Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

Page 1

Crónicas

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 9 - Setembro de 2014

delrío

Arquitectura Ingeniería Diseño Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - cristina@delrioaid.com pROYECTOS REFORMAS DIRECCIONES DE OBRA COORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD

TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO

decae o ritmo de creación de novas empresas na comarca A creación de novas empresas na comarca de Ordes non está repuntando este ano. Ata agosto, creáronse

nos sete municipios 29 empresas, mentres que nos oito primeiros meses do ano pasado foran 33. O comporta-

mento na contorna é moi semellante ao do conxunto de Galicia. Os concellos máis puxantes no nacemento de

CERTIFICACIONES ENERGÉTICAS pERITACIONES Y TASACIONES ESTUDIOS Y pLANES DE SEGURIDAD DISEÑO INTERIOR

iniciativas empresariais son Ordes, Oroso e Mesía. Unha nova empresa precisa de mePáx. 14 dia 16.000 euros.

O camiño inglés, delimitado e promovido

tRAZO

O novo plan xeral exponse ao público ata novembro Páx. 8

eNtReViStA

Adrián Mosquera, investigador contra o cancro Páx. 10

dePORteS

Ánxeles Rodríguez e Pepe domínguez, cuartos de europa Páx. 23

ceRcedA

Páx. 6

Avanza a reforma das antigas escolas como locais sociais Páx. 10

OROSO

Comedor en copago e obras sen rematar no novo CEIP

Páx. 2

cOMARcA

A Deputación destina 1,8 millóns á zona no POS 2015

Páx. 7

PReMiO

crónicas e tien 21 entregan o mp3 do seu sorteo 2.0 Páx. 24


Crónicas - Setembro 2014

2

Actualidade ORDES

OROSO Un catering de xestión municipal, con 49 prazas subvencionadas

Arranxan con conglomerado o camiño desde a Fraga da Galiña ata a N-550

O Concello sucumbe e a Xunta logra impoñer o copago no comedor do CEIP

Derradeiros traballos de instalación

A poboación da Fraga da Galiña, na contorna de Ordes, viu melloradas as súas comunicacións co arranxo do camiño que vai desde a súa aldea ata a estrada N-550, a carón da estación de servizo, segundo explica o Concello de Ordes. As obras de reparación consistiron en aplicar unha capa de conglomerado en quente, o que obrigou a pechar o camiño ao tráfico durante varias horas. A reparación conseguiu eliminar as irregularidades que presentaba o firme e mellorar as condicións de tránsito. O proxecto, cun custo de 10.000 euros, forma parte do Plan de Obras e Servizos (POS) impulsado pola Deputación. O Concello de Ordes enmárcao nunha serie de reparacións en pistas, camiños e viais do ámbito rural acometidos nos últimos meses.

COMARCA

Cerceda e Tordoia inician un programa de inserción laboral para desempregados Os Concellos de Cerceda e de Tordoia comezaron durante este mes de setembro o programa integral Interta-T, que traballa cun colectivo de persoas en situación de desemprego dos dous municipios coa finalidade de lograr a súa inserción laboral mediante accións de formación e orientación. O programa conta con financiación da Consellería de Traballo e Benestar e do Ministerio de Empleo e Seguridade Social.

A batalla que a Xunta e o Concello de Oroso sostiveron polo servizo de comedor escolar no novo CEIP de Sigüeiro rematou co triunfo das teses da Consellería de Educación. Finalmente, a administración municipal xestiona o servizo, con copago para as familias e unha achega económica por parte da Xunta. En total, hai 49 prazas subvencionadas. O colexio comezou o curso cuns 200 escolares. Tras varios intentos de que o servizo de comedor fose como o do antigo CEIP, o alcalde, Manuel Mirás, cargou contra a Consellería: “mentres a Xunta non cumpre coas súas obrigas, o Concello de Oroso non vai deixar colgadas as súas familias” e atendeu a petición da Anpa O Carboeiro para que o primeiro curso do centro non comezase sen comedor. O servizo, tal como indicou a Anpa, consiste nun catering con tres monitores. Nas prazas subvencionadas, o prezo será de 55 euros ao mes e de 5 euros por día solto. O segundo irmán e as familias numerosas teñen un desconto do 20%. Se a demanda

O conselleiro de Educación (4º pola esq.) visitou o CEIP días antes do inicio do curso

fose superior ás prazas subvencionadas dispoñibles, o Concello decidirá quen se benefician delas atendendo a criterios de renda e de conciliación. Non é a primeira experiencia do Concello cun servizo de comedor escolar, xa que desde nos últimos anos ofreceuno para quen non podía usar

o do antigo CEIP, por saturación. Sen embargo, o concelleiro de Ensino, Antonio Leira, destaca que non é unha competencia municipal e anticipa que seguirán insistindo en que os dous CEIP da capital municipal teñen os servizos de comedor e transporte nas mesmas condicións.

O curso comezou coas obras municipais sen acabar Á marxe do servizo de comedor, a outra lea entre o Concello de Oroso e a Xunta no novo CEIP foi a das obras do centro. Finalmente, as que dependían do Concello estaban sen rematar nos primeiros días de clase. As conexións de servizos como a electricidade, a auga, o gas ou o saneamento estaban case rematadas. O que o Concello non logrou ter a tempo, pese a que poucos días antes se comprometera, foron os accesos e as beirarrúas. De feito, nas primeiras xornadas de clase o vial de acceso ao colexio desde a N-550 permaneceu cortado, os pais e nais tiveron que deixar os coches nunha zona de estacionamento habilitada preto do colexio, e as tarefas dos albaneis conviviron cos primeiros trazos do xiz sobre os encerados. A delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, non perdeu a oca-

Crónicas

sión de reprocharlle ao goberno municipal o seu incumprimento. O executivo de Manuel Mirás xa puxera a venda para esta ferida uns días antes, acusando á administración autonómica de poñer “trabas”, ao retrasar varios meses sobre os seus propios prazos o remate do colexio e ao manter obstáculos como casetas de obra nos terreos polos que se executaron as canalizacións. Controvertida é tamén a cuestión dos accesos ao novo CEIP. O PP de Oroso reclamounos nos últimos meses para evitar situacións de risco, por exemplo ao ter que cruzar a N-550, coa perigosidade que comporta, polo elevado tráfico e a escasa visibilidade a primeira hora. O goberno de Mirás anunciou tamén a execución de varios accesos seguros desde as distintas zonas de Sigüeiro, se ben matizou que os pasos de peóns na estrada estatal ten que autorizalos Fomento.

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Por se fose pouco, o día antes do retorno á clase a dirección do centro decidiu adiantar media hora a xornada lectiva (de 9:15 a 14:15 horas), o que colleu por sorpresa á case todas as familias, nuns casos para ben e noutros para mal, segundo as necesidades de conciliación de cadaquén. OUTRAS OBRAS O novo CEIP de Sigüeiro protagonizou sen dúbida o arranque do curso na comarca, xa que xeralmente produciuse con normalidade. Durante o verán, todos os Concellos acometeron algúns arranxos e melloras nos centros educativos do seu municipio. Dous exemplos: o propio Oroso gastou uns 50.000 euros en reparacións no antigo CEIP e nun patio de xogos na escola de Vilacide; e Frades efectuou diversas tarefas no CPI da Pontecarreira por 12.000 euros.

Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com


crónicas - Setembro 2014

3

PuBlicidAde ORDES Ana Tobío Pérez, Ekaté Zapatería

“un buen calzado no tiene precio” - ¿Qué novedades trae la zapatería de Ekaté a Ordes? - Creo que traemos un tipo de calzado diferente a lo que ya hay, tanto de vestir como casual. Hemos procurado diferenciarnos un poco del resto, trabajando con calzado multimarca: UGG, HUNTER, NEW BALANCE... Apostamos por un calzado más de moda, diseños originales, diferentes, y sobre todo que sean de piel y de hormas cómodas y confortables. La comodidad en el calzado es muy importante para nosotros, tanto en niños como en adultos. - ¿A qué tipo de público se orienta preferentemente la tienda? - Pues tenemos calzado desde para un niño de un año hasta un adulto entrado en añitos. - ¿Predominará una línea casual, una línea elegante, o habrá una variedad total? - Tenemos bastante variedad, sobre todo en niños, tanto casual como de vestir. En adultos sí es verdad que tenemos más casual, aunque también algo de vestir. - ¿Cuál es vuestra prioridad en la atención al cliente? - Buscamos dar una atención personalizada, adaptada a cada tipo de

EKATÉ Outlet Rúa do Mercado, 2

cliente y siempre intentando solventar las necesidades de cada uno. También es verdad que el público infantil lo tenemos un poco más mimado. - ¿Cuáles van a ser las tendencias este otoño-invierno? - Pues este invierno, de forma similar a los más recientes, viene mucho botín, tanto para chico como para chica, pero también es verdad que la bota empieza otra vez a hacerse un hueco. Las zapatillas retro running siguen estando presentes. Y en cuanto a colorido, pues el negro predomina, pero el burdeos también tiene su hueco. - ¿Tenéis tallas especiales? - Nosotros trabajamos para chica del 35 al 41, para chico del 39 al 45, y para niño desde el 18 en adelante. Siempre hay la posibilidad de conseguir algún número diferente al que solemos trabajar, como puede ser un 46 para chico o un 17 para niño, por ejemplo. - ¿Un buen calzado no tiene precio? - Un buen calzado no tiene precio, eso es algo que yo siempre digo. Y pienso que la gente cada vez se da más cuenta de ello. En los niños, por ejem-

plo, hay que pensar que desde el momento que empiezan a caminar solos el calzado se convierte en un elemento importante que influye en su desarrollo físico. La gente también suele cometer el error de heredar los zapatos de sus hermanos mayores, y es poco recomendable, ya que los pies son anatómicamente diferentes y cada niño tiene una forma distinta y particular de pisar. También suelen preferir comprar un nùmero más grande de lo que le correspondería llevar, cuando en realidad el pie debe ir sujeto, tampoco haciendo presión. Y por supuesto para los adultos también es muy importante que se compren un calzado bueno.

