CERCEDA
Páx. 2
Juan Manuel Rodríguez toma posesión como alcalde
C RÓ N I CAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 74 - Febreiro de 2020
COMARCA Aprobáronse iniciativas en Frades, Ordes, Tordoia e Trazo dirixidas á Xunta
ordes
Clamor na comarca para pedir melloras no servizo de matrona Distintos Concellos, distintos partidos, pero unha mesma reclamación á Conse-
llería de Sanidade: un servizo digno de matrona para as mulleres da comarca. Unha
demanda que este mes compartiron en Tordoia, Trazo e Ordes, onde se aprobaron ini-
Case 180.000 euros para alumeado Páx. 4
ciativas para instar á Xunta a mellorar este servizo.
Páx. 10
COMARCA
Frades, Mesía e Ordes piden outro obradoiro de emprego
Páx. 5
OROSO
A comarca recende a Entroido
O Concello rescinde o contrato coa construtora do auditorio
Páx. 6
TORDOIA
Páxs. 14, 16 e 17
A Xunta achegará 300.000 € para un centro sociocomunitario Páx. 9
CRÓNICAS - Febreiro 2020
2
Actualidade ORDES
CERCEDA Ampliar o polígono e a reconversión tras o peche da térmica, principais metas
Un total de 24 empresas optan a construír a senda peonil entre Ordes e o albergue
Juan M. Rodríguez toma posesión como alcalde cun chamamento ao “equilibrio”
Un total de 24 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar a senda peonil entre o albergue de peregrinos de Poulo e o centro de Ordes, cun investimento da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade duns 650.000 euros. A senda terá unha lonxitude de 1,3 km e un ancho de 2 metros pola marxe dereita na estrada AC-524, partindo do itinerario peonil xa existente e ata o lugar de A Costa. Esta actuación busca mellorar a seguridade viaria na zona, separando o tráfico peonil do tráfico rodado, e fomentar a mobilidade peonil en detrimento do uso dos vehículos. A senda conectará coa posada de peregrinos e permitirá unir, ademais, outros focos de atracción tales como os centros educativos IES nº1 de Ordes e o colexio Alfonso Rodríguez Castelao, cos pavillóns polideportivos, locais comerciais e industriais, farmacias, etc.
Un cuarto de século despois, Cerceda conta cun novo alcalde. Tal e como estaba previsto, o socialista Juan Manuel Rodríguez tomou o relevo dun histórico do partido, José García Liñares, a quen a Xustiza inhabilitou durante os próximos oito anos por prevaricación administrativa na contración das obras das lagoas do xardín botánico do Acevedo en marzo de 2015. De feito, as primeiras palabras de Rodríguez García como alcalde foron para homenaxear ao seu antecesor, quen non estivo presente no salón de plenos. “Foi un referente, fixo moitas cousas e deixou o listón moi alto”, asegurou o novo alcalde, quen deixou claro que “sei perfectamente que non sucedo a un alcalde calquera”. Acto seguido, esbozou o que serán as liñas mestras do seu goberno. “Gústame o o equilibrio”, adiantou, para lembrar que “Cerceda é un referente en emprego e política social”. Para manter esa realidade, entre as súas prioridades figuran a ampliación do polígono, a posta en marcha dun plan industrial para cando peche a central térmica, a ampliación do Aquapark e a revitalización das parroquias do rural.
FRADES
As axudas para transporte e material poderán solicitarse ata o 10 de marzo O Concello de Frades convoca as axudas para transporte e compra de material escolar para o curso 2019-2020, que están dirixidas ás familias máis necesitadas do municipio e cuxa renda per cápita sexa inferior ao IPREM (537,84€/mes). A subvención para transporte está dirixida a alumnado de Bacharelato ou de FP (Grao Medio) e terá unha contía de 200 euros, 50 máis que ata o de agora. As axudas para material escolar son para alumnado de segundo grao de Educación Infantil (3-5 anos) e ascenden a 70 €. O prazo de presentación de solicitudes remata o martes 10 de marzo. O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, explica que “aínda que non son ensinanzas obrigatorias, convocamos estas axudas para axudar a que as familias con menos recursos teñan acceso á formación en igualdade de condicións”.
Man tendida Así mesmo, adiantou que ha-
Juan M. Rodríguez tomou posesión cos votos do PSOE e a abstención de PP e BNG
berá unha complicada transición no próximo trimestre e pediu a colaboración de toda a veciñanza e dos grupos da oposición para conseguir o mellor para o municipio. “Somos os depositarios da confianza da veciñanza de Cerceda”, apuntou o novo alcalde, ao tempo que tendía a man para acadar acordos coa oposición. Un guante que foi recollido tanto polo Partido Popular como polo BNG, que fecilitaron ao novo rexedor, sen deixar de lembrar a situación anómala vivida nos últimos tempos de García Liñares. Así, José Francisco
Santos, voceiro popular, salientou: “vostede é novo e esperamos cousas novas e cousas sas. Esperamos que teña unha boa presidencia para toda Cerceda”. Pola súa banda, Alberte Sánchez, voceiro nacionalista, confirmou que o BNG “apoiará todos os proxectos que sexan bos para o pobo de Cerceda”, ao tempo que insistiu na necesidade dun cambio nas maneiras de facer política en Cerceda. A sesión plenaria tamén servíu para a toma de posesión do socialista Ángel Gestal, que substitúe a José García Liñares na corporación.
TORDOIA
O Concello inicia a entrega dos composteiros achegados por Sogama
Antonio Pereiro solicitara hai meses a ampliación do programa con Sogama
O Concello de Tordoia vén de iniciar a entrega dos composteiros achegados por Sogama para estender polo municipio a práctica da compostaxe doméstica nun total de 25 vivendas unifamilares. Unha iniciativa que xurde a raíz dunha reunión do alcalde, Antonio Pereiro, coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, para solicitar a ampliación deste programa. Unha petición que foi rapidamente atendida por Sogama de modo que, nos próximos días, serán un total de 41 as familias de Tordoia que participen neste programa para reducir a presenza de materia orgánica nos contedores verdes convencionais. Unha medida que permite aforrar custes tanto ambientais como económicos.
CRÓNICAS - Febreiro 2020
3
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Febreiro 2020
4
Actualidade ORDES
TORDOIA Conde visitou esta empresa especializada en maquinaria agrícola e forestal
O Concello recibe unha axuda do IDAE de case 180.000 euros
A Xunta pon a TMC Cancela como exemplo da industrialización do rural
O Concello de Ordes acaba de recibir unha subvención do IDAE por importe de 179.017,56 euros para licitar a terceira fase da actuación de aforro enerxético no alumeado público de varias vías públicas do municipio. As instalacións a reformar empregan luminarias obsoletas cun rendemento baixo, con lámpadas de vapor de mercurio que serán substituídas por outras tipo LED. Entre os lugares nos que se levarán a cabo os traballos figuran núcleos de Adina e A Brea (Ardemil), Castrelos e Igrexa (Leira), aldeas de Pereiriñas, Igrexa, O Pazo, Agromaior, Xermiñas e Couto (Lesta), núcleos de Fraga da Galiña, Darefe, Vidueiro, Valado, Casal e Reboredo (Ordes), aldea da Albariña (Montaos), así como as rúas Lagartos e O Recreo (Ordes), e o polígono de Merelle.
TRAZO
EdukaJudo ofrece un obradoiro de defensa da muller O local social polivalente de Trazo acollerá os martes 10, 17, 24 e 31 de marzo, en horario de 20:30 a 22:00 horas, un obradoiro de Defensa da Muller e prevención da violencia de Xénero. Enmarcado no programa de actividaes polo Día da Muller, o seminario será impartido por Rafael Souto Saavedra e Dámaso Peña Losada, técnicos de defensa persoal de EdukaJudo. As veciñas de Trazo interesadas en participar poden anotarse no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao teléfono 981 689 001.
ORDES
A ITV de ciclomotores estará no Mesón do Vento o 12 de marzo A unidade móbil de Inspección Técnica de ciclomotores estará na nave do Mesón do Vento o 12 de marzo, en horario de 9:00 a 13:30 horas. Para solicitar cita previa pódese chamar ao 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, vistou TMC Cancela, empresa especializada en maquinaria agrícola e forestal emprazada en Tordoria. Unha emprega da que destacou que sexa un exemplo de industrialización do rural galego. A compañía conta cunha capacidade de produción que supera as 2.000 unidades ao ano Conde eloxiou o compromiso da empresa por desenvolver estratexias de crecemento e de diversificación de mercados na procura dunha maior proxección internacional; unha estratexia supeditada á adopción de fórmulas baseadas na innovación e no modelo 4.0. O titular de Economía, Emprego e Industria salientou a necesidade do tecido empresarial galego de adoptar este tipo de fórmulas para asegurar a súa competitividade nos mercados globais e o fortalecemento dos novos talentos galegos. Deste modo, o conselleiro chamou a investir en innovación e en formación como eixos
Francisco Conde visitou a empresa acompañado polo alcalde Antonio Pereiro
de desenvolvemento, ofrecendo un produto diferenciado e contando con profesionais máis cualificados. Neste eido, Conde destacou o compromiso da Xunta por blindar as competencias dixitais do tecido empresarial, que inclúe unha liña específica de axudas á dixitalización dotada
con 2,2 millóns de euros, e que beneficiará a 112 empresas mediante o impulso á interconexión dixital, á adquisición de material, e á colaboración con grupos de traballo especializados en I+D+i. Prevese que estas axudas mobilizarán preto de 5,5 millóns de euros.
MESÍA O Concello contará cun técnico e un administrativo para a área social
A Deputación financiará 3.000 horas de servizo de axuda no fogar A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, visitou Mesía para reunirse co alcalde da localidade, Mariano Iglesias, e abordar fórmulas de colaboración e coordinación entre ambas administracións que axuden a mellorar a atención social nos pequenos municipios, os máis afectados pola dispersión e envellecemento da poboación e con menores recursos técnicos e económicos. Lamas explicou que Mesía recibirá este ano 75.679 euros do Plan de Servizos Sociais Comunitarios da Deputación para financiar a contratación dun técnico e un administrativo especializados na área social e un total de 2.973 horas de servizo de axuda no fogar. “Sabemos que é unha axuda importante, pero tamén que os recursos nunca son suficiente. Por iso queremos coñecer a realidade e as necesidades concretas de cada municipio e ver como podemos mellorar xuntos as políticas sociais dos concellos coruñeses”, afirmou Ana Lamas, que des-
A deputada Ana Lamas reuniuse en Mesía co alcalde Mariano Iglesias
tacou que a área de Benestar Social ofrece ademais outros servizos moi valorados pola cidadanía coma o de Teleasistencia, do que xa se benefician 13 veciños e veciñas de Mesía. Pola súa banda, o alcalde de Mesía trasladou á deputada a necesidade de seguir mellorando os servi-
zos sociais do municipio para achegalos a todos os veciños e veciñas que o precisen e solicitou que a Deputación estude apoiar economicamente o proxecto do goberno municipal de dotar a Mesía dun Punto de Atención á Infancia que facilite a conciliación laboral e familiar.
CRÓNICAS - Febreiro 2020
5
Actualidade COMARCA Formaría a 20 persoas e tería un orzamento de case 400.000 euros
MESÍA
Frades, Mesía e Ordes volverán solicitar un obradoiro de emprego
A Casa da Cultura acollerá unha sesión sobre a vespa velutina
O Concello de Frades celebrou unha sesión plenaria extraordinaria na que aprobou por unanimidade pedirlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria unha subvención de 346.946 euros para o obradoiro de emprego “Brañas do Illó-Río Samo III”, promovido por Frades, Mesía e Ordes. Unha iniciativa que formará a 20 persoas desempregadas, durante 9 meses e outros 3 de prácticas en empresas, nas modalidades de repoboacións forestais, tratamentos silvícolas e actividades auxiliares de conservación e mellora do monte. O proxecto conta cun orzamento inicial de 399.872 euros, dos que 52.926 euros serán achegados polos tres concellos: 28.582 euros Ordes, 13.676 euros Frades e 10.666 euros Mesía. O Concello de Ordes será a entidade encargada de xestionar o proxecto, que formará a un total de 20 persoas desempregadas (10 de Ordes, 5 de Frades e outras 5 de Mesía).
O Pleno de Frades aprobou por unanimidade solicitar o novo obradoiro
O alcalde, Roberto Rey, adiantou os traballos que acometería o alumnado en Frades serían de mellora e posta en valor das áreas recreativas do municipio (Ponte Carballa en Abellá, A Presa en Ledoira, O Muiño de Céltigos e Os Pasos de Aiazo), así como as contornas dos distintos lo-
cais sociais das parroquias e lugares como a piscina municipal, as prazas de Moar, os campos de fútbol de Vitre e Ponte Carreira, o punto limpo Frades-Mesía (Céltigos), a contorna de San Nicolau, así como fincas de acceso á instalacións municipais como as depuradoras, entre outras.
O salón de actos da Casa da Cultura de Mesía acollerá o luns 2 de marzo, ás 17:00 horas, a charla “Stop Vespa Velutina”, impartida por Rafael Díaz, técnico apícola da Asociación Galega de Apicultura. A participación é de balde, previa inscrición na Casa da Cultura. Na sesión explicaranse as medidas de control primaveral e como evitar a construción de niños próximos ás vivendas. As persoas asistentes aprenderán a fabricar trampas e atraíndes, así como primeiros auxilios en caso de picaduras.
ORDES
Curso de preparación do Celga 4 O SNL da Mancomunidade organiza un curso de preparación do Celga 4, de 40 horas lectivas do 2 de marzo ao 27 de abril. As inscricións rematan o 21 de febreiro.
CRÓNICAS - Febreiro 2020
6
Actualidade OROSO A oposición teme que supoña o bloqueo dunhas obras paradas dende hai meses
O Concello rescinde o contrato coa empresa construtora do auditorio ORDES
O BNG recolle sinaturas contra os asolagamentos na zona de Merelle O BNG de Ordes denuncia a ineficacia da recollida de pluviais na estrada N-550 ao seu paso por Merelle. Os nacionalistas recolleron medio cento de sinaturas da veciñanza directamente afectada polos asolagamentos que se producen na zona en períodos de choiva con certa intensidade. O voceiro do BNG ordense, Pablo Vidal, asegura que “episodios de asolagamentos coma os acontecidos o 17/09/2019 ou o 16/01/2020 non son de recibo e poñen claramente de manifesto a ineficacia do sistema de evacuación de pluviais que transcorre pola N-550 ao seu paso por Merelle, Mesón de Deus e Fonte Estrei”. Por iso, o BNG presentou un escrito diante da Demarcación de Estradas do Estado en Galiza no que solicita “levar a cabo, con carácter urxente, as actuacións precisas para evitar que se repitan no futuro os citados asolagamentos”.
As obras de construción do novo auditorio e a ampliación da biblioteca do Centro Cultural de Sigüeiro, orzamentadas en medio millón de euros, están paralizadas dende hai varios meses. Así o ven de confirmar o Grupo de Goberno de Oroso tras as denuncias públicas realizadas polo Partido Popular e Oroso Renovable. Así, o Concello emitiu un esquemático comunicado no que responsabiliza de todo unica e exclusivamente á empresa adxudicatiaria. Asegura que “a empresa adxudicataria das obras incumpriu o prazo de execución dos traballos” e anuncia que se está tramitando “o expediente de rescisión do contrato coa empresa Gallaecia, o que conlevará a aplicación das penalizacións correspondentes segundo os térmicos que a empresa comprometera”. Sobre o prazo comprometido polo alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro de Obras, Luís Villaverde, o pasado mes de outubro, no que se aseguraba que as obras estarían rematadas en novembro, o comunicado recoñece a afirmación, pero volve culpabilizar á empresa: “é o prazo que figura no prego de cláusulas téncias e ademais é o compromiso que adquiríu a empresa na súa oferta. Por iso, a preguntas dos medios de comunicación, se dixo que a obra remataría nesa data”. Preocupación do PP A confirmación da paralización das obras foi recibida con preocupación polos dous grupos da oposición. Así, dende o Partido Popular lem-
As obras de ampliación do auditorio e a biblioteca levan paradas dende decembro
bran que estas actuacións se iniciaron unha semana antes das eleccións municipais, algo que non consideran que fora froito da casualidade. “O único certo é que as obras levan paradas máis de dous meses e o único que soubemos é que todo fai indicar que o a empresa adjudicataria vai a acudir á xustiza contra o goberno por rescindirlles o contrato coa demora que iso conleva”, lamenta o voceiro do PP, Alexander Doval. Ante esta situación, desde o Partido Popular esíxenlle ao executivo local que “axilice e acelere” a tramitación do novo expediente para terminar “dunha vez por todas” con este proxecto, toda vez que “o alcalde no último Pleno Ordinario non foi quen de poñer fecha á finalización das obras”.
Contencioso Menos optimistas sobre os prazos están en Oroso Renovable, xa que “o alcalde pronunciou no pleno a palabra contencioso, é dicir, que probablemente haxa litixio xudicial entre as partes. A posición de Oroso Renovable é que vale máis un mal arreglo que un bo pleito”. Ademais, quéixanse de que Mirás non deu explicacións concretas e detalladas sobre cal é a cuestión que orixinou que a empresa deixase a obra. Por iso, dende Oroso Renovable solicitaron a emisión dun informe do arquitecto municipal sobre as causas técnicas da paralización da obra e a viabilidade da utilización das instalacións baixo estas circunstancias sobrevidas dende o pasado mes de outubro.
ORDES
Toman posesión dous novos policías locais TORDOIA
O Concello instala unha mampara nas gradas do campo de Gorgullos O Concello de Tordoia vén de rematar as obras de construción dunha mampara lateral nas gradas do campo de fútbol de Gorgullos. Esta nova instalación permitirá protexer da choiva e do vento ao público que asiste aos distintos partidos.
Toma de posesión dos dous novos policías locais de Ordes
Pablo Díez Nieto e Andrés Nouche López tomaron posesión como novos integrantes da Policía Local de Ordes diante do alcalde, José Luís Martínez Sanjurjo. Un acto ao que tamén asistiron o oficial xefe da Policía Local, Eduardo Rodríguez, e o axente Iván Otero. Os novos axentes veñen de superar as probas selectivas da Academia Galega de Seguridade Pública. Ambos comprometéronse a cumprir fielmente as obrigas do posto, con lealdade a El Rey, e de gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado.
CRÓNICAS - Febreiro 2020
7
Actualidade CERCEDA Sogama conseguíu recuperar máis de 81.000 toneladas de materiais en 2018 e chegará ás 100.000 este ano
Os Concellos adscritos a Sogama reducen a produción de lixo e aumentan a reciclaxe No marco do Plan galego de Xestión de Residuos e a Estratexia de Economía Circular, Galicia avanza no bo camiño cara ao cumprimento dos dous grandes obxectivos europeos en materia de residuos: reducir a súa produción e incrementar o seu reciclado. Así o evidencian os datos de Sogama correspondentes ao ano 2019. Das 799.454,49 toneladas de bolsa negra (lixo convencional recollido a través dos contedores verdes) recepcionadas nas súas instalacións de Cerceda en 2018, baixouse ás 789.014 toneladas o pasado ano, o que se traduce nun 1,31% menos, marcando unha tendencia á baixa que Xunta de Galicia e Sogama confían en manter durante os próximos anos a través de incentivos ambientais e económicos, reforzados con permanentes campañas de formación e concienciación social. Rebaixa do canon Neste sentido, cabe recordar que, en 2019, a Sociedade Galega do Medio Ambiente aplicou unha rebaixa do 10% no canon que deben abonar os concellos polo tratamento dos seus residuos, estando esta supeditada a dous requisitos: promover a redución de refugallos en orixe e/ou reciclaxe dos envases lixeiros (bolsa amarela) e trasladar esta bonificación aos cidadáns. Dos 295 concellos adscritos a Sogama, 224 acolléronse a esta medida, estimándose un aforro de aproximadamente 5 millóns de euros, ademais dos conseguintes beneficios ambientais. A redución media da xeración de lixo tivo lugar nas catro provincias galegas. Tal e como se anunciou no DOG do pasado 23 de xaneiro, a Xunta de Galicia, a través de Sogama, mantén en 2020 a rebaixa do canon, nos mesmos termos de 2019, abríndoa incluso a aqueles entes locais que, no seu momento, non se acolleran á mesma ou ben que non deran debido cumprimento aos condicionantes establecidos. O obxectivo do goberno autonómico é que estes se beneficien dunha segunda oportunidade, propiciando que os cidadáns paguen menos pola xestión dos seus residuos e contribúan a protexer o medio ambiente a través da prevención e redución, así como dunha maior reciclaxe.
Innovación tecnolóxica e colaboración cidadá, dous dos piares que conducen ao éxito
Javier Domínguez Lino, presidente de Sogama, presentou os resultados á prensa
CRÓNICAS participou no percorrido guiado polo complexo cercedense
A reciclaxe está ao alza No caso da reciclaxe da bolsa amarela, os datos presentados aos medios de comunicación por Javier Domínguez Lino, presidente de Sogama, amosan que a evolución tivo un carácter ascendente durante os últimos cinco anos. Deste xeito, pasouse das 22.119,07 toneladas recibidas na Planta de Clasificación de Sogama no ano 2015 ás 25.818,89 de 2018 e ás 28.326,59 toneladas do pasado ano 2019.
Respecto de 2018, a recuperación desta fracción viuse incrementada nun 9,71% e, se tomamos como referencia o 2015, esta porcentaxe sobe ata o 28,06%. Así mesmo, a compañía conseguiu recuperar, do lixo convencional, máis de 81.000 toneladas de materiais (aceiro, aluminio, vidro, plásticos, etc) que foron enviados aos centros recicladores, confiando en alcanzar este mesmo exercicio as 100.000 toneladas.
Trala ampliación do Complexo Medioambiental de Sogama, emprazado no municipio de Cerceda, esta infraestrutura conta cunha nova planta para a recuperación dos materiais contidos no lixo en masa. En liña coa industria 4.0 e, utilizando as tecnoloxías máis vangardistas, consegue segregar ata once tipoloxías de refugallos que remite aos centros recicladores para darlles unha nova vida. Con esta instalación e a remodelación da antiga planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, o Complexo cercedense, todo un referente a nivel mundial en termos de eficiencia, innovación e modernidade, conta xa con capacidade para tratar en condicións óptimas 1 millón de toneladas anuais (un 81% máis que en 2018), podendo recibir, se así fose necesario, todos os residuos urbanos producidos en Galicia. Galicia, exemplo de economía circular Esta mellora permitirá á Sociedade Galega do Medioambiente seguir aumentando de forma exponencial a súa achega á reciclaxe e alcanzar este mesmo ano ao vertido técnico cero, desviando a vertedoiro, única e exclusivamente, a parte do lixo que non se poida reciclar nin valorizar enerxeticamente. Desta forma, Galicia adiántase en quince anos ao cumprimento das directrices establecidas polo Parlamento Europeo para todos os Estados membros da Unión, que está fixada en 2035. A maior colaboración dos galegos e as galegas, unida á firme aposta desta empresa pública pola innovación tecnolóxica, fará posible que Galicia sexa un exemplo a seguir en economía circular: protexendo a contorna, velando pola saúde das persoas e o seu benestar, e creando emprego verde de calidade.
CRÓNICAS - Febreiro 2020
8
Actualidade TRAZO
TORDOIA
O Plenos cambian de hora: os últimos venres dos meses impares polas tardes
PSOE e BNG critican a falta de previsión do Goberno Local á hora de convocar os Plenos
O pleno municipal de xaneiro aprobou unha moción de Somos Trazo para cambiar o horario das sesións plenarias. Estas seguiran manténdose os últimos venres dos meses impartes, se ben a hora cambia das 9:00 horas ás 20:00 horas (en inverno) e ás 21:00 horas (no verán).
BNG e PSOE de Tordoia coincidiron en criticar a falta de previsión do Goberno Local á hora de convocar os Plenos, o que provoca que se realicen por procedimentos extraordinarios como é o de urxencia. No último caso, “a data límite de solicitude da subvención era coñecida de antemán, polo tanto non entendemos que se fagan as cousas correndo e con presa”, lamentaron os nacionalistas. Unha postura semellante á mantida polos socialistas, que votaron en contra da urxencia do pleno porque “non xustifican a urxencia e non entregan a documentación necesaria. Como imos vendo, seguimos cun claro dominio da política caciquil que tanto lle gusta ao Goberno do PP de Tordoia”.
OROSO
O PP critica que PSOE e BNG votaran non ao cambio de uso dos chalés turísticos Case vinte anos despois, segue coleando en Oroso o asunto dos chalés turísticos de Porto Avieira. Despois da sesión plenaria extraordinaria celebrada o pasado mes de decembro, o Partido Popular acusou ao alcalde de mentir ao asegurar que os propietarios compraran con pleno coñecemento e que non descartaba un cambio de uso. Os populares lembran que nese pleno extraordinario tanto PSOE como BNG votaron non, precisamente, ao cambio de uso nesas vivendas de Porto Avieira. “É o malo de mentir, que hai que contar sempre a mesma versión”, ironizan dende o grupo municipal orosán.
MESÍA O programa fomenta o coñecemento do rural
Pichel reúnese na Casa Grande de Xanceda coa mocidade do Emprural A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo un encontro na Casa Grande de Xanceda cos participantes do programa Emprural, orientado a dar a coñecer ás mozas e mozos as oportunidades laborais do seu entorno. Alí felicitou aos participantes na última edición pola súa aposta por un rural activo e produtivo. Os destinatarios desta iniciativa formativa foron mozas e mozos con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar. A finalidade do proxecto foi facilitar a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas lo-
cais, ofrecendo apoio e acompañamento personalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos. Así, a actividade estivo formada por seis bloques: inscrición e formación de grupos de traballo; un safari de emprego polos territorios que contou cunha parte de sesións teóricas e outra de sesións prácticas grupais e individuais, así como visitas a iniciativas empresariais de referencia; formación básica e específica para a inserción laboral; formación na empresa con estadías por participante de entre 60 e 360 horas; seguimento individual; e por último, un último bloque de conclusións e captura de proxectos.
Subvención do IDAE As críticas á convocatoria formal do Pleno non impediron que o asunto tratado se aprobara: dúas subvencións do IDAE para a renovación da instalación de alumeado público en Anoio e Cabaleiros e unha segunda para a renovación do alumeado en Numide e Leobalde. Dúas actuacións que permitirán substituír as actuais luminarias por outras baseadas na tecnoloxía LED e que, xunto a outras melloras, permitirá reducir a contaminación medioambiental e lúminica así como rebaixar a factura eléctrica ao Concello.
TORDOIA Instalaranse sinais luminosas e pasos de peóns
A Deputación compromete medidas para mellorar a seguridade peonil en Pontepedra
Pereiro pediu melloras nas DP-5902 Ordes-Tordoia e unha senda peonil en Anxeriz
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, reuniuse co alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, para analizar melloras no municipio. Entre elas estúdase instalar sinalización luminosa e novos pasos de peóns na DP 8401 ao seu paso por Pontepedra, onde a Deputación fixera obras de ampliación e renovación do firme. Iso provocou que os vehículos circulen agora a maior velocidade por Pontepedra e haxa que
tomar novas medidas de seguridade, segundo explicou Antonio Pereiro. A preguntas do alcalde, González Formoso explicou que as obras da nova ponte sobre o río Pedrouzo non poderán comezar ata que diminúa o caudal do río. Pereiro tamén solicitou melloras na DP 5902, que conecta Ordes con Tordoia e “vertebra unha parte importante do municipio”. Ademais, pediu unha senda na DP 1914 ao seu paso no Anxeriz, no Empalme.
CRÓNICAS - Febreiro 2020
9
Actualidade TORDOIA O Concello encargarase de executar as obras de construción
TRAZO
A Xunta achegará 300.000 € para un centro sociocomunitario e ambiental
PSOE e BNG forzan un Pleno sobre os contratos no Concello
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou o Concello de Tordoia e mantivo unha xuntanza co seu alcalde, Antonio Pereiro, para trasladarlle que a Xunta de Galicia achegará 300.000 euros para a construción dun centro sociocomunitario e ambiental. Esta nova infraestrutura emprazarase no núcleo urbano de Pontepedra, a carón doutros servizos da localidade como son o centro escolar, o propio Concello, o centro de saúde e o centro deportivo. O Concello será quen execute as obras de construción. A achega do Goberno galego á construción deste centro, que será un referente en materia ambiental no municipio, realizarase a través das Consellerías de Política Social e da de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. No caso da Consellería de Política Social, a previsión é que a sinatura do convenio co Concello se realice no primeiro trimestre do ano. Este acordo fixará a achega de 150.000 euros en dúas anualidades:
Fabiola García e Antonio Pereiro, na parcela na que se emprazaría o centro
2020 e 2021. O edificio, cun proxecto de arquitectura sostible, contará cunha superficie construída de 360 metros cadrados en planta baixa e combinará os espazos verdes coas salas para uso
das veciñas e veciños. Disporá de auditorio, sala da natureza, zona de recepción, despachos, aseos e patio exterior, entre outras estancias. A intención do Concello é dedicalo especialmente ás persoas maiores.
FRADES As obras teñen un prazo de execución de seis meses
A corporación municipal de Trazo celebrará unha sesión extraordinaria o próximo venres 6 de marzo, ás 9:00 horas, a petición dos grupos municipais do PSOE e o BNG. A alcaldesa, Josefina Suárez, tendrá que informar detalladamente sobre varios contratos de servizos do concello: abastecemento de auga e saneamento municipal, axuda no fogar, conservación e mantemento do alumeado público, recollida do lixo, limpeza de edificios municipais, asesoría xurídica e servizo técnico-urbanístico. Socialistas e nacionalistas indican que solicitaron este pleno para garantir que “as contratacións do Concello de Trazo se fan con total transparencia e igualdade de oportunidades, tal e como nos comprometemos cos veciños e veciñas de Trazo nas pasadas eleccións”. Ademais, lembran que os plenos son abertos ao público e que este pode ser especialmente interesante para empresas ou persoas emprendedoras de Trazo.
O Concello licita as obras de reparación da piscina por 100.000€ O Concello de Frades vén de sacar a licitación as obras de reparación da piscina municipal por 101.066,29 euros (IVE incluído) e un prazo máximo de execución de seis meses. As empresas que estean interesadas en participar nesta licitación teñen ata o vindeiro 2 de marzo para presentar as súas ofertas na Alcaldía de Frades. O alcalde, Roberto Rey Martínez, explica que estas obras “son moi necesarias porque na actualidade hai importantes fugas de auga e tamén é necesario facer reparacións no vaso da piscina e unila coa zona da rejilla. Estamos perdendo moita auga e non podemos seguir así”. O Concello valorará especialmente a redución dos prazos de execución das obras así como o aumento do período de garantía das mesmas. As obras incluirán o arranxo de tres puntos da instalación: o vaso da piscina, o sistema de depuración e a canaleta perimetral. No caso do vaso da piscina, os defectos no seu illamento e as fugas da canaleta que o rodea
CERCEDA / ORDES
Alumnado de Ordes e Cerceda participan no IV Congreso MarumaSat
A piscina municipal de Frades tiña importantes fugas de auga
provocan un consumo extra de auga para manter o nivel da piscina, o que supón un gasto adicional para a instalación e un desperdicio de auga potable. Os traballos incluirán o picado do azulexo actual, que será substituído por unha plaqueta porcelánica de cor branca, previa impermeabilización e reparación de fisuras no vaso da piscina e no depósito de compensación.
Así mesmo, demolerase a canaleta perimetral, que será substituída por outra cun circuíto en PVC para a condución da auga ao depósito de compensación. Finalmente, substituiranse os circuítos hidráulicos, as bombas dosificadores e as distintas válvulas do sistema de depuración. Isto permitirá automatizar o sistema.
Alumnado do IES Maruxa Mallo (Ordes) e do CPI O Cruce (Cerceda) participaron no IV Congreso MarumaSat, que foi inaugurado pola conselleira de Educación, Carmen Pomar. Unha iniciativa organizada pola Axencia Escolar Galega NOSA que ten como principal obxectivo levar un modelo colaborativo ás aulas, a través do deseño e construción dunha cápsula estratosférica que realiza un voo suborbital no terceiro trimestre de cada curso. Deste xeito, o alumnado fai un traballo en equipo e aprenden a investigar e deseñar proxectos aplicando o método científico.
CRÓNICAS - Febreiro 2020
10
xente dE aquí COMARCA Aprobáronse iniciativas en Frades, Ordes, Tordoia e Trazo
Clamor na comarca para pedirlle á Xunta melloras no servizo de matrona Distintos Concellos, distintos partidos, pero unha mesma reclamación á Consellería de Sanidade: un servizo digno de matrona para as mulleres da comarca. Un clamor iniciado en novembro do ano pasado en Frades, cando o Pleno aprobada por unanimidade unha moción do BNG instando á Consellería de Sanidade a adoptar as medidas no centro de saúde de Ordes para que se preste unha atención de calidade no servizo de matrona para as mulleres de Frades”. Unha proposta á que o alcalde, Roberto Martínez, engadiu “tamén pedir a mellora do servizo de Pediatría, que precisa que se aumente nun pediatra”. Porén, esta demanda extendeuse nas últimas semanas por toda a comarca. Así, a CIG-Saúde Compostela convocaba unha concentración en Tordoia xa que “a matrona titular do centro de saúde de Tordoia pasou ao centro de saúde de Fontiñas. Isto obriga ás mulleres a facer 40 km para ir á consulta de Ordes, o que pro-
voca unha sobrecarga para a matrona deste centro de saúde, que xa asume a atención das mulleres desa vila, as de Frades, as de Tordoia e as de Mesía, cando a titular dese centro está de baixa ou colle vacacións”. O BNG tordoiés vén de rexistrar unha mo-
TORDOIA
ORDES Paralelamente puxo en marcha a campaña “Ordes + Limpo”
O PSOE esixe un convenio para a recollida de animais abandoados
Un total de 217 familias do municipio xa teñen o seu composteiro doméstico
O PSOE de Tordoia presentará unha moción no próximo pleno municipal para instar ao Concello a acatar a Lei de Protección e Benestar de Animais de Compañía en Galicia e a facer un convenio para a recollida dos animais abandoados. Unha cuestión pola que os socialistas levan preguntan nos dous últimos plenos pero “a resposta do Goberno é dar largas. Hai un par de semanas unha Protectora de Animais da contorna chamáballe a atención ao noso Concello por non cumprir coa lei”. Así, denuncian que o pasado 13 de febreiro tivo lugar un accidente por mor dun can abandonado. “Os veciños chamaron en varias ocasións ao Concello para avisar pero, coma sempre, non fan nada. Por sorte non hai que lamentar danos persoais, pero si a morte deste animal. En Tordoia temos un grave perigo na seguridade viaria”, advirten.
O Concello de Ordes segue avanzando no seu programa de compostaxe doméstica, co que pretende impulsar a reciclaxe da materia orgánica en orixe, diminuír a cantidade de residuos entregados a Sogama para o seu tratamento final e aplicar medidas de prevención e redución, tal e como establece a lexislación vixente. Nesa carreira cara á sustentabilidade, o goberno local ampliou de novo o autocompostaxe a novas vivendas, sendo xa un total de 217 as familias que participan activamente nesta iniciativa, con importantes beneficios ambientais, económicos e sociais. Aínda que a elaboración de compost constitúe unha práctica tradicional asentada no medio rural, o certo é que a posibilidade de contar cun composteiro, neste caso de 400 litros e fabricado con materiais reciclados e reciclables achegado por Sogama, dota de maior comodidade ao proceso, permitindo levalo a cabo dunha forma máis hixiénica.
Concentración convocada pola CIG-Saúde Compostela en Tordoia
ción para pedirlle ao Concello que demande a Sanidade “unha atención de calidade no servizo de matronas, o que implica a cobertura da praza de matrona”. Pola súa banda, en Trazo o PSOE sacou adiante unha moción co apoio
de Somos Trazo e BNG, e a pesares do voto en contra do PP, para pedirlle á Xunta que restableza o servizo de matrona. “Estamos falando dunhas necesidades recoñecidas polo propio PP e, aínda así, votaron en contra”, lamenta a voceira socialista, Beatriz Domínguez. Haberá que ver a resposta da alcaldesa, Fina Suárez, á mesma petición formulada pola asociación de veciños San Cristóbal de Xavestre. En Ordes, todos os grupos aprobaron por unanimidade unha proposta do BNG que alertaba de que o servizo pasou de contar con 3 matronas a que “na práctica só exerza unha, que obviamente non pode atender a toda a poboación feminina da comarca coa calidade necesaria”, explica o seu voceiro Pablo Vidal. Finalmente, Oroso seguíu a liña marcada polo secretario provincial de Sanidade do PSOE, Xesús Pedreira, e aprobou unha moción reclamando un servizo de pediatría digno en toda a comarca.
Entrega á veciñanza de Ordes dos composteiros achegados por Sogama
De forma paralela, o Concello lanzou unha iniciativa que, baixo o título “Ordes + Limpo”, pretende formar, concienciar e sensibilizar aos veciños sobre a problemática que representa a alta xeración de residuos, a necesidade de ser coidadosos con eses refugallos aparentemente invisibles, pero
cun gran impacto ambiental, como é o caso dos chicles, cuxo destino debe ser a papeleira ou o contedor verde convencional, nunca o chan. Dende o Concello din que non é só unha campaña, senón unha filosofía de vida que convida á colaboración do conxunto dos sectores sociais.
POLÍTICA
Novos usos para a estación de GargaTrasmonte Páx. 12
CR Ó NI C A S
OR O SO Nº 6 - Febreiro de 2020
A voltas co xiro á esquerda cara o Portiño Mentres as obras de construción da nova rotonda de Sigüeiro marchan a bo ritmo, Goberno e oposición municipal seguen enfrascados nunha discusión que se iniciou o mesmo día que se pre-
sentou a obra: a anulación do xiro á esquerda cara o Portiño como consecuencia da construción da nova rotonda. O último episodio deste enfrontamento tivo lugar cando o grupo municipal do
PP anunciaba que levaría ao Congreso dos Deputados a aulación da intersección da N-550 cara o Portiño. Un anuncio que motivou que o alcalde, Manuel Mirás, desvelara que “o acceso
á rúa do Portiño está deseñado para poder facelo con toda seguridade xirando na rotonda e accedendo a dita rúa pola praza Alexandre Bóveda”.
Páx. 12
POLÍTICA
Mirás e Bugallo apostan pola nova circunvalación oeste de Sigüeiro Páx. 12
POLÍTICA
Oroso Renovable e PP propoñen recuperar as unitarias para alugueiro social
Oroso prepárase para o Entroido
Páx. 13
deportes
Páx. 14
Nova maquinaria para o ximnasio do polideportivo municipal
Páx. 14
12
CRÓNICAS - Febreiro 2020
OROSO OBRAS Mirás desvela unha alternativa por Alexandre Bóveda e o PP leva o tema ao Congreso
A eliminación do xiro cara o Portiño segue enfrontando a Goberno e oposición Mentres as obras de construción da nova rotonda de Sigüeiro marchan a bo ritmo, Goberno e oposición municipal seguen enfrascados nunha discusión que se iniciou o mesmo día que se presentou a obra: a anulación do xiro á esquerda cara o Portiño como consecuencia da construción da nova rotonda. O último episodio deste enfrontamento tivo lugar, ironicamente, do Día dos Namorados. Así, o pasado 14 de febreiro o grupo municipal do PP anunciaba que levaría ao Congreso dos Deputados a aulación da intersección da N-550 cara o Portiño. “Estamos a falar dunha intersección que non só dá servizo a esta rúa, senón que tamén ás persoas que van á Estación, a Praza de Chinto, Vilacide, e mesmo aos veciños do Concello de Trazo”, apunta Alexander Doval, voceiro municipal. Unha situación que puido comprobar in situ a deputada Marta González, que será
A deputada Marta González comprometeuse a trasladar a cuestión ao Congreso
quen dea traslado desta demanda ao Congreso dos Deputados. Xiro alternativo Un anuncio que motivou unha
dura resposta do alcalde, Manuel Mirás, quen volveu unha vez máis a criticar “a demagoxia e as mentiras do voceiro do PP”. Porén, nesta ocasión ofreceu un dato que non se desvelara
nestes meses de debate: “o acceso á rúa do Portiño está deseñado para poder facelo con toda seguridade xirando na rotonda e accedendo a dita rúa pola praza Alexandre Bóveda”. Ademais, insistiu en varias ocasións en que “non hai ningún tipo de descontento entre os comerciantes”. Descontento que si observan dende Oroso Renovable, que consideran que “o desenvolvemento comercial e urbanístico do Portiño foi facilitado, en parte, pola existencia dese xiro”. Neste sentido, lembran que agotaron toda a vía administrativa, reclamando na Demarcación de Estradas, na Dirección Xeral de Comercio e no propio Concello. “O Goberno de Oroso votou en contra da moción do xiro. Fixémoslle ao alcalde unha pregunta sobre o xiro en Comisión e non quixo poñerse do lado da cidadanía e os comerciantes”, lamentan dende Oroso Renovable.
MULLER
POLÍTICA Aliviaría o tráfico de vehículos pesados polo centro da capital municipal
Convocado o décimo concurso de fotografía Muller Traballadora
Mirás e Bugallo apostan pola nova circunvalación oeste de Sigüeiro
O Concello de Oroso vén de convocar unha nova edición, e xa van dez, do concurso de fotografía “Muller Traballadora”, aberto a calquera persoa que desexe participar e que resida nas comarcas de Ordes ou Santiago. Haberá dúas categorías: xeral (maiores de 16 anos) e infantil (de 9 a 16 anos), cada unha delas con tres premios en metálico. Na categoría xeral, os premios serán de 250, 150 e 100 euros. As imaxes, cun formato de 20x30 centímetros, deberán recoller o traballo das mulleres en calquera eido. As fotografías deberán presentarse baixo sistema de plica e antes do 27 de febreiro no Rexistro Municipal, en oficinas de Correos ou a través da Sede Electrónica Municipal. O fallo do xurado darase a coñecer no marco das celebracións do Día Internacional da Muller o 8 de marzo, ás 19:30 horas, no salón de plenos do Concello de Oroso. para poder recibir o galardón será condición imprescindible estar presente no acto de entrega.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, comprometéronse a impulsar a nova circunvalación de Sigüeiro, unha infraestrutura que aliviará o tráfico de vehículos pesados polo centro do municipio. Mirás e Bugallo mantiveron unha reunión “cordial e frutífera” na que trataron o proxecto da nova circunvalación en Sigüeiro polo oeste, desde a rotonda do polígono ata a bifurcación da estrada que vai ao aeroporto de Lavacolla. Ambos concellos apoian a infraestrutura e farán xestións co Ministerio de Fomento para axilizar os prazos de execución. “Preto do 20% do tráfico que pasa pola N-550 en Sigüeiro é de vehículos pesados, por iso lle pido a Fomento que impulse a nova circunvalación”, lembra Mirás. Tarifas da AP-9 Unha proposta que non convence a Oroso Renovable, que se pregunta se “non é máis práctico reducir as tarifas das peaxes da AP-9 para
Xosé Sánchez Bugallo e Manuel Mirás Franqueira reuníronse no Pazo de Raxoi
os condutores profesionais e transporte. Resulta que como a saída da autoestrada de Sigüeiro ten un índice moi baixo de tráfico debido á carestía das peaxes, a solución do alcalde de Oroso é construír máis estradas. Como temos unha infraestrutura deficiente na súa rendabilidade, propoñemos outra nova”. Na reunión, Mirás e Bugallo falaron tamén da Vía Verde que unirá
Santiago e Cerceda a través dun sendeiro sobre as antigas vías do ferrocarril e da posibilidade de reactivar a Mancomunidade de Santiago. “Somos dous concellos veciños con boa relación, a sintonía que teño co alcalde de Santiago é moi boa, polo que manteremos máis reunións a curto prazo para falar dos temas que afectan ás dúas administracións”, engade Manuel Mirás.
CRÓNICAS - Febreiro 2020
13
OROSO POLÍTICA O Concello incluíu o inmoble no Inventario de Bens Municipais
Queren darlle un uso de servizos, social ou hostaleiro á estación de Garga O Concello de Oroso vén de incluír no seu inventario de bens municipais a antiga estación de ferrocarril de Garga-Trasmonte, coa intención de destinala a uso hostaleiro, social ou de servizos. En concreto, o Concello ten agora o antigo edificio, no que vivía o xefe de estación e se compraban os billetes, asi como un almacén próximo e o terreo circundante. O edificio está emprazado nos terreos polos que pasará a Vía Verde que unirá Santiago con Cerceda e o Concello de Oroso ten planificada a posta en marcha na zona dunha estación de carga de bicicletas eléctricas. Por outra parte, o Concello solicitoulle a Adif poder facerse cargo do almacén doutra das estacións do municipio, a de Vilacide-Oroso. A intención do Goberno local é destinala a usos culturais ou recreativos. Vía Verde “Son novidades importantes para
Antiga estación de ferrocaril de Garga-Trasmonte
o noso concello, xa que a Vía Verde impulsará as zonas nas que están emprazadas as vellas estacións e queremos sacar proveito aos edificios con proxectos para a veciñanza”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás. As obras da Vía Verde, das que se
fará cargo a Deputación da Coruña con 1,86 millóns de euros de fondos Feder, suporán a construción da primeira Vía Verde da provincia, que conectará Santiago e Cerceda cun sendeiro de 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do ferrocarril.
POLÍTICA
PP e Oroso Renovable propoñen recuperar as escolas unitarias para alugueiro social Partido Popular e Oroso Renovable coincidiron estes días en pedirlle ao Goberno municipal que presente un proxecto á convocatoria de axudas da Xunta para rehabilitar as escolas rurais e destinalas a alugueiro social. Dende Oroso Renovable denuncian “a situación na que se atopa a antiga escola de Marzoa e o mobiliario do seu interior”, mentres que dende o PP xa lle formularon unha pregunta ao alcalde no Pleno de xaneiro. “Cremos que pode ser unha boa alternativa para o estado de abandono da antiga Escola de Bran, nos Ánxeles, ou de Marzoa”, din os populares.
GRUPO RAFRA DISPOÑEMOS DUN AMPLO GRUPO DE PROFESIONAIS E COLABORADORES PARA PRESTARLLE UN COMPLETO SERVIZO FISCAL, LABORAL, XURÍDICO, MERCANTIL E IMPOSITIVO
OROSO
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes. Edita: Underwood Media, S.L. C/Romero Donallo 26 15706 Santiago. Imprime: Tameiga. Depósito legal: C 900 - 2013. Director: Javier Carnota. Teléfono: 620 967 549. Contacto: cronicas.comarcadeordes@ gmail.com. Exclusivista publicitaria: Eco publicidad & márketing (www.agenciaeco.es). Álvaro Filgueira. 649 419 415. afilgueira@agenciaeco.es
IGUALDADE Terá lugar o sábado 22 de febreiro, a partir das 17:30 horas
Oroso repartirá 3.000 euros en premios no seu concurso de disfraces DEPORTES
Nova maquinaria para o ximnasio do polideportivo municipal O Concello de Oroso vén de adquirir nova maquinaria para o ximnasio emprazado no pavillón polideportivo de Sigüeiro. Unha actuación que forma parte do Plan de Mellora destas instalacións que está a acometer o Concello orosán e que xa permitiu, entre outras melloras, cambiar o alumeado a LED ou mellorar as instalacións para a práctica do tenis de mesa e do taekwondo.
ENSINO
O CEIP de Sigüeiro participará no programa English Week O alumnado de sexto curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro foi seleccionado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para participar no programa de inmersión lingüística English Week. A xornada terá lugar do 13 ao 19 de outubro de 2020. O centro orosán conseguíu a derradeira praza ofertada pola Xunta de Galicia, mentres que o alumnado do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés terá que agardar a unha nova convocatoria xa que non acadou a puntuación mínima requirida.
SERVIZOS SOCIAIS
Os Martes Saudables tratarán sobre os coidados do coidador O Local da Terceira Idade de Sigüeiro acollerá o martes 3 de marzo, ás 17:00 horas, unha nova sesión dos Martes Saudables, nesta ocasión sobre “O coidador enfrontado a unha situación de dó”. A participación é de balde, previa inscrición no Departamento de Servizos Sociais (981 688 950).
O Concello de Oroso celebrará este sábado 22 de febreiro o seu tradicional concurso de disfraces de Entroido, no que repartirá máis de 3.000 euros en premios. Uns premios repartidos en dúas categorías, adultos e infantil, e tres modalidades: comparsa (6 ou máis compoñentes), grupo (de 2 a 5 integrantes) e individual. Así mesmo, haberá un premio de 150 euros para unha comparsa do Concello. Se o tempo o permite, ás 17:30 horas sairá do pavillón de deportes o desfile de entroido, con animación de rúa e percorrido polas principais rúas de Sigüeiro. No polideportivo, ademais do concurso, haberá unha gran festa con animación, inchables, mascotas, premios e música. A iso das 19:30 horas terá lugar a entrega de premios dos concursos de receitas, “En galego sabe mellor”, e de máscaras, aos que se sumarán os gañadores do concurso de disfraces. PROGRAMACIÓN A programación especial de Entroido continuará o luns 24 de febreiro cunha nova edición da festa de disfraces. Será ás 19:00 horas na carpa instalada no exterior do centro deportivo de Sigüeiro e contará coa participación cun discomóbil para nenos e nenas con dj, mascota e obradoiro de maquillaxe. As persoas asistentes poden colaborar levando filloas, orellas e outros productos típicos de Entroido. Así mesmo, o Concello de Oroso programou 3 obradoiros. O primeiro
Asistentes aos obradoiros de Arte Floral que tiveron lugar nos Ánxeles e en Sigüeiro
deles, un Obradoiro de Arte Floral, xa tivo lugar no centro cultural de Sigüeiro e no local dos Ánxeles. Para o luns 24 de febreiro queda un obradoiro reposteiro de gallegas de Entroido, para nenos e nenas de 3 a 13 anos. E o mércores 26, as crianzas de 6 anos en adiante poderán desfrutar dun Obradoiro reposteiro de tor-
tas de Entroido. Ambos son gratuítos, previa inscrición no centro cultural. A concelleira de Cultura, Vanesa Boo, destaca “a variedade de actividades, para que todos os veciños e veciñas poidan participar nelas; o desfile do sábado ten cada vez máis nivel e esperamos como sempre moita xente esa tarde polas rúas e o pavillón”.
DEPORTES
Máis de 100 xogadores na Liga Galega de Parellas Pitch & Putt celebrada en Oroso A quinta xornada da Liga Galega de Parellas de Pitch & Putt, celebrada nas instalacións de Tambre Golf en Porto Avieira, contaron coa participación de máis dun centenar de xogadores e xogadoras. De feito, as locais Bego e Luci proclamáronse gañadoras da categoría hándicap. Os premios foron entragados polo alcalde de Oroso, Manuel
Bego e Luci, do Tambre Golf, gañadoras na categoría hándicap
Mirás, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira; quen estiveron acompañados por Ángel Román,
en representación da Federación Galega de Golf; e Ricardo Doval, representante da Cadena Cope.
CRÓNICAS - Febreiro 2020
15
xente dE aquí TORDOIA Repartíronse máis de 150 quilos de grelos entre os participantes
CERCEDA
Gran participación na décima xornada gastronómica Grelo de Anxeriz
O Concello organiza visitas ao Ecomuseo e á Aula da Natureza
O Campo do Pazo quedou pequeno o pasado sábado 15 de febreiro coa celebración da décima xornada gastronómica Grelo de Anxeriz, que organiza A Ponderosa, asociación de Mulleres e Familias de Anxeriz en colaboración co Concello de Tordoia e a Deputación da Coruña. Unha homenaxe ao grelo que se cultiva no municipio e do que se degustaron máis de 150 quilos durante a festa. Como en anos anteriores, e co Entroido xa ás portas, moitas persoas se animaron a participar disfrazados no gran cocido con grelos de Anxeriz, acompañado por viño, café, chupitos e os produtos típicos destas datas: orellas, filloas... A música correu a cargo do Dúo Calú e do grupo de pandereteiras de Anxeriz. Bo ambiente As gañas de festa das máis de 350 persoas que se deron cita no Campo do Pazo impuxéronse ás malas condicións climatolóxicas. A iso axudou tamén a carpa climatizada instalada pola organización e baixo a que a pulpería Guerra non deixou de sacar pratos de cocido con grelo de Anxeriz.
Máis de 350 persoas se deron cita baixo a carpa instalada no Campo do Pazo o pasado sábado 15 de febreiro
O Concello de Cerceda organiza unha serie de visitas guiadas ao Ecomuseo e á Aula da Natureza durante o vindeiro mes de maio. Ambas visitas son gratuítas, se ben é preciso anotarse nos teléfonos 981 685 001 ou 682 348 556. A visita ao Ecomuseo terá lugar o 14 de marzo, en horario de 11:30 a 13:00 horas; mentres que a visita guiada pola Aula da Natureza e Xardín Botánico, que inclúe un percorrido polo paseo fluvial do río Cabancos, terá lugar o 28 de marzo, de 10:30 a 12:30 horas.
TRAZO
Restande celebra o seu tradicional Corrida do Galo este sábado 22 Restande celebrará este sábado 22 de febreiro a súa tradicional Corrida do Galo, que incluirá un concurso de disfraces no que se premiará a mellor caracterización. A celebración do Entroido 2020 comezará a partir das 13:30 horas no campo da festa de Restande cunha sesión vermú a cargo da cantante Rocío Pérez. Haberá carpa e polbo a cargo da Pulpería Portas. Xa pola tarde, os asistentes desfrutarán cos xogos tradicionais: tiro á corda, cazolas, carreiras de sacos... con premios para as persoas gañadoras. A festa rematará cunha gran verbena coa orquestra espectáculo Ciclomanía e Rocío Pérez. Colabora, Concello de Trazo.
CRÓNICAS - Febreiro 2020
16
xente dE aquí COMARCA Festas, concursos de disfraces e degustacións de produtos de temporada marcan as programacións
A comarca xa recende a Entroido Xa está todo listo na comarca de Ordes para celebrar o Entroido por todo o alto. Crónicas recolle para ti un resumo da programación dos sete concellos (ver Oroso na páxina 14)
onde o maior número de actividades coinciden este sábado 22 (Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo) como o martes 25 (Cerceda e Ordes). Pola súa banda, Frades celebrará o seu con-
curso de disfraces o domingo 23 e Ordes organizará o Sábado de Piñata o 29 de febreiro. Como ven acontecendo no último lustro, Trazo volve poñer a nota dife-
rente destas celebracións coa súa Carreira de Disfraces, unha divertida forma de combinar os excesos culinarios do Entroido co deporte necesario para baixalos.
CERCEDA
FRADES
MESÍA
O pavillón municipal de Cerceda volverá acoller un ano máis a Festa de Entroido, que este ano terá lugar o martes 25 de febreiro, a partir das 16:30 horas. Haberá inchables, musica, fotomatón e tres obradoiros: de maquillaxe, globoflexia e abalorios. Coma sempre, a festa será a protagonista, polo que dende o Concello animan a ir fachendear co disfrace e desfrutar dunha festa con moitas gañas de xogar e bailar. A xornada rematará cunha merenda a base de chocolate quente.
Frades pechará o 21 de febreiro as inscricións nas actividades de Entroido (981 695 567 e 981 695 663). O Concurso de Disfraces terá lugar o domingo 23 de febreiro, a partir das 17:00 horas, no pavillón de Ponte Carreira. Haberá inchables, mascotas, obradoiros, fotomatón e chocolate con rosca. O luns 24, de 16:00 a 19:00 h, o multiúsos acollerá unha Festa de Entroido con obradoiro de maquillaxe, merenda e agasallos para os disfrazados. E o 24 e 26 de febreiro, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar un Campamento de Conciliación gratuíto.
O pavillón municipal de Visantoña acollerá o sábado 22 de febreiro, a partir das 16:00 horas, a gran Festa de Entroido do Concello de Mesía. Haberá ludoteca, futbolín humano, inchables para distintas idades e touro mecánico. Así mesmo, ofreceranse dous obradoiros: de chapas e de abalorios. Tamén terá lugar o tradiciona desfile de disfraces, onde todas as persoas que acudan caracterizadas recibirán agasallos. A festa incluirá merenda de balde para todas as persoas presentes, con chocolate e biscoito.
ORDES
TORDOIA
TRAZO
Como vén sendo tradición, dúas son as datas sobre as que xira o Entroido ordense: o Martes de Entroido e o Sábado de Piñata. Así, o martes 25 o pavillón Campomaior acollerá, de 16:30 a 19:30 horas, unha gran festa de Entroido con inchables, obradoiros, animación, xogos e baile. E o sábado 29, a partir das 17:00 horas, desfile de carrozas, comparsas e disfraces polas principais rúas do pobo, cun gran Concurso de Disfraces. As inscricións poderan realizarse no Concello de Ordes ata o luns 24 de febreiro.
O programa de Entroido 2020 do Concello de Tordoia comezará o sábado 22 de febreiro co tradicional Baile de Entroido, que terá lugar a partir das 21:00 horas no ximnasio municipal Martín Liste Viaño. A música correrá a cargo do Dúo Sintonía. E o Martes de Entroido terá lugar o Concurso de Disfraces no pavillón municipal, de 16:00 a 20:00 horas. Inscricións no ximnasio municipal ata o 24 de febreiro ou ata media hora antes do concurso. Haberá xogos, animación, inchables, obradoiros, chocolatada e discoteca móbil.
Viaño Pequeno acollerá o sábado 22, a partir das 10:00 horas, a V Carreira de Entroido de Trazo, organizada polo Concello e a Federación Galega de Atletismo. Un evento lúdico deportivo no que se premiarán tanto aos 3 primeiros postos de cada categoría como aos mellores disfraces. Haberá música e inchables, así como un menú a base de filloas, chourizos, rosca e chocolate. Inscricións de balde en www.carreirasgalegas.com, no Pavillón Municipal ou no mail serviciosdeportivostrazo@gmail.com.
CRÓNICAS - Febreiro 2020
17
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Febreiro 2020
18
xente dE aquí TORDOIA
OROSO
O Concello entrega os premios do concurso de postais de Nadal a 5º de Infantil do CPI Pecalama
Os nenos e nenas do CEIP do Camiño Inglés participan nunha recollida solidaria de alimentos
O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Inés Santos, achegáronse ata o CPI Pecalama para entregar os premios do concurso de pos-
Os nenos e nenas de 4º de Infantil e 6º de Primaria do CEIP do Camiño Inglés aproveitaron a conmemoración do Día da Paz para organizaren unha recollida solidaria de alimentos e produtos de hi-
tais de Nadal. Un galardón que levaron os alumnos e alumnas de 5º de Infantil, que recibiron como agallaso un lote de material lúdico-educativo.
xiene, que foron entregados aos Servizos Sociais do Concello de Oroso. O departamento municipal encargarase da súa distribución entre as persoas máis necesitadas do municipio.
FRADES
CERCEDA
Curso de primeiros auxilios impartido pola Cruz Vermella a veciños e veciñas da zona
Asociacións do municipio aprendena manexar a Plataforma SUBTEL
Un total de 16 veciños e veciñas de Frades e Mesía participaron nun curso de iniciación aos primeiros auxilios, organizado pola Cruz Vermella da Coruña, en colaboración co Concello de Frades. Durante 5 horas, Alejandro Fernández Ruanova, técnico de emerxencias sanitarias, explicoulles os conceptos e técnicas bási-
Representantes de distintas asociacións de Cerceda participaron nun obradoiro formativo para
cas de primeiros auxilios. O alumnado foi recibido polo concelleiro de Promoción Económica, Jesús Miguel Prado Cea, quen lembrou que o Concello vén de mercar dous desfibriladores externos semiautomáticos, que están emprazados nos campos de fútbol do Vedral (Abellá) e de Ponte Carreira.
aprender a utilizar a Plataforma SUBTEL, celebrado na aula de informática do Centro Cívico.
CRÓNICAS - Febreiro 2020
19
xente dE aquí CERCEDA As sesións teñen lugar os martes en Cerceda e os mércores en Rodís
TORDOIA
Gran participación nos obradoiros de memoria en Cerceda e Rodís
Nova edición do “Tordoia vai de tapas” para o 1 de marzo
O Concello de Cerceda está a ofrecer, de xeito totalmente gratuíto, uns obradoiros de memoria en Cerceda e en Rodís. Unhas iniciativas dirixidas ás persoas maiores do municipio e que buscan mellorar a súa calidade de vida a través da realización de distintas actividades que lles sirvan para manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe. De eito, este tipo de obradoiros son moi aconsellables para que os nosos maiores poidan exercitar a súa memoria, previndo ou retardando así a aparición do deterioro cognitivo ao tempo que se promove un tempo e un lugar de encontro para que veciños e veciñas lembren o que xa saben e continúen aprendendo cousas novas. Os obradoiros de memoria impártense todos os martes en Cerceda, en horario de 10:00 a 11:30 horas; e os mércores en Rodís, tamén de 10:00 a 11:30 horas. A participación é totalmente de balde polo que as persoas interesadas en participar só teñen que anotarse no Concello ou acudir directamente ao obradoiro.
OROSO ORDES
Dinamización en igualdade para as mulleres de Ordes Un grupo de 15 mulleres participou na actividade “Igual a nós: dinamización en Igualdade”, que incluíu unha representación teatral, unha perfomance e un coloquio.
ORDES
Cheo na presentación do libro “Ferreñas & Rock and Roll” A Casa da Cultura de Ordes acolleu a presentación do libro “Ferreñas & Rock and Roll”, de Laura Romero e Iria Pedreira, que estiveron acompañadas polo músico Xurxo Souto e Belén López, directora de Baía Edicións.
Tres establecementos hostaleiros de Tordoia: o Bar Panadeira (Petón, Bardaos), o Bar Golán (A Tablilla, Bardaos) e o Bar Mallo (Castiñeiro, Andoio) participarán o vindeiro domingo 1 de marzo nunha nova edición do “Tordoia vai de tapas”, organizado polo Concello tordoiés. As tapas terán un custe de 1 euro e o horario de degustación será de 12:00 a 15:00 horas. O menú preparado para esta edición é variado: pan de xamón (plato típico venezolano) ou tortilla de chourizo e queixo no Bar Panadeira; troita con cachelos, fabada ou cocido de grelos no Bar Golán; e callos ou churrasco no Bar Mallo.
Máis de 60 persoas participaron na viaxe ás Fragas do Eume Máis de sesenta persoas participaron na excursión ás Fragas do Eume organizada polo CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés o pasado domingo 9 de febreiro. Unha camiñata duns dez quilómetros de lonxitude pero de dificultade baixa, polo que era apta para a participación de nenos e nenas. O roteiro, ademais de discorrer por un dos máis importantes bosques atlánticos existentes, culminou nun dos referentes culturais da provincia herculina, o Mosteiro de Caaveiro. A expedición orosá saíu a primeira hora da mañá do colexio en autobús camiño de Pontedeume. Ademais da camiñata pola natureza, dende o CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés organizaron un xantar campestre ao longo da propia ruta. Os participantes estiveron guiados en todo momento polo Club de sendeirismo Ponte Ulloa e a Asociación Troitamundos.
CRÓNICAS - Febreiro 2020
20
xente dE aquí MESÍA
Aprendendo a contar contos con perspectiva de xénero Unha ducia de veciños e veciñas de Mesía participaron o pasado 25 de xaneiro nunha xornada para aprender a contar contos con perspectiva de xénero na Casa da Cultura. Unha inicaitiva posta en marcha por Monitorxs Recicladxs na que durante tres horas se falou de como improvisar, como presen-
ORDES
tar unha historia, trucos para perder o medo a falar en público... En vista da boa aceptación, o Concello de Mesía prevé acometer novos cursos sobre esta temática. O curso foi organizado polo Concello de Mesía, a través de Rede Mesía Xove, e o Pacto do Estado contra a violencia de xénero
Andaina de Inverno en León para 146 veciños e veciñas Un total de 146 veciños e veciñas de Ordes calzáronxe as súas botas de sendeirismo o pasado 25 de xaneiro para desfrutar da “Andaina de Inverno” organizada polo Concello de Ordes e o club K2Ordes. Unha andaina que tivo como destino a comarca do Bierzo, na provincia de León, para visitar o contorno paisaxístico das Medulas. Unha vez chegadas ao destino, todos as persoas asistentes
quedaron abraiadas coa espectacularidade da contorna no que se atopaban ao que acompañou ademais tanto unha fantástica climatoloxía como unha perfecta organización por parte do Club K2Ordes, segundo destacou a concelleira de Deportes do Concello de Ordes, Ana Soneira. Ademais de Soneira, os concelleiros Pablo Vázquez e Abel Blanco, tamén formaron parte da expedición.
COMARCA
Nenos e nenas da comarca fan esquí en Manzaneda Nenos e nenas da comarca de Ordes, de entre 10 e 14 anos, participaron na estación de esquí de Cabeza de Manzaneda (Ourense) da segunda expedición á neve organizada pola Deputación da Coruña. Unha iniciativa na que os escolares tiveron ocasión de iniciarse
FRADES
Veciños e veciñas de Frades percorren a Vía da Prata Un total de 48 veciños e veciñas de Frades participaron na terceira etapa do Camiño de Santiago “Vía da Prata”, organizada polo Concello de Frades. A expedición cubriu os 22,1 quilómetros que separan Ourense de San Cristovo de Cea. A próxima cita está fixada para o sábado 7 de marzo, cando se afrontarán os 19 quilómetros que separan San Cristovo de Cea do Castro, no municipio de Dozón. O
prezo mantense nos 10 euros por persoa (non inclúe xantar) e as inscricións poden formalizarse no Concello de Frades ou chamando aos teléfonos 981 695 567 ou 981 695 663. Esta é a cuarta Ruta Xacobea que afronta a veciñanza, tras os Camiños Francés, de Fisterra e de Muxía. Os 131,9 km da Vía da Prata serán afrontados en sete etapas, que terán lugar os sábados.
ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais. A deputada provincial responsable de Deportes, Cristinta Capellán, saudou aos escolares dos concellos participantes, entre os que se incluía o de Cerceda, o seu municipio de orixe.
CRÓNICAS - Febreiro 2020
21
dePORteS FRADES
O SE Abellá SDC organiza unha pulpada para o 7 de marzo
tAEKWOnDO Campións galegos júnior B e subcampións da categoría de veteráns
Éxito do Boudsport no Campionato Galego de Promesas e Veteráns 2020 O Club Boudsport de Ordes vén de acadar uns extraordinarios resultados no Campionato Galego de Promesas e Veteranos, tanto a nivel de equipos como a nivel individual. Así, o club proclamouse campión de Galicia por equipos na categoría Júnior B e subcampión galego por equipos na categoría de veteráns. Individualmente, os taekwon-
distas do Club Boudsport obtiveron unha boa colleita de medallas cun total de 15 metais: 4 ouros, 4 pratas e 7 bronces. Os ouros foron para Noelia Juncal en Infantil, para Olaya Blanco e Marcos Liñares en Júnior e para Cristóbal Boudjenane na categoría de veteráns. O junior Christian Loureiro, as cadetes Alba Rey e Sara Juncal e o infantil Ni-
colás Arias acadaron as catro pratas. Finalmente, os sete bronces do Campionato Galego foron conseguidos por Hugo Calviño, na categoría infantil; Samuel Calviño, Pablo Pazos e Ainara Loureiro, na categoría precadete; Alba Couselo, na competición cadete; Luana Juaku na categoría infantil; e Álvaro Viqueira na categoría veteranos.
A SE Abellá SDC, en colaboración co Concello de Frades, organiza a súa tradicional pulpada, que terá lugar o sábado 7 de marzo, ás 22:00 horas, no polideportivo municipal. Haberá empanada, pulpo, churrasco mixto, postre e chupito. O grupo O Vicio porá a nota musical. Os prezos son de 26€ para persoas adultas e 13€ para crianzas de entre 6 e 11 anos. As menores de 6 anos poden entrar gratis. Reservas antes do 2 de marzo no Bar Novo ou no 626 147 370 ou 652 383 218.
tORDOiA
Ruta circular de Santaia o sábado 14 de marzo O Concello de Tordoia organiza unha ruta de sendeirismo de 18 km o sábado 14 de maio, ás 8:30 horas, con saída e volta no encoro de Vilagudín.
RÁ HABE A CARP
Domingo
15
Marzo 2020
Frades
A PARTIR DAS 12:00 H. FILLOAS FEITAS POLO FILLOEIRO GRANDE DE LESTEDO
DURANTE A MAÑÁ ACTUARÁ
Faiscas da Pontraga
D´VICIO
SESIÓN VERMÚ E VERBENA A PARTIR DAS 17:00 H. CO GRUPO
O DE SORTE A T 1 CES NTE DURA A T A FES
ORGANIZA:
AA.VV. OS LABREGOS DE ABELLÁ COLABORA:
CONCELLO DE FRADES
22
CRÓNICAS - Febreiro 2020
DEPORTES HOCKEY
CICLISMO
O equipo senior do A. C. Ordes inicia a súa competición na OK Liga Bronce
Dous integrantes do Tambre Bike participan na Four Stage MTB Lanzarote
O equipo senior do A.C. Ordes acadou unha merecida praza na OK Liga Bronce de Hockey sobre Patíns, o que lles vai permitir loitar polo ascenso á OK Liga Prata. Para iso terán que afrontar
Amancio Espiñeira e Alberto Candal, do Tambre Bike de Oroso, participaron recentemente na Four Stage MTB Lanzarote, proba inscrita no calendario UCI de Montain Bike Maraton.
un total de catorce partidos contra sete rivais. Unha competición que arrancará este sábado 22 de febreiro, ás 20:00 horas, fronte ao CP Areces, no polideportivo de Grado (Asturias).
Os dous representantes orosáns fixeron un gran papel na primeira proba da temporada. Alberto Candal obtivo o 16º posto en M40 e Amancio Espiñeira o 31 en M30.
XADREZ
HOCKEY
Vitoria do Club Xadrez Oroso no inicio da Liga de Xadrez 2020
Xoel Calviño xoga coa Selección Galega en Portugal
O equipo do Club Xadrez de Oroso vén de iniciar a Liga de Xadrez 2020, onde milita na segunda división. Nesa primeira xornada, os orosáns conseguiron unha meritoria vitoria ante o equipo de Boiro grazas, sobre todo, ao bo labor de Martín, Álvaro, Juan e Emi. Val do Dubra e Ames serán os se-
O ordense Xoel Calviño foi convocado pola Selección Galega de Hockey para disputar o XVII Tor-
guintes rivais. Non tivo tanta sorte o equipo de terceira división, composto por xogadores de menos de 14 anos. Fonsi, Nico, Jacobo e Martiño fixeron un gran papel e amosaron gran nivel, pero non puideron gañar ao equipo de Fontiñas, composto por xogadores adultos.
neo Internacional de Entroido, xogado recentemente en Barcelos (Portugal).
CRÓNICAS - Febreiro 2020
23
DEPORTES ATLETISMO
Mes de éxitos para a Atlética A Silva-Ordes Gran comezo de ano para Atlética A Silva-Ordes. Gloria Pena foi bronce en 200 metros no Campionato Galego de Pista Cuberta na Coruña. No Campionato Galego de Pentatlón de Lanzamentos, en Pontevedra, ouros para José M. Nuñez e Ángeles Rodríguez, prata para María José Fraga e bronce para José Fraga. Esa mesma fin de semana, en Vilagarcía, Daniel Loureiro e María Pena se proclamaron campións no Campionato Galego de Lanzamentos Longos. Gloria Iglesias logrou a prata e Arantxa Ferreiro e Paula Mosquera acadron sendos bronces. Ademais, o equipo alevín masculino proclamouse campión provincial escolar de campo a través Xogade, mentres o feminino foi bronce. Mayka Jueguen gañou en Marín o Campionato de Galicia de marcha en ruta e Pedro Rodríguez Sanjurjo logrou un bronce no Campionato de Galicia Máster de campo a través. Finalmente, no Campionato de Galicia S12 de campo a través, Adam Sadiki Takhif foi bronce en individual e bronce co equipo da Atlética, canda Bruno García, Noé Dafonte e Pablo Ferreiro.
PATINAXE
SOCORISMO
Vinte integrantes do Patín Oroso superan as probas de nivel
A ordense Lara López, dobre campioa galega junior
Un total de 20 das 24 patinadoras e patinadores do Club Patín de Oroso que participaron na Primeira Fase de Niveis, celebrada recentemente no polideportivo de Os Tilos (Teo), conseguiron su-
Suma e segue. Tras lograr o primeiro premio á excelencia deportiva Iván Fuentes Raña, a ordense Lara López proclamouse campioa galega junior nas probas de 100
perar o nivel. Un gran resultado froito do traballo e esforzo de moitos meses. O próximo obxectivo: que as patinadoras que non puideron participar por estaren lesionadas se recuperen axiña.
metros socorrista e 100 metros remolque maniquí aletas. Ademais, conta co recoñecemento de Deportista de Alto Nivel polo Consello Superior de Deportes.
CRÓNICAS
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes. Edita: Underwood Media, S.L. C/Romero Donallo 26 15706 Santiago. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 17-2-2020. Depósito legal: C 900 - 2013. Director: Javier Carnota. Teléfono: 620 967 549. Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com. Exclusivista publicitaria: Eco publicidad & márketing (www.agenciaeco.es). Álvaro Filgueira. 649 419 415. afilgueira@agenciaeco.es