DEPORTES
CERCEDA
Páx. 27
Nace en Cerceda a escudería RVS MotorSport
Páx. 2
A lea política e xudicial sitúa a García como alcalde ‘latente’
Negreira Pza. do Concello, 3 5ºJ citas-previas@bowtwechgalicia.com
647 136 135
CRÓNICAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 63 - Marzo de 2019
Os partidos políticos comezan a ferver coa precampaña do 26-M Primeiro aínda tocan as eleccións xerais do 28 de abril, pero a nivel local os partidos políticos non apartan a
vista do 26 de maio. Nas últimas semanas sucedéronse as presentacións de candidatos. Os primeiros cambios es-
tán en Tordoia, onde Antonio Pereiro júnior lidera a lista do PP e non a actual alcaldesa, Inés Santos, e o PSOE mu-
dou de aspirante ao pouco de presentalo. E en Trazo Dafonte marcha envolto en poPáxs. 2 a 6 lémica.
A Deputación cumpre coa Ponte Albar
COMARCA
A comarca defende o seu ambiente no Europarlamento Páx. 9
REPORTAXE
Unha xeira a bordo do helicóptero da Garda Civil, o Cuco Páx. 14
OROSO
Controversia entre o PSOE e o PP pola taxa do lixo Páx. 8
ENTREVISTA
Licita a reparación do viaduto por importe de 112.000 euros
Páx. 15
A banda SuperOito reactívase logo dun descanso temporal Páx. 25
CRÓNICAS - Marzo 2019
2
ACTUALIDADE CERCEDA Cristina Capelán exerce como alcaldesa en funcións tras o pleno sobre a sentenza do Botánico
García Liñares pasa a ser alcalde latente O escenario político de Cerceda enguedellouse de tal maneira nas últimas semanas que calquera afirmación que se faga, ata sobre o que debería ser evidente para todo o mundo, resulta cuestionable ou cando menos relativizable por algunha das partes involucradas. Por non estar claro nin sequera o está en que situación se atopa José García Liñares, alcalde nos últimos 24 anos. Podería resumirse en que el estar está, pero non se atopa. Para a oposición é obvio que xa non é o rexedor, despois do pleno do 27 de febreiro que tomou coñecemento da sentenza xudicial que inhabilita a García por irregularidades no procedemento de contratación de drenaxes no Xardín Botánico. Seguindo os informes do secretario municipal, PP e BNG coidan que coa toma de coñecemento García xa deixa de ser alcalde e solicítase credencial para a seguinte persoa da lista, posto que a lei electoral así o determina no caso dunha condena por un delito contra a administración, sexa ou non firme a sentenza. Esta non o é. Pola contra, García Liñares sostén
Intre no que o secretario municipal procede a abandonar o salón de plenos mentres García Liñares o apercibe ao considerar que a sesión do 27 de febreiro non rematara. O alcalde quería votar e o funcionario indica que era só unha dación de conta.
que a súa renuncia non se produciu. Fundaméntao na votación dos últimos segundos do convulso pleno, na que o PSOE rexeitou activar o mecanismo de cese do primeiro edil. Nin PP nin BNG votaron porque consideraron que a sesión xa estaba rematada e porque, tal como sinalou o secretario, nunha dación de conta non cabe votar. En medio dun tenso intercambio de palabras co alcalde, o propio funcionario levantouse antes da votación e non a recolleu en acta. García Liñares acudiu ao Contencioso para anular a sesión. Apreza defectos de forma na convocatoria ao
non terse formulado como debate e votación nin incorporar, segundo di, a sentenza orixinal no expediente. Tamén esgrime que ao secretario non lle correspondía dar por rematado o pleno deixando ao alcalde coa palabra na boca, senón agardar a que este levantase a sesión, sen prexuízo de decisións posteriores. CAPELÁN Á FRONTE Sexa cal sexa o seu resultado, o recurso sérvelle a García para gañar tempo. Mentres tanto, con el no limbo, a concelleira Cristina Capelán pasou a ser a alcaldesa en funcións,
TRAZO O alcalde retírase inmerso nunha delicada situación xudicial
Dafonte marcha e o PP coloca como candidata á Alcaldía a Josefina Suárez José Dafonte deixará de ser alcalde de Trazo a partir das eleccións municipais de maio. Aínda que en outubro do ano pasado fora presentado como candidato á reelección polo PP, este pasado 17 de marzo renunciou e o partido colocou no seu lugar a Josefina Suárez López. O PP asegura que se trata dunha decisión “meditada” por Dafonte e que “respectamos, o único que nos queda é agradecer o seu traballo durante todos estes anos”. O partido non renega de Dafonte, senón que o considera “un activo do noso partido polo seu legado e polo peso específico que ten todo o que conseguiu para Trazo”, valora a dirección provincial do partido. A elección de Josefina Suárez conta co respaldo “maioritario” dos militantes do PP de Trazo que asistiron á reunión na que se abordou o cambio de candidato. Dedúcese por tanto que non se trata dunha decisión unánime. A nova candidata, que leva oito anos sendo concelleira, anticipou
Dafonte (2º esq.) na presentación do PP en outubro. Á dereita a nova candidata.
que no seu equipo contará con edís como José Liste, Manuel Castiñeiras, Rosa Landeira e Eugenio Lamas. O comunidado do PP non fai referencia expresa aos concelleiros Manuel Pereiro e Emilio Varela, pero si matiza que o conxunto da candidatura en 2015 “amosáronse ilusionados
ante o novo proxecto para que o municipio de Trazo continúe avanzando como o fixo ata agora”, cre o PP. Aínda que non está confirmado oficialmente, dase por feito que o PSOE competirá pola Alcaldía con Beatriz Domínguez e no BNG podería repetir Martín Rei.
posto que a ata entón número dous do goberno, María Viqueira, que no pleno do 27 estaba de baixa, renunciou por “razóns persoais” que desvincula totalmente do conflicto. Capelán presidiu un pleno precisamente para dar conta da renuncia de Viqueira. Nel indicouse que García Liñares, que non estivo na sesión, abandonara a Alcaldía de maneira temporal. O pleno que non se produciu é o que teoricamente ten que escoller novo alcalde ou alcaldesa. Ao peche esta edición Capelán non o convocara e o prazo xa estaba superado. Interprétase que o PSOE agarda a que se pronuncie o Contencioso sobre o pleno no que se comunicou a sentenza. Unha hipotética anulación levaría case ao punto de partida. BOQUETE, DEPUTADO Con máis tranquilidade prodúcese o relevo de José García Liñares como deputado provincial. Para o posto foi escollido o concelleiro socialista de Cerceda Francisco Javier Boquete Cambón. Prevese que tome posesión no pleno da Deputación da Coruña deste venres 29 de marzo.
A renuncia prodúcese en plena polémica sobre o cobro de 30.000 euros en dietas Que pasou desde a presentación de Dafonte como candidato en outubro de 2018 ata a súa renuncia agora? Por que recúa? Aínda que o PP omite calquera alusión, é evidente que o alcalde se adentrou nunha delicada situación xudicial polo caso do cobro duns 30.000 euros en dietas supostamente irregulares entre 2014 e 2017. A denuncia fora presentada polo PSOE ao descubrir que diversos desprazamentos de Dafonte a institucións eran en fin de semana, cando estaban pechadas, ou cando estaba nunha excursión fóra de Trazo. O mes pasado os socialistas presentaron unha querela por falsidade documental e por administración desleal contra o alcalde e contra a secretaria e interventora, ao aprezar un suposto intento de enganar á xustiza cunha montaxe dos documentos remitidos ao xulgado para xustificar os gastos.
CRÓNICAS - Marzo 2019
3
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Marzo 2019
4
ACTUALIDADE CERCEDA
ORDES Dan a coñecer o primeiro tramo da candidatura nun acto con Ana Pontón
Alberte Sánchez toma o relevo de Rocío da Igrexa no BNG
O BNG de Ordes preséntase como “única alternativa para un cambio real”
Alberte Sánchez Regueiro
Rocío da Igrexa Prego púxolle fin á súa etapa de dezaseis anos como líder do BNG de Cerceda. No seu anuncio de que non encabezará a candidatura nas municipais de maio explicou que deixa a primeira liña pero por suposto non o activismo de base centrado no nacionalismo e no feminismo. O Bloque xa ten novo candidato. Trátase de Alberte Sánchez Regueiro, natural de Xermar e concelleiro nos últimos catro anos. Fotógrafo e deseñador gráfico, este ano cumpre 46 e milita no BNG desde os dezanove. Moi vinculado ao ecoloxismo, foi secretario xeral da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.
O BNG de Ordes autodefínese como “a única alternativa para un cambio real” no Concello nas eleccións municipais do 26 de maio, dado que “o resto, máis aló de matices, representa o mesmo”. Así o destacou o seu candidato, Pablo Vidal, no acto de presentación do primeiro tramo da lista, na que precede a Paula Castenda, Gonzalo Veiras, Rebeca Cambeiro e Chus Regueiro. Vidal coida que o goberno se dirimirá entre o BNG e o PP, entre o que considera o “desastre continuista dos populares ou o proxecto transformador e capaz de mellorar a vida da veciñanza de Ordes do Bloque”. No acto os nacionalistas de Ordes contaron coa portavoz nacional, Ana Pontón, que incidiu en que o 26 de maio Ordes terá que escoller “entre seguir co desgoberno e a desfeita do PP ou optar polo cambio que representa o Bloque da man de Pablo Vidal, un candidato con experiencia que coñece ben este municipio e queconta cunha equipa de xente nova e preparada”.
Pablo Vidal, candidato á Alcaldía, sitúa o emprego e a transparencia como prioridades
Gañar impulso como capital de comarca, unha aposta máis decidida polos servizos públicos para incrementar a calidade de vida e un goberno máis transparente son algúns dos retos que se marca o Bloque no caso de acceder ao goberno local.
Entre as liñas de traballo que comprometen, destacan o emprego, a defensa do comercio e da hostalería local, a ordenación urbana a través dun Plan Xeral, participación e proximidade na xestión ou unha maior atención ás parroquias.
TORDOIA
TORDOIA
Inés Santos non será candidata á Alcaldía nas eleccións de maio
O PSOE cambia de aspirante aos poucos días de presentalo
A actual alcaldesa de Tordoia, Inés Santos Pereiro, que accedeu ao cargo hai unhas semanas a causa do falecemento de Antonio Pereiro, alcalde desde 1999, non será a candidata do PP á Alcaldía nas eleccións municipais do 26 de maio. O partido tratará de revalidar o goberno cunha lista encabezada por Antonio Pereiro júnior, fillo do rexedor falecido. O PP explicou que o novo candidato foi proposto de xeito unánime polos integrantes locais do partido e que conta co respaldo da actual alcaldesa. Na dirección provincial do partido declaráronse “muy satisfechos” polo aval da xente do partido en Tordoia a Antonio Pereiro. Outras fontes, en cambio, sinalan que se produciron varias tensións internas no PP tordoiés que levaron aos responsables provinciais a intervir na procura da concordia, o que tería conducido á candidatura escollida. En canto á lista, o partido ex-
O candidato do PSOE á Alcaldía de Tordoia será Tomás Castro Liñares. O partido confirmou a súa incorporación xusto ao peche desta edición, de maneira que se retira a Manuel Lamas Cerqueiro, presentado a principios de marzo e á súa vez reemprazo de Carlos García, aspirante en 2015. De Castro Liñares, que noutras convocatorias electorais formou parte da candidatura do PP, os socialistas destacan a súa capacidade para conformar “unha candidatura ilusionante”. Nela podería entrar como número dous o propio Lamas Cerqueiro, que en principio non se desvincula no partido. O PSOE asegura que o seu propósito e darlle a volta á “decadencia” que na súa opinión padece Tordoia, aproveitando o potencial do Concello no sector primario e forestal e tamén no cooperativismo e a industria. O partido non explicou os motivos do cambio de candidato só uns días despois de presentar a Lamas,
Antonio Pereiro, candidato do PP
plicou que durante estas semanas trata de conformar unha “que integre todas as sensibilidades do municipio”. Antonio Pereiro declarou que “asumo el complicado reto de continuar el legado de mi padre, pero convencido de que, entre todos, podremos hacer las cosas bien y seguir mejorando y progresando como municipio”.
Lamas Cerqueiro, o candidato retirado, no centro, con Valentín G. Formoso (e) e Manuel Mirás (d)
que fora escollido por unanimidade nunha asemblea de militantes e saltou ao escenario público acompañado polo co secretario xeral dos socialistas na provincia e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e co secretario de Política Municipal do partido, Manuel Mirás, tamén alcalde de Oroso.