EKATÉ Alfonso Senra, 157

EKATÉ Melide Cantón de San Roque, 2


Crónicas - Setembro 2014

4

Actualidade FRADES

OROSO O alcalde calificou de “selvático”o estado das marxes tras anos sen limpar

O Valedor do Pobo investiga xa o mal servizo na gasolineira da Pontecarreira

Fomento atende por fin as reclamacións do Concello para desbrozar a N-550

Escrito do Valedor dirixido a Garea

O Valedor do Pobo anunciou que estudará as frecuentes carencias de subministración de combustibles que se producen na estación de servizo de Repsol na Ponte Carreira (Frades). Así llo comunicou ao secretario xeral do PSdeGPSOE no municipio, Aurelio Garea, que presentara unha queixa acompañada de máis de 700 sinaturas de cidadáns. Tamén respondeu a dirección de Repsol, que explicou que xa houbera unha reunión cos responsables da estación de servizo e que agardaban o reanudar de inmediato a normalidade na subministración. Aurelio Garea manifestouse satisfeito con que o problema, que complica a vida cotiá de numerosos veciños, “entre en vías de solución”. O líder socialista atribuíu os resultados á mobilización social e botou en falta que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao que tamén dirixiu as sinaturas, non respostase coa mesma rapidez que o Valedor do Pobo e os responsables da petroleira.

O ministerio de Fomento acordouse por fin da limpeza da estrada N-550 ao seu paso por Oroso e Santiago. Nas últimas semanas procedeu ao desbroce das marxes, que acumulaban maleza de considerable envergadura e incluso “plantas de eucalipto de considerable tamaño nalgúns treitos”, segundo describe o Concello. O alcalde, Manuel Mirás, reclamara a limpeza uns días antes de que se executase, e calificou de “selvático” o seu estado, xa que en varios treitos as beiravías xa case estaban ocultas, co risco que supoñía para a seguridade do tráfico pola falta de visibilidade e tamén de que prendese o lume e se extendesen os incendios. A pesar de que as tarefas de limpeza si se acometeron, a reclamación do goberno municipal incluía ademais o acondicionamento dos viais de servizo paralelos á N-550. A xuízo de Mirás, presentan “un estado deplorable porque onde aínda conser-

A N-550, na entrada a Sigüeiro, antes e despois das tarefas de desbroce

van o firme presentan múltiples irregularidades e están practicamente intransitables”. Estes viais son utilizados polos veciños para despra-

zarse entre lugares situados ao pé da N-550 ou para acceder con maquinaria agrícola ás leiras da zona sen invadir a estrada de titularidade estatal.

MESÍA Accidente dun camión de traslado de animais mortos na estrada AC-524

Ferido leve nunha saída de vía en Albixoi O condutor dun camión de traslado de animais mortos resultou ferido leve, cuns cortes de escasa entidade, na saída de vía do vehículo na estrada AC-524 (Ordes-Lanzá) en Albixoi (Mesía). Mesmo saíu polo seu pé da cabina, case esmagada. Atenderon o sinistro Tráfico, unha ambulancia, o GES de Curtis-Mesía e os Bombeiros de Ordes. Foto: Bombeiros de Ordes.

CONCELLO DE TRAZO INSCRÍBETE NAS ACTIVIDADES CULTURAIS DO CONCELLO DE TRAZO ANTES DO 30 DE SETEMBRO. Taxa por persoa: 60 € curso (agás cociña, que custa 30 €). Dirixido a maiores de 16 anos empadroados/as en Trazo (salvo zumba infantil, que será de 4 anos en adiante). Máis información e inscricións no Concello de Trazo


Crónicas - Setembro 2014

5

MEDIO AMBIENTE UN XOGO PERMITE POÑER A PROBA OS COÑECEMENTOS SOBRE O CONTEDOR DE DESTINO DE CADA RESIDUO

Unha app creada por Sogama axúdalles aos cidadáns a separar ben os residuos A Sociedade Galega do Medio acaba de lanzar unha App para teléfonos móbiles con sistema operativo Android e IOS (iPhone) a través da cal pretende instruír os cidadáns na correcta separación das distintas fraccións de residuos e posterior depósito das mesmas nos contedores de recollida selectiva ubicados nas vías públicas. Con esta iniciativa, e aproveitando as novas tecnoloxías, Sogama adéntrase no mundo dos smarthphones, con moi boa acollida por parte da poboación, especialmente entre os máis novos, axudándoos a diferenciar os materiais a introducir en cada recipiente e garantindo con isto o seu posterior reciclado.

Información pormenorizada Así, a aplicación recolle información en torno ao contedor amarelo, destinado a acoller os envases de plástico, latas e briks; o azul, que alberga o papel e cartón; o iglú verde, para os envases de vidro; e o contedor verde convencional, para os restos non reciclables. Tamén fai referencia ao contedor específico para pilas, que pode atoparse nas casas consistoriais, colexios, centros sociais e establecementos comerciais, así como aos puntos limpos, recintos pechados onde os cidadáns trasladan aqueles refugallos que, dadas as súas especiais características e grao de perigosidade e toxicidade, deben recibir un tratamento diferenciado por parte de xestores autorizados, non dispoñendo de contedores a pé de rúa.

substituíndo aos fertilizantes artificiais. Trátase dunha forma ecolóxica coa que reducir a produción de lixo e propiciar o reciclado dos restos orgánicos, diminuíndo as cantidades de desperdicios a entregar a Sogama.

Beneficios da reciclaxe En todos os casos, explícase, dunha forma amena, sinxela e divertida, o circuíto de recollida e xestión de cada tipo de residuo, dende que se xera ata que se trata de forma correcta para minimizar o seu impacto ambiental. Ademais, e para que os usuarios poidan tomar conciencia do resultado do seu labor, infórmase acerca do proceso de reciclado dos refugallos e produtos a fabricar a partir destes, aludindo igualmente á valorización enerxética da fracción resto e a súa conversión en enerxía eléctrica, labor asumido por Sogama en Galicia. A App tamén traballa no ámbito da concienciación cidadá, argumentando as razóns polas que deben clasificarse os desperdicios en orixe e enxalzando a colaboración da poboación como condición indispensable para garantir a recuperación destes. Así mesmo, ponse de relevo o aforro, tanto de enerxía coma de materias primas, que reporta a reciclaxe. Por exemplo, que a enerxía que se aforra reciclando unha soa lata de aluminio pode facer funcionar un televisor durante tres horas, que por cada tonelada de papel reciclado evitamos a talla de 24 árbores adultas ou que o reciclado de catro botellas de vidro aforra a enerxía equivalente a manter un frigorífico funcionando un día enteiro.

des de interese: que unha bolsa de plástico pode tardar 1.000 anos en degradarse, que con 15 botellas plásticas se pode elaborar un forro polar, e con 6 briks, unha caixa Tamén se fai referencia á comde zapatos, que por cada 100 quipostaxe doméstica nas vivenlos de residuos orgánicos pódense das unifamiliares que contan con obter ao redor de 30 quilos de horta e/ou xardín, podendo fabricompost, ou que coa enerxía eléccar a partir da materia orgánica trica que se produce no complexo xerada nas mesmas un abono naA aplicación conta igualmente industrial de Sogama en Cerceda tural de alta calidade con exce- cun apartado “Sabías que... “ no lógrase abastecer unha cidade de lentes propiedades para o solo, que se inclúen datos e curiosida- tipo medio (100.000 fogares).

O xogo A información compleméntase cun xogo no que os usuarios teñen a oportunidade de levar á práctica o aprendido. O xogo consiste en que unha vez identificado o residuo que aparece na pantalla do seu dispositivo, debe identificarse o contedor de destino para posibilitar a súa recuperación. A máis acertos, máis puntos.


6

Crónicas - Setembro 2014

Actualidade ORDES

COMARCA Despois das alegacións, algúns dos cambios afectan a Oroso

Os nacionalistas insisten en integrar o Concello no grupo turístico da Área de Compostela

A Xunta aproba a delimitación definitiva do Camiño Inglés, pendente desde 1997

O BNG de Ordes amosouse “preocupado” polos efectos da que considera política de “isolacionismo municipal” practicada polo goberno local. Volveron exemplificalo coa constitución do grupo de promoción do turismo ‘Área de Compostela’, creado por dezaseis Concellos da zona sen a presenza de Ordes. O portavoz nacionalista ordense, Ramiro Recouso, lembra que en 2013 pedíronlle ao goberno de Manuel Regos que xestionase a integración no grupo. Xa entón observaran pouca vontade. E agora, ao ver que o Concello segue fóra de Área de Compostela, cren que queda mermada a capacidade de promoción dos hoteis e das casas de turismo rural, como as situadas no Camiño Inglés. Contra esa liña “isolacionista”, o Bloque reclama tamén formar parte dos Consorcios de Transporte de Santiago e da Coruña, prevista para hai varios meses e aínda sen efecto.

Parece mentira, pero o Camiño Inglés aínda carecía dunha delimitación definitiva. Alguén puxérase coa tarefa en 1997 e no 1998 xa se publicara unha traza delimitada, pero as vicisitudes da administración fixeron que ata agora non se rematase o trámite. A comezos de setembro, o Consello da Xunta aprobou por fin tal delimitación oficial. E que consecuencias ten esta medida, ademais de que os peregrinos saiban por onde teñen que camiñar, sempre que haxa sinalización? En esencia, serve para coñecer ata onde chega o ámbito de afección deste itinerario xacobeo para aplicar a Lei de Protección dos Camiños de Santiago, sobre todo no que se refire a patrimonio e paisaxe. Por exemplo, para a concesión de licenzas é precisa unha resolución previa da dirección xeral de Patrimonio Cultural, obrigada a ter en conta os valores xacobeos e a preservación dos trazos tradicionais da zona. A administración cultural tamén terá que ser informada de todo canto plan, programa ou proxecto altere a paisaxe dentro do que se chama a “bacía visual do Camiño” e poderá propoñer medidas protectoras e correctoras. No proceso de exposición pública do expediente de delimitación, que se efectuou entre finais de 2012 e comezos de 2013, presentáronse un total de 35 alegacións, analizadas polos servizos técnicos da Consellería de Cultura. O resultado foron pequenas variacións do trazado, sen alteracións significativas do total. A modificación afecta a un 4,74% da liña de traza e a menos do 1% da superficie do territorio histórico. Entre os municipios afectados polos cambios está Oroso, xunto con Ferrol, Narón e Santiago,

ORDES

Os socialistas piden no Parlamento controis especiais contra os malos cheiros Os socialistas presentaron unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para instar a aplicar controis especiais que eviten os malos cheiros que se veñen producindo, con especial intensidade e frecuencia nas últimas semanas, en lugares como Pepín, Bailía ou Vilasenín. A petición é semellante a outra que se trasladara o PSOE ordense ao pleno municipal. Tal como explica o portavoz socialista de Ordes, Xesús Pedreira, “temos que tratar de buscarlle algunha solución e, como non a conseguimos a través do Concello, decidimos acudir ao Parlamento de Galicia”. O texto presentado na cámara autonómica describe que, durante varios días do mes de agosto, os veciños de varias aldeas das parroquias de Leira e de Mercurín non puideron sequera abrir as ventás das súas vivendas por mor dos cheiros. Aseguran que é habitual que se produzan, pero non coa gravidade desta ocasión.

