TORDOIA
comarca
Páx. 8
A Deputación fará unha nova ponte sobre o río Pedrouzo
Páx. 12
Dúas novas centenarias en Ordes e Frades
CR ÓN I CAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 67 - Xullo de 2019
Os Concellos marcan as regras de xogo para a próxima lexislatura Tras a toma de posesión do pasado mes de xuño, as novas corporacións municipais saídas das eleccions do
pasado 26 de maio celebraron cadanseu pleno de organización. Unha sesión especial pois, ademais de darse
conta do reparto de concellerías, tamén se acordan os soldos dos concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno,
así como as contías por asistencias a plenos, comisións e Xuntas de Goberno.
Páxs. 2 a 6
ORDES
Amplo programa cultural para o verán Páx. 15
tordoia
Os veciños abordan a posibilidade de mobilizar terra en Tordoia
Páx. 6
COMARCA
A Xunta achega 115.000 € ao servizo de Atención Temperá
Páx. 14
Achegan 1,8 millóns á Vía Verde Páx. 2
FRADES
Melloras na área recreativa da Presa Páx. 6
2
CRÓNICAS - Xullo 2019
Actualidade COMARCA Conectará os 36,5 km entre Santiago e Cerceda e será a primeira que se faga na provincia
A Vía Verde recibe 1,86 millóns de fondos FEDER para a súa construción A Deputación da Coruña vén de recibir 1,86 millóns de euros de fondos FEDER para facer realidade a Vía Verde entre Santiago e Cerceda, un proxecto que leva máis dunha década promovendo o Concello de Oroso e que se converterá na primeira Vía Verde da provincia. A iniciativa permitirá a cconstrución dun sendeiro de 36,5 km sobre as antigas vías do ferrocarril. Así o comunicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, na reunión que mantivo cos alcaldes de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo; Oroso, Manuel Mirás; Tordoia, Antonio Pereiro, e Cerceda, José García Liñares; así como a concelleira compostelá e deputada provincial Milagros Castro. O presidente provincial explicou que aos 1,86 millóns de fondos europeos para proxectos que fomenten a mobilidade sostible e a economía baixa en carbono hai que engadir unha achega de máis de 535.000 euros da Deputación da Coruña “para
Deputación e Concellos apostan por facer realidade a Vía Verde nesta lexislatura
facer realidade un proxecto ambicioso e técnicamente complexo: a construción da primeira Vía Verde da provincia e a de maior lonxitude de Galicia. Unha idea que comezou a xestarse hai máis dunha década e que agora, unindo as forzas da Deputación da Coruña e dos cinco concellos
implicados queremos facer realidade neste mandato”. Ata o momento xa está redactado o proxecto conxunto, que agora toca adaptar aos diferentes tramos do itinerario, ademais de solicitar as autorizacións pertinentes para poder comezar a executar as obras.
ORDES O alcalde asegura que “este Goberno sáelle máis barato a Ordes”
O novo Goberno disporá dunha dedicación exclusiva e tres parciais O Pleno de Ordes celebrou a súa sesión de Organización, na que un dos puntos de maior debate foron as retribucións dos integrantes do Goberno. O alcalde, José Luís Martínez, será o único que conte cunha dedicación exclusiva de 49.700 euros brutos anuais, mentres que dous concelleiros, Abel Blanco Viqueira e José Antonio Cabeza Fraga, percibirán 17.920 euros por unha dedicación parcial de 20 horas semanais e Susana García Gómez recibirá 26.880 euros por outra parcial de 30 horas. Unhas cifras que supoñen un aumento de 8.400 euros no soldo do rexedor, que foi cuestionado polos grupos da oposición. Así, UXO e BNG coincidiron na mesma argumentación. Dende UXO consideran que “o alcalde debería terse reducido o seu soldo posto que a súa carga de traballo vai ser menor e ser compartida con outros tres concelleiros que van facer parte do seu traballo”. Unha afirmación compartida polo BNG, que lamenta tamén “a actitude inflexible do alcalde” durante o debate.
Os plenos terán lugar o último xoves do mes, ás 19:30 horas
Pola súa banda, Martínez Sanjurjo fixo unha comparativa no gasto en soldos realizado polos anteriores Gobernos de UXO “que deixa claro que proporcionalmente e a pesar de que xa transcorreron moitos anos, co que que iso supón de incremento na vida, este goberno sáelle máis barato a Ordes”.
