TORDOIA
Páx. 22
A veciñanza conta as súas vivencias co galego nun documental
C RÓ N I CAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 76 - Maio 2020
ORDES A Deputación retomou os traballos, que supoñen un investimento de 89.500 euros
Avanzan a bo ritmo as obras na estrada Ordes-Cerceda, no Mesón do Vento A Deputación Provincial da Coruña retomou as obras de rehabilitación estrutural
do firme da estrada DP 2405 Ordes-Cerceda. Trátase de seiscentos metros na locali-
dade ordense do Mesón do Vento, concretamente entre a rotonda da N-550 e as
proximidades do restaurante Avelino, en dirección á Brea.
Páx. 2
A cuberta da piscina de Sigüeiro, lista en xuño
cerceda
Pagan 211.000 euros por xuizos de hai 15 anos Páx. 5
TRAZO
Licitan obras de mellora de camiños e de eficiencia enerxética
Páx. 6
FRADES
Piden unha senda peonil de Ponte Carreira a Aiazo Páx. 7
cerceda
Páx. 6
Sogama valoriza máis de 65.000 quilos de residuos sanitarios Páx. 8
CRÓNICAS - Maio 2020
2
Actualidade ORDES A Deputación da Coruña retomou os traballos, que supoñen un investimento de 89.500 euros
Avanza a bo ritmo a renovación do firme na estrada Ordes-Cerceda, no Mesón do Vento A Deputación da Coruña retomou as obras de rehabilitación estrutural do firme da estrada DP 2405 OrdesCerceda. Seiscentos metros na localidade do Mesón do Vento, concretamente entre a rotonda da N-550 e as proximidades do restaurante Avelino, en dirección á Brea. Unhas obras que supoñen un investimento de 89.500 euros e que suporán o corte ao tráfico deste tramo de estrada ata o vindeiro 8 de xuño. As obras inclúeen a demolición e renovación completa dun total de 1.440 metros cadrados do firme da estrada, que se atopaba seriamente danado, o fresado e excavación de saneo cun metro de profundidade e o recheo posterior con zahorra e tres capas de MBC. Ademáis, o executarase a substitución da tubería de PVC para a recollida de pluvais do tramo e a renovación da sinalización horizontal e vertical. Ano e medio de atraso O Concello de Ordes xa comunicara formalmente en varias ocasións dende febreiro de 2017 a necesidade imperiosa de levar a cabo esta obra coa maior rapidez posible, debido ás deficientes condicións que presentaba e que incidían na falta de seguridade para o tránsito de vehículos e dos peóns. “Que as obras se vaian inciar por parte da Deputación da Coruña alégranos, a pesar de ter que esperar máis de un ano e medio sobre o prazo inicialmente comprometido; agardando agora se executen coa maior dilixencia posible”, indica o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo.
As obras suporán o corte do tráfico neste tramo da DP-2405 Ordes-Cerceda ata o vindeiro 8 de xuño
OROSO O material é unicamente para uso escolar
Concello e Cruz Vermella poñen a disposición do alumnado kits que permiten a conexión a Internet
O Concello mercou o router e Cruz Vermella achega a liña de datos 4G
A Concellería de Mulleres, Ensino e Benestar Social do Concello de Oroso, en colaboración con Cruz Vermella, vén de poñer a disposición das rapazas e rapaces dos colexios do municipio uns “kits” que permiten a conexión a Internet . Os “kits” están compostos por unha liña de da-
tos 4G, cedida por Cruz Vermella, e un router 4G, adquirido polo Concello de Oroso. Este materíal é unicamente para uso escolar, polo que dende o Concello orosá advirten de que podería “ser retirado se se detecta un abuso esaxerado de consumo”.
CRÓNICAS - Maio 2020
3
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Maio 2020
4
Actualidade TRAZO
CERCEDA A nova planta de 9.000 m2 pode valorizar ata 65.000 toneladas anuais
O Concello devolverá as taxas polas actividades interrompidas por mor da COVID-19
Vázquez visita Sogapol, empresa que recupera o plástico que recibe Sogama
O Concello de Trazo devolverá aos veciños e veciñas que o soliciten o importe correspondente aos tres meses nos que as actividades deportivas, culturais e sociais estiveron interrompidas por mor da COVID-19. Deste xeito, só aboarán 5 meses os anotados en predeporte, fútbol sala, baloncesto, atletismo, bádminton, pilates, zumba, ximnasia de mantemento, ximnasia para a terceira idade, baile en liña, pandeireta e obradoiro de memoria. Para conseguir a devolución das taxas pagadas hai que dirixir un escrito ao mail serviciosdeportivostrazo@gmail.com indicanto o nomeo da persoa usuaria, o seu DNI, a actividade na está inscrita e o número de conta onde o Concello fará o ingreso. Máis información: 682 902 185.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, vén de visitar as instalacións da empresa Sogapol, do Grupo Valtalia, en Cerceda. Trátase dunha empresa 100% galega que centra a súa actividade produtiva en recuperar os refugallos plásticos que recibe Sogama a través do contedor verde na bolsa negra, aqueles que non son correctamente separados en orixe polos cidadáns e que Sogama separa da bolsa negra, de fracción resto. Ángeles Vázquez puxo en valor a capacidade do tecido empresarial de Galicia por xerar emprego e conseguir que miles de toneladas de residuos sexan recuperados, para convertelos nunha nova materia prima, é dicir, poñer en práctica a economía circular. Tal e como coñeceu a conselleira durante a visita a esta nova planta en Cerceda, de máis de 9.000 metros cadrados, esta empresa ten unha capacidade de valorización de plásticos dende as 18.000 toneladas ata as 65.000 toneladas anuais, máis que o total das toneladas de residuo plástico flexible que se xeran en toda Galicia e chegando a converterse na primeira empresa española en capacidade de reciclaxe de plástico.
ORDES
A gardería Sorrisos abre o prazo de inscrición ata o vindeiro 4 de xuño O Concello de Ordes informa de que a escola infantil municipal “Sorrisos” ten aberto ata o vindeiro 4 de xuño o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso para o curso 2020-2021. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Ordes ou ben de forma telemática a través da sede electrónica: https://sede. ordes.gal.
MESÍA
A recollida de roupa volverá a funcionar no mes de xuño O Concello de Mesía informa de que os contedores de recollida de roupa usada de Equus Zebra non se poden empregar ata o vindeiro mes de xuño, xa que esta empresa está actualmente pechada pola COVID-19. Por iso, pídenlle á veciñanza que non deixen bolsas fóra do contedor e lembran que, se non se pode agardar ata a nova recollida, teñen á súa disposición o punto limpo.
Vázquez destaca a capacidade da iniciativa privada por xerar emprego verde
Tecnoloxía propia Neste sentido, o director xeral de Sogapol, Javier González, explicou que este tipo de material, sexa de orixe domiciliario ou agrícola, supón un desafío medioambiental debido á dificultade que ten a súa reciclaxe, motivo polo que salientou que esta planta industrial é o resultado de 10 anos de traballo, deseñando unha “tecnoloxía propia” para poder ofrecer un “coñecemento avanzado e ao máis alto nivel europeo” no tratamento destes residuos plásticos. Na mesma liña, a conselleira sinalou que grazas á actividade de empresas como Sogapol, que ademais dan traballo directo a 870 persoas, Galicia sitúase á vangarda na valorización de materiais plásticos, recuperando plásticos de difícil tratamento para lograr segundos usos dos mesmos como novos produtos con alta calidade e incluso xerando valor co filme de postconsumo, o que non se adoita facer a nivel industrial no mundo. A conselleira tamén destacou que a súa proximidade co Complexo medio ambiental de Sogama evita a produción de CO2 que implicaría o traslado destes residuos a outro punto de Galicia.
CRÓNICAS - Maio 2020
5
Actualidade CERCEDA PP e BNG lanzan sospeitas sobre o feito de que estes avogados defenderan ao anterior alcalde
O PSOE aproba en solitario pagar 211.000€ a un bufete por xuizos de hai 15 anos O Pleno municipal de Cerceda aprobou, cos votos a favor do PSOE e a oposición de PP e BNG, o pago de máis de 300.000 euros en facturas atrasadas. Unhas facturas entre as que figuraban máis de 211.000 euros en favor dun bufete de avogados que defendera ao Concello en dous pleitos contra Sogama a finais dos anos noventa e que concluíron no ano 2004, con faio a favor da sociedade medioambiental. O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, defendeu que o pago destes máis 211.000 euros suporá un aforro para o Concello de Cerceda. Argumentou que o importe actual desas facturas polos dous pleitos podería ascender a máis de 700.000 euros, polo que o acordo alcanzado co bufete suporá o pago dun terzo do importe adebedado realmente. Os dous grupos da oposición xustificaron o seu voto en contra en que
O alcalde defende que o acordo co bufete é un importante aforro para o Concello
os documentos de reparo presentados polos departamentos de Inter-
vención e Secretaría, que mesmo recollen que non consta ningún proce-
demento de contratación deste bufete de avogados. Ademais, tanto PP como BNG amosaron as súas sospeitas polo feito de que sexa o mesmo bufete que vén de defender ao exalcalde, José García Liñares, no proceso de inhabilitación que lle custou o posto este mesmo ano. “É impresentable e pouco creíble que tantos anos despois este gabinete de avogados, que teñen participado en procesos nos que o denunciado era o propio García Liñares, nos presenten facturas por procesos xudiciais de fai máis de 15 anos. Estas facturas presentadas cheiran a can, teñen un enorme tufo a trapallada que é tan evidente que non podia contar co noso voto favoráble”, denuncian dende o BNG, que agardan que “nos caixóns non atope máis sorpresas deste tipo o alcalde Juan Manuel Rodríguez. Se as acepta estaría hipotecando o seu propio futuro”.
CRÓNICAS - Maio 2020
6
Actualidade ORDES
OROSO O Concello priorizará o uso da instalación por parte das persoas empadroadas
O BNG acusa ao alcalde de“desprezar” as propostas nacionalistas ante a crise da COVID-19
A nova cuberta da piscina de Sigüeiro estará rematada no mes de xuño
O Concello de Ordes vai celebrar un pleno extraordinario o mércores 27 de maio, o primeiro dende a declaración do estado de alarma. E a súa orde do día causou un fondo malestar no BNG local, toda vez que só recolle a asignación dos fondos do POS+Adicional da Deputación e unha iniciativa que o Partido Popular está a promover nos distintos municipios para esixirlle ao Goberno de Pedro Sánchez que non utilice os remanentes de tesourería municipais para afrontar a crise da COVID-19. Os nacionalistas lamentan que a orde do día non recolla o debate das alternativas que veu presentando o BNG de Ordes ao longo das once semanas de estado de alarma. Segundo Pablo Vidal, portavoz municipal, o alcalde “despreza por completo as alternativas que vimos formulando desde o BNG na procura da reactivación económica do concello e mais para garantir a seguranza da veciñanza”. Así, bota en falta que non se vaia falar sobre “bonificacións e/ ou condonacións de taxas para os negocios afectados pola crise do Covid-19, o impulso dun plan de reactivación económica municipal, os presupostos municipais ou a creación de itinerarios de paseo onde poder manter a distancia de seguridade, mediante a peonalización dalgunhas rúas de Ordes en fins de semana e festivos”.
As obras de construción da cuberta da piscina municipal de Sigüeiro estarán rematadas nas próximas datas, coincidindo co inicio da tempada de verán. Así o confirmou o Concello de Oroso co gallo dunha visita realizada polo alcalde, Manuel Mirás, xunto aos concelleiros de Obras, Luís Rey, e Deportes, Antonio Leira, aos traballos. A infraestrutura estará lista nuns quince días, polo que arredor do 20 de xuño o Concello quere reabrir a piscina, aínda que será con cita previa e dando prioridade ás persoas empadroadas en Oroso, cumprindo desta forma coas indicacións sanitarias da actual pandemia. Ademais este ano, como medida de axuda ás familias, a entrada será gratuíta para os empadroados en Oroso.
TORDOIA
Os nacionalistas insisten en demandar a convocatoria dun Pleno O BNG de Tordoia volve a reclamar a convocatoria dunha sesión plenaria no municipio, interrompidas dende a declaración do estado de alerta o pasado mes de marzo. Os nacionalistas lembran a obriga do alcalde de convocar plenos ordinarios cada dous meses, polo que agardan que se convoque unha sesión, presencial ou de forma telemática, o vindeiro 29 de maio para que “toda a corporación coñeza dos datos do noso concello e as medidas que se están adoptando e que se teñen pensado adoptar no futuro”.
nova cuberta A nova cuberta, que supón un investimento de 210.475 euros, permitirá “desestacionalizar o uso da piscina, que estea máis meses ao ano a disposición dos orosáns”, afirma Manuel Mirás. Esta instalación únese
O Concello quere reabrir a piscina a partir do vindeiro 20 de xuño
a outras melloras recentes no complexo da piscina, como a pérgola, a zona de descanso para os usuarios e as usuarias, ou as reformas realizadas nos vestiarios.
“Cada ano aumentan as persoas que utilizan a piscina municipal e fan os cursos de natación, polo que queríamos mellorar os servizos do complexo”, engade o alcalde orosán.
TRAZO O importe de ambos proxectos supera os 266.000 euros
O Concello licita obras de eficiencia enerxética e mellora de camiños O Concello de Trazo está a licitar dous proxectos de obras que suman máis de 226.000 euros. O primeiro deles é o da renovación das instalacións de alumeado público no municipio, que conta cun orzamento de 160.969 euros. A actuación permitirá a renovación de 300 luminarias do alumeado público en oito centros de mando de Trazo, onde se instalarán farois de tecnoloxía LED de 40 e 50 vatios de potencia, o que permitirá aforros de ata o 70%. As luminarias instalaranse en Porto, Porto de Arriba, A Polveira e Rosende (Chaián); Outeiro e Ventas do Lengüelle (Berreo); Cuca (Morlán); A Castiñeira, A Ponte, O Pomar, Vilarradeira, Torre, O Amil, As Cerdeiras e fronte ao bar Castelo (Castelo). Camiños Así mesmo, o Concello está a licitar por 106.217 euros a conserva-
Mellorarase o camiño de acceso á igrexa da Polveira e a explanada fronte ao templo
ción de camiños de acceso á igresa da Polveira, o camiño de acceso a Vilouchada dende Gundille e o un camiño interior de Gonselle de 215 me-
tros. Nos casos da Polveira e de Vilouchada tamén se mellorarán dúas esplanadas de 470 e 800 metros cadrados, respectivamente.
CRÓNICAS - Maio 2020
7
ACtuAlIdAde fRADES Destinará os 150.000 € do POS+Adicional a servizos para a veciñanza
ORDES
O Concello pídelle á Deputación unha senda peonil de Ponte Carreira a Aiazo
UXO pide fontes desinfectantes con xel hixienizante nas zonas máis transitadas
A sesión plenaria ordinaria de maio do Concello de Frades é a primeira que ten lugar de forma telemática no municipio, seguindo así as recomendacións das autoridades sanitarias. Unha sesión na que todos os puntos da orde do día foron aprobados por unanimidade. Así, os tres grupos municipais coincidiron en volver a solicitarlle á Deputación da Coruña que inclúa o proxecto “Mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP-3802 Ordes-Ponte Carreira, Pk 14.45 a Pk 16.825, na marxe esquerda” no programa de sendas peonís das estradas de titularidade provincial. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explica que se trata “dunha obra moi necesaria para unir o núcleo de Aiazo co núcleo urbano de Ponte Carreira”. Frades xa pedira formalmente en 2009 a inclusión de catro proxectos de sendas no Plan de Seguridade Viaria da Deputación da Coruña nos núcleos de Cimadevila (Frades), Vistalegre (Galegos), A Torre (Aiazo) e Moar (Moar), por esta orde de preferencia. “A día de hoxe están feitos os dous primeiros proxectos, que supoñen 1,5 quilómetros de senda peonís polo que cremos que somos un dos concellos da provincia con menos quilómetros nos que os nosos veciños e veciñas poidan camiñar polas vías provinciais sen perigo de atropelos, ao non
Unión por Ordes (UXO) propón a instalación de fontes desinfectantes con xel hixienizante nas zonas máis transitadas do municipio. “Serían puntos nos que todos/ as os veciños/as da vila, durante as fases de desescalada, puidesen desinfectar as mans. Dispensadores de xel que se activarían cun pedal para non ter que utilizar as mans”, explican. Entre outros emprazamentos, dende UXO propoñen a instalación deste tipo de dispensadores no Concello e no centro de saúde, así como nas rúas Alfonso Senra (á altura dos principais supermercados e do cruce), Muíño, do Mercado, do Recreo e Nova. Así mesmo, tamén solicitan a súa colocación no paseo fluvial Ramiro Recouso e no paseo Iván Raña, entre outras localizacións. Dende UXO consideran que “é necesario garantir que todas as persoas poidan desinfectar as mans con regularidade, sobre todo antes e despois de entrar en distintos establecementos (bancos, farmacias, supermercados…) así como cando saian a dar un paseo ou a facer deporte”. Asguran que a prevención é moi importante nesta fase de desescalada para evitar posibles repuntes da pandemia no termo municipal.
Imaxe de arquivo dunha sesión plenaria no Concello de Frades
dispoñeren de apenas beiravías para a seguridade dos peóns”, explica Rey Martínez. pOS+ADiCiOnAl O Pleno municipal acordou tamén por unanimidade o destino dos 153.403,29 euros do POS+Adicional achegado pola Deputación da Coruña. Así, 32.295,43 euros serán destinados a gastos sociais extraordinarios derivados da COVID-19 como: adquisición de medios de prevención, atención de persoas vulnerables e ampliación das partidas destinadas a garantir ingresos suficientes ás familias. Os outros 121.107,86 euros
serán destinados ao financiamento de gasto corrente tales como mantemento e mellora de accesos a núcleos de poboación, limpeza viaria, mellora da estación depuradora de augas ou mellora do alumeado público. Finalmente, o pleno aprobou definitivamente dúas alteracións da cualificación xurídica de dous camiños e o Plan Municipal de Defensa contra Incendios Forestais do Concello de Frades. Un documento froito da adhesión do Concello de Frades ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos SA (SEAGA).
CRÓNICAS
Sé guenos!!! fa c eb o o k .co m / C r ó ni c a s - C o m a r c a - d e - O r d e s
CRÓNICAS - Maio 2020
8
Actualidade MESIA
CERCEDA Prestou este servizo ata o pasado 21 de maio
Convocadas as axudas por nacementos, adopcións ou acollementos
Sogama valoriza enerxeticamente máis de 65.000 quilos de residuos sanitarios
O Concello de Mesía vén de convocar as axudas por nacemento de fillos ou fillas, adopcións e acollementos que se produzan durante o ano 2020. A axuda ten unha contía de 300 euros, nun único pago e é compatible con calquera outra establecida polas demais administracións públicas. Para acceder a estas axudas é preciso que as familias teñan residencia habitual en Mesía e acreditar que cando menos un dos proxenitores está inscrito no Padrón cun mínimo de 2 anos de antigüidade ininterrompida. As solicitudes poden presentarse ata o 31 de decembro nas oficinas municipais. Canda a solicitude é preciso achegar fotocopia compulsada do DNI, CIF ou NIE do solicitante, certificados de empadroamento e de convivencia familiar, copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio nos casos que proceda, certificación que acredite a condición de titor ou titora do menor nos casos que corresponda, certificado da inscrición no Rexistro Civil ou fotocopia compulsada do Libro de Familia onde conste o nacemento. En caso de adopción, debe achegarse fotocopia compulsada do auto xudicial de adopción. Se é un acollemento, é preciso achegar copia compulsada da resolución administrativa.
Durante os últimos meses, Sogama tratou máis de 65.000 quilos de residuos sanitarios de baixo risco procedentes de centros adscritos ao SERGAS. Un servizo que prestou ata o pasado 21 de maio, se ben a empresa segue a disposición da Xunta por se nalgún momento se requirise da súa cooperación. Para isto efectuou, nun tempo récord, unha adaptación técnica no complexo medioambiental de Cerceda, que consistiu na habilitación dunha instalación provisional na que estes refugallos son triturados e acondicionados para ser valorizados enerxeticamente na planta termoeléctrica a temperaturas superiores a 850ºC, garantindo así a destrución de patóxenos e outros elementos nocivos. Garantías ambientais Un proceso que se leva a cabo coas máximas garantías ambientais, toda vez que as instalacións de Sogama están dotadas con potentes e innovadores sistemas de control e de depuración de gases a través dos cales se posibilita que o seu labor industrial sexa perfectamente compatible coa protección da contorna e a saúde. O tratamento da liña de sanitarios desenvolveuse de forma independente á dos urbanos, tanto desde o punto de vista loxístico e operativo como laboral, téndose contratado
Sogama habilitou unhas instalacións provisionais no complexo cercedense
para isto a persoal externo, que en todo momento contou cos seus propios vestiarios, rexéndose por horarios diferentes aos do resto dos traballadores do Complexo, cos que tampouco compartiu zonas comúns. Encarga do SERGAS O crecemento exponencial da xeración de residuos sanitarios no marco da pandemia do COVID-19, que alcanzou o seu pico máis alto a finais de marzo e principios de abril, e a sobresaturación das instalacións que en Galicia se viñan facendo cargo destes refugallos, levou ao SERGAS a soli-
citar, a través da Consellería de Medio Ambiente, a colaboración de Sogama para xestionar, nas mellores condicións, residuos sanitarios de baixo risco tales como buzos, máscas, luvas e asimilables. Seguindo as instrucións do Ministerio de Sanidade e o Ministerio para a Transición Ecolóxica, que contemplaban dúas opcións para o tratamento desta fracción: valorización enerxética ou vertedoiro, o goberno autonómico decantouse pola primeira, dado o negativo impacto ambiental e para a saúde que suporía o vertido destes materiais.
COMARCA Instalaranse nos próximos meses
Vegalsa-Eroski aposta polas TIC para xestionar o control de aforo nos seus supermercados
O sistema emprega sensores 3D para evitar aglomeracións nos supermercados
Vegalsa-Eroski vén de poñer en marcha un proxecto piloto no seu supermercado Eroski Center de Pérez Cepeda na Coruña que se trasladará nos próximos meses ao resto das tendas da súa rede comercial. Trátase dun sistema TIC de control de aforo e aglomeracións a través duns sensores 3D que se instalan tanto nas portas de acceso como no teito do establecemento. “Froito da nosa aposta constante pola innovación, desde VegalsaEroski buscamos dar resposta así ao reto que supón a xestión do fluxo de persoas nos establecementos para
garantir tanto a seguridade das persoas como a normativa de aforo máximo permitido. E facémolo apostando polas TIC dentro do noso modelo de tenda eficiente ao que sumaremos esta solución de conteo deseñada para facilitar a compra e garantir a seguridade das persoas que están dentro do supermercado”, explica o director de obras e mantemento da compañía, Miguel Mesejo. Vegalsa-Eroski conta con 267 establecementos en Galicia, Asturias e Castela e León, cunha moderna plataforma de mercadorías xerais emprazada en Sigüeiro (Oroso).
CRÓNICAS - Maio 2020
9
Actualidade ORDES Está previsto investir máis de 425.000 euros en proxectos de mellora da eficiencia enerxética
O Concello retoma a licitación de sete obras públicas por 1,17 millóns de euros O concello de Ordes vén de retomar a actividade na plataforma de contratación do Estado, co reinicio do cómputo de prazos para dúas obras suspendidas o pasado 17 de marzo; así como retomando a execución de outras dúas obras pendentes de pechar o proceso de contratación. Así mesmo, o Concello procedeu ás xeracións e modificacións de crédito para poder sacar a licitación coa maior brevidade as 3 obras aprobadas polo Instituto para a Diversificación e aforro de Enerxía (IDAE), axudas ás EELL para proxectos de inversión en economía baixa en carbono (fondos FEDER) no período 2014-2020. O importe total das 7 obras ascende a 1.176.223,14 euros. A decisión veu motivada e consensuada cos técnicos municipais e cos proxectistas, contratistas e dirección de obra, logo da petición formulada nun escrito das empresas da construción
O Concello de Ordes sacará a licitación as 3 obras aprobadas polo IDAE
tras unha carta enviada ao rexedor de Ordes dende a Asociación provincial de Empresarios da Construción da Coruña (APECCO), así como polo
feito da recuperación da actividade coa apertura do confinamento para o sector da construción dende o pasado 13 de abril.
Relación de obras No caso do IDAE, proximamente licitarase as fases dúas e tres das actuacións de aforro enerxético nos alumeados públicos do concello de Ordes (por 202.439 e 223.771 euros, respectivamentes). Tamén se contempla a instalación solar térmica na piscina climatizada Iván Raña Fuentes por 106.536 euros. No caso da primeira fase do POS+ Adicional 1/2019, están en fase de contratación as obras de mellora do camiño de Pedreira a Castrelos por Escola (Leira) e outros (138.787 €) e a senda peonil de Rúa a Vilarino (Buscás) e outros (273.983 €) Finalmente, a segunda fase do POS+ Adicional 1/2019, que acaba de rematar esta semana a súa licitación, inclúe a estrada de Fosado a Parada (Montaos) por 91.364 euros e o camiño do Barroso-Fosado (Montaos) e outros, por outros 139.340 euros.
CRÓNICAS - Maio 2020
10
Actualidade ORDES
Goberno e oposición cruzan acusacións sobre o diálogo durante o estado de alarma Goberno e oposición volven enfrontarse en Ordes. Se nos pasado número xa che informabamos de que todos os grupos da oposición lle reclamaban ao alcalde a creación dunha mesa de diálogo na procura dun plan de reactivación económica para o municipio, a día de hoxe non só esa comisión senon o propio diálogo están en cuestión. Diante da petición de UXO, BNG e PSOE, o alcalde José Luís Martínez Sanjurjo asegurou que a comunicación é moi fluída, con reunións telemáticas semanais que permiten ao executivo ordense estudar calquera proposta que se faga. tomadura de pelo Unhas afirmacións que foron cualificadas como “tomadura de pelo” polos voceiros dos tres grupos da oposición: Manuel Iglesias (UXO), Pablo Vidal (BNG) e Fernando Viqueira (PSOE). Nunha nova nota de prensa conxunta, os tres partidos entenden que as afirmacións do alcalde responden “a un intento de lavado de imaxe ante o desprezo continuo amosado ate o de agora coa oposición, e que xa ninguén se cree logo de rexeitar a mesa de diálogo que demandamos”. Ademais, lembran que dende que se declarou o estado de alarma houbo tan só 4 reunións telemáticas en 9 semanas. Por iso, instan ao alcalde a “rectificar convocando a mesa de diálogo, así como a retomar a celebracións dos plenos ordinarios no presente mes de maio”.
TORDOIA Contratáronse os tramos Aboi-Anxeriz e Picota-Rabo do Lobo
O Concello inviste máis de 313.000 euros en melloras de estradas O Concello de Tordoia vén de contratar dúas obras de melloras de estradas por un importe total de 313.423 euros. Por unha parte, trátase do segundo e terceiro tramo da estrada dende Aboi (Viladabade) ata Anxeriz, contratado por importe de 240.404 euros. Deste xeito, “a inversión total nesta vía será de 413.000 euros, coa novidade de que se incrementará o ancho da mesma en 50 centímetros nos 6,5 quilómetros desta obra, que se vai a facer con capa de aglomerado”, apuntan dende o Concello. Así mesmo, tamén quedou contratada a mellora en aglomerado do camiño Picota-Rabo de Lobo, en Bardaos, por un importe de 73.018 euros. Trátase dun tramo de 1.520 metros, dividido en dous treitos, onde se mellorará a capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quenete, previa reparación de fochandas e perfilado de mordentes. As obras teñen un prazo máximo de execución de seis meses. Por outra parte, o Concello de Tordoia informa do remate das obras de
O Concello de Tordoia rematou o arranxo da estrada Seixán-Vilarchán-Vilar-Castrillón
arranxo do camiño que Seixán-Vilarchán-Castrillón, incluído no Plan de Mellora de Camiños Municpais 20192020. Trátase dunha obra orzamentada en máis de 78.000 euros.
Os traballos tiveron lugar ao longo de tres treito desta estrada, que suman un total de 3.275 metros, onde se aplicou un tratamento asfáltico superficial e se colocou un stop.
TRAZO Alertan dos riscos para a seguridade viaria
O BNG pregúntalle ao Concello por que non lle dá uso ao tractor e ás máquinas rozadoras
A maleza mesmo reduce a visibilidade nas incorporacións a algunhas estradas
O BNG de Trazo pregúntalle ao Concello as razóns polas cales non están a traballar nas pistas o tractor e as dúas máquinas rozadoras das que dispón o municipio, grazas a un convenio de 98.703 euros asinado en decembro de 2017 coa Consellería do Medio Rural.
Os nacionalistas achegáronlle á alcaldesa diversas imaxes que exemplifican o abandono que sufren as principais estradas e pistas de Trazo, “algunhas delas parecen o retraro dun pobo pantasma”, aseguran, ao tempo que destacan a perigosidade que supón para o a seguridade viaria.
CRÓNICAS - Maio 2020
11
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Maio 2020
12
Actualidade ORDES
MESÍA A actuación permitirá dar servizo a 1.224 haitantes equivalentes
O BNG, preocupado pola “falta de iniciativa” no Goberno de Ordes
A Xunta licita por 576.000 euros a ampliación do abastecemento a Mesía
O BNG de Ordes amosa a súa preocupación ante o que cualifican como “falta de iniciativa do goberno de Ordes”, ao cal lle remitiron varias propostas de actuación para “procurar axudar ao tecido hostaleiro, comercial e cultural do noso concello, mais recibimos a calada por resposta”, apunta Pablo Vidal, voceiro municipal. As propostas van desde a condonación de diversas taxas municipais aos negocios pechados, ata destinar 600.000 euros nun plan de reactivación económica municipal para promover e impulsar estes sectores tan castigados pola crise do Covid-19. Porén, “seguimos sen saber a día de hoxe, que pensa facer o alcalde para tentar reactivar o comercio e a hostalería”, manifesta Pablo Vidal.
OROSO
A gardería “A Ulloa” abre as inscricións O prazo de inscrición na escola infantil municipal “A Ulloa” estará aberto ata o 29 de maio. As listas provisionais sairán o 29 de xuño e o prazo de matrícula terá lugar do 21 ao 28 de xullo. Máis información na gardería (981 691 505) ou en Servizos Sociais (981 68 89 50).
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de reabrir o prazo de presentación de ofertas para executar a primeira fase de ampliación da rede de distribución de auga no concello de Mesía, cun investimento autonómico de máis de 576.000 euros. A Xunta reabriu o prazo de presentación de ofertas para realizar esta actuación, xa licitada, pero afectada inicialmente pola suspensión de prazos nos procedementos administrativos coa declaración do estado de alarma. O prazo de presentación de ofertas rematou o pasado 7 de maio, polo que nas próximas semanas procederase á contratación das obras. O prazo de execución dos traballos é de oito meses. Augas de Galicia asumirá o financiamento deste proxecto presentado polo Concello de Mesía, que ten como obxectivo completar a rede de abastecemento no municipio. A actuación permitirá dar servizo a un total de 1.224 habitantes equivalentes para o ano horizonte 2042. Actuación Trátase de dotar de abastecemento á zona oeste do municipio, que nestas primeira fase permitirá dotar deste servizo á parroquia de San Cristovo, así coma a unha parte
Cruce da estrada cara o lugar de A Ribeira
das parroquias de Visantoña e Olas. Na actualidade a parte Este do concello xa dispón de abastecemento. Na intervención proxéctase a execución dunha rede de subministro que comeza coa execución do novo ramal principal dende o anel existente que se dirixe ata Visantoña e chega ata a estrada AC-223. De aí partirá a canalización principal e varios ramais. A actuación continuará no tramo
Visantoña, onde se executará pola marxe da estrada AC-223, e dará servizo á parroquia de Visantoña e arredores. Os traballos seguirán coa execución da nova canalización dende o anel existente na cita estrada autonómica ata San Cristovo e Feás, que inclúen a canalización de Mesía e conexión rede existente, así como os ramais de Feás. As obras se completan coa execución do ramal a Olas, dando servizo a Visantoña e arredores.
CERCEDA Ampliará o depósito controlado de cinzas
Sogama inviste máis de 5,1 millóns de euros en melloras no complexo medioambiental Sogama vén de reactivar, cun investimento de máis de 5,1 millóns de euros, a contratación de obras e servizos para acometer diversas melloras no complexo medioambiental de Cerceda. Entre elas figuran a ampliación do depósito controlado de cinzas porocedentes do sistema de valorización enerxética da entidade, cun importe de licitación de 2.783096 euros. A obra a acometer está suxeita aos requisitos da Autorización Ambiental Integrada, destacando o potente sistema de impermeabilización do fondo do vaso, dotado de varias capas conformadas polos seguintes elementos: xeocomposto bentonítico de
5.000 g/m2, diversas láminas de PEAD de 2 mm de espesor lisa, xeocomposto drenante constituído por unha xeomalla drenante de PEAD e lámina de xeotéxtil non tecido de 120 g/m2, ademais dunha capa de 50 cm de grava drenante 15/30 mm e cunha condutividade hidráulica superior a 10-4 m/s. DEPURACIÓN Así mesmo, Sogama procederá á automatización e optimización do funcionamento das depuradoras do complexo para facelas máis eficientes. Cunha contía de 164.868 euros, esta licitación comprende a actualiza-
Sogama automatizará e optimizará o funcionamento das depuradoras do complexo
ción do hardware de control automático, así como o deseño, programación, instalación e posta en marcha dun novo software de control SCADA. Edificio de Servizos Tamén sacará a concurso, por 2.158.673, a obra do novo edificio de servizos para seguir mellorando as condicións laborais dos traballadores
e que estes dispoñan dos medios axeitados para levar a cabo o seu labor coas maiores garantías de hixiene, seguridade e salubridade. O novo edificio albergará vestiarios, zona de descanso, comedor, sala de formación, así como a área de enfermería. Adicionalmente, incluirase a instalación dun sistema de carga de vehículos eléctricos no parking do complexo.
CRÓNICAS - Maio 2020
13
Actualidade TORDOIA Supoñen un investimento de medio millón
Avanzan as obras de construción da ponte sobre o río Pedrouzo A Deputación da Coruña avanza nas obras de construción da nova ponte sobre o río Pedrouzo, na estrada DP 8401 de Tablilla a Agrodomestre, por Pontepedra. As obras supoñen un investimento de 470.381 euros, aos que hai que sumar outros 50.000 destinados ás expropiacións precisas para facer os traballos. Tras a roza da zona e as escavacións, nestes días comezaron os traballos de desvío temporal do cauce, o que permitirá realizar as obras cunha afección mínima sobre o tráfico, sen desvíos provisionais na DP 8401. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, explica que “as obras pretenden eliminar as sucesivas inundacións que se producen na zona nas épocas de choivas abundantes e que supoñen un perigo importante para a circulación”.
A nova ponte terá un marco de formigón armado de dimensións 6x 3,50 metros, que será enterrada 0,50 metros no terreo, seguindo as indicacións técnicas de Augas de Galicia. O marco rematará en aletas que soportarán as terras do terraplén para minimizar as perdas hidráulicas. “As obras suporán tamén unha mellora do trazado da estrada na zona do cruce do río, xa que se eliminarán a curva e contracurva existentes, substituíndoas por unha soa aliñación en curva de maior radio que as actuais”, apunta o presidente. Así, ademais dunha maior capacidade de desaugue, a ponte contará cunha plataforma de 10,5 metros de ancho, integrada por dous carrís de circulación de 3,50 metros de ancho, arcéns laterais de 1 metro e bermas de 0,75 metros con defensas.
A Deputación iniciou os traballos de desvío temporal do cauce do río
RENDA 2019 CONTINUAMOS COA CAMPAÑA DA DECLARACIÓN DA RENDA. ESTE ANO, PARA EVITARLLE RISCOS DEBIDO Á COVID-19, BUSCAMOS O MELLOR XEITO DE FACERLLE O TRÁMITE SEN QUE TEÑA QUE DESPRAZARSE. CHÁMENOS AO 981 688 900
CRÓNICAS - Maio 2020
14
Actualidade CERCEDA
OROSO O Concello leva investidos 73.400 euros en material de protección e limpeza
Aberto ata o 5 de xuño o prazo de inscrición e renovación de praza na gardería “Os Pillabáns”
O Concello destina as achegas da Deputación aos Servizos Sociais
O Concello de Cerceda informa de que ata o vindeiro venres 5 de xuño está aberto o prazo de inscrición e renovación de praza na escola infantil “Os Pillabáns”. As persoas intereseadas poden descargar as solicitudes na sede electrónica do Concello ou persoalmente no Departamento de Servizos Sociais, previa petición de cita no teléfono 981 68 60 68. A entrega das solicitudes será no Rexistro Municipal, para o que haberá que solicitar tamén cita previa neste outro teléfono: 981 68 50 01.
COMARCA
Ampliado en dous meses o pago do imposto de vehículos A Deputación da Coruña abriu o pasado 4 de maio o período voluntario de pago do imposto de vehículos de tracción mecánica nos distintos concellos da provincia. Un período que ampliou en dous meses con respecto aos prazos habituais para facilitarlle á cidadanía o cumprimento das súas obrigas tributarias. Polo tanto, o período voluntario rematará o vindeiro martes 1 de setembro e o envío de recibos para o pago dará comezo unha vez que se levante o confinamento. O cargo en conta dos recibos terá lugar o 31 de xullo. Máis información no teléfono gratuíto 900 132 204, a través do mail atencion.tributaria@dacoruna.gal, a través da Oficina Virtual Tributaria ou persoalmente, previa cita.
Cordialidade. Esta foi a palabra máis repetida polos participantes na última xunta de voceiros do Concello de Oroso, na que se aprobaron novas medidas de axuda á veciñanza durante a pandemia da coronavirus. O alcalde, Manuel Mirás, informou de que o Concello leva investidos un total de 73.400 euros en material de protección e limpeza para o comercio e a cidadanía en xeral desde o comezo da crise sanitaria. Así mesmo, o Concello destinará 44.000 euros da Deputación á contratación dun novo administrativo para os Servizos Sociais durante o tempo que dure a pandemia. Haberá tamén unha ampliación da subvención a Protección Civil para o desenvolvemento de diferentes tarefas de axuda. A maiores, Oroso implantará un programa de conciliación familiar gratuíto para aqueles fogares nos que o pai e a nai deban incorporarse presencialmente ao seu posto de traballo e non poidan coidar dos seus fillos. Medidas económicas Con respecto ás agardadas medidas económicas e fiscais, o alcalde indica que “o Concello de Oroso estudará exencións nas taxas de lixo, auga e IBI para os sectores máis afectados pola crise sanitaria”. A maiores, haberá unha campaña de promoción do comercio e a hostalería local e, a finais de verán, analizarase a posibilidade de recuperar algúns dos eventos cancelados. Tamén outras iniciativas en estudo, como a creación dunha plataforma de promoción para os establecementos de Oroso. Por último, o Concello destinará os 150.000 euros do plan adicional do POS da Deputación da Coruña a gasto corrente. “É a primeira vez que Oroso
Mirás anuncia que os 150.000 € do plan adicional da Deputación irán a gasto corrente
destinará unha partida do plan único a gasto corrente, pero somos conscientes das necesidades derivadas da pandemia e consideramos axeitado facelo”, explica Mirás Franqueira. Apoio da oposición O voceiro municipal do PP, Alexander Doval, apoiou as medidas propostas polo alcalde, se ben indicou que “quedamos á espera da Comisión Informativa de Contas para materializar estas intencións xa que, polo de agora, solo son intencións”. Así mesmo, Doval agradeceulle á Xunta de Galicia que puxera a disposición do Concello máis horas para o
Servizo de Axuda no Fogar e anunciou que presentará unha moción no próximo Pleno ordinario para pedirlle ao Goberno de Pedro Sánchez “que non contemple a posibilidade de retraer o remanente de tesourería dos Concellos para as arcas do Estado”. Finalmente, dende Oroso Renovable destacou “o ambiente de entendemento e vontade de achegar ideas” coa que se desenvolveu a xunta de voceiros. Así mesmo, insistiu na necesidade de “darlle prioridade ás compras nos establecementos de proximidade. A finalidade é que a cidadanía de Oroso lle deamos preferencia á microeconomía municipal”.
FRADES Corresponden ás asignacións deste semestre
Os concelleiros doan 6.600 euros á loita contra a COVID-19
Foto de arquivo da corporación municipal de Frades
Todos os concelleiros de Frades (PP, PSOE e BNG) acordaron doar a parte individual da asignación a grupos políticos do primeiro semestre de 2020, que suma 6.600 euros, á atención das necesidades dos veciños e veciñas durante a crise sanitaria da COVID-19. A doazón será xestionada a través dos Servizos Sociais e irá des-
tinadas a alimentación, produtos de hixiene persoal e do fogar, medicamentos, axudas ao aluguer, axudas para subministracións básicas, material escolar, emerxencia social así como axudas a autónomos e empresarios que estean a pasar por dificultades económicas ocasionadas pola crise sanitaria.
CRÓNICAS - Maio 2020
15
PuBlICIdAde
#EuMercoEnOroso Apoiando ao comercio local gañamos todos! !!
e d n e V o r i e #Sigu
co comercio local
CRÓNICAS - Maio 2020
16
Actualidade CERCEDA
OROSO O Concello continúa coas tarefas diarias de desinfección de espazos públicos
O Concello ofrece lotes de máscaras cirúrxicas ao sector comercial
Oroso seguirá repartindo material de protección no comercio ata o 8 de xuño
O Concello de Cerceda pon un lote de máscaras cirúrxicas a disposición daquelas activiades de venda polo miúdo e servizos de atención ao público no municipio. Para solicitalas só é preciso enviar un mail a alcaldia@cerceda.es ou chamar ao 981 68 51 52.
MESÍA
Ultiman a entrega de máscaras de tela para nenos e nenas O Concello de Mesía está á espera dun pedido de máscaras de tela para nenos e nenas, que repartirá entre a veciñanza en canto dispoña delas. Ademais, en vista da obrigatoriedade do uso das máscaras cando non se poida garantir a distancia social, o Concello pon máscaras a disposición dos veciños e veciñas, que poden recollerse na casa consistorial.
O Concello de Oroso continuará repartindo material de protección (máscaras, dispensadores de hidroxel, luvas, etc) aos establecementos comerciais abertos no municipio para garantir a seguridade tanto dos traballadores como dos clientes. Un reparto que se manterá ata o 8 de xuño para os negocios que vaian abrindo as súas portas. Asímesmo, o Concello orosán continúa coas tarefas diarias de limpeza, desinfección e nebulización dos espazos públicos máis concorridos con hipoclorito. Finalmente, o alcalde vén de emitir un bando sobre as terrazas ao aire libre no que o Concello autorizaba o incremento da superficie que se viñera ocupando ata un máximo do 50%, sempre que se permita un paso para os peóns de cando menos 2 metros dende o borde da beirarrúa ata a primeira cadeira da terraza, así como entre esa cadeira e os accesos a portais e outros locais comerciais do municipio.
Dispensador de hidroxel emprazado nun establecemento de Sigüeiro
FRADES
CERCEDA
O Concello suma o camión da Demarcación de Estradas ás tarefas municipais de limpeza
Pantallas de protección e xel desinfectante na reapertura da atención ao público no Concello O Concello de Cerceda abriu este luns 25 de maio a atención ao público na casa consistorial, sempre con cita previa chamando ao teléfono 981 68 50 01. Así mesmo, todas as persoas que desexen acceder ao Concello deberán traer
O Concello de Frades continúa nestes días facendo labores semanais de limpeza e desinfección nos lugares máis transitados do municipio. Uns traballos realizados con medios propios aos que durante os pasados días se sumou tamén o camión da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.
Así mesmo, diante da obrigatoriedade de usar máscaras en todos os espazos públicos nos que non se poida gardar a distancia mínima de seguridad de dous metros, tanto ao aire libre como pechados, o Concello de Frades pon máscaras cirúrxicas e hixiénicas a disposición dos veciños e veciñas que as precisen.
máscara protectora das súas casas. No acceso á casa consistorial hai hidroxel para as mans, polo que non é preciso usar luvas, e se procedeu a instalar mamparas de protección nos postos de atención ao público.
CRÓNICAS - Maio 2020
17
Actualidade CERCEDA A obra é unha petición realizada polo alcalde Juan Manuel Rodríguez
FRADES
A Deputación destinará 166.000 euros a mellorar os accesos a Ubal
O Concello de Frades reinicia os servizos gratuítos de podoloxía e fisioterapia a domicilio
O Pleno da Deputación Provincial da Coruña vén de aprobar as obras de mellora do trazado e da seguridade viaria na estrada provincial DP 2403 ao seu paso por Cerceda, concretamente entre os puntos quilométricos 4+680 e 4+925. Uns traballos que suporán un investimento de 166.095 euros. As obras servirán para corrixir o trazado da curva actual, eliminando desta maneira un perigoso “punto negro” de concentración de accidentes na comarca ordense e para corrixir a intersección coa estrada municipal que dá acceso ao núcleo de Ubal. Para conseguilo, o proxecto de obra contempla a execución dun novo carril de espera e outro de incorporación, que mellorarán a visibilidade do cruce e, polo tanto, a seguridade do tráfico rodado.
O Concello de Frades vén de reiniciar o pasado 18 de maio os servizos de podoloxía e fisioterapia a domicilio que viña prestando de forma gratuíta antes da corentena. Iso si, con todas as medidas de seguridade polo que será obrigatorio usar equipos de protección, tanto por parte das persoas usuarias como por parte do/a profesional que preste o servizo. Deste xeito, podoloxía e fisioterapia únense ao reinicio do servizo de perruquería a domicilio, que se vén prestando a persoas dependentes dende o pasado luns 11 de maio. Tanto a persoa dependente como a profesional que se encarga de prestar o servizo empregan os equipos de protección precisos e cumpren coas indicacións de seguridade.
As obras inclúen a creación dun carril de espera e outro de incorporación no cruce
Petición do alcalde Deste xeito, a Deputación Provincial da Coruña atende unha das demandas efectuadas polo alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, durante a visita institucional realizada
polo presidente, Valentín González Formoso, á localidade o pasado mes de febreiro. Os traballos incluirán tamén a renovación do firme con mestura bituminosa en quente.
CRÓNICAS - Maio 2020
18
Actualidade COMARCA
COMARCA A comarca presenta alegacións ao parque éolico Solpor, en Ordes e Mesía
Frades, Oroso, Tordoia e Trazo contarán con brigadas contra os lumes forestais
Alertan da tramitación de dous novos parques eólicos en Tordoia e Trazo
O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo esta mañá un encontro por videoconferencia cos alcaldes da área de Santiago cos que xa están aprobados os convenios de prevención e defensa contra lumes forestais para a creación de brigadas municipais e de xestión da biomasa. Así, a comarca de Ordes contará con catro brigadas (Frades, Oroso, Tordoia e Trazo), de cinco compoñentes cada unha, para levar a cabo traballos de prevención e limpeza de espazos de risco e para actuar no caso de que haxa un lume forestal.
COMARCA
A Deputación achega 110.000 euros para contratar técnicos deportivos A Deputación da Coruña achegará 110.000 euros aos concellos da comarca de Ordes para a contratación de técnicos deportivos. Os Concellos de Frades e Oroso recibirán 10.000 euros, mentres que os outros cinco municipios recibirán 15.000 euros.
COMARCA
A Xunta aumenta o servizo de axuda no fogar en 4.673 horas cada mes O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, destaca que a Xunta de Galicia destina máis de sete millóns de euros anuais ao servizo de axuda no fogar. De feito, durante a crise samotaroa do coronavirus COVID-19, a Xunta de Galicia aumentou en 4.673 horas as asignacións na comarca de Ordes. A maior parte destas horas foron para a Mancomunidade de Ordes, que presta servizo aos concellos de Ordes, Frades e Mesía e que levou 2.777 horas máis ao mes. Pola súa banda, os Concellos de Tordoia e Trazo viron incrementado tamén o seu servizo con 853 e 843 horas máis ao mes, respectivamente.
O colectivo ‘Salvemos a Comarca de Ordes. Aire, auga e terra limpas’ alerta da tramitación de dous novos parques eólicos na comarca de Ordes cando aínda estamos en pleno estado de alarma. Trátase do chamado Parque Eólico Tornado, que incluiría aeroxeradores nos concellos de Tordoia, Trazo e Val do Dubra; e do Parque Eólico Orzar, con muíños nos concellos de Tordoia, Val do Dubra e Carballo. Ambos proxectos están promovidos pola empresa Greenalia e cada un deles contempla máis de 50MW de potencia e a construción de novas infraestruturas para a evacuación da electricidade. Por iso, dende o colectivo instan “aos concellos para que movan ficha de forma urxente ante estes proxectos”. Unha alerta á que se sumaron distintos colectivos ecoloxistas de Galicia, que lamentan que “o estado de alarma impide que a cidadanía galega poidamos reunirnos, organizar asembleas, actos informativos, debater en grupos grandes físicos, movernos con total liberdade dentro do territorio... O que se traduce en que afrontar un informe de impacto ambiental destes proxectos en colectivos veciñais e en condicións para contratar toda a información vírase imposible”. Solpor, Ordes e Mesía Así mesmo, distintos colectivos e particulares da comarca están tamén a presentar nestes días ante a Conse-
Simulación do preto que quedarían os muípos das vivendas en Cabeza de Lobo
llería de Medio Ambiente alegacións ao proxecto inicial do parque eólico Solpor, que inclúe a instalacións de aeroxeradores nos municipios de Ordes e de Mesía. Promovido pola empresa Green Capital Power, Solpor inclúe sete muíños de vento, de 200 metros de altura, e unha subestación eléctrica emprazados nas parroquias de Olas (Mesía) e Vilarmaior, Buscás e Ardemil (Ordes). “Nunha zona moi próxima ao trazado do Camiño de Santiago e atentando contra as aldeas máis próximas”, advirten dende o colectivo ‘Salvemos a Comarca de Ordes”. Apoio da Deputación A nivel político, o pleno da Deputación da Coruña aprobou unha moción para solicitarlle á Xunta a re-
forma do Plan Sectorial Eólico, “paralizando os proxectos actualmente propostos para a comarca de Ordes”. Unha moción que saíu adiante cos votos favorables de PSdeG, BNG, Alternativa dos Veciños e Marea Atlántica, que coincidiron en destacar o impacto económico que este tipo de industria tería na zona. Pola súa banda, nin o Concello de Tordoia nin o de Trazo fixeron comentario algún sobre a situación, polo que dende o PSOE de Tordoia aseguran que “non se entende por que diante dos veciños os alcaldes do PP defenden unha cousa e logo na Deputación defendan outra. Non estamos en contra da enerxía eólica pero si dos parques que poñen en perigo o sector primario, que é o substento da maioría da poboación de Tordoia”.
COMARCA Con múltiples restriccións por mor da pandemia da COVID-19
As bibliotecas volven abrir as súas portas
A biblioteca de Trazo reabriu as súas portas o pasado 11 de maio
A pesar de que a súa apertura ao público xa está permitida dende o pasado 11 de marzo, tan só as bibliotecas municipais de Trazo e de Mesía reabriron as súas portas aos veciños e veciñas do municipio. Unha situación á que se sumou esta mesma semana a biblioteca municipal de Oroso. Todas elas operan con numerosas restriccións propias destes tempos (cita previa, distancia social, uso de xel hidroalcohólico...) e cos únicos servizos de préstamo e devolución de material, previa cita. En todos os casos, os fondos devoltos permanecen en corentena durante catorce días para garantir que non estean infectados cando volvan entrar no circuíto de empréstito.
CRÓNICAS - Maio 2020
19
xente dE aquí OROSO Está dirixido a familias cuxos proxenitores teñan que reincorparse aos seus postos de traballo
O Concello ofrece un programa de conciliación para o mes de xuño O Concello de Oroso vai a poñer en marcha durante o mes de xuño un programa de conciliación da vida laboral e familiar, con actividades de ocio e deporte para nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade. A iniciativa vai dirixida a aquelas familias nas que, pola situación laboral do pai e da nai, non poidan coidar dos seus fillos e necesiten unha alternativa. Para este tipo de situacións, o Concello de Oroso porá en marcha esta iniciativa, que incluirá actividades deportivas nas que non haberá contacto físico e nas se respectarán todas as medidas de prevención. Así, os nenos e nenas farán senderismo, patinaxe, hípica, xogos, etc. O horario será de 08:00 a 14:00 horas, aínda que os pais que o precisen poderán deixar aos nenos desde
as 07:30 horas e recollelos ata as 14:30 horas. A recepción e recollida terán lugar no polideportivo e as actividades desenvolveranse tanto no complexo deportivo de Sigüeiro como nas áreas deportivas de Porto Avieira. Solución para a familia “Desde o Concello, queremos darlle unha solución aos pais que teñen que estar presencialmente nos seus traballos; o programa será seguro e respectará as recomendacións sanitarias”, asegura Antonio Leira Piñeiro, concelleiro de Deportes, Promoción Económica, Emprego, Turismo e Comunicación de Oroso. As inscricións deben facerse nas oficinas municipais, acreditando a situación laboral dos pais e nais. Máis información no 981 691478.
CRÓNICAS - Maio 2020
20
xente dE aquí
FRADES
Música e concurso sobre Carvalho Calero para conmemorar o Día das Letras Galegas O Concello de Frades trasladou tamén ás Redes Sociais as actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas. Ademais de compartir o libro dos Bolechas sobre Ricardo Carvalho Calero, os veciños e veciñas integrantes do grupo folclórico Sarillo de Aiazo quixeron compartir coa veciñanza a peza “Collín, collín...”, interpretada por cada músico dende a súa vivenda. Unha actuación que foi vista por máis de 2.500 persoas. Así mesmo, durante a fin de semana do 17 de maio, compartiron un entretido xogo didáctico en Facebook con preguntas sobre a figura de Carvalho Calero, elaborado polo Concello e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Ponte Carreira. Un concurso no que participaron medio cento de nenos e nenas do municipio.
OROSO
Taller Alecrín convida á veciñanza orosá a viaxar a través do baile Durante a vixencia do estado de alarma, o Taller Alecrín está a ofrecerlles aos veciños e veciñas de Oroso unha serie de vídeos baixo o nome de “Viaxando co baile”. O seu director, Francisco Muñiz, é o protagonistas destas sesións en liña nas que explica dende os pasos fundamentais de bailes como o valse vienés ou a salsa, ata o método pilates. O Taller Alecrín leva case unha década impartindo clases de bailes latinos, linedance, baile deportivo, hip hop... no concello de Oroso.
“Atando a viña”, de Rebeca Pena. 2º premio categoría xeral
“O día a día II”, Sara Fernández. 3º premio categoría xeral
“Superavoa”, de Hugo Caamaño. 1º premio categoría infantil
“Coidando animais”, de Tamara Blanco. 2º premio infantil
OROSO
Dobrete de Rebeca Pena no concurso “Muller Traballadora” A Concellería de Mulleres, Ensino e Benestar Social, que dirixe Isabel Fernández Gallego, vén de dar a coñecer o listado coas persoas gañadoras do Concurso de Fotografía “Muller Traballadora”, agradecendo tanto a participación como a calidade dos traballos presentados. A entrega de premios terá lugar nunha data aínda por determinar. A gran protagonista do certame foi Rebeca Pena Noya, que gañou o primeiro e o segundo premios da categoría xeral coas imaxes “Cosendo xuntas oitenta anos” e “Atando a viña”, polos que recibirá 250 e 150 euros. Completou o podio Sara Fernández Mosquera, cuxa fotografía “O día a día II” valeralle un premio de 100 euros. Na categoría infantil, o gañador foi Hugo Caamaño Mira con “Superavoa”, pola que levará un vale agasallo valorado en 100 euros a trocar en establecementos do municipio. O segundo premio foi para “Coidando animais”, de tamara Blanco Raña, que recibirá un vale agasallo de 60 euros. O terceiro posto foi declarado baleiro polo xurado.
“Cosendo xuntas oitenta anos”, de Rebeca pena, gañadora do concurso de fotografía
CRÓNICAS - Maio 2020
21
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Maio 2020
22
xeNte de Aquí fRADES
tORDOiA O Concello estrea “A Nosa Fala”, que se achega ás 5.000 reproduccións
Aprazada a Festa dos Nosos Maiores 2020 por mor Da COVID-19
A veciñanza de Tordoia conta as súas vivencias co galego nun documental
O Concello de Frades anuncia o aprazamento ata novo aviso da “Festa dos Nosos Maiores 2020”, que se ía celebrar o 30 de maio, debido á pandemia do coronavirus e á normativa que impide as xuntanzas de máis de 100 persoas en espazos abertos. “En caso de poder celebrala no que queda de ano 2020, respectando todas as medidas de seguridade que estean en vixencia nese momento, comunicarase persoalmente a todas as persoas participantes”, apuntan.
CERCEDA
O Concello de Cerceda estrea Instagram O Concello de Cerceda suma unha nova rede social ás súas canles de comunicación coa veciñanza ao abrir un perfil de instagram. Nesta rede social irá publicando información de interese para a cidadanía.
O Concello de Tordoia estreou o pasado 17 de maio o documental “A Nosa Fala” para conmemorar e celebrar o Día das Letras Galegas. Este proxecto supuxo a realización unha serie de entrevistas ao longo de varios días para recoller as testemuñas de veciños e veciñas do lugar sobre as súas vivencias coa nosa língua ao longo das súas vidas. Un vídeo que xa foi visto en Vimeo por máis de 4.700 persoas. “Na maior parte dos entrevistados, persoas de máis de setenta anos, podemos ver como a pesar das moitas dificultades que padeceron na súa infancia para ir á escola, que era impartida únicamente en castelán, así como na emigración dalgúns deles ao ter que desenvolverse nunha língua extranxeira, a súa língua materna continuou formando parte das súas vidas ata o día de hoxe manténdose forte e coma sinal de identidade”, sinalan dende o Concello de Tordoia. Así mesmo, dende o Concello trasladan o seu máis sinceiro agradece-
O documental pode verse en: https://vimeo.com/419334260/7bf76ed972
mento a todas as persoas que formaron parte deste traballo e que mediante as súas experiencias, fi-
xeron posible este documental, dispoñible neste enlace: https://vimeo. com/419334260/7bf76ed972
CERCEDA
mESíA
María Josefa Golán Cabeza, da parroquia de Rodís, fai cen anos
Convocado o IX Certame de Banda Deseñada
O Concello de Cerceda vén de celebrar recentemente os cen anos de María Josefa Golán Cabeza, ve-
O Concello de Mesía convocou un ano máis o seu tradicional certame de Banda Deseñada, aínda que esta novena edición chega con novas normas debido ás circunstancias especiais derivadas da crise sanitaria pola COVID-19. Un certame dirixido ao alumnado do CPI de Xanceda e das unitarias de Olas e Visantoña, que teñen ata o vindeiro 30 de maio para entregar os seus debuxos a través no mail casadacultura@concellodemesia.gal, indicando o curso ao que pertence a persoa participante. A banda deseñada terá tamaño folio e, como mínimo, dúas esceas. Ademais, deberá estar en galego e debuxada con lapis, pinturas e/ou rotuladores. A temática é libre, se ben o Concello de Mesía valorará que estea relacionada con Ricardo Carvalho Calero e a sú obra, figura á que se dedica este ano o Día das Letras Galegas. O xurado outorgará un premio por ciclo de cada etapa (infantil,
ciña do Brazal (parroquia de Rodís), facéndolle entrega dun gran ramo de flores.
primaria e ESO) de 40 euros en libros e material escolar. O xurado estará presidido pola ilustradora Laura Romero e composto por mestres, un representante da Concellería de Cultura e o encargado do Departamento de Normalización Lingüística do CPI de Xanceda.
CRÓNICAS - Maio 2020
23
dePORteS tEniS DE mESA Dende o club piden axudas para poder afrontar a nova tempada
fÚtbOl
O Oroso ABANCA ascende á División de Honra Nacional
A SD Tordoia traballa na creación dun equipo Senior B de cara á próxima tempada
O Oroso Abanca vén de ascender á División de Honra Nacional, despois de que a Real Federación Española de Tenis de Mesa acordara conceder o ascenso directo ás primeiras clasificadas de cada grupo e a non celebración da fase de ascenso debido á crise sanitaria. Un ascenso a unha categoría semiprofesional que supón unha excelente noticia desde un punto de vista deportivo pero que tamén abre serios interrogantes de cara ao futuro, dende o punto de vista económico. Dende o club aseguran que agora teñen por diante “un duro camiño, que será o de conseguir os fondos necesarios para poder disputar tan esixente categoría. Empresa que non será doada tendo en conta a crise na que vivimos e que provocou o drástico descenso dos ingresos por patrocinadores privados, así como das axudas das Administracións públicas”. Por iso, desde o club xa advirten de que “é moi difícil poder asegurar un orzamento que nos
A SD Tordoia está a traballar na creación dun equipo Senior B de cara á vindeira tempada, logo de que o club dera por rematada a actual para os seus equipos Senior e de Veteranos. De feito, o club está a dedicar este mes de maio á renovación de practicamente todo o plantel dos seus equipos, tanto xogadores como integrantes do corpo técnico. Así mesmo, a SD Tordoia está á espera dunha decisión definitiva por parte da Federación de Fútbol para tomar unha decisión sobre o equipo feminino, que era líder do seu grupo no momento da interrupción das competicións pola declaración do estado de alarma. Á espera desa decisión definitiva, dende o club xa adiantan que “priorizarase a seguridade e saúde das nosas xogadoras e corpo técnico antes de valorar calquera opción”.
Xogadoras do Oroso Abanca, primeiras do seu grupo da 1ª Nacional Feminina
permita saír a competir nunhas mínimas condicións por toda España cando nos vimos obrigados a parar a nosa ac-
tividade e nestes momentos nin tan sequera podemos adestrar ou saír á rúa a buscar apoios”.
COMPRA EN FRADES
gañamos tod@s
porque dinamizas a ECOnOmíA lOCAl porque axudas a mAntER O EmpREGO porque son os nosos vECiñOS E vECiñAS porque cando máis os necesitabas, EStAbAn Aí porque tes CAliDADE e os mEllORES pREZOS porque están mOi CERCA e terás un tRAtO pERSOAl
RO P M CO #EU RADES ENF
Concello de Frades
CRÓNICAS
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes. Edita: Underwood Media, S.L. C/Romero Donallo 26 15706 Santiago. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 25-5-2020. Depósito legal: C 900 - 2013. Director: Javier Carnota. Teléfono: 620 967 549. Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com. Exclusivista publicitaria: Eco publicidad & márketing (www.agenciaeco.es). Álvaro Filgueira. 649 419 415. afilgueira@agenciaeco.es