CRÓNICAS - Marzo 2019
5
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Marzo 2019
6
ACTUALIDADE FRADES
ORDES
Fernando Viqueira liderará a candidatura socialista ordense
Prado Patiño descarta ir ás eleccións locais con Ciudadanos Jesús Miguel Prado Patiño, exalcalde de Frades, tratou de presentares ás eleccións municipais de maio como candidato de Ciudadanos, pero finalmente descartouno. Prado Patiño, que na actualidade é parlamentario autonómico polo PP, motiva a decisión en que debe ser “coherente co meu partido” e en que “Frades ten xa un bo alcalde”, en referencia a Roberto Rey.
Prado tanteou a varias persoas durante os últimos tempos para a súa eventual candidatura con Ciudadanos. Non todas terían aceptado. Estes movementos causaron certa preocupación e malestar entre algúns dirixentes do PP, incluso a nivel provincial. En cambio, outros valoran que se trata só dun xeito de chamar a atención para manterse no escenario político.
COMARCA
Fernando Viqueira Nouche (esquerda) con Valentín González Formoso
O avogado Fernando Viqueira Nouche, de 51 anos, é o novo candidato do PSOE á Alcaldía de Ordes. Foi escollido por unanimidade na asemblea socialista local. O partido comprometeuse a renovar a candidatura e di “aspirar a gobernar tras as municipais de maio cun proxecto ambicioso para o Concello”. Viqueira anticipa que
se centrarán nos tres R, de rexeneración, renovación e reactivación. A defensa dos dereitos sociais e cívicos e a recuperación de Ordes como motor económico e social da comarca son prioridades do proxecto de Viqueira Nouche. Na actualidade o partido só ten un concelleiro. Nos últimos anos sufriu pugnas e escisións internas.
Postos para políticos da comarca nas listas do PSOE ás xerais de abril As papeletas do PSOE para as eleccións xerais do 28 de abril incluirán nomes coñecidos na política da comarca, se ben non están en postos considerados de saída. Na candidatura ao Congreso pola provincia da Coruña figura Beatriz Domínguez Siaba, portavoz municipal en Trazo, no oitavo posto. A lista está encabezada por Pilar Cancela.
Na candidatura ao Senado, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, sitúase como primeiro suplente da opción de Antonio Vázquez. Valentín González Formoso, secretario xeral dos socialistas na Coruña, destacou a necesidade de consolidar décadas de progreso do país ante o risco de involución que supón a dereita e a extrema dereita.
OROSO
COMARCA
Mirás defende o rural para o emprendemento xuvenil
Boa acollida dos IV Encontros Gandeiros das ADSG en Ordes
O alcalde, na apertura dunhas xornadas da Asociación Forestal de Galicia
Unha das intervencións nos Encontros Gandeiros de Mesía e de Frades
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destacou que o municipio ten rematadas as concentracións parcelarias e explicou que aposta por “poñer en valor o rural para que emprendan mozos e mozas”. Foi durante a apertura dunhas xornadas organizadas en Sigüeiro pola Asociación Forestal de Galicia en colaboración con FSC Inter-
Os cuartos Encontros Gandeiros das Asociacións de Defensa Sanitaria Gandeira de Mesía e de Frades tiveron unha moi boa acollida. Celebráronse na Casa da Cultura de Ordes. Juanma Loste, veterinario clínico e de reprodución do grupo navarro Albaikide, e Gerardo Rivero, xefe do Servizo de Seguridade Ali-
nacional e dirixidas a xestores forestais, tanto propietarios como técnicos. Mirás recoñeceu que a concentración levou máis tempo do desexable, pero agora este paso “imprescindible para ter o territorio ordenado” permite impulsar políticas de apoio á xente nova para o emprendemento no sector.
mentaria en Producións Gandeiras da Xunta, informaron sobre aspectos como a recollida de datos e a interpretación do estado sanitario dunha explotación, do consumo de antibióticos na gandeiría e da normativa que se lles aplica na comunicación de vendas e prescricións, e de como manexar de xeito práctico a receita veterinaria.
CRÓNICAS - Marzo 2019
7
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Marzo 2019
8
ACTUALIDADE COMARCA
OROSO Lea entre o goberno e o principal grupo oposición polo recibo do lixo
A Mancomunidade tramita a petición de axuda a Igualdade para manter o CIM
O PP pide a rebaixa dun 10% do canon a Sogama e o PSOE lembra que xa evitou que a suba do 30% afectase á veciñanza
O pleno da Mancomunidade de Ordes aprobou por unanimidade solicitarlle unha subvención á Secretaría Xeral de Igualdade para manter o Centro de Información á Muller. A axuda cubriría o 90% do investimento neste servizo, que se sitúa nuns 120.000 euros ao ano. O CIM conta cun equipo integrado por unha directora, unha psicóloga, unha asesora xurídica e unha axente de igualdade. Do mesmo xeito, o pleno da entidade supramunicipal solicitou outra axuda autonómica para os servizos de orientación laboral e cooperativismo.
O PP e o PSOE de Oroso enfróntanse polos cambios no canon que os Concellos pagan a Sogama polo tratamento dos residuos e os efectos que pode ter no recibo que paga a veciñanza. O principal grupo da oposición criticou ao Concello por non ter solicitado a recente rebaixa do 10% e o PSOE replicou lembrando que cando o canon subiu un 30% hai uns anos evitou trasladalo á xente. O portavoz do PP, Alexander Doval, asegurou que Oroso foi o único Concello da comarca que non se acolleu á posible bonificación de Sogama, que a Xunta outorgaría coa condición de producir menos residuos, aumentar a reciclaxe e trasladar a rebaixa á veciñanza. Doval considera que non hai “unha explicación coherente para que o municipio perda esta oportunidade”. O PP lembrou que a posibilidade de pedir a redución do 10% estivo aberta ata o 25 de febreiro e
OROSO
ORDES Gastaron máis de 60.000 euros en pavimentar e na recollida de pluviais
O PP propón construír unha praza e un parque na zona da Estación
O Concello dá por rematada a reforma do cemiterio municipal do Piñeiro
Pleno da Mancomunidade
Os terreos pertencen ao ADIF
O PP de Oroso propuxo que o Concello constrúa unha praza e un parque infantil no lugar da Estación. O seu portavoz e candidato á Alcaldía, Alexander Doval, cre que a zona está “totalmente abandonada” e que a petición está “máis que xustificada” ao ser un lugar con “moitos nenos que necesitan un espazo para poder xogar con tranquilidade sen ter que ir a outras zonas do municipio para facelo”. O principal grupo da oposición suxire que o Concello procure que o ADIF ceda os terreos para esta iniciativa. Do mesmo xeito, cre necesario que se limpe o perímetro da vía férrea.
As obras de remodelación do cemiterio municipal do Piñeiro, en Ordes, remataron. O Concello de Ordeunas por concluídas a finais do mes de febreiro despois de varias semanas de traballos. O acondicionamento, proxectado como unha “humanización”, tivo un custo duns 61.500 euros. Segundo o goberno municipal era diñeiro procedente de parte do remanente obtido do exercicio financeiro do Concello de 2017. Os traballos consistiron en pavimentar espazos de paso que en conxunto supera os mil metros cadrados de superficie. O material utilizado para tal fin foi o formigón. Para o enlousado superior empregouse granito, mentres que os bordos para delimitar espazos son de formigón prefabricado. Esa é probablemente a parte máis visible da intervención no cemiterio. Non obstante, o proxecto acometido permitiu tamén dotar o recinto dun sistema de recollida de augas pluviais, que se funciona de xeito
que, ademais de ser publicada no Diario Oficial de Galicia, a propia Sogama remitiu cartas e correos electrónicos aos Concellos. “Se non se sumaron ao plan foi porque consideraron que non merecía a pena o aforro para as arcas municipais ou, o que sería máis grave, porque nin se preocuparon por facelo”, di o PP. “DOVAL ESTÁ MAL INFORMADO” Desde o goberno municipal, xestionado polo PSOE, expón que hai pouco anos evitaron a suba do recibo do lixo a raíz de que o canon de Sogama subise un 30% de maneira “unilateral e poñendo en risco as contas de moitos municipios galegos”. O executivo de Manuel Mirás lembra tamén que o canon de Sogama supón o 40% do custo do recibo do lixo. O outro 60% vai para o transporte e o mantemento. Por iso
aseguran que “o señor Doval está unha vez máis mal informado pois non se pode baixar o recibo cando o canon de Sogama significa un 40%”. O goberno socialista acusa aos Concellos do PP de buscar “un brinde ao sol por estar en período electoral”. O equipo de Mirás anticipa que “os veciños verán que non lles van baixar o recibo un 10%”. O goberno reitera tamén que o Concello de Oroso “está saneado economicamente, non subiu as taxas este mandato e conta con superávit” que pode utilizar en investimentos en infraestruturas e servizos públicos. Por outra parte, desde o goberno de Mirás suxírenlle ao portavoz do PP que “inste á Xunta a baixar o canon da auga, xa que o cobra pero non inviste nada en Oroso”. “Que fai a Xunta cos cartos do canon da auga que lles cobra aos veciños?”, pregúntanse desde o PSOE.
Os espazos de paso pavimentáronse con formigón e lousas de granito
efectivo servirá para mellorar as condicións de uso do lugar. Os traballos remataron hai uns días, pero en realidade acometéronse en dúas fases. A primeira serviu para acadar un 60% de execución de todo o proxecto. Esa parte xa re-
matara a finais de outubro, de maneira que estivo a tempo para os actos de homenaxe do Soldado Lois, que teñen lugar cada ano no cemiterio do Piñeiro na xornada de Todos os Santos. Despois reanudouse a obra para acabar en febreiro.
CRÓNICAS - Marzo 2019
9
ACTUALIDADE COMARCA Un territorio coa maior “concentración de industrias altamente contaminantes de Galicia”, aseguran
Colectivos ambientais da comarca levan as súas reivindicacións ao Parlamento Europeo As distintas entidades integradas na ‘Rede de Plataformas Ambientais Salvemos a Comarca de Ordes’ acudiron ao Parlamento Europeo para “denunciar as diferentes ameazas que se están a dar na comarca” e deixar patente a súa reivindicación de “Aire, Auga e Terra Limpas”. Nunha visita iniciativa da eurodeputada Lidia Senra reuníronse con José Manuel Servert, integrante do equipo xurídico da Unidade de Aplicación do Dereito Medioambiental da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea. Como síntese, Leandro del Río, membro da plataforma, expúxolle que o territorio da comarca de Ordes soporta “a maior concentración de industrias altamente contaminantes de Galicia”. Puxo como exemplo a central térmica de Meirama -próxima a pechar-, a mina de lignito das Encrobas clausurada hai unha década, a subestación eléctrica do Mesón do Vento, proxectos mineiros en superficie para seixo, áricos e arxilas,
Diversas entidades ambientais de toda Galicia ante o Parlamento Europeo
a planta de lixo de Cerceda, o vertedoiro da Areosa ou os proxectos de “megaparque eólico”. Del Río considera que a comarca é “un territorio de sacrificio, un territorio enfermo que debe ser curado”. O representante da plataforma sinalou que esta “contaminación múltiple é fomentada pola propia Administración”. Por iso, solicita que a
Comisión Europea investigue se foi correcto o uso de fondos públicos comunitarios para estes proxectos e que presione ao Estado para establecer leis e normas ambientais de maior calidade técnica e maior control nas autorizacións e no seguimento das actividades industriais que afecten ao ambiente e á saúde humana. Como representante das persoas
afectadas polo vertedoiro de Lesta, Daniel Veiras expuxo a contaminación de auga e do aire por mor da actividade do vertedoiro da Areosa, a central térmica e as combustións do lixo e de GESUGA. “Non se trata de simples molestias ou dunha situación accidental, senón dun grave problema que ten degradado absolutamente a nosa calidade de vida”, dixo, á vez que advirte de que o problema afecta aos 176.000 habitantes da cunca do río Tambre. Por iso reclamou deter o proxecto do vertedoiro de Lesta. Tamén interviu a plataforma Non Eólicos en Ordes. A súa portavoz, Jéssica Rey, avisou de que “unha enerxía limpa como é a eólica pode acabar destruíndo un territorio”. Considerou que a distancia mínima de 500 metros entre aeroxeradores e vivendas “é insuficiente e nin sequera se está a cumprir nestes proxectos”. Valora que afecta ao patrimonio e ao sector primario, nunha comarca declarada pola Xunta de especial interese agrario.
