CRÓNICAS 65

Page 1

CERCEDA

ORDES

Páx. 14

Meirama reclama que a reconversión sexa real

Páx. 6

O mandato remata con controversia sobre a débeda

CRÓNICAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 65 - Maio de 2019

A Xunta impide finalmente o proxecto de vertedoiro en Lesta A Consellería de Medio Ambiente tiña a derradeira palabra e xa se pronunciou. Non admite o proxecto

para construír un vertedoiro de residuos inertes en Lesta (Ordes). O departamento autonómico escúdase nun in-

forme negativo do Concello, que consideraba que o solo que empregarían as instalacións goza dunha protección

incompatible coa iniciativa empresarial prevista. A empresa promotora pode prePáx. 9 sentar recurso.

Chega a hora de escoller

OROSO

Dificultades de persoal no servizo de pediatría Páx. 11

DEPORTES

Ordes pisa forte no calendario galego do taekwondo Páx. 24

COMARCA

Chaman ao diálogo para superar a folga en Pacholo Páx. 14

ECONOMÍA

Vinte e sete candidaturas na comarca para as municipais

Páxs. 2 a 5

O goberno central alivia o IRPF para as granxas de leite Páx. 18


2

CRÓNICAS - Maio 2019

26 DE MAIO - ELECCIÓNS MUNICIPAIS COMARCA Boa parte das opcións diferentes a BNG, PP e PSOE son escisións dos partidos habituais

Vinte e sete candidaturas compiten por obter representación nos sete Concellos da comarca Non convén esquecer que este 26 de maio celébranse eleccións europeas, comicios que para nada son irrelevantes. Pero non menos certo é que o vindeiro domingo a partir das 20:00 horas o que máis lle interesará á maioría da xente é saber quen poderá ocupar as Alcaldías os vindeiros catro anos. Neste sentido, os sete Concellos da comarca (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) rexistran en total vinte e sete candidaturas que aspiran a obter representación nas corporacións municipais. BNG, PP e PSOE preséntanse en toda a comarca. As demais opcións adoitan ser resultado de rupturas dos partidos habituais e entran en liza para disputarse o seu electorado. Concello a Concello, este é o panorama que se presenta para escoller:

Cerceda remata un mandato convulso O electorado de Cerceda conta coas opcións do PSOE, o PP e o BNG este 26 de maio, encabezadas por José García Liñares, aspirante á reelección, Francisco Santos e Alberte Sánchez. Na actualidade hai sete concelleiros do PSOE, catro do PP e dous do BNG. A principal incógnita é saber se os socialistas logran revalidar a maioría absoluta logo dun final de mandato bastante convulso. A hipótese de que a perda levaríao a un goberno en minoría, toda vez que non se atisba un

José García Liñares

Francisco Santos Regueiro

dín botánico. O alcalde resultou condenado nun primeiro momento, aínda que despois o xuízo foi anulado pola Audiencia Provincial por falta de imparcialidade do xuíz Taín e está pendente de repetirse. Neste intre o asunto está nun punto favorable para o PSOE, pero electoralmente non o beneficia aínda que só sexa polo factor ruído. Como alivio pode ter o bo momento xeral que vive o partido e a innegable implantación que ten no municipio, gobernado por García Liñares desde hai case un cuarto de século. O PP de Francisco Santos pode atribuírse o mérito de ter posto o alcalde contra as cordas a raíz da súa tarefa fiscalizadora con temas como o do xardín botánico, que levou á xustiza. Como labor de oposición é un tanto, a dúbida é se será suficiente. Quizais por iso Santos fai fincapé nesta campaña electoral en despregar propostas sobre reactivación económica e reforzo de servizos, non só de transparencia na xestión. O BNG estrea candidato nesta ocasión. Alberte Sánchez ocupa o lugar dunha referencia ata agora tan nítida

como Rocío da Igrexa, retirada da primeira liña. Unha oposición recoñecible a pé de rúa coa que evidencia a outra cara de Cerceda, un programa moi social e a recente tendencia á alza do Bloque son as súas principais bazas.

Integrantes do BNG de Frades

Astray, candidato do PSOE de Frades

Frades: novo BNG e volve o PSOE En Frades, ata agora con oito concelleiros do PP e tres do BNG, as principais novidades do 26M están na oposición. O alcalde, Roberto Rey Martínez, concorre de novo polo PP cunha candidatura con escasos cambios relevantes nos postos de saída e con certa renovación nos demais. Non semella segue na páxina 4

Candidatura do PP de Frades

Alberte Sánchez Regueiro

entendemento entre o PSOE e o BNG a nivel local. Haberá que ver pois como inflúe nas votacións o caso das obras no xar-

Comuniones


CRÓNICAS - Maio 2019

3

PUBLICIDADE


4

CRÓNICAS - Maio 2019

26 DE MAIO - ELECCIÓNS MUNICIPAIS provén da páxina 2

doado que perda a maioría absoluta, o seu principal reto é evitar o desgaste. O BNG si dá un xiro á súa candidatura, da que sae Xosé María Pérez Lagos para dar paso a Manuel Míguez Villaverde, que xa fora concelleiro en mandatos anteriores. A el ségueno Belén Pazos e Marisol García Freire, voceira municipal en etapas previas. Esta vez o PSOE si se presenta en Frades, tras o intento de candidatura frustrado en 2015. O novo aspirante á Alcaldía é Enrique Astray Otero. O seu punto feble é o nivel de coñecemento entre a poboación. Non obstante, é unha incógnita ata onde pode chegar. Potencialmente abrangue tanto electores orfos, que fai catro anos ou se abstiveron ou votaron ao BNG como única alternativa ao PP, como parte dun electorado tendente ao centro que non votaría BNG e ocasionalmente si escollería o PP. As xerais de abril demostraron que Frades ten un electorado diverso (39% PP, 31% PSOE, 8% Podemos, 7% BNG, 6% Cs) e menos monolítico do que se prexulga. Consciente desta realidade pero tamén de que o comportamento nas municipais móvese noutros parámetros, Roberto Rey desenvolve unha campaña que pon por diante a xestión realizada e relega as siglas. Busca así que non o zarrapique o mal momento do PP no escenario xeral. Como vantaxe ten a falta de competencia pola dereita, despois do intento confeso pero fallido de hai uns meses do anterior alcalde, Miguel Prado, de conformar unha lista coa marca Ciudadanos.

Mesía: recambio no PP e no BNG, o PSOE varía pouco En Mesía, ata agora con nove concelleiros do PSOE e dous do PP, os comicios do 26 de maio tamén se presentan como unha ocasión para recuperar pluralidade na corporación ou para manter o esquema actual. A candidatura do actual alcalde, Mariano Iglesias (PSOE), non presenta máis cambios dos obrigados polas circunstancias, fiel ao vello lema de que “o que funciona non se cambia”. A súa proposta fundaméntase en consolidar as infraestruturas e servizos acadados nos últimos anos e en darlles continuidade encetando novos proxectos. O PP, única forza da oposición que obtivo representación en 2015, volve cambiar de candidato e presenta a Javier López. Releva a Adolfo Grobas. A súa principal crítica é o que considera inacción do goberno, ata o punto de chegar a acusar ao Concello de non avanzar nas obras de abastecemento que, en realidade, segundo un convenio entre o Concello e a Xunta, ten que contratar o goberno autonómico en mans do propio PP. O BNG de Mesía avanzou tamén na renovación. Presenta a Beatriz Louro

Candidatura do PSOE de Mesía

Presentación do PP de Mesía

unha maior competencia pola dereita, onde o PP ten que batallar con UxO, a formación independente do exalcalde Manuel Regos, e con Ciudadanos, nova candidatura liderada por Beatriz Martínez, ata agora concelleira non adscrita saída do PP, contra o que mantén unha campaña abertamente crítica e belixerante. Ante isto, o PP trata de confrontar exhibindo xestión (obras, control da débeda, relación con outras administracións) a pesar dos obstáculos atopados e a falta dunha maioría forte no mandato que remata. É unha táctica que, salvando as distancias, se asemella á que puxo en práctica Pedro Sánchez para as pasadas eleccións xerais de abril. O PP utiliza o argumento, por exemplo, co Plan Xeral, unha das grandes materias pendentes de Ordes. En cambio, o aspecto da xestión viuse inesperadamente damnificado

cunha oposición activa e estable. Os seus tres concelleiros actuais non andan lonxe do seu teito electoral histórico, que como é lóxico aspiran a superar. En certo modo, as urnas son tamén para eles un exame á súa decisión de deixar que gobernase o PP como lista máis votada, rexeitando incluso a moción de censura auspiciada por UxO -que mesmo lles ofrecía a Alcaldía- e que para eles non reunía garantías suficientes dun cambio real de políticas. O último misterio que resolverá o electorado ordense é a valoración dos cambios no PSOE local, que leva varios lustros obtendo uns resultados moi pobres en convocatorias municipais fronte a eleccións de ámbito galego ou español. Sen ir máis lonxe, as locais de 2015 déronlle só un 9% de votos (un edil), fronte a un 21% nas xerais de 2016 ou o recente 28%, a só seis puntos do PP, o pasado 28 de abril.

Presentación do PP de Ordes

UxO, presentando a súa candidatura

Candidatura do BNG de Ordes

Fernando Viqueira (PSOE de Ordes)

Candidatura do BNG de Mesía

como candidata dun proxecto cunha clara aposta feminista, que fai fincapé nos servizos públicos de calidade e no aproveitamento sostible dos recursos propios do territorio para potenciar a economía. A ausencia da candidatura de Compromiso por Galicia, que se presentara fai catro anos e que competía no mesmo segmento electoral, facilita concentrar o voto nacionalista no Bloque e podería propiciar o seu regreso á corporación de Mesía. Con todo, aspiran tamén a recoller un hipotético desencanto co PSOE e PP, aos que lles atribúen “catro anos perdidos” no goberno e na oposición.

Ordes: o PP pugna pola absoluta ante catro opoñentes A fragmentación política que caracteriza a Ordes escribiu novos capítulos neste mandato coa ruptura das dúas forzas do centrodereita: primeiro coa saída de dous concelleiros do PP do grupo de goberno e despois con sucesivas renuncias en UxO, unhas para marchar da corporación e outras para reubicarse en posicións de apoio tácito ao PP. O 26 de maio dirá se tal fragmentación se mantén e con que combinacións abre diversas opcións de goberno, ou se pola contra o PP logra a maioría absoluta (a priori é o que máis preto a ten) e, salvo novas leas internas, fixa un goberno que non dependa de apoios externos. Hai varios factores que dificultan a reelección de José Luis Martínez Sanjurjo con maioría absoluta. Desde a perspectiva do mapa político destaca

nestes últimos meses do mandato pola paralización das obras para renovar beirarrúas nun treito da avenida principal da vila. Un asunto aparentemente puntual pero que se vai complicar varios meses creando un notable malestar veciñal cun custo electoral para o PP difícil de calibrar. Para UxO, que en 2015 quedara a só dous votos do PP (seis concelleiros fronte a sete), sería un bo resultado manter esa representación. A evolución da campaña electoral, na que non dispón dos resortes de poder cos que si contaba noutras ocasións, fai pensar que non será así. Unha renovación a fondo da candidatura e a busca de conexión co electorado máis novo son as bazas coas que está a buscar o éxito. En canto a Ciudadanos as urnas determinarán ata que punto aproveita a boa marcha xeral do partido e en que medida canaliza un posible malestar co PP no ámbito local. O seu punto feble é unha candidatura cunha implantación territorial e sectorial limitada. A outra batalla en Ordes líbrase pola esquerda, por parte do BNG e do PSOE. Os nacionalistas, con Pablo Vidal como candidato, foron na práctica durante este mandato o único grupo

Lista de Ciudadanos en Ordes

Os cambios dos socialistas pasan non só pola candidatura, liderada por Fernando Viqueira, senón pola incorporación a nivel organizativo, con distintos tipos de responsabilidades e graos de apoio, de persoas como Silvia Marín (ex de UxO) ou Gonzalo Castro (ex do BNG). Un bo resultado electoral serviría para enfiar cun mínimo de elegancia botóns tan diferentes nun mesmo traxe, pero a situación contraria abriría novas tensións nunha agrupación cun abultado expediente de loitas fratricidas entre as súas diferentes familias, algunhas agardando aínda no ‘exilio político’ a ocasión de retornar.

