Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

Page 1

Crónicas

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 7 - Xullo de 2014

delrío

Arquitectura Ingeniería Diseño Avda. Alfonso Senra, nº 178. bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - cristina@delrioaid.com PROYECTOS REFORMAS DIRECCIONES DE ObRA COORDINACIONES DE SEgURIDAD Y SALUD

TéCNICA y DISEñO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO

As granxas da comarca temen que volva a supertaxa láctea O récord de entregas de leite en Galicia en maio, o último mes do que se teñen datos, fai que as granxas

da comarca teman que esta campaña, a derradeira baixo o sistema de cotas, remate en multa por exceso de pro-

dución. É a coñecida como supertaxa, tras anos sen ter que aplicarse. Os sindicatos agrarios piden plans de fu-

CERTIFICACIONES ENERgéTICAS PERITACIONES Y TASACIONES ESTUDIOS Y PLANES DE SEgURIDAD DISEñO INTERIOR

ecONOMíA

Rebaixas de verán con “optimismo moderado”

turo por parte da administración, nun contexto de nova baixada abrupta dos prezos Páx. 10 desde xaneiro.

en vía morta

Páx. 11

dePORteS

O Jogafán Ordes, subcampión galego de fútbol sala Páx. 17

OROSO

As prospeccións de erimsa chegan á fiscalía ambiental Páx. 2

Fomento ultima un plan de cercanías, que a comarca recibiría coas antigas vías levantadas

FRAdeS

Páx. 3

inauguran a depuradora da Ponte carreira Páx. 8

OROSO

Pilar de Lara pide o contrato municipal da auga

Páx. 5

ORdeS

O Concello rebaixa a débeda ata 581 euros por habitante

Páx. 9

eNtReViStA

Ramón Vilar, de cerceda, publica o seu primeiro libro Páx. 12


Crónicas - Xullo 2014

2

Actualidade OROSO

OROSO O SLG pide que se investigue a súa legalidade

ORDES

A concentración de Senra, Cardama e Vilarromarís reduce as parcelas á sétima parte

As prospeccións mineiras chegan á fiscalía ambiental

O pleno oponse á ampliación do vertedoiro da Areosa, que o PP desmente

A concentración parcelaria da zona de Senra-Cardama-Vilarromarís II, en Oroso, xa ten en exposición o acordo que determina as fincas de reemprazo, cos novos titulares, a superficie resultante da reorganización e a nova clasificación da terra. É un paso fundamental para concluír unha parcelaria iniciada hai uns vinte anos. Das 10.798 parcelas nas que se distribuía a superficie beneficiada por este proceso, agora vaise pasar a 1.505, pertencentes a 813 propietarios. Esto supón un número de fincas unhas sete veces inferior. As explotacións agropecuarias e forestais da zona pasan así a ter predios de maior tamaño, o que lles permitirá gañar en rendibilidade, dado que algunhas das parcelas previas practicamente non eran laborables coa maquinaria actual, polo seu escaso tamaño. A Consellería do Medio Rural e do Mar informou de que esta concentración leva consumido xa 4,3 millóns de euros públicos, dos que 3,7 corresponderon sobre todo á execución da rede de camiños e os 0,6 millóns de euros restantes a servizos técnicos como a elaboración do proxecto de concentración ou a redacción do acordo. Os interesados poden consultar a documentación do acordo no Concello, para resolver dúbidas e presentar recurso de alzada se o estiman pertinente.

A Fiscalía de Medio Ambiente xa ten sobre a súa mesa unha denuncia contra a empresa mineira Erimsa polas prospeccións que acometeu o ano pasado en Oroso. A denuncia interpúxoa a coordinadora da loita contra a minaría salvaxe do Sindicato Labrego Galego (SLG), Margarida Prieto Ledo, quen ademais se reuniu co fiscal delegado de Medio Ambiente en Galicia, Álvaro García Ortiz, para explicarlle a súa versión dos feitos. O SLG xa denunciara en maio de 2013 ante o Concello de Oroso, a secretaría xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta e a Consellería de Economía e Industria, ante a que considera “unha posible prospección ilegal de terras da que se fixo publicamente responsable Erimsa en varios medios de comunicación”. Sen embargo, non houbo novidades sobre o caso no último ano, polo que a organización sindical non dubida en falar de “inoperancia” das administracións municipal e autonómica, que xustifica a presentación da denuncia ante a fiscalía. O escrito presentado polo SLG demanda que a fiscalía lle requira á Consellería de Medio Ambiente, á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e ao Concello de Oroso toda a documentación da que dispoñan sobre o asunto. E tamén que inste á empresa mineira “a demostrar que as obras extractivas realizadas se fixeron baixo o oportuno amparo de licenza, urbanística e sectorial mineira”. Segundo expón o SLG, a toma

Margarida Prieto, coa denuncia

de mostras de cuarzo por parte de Erimsa preto de Porto Avieira puido terse feito sen a resolución administrativa pertinente, aínda que a empresa solicitara xa o permiso de investigación. Antonio Leira, como alcalde de Oroso en funcións naquel momento, negara que a empresa recibise licenza municipal para tal fin, e admitiu que lle concederan unicamente unha licenza de movemento de terras á dona da finca. Conclúe o SLG que Erimsa carecía dos permisos necesarios e “podería ter incorrido nunha actividade ilegal” que aínda non tería prescrito como delito. O sindicato lembra que moitas das terras que a compañía estuda explotar na comarca foron concentradas e teñen claro uso agropecuario.

O pleno de Ordes acordou instar á Xunta a que desista do proxecto de ampliación do vertedoiro de lixo da Areosa, en Cerceda e con afección a territorio ordense. A iniciativa partiu do concelleiro socialista, Xesús Pedreira, e recibiu o apoio do goberno local (UXO) e de CIDEGA. O BNG abstívose ao non poder incluír no acordo final a petición de que a Xunta busque un modelo alternativo ao actual para o tratamento de residuos. E o PP desmentiu taxativamente que nestes momentos estea en marcha un proxecto de ampliación do vertedoiro. Pedreira replica que “o PP non quere ver a realidade e prefire crear unha realidade alternativa”. Anuncia que se prosegue a tentativa de ampliar o vertedoiro non descartan trasladar a súa protesta ante a Unión Europea “porque xa está ben de pasear o lixo por toda Galicia para vir enterralo aquí”, afirma, á vez que advirte dos “graves riscos para os veciños e veciñas das parroquias próximas, con cheiros ou lixiviados” que condicionarían a súa saúde e benestar, e do deterioro que se ocasiona polo transporte nas vías locais. Con respecto á emenda presentada polos nacionalistas, o socialista dixo ser máis partidario “dun modelo de plantas comarcais”, polo que evitou atender a suxerencia do Bloque.

TORDOIA A delegada provincial do goberno autonómico comprométese a concretar unha colaboración

Pereiro pide o apoio da Xunta para activar o punto infantil A Xunta e o Concello de Tordoia van estudar como colaborar para poder abrir o Punto de Atención á Infancia (PAI). O principal impedimento para poñer en funcionamento o novo servizo é que o edificio carece de mobiliario, polo que o Concello pediulle apoio á administración autonómica. A petición produciuse nunha re-

unión entre o alcalde, Antonio Pereiro, e a delegada provincial da Xunta, Belén do Campo. O PAI de Tordoia conta con vinte prazas para nenos e nenas menores de tres anos. A infraestrutura custou 180.000 euros, que financiou nun 93% a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) .

Crónicas

A delegada provincial da Xunta e o alcalde de Tordoia, nunha reunión

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com


crónicas - Xullo 2014

3

ActuAlidAde COMARCA Fomento ultima un estudo de servizos ferroviarios de proximidade en determinadas zonas de Galicia

A comarca recibe os novos plans de tren de cercanías coa antiga vía retirada O Ministerio de Fomento anunciou a creación dun plan de servizos ferroviarios de proximidade en determinadas áreas metropolitanas de Galicia. Polo de agora, a idea non pasa dun estudo, que se está ultimando e do que non se desvelou case nada. O goberno central explicou unicamente que efectuaron unha campaña de enquisas para calcular que demanda podería existir “a través dun modelo de transporte integral”. A propia ministra de Fomento, Ana Pastor, confirmou que xa contan cunha primeira proposta de itinerarios para implantar ese servizo de cercanías, unha vella demanda e tamén unha vella promesa. De momento, non se informou deses posibles itinerarios, dado que aínda non hai decisións definitivas. Por tanto, ignórase se algún deses servizos podería beneficiar a comarca de Ordes. Pero está claro que sería nada probable que o servizo se

prestase a través da antiga liña ferroviaria, desmantelada hai anos coa entrada en servizo do tramo do Eixo Atlántico, que ofrece moi poucas paradas ao día en Ordes e en Cerceda. Mentres que noutras zonas de Galicia, como o treito entre Santiago e Pontecesures, as vellas vías aínda están en servizo e poderían aproveitarse para o servizo de cercanías, nos municipios de Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda a única opción sería prestalo a través da vía actual. A ninguén lle pasa pola cabeza, e incluso é tecnicamente imposible, dotar de novo de raís o vello trazado. Á marxe de se observa demanda suficiente ou non para traer o servizo de cercanías á comarca, Fomento tería que avaliar se o pode compaxinar cos servizos de media e longa distancia e de mercadorías que circulan pola infraestrutura actual. A priori parece factible, pero o inconvinte é que as estacións que quedaron no

Tramo da antiga liña ferroviaria, sobre a que se proxecta unha Vía Verde, en Tordoia

eixo atlántico -unicamente en Ordes e en Cerceda- están a demasiada distancia dos principais núcleos de poboación e quizais precisarían un servizo adicional de transporte por estrada para achegar os pasaxeiros. Máis cómodo para o acceso dos viaxeiros resultaba a anterior liña, con varias estacións e apeadoiros en Cerceda, en Gorgullos (Tordoia) ou na Pontraga (Ordes), construcións que ou ben foron practicamente desmanteladas ou rehabilitadas co propósito de darlles outros usos. A antiga liña ten tamén sobre si

outro proxecto pendente, o de Vía Verde, enfocado ao turismo e con poucos visos de ser realidade a medio prazo. Os servizos de cercanías cobrarían certo interese para comunicar a comarca con Santiago e coa Coruña. O único transporte colectivo existente na actualidade é en autobús, tamén moi limitado nos últimos anos. O sistema metropolitano só chega a Cerceda e a Oroso, con carencias, mentres que Ordes agarda desde hai meses por que a Xunta cumpra o seu compromiso para implantalo.