CRÓNICAS - Marzo 2019
10
ACTUALIDADE CERCEDA
ORDES Fixéranse con terminais de alta gama valorados nun total de 50.000 euros
Sogama investirá case 11,5 millóns de euros nunha planta de depuración na Areosa
Os asaltantes dunha tenda de telefonía en Ordes movíanse por toda España
Sogama poderá investir case 11.440.000 euros nunha planta de depuración de lixiviados no vertadoiro de residuos considerados non perigosos na Areosa, en Cerceda. A autorización do gasto para a subministración, o proxecto, a obra, a montaxe e o mantemento da nova infraestrutura xa foi aprobada polo Consello da Xunta. Segundo o goberno autonómico, a decisión de construír esta nova planta “obedece a un cambio de estratexia na operativa de Sogama, derivada das mellores circunstancias en que o vertedoiro desenvolve o seu labor”. A nova depuradora, que se constrúe aproveitando que finaliza o contrato anterior, é unha instalación fixa con catro liñas de tratamento para 225 metros cúbicos de lixiviado diario cada unha. O seu rendemento mínimo é do 67%. Ata agora traballan con plantas de depuración móbiles para cubrir as distintas zonas do vertedoiro.
A súa especialidade eran os móbiles de alta gama. Entraban en tendas e con gran rapidez arrancábanos dos expositores e abandonaban o lugar. Se facía falta usaban a forza. Asaltaron unha tenda en Ordes pero constan roubos tamén en Santiago, Boiro, en varias localidades das demais provincias galegas, en Asturias, en Castela e León e en CastelaA Mancha. Chegaban a facer mil quilómetros diarios para ir e vir desde a súa residencia en Madrid ata o seu obxectivo. A Garda Civil detivo a banda, integrada por dous homes de 20 e 26 anos e un menor de idade, preto dunha estación de servizo en Arévalo (Ávila). Levaba desde xaneiro investigando. O principal atranco para dar cos responsables dos roubos era que utilizaban vehículos distintos que pertencían a persoas sen relación coa actividade delictiva. Por iso, os seguimentos eran difíciles. Nos seus movementos acudían primeiro á procura de establecementos propicios para cometer so
Os ladróns, nun dos seus roubos, e o material recuperado pola Garda Civil
roubos. Volvían aos poucos días, vixiaban os movementos próximos á tenda e en canto vían a mellor ocasión procedían ao asalto. Na fuxida, segundo a Garda Civil, eran igual de rápidos e non dubidaban en utilizar a violencia se o vían preciso.
No momento da detención levaban catorce móbiles, case todos ocultos nun doble fondo baixo o asento do vehículo. As investigacións tratan de confirmar se os demais terminais roubados foron despezados e vendidos a terceiras persoas.
ORDES
O goberno municipal avalía con Sanidade as próximas obras para o centro de saúde O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Benestar Social, Susana García, reuníronse co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, para trasladarlle as necesidades do centro de saúde ordense. Un dos principais puntos de interese foi o servizo de pediatría, ante o que a Xunta di que baralla atraer especialistas de Portugal ou doutras partes de España. En canto ás obras para a zona de agarda, Sanidade tería decidido xa optar por habilitar un segundo habitáculo e non ampliar o existente. Podería executarse este ano.
Formarís, 22 - 23 . 15884 Santiago de Compostela T. 981 5093 04 www.castrohotel.com
PROBLEMAS NO PAC Martínez Sanjurjo e García entregáronlle ao conselleiro un estudo sobre as necesidades do servizo de urxencias do PAC para garantir a dispoñibilidade do persoal. Xusto estas semanas o ser-
vizo do PAC volveu recibir queixas pola falta de persoal. Durante boa parte da mañá do primeiro sábado de marzo só estivo dispoñible un médico no centro, posto que o outro tivo que saír a unha atención externa. A situación, segundo as queixas, prolongouse durante varias horas. Houbo usuarios que optaron por dirixirse aos servizos de Urxencias no hospital e outros que agardaron máis de tres horas, incluso dispoñendo dunha tarxeta sanitaria preferente. O pleno municipal aprobou a principios de ano unha proposta, presentada polo PSOE, para que no PAC haxa sempre dous médicos. Non obstante, as saídas externas, loxicamente imprevisibles, fan que non sempre poida cumprirse. Os socialistas insistiron en que se poden producir “situacións de risco”.
CRÓNICAS - Marzo 2019
11
PUBLICIDADE
Toda a información europea na palma da túa man As eleccións Europeas 2019 están cada vez máis preto, sen embargo, son moitas as preguntas que xorden en torno a elas. Podo votar? Por que é importante o meu voto? Que fai Europa por min? O Parlamento Europeo desenvolveu unha serie de ferramentas en liña que permiten un fácil acceso a información fiable, veraz e procedente de fontes oficiais.
Esta vez voto (www.estavezvoto. eu): este é o lema da campaña lanzada polo Parlamento Europeo para animar ao voto entre os distintos sectores de poboación, especialmente entre a mocidade, o grupo de idade con menor participación nas eleccións 2014. Grazas á libre circulación de persoas na Unión moitos cidadáns teñen a súa residencia nun país distinto ao da súa nacionalidade. Esta situación pode facer que aparezan dúbidas sobre onde poden exercer o seu dereito a voto. Nestes casos as persoas residentes nun Estado Membro distinto ao da súa nacionalidade poden escoller onde votar: ben no seu país de orixe ou no seu país de residencia. No caso de España, as dúbidas sobre como votar poden resolverse na web “Eleccións Europeas 2019” (www.elecciones-europeas. eu), posta en marcha polo Parlamento Europeo, onde se dá resposta a multitude de preguntas relacionadas con esta cuestión, dende cal é a idade mínima para votar ata cantos escanos do Parlamento Europeo corresponden aos candidatos elixidos en España. Son moitas as persoas que non teñen claro por que é importante participar nas Eleccións Europeas xa que consideran a Unión Europea como algo afastado. A Unión Europea inflúe na nosa vida diaria e está presente nas nosas aldeas, cidades e rexións. A páxina web “Que fai Europa por min?” (www.what-europedoes-for-me.eu/es) busca dar visibilidade a todas as situacións da vida cotiá nas que Europa repercute. Divídese en tres apartados: “Na miña
rexión”, “Na miña vida” e “Actualidade”. Así, “Na miña vida” podemos atopar respostas a como a Unión Europea axuda a pequenos agricultores, produtores de leite ou cereais, ou como tratar a situación de pacientes en zonas rurais ou solucións de saúde en liña para persoas maiores. Citizens app é unha nova aplicación creada polo Parlamento Europeo que permite ter Europa na palma da man. Está dispoñible en 24 linguas, para iPhone e Android, e ofrece información sobre temas e lugares de interese ou actos que se celebren preto do usuario, dando a opción de engadilos ao calendario persoal e informando de como evolucionan. Informa sobre quen é quen na Unión Europea, como é isto relevante para a vida cotiá e a que desafíos fai fronte a Unión.
Datos curiosos sobre o Parlamento Europeo España conta cun dos dous eurodeputados máis novos
Segundo un informe do Servizo de Estudos do Parlamento Europeo, a media de idade dos deputados en abril de 2018 era de 55 anos. O deputado de maior idade procede de Francia (89 anos), mentres que os dous eurodeputados de menor idade (29 anos) son de Bulgaria e de España (Javier López Fernández).
Finlandia: case o 70 % dos representantes son mulleres
O 36,9 % do eurodeputados na lexislatura actual son mulleres. En función dos Estados Membros, a porcentaxe de eurodeputadas varía na actualidade entre o 69,2 % de Finlandia e o 16,7 % de Chipre.
E, canto nos custa o Parlamento 3,50 euros a cada cidadán da UE
Europeo?
Nun estudo comparouse o custo anual de funcionamento por cada cidadán, correspondente ao Parlamento Europeo, ao Bundestag alemán, a Cámara dos Comúns británica, a Asemblea Nacional francesa e a Cámara de Representantes estadounidense. Cada cidadán da Unión Europea achega 3,50 euros anuais ao funcionamento da Eurocámara.
CRÓNICAS - Marzo 2019
12
ACTUALIDADE COMARCA A Consellería formaliza convenios de colaboración cos Concellos
Medio Ambiente asigna diñeiro para varias obras en Frades, Tordoia e Trazo A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asinou cos Concellos de Frades, Tordoia e Trazo convenios de colaboración cos que compromete o gasto en diversas obras de espazos e servizos de uso público. No caso de Frades, o acordo servirá para remodelar a contorna do centro de saúde de Abellá. A Xunta e o Concello gastarán 125.000 euros na obra, dos que o 70% será custeado pola administración autonómica e o 30% pola local. Segundo o convenio, intervirán nos muros e peches do recinto e tamén nunha nova disposición das zonas axardinadas e das pavimentadas. Serán soterradas as liñas eléctricas da zona e a nova iluminación será de tecnoloxía LED. No encontro o alcalde, Roberto Rey, presentou un proxecto para semellante para a zona da praza da Pontecarreira, valorado en 81.000 euros.
manizar a rúa da Igrexa da Vila de Abade a través da pavimentación da calzada e do aparcadoiro e da construción de dous muros de contención de formigón armado. Así mesmo, o proxecto tamén prevé acometer a sinalización horizontal deste espazo e completala co pintado de liñas horizontais de aparcadoiro e a colocación de varandas de protección. O custo total estimado para esta actuación ascende a uns 89.500 euros, dos cales a Consellería de Medio Ambiente achegará case 63.000. Unha vez contratadas as obras, o prazo de execución previsto é de seis meses polo que a humanización da rúa podería estar rematada este mesmo ano, segundo os cálculos do departamento que manexa Ángeles Vázquez, asinante do acordo coa alcaldesa, Inés Santos Pereiro.
TORDOIA En canto ao Tordoia, a intervención prevista ten como obxectivo hu-
TRAZO Polo que respecta ao convenio co Concello de Trazo, as actuacións comprometidas teñen como fin comple-
FRADES
FRADES
Prazo ata o 6 de abril para axudas a entidades
Preparan unha distinción para Manuel Cortiñas
A convocatoria municipal de axudas para entidades culturais, deportivas, veciñais ou sociais admiten solicitudes ata o 6 de abril. Teñen que presentarse no Rexistro do Concello. A dotación da convocatoria é de 32.000 euros. Admite peticións de asociacións con ou sen personalidade xurídica, carentes de ánimo de lucro. Teñen que figurar no rexistro municipal deste tipo de colectivos e estar ao día nos tributos.
Un monolito no lugar onde estaba a escola lembrara a figura de Manuel Cortiñas Pontón, mestre na parroquia de Gafoi (Frades) entre os anos cincuenta e setenta do século pasado. A iniciativa foi presentada por 36 persoas de Gafoi e de Ledoira que foron alumnas de Cortiñas e foi respaldada por unanimidade no pleno municipal. Para iso, o Concello ten que adaptar agora a ordenanza de distincións.
tar a rede de abastecemento municipal para levala ata o lugar de Cambel de Abaixo, na parroquia de Xavestre. Esta zona agora recibe a auga potable a través da rede de Cambel de Arriba. Para dotala dunha infraestrutura propia, o proxecto contempla a execución de desaugamentos e válvulas de corte así como a instalación dun hidrante para o servizo de bombeiros. Tamén está previsto acometer a reposición do firme dos camiños municipais por onde transcorre a tubaxe. O convenio asinado entre Vázquez e o alcalde de Trazo, José Dafonte, contempla para estas obras un investimento total de case 39.000 euros, dos cales Medio Ambiente achegará o 70%. A intención é que a obra estea rematada e en servizo este mesmo ano, posto que o seu prazo de execución é de dous meses desde que se contraten. A Xunta inscribe os acordos dentro do que chama Plan Hurbe, co que apoia ás entidades locais na mellora de infraestruturas públicas e servizos básicos de uso común.
Ángeles Vázquez e Inés Santos
Ángeles Vázquez e Roberto Rey
Ángeles Vázquez e José Dafonte
OROSO
O PP insiste no “abandono” das zonas rurais do municipio
Acto do PP de Oroso con entidades veciñais do ámbito rural do municipio
O PP de Oroso insiste en que as zonas rurais do municipio acumulan un “abandono desde hai moitos anos” que aconsella que teñan que “volver estar na axenda do goberno municipal na próxima lexislatura”, di o seu portavoz. Alexander Doval mantivo un encontro con asociacións veciñais ao que acudiu a directora xeral de Administración Local da Xunta
para explicar diversas axudas autonómicas válidas para reformar e equipar locais veciñais. O rural, clave no resultado electoral, foi unha constante do debate no mandato que remata. O goberno de Manuel Mirás (PSOE) desbotou sempre tal crítica enumerando as diversas obras que acomete nas parroquias en sintonía coas demandas veciñais.