Oroso elixe entre cinco opcións A gran novidade deste 26M en Oroso é unha ausencia, a do histórico


5

CRÓNICAS - Maio 2019

26 DE MAIO - ELECCIÓNS MUNICIPAIS

PSOE de Oroso, acto de presentación

Presentación do BNG de Oroso

Candidatura de Oroso Renovable

Siverio Mirás, que abandonou a política. Aínda así, o electorado ten cinco candidaturas entre as que optar. Ás habituais de PSOE, PP e BNG únense esta vez Ciudadanos e Oroso Renovable. O obxectivo para o PSOE, co alcalde Manuel Mirás á fronte, é manter a maioría absoluta, que ten agora en sete concelleiros fronte a catro do PP, un de Son-Anova e outro do BNG. Para iso defende o seu labor no crecemento urbanístico e industrial do municipio máis no impulso de infraestruturas, equipamentos e actividades. En fronte, Alexander Doval repite no PP tras catro anos dunha oposición coa que tratou de poñer en evidencia aspectos como a que considera marxinación do rural ou a falta dunha aposta clara por sectores como o comercio local. Doval preséntase cunha candidatura moi renovada que pretende ser representativa de todo o municipio. A única candidata á Alcaldía de Oroso é Isabel Fernández, polo BNG. Reempraza a Xosé Manuel Pérez. O seu reto inmediato é manter a presenza na corporación e procurar incrementala. Como candidaturas inéditas figuran Ciudadanos, que leva como cabeza

Candidatura do PP de Oroso

Ismael Cendal (Ciudadanos Oroso)

de cartel a Ismael Cendal Villaverde, e Oroso Renovable, liderada por José Manuel Mirás Pulleiro. Esta última, que se define como un partido propio de Oroso apartado de estruturas tradicionais, desenvolve unha campaña moi activa en redes sociais especialmente crítica coas maiorías absolutas.

Equipo do PP de Tordoia

Lista do PSOE de Tordoia

presuntamente irregulares. A situación levou a unha escisión do PP, que presenta a Josefina Suárez, drivando no nacemento dunha nova formación, Somos Trazo, encabezada polo exconcelleiro do PP Manuel Pereiro. O PSOE mantén a Beatriz Domínguez, que combina a presentación de propostas coa loita contra o presunto caso de corrupción de Dafonte, mentres que o BNG renovou o seu cartel con César Boquete. O novo mapa pode condicionar a ampla maioría absoluta da que ata agora gozou o PP (oito concelleiros de once). De perdela, haberá que ver se Somos Trazo lle presta o seu apoio para continuar, se o PP respalda a Somos Trazo para pecharlle o paso ao PSOE, se Somos Trazo facilita o cambio se os socialistas quedan segundos, se o PSOE faría iso mesmo se o segundo é Somos Trazo, que condicións fixa o BNG... Todo semella aberto, pero primeiro falará a vontade do pobo e a consecuente aritmética.

Candidatura do BNG de Tordoia

Tordoia: PP, PSOE, BNG... e EC Tordoia vai ás urnas tras o falecemento a principios de febreiro de Antonio Pereiro, alcalde desde 1999. Nestes catro anos o pleno estivo integrado por oito concelleiros do PP, dous do PSOE e unha do BNG, aínda que en realidade esta praza correspondíalle aos socialistas e foi asignada ao Bloque por un erro no reconto. Agora concorren as candidaturas do PP, con Antonio Pereiro júnior no primeiro posto; do PSOE, liderada por Tomás Castro; do BNG, con Chus Orgeira á fronte; e de Espazo Común, a marca que promove desde Ourense Pachi Vázquez é que en Tordoia encabeza Carlos García. Este último foi candidato do PSOE pero entrou en conflicto coa dirección do partido, polo que agora non dubida en dicir que a súa opción é a dos “socialistas de sempre” e que a candidatura que presenta o PSOE é “unha marca branca do PP”. Así as cousas, a fragmentación das

Presentación do PSOE de Trazo

Carlos García, agora en Espazo Común

siglas pola esquerda podería beneficiar ao PP tordoiés, que a priori non parece ter grandes dificultades para revalidar a maioría absoluta.

Candidatura do BNG de Trazo

Trazo despois de Dafonte Se algo hai seguro en Trazo nestas eleccións é que José Dafonte non seguirá sendo alcalde. O ata agora rexedor polo PP retirouse da carreira pola reelección aos poucos días de entrar nunha delicada situación xudicial a raíz do suposto caso de corrupción polo cobro de milleiros de euros en dietas

Candidatura de Somos Trazo


6

CRÓNICAS - Maio 2019

ACTUALIDADE ORDES O Bloque considera que o goberno intentou “disfrazar a débeda real”

O alcalde precisa que a débeda viva do Concello supera os tres millóns de euros afirma que os préstamos provinciais destinaron entre 2016 e 2018 preto de 555.000 euros a investimentos como o aparcadoiro do tanatorio, o bombeo para o saneamento en Buscás e diversas reparacións viais.

A sesión plenaria de finais de abril serviu para analizar ben a débeda de Ordes

O mandato 2015-2019 en Ordes remata practicamente co mesmo debate co que empezou: o da débeda municipal. O goberno trata de defender a súa xestión con cifras e a oposición sinala que, ben mirados, son os propios datos os que demostran que hai pouco de que presumir. No pleno de finais de abril, o al-

calde, José Luis Martínez Sanjurjo, a preguntas do BNG e da agora candidata de Cs, Beatriz Martínez, explicou que a débeda viva do Concello era de 3.075.000 euros a finais de 2018. Desa cantidade débense aos bancos 1.721.000 euros. O resto correspondería a préstamos pendentes coa Deputación. Martínez Sanjurjo

“DISFRAZ” Para o Bloque, as declaracións do alcalde no pleno recente evidencian un intento de “disfrazar a débeda real do Concello de Ordes”. Os nacionalistas fundamentan a acusación en que na sesión previa o rexedor só se referira aos case 1,8 millóns de euros de débeda bancaria, mentres que na seguinte xa recoñece que supera os tres millóns de euros, practicamente o doble do que dixera. O rexedor, que anunciou que a finais deste 2019 a débeda con entidades financeiras poderá quedar próxima ao millón de euros, precisou que a aparente contradicción se debe a que a lei non computa como débeda pública as contías que as Deputacións prestan aos Concellos. Deste xeito, aténdose ao protocolo

OROSO

O superávit municipal de 2018 permitirá investir uns 670.000 euros en trece obras O superávit co que o Concello de Oroso rematou 2018 permitiralle investir uns 671.000 euros en trece obras no municipio, segundo adiantou o goberno de Manuel Mirás, que

destaca o bo estado das contas. A intervención máis relevante por volume económico será a mellora da eficiencia enerxética en Porto Avieira, valorada en 175.000 euros. Na urba-

nización tamén se efectuarán novos traballos de asfaltado e construirase un pozo de bombeo. Obras de saneamento e abastecemento en Pasarelos, na Baxoia e nos

legal que regula o procedemento do déficit excesivo, só contaría como débeda a bancaria. Non obstante, o portavoz do BNG, Pablo Vidal, apreza que pode haber un intento de confundir á veciñanza, que “demostra que o alcalde non debe estar moi satisfeito coa súa xestión sobre a débeda real, cando non se atreve a mostrala ás claras á veciñanza”, di. COTEXANDO O RITMO O Bloque botou contas utilizando a documentación oficial e explica que en 2011, a finais do primeiro mandato de Manuel Regos como alcalde (UxO en alianza do PSOE), a débeda do Concello situárase algo por riba dos 10 millóns de euros. De todos os xeitos, constata que no seguinte mandato o goberno de Regos baixou a débeda a un ritmo superior a 1,1 millóns de euros cada ano, rematando o periodo 20112015 en case 5,4 millóns de débeda. O ritmo de reducción do PP entre 2015 e 2019 non foi tan bo, ao situarse nuns 625.000 euros anuais. Os nacionalistas, que valoran que Ordes continúa pagando “despilfarros de anteriores gobernos”, critican tanto a xestión de UxO como a do PP, que na súa opinión, pese a ter sido máis laso na loita contra a débeda, non mellorou a calidade de vida nin logrou reactivar a economía. Carballos (Deixebre), así como melloras en pistas en Recouso (Marzoa) e en Ponte Carollo (Senra), a senda de Oroso Pequeno ata Sigüeiro, o peche do polideportivo Camiño Inglés, a construción dunha pista de patinaxe ou a instalación dunha pérgola na área de lecer da piscina son outras accións previstas.


CRÓNICAS - Maio 2019

7

PUBLICIDADE


8

CRÓNICAS - Maio 2019

ACTUALIDADE COMARCA

FRADES O Concello agarda utilizar este ano 2,33 millóns de euros

A Mancomunidade solicita 120.000 euros para manter o Servizo de Atención Temperá

Un pleno a finais de abril aproba os orzamentos de Frades para 2019

O pleno da Mancomunidade de Ordes aprobou solicitar unha subvención autonómica de 120.000 euros para manter en funcionamento o seu Servizo de Atención Temperá. O servizo conta cunha psicopedagoga, unha psicóloga e dúas logopedistas. Segundo a entidade supramunicipal, no último ano atenderon uns 240 usuarios e usuarias. A atención temperá diríxese a poboación infantil de ata seis anos e ás súas familias para responder ás necesidades de desenvolvemento e autonomía persoal.

Os orzamentos do Concello de Frades para 2019, aprobados a finais de abril cos votos do PP e a abstención do BNG, quedan en 2,33 millóns de euros, cun incremento do 11% en comparación cos do ano pasado, segundo o goberno local. Desa contía total, para investimentos reais prevese algo menos dun terzo. Son uns 730.000 euros, entre os que se inclúen diversas achegas da Deputación e da Xunta para traballos como a reparación de camiños, a remodelación do parque e da praza da Pontecarreira ou a construción do local social de Añá. O resto do diñeiro orzamentado para a Administración municipal de Frades este ano destínase sobre todo a gastos de persoal e a gastos en bens e servizos correntes de funcionamento diario. O alcalde, Roberto Rey, destacou que medran os investimentos en obras e en infraestruturas, segundo el un 18%, e tamén os recursos para servizos sociais, que sitúa nun 13%. Certa vinculación con esta dinámica

COMARCA

POLÉMICA A entidade foi disolta pola xustiza en 2016 por mor da súa insolvencia

Manifestación pola falta de solucións aos danos ocasionados pola fauna

A Xunta revela que obrigou a Xóvenes Agricultores a devolver 2,1 millóns

Sesión plenaria da Mancomunidade

Cabeceira da protesta en Santiago

Varios centos de persoas secundaron a comezos deste mes de maio en Santiago unha protesta para reclamar solucións urxentes aos danos ocasionados pola fauna salvaxe. Batendo cazos e tixolas, acudiron ás Consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente para reiterar demandas que levan “anos desoíndo”. Así o consideran as entidades convocantes (SLG, FRUGA, APERFASA e OVICA), que insisten en pedir que se reduzan as poboacións de fauna salvaxe e os danos ue ocasionan, que a Administración asuma a súa responsabilidade civil no 100% dos danos, a eliminación de zonas abandonadas que poidan albergar fauna ou financiación para medidas preventivas.