CASTRO AVOgADOS GONZALO-HENRIQUE CASTRO PRADO Rúa Parque Félix Rodríguez del Fuente - 54, 3 b - 15680 Ordes Avenida Rosalía de Castro 105, baixo - 15706 Santiago de Compostela Teléfonos: 981 594 460 - 981 596 252 - 698 159 678 - Fax: 981 594 460 www.castroavogados.com gonzalo@castroavogados.com

O despacho está integrado por profesionais especializados con ampla experiencia, capaces de ofrecer un asesoramento xurídico áxil, eficaz e personalizado en cada situación

ÁREAS DE PRÁCTICA Dereito Mercantil, Civil, Seguros Dereito Administrativo, Penal Dereito Laboral e Social Familia e Sucesións Contencioso- administrativo, arbitraxes e Xestión recuperatoria de débedas

CObERTURA INTERNACIONAL Ofrece total cobertura internacional cun único interlocutor para o noso cliente, encargándonos da xestión, seguimento e asesoramento integral cos nosos colaboradores no exterior


4

Crónicas - Xullo 2014

Actualidade ORDES

OROSO O goberno prevé que o novo colexio de Sigüeiro funcione desde setembro

Os socialistas intentan que se implante a radioloxía dixital no centro de saúde

A Xunta insiste en que o Concello ou a ANPA asuman o comedor do novo CEIP

Os socialistas de Ordes pídenlle á Consellería de Sanidade que implante o servizo de radioloxía dixital no centro de saúde. Para o concelleiro do PSOE, Xesús Pedreira, tal equipamento “cambiaría totalmente a forma de xestionar, solicitar ou visualizar as imaxes e os informes radiolóxicos que se xerarían en Ordes”. Ademais, segundo o PSOE, implantar ese servizo serviría para axudar a desconxestionar as urxencias do hospital de Santiago e reducir os amplos tempos de espera que deben soportar os doentes. Pedreira explica que se evitaría ter que repetir estudos, co conseguinte aforro económico e a menor radiación para o usuario. O edil recoñece que se trata dun servizo previsto durante o goberno de Emilio Pérez Touriño, que finalmente non se puido poñer en marcha, como si o fixeron un fisioterapeuta, un hixienista dental, a coordinadora de enfermería e diversas novas tecnoloxías.

A Xunta non dá marcha atrás. Pese ás protestas da comunidade educativa de Sigüeiro (Oroso) para que o novo CEIP comece a funcionar cos mesmos servizos de comedor e transporte que o actual, o goberno autonómico segue sen contemplar a xestión autonómica do comedor. Ao contrario, reitera que deberían de ser o Concello ou a Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) quen asuman tal xestión. O goberno autonómico ofrece, eso si, algunha axuda económica para financiar parte do menú escolar. A mensaxe volveuna lanzar a delegada da Xunta na provincia, Belén do Campo, nunha reunión do portavoz do PP de Oroso, José Manuel Balado. A responsable autonómica indicou que “Educación aínda non recibiu ningunha resposta do Concello respecto da xestión do comedor”. E non foi o único recado á administración local. Nese mesmo encontro, tamén se anunciou que o novo CEIP comezará a funcionar en setembro, xa que as obras que dependen

COMARCA

Madrid acepta relaxar as normas de servidume aeronáutica As obras menores que non supoñan un incremento da altura da edificación existente e que non precisen instalar un guindastre para a súa execución van quedar exentas de solicitar permiso á Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), sexa cal sexa a cualificación do chan no que se ubiquen. Deste xeito, reláxanse os criterios de aplicación dun real decreto do Ministerio de Fomento de hai uns meses para zonas de servidume aeronáutica, que ameazaba practicamente con paralizar a construción en boa parte da comarca coas súas obrigas burocráticas. A novidade coñeceuse a raíz unha proposición non de lei e unha pregunta formulada no Congreso pola deputada Rosana Pérez, do BNG, cunha proposta moi semellante á presentada polo concelleiro Pablo Vidal hai uns meses, que recibiu o apoio unánime do pleno ordense. De manterse o criterio inicial, obras como un retellado, unha substitución de fiestras ou arranxos de fachadas, tanto situadas en chan rús-

tico como en chan de núcleo rural, tiñan que solicitar permiso á AESA, estando na zona de afección do aeroporto de Santiago de Compostela. Esto podería retrasar a obtención da licenza en ata seis meses. O Bloque agradeceu o apoio que tivo a súa iniciativa a nivel municipal e tamén “as xestións” da súa representante na cámara baixa. Para os nacionalistas, o avance logrado supón “eliminar un exceso de burocracia para obter este tipo de licenzas e impoñer o sentido común”. No pleno municipal de marzo, a corporación xa se pronunciara nese sentido, nunha sesión na que a portavoz do goberno chegara a calificar de “aberración” a normativa aprobada polo executivo central. Naquel momento, de maneira provisional, AESA suxeríralle ao Concello que solicitase exencións dos núcleos rurais un a un. Entón, desde a axencia non parecían dispostos a admitir unha excepción xeral e semellaban ter vontade de aplicar de maneira estricta o real decreto. Finalmente houbo unha rectificación.

Belén do Campo, delegada autonómica, e José Manuel Balado, concelleiro en Oroso

da Xunta están xa nos derradeiros flocos “quedando só pendentes aquelas que dependen do goberno municipal”. Entre elas, advirte a Xunta, están as conexións exteriores co saneamento, a electricidade e o gas, ou a

alteración da rasante da vía de acceso ao centro para adecuala ao planeamento urbanístico e aos proxectos técnicos. O goberno local dixo sempre que cumprirá a tempo cos seus compromisos.

COMARCA

Medio millón para obras viarias en Cerceda, Frades e Mesía O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade a primeira fase do Plan DTC93 (Deputación para Todos os Concellos), que ascende a uns catro millóns de euros en vinte e cinco concellos. Na comarca ordense, inclúe investimentos por valor de case medio millón nos municipios de Cerceda, Frades e Mesía, con proxectos que atenden preferentemente á reparación da rede viaria. No caso de Cerceda, o plan provincial servirá para investir case 204.000 euros na reparación de beirarrúas na Silva, no arranxo do camiño entre Seixas e Astande (Queixas) e na reparación dunha rúa no polígono, entre outras intervencións. En Frades, o investimento suma uns 132.000 euros, mentres que en Mesía supera os 146.000 euros. Nos dous casos, os Concellos decidiron empregar estes recursos na reparación de diversas pistas e camiños municipais en diferentes parroquias.

Os demais Concellos da comarca (Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) deberán agardar ata a aprobación de novas fases do Plan DTC93 para veren ratificados os proxectos que presentaron ante a entidade provincial. Precisamente en Oroso tiveron que convocar un pleno extraordinario para variar un dos proxectos que presentaran. Se ben nun principio se pretendía intervir na rúa do Lengüelle, finalmente vai ser nas rúas Cega e do Portiño, todas en Sigüeiro. O motivo é que ao Concello non chegou a tempo un informe de Patrimonio da Xunta. O PP de Oroso culpou ao goberno por “falta de previsión”, mentres que o executivo, en mans do PSOE, rexeita tal acusación, explica que tiñan “a palabra de Patrimonio” de que o informe sería a favor e din que o problema estivo en que este ano a Deputación decidiu non admitir documentación adicional unha vez presentado o proxecto.


Crónicas - Xullo 2014

5

Actualidade OROSO Mirás di estar tranquilo e Siverio agarda que remate a “impunidade total”

ORDES

A xuíza Pilar de Lara pide o contrato do Concello de Oroso con Aquagest

A XXII Feira de Cans de Caza do Mesón do Vento celébrase os días 26 e 27 de xullo

O xulgado de Lugo encargado da Operación Pokémon requeriulle ao Concello de Oroso que lle facilite a Vixilancia Aduaneira o contrato de subministración de auga e da rede de sumidoiros coa empresa Aquagest. A administración xudicial pediu o expediente “orixinal e íntegro”. Nunha provindencia do 9 de xullo, o xulgado insta tamén ao Concello a informar “sobre a existencia de calquera outro contrato/convenio/obra adxudicada” a Aquagest “achegando, se é o caso, copia dos contratos e pagamentos realizados por estes”. Require ademais a documentación “de todos os pagamentos efectuados” pola administración municipal á empresa.

A XXII Feira de Cans de Caza do Mesón do Vento vaise celebrar a vindeira fin de semana, os días 26 e 27 de xullo. A organización leva xa varias semanas ultimando todos os preparativos dun evento que, tal como destaca, é a maior exposición deste tipo no ámbito de todo o territorio noroeste español. Os interesados en expoñer camadas poden reservar o seu espazo no 689 550 728. A feira contará tamén co postos nos que se venderán produtos relacionados coa crianza de cans e coa práctica cinexética. O programa tamén inclúe probas para seleccionar os mellores exemplares nas modalidades de rastro de xabarín ou no campionato de mostra de pluma por tempos. Tamén se distinguirán os mellores exemplares de cada raza presentes na feira e recibirán homenaxe as mulleres cazadoras. Os locais do Mesón ofrecerán pratos elaborados con carne de caza.

TRANQUILIDADE O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, reaccionou a estes feitos amosando a súa “total tranquilidade” e matizando que “a investigación aberta é sobre a empresa Aquagest, non sobre o Concello de Oroso”. O rexedor defendeu que todas as adxu-

dicacións fanse “sempre seguindo procedementos legais e transparentes” e anunciou a “absoluta colaboración co xulgado” para remitirlle a documentación canto antes. Mirás expuxo que “os contratos establecidos con Aquagest sempre se realizaron despois do correspondente procedemento aberto e de libre concorrencia de ofertas” e bota man dunha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimando o recurso da outra empresa aspirante a facerse co contrato, Espina & Delfín, para dicir que a xustiza “corroborou a correcta actuación do Concello”. O primeiro edil pediulles ademais “tranquilidade” aos veciños e advertiu de que “haberá quen trate de terxiversar todo para usar esto como arma política”. “Trama” O portavoz do Partido Galeguista, Siverio Mirás, asegura que “eu fun quen me presentei diante da xuíza e entregueille documentación do Con-

cello”, farto de que outros organismos como a Fiscalía ou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non atendesen as súas denuncias e mantivesen unha “impunidade total” para o goberno de Oroso. Para Siverio, a petición do contrato con Aquagest é “unha mostra máis da trama montada aquí desde a moción de censura, con clientelismo e contratacións a dedo”. Cre que no goberno, con maioría absoluta do PSOE, “están desesperados e váiselles da man o control do Concello”. O edil agarda que a xuíza “sexa honrada e valente” e non dubide en aplicar a lei. Na versión de Siverio, no concurso da auga e o saneamento Espina & Delfín ofrecía a proposta máis vantaxosa, con mellores tarifas e 953.000 €, 40.000 máis que Aquagest. Pero, engade, foi declarado deserto nun principio para despois “ser adxudicado a dedo [a Aquagest] polo alcalde en prexuízo dos veciños”. Segundo cre, tampouco se xustificaron os investimentos.


6

Crónicas - Xullo 2014

Actualidade OROSO

COMARCA Ordes difunde imaxes de edís con lampos nunha pista chea de maleza

O Concello pronúnciase contra o cambio de parada do autobús na avenida da Grabanxa

Desbroces a man e desbroces a máquina

O Concello de Oroso reclamoulle á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta que non altere a ubicación da parada do transporte metropolitano na avenida da Grabanxa. A administración autonómica tramita o expediente de modificación das condicións da explotación da liña regular de viaxeiros entre Santiago e Oza dos Ríos por parte de Autos Grabanxa, no que figura esa variación, e o goberno local presentou alegacións. A nova pretensión é trasladar a parada aos números 25-27 da avenida. Actualmente está no número 9-11 e antes estivera na Praza da Foca. O alcalde, Manuel Mirás, asegura que “hai razóns tanto de interese público como económicas” para manter a ubicación actual e expón que cambiar a marquesiña implicaría “un prexuízo económico” para o Concello. O cambio prodúcese por unha denuncia presentada por Monbús por ver a parada moi próxima á N-550, na que presta servizo.