CRÓNICAS - Marzo 2019
13
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Marzo 2019
14
ACTUALIDADE CRÓNICAS sobrevoa a comarca a bordo do helicóptero do Servizo Aéreo da Garda Civil con base en Alvedro
O Cuco, o helicóptero que salva vidas
O vehículo da Garda Civil, tomando terra no heliporto da estación de Montaos
Desde o aire supervisan e apoian as intervencións dos efectivos terrestres
Chámanlle o Cuco porque ese é o indicativo aeronáutico que se lles asignou a todas as aeronaves da Garda Civil. Non se trata de ningunha metáfora ornitolóxica. Así que nin pon ovos en niño alleo nin está só entre nós a partir da primavera. Ao contrario, o helicóptero da Garda Civil é de pleno proveito público durante todos os días do ano. CRÓNICAS sobrevoou a comarca nun vehículo que está preparado para tarefas propias do corpo como a vixilancia de seguridade cidadá, do medio ambiente ou a preservación da orde pública en grandes eventos. Por suposto, dadas as súas cualidades e a capacidade de chegar con rapidez a practicamente calquera lugar, a Garda Civil tamén o utiliza para servizos de reacción inmediata como a busca de persoas desaparecidas, rescates, auxilios en catástrofes ou persecución de delincuentes en fuga. Sen ir máis lonxe, na Comarca de Ordes este helicóptero interviu nos
riodicamente segundo as necesidades do servizo. Como é lóxico, os pilotos son de primeiro nivel. Están habilitados para traballar cos modelos BO-105, BK-117 e EC-135, cos que traballa a Unidade. Tamén están capacitados para voos nouturnos, tecnicamente denominados IFR, polo que a Unidade pode traballar en calquera lugar a calquera hora. Son profesionais en preparación continua. As esixencias do seu traballo obrigan a manter sempre ao máximo as súas aptitudes. Por iso non deixan de realizar voos de instrución na propia Unidade ou desprazándose ao Órgano Central da Garda Civil para afianzar os seus coñecementos e a capacidade de executar manobras. O persoal mecánico é tamén altamente cualificado. Á homologación para traballar nos diferentes modelos de que dispón a Garda Civil súmase a reciclaxe formativa periódica no Órgano Central e a experiencia no manexo de equipamentos
últimos anos na busca e localización dunha persoa que se perdera en Tordoia ou no auxilio ao condutor e demais usuarios da vía no incendio dun camión que circulaba por Mesía. Tamén foi decisivo na persecución, localización e detención dun grupo de delincuentes na peaxe da AP-9 en Sigüeiro (Oroso). Ao Cuco non se lle escapa nada. Por se alguén tivese dúbidas, a perspectiva desde aí arriba é moito máis nítida do que podería parecer. A axilidade e rapidez -velocidade de cruceiro de 220 km/h e máxima de 275 km/h- son as súas grandes bazas para un servizo público exitoso. OPERATIVO AS 24 HORAS A súa tripulación de alerta está operativa as 24 horas todos os días do ano, aínda que algúns servizos non se poden efectuar despois do ocaso. O persoal do helicóptero, tanto pilotos como mecánicos, acumula máis de vinte anos de experiencia. Desde a creación da Unidade, outro persoal incorpórase pe-
Vista de Sigüeiro, capital de Oroso, desde o helicóptero da Garda Civil
auxiliares de terra e do propio helicóptero, como o foco de busca e rastrexo, a cámara de infravermellos ou o guindastre de rescate. O helicóptero pertence á Unidade Aérea de Galicia, que ten a súa base no aeroporto de Alvedro, na Coruña. A unidade forma parte do Servizo Aéreo da Garda Civil, encadrado á súa vez dentro da Xefatura de Unidades Especiais e de Reserva. Non obstante, aínda que o seu ámbito de actuación é Galicia pode intervir en calquera outro punto de España. Basta con que se tramite unha solicitude debidamente xustificada para activar o servizo. A decisión de que o helicóptero voe correspóndelle ao Xeneral Xefe da XV Zona, a de Galicia, ou por delegación ao Xefe de Operacións, a proposta do Xefe da Unidade Aérea. Iso si, sendo esta a canle de decisión, o helicóptero está sempre a total disposición de cuarteis como o de Ordes ou de calquera outra Unidade Territorial da Garda Civil en toda misión na que poida ser útil.
Perspectiva da vila de Ordes durante o voo no que participou CRÓNICAS
CRÓNICAS - Marzo 2019
15
ACTUALIDADE TRAZO O proxecto de reparación foi licitado por 112.000 euros e admite ofertas de empresas ata o 8 de abril
A Deputación licita o arranxo da Ponte Albar
A ponte, que se remonta polo menos á Idade Media, comunica Xavestre e Fecha
A Deputación da Coruña xa licitou as obras de reparación da Ponte Albar, que une Xavestre (Trazo) con Fecha (Santiago) sobre o río Tambre na estrada provincial DP 7804. As obras saíron a concurso por 112.038 euros. As empresas interesadas poderán presentar propostas ata o 8 de abril para facerse coa contrata. O prazo para rematar a obra, unha vez se formalice a adxudicación, será de catro meses. Os traballos consistirán en consolidar os elementos estruturais da ponte, para o que será preciso o desmonte dos tallamares ata a fiada inferior onde exista perda de material, previa numeración de cada unha das pezas de granito que as compoñen. Unha vez desmontados os perpiaños e limpa a base de asento, procederase de novo ao seu remonte na
posición orixinal, recuperando as pezas que se atopen caídas no río e usando pezas novas de granito se fose preciso. Ademáis, está previsto eliminar a vexetación, limpar os paramentos, sanear as xuntas e encintalas con morteiro de cal, aplicar un tratamento biocida e rozar a maleza na contorna. BEN CATALOGADO A Ponte Albar, que desde hai tempo presenta danos nos tallamares, forma parte do catálogo de bens culturais de Trazo e de Santiago e tamén do inventario de pontes históricas de Galicia. Suma varios séculos de historia, aínda que a súa orixe, segundo a Deputación, segue sendo unha incógnita. Numerosas referencias sitúana na Idade Media.
ORDES
Charla sobre a radioterapia A xunta local da Asociación Española Contra o Cancro de Ordes organizou unha charla no Museo do Traxe. O xefe de oncoloxía radioterápica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Antonio Gómez Caamaño, disertou durante algo máis dunha hora sobre diversos aspectos da radioterapia. As súas explicacións encheron o auditorio.
Arriba, público asistente á charla de Gómez Caamaño (imaxe esquerda)
CRÓNICAS - Marzo 2019
16
ACTUALIDADE
Numerosos veciños e veciñas, así como representantes públicos locais, secundaron a convocatoria da Asociación de Comerciantes de Ordes co gallo do Día da Muller
COMARCA Os actos reivindicativos conviven con actividades de gran simbolismo e con recoñecementos públicos
O 8M, algo máis que unha foto un día ao ano? 2019 é o segundo ano no que as accións reivindicativas do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, teñen unha dimensión especial. Se en 2018 estoupou o clamor contra as desigualdades, este ano as mensaxes non cesaron a intensidade e advirten especialmente dos riscos para a muller e para o conxunto da sociedade da aparición de movementos políticos fascistas nesta etapa preelectoral. En toda España as mobilizacións foron moi concorridas, con folga e manifestacións masivas nas principais cidades. Sen ir máis lonxe, en Santiago encheuse a Praza do Obradoiro na concentración do serán. Na comarca o 8M tamén tivo un importante protagonismo e implicou á poboación en xeral pero sobre todo aos centros educativos. Neste sentido resulta destacable a iniciativa do Centro de Información á Muller de Ordes para colexios de toda a contorna. Os escolares elaboraron mensaxes de igualdade sobre cartolinas lilas que despois exhibiron en concentracións nos patios dos seus centros. Ademais desta proposta, en Ordes tivo moi boa acollida a concentración ante a antiga casa consistorial convocada pola Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES), á que acudiron diversos representantes da corporación municipal, ademais de veciñas e veciños. En Oroso o principal acto foi unha homenaxe a todas as traballadoras do ámbito agrario, tanto as que están en activo como as xubiladas ou as que nalgún momento tiveron tales tarefas entre as súas ocupacións. Foi un xeito de recoñecer o seu esforzo e o seu traballo como peza indispensable das súas familias e da xeración da riqueza na súa contorna. O Concello puxo de manifesto que os avances legais en materia de igualdade aínda non erradicaron situacións de desigualdade real.
Concentración de escolares no colexio do Mesón do Vento, seguindo a convocatoira do Centro de Información á Muller
En Mesía foi relevante unha mesa redonda con mulleres de diversos ámbitos profesionais. Tivo lugar no colexio de Xanceda e participaron Elena Roca, xogadora internacional de rugby e técnica municipal de deportes; María Gómez, cofundadora e base do Grupo Ramón García; Iria Pedreira, filóloga, tradutora e crítica literaria; Vanesa Carro, enxeñeira agrónoma; María José Rey, traballadora do servizo de axuda no fogar do Concello de Mesía e camioneira; e Jessica Rey, responsable do departamento de marketing da granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda.
Entrega de recoñecementos a mulleres traballadoras do ámbito agrario en Oroso
Concentración do 8M no colexio da Pontecarreira (Frades)
Mesa da Muller con varias profesionais no concello de Mesía
CRÓNICAS - Marzo 2019
17
ACTUALIDADE ORDES Para efectuar tarefas de roza e de mantemento e limpeza da rede viaria
FRADES
A Xunta cédelle ao Concello de xeito temporal un tractor e maquinaria
Gastan case 58.000 euros en acondicionar o andar inferior do anexo á Casa do Concello
Ordes disporá durante unha tempada dun tractor, unha rozadora de brazo e unha trituradora, que a Xunta lle cede para tarefas de prevención de incendios mediante a roza e a limpeza e mantemento da rede viaria. O acordo de cesión foi asinado polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e o delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, na Casa do Concello, en presenza doutros responsables municipais e autonómicos. Non se explicou durante canto tempo poderá utilizar a maquinaria o Concello. O goberno municipal agarda que os equipamentos poidan poñerse a traballar en breve. Para iso terá que agardar a que remate o proceso de selección dun tractorista, que convocou hai un tempo. O alcalde manifestou que a vontade é que sexa “o antes posible”. Durante este mandato o goberno tratou de impulsar as tarefas de roza de pistas forestais, primeiro mediante tractores de propiedade do Concello que nalgún caso levaban anos prac-
A obra poderá acabar en abril
Sinatura do acordo entre o Concello e a Xunta para a cesión da maquinaria
ticamente parados por mor das súas frecuentes avarías. Estas dificultades seguiron e tamén se acudiu a encargarlle as tarefas a empresas privadas. A cesión da Xunta é un novo capítulo neste proceso. Ovidio Rodeiro explicou que a Consellería de Medio Rural asinou recentemente dezanove convenios con outros tantos Concellos de toda Ga-
licia para a adquisición de tractores destinados á roza, ademais de manter a opción de acordos para o uso da maquinaria ou colaboracións para subvencionar rozas ou facerse con motobombas e brigadas. A cesión evítalle aos Concellos o gasto de facerse con maquinaria, mentres que a Xunta aforra en persoal e en combustible.
Comezaron as obras para acondicionar o andar inferior do edificio contiguo á Casa do Concello de Frades, no que se instalarán unha biblioteca, unha aula de informática e unha sala multiusos. O gasto é de case 58.000 euros e podería estar rematado en abril. A colección de apeiros tradicionais que posúe o Concello foi trasladada ao andar superior, ata agora sen uso, e non poderá ser visitada durante as obras. Ao dispoñer da nova aula multiusos, o goberno municipal tamén contempla que a outra parte do edificio convirta nunha sala ampla as dúas aulas existentes.
CRÓNICAS - Marzo 2019
18
ESPECIAL
Os socialistas da comarca afrontan as municipais “con optimismo, os veciños necesitan un modelo de crecemento socialista” “A cidadanía pode ver nos concellos onde gobernamos as políticas que temos, pensadas só para o benestar das persoas”, sostén Antonio Leira, portavoz do PSOE O PSOE da comarca de Ordes afronta as eleccións municipais “con optimismo e ilusión, xogámonos o modelo de crecemento dos próximos anos e estamos convencidos de que os veciños apostarán polas políticas socialistas”, asegura Antonio Leira. En opinión do portavoz dos socialistas na comarca, “os veciños poden ver nos concellos onde gobernamos as políticas que temos, políticas de progreso pensadas só para o benestar da cidadanía”. “Non podemos permitir que a recuperación económica chegue tutelada polas formas de facer política da dereita ou da extrema dereita, a cidadanía ten a opción de elixir entre o modelo socialista e o modelo conservador”, afirma Leira, que coordina a acción elec-
toral do PSOE nos concellos de Ordes, Trazo, Frades, Mesía, Tordoia, Oroso e Val do Dubra. Leira lembra que “os avances para a nosa sociedade sempre chegan con gobernos socialistas e aí está o acadado en materia de igualdade, políticas sociais, ensino ou sanidade, non podemos permitirnos dar pasos atrás”. “En só nove meses, o goberno de Pedro Sánchez marcou o camiño a seguir, con medidas sociais e melloras significativas en aspectos tan importantes como as pensións”, apunta.