Na sesión tamén se aprobaron as contías das asistencias a órganos colexiados propostas polo PP: 150 euros para os plenos, 240 euros para as Xuntas de Goberno Local e 120 euros para as comisións informativas. Así mesmo, rebaixouse de 120 a 60 euros as xuntas de voceiros. Finalmente, os grupos políticos percibirán
Repercusión socieconómica Valentín González Formoso destacou a “importante repercusión turística e socioeconómica que terá para os cinco concellos a construción da Vía Verde”, que servirá ademais como “elemento de vertebración do territorio, facilitando a conexión entre os núcleos rurais polos que discorre e recuperando a rede ferroviaria abandonada para darle unha nova dimensión, máis ecolóxica e sostible” A Vía Verde Santiago-Cerceda suporá unha alternativa segura para os ciclistas e sendeiristas, que evitarán circular polas marxes da estrada; así como para os peregrinos que transitan pola ruta xacobea Santiago-Coruña-Fisterra, que poderán percorrer parte da mesma atravesando espazos de gran interese medioambiental, histórico e cultural.Dos seus 36,5 quilómetros, 13 corresponden a Santiago, 7,19 a Oroso, 8,3 a Ordes, 2,48 a Tordoia e 5,5 a Cerceda.
CONCELLERÍAS - Ana Mª Soneira Liñares (1ª tenente de alcalde), Medio Ambiente e Deportes. - Xosé M. Mira Gómez (2º tenente de alcalde), Servizos e Mantemento. - Xosé M. Rodríguez Méndez (3º tenente de alcalde), Medio Rural, Relacións Veciñais e Parques e xardíns. - Pablo Vázquez Candal (4º tenente de alcalde), Exposicións, Eventos e Feiras e mercados. - Yessica López Varela, Economía (5ª tenente de alcalde), Comercio, Industria e Turismo. - Abel Blanco Viqueira, Cultura, Mocidade e Voluntariado. - Susana García Gómez, Política Social, Igualdade, Educación e Traballo. - José Antonio Cabeza Fraga, Obras e infraestruturas. 350 euros mensuais, así como 120 euros ao mes por cada concelleiro. Finalmente, aprobouse unha nova periodicidade para as sesións plenarias, que quedan fixadas para os últimos xoves de cada mes ás 19:30 horas. Un horario rexeitado pola oposición, que pedía atrasalo ás 20:00 ou 20:30 horas.
CRÓNICAS - Xullo 2019
3
PUBLICIDADE
4
CRÓNICAS - Xullo 2019
Actualidade OROSO Mirás asegura que “están moi por debaixo do que permite a lei”
Dúas dedicacións exclusivas e catro parciais para o novo Goberno de Oroso A aprobación dos salarios do novo Goberno de coalición PSOE-BNG en Oroso tensionou a sesión de organización. Se ben os grupos estiveron de acordo con que o alcalde Manuel Mirás mantivese a súa dedicación parcial de 34.600 euros brutos ao ano, a decisión de que cinco dos seis integrantes do Goberno percibiran unha dedicación non foi ben recibida polos grupos da oposición. Así, Oroso contará con dúas dedicacións exclusivas de 23.500 euros para Vanesa Boo e Isabel Fernández; así como tres parciais de 22.000 euros para Luís Rey, 17.600 euros para Beatriz Rodeiro e 14.000 euros para Javier Grela. Antonio Leira, como deputado provincial, non terá dedicación algunha. Manuel Mirás explicou que “facemos públicos os salarios dos concelleiros porque queremos unha transparencia plena na xestión municipal, que os veciños e veciñas de Oroso estén informados desta e outras cuestións, temos que render contas ante a xente”.
