárate do Carballo, proclamouse campioa de Europa na modalidade de kata equipo como parte da selección española cadete, júnior e sub 21. Núñez competiu xunto á valenciana María San Francisco e a malagueña Sabrina Saboy. Na final impuxéronse ao combinado de Italia.
ORDES
O BNG reclamou un pavimento que evite as condensacións no pavillón do Mesón O BNG de Ordes solicitou que a pista polideportiva do Mesón do Vento sexa elevada mediante rastreles e ventilada e non rematada en pavimento vinílico. Deste xeito consideran que se podería evitar a condensación no chan da instalación, que ocasiona riscos e mesmo a imposibilidade de usala. A proposta presentada polos nacionalistas foi rexeitada polo PP e os tres concelleiros saídos de UxO, que esgrimiron un informe técnico “subxectivo debido á súa procedencia” segundo o BNG. A petición de modificar o proxecto pretendía non repetir o “erro” de pavillóns como o Castelao II ou o Campomaior, nos que é habitual ter que suspender as actividades deportivas. Pablo Vidal, portavoz do Bloque, poñía como modelo a seguir o Castelao I, con pista elevada e ventilada, e manifestou que “de nada serve gastar máis de 30.000 euros en pavimentar unha pista [no Mesón do Vento] para logo non poder usala en determinadas épocas”.
A de Cerceda é a primeira figura do deporte galego, tanto en categorías masculinas como femininas, en formar parte da selección española de kárate e acudir a unha competición deportiva dun nivel europeo. O campionato de Europa disputouse entre o 8 e o 10 de febreiro en Aarlborg (Dinamarca).
FÚTBOL SALA
INSTALACIÓNS
Remata a renovación do campo de fútbol de Vilarromariz (Oroso)
Inscricións na liga local de Tordoia ata o venres 15 de marzo O Concello de Tordoia mantén aberto ata o venres 15 de marzo o prazo para inscribirse na súa Liga Local de Fútbol Sala 2019. Quen desexe anotarse co seu equipo ou recibir máis información sobre os requisitos para participar ou sobre o desenvolvemento da competición deberá acudir ao ximnasio municipal de Tordoia.
TRAZO
O alcalde e o concelleiro de Deportes visitaron a renovación do campo
O campo de fútbol de Vilarromariz volve estar dispoñible para o xogo. O Concello de Oroso rematou a súa renovación, que consistiu en dotar o campo de céspede natural e en reformar os vestiarios. O campo, situado ao pé da estrada da Grabanxa, é habitualmente utilizado para os torneos de veteranos de diversos conxuntos deportivos da comarca.
O goberno de Manuel Mirás anunciou que a súa vontade é investir nas instalacións deportivas que vaian ser aproveitadas pola cidadanía. Neste sentido anticipou próximas melloras en Deixebre. Por outra parte, en Senra o PP reclama que se solucione o “total abandono” do campo e fútbol existente na parroquia, así como as reparacións e o mantemento.
Convocada a Carreira de Entroido para este 2 de marzo en Viaño Pequeno Trazo celebra este sábado 2 de marzo a IV Carreira de Entroido en Viaño Pequeno. Inclúe unha proba de tres millas ás 10:00 horas para sub 18 e sénior e unha carreira de disfraces ás 11:00 horas con distancias de 100 metros a 1,2 km. A inscrición é de balde e pode formalizarse na web carreirasgalegas. com ou no enderezo electrónico serviciosdeportivostrazo@gmail.com.
27
CRÓNICAS - Febreiro 2019
DEPORTES ATLETISMO Podios en diversas probas intercomarcais e autonómicas disputadas nas últimas semanas
Atlética A Silva Ordes triunfa en varias competicións O Club Atlética A Silva-Ordes fíxose con diversas medallas coa súa participación en varias probas recentes. No Campionato Intercomarcal de Campo a Través os equipos alevín e infantil feminino e o alevín masculino acadaron os primeiros postos. Gloria Pena logrou clasificarse ademais en semifinais para o Campionato Galego de Pista Cuberta. No Campionato Galego de Campo a Través, o equipo alevín masculino foi medalla de bronce. Nesta mesma proba, en categoría S14, Diana Mosquera Suárez destacou na novena praza. No Campionato de Galicia de Probas Combinadas, José Domínguez Caballero foi ouro en categoría máster e acadou a marca mínima para o Campionato de España. María José Fraga fíxose coa prata en veteranas. Prata tamén para Daniel Loureiro en S16 e Alejandra Souto quedou novena en S14. No Campionato Galego de Marca, o oitavo posto foi para Paula Roca e o duodécimo para Xiana do Río Couto, tamén integrantes do Club Atlética A Silva-Ordes. No Campionato Galego de Pentatlón de Lanzamentos Máster colleitaron ouros Ana María Abuín Pazos (F55) e José Manuel Núñez Sánchez (M50), e bronce Carlos Vera Domínguez (M50). No Galego de Lanzamentos Longos S18 y S16, Daniel Loureiro Mosquera foi ouro en S16 e María Pena Ferreiro (S18) e Arantxa Ferreiro Figueira (S16) fixéronse coas pratas. Pena disputaba o campionato de España xusto ao peche desta edición na fin de semana do 23 e 24 de febreiro. E no galego de Campo a Través, Icía Ares Betanzos, en categoría alevín feminina, obtivo un destacado sexto posto.
28
CRÓNICAS - Febreiro 2019
DEPORTES TIRO CON ARCO Hugo Fandiño, que participou na categoría esquío, logrou o único primeiro posto local
Bos resultados para os competidores ordenses no sexto Trofeo do Concello de tiro con arco Os competidores locais obtiveron resultados satisfactorios coa súa participación no sexto Trofeo Concello de Ordes de Tiro con Arco, que se disputou no polideportivo Campomaior a finais de xaneiro coa participación de máis de setenta persoas. Un dos resultados máis destacados foi a primeira posición de Hugo Fandiño na categoría esquío. Rubén Pérez clasificouse no cuarto posto na categoría infantil masculina. Moi reseñables tamén a segunda e a sexta praza de Pilar Candal e de Ana López na competición novel feminina, así como os postos terceiro e quinto para Fátima Rodríguez e Estela Rey na categoría sénior feminina. Nas probas sénior masculinas Roberto Martínez e Pedro del Río fixéronse co terceiro e co décimo posto. O Trofeo foi organizado pola Asociación Deportiva Arqueiros do Adarve e contou coa colaboración do Concello de Ordes. A concelleira de Deportes, Ana Soneira, encargouse de entregarlles os galardóns aos primeiros clasificados.
O Trofeo, organizado pola Asociación Deportiva Arqueiros do Adarve con colaboración do Concello, disputouse no Campomaior
PATINAXE ARTÍSTICA Organizado polo Club Galia de Ordes, reuniu os mellores da provincia coruñesa
O Trofeo da Deputación supera os 80 participantes O Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe Artística. disputado no pavillón Castelao I de Ordes, superou os oitenta patinadores e patinadoras, os máis destacados da provincia coruñesa. A representación ordense en diversas categorías compuxérona Antía Calvo Grela, Lucía Deus Recouso, Daniela Iglesias Gende, Alba Diéguez Veiras e Lara Reboredo Franqueira. En alevín os primeiros postos foron para Xiana Royo, Martina Fernández e Olivia Rey; en categoría infantil masculina as mellores posicións acadáronas Unai Cereijo, Diego Íñiguez e Jorge Sanmartín; en infantil feminina lideraron María Grela, Antía Lourido e Alejandra Olveira; na cadete os primeiros postos foron de Lucía Fernández, Soraya Santos e Paula Rey; en júnior encabezaron Noelia Rodríguez, Manuela Vila e María Iglesias; e en sénior primeiras prazas para Isis Basanta, Martina Bravo e María Castedo. O campionato foi organizado polo Club Galia e patrocinado por Deleite. Colaboraron a Xunta, a Deputación, a Federación Galega e Patinaxe e o Concello de Ordes.
CRÓNICAS - Febreiro 2019
29
PUBLICIDADE
30
CRÓNICAS - Febreiro 2019
DEPORTES KICKBOXING
XADREZ
Jorge Taboada, do OPC Fitness, prata no Open de Salamanca
Martín Pena acada o terceiro posto no provincial sub-18
Taboada acudirá o 9 e o 10 de marzo ao campionato galego en Ourense
Jorge Taboada, do OPC Fitness de Ordes, acadou a medalla de prata en categoría pointfighting -65 kg no recente IV Open de Salamanca de Kickboxing. Na semifinal comezou perdendo cun resultado final de 3 a 0, ante o que foi capaz de remontar. Unha pequena lesión impediu que puidese disputar a final, tendo que
conformarse co segundo chanzo do pódium. Con este campionato, Taboada suma experiencia de cara ao Campionato Galego de Kickboxing Tatami Sport, que se celebrará os vindeiros días 9 e 10 de marzo en Ourense, e ao que tamén acudirán os restantes competidores do Kickboxing OPC Fitness.
Martín Pena Varela, xogador do Club Xadrez Oroso, acadou o terceiro posto no Campionato Provincial 2019 sub-18, que se disputou na sede social da Cultural Padronesa. O campionato desenvolveuse mesturando os xogadores máis novos cos adultos. Na clasificación absoluta xeral Pena Varela situouse na oitava praza. O club destaca o bo ambiente de xogo que se acadou nesta proba, na que durante dous días se puideron observar partidas de considerable dureza. Polo demais, o Club Xadrez Oroso está xa inmerso no calendario de competicións de 2019. A liga de xadrez deste ano iniciouna competindo contra o Nemenzo en Santiago e desprazando xogadores ata á Estrada, en Pontevedra, para medirse co equipo local. A competición prolóngase ata abril e o Oroso aspira a realizar un gran papel como nos últimos anos.
O xogador do Club Xadrez Oroso recolle o trofeo pola terceira posición
ATLETISMO
SALVAMENTO
As alevíns do CEIP Castelao, segundas en campo a través
As López , campioas galegas
Participantes do colexio ordense no intercomarcal de campo a través
O equipo alevín feminino do CEIP Castelao, de Ordes, logrou a segunda posición no recente Campionato Intercomarcal de Campo a Través do programa Xogade. Ademais deste éxito, nas mesmas probas, que se disputaron en Santiago, oito rapaces e rapazas do colexio ordense lograron clasificarse para o provincial de centros de ensino.
Tamén no programa Xogade, unha representación do Castelao, de cuarto, quinto e sexto de Primaria, participou na primeira xornada de bádminton da liga intercomarcal. Foron nove alumnos e alumnas de categorías benxamín e alevín, que competiron con integrantes das escolas deportivas de Trazo, O Pino, Boimorto, Toques e o IES Xelmírez de Santiago.
Xiana López Fernández (esquerda), deportista ordense do Club SASA, proclamouse campioa galega alevín na proba de 50 metros remolque de manequín con aletas no Campionato Galego de Inverno de Salvamento. A proba disputouse na piscina Carballo Calero de Carballo a principios de febreiro. López recibiu a felicitación do Concello de Ordes. Pola súa parte, Lara López Fernández (dereita), tamén do Club SASA, é a nova campioa galega júnior nas probas de 100 metros remolque manequín con aletas, na de relevos 4x25 metros remolque de manequín e na de 4x50 metros combinada. Ademais logrou o subcampionato galego júnior na proba de 100 metros socorrista. Este campionato disputouse en Ourense a mediados de febreiro. O SASA foi o mellor club.