Concellos
Repasando a situación dos sete concellos da comarca, Antonio Leira manifesta que “Ordes ten que
recuperar o seu papel como motor económico e social da zona”, lamentando a situación “de parálise que vive o municipio, que non desenvolve o parque industrial e permite a destrución de emprego en empresas punteiras”.
Leira, que considera a Enrique Astray “a persoa idónea para liderar o proxecto socialista no municipio, vemos moita ilusión nas reunións que temos desde hai semanas con colectivos da zona, que nos están a facer chegar esta necesidade”.
“Ordes é un concello con moitas posibilidades que perde o tren, por iso estamos satisfeitos de contar cun gran candidato, Fernando Viqueira Nouche, que ultima unha candidatura de garantías para poñer en marcha o cambio progresista que necesitan os veciños”, afirma o portavoz dos socialistas.
“O contraste está en Mesía, cun alcalde socialista, Mariano Iglesias, que está ao carón dos veciños, apoiando proxectos importantes no eido da agricultura e a gandeiría”, explica Antonio Leira, “e amosando ademais que hai marxe nos concellos pequenos para iniciativas que impulsen a actividade económica e cultural, como o Museo Etnográfico, á marxe de apoiar iniciativas privadas de sostenibilidade”.
“O mesmo pasa en Frades, que necesita desenvolver a súa industria para non perder máis poboación; falamos dun concello que necesita ademais unha mellora clara nos servizos básicos”, afirma
Decadencia
Repasando a situación de segue...
CRÓNICAS - Marzo 2019
19
ESPECIAL
Acondicionamento do aparcadoiro do tanatorio de Ordes, acometido grazas ás achegas da Deputación Provincial da Coruña, presidida por Valentín González Formoso
Tordoia, os socialistas ven “un concello triste e en decadencia, con débedas e que perde poboación a marchas forzadas, sen oportunidades para os mozos e mozas”. Antonio Leira garante que o PSOE “terá unha candidatura ilusionante liderada por Tomás Castro Liñares, capaz de aproveitar o potencial que o concello ten en sectores como o apoio o cooperativismo, a gandeiría, a agricultura e o tecido forestal”.
perda poboación e non sexa capaz de atraer empresas”, engade o portavoz socialista.
“E o mesmo pasará en Trazo, os veciños din que como é posible que un concello que está tan preto de Santiago e ten boas comunicacións
En Val do Dubra, “os socialistas temos un líder novo e preparado, Diego Díaz Méndez, o PSOE tomou nota de erros do pasado e
Neste concello non continuará o alcalde o PP, José Dafonte, unha decisión que chega despois de que a portavoz e candidata do PSOE, Beatriz Domínguez, presentase nos xulgados unha querela contra el por malversación e falsidade documental. “É o final dunha xestión nefasta, de lío en lío”, di Leira.
Accesos ao local social da parroquia de Céltigos, en Frades
volve ilusionar, non se fixeron ben as cousas pero agora levamos tres anos traballando en contacto co tecido social do concello”. Por último, Leira lembra a situación en Oroso despois de moitos anos de goberno con Manuel Mirás Franqueira: “O concello é un referente en políticas sociais, educativas e deportivas”. Oroso converteuse nun exemplo “de políticas socialistas de benestar, igualdade e desenvolvemento
económico”, con medidas como “a apertura da conexión coa AP-9 ou o impulso do polígono industrial, por non falar de ampla programación cultural ou das máis de 1.300 persoas que practican alguna modalidade deportiva”.
Achegas equitativas
Á marxe das municipais, Antonio Leira fai repaso da lexislatura que remata, “na que os concellos da comarca de Ordes recibiron máis de 35 millóns de euros en achegas da Deputación da segue...
Bancadas do campo de fútbol de Gorgullos en Tordoia
20
CRÓNICAS - Marzo 2019
ESPECIAL
A rehabilitación do centro social de Restande, en Trazo, tamén foi posible grazas á financiación económica facilitada pola Deputación da Coruña
Coruña polos 16 millóns da lexislatura anterior”. “A Deputación cambiou totalmente o seu modelo de financiamento, aplicando criterios obxectivos aprobados por todos os concellos, fuxindo das subvencións nominativas e a dedo para aplicar un reparto equitativo”, afirma o socialista. Os socialistas eloxian “o Plan Único, creado polo Goberno provincial que preside Valentín González Formoso, que unifica os antigos plans de investimentos da De-
Senda peonil que vai ao Rieiro, no municipio de Val do Dubra
putación nunha única convocatoria anual, permitindo aos concellos non só unha mellor planificación, senón maior axilidade na tramitación e máis autonomía local para decidir en que invisten os fondos provinciais”. Trátase dunha forma ben distinta “de como fai a Xunta de Galicia, con repartos tutelados en función da cor do concello de turno”. “Tamén gañamos en transparencia na asignación de recursos, xa que os fondos distribúense agora en base a criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias e esforzo fiscal do concello”, engade.
Polo que respecta a Trazo, “a rehabilitación e conservación do Centro Social de Restande, e a rehabilitación e conservación do centro social da Brea”, entre outras actuacións, mentres que en Val do Dubra destaca a mellora nos pavimentos no CPI Bembibre ou a senda peonil no Rieiro, ademais do acondicionamento do campo de fútbol de Portomouro.
Son actuacións “que lles permiten aos concellos mellorar a calidade de vida da veciñanza, así como outras moitas que reflicten o compromiso claro cos concellos, que tamén puideron destinar estes fondos a servizos báAlgúns exemplos sicos de alumeado, xardinería ou Repasando algúns dos investi- naqueles gastos sociais que conmentos dos últimos anos que se pui- sideraron prioritarios, mesmo a deron facer ou ben están orzamenta- pagar débeda e pagamento a prodos, os socialistas destacan en Tor- veedores e pequenas empresas; doia os accesos á Igrexa de Tordoia en resumo, son formas socias de e as bancadas no campo de fútbol de Gorgullos; en Ordes, “o acondicionamento da contorna do local social de Poulo, o acceso ao campo de fútbol de Poulo, os accesos ao local social de Barbeiros, ou a mellora do aparcadoiro do tanatorio municipal”. Tamén se están a permitir melloras nos accesos ao IES Maruxa Mallo e á piscina climatizada, as beirarrúas na rúa Coruña, e os accesos e a contorna do cemiterio do Balado. En Frades, investimentos no acceso á área recreativa das Virtudes (Vitre), os accesos ao lavadoiro de Fonte Santaia (Moar), os accesos á área recreativa de Augasantas (Céltigos), o acceso dende Añá ao local social de Céltigos e os accesos aos locais sociais das parroquias de Aiazo e de Galegos.
destinar os orzamentos”, explica Leira.
A gañar
“Saímos a gañar en maio, temos proxectos renovados nos concellos nos que fomos oposición nesta lexislatura, escoitamos as demandas dos veciños e estamos preparados”, advirte Antonio Leira. O portavoz dos socialistas demanda “aos colectivos sociais e económicos dos concellos da comarca que respalden os proxectos socialistas para mellorar a vida dos veciños”. “Somos un partido municipalista, nos concellos onde gobernamos puxemos en marcha políticas de progreso, cun claro carácter social, e a transformación ten que continuar, xogámonos o futuro en maio”, remata Leira.
Aspecto das obras de rehabilitación do centro social da Brea, en Trazo
CRÓNICAS - Marzo 2019
21
ESPECIAL TODOS OS MUNICIPIOS RECIBIRON CONTÍAS NOTABLEMENTE SUPERIORES AO MANDATO ANTERIOR
Evolución moi positiva das achegas da Deputación da Coruña á comarca
Na lexislatura que remata, os concellos da comarca de Ordes recibiron máis de 35 millóns de euros en achegas da Deputación da Coruña, cando no anterior mandato foran unicamente uns 16 millóns de euros. A evolución é netamente positiva no conxunto deste mandato para todos e cada un dos Concellos da zona. Neste mandato o modelo de financiamento da Deputación mellorou sustancialmente. Agora utliza criterios obxectivos que foron aprobados por todos os Concellos. En vez do reparto discriminatorio das subvencións nominativas e a dedo aplícase un reparto equitativo dos recursos. O modelo do Plan Único da Deputación, establecido neste mandato, permite unha mellor plnificación e autonomía por parte dos Concellos, así como máis axilidade nos trámites. Contrasta coas prácticas da Xunta de repartir os seus fondos con criterios partidistas.
Frades pasou de recibir da Deputación 1.999.706,58 euros a 2.810.988,05 euros, o que supón un 40,57% máis.
Mesía pasou de recibir da Deputación 1.579.413,19 euros a 3.469.957,81 euros, o que supón un 119,70% máis.
Ordes pasou pasou de recibir da Deputación 3.184.065,56 euros a 6.762.249,33 euros, o que supón un 112,38% máis.
Oroso pasou de recibir da Deputación 2.131.924,62 euros a 4.886.998,72 euros, o que supón un 129,23% máis.
Tordoia pasou de recibir da Deputación 2.760.968,73 euros a 5.147.691,48 euros, o que supón un 86,44% máis.
Trazo pasou de recibir da Deputación 2.435.174,29 euros a 3.967.187,82 euros, o que supón un 62,91% máis.
Val do Dubra pasou de recibir da Deputación 2.203.138,28 euros a 5.096.019,68 euros, o que supón un 131,30% máis.
22
CRÓNICAS - Marzo 2019
ECONOMÍA E TRABALLO LEITE Os 0,317 euros por litro mantéñena cos peores prezos en orixe de España
Galicia rematou 2018 con case 500 explotacións de leite menos Galicia rematou o exercicio 2018 co peche de 465 explotacións gandeiras dedicadas á produción de leite. Se en xaneiro do ano pasado os datos do Ministerio computaban 7.968 titulares de granxas comercializando leite, en xaneiro deste a cifra baixa ata os 7.503. Crise económica, crise demográfica, falta de relevo, dificultades para adaptar as infraestruturas, imposibilidade de baixar custos de produción... Hai unha manchea de factores que axudan a explicar o continuo desmantelamento do sector leiteiro. Pero sen dúbida o que máis segue fallando é o prezo do leite, o que impide a xeración de ingresos suficientes para garantir a viabilidade. Á espera dos resultados do novo paquete lácteo, que en todo caso se notarán a medio prazo e que un hipotético cambio no goberno central podería botar abaixo, as cotizacións en orixe de Galicia seguen sendo as peores de toda España. Os 0,317 euros por litro de media en xaneiro, o último mes con datos oficiais dispo-
A produción de leite tende a medrar en Galicia pese ao peche de explotacións
ñibles, calcan o dato de xaneiro do ano pasado e non supoñen variación algunha con respecto a decembro. A media española estivo en xaneiro deste ano en 0,330 euros por litro, cunha mínima mellora sobre xaneiro de 2018 (0,329 euros por litro). A PRODUCIÓN MEDRA Sen embargo, pese ao peche de granxas leiteiras, as que manteñen a
actividade incrementan a produción, algo que non sucede no conxunto de España. En xaneiro deste ano producíronse 1.286 toneladas de leite máis en Galicia que en xaneiro do pasado (232.637 fronte a 231.351), mentres que no conxunto de España a produción rexistrada minguou en 11.145 toneladas, ao pasar de 613.125 en xaneiro de 2018 a 601.980 toneladas no mesmo mes deste ano.
PREZOS DO LEITE
XANEIRO / DECEMBRO (€/litro)
Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA
0,317 0,346 0,327 0,349 0,322 0,450 0,329 0,350 0,334 0,324 0,337 0,339 0,325 0,334 0,351 0,334 0,347 0,330
0,317 0,338 0,329 0,348 0,337 0,449 0,327 0,351 0,334 0,327 0,347 0,343 0,328 0,333 0,349 0,336 0,356 0,330
MEDIAS ESPAÑA XANEIRO 2015 0,328 2016 0,308 2017 0,316 2018 0,329 2019 0,330
PRODUCIÓN XANEIRO 2018
2019
Galicia 231.351 tn 232.637 tn España 613.125 tn 601.980 tn Fonte: FEGA (04-03-2019)
Medio Rural cre necesario mellorar a calidade para subir os prezos A Consellería do Medio Rural considera que o sector leiteiro ten que afrontar diversas tarefas para mellorar os prezos e a rendibilidade. Diversificar na elaboración de derivados lácteos, potenciar o pastoreo e incrementar a calidade son propósitos que citan para a “estratexia” que, din, están trazando.