A situación atravesada polo presunto sindicato Xóvenes Agricultores nos seus últimos anos de existencia volveu á actualidade a raíz da detención nas últimas semanas do seu expresidente, Juan Pérez Miramontes, como presunto líder e financiador dunha trama de prostitución que operaba entre Santiago de Compostela e Paraguai. Aínda que en principio estes feitos non teñen que ver coa actividade da organización, formulada como unha asociación profesional e considerada no seu día o brazo agrario do PP, a conselleiro do Medio Rural foi requerido polo grupo de En Marea no Parlamento para que explicase que achegas económicas dirixiu o seu departamento a XX.AA. José González explicou que a entidade non recibe axudas da Consellería desde 2014, dous anos antes de que dese en creba e un xulgado procedese á súa disolución tramitando un concurso de acredores. O conselleiro revelou ademais que nos últimos anos de existencia a Xunta obri-

Sesión do Pleno da corporación municipal de Frades que aprobou as contas

gárdaa o incremento das transferencias correntes, diñeiro que o Concello destina a materias como axudas de emerxencia social, subvencións a asociacións, diñeiro para o obradoiro de emprego ou entregas á Mancomunidade de Ordes, da que depende

o servizo de axuda no fogar que se presta no municipio e que este ano estima ofrecer unhas 15.000 horas, practicamente dúas veces máis das que había a principios deste mandato en 2015, segundo os datos que divulga o Concello.

cisa que durante o bipartito foran 2,5 millóns. Non obstante, non consta que nesa etapa a entidade incumprise as obrigas. Medio Rural afirma tamén que desde 2005 ata hoxe tanto Unións Agrarias como o Sindicato Labrego Galego xestionaron uns cinco millóns de euros de axudas cada un, se ben nestes casos non consta ningún incumprimento relevante.

O conselleiro, dando explicacións

gou a Xóvenes Agricultores a devolver 2.100.912 euros de axudas por incumprir o fin para o que se lle concederan. Medio Rural admite que durante a actual etapa do PP no goberno autonómico entregoulle 2,3 millóns de euros en axudas a XX.AA., pero pre-

RELACIÓN DIRECTA Paula Quinteiro, parlamentaria de En Marea, motivou a súa pregunta en que “alarma a relación que tivo o PP cunha persoa acusada de financiar unha rede de trata”. Tal como sinalou, o vínculo era tal que nos paseos da embarcación de Pérez Miramontes eran habituais figuras como Mariano Rajoy ou Ana Pastor. En Marea considera probable que por mor dunha “relación tan estreita” a Xunta do PP optase por “mirar para outro lado” ante o suposto uso “indebido” de subvencións por parte de Xóvenes Agricultores.


9

CRÓNICAS - Maio 2019

ACTUALIDADE COMARCA A asociación que se opuxo á iniciativa asegura que se vulneraba a normativa urbanística autonómica

Medio Ambiente escúdase no informe municipal para impedir o vertedoiro proxectado en Lesta A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta rexeita tamén o proxecto para instalar un vertedoiro de residuos non perigosos en Lesta (Ordes). Este Departamento da Consellería de Medio Ambiente escudouse en que o proxecto contaba cun informe urbanístico municipal negativo para rematar co procedemento que tería levado á obtención da autorización ambiental integrada. A iniciativa, promovida pola empresa Reciclaje Ambiental Lesta SL, recibiu o rexeitamento do Concello de Ordes porque, segundo di a entidade local, ubicaríase nun solo clasificado como rústico de protección agropecuaria. Esta protección especial, contemplada na Lei do Solo de Galicia, foi recollida nun informe sectorial da Consellería do Medio Rural. Influíu tamén no rexeitamento ao proxecto o feito de que un informe de Augas de Galicia do pasado mes de abril considerase incompatible o vertedoiro co mantemento das condicións de uso do medio receptor. Este

O proxecto foi un dos motivos dunha protesta ambiental en Ordes o pasado outono

era un aspecto que de maneira reiterada xa alegara a asociación de persoas que se consideraban afectadas polo proxecto. POSIBLE RECURSO A entidade amosouse satisfeita polo remate da tramitación ambiental do proxecto. De todos os xeitos, tamén dixo ser “consciente de que á

empresa promotora aínda lle cabe a posibilidade de recorrer a resolución, tanto na vía administrativa como na vía xurisdicional”. Aínda así, o colectivo de persoas afectadas pensa que “as motivacións nas que se basea o peche do procedemento son irrebatibles e xa estaban entre as numerosas alegacións que se presentaran na fase de expo-

sición pública do proxecto en agosto de 2016”. Esas motivacións, segundo a asociación, foron practicamente ignoradas por Medio Ambiente ata a resolución que arquivou o procedemento, de maneira que a entidade veciñal conclúe que a Xunta “prolongou artificialmente a tramitación”. Neste sentido, a asociación cita como “un dos momentos máis difíciles do proceso” a aprobación da declaración de impacto ambiental do proxecto o pasado mes de agosto, por parte da propia Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático que agora arquivou os trámites da iniciativa. A entidade, que difundiu a resolución autonómica, aproveitou para agradecer o apoio da parroquia e da contorna e dos grupos políticos de Ordes e da Deputación da Coruña, así como a axuda de parlamentarios autonómicos, estatais e europeos e a rede de plataformas ambientais, que lles deu soporte legal e técnico máis apoio na difusión do caso.


10

CRÓNICAS - Maio 2019

ACTUALIDADE FRADES

ORDES As parroquias quéixanse e o Concello sitúa a obra nos vindeiros meses

O Concello, predisposto a responsabilizarse do tramo antigo da N-634

Parchean as pistas de Barbeiros e de Beán á espera do arranxo completo

Treito da vella N-634 na Pontecarreira

O Concello de Frades está disposto a asumir a titularidade do tramo da antiga N-634 ao seu paso pola Pontecarreira. A condición é que antes o Ministerio de Fomento, do que aínda depende o vial, acometa unha reparación da estrada e constrúa unha senda peonil onde non existen beirarrúas. O proxecto está valorado nuns 350.000 euros e non precisaría expropiacións nin estudos de impacto ambiental. A petición foi aprobada por unanimidade no pleno municipal. Vai acompañada dun informe do Concello no que se relatan os desperfectos que presenta a estrada, as beirarrúas e as vías de servizo.

O recente rebacheo de varias pistas de acceso a aldeas e estradas en Barbeiros e de Beán, en Ordes, ocasionou certo enfado entre a veciñanza de diversos lugares das dúas parroquias polo mal resultado dos traballos acometidos. En declaracións a CRÓNICAS, aseguran que se sinten marxinados incluso con respecto a outras zonas das mesmas parroquias, nas que tempo atrás se aglomeraron os seus accesos: “parece que hai veciños de primeira e de segunda”, quéixanse. Á vez, insisten en que o rebacheo se fixo de maneira “chapuceira” e “vergoñenta”. Deste xeito, só se taparon algúns buratos de xeito precipitado, nunha estrada que presenta serias carencias e irregularidades tanto no firme central como nas beiras. O goberno municipal saíu ao paso das críticas veciñais precisando que os traballos realizados teñen unicamente un carácter “provisional”, dado que para os vindeiros meses está prevista a reparación integral de varios viais das dúas parroquias.

Diversas intervencións en pistas locais que ocasionaron o enfado veciñal

Para iso utilizará uns 122.000 euros dun plan da Deputación da Coruña. En concreto, en Barbeiros veranse beneficiados os accesos aos Lagos, os camiños de Fondo de Aldea-O Cruceiro e de Ramil, o acceso ao Cruceiro, o acceso a Ramil ou o acceso á Aldeíña.

O Concello de Ordes explica tamén que as obras tardarán uns meses por mor das condicións que impón a nova lei de contratos, aprobada polo goberno de Mariano Rajoy e que trae de cabeza ás distintas administracións locais, e pola necesidade de obter varias autorizacións.

ORDES

ORDES

O BNG pide limitar a velocidade nunha estrada en Vilamaior

O Concello recibe prestados un tractor e dúas rozadoras

O uso e a velocidade na estrada incrementouse desde que foi acondicionada

O BNG de Ordes propuxo estudar o establecemento de límites á velocidade na estrada que vai desde O Casal ata a AC-524 (Ordes-Lanzá) pasando por Porpalla na parroquia de Vilamaior. Os nacionalistas solicitaron no pleno municipal que a Policía Local elabore un estudo sobre a estrada e que se coloque a sinaliza-

ción necesaria para establecer a limitación pertinente. Segundo o Bloque, entre a veciñanza da parroquia de Vilamaior existe preocupación pola elevada velocidade que acadan neste tramo algúns vehículos, xerando risco de atropelos e accidentes. O vial foi acondicionado hai un par de anos, incrementando o tráfico.

Unha responsable de Medio Rural co edil Rodríguez e operarios municipais

A roza e limpeza da rede viaria de Ordes ensaia un novo modelo. Despois de que os traballos se efectuasen unhas veces mediante maquinaria propia do Concello e outras veces contratando empresas, agora vanse acometer utilizando un tractor e maquinaria

prestada pola Xunta. Hai uns días a Consellería do Medio Rural entregou en cesión temporal o tractor, unha rozadora de arrastre e outra de brazo. Outros municipios aos que se lles cedeu maquinaria por parte da Xunta son Lousame e Padrón.


11

CRÓNICAS - Maio 2019

ACTUALIDADE OROSO PSOE e BNG consideran que hai desleixo, o PP acúsaos de electoralistas

FRADES

Críticas contra Sanidade por non cubrir baixas en pediatría de Sigüeiro

Proposta de mellora en diversas pistas de interese para o sector primario e forestal

O centro de saúde de Sigüeiro viviu a partir dos últimos días de abril unha seria carencia no seu servizo de pediatría, posto que as dúas especialistas das que dispón causaron baixa e a Xunta non as substituíu cun mínimo de premura. O PSdeG-PSOE -no goberno municipal- máis o BNG de Oroso criticaron a xestión da Consellería de Sanidade. O alcalde, Manuel Mirás, afirmou que “contar cun servizo de pediatría é unha obriga para calquera concello e a Consellería ten que actuar de inmediato se hai baixas”. Mirás explicou que os nenos e nenas do municipio, un dos poucos onde medra a natalidade, tiveron que ser atendidos por facultativos de medicina xeral ou desprazarse a centros sanitarios doutros concellos. “Falamos dunha necesidade básica”, redundou o alcalde, á vez que valorou que “temos un grave problema coa sanidade pública en Galicia por culpa dun goberno autonómico ao que non lle preocupan os concellos”. O rexedor afirmou que nos pri-

e solucións da Xunta. O seu concelleiro, Diego Boquete, criticou que tampouco fose cuberta a baixa da única enfermeira pediátrica do centro de saúde da capital municipal. Os nacionalistas reivindicaron que as baixas se cubrisen canto antes. Máis alá desta situación, o Bloque de Oroso coida que dúas pediatras e unha enfermeira son “insuficientes” para atender a poboación infantil do municipio. Consideran que Sanidade incorre nun “desleixo total” con Oroso.

A falta de persoal pediátrico é habitual no sistema sanitario público galego

meiros momentos do problema no servizo foille imposible contactar con ningún responsable de Sanidade, pese aos reiterados intentos. O BNG de Oroso anunciou que trasladaría a carencia ao Parlamento de Galicia para reclamar explicacións

“PATÉTICO” Desde o PP, Alexander Doval calificou de “patético” o que considera un intento de Mirás de “intentar sacar rédito electoral dun tema tan importante como a saúde dos nenos”. O portavoz do PP explicou que, xa antes das críticas do alcalde e do BNG, púxose en contacto coa xefa territorial de Sanidade “para interesarme polo tema e que lle poñan solución o antes posible, que é o que realmente importa”.

González, á esquerda, con Rey

O alcalde de Frades, Roberto Rey, presentoulle ao conselleiro do Medo Rural, José González, unha relación de pistas situadas no municipio que dan acceso a explotacións agrogandeiras e forestais e que precisan ser reparadas. O rexedor explicou que a rede de camiños de titularidade municipal, en especial os de zonas de concentración parcelaria, supera os seiscentos quilómetros de longo, polo que supón un considerable esforzo de mantemento. Neste sentido, Rey tamén apelou á posibilidade de adquirir un novo tractor para tarefas de roza.