CONCELLERÍAS - Ángeles Álvarez Carro, Benestar Social, Muller, Igualdade, Conciliación e Atención ao menor. - Jesús Miguel Prado Cea, Promoción Económica, Promoción Industrial, Medio Ambiente, Emprego e Formación. - Manuel Ferreiro Marzoa, Economía e Facenda, Ensino, Sanidade, Medio Rural, Limpeza Viaria, Infraestruturas, Servizos e Obras. - Jesús Francos Sánchez, Maiores, Feiras e Mercados, Turismo e Piscina Municipal. - Óscar Botana Rúa, Novas Tecnoloxías, Alumeado Público e Aforro Enerxético. - Juan Carlos Portos Bra, de Cultura, Deportes, Patrimonio e Xuventude. O diálogo e o bo entendemento aos que apelaron todos os grupos municipais no pleno de constitución da nova corporación municipal de Frades mantívose na sesión de organización. Unha sesión que comezou con atraso debido a que PSOE e BNG non entregaran en tempo e forma a súa petición de constitución como grupos municipais polo que, de acordo coa
O debate sobre os salarios dos concelleiros centrou a sesión de organización
Pola súa banda, o voceiro do PP, Álex Doval, asegurou que se trata “dunhas cifras desmesuradas en salarios, un total de 157.809 euros ao ano, o que suporá ao remate da lexislatura un gasto para as arcas municipais de 631.236 euros”. Porén, Mirás Franqueira insistiu en que “as retribucións dos membros do goberno están moi por debaixo do que per-
mite a lei, o concello manterá unas contas saneadas e con superávit”. En canto ás asignacións por asistencia a órganos colexiados quedaron fixadas en 150 euros para plenos, comisións informativas e comisión especial de contas; mentres que a participación na Xunta de Goberno Local terá unha retribución de 250 euros.
CONCELLERÍAS - Isabel Fernández Gallego, concelleira de Mulleres, Ensino e Benestar Social. - Luis Rey Villaverde, concelleiro de Urbanismo, Obras, Servizos e Medio Ambiente. - Vanesa Boo, concelleira de Cultura, Comercio, Industria e Actividades Lúdicas. - Antonio Leira Piñeiro, concelleiro de Deportes, Promoción Económica, Emprego, Camiño de Santiago e Comunicación. - Beatriz Rodeiro Fernández, concelleira de Réxime Interior, Persoal, Patrimonio, Voluntariado, Xuventude, Mobilidade e Sanidade. - Javier Alfonso Grela Mosquera, concelleiro de Relacións Veciñais, Medio Rural, Parroquias e Xardíns. O Pleno tamén aprobou a creación dun posto de persoal de confianza adjunto á Alcaldía, que cobrará 21.350 euros brutos ao ano. O que na sesión foi aprobado coa abstención de PP e Oroso Renovable converteuse nun agrio debate nas Redes Sociais ao coñecerse que esa persoa sería Jonathan Rey, fillo do concelleiro de Urbanismo.
FRADES O PP permite a confirmación dos grupos municipais do PSOE e BNG
O Goberno reedita as dúas dedicacións exclusivas da anterior lexislatura
Os plenos terán periodicidade bimensual, os segundos venres dos meses impares
lexislación vixente, terían que pasar a constituírse como grupo mixto, o que lles suporía un importante prexuizo tanto económico como político, ao reducir os seus tempos de intervención nos plenos. Porén, o alcalde, Roberto Rey Martínez, indicou que “como acto de boa vontade, imos aceptar a constitución dos grupos políticos”, xesto que agra-
deceron os voceiros de PSOE, Enrique Astray, e BNG, Manuel Míguez. O grupo de Goberno tamén aceptou a petición da oposición de cambiar a periodicidade das sesións plenarias, que pasan de trimestrais a bimensuais, os segundos venres dos meses impares ás 13:30 horas. Así mesmo, o pleno aprobou cos votos a favor do PP e as abstencións
da oposición, reeditar as dúas dedicacións exclusivas da lexislatura anterior: unha de 38.612,06 euros brutos anuais para o alcalde e outra de 24.6178,04 euros brutos anuais para o terceiro tenente de alcalde, Manuel Ferreiro Marzoa. As asignacións aos grupos municipais foron aprobadas por unanimidade: 100 euros /mes por grupo e 100 euros/mes por cada concelleiro. Tamén se aprobaron as contías por asistencia a órganos colexiados: 125 euros por Plenos (25 euros máis ca a lexislatura anterior), 150 euros por Xuntas de Goberno Local e 100 euros por comisións. A medida foi aprobada cos votos a favor de PP e PSOE e coa abstención do BNG. A Xunta de Goberno local, integrada polo alcalde e os tres tenentes de alcalde, reunirase 3 veces ao mes e haberá dúas comisións informativas, que se reunirán cada dous meses e estarán integradas por 4 membros do PP, 2 do PSOE e 1 do BNG, sendo o alcalde Roberto Rey o presidente de ambas.