Nunha comparecencia parlamentaria, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, José Balseiros, explicou que o goberno autonómico está elaborando “un estudo pormenorizado e completo” para coñecer a situación do sector e ver que debilidades, ameazas, fortalezas e opor-
tunidades ten. Outra iniciativa da Consellería pasa pola creación dun grupo multidisciplinar cos distintos axentes do sector, expertos e investigadores. O grupo encargaríase de definir a estratexia de futuro. Balseiros recoñeceu que é necesario reforzar a posición negocia-
dora dos gandeiros en relación co prezo e de “potenciar o papel negociador dos sindicatos, das cooperativas e das organizacións de produtores”, asegura a Xunta. Do mesmo xeito, enunciou a importancia de reorientar a produción, ampliar a base territorial das explotacións ou mellorar a súa xestión empresarial.
GANDARÍA Reclama medidas para evitalo e axilización das indemnizacións
EMPRESA
A Fruga asegura que nove de cada dez vacas sacrificadas por tuberculose en realidade estaban sas
Purificación Torreblanca, nomeada nova directiva de Puentes y Calzadas
A crítica non é nova, pero non por iso menos grave. Repítese practicamente todos os anos. Esta vez volve ser a Federación Rural Galega (FRUGA) a que asegura que nove de cada dez vacas que tiveron que ser sacrificadas por tuberculose na pasada campaña de saneamento en realidade estaban sas. O problema é, segundo esta entidade, que nas probas efectuadas aparecen moitos positivos en tuberculose que ao final resultan ser falsos. As comprobacións fanse coas
reses xa mortas, nos matadoiros, cando obviamente xa é tarde. Elías Somoza, coordenador da FRUGA en Lugo, explicou que os animais reaccionan ás substancias que se lles aplican para tratar de detectar a enfermidade, pero por algunha razón esa sospeita non se confirma. Ao contrario, descártase. A FRUGA quéixase de que a Xunta obriga a sacrificar os animais supostamente afectados pola enfermidade nun prazo de dúas semanas, cando as axudas autonómicas para
compensar a perda poden tardar ata seis meses. Como exemplo, a entidade cita casos de sacrificios efectuados en setembro de 2018 que a comezos deste mes de marzo seguían sen ser indemnizados. Os atrancos son aínda maiores para granxas que dispoñen dun seguro. Por iso, a federación reclamou medidas que eviten este tipo de situacións, que se traducen en considerables perdas económicas por unha causa inexistente.
A enxeñeira de camiños, canais e portos Purificación Torreblanca García é a nova directora xeral executiva do grupo Puentes y Calzadas, firma con sede en Oroso. Torreblanca, que naceu en Granada en 1970, acumula 25 anos de experiencia e antes de asumir a nova responsabilidade traballou en Acciona. Foi escollida entre unha vintena de aspirantes pola empresa, moi centrada na súa actividade internacional.
CRÓNICAS - Marzo 2019
23
XENTE DE AQUÍ OROSO
Convocado o cuarto certame de traballos de investigación sobre o Camiño Inglés A cuarta edición do certame de traballos de investigación sobre o Camiño Inglés xa foi convocada polo Concello de Oroso. As propostas deberán referirse a calquera faceta do Camiño Inglés (histórica, lingüística, xeográfica, botánica ou ecolóxica) tanto en Galicia como noutras partes de España ou outros países. Os traballos teñen que ser orixinais e inéditos. Poden ser presentados en galego, castelán ou inglés. Acéptanse os que foran presentados a outros certames sen recibir neles premios ou mencións nin seren tampouco publicados de ningún xeito. O prazo para presentar traballos está aberto ata o 13 de abril ás 14:00 horas. Hai tres categorías: investigación, diarios e experiencias de peregrinación para maiores de idade, e xuventude ata 18 anos. A extensión mínima é de 18.000 caracteres para investigadores, 5.000 para peregrinos e 2.500 para menores de 18 anos. Hai nove premios. O máis relevante é o primeiro de investigación, dotado con mil euros.
COMARCA
OROSO
Presentouse a segunda edición da revista Memoria de Oroso
A segunda edición de Memoria de Oroso, a revista do arquivo histórico de imaxes do Concello, xa foi presentada publicamente. Esta publicación recolle imaxes sobre acontecementos históricos no municipio ou entidades ou personaxes de relevancia social. A nova edición ofrece imaxes de Sigüeiro e das parroquias,
unha reportaxe sobre a S.D. Deixebre e outra sobre a rectoral de Calvente, entre outros contidos. O alcalde, Manuel Mirás, explicou que “a memoria é fundamental para entender a historia dos pobos”. Manuel Pazos, coordinador da revista, animou á veciñanza a continuar achegando imaxes ao arquivo municipal.
Normalización Lingüística activa a iniciativa ‘Rosalía e as nosas Letras’ O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes activou a súa iniciativa ‘Rosalía e as nosas Letras’, coa que celebra nas redes sociais de maneira conxunta o Día de Rosalía (24 de febreiro) e o Día das Letras Galegas (17 de maio). Esta acción está dirixida ao alumnado de Primaria e de Secundaria de centros educativos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Tordoia e Trazo, posto que Oroso non está cuberto polo servizo mancomunado. Para participar, o alumnado deberá preparar un audio ou un vídeo no que recite versos de Rosalía ou textos en prosa ou en verso de calquera outra persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas. Os audios ou vídeos deberán subirse ao evento de Facebook Rosalía e as nosas Letras, que o SNL creou para esta ocasión. O prazo remata o propio 17 de maio. Os premios decidiranse e daranse a coñecer unha vez superado este prazo. A valoración dos audios e dos vídeos terá en conta a orixinalidade e o esforzo. Tamén se terán en conta o número de ‘gústame’ que acade cada proposta nas redes sociais.
24
CRÓNICAS - Marzo 2019
XENTE DE AQUÍ ÁLBUM Os desfiles, concursos e festas de entroido contan por centos as persoas participantes na comarca
Sabe o demo cando haberá outro Entroido! O desfile e concurso de disfraces de Oroso sumou máis de 1.500 espectadores. O certame, con máis de 3.000 euros en premios, tivo como comparsa infantil gañadora a Segunda Xuventude e como comparsa adulta a Fantasía na fraga. Entregáronse premios tamén a disfraces individuais e grupos. O premio especial foi para Somos criminais.
En Ordes a xornada máis concorrida do Entroido é o Sábado de Piñata, cun certame de disfraces con máis de 400 participantes e máis de 4.000 euros en premios. Estivo tamén moi animada a Tarde de Entroidada do Martes de Entroido. E pensando na conciliación laboral e familiar o Carnival Camp sumou máis de trinta nenos e nenas.
Os máis pequenos foron os grandes protagonistas das celebracións de Entroido en Cerceda (imaxe da esquerda) e en Mesía (imaxe da dereita). As festas organizadas polos Concellos en recintos polideportivos municipais contaron con desfiles de disfraces, obradoiros, música, xogos e produtos gastronómicos propios das festas menos ortodoxas do ano. O espírito máis critico e tradicional do Entroido resérvase para os festexos veciñais, tamén moi concorridos.
Na festa e concurso de Entroido de Frades, con 1.200 euros en premios, a comparsa Coco obtivo o primeiro premio e Bar Tolo o principal premio especial.
No Entroido de Tordoia destacan o baile de disfraces posterior á misa en Arcai de Abaixo (Gorgullos) e a festa no pavillón municipal, que serviu 450 chocolates.
Trazo une deporte e Entroido nunha carreira de disfraces moi vistosa e entretida. Tamén houbo unha gran festa no pavillón e Restande celebrou a Corrida do Galo.
CRÓNICAS - Marzo 2019
25
XENTE DE AQUÍ
Volve Superoito
O grupo ordense comezou en 2013 e hai dous anos tomou un descanso temporal. Agora volven tan auténticos como sempre.
- Despois de case dous anos de descanso volvedes agora ao ataque. En que empregastes este tempo de pausa? Foi desexado ou obrigado? - Foi un pouco de todo; cando decidimos baixarnos levabamos xa catro anos tocando practicamente todas as semanas. Fixemos case douscentos concertos nese tempo entre xiras de salas e festivais e chega un momento no que autoesixirse un ritmo tan alto acaba pasando factura. A música ao fin e ao cabo son moitas horas de probas, gravacións, actuacións e sobre todo moitos quilómetros de furgoneta. É imprescindible manter a ilusión intacta en todo momento para ser auténticos. - E agora volvedes anunciando un novo disco, que se non nos fallan os cálculos, será xa o terceiro. Ides practicamente a disco por ano, incluíndo o parón. É necesario este ritmo cando a tendencia parece ser a de non publicar discos?
EN TR E EX CL VISTA US IVA
“Agora empeza o bo de verdade” tan instantáneo e no que hai tanto contido que moitas veces non dedicamos o tempo suficiente a disfrutalo. A nós un disco parécenos o punto perfecto onde conflúe todo o traballo de moitos meses e por agora imos seguir apostando por el, e sobre todo por defendelo no directo. - As novas cancións son ‘frescas’ (artelladas nos últimos meses), xa levaban uns anos na recámara ou hai algo de todo? - É todo novo. Era unha condición indispensable que sempre tivemos clara os tres. Tiñamos moitísimas cancións perdidas e moitas liñas que nunca chegamos a gravar mais non aproveitamos nada. Non sería xusto nin honrado para nós facelo doutra forma. - Tanto en temáticas como en estilo, o novo traballo é máis complexo que os anteriores ou apostades polo esencial? - É moito máis complexo, tanto a nivel de composición como de gravación. Aprendemos moito desde que comezamos e coñecemos moita
O novo traballo é moito máis complexo que os outros, en composición e en gravación - É verdade que ultimamente poucas bandas quedan que sigan apostando polo formato disco como conxunto de cancións. Vivimos nunha sociedade de consumo
xente coa que traballar a un nivel altísimo. Podemos garantizarvos que o salto de calidade e profesionalidade vai ser brutal. - Co disco virá unha nova xira.
Será tan ampla e ambiciosa como as previas? - Sabemos que vai ser unha xira longa, porque todas as anteriores tamén o foron pero filtrando un pouco máis. Imos escoller como primeiras datas aqueles sitios onde mellor
- Canta música vos queda? - Moita máis da que pensabamos. Todo o feito ata agora só foi unha posta a punto; unha maneira de aprender a base de rodar e de corrixir fallos. Agora empeza o bo de verdade.
A banda está a traballar no seu terceiro disco e anuncia o regreso aos escenarios nos trataron e máis apostaron por nós cando non eramos nada coñecidos. Como forma de agradecemento a moito apoio desinteresado. Tamén queremos repetir fóra, en cidades onde xa estivemos como Bilbao, Madrid ou León, pero non é unha prioridade. En ningún lugar coma na casa. - Tedes unha ‘parroquia’ de seguidores moi considerable. Como agardades que responda? Verase resentida por este tempo de ausencia? - Todo o contrario. Non fixemos outra cousa máis que seguir tocando, compoñendo e investindo para mellor. Non volvemos por ningún outro motivo que non sexa a música e cremos que eso é o único que importa para seguir medrando e chegar a máis xente. - Conectades co público ‘millenial’ ou dádelo por imposible? - Conectamos con todos os públicos por igual. Na familia do rocanrol hai sitio para todo o mundo.
- Credes que nestes últimos dous anos mudou algo no panorama musical que facilite que emerxan novas bandas? Como vedes a música galega en xeral? - Todo isto é a película de sempre e o resumo moi fácil. Hai unha morea de bandas galegas incribles, facendo cancións e discos incribles, que non se escoitan tanto como deberían. Hai moitos festivais e salas galegas autoxestionados incribles, que pelexan cada entrada ou camisola vendida como se fora a última, moitas veces sen beneficio algún. Hai managers, especialistas de son, xente de revistas, xornais, fotografía e tamén radios incribles que traballan polo amor ó arte. Hai moito e moi bo, sen ningún apoio institucional, e as excepcións a todo isto non nos interesan. Todo este conxunto é a música galega. A auténtica resistencia. Quedan cada vez menos, pero son os mellores. Vai por eles, e tamén por vós. Vémonos moi pronto!