CRÓNICAS - Febreiro 2019
31
OPINIÓN
San Paio de Buscás e a homofobia Por Carlos Calvo Varela Patrón da parroquia de Buscás1 e avogoso dos osos, o San Paio, como moitos outros santos e santas galegas, ten por tras unha historia política. Neste caso está escrita no século X, seguramente na década dos 60, por encargo da Igrexa de Tui. Titúlase Passio Pelagi, e escribiuna Raguel, autor do que descoñecemos todo. No texto, redactado en latín, encádrase así a vida de Paio: “[…] naqueles tempos en que se desatara unha ferocísima treboada contra os cristiáns, sucedeu que os seus inimigos de Hispania enteira se puxeron en movemento contra a Galiza, co fin de que, se podía ser, unha vez arrasada totalmente, o poder estranxeiro se apoderase de todos os seus fieis [...]2” . É neste contexto que Paio, un fermoso mozo galego, guerreiro, é encarcerado polo califa Abderramán III: “Pero fixéronse presentes as habituais grazas de Deus, que de tal maneira iluminaron este Paio, que consideraba a cadea unha proba e a lima dos seus pecados diarios, sen os que a fraxilidade humana non pode vivir; de maneira que tamén se apli-
caba a cadea á purificación dos seus pecados […]. Alí el era casto, sabio, apracible, prudente, atento a orar, asiduo á lectura, non esquecía os preceptos do Señor, era promotor de boas conversas, non participante nas malas, non proclive ao riso [...]”. Obviamente a Igrexa, que foi quen pagou o libro como un instrumento de propaganda, estaba interesada en idealizar o tal Paio, presentándoo como o cristián perfecto, incluso un pouco aburrido. O sorprendente é que, para exemplificar a fidelidade de Paio á Galiza e ao cristianismo -o cal na altura case era sinónimo-, o coloque nun “apaixonado triángulo no cal todos os implicados son masculinos”3, tal como o definiu Mark D. Jordan. O califa intentará tentar a Paio ofrecéndolle os praceres da carne masculina, sempre e cando renegase da súa relixión e se convertese ao Islán, proposta que Paio rexeitou. Para Carlos Callón a Pasio Pelagi describe o de-sexo homosexual con naturalidade4. Sexa como for, a figura de Paio foise reconfigurando ao longo da historia conforme aos intereses do
momento: primeiro como um efebo, despois como un relixioso-guerreiro, e durante o franquismo como unha especie de neno bondadoso. 1.- No ábside da igrexa parroquial ábrese un nicho-portada. Sobre o alféizar un pedestal coa data de 1737 sostén a imaxe do San Paulo. 2.- Nos textos da época, tanto árabes como europeos, chamábanlle Gallaecia a toda a parte cristiá da Península Ibérica, e Hispania á parte musulmana. Porén, por causa do nacionalismo español ás veces Gallaecia é transcrita como “León”. É o que fai Celso Rodríguez Fernández, tradutor ao español de Passio Pelagi, cando afirma sen ruborizarse que “Gallaecia equivalía al “Reino de León””. (La pasión de San Pelayo. Edición crítica, con traducción y comentarios, Santiago/Vigo, USC/UdeVigo, 1991, p. 35. 3.- Mark D. Jordan, La invención de la sodomía en la teología cristiana. Barcelona, Laertes, 2002. 4.- Carlos Callón, “De martir cristián a mártir da homofobia”, Amigos e sodomitas. Configuración da homosexualidade na Idade Media, Santiago de Compostela, Sotelo Branco, 2011, pp. 51-61.
Os paxariños da Alameda A pota dos murmurios quedou descoidada ao lume e agora ferve sen control, espallando de todo. Un deles fora debidamente contado porque xa a temperatura ambiente daba moita sustancia. Son as andanzas da vella gaivota mutada en paxaro carpinteiro durante un inverno. Agora di que quere cambiar de plumaxe por non escapar das modas. Só busca manterse no seu prado con chamadas de atención desesperadas, chantaxistas. E solitarias? O movemento de ás sempre foi unha das súas especialidades, case a única xunto a unha laxa definición da liña xenealóxica. O que non contaba é que quizais non lle permitise voar a suficiente altura ata a senectude. Ai! A senectude! Que ben se levaría en Bailén!
CRÓNICAS
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 22-02-2019. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com.
PSICOACÚSTICA. Non é Maxia, é Ciencia.
“Volvo a sentir a miña voz normal” “Innovador”
“Entendo mellor, ¡incluso con ruído!”
“Eu xa estaba contento cos meus audífonos... ¡¡¡pero agora aínda o estou moito máis!!!”
“Diferente”
VEN A REVISAR OS TEUS AUDÍFONOS CON NÓS
e descubre a túa nova audición. ORDES
981 973 137 Rúa Ramón Ferreiro, 5 baixo (a 50 m do Centro de Saúde)
LALÍN
986 181 267 Rúa “C”, 30 baixo (a 50 m do Ambulatorio)
www.oemais.es
CEE
981 747 921 Avenida Fernando Blanco, 29
Rexistros sanitarios: Cee E-15001017 Lalín E-36000839 Ordes E-15001273