12

CRÓNICAS - Maio 2019

ACTUALIDADE OROSO O Concello estima que visitaron Sigüeiro unhas 30.000 persoas durante as tres xornadas de festa

Oroso celebra a Troita máis tropical Sol e altas temperaturas durante toda unha fin de semana que chegou despois duns días de chuvia e vento. Así, nunhas condicións de pleno verán, case tropicais, celebrou este ano Oroso a súa Festa da Troita. Milleiros de persoas, unhas 30.000 durante as tres xornadas segundo as cifras oficiais, achegáronse a Sigüeiro nesta vixésimo terceira edición da festa, na que se distribuíron máis de catro mil quilos de troita. Do pregón encargouse o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, que aproveitou para animar a “coidar da natureza e dos nosos ríos, temos o privilexio de vivir en Galicia e temos que facer un esforzo para coidar o medio ambiente”. Ademais da degustación, a mostra de artesanía ou as actuacións musicais, entre as actividades máis destacadas están os campionatos de pesca, nos que participaron unhas corenta persoas de todas as idades. Xusto antes de entregar os premios, o alcalde, Manuel Mirás, manifestou que “ano a ano temos unha festa mellor, en gran parte polo esforzo e o agarimo da veciñanza”.

Entrega dos premios dos campionatos de pesca, nos que nesta ocasión participaron unhas corenta persoas

O alcalde conversa co reitor da USC, pregoeiro este ano

A troita degustouse no espazo da festa e na hostalería local

FRADES

TRAZO

Abren a biblioteca e a aula informática en nova ubicación

Solicitan que os locais públicos sexan plenamente accesibles

Para acceder ao servizo de préstamo é necesario asociarse

As dependencias contiguas á Casa do Concello de Frades acollen desde hai uns días as instalacións dunha biblioteca e unha aula de informática. Os dous servizos abren de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 horas, os martes e os xoves de 17:00 a 20:00 horas e os sábados

entre as 10:00 e as 13:00 horas. A biblioteca suma uns 4.500 libros, dos que uns 900 son títulos de literatural infantil e xuvenil. Boa parte dos fondos foron cedidos por veciños e veciñas. O Concello manifestou que para acceder ao préstamo de libros cómpre asociarse.

O BNG de Trazo presentou unha solicitude de urxencia para que o Concello acondicione os locais municipais, en especial os que teñen uso como centros electorais, para que sexan plenamente accesibles a persoas con mobilidade reducida. Os nacionalistas, nunha proposta asinada polo seu concelleiro Martín Rei, explican que durante a xornada electoral das xerais do 28 de abril unha persoa non puido entrar no colexio electoral por non contar cun acceso axeitado para cadeiras de rodas. “Cremos que este é un feito moi grave do cal hai que tomar nota e resolver o problema inmediatamente”, expón o documento rexistrado no Concello polo BNG de Trazo, en referencia á sensibilidade social do asunto. Por iso, emprazaron ao goberno local, que aínda está en mans de José Dafonte (PP), a acondicionar os distintos locais sociais con urxencia para evitar que unha

situación así se remita nas eleccións municipais deste vindeiro domingo 26 de maio. O Bloque, que presentou a súa solicitude xusto ao día seguinte das eleccións xerais, nada máis percatarse da existencia do problema, manifestou que debería haber tempo suficiente para os acondicionamentos, posto que se trata de intervencións de carácter “puntual” que non presentan demasiada complicación. De todas as maneiras, aínda que os traballos demandados se acometesen con présa, os nacionalistas reivindican que se fagan “de acordo aos parámetros que marcan as normativas e non de calquera xeito”. O Bloque destacou tamén que a súa reclamación trata de “facilitar a mobilidade universal, algo que beneficia á totalidade da poboación, dende persoas con dificultades para camiñar ata carriños de bebés, pasando por cadeiras de rodas”.


13

CRÓNICAS - Maio 2019

ACTUALIDADE ORDES A principal festa gastronómica do municipio compleméntase cunha ampla feira multisectorial

Van trinta anos devorando champiñóns

Os postos de artesanía e os de alimentación adoitan ser dos que máis captan a atención en Expo Ordes, xunto cos bares e restaurantes que ofrecen champiñóns

Unha fin de semana ao ano a xente de Ordes bótase a comer champiñóns e á vila achéganse varios milleiros de persoas para ‘axudar’ en tan peculiar tarefa gastronómica. A quen llo contasen hai trinta anos pensaría que se trataba nunha broma, pero o certo é que van tres décadas nas que a capital da comarca celebra a Festa do Champiñón. Cun produto sen a máis mínima

tradición de cultivo na comarca, hoxe practicamente ninguén pensaría en cambialo por outro. A xornada enche os bares e restaurantes da vila e parte da súa contorna, que cos anos foron diversificando as receitas con champiñón. Este ano, por exemplo, puideron degustare con nata, con allo, con xamón, en empanada ou cun acompañamento de queixo, entre outras propostas.

A outra cara da fin de semana do Champiñón é desde hai uns anos Expo Ordes. O que no principio parecía unha feira de mostras pouco menos que improvisada, incluso cun toque cutre, leva xa algo máis dunha década cun notable aspecto profesional e avanzando na súa configuración como cita de negocios. De feito, este ano de novo superáronse os cen expositores de moi di-

versos ámbitos económicos e sociais baixo a carpa de máis de 3.000 metros cadrados, á que hai que engadir os 10.000 metros cadrados de exposición de maquinaria agrícola. Como actividades singulares, destacaron o cuarto Salón Moda e Eventos da Asociación de Comerciantes de Ordes e a feira de artesanía que se ubicou na Alameda e que cada ano gaña capacidade de atracción.

Paco Santos, un valor seguro para Cerceda O programa electoral que o Partido Popular de Cerceda presenta para as eleccións municipais do 26 de maio ten un carácter aberto e participativo e por iso está elaborado, na súa maior parte, tomando como base as achegas e suxerencias que os cidadáns e colectivos locais nos transmitiron nas numerosas conversacións mantidas ó longo dos últimos anos. O noso propósito é que este documento dea resposta ás inquietudes reais dos veciños e sexa a folla de ruta para construír entre todos a Cerceda que queremos ter nos vindeiros anos. O obxectivo principal é frear a constante caída de poboación que es-

tamos sufrindo desde a década dos 60 do século pasado, onde pasamos dos 8.000 habitantes ós 5.000 habitantes na actualidade. O éxodo provocado pola mina de Encrobas, ó que non se lle dou unha resposta urbanística axeitada, a baixa natalidade, a perda de oportunidades no medio rural e a preferencia dos matrimonios mozos por outros Concellos con máis oportunidades, están causando un panorama desolador nas nosas aldeas, con numerosas casas baleiras ou abandonadas. É por iso que fixar e reverter o descenso da poboación existente no entorno dos núcleos urbanos, así como modernizar os usos agrícolas

Candidatura do Partido Popular de Cerceda para as eleccións do 26 de maio

e forestais do medio rural con actuacións sobre a base territorial, é algo que debe ser tomado moi en serio polo futuro goberno. A necesidade de crear máis emprego, a calidade dos servizos que ofrece o concello, a protección ás persoas con dificultades e a transparencia na xestión do goberno local, son prioridades que compartimos cos cercedenses e por iso conforman as bases nas que se fundamenta o programa da nosa candidatura. Somos conscientes de que o emprego é a principal preocupación das familias e por iso consideramos esencial impulsar tódalas actividades económicas que xeren postos de traballo. Contemplamos medidas fiscais, incentivos económicos e axilización da burocracia para facilitar tódalas iniciativas empresariais, sacando o máximo partido ó potencial que ten o noso Concello. Outro bloque de propostas está orientado a mellorar os servizos que os cidadáns reciben do seu concello. Queremos un municipio que ofreza espazos modernos e de calidade para os veciños e para iso propoñémonos actuar nas instalacións deportivas, culturais, educativas e sociais ás que

José Francisco Santos Regueiro, candidato do PP á Alcaldía de Cerceda

acoden centos de persoas, sen esquecer as rúas, prazas ou parques dos núcleos tradicionais. Finalmente manifestamos un compromiso firme de xestionar con transparencia o diñeiro público, contas claras e contratos legais serán a bandeira da nosa forma de goberno, para sacar o máximo partido a cada euro aportado por todos vostedes e facéndoos partícipes das decisións que se adoptan nos órganos de goberno.


14

CRÓNICAS - Maio 2019

ECONOMÍA E TRABALLO INDUSTRIA Demanda que se concreten os novos plans e investimentos que permitan manter postos de traballo

O persoal de Meirama pídelle ao Ministerio, á Xunta e a Naturgy unha reconversión real A poucos meses de que a central térmica de Meirama cese a súa actividade, o persoal da planta asegura que se atopa nunha situación de “indefinición e falta de garantías para os postos de traballo”. Por iso, reclaman que as administracións central e autonómica e a empresa propietaria das instalacións, Naturgy, concreten os seus compromisos para que a reconversión sexa real. En concreto, o comité de empresa solicítalle ao Ministerio para la Transición Ecológica que explique en que se empregarán as subvencións previstas para a comarca e que contía teñen. Sobre a mesa da Xunta poñen a necesidade de presionar a Naturgy para que instale outro tipo de tecnoloxías coas que manter o emprego. Coidan que o goberno autonómico debería liderar unha gran comisión para “deseñar unha transición enerxética razoable e sostible no tempo”. Neste sentido, Bautista Vega, presidente do comité de empresa e representante da CIG, precisou que

Os sete Concellos apoian unha saída negociada ao conflicto laboral Os sete Concellos da comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo), a través da Mancomunidade, expresaron o seu apoio a unha solución dialogada no conflicto laboral do transporte do lixo. Nun encontro entre o presidente da entidade supramunicipal, Roberto Rey, e representantes do cadro de persoal de Pacholo e da CIG, a institución pública apelo ao “diálogo como vía de solución do conflicto existente e que está a afectar gravemente aos traballadores pertencentes na súa maioría á comarca de Ordes. A solicitude trasladouse a responsables de SOGAMA, de Transportes Pacholo, de COPASA, e á conselleira de Medio Ambiente. Antes deste encontro, varios alcaldes da bisbarra interesáronse tamén pola situación do persoal en folga.

unha alternativa “pode ser a biomasa, que se ben non os mantería todos, si garantiría parte dos postos de traballo tanto da empresa principal como da auxiliar e manter o enclave produtivo”. RECOLOCACIÓNS O persoal lembra tamén que Naturgy anunciou cando se confirmou o peche da térmica “unha serie de investimentos dos que non se volveu falar”. De aí que insistan en que a compañía explique que tipo de investimentos planea e cantos postos de traballo implicarían. “Queremos que haxa un compromiso real de recolocación de todo o persoal, que non pode desvincularse, en Galiza”, manifesta Vega. A incidencia do cese da produción eléctrica en Meirama afecta a uns cen postos de emprego directos, outros tantos nas empresas auxiliares e a numerosos negocios que dependen en boa medida da actividade da térmica, segundo a CIG.

REIVINDICACIÓN A PÉ. O persoal da central térmica expresou as súas reivindicacións nunha marcha a pé entre o Mesón do Vento, en Ardemil (Ordes) e Cerceda. Na Casa do Concello de Cerceda foron recibidos polos alcaldes de Cerceda e de Ordes, que lles ofreceron o seu apoio, conscientes da considerable incidencia sobre o emprego na contorna que ocasiona a falta de alternatvas á queima de carbón na central de Meirama.

COMARCA O comité de empresa advirte de que seguirá coa folga se non hai diálogo

Traballadores de Transportes Pacholo reclaman a readmisión dos despedidos A folga indefinida na empresa Transportes Pacholo, subcontratada pola Xunta para o transporte de residuos sólidos urbanos, supera xa o mes de duración. O seu persoal protestou en Ordes para reivindicar garantías dos seus postos de emprego e a readmisión dos oito traballadores despedidos dentro dun contexto que os sindicatos definen como de “acoso laboral”. Os despedidos encabezaron a protesta do pasado domingo 12 de maio, que percorreu o traxecto entre o polígono de Merelle e a Casa do Concello. O presidente do comité de empresa, Manuel Regueiro, leu un manifesto e rexeitou a proposta de recolocación dos despedidos noutras empresas subcontratadas pola Unión Temporal de Empresas (UTE) Copasa-Logirail-Renfe, gañadora no seu día do concurso para o transporte de residuos a Cerceda. “Aceptar iso sería vender estes compañeiros e asinar a nosa sentenza de morte”, asegurou Regueiro, á vez que denunciou que tras o inicio

A protesta percorreu a N-550 desde Merelle ata a Casa do Concello de Ordes

da folga constataron que hai “cinco empresas piratas” efectuando o transporte “nunhas condicións infinitamente peores”. Os representantes sindicais, que levan as súas protestas a numerosos actos electorais do PP, demanda-

ron a intervención da Xunta para non permitir “o acoso laboral e os despedimentos de traballadores por pedir dereitos básicos”. Advirten de que están abertos á negociación pero tamén “para enfrontar este conflicto o tempo que teña que durar”.


15

CRÓNICAS - Maio 2019

M I T I N Peche de campaña

PUBLICIDADE

VOTA

José Luis Martínez Sanjurjo Ordes 2019

Venres, 24 de maio ás 21:30 h. Plató Tex'45 (antiga discoteca LP'45)

#DitoeFeito #SomosXenteDePalabra

Para

Seguir

Avanzando


16

CRÓNICAS - Maio 2019

PUBLICIDADE ENTREVISTA co candidato do PPdeG á reelección como alcalde de Ordes

José Luis Martínez Sanjurjo concelleiro, primeiro hai que - Superado o ecuador da campaña, cal é a súa impresión? - Razoablemente satisfeito, tanto pola afluencia de xente aos diferentes actos, como pola receptividade ás nosas propostas. Pero coa impresión non abonda. Necesitamos e pedimos un voto masivo ao Partido Popular para poder gobernar con maioría na vindeira Lexislatura municipal, para liberarnos dos atrancos que tivemos nos pasados catro anos”.

líticos, ademais de pedir o apoio da xente, debemos render contas permanentemente. Porque administramos recursos públicos, que son de todos. Nós así o entendemos, Estaría ben que os demais fixeran o mesmo. - A quen se refire? - Non é o momento de personalizar, pero estaría ben que UXO explique como xerou a débeda millonaria que nos deixou en herdanza,

“Somos os primeiros en presentarnos á reelección cun balance de xestión que nos respalda. É a primeira vez que isto sucede en Ordes” - Aspira a unha maioría absoluta? - Rotundamente si. Nestes catro anos que agora rematan, gobernamos con apoios moi precarios, en minoría, e iso dificultou enormemente o proceso de toma de decisións. A maioría permite dispoñer de plena capacidade de decisión e priorizar mellor os investimentos e outras medidas. - Pero aínda así, vostedes presumen de balance de xestión. - Por suposto. De feito, somos os primeiros en presentarnos á reelección cun balance de xestión que nos respalda. É a primeira vez que se fai algo similar en Ordes. Canda o programa para os vindeiros catro anos, entregamos á veciñanza un balance do que fixemos. Entendemos que é unha obriga ética e democrática. Porque os po-

ou que o PSOE explique tamén porque nos castigaron desde a Deputación provincial ou as razóns que levaron ao Goberno de Pedro Sánchez a paralizar a execución da rotonda inferior da N-550, na saída de Ordes, para logo prolongar e conectar a rolda leste coa estrada de Carballo. - Que medidas destaca do seu labor como alcalde? - Estes días repito moito a expresión “Dito e Feito”, porque nos define perfectamente. Hai catro anos, gañamos as eleccións municipais cun programa electoral que foi a nosa folla de ruta no Concello e que logramos executar ou comprometer nun 68%, malia que se trataba de medidas a oito anos vista. Iso revela que somos xente de palabra e cumprimos o que prometemos.

“Completaremos o que quedou por facer por falta de recursos ou porque os outros partidos o impediron, porque non tivemos maioría”

Sobre o emprego: “En marzo de 2012, con Regos como alcalde, Ordes tiña 1.255 persoas paradas, men

Poño como exemplo a estrada de Cerceda, por Mercurín, que o meu predecesor deixara chea de fochancas e pechada ao tráfico pesado, e hoxe é unha vía máis segura e moderna. Fixemos obras en todas as parroquias e na vila: nas estradas, abastecemento e saneamento, locais sociais e tantas e tantas outras iniciativas que se converteron en realidade.

O parque infantil cuberto do campo da feira, que era unha vella demanda da vila; o centro sociocomunitario que está en avanzado estado de execución, e marcará un antes e un despois na atención á infancia e á terceira idade; a aposta polos servizos sociais; as melloras nos centros educativos e nas instalacións deportivas; o apoio permanente ao deporte de base; mesmo a aposta pola creación de emprego.


CRÓNICAS - Maio 2019

17

PUBLICIDADE

o: “Para ser bo alcalde ou bo e ser honesto e boa persoa” “Necesitamos e pedimos un voto masivo para poder gobernar con maioría no vindeiro mandato e liberarnos dos atrancos dos pasados catro anos” para seguir reducindo as cifras de paro, tanto pola vía dos incentivos económicos e á formación, como a través da ampliación do solo empresarial e industrial para atraer o asentamento de empresas. Nos vindeiros catro anos, aspiramos a aprobar definitivamente unha masa de solo industrial no polígono de Pardiñas, preto da autoestrada, porque as empresas precisan boas comunicación, e Ordes tenas, afortunadamente. - Que medidas destaca do seu programa electoral? - O primeiro, evidentemente, é convidar ás veciñas e veciños que lean o noso programa, integrado por un cento de medidas orientadas ás necesidades de todas as persoas, sexan novas ou maiores, vivan na vila ou nas parroquias.

rridos, mellora do centro de saúde, inmediata aprobación provisional do PXOM e buscar a definitiva canto antes, aposta pola paisaxe e protección do medio ambiente. Un Concello, en suma, ao servizo da xente. - Vostede insiste moito nos valores humanos. - Sen dúbida, Porque antes que alcalde ou que concelleiros somos persoas, persoas de ben e como tales actuamos. Ninguén pode ser bo alcalde nin bo concelleiro se antes non é boa persoa. Iso é o que me ensinaron na casa e nunca o agradecerei abondo. Con independencia do que fixemos nestes catro anos, de todos os investimentos logrados para Ordes, é preciso recordar tamén os nosos valores, porque se algo nos defi-

“A nós ninguén pode acusarnos de levar nada para a casa. Nin no mandato que remata nin no futuro. Somos xente de palabra, xente de fiar. Como a inmensa maioría da xente de Ordes”

ntres que en abril de 2019, o paro baixou a 693 persoas, practicamente a metade. Son datos oficiais”

- Pero os seus contrincantes repróchanlle o contrario, especialmente en materia de emprego. - Neste asunto, como en todo na vida, hai que ser rigorosos e coherentes. Non podo ser triunfalista, porque o paro é un problema moi serio. Pero os datos oficiais de paro rexistrado poñen de manifesto que o paro se disparou con Regos e baixou practicamente á metade no

último mes, en abril de 2019. Teño que recordar que en marzo de 2012, con Regos como alcalde, Ordes tiña 1.255 persoas paradas (cunha taxa do 21,79%), mentres que en abril de 2019, o paro baixou a 693 persoas, practicamente a metade, insisto. Son datos oficiais, non invento nada. En calquera caso, insisto, non nos damos por satisfeitos e faremos canto estea ao noso alcance

Tentaremos, sen dúbida, completar o que quedou sen facer por falta de recursos económicos ou porque nolo impediron o resto dos partidos, dado que non tivemos maioría. Apostamos polas persoas, cunha maior oferta de servizos para a terceira idade, para mocidade a para os nenos, aposta pola conciliación. Novos equipamentos na vila e nas aldeas, aglomerado das principais pistas e estradas, wifi de balde nos espazos públicos máis conco-

niu neste tempo foi a honestidade, a honradez e a capacidade de traballo de todo o equipo. Transparentes, sempre coa verdade por diante. Puidemos equivocarnos, sen dúbida, e pido desculpas por elo: pero xamais actuamos con mala fe nin metemos a man na caixa. A nós ninguén pode acusarnos de levar nada para a casa. Nin no mandato que remata nin no futuro. Somos xente de palabra, xente de fiar. Como é a inmensa maioría da xente de Ordes.


18

CRÓNICAS - Maio 2019

ECONOMÍA E TRABALLO LEITE Pasan do 0,20 ao 0,18 como resposta á situación excepcional do sector

O Ministerio de Hacienda reduce os módulos do IRPF nas granxas O Ministerio de Hacienda bótalle unha pequena man ao sector de producción de leite, mediante unha redución dos índices de rendemento neto aplicables no método de estimación obxectiva do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), os coñecidos como módulos. Deste xeito, as explotacións de todo o territorio español que tributen o IRPF por este sistema pasan dun índice de 0,20 a un do 0,18. Ademais da produción de leite, beneficianse dunha rebaixa fiscal do 0,26 ao 0,18 a apicultura de toda España e os cítricos de boa parte do seu territorio. OUTROS SECTORES Outros cultivos e producións dispoñen deste beneficio con límites segundo os municipios. Na provincia da Coruña, é o caso da pataca na zona de Ferrol e Ortegal e en Muxía, por mor da praga da couza guatemalteca que impide o cultivo nos últimos anos. Tamén se aplica esta medida en municipios da Costa de Lugo,

As entregas de leite levan varios meses medrando en Galicia fronte a prezos baixos

provincia na que unha parte considerable do seu territorio ten rebaixa no IRPF na produción de forraxes. O LEITE PEOR PAGADO Mentres tanto, as cotizacións do leite en orixe volven baixar en Galicia. En marzo, o último mes con datos oficiais dispoñibles ata agora, caeron ata 0,313 euros por litro, o peor valor de toda España, que sitúa

a súa media en 0,326 euros por litro. Os territorios máis próximos superan de xeito considerable o prezo que perciben as gandeirías galegas de leite, de maneira que Asturias recibe en orixe 0,345 euros por litro e Castela e León chega aos 0,330 euros por litro. Unha explotación media que vende 400.000 litros ao ano ingresa en Galicia uns 13.000 euros anuais menos que en Asturias.

LEITE O SLG, anfitrión en Galicia do modelo ‘Quen é o xefe? A marca do cosumidor’

É posible cobrar o leite a 0,39 euros?

Presentación en Santiago do novo modelo comercializador, ao que nos últimos anos se sumaron 155 granxas en Francia

As persoas que consomen leite deciden en que condicións queren que se produza e establecen o que cren que sería un prezo xusto para adquirilo. Quen produce adáptase a esas condicións e a cambio recibe unha retribución maior polo seu traballo. É en grandes trazos o funcionamento de ‘Quen é o xefe? A marca do/a consumidor/a’, un sistema que se está desenvolvendo nos últimos anos en Francia e que xa lles permitiu ás granxas integradas cobrar un prezo base de 0,39 euros por litro, que se

incrementa segundo calidades e goza da estabilidade de contratos de tres anos de duración. En España este método está dando os primeiros pasos. En Galicia o Sindicato Labrego Galego exerce como anfitrión. Para iso realizou hai uns días unha presentación cun dos fundadores franceses e coa coordinadora en España. Asistiron gandeiros e gandeiras, representantes de cooperativas, a Unión de Consumidores de Galicia e persoas do ámbito universitario. Isabel Vilalba, secretaria xeral do

SLG, explicou que este sistema é un exemplo do “diálogo necesario entre produción e consumo”. Tal como detallou, en Francia “as propias consumidoras e consumidores votaron que querían o leite de orixe francesa, en réxime de pastoreo, sen transxénicos, coas forraxes mercadas nun radio inferior aos 100 quilómetros dende a granxa e cunha remuneración digna que se salda cun prezo de venda ao público de 99 céntimos”. Régis Mainguy, un dos gandeiros de ‘Quen é o xefe?-A marca do/a

PREZOS DO LEITE

MARZO / FEBREIRO (€/litro)

Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA

0,313 0,345 0,321 0,345 0,317 0,451 0,325 0,338 0,330 0,321 0,330 0,329 0,324 0,330 0,346 0,329 0,340 0,326

0,315 0,344 0,326 0,346 0,318 0,451 0,326 0,343 0,331 0,348 0,333 0,336 0,324 0,332 0,349 0,331 0,347 0,330

MEDIAS ESPAÑA MARZO 2015 0,323 2016 0,303 2017 0,314 2018 0,325 2019 0,326

PRODUCIÓN MARZO 2018

2019

Galicia 235.507 tn 242.845 tn España 627.322 tn 634.063 tn Fonte: FEGA (03-05-2019)

consumidor/a’, explicou o cambio que lle supuxo sumarse á iniciativa. A súa explotación vendía o leite a Lactalis, con prezos que chegaron a caer aos 0,28 euros na crise e que como moito acadaran os 0,32. A súa participación nas protestas de 2016 fixo que a industria deixase de recollerlle, o que o levou ao novo modelo, que considera un éxito. CON LISTA DE AGARDA As cifras semellan reveladoras. En Francia hai 155 granxas comercializando o leite con esta marca, que acumula unhas vendas de 107 millóns de litros, 35 deles o primeiro ano. Ademais hai unhas 7.000 explotacións en lista de agarda para sumarse á marca. Farano en canto se vaia incrementando a demanda no consumo. O SLG considera que iniciativas deste tipo poderían ser “un revulsivo para un mercado lácteo totalmente distorsionado pola posición de dominio e polos abusos das industrias e das distribuidoras, que impoñen en orixe os prezos que máis lles conveñen sen pensar na dignidade nin nas condicións laborais dos gandeiros e das gandeiras”, manifesta. Neste contexto, define como “escandalosos” os datos sobre prezos e peches de explotacións: cotizacións galegas á cola de toda Europa e unha media anual de 500 granxas galegas botando o cadeado no último lustro.