5
CRÓNICAS - Xullo 2019
Actualidade TRAZO Aprobada unha dedicación exclusiva para a alcaldesa e dúas parciais
O PP saca adiante o pleno de Organización co apoio de PSOE e BNG O pleno de organización celebrado en Trazo foi unha sesión atípica pois a situación de minoría na que se atopa o grupo de Goberno do PP tras as eleccións do 26-M non foi óbice para que aprobase todos os puntos da orde do día, coa excepción da delegación de competencias do Pleno na Xunta de Goberno Local. E isto foi así porque PSOE e BNG antepuxeron a gobernabilidade do municipio e as necesidades da veciñanza aos seus propios intereses como partidos políticos. Así, a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, recibirá unha dedicación exlusiva de 33.600 euros brutos anuais, case 8.000 euros menos co seu predecesor no cargo. Así mesmo, as dedicacións pasan de seis a dúas parciais: unha de 16.000 euros para José Liste e outra de 6.000 euros para Rosa María Landeira. Onde houbo moitos cambios foi na organización das sesións plenarias, que pasan de ser trimestrais a bimensuais: o último venres dos meses impares ás 9:00 horas. A asisten-
Os plenos terán lugar o último venres dos meses impares ás 9:00 horas
cia a plenos, xuntas de goberno e comisións será retribuida con 150 euros. Ademais, cada grupo municipal recibirá 500 euros anuais e 1.000 euros por cada concelleiro. Así mesmo, créanse tres comisións plenarias: a especial de Contas, a de asuntos plenarios e unha nova de Servizos Sociais.
O PSOE de Trazo destacou o entendemento co PP e o BNG como “un signo de que outra forma de facer política chegou a Trazo, unha política na que o diálogo e o entendemento é o punto fundamental para mellorar a vida da veciñanza de Trazo, sen importar as cores políticas”. Unha actitude criticada por Somos Trazo, quen
CONCELLERÍAS - Rosa María Landeira RamasRíos, Economía, Facenda, Promoción económica, Emprego e Cultura. - José Liste Calviño, Obras, Festas e Deporte. - Manuel Antonio Castiñeiras Sánchez, Urbanismo, Servizos e Limpeza viaria. - Antonio Eugenio Lamas Pazos, Agricultura, Gandeiría e Medio Rural. despois de non conseguir que nin o PP nin os grupos da oposición lle cederan a Alcaldía, agora proclámase “líder da oposición” e felicita ao PSOE e BNG “por conseguir o tan desexado tripartito: agora temos en Trazo unha maioría absoluta de 9 concelleiros”. Pola súa banda, o BNG insiste en que “como organización seria e responsable tomamos a decisión de votar a favor dos acordos necesarios para que o goberno en minoría do PP poida facer o traballo básico necesario para cumprir as necesidades primordiais dos veciños de Trazo”. Iso si, tanto PSOE como BNG impediron a delegación de competencias do Pleno na Xunta de Goberno Local, para que os plenos sexan o eixo do goberno municipal.
6
CRÓNICAS - Xullo 2019
Actualidade CERCEDA
COMARCA Os veciños de Trazo avanzan na parcelaria de Benza
Liñares non terá soldo nun Goberno con dúas dedicacións exclusivas e unha parcial
Os veciños abordan a posibilidade de mobilizar terra en Tordoia
O pleno de organización de Cerceda confirmou o anuncio de que o alcalde, José García Liñares, non cobrará un soldo fixo no municipio. No seu lugar, o Goberno aprobou dúas dedicacións exclusivas de 32.000 euros brutos anuais para Juan Manuel Rodríguez e Cristina Capelán. Así mesmo, Francisco Boquete recibirá 12.000 euros por unha dedicación parcial. Os tres, xunto a Jesús Rama, conformarán a Xunta de Goberno Local e asumirán as tenencias de Alcaldía. En canto ás asignacións por asistencias a órganos colexiados, as comisións informativas e as sesións da Xunta de Goberno Local estarán retribuídas con 250 euros, mentres que as asistencias a plenos se pagarán a 150 euros.