Peregrinos da INTO e de Tesouros de Galicia recibidos en Ordes

Visita de promoción internacional Do 15 ao 19 de setembro, unha vintena de representantes da International National Trust Organisation (INTO) e da entidade Tesouros de Galicia percorreu o Camiño Inglés desde Ferrol ata Santiago. Trátase dunha visita apoiada pola Deputación para intensificar a proxección internacional do único itinerario xacobeo que pasa pola comarca ordense. A INTO, con presenza en 68 países, conta que ven retiradas 901 parcelas do territorio histórico incoado e a incorporación de 269 novas que antes non se incluían no ámbito de protección. O Camiño Inglés está documentado desde o século XII, con peregrinacións marítimas desde Escandinavia e as Illas Británicas, que chegaban aos enclaves costeiros da Co-

cuns sete millóns de socios, máis da metade no Reino Unido. Ao seu paso pola comarca, pernoctaron no albergue de Bruma (Mesía) e en Sigüeiro. Os Concellos de Mesía e de Ordes ofrecéronlles senllas recepcións, nas que non faltou a gastronomía local: queixos e iogures de produción ecolóxica en Mesía, entre outros, e queiques e outros produtos en Ordes. ruña e de Ferrol. O itinerario desde a cidade herculina atravesa Culleredo, Cambre e Carral e o de Ferrol vén por Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos e Abegondo. Os dous conflúen na zona das Travesas, xusto antes de Bruma (Mesía), e proseguen por Ordes, Oroso e Santiago.

O PSOE pide que se limpe a ruta e acusa á Xunta de “deixación” Os socialistas de Ordes esixíronlle ao Xacobeo a limpeza do Camiño Inglés ao seu paso polo municipio. Tal como aseguran, a maleza acumúlase en determinados puntos do percorrido de tal xeito que “dificulta e nalgún caso xa case impide o paso dos peregrinos”. O concelleiro Xesús Pedreira, portavoz do PSOE en Ordes, acusa á Xunta dunha “lamentable deixación de responsabilidades” no coidado do patrimonio deste itinerario xa-

cobeo, do que destacan o seu valor económico tanto para Ordes como para o resto da comarca. Á vista do ben que se acondicionou un anaco do Camiño Francés entre O Pino e Santiago de Compostela para a visita de Angela Merkel e Mariano Rajoy a Santiago, Pedreira ironiza con se habería que convidar o primeiro ministro británico, David Cameron, para que o Xacobeo poña ao día o Camiño Inglés no municipio ordense.

A maleza dificulta o paso dos peregrinos


Crónicas - Setembro 2014

7

Actualidade COMARCA A Deputación retoma a obriga de que polo menos o 60% se invista

MESÍA

O plan provincial de obras e servizos traerá 1,8 millóns á comarca en 2015

O Concello paga e cancela o único préstamo bancario que tiña pendente

O Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación achegará case 1.780.000 euros aos sete Concellos da comarca ordense en 2015. En concreto, Cerceda recibirá 250.422,67 euros, Frades 194.972,80 euros, Mesía 223,112,91 euros, Ordes 400.670,28 euros, Oroso 242.387,80 euros, Tordoia 247.329,45 euros, e Trazo 221.083,83 euros. En toda a provincia, a contía do plan é de 24,2 millóns de euros. Xa foi aprobado polo pleno da Deputación co fin de que as administracións locais poidan incluso iniciar os proxectos que escollan o 1 de xaneiro. Unha das novidades en 2015 será que se recuperan os límites para investimentos (mínimo 60% do plan) e para gasto corrente e amortización de débedas (ata un 40%) que rexían antes da chegada do PP ao goberno da institución provincial. Desde hai dous anos permitiuselles aos Concellos usar unha proporción maior do POS para gasto corrente e débeda por mor da crise económica. Agora, segundo argumenta o goberno que

O pleno de Mesía aprobou por unanimidade a cancelación do único préstamo bancario que o Concello tiña pendente de pago. Trátase dun crédito concedido polo Banco de Crédito Local no verán de 2004 e que aínda vencería dentro de aproximadamente unha década. Para a cancelación, aprobouse habilitar un suplemento de case 169.000 euros, utilizando unha parte do remanente de tesourería de que dispón a administración local. Ademais, tamén se habilitaron outros 7.000 euros para cubrir os gastos de cancelación do crédito. Os 169.000 euros son a cantidade que restaba por pagar nos vindeiros anos. Os 7.000 son a cifra que como moito custará a cancelación, segundo o goberno. O alcalde, Mariano Iglesias, viu “abusivo que a cancelación custe o mesmo que os intereses dos vindeiros dez anos” e agarda que a entidade financeira sexa “flexible” e acepte unha rebaixa.

POS 2015 POR CONCELLOS CERCEDA

250.423 euros

FRADES

194.973 euros

MESÍA

223.113 euros

ORDES

400.670 euros

OROSO

242.388 euros

TORDOIA

247.329 euros

TRAZO

221.084 euros

TOTAL:

1.779.980 euros

Pleno da Deputación da Coruña

Reparto do POS na comarca ordense

preside Diego Calvo, marcan de novo un mínimo para obras para “fomentar os investimentos cando se empeza a notar a recuperación económica nas arcas municipais”, di. Na mesma sesión plenaria, por

unanimidade, tamén foi aprobado un convenio que asinarán a Deputación e a Xunta para financiar a mellora de camiños municipais con fondos europeos. A entidade provincial achega case 870.000 euros

O PP fará un rogo no Pleno para instar ao Concello a mellorar a atención aos usuarios para evitar demoras deste tipo

A pésima organización obriga aos usuarios da piscina municipal de Ordes a colas de dúas horas para apuntarse nos cursos de natación As persoas interesadas en participar nos cursos de natación programados na piscina municipal climatiza de Ordes tiveron que agardar este luns longos tempos de espera para inscribirse, dada a pésima organización establecida polo Concello, o que se traduciu en múltiples queixas por parte dos afectados, na súa maioría pais e nais de nenos e nenas. A inscrición para os cursos do derradeiro trimestre deste ano, efectuada este luns nas instalacións da piscina municipal das Casillas, acumulou tal demora que moitas das persoas afectadas tiveron que agardar ata dúas horas, nunha cola exterior e baixo as inclemencias meteorolóxicas. Con todo, non é a primeira vez que se

produce esta situación por mor da falta de previsión e a nula capacidade de organización do Concello de Ordes, que xestiona directamente o recinto e, polo tanto, podería ter reforzado a atención ao público con persoal municipal. Queixas dos usuarios pola falta de atención O Partido Popular, que recibiu numerosas queixas dos usuarios, formulará un rogo no vindeiro Pleno municipal para instar ao Concello de Ordes a reconducir a situación de maneira que non volvan repetirse feitos deste tipo e se mellore a atención aos usuarios, reforzando a atención ao público na data na que se abra o prazo de inscrición para as actividades programadas.

Martínez Sanjurjo denuncia a “nula capacidade de organización” do Concello


Crónicas - Setembro 2014

8

Actualidade TRAZO O alcalde destaca que posibilita un polígono industrial e serve as granxas

Trazo expón ao público o Plan Xeral sobre o que asentará o seu futuro Os veciños e veciñas de Trazo poden consultar ata comezos do mes de novembro o documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que xa superou a aprobación inicial e se somete agora a exposición pública para que a cidadanía presente as alegacións que estime oportunas. O documento, que relevará ao plan xeral do que xa dispoñía o concello, define o futuro urbanístico do municipio para os vindeiros lustros. O alcalde, José Dafonte, explicou que é un compromiso adquirido cos veciños, que “como sucede sempre, este goberno que encabezo” cumpre. O rexedor, en declaracións a Crónicas, define como “ambicioso” o plan e destaca que posibilita un polígono industrial, “semente dunha fonte de traballo no futuro de Trazo”. Pero sobre todo menciona que cando entre en vigor “dará servizo de forma inmediata ás explotacións gandeiras, que a día de hoxe son o sostén económico e fonte de traballo e riqueza”. Non esquece tampouco a regulación de plantacións forestais ou a preser-

vación do patrimonio histórico e natural, nos que ve unha fonte de ingresos crecente a medio prazo. O mandatario tracense anima aos veciños a participar no proceso de exposición pública. “Quero e espero que haxa moitas alegacións, eso será unha proba da participación dos veciños nun documento que unicamente pretende estar ao seu servizo”, asegura Dafonte, que anticipa que se tratará de que as alegacións teñan cabida no plan. Eso si, sempre atendendo os criterios legais. O rexedor de Trazo cre que sería “complicado aventurar unha data exacta” para a aprobación definitiva do PXOM, xa que “non é un proceso que dependa unicamente do Concello ou da súa vontade”, ao intervir tamén outras administracións, fundamentalmente a Xunta. LIORTA POLÍTICA A tramitación do PXOM non é allea á controversia política. Os socialistas, única oposición con representación en Trazo, opuxéronse porque

Vista da rúa principal de Viaño Pequeno

parécelles que se elaborou “con escurantismo e sen ter en conta os veciños”. Para Dafonte, o que realmente sucede é que o PSOE “oponse por sistema a todo” e carece de “sentido da responsabilidade”. Bota en falta que presentasen propostas ou iniciativas e por eso conclúe que “o único que pretenden co PXOM non é darlles

servizo aos veciños, senón desgastar o alcalde”. “Pero os veciños xa saben como actúan”, revela Dafonte. O Concello desmente calquera “escurantismo” explicando que publicitou a exposición pública nos xornais de maior tirada da provincia e no Diario Oficial de Galicia. “Eso é o que marca a lei e sen embargo nós imos máis aló”, remitindo un bando informativo a todos os domicilios, organizando charlas informativas, poñendo técnicos a disposición da cidadanía para axudar nas alegacións e difundindo o proceso nas redes sociais. Os socialistas tamén botaron man na súa crítica do informe previo á aprobación inicial elaborado pola Xunta. A súa portavoz, Beatriz Domínguez, veo “demoledor” e augura incluso que “Dafonte sabe que non llo van aprobar” polas “graves eivas” que, di o PSOE, presenta. O alcalde precisa que en realidade o que fai a administración autonómica é informar de varias “puntualizacións” que o documento recollerá para acadar a aprobación definitiva. “É un informe que se ten que atender pero non impide que o proceso siga adiante”, explica Dafonte, que lembra que estes informes son habituais na tramitación de calquera PXOM. De feito, o de Trazo é dos máis sinxelos. O alcalde pensa que o PSOE sabe que mente e lamenta que só “busquen o titular” sen aportar nada.

