Crónicas
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 6 - Xuño de 2014
delrío
Arquitectura Ingeniería Diseño Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - cristina@delrioaid.com PROYECTOS REFORMAS DIRECCIOnES DE OBRA COORDInACIOnES DE SEGuRIDAD Y SAluD
TÉCnICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESulTADO
Axitado remate do curso escolar polos horarios e os comedores O curso escolar remata con moita axitación na comarca. En Trazo, tras varias mobilizacións, os pais
e nais conseguiron que a Xunta adiante o horario do CPI Viaño Pequeno, que lles impedía ás familias organi-
zar a súa vida cotiá. En Sigüeiro (Oroso), a decisión da Xunta de non ofrecer comedor escolar no novo colexio,
CERTIFICACIOnES EnERGÉTICAS PERITACIOnES Y TASACIOnES ESTuDIOS Y PlAnES DE SEGuRIDAD DISEÑO InTERIOR
deixándoo en mans do Concello ou da ANPA, puxo en pé de guerra a case toda a coPáx. 7 munidade escolar.
Adeus apagamentos?
cOMARcA
Frades e Mesía reparan camiños con Medio Rural Páx. 12
OROSO
Fomento reduce 0,6 millóns para o enlace sur da AP-9 Páx. 4
ORdeS
Premios nacionais para alumnos de Automoción do ieS Páx. 24
dePORteS
Fenosa inviste máis de 750.000 euros en Ordes
Páx. 9
Riobó e Mayobre gañan a primeira pedestre de Frades Páx. 21
ORdeS
Protestas en Viriato polas dificultades para cobrar
Páx. 3
cOMARcA
As comisións de festas, atenazadas pola nova lei
Páx. 2
OPiNiÓN
tribunas sobre a abdicación de Juan carlos i Páx. 23
Crónicas - Xuño 2014
2
Actualidade COMARCA
ORDES Renóvase a sinalización horizontal, moi deteriorada despois do inverno
Preocupación nas comisións de festas pola norma que as obriga a presentar proxectos
A chegada do tempo soleado trae labores de repintado ás rúas de Ordes
Ás dificultades que habitualmente supón organizar unha festa parroquial, engádense este ano outras para as comisións. Segundo a lei de emprendemento e competitividade económica de Galicia, de finais do ano pasado, teñen que presentar proxectos de seguridade e de instalacións, entre outra documentación como estudos de impacto acústico ou plans de evacuación en emerxencias. Ademais da molestia dos trámites, está o problema do custo, nada menor en entidades que se manexan con recursos limitados. A cuestión está xa no debate político. En Ordes, a proposta dos socialistas, o pleno acordou pedirlle á Xunta que modifique a lei e elimine o apartado que recolle tales obrigas. Para o edil Xesús Pedreira (PSOE), a norma pode supoñer a desaparición de festas parroquiais, xa que os gastos poderían acadar os 2.500 euros, segundo el. O PP ordense compartiu a preocupación, mais abstívose de pedir a modificación da lei porque cre que non serviría de nada. O seu portavoz, José Luis Martínez Sanjurjo, explicou que boa parte das obrigas xa figuran nun real decreto de 1982, que practicamente non se cumpría, e agarda que a futura lei de espectáculos de Galicia sexa “máis permisiva”. Mentres, o BNG propuxo facilitarlles o labor ás comisións desde o Concello coa elaboración dunha “documentación estándar” que permita reducir cando menos o papeleo. A petición foi asumida polo goberno municipal, pero a súa portavoz advertiu tamén de que non será doado. Segundo Silvia Marín, desde o Concello xa consultaron coa administración autonómica, que lles tería contestado que unha documentación estándar non serviría, senón que ten que ser específica para cada lugar, data e actuación, coas características singulares de cada festexo. Marín lembrou que informaron ás comisións a comezos de maio e afirmou que “imos intentar que o poidan sobrelevar”.
As rúas de Ordes están renovando estes días a súa cara, co repintado das marcas viarias para os pasos de peóns ou indicadores de sentido de circulación. O Concello iniciou estas tarefas recentemente, aproveitando a chegada do tempo soleado. Ademais do repintado, tamén se executan traballos de limpeza nas beirarrúas. O goberno municipal afirma que estes traballos “dan resposta a unha demanda realizada por numerosos veciños e que ata agora non se puideron levar a cabo debido ás chuvias rexistradas”. Os diversos grupos da oposición viñan demandando desde hai meses este tipo de intervencións, debido ao considerable deterioro que presentaba a sinalización viaria tras o inverno e nalgún caso despois de moito tempo sen mantemento.
Repintado do paso de peóns no inicio da Rúa Compostela desde Alfonso Senra
ORDES Tilda de “chulería” que o goberno non lles ofreza respostas concretas
O PP, molesto co “tómase en consideración” “Chulería inadmisible para os cargos públicos”. Eso é o que ve o PP de Ordes nas respostas que lles ofrece o goberno en pleno aos seus rogos e preguntas. Ao principal grupo da oposición moléstalle que na maior parte dos casos as respostas da portavoz do executivo sexan “tómase en consideración”, “estámolo estudando” ou “é unha decisión do goberno e farémolo no momento que consideremos oportuno”. O PP interpreta que hai un problema de “covardía política” por parte do alcalde. Para eles, Regos “parapétase na hipocresía de Silvia Marín por carecer de argumentos que ofrecer a uns veciños que están fartos de evasivas”. “Moléstalles que o PP se erixa en altofalante dos veciños”, engade a formación liderada por José Luis Martínez Sanjurjo. Entre as peticións formuladas polo PP no pleno recente, con resposta inconcreta do goberno, están o desbroce da rede de camiños de concentración parcelaria, ao constatar que xa comeza a haber treitos intransitables, o arranxo de fochancas en diferentes puntos da rede viaria
Crónicas
O PP pediu novos equipamentos públicos e o desbroce das pistas da parcelaria
municipal, a substitución dun espello convexo deteriorado na Canle (Buscás), a reparación da Ponte da Raña sobre o río Lengüelle en Montaos, unha marquesiña maior para o transporte escolar en Vilagudín (Lesta), un acordo co Concello de Tordoia para conectar Vilagudín coa cercana rede de abastecemento de auga potable do municipio veciño, ou reparacións dos desperfectos na rúa das Campei-
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
ras, na capital municipal. O PP deu conta do seu malestar coas “largas que lles dá o alcalde aos veciños” nun comunicado posterior á sesión plenaria. Durante o pleno, a maior parte dos rogos e preguntas foron formuladas pola concelleira Susana Mosquera. Non obstante, o portavoz, Martínez Sanjurjo, deixou entrever xa entón a molestia con algúns comentarios.
Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com
Crónicas - Xuño 2014
3
Actualidade ORDES Os sindicatos cuestionan que a dirección non negociase cos traballadores
COMARCA
Paros na empresa téxtil Viriato para conseguir o pago de salarios atrasados
Lácteos Tambre salda as débedas que mantiña con varias granxas desde comezos de 2011
O plantel da empresa téxtil Viriato, un dos motores económicos de Ordes e emblema do sector, efectuou varios paros de protesta entre os días 9 e 12 de xuño para reivindicar o pagamento de salarios. As mobilizacións foron convocadas polo comité de empresa. Xusto antes de desenvolverse estas accións, segundo Comisións Obreiras, a compañía debíalle ao persoal -o plantel é de 164 empregadosa metade da nómina de abril, a nómina de maio e a paga de beneficios que adoita ingresarlles en marzo. Ao entender do sindicato, o seguemento dos paros foi “masivo” e sobre todo tivo “efecto”, xa que ao pouco de inicialos a empresa pagou a parte que faltaba dos salarios de abril. Tanto o comité de empresa en xeral como Comisións Obreiras en particular manifestaron que “entenden a complicada situación do sector téxtil en Galicia”. Matizaron que as mobilizacións tiñan como un dos principais fins “reprobar o xeito de actuar
A empresa Lácteos Tambre, con instalacións en Sigüeiro (Oroso) pagou as débedas que mantiña con sete explotacións gandeiras, das comarcas de Ordes, Arzúa e Fisterra, correspondentes á compravenda de leite no primeiro trimestre de 2011. O anuncio do pagamento efectuouno o Sindicato Labrego Galego, que asesorou as granxas desde o seu equipo xurídico para facerlle fronte aos impagos da compañía xestionada pola familia Sangiao. Durante estes algo máis de tres anos, sucedéronse as mobilizacións de presión á familia, que antes traballaba baixo o nome de Lácteos Merza. A última protesta foi en abril pasado. A empresa acumulaba varias sentencias de condena e embargos. O SLG atribuiu á súa presión a resolución do conflicto e criticou tamén a actitude das administracións ante as “prácticas empresariais mafiosas”, di.
Traballadores da empresa téxtil ordense secundando un dos paros convocados
dos responsables da empresa” e acusaron en concreto á dirección de Viriato de “adoptar unilateralmente decisións, como o fraccionamento das pagas, sen negocialas coa representación legal das traballadoras e dos traballadores”, asegura CCOO nun comunicado. O sindicato rexeita ademais que algún dos responsables da compañía
tratase de responsabilizalo na situación pola que atravesa a sociedade actualmente. Neste sentido, incide en que os problemas “non veñen de agora” e expón que os atrasos de nóminas xa sucederan en 2011. Comisións defende que “grazas ás medidas de presión se puido cobrar case a mediados de xuño a totalidade da nómina de abril.
4
Crónicas - Xuño 2014
Actualidade ORDES
OROSO Nun convenio asinado entre o alcalde e o presidente provincial
O Concello comprométese a sinalizar a ponte medieval de Pereira
Oroso consegue 105.000 euros da Deputación para obrar na rúa do Tambre
O goberno de Ordes comprometeuse a sinalizar a ponte medieval de Pereira, situada no traxecto do Camiño Inglés, ademais de limpar a súa contorna e incluír este elemento patrimonial en futuras edicións da guía turística municipal. O compromiso chegou a raíz dunha proposta do BNG, que se queixou do “preocupante estado de abandono” desta ponte, situada entre os lugares do Mendo e da Igrexa. O concelleiro Pablo Vidal indicou que o patrimonio nunca foi ben tratado no municipio e como exemplo explicou que a esta ponte se lle adosou no seu momento unha moderna, en vez de separalas, sen ningún respecto polo seu valor histórico. A portavoz do goberno, Silvia Marín, precisou que xa intentaron diversas actuacións de mellora da ponte, pero non todas foron posibles porque precisan de autorización do departamento de Patrimonio da Xunta.
A rúa do Tambre, en Sigüeiro, vaise beneficiar dunha serie de obras de reurbanización coas que se ampliarán as beirarrúas e se eliminarán as barreiras arquitectónicas existentes. Tamén está previsto que se renoven a rede subterránea de alumeado público e as canalizacións de augas pluviais. As obras mudarán notablemente o aspecto e a funcionalidade desta zona da localidade, xa que se trata dunha rúa que presenta accesos aos garaxes con desniveis. Ademais de supoñer un risco de caída para os peóns, dificultan o tránsito para persoas con problemas de mobilidade. As obras terán un custo total de 135.000 euros e vanse financiar cun convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña, que achega 105.000 euros, e o Concello de Oroso, que asume os 30.000 restantes. O acordo foi asinado hai uns días polo presidente da administración provincial, Diego Calvo, e o alcalde, Manuel Mirás. Ademais do agradecemento mu-
ORDES
OROSO O proxecto recibe aprobación definitiva, para o alcalde “con moito retraso”
Úrxenlle a Fomento a limpar os laterais da estrada N-550
O Ministerio reduce en 0,6 millóns o orzamento do enlace da AP-9 en Sigüeiro
Cuneta da estrada N550 en Ordes
O pleno de Ordes solicitoulle por unanimidade a Fomento que limpe e acondicione as marxes da N550 para garantir a seguridade e para evitar o risco de incendios. Foi a raíz dunha iniciativa do concelleiro do PSOE, Xesús Pedreira, que expuxo que as cunetas da estrada nacional levan dous anos sen desbrozar e “están cheas de xestas e de toxos de gran tamaño”. PP e BNG trataron de ampliar a petición ao propio Concello, ante a necesidade de limpeza da rede viaria municipal canto antes. A portavoz do goberno, Silvia Marín, advertiu de que “o Concello tomará as medidas oportunas cando o considere”.
O proxecto de construción do enlace sur da AP-9 en Sigüeiro vai ter menos orzamento do previsto nun principio. Se inicialmente se valorara a súa licitación en 7,9 millóns de euros, agora van ser 7,26 millóns. A rebaixa é, por tanto, superior aos 600.000 euros. Sitúase nos gastos xerais e non lle afecta ás características do proxecto orixinal. A confirmación da aprobación definitiva do proxecto xa chegou ao Concello de Oroso. O alcalde, o socialista Manuel Mirás, amosou “gran satisfacción” polo paso dado por Fomento, pero á vez incide en que “chega con moito retraso e foi unha mágoa que estiveran case dous anos e medio dándolle voltas a este tema porque o enlace xa podería estar acabado hoxe se se cumprise o aprobado polo Consello de Ministros en novembro de 2011”, nos últimos días do goberno de Rodríguez Zapatero. O rexedor aproveitou para insistir en que o futuro enlace, que permitirá tomar a AP-9 en dirección sur e saír en Sigüeiro vindo desde Santiago,
O acordo foi asinado polo presidente da Deputación e o alcalde de Oroso
tuo pola colaboración institucional, o rexedor adiantou que pretenden comezar as obras canto antes e conta con telas rematadas antes de que remate este ano. O Concello lembra que, tamén
con apoio provincial, nos últimos anos acometeu melloras nas rúas do Portiño e do Xuncal. E para este ano prevé ademais investir 44.000 euros no saneamento das rúas do Barreiro e da Ulloa.
obra se recolleu como unha adenda á ampliación da AP9 en Santiago con José Blanco como ministro. O mandatario de Oroso afirmou que o enlace, cando estea feito, situará os polígonos do municipio como “a zona empresarial e industrial coas mellores comunicacións de toda Galicia”.
Peaxe da AP-9 en Sigüeiro (Oroso)
non fora proposto por ningún alcalde antes ca el. Para Mirás, a aprobación do proxecto “é o resultado dunha loita titánica durante máis de dez anos”. As solicitudes e xestións fóronse sucedendo con gobernos centrais do PP e do PSOE, ata que a
O PROXECTO O proxecto inclúe os distintos ramais e pasos elevados precisos para compaxinar o actual acceso cara ao norte, e a correspondente saída, cos futuros que darán comunicación co sur galego. Suporá tamén desprazar a área de pago de peaxe uns metros e eliminar un paso superior en desuso. Na N-550 prevén construír unha nova glorieta, en vez de manter a actual intersección en forma de T. Nas inmediacións da nova glorieta, a estrada terá dous carrís por cada sentido, aproveitando o espazo que deixen as actuais zonas de espera centrais e reducindo a mediana a 1,6 metros.
Crónicas - Xuño 2014
5
MEDIO AMBIENTE POR PRIMEIRA VEZ, A SOCIEDADE RECUPERA O ACEIRO RESIDUAL E O VIDRO DO LIXO EN MASA
Sogama incrementa a súa achega á reciclaxe en preto dun 150 por cento Reciclaxe e valorización enerxética, en alza na UE
A evolución da mellor calidade do material que sae de Sogama aos centros recicladores foi constante nos últimos anos
Sogama incrementou a súa achega á reciclaxe en preto dun 150 por cento. Se no primeiro trimestre do ano 2009 remitía á industria transformadora un total 4.589,97 toneladas de materiais contidos na bolsa amarela (envases lixeiros) e negra (fracción resto), no mesmo período do 2014 esta cifra ascendeu a 11.317,68 toneladas.
Incorporación do vidro e aceiro residual No caso dos envases lixeiros (envases de plástico –de alta e baixa densidade, pet e mixto-, latas –de aceiro e aluminio- e briks), estariamos a falar de 3.080,28 toneladas separadas de forma automática (a través de lectores ópticos, electroimáns, correntes de Foucault e campás aspiradoras) na planta de clasificación do seu complexo industrial de Cerceda (A Coruña). A evolución da mellor calidade
do material que sae desta instalación con destino aos centros recicladores, previamente prensado e embalado, foi constante durante os últimos anos, pasando das 2.218,72 toneladas recuperadas de xaneiro a marzo do 2009, ás 3.080,28 do 2014. Respecto do lixo en masa, contémplase a segregación do aceiro e aluminio contidos no mesmo, aos que este ano, e por primeira vez na súa historia, a Sociedade engade o aceiro residual, é dicir, aquel que polas súas características ou tamaño non é captado polos sistemas electromagnéticos, e o vidro, que separa a través de mesas densimétricas e envía a unha planta de cribado emprazada no lugar de Areosa (Cerceda), viaxando dende aquí a unha instalación da localidade ourensá de Verín para que o vidro se someta a unha nova fase de depuración, remitíndoo ás vidreiras, onde se transforma en novos envases. A recuperación destes dous materiais (vidro e aceiro residual) posibilitou que a empresa sume 6.516,62 toneladas máis de refugallo ao circuíto da reciclaxe, pro-
piciando que estes se convertan en novos produtos de utilidade, contribuíndo ao aforro de enerxía e materias primas. De feito, e se se atende unicamente á recuperación do vidro procedente do residuo xenérico, Sogama fará posible que a reciclaxe deste material en Galicia se incremente en aproximadamente un 80 por cento.
Sogama esixe garantías para a reciclaxe A Sociedade Galega do Medio Ambiente quere garantías, e por iso esixe aos recuperadores que acrediten, conforme á lexislación vixente, o tratamento e reciclaxe dos residuos entregados pola empresa, requirindo por isto a achega dos correspondentes certificados expedidos polos recicladores autorizados. Deste xeito xustifícase a trazabilidade dos materiais, garantindo a súa transformación en novos produtos.
A reciclaxe e a valorización enerxética dos residuos non reciclables continúan á alza na Unión Europea, cunhas medias do 27% e do 24%. Así se deduce dun estudo de Eurostat sobre a xestión dos residuos urbanos no ámbito comunitario correspondente a 2012, no que se constata igualmente a menor xeración de residuos urbanos, baixando dos 503 aos 492 quilos por persoa e ano. Establecendo unha comparativa con 2011, pódese comprobar que a reciclaxe sobe en dous puntos (do 25 ao 27%), que a incineración con recuperación de enerxía o fai nun punto (do 23 ao 24%) e que o vertido baixa tres puntos (do 37 ao 34%), manténdose a compostaxe industrial no 15%. Se atendemos á situación concreta de países punteiros, comprobamos que a reciclaxe crece en Dinamarca nun punto (do 31 ao 32%) e en Alemaña en dous puntos (do 45 ao 47%). En Bélxica e Austria perpetúase no 36 e 28%. A valorización enerxética escala peldaños de forma espectacular en Holanda (do 38 ao 49%, o que vén a supoñer once puntos), sobe nun punto en Suecia (do 51 ao 52%) e mantense en Bélxica e en Austria (cun 42 e un 35%). A situación de España dista moito da alcanzada polos Estados do norte e centro de Europa. Se ben é certo que sobe a reciclaxe en dous puntos (do 15 ao 17%), e a valorización enerxética nun punto (do 9 ao 10%), non menos certo é que se incrementan as taxas de vertido, xa moi elevadas no ano 2011 (58%), pasando agora ao 63%, cifra insostible na dimensión medioambiental. Galicia, pola súa banda, e no marco do plan autonómico de xestión de residuos urbanos 20102020, logrou baixar o uso do vertedoiro ata o 44%, e o obxectivo é alcanzar o 24% os próximos anos, de tal forma que só se verta aquela parte do lixo que non poida ser reciclada nin recuperada material e/ou enerxeticamente.
crónicas - Xuño 2014
6
ActuAlidAde ORDES
OROSO No encontro co alcalde, a veciñanza demanda mellorar a contorna da igrexa
A Xustiza aborda nove anos despois a difusión dun vídeo persoal, con dezaoito acusados
A parroquia dos Ánxeles pide rematar a parcelaria e ximnasia para os maiores
Camiño de cumprirse unha década desde que sucederon os feitos, comezou nos últimos días na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo pola difusión dun vídeo sexual dunha xoven de Ordes roubado do seu ordenador. Dezaoito xóvenes estaban acusados por descubrimento e revelación de segredos, aínda que a tres deles xa lles retiraron os cargos. O fiscal acusa ao empregado dunha tenda de informática ordense de facer copias do vídeo e difundilo. Segundo o relato da acusación, atopouno no computador da xoven despois de que esta o levase a reparar. A vítima borrara a gravación, pero non a eliminara por completo. A partir de aí, comezou a difusión das imaxes. Os acusados viron o vídeo, fixeron copias ou prestáronllo a outras persoas. Ademais de en locais públicos da vila, a fiscalía sostén que a gravación se visionou no local de Protección Civil. As peticións de prisión do fiscal son de dous anos e un mes para todos, menos para o empregado da tenda, para o que pide oito anos, e para outro que supostamente obtivo beneficio económico coa venda do vídeo, para o que reclaman cinco anos. As indemnizacións por responsabilidade civil serían de 12.000 euros no caso do informático e de 3.000 os demais acusados contra os que aínda hai cargos. O avogado da vítima pide para o principal acusado 30.000 euros de indemnización, 15.000 euros para dous acusados que considera os principais difusores, e 11.000 euros os demais. O informático alegou que baixara o vídeo dun chat e os demais acusados intentaron defenderse alegando que non eran conscientes de estar cometendo un delito e incluso que supoñían que a difusión fora consentida. A vítima, que tivo que abandonar a vila e sofre danos psicolóxicos, declarou a porta pechada, se ben trascendeu polo seu avogado que reclamará o dereito ao esquecemento en internet. De ser condenados, a súa defensa pide que os acusados asuman os custos de eliminar da rede as imaxes. Entre outras testemuñas, declarou tamén o que daquela era noivo da vítima, quen asegurou que ela se tería suicidado de non ser polo apoio que recibiu da familia.
Apurar o remate da concentración parcelaria, acondicionar a contorna da igrexa parroquial e contar cunha actividade de ximnasia para maiores. Son os encargos máis inmediatos que os veciños da parroquia dos Ánxeles lle poñen ao goberno de Oroso. Formuláronllos ao propio rexedor nos ‘Encontros co alcalde’, reunións que o equipo de goberno mantén periodicamente cos veciños. Sobre a parcelaria, a veciñanza amosouse satisfeita co seu avance, mais demandaron que o procedemento se axilice ao máximo. En canto á ximnasia para os maiores, o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, emprazounos a presentar unha petición para o próximo curso e a reunir un número mínimo de participantes. E en canto ás obras nas inmediacións do templo da parroquia, o alcalde, Manuel Mirás, anunciou que solicitarán os permisos para facilitar o acceso ás persoas que utilizan cadeira de rodas ou con dificultades de mobilidade. Tamén se valora mellorar a zona de aparcadoiro, como xa se
Ao encontro co alcalde nos Ánxeles acudiu medio cento de persoas
fixo noutras parroquias, e levar auga para servizo do camposanto. Ademais de escoitar os veciños, o alcalde aproveitou a reunión para explicar algunhas das cuestións máis relevantes da súa xestión á fronte do
Concello. Tras o encontro cos veciños dos Ánxeles, en vindeiras datas acudirán ás parroquias de Oroso e da Gándara. O pasado mes de abril xa se celebraran dous encontros en Sigüeiro.
www.lineaverdeoroso.com pode utilizarse no ordenador ou con dispositivos móbiles
Novo servizo dixital para avisar de incidencias O Concello de Oroso activou ‘Liña Verde’, un novo servizo gratuíto co que os cidadáns poden comunicar incidencias que se produzan no equipamento urbano ou solucionar calquera dúbida sobre o medio ambiente. Para utilizar o servizo, hai que conectarse á web www.lineaverdeoroso.com, mediante ordenador ou dispositivo móbil. Previo rexistro, o usuario poderá contactar co Concello, que no caso de consultas ambien-
COMARCA
Os alcaldes, no Hórreo Os mandatarios dos sete municipios da comarca ordense visitaron o Parlamento de Galicia, situado na santiaguesa Rúa do Hórreo, para coñecer o funcionamento da principal institución política de Galicia. A visita debeuse a unha invitación do exalcalde de Frades, Miguel Prado, que na actualidade conta con asento na cámara autonómica.
tais se compromete a responder nun máximo de 24 horas. No caso dos móbiles, a aplicación pode descargarse de xeito gratuíto. Na comunicación de incidencias, existe a opción de xeolocalización, que detecta de maneira automática as coordenadas exactas da incidencia. No caso de que se decida enviar o aviso noutro momento e noutro lugar, tamén se pode comunicar a ubicación de xeito manual e achegar unha fotografía da incidencia cunha
descrición. O Concello, tras solucionar o problema, avisará ao usuario cunha notificación no seu móbil. O servizo Liña Verde, que segundo o alcalde pretende converterse “nunha canle de comunicación directa e de balde entre os veciños e o Concello”, ofrece tamén información sobre lexislación ambiental, sistemas de xestión, residuos, reciclaxe ou contaminación acústica, ou trámites administrativos, axudas e subvencións.
Crónicas - Xuño 2014
7
Actualidade OROSO Toda a comunidade escolar reclama os mesmos servizos que no actual CEIP
OROSO
Educación desenténdese da xestión do comedor do novo colexio de Sigüeiro
O pleno desafecta do dominio público seis escolas que xa non prestaban servizo
O que debería de ser unha boa noticia, a posta en funcionamento do novo CEIP de Sigüeiro no vindeiro curso, tiña unha amarga sorpresa. O centro non contará con servizo de comedor xestionado pola Xunta, tal como lles comunicou o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén, á dirección do colexio actual e aos pais e nais do alumnado. A decisión fixo que a comunidade escolar reaccionase en cuestión de horas. A ANPA xa se mobilizou para reivindicar os mesmos servizos nos dous centros. Recibiron o apoio do Concello, que cre que a opción da Xunta propicia “agravios ás familias”, segundo o colexio que lles toque, e tamén do BNG, que presentou iniciativas no Parlamento de Galicia. En todo caso, o goberno autonómico matiza que no novo CEIP, con capacidade para 450 alumnos, si poderá haber servizo de comedor. Pero tería que ser xestionado polo Concello ou pola ANPA. A Consellería di que lles ofrecería apoio económico en calquera, como noutros lugares.
O pleno de Oroso aprobou por unanimidade o cambio de cualificación xurídica de seis escolas das parroquias do municipio que levan tempo sen acoller ningún tipo de servizo público. Trátase das de Campo de Pasarelos, Horta de Arriba, Cachopal, Carollo, a escola e local social da Gándara e de Marzoa, e a escola de Vilarromariz. Os inmobles pasan agora a ter consideración de bens patrimoniais, o que abre aporta a que o Concello lles poida dar outras utilidades, de momento non determinadas. O cambio aprobado polo pleno conta coa autorización previa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Na mesma sesión, aprobouse, cos únicos votos en contra do PP, unha moción do BNG reclamando que a Xunta recupere o sistema de préstamo universal de libros de texto, afiance a gratuidade e non cambie os libros de texto o vindeiro curso.
Protesta en demanda de igualdade de servizos nos dous CEIP de Sigüeiro
O concelleiro de Ensino de Oroso, Antonio Leira, non o acepta e pídelle á Xunta que recapacite. Explica que ir a un ou outro centro suporía gastos moi diferentes para as familias e califica de “inviables” as propostas autonómicas para o comedor. Leira asegura que o servizo de comedor é unha competencia da Xunta e “non do Concello nin da ANPA”. Ademais do comedor, o novo CEIP
carecerá de transporte, xa que a idea é adscribir a el os das zonas próximas da capital municipal. Ao centro actual irían os que precisan transporte e os que viven nas súas inmediacións. A Xunta tamén emprazou ao Concello a adecuar os accesos ao novo colexio, no que investiu 4,8 millóns, de acordo co planeamento urbanístico. O Concello replicou que el cumprirá todos os seus compromisos.
TRAZO Logo de varios días de protestas en defensa dun horario máis xeitoso
COMARCA
Os pais e nais do CPI de Trazo logran que a Xunta adiante media hora as clases
Curtis rebélase contra os recortes no seu CEIP
O vindeiro curso, as clases no CPI Viaño Pequeno (Trazo) comezarán media hora antes, ás 10 horas, e rematarán ás 15:30 horas. En secundaria, o alumnado terá clase polas tardes dous días á semana. Esta é a proposta de novo horario formulada pola Xunta e aprobada polos pais e nais, despois de varias xornadas de protesta da ANPA do centro en demanda dun horario “xusto” que lles permitise unha vida cotiá máis sensata. Nos últimos 35 anos, o centro tivo un horario de 10:30 a 17:30 horas. Tal como din os proxenitores, o alumnado sae das súas casas ás 9:45 e “como moi cedo regresa ás 18:15 horas” ou incluso ás 20:30 se acoden a algunha actividade extraescolar. Segundo denunciaban, os cativos de tres anos “quedan durmidos no colexio e os maiores non teñen nin tempo para estudar ou facer os deberes nas súas casas”. A orixe do problema estaba en que o transporte escolar fai tamén as rutas correspondentes a outros cen-
Acto de entrega dos ordenadores
A ANPA CPI Viaño Pequeno protestou en pixama porque “Só nos falta durmir aquí”
tros, o que obriga a retrasar o inicio das clases para dar prestado o servizo. A ANPA defendeu sempre que “non reclama nada imposible” e que era factible o reaxuste de horarios. “Non queremos máis promesas in-
cumpridas, os 197 nenos do CPI de Trazo tamén teñen dereito a ter un horario máis xusto”, aseguraron durante varias concentracións ante o centro educativo e ante a sede da Consellería en Santiago.
Os problemas no ensino non son exclusivos nos municipios da comarca ordense. No concello veciño de Curtis acaba de celebrarse unha gran manifestación (500 persoas nunha poboación dunhas 1.500) como protesta pola decisión da Xunta de suprimir dúas mestras o vindeiro curso no CEIP, e tamén a xefa de estudos. A protesta, convocada pola ANPA e secundada por toda a corporación -incluído o alcalde do PP-, veciños, comerciantes ou empresarios, reivindica manter as condicións do ensino, xa que consideran que a supresión de profesionais deteriora o ensino, por fusionar varios cursos e volver ao esquema das escolas dos anos 40.
8
Crónicas - Xuño 2014
Actualidade ORDES
COMARCA O barómetro xa presentou unha entrega e ten o respaldo da Deputación
Imputado por roubar dúas motoserras á vista dos seus propietarios
Un estudo da USC avalía por segundo ano os servizos dos Concellos coruñeses
Axentes da Garda Civil de Ordes imputaron a un home como suposto autor do roubo de dúas motoserras, valoradas en 1.200 euros, propiedade duns veciños do municipio. Os afectados foron unha parella de anciáns, que observaron como o agora imputado levaba as máquinas, gardadas nun cortello, aínda estando eles presentes. Segundo a Garda Civil, o autor dos feitos achegárase ao domicilio para interesarse por material de ferralla. O acontecido foi posto en coñecemento do Xulgado de Garda de Ordes.
MESÍA
Imputan o presunto autor dun incendio forestal en Olas O equipo de Investigación de Incendios Forestais da Policia Autonómica da Xefatura Territorial de Santiago de Compostela comunicou a imputación do presunto autor dun incendio forestal nas inmediacións dunha capela da parroquia de Olas (Mesía). Os feitos sucederon a comezos de maio. No incendio arderon uns 5.200 metros cadrados de monte arborado, debido ao escape nunha queima na que non se adoptaron as medidas de prevención establecidas, segundo a Xunta. Foi precisa a intervención presenza do servizo autonómico de extinción de incendios. Polos feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ordes
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) elaborará por segundo ano consecutivo un barómetro de xestión municipal na provincia da Coruña. O estudo xa presentou a súa primeira entrega, correspondente a 2013, nun acto con presenza do rector en funcións, Juan Casares; a directora do equipo de investigacións políticas, Nieves Lagares; o director do departamento de Ciencia Política e da Administración, José María Rivera Otero; e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo. A entidade provincial ofrece respaldo económico a este traballo. Segundo Lagares, o barómetro ideouse como “unha ferramenta útil para as administracións locais, xa que permite mellorar a planificación dos investimentos e dos servizos que reciben os cidadáns”. O propósito é medir cada ano a calidade dos servizos públicos municipais e coñecer o grao de satisfacción ou insatisfacción dos cidadáns con respecto aos servizos que reciben. Esta é precisamente unha das ca-
Presentación do primeiro barómetro de xestión municipal, elaborado durante 2013
racterísticas novidosas do estudo, ao ser o primeiro sobre calidade de servizos municipais que combina datos estatísticos coa avaliación dos servizos que efectúan os cidadáns. Dito doutro xeito, esta ferramenta, que tecnicamente é un indicador complexo, analiza a dimensión obxectiva do servizo por unha banda
ORDES O contrato remata en 2031 e os socialistas piden no Congreso a cesión
Adif rexeita perdoarlle o aluguer da antiga estación de tren ao Concello
COMARCA
Nove persoas con discapacidade nun seminario de COGAMI Nove persoas con discapacidade de Cerceda, Frades, Ordes, Oroso e Tordoia preparáronse durante dous días nas ferramentas básicas para buscar traballo, nun seminario de orientación laboral impartido en Ordes por unha orientadora de COGAMI. Entre outros aspectos, aprenderon como acudir a unha entrevista, como elaborar un currículo ou como buscar ofertas na web.
e por outra as percepcións e opinións dos cidadáns. Os dous elementos intégranse nun Índice de Cobertura de Servizos, que puntuará entre 0 e 1 todos os servizos analizados en cada tramo de poboación. Os servizos distribuíronse en dezaoito áreas e os Concellos en cinco grupos en función do seu número de habitantes.
A deputada Paloma Rodríguez visitou a antiga estación con membros do PSOE
A antiga estación de tren de Parada (Ordes) volve estar de actualidade. Abandonada desde que entrou en servizo a nova liña ferroviaria, e rehabilitada polo Concello desde 2008, na actualidade pouco máis uso ten que o esparcemento lúdico
na súa contorna. Sen embargo, para a administración ordense supón un gasto constante, ao ter que pagarlle ao Adif un aluguer próximo aos mil euros mensuais, nun trato asinado en 2008 por 23 anos. Aínda que non é a primeira vez
que se reclama reconducir esta situación, nesta ocasión os socialistas propuxeron no Congreso que o Adif, como propietario das instalacións, acepte ceder a titularidade. Fixérono cunha proposición non de lei da deputada Paloma Rodríguez, que visitou a antiga estación acompañada por responsables locais do partido. O secretario xeral local, Xesús Pedreira, explicou que a cesión debería ter “un importe simbólico e co compromiso de que as instalacións se dediquen a fins de tipo social, turístico, cultural e dinamizador do benestar dos veciños e da economía de Ordes”. Para Pedreira, resulta “abusivo” o aluguer, máis tendo en conta o esforzo acometido polo Concello para recuperar o inmoble e a contorna, valorado polo PSOE en máis de 350.000 euros. A cuestión tamén foi abordada no último pleno municipal. A portavoz do goberno, Silvia Marín, explicou que meses atrás xa lle trasladaron peticións semellantes ao Adif, que rexeitou modificar o acordo inicial.
Crónicas - Xuño 2014
9
Actualidade COMARCA Son proxectos para 2014-15, que se unen aos 427.000 euros de 2012-13
OROSO
Fenosa investirá outros 330.000 euros para corrixir o seu servizo en Ordes
Unha campaña intentará que se envíen a Sogama 2,5 toneladas de lixo menos ao día
Unión Fenosa prevé investir uns 330.000 euros en actuacións de mellora do seu servizo en Ordes durante o bienio 2014-2015. En concreto, intervirá nas liñas de media tensión entre Castro e Cedeira e de Menlle a Leira, ademais de acometer a reordenación da rúa do Paraíso. Estas iniciativas foron adiantadas polo delegado de Unión Fenosa Distribución na provincia da Coruña, José Antonio Fernández Amaro, nunha visita ao municipio, na que estivo acompañado polo alcalde ordense, Manuel Regos. O encontro tamén serviu para avaliar investimentos acometidos pola compañía eléctrica durante 2012 e 2013. En total, foron uns 427.000 euros destinados a obras de adecuación de liñas de media tensión, como as de PiñeiroPoulo, O Casal, A Hermida-Beán, Darefe, Vilariño, Vilasenín, e RegueiraBeán. Destaca especialmente o proxecto acometido na Fraga da Galiña, valorado en 111.000 euros, e o mante-
Regos e Fernández Amaro, visitando as obras acometidas por Fenosa
mento de liñas, co que tanto o Concello como Unión Fenosa agardan que non se volvan repetir nesas zonas os apagóns que se padecían esporadicamente nos úlitmos anos. Por outra parte, Gas Natural Fenosa tamén efectuou unha achega
económica que salva o curso de habilidades sociais para persoas con discapacidade que se imparte en Ordes. Fronte ás dificultades de financiación pública de hai uns meses, os 15.000 euros doados pola empresa enerxética ao Concello permitirán seguir desenvolvendo a actividade na aula adaptada do Mesón do Vento. A contribución económica figura nun acordo de colaboración asinado entre o alcalde, Manuel Regos, e Pedro Luís Pérez, en representación da compañía privada. O goberno local explicou que utilizará o diñeiro no equipo humano e nos recursos materiais precisos para manter o proxecto social, do que se benefician uns vinte usuarios. O curso intenta facilitarlles uns niveis mínimos de independencia e autonomía persoal ás persoas con discapacidade que acoden a el, mellorando tamén a calidade de vida das súas familias. O Concello lembra que a iniciativa ten un premio Alares, de conciliación e responsabilidade social.
O alcalde de Oroso, explicándolles aos maiores como separar residuos
O goberno de Oroso aspira a que dentro de tres anos o municipio envíe a Sogama dúas toneladas de lixo menos ao día. Na actualidade remítense unha media de sete. Boa parte dese obxectivo pasa pola concienciación veciñal con campañas como ‘Troi’, que pretende aprenderlles aos escolares o xeito correcto de reciclar e as vantaxes que comporta. Nunha xornada dos ‘Martes saudables’, o propio alcalde, Manuel Mirás, tamén lles explicou aos maiores os beneficios económicos e ambientais de xestionar ben os residuos.
crónicas - Xuño 2014
10
ActuAlidAde ORDES
TRAZO O dirixente do PSOE teme que se repitan situacións como a de Santiago
Correos doa vintecinco equipos informáticos ao colexio Campomaior
caamaño acusa a Feijóo de “inacción” ante a apertura de xuízo oral ao alcalde
Acto de entrega dos ordenadores
A empresa Correos entregoulle vintecinco equipos informáticos ao colexio de educación infantil e primaria Campomaior, de Ordes. Foi nun acto, nas dependencias de Correos en Ordes, no que a compañía postal estivo representada polo seu xefe de finanzas da zona 1, David Ventureira, e o centro educativo ordense pola súa directora, Ángela María Vilariño. Esta iniciativa enmárcase nas accións de responsabilidade social corporativa da empresa, que atende as peticións recibidas para reutilizar os equipos que renova de maneira periódica. Asociacións, ONGs, centros sociais e colexios son os principais destinatarios destas doazóns de materiais.
O secretario provincial do PSdeGPSOE, Francisco Caamaño, emprazou á cúpula do PP de Galicia, e especialmente a Alberto Núñez Feijóo, a intervir en Trazo, despois de que a xustiza comezase a xulgar ao alcalde, José Dafonte, por un suposto delito de falsidade documental. En concreto, a xustiza debe dictaminar sobre a recepción e pagamento da grada dun campo de fútbol cando a obra nin sequera estaba iniciada, tal como demostraron os socialistas tracenses mediante notario. Caamaño criticou que o PP “non faga distincións entre responsabilidade penal e política” e que “confunda deliberadamente ambas”. Para o dirixente socialista, o delito polo que se xulga o alcalde é “especialmente grave” e nin Feijóo nin a dirección do PP galego deberían “dar a calada por resposta ante situacións como esta”, segundo declara o que fora ministro de Xustiza. Na mesma liña, pídelle aos conservadores que adopten un criterio único para os casos nos que os seus cargos públicos son levados a xuízo.
Francisco Caamaño (PSdeG-PSOE)
Segundo o secretario provincial dos socialistas, o PP galego aplica distintas opcións segundo os casos. “Como acabamos de ver en Santiago de Compostela -expón Caamaño- onde non se tomou ningún tipo de medida tras a imputación dos sete concelleiros, nin ante a apertura de xuízo oral, e houbo que agardar a que fo-
sen condenados e inhabilitados para cargo público pola Xustiza para que abandonaran o seu cargo”. Non é de recibo, segundo o líder dos socialistas coruñeses, que o PP manteña a “inacción” en asuntos como o de Trazo. Para el, o PP “deixa en mans da xustiza a depuración de responsabilidades políticas e penais”, o que contrapón ao xeito de actuar do PSdeG-PSOE, que “ten establecido que unha vez se abra xuízo oral contra un cargo público, este debe abandonalo”. A decisión de abrir xuízo oral tomouna a Audiencia Provincial da Coruña. A fiscalía solicita tres anos de prisión para o alcalde tracense, polo suposto delito “relacionado coas irregularidades cometidas na construción dun graderío no campo de fútbol da parroquia de Campo” en xuño de 2009, segundo os socialistas tracenses. O ministerio fiscal tamén pide inhabilitar a Dafonte para o exercicio de cargo público durante catro anos, ademais dunha sanción. O xuízo está previsto para o 30 de setembro.
COMARCA Certame escolar de Política Lingüística
Premios ‘O galego na onda’ O CPI da Ponte Carreira (Frades) acolleu a entrega dos premios da fase local do concurso de cuñas de radio ‘O galego na onda’, convodado pola Rede de Dinamización Lingüística. No acto estiveron o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o presidente da Mancomunidade de Ordes, Manuel Regos; e o alcalde de Frades, Roberto Rey. O certame, que ten como finalidade a promoción da lingua galega,
tivo como gañadores a Marta Rey, Diego Bodelo e Andrea López en primeiro e segundo da ESO, co segundo premio para Sara Uzal, Matías Bodelo e Lorena García. Na categoría de terceiro e cuarto da ESO, gañou a cuña de Lucía Mosquera e Sandra Mella e obtivo o segundo premio a de Sheila Rodríguez e Sara Rivadas. Os primeiros premios pasan á fase autonómica. En setembro todos participarán nun obradoiro de radio.
Acto de entrega dos premios do certame, nas instalacións do CPI da Ponte Carreira
coorudene sels o
Muebles de Cocina Fuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29 Móvil: 629 808 796 couselo cocinas@telefonica.net
15680 ORDES A Coruña
Electrodomésticos Alfonso Senra, 116 Tel: 981 68 08 09
Cr贸nicas - Xu帽o 2014
11
PUBLICIDADE
12
Crónicas - Xuño 2014
Actualidade ORDES
COMARCA
Campaña de recollida de material escolar
Remata a reparación de varios camiños en Frades e en Mesía, con financiación da Xunta
Cáritas, Cruz Vermella e o Concello de Ordes iniciaron a campaña de recollida de material escolar, para os nenos e nenas do municipio con menos recursos. Quen queiran colaborar, poderán entregar bolígrafos, lapis, cadernos, folios, gomas e calquera outro material ata o 15 de setembro. Recólleno en colexios, librarías, os locais de Cáritas e da Cruz Vermella e no Concello.
ORDES
‘Desordes Creativas’ do 14 ata o 21 de xullo O Festival de Arte Urbana ‘Desordes Creativas’ desenvolverase entre o 14 e o 21 de xullo. Acudirán artistas e muralistas de prestixio internacional, que decorarán coas súas obras fachadas, muros e outros espazos visibles cedidos polos veciños de Ordes. Quen queiran ceder espazos deben comunícalo canto antes nos teléfonos 670 275 113 ou 696 423 490.
Visitas da delegada territorial a Frades (imaxe superior) e a Mesía
A delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, visitou Frades e Mesía para supervisar o resultado do acondicionamento de varias pistas e camiños. A reparación fíxose con cargo a un plan da Consellería de Medio Rural. Investíronse 128.276 euros nos dous municipios, dos que a Frades correspondéronlle 53.845 e a Mesía 74.431 euros. En Frades, as obras melloraron os accesos na Chousa de Atrás (Ledoira), no Castro e entre O Canedo e o Ar (Abellá), en Consello e no Carballal (Papucín), en Vilar de Abaixo (Frades), e na área dos Pasos (Aiazo). En Mesía o diñeiro aproveitouse para acondicionar varios viais da parroquia de Cabrui: cruce de Mou a Xeral Cova de Vales, lugar de Río, a Gándara-cruce Escola, Vilardevesa, Cova de Vales e das Foucellas a Tieira Grande. Acompañada polos alcaldes, Roberto Rey (Frades) e Mariano Iglesias (Mesía), a responsable autonómica defendeu a colaboración entre as institucións.
Crónicas - Xuño 2014
13
xente dE aquí TORDOIA
OROSO
Os cursos informáticos seguirán
Clase de primeiros auxilios cos maiores nos Martes Saudables
Os ‘Martes saudables’ ensinaron como facer unha reanimación cardiopulmonar
Tordoia clausurou dous cursos de informática de sesenta horas de duración nos que o alumnado obtivo os coñecementos elementais para manexar o ordenador e navegar por internet. O Concello anuncia para vindeiras datas novos cursos de iniciación e de perfeccionamento.
Uns vinte maiores participaron no cursiño de primeiros auxilios impartido en Oroso no marco do programa ‘Martes saudables’. A sesión serviulles para coñecer como reaccionar con rapidez ante unha emerxencia e avisar canto antes ao 061. Pero non só eso, senón que tamén lles indicaron como afectuar unha reani-
mación cardiopulmonar mentres non chegan os servizos de emerxencia. Ademais de recibir as nocións teóricas básicas, practicaron os exercicios con bonecos. O Concello de Oroso, que tamén ofreceu unha charla sobre reciclaxe para a terceira idade, anuncia que os ‘Martes saudables’ volverán en setembro, tras a pausa estival.
Crónicas - Xuño 2014
14
xente dE aquí COMARCA
OROSO Acto de recoñecemento ao ex membro da guerrilla antifranquista ‘Quico’
Sogama convida a todos os galegos a buscar a mellor foto ambiental do verán
“Antes luchaba con las armas, ahora lucho con la palabra”
Sogama lanzou unha campaña para instar aos cidadáns de Galicia maiores de idade a compartir a súa mellor foto ambiental do verán 2014. Deben ser imaxes que contribúan a xerar conciencia sobre a necesidade de protexer e conservar o patrimonio natural. Entre os autores das imaxes achegadas, sortearase un curso de kitesurf para dúas persoas en Barreiros (Lugo). Cada participante poderá enviar unha única imaxe, que debe dirixirse, en formato dixital, ao enderezo electrónico cmc@sogama.es entre o 1 e o 30 de setembro de 2014. Descartan as fotos enviadas fóra dese prazo. Sogama publicará as imaxes na web e nas redes sociais. As fotos deben ir acompañadas cos datos de autoría, unha pequena descrición, e a identificación do lugar, municipio e provincia á que pertence. Os participantes poden escoller a temática, ben sexan paraxes naturais ou aspectos concretos. Bases íntegras en sogama.es
O ex integrante da guerrilla antifranquista Francisco Martínez López, coñecido como ‘Quico’, recibiu un recoñecemento en Oroso pola súa contribución á loita pola liberdade durante a ditadura. De mans do alcalde, Manuel Mirás, recibiu como agasallo a bandeira que simboliza a IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, que operou sobre todo nas zonas de Ordes, Mesía, Frades e Curtis. Ademais, a asociación cultural ‘Obradoiro da História’ de Ordes efectuoulle a ‘Quico’ un recoñecemento pola súa contribución á recuperación da memoria histórica. O combatente antifranquista sintetiza esta causa nun lema: “antes luchaba con las armas, ahora con la palabra”. O recoñecemento tivo lugar no contexto dunha xornada do V Seminario Sobre a Memoria, organizado por Nova Escola Galega e dirixido a profesorado de secundaria. A actividade desenvolta en Sigüeiro incluiu unha ponencia do historiador Manuel Pazos, o testemuño de descendentes de persoas represaliadas polo
ORDES
Ofrecen unha charla sobre hábitos contra a fibromialxia, artrose, osteoporose e depresión
Francisco Martínez López recibiu a bandeira da IV Agrupación de mans de Mirás
franquismo, e unha intervención de ‘Quico’, o único ex guerrilleiro que queda vivo en Galicia, xunto con Camilo de Dios, que está enfermo. Martínez López, de 89 anos, naceu en Cabañas Raras, no Bierzo (León). Traballou como mineiro e como axudante de laboratorio ata incorporarse
á guerrilla en setembro de 1947. Batallou con Marcelino Fernández ‘O Gafas’ ou con Manuel Girón. Conseguiu fuxir a Francia en 1951. Alí continuou na actividade antifranquista. Retornou en 1977, desde cando loita polo recoñecemento histórico e moral dos guerrilleiros.
ORDES
CERCEDA
Cerceda recibe a visita dos seus irmáns franceses de Escalquens
Unha cea culmina os cursos municipais de cociña impartidos por Manuel Iglesias Vieites
Charla nos baixos da Alameda
Os cursos sumaron corenta alumnos
A presidenta da Asociación Galega de Fibromialxia (AGAFI), Dolores Bermúdez, e os doutores Xosé Manuel Fernández e Manuel do Muíño protagonizaron en Ordes unha charla sobre hábitos saudables na fibromialxia, a artrose, a osteoporose e a depresión. A iniciativa, que contou coa colaboración do Concello, acadou unha considerable asistencia de público. O encontro abordou diversos aspectos relacionados coa natureza e síntomas destas enfermidades, así como os tratamentos máis novidosos e efectivos que se aplican na actualidade fronte a elas.
Os cursos de cociña organizados polo Concello de Ordes nesta tempada remataron cunha cea, con pratos preparados polos preto de corenta alumnos participantes durante estes meses nas clases impartidas polo mestre Manuel Iglesias Vieites. Sobre a mesa, entre outras propostas, houbo arroz negro con sepia, rape ao cava, rabo de touro, calabacín recheo, merluza ao forno, mexillóns con garabanzos ao forno e en escabeche, lasaña, rosquiñas de anís ou tarta da avoa. A variedade de receitas dá idea do nivel de coñecementos adquiridos nas clases polo alumnado.
Unha representante de Escalquens (dta.), coas concelleiras cercedenses
Medio cento de representantes da localidade francesa de Escalquens, coa que está irmandada Cerceda, visitaron o municipio da comarca ordense durante unha semana. Os visitantes foron recibidos de forma oficial no Concello. Acompañados pola primeira tenente de
alcalde, Begoña Rodríguez Rumbo, e pola concelleira María Viqueira Iglesias, visitaron o lago, o museo da mineiría de Meirama, o parque acuático, o paseo do río Cabancos, a Aula da Natureza e o polígono industrial. A viaxe levounos tamén a Santiago, as Rías Baixas e a Costa da Morte.
Crónicas - Xuño 2014
15
xente dE aquí ORDES
ORDES
As Noites de Tasca celebran seis anos cunha gran foliada
A Xuntanza Cabalar de Ardemil supera os mil participantes
A celebración do aniversario contou coa actuación de vinte grupos folclóricos
Na xuntanza serviuse lacón asado con patacas para os asistentes
As ‘Noites de Tasca’ celebraron o seu sexto aniversario levando a música tradicional por toda a comarca cunha gran festa polas rúas de Ordes. Para a celebración, a asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes contou coa colaboración do Concello e de vinte establecementos nos que actua-
A IV Xuntanza Cabalar de Ardemil (Ordes) superou o milleiro de participantes, entre público e xinetes, segundo as estimacións ofrecidas polo Concello. O encontro, organizado pola Asociación Cabaleiros de Ardemil, formou parte por primeira vez do campionato galego de velocidade.
ron outros tantos grupos folclóricos de toda a provincia, de Lugo e mesmo de Asturias. A culminación foi unha gran foliada na cervexería Islia, ata a que se achegaron todos os grupos e numeroso público. Na tarde previa, organizaran obradoiros de baile e de instrumentos tradicionais.
Programáronse competicións de bestas e cabalos cruzados, andadura de trotadores, concursos de barrís, saídas en ruta e diversos espectáculos e xogos. O Concello estivo representado polo alcalde, Manuel Regos, e os concelleiros Luís Gómez e Silvia Marín.
Habilitar novos aparcamentos reduciría incomodidades aos condutores, pero reportaría tamén beneficios ao comercio local
O PP de Ordes pídelle ao Concello novas prazas de aparcamento para suplir as carencias A vila de Ordes presenta unha seria carencia de prazas de estacionamento de vehículos. Lonxe de aportar solucións, o actual equipo de Goberno limitouse a reducir aínda máis a oferta dispoñible, como sucedeu coa construción dos baixos da Alameda, un proxecto que seis anos despois de ser executado segue sen reportar beneficios aos veciños, malia que o seu custe millonario incrementou a débeda municipal e furtou a residentes e visitantes de preto de 100 prazas de aparcamento no centro da vila.
Os accesos e o aparcamento na rúa Compostela está cheo de fochancas
Á vista desta carencia, o Partido Popular de Ordes no vindeiro Pleno municipal instará ao Concello para que habilite áreas de estacionamento na vila. Argumenta o PP local que, cunha xestión intelixente por parte do Concello, podería resultar doado habilitar novos espazos de aparcamento en áreas céntricas, o que se traduciría
en maiores comodidades para os condutores, pero tamén en beneficios para o comercio local. Recordan que Ordes é cabeceira dunha extensa comarca na que residen 30.000 habitantes, e que unha axeitada oferta de aparcamento beneficiaría directamente aos negocios da vila. “Se alguén ten que percorrer varios centos de metros coa compras ao lombo, como sucede actualmente, o máis probable é que desista a merque noutro lugar con máis facilidades para aparcar”, argumenta José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes.
Poucos aparcamentos e nun estado calamitoso Ademais, o Partido Popular de Ordes reclamará que o Concello arranxe o deficiente estado de conservación das áreas de aparca-
mento libre, cedidas por propietarios particulares. Poñen como exemplo, os buratos que presenta o aparcamento da rúa Compostela, tanto nos seus accesos, como na explanada de estacionamento que dificultan o seu uso ao tempo que supoñen un risco para a integridade dos vehículos que o utilizan. Pero esta situación repítese noutras áreas similares existentes na vila de Ordes. José Luís Martínez Sanjurjo conclúe que “vendo a realidade, semella que o alcalde de Ordes vive nun mundo de Yupi, xa que en lugar de preocuparse de arraxar os problemas reais, levita ocupado en asuntos que a ninguén interesan, como o alugueiro da estación da Pontraga, que custa máis de 1.000 euros anuais a todos os veciños, ou o amoblamento do novo salón de actos do Concello”, sinala o portavoz municipal do PP de Ordes.
Crónicas - Xuño 2014
16
xente dE aquí ORDES
TRAZO
Conclúe un curso de perfeccionamento no manexo do principal sistema informático
Os veciños inician a tempada de viaxes coas Rías Baixas e a costa valenciana como destinos
O alumnado, cos seus diplomas
Un novo grupo de veciños e veciñas de Ordes concluíron recentemente un curso de perfeccionamento no manexo do sistema operativo Windows, o utilizado con maior frecuencia nos equipos informáticos. Despois de varios meses de clases, coñeceron as principais características do sistema e a utilizar algunhas das súas aplicacións máis útiles para o usuario medio. Ademais, neste curso tamén se impartiron clases de debuxo vectorial e de retoque fotográfico dixital, como coñecementos complementarios.
Os veciños e veciñas de Trazo están lanzados a coñecer mundo. Nas últimas semanas, un bo grupo deles efectuaron un percorrido polas Rías Baixas, achegándose a algunhas das paraxes máis emblemáticas desa rexión. E por se fose pouco, tamén efectuaron outra viaxe pola costa valenciana. Os 65 participantes, tanto de Trazo como de municipios do arredor, estiveron oito días fóra e pasaron por localidades como Guadalet, Xábia, Denia, Cullera, Valencia ou Gandía, achegándose incluso a Toledo e a Segovia. A organización destas saídas xa prepara outras novas para os vindeiros meses. Do 25 ao 27 de xullo propoñen como destino Cantabria, coñecendo os Picos de Europa, Cabárceno e as covas do Soplao. Custa 185 euros por persoa, todo incluído. E do 27 ao 31 de agosto, o destino será a virxe de Lourdes, en Francia, cun custo de 285 euros. Quen queiran informarse e anotarse nestas viaxes deben chamar ao teléfono 619 900 890.
Participantes na excursión que percorreu varias zonas das Rías Baixas
Excursionistas de Trazo e arredores na súa estadía en Valencia
OROSO
CERCEDA
Nenos de Oroso aprenden a elaborar monicreques nun obradoiro de Viravolta
O V concerto ‘O Son nas Aulas’ superou as 300 persoas sobre o escenario
Unha das actuacións tivo como referencia o musical de ‘Grease’ Charla nos baixos da Alameda
Dezanove nenos e nenas de Oroso participaron nun obradoiro de marionetas de papel, da compañía Viravolta Títeres, que o Concello incluíu como actividade gratuíta na súa programación das Letras Galegas. Con técnicas de papiroflexia e utilizando cartolinas de cores, os escolares, de entre seis e doce anos de idade, elaboraron cadanseu monicreque e botaron man da imaxinación para poñerlles cara. A actividade, na biblioteca, tiña como propósito tamén promover ese espazo para o uso comunitario da cultura.
No espectáculo non faltou humor para acompañar os números de música e baile
A quinta edición do concerto ‘O Son das Aulas’, organizado pola Escola Municipal de Música de Cerceda, levou máis de 300 nenos, xóvenes e adultos ao escenario do auditorio de Cerceda. Todos eles protagonizaron un concerto didáctico e artístico con música, baile e canto, manexando sons e coreografías tanto clásicos como modernos. Deste xeito, puidéronse escoitar desde versións de temas de Michael Jackson ou Adele ata pezas clásicas á guitarra, o piano ou o vento metal. A primeira tenente de alcalde de Cerceda, Begoña Rodríguez Rumbo, presente no espectáculo, destacou que “a aposta do Concello polas actividades culturais e deportivas está dando os seus froitos, xa que hai uns anos era impensable que se levase a cabo no noso concello un espectáculo destas dimensións e agora os nosos nenos non necesitan desprazarse ata A Coruña ou outros lugares para estudar canto ou música”. As clases de Cerceda impárteas a escola coruñesa ‘Presto Vivace’.
crónicas - Xuño 2014
17
XeNte de Aquí ORDES
OROSO
O circuíto cultural e deportivo remata con prantas medicinais
Clausuran o primeiro curso da escola para nais e pais
Na clase utilizáronse prantas habituais nos montes e xardíns da zona
Un cursiño sobre prantas medicinais púxolle o punto final ao circuíto cultural e deportivo do Concello de Ordes. As quince persoas que asistiron aprenderon a elaborar ungüentos, locións e remedios para diversas doenzas e molestias. Para a preparación, utilizáronse
prantas que se poden atopar habitualmente nos montes e nos espazos verdes da comarca, ou que se poden cultivar en hortas e xardíns. O circuíto cultural e deportivo do Concello retomará a súa actividade o vindeiro curso, cunha oferta renovada.
Aprender a afrontar o primeiro día de colexio, ver como resolver os conflictos puntuais cos cativos, como aplicar as normas e os castigos e como desenvolver a autonomía dos pequenos foron algúns dos contidos da escola de pais e nais ‘Tempo de familia’, que se desenvolveu no Colexio Rural Agrupado (CRA) de Oroso entre febreiro e maio. Despois de seis clases, coordinadas por unha psicóloga familiar, o concelleiro de Familia e Ensino de Oroso, Antonio Leira, acudiu á clausura e sinalou que o obxectivo era contar cun “espazo aberto a todas as familias no que o intercambio de experiencias e a reflexión colectiva convértense en ferramentas que permiten mellorar os recursos educativos”. Á vez, quere servir como canle de comunicación de todas as persoas implicadas na educación dos cativos. O curso, organizado polo Concello e subvencionado pola Deputación da Coruña, púxose en mar-
maría viña NUTRICIONISTA
Telf: 639 314 732 Rúa da Saúde 11. CARBALLO Rúa Agra dos Cregos, sn. ZAS carballozas@marianutricionista.com
Dietas online
Telf: 881 124 017 Rúa Canteira 11 bajo 15680 ORDES (A Coruña) ordenes@marianutricionista.com
Sesión de clausura do curso
cha tras un proxecto experimental sobre igualdade de xénero acometido o pasado verán, atendendo tamén a demanda de profesores e proxenitores.
Dietas de adelgazamento, patoloxías e estados fisiolóxicos • Acido úrico/gota • Patoloxías gástricas (hernia de hiato, refluxo gastroexofáxico, gastritis.....) • Pataloxías intestinais (colon irritable, diverticulose, colite ulcerosa....) • Diabete • Hipertensión • Colesterol / Triglicéridos • Menús para garderías e escolas • nenos e adolescencia • Embarazo • Terceira idade • Deporte • Pacientes anticoagulados (SInTROM) • Alerxias alimentarias
www.mariaviñanutricionista.com
Crónicas - Xuño 2014
18
xente dE aquí COMARCA A celebración fradense achegouse aos 500 participantes e en Ordes aproximouse aos 700
Festas para centos de maiores en Frades e en Ordes
O alcalde de Frades, Roberto Rey, intervén antes do inicio do xantar
Os veciños de Ordes demostraron á hora do baile que a diversión non ten idade
O ágape ordense tivo lugar nas instalacións do Pazo do Bidueiro
Frades e Ordes celebraron nas últimas semanas as súas festas para a terceira idade. No caso de Frades, a celebración reuniu preto de medio milleiro de persoas nas inmediacións da capela de San Nicolau. Tras a misa cantada, na que actuou pola agrupación de música tradicional Sarillo, da parroquia de Aiazo, comezou o xantar, e posteriormente tivo lugar a entrega de agasallos para as dezaseis persoas maiores de 90 anos presentes na festa.
En Ordes, a xuntanza dos maiores achegouse aos setecentos participantes. O Concello escolleu de novo as instalacións do Pazo de Bidueiro para a celebración. Misa cantada co coro parroquial, intervención do alcalde, Manuel Regos, xantar, baile e música compuxeron o programa. A festa contou coa asistencia de todo o equipo de goberno e de representantes das diversas formacións políticas que contan con representación na corporación municipal ordense.
TRAZO Neste curso tiveron uns 250 participantes
Clausura das escolas deportivas O Concello de Trazo púxolle o remate ao seu curso de actividades deportivas cunha exhibición e festa no polideportivo municipal. Durante esta tempada, participaron nas actividades unhas 250 persoas, entre rapaces e adultos, segundo o cómputo difundido polo Concello. O alumnado que efectuou exhibicións no acto de clausura foi o de
ximnasia, aeróbic, zumba e pandeireta. A oferta municipal deste ano incluía tamén pilates, informática, cociña, patchwork embutido, bailes de salón, obradoiros de memoria e arte floral. A festa contou cun xantar con pulpeira instalado no propio pavillón e cunha actuación musical coa que os asistentes pasaron a tarde.
Á festa de clausura das actividades municipais de Trazo asistiron deceas de persoas
ORDES - OROSO
Educación viaria para os máis pequenos O alumnado das escolas infantís municipais de Ordes e de Oroso recibiron clases de educación viaria para que comecen a ter as nocións esenciais á hora de moverse polas rúas. Na gardería ordense ‘Sorrisos’ a sesión impartírona a Policía Local e a Garda Civil. Na Ulloa, en Oroso, a sesión final do programa entregoulles carnés simbólicos de condutores por aprender os sinais.
Sesión de educación viaria na gardería de Ordes
Derradeira clase do programa na Ulloa (Oroso)
Crónicas - Xuño 2014
19
xente dE aquí OROSO
ORDES
Estrea de ‘Queixo e Marmelo’
Manolo Rivas, en Ordes
Integrantes do grupo de teatro do IES de Oroso ‘Queixo e Marmelo’
O escritor asistiu a unha representación teatral e asinoulles libros aos cativos
O alumnado do IES de Oroso que integra o grupo de teatro ‘Queixo e Marmelo’ estreouse publicamente coa representación de ‘Os vellos non deben de namorarse’, de Castelao. Forman parte do grupo: Sandra Amigo, Susana
O escritor Manolo Rivas visitou Ordes para acompañar os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto curso de primaria do colexio Castealo. No auditorio da Casa da Cultura, asistiron á representación teatral da obra ‘A raposa e a mes-
Amigo, Yéssica Rey, Miguel Romero, Sebastián Armas, Javier Tellería, Andrea Villar, Rebeca Jiménez, Eva Villar, Gonzalo Boquete e Pablo Rodríguez, que tiveron como coro os compañeiros da clase de 1º A.
tra’ do autor coruñés. O espectáculo tivo incluso música en directo. Ao remate da función no auditorio, Rivas tivo a ocasión de falar cos nenos e nenas presentes, aos que tamén lles asinou exemplares da súa obra.
COMARCA
Rematan os cursos de lingua galega A Mancomunidade de Ordes clausurou os cursos de lingua galega preparatorios para a obtención dos certificados Celga nos niveis 2, 3 e 4. Como presidente da entidade supramunicipal, o alcalde de Ordes, Manuel Regos, acudiu á entrega dos diplomas acreditativos. Regos felicitou o alumnado polo desenvolvemento do curso e apro-
veitou para animalo a seguir avanzando na súa formación lingüística. Os cursos, impartidos por unha profesora especialista, teñen como finalidade que os participantes melloren as competencias orais e escritas no idioma, ademais de facilitarlles a execución das probas para a obtención do certificado acreditativo oficial.
Manuel Regos entregou os diplomas como presidente da Mancomunidade
Crónicas - Xuño 2014
20
DEPORTES FÚTBOL
O Campus de Fútbol amplía duración e varía a oferta de actividades
Participantes na festa de fin do curso 2013-2014 das actividades deportivas e culturais do Concello de Mesía
MULTIDEPORTE Presentación do campus estival
A Fundación Celta de Vigo, xunto co Concello de Oroso e a escola deportiva Xuventude Oroso, programaron o seu quinto campus de fútbol entre o 7 de xullo e o 1 de agosto. Este ano, o campus presenta como novidades a posibilidade de participar en actividades extra como rutas de sendeirismo, visitas ao parque acuático e a práctica doutros deportes. Para participar, existe a posibilidade de matricularse en semanas soltas e en horario matinal (10 a 14 horas) ou completo (10 a 18 horas). Os veciños teñen descontos de 20 euros nas tarifas. Información e matrículas escribindo a info@xuventudeoroso.com
Exhibición de patinaxe en Tordoia e festa de fin de curso en Mesía O pavillón polideportivo de Tordoia acolleu unha exhibición de patinaxe artística organizada pola asociación de nais e pais do alumnado do CPI Pecalama. O evento contou co patrocinio do Concello de Tordoia, que o considera “todo un éxito”. Participaron ademais os maiores do programa municipal de envellecemento activo, demostrando plena vitalidade cos seus exercicios de ximnasia aprendidos durante o curso. Por outra parte, as exhibicións do aprendido durante o curso foron un dos contidos principais da festa de clausura das actividades deportivas e
Exhibición de patinaxe artística da ANPA CPI Pecalama, patrocinada polo Concello
culturais do Concello de Mesía. Asistiu máis dun cento de persoas, nunha celebración precedida pola tarde pola clausura das escolas deportivas municipais. O Concello, por certo, xa
ten aberto ata o 30 de xuño o prazo para inscribirse nas escolas de verán. A programación estival de Mesía inclúe ademais diversas propostas lúdicas e competicións deportivas.
FÚTBOL SALA
KARATE
O Alpa Ordes proclámase campión da liga municipal
Catro ouros e un bronce para Emma Núñez no último mes
O Alpa deixou en segunda posición o Interordes e o Mesón de Deus terceiro
O equipo Alpa Ordes gañou a liga de fútbol sala do Concello de Ordes, na que competiron unha ducia de equipos con xogadores de entre dezasete e sesenta anos. O triunfo serviulle para representar o municipio na competición intercomarcal. O segundo posto da liga correspondeulle ao Interordes e o
terceiro conseguiuno o Mesón de Deus. Como xogador que marcou máis goles na liga, con 49 tantos, foi distinguido Antonio Botana, do Trasmonte. O premio á deportividade recaeu no equipo Joints. Tras a entrega de trofeos, tivo lugar un ágape para xogadores, técnicos, directivos e público presente na competición.
Non vai haber estantes que cheguen. A karateca cercedense Emma Núñez, de doce anos, ampliou o seu palmarés nas últimas semanas con catro medallas de ouro e unha de bronce. Destaca a súa primeira victoria nun trofeo internacional en terras lusas. Núñez adxudicouse o I Trofeo Internacional de Monçao en kata, impoñéndose na final por 5-0. En kumite foi cuarta, entre 26 participantes na categoría xuvenil feminina. Esta competición portuguesa congregou uns 600 deportistas de 47 clubs de Portugal, Francia, Marrocos e España. No XIV Trofeo Cidade de Santiago, Núñez competiu en categoría xuvenil tanto en kata como en kumite. Conseguiu dous ouros. En kata, impúxose por 5-0 na final. En kumite, a xeito de liguiña, disputou catro combates e venceu nos catro, por 6-0, 6-2, 6-0 e 8-2. No VI Campionato de Kárate Valga (Pontevedra), Emma Núñez
Emma Núñez, cos seus novos éxitos
obtivo o ouro en kata cun 3-0 na final. En kumite logrou un meritorio bronce, ao estar agrupadas varias categorías. Caeu ante a campioa de España cadete por 8-1.
Crónicas - Xuño 2014
21
DEPORTES Menú do día e carta
Hai polbo
A DE COMIDAS S A C
SUSA Café-Bar
Avda Alfonso Senra 27, bajo ORDES
Comida para levar
881 981 518
Empanadas e churrasco por encarga
CARREIRA A proba sumou 380 corredores entre as categorías escolar e absoluta
XADREZ
Riobó e Mayobre logran os primeiros postos na primeira pedestre de Frades
Excelente labor do Club Xadrez Oroso en Monforte de Lemos
Víctor Riobó, do Miler Running Club de Marín, e Paula Mayobre, do Bikila de Ares, proclamáronse campións da primeira carreira pedestre do Concello de Frades, nas categorías masculina e feminina. O gañador fixo un tempo de 26’13’’ para os 7,7 quilómetros de percorrido da proba. Impúxose só por unhas décimas de segundo a Robertas Geralavicius, da Ximnástica de Pontevedra, mentres que Akka Essaadaoui, da S.A. Valmiñor de Salceda de Caselas foi terceiro con 26’16’’. Mayobre, decimonovena na xeral, completou a carreira en 29’09’’. Mela Penas, do Comesaña Sporting Club de Arzúa, foi segunda con 1’26’’ máis de tempo. Águeda Blanco, do mesmo equipo arzuán, precisou case dous minutos máis que a vencedora e foi terceira na competición feminina. Por equipos, gañou o Club Atletismo Sar, que deixou en segunda posición o Club Atletismo Milladoro e en terceiro posto o Club Atletismo Boimorto. Como equipo con maior número de participantes recoñe-
Os gañadores da carreira fradense, acompañados polo alcalde, Roberto Rey
ceuse o Club Atletismo Sada. O corredor de menos idade foi Juan Míguez Espiñeira, de dous anos, e o máis veterano foi Enrique Barral Pereiro, de 69 anos. En total, entregáronse 1.100 euros en premios, ademais de camisetas e trofeos para os tres primeiros de cada categoría. A carreira sumou 380
corredores (201 en categorías escolares e 179 para a proba absoluta) e foi seguida por deceas de veciños. O alcalde de Frades, Roberto Rey, destacou a participación e afirmou que “é toda unha honra para unha proba que comeza este ano e que terá continuidade en 2015, cando agardamos poder facelo aínda mellor”.
O bo traballo do Club Xadrez Oroso desprazados a Monforte para competir no circuíto de Galicia Central fixo que a entidade se sitúe quinta, dun total de 35, na clasificación por equipos. Destacan Sara Míguez e Martín Pena, os dous de doce anos, que lideran a clasificación sub-14 feminina e masculina. Pena é o mellor clasificado de Oroso na categoría absoluta (16º). Carmen Míguez, de dez anos, lidera a sub-12 feminina, a só dous puntos do primeiro clasificado masculino. E en sub-8 Nicolás Gómez é sexto na clasificación xeral de Galicia Central.
22
Crónicas - Xuño 2014
DEPORTES FÚTBOL
TAEKWONDO Catro metais no galego escolar de combate e dous no Open de Lourosa
A S.D. Club Ordes convoca o segundo Campus de Verán, con dúas quendas en xullo
Medallas para o Club Luar en Portugal e Vilalba
A S.D Club Ordes convocou a segunda edición do seu Campus de Verán de fútbol para fomentar a capacitación deportiva dos máis pequenos. Estará organizado en dúas quendas, unha do 1 ao 15 de xullo e outra do 17 de xullo ao 1 de agosto. Os horarios son de 9:30 a 14 horas, de luns a venres. Nesta actividade poden participar os nenos e nenas nacidos entre 1998 e 2000, ambos inclusive. Os prezos son de 60 euros cada quenda, que se reducen a 40 a partir do segundo irmán ou irmá. Tamén se pode participar todo o mes, cun prezo de 100 euros, 60 a partir do segundo irmán ou irmá. As inscricións deben efectuarse nas instalacións deportivas de Vista Alegre de luns a venres de 17:30 a 19:30 horas, ou chamando ao 600 493 633. Para participar na primeira quenda, o prazo remata este 28 de xuño. Pola súa parte, o segundo grupo dispón ata o 12 de xullo para anotarse.
Tania Gándara e Rubén Madueño
O Club Luar de taekwondo sumou novos éxitos ao seu palmarés coa participación na final do Campionato Galego Escolar de Combate en Vilalba e no V Open Internacional de Lourosa (Portugal). En terras lucenses, Alvaro Re-
Arriba, podio, e abaixo, integrantes do C.D. Luar no escolar de combate en Vilalba
gueiro fíxose co ouro, Rodrigo Varela e Alejandro Sánchez con cadansúa prata, e Diego Sánchez con bronce.
E do país veciño trouxeron metal Tania Gándara, cunha prata, e Rubén Madueño, cun bronce.
ATLETISMO
FÚTBOL SALA
Gonzalo Sánchez, de Frades, gaña o provincial de lanzamento
O Desastres FS Team, campión da liga do Concello de Tordoia
Sánchez Pazos, no máis alto do podio de lanzamento de peso da categoría
O fradense Gonzalo Sánchez Pazos proclamouse campión provincial infantil de lanzamento de peso no Campionato Provincial de Atletismo en Pista ao aire libre celebrado na Pobra do Caramiñal. Gonzalo Sánchez erixiuse primeiro da súa categoría cun lanzamento de 10,25 metros. É o terceiro atleta de Frades que con-
segue un título provincial deste calibre. As escolas deportivas municipais de Frades contaban ademais con Hugo Rodríguez Rúa na fase provincial disputada na Pobra. Rodríguez foi noveno posto na categoría benxamín masculina, grazas a un lanzamento de 6,29 metros de lonxitude.
Integrantes do ‘Desastres FS Team’, mellor equipo tordoiés de fútbol sala
Pese ao seu nome, o equipo ‘Desastres FS Team’ proclamouse campión da Liga de Fútbol Sala do Concello de Tordoia, que este ano disputou a súa decimoquinta edición.
O resultado permitiulle clasificarse para o XVII Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala, representando así o seu municipio nesta competición disputada no concello de Teo.
crónicas - Xuño 2014
23
OPiNiÓN TRIBunAS DA COMARCA. A ABDICACIÓn DE JuAn CARlOS I
Felipe VI o como acabar con una ilusión. El invierno de la monarquía Por Dani Fuentes En estos días posteriores a la abdicación de nuestro ya ex-Rey Juan Carlos I, los verdaderos socialistas una vez más nos ponemos del lado de la gente de la calle y reivindicamos el derecho a decidir y a que todos los ciudadanos puedan manifestar si quieren que la forma del Estado sea una monarquía o una República. El momento que estamos viviendo, después de todos los escándalos protagonizados ya no solo por el Rey Juan Carlos I sino por una gran parte de la Familia Real que provocaron el descenso de la simpatía de la gente hacia esta institución que es la monarquía y que finalizan con la abdicación del monarca el pasado 2 de junio, no podía ser mejor para buscar un cambio en la Jefatura del Estado y con él en definitiva un cambio de época, un cambio basado, eso sí, en la opinión de toda esa gente que pide en la calle decidir en las urnas sobre si quieren una Monarquía o una República y no como se está tratando este asunto desde que sucedió dicha abdicación. Lo conveniente en una situación como la que se nos está planteando sería convocar un referéndum en el que la gente opine sobre quién quiere que sea su Jefe de Estado, y no se debe confundir esto con votar a derecha o izquierda, esta vez no se trata
de eso, sino de poder votar la forma de Estado que queremos, es decir, Monarquía o Republica, imposición o democracia. El hecho de convocar este referéndum conllevaría su correspondiente y necesaria reforma constitucional para que se acate de esa forma lo elegido antes por la gente en las urnas. Sobra decir que sería realmente conveniente dejar atrás esta larga época posterior a la dictadura, que es la monarquía, para dar lugar a una nueva etapa de mayor relevancia democrática como sería la III República, pero por desgracia una vez más parece que eso no será posible y que la gente de la calle no será escuchada, quedándose de esa forma sin poder hacer oír su voto ni decidir en un asunto tan serio como este. La constitución de una nueva República sería un gran paso hacia delante, un paso de modernidad pero ya no solo eso, sino también hacia una mas sólida y mayor democracia, un paso que siempre estuvo presente en el ideal socialista y que debería seguir estando y ya no solo en la teoría o la palabra sino también en la práctica y los hechos. Es por eso que acabo diciendo ¡SALUD Y REPÚBLICA! Dani Fuentes
Os paxariños da Alameda Pregúntalle o perspicaz gaivoto á nosa pomba como se entera dos aconteceres secretos. Debe de valorar moito a grande intelixencia da pomba, tanto que non se dá conta de que ela está chosca e que nin sequera coñece a metade dos paxariños. Nin lle interesa. Os paxariños non imos contar quen nos pía, máis cando ao gaivoto lle bastaría repa-
Sabia decisión Por Alexander Doval Expósito Considero necesario, antes de entrar en materia, expresar mi profundo agradecimiento al hombre que tuvo a bien guiar España hacía ésta Democracia, y que durante treinta y nueve años, ha sido, sin duda, el mejor embajador de nuestro país allí donde fuere. El siempre Rey, Don Juan Carlos I. Son muchas la voces que estos días se alzan para opinar si es éste el momento más acertado para abdicar; en mi humilde opinión pienso que sí, y que fue hecho a conciencia y sobradamente meditado. Los tiempos que se avecinan son complicados, en el horizonte inmediato hay temas encima de la mesa como el de la “soberanía Catalana”, la salida de la crisis, Europa y algunos otros de especial relevancia que requieren de unas condiciones óptimas para afrontarlos, y para los que Don Felipe, con su educación y preparación, sabrá estar a la altura de solventarlos siempre, con buen acierto y mejor servicio a España. Hay un gran número de países a nuestro alrededor con Monarquías Parlamentarias Constitucionales, como la nuestra, naciones con una larga tradición democrática, pero ese afán de algunos de querer inventar todas las mañanas la democracia, es, permítanme la expresión, un poco cansina. Podemos cambiar las normas de juego, por supuesto, pero por los cauces legales establecidos. Esto en lenguaje jurídico se llama seguridad jurídica, aunque también se puede llamar simplemente seguridad. Ya en la transición, Torcuato Fernández Miranda, dijo aquello de “de la Ley a la Ley, pasando por la Ley” y es que en es-
tos días lo que menos necesita España es una hecatombe de tal magnitud que haga tambalear su modelo de Estado. Salen de debajo de las piedras republicanos impacientes, que llevan escrito en el subconsciente el peso de que todos los fracasos propios y colectivos se solucionan con una República, República en la que España ya tuvo dos experiencias y no muy positivas, que hasta esos Republicanos convencidos admiten. Y es que la palabra que debe resumir la abdicación de S. M. el Rey, es normalidad, un proceso recogido en el artículo 57.1 de nuestra Constitución. Lo que se votó en las Cámaras legislativas los días previos al nombramiento fue la sucesión de D. Juan Carlos I, por su hijo, el ya Rey Felipe VI, no el modelo de Estado. Estos fueron discursos oportunistas y fuera de la realidad de este país, un debate, por supuesto, lícito, pero fuera de lugar y momento. Ambas cámaras dieron el apoyo claro (85%) a la Ley de Abdicación, y no es casualidad que las diversas encuestas den un resultado similar de apoyo al nuevo Rey, porque por mucho que algunos digan que el poder legislativo no los representa, al final es fiel reflejo del sentir de la sociedad en su conjunto. Y aunque suene un poco rimbombante no quiero dejar pasar la oportunidad que me brinda este medio para terminar mi artículo con la frase: “Larga vida a Felipe VI”. Alexander Doval Expósito Presidente de Novas Xeracións do PP de Oroso
Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras
sar a súa axenda e pensar en certas ceas reducidas e discretas. Ou foron xantares? De todas maneiras, está claro que as murmuracións son ben fundamentadas e que xa hai pouco disimulo. En público, si. En público mantéñense as formas e mesmo se sorrí entre dentes. Pero en privado...
Outra das nosas aves están moi ocupada estes días en estudar o proceder de determinado empresario multisectorial, moi recuberto dun verniz progre. O que albisca o noso paxariño, que algunha que outra documentación laboral leva movido coas súas ás, é un desfiladeiro legal grave. A lei pode que se cumpra. Agora, en termos éticos...
E por último, outeando vimos como certa ave de plumaxe variable se subiu ela soa a un pedestal. Cada vez máis alto porque sempre hai quen lle aplaude. Algúns fano de boa fe, outros con unha mestura de admiración e ignorancia (papanatismo), e outros con ánimo de burla. O caso é que a ave, que é mala actriz, sobe, sobe e sobe. O día que caia...
Crónicas
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 20-06-2014. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com
ORDES Alumnos do IES nº1 obteñen destacados premios no XI Concurso de Xóvenes Técnicos en Automoción
Os ases da mecánica fórmanse en Ordes Sabido é que apertar un parafuso é doado. A dificultade real case sempre está en saber cal apertar. Para eso, hai que acudir a expertos como os que forma o IES nº 1 de Ordes no seu departamento de Automoción. Desas aulas teñen saído e seguen saíndo habilidosos profesionais capaces de deixar como novo o máis enferruxado dos vehículos. Algúns deles son distinguidos de vez en cando, como acaba de suceder no XI Concurso de Xóvenes Técnicos en Automoción. Dous equipos do IES obtiveron premios moi destacados. O primeiro posto a nivel español na modalidade de vehículo industrial foi para o grupo integrado por Pablo Cambón Bertoa e Pablo Rama Louro. Mentres, na categoría de electromecánica Maikel Pérez Ribeiro e Manuel Manteiga Regueiro obtiveron o terceiro premio. Todos eles participaron no certame acompañados polos profesores Javier Espiño Pedreira e José Manuel Carabel González.
A fase final do certame, organizado pola Fundación Comforp (compromiso coa Formación Profesional) tivo lugar en instalacións de Mercedes-Benz en Madrid. A ela chegaron dezasete equipos, que se clasificaron tras superar catro probas a través de internet e presentar un traballo de investigación. En total, inicialmente concorreron ao certame 152 equipos con máis de 300 participantes e 150 Cambón, Rama, Pérez e Manteiga, cos profesores Espiño e Carabel tutores. A organización destacou o “alto nivel de formación” que demostrou o alumnado da FP. Pensan os responsables do concurso que “soamente se pode alcanzar co esforzo de todo un equipo humano, que engloba desde a dirección do centro ata os titores e de maneira especial os alumnos”. Defenden ademais a FP como “un dos mellores camiños para enfocar o futuro con garantías de éxito” e remarcan o apoio de empresas como o concesionario ‘Automóviles Louzao’ Terceiro premio en electromecánica de Santiago na preparación práctica. Primeiro premio en vehículo industrial
CASTRO AVOGADOS GONZALO-HENRIQUE CASTRO PRADO Rúa Parque Félix Rodríguez del Fuente - 54, 3 B - 15680 Ordes Avenida Rosalía de Castro 105, baixo - 15706 Santiago de Compostela Teléfonos: 981 594 460 - 981 596 252 - 698 159 678 - Fax: 981 594 460 www.castroavogados.com gonzalo@castroavogados.com
O despacho está integrado por profesionais especializados con ampla experiencia, capaces de ofrecer un asesoramento xurídico áxil, eficaz e personalizado en cada situación
ÁREAS DE PRÁCTICA Dereito Mercantil, Civil, Seguros Dereito Administrativo, Penal Dereito Laboral e Social Familia e Sucesións Contencioso- administrativo, arbitraxes e Xestión recuperatoria de débedas
COBERTuRA InTERnACIOnAl Ofrece total cobertura internacional cun único interlocutor para o noso cliente, encargándonos da xestión, seguimento e asesoramento integral cos nosos colaboradores no exterior