Concelleiros en limpeza manual

Marxes dun camiño de Frades recén desbrozado polo tractor municipal

A chegada do verán é o momento no que os Concellos apuran as tarefas de limpeza das súas pistas e áreas naturais. Agora ben, hai formas e formas. E as diferencias de procedemento parecen depender do territorio no que se observe. Así, mentres practicamente todos os Concellos sacaron nas últimas semanas os seus tractores de desbroce (propios ou contratados) para ade-

centar os seus viais e de paso evitar risco de incendios, en Ordes optaron a maiores por métodos máis rudimentarios. O grupo de goberno non tivo empacho en difundir unha imaxe de varios dos seus concelleiros, lampo e bolsa negra do lixo en man, limpando o roteiro de Buscás. Quizais os integrantes do executivo ordense non arrasaron demasiado coa maleza, pero nas redes so-

COMARCA Os axentes forestais critican a "amalgama" de medios para a extinción

Xunta e goberno central ven "vital" que todos os entes cooperen contra o lume Aínda que o verán comezou con temperaturas baixas e chuvias, o certo é que xa estamos en época de risco alto de incendios. As administracións escenifican os seus dispositivos contra o lume, pero á vez prodúcense voces críticas que cuestionan o deseño e distribución dos medios. A comezos de xullo, reuniuse a comisión provincial de coordinación policial de loita contra incendios forestais, con representantes das administracións autonómicas e central e das forzas de seguridade. Fixeron fincapé na "importancia de manter a coordinación entre a Xunta e o Goberno central" para aminorar o número de lumes e a superficie queimada. "É vital a cooperación de todos os axentes implicados", en palabras da delegada provincial da Xunta, Belén do Campo. AXENTES FORESTAIS No sector, un dos principais obstáculos para lograr esa boa coordinación veno xusto no deseño do plan contra incendios Pladiga. A Asociación Profesional de Axentes Forestais

Roda de prensa da Asociación de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia

e Medioambientais de Galicia (Aprafoga) cre que "a amalgama de medios condiciona seriamente as tarefas de extinción". Explican este colectivo que das 589 brigadas en toda Galicia só un 21% pertencen á administración autonómica, a que posúe as competencias en incendios, e con parte das prazas sen cubrir.

Máis da metade do operativo do Pladiga son brigadas municipais, das que a miúdo se descoñece que selección de persoal fan e nas que se observan carencias de formación, experiencia e equipamentos, segundo a asociación dos axentes forestais galegos, que promete profesionalidade e pide precaución.

ciais si triunfaron co seu desbroce slow, para ben ou para mal. Certo é que o Concello está traballando con máquinas nas diversas parroquias, sobre todo coas habituais limpezas previas ás festas. Pero non o é menos que nos últimos anos se acumulan as queixas porque en moitos camiños de parcelaria case non se pode pasar. E quizais non o solucionen un concelleiro e un lampo.

Anuncian denuncias “sistemáticas” por fincas sen limpar próximas a vivendas O secretario xeral de Medio Rural e Montes da Xunta, Tomás Fernández-Couto, anunciou que a Xunta denunciará “sistematicamente” os propietarios de terrenos que non limparan de biomasa vexetal os 50 metros do perímetro de vivendas, como medida de prevención de incendios. O cargo autonómico asegura que este verán, unha vez rematadas as tarefas de apagamento dos lumes, examinarán “unha a unha” as parcelas para determinar cales estaban sen limpar e denuncialas “en todos os casos”. Fernández-Couto lembrou tamén que os Concellos teñen un papel “subsidiario” nos labores de desbroce se os propietarios non exercen a súa obriga legal. Deste xeito, as administracións locais teñen que proceder á limpeza e despois cárganlle o custo das tarefas aos propietarios dos terreos.


Crónicas - Xullo 2014

7

ESPECIAL

A tella Verea, agora tamén plana Verea é, a día de hoxe, o referente cerámico en tella curva, tanto coa tradicional tella árabe coma coa tella S. Dende o pasado mes de maio, dispón tamén da súa novidosa Tella Plana Verea. Co fin de satisfacer as necesidades e os gustos dos clientes, o Departamento de Innovación de Verea deseñou unha tella totalmente plana, de liñas puras e elegantes, que permite imitar acabados de lousa ou madeira coas vantaxes dun produto cerámico. Un dos aspectos clave para o éxito da nova Tella Plana Verea é a súa facilidade de instalación. Trátase dunha tella con encaixe, cuxo deseño permite que a lapela non sexa fixa, polo que se adapta a calquera tipo de cuberta e malia a súa lixeireza presenta unha gran resistencia mecánica. A tella plana Verea é unha tella totalmente plana, de líñas lisas e elegantes

A Tella Plana Verea é de moi doada instalación e o seu deseño permite que se adapte a calquera tipo de cuberta

Verea desenvolveu tamén as pezas especiais necesarias para a completa instalación do tellado plano: remates laterais; inicios; tapóns e encontros a tres e catro augas. Mercados tan esixentes como Estados Unidos certificaron a alta calidade da Tella Plana Verea, superando os controis para a certificación no Miami Dade County de Florida, onde ademais se clasificou como grao 1 pola súa baixa absorción de auga. Ademais do mercado nacional, a Tella Plana Verea ten como destinos principais China, Corea, Reino Unido, Caribe e Estados Unidos, onde xa se instalaron con grande éxito numerosos tellados.

O tellado e o clima Tanto na construción dunha vivenda nova como na rehabilitación da actual, o deseño do tellado debe buscar a adaptabilidade deste ás inclemencias climatolóxicas ás que vai estar sometido. Por iso é fundamental non só a elección dos mellores materiais senón tamén a forma de instalalos. Verea fabrica tellas pensadas para as especiais características do clima galego e proporciona as pautas de instalación para garantir a durabilidade do tellado:

Vista dunha das liñas de fabricación de Verea

1.- En canto a elección dos materiais: As frecuentes xeadas galegas danan fortemente os elementos construtivos. Verea ofrece as tellas con maior resistencia á xeada do mercado español, que superan os 1500 ciclos de xeodesxeo, cando o nivel máis alto establecido na norma europea é de 150 ciclos

Non obstante a correcta instalación das tellas realízase con escuma de poliuretano e ganchos. A utilización de morteiro na instalación pode provocar futuros desconchamientos nas tellas, problemas de ventilación da cuberta que poden dar lugar a condensacións, así como levantamento e deslizamento das tellas pola perda de adherencia que o morteiro ten co paso do tempo.

En zonas de chuvia abundante, a lei obriga a que o tellado teña unha inclinación mínima do 32% para tella cerámica. Co Verea System, a evacuación de augas é igualmente correcta con pendentes mesmo inferiores (dende un 26%).

Evitando o uso do cemento ou morteiro e utilizando elementos de ventilación axeitados minimízase a formación de condensacións e a aparición de mofos e fungos.

A alta calidade da tella Verea, número 1 en resistencia 2.- En canto ao sistema de á xeada, e a idoneidade da instalación (Verea System): instalación do tellado co VeAínda quedan en Galicia te- rea System, garanten o prollados instalados con morteiro. duto 35 anos.


8

Crónicas - Xullo 2014

Actualidade ORDES

FRADES Custou 1,3 millóns de euros e pode dar servizo ata 600 habitantes

Condeas de prisión para quince dos procesados por difundir un vídeo persoal hai dez anos

Entra en servizo a depuradora de augas residuais da Ponte Carreira

Xa hai sentenza polo caso da difusión pública dun vídeo persoal en Ordes, sen consentimento da súa propietaria. Dos dezaoito acusados inicialmente, a tres retiráronlles as acusacións e os outros quince recibiron penas de prisión. De todos os xeitos, ningún deles terá que pisar o cárcere, xa que as penas van desde os sete ata os vinte e un meses. As condenas víronse reducidas polo retraso que experimentou o proceso xudicial, xa que se trata de feitos que sucederon hai practicamente unha década. Entre 2004 e 2005 difundiuse en varios locais públicos da vila un vídeo privado, con contido erótico, sustraído dun ordenador que a súa propietaria levou reparar. A vítima, que borrara o vídeo pero non o eliminara por completo da papeleira de reciclaxe da computadora, sufriu graves danos psicolóxicos e dificultades para as relacións sociais, e tivo que marchar vivir fóra de Ordes a raíz do suceso. A maior condena recae no responsable da tenda de informática, cun ano e nove meses de prisión e a indemnización de 15.000 euros á afectada. A Audiencia Provincial da Coruña considera que cometeu un delito de descubrimento e revelación de segredos. Deberá pagar tamén os gastos para suprimir as imaxes nas webs onde aínda podían ser vistas, ata un máximo de 5.000 euros. Outros tres procesados -o que distribuiu o vídeo na piscina municipal, sen que se demostrase que recibise cartos a cambio, o que reproduciu o vídeo nas dependencias de Protección Civil e dos Bombeiros, e o que subiu o vídeo a internet identificando a vítima- reciben unha pena de once meses de prisión e unha multa de 1.800 euros. e aos once acusados restantes correspondéronlles penas de sete meses de prisión, tamén como autores responsables dos delitos de descubrimento e revelación de secregos. Teñen que pagar ademais unha multa de 1.800 euros. A fiscalía solicitaba nun principio penas de entre dous e oito anos de prisión e a acusación particular pedía entre tres e dez anos. Ao remate do xuízo, ambas as dúas decidiron retirar as súas imputacións contra tres dos dezaoito acusados.

A estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Ponte Carreira, en Frades, xa entrou en funcionamento. Foi inaugurada nun acto con presencia da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde de Frades, Roberto Rey, entre outros. A conselleira explicou que a depuradora serve para ofrecer un servizo de saneamento axeitado en boa parte da parroquia de Gafoi e en parte da parroquia de Ledoira. Evitaranse así verteduras de residuos ao río Tambre. A mellora da calidade das augas do río foi un dos aspectos destacados polo rexedor fradense na súa intervención. Roberto Rey aproveitou para pedir que tras este investimento, de 1,3 millóns de euros, o departamento de Medio Ambiente da Xunta prosiga con novos proxectos como o punto limpo que Frades compartiría con Mesía e o abastecemento de auga ás parroquias de Moar e de Añá. Tamén interviu o ex alcalde, Mi-

Inauguración da nova depuradora, á que acudiu a conselleira Ethel Vázquez

guel Prado, que mencionou os beneficios que podería traer para o municipio o Plan Xeral de Ordenación Municipal, en tramitación desde hai un lustro e en espera de aprobación. A OBRA A nova estación depuradora implicou construír 5.750 metros de

rede de saneamento en Gafoi, a conexión da rede que xa había en Ledoira coa depuradora, unha rede de augas pluviais e a reparación de varios colectores. A capacidade xeral do novo equipamento é de ata 600 habitantes. Tratará un caudal medio de 8,5 m3 de lodos á hora e un máximo de 20 m3 por hora.

COMARCA O festival de música electrónica dana o recinto contiguo ao Aquapark

Os Concellos poñen ao día as súas infraestruturas lúdicas para o verán

A piscina municipal de Oroso, situada en Sigüeiro, estreou xogos acuáticos infantís

Aínda que o verán comezou a tropezóns e sen invitar moito ao baño nin a outras actividades ao aire libre, os distintos Concellos da comarca prepararon as súas infraestruturas lúdicas para o verán, cunha posta xeralizada ao día e coas intervencións

de mantemento oportunas. Un dos casos significativos é a piscina municipal do Muíño, en Ordes. Abriu con céspede artificial novo en todo o solario. É unha cuestión que fora demandada en reiteradas veces polo BNG, desde a oposición, á que

o goberno local sempre contestara que se instalaría a tempo e correctamente para a tempada de baño. En Oroso, a novidade máis vistosa é unha zona de xogos acuáticos a carón da piscina, dentro dun grupo de actuacións nas que o Concello investiu 39.000 euros e que tamén inclúen a posta a punto das instalacións e do vaso da piscina. Os demais municipios teñen tamén xa abertas e en pleno uso as súas piscinas. Por suposto, tamén o parque acuático de Cerceda, aínda que o seu recinto contiguo sufriu considerables desperfectos despois da masiva afluencia de público ao festival de música electrónica Freelive. Do céspede case non quedou rastro e o Concello solicitoulle o pago do arranxo á organización do evento. Ademais das piscinas, tamén son moi socorridas para os días de estío as áreas recreativas en espazos naturais. En xeral, presentan todas unhas óptimas condicións de uso, tras as tarefas de limpeza e acondicionamento das últimas semanas.


Crónicas - Xullo 2014

9

Actualidade ORDES A conta xeral de 2013 foi aprobada polo goberno, o PSOE e CIDEGA

ORDES

O Concello de Ordes debe 581 euros por habitante, un 16% menos que en 2012

Amplían o parque infantil do paseo fluvial, con máis xogos e adaptado á normativa

A débeda do Concello de Ordes a finais de 2013 situouse en 581,46 euros por habitante. De todas as cifras que contén a conta xeral de 2013, resulta unha das máis rechamantes e ademais é das poucas nas que coinciden o goberno e a oposición real. Eso si, o executivo salienta que baixou un 16% con respecto a anos previos, e o PP incide en que é unha cifra moi superior á media da comarca. O documento contable foi aprobado por UXO e polos edís do PSOE e de CIDEGA. Non o admitiron PP e BNG. Para a portavoz do goberno, Silvia Marín, as contas saíron “reais e equilibradas” e marcan unha traxectoria correcta para reducir a débeda e acadar a estabilidade orzamentaria. Como mostras de mellora, Marín citou que 2013 rematou cun superávit próximo aos 1,4 millóns de euros e cun remanente de tesourería algo inferior aos 1,2 millóns de euros. En cambio, o PP aprecia un endebedamento “elevado”. Sen negar que baixase, afirma que está nos 6,6 millóns de euros de débeda viva a en-

tidades bancarias, aos que habería que sumar débedas a curto prazo. O portavoz do principal grupo da oposición, José Luis Martínez Sanjurjo, considera que a conta xeral evidencia “a improvisación e a falta de rigor” do goberno de Regos. Segundo el, hai unha “nula planificación presupostaria” con “constantes desaxustes”. PLANIFICACIÓN Entre eles, Martínez Sanjurjo expón que durante 2013 investíronse por parte do Concello 1,8 millóns de euros, cando nun principio se programaran 4,4 millóns e incluso despois se chegaran a elevar a 5,4 millóns. Ademais de ser un terzo menos do previsto, é unha cifra en “retroceso”. O PP explica que o investimento por habitante caeu desde os 338 euros de 2009 ata os 141 do ano pasado. O PP contrapón esa caída de investimento co incremento dos impostos municipais, que sitúan nun 56,63% máis desde 2007, pasando duns 227 euros por persoa entón ata os 355 euros de 2013, segundo os

seus datos. Os conservadores pediron ademais explicacións sobre “irregularidades” como o pago de facturas dun festival musical que non se chegou a celebrar, a “ausencia de fiscalización dunha factura por traballos que deberían ter sido licitados” ou o pago “indiscriminado” de complementos de produtividade e gratificacións. O BNG incidiu na falta de investimentos, que atribúe á xestión económica dos últimos anos, e asegurou que “a débeda redúcese grazas a non ofrecerlle servizos aos cidadáns”. Como réplica, tanto ao Bloque como ao PP, Silvia Marín defendeu que o descenso dos investimentos é “unha constante xeralizada en calquera municipio” a causa da crise. A portavoz do goberno advertiu ademais de que a oposición compara a situación actual co “periodo de maior investimento en Ordes”, coa coalición gobernando o Concello e o bipartito na Xunta. Tamén reprochou a falta de apoio do goberno autonómico actual.

Derradeiros traballos de instalación

O parque infantil do paseo fluvial de Ordes foi ampliado. O novo espazo complementa o existente ata agora con xogos como novas randeeiras. A súa superficie é de chan areoso, e segundo o Concello “cumpre con todas as normativas de seguridade esixidas por lei”. Para a delimitación perimetral, instalouse un valado de madeira, escollido para integrarse na área natural na que se ubica. O goberno lembra que o paseo fluvial, inaugurado en 2009, é un dos espazos lúdicos preferidos polos veciños, con dotacións como merendeiros, aparatos de ximnasia e un recinto pechado con animais.


10

Crónicas - Xullo 2014

Economía MESÍA

LEITE Os prezos en Galicia volven estar moi por debaixo dos de toda España e a UE

Fenosa renuncia a construír o parque eólico por mor dos cambios normativos

A suba da produción, con récord en maio, fai temer unha supertaxa

Gas Natural Fenosa renunciou a construír o parque eólico que tiña programado en Mesía. Ía contar con seis aeroxeradores de 99 metros de altura, cunha potencia total de 18 MW. Denominado Mesía-Santa Cristina, estaba orzamentado en 24,1 millóns de euros. A renuncia forma parte da reprogramación de proxectos da compañía eléctrica, que a levan a desistir de preto do 40% da potencia obtida no concurso eólico da Xunta en 2010. Na provincia coruñesa, tamén caen dos plans de Gas Natural Fenosa un parque de 30 MW en Vilasantar e outro de 12 MW en Toques. A empresa xustifica a decisión na “falta de viabilidade económica” tras o novo marco regulatorio que define a retribución da xeración eólica. Así, agora desenvolverá 198 dos 339 MW que obtivera da Xunta de Núñez Feijóo en 2010, no concurso que anulou o anterior do bipartito, á súa vez validado despois pola xustiza.

A desaparición do sistema de cotas no sector leiteiro, prevista para 2015, está acelerando xa a produción e fai temer a imposición dunha multa a España por sobreprodución, a coñecida como supertaxa. Galicia xa acadou en maio un récord de entregas de leite, con 230.000 toneladas, o que equival a un 10% máis que o mesmo mes do ano pasado. Ademais da multa, no sector advirten de que a situación vai levar a un “asolagamento” do mercado, que podería incluso desbordar a demanda existente e derivaría nunha baixada de prezos aínda maior que a que se produciu nos últimos meses. Neste sentido, cómpre indicar que en maio o leite galego cotizou en orixe a 35,5 céntimos por litro, cando en xaneiro estaba en 39,2. O prezo medio galego é agora tres céntimos por litro inferior ao do conxunto de España e ata cinco céntimos menos que en Alemaña ou Francia. Os tres principais sindicatos agrogandeiros (SLG, UUAA e XXAA) analizaron este panorama e xa demanda-

HORTA

Ferramenta informática contra a “volatilidade” de prezos

Unha xornada avalía o potencial hortícola da comarca ordense

Os sindicatos agrarios cren que a administración non aproveitou a boa conxuntura

ron a convocatoria urxente da Mesa do Leite. Estes días vanse reunir coa conselleira co propósito de “evitar unha nova crise no sector”. As tres entidades acusan á administración de “incumprir” os acordos acadaos a finais de 2012 co sector. Aseguran que nos últimos dezaoito meses “houbo unha boa conxuntura que a Xunta non soubo aproveitar”

A Consellería de Medio Rural asegura que unha das súas principais apostas contra a “volatilidade dos prezos do leite” é a de establecer contratos de longa duración nos que o prezo estea referenciado. A tal fin, recentemente presentou unha aplicación informática, chamada Xacobea, coa que afirma que pon a disposición do sector “ferramentas que axuden a ter marxes de explotación máis elevados”.

para establecer mecanismos eficaces que permitan garantir uns prezos dignos, para evitar que as industrias impoñan “unilateralmente” as súas condicións nos contratos de compravenda, ou para incentivar o relevo xeracional no sector agrogandeiro, que nos próximos cinco anos se enfrontará á xubilación do 40% dos seus profesionais en Galicia.

A directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, explicou que este instrumento pode ser empregado de xeito voluntario por calquera das partes que interveñan na negociación de prezos. Xacobea, que se pode obter na web da Consellería, é configurable para cada caso. Para os sindicatos, é un instrumento que “naceu orfo” por non existir leis que obriguen a cumprir os índices de valor para o leite.

CERCEDA A empresa reestrutura as súas instalacións con axudas europeas Intervención de poñentes na xornada

Unha xornada informativa avaliou en Ordes a potencialidade hortícola da comarca. Foi unha actividade orientada especificamente a produtores de grelos e participaron unhas vinte persoas. Os distintos poñentes -socios, xerentes e técnicos de cooperativas- expuxeron as características dunha cooperativa agraria, de traballo asociado e de explotación comunitaria da terra. Como é lóxico, detíveronse con maior detalle na produción, distribución e comercialización de grelos. A xornada foi organizada polaAsociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) e a Xunta, e contou coa colaboración da Mancomunidade e do Concello.

Portomuíños, innovación desde o mar

As instalacións da compañía en Cerceda recibiron a visita da conselleira Quintana

A empresa Portomuíños, con instalacións en Cerceda e dedicada á transformación e comercialización de produtos do mar de alta gama, acaba de reestruturar a súa factoría para reforzar a súa competitividade. Ademais, está inmersa en varios proxectos de I+D para crear novos produtos a partir de algas e novidosas receitas culinarias de conservas. Por proxectos como eses, durante os últimos tres anos Portomuíños obtivo uns 400.000 euros en axudas procedentes do Fondo Europeo da Pesca. Así o explicou a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, durante unha visita á empresa na que destacou o seu “carácter innovador e a aposta polo aproveitamento dos recursos mariños.


crónicas - Xullo 2014

11

ecONOMíA COMARCA O sector comercial ve razóns para un “optimismo moderado”

Gasto medio de entre 40 e 50 euros por persoa nas rebaixas de verán O comercio local está en plena tempada de rebaixas de verán, aplicando interesantes reducións de prezo sobre artigos que manteñen a calidade do resto do ano. A previsión da Federación Galega de Comercio é a dun gasto medio de entre 40 e 50 euros por persoa en Galicia. No conxunto de España, estímase que o gasto chega a 76 euros por persoa. Boa parte dos establecementos manteñen o periodo tradicional de rebaixas, do 1 de xullo ata finais de

agosto, pese a que a normativa permite agora facer descontos libremente fóra dese periodo. Estas primeiras semanas foron as máis decisivas para as rebaixas, que o sector afrontou con “optimismo moderado”. Os indicios son os dunha recuperación da confianza por parte dos consumidores, e agora agardan que se deixe notar nas vendas, sobre todo co incentivo dos descontos. De todas maneiras, a federación de comercio prefire ser cauta porque

o Instituto Nacional de Estadística (INE) certificou unha caída do 1,1% das vendas no sector en Galicia durante o pasado mes de maio. A organización asegura que as rebaixas comezaron maioritariamente nun rango de entre o 20 e o 50%. Segundo os estudos que manexan, as rebaixas estivais supoñen do 15 ao 20% da facturación anual do sector. Os artigos máis demandandos son os do comercio téxtil, aínda que tamén se contempla un repunte no cal-

zado e nos complementos, que de todas maneiras dependen máis da meteoroloxía.

Natalia (Aurelio) “No estoy comprando mucho en las rebajas, aquí en Dress me parecen excelentes. Las veo mejor que en 2013, aunque ahora la época de rebajas se nota menos que antes”

Rocío (H20) “Son unas buenas rebajas, en la misma línea que el año pasado. Se hacen descuentos en otros momentos, pero la gente siempre tiende más a las rebajas, se sigue notando su momento”

A moda é a estrela das rebaixas

E A TI, QUE CHE PARECE? Bea (Dress Ordes) “Estamos teniendo buenas rebajas, aunque más o menos son como las del año pasado. Y las rebajas siguen siendo las rebajas, fuera de esa época son descuentos puntuales”

Nansi (Locuras) “Son unas buenas rebajas, similares a las de 2013, la misma clientela y todo. La gente aprovecha para tantear unos días antes y luego viene. Antes no lo hacía tanto”

maría viña NUTRICIONISTA

Telf: 639 314 732 Rúa da Saúde 11. CARBALLO Rúa Agra dos Cregos, sn. ZAS carballozas@marianutricionista.com

Dietas online

Telf: 881 124 017 Rúa Canteira 11 bajo 15680 ORDES (A Coruña) ordenes@marianutricionista.com

Dietas de adelgazamento, patoloxías e estados fisiolóxicos • Acido úrico/gota • Patoloxías gástricas (hernia de hiato, refluxo gastroexofáxico, gastritis.....) • Pataloxías intestinais (colon irritable, diverticulose, colite ulcerosa....) • Diabete • Hipertensión • Colesterol / Triglicéridos • Menús para garderías e escolas • Nenos e adolescencia • Embarazo • Terceira idade • Deporte • Pacientes anticoagulados (SINTROM) • Alerxias alimentarias

www.mariaviñanutricionista.com


12

Crónicas - Xullo 2014

Actualidade ENTREVISTA Ramón Vilar Landeira, xornalista e escritor de Cerceda, autor de ‘Os televisores estrábicos’

“Non hai máis que unha vida e hai que vivila de pé” O xornalista e escritor Ramón Vilar (Rodís, 1973) acaba de publicar ‘Os televisores estrábicos’ (Edicións Xerais), a súa primeira obra literaria. - Se nos permite unha broma molesta para empezar, que fai un de Cerceda escribindo en vez de traballar na térmica ou na incineradora? É dicir, cando e como lle agroma a vea literaria? - A primeira pregunta xa bota fume (risas). Cerceda debe ser agora mesmo un dos municipios rurais con máis pulsión creativa: grupos de rock senlleiros, xente dedicada profesionalmente á programación cultural, ao audiovisual, á fotografía artística... Reducir Cerceda a unha incineradora ou unha térmica é como pensar que na Coruña o único de interese é a refinaría. Sempre me apaixonou a lectura e levo escribindo dende que era pouco máis que un adolescente. - ‘Os televisores estrábicos’ leva varias semanas no mercado. A acollida supera as súas expectativas? - Pois a verdade é que non imaxinaba que ía ter esta repercusión. No primeiro mes nas librarías (xuño) foi un dos tres libros máis vendidos en galego e isto é algo que non me explico porque nunca considerei que fose unha obra con demasiado tirón comercial. - Este é o seu primeiro libro publicado. Ata agora non tiña nada que lle apetecese publicar, faltáballe valor para publicalo, ou simplemente non aparecera a ocasión? - Pois simplemente non estaba suficientemente satisfeito coas creacións que ían xurdindo. Ao longo destes anos houbo moitos relatos e máis dunha novela que remataron na papeleira porque consideraba que non pagaba a pena intentar publicalas. Hai algo máis dun ano mandei por vez primeira este traballo a Edicións Xerais e a miña sorpresa foi ver que estaban moi interesados en apostar polo libro. - ‘Os televisores estrábicos’ é un feixe de relatos con personaxes que levan con máis ou menos dignidade diversos fracasos vitais ás súas costas, sen oportunidades de remontar nun panorama tan desesperante como o actual. A idea do libro é que non hai nin horizontes para enxergar unha saída positiva? Ou queda esperanza na deriva, como di a canción? - Por suposto que hai esperanza. Ninguén dixo que vivir fose fácil mais, a pesar de todos os atrancos, a vida é incrible, probablemente non haxa

Vilar recoñece que non contaba coa repercusión do libro, un dos tres en galego máis vendidos en librarías durante o mes de xuño

máis que unha, e hai que vivila de pé. sendo o último relato. Pensaba en reÉ un libro que fala de fracasos: econó- latos curtos que fosen pequenos flasmicos, amorosos, vitais, sociais... pero hes e que collesen un sentido maior que sempre deixa aberta a porta. Os ao formar o conxunto. televisores estrábicos intentan emi- Grandil, o lugar imaxinario no tir historias dun mundo que está in- que acontecen os relatos, ben podemerso en profundas mudanzas. rían ser Cerceda, Ordes ou Sigüeiro? - A crise acabou ata co dereito a - Grandil é unha parroquia rural perder? que ben podería ser Rodís, Montaos, - O peor desta crise é que nos fixe- Abellá, Restande ou calquera doutra ron crer que fomos os culpables e comarca. É un lugar ficticio que está non os que movían os fíos dende as relativamente preto da cidade e é taalturas. É difícil imaxinar maior per- mén a crónica dun mundo (o rural) versión. Agora a culpa do que está a que nos últimos 30 anos sufriu uns pasar parece que cambios tan profoi das familias “O peor desta crise é que fundos como vernormais que as- nos fixeron crer que fomos tixinosos. piraban a ter o - Vostede traseu mes de vaca- os culpables e non os que ballou durante cións, unha sani- movían os fíos nas alturas” anos no eido do dade de calidade, xornalismo. Que unha educación digna para os seus fi- ten de xornalística esta obra? llos... Mentres, determinada elite que - Levo máis de 12 anos vinculado saqueou caixas, defraudou millóns e ao xornalismo e sigo mantendo colabaleirou as arcas públicas quere apli- boracións con medios escritos, aínda car a máxima de privatizar os benefi- que agora dirixo unha empresa con cios e socializar as perdas. Perdedo- outro compañeiro especializada tares somos a inmensa maioría e aos mén na área educativa e cultural. Evigañadores nin os coñecemos. dentemente o xornalismo latexa no - Por que unha serie de relatos seo do libro. Hai moitos relatos que illados, que non inconexos, e non son a cara B da noticia, esa que non unha novela na que interrelacionen aparece case nunca nos titulares. directamente eses personaxes? - Intuímos que o estrabismo dos - Quería facer un libro de relatos televisores é en xeral o dos medios que tocasen fragmentariamente a de comunicación, a forma en que realidade, aínda que finalmente tive- recrean e trasladan a realidade, insen todos algo que os unise, que vén cluso dándolle as costas, con filtros,

perversións, baixo presións... Foi esa a súa experiencia no xornalismo? Lémbraa con amargura? - Os medios de comunicación están a vivir tamén a súa particular crise. Unha sociedade libre necesita xornais, televisións e radios que sexan plurais que fuxan do pensamento único e que contribúan a ter unha poboación realmente informada e con criterio. Evidentemente, o poder, non só o político, tamén o financeiro, intenta domesticar os que non comungan coa verdade oficial. Logo non debemos esquecer que os medios son empresas e que teñen os seus intereses. Se souberamos quen son os propietarios comprenderiamos mellor o porqué de moitas informacións e o porqué dalgúns silencios. Dito isto, para min os anos en primeira liña xornalística foron marabillosos. Evidentemente que hai presións e momentos complicados, pero tamén este é un oficio que che permite coñecer persoas incribles, a maioría das veces xente do común que habitualmente non é a protagonista das informacións. - Prepara xa novas obras? Daralle saída a algún texto que xa teña rematado á vista da boa acollida de ‘Os televisores estrábicos’? - Cousas en mente hai xa algunhas, pero présa ningunha. A literatura, como a vida, ten os seus tempos.


crónicas - Xullo 2014

13

XeNte de Aquí

coorudene sels o

Muebles de Cocina Fuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29 Móvil: 629 808 796 couselo cocinas@telefonica.net

15680 ORDES A Coruña

Electrodomésticos Alfonso Senra, 116 Tel: 981 68 08 09

ORDES O certame entregou tamén premios aos clientes que puntuaron as tapas

ORDES

Os bares Abacco, doniña e Rincón do Pincho, gañadores do concurso de tapas

Maioría de aprobados no curso municipal para a obtención do graduado en ESO

O Concurso de Tapas de Ordes, que este ano celebrou a súa primeira edición, xa ten gañadores. O primeiro establecemento clasificado foi o Abbaco, seguido do Bar Doniña e do Rincón do Pincho. A proposta do gañador foi unha tosta de bacallau gratinado de ali oli, unha ensalada de tempada e un biscoito de chocolate bañado en salsa de chocolate. É practicamene un menú concentrado nunha tapa. O segundo premio, do Bar Doniña, recaeu nunha receita de milfollas de mar e mexillóns ao estilo Delia. E o terceiro, presentado polo Rincón do Pincho, foi un osobuco de porco ao forno e tripas de porco con patacas, quizais o máis tradicional de todos. O certame contou con quince establecementos participantes. Vai contar cunha segunda edición, á vista da “gran participación e involucración” por parte de veciños e visitantes que observou a organización. Ademais de recoñecementos para os locais que concursaron, tamén se entregaron premios aos clientes que

Entrega de diplomas e calificacións

Acto de entrega dos premios da primeira edición do concurso de tapas de Ordes

votaron polas súas tapas preferidas. O primeiro premio consistiu en 200 euros, unha cea na casa rural Antón Veiras de Poulo e un surtido de botellas de licor. Tocoulle a Raquel Martín Rodríguez. O segundo premio, 150 euros e dúas botellas, foi para Cristina Vilariño. E o terceiro premio, consistente en 100 euros e unha botella, para María del Mar Carneiro.

Entrega do primeiro premio

A maior parte da vintena de persoas que participaron no curso de preparación para a obtención do graduado en ESO do Concello de Ordes aprobou. Na área científico-tecnolóxica foron o 60%, na lingüística o 70% e na social o 90%. Son índices moi superiores á media, xa que por exemplo en Santiago os aprobados ficaron no 11%, 25% e 26%. A tenente de alcalde, Silvia Marín, acudiu a entregar os diplomas e calificacións, felicitou polos resultados acadados, destacou o esforzo do alumnado e a calidade do curso, e animou a participar no próximo de bacharelato.


Crónicas - Xullo 2014

14

xente dE aquí OROSO

TRAZO

Celébrase o segundo festival folclórico ‘Parque do Carboeiro’

Os cativos do PAI celebran a fin de curso cunha festa

Néboas no Cumio, desfilando polo paseo fluvial da capital de Oroso

Os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia, sen tempo a aburrirse

A segunda edición do festival folclórico ‘Parque do Carboeiro’ ofreceu en Sigüeiro (Oroso) as actuacións de Lembranzas do Tambre, Néboas no Cumio, Sementes do Arte e Vive lo Nuestro. O festival tivo que aprazarse uns días por mor do mal tempo, o que motivou que finalmente o

Os vinte e un nenos e nenas que durante o curso 2013-2014 acudiron ao Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Trazo celebraron o remate da tempada cunha festa. Foi unha xeira moi entretida, xa que os responsables do centro municipal prepararon actuacións

grupo Buxos Verdes non puidese actuar, por cuestións de axenda. O alcalde, Manuel Mirás, destacou a relevancia do festival porque con el “colaboramos a dar a coñecer a nosa música e a manter as nosas tradicións”. O concelleiro de Cultura, Antonio Leira, agradeceu público e colaboracións.

de contacontos, obradoiros de globoblexia e outras actividades lúdicas. E non faltou por suposto o chamado ‘acto de graduación’, que consiste en despedir os cativos que deixan o PAI para comezar no colexio no vindeiro curso. Son trece en total.

ORDES

ORDES

Vacacións no curso para persoas con discapacidade

Forman quince desempregadas en atención a dependentes

O alcalde e a concelleira de Diversidade Funcional acudiron ao remate do curso

Unha das primeiras clases do curso, na aula adaptada do Mesón do Vento

Os participantes no curso de habilidades sociais e autonomía persoal para persoas con discapacidade teñen xa vacacións. Hai uns días rematou o curso, cun acto no que recibiron a visita do alcalde, Manuel Regos, e da concelleira de Diversidade Funcional, Lucía Iglesias. Durante o curso, foron vinte os usuarios desta iniciativa, que se

Quince mulleres de Ordes en situación de desemprego están asistindo a un curso que as forma na atención a persoas dependentes en institucións sociais, co que aspiran a mellorar as súas condicións de empregabilidade, nun sector que se estima que creará postos de traballo a medio prazo. O curso está sendo impartido na aula do recinto feiral do Mesón

imparte nunha aula adaptada no Mesón do Vento e que ademais de contribuír ao seu desenvolvemento persoal facilita a vida cotiá das súas familias. Esta actividade, distinguida cun premio Alares de conciliación, estivo en cuestión nos últimos tempos polos recortes no transporte adaptado. Recentemente recibiu apoio económico de Fenosa.

do Vento. Ten unha duración total de 478 horas. Delas, 80 son de prácticas, que efectuarán en distintas empresas. O Concello de Ordes indica que este curso incide nas súas políticas de formación para persoas en situación de desemprego. Neste caso, conta con financiamento da Consellería de Traballo e Benestar e do Fondo Social Europeo.


crónicas - Xullo 2014

15

XeNte de Aquí OROSO

MESÍA

O obradoiro de teatro infantil de Oroso debuta no escenario

Entregados os premios do concurso de banda deseñada

Integranes do grupo ‘Teatro Cativo’ do obradoiro municipal de Oroso

O alcalde acudiu a entregar os premios do certame no CPI de Xanceda

Os integrantes de ‘Teatro Cativo’, o grupo dos participantes no obradoiro municipal de teatro de Oroso, estreáronse no escenario coa representación de ‘Romeo e Xulieta: famosos namorados’, unha versión do clásico de Shakespeare. A función tivo lugar no centro cultural de Sigüeiro, ante de-

Entregáronse os premios da terceira edición do Certame de Banda Deseñada convocado polo CPI de Xanceda e o Concello de Mesía no marco da programación do Día das Letras Galegas. Na categoría de educación infantil, o primeiro premio foi para Nicolás Otero, o segundo para Lucas Rodríguez e o terceiro para

ceas de persoas. Colleitaron moitos aplausos. O grupo, con axuda técnica de Alberto Rolán, está dirixido por Andrea Álvarez e integrado por Rodrigo Soto, Lucía Mira, Marta Villaverde, Sara Fraile, Marta Lema, Carmen Carracedo, Elba Blanco, Laura Ruíz, Ana Villaverde, Lara Rodríguez e Natalia Baleato.

Sara Martínez. En primaria, os premios foron, por esta orde, para Daniel García, Yaiza Fernández e Antón Quindimil. E en secundaria, primeiro premio para Victoria Iglesias e segundo para Belén Ferreño. A mención especial recaeu en Andrea Louro. O alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, acudiu á entrega e felicitou os estudantes.

OROSO Actuacións de fin de curso da Aula de Música

Música novel ao aire libre O alumnado da Aula de Música de Oroso ofreceu dous concertos de fin de curso, un na explanada da piscina e outro no centro cultural de Sigüeiro. Os músicos noveis ofreceron un repertorio variado, que resultou de moito interese para as deceas de espectadores que acudiron a contemplar as actuacións. A carón da piscina ofreceron a súa música os integrantes dos tres combos da Aula de Música. Con idades entre os 17 e os 21 anos, interpreta-

ron pezas de rock, pop e jazz. O resto do alumnado, de menor idade que os que conforman os combos, ofreceu a súa actuación no centro cultural. Nesta ocasión optaron por actuacións corais ou de alumnos cos seus mestres, en vez da habitual intervención individual. O director da Aula de Música, Juan Salgueiro, aspira a que “a medio prazo estes concertos sexan atractivos para o público en xeral”, ademais dos familiares do alumnado.

Actuación dun dos combos da Aula de Música nas inmediacións da piscina municipal

PLAN RENOVE EN MOCHILAS Tráenos tu mochila vieja y, al comprar una nueva...

TE DESCONTAMOS 5€* Comenzamos a preparar la vuelta al cole: mochilas, portatodos, mandilones, cojines, agendas escolares y de guardería... TODO DE TUS PERSONAJES FAVORITOS!!!!

gRANDES REbAJAS EN TEXTIL Y CALZADO

Rúa da Canteira, nº2 (antigo vodafone). ORDES (A Coruña). Teléfono: 981 688 646

(*mochilas en tienda a partir de 20€) Promoción válida desde el 16-7-2014 hasta el 6-8-2014

chilas Las mo s las a recogid Cáritas os a donarem


Crónicas - Xullo 2014

16

xente dE aquí ORDES

ORDES

Mostra das clases municipais de pintura no Museo do Traxe

As parroquias vólcanse coas súas festas patronais

Procesión da Virxe do Carmen na parroquia de Montaos

Actuación musical de mediodía no Carme de Barbeiros

Procesión nas festas de San Paio en Buscás

Procesión de San Pedro, no Mesón do Vento (Ardemil)

Un grupo, contemplando pinturas

O Museo do Traxe Juanjo Liñares de Ordes acolleu a exposición de máis de cen traballos efectuados polo alumnado dos cursos municipais de pintura. Paisaxes e retratos, figurativos e abstractos, pintados con diversas técnicas, predominaron na mostra, que recibiu numerosas visitas.

OROSO

TORDOIA - TRAZO

Disólvese a comisión de festas da Barciela, sen débedas e só coa Santa Eufemia organizada

Centos de maiores asisten ás tradicionais festas da terceira idade

A comisión de festas de Santo Andrés da Barciela-Sigüeiro decidiu disolverse pola “escasez de colaboración” por parte da maior parte da veciñanza “tanto económica como organizativa”, tal como indicaron nunha notificación dirixida ao Concello. Deixan organizada a festa da Santa Eufemia, que será o 16 de setembro, pero non a do Sacramento, na fin de semana do 30 e o 31 de agosto e para a que non atoparon apoio abondo. Os integrantes da comisión disolta explican que deixan pagadas as débedas acumuladas do ano anterior e póñense a disposición de quen queiran “asumir o mando e formar unha nova comisión” para resolverlles dúbidas. Ademais, pedíronlle desculpas “á xente que si lle dá importancia a todo este asunto e que leva colaborado ata agora”. Indican que eles fixeron todo o esforzo posible “pero por desgracia non somos suficientes”, lamentan.

O alcalde tordoiés entregoulles placas aos maiores de 90 anos presentes na festa

A festa de Trazo tivo lugar baixo carpa no campo de Santa Eufemia de Vilouchada

Os Concellos de Tordoia e de Trazo celebraron nas últimas semanas as súas habituais festas da terceira idade, con centos de participantes. No caso de Tordoia, foron unhas 800 persoas as que participaron na décimoquinta edición da súa romaxe. Comezou cunha misa, á que seguiu a entrega de placas conmemorativas, por parte do alcalde Antonio Pereiro, aos maiores de 90 anos presentes. Tratouse de José Suárez, Manuela Juncal, Antonio Lamas, José Cerqueiro, Avelino Balsa, Ángel Costa e María Pena, os sete entre 90 e 96 anos. O resto da xornada protagonizárona o xantar e a música, con sesión vermú e actuación vespertina a cargo do dúo Alborada. En Trazo, a festa ubicouse tamén baixo carpa no campo de Santa Eufemia de Vilouchada. Comezou con misa e antes do xantar tivo lugar unha sesión vermú co dúo musical Eva e Camilo, que durante toda a tarde seguiron ofrecendo a súa música, con baile ata eso das nove da noite.


Crónicas - Xullo 2014

17

DEPORTES FÚTBOL SALA Culmina con festa unha exitosa tempada deportiva

TENIS

O Jogafán Ordes, subcampión galego

O VIII Torneo de Tenis do Concello de Mesía admite inscricións ata o 1 de agosto

Puido ser mellor, pero só un pouco mellor. O Jogafán Ordes de Fútbol Sala culminou unha exitosa tempada de xogo acadando o subcampionato na Copa Autonómica. Enfrontouse na final la liga galega de fútbol sala ao Autos Leiros de Mos (Pontevedra), equipo fronte ao que caeu por unha escasa marxe: 4-5. O encontro foi emocionante e fixo que os centos de afeccionados que acudiron ao polideportivo Castelao II de Ordes contiveran a respiración practicamente ata o final, dado que o conxunto ordense nunca deu por perdido o partido e pelexou pola victoria ata o último minuto. A final da copa autonómica enmarcouse na festa de fin de tempada que a entidade deportiva organizara nesa mesma xornada, cunha churrascada a mediodía. Pola tarde, ademais da final do torneo autonómico, disputouse a final provincial masculina, na que o Riazor se impuxo ao Libertad (3-0). Os encontros da xornada contaron cunha ampla representación municipal. O goberno ordense estivo representado pola tenente de alcalde, Silvia Marín, e polos concelleiros de

O Concello de Mesía prepara a oitava edición do seu Torneo de Tenis, que conta co patrocinio de Coca-Cola. Admite inscricións ata o 1 de agosto, xornada na que se procederá tamén ao sorteo do cadro de competición, que se extenderá durante todo o mes ata as finais do 30 de agosto. As inscricións poden efectuarse por correo electrónico, remitindo os datos a elenarocamoro@concellodemesia.es A competición terá categorías masculina, feminina e dobres, que poderá ser mixta ou non. Os partidos xogaranse no complexo deportivo da Mata, en Xanceda, polo sistema de eliminación automática ao mellor de dous sets, no horario acordado polos rivais, dentro duns prazos, e con autoarbitraxe, agás a final que contará con árbitro. O torneo entregará trofeos aos gañadores e gañadoras e facilitará refrescos da empresa patrocinadora en todos os partidos.

Deportes, Roberto Iglesias, de Cultura, José Ramón Vázquez, e de Diversidade Funcional, Lucía Iglesias. Tamén se achegou ata o polideportivo Castelao II unha representación da Federación Galega de Fútbol Sala. Os bos resultados do Jogafán Ordes son un claro expoñente da grande afección polo fútbol sala no municipio e no conxunto da comarca. Arriba, o equipo celebrando os bos resultados de tempada recén rematada. Á dereita, o concelleiro de Deportes entregando o trofeo de subcampións.

Regos omite trámites esenciais nunha factura de máis de 25.000 euros, segundo acredita o informe do interventor

Graves irregularidades económicas nas contas municipais de Ordes do ano 2013 nifesto a propia Intervención Municipal, “véñense concedendo no exercicio complementos de produtividade e gratificacións (algúns fixos no tempo) sen que conste xustificación concreta e motivada”.

A Conta Xeral do Concello de Ordes correspondente ao exercicio de 2013, sometida recentemente ao Pleno Municipal, co voto en contra do PP, incorpora catro reparos nos que a propia Intervención Municipal advirte da existencia de serias anomalías de xestión económica do Goberno de Regos. O portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez, subliña a gravidade da irregularidade cometida cunha factura por importe de 25.410 euros e correspondente, supostamente, ao equipamento e mellora dos locais culturais do Mesón do Vento. Pagamento sen fiscalización previa nin licitación Neste caso, a Intervención advirte da existencia de ordes de pa-

Extracto do informe do interventor municipal

gamento sen fiscalización previa nin licitación, malia que o importe e as características do traballo (dotación de equipamento nos locais municipais do Mesón do Vento por importe de 25.410 euros) así o esixían para cumprir coa normativa en vigor. Do mesmo xeito,

a Intervención repara en que non foi avisada para a recepción, polo que non puido levar a cabo a comprobación material requirida neste tipo de procedementos. Do mesmo xeito, desde o Concello de Ordes, e así o pon de ma-

Pagouse unha factura sen fiscalización previa e non se celebrou a actividade Por último, outro dos reparos denunciados no documento da Intervención cuestiona a concesión dunha subvención nominativa á denominada “Asociación Cultural polo Benestar”, aboada sen fiscalización previa da Intervención. Pero o máis grave é que o propio interventor do Concello de Ordes “entende” que “non se efectuou a finalidade para a que foi concedida ´celebración do Festival Brincadeira´”.


Crónicas - Xullo 2014

18

DEPORTES XADREZ

Martín Pena, oitavo no Campionato de España

Martín Pena, xogador do Club Xadrez Oroso, logrou a oitava posición no Campionato de España en rápidas. Mantivo un bo nivel de competición, sempre nos primeiros postos. Empezaba como decimosexto e rematou nesa oitava praza, empatando a puntos co sexto. En lentas, tamén comezou moi ben, derrotando incluso ao campión e subcampión de España, pero a partida complicouse e baixou ao posto vixésimo quinto, dun total de 130 xogadores. Pena asegura que este foi o Campionato de España

no que mellor xogou dos cinco nos que leva participado. Por outra parte, Sara Míguez proclamouse campioa tamén no torneo de Pereiro de Aguiar, do Circuíto Galicia Central. Míguez xa fixera o propio no Torneo dos Tilos (Teo), nese mesmo circuíto. Nese torneo, a entidade de Oroso foi das que máis xogadores achegou. O Xadrez Oroso amosou o seu orgullo polo esforzo de xogadores e familias, decláranse satisfeitos por facer canteira onde case non había tradición xadrecística, e destan tamén o mérito do seu monitor, Roberto Patiño. Arriba, o Club Xadrez Oroso no Torneo dos Tilos (Teo). Á dereita, Martín Pena disputando un partido do campionato de España. Á esquerda, Sara Míguez co seu ouro en Pereiro de Aguiar.

TENIS DE MESA Sen prata por “despiste” arbitral

Bronce nos campionatos de España para as do Oroso-Celme O Oroso TM-Celme fíxose coa medalla de bronce en categoría infantil feminina por equipos nos Campionatos de España de tenis de mesa disputados días atrás en Antequera (Málaga). As xogadoras da entidade de Oroso estiveron a punto de garantirse a prata e pelexar polo ouro, xa que tiñan a semifinal encamiñada ao seu favor. Pero non puido ser por un “despiste arbitral”, tal como interpretan desde o propio club. Eso fixo que os rivais aproveitasen a vantaxe e acabasen vencendo o partido. De todos os xeitos, no Oroso TM están moi satisfeitos co resultado porque as súas xogadoras non partían como favoritas e en cambio lograron impoñerse a conxuntos teoricamente máis fortes e ao final subiron ao podio. O campionato, no que o club competiu en case todas as categorías, deixa tamén bos resultados na proba absoluta masculina por equipos para o Oroso TM-Deporte Galego, que acaba de ascencer á máxima categoría do tenis de mesa español, a Super División Masculina. A pesar de ter de baixa o seu xogador base, o nixeriano Lawal Abiodun, por unha competición internacional na súa localidade natal, fixeron un gran campionato e posicionáronse entre os doce mellores equipos de toda España. Tampouco faltou moito para a medalla nas probas de dobles infantil feminino e individual masculina. No primeiro caso, o Oroso TM estivo representado por Sara Martínez e Silvia Álvarez. En individual masculino, por Uxío Regueiro.

Equipo feminino infantil do Oroso TM, recibindo a medalla no podio

Acadaron os cuartos de final e con cruces de eliminatoria a priori asequibles. Pero o podio non foi posible “quizais polos nervios ou quizais pola excesiva calor que tiveron que soportar en terras andaluzas”, tal como aseguran desde o club. O Oroso TM considera que os resultados foron “moi bos”, sobre todo tendo en conta que a tempada recén rematada foi esixente e o estado de forma dos deportistas comezaba a non ser o óptimo logo dun ano moi longo de competicións. Agora, despois duns días de vacacións, o club de Oroso empeza coa preparación da pretempada. E mentres tanto desenvolve tamén as clases da escola de verán de tenis de mesa, que segundo comentan están tendo unha “execlente” acollida.

FRADES Fin de tempada co ‘Día do Deporte’

As escolas deportivas municipais rematan o curso As escolas deportivas do Concello de Frades pecharon o curso celebrando do Día do Deporte, cunha festa na que participaron os arredor de douscentos rapaces e rapazas que acudían ás actividades. Exhibicións deportivas e xogos conformaron a celebración, na que o alcalde, Roberto Rey, distribuíu camisetas conmemorativas entre os asistentes.

As distintas actividades do Día do Deporte tiveron lugar no polideportivo municipal e no patio do colexio da Ponte Carreira. No pavillón desenvolvéronse as exhibicións das distintas modalidades ofertadas polas escolas municipais, como fútbol sala, mini-básket, tenis de mesa, patinaxe ou zumba. No patio escolar, instaláronse os inchables, o touro mecánico, entre outros reclamos.

Os participantes nas escolas deportivas exhibíronse no pavillón da Ponte Carreira


Cr贸nicas - Xullo 2014

19

PUBLICIDADE


20

Crónicas - Xullo 2014

DEPORTES FÚTBOL Confirmaron o salto de categoría vencendo por 2-4 ao Rayo Sadense e celebrárono no pilón da Alameda

Os infantís da S.D. Ordes ascenden á Liga Galega

Os xogadores, festexando o éxito no emblemático pilón da Alameda de Ordes

Xogadores e corpo técnico foron recibidos por representantes municipais

Chámanse Adrián, Rubén, Jacobo, Louri, Martín, Luís, Alex, Pampím, Saad, Víctor, Pablo, David, Samuel, Landeira, Toni e Brais. Son os compoñentes do equipo infantil da Sociedade Deportiva Club Ordes, que acaban de lograr o ascenso á Liga Galega da súa categoría, confirmado nun partido fronte ao Rayo

Xogadores, adestradores, integrantes do cadro técnico e colaboradores foron recibidos pola tenente de alcalde, Silvia Marín, e polo concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez, que os felicitaron e desexáronlles sorte na competición da vindeira tempada. Os parabéns precederon á ce-

Sadense, ao que venceron por dous goles a catro. As celebracións desta xesta non se fixeron agardar e o propio día no que ratificaron o seu salto de división, de volta á vila ordense e acompañados por familiares e seguidores do equipo, festexaron o triunfo no Concello e na Alameda.

lebración por antonomasia de calquera dos éxitos que colleiten os equipos da S.D. Club Ordes: o tradicional baño no pilón da Alameda. Aínda que o día non estaba especialmente morno, pouco lles afectou e menos lles importou a temperatura á hora de tirarse á auga. É o que se chama a calor da victoria.

TAEKWONDO

SALVAMENTO E SOCORRISMO

Ainhoa Ramos, bronce no campionato de España sub 21

Lara López, subcampioa de España en bandeiras

A integrante do Club Deportivo Luar de Ordes estivo a punto de chegar á final

Lara López, coa bandeira galega tras recibir a medalla de prata

Ainhoa Ramos Manteiga, pertencente ao Centro Deportivo Luar, de Ordes, conseguiu a medalla de bronce no Campionato de España de Taekwondo, dentro da categoría sub 21. A deportista estivo a punto de

A ordense Lara López Fernández, integrante do Club Natación Cerceda, proclamouse subcampioa de España na proba de bandeiras infantil feminina do Campionato de Salvamento e Socorrismo.

lograr o pase á final. Só se lle escapou na disputa do chamado punto de ouro fronte á representante madrileña. De todos os xeitos, é un destacadísimo terceiro posto español co que pecha unha tempada de bos resultados.

López Fernández, que compite como integrante do Club de Natación Cerceda, obtivo así un novo éxito nesta competición, disputada en Noja (Cantabria). Recibiu as felicitacións institucionais do Concello de Ordes.


Crónicas - Xullo 2014

21

DEPORTES MULTIDEPORTE Foron escollidos por cada club deportivo e tamén se entregaron varios recoñecementos especiais

Oroso distingue trinta deportistas do municipio no seu primeiro Día do Deporte, con mil participantes O primeiro Día do Deporte do Concello de Oroso distinguiu trinta deportistas do municipio, escollidos polos diferentes clubs. No evento participaron unhas mil persoas. Estivo presidido polo alcalde, Manuel Mirás, quen destacou que no último lustro “multiplicouse por dez o número de veciños e veciñas que practican deporte”. Ao seu carón, o concelleiro de Deportes, Luís Rey, aproveitou para agradecer o traballo acometido polas distintas entidades deportivas e polas familias para incentivar a práctica de cada vez máis modalidades deportivas por parte dos máis novos. Ademais dos premios decididos por cada club, o Concello entregoulle un recoñecemento a Fernando Abad, fundador do recente Tambre Bike, e a sete directivos e ex directivos do Sigüeiro F.C., algúns a título póstumo: José Souto, Antonio Castro, Antonio Rial, Francisco Mirás, Manuel Precedo, Juan Manuel Vilares e Daniel Liste. Os únicos que non entregaron

Cada club distinguiu o seu mellor deportista e unha promesa. Na imaxe, todos no escenario, con representantes do Concello

premios foron o Club Alecrín, porque acaba de ser creado, e o ITF Oroso, que preferiu deixar desertas as candidaturas. Polo demais, Badminton Oroso declarou como mellor deportista a Carla Silveira e como promesa a Sergio García. Brian Riera e Vanesa Rial

recibiron eses mesmos premios no Leones Béisbol, Adrián Seoane e Yago García no Oroso Fútbol Sala, Manuel Souto e David Senra no Oroso Motor Sport, Erika Pereira e Sara Domínguez no Patin Oroso, Javier Obelleiro e Abril González no Oroso Tenis de Mesa, Amancio Espiñeira polo Tam-

bre Bike, Enrique Rama no Tambre Pitch & Putt, Martín Pena e Sara Míguez no Club Xadrez Oroso, Alba Varela e Nuria Pájaro no club de ximnasia rítmica, Juanito Amigo e Jacobo Liñares polo Sigüeiro FC, e Hugo Rama e Brais Pérez pola ED Xuventude Oroso.


22

Crónicas - Xullo 2014

DEPORTES CARREIRA

FÚTBOL Campus de fútbol da S.D. Ordes e da Fundación Celta de Vigo en Oroso

A cuarta carreira de Mesía celébrase o 13 de setembro e xa admite inscricións

A nova canteira prepárase tamén no verán

A cuarta carreira do Concello de Mesía está xa programada para o sábado 13 de setembro, con saída ás 18 horas desde o campo de fútbol en Visantoña. Ademais da proba principal de 12 km, inclúe unha minicarreira de 6 km (saída ás 18:10) e carreiras de base (saídas a partir das 19:15). As inscricións, que son gratuítas, xa se poden efectuar remitindo datos persoais, data de nacemento completa, DNI, club, lugar de procedencia e carreira na que se participará ao correo electrónico mjgrobas@hotmail.com. Os menores deben acompañar ademais autorización dos proxenitores. A data límite para anotarse é o 12 de setembro ás 12 do mediodía. A carreira, na que colaboran múltiples empresas da contorna, entregará trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría de idade e ao corredor ou corredora de maior idade.

Se algo ten o futuro asegurado na comarca, eso parece ser o fútbol. Os máis pequenos están aproveitando as vacacións escolares do verán para participar en campus organizados nos distintos municipios. Dous dos máis destacados, aínda que só sexa polo tamaño da poboación, son os de Ordes e Oroso. O campus da S.D. Club Ordes congregou xa na súa primeira quenda a setenta rapaces do municipio e do resto da comarca. Contaron con programas de adestramento especializados e adaptados ás súas idades para mellorar as súas habilidades futbolísticas. A segunda quenda remata o vindeiro 1 de agosto. En Oroso, desenvólvese o quinto Campus da Fundación Celta de Vigo, cunha media de corenta participantes en cada quenda semanal. Ademais de actividades relacionadas co fútbol, programáronse outras como natación, multideporte, pádel, squash, béisbol, sendeirismo ou saídas ao Aquapark.

Preparación técnica e convivencia son elementos fundamentais do campus ordense

O campus do Celta en Oroso inclúe actividades adicionais e non se limita ao fútbol

ATLETISMO

FÚTBOL

Clausurado con éxito o campus de atletismo de Ordes e Cerceda

Cerceda, Ordes, Sigüeiro e Abellá, na Copa da Deputación

Sorteo de emparellamentos para a XXVI Copa de Fútbol da Deputación

O campus, celebrado en Vista Alegre, sumou uns corenta participantes

O sexto Campus de Atletismo organizado polos Concellos de Cerceda e de Ordes, coa colaboración dos clubes Atletismo Ordes e Atlética A Silva, foi clausurado polo alcalde ordense, Manuel Regos, e o seu concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias.

Neste evento deportivo participaron con éxito uns corenta nenos e nenas. Durante a xornada de clausura, déronse a coñecer os resultados finais de todas as probas que se desenvolveron e entregáronse os diversos galardóns e agasallos.

Catro equipos da comarca de Ordes competirán na XXVI Copa de Fútbol da Deputación da Coruña, que sorteou hai uns días os emparellamentos. Ao Sigüeiro F.C. correspondeulle enfrontarse ao C.D. Unión o 27 de xullo nas eliminatorias previas. O S.E. Abellá S.C.D. medirase ao Atlético Arteixo ese mesmo día. Pola súa parte, o C.C.D. Cerceda comezará a competición xa en dezaseisavos de final o 3 de agosto,

xogando contra o gañador do encontro Boimorto-San Tirso. E a S.D. Club Ordes, tamén en dezaseisavos o 3 de agosto, terá como rival o gañador do Orillamar-Carral. A copa provincial acada este ano un récord de participación, con 58 equipos en liza. Repartirá 153.000 euros en premios, tal como destacaron o presidente da federación galega, José García Liñares, e a responsable provincial de Deportes, Mariel Padín.


crónicas - Xullo 2014

23

OPiNiÓN

Os paxariños da Alameda O xardineiro preguntou se unha roseira pode sobrevivir se a poda en setembro. Máis que saber se superaría o inverno, que el pensa que si, interésalle saber se volvería florecer coa mesma forza na primavera. Os paxariños xa non saben se é un xardineiro inxenuo ou máis ben un afeccionado ignorante. A verdade é que parecen cousas do cambio climático. O trompeteiro xa comentou que o moucho purpurado está en perigo de extinción, aínda que habería que corrixilo porque en realidade está cambiando de hábitat e xa hai tempo que está ben aclimatado.

Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Xa falamos da ave de plumaxe variable e lacosteada o mes pasado. E está claro que o seguiremos facendo sempre que nos dea a gana, por moito que lle amole. Ou será que non lle molesta pero quere aparentar que si para facerse ver desde o seu pedestal? Porque o de facerse ver gústalle moito, tonalizando cada pluma segundo a cor coa que amenza o día e agardando o aplauso virtual da plebe. Como se non o coñecesen! Como se non soubesen da súa traxectoria! Como se non deixase entrever claramente o que pensa entre tanta falsidade! Moita apariencia, moito disfrace, pero demasiado visto está o paxaro para non saber que voa mal e que, posto ao sol, pérdese polo pico.

O parrulo de río, que tivo que cambiar de chaqueta de boas a primarias, anda coa auga ao pescozo. Eso ben se sabe. Pero o que lle preocupa agora é non facer pé. Desde que se tirou ao embalse sen coñecer a profundidade, agora cada chapuzadura é pura intriga. E os parruliños pouco lle axudan, abríganse tanto baixo as súas ás que corren o risco de ir todos ao fondo con tanto peso e tan pouco esforzo. Intelectual, sobre todo. Os flotadores que utiliza son tan fuleros que dan pena, pero a corte rillos e entón todo parece ir ben. É a fábula do rei encoiro, pero neste caso non haberá nenos que se chiven porque xa se encargaron de encherlles antes os petos de carameliños...

Por certo, o gabián advertiu estes días da presenza dun chacurú pola contorna. De novidoso esto non ten máis que a miopía do gabián, porque tal paxaro hai moito que dá voltas pola zona. Que llo pregunten á pomba, o farta que está de aturar os hábitos e comportamentos do paxaro, medio rapiñentos medio carnavalescos. E o remate é para outro chacurú, este máis recente no ecosistema autóctono e ao mando da familia de guacamaios, ou dando a cara por eles. Se se molesta por algunhas letras, ou ben non as interpreta ben ou ben non sabe aínda o que son as drogas duras. Coidadiño, vagoneta!


Crónicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 18-07-2014. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com

ORDES O Festival DesOrdes Creativas combate con imaxinación o feísmo das fachadas grises e balorecidas

A arte de maquillar unha vila Abrir novos mundos a partir de paredes vellas. Este é o propósito do Festival Internacional DesOrdes Creativas, que estes días volveu ás rúas de Ordes. Trátase dunha iniciativa que pouco a pouco está mudando o aspecto da vila, ao substituír muros, fachadas e outras superficies grises ou balorecidas por murais artísticos con

motivos moi imaxinativos e repletos de cor. Este ano, o evento interviu en diversos muros cedidos por veciños, algún con practicamente vinte metros de altura, e tamén nalgúns edificios públicos, como a residencia da terceira idade e mesmo a nova casa consistorial, onde se prevé que unha

Unha das creacións do festival do ano pasado, nunha fachada á saída de Ordes

Camión do lixo

referencia internacional no ámbito da cultura urbana, Axel Void, plasme unha das súas creacións nunha das paredes. A presenza de Void non é nin moito menos unha excepción neste evento. Artistas que asinan como Aryz, Sekone, Sr. X., Tayone, Minia, Nada e L.E.O. son os protagonistas da que é xa a quinta edición de DesOrdes Creativas. O festival reforza así o seu carácter internacional e sitúase no mapa deste tipo de iniciativas que pretenden combater o feísmo urbano e rexenerar os espazos públicos. Está organizado pola asociación Cultivarte e o estudo creativo Mutante, coa colaboración do Museo do Traxe Juanjo Liñares, o Concello de Ordes e diversas empresas e entidades. Aínda que no último treito do festival o tempo se torceu un pouquiño, no resto dos días os artistas tiveron a oportunidade de traballar con sol e temperaturas altas, o que facilitou o avance rápido cos seus traballos. Dar un paseo pola vila permite descubrilos e redescubrir alunhas zonas que ata agora os ollos tendían a evitar. Mais non todo foi esforzo crea-

Lavado de rúas

Camión basura

Axel Void, nun lateral do xeriátrico

tivo, xa que tamén tiveron tempo para unha sonora festa de despedida. Tivo lugar este sábado 19 na sala ordense Jatopús, coas actuacións de Mou Pinchadiscos, Croma e Suphacan Selector. E tamén sortearon lotes de obras gráficas de distintos participantes no festival, serigrafías de edición limitada ou un cadro, despois dunha venda de rifas que destina os seus beneficios a financiar os murais.

Transporte de residuos

GRUPO

Camión RSU

Tractor desbroce

Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDA Oficina: 981 693 072 / 639 200 204 - correo@grupocercedasol.es Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es

Movemento de terras

Xestión de punto limpo

Camión lavacontedores

Barredora


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.