OROSO

COMARCA

Ultiman o derradeiro tramo da senda peonil ata Porto Avieira

O servizo comarcal de atención temperá opta a un premio

A senda inclúe as canalizacións para a recollida de augas pluviais

Estes días rematan as obras da derradeira fase de senda peonil entre Sigüeiro e a urbanización Porto Avieira. As obras, valoradas nuns 50.000 euros, acométense na rúa María Casares, utilizada con frecuencia como acceso á urbanización. O tramo ten uns 300 metros de lonxitude e vai desde as beirarrúas da primeira mazá de Porto Avieira

ata a parte da senda peonil xa existente, rematada hai dous anos. O concelleiro de Vías e Obras de Oroso, Eduardo Veiras, anuncia que “a intención é seguir mellorando a conexión da parroquia da Gándara con Sigüeiro a través de sendas peonís, polo que nun futuro agardamos poder chegar cunha senda peonil ata O Piñeirón”.

A finais de outubro saberase se o servizo de atención temperá da Mancomunidade de Ordes obtén un premio Coopera, que a Xunta outorga en recoñecemento do aforro económico acadado por corporacións municipais que ofrecen servizos en conxunto, así como a súa calidade e resultados. Segundo a Mancomunidade, a unificación dos servizos de atención temperá de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo desde 2008 supuxo un aforro de 492.000 euros. Aseguran que para a entidade supramunicipal custa 126.000 euros e que se o ofrecese cada Concello por separado sumaría uns 618.000 euros. O comunicado da Mancomunidade non entra a valorar se a unificación supuxo algún quebranto na calidade do servizo, destinado a atender as necesidades de nenos e nenas menores de seis anos con trastornos no seu desenvolvemento ou con risco de padecelos. Si relata que en 2013 atendeu 131

familias, fronte ás 143 de 2012. O equipo do servizo está composto por unha psicóloga, unha logopeda, unha traballadora social e unha psicopedagoga. Na mesma reunión plenaria na que a Mancomunidade aprobou a candidatura ao premio Coopera tamén se lle deu o visto bo á conta xeral en 2013. Sen embargo, a entidade comarcal evitou ofrecer detalles sobre os seus resultados. LINGUA NO DEPORTE Por outra parte, o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade inicia unha campaña de dinamización do uso da lingua galega no ámbito deportivo. Co lema ‘E ti, a que xogas?’, buscará a implicación das entidades deportivas da zona para conseguir a galeguización da súa actividade e que, por exemplo, o galego sexa a lingua da súa comunicación co público nas instalacións, nos acontecementos e entre profesionais do deporte.


Crónicas - Setembro 2014

9

Actualidade CERCEDA O Concello interviu tamén nas escolas da Silva, de Meirama e de Rodís

OROSO

Conclúe a rehabilitación da antiga escola das Encrobas como local social

Os socialistas celebran a súa festa anual na Penateixa con ambiente de precampaña

O Concello de Cerceda concluíu as obras de rehabilitación da escola unitaria das Encrobas como local social, dentro dunha serie de accións para recuperar este tipo de infraestruturas para uso veciñal. O propio goberno recoñeceu que era unha das escolas que peor estado presentaba, con fendas interiores e exteriores “que ponían en peligro la estructura del edificio”, afirman. O investimento foi de 17.000 euros en traballos para evitar filtracións de auga, ademais de mellorar os aseos e o cadro eléctrico. Unha das tarefas máis destacadas foi a nova beirarrúa a nivel, cunha nova reixa no chan que recolle a chuvia para derivala fóra da zona, evitando a entrada no local. Previamente, o Concello xa rehabilitara a escola da Silva, mediante unha escola obradoiro e un cambio posterior da carpintería exterior. Na escola de Meirama melloraron as aulas existentes, cambiaron os accesos e unha zona axardinada e nestes últimos días avanzaron os traballos de renovación da carpintería exterior. E

Asistiron preto de 450 persoas

A concelleira de Cultura, Begoña Rodríguez Rumbo, na escola das Encrobas

tamén na escola de Rodís se substituíu a carpintería exterior, se ben o edificio segue pendente dunha obra de reforma. A concelleira de Cultura, Begoña

Rodríguez Rumbo, destacou na súa visita ao local das Encrobas a importancia de manter en bo estado os edificios municipais “posto que nos pertencen a todos”.

Os socialistas de Oroso celebraron a súa festa anual na paraxe da Penateixa, cunha asistencia que cifran nunhas 450 persoas e que ven a máis multitudinaria de todas cantas levan organizadas. A celebración, coa asistencia da secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, entre outros, tivo un marcado ambiente de precampaña. O secretario xeral local e alcalde, Manuel Mirás, atacou o PP no municipio, ao que viu “preocupado polo moito que estamos a facer os socialistas”. Mencionou o novo CEIP, a gardería ou o enlace da AP-9.


10

Crónicas - Setembro 2014

Actualidade ENTREVISTA Adrián Mosquera Orgueira, médico e investigador da xenómica do cancro, do Mesón do Vento

“Temos que cambiar o ladrillo pola neurona” Licenciado en Medicina en 2013 pola Universidade de Santiago, agora preparando o MIR e inmerso en varios traballos de investigación propios, aos seus 25 anos Adrián Mosquera Orgueira di ter pouco tempo libre pero gozar moito co que fai. Moi autodidacta, investiga a xenómica do cancro con resultados moi prometedores e promove unha empresa biotecnolóxica. O futuro. - Recentemente publicouse na revista Frontiers in Oncology un traballo teu, relativo ao comportamento de tumores cerebrais. Cal é o principal descubrimento da investigación? - Nese traballo describimos unha serie de vías que usa ese tumor para ter un comportamento agresivo. Normalmente os meninxiomas son benignos, pero unha porcentaxe variable deles convértense en canceríxenos e iso confírelles un peor prognóstico. Este traballo permite divisar certos puntos claves para bloquear a progresión do tumor e, polo tanto, abre a porta a crear terapias individualizadas no futuro. - Que aplicación práctica podería ter? Vas poder desenvolvela? - A súa aplicación práctica será a de poder estudar como responde o tumor ante o bloqueo desas vías celulares, de cara a crear novas terapias efectivas contra el. Ademais, o traballo tamén pode ser útil para poder predicir o comportamento que vai ter un meninxioma cando aínda é benigno. Espero poder desenvolver esas estratexias nos próximos anos aquí, en España. - Boa parte da indagación susténtase na utilización da bioinformática como ferramenta. A clave da medicina do futuro está, para entendernos, en ‘reducir’ todo a ceros e uns para poder comprender a realidade e a partir de aí intervir? - A informática é o futuro e, en boa parte, o presente da medicina en certos campos. Cando imos ao hospital a que nos saquen unha radiografía ou a que nos fagan un TAC hai un programa informático que se encarga de procesar todos os datos recollidos e reconstruílos nun ordenador con múltiples vantaxes con respecto á radiografía tradicional. Ademais, existen programas informáticos feitos para diagnosticar ao doente a través da información que se pode obter na exploración clínica e nas probas analíticas ou de imaxe que se lle fagan. Agora mesmo estou facendo un traballo con secuencias do xenoma humano de diferentes pacientes, e para cada un deles teño unha media de 50 millóns de secuencias totalmente desordenadas! Sen a capacidade dun ordenador sería imposible analizar todo isto. Na medicina

témonos que acostumar a botar man da computación para mellorar a nosa capacidade de detectar sucesos que para o ollo humano pasarían desapercibidos. - Ti aprendiches bioinformática pola túa conta. Ademais do teu evidente interese, debeuse a que o sistema educativo non o facilita? Está demasiado encorsetado ou deixa abano suficiente para formarse segundo os intereses de cada persoa? - Teño que recoñecer que teño un Mosquera estudou primaria no Mesón, a ESO no Maruxa Mallo e Bacharelato no IES-1 interese “inusual” pola investigación e iso móveme a aprender novas cou- sector público está moi xerarqui- dos no proxecto, e cada día sumasas por min só constantemente. Po- zada, ou “pasas polo aro” do sistema mos alguén máis. Ademais, dende rén, o sistema educativo non é o su- que teñen montado ou te vas fóra. A o Goberno central contactaron con ficientemente flexible nos progra- xente ás veces tende a idolatrar os nós para darnos as felicitacións polo mas de aprendizaxe para incentivar científicos, pero somos persoas de éxito que tivemos. Esperamos que ao alumno a formarse naquilo que carne e óso como calquera. Na miña o Estado poida contribuír nalgunha máis lle gusta. Todo o contrario que opinión, na ciencia en moitas Univer- forma a levalo a cabo, xa que é necenoutros países, como no Canadá, sidades existe explotación dos xóve- sario asentar a base dun sector que onde existe unha grandísima diver- nes talentos para o beneficio duns a medio prazo pode atraer moita insidade de cursos para que o alumno poucos. Esa é a outra cara que non versión e crear moito traballo en Espoida orientarse aos campos que interesa que se vexa, e ese é o motivo paña. Polo de agora recibimos unha máis lle interesan. Como consecuen- de que esteamos nunha situación de felicitación do equipo de presidencia, en Galicia falta de competi- cia do Goberno español e estamos pérdese moito ta- “O Goberno español felici- tividade e pobre en contacto directo para ver as oporlento e, a medio tounos polo proxecto e es- impacto sobre tunidades de colaboración que exise longo prazo, iso a economía es- ten. Todo o contrario ocorre coa prenótase na econo- tamos en contacto, a Xunta pañola. Despois sidencia da Xunta de Galicia, que nin nin se dignou a responder” non nos pode- sequera se dignou a responder aos mía. - De onde promos estrañar de nosos intentos de comunicación. Sucede o teu interese pola ciencia? que en épocas de “vacas fracas” haxa poño que reflicten diferentes for- A ciencia sempre me gustou, recortes, xa que se non aportamos mas de entender a política, a invesdende pequeniño. A verdade é que nada non podemos esperar moito. tigación e a economía. Ao longo dos me sinto apaixoado polo que fago, e - Por onde vas orientar a túa ca- próximos meses veremos como evoiso colabora a que todo sexa moito rreira profesional? Ves posibilidades lucionan estas tendencias, aínda que máis fácil. En todo caso, non me sen- de desenvolvela aquí? teño que recoñecer que son bastante tín tentado a facer investigación cien- Penso orientar a miña carreira optimista. tífica ata que descubrín o mundo da profesional cara o sector do em- Son este tipo de iniciativas bioinformática e, con ela, a potencia- prendemento biotecnolóxico. Estou como a túa as que deben protagolidade de explotar as bases de datos comprometido persoalmente a fa- nizar o novo modelo económico do públicas. vorecer o cambio de modelo eco- que tanto se fala, o da sociedade do - É doado dedicarse á investiga- nómico español a traveś do coñece- coñecemento, ou non damos supeción? Cales son as principais trabas? mento e quero achegar o meu grao rado o modelo do cemento? - Non é doado, no meu caso non de area. Actualmente promovo un - Temos que cambiar o ladrillo teño nada de financiamento e limí- proxecto empresarial biotecnolóxico pola neurona. Non só o digo eu, tatame en certos aspectos; pero a ne- para a creación de fármacos basea- mén o di a OCDE. Creo firmemente cesidade agudiza o enxeño. Porén, dos na nanotecnoloxía e na terapia que o sistema de I+D en España nerara vez se ve a un científico espa- xénica, que son os tratamentos do cesita unha reforma que favoreza de ñol facer autocrítica das cousas que futuro e onde máis diñeiro se vai mo- forma activa a creación de empresas se fixeron mal no sector en España ver. E ademais creo que iso é perfec- e a súa participación nas redes de incando había moita inversión pública. tamente viable en España, aínda que vestigación públicas. Algo semellante Por exemplo, non se creou un tecido sempre é necesario algo de colabora- estase a facer na UE e está funcioempresarial sólido, aínda que todas ción das institucións públicas. nando ben. O resultado último desas universidades repiten como un - Que apoios agardas recibir? tas iniciativas é conseguir unha ecomantra que “hai que fortalecer a re- Actualmente contamos cunha nomía máis parecida a Canadá, Alelación entre a Universidade e a em- ampla rede de fondos de inversión mania ou EEUU que a que temos acpresa”. Ademais, a investigación no e inversores particulares interesa- tualmente.


Cr贸nicas - Setembro 2014

11

PUBLICIDADE


Crónicas - Setembro 2014

12

ESPECIAL

Colecciono E que? S

eguro que estás pensando en dicirllo ao teu fillo: “Luke, eu son o teu pai”, en canto viches a oferta do coleccionable de Planeta de Agostini (de onde proceden os extraterrestres dos chistes de taberna). Pois a verdade é que poderás ter unha bela colección de cascos de toda a saga, pero ollo, son a escala. Máis información en www. planetadeagostini.es

Hai trinta anos que os Golpes Bajos l dentro do seu álbume “A Santa Com chega o furor coleccionable e as edit variopintas TEXTO: P. Leis

O

s mercaderes no templo? Sen entrar en xulgar os vínculos relixiosos e comerciais, esta colección de Salvat ofrece unha colección “dos rosarios máis antigos e universais, obxectos preciosos e cheos de historia para coleccionar e conservar”

Os días acúrtanse e os tons plúmbeos van gañando espazo na paleta do amañecer diario. Volta á rutina despois do descanso estival. Ante este desolador panorama para moitas persoas, a alternativa é formularse unha distracción, un hobbie. Pero como pasa cos propósitos de fin de ano, a maioría non posuímos o don da constancia nin estamos dotados das habilidades que se requiren para a marquetaría, o punto de cruz ou a pintura ao óleo. COLECCIónS CONTRA o DESENCANTO POST VACACIONAL

Como sucede co noso control de peso, a forza de vontade abandónanos e buscamos atallos. As editoriais sábeno. As coleccións son como as “axudas milagre” dos fracasados da bricolaxe, o modelismo, e outras miles de nobres afeccións das que os hábiles editores nos ofrecen sucedáneos”. De que se non iamos esperar unha semana para ensamblar peza a peza a “Raíña dos mares”, especialmente ti, que na vida viches unha goleta.

T

ardaba en aparecer entre as clásicas entregas de modelismo o fantástico mustang. Cando remates e montalo ao mellor xa volve cumprir 45 anos. Pero de non o ter no garaxe, polo menos na vitrina. Oferta de www.planetadeagostini.es.

A

s pedras son outro clásico. Aforras un montón de camiñadas e quedas como un señor, ou señora, cos peques se les os pés de foto dos fascículos que acompañan á caixiña dos minerais. www.rbacoleccionables.com


Crónicas - Setembro 2014

13

ESPECIAL

no moscas. O

s Bechos do National Geografic son outra das coleccións que poderás facer a partir deste mes. É unha aposta de RBA.

lanzaban este impactante título mpaña”. Coa chegada do outono toriais téntanos con ofertas

E

fectivamente,os cascos de moto GP son do ano pasado. Pero continúan este ano e o que che roldarei morena!

S

empre convén botar un vistazo á web da editorial e mirar se as entregas se adaptan á nosa paciencia e presuposto.

PARA FREAKIES e MARCIANOS, PERO o QUE ESTEa LIBRE DE PECADO...

A continuación ofrecémosvos as propostas máis freak do mercado editorial para o outono de 2014. Cascos de Stars Wars, coches clásicos, pedras, bichos... Hai unha morea de cousas para elixir como encher de cachibaches o teu fogar, e conseguir así o compracente sorriso da túa parella. Pode que non o confesemos pero a todos se nos pasou pola cabeza, máis dunha vez, iniciar unha destas apaixonantes coleccións. E mesmo repetimos, a pesar de sufrir o desengano cos tamaños, acabados e calidades das pezas que se propoñen nos anuncios e neses enormes cartóns que adornan e envolven os primeiros números. Por suposto a día de hoxe todo é máis doado na rede. Alí tamén encontramos amantes da colección cos que compartir a nosa oculta paixón polas miniteteiras do mundo. Recomendamos a lectura do seguinte post: http://artilogio.com/teteras-de-colecci%C3%B3n-de-laexperiencia-del-t%C3%A9_93bb8.html

E

stas colecciónes non son para presas. As editoriais sábeno e premian os seus clientes por queimar etapas ou subscribirse. Pero observa que non cren que vaias usar a tarteira ata a decimosétima semana!


14

Crónicas - Setembro 2014

Economía LEITE

COMARCA Ordes, Oroso e Mesía son os municipios máis puxantes no rexistro

Acelérase a caída dos prezos, mentres a UE admitiría axudas pola desaparición das cotas

A creación de empresas na bisbarra mingua levemente con respecto a 2013

Os prezos do leite en orixe volven caer en barrena. Despois duns meses de relativa tranquilidade en 2013, no que vai de ano non hai practicamente ningunha boa noticia para os gandeiros da comarca. En xullo, as cotizacións caeron ata os 33,7 céntimos de euro por litro de media en Galicia. Deste xeito, Galicia é por primeira vez a autonomía onde peor se paga o leite, pese a ser a que máis produce. A media española está en 35 céntimos, a europea en 38 céntimos e países como Holanda e Dinamarca acadan medias de 39 e 41 céntimos. Á vista destas cifras, os sindicatos agrarios estiman que o 70% das explotacións volven vender leite por debaixo dos custos de produción. Critican que se estea debilitando o sector, cun peche de granxas galopante, xusto cando debería gañar forzar para competir nun escenario sen cotas, dentro de medio ano. En Unións Agrarias comparan con Francia, onde ademais de permanecer a produción, as explotacións e os empregos, o volume de axudas por gandeiro duplica o galego. En relación coa desaparición das cotas, a Comisión Europea asegurou que as posibles axudas que se concedan dependen dos Estados, segundo unha resposta ofrecida ao eurodeputado socialista galego José Blanco.

A creación de novas empresas na comarca de Ordes non está repuntando este ano. Ata agosto, incluído, constituíronse na bisbarra 29 sociedades, fronte ás 33 dos oito primeiros meses de 2013 e as 29 no mesmo período de 2012. Así o recollen os datos do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil, recompilados polo Instituto Galego de Estatística (IGE). A inmensa maioría das sociedades mercantís creadas nos sete municipios son limitadas. Desde 2012 ata agora non se creou ningunha anónima, 118 adoptaron a forma de S.L. (44 en 2012, 46 en 2013 e 28 no que vai de 2014), e só dúas responden a outras fórmulas societarias. Por concellos, os máis puxantes en canto á creación de novas empresas no que vai de ano son Ordes, con once, e Oroso, con dez, seguidos de Mesía, con catro. Trazo e Frades rexistraron dúas cada un, men-

Cada nova empresa custou 16.077 euros

tres que en en Tordoia e en Cerceda non consta ningunha nova sociedade mercantil. Mentres que a escasa ou nula actividade non sorprende en Trazo, Tordoia ou Frades, si que chama a atención o de Cerceda, que en 2012 vira

E A TI, QUE CHE PARECE? VANESA Si. É un moi bo momento. En tempos de necesidade aflora a creatividade. O maior obstáculo son as cotas de autónomos, desproporcionadas, máis se empezas de cero.

nacer nove empresas e en 2013 dez. O comportamento da comarca ordense no que vai de ano é moi similar ao do conxunto de Galicia, tamén sen indicios dun repunte económico neste ámbito. No que vai de ano, en todo o país constituíronse 2.892 sociedades mercantís. No mesmo período de 2013 foran 2.936, e nos oito primeiros meses de 2012 a cifra fora de 2.897. Segundo o IGE, o capital medio co que se creou unha empresa no que vai de ano en Galicia é de 16.077 euros. Concretando por tipoloxías, as sociedades anónimas precisaron unha media de 60.000 euros para o seu nacemento, as sociedades limitadas situáronse en 15.799 euros e as outras fórmulas societarias rondan os 11.523 euros. Por sectores, comercio (30,3%), hostalaría (14,5%), e industria e enerxía (10,4%) encabezan as novas compañías.