26
CRÓNICAS - Marzo 2019
DEPORTES ATLETISMO En diversos campionatos de ámbito galego e español nos que participaron integrantes do club
Atlética A Silva-Ordes colleita máis de trinta medallas O Club Atlética A Silva-Ordes colleitou máis de trinta novas medallas coa participación dos seus integrantes en diversos campionatos de ámbito galego e español nas últimas semanas, así como outros destacados postos e marcas persoais. No Campionato Galego en categorías S10, S12 e S14 de PC, disputado en Ourense, destaca a medalla de ouro para Alma Bello Iglesias (S10) en 50 metros. Ademais desta campioa galega é reseñable o bronce de Juan Loureiro Mosquera (S12) en 500 metros e tamén o cuarto posto de Icía Ares Betanzos na carreira feminina de 500 metros. Do mesmo xeito, neste galego son significativos os cuartos postos de Bruno García Blanco e de Alma Bello Iglesias en salto de lonxitude, así como a cuarta praza de Julia Parcero Boo en triplo salto. No Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos Menores, en Castellón, o Atlética A SilvaOrdes María Pena foi sexta e marcou MMT. En xuño acudirá de novo para o Campionato de España S18. Á vez, no Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos Máster, en Moratalaz (Madrid), Ana María Abuín fíxose con dúas medallas de prata en lanzamento de martelo e en martelo pesado. Neste campionato José Domínguez Caballero acadou o ouro en lanzamento de xavelina. No Campionato Galego de Pista Cuberta, os máster do Club Atlética A Silva-Ordes sumaron dezaseis medallas, das que nove foron de ouro, seis de prata e unha de bronce. En canto ao Campionato de España de Pista Cuberta, son dez os novos metais para o club. Por parte do equipo feminino destacan os ouros de Ana Abuín en peso e do equipo de relevos feminino F40 en 4x200, integrado por María Isabel Fernández, Lucía Doval, Vanessa Insaurralde e María del Carmen Araujo. Este cuarteto logrou ademais nova marca galega na categoría. Tamén récord galego para o equipo de relevos masculino (M45), composto por José Domínguez, Alberto Vázquez, José Darío Núñez e Basilio Bernárdez na proba de 4x200 (M45). Aínda no español de pista cuberta, pratas para Alberto Vázquez en triplo salto e para Basi Bernárdez en lonxitude e triplo salto, e bronces para José Fraga en peso e para Isabel Bermúdez en salto de altura e en 60 metros valos. O Atlética A Silva-Ordes foi décimonoveno dun total de 147 equipos nesta última proba da tempada de pista cuberta.
CRÓNICAS - Marzo 2019
27
DEPORTES ENTREVISTA David Rivas Fuentes, presidente da nova escudería deportiva
Nace RVS MotorSport - RVS MotorSport é o nome da nova escudería fundada polo piloto de Queixas David Rivas Fuentes. Aínda que naceu en 2018, é agora cando comeza a súa actividade efectiva. Por que razóns crea unha escudería? - Pola paixón por este deporte e o poder compartir o aprendido con todos os integrantes, que van dende rapaces de tan só 6 anos ata o piloto máis veterano con case 50 anos. - Que propósito teñen? - Participar nos distintos campionatos e modalidades automobilísticas que existen en Galicia, tamén en probas nacionais e non se descarta tampouco algunha cita internacional. Intentamos achegar o deporte que tanto queremos ao maior número de persoas mediante as nosas redes sociais e con vindeiros eventos que estamos a programar. - Quen participa en RVS MotorSport e quen pode participar? - Na dirección estou eu como presidente, acompañado por vicepresidente, tesoreiro, secretario e vogais, e por suposto os pilotos, que xa son 13 e son parte imprescindible, e os socios que nos dan unha pequena axuda e cos que compartiremos bos momentos durante o ano. Por outra parte, a máis importante, os patrocinios que permiten sufragar os gastos que ten unha escudería en licenzas, xestión de redes e gastos que os pilotos non poderían afrontar sen eles. - Trátase de fomentar o deporte do motor entre os máis novos ou de canalizar a afección que xa hai entre os máis pequenos? - As dúas cousas, fomentar o deporte do motor e axudar a aqueles que pelexan por sacar os seus programas dentro dalgún dos campionatos que existen. Para min persoalmente os rapaces máis novos son os que máis axuda e consello necesitan porque poden chegar a ser grandes pilotos nun futuro e para nós é un orgullo que compitan baixo o nome da nosa escudería. - Con que instalacións contan e como se preparan? - Contamos cun pequeno taller propio no que preparamos algúns dos vehículos dos nosos pilotos. Ao mesmo tempo procuramos axudar a todos os pilotos dunha ou outra forma, facendo probas dos coches en circuítos para antes das carreiras e intentando asesorar a calquera deles sobre o que sabemos pola nosa experiencia dende o 2008 como equipo. A escudería empezou este ano pero os que a formamos somos os mesmos que daquela, uns rapaces aos que nos apaixonan as carreiras e que fomos aprendendo como hai que preparar un coche e todos aqueles puntos que se deben controlar para poder chegar aos postos de cabeza dunha categoría. Tamén facemos xestión de redes sociais onde publicamos as ca-
Cabezas e Prego no rally da Coruña
Mateo Añón, campión en Cabañas Raras
David Rivas, o presidente da nova escudería para competicións de motor
Marco Sánchez, preparado para saír
Algúns dos pilotos que forman parte do novo selo deportivo automobilístico
rreiras e resultados de cada un dos pilotos, cada día é máis importante darse a coñecer para poder conseguir apoio. - Que actividades desenvolveron desde a súa creación? - Participamos nos campionatos de Karting de Galicia e León con Mateo Añón e Marco Sánchez, os dous máis pequenos da escudería, ademáis de facer o campionato invernal de Cabañas Raras que consta de 3 carreiras no mesmo circuíto no inverno. Logo temos 2 pilotos no campionato galego de autocross, José Botana e o recentemente incorporado Luis Carre. En rallymix participan David Varela na copa Pirelli K6 e Luis Caridad cos seus respectivos copilotos José A. Martínez e Iván Bergondo. Por último na modalidade de rallyes é na que máis pilotos temos: José M. Cabezas-Luis Prego, participantes na copa Volante FGA do galego de rallyes; Adolfo Mancebo-Eloy Mancebo en probas soltas do galego de rallyes e algunha do nacional de terra; Omar LópezLucas López en probas do galego de rallyes e rallymix; Javier Seoane-Bran Carballo tamén en probas soltas do galego de rallyes; Iván Martínez-Luis Calviño en probas do galego de rallyes; e Roberto Rendal, o máis veterano, participará nalgunha proba do galego de rallyes para celebrar o seu cumpreanos. El foi un dos culpables de que nos gustasen tanto as
carreiras. Por último eu mesmo participo no copa Top Ten Pirelli B copilotado por José Vieitez, tamén no campionato galego de rallyes e farei algunha outra carreira no nacional de terra e incluso en históricos cun Ford Escort do ano 70 que estamos a preparar. - Xa obtiveron éxitos relevantes... - Si, Mateo Añón venceu no campionato invernal de Cabañas Raras para a súa categoría e José M. Cabezas xunto a Luis Prego gañaron a primeira proba para a copa Volante FGA, o rallye da Coruña. Estou seguro de que coa valentía e insistencia dos nosos pilotos non serán os únicos bos resultados. - Con que apoios conta? - Son varias empresas as que permiten que a escudería funcione: Grupo Cercedasol, Senra Sport 2 e Rodister como principais, así como uns 110 socios agora mesmo, e as empresas Inoxman, Sondeos Botana, Copagan, Candal Recambios e Suministros e Rallycar como secundarios. Cada piloto en particular ten os seus propios patrocinadores, no meu caso son Pavingal, Canteras El Pozo, Serviteco, Contrucciones José A. Fariña, Queixas Decoraciones e Contrucciones Gestal ademais doutros pequenos colaboradores. Animo a todos os lectores a seguir as redes sociais de Escudería RVS Motors-
Rivas e Vieitez no rally da Coruña
David Varela na Copa Pirelli K6
port en Facebook, Instagram, Twitter e Youtube para coñecer todos os apoios de cada piloto e seguir as carreiras nas que participamos e por suposto facerse socios para axudar e entrar en vindeiros concursos dirixidos a eles. Outro pilar imprescindible que non podo deixar sen mencionar é a asistencia, que compoñen José M. Eijo, Rubén Sangiao, Alberto García, Adrián Pallas, Andrés Raña e Víctor Rodríguez. - Hai tamén unha vocación solidaria en todo isto, non? - Si, a nivel particular colaboro con ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia, á que doarei o premio de clase en todas as carreiras que faga no galego de rallyes, ademais de organizar algún evento para que poidan coñecer o noso deporte de cerca e pasar un día diferente. Esto sen o apoio de empresas e socios non sería posible.
28
CRÓNICAS - Marzo 2019
DEPORTES OROSO
TRÍATLON O deportista ordense participa nun encontro con estudantes
O balance municipal rexistra case 1.300 persoas que practican algún tipo de deporte
Iván Raña Fuentes amosa interese por dedicarse á competición automobilística
Día do Deporte en Oroso (arquivo)
O Concello de Oroso presentou un balance da actividade deportiva no municipio. O principal dato é que rexistran 1.283 persoas que practican algún tipo de deporte nas escolas deportivas, nos clubs ou en actividades do Concello. A maioría, case un milleiro, son menores con entre cinco e dezaoito anos de idade, polo que están en plena etapa vital formativa. As entidades deportivas coas que conta Oroso son: Club Leones BBC Béisbol, Club Oroso Fútbol Sala, Club Escola Deportiva Xuventude Oroso, Club Taekwondo ITF Oroso, Club Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso, Club Ciclista e Running Tambre Bike, Club Patín Oroso, Club Oroso Tenis de Mesa, Club Xadrez Oroso, Club Ximnasia Oroso, Club SD Deixebre, Club Tenis de Mesa Espedregada Oroso, Club Sigüeiro FC, Club Oroso Motor Sport, Club Patín Oroso, Escola de Judo ANPA A Nosa Escola, Club CrossPadel Sigüeiro, e a Escola de Baloncesto Obradoiro CAB-CEIP Camiño Inglés-Concello de Oroso. Para persoas adultas a programación municipal conta con propostas como zumba, ximnasia, pilates, jumping, natación ou ximnasia acuática. O concelleiro de Deportes, Luis Rey, destacou os valores persoais que achega o deporte. O alcalde, Manuel Mirás, afirma que “a masiva afluencia de veciños é para nós motivo suficiente para mellorar as actividades ano a ano”, manifestou. Cada mes de xuño o Día do Deporte recoñece cunha gala a todos e todas as que traballan neste eido no municipio.
O triatleta ordense Iván Raña Fuentes admitiu que ten interese en participar nun futuro en competicións automobilísticas como rallyes. Foi durante un encontro na Casa da Cultura de Ordes con máis de 180 escolares procedentes dos colexios Castelao e Campomaior, dos institutos Nº1 e Maruxa Mallo e de integrantes da asociación Andaina Prosaúde Mental e do curso de habilidades sociais. Durante o encontro proxectáronse diversos vídeos e imaxes que Raña Fuentes ilustrou cos seus comentarios. O campión do mundo de tríatlon en 2002 explicou aspectos das competicións e dos adestramentos da súa especialidade deportiva. Ademais atendeu as preguntas dos escolares, que se detiveron na traxectoria deportiva pero tamén se interesaron pola vida privada. AGRADECEMENTO O acto, organizado polo Departamento de Deportes do Concello de Ordes, foi presentado polo xorna-
Ao encontro co triatleta, na Casa da Cultura, acudiron uns 180 estudantes
lista José Gerardo Fernández. A concelleira de Deportes, Ana Soneira, agradeceu a partipación e colaboración de Raña e destacou a importancia de que os máis novos do municipio coñezan a súa figura deportiva, posto que “todos e todas nós debe-
mos sentir o orgullo como pobo de ter un fillo predilecto como el”, dixo. No encontro participaron tamén como espectadores o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e concelleiros de diferentes forzas políticas da corporación municipal ordense.
ORDES Proxectan tamén unha zona de lanzamento de xavelina
As pistas de atletismo de Vista Alegre contarán cunha gaiola de lanzamentos previas, o acondicionamento do terreo e cimentacións. Despois colocarase a gaiola con sete postes verticais de aluminio e reforzados, dúas portas rectangulares con perfil de aluminio e dobre rede confeccionada con fío de polipropileno, así como outros elementos de seguridade. Por último aplicarase un pavimento continuo sintético na soleira da zona de lanzamento.