CRÓNICAS - Maio 2019

19

PUBLICIDADE


20

CRÓNICAS - Maio 2019

XENTE DE AQUÍ COMARCA As primeiras celebracións para o colectivo deste ano acolléronas os municipios de Mesía e de Ordes

Inician a tempada de festas para a terceira idade Os Concellos de Ordes e de Mesía abriron a tempada de festas dedicadas ao colectivo da terceira idade. Ordes aproveitou a carpa colocada no Campo da Feira para ExpoOrdes para un ágape que sumou máis de 800 participantes. Mesía desenvolveu a actividade, como é habitual, no pavillón polideportivo municipal situado en Xanceda.

Despois do xantar, a conversa, a música e o baile tomaron o relevo no encontro da xente máis veterana de Mesía

Integrantes da corporación de Ordes na Festa da Terceira Idade 2019

A comida ordense reuniu máis de 800 persoas nunha carpa no Campo da Feira

CERCEDA

OROSO

Jesusa Fraga Rama, de Rodís, nova centenaria en Cerceda

Exposición etnográfica na honra de Antonio Fraguas

A mostra co gallo do Día das Letras Galegas situouse na Biblioteca Municipal Fraga Rama, no centro da imaxe, na celebración dos seus cen anos

Jesusa Fraga Rama, veciña do lugar de Gosende, na parroquia de San Martño de Rodís (Cerceda), celebrou a comezos deste mes de maio cen anos de vida. A celebración desenvolveuse

nun encontro familiar, durante o que o concelleiro de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Juan Manuel Rodríguez García, acudiu a entregarlle un ramo de flores á centenaria, moi feliz.

Entre os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas na comarca de Ordes destacou a exposición etnográfica na Casa da Cultura de Sigüeiro (Oroso). A mostra serviu para lembrar e honrar a Antonio Fraguas, o autor homenaxeado este ano o 17 de

maio, en especial pola súa etapa como creador e director do Museo do Pobo Galego. Os diversos obxectos e textos expostos fixeron fincapé en recoñecer o legado de Fraguas como historiador, antropólogo e xeógrafo.


21

CRÓNICAS - Maio 2019

PUBLICIDADE

O 26 de maio, co voso apoio, Ordes vai molar Das cinco candidaturas que concorren ás eleccións municipais, catro xa estiveron no goberno dun ou doutro xeito, xa sodes coñecedores da súa xestión e mais do que din e logo non fan. Chegou a hora de confiar na única candidatura que aínda non gobernou este concello, unha forza que sempre estivo da man da veciñanza ante as grandes ameazas e problemas que padece o concello, exercendo unha oposición construtiva pero ao mesmo tempo denunciando con seriedade e firmeza as falcatruadas do goberno. Pedímosvos concentrar o voto no BNG, que nos deades a vosa confianza para poder implantar en Ordes o modelo transformador que tan ben está a funcionar noutros concellos. Estas serán as nosas prioridades na acción de goberno que co voso apoio, levaremos a cabo en Ordes:

Emprego - Posta en marcha dun viveiro de empresas. - Poñer fin ás prácticas especulativas no polígono industrial, recuperando as parcelas baleiras para poñelas a disposición das empresas. - Ampliación do polígono Industrial, previndo unha zona de parcelas grandes reservada para empresas de certa envergadura. - Creación dunha aula CeMIT. - Creación e promoción da marca Ordes, traballando conxuntamente co comercio local. - Fomento e explotación das oportunidades que oferta o Camiño Inglés.

Urbanismo, mobilidade e calidade de vida - Humanización e reorganización do rueiro. - Redeseño do parque Félix Rodríguez de la Fuente, dotando o mesmo de servizos públicos e accesibles. - Impulso real á tramitación do P.X.O.M. e aprobación do documento. - Impulso de políticas contra o feísmo. - Subvencións municipais para a instalación de ascensores e mellora da accesibilidade en edificios antigos. - Redución progresiva do tipo impositivo do I.B.I. para paliar a suba dos valores catastrais, evitando unha suba no recibo da contribución. - Reducir a delimitación da zona O.R.A. ás rúas céntricas e completa transformación en zona azul gratuíta. - Melloras nos centros educativos do concello, acadando unhas condicións de habitabilidade acordes ás esixencias do presente século. - Acordo coas distribuidoras eléctricas

Pablo Vidal, candidato do BNG á alcaldía de Ordes para o soterramento de liñas eléctricas. - Novos leira-parking e acondicionamento dos mesmos (pavimentación e iluminación). - Enlace da N-550 coa AC-413 (Ordes-Carballo), ampliando a rolda leste para desviar o tráfico pesado do centro da vila. - Stop obras faraónicas. Centrar os recursos en dotar de contido e sentido aos edificios baleiros dispoñibles.

conecte o rural coa vila de Ordes. - Retirar do abandono as parcelas propiedade do Concello e poñelas a producir mediante plantacións ou creación de áreas recreativas para uso e goce da veciñanza. - Creación dos Consellos Parroquiais onde a veciñanza poderá participar, consultar, informarse, controlar e facer propostas para a xestión municipal. - Impulso ás concentracións parcelarias esixindo o seu remate.

Parroquias vivas e con futuro

Benestar: servizos públicos e de calidade

- Redes municipais de abastecemento de auga e de saneamento en todas as parroquias. - Bonificación no I.B.I. para as vivendas que non teñan acceso a servizos de abastecemento de auga e/ou de saneamento. - Bonificación no I.B.I. para construcións con actividade vinculada ás explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais. - Posta en marcha do Ordesbus, que

- Creación dun Centro de Día. - Contacto permanente coas concesións e fiscalización para a prestación dun servizo de calidade e sen explotación do persoal contratado. - Transformación da antiga casa da Cruz Vermella nunha vivenda de emerxencia social. - Ampliar a depuradora de Ordes e

modernizar a potabilizadora de Trabes. - Desamiantado da rede de abastecemento de auga. - Plan de mantemento integral de estradas (rozas, sinalización, limpeza de pluviais). - Melloras no servizo da biblioteca: ampliación de horarios e espazo. - Construción dun heliporto para o centro de saúde e esixir unha maior dotación de persoal. - Reutilización, reciclaxe e redución como piares fundamentais para a xestión do lixo. - Implantación dunha escola infantil pública en Ordes aproveitando algunha das escolas unitarias en abandono. - Sentar as bases para a implantación en Ordes de outra residencia da terceira idade pública.

Cultura e deportes - Deseño dunha programación cultural estable ao longo de todo o ano e por tódalas parroquias, que conte coa participación do sector cultural local. - Acondicionamento da casa da cultura, trasladando a escola de música ao edificio e dignificando o auditorio. - Posta en valor do patrimonio histórico, artístico, industrial e inmaterial co que conta o concello. - Homenaxe ás vítimas represaliadas e asasinadas, cumprimento da lei da memoria histórica. - Acondicionamento dos pavillóns polideportivos e solución aos problemas de condensación das pistas. - Bolsa de subvencións a deportistas destacados/-as, con prioridade ao deporte base, xunto coa ordenanza reguladora correspondente que garanta unha concorrencia competitiva. - Creación dunha pista de tenis.


22

CRÓNICAS - Maio 2019

PUBLICIDADE Carmen Mª Ferreiro Villaverde, traballadora na Biblioteca Provincial

“Crearemos unha Oficina de Turismo e potenciaremos o Camiño Inglés para atraer visitantes a Ordes” - Como valora a programación cultural en Ordes? - A cultura e o ocio son dúas áreas nas que a parálise e falta de ideas do PP durante estes últimos anos é máis evidente. Por iso os socialistas promoveremos a modernización da Casa da Cultura, para que se converta no centro cultural que Ordes merece, como cabeceira de comarca, e sexa o escaparate dos novos artistas do municipio. Ademais, promoveremos a creación de clubs de lectura, tanto para mozos como para adultos, a través da Biblioteca Municipal.

- Unha oferta, semella, moi centrada na mocidade... - A mocidade é unha das nosas máximas prioridades. Por iso o deporte ocupa tamén gran parte do noso programa. A nivel de infraestruturas, queremos ampliar a Cidade Deportiva para promover o deporte entre as crianzas e a mocidade, para os que promoveremos a creación dun parque de skate e parkour. Ademais, xa é hora de que os nosos deportistas reciban unhas axudas dignas de acordo aos seus logros en vez de chapitas e fotiños, pero sen olvidarse de apoiar os

deportes minoritarios que se practican en Ordes. - E a nivel de ocio, que propoñen? - Apostamos por promover programas de lecer activo e saudable, ampliando os roteiros existentes. Este é un punto, o turismo, que o actual Goberno de Ordes non está a tratar como merece. Por iso, crearemos unha Oficina de Turismo e potenciaremos o Camiño Inglés, para atraer

visitantes a Ordes. Temos suficientes atractivos para conseguilo, aos que engadiremos a creación dun Museo Etnográfico.

Mª Concepción Berdomas García García, veterinaria e vicepresidenta da ANPA do Mesón

“Melloraremos os centros educativos de Ordes e aumentaremos a oferta na Formación Profesional”

- Como integrante dunha ANPA, estará ao día das carencias do ensino en Ordes. - A primeira de todas é a falta de co-

laboración do Concello coas ANPAS. Hai que aumentala e facer que o Consello Escolar Municipal sexa realmente un órgano de participación cidadá no ámbito educativo. Pero se falamos de infraestruturas, todos temos na memoria esas imaxes dos nenos indo con dous abrigos ao colexio, un para cando estaban en clase e outro para cando saíran. Iso non se pode permitir. Por iso, os socialistas melloraremos os centros educa-

tivos do municipio. E farémolo con sentidiño, non como o PP que actuou nos polideportivos sen contar con ningún especialista e, despois de gastar os cartos, resulta que non se poden facer actividades como patinaxe porque nesas pistas os patíns non rodan ou aumentan o risco de caídas. - E a nivel formativo? - Aumentaremos a oferta na Formación Profesional, con máis ciclos medios e superiores. E melloraremos a dotación de espazos públicos para que a nosa mocidade poida estudar, cun horario de

apertura que se adapte ás súas necesidades. Ademais, crearemos unha Escola de Nais e Pais para compartir experiencias e avanzar na educación dos nosos fillos e fillas. - A participación é tamén un dos puntos fortes do seu programa. - Participación veciñal non é abrir a porta do despacho unha vez ao mes. Son necesarias reunións periódicas nas parroquias e un diálogo constante e directo coas distintas agrupacións e asociacións culturais, deportivas, de comerciantes, hostaleiros, empresas, ONGs...

Noelia Rivadas López, logopeda e opositora ao Sergas

“Pediremos un pediatra de garda para o PAC e a mellora doutros servizos de atención primaria” - A sanidade foi unha das queixas recurrentes da veciñanza nos catro últimos anos de Goberno do PP. Cal é a súa valoración? - Os recortes en Sanidade do Goberno do PP e do señor Feijoo están a ser bastante evidentes en Ordes, co silencio cómplice do actual Goberno municipal. Penso que todos os veciños e veciñas son conscientes do deterioro sufrido na atención que reciben no PAC de Ordes, non por culpa dos profesionais que aló traballan, senón pola falta de medios. Por iso, os socialistas pediremos un pediatra de garde para o PAC,

así como a mellora doutros servizos de atención primaria. - Que propoñen en materia de servizos sociais? - A promoción e defensa dos servizos sociais é algo que vai no ADN dos socialistas, como puidemos ver nas pasadas eleccións cos Venres Sociais que tanto molestaron a PP e Ciudadanos. En Ordes, os socialista apostamos por crear un Plan Municipal de Igualdade, incorporando a perspectiva de xénero ás políticas activas de emprego, promovendo ao emprendemento das or-

denses e colaborando coas organizacións de mulleres e de empresarias. Pero a igualdade de xénero non é a única importante, tamén é preciso avanzar no cumprimento da lexislación en materia de discapacidade coas persoas con diversidade funcional, coordinando a implantación dun Centro Ocupacional no municipio. Ademais, tamén apostamos pola posta en marcha dun voluntariado no que se fomente a

participación de persoas con diversidade funcional e dun servizo de acompañamento para persoas maiores que viven soas.


23

CRÓNICAS - Maio 2019

PUBLICIDADE Fernando Viqueira Nouche, avogado e candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ordes

“A nosa aposta é polo emprego e por facilitar o asentamento de empresas en Ordes como motor da nosa economía” - Como valora a resposta da veci- Popular ou as marcas brancas coas ñanza nestes primeiros días de cam- que se presenta a dereita en Ordes: paña electoral? UXO e Ciudadanos. Nós presentámo- Moi positiva e teño que agrade- nos a estas eleccións para liderar un cer tanto a gran cantidade de ache- cambio de esquerdas, non para darlle gas, ánimos e propostas que nos te- a Alcaldía nin ao PP nin a UXO. ñen feito os veciños e veciñas de Ordes ao longo destes días fartos da pa- Que propoñen para gañarse esa rálise do Goberno do Partido Popular, confianza da veciñanza? que está a conducir ao noso municipio - A nosa prioridade é o emprego, a unha das maiores crises económicas por iso apostamos por facilitar o asene sociais que lemtamento de em“Pedimos o voto para bro na miña vida. presas en Ordes Está claro que Or- gobernar Ordes. Somos a como motor da des quere camnosa economía. bio e sabe que os alternativa para liderar un Temos unha gran socialistas somos Goberno de esquerdas e oportunidade co a única alternaPolígono de Pardinon imos facilitar que a tiva real de camñas, que o PP ten dereita, chámese PP ou bio neste conceesquencido nalllo. E xuntos, o vin- Uxo, chegue á Alcaldía” gún caixón, pero deiro 26 de maio, tamén apostamos imos conseguir un ter un Goberno so- pola creación dun viveiro de emprecialista no Concello de Ordes, como sas e por incentivar e apoiar tanto ás conseguimos outro Goberno Socialista nosas pquenas e medianas empreen España con Pedro Sánchez e como sas como á mocidade emprendedora. faremos o vindeiro ano en Galicia con Carmen falaba de impulsar o turismo Gonzalo Caballero. en Ordes como fonte de riqueza, pois todos sabemos que temos produtos - Hai quen di que votar ao PSOE é locais de gran calidade, como o grelo o mesmo que votar a UXO. ou o queique, que poden actuar como - Unha mentira promovida polos elemento de atracción de visitantes ao nosos rivais políticos para tentar enga- pobo cunha boa promoción que vaia nar á veciñanza e sacar réditos electo- máis aló do noso municipio. Temos rais. Quero deixar moi claro que os so- que promover Ordes máis aló da nosa cialistas pedimos o voto para gober- comarca. nar Ordes. Temos un proxecto sólido e completamente renovado. Somos - Un dos puntos quentes da cama alternativa para liderar un Goberno paña son as infraestruturas, sobre de esquerdas neste Concello. Obvia- todo as beirarrúas de Alfonso Senra. mente, non imos a facilitar que a de- Cal é a postura do partido socialista e reita teña a Alcaldía, chámese Partido que medidas levan no programa?

- As beirarrúas de Alfonso Senra son o exemplo máis claro da incapacidade do Partido Popular para xestionar un problema. A desfeita que teñen que soportar os veciños e veciñas xa é grande dabondo, pero o peor de todo é que o alcalde non dera a cara en ningún momento e lles explicara a situación aos veciños. Moito falar de transparencia pero neste e en moitos outros casos, o certo é que os veciños estiveron totalmente desamparados. En canto á nosa proposta en materia de infraestruturas, apostamos polas parroquias que tan abandonadas ten o PP. Por iso propoñemos un plan de mellora viaria en todas as parroquias, coa construción de sendas peonís e

desbroce e limpeza de cunetas dúas veces ao ano. Ademais, traballaremos para completar as redes de abastecemento de auga e saneamento. Porque unha das nosas prioridades será mellorar a calidade do subministro de auga tanto á vila de Ordes como ás parroquias. Se falamos de proxectos concretos, queremos modernizar a piscina descuberta, mellorar os nosos parques infantís e crear un parque de skate de de parkour para a nosa mocidade e un parque canino con elementos de agility para ter un lugar onde desfrutar coas nosas mascotas. Tamén apostamos por facer unha rotonda que comunique a N-550 coa estrada de Carballo, para paliar os atascos en Ordes.

ENCONTRO EN ORDES Xoves 23 de maio 21:00 horas Sala TEX45 (antiga LP45)

VOT A

Falarán: - Fernando Viqueira, candidato á Alcaldía de Ordes - Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias

O ORDES QUE QUERES


24

CRÓNICAS - Maio 2019

DEPORTES TAEKWONDO Acolleu o Campionato Galego en categorías sub 21 e cadete, no que o BoudSport sumou éxitos

Ordes, no calendario do galego de taekwondo Ordes acolleu o Campionato Galego en categorías sub 21 e cadete, no que participaron máis de 200 deportistas. O club BoudSport exerceu de anfitrión das probas, que contaron coa colaboración do Concello. No BoudSport destacaron as medallas de ouro logradas por Sara Soneira Balado (campioa galega -51 cadete) e Daniel Mosquera Sánchez (campión galego -80 sub 21), as pratas obtidas por Mateo Boudjenane Liñares (subcampión galego -49 cadete), Olaya Blanco Sánchez (subcampioa galega -59) e Sara Gacio Cendal (subcampioa galega -57 sub 21), e os bronces de (Álvaro Regueiro Caamaño (-74 sub 21), Abril Viqueira Pose (+59 cadete), Alonso Rodríguez Mata (-41 cadete), Christian Loureiro López (-53 cadete) e Pablo Figueira Marzoa (-61 cadete). PARTICIPACIÓN AMPLA Nesta competición participaron os clubs Natural Sport Sada, Natural Sport Riveira, Dobok, Garrapucho (A Coruña), Shu Sport, Ozono (Boiro), Kwon (Betanzos), Tk Denodo (Bertamiráns), Maniotas (Noia), Arte e Mo-

FÚTBOL SALA

Liga local de Frades O equipo Atlético Frades é o gañador da liga local de fútbol sala deste ano. Gañoulle na final ao equipo de Moar por 7-1. O triunfo converteuno na representación do concello para o Torneo Intermunicipal. Tras o Atlético e o Moar, o terceiro posto da liga foi para o GafoiAiazo e o cuarto para o Sociedade Deportiva.

vemento (Cee), Boudsport (Ordes), Kaesport, Tao, As Sport (Vigo), Mats (Marín), Sares (Cangas), Mace Sport, Taekanart (Pontevedra), Hebe, Patiño (Moaña), Olimpic (Vilagarcía), Moo Duk Kwan, Valerics, (Vilalba), Neka (Monforte de Lemos), Couto e Be One-Ourense. Como entidades colaboradoras no desenvolvemento das probas figuraron a Xunta, Deporte Galego, a Deputación da Coruña, a Federación Galega de Taekwondo, a Asociación de Taekwondistas da Comarca de Ordes e o negocio Sportec Ordes. PROVINCIAL DE COMBATE Por outra parte, no Campionato Provincial Escolar de Combate o Club BoudSport alcanzou once medallas. En concreto, foron seis ouros acadados por Pablo Pazos Fuentes, Samuel Calviño Ferreiro, Álex Rey Franqueira, Alba Rey Franqueira, Ainara Loureiro López e Alba Rosende Rubio, dúas pratas de Alonso Rodríguez Mata e Alba Couselo Bascoi e tres bronces para Mateo Fernández Marzoa, Estela Couselo Bascoi e Sara Juncal Marzoa.


CRÓNICAS - Maio 2019

25

PUBLICIDADE


26

CRÓNICAS - Maio 2019

DEPORTES CICLISMO Máis de cen ciclistas no IV Challenge Cidade de Santiago - II Trofeo de Ciclismo Concello de Ordes

Mariño, Fernández e Toribio, os máis rápidos O IV Challenge Cidade de Santiago-II Trofeo de Ciclismo Concello de Ordes tivo como gañadores a José Luis Mariño en categoría máster 30, cun tempo de 1h 50’ 46’’, a Rubén Fernández en máster 40 co mesmo tempo que o líder da anterior categoría, e a Juan Manuel Toribio (1h 51’ 31’’) en categoría máster 50. A proba superou os cen participantes. Tivo como saída e meta as inmediacións da antiga casa consistorial de Ordes. O seu percorrido acumula unha lonxitude de 74 quilómetros en calquera das tres categorías nas que se dividiu. O concelleiro José Manuel Rodríguez foi o encargado de entregar os trofeos. Ademais da Federación Galega de Ciclismo e do Concello de Ordes, colaboraron na proba as firmas comerciais Ciclos Ordes, Castrosúa, Silmaplast, Norinver, MVA, Vayper Automoción e Elitec. A seguinte etapa disputouse no municipio do Pino.

A proba ordense, integrada dentro do IV Challenge Cidade de Santiago, tivo un percorrido duns 74 quilómetros

TIRO CON ARCO

SOCORRISMO

Tres medallas ordenses no décimo Trofeo da Laracha

Lara López, bronce no español e internacional de primavera

Os ordenses Hugo Fandiño Candal, Pilar Candal Brandariz e Rubén Pérez Lagares obtiveron os primeiros postos nas súas categorías de esquío, novel e infantil do X Trofeo Concello da Laracha de tiro con arco, disputado hai uns días neste municipio colindante coa comarca de Ordes. A seguinte cita deportiva no calendario de competicións dos tiradores ordenses foi na localidade coruñesa de Vimianzo.

López suma novos éxitos ao seu palmarés en salvamento e socorrismo

A ordense Lara López Fernández acadou a medalla de bronce na proba de 100 metros de remolque de manequín con aletas en categoría júnior durante o recente Open Internacional e Campionato de España de Primavera das cate-

gorías xuvenil, júnior e absoluto. A competición, que forma parte da Copa de Europa de Salvamento e Socorrismo, celebrouse en Alicante. Nela López logrou tamén o sexto posto na proba de 100 metros socorrismo júnior.


27

CRÓNICAS - Maio 2019

PUBLICIDADE

Roberto Rey Martínez “Tito”, candidato do Partido Popular á Alcaldía de Frades

“Faremos un centro sociocomunitario para os nosos maiores e un Punto de Atención á Infancia con Mesía” - Que balance fai destes catro anos á fronte do Concello de Frades? - Penso que o balance é máis que satisfactorio. A miña intención é mellorar o noso concello e o benestar de todos os veciños e veciñas de Frades. E teño que dicir que, pouco a pouco, moitos dos proxectos vanse facendo realidade grazas á axuda do meu equipo e a todas as entidades culturais, deportivas, educativas e veciñais do noso concello. A boa xestión realizada fixo de Frades un concello sen débedas e con superávit , o que nos permitiu baixar impostos e aprobar bonificacións aos nosos gandeiros e ás familias. Pero tamén manter e aumentar os servizos gratuítos de podoloxía, fisioterapia e perruquería a domicilio para os nosos maiores máis dependentes, triplicar os beneficiarios/as de axuda no fogar e seguir ampliando os servizos de conciliación familiar. - Que actuacións puxeron en marcha para a veciñanza? - Puxemos en marcha unha ampla e atractiva oferta formativa, cultural, deportiva e de tempo libre para todas as idades. Melloramos as nosas instalacións deportivas, como os campos de fútbol da Chousa e do Vedral. E agora faremos o propio cos polideportivos de Abellá e Ponte Carreira. Ademais, construímos unha nova pista de pádel en Abellá e unha piscina para nenos en Papucín, onde puxemos en valor todo o complexo da piscina municipal e a súa contorna. Se falamos de educación, somos o único concello de Galicia que conta con dúas Casas Niño e acabamos de poñer en marcha unha biblioteca e unha aula de informática. Ademais, investimos máis de 100.000 euros na mellora do noso colexio e colocamos novas marquesiñas escolares. Finalmente, en materia de cultura, ademais das melloras no multiúsos

tamén actuamos nos distintos locais sociais, con aparellos de ximnasia e acceso a Internet. Penso que todo iso fai que sexamos un concello referente na comarca. - O 26 de marzo chegan as eleccións e tamén o tempo das promesas electorais. - Din que as promesas electorais lévaas o vento, pero os veciños e veciñas de Frades poden comprobar que nestes catro anos cumprimos con todo o que nos comprometemos hai catro anos. Aprobamos definitivamente o PXOM de Frades, que en tan só un ano permitiu facer 10 novas vivendas e a instalación dunha nova empresa que xerará 20 empregos. Melloramos todas as nosas áreas recreativas, puxemos en marcha o punto limpo e estamos rematando co abastecemento de auga municipal en Moar e Añá, onde tamén estamos construíndo un local social. Ademais de rematar de colocar os amarres de contedores en todas as parroquias do concello, reparamos case 100 km de pistas e camiños en todo o concello, investindo case dous millóns de euros. - E cales son os seus compromisos para os próximos catro anos? - Nos próximos anos seguiremos apostando polos sectores clave do noso concello (agrogandeiro e forestal), pola implantación de novas empresas que creen emprego e o desenvolvemento do polígono industrial. Se falamos de infraestruturas, seguiremos ancheando e mellorando a nosa rede viaria, na que só en 2019 investiremos medio millón de euros. Humanizaremos a contorna do centro de saúde de Abellá e, por fin, poremos en marcha a renovación das beirarrúas entre Ponte Carreira e o colexio, un proxecto comprometido pola Deputación presidida polo popular Diego Calvo e que socialistas e nacionalistas levan catro anos atrasando. As obras tiñan que terse empe-

zado xa este mes, pero por un simple interese partidista están a atrasalas, como están a facer en todos os concellos gobernados polo Partido Popular. Agardo que o PP poida recuperar a Deputación pero, de todas formas, seguiremos esixindo a construción de sendas peonís de Aiazo e Moar. Pola contra, a Xunta segue comprometida con Frades e temos o compromiso de construír un centro sociocomunitario para unha atención integral aos nosos maiores en Ponte Carreira, por 380.000 euros e en dous anos, así como un Punto de Atención á Infancia compartido con Mesía. Ademais, poremos en marcha un sistema de acompañamento para as persoas maiores que se atopan soas e traballamos para que o Goberno arranxe a calzada e beirarrúas da antiga N-634, en Ponte Carreira, e faga unha senda peonil.

O mellor para Frades - VOTA TITO

Cumprimos o compromiso de levar a auga ás parroquias de Añá e Moar

Melloramos as instalacións deportivas e fixemos unha piscina infantil

Aprobamos o PXOM, que trae novas vivendas e novas empresas

Primeiro concello de Galicia en ter dúas Casas Niño funcionando


28

CRÓNICAS - Maio 2019

DEPORTES

FIN DE CURSO Exhibicións de patinaxe artística, ballet e ximnasia rítmica con máis de 350 participantes en Ordes

Cando o deporte ten altas doses de ritmo

O espectáculo da patinaxe artística encheu o pavillón Castelao I de Ordes con motivo da novena exhibición da especialidade e da gala de clausura das actividades de ballet e ximnasia rítmica, con máis de 350 patinadores e patinadoras. O encontro contou coas actuacións de Lucas Yáñez e Javier Martínez, campións de España. Dos seus exercicios tomaron boa nota os grupos das escolas de patinaxe dos colexios Campomaior e Castelao (Ordes), Pecalama (Tordoia), Bembibre

XADREZ

Excelente progresión de Martín Pena no Galego Absoluto Martín Pena Varela, do Club Xadrez Oroso, foi o xogador coa mellor progresión no Campionato Galego Absoluto disputado hai unhas semanas en Padrón. O xadrecista de Oroso logrou subir 120 puntos de ELO no torneo. Pena, de dezasete anos de idade, comezou esta competición

no posto vixésimo quinto do ranking e rematou no duodécimo, empatado a puntos co primeiro clasificado. O xogador de Oroso acadou catro victorias, dous empates e unicamente dúas derrotas, medíndose con mestres internacionais e varios rivais a priori de maior nivel ca el.

(Val do Dubra) e Lubiáns (Carballo), ademais dos clubs de patinaxe Galia (Ordes) e Conxuro (A Laracha). As mostras das demais especialidades correron a cargo do Club de Ximnasia Rítmica da ANPA Castelao e da Escola Municipal de Ballet, dúas entidades de Ordes. Ao remate da xeira entregáronse as medallas de recoñecemento á participación. Acudiron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Deportes, Ana Soneira.


29

CRÓNICAS - Maio 2019

DEPORTES MOTOR

ATLETISMO

Tres de tres para o ordense Iván Muíño

Catorce metais

O piloto ordense Iván Muíño Liñares rexistra unha excelente progresión no Campionato de España de Autocross. As tres primeiras probas da competición, na categoría off road series, supuxeron para el outros tantos triunfos. Foinos colleitando no circuíto de Motorland (Aragón), en Lleida e en Esplús (Huesca). O Concello de Ordes transmitiu a súa felicitación.

A tempada de competicións prosegue con éxito para o Club Atlética A Silva-Ordes. No Trofeo Marineda Atlética, obtiveron medallas de ouro María Pena en xavelina e Daniel Loureiro en xavelina e 300 valados, medalla de prata Martiño Caneda en 300 valados e dous bronces para Arantxa Ferreiro en xavelina e para Paula Noya en 300 metros lisos. No Campionato Provincial, celebrado na Pobra, Antón Raña Villaverde foi ouro en lonxitude. As pratas recaeron en Bruno García Blanco en lonxitude, en Alma Bello Iglesias en 50 m e en Icía Ares Betanzos en 2000 m. Juan Loureiro Mosquera en 500 m, Antía Calviño Salgado en altura, Xiana Do Río Couto en 2000 marcha e Antía Rey Raña en tetratlon foron medalla de bronce.

Bea Domínguez, candidata socialista á Alcaldía de Trazo

“Votar ao partido socialista é a única opción de cambio e de futuro para Trazo” - Que importancia teñen estas eleccións municipais para Trazo? - É un momento histórico. Grazas ao noso traballo honesto, responsable e fiscalizador o PP tivo que cambiar de candidato polas razóns vergoñentas que todos coñecemos. Pero que ninguén se engane, Dafonte non se presenta pero segue detrás da candidatura do PP, manexando os fíos. E ao seu lado ten un partido, que se presenta como “renovación”, cando todos sabemos que levan 16 anos levantando a man ao ditado de Dafonte e son cómplices da parálise que vive este municipio. Nós demos o primeiro paso, pero o domingo 26 de maio os veciños deben dar outro e votar ao PSOE: a única opción de cambio e de futuro para Trazo. - Cales son as súas propostas? - Queremos que todos os veciños poidan acceder aos mesmos servizos e empregos con independencia de onde vivan ou quen sexan. Queremos un Concello aberto e transparente, onde o benestar dos veciños sexa a prioridade. Por iso crearemos servizos de podoloxía, fisioterapia e perru-

Bea Domínguez encabeza unha lista de persoas honestas, preparadas e dispostas a traballar polo benestar dos veciños

quería a domicilio para os nosos maiores, prestados por empresas de Trazo. Promoveremos un centro de día con transporte adaptado e que ninguén se crea as mentiras do PP: seguiremos celebrando a festa dos maiores e poremos en marcha máis actividades para eles. - E en materia de ensino? - Melloraremos as instalacións educativas do concello e faremos unha dársena entre os edificios de Primaria e Infantil do co-

lexio. Ademais, crearemos axudas para material e transporte para estudantes. - Que propoñen ao sector primario? - Queremos consolidar Trazo como un referente na produción de leite e carne. Por iso, crearemos un centro de recría para os gandeiros e promoveremos accións formativas para fomentar formas de traballo sostibles e rendibles. O emprego será unha prioridade, polo que facilitaremos o asentamento de empresas en Trazo.

- Para iso será preciso mellorar as comunicacións de Trazo - Por suposto. Poremos en marcha melloras tanto das estradas que nos comunican coa comarca como dos accesos ás parroquias e aldeas, onde promoveremos a construción de sendas peonís para mellorar a seguridade. Pero tamén garantiremos un acceso a Internet de calidade en todo o municipio e poremos en marcha un plan integral de mellora dos centros sociais das parroquias, que dotaremos de actividades.


30

CRÓNICAS - Maio 2019

DEPORTES VII CARREIRA PEDESTRE Ademais da proba absoluta, desenvolvéronse carreiras para nenos e nenas

Nuno Costa e Paula Mayobre impóñense en Oroso A sétima Carreira Pedestre de Oroso tivo como gañadores na categoría absoluta a Nuno Costa e a Paula Mayobre. O Concello considera que a proba foi “un gran éxito de participación e asistencia de púbico”. Ademais da carreira absoluta, desenvolvéronse as carreiras correspondentes ás categorías inferiores, coa participación de decenas de nenos e nenas. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asistiu a esta cita deportiva dando a saída e entregando ao remate os trofeos. O concelleiro de Deportes, Luis Rey, destacou o que lle parece un “alto nivel” da proba, baseándose no feito de que o gañador gañara uns días antes a VigBay. O Concello agradeceu o labor de Protección Civil, do voluntariado, de Tambre Bike e da asociación Troitamundos, e do servicio de limpeza municipal, que restableceu a normalidade na zona traballando de noite.

Decenas de nenos e de nenas de diversos tramos de idade participaron nas probas inferiores da sétima Carreira de Oroso

Podio masculino e feminino da carreira absoluta

Deportistas pouco antes de tomar a saída en Sigüeiro

CARREIRA Segundos postos para Nuno Costa e Esther Rodríguez e terceiros para Jorge Puig e Tina Fernández

Victorias de Lolo Penas e de Paula Mayobre en Frades

Os dous gañadores, a escasos metros de entrar na meta

A proba xeral contou duns 180 corredores e corredoras

Foi distinguido o equipo máis numeroso da carreira

Podio coas persoas máis destacadas da competición

Os corredores Lolo Penas Blanco (Club Atletismo O Pino) e Paula Mayobre (Club Atletismo Clínica Dental Seoane Pampín) foron os gañadores da sexta carreira pedestre de Frades. Completaron o podio masculino Nuno Costa (Atletismo Tambre Bike & Running) e Jorge Puig Malvar (Club Atletismo Santiago). Ao feminino, ademais de Mayobre, subiron Esther Rodríguez Díez (Añares Rioja) e Tina Fernández Barreiros (Club Atletismo Sar Vermú Petroni). Este último equipo foi premiado como o mellor nas categorías masculina e feminina. Como entidade máis numerosa da competición foron recoñecidas as escolas deportivas locais. A competición sumou uns 180 corredores nas probas xerais e uns 300 nas carreiras de idade escolar. Ademais dos trofeos, entregou premios en metálico por importe de case 1.500 euros en total.


CRÓNICAS - Maio 2019

31

PUBLICIDADE


CRÓNICAS

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. C/Romero Donallo 26 15706 Santiago. Imprime: Tameiga.Peche de edición: 16-05-2019. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Teléfono: 617 917 130 . cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.