CREARÍAS A TÚA PROPIA EMPRESA? CARMEN Yo sí. Los tiempos no son los mejores, pero algo llamativo y que realmente haga falta tendría que ir bien. La cuota de autónomos es muy alta. Deberían ayudar más a la gente emprendedora.

ANA ISABEL Se non teño outro traballo, si. Hai que buscar alternativas. Todo é arriscado, pero se non te propos nada... O maior obstáculo é o diñeiro, todo o que tes que pagar só para abrir.


crónicas - Setembro 2014

15

XeNte de Aquí

Crónicas O mellor escaparate para o seu negocio na comarca de Ordes

outlet

20% 30% 40% 50%

617 917 130 / cronicas.comarcadeordes@gmail.com

Alfonso Senra, 144 ORDES

ORDES

ORDES

De Chernóbil ata Ordes para ter unhas vacacións saudables

O verán ordense concluíu entre diplomas, medallas e bocatas

Este foi o quinto ano consecutivo que a nena rusa Anastasia A. pasou as súas vacacións estivais cunha familia de acollida en Ordes. Son só unhas semanas, pero teñen moita máis importancia da que aparentan, xa que a rapaza procede da zona de Chernóbil, afectada polas consecuencias dos escapes radiactivos do accidente da central nuclear en 1986. Estímase que cada tempada que pasa lonxe da súa casa a súa esperanza de vida increméntase en dous anos. E como ela outros 64 nenos e nenas de entre oito e dezasete anos, que participaron nun programa autonómico que facilita este tipo de desprazamentos e estancias con familias de acollida. No caso de Anastasia A., tivo tempo a pasalo ben con todo tipo de actividades. Foi frecuente vela unha vez máis na biblioteca municipal e nos cursos de natación da piscina, nos que obtivo o correspondente diploma. A rapaza foi recibida tamén

Os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia, sen tempo a aburrirse

Regos, Anastasia e Iglesias

polo goberno municipal na Casa do Concello. O alcalde, Manuel Regos, e o concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias, entregáronlle os diplomas e as medallas de natación e desexáronlle moita sorte, agardando o seu retorno en 2015.

coorudene sels o

Muebles de Cocina Fuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29 Móvil: 629 808 796 couselo cocinas@telefonica.net

15680 ORDES A Coruña

981 688 366

Electrodomésticos Alfonso Senra, 116 Tel: 981 68 08 09

A xornada de clausura das escolas de verán e dos cursos de natación do Concello de Ordes contou coa participación duns 150 menores na piscina do Muíño. O remate destas actividades de conciliación e de promoción do deporte consistiu nunha festa con xincanas, xogos e probas físicas e de habilidade preparada polos monitores que durante o verán atenderon os cativos.

Ademais, desenvolveuse a campaña autonómica ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’, para a promoción de hábitos alimenticios saudables, en concreto do consumo de conservas de produtos do mar. O alcalde, Manuel Regos, e os edís Silvia Marín e Roberto Iglesias, acudiron á xornada de clausura cos máis pequenos e entregáronlles as medallas e os diplomas de participación.


16

Crónicas - Setembro 2014

xente dE aquí TORDOIA

FRADES

Percorrido pola Mariña de Lugo para máis de trescentos maiores

A romaxe das Virtudes perde xa a conta dos participantes

Os actos relixiosos empezan a quedar diluídos no medio da macrofesta

Participantes dunha das saídas municipais, na praia das Catedrais

Algo máis de trescentos veciños e veciñas de Tordoia, pertencentes ao colectivo da terceira idade, participaron na excursión organizada especificamente para eles polo Concello. O destino escollido este ano foi

a Mariña de Lugo. Tiveron ocasión de coñecer Ribadeo, a emblemática praia das Catedrais e tamén a localidade de Mondoñedo, coñecida por ser o berce de Álvaro Cunqueiro, pola súa catedral e, desde outra óptica, polas súas tortas.

Polo menos 5.000 persoas, e quen sabe cantas máis. A romaxe das Virtudes, en Vitre (Frades), ratificouse neste 2014 como unha das festas más concorridas da comarca. A comisión organizadora confirmou que se ocuparon as duascentas reservas de espazo e estima unha media superior a vinte en cada unha delas.

E a maiores están innumerables grupos que se instalaron pola súa conta, sen reserva, pola contorna. Comida e bebida desde o mediodía ata agotar existencias converten a romaxe nunha macrofesta na que os actos relixiosos, aínda sendo moi concorridos, comezan a ser máis unha escusa que un motivo.

FRADES

OROSO

Saída municipal pola paisaxe e a gastronomía das Rías Baixas

A Semana Cultural ofreceu ocio para toda a familia en Sigüeiro

Participantes na excursión de Frades, preto do catamarán que navega pola ría

Espectáculo de acrobacias aéreas que lle puxo o punto final á programación

Veciños e veciñas de Frades tiveron ocasión de coñecer a Ría de Arousa nunha excursión organizada polo Concello. A viaxe levounos primeiro á illa da Toxa, para despois efectuar un paseo en catamarán desde O Grove pola ría. Trátase dunha das atraccións máis recorrentes dos

Números de teatro, maxia, monicreques, música, contacontos, excursións, xogos, cursiños e ata un exitoso obradoiro infantil de decoración en repostaría. A programación da Semana Cultural de Oroso levou ata Sigüeiro unhas vinte propostas diferentes que encheron de ocio as xornadas de va-

visitantes a esa zona, recoñecida pola calidade dos seus mariscos e dos seus viños brancos. E despois do xantar, os excursionistas fradenses tiveron tempo aínda para coñecer Combarro e pasear polo seu conxunto histórico e artístico de gran valor patrimonial.

cacións e ocio de toda a familia. Mais as propostas culturais non se deteñen e ata este 24 de setembro continúa aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros do curso 2014/2015, con clases de debuxo e pintura, cestería, patchwork, traballos manuais, labores, fotografía, repostaría, teatro ou baile.


Crónicas - Setembro 2014

17

xente dE aquí ORDES O Concello fai un balance “positivo” e na rúa piden máis imaxinación

Catro días de festa a todo ritmo Ordes viviu con intensidade as súas festas patronais, con catro días continuos de celebracións e diversas actividades complementarias nos días previos. Para o Concello, o balance de participación e asistencia é “máis que satisfactorio”, con milleiros de persoas nas misas e procesións, nas atraccións para a infancia e nas actuacións musicais de sesión vermú e de verbena nocturna. O goberno local destaca especialmente as actuacións das orquestras Alarma, Palladium, Pontevedra, Armonía Show ou Sintonía de Vigo. Pero sobre todo menciona a verbena conxunta coas formacións Panorama e Bahía Blanca, que lles puxeron o punto final ás festas, cunha asistencia que tería superado as 6.000 persoas, segundo o Concello. Non obstante, non todas as valoracións a pé de rúa foron tan optimistas. Se ben boa parte da sociedade e dos establecementos viron aceptables as celebracións e comprenden as limitacións impostas pola crise económica, que non permiten grandes dispendios, outros lembran que as patronais de anos atrás atraían

DÍA DO EMIGRANTE

Andrés Lata, protagonista este ano

A homenaxe que o Concello de Ordes lles rende aos emigrantes nas festas patronais tivo este ano como protagonista a Andrés Lata, natural de Frades, emigrado a Suíza nos oitenta e con residencia na Fraga da Galiña (Ordes). Recibiu unha placa de mans do alcalde, e houbo misa con ofrenda floral. A procesión do 15 de agosto móvese na fronteira entre acto relixioso e social

moito máis público. Cren que entón si estaban á altura do que debe ser Ordes como capital comarcal, cuestión que agora poñen en dúbida. E outros aseguran que facer unhas festas mellores e máis atractivas non supón necesariamente gastar máis cartos, senón esforzarse en artellar unha programación imaxinativa para públicos de diversos ámbitos.

A actuación da orquestra Panorama púxolle o punto final ás festas patronais

Nas xornadas previas ás festas patronais, a vila ordense acolleu a sexta edición do Día da Muiñeira, que superou os 400 espectadores. A celebración, na Alameda, contou coa participación da agrupación folclórica e cultural Sementes da Arte, da Escola

de Música e Baile Tradicional de Mesía, do grupo de danzas da Asociación Cultural Veciños de Leira, das pandereiteiras Somós Nós, e do grupo de gaitas Os Viqueiras. Antes da actuación na Alameda, todos os grupos ofreceron un pasarrúas.


Crónicas - Setembro 2014

18

xente dE aquí TORDOIA

ORDES

A Festa do Neno divirte máis de cen participantes

O Día do Neno de Ordes tivo que celebrarse a cuberto

Centos de nenos e nenas xogaron coas atraccións no pavillón do Campomaior O lanzamento de escuma foi a actividade que máis lles gustou aos nenos

A Festa do Neno de Tordoia mobilizou máis de cen participantes na piscina municipal e nos seus espazos anexos. O Concello preparou para esta celebración, que ten lugar cada verán, diversos xogos inchables e acuáticos, obra-

doiros de maquillaxe e moitos outros divertimentos. As actividades concluíron cunha festa da escuma, que en pouco tempo cubriu de branco a todos os participantes e aos familiares que se achegaron para acompañalos.

O Día do Neno 2014 de Ordes tivo que celebrarse a cuberto por mor das condicións meteorolóxicas. Deste xeito, a diversión trasladouse desde o Campo da Feira, a ubicación habitual, ata o pavillón do Campomaior. Pero o cambio de emprazamento non desmotivou os cen-

tos de participantes, que durante toda unha tarde se divertiron coas atraccións e xogos organizados. Inchables, zancudos, colchonetas, ou obradoiros sobre vidro, maquillaxe ou pintura conformaron as actividades da xornada, que culminou cunha festa da escuma no patio do Campomaior.

MESÍA

FRADES

Xincana de xogos e lanzamento de escuma na Festa da Auga

Tres intentos para unha Festa da Auga que se fixo agardar

A avaría da lanzadeira de escuma obrigou a pospoñer a festa o primeiro día As instalacións da piscina de Mesía están moi concorridas todos os veráns

A Festa da Auga do Concello de Mesía, celebrada nunha xornada soleada, animou os numerosos participantes cunha xincana de xogos acuáticos na piscina pública municipal e no seu campo contiguo.

Ademais, instaláronse elementos inchables desde os que poñer a proba o equilibrio e tirarse a auga. O evento rematou coa clásica festa da escuma, á que se sumaron tanto pequenos como maiores.

Unha avaría na máquina lanzadora de escuma no día inicialmente previsto e a chuvia na segunda data programada fixeron bo o dito de que ‘á terceira vai a vencida’ no caso da Festa da Auga do Concello de Frades. Ao terceiro intento, deceas de nenos e nenas puideron pasalo ao

grande co tobogán acuático e cos xogos inchables situados na piscina de Papucín, reservando unha pequena piscina portátil para os máis pequenos. E por suposto non faltou o lanzamento de escuma final, que sempre chama a atención do público infantil e acaba por implicar tamén os maiores.


Crónicas - Setembro 2014

19

xente dE aquí COMARCA Na contorna da estación da Pontraga

Celébrase a décima romaxe ‘Por un mundo rural vivo’ A contorna da antiga estación ferroviaria da Pontraga, no límite entre Ordes e Tordoia, foi o escenario da décima romaxe ‘Por un mundo rural vivo’, organizada polo Sindicato Labrego Galego da comarca de Ordes. A celebración comezou cun xantar tradicional, que deu paso durante a tarde a competicións con xogos tradicionais, música e mesmo o sorteo

dun año para as persoas que participaron. Aberto tanto a persoas afiliadas como non afiliadas ao SLG, este evento ten lugar cada ano, está concebido como unha “unha festa de irmandade labrega” e serve para que os participantes se divirtan e compartan as inquedanzas do sector agrogandeiro na comarca.

As actuacións musicais da festa na Pontraga animaron a pequenos e maiores

FRADES

ORDES

Churrascada e xogos de balde na Festa da Xuventude fradense

Grandes doses de espectáculo na tradicional malla de Ardemil

Os xogos no Tambre foron unha das peculiaridades da festa

Curiosos e nostálxicos son o principal público da Festa da Malla de Ardemil

A Festa da Xuventude de Frades concitou decenas de participantes na área recreativa dos Pasos. Durante a xornada, a mocidade local compartiu unha churrascada gratuíta e entretívose nunha xincana de xogos, algúns sobre terra firme e outros na auga, aproveitando a presencia do río Tambre. Obstá-

Pode parecer que a recreación da malla tradicional de Ardemil (Ordes) é pura monotonía, todos anos o mesmo. Pero nada máis lonxe da realidade. Aínda que as tarefas da malla en si mesmas non teñen nada de innovador, os organizadores, a asociación Castro da Croa, bótanlle cada ano máis

culos de estadas, campos de neumáticos ou balas de palla escalables foron algúns dos retos fóra da auga, mentres que os que se lanzaron ao río puideron atravesalo en botes inchables, pugnar por tirar o rival ao río ou camiñar sobre un madeiro tratando de completalo sen caer á auga.

imaxinación e esforzo para conseguir un espectáculo que atrae centos de persoas. O máis destacado deste ano foi a chegada dos xornaleiros nun avión moi ben feito... ao que só lle faltaba voar. Non faltaron as exposicións de antigüidades, a música, o xantar ou a concentración de tractores vintage.

OROSO Exposición en Sigüeiro coas obras de 65 artistas portugueses e galegos

ORDES

GóisOrosoArte 2014, aberto ata o 3 de outubro

Chega a tradicional festa do 24 a Poulo

A exposición GóisOrosoArte 2014 abre ata o 3 de outubro no centro cultural de Sigüeiro. A mostra recolle 65 pezas de pintura e escultura, 40 de artistas galegos e 25 de artistas portugueses e doutras nacionalidades. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destacou a calidade da obra presentada, na inauguración xunto ás autoridades da localidade de Góis, irmandada con Oroso. Alumnado da Aula de Música actuou no acto.

A parroquia de Poulo celebra estes mércores 24 e xoves 25 de setembro as festas na honra da Virxe da Mercede, con actos relixiosos na capela situada no lugar da Calle e os tradicionais xantares de campo. O primeiro día actúan Fania Blanco Show e Combo Dominicano e o segundo unha agrupación musical á saída da misa e Sintonía de Vigo á noite.


Crónicas - Setembro 2014

20

DEPORTES ACTO A partir das 19 horas no auditorio municipal TENIS DE MESA A partir do 4 de outubro

Reforzos no Oroso TM para afrontar a nova tempada

Cerceda celebra a súa Gala do Deporte o vindeiro sábado 27 O Concello de Cerceda celebrará a súa Gala do Deporte o vindeiro sábado 27 de setembro a partir das 19 horas. O emprazamento escollido para este evento é o auditorio municipal. O acto servirá para recoñecer o labor dos deportistas de Cerceda

que máis destacaran polos seus éxitos durante a tempada 2013-2014 en distintas modalidades. Segundo o programa anunciado pola administración local, na gala actuará a ‘Banda del Camión’, para depois darlle paso á recepción dos deportistas homenaxeados.

PÁDEL O equipo, retratado no V Torneo Internacional do Concello de Oroso

O Oroso TM afronta cunha serie de reforzos o calendario de competicións que comeza o 4 de outubro. O club cre que é a tempada “máis importante” dos seus oito anos de existencia, tras acadar na pasada campaña catro ascensos en ligas nacionais, entre eles á máxima categoría da Super División Masculina. Os reforzos veñen en boa medida da canteira e dos xóvenes valores, que permitiron posicionar o Oroso TM no máis alto. Por eso, renovaron a Javier Obelleiro, xogador formado na propia entidade e que agora tamén se integrará no equipo técnico como responsable dos xogadores máis novos, e ao nixeriano Lawal Abiodun, cunha ampla experiencia internacional. Destaca tamén o acordo do Oroso TM co internacional sub23 Javier Benito, procedente do CDTM Rivas, e integrante da selección española. torneos estivais Aínda que a tempada comeza dentro duns días, nas últimas semanas xa se foron disputando diversos torneos, habituais do calen-

dario de verán. Un dos máis destacados foi o do Albariño, en Cambados, pertencente ao Circuíto Galego. Na proba infantil masculina, Uxío Regueiro impúxose ao cambadés Martín Regueiro por 3-2. Camilo González e Lois Teixeira tamén chegaran ás semifinais, copadas así por tres xogadores do Oroso TM. No Torneo Cidade da Coruña, que tamén serviu de rodaxe para os xogadores, o Oroso TM acadou tres primeiros postos (Xandre Iglesias en categoría alevín, Camilo González en infantil e Uxío Regueiro en xuvenil) e unha segunda praza (Silvia Álvarez na proba absoluta feminina). E no Torneo Internacional de Oroso, destacan como logros as pratas para Naiara Couselo e Uxío Pampín en benxamíns, o ouro para Xandre Iglesias e Adán Calvo en alevíns, o bronce para Abril González en alevín feminino, bronce para Camilo González en infantil, ouro para Uxío Regueiro e prata para Sara Martínez en xuvenil, bronce para Olaya Cea en sub23, ouro para Lawal Abiodun, bronce para Javier Obelleiro.

Campionato para Rivera e Vieites O campionato de pádel do Concello de Frades deste ano viu como se proclamaban campións Carlos Rivera e Pedro Vieites. Impuxéronse na final a Javier Méndez e Jandro cun resultado de 4-6, 7-5 e 3-6. A organización entregoulles trofeos tanto aos gañadores como aos subcampións. Cun total de oito parellas en liza, o torneo disputouse a xeito de liga ao mellor dun só set, pasando á seguinte fase os catro mellores. Esta foi a sexta edición do campionato municipal, que se xogou nas instalacións de pádel situadas en Papucín.

FÚTBOL SALA Prazo aberto ata o 13 de outubro

Inscricións para a liga de Ordes O Concello de Ordes mantén aberto desde hai uns días o prazo de inscrición para os equipos que estean interesados en participar na súa liga local de fútbol sala na edición da nova tempada 2014-2015. Todos os equipos que desexen

competir deberán ter en conta que o prazo remata o luns 13 de outubro. O lugar ao que deben dirixirse, e onde ofrecen máis información, é o departamento municipal de Deportes, ubicado no primeiro andar da Casa do Concello.

FÚTBOL Derrotou na final ao Sigüeiro B

O Sigüeiro A, campión do XII Torneo do Concello

O resultado da final foi de cero goles a dous, en favor do Sigüeiro A

O Sigüeiro A proclamouse campión do XII Torneo de Fútbol do Concello de Oroso, disputado no campo municipal en Deixebre. Os gañadores impuxéronse na final aos seus compañeiros do Sigüeiro B, cun resultado de 0 a 2. O Sigüeiro A accedera á final tras vencer na primeira das semifinais da competición á S.D. Deixebre (0-1), mentres que o

Sigüeiro B lograra o pase á final gañándolle á E.D. Oroso (1-2). O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e concelleiro de Deportes, Luís Rey, encargáronse de entregarlles os trofeos ao campión e ao subcampión. Ademais, os dous representantes municipais desexáronlles sorte e éxitos aos futbolistas na tempada de liga recén iniciada.


Crónicas - Setembro 2014

21

DEPORTES FÚTBOL O Torneo Interparroquial Concello de Mesía mobiliza máis de 300 espectadores no campo de Visantoña

O alcalde entrega o trofeo de campión

Equipo da parroquia de Mesía, campión en fútbol 11

Integrantes do equipo de Olas, subcampións en fútbol 11

A parroquia de Cumbraos gañou na categoría de fútbol 8

Segundo posto en fútbol 8 para o equipo de Visantoña

Victorias para os equipos das parroquias de Cumbraos e de Mesía O equipo da parroquia de Mesía gañou o Torneo Interparroquial de Fútbol 2014 do Concello de Mesía na categoría principal, a de fútbol 11. O subcampión foi o equipo da parroquia de Olas. Na competición de fútbol 8, venceron os integrantes do equipo da parroquia de Cumbraos, mentres que os de Visantoña acadaron a praza de subcampións. 300 espectadores Na categoría de fútbol 5, novidade

este ano, venceu o equipo de Mesía, co de Visantoña segundo. O Torneo Interparroquial de Fútbol 2014 de

Mesía foi seguido por máis de 300 espectadores ao longo de toda a xornada e contou co patrocinio de Coca-

Cola. Entregaron os trofeos o alcalde, Mariano Iglesias, e o concelleiro de Deportes, Iván Méndez.

XADREZ Con notables éxitos individuais

O Xadrez Oroso, entre os dez primeiros da pasada tempada O Club Xadrez Oroso clasificouse entre os dez primeiros equipos de entre sesenta de toda Galicia na pasada tempada, pese a ser novo en competición e medirse contra entidades moito máis veteranas. A nivel individual, xadrecistas de Oroso colleitaron tamén importantes éxitos, como Carmen Míguez Pais, campioa sub-14 no derradeiro Tor-

G

neo de Lalín e no Circuíto Galicia Central; Sara Míguez Pais, campioa sub18 en Lalín e campioa sub-18 do Circuíto Galicia Central; e Martín Pena Varela, campión sub-14 en Lalín e subcampión sub-18 en Galicia Central. O 3 de outubro comeza a nova tempada, coas clases do mestre de xadrez Roberto Patiño.

Integrantes do Club Xadrez Oroso nun momento do Torneo de Lalin

Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González

A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

ABOGADO - GRADUADO SOCIAL

CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30

G

ASESORÍA JURÍDICA

PREFERENTES

PENSIONES

SEPARACIONES

SEGURIDAD SOCIAL

CIVIL / HERENCIAS

Telf. 981 150 128

ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30

Fax 981 246 789


Crónicas - Setembro 2014

22

DEPORTES FÚTBOL O Xuventude logrou ser subcampión e o Santirso levou a competición na categoría cadete

O Papucín imponse no maratón de fútbol de Frades

Os dous conxuntos que disputaron a final da categoría de fútbol 11

Na categoría cadete enfrontáronse o EDM Frades co Santirso

O equipo de Papucín proclamouse campión do XVII Maratón de Fútbol 11 do Concello de Frades, ao impoñerse na final ao Xuventude cun resultado de 3-1. O Papucín acadou a final vencendo o Aiazo (3-0) e o Xuventude obtivo o pase derrotando o Paboi (2-0). Na competición, no campo de fútbol de Abellá, parti-

recibiu un gol en todo o torneo, foi distinguido Saúl, do Papucín, equipo que contou todos os seus encontros por victorias. Todos os equipos participantes recibiron un trofeo conmemorativo e a aliñación gañadora obtén como premio unha cea nun restaurante do municipio.

ciparon oito equipos. Os dous goleadores máis destacados do maratón foron Rivera, do Papucín, e Nicolás, do Xuventude, que marcaron cinco tantos cada un ao longo da competición e que por tanto compartiron o trofeo de máximos anotadores. Como porteiro máis eficaz, que só

Por outra parte, na categoría cadete do maratón de fútbol 11 a victoria foi para o Santirso. Nun partido moi entretido, impúxose por 2-1 ao EDM Frades. Entregaron os trofeos das dúas categorías do maratón o alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro Miguel Prado.

TENIS

BICICLETA

Mateo Fernández gaña o Torneo de Tenis do Concello de Mesía

Frades celebra o seu Día da Bicicleta con dúas rutas distintas

Os finalistas, cos seus trofeos e co concelleiro de Deportes de Mesía

Algúns dos participantes na xornada sobre dúas rodas, a punto de saír

Mateo Fernández venceu a Manuel A. Gontán na final do Torneo de Tenis do Concello de Mesía, cun resultado de 6-3 e 6-1. Gontán xa fora subcampión o ano pasado. O gañador accedeu á final tras vencer na súa semifinal a José A.

O Día da Bicicleta de Frades congregou unhas sesenta persoas, cun percorrido de trece quilómetros para os maiores de once anos e outro de tres quilómetros e medio para os máis pequenos. Acompañados por efectivos da

Gendra. O subcampión disputara a outra semifinal con Iago Couto. Os trofeos do torneo, disputado nas pistas do complexo deportivo de Xanceda, entregounos o concelleiro de Deportes, Iván Méndez.

Garda Civil e dun vehículo do Concello, os do itinerario de maior lonxitude adentráronse en pistas forestais de Gafoi, Papucín, Vitre e Céltigos, sempre coa saída e a chegada na Pontecarreira. Ao remate, sorteouse material deportivo.


Crónicas - Setembro 2014

23

DEPORTES ATLETISMO Ela en héptatlon e el en décatlon

Rodríguez e Domínguez, cuartos no europeo veterano A atleta ordense Ánxeles Rodríguez foi cuarta en héptatlon no Campionato Europeo de Veteranos, disputado en Izmi (Turquía). A proba inclúe 100 metros valos, salto de altura, lanzamento de peso, 200 metros lisos, salto de lonxitude, lanzamento de xavelina e 800 metros lisos. Para Rodríguez foi especialmente satisfactoria a parte dos 200 metros lisos, ao

mellorar a súa marca persoal de 38 a 37 segundos. Ademais, Pepe Domínguez, adestrador de Rodríguez e recoñecido impulsor de Atlética A Silva, logrou tamén un cuarto posto en décatlon. Faltáronlle só doce puntos para o bronce e mellorou claramente o quinto posto que acadara no europeo disputado en Alemaña en 2012.

Aínda que non dá dereito a podio, un cuarto posto europeo é motivo de celebración

CARREIRA Os participantes destacaron as esixencias do trazado, que combinou terra e asfalto

Javier Tourís e Mª José Grobas marcan o paso en Mesía A IV Carreira Concello de Mesía tivo como gañador absoluto a Javier Tourís, do club Coruña Comarca, que completou os doce quilómetros nun tempo de 42’03’’. Segundo foi Borja Sánchez (club Nimo del Oro), que precisou só 4 segundos máis. E a terceira posición correspondeulle a Emilio Martínez (Egovarros), cun tempo de 43’45’’. Na clasificación feminina, a victoria foi para María José Grobas (Mesía), cun tempo de 56’00’’. A 26 segundos entrou María Luisa López

(Egovarros) e a 29 Natalia Míguez (CAS Sada). Ademais da carreira xeral, con premios para as diversas categorías de idade e xénero, disputáronse probas para os máis pequenos e unha minicarreira de seis quilómetros de lonxitude. Nesta, o podio masculino encabezouno Amador Pena (club Noitebra) cun tempo de 19’35’’ e a clasificación feminina liderouna María Jesúa Orgeira (Tordoia) con 26’57’’. A competición volveu acadar un

Saída da Carreira desde a explanada do campo de fútbol municipal en Visantoña

récord de participación, con 240 corredores. Segundo o Concello, valoraron especialmente o deseño da proba, cun itinerario moi esixente que combinou tramos de asfalto con outros de terra e cunha orografía con pendentes que os obrigaron a esforzarse. Un cento de persoas acudiron ata a saída e meta en Visantoña como espectadores e varias deceas

máis apostáronse ao longo do trazado para seguir a proba. O Concello destacou a colaboración de veciños, asociacións e empresas na organización da carreira, tanto co préstamo e doazón de material como co traballo desinteresado ou a entrega de premios. Todo ese labor permitiu que a proba resultase de balde para os inscritos.

Grobas (esq.) e Tourís (dta.) no máis alto dos seus podios, co primeiro tenente de alcalde de Mesía, Antonio Quindimil, entregando os trofeos da competición


Crónicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 18-09-2014. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com

SORTEO Unha ordense gaña o reproductor mp3 sorteado por Crónicas e Tien 21

ler crónicas sempre compensa

Os paxariños da Alameda

Non era un coche nin un apartamento, como manda o clásico, pero espertou moita ilusión. O sorteo dun aparato reproductor mp3 co que Crónicas quixo premiar a fidelidade dos seus milleiros de lectores en toda a comarca xa ten gañadora. É María José Villaverde Manteiga, de Ordes, que acudiu a recoller o agasallo ao establecemento de Tien 21 de Ordes, doador do premio. A gañadora, que ademais xa era parte da numerosa clientela de Tien 21, amosouse moi satisfeita e agradecida coa fortuna. Asegura que non adoita fiarse moito dos sorteos, sobre todo nas redes sociais, pero ten claro que a partir de agora vainos tomar máis en serio. O premio sorteouse entre todas as persoas que teñen a páxina de facebook de Crónicas entre os seus gustos e preferencias nesta rede social. Nesa páxina, este periódico actualiza permanentemente as noticias da comarca, como complemento da actualidade que se ofrece, de xeito máis completo, repousado e analítico, no periódico mensual en papel. Villaverde asegura que segue Cró-

O ornitólogo dedicouse estes días a observar especies que non son da súa competencia. Descubriu que os porcos son incapaces de mirar ao ceo. Non lles deixa a anatomía do seu pescozo. Só ven cara adiante, e pouco. E só outean o horizonte tumbados.

Camión do lixo

A sorte está botada. Nuns días, poda. Xa se verá se a roseira fértil murcha ou renace. Nos roupeiros hai camisas brancas, por se fixesen falta. É a moda.

Entrega do premio do sorteo 2.0 de Crónicas e Tien 21 a María José Villaverde

nicas a través das redes sociais e por suposto na versión impresa. “Sempre o collo no centro médico, nas tendas ou calquera sitio dos moitos onde se reparte”, comenta. Relata que toda a familia o le con moito interese. Desde Crónicas agradecemos os

numerosos recoñecementos á unica oferta informativa propia, próxima, honesta, solvente e plural coa que conta a comarca ordense. Seguiremos intentando merecelos coa aposta polo xornalismo e, por que non?, con algún novo sorteo.

Lavado de rúas

Camión basura

O florileiro do Álferez tenas para cada día, non só as dos domingos. Pero a elegancia vai por dentro e nos últimos días perdeu as formas. Aflóralle a verdadeira calaña. Claro que tamén o puxeron no seu sitio. E o gaivoto vello, por certo, anda nas mesmas. Perdeu plumas, está nervioso.

Transporte de residuos

GRUPO

Camión RSU

Tractor desbroce

portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDA Oficina: 981 693 072 / 639 200 204 - correo@grupocercedasol.es Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es

Movemento de terras

xestión de punto limpo

Camión lavacontedores

Barredora


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.