Visita do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta ás instalacións de Vista Alegre
As pistas de atletismo de Vista Alegre, en Ordes, disporán dunha gaiola de lanzamentos homologada. A súa instalación custará case 33.000 euros, segundo anunciou o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa nunha visita
ao complexo deportivo. Estivo acompañado polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, pola presidenta do Club Atlética A Silva-Ordes, Olga Ferreiro, e polo adestrador José Domínguez. O proxecto para instalar a gaiola precisa unha serie de demolicións
LANZAMENTOS Á VEZ A visita tamén serviu para comprometer a instalación dunha zona de lanzamento de xavelina composta por corredor, arco e sector de caída. Segundo o Concello, isto permitiría que Vista Alegre sexa o primeiro complexo deportivo de Galicia onde se poderán realizar á vez lanzamentos longos de xavelina e de gaiola. No percorrido polas instalacións o cargo autonómico puido comprobar o investimento da Secretaría Xeral nos novos vestiarios e nun almacén, que se realizou en 2016 por un importe duns 50.000 euros.
CRÓNICAS - Marzo 2019
29
PUBLICIDADE máis información en www.tejasverea.com s obxecto s nosos object o a g r a bim desc galería BIM na
Verea ten capacidade para fabricar 50 millóns de tellas anualmente e conta con unha plantilla de 47 traballadores.
En Verea temos solucións reais para protexer o que che importa
años
a
a Gar
ty
re
e
Warran
Tella Verea S Vermella
Casa Entrelíneas_OLA Estudio
Ve
Ver
Tella Verea Curva Vermella
tía
50
n
a
Conseguimos a maior durabilidade do mercado, superando os 500 ciclos xeo-desxeo.
Na actualidade, exporta cerca do 50% da súa produción a máis de 25 países de catro continentes e é a única empresa do seu sector que ofrece unha garantía de 50 anos para todas as súas tellas.
Vivienda unifamiliar_Díaz y Díaz arquitectos
Tella Verea Curva Marrón
Catalizador de Belvís_Arrokabe Arquitectos
Tellados coas mellores prestacións Verea conta co único sistema de instalación de tellados homologado en España, o Verea System, desenvolvido conforme ao Código Técnico da Edificación Español, cuxas especificacións se recollen nos Documentos de Idoneidade Técnica (nº 622/16 e nº590R/18). O Verea System permite incrementar tanto a durabilidade das tellas como as prestacións do tellado, aportando maior eficiencia enerxética e redución de humidades ou condensacións nos edificios. A instalación das tellas Verea segundo os requisitos establecidos neste sistema, otorga á tella unha garantía de 50 anos ofrecida por Verea. Tella Verea Curva Marrón
Verea System, solución constructiva integral para tellados Incrementa a durabilidade das tellas e as prestacións do tellado Maior sostenibilidade Único sistema de instalación de tellados homologado en España conforme ao Código Técnico da Edificación
Casa a tres aguas, Santiago de Compostela_ARROKABE Arquitectos
DIT Nº 622/16 instalación sobre fibrocemento
instalación sobre Onduline
CERÁMICA VEREA, S.A. Lanzá s/n, 15685 Mesía A Coruña, España Telf: 981 687 053 Email: ventas@ceramicaverea.com
desde 1967 55/
03.MARZO_CRÓNICAS DE ORDES 243x322.indd 1
DIT Nº 590R/18
A 2
5/
52
Gestión ambiental verificada
www.tejasverea.com
18/3/19 16:25
CRÓNICAS - Marzo 2019
30
DEPORTES XADREZ - CAMPIONATO GALEGO SUB 18
CICLISMO
Martín Pena Varela, quinto
A derradeira etapa da Volta á Provincia terá meta en Oroso
Reunión do Concello de Oroso, a Deputación e a Federación de Ciclismo
Martín Pena Varela, xogador do club Xadrez Oroso, acadou a quinta posición no Campionato Galego sub 18 de 2019, disputado durante catro días en Cangas do Morrazo. Pena clasificouse noveno no ranking inicial, o que dá unha idea do elevado nivel da competi-
ción este ano. En oito rondas, o de Oroso gañou cinco, perdeu dúas e empatou nunha. Na ronda final, Pena puido gañar só con empatar co rival, que fora primeiro no ranking inicial. Pero arriscou para gañar, o que lle supuxo a quinta praza, que non representa o seu gran campionato.
A meta da derradeira etapa da Volta Ciclista á Coruña, o próximo 2 de xuño, terá a súa meta en Sigüeiro (Oroso). Parte do seu percorrido atravesará tamén diversos municipios da comarca. Os detalles da etapa concretáronse nunha reunión entre o concelleiro de Deportes de Oroso, Luis Rey, o concelleiro e tamén de-
putado provincial Antonio Leira, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e o seu director deportivo, Guillermo Sande. Na Volta á Coruña participan máis de cen ciclistas duns quince equipos. Durante a espera á chegada haberá actividades para o público infantil en Sigüeiro.
SALVAMENTO E SOCORRISMO
SALVAMENTO E SOCORRISMO
A ordense Lara López, cuarta no campionato de España
Xiana López gaña a Copa Galicia en 50 metros manequín aletas
A deportista ordense Lara López acadou a cuarta posición nas probas de 100 metros socorrista júnior e de 100 metros remolque de manequín con aletas júnior, dentro do XXXIII Campionato de España de Salvamento e Socorrismo Xuvenil, Júnior e Absoluto. Na primeira delas estivo a só vinte centésimas de facerse coa medalla de bronce. Na competición, que se disputou na piscina municipal de Torrevieja, en Alacante, López demostrou o alto nivel deportivo que leva acadado, posto que nesta cita mellorou ata en catro ocasións as súas propias marcas Lara López, no campionato en Torrevieja persoais.
Xiana López, na piscina durante a proba de remolque de manequín
Xiana López Fernández, deportista de Ordes, suma unha nova victoria á súa traxectoria en salvamento e socorrismo. Foi a comezos deste mes de marzo na Copa Galicia desta especialidade deportiva, en concreto
na proba de remolque de manequín con aletas na distancia de cincuenta metros. Esta competición, con categorías alevín, infantil e cadete, tivo lugar na Piscina Municipal Antía García, en Caldas de Reis.
CRÓNICAS - Marzo 2019
31
DEPORTES / OPINIÓN OROSO
A precampaña do PP e do PSOE para as eleccións municipais salta ao ámbito deportivo A precampaña das eleccións municipais do 26 de maio invade tamén o ámbito deportivo. É o caso de Oroso, onde o PP efectuou diversos compromisos nun acto co Secretario Xeral para o Deporte da Xunta e o PSOE replicou poñendo en dúbida que o interese da oposición polo deporte sexa real. Alexander Doval, candidato do PP en Oroso, fíxose acompañar polo responsable de Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, nunha reunión con responsables de diferentes entidades deportivas do municipio. Segundo o PP, os participantes no encontro coincidiron en que o máis urxente sería construír un novo polideportivo para atallar a saturación do actual. Doval comprometeuse a realizar a obra a partir de maio se logra acceder ao goberno municipal. O aspirante do PP tamén considera importante pechar o patio cuberto do CEIP Camiño Inglés, de xeito que se poida utilizar para di-
das das persoas que practican deporte no municipio”. “BENVIDO ÁS PROPOSTAS” Ante as declaracións do candidato do PP, o concelleiro de Deportes, Luís Rey, viu necesario efectuar diversas “matizacións”. A primeira foi a de indicar que o goberno local se reúne “todas as semanas cos clubes deportivos e coñece perfectamente as súas demandas”. O edil socialista deulle a Doval “a benvida ao mundo das propostas para o deporte” e retouno a aprobar os orzamentos do Concello para 2019, que se debaten en pleno este 28 de marzo, para facer realidade o patio cuberto do colexio do Camiño Inglés. As obras figuran nas contas municipais deste ano, se ben precisan tamén autorizacións da Xunta. “Se realmente está tan interesado nesta obra, o que ten que facer é apoiar os orzamentos”, avisa Rey a Doval. O responsable municipal de Deportes sinala que “en vez de ir só
As terras de Ordes a través de George Borrow Por Carlos Calvo Varela Entre o porto ártabro e a capital xacobea, as Terras de Ordes viron ao longo da súa historia un desfile interesante de reis, nobres, bandoleiros, revolucións e contrarevolucións. Algúns dos viaxantes desta ruta do grelo, como lle chaman os Kastomä no seu grandioso himno, deixaron por escrito as súas impresións da nosa comarca, moitas veces sen tan sequera nomeala, como unha terra anónima, brava, fermosa, horrorosa, miserable, fértil e moito máis. Comezamos este percurso coa descrición do inglés George Borrow, que é unha das máis amables. Este protestante chegou á Galiza en misión evanxelizadora, cargado de Biblias para vender aos “pagáns”. Home polifacético, deixou publicadas as súas divertidas crónicas galegas nun apartado do seu libro The Bible in Spain, cuxa primeira edición é de 1843. Velaquí o que escribiu sobre a comarca de Ordes: “A primeiros de agosto ato-
(para Antón Amor)
peime en Santiago de Compostela. Viaxei dende A Coruña a este lugar na dilixencia ou correo semanal escoltado por unha forte partida de soldados como consecuencia do estado de confusión no campo, infestado de bandidos. Dende A Coruña a Santiago a distancia é soamente de dez leguas, non obstante a viaxe durou día e medio. Foi un pracer atravesar o país do máis fermoso cunha rica variedade de montes e vales; o camiño estaba en moitos lugares asombrado por varios tipos de árbores cubertas da máis exuberante follaxe. Centos de viaxeiros, a pé ou a cabalo, aproveitáronse da seguridade que a escolta ofrecía: o medo aos bandidos era intenso. Ao longo da viaxe déronse dúas ou tres alarmas, non obstante chegamos a Santiago sen ser asaltados”. Notas: George Borrow, Viaxe por Galicia, edición de Salvador García Bodaño, Vigo, Xerais, 2015, 0. 75.
A tartaruga xudicial O taquígrafo disléxico
Acto do PP de Oroso con responsables de entidades deportivas do municipio
versos deportes e con meteoroloxía adversa. Doval recordou que era un compromiso do alcalde, Manuel Mirás, incumprido. O líder do PP sinalou outras necesidades como construír aseos e vestiarios no campo de Porto Avieira, a mellora de iluminación, vestiarios, aseos e cafetería no campo de Deixebre ou o cambio do céspede no campo de Sigüeiro Outro aspecto no que incidiu o principal grupo da oposición no mandato que remata é a creación dunha mesa de traballo con representación do Concello e das entidades deportivas. Doval cre necesario contar cunha “planificación real e acorde coas deman-
unha vez ao ano á Gala do Deporte a facerse unha foto recoméndolle ao señor Doval que pase todas as fins de semana polo pavillón ou os campos, alí verá moita xente que fai ou apoia o deporte co apoio do Concello de Oroso”. O goberno do PSOE defende que é “o primeiro interesado” na mellora das instalacións para case 1.300 persoas que practican deporte en escolas, clubs ou actividades. Acusa ao PP de “falar sen datos”, posto que está realizando traballos como as melloras no campo de beisbol e na piscina municipal, a renovación da iluminación da hípica ou as próximas reformas no campo de fútbol de Deixebre.
Calquera convocatoria electoral axita de por si o panorama político. Sexa para manter o poder ou para tratar de acceder a el, as formacións políticas exhiben xestión, se a teñen, e compromisos programáticos máis ou menos artificiosos. É natural. Todo altérase cando intervén un factor externo. O máis relevante pode ser unha decisión xudicial, que afecta moito porque os tempos cos que se move a xustiza semellan alleos ás circunstancias de calquera outro ámbito e porque non está ben visto criticala, senón asumila. Nese contexto Cerceda e Trazo acaban de ver trastocado o seu ecosistema político ‘tradicional’. As situacións xudiciais que atravesan os seus alcaldes merecen unha reflexión en frío que procure conclusións sensatas. Aínda así, non resulta precipitado afirmar que a xustiza tería que pronunciarse con maior rapidez en calquera dos dous casos. O que diga é ne-
cesario incluso como elemento de valoración para o electorado. Tería evitado ademais moito bochorno. Burocracias e formalismos á parte -que xa é dicir- non debería ser tan complicado que un tribunal estableza en días, de xeito firme e definitivo, se José García Liñares ten que marchar para a casa condenado ou se pola contra a primeira sentenza estaba errada e entón supera o calvario e pode seguir no taboleiro político. Outro tanto sucede coas dietas supostamente irregulares de José Dafonte, que polo que parece remataron coa súa etapa antes de que haxa atisbos de sentenza. Para as súas oposicións queda o notable mérito de ter fiscalizado a xestión dos dous rexedores ata estes extremos. Agora ben, polo menos ata o 26 de maio queda a dúbida de se só iso basta para acadar o poder ou se para convencer a quen vota teñen que acompañarse tamén de propostas e traballo de fondo. Hai quen non as ten.
CRÓNICAS
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. C/Romero Donallo 26 15706 Santiago. Imprime: Tameiga.Peche de edición: 22-03-2019. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Teléfono: 617 917 130 . cronicas.comarcadeordes@gmail.com