O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, mantivo un encontro con veciños e veciñas de Tordoia para abordar as posibilidades de mobilizar terras e crear actividade económica rendible neste concello coruñés. Á charla, celebrada na casa da cultura, asistiu tamén o alcalde de Tordoia, Eduardo Antonio Pereiro Liñares. Os técnicos indicáronlles aos veciños as posibilidades que teñen para dar valor ás súas terras e, no seu caso, facer máis rendibles as explotacións. Pola súa parte, Pérez Dubois explicou a filosofía que se está a seguir por parte da Consellería do Medio Rural para evitar o abandono de terras e axudar aos propietarios neste obxectivo.
Reunión do director xeral de Desenvolvemento Rural cos veciños de Tordoia
Parcelaria de Benza Por outra banda, o pasado 11 de xullo tivo lugar unha reunión informativa dirixida a todos os propietarios interesados na reestruturación par-
celaria na parroquia de San Pedro de Benza. Un encontro que tivo lugar no edificio do Mercado da Brea (Trazo) e na que se informou a todos asistentes
OROSO
O debate sobre os cans da instalación a carón do punto limpo terá lugar en setembro Haberá que agardar ata o pleno do 26 de setembro para coñecer polo miúdo a situación na que se atopa a instalación emprazada a carón do punto limpo de Sigüeiro, onde se ubican varios cans. O Partido Popular fala dunha perreira, se ben indica que “descoñece se é legal ou está a traballar dunha maneira clandestina” xa que “non se pode tratar dunha perrera municipal xa que non existe normativa que a regula nin partida nos presupostos”. Dende o Concello de Oroso puntualizan que non hai perrera ningunha senón “un lugar a onde se levan provisionalmente os perros que son abandonados polos seus donos nalgún punto de Oroso”. Unhas instalacións nas que permanecen un máximo de 15 días e, se non son reclamados, son entregados a unha sociedade protectora de animais.
sobre o inicio dos traballos para a elaboración do acordo de reestruturación parcelaria, así como sobre a enquisa de petición de predios de substitución.
O Concello reparou os desperfectos na pasalela e Augas de Galicia retirou as árbores caídas sobre o cauce do río
FRADES Acondicionáronse os accesos e mellorouse o estado da zona
Melloras na área recreativa da Presa O Concello de Frades vén de acondicionar os accesos á área recreativa da Presa, na parroquia de Ledoira, un tramo de setecentos metros de longo e 4 de ancho nos que investiu preto de 11.000 euros. A maiores, o concelleiro de Infraestruturas e Obras, Manuel Ferreiro, explica que “instalamos un par de novas luminarias de maior eficiencia enerxética e reparamos a pasarela de madeira, que rompera pola caída dunha árbore nos temporais da pasada primavera”. Unha actuación completada por Augas de Galicia quen, a petición do Concello de Frades, procedeu tamén á retirada das árbores caídas sobre a presa.
O Concello procedeu á reparación de fochancas e asfaltado dos accesos á Presa
CRÓNICAS - Xullo 2019
7
PUBLICIDADE
8
CRÓNICAS - Xullo 2019
Actualidade TORDOIA Licitada por 577.000 euros, permitirá evitar inundacións na zona
A Deputación construirá unha nova ponte sobre o río Pedrouzo CRÓNICAS
Acordo coa axencia ECO para xestionar a publicidade de Crónicas Underwood Media SL ven de chegar a un acordo de exclusividade para que a prestixiosa axencia ECO Publicidad & Márketing xestione a publicidade comercial deste xornal gratuíto independente de Ordes e a súa comarca. O editor de Crónicas, Javier Carnota, que asume tamén a dirección do xornal, mais o CEO de ECO Publicidad & Márketing, Alvaro Filgueira, chegaron fai uns días a este acordo que aporta “o respaldo dunha persoa e dunha empresa que se teñen forxado unha grande reputación no sector da publicidade en Galicia e a quen agradezo que teñan aceptado o reto da xestión publicitaria do noso modesto proxecto editorial”, dixo Carnota. Álvaro Filgueira leva traballando no sector da publicidade en medios e no asesoramento no campo publicitario desde 1991, asumindo ao longo da súa traxectoria profesional postos de grande responsabilidade na área da xestión publicitaria, en cadeas de radio como Onda Cero, Radio Líder, ES Radio ou COPE, onde foi director comercial rexional. En medios escritos, Filgueira foi xefe de publicidade de La Voz de Galicia e El Correo Gallego. Na súa traxectoria profesional aparecen tamén proxectos propios en redes sociais onde mantén unha páxina de opinión en Facebook e outros vinculados cos novos modelos de facer radio, a través de Cadena Ibérica – Radio Universal. Ademais é CEO de ECO Publicidad & Márketing, empresa que desenvolve a súa actividade no ámbito autonómico e nacional, mediante a confección de campañas ou xestión de espazos publicitarios en cadeas de TV, radio, redes sociais e xornais. O acordo con ECO para a xestión da publicidade de Crónicas supón unha aposta pola mellora da atención ao cliente publicitario local, que segue a ser a base dos ingresos publicitarios do xornal e ao mesmo tempo incrementar a calidade e a variedade dos produtos publicitarios que ofrecemos aos nosos clientes, ganando o produto final un acabado máis profesional, que repercute positivamente en lectores, anunciantes e empresa.
A nova ponte construirase no PK 3 da DP 8401 de Tablilla a Agro do Mestre
A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación pública as obras de construción dunha nova ponte sobre o río Pedrouzo, no PK 3+000 da estrada provincial DP 8401 de Tablilla a Agro do Mestre por Pontepe-
dra, no termo municipal de Tordoia. O importe da licitación ascende a 577.370,97 euros, aos que hai que sumar os 50.000 euros que se destinarán ás expropiacións necesarias para levar a cabo os traballos.
ORDES
FRADES
O Concello inicia a roza das pistas de monte do municipio
O concelleiro de Limpeza Viaria supervisa o inicio da roza de pistas de monte
O Concello de Frades vén de rematar a primeira fase dos traballos de roza dos máis de 600 km de pistas e estradas que compoñen a súa rede viaria municipal. Os traballos, que comezaron a realizarse o pasado 1 de maio con dous tractores, permitiron rozar máis de 300 quilómetros de estradas. “Le-
As obras son consecuencia das sucesivas inundacións que se producen na zona nas épocas de choivas abundantes, polo que a Deputación da Coruña encargou un estudo hidrolóxico da conca do río Pedrouzo que determinou a necesidade de demoler a estrutura actual e executar unha nova con maior sección para un correcto desagüe. Así, a nova ponte contará cun marco de formigón armado de dimensións 6x 3,50 metros, que será enterrada 0,50 metros no terreo, seguindo as indicacións técnicas de Augas de Galicia. O marco rematará en aletas que soportarán as terras do terraplén para minimizar as perdas hidráulicas. O deputado de Vías e Obras, José Manuel Pequeño Castro, explica que “as obras suporán tamén unha mellora do trazado da estrada na zona do cruce do río, xa que se eliminarán a curva e contracurva existentes, sustituíndoas por unha soa aliñación en curva de maior radio que as actuais” polo que “mellorarán notablemente a seguridade do tráfico”.
vamos rozado todas as pistas asfaltadas de todas as parroquias e estamos dándolle un segundo pase ás estradas principais”, explica Manuel Ferreiro, concelleiro de Limpeza Viaria. “A partir de xullo, un dos tractores dedicarase en exclusiva ás pistas de monte”, adianta Ferreiro Marzoa.
Máis de 117.000 euros para mellorar a DP-2405, que une Cerceda e o Mesón do Vento O departamento de Vías e Obras da Deputación Provincial da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado as obras de rehabilitación estrutural e mellora do firme da estrada DP 2405, que une as localidades de Cerceda e Mesón do Vento. Unhas obras que terán lugar no termo municipal ordense, concretamente entre os puntos quilométricos 6+000 e 6+600, e que suporán un investimento de 117.105,28 euros. Os traballos suporán a demolición de 1.440 metros cadrados do firme actual, que se atopa seriamente danado, para proceder ao seu fresado e excavación de saneo cun metro de profundidade, así como á reparación posterior de fochancas zahorra e tres capas de mestura bituminosa, que mellorarán a seguridade viaria na zona. Ademáis, o proecto inclúe a substitución da tubería de PVC para a recollida de pluvais do tramo e a renovación da sinalización horizontal e vertical.
9
cRÓNicAS - Xullo 2019
ActuAlidAde comaRca Dá servizo a 160 nenos e nenas da comarca, de 0 a 6 anos
A Xunta achega 115.000 euros ao servizo de Atención Temperá O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou a unidade de Servizo de Atención Temperá da Mancomunidade de Municipos de Ordes. Un servizo que ten como obxectivo apoiar o desenrolo infantil e a inclusión sociofamiliar de nenos e nenas de entre 0 e 6 anos que precisan asistencia ou atención especial. Ovidio Rodeiro confirmoulles ao presidente da Mancomunidade, Roberto Rey, e ao alcalde de Ordes, José Luis Martínez.que a Xunta de Galicia financiará este servizo cunha achega de 115.104 euros para este ano. Un servizo que dende 2016 atende a unha media de 160 nenos e nenas dos municipios de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Trazo e Tordoia. A unidade ordense conta con dúas logopedas, unha psicopedagogas e unha psicóloga. O delegado da Xunta destacou que “o ámbito municipal é idóneo para a prestación deste tipo de apoio aos máis novos pola súa proxi-
Ovidio Rodeiro visitou en Ordes as instalacións do Servizo de Atención Temperá
midade á veciñanza e polo coñecemento da situación específica da súa poboación, tendo en conta ademais que un dos principios reitores da Rede galega de atención temperá é a descentralización e proxi-
midade”. Deste xeito, apuntou que “a finalidade é conseguir un achegamento eficiente ás persoas destinatarias mediante o desenvolvemento de actuacións de base comunitaria para a inclusión social”.
oRoso
O Concello pon en marcha un Plan de Prevención e Defensa contra os Lumes O Concello de Oroso vén de poñer en marcha un Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais que tras “moitos meses de traballo, se adecúa ás novas esixencias da Xunta e o Goberno, con recomendacións e información detallada sobre a prevención de incendios”, explica o alcalde, Manuel Mirás. Un dos obxectivos deste plan é garantir o control da biomasa forestal mediante técnicas silvícolas axeitadas para reducir o risco de incendio e protexer a seguranza das persoas. Isto concrétase “nunha serie de accións sobre o territorio que buscan organizar a xestión da biomasa en zonas estratéxicas, especialmente aquelas declaradas de altorisco de incendio”, apunta Mirás Franqueira, quen tamén pide “responsabilidade aos titulares das fincas xa que entramos en período de alto risco de incendios”. Neste sentido, lembra as obrigas que teñen na limpeza de fincas e parcelas.
PROGRAMA SEMANA CULTURAL OROSO 2019
25 AGO 06 SEP
DominGo 25 De aGosTo BanDa De mÚsica De oRDes
12:30h. na praza de Isaac Díaz Pardo
maRTes 27 De aGosTo eXcuRsión aQuapaRK ceRceDa
Máis información e inscrición do 9 ao 23 de agosto no centro cultural
maRTes 3 De seTemBRo
incHaBle paRa nenos, oBRaDoiRo De móBiles De VenTo, TÁBoa De suRF, FuTBolÍn Humano e GRaniZaDos De Xeo De 17 a 20:00h no exterior da piscina municipal
mÉRcoRes 4 De seTemBRo
maXia cómica Dani García co espectáculo Código
mÉRcoRes 28 De aGosTo
19:00h no exterior da piscina municipal. Dirixido a un público familiar
19:00h no exterior da piscina municipal. Dirixido a todos os públicos
monicReQues. mircromina A familia unida
TeaTRo cómico culturactiva producións Saabor!
XoVes 29 De aGosTo
ciRco e cloWn as sincronacidas co espectáculo OhLimpiadas
XoVes 5 De seTemBRo
19:00h no exterior da piscina municipal. Dirixido a partir de 3 anos
19:00h no exterior da piscina municipal. Dirixido a todos os públicos
VenRes 6 De seTemBRo
VenRes 30 De aGosTo
20:00h centro cultural de Sigüeiro
asociación cultural amigos do acordeón de sigüeiro-oroso e orquestra Van Band. 21:00h e 22:00 h na praza de Isaac Díaz Pardo
certame internacional Góis oroso arte
mÚsica a Banda da loba co seu primeiro disco Bailando 21:00h na praza de Isaac Díaz Pardo. Dirixido a todos os públicos
10
CRÓNICAS - Xullo 2019
xente dE aquí ORDES
MESÍA
O Museo do Traxe acolleu a mostra dos cursos de pintura
O Campamento Xoecon reúne a sesenta nenos e nenas
Inauguración da mostra no Museo do Traxe Juanjo Liñares
Unha das actividades celebradas na primeira quincena do campamento
O Museo do Traxe acolleu a mostra de pintura levada a cabo polos alumnos e alumnas dos cursos de pintura organizados polo Concello de Ordes. Á inauguración
O Concello de Mesía celebrou un ano máis o seu Campamento Xoecon, que reuniu a sesenta nenos e nenas, de 4 a 14 anos, durante tres semanas do mes de xu-
acudiu numeroso público, entre os que se atopaban o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, así como concelleiros e concelleiras do Goberno Local.
llo. Unha actividade de conciliación na que os participantes se divertiron con xogos, ximkanas, deportes, obradoiros e distintas excursións.
OROSO
COMARCA
Oroso volve participar no certame Góis-Oroso Arte
Éxito da xincana lingüística da Mancomunidade de Ordes Trazo
Tordoia
Mesia
A concelleira de Cultura de Oroso, Vanesa Boo, e Servizos, Luis Rey, participaron na inauguración da XIV edición do certame internacional Góis-Oroso Arte,
que se celebra en xullo nesta localidade portuguesa e en setembro en Oroso. Un certame no que participan setenta artistas pertencentes a quince países.
Frades
11
CRÓNICAS - Xullo 2019
OPINIÓN
Os motíns camponeses da década de 1940 Por Carlos Calvo Varela Co pobo desarmado e politicamente invertebrado por culpa da tardía aprobación da Autonomía, a Galiza é controlada axiña polos golpistas en xullo de 1936, transformando o país no graneiro – de cereal e de homes – da fronte fascista. A creación en 1937 do Servizo Nacional del Trigo, como parte do novo Estado franquista, organiza o espolio do campesiñado, até daquela máis espontáneo e dirixido por grupos de falanxistas que sementaban o terror. A creación do SNT, que impoñía aos labregos a venda obrigatoria das súas colleitas ao Estado, e ao prezo fixado por este, encadrábase nun paquete de medidas moito máis amplo, preparado para monetizar radicalmente a economía do país e, así, engraxar os mecanismos financeiros e fiscais da extracción de excedentes do campo, reducindo drasticamente a relativa autonomía económica do pampesiñado. Fórzase a bancarización do agro, e mediante o Banco do Crédito Agrícola practícase unha hipertrofia do crédito que acaba atrapando aos labregos que se dividen. A masa monetaria multiplícase, pasando dos 6.000 millóns de pesetas en circulación no ano 1939 aos 31.600 de 1950. Os intelectuais orgánicos do réxime, como Ramiro de
Maetzu, darán cobertura teórica á monetización (é dicir: estatalización e mercantilización) da economía, desenvolvendo todo un misticismo do diñeiro: “por el dinero y la acción se levantará España”. Perante este saqueo dos primeiros anos do franquismo, cando a política de monetización aínda estaba na fase violenta (despois do pau virá a cenoura, con engados como os créditos para a compra de tractores e demais), e mesmo en medio dun clima de terror, o pobo soubo resistir, sen siglas, sen “-ismos” e sen organizacións políticas ao uso (daquela xa completamente destrozadas), apoiándose apenas nas formas tradicionais de axuda mutua e resistencia comunitaria. Precisamente por iso, por seren loitas articuladas á marxe das categorías da política moderna e os seus repertorios, a historiografía marxista non lle prestou moita atención; tampouco a franquista, máis interesada en dar a imaxe dunha Galiza, outrora rebelde, pacificada e submisa ás novas autoridades. E porén aconteceu. En novembro de 1943 os labradores de cindo parroquias de Tordoia: Gorgullos, Castenda, Numide e Leobalde, dirixíronse ao almacén local do SNT decididos a recuperaren o trigo e o millo que se vi-
ran obrigados a entregar polo cupo forzoso. Apoiados polos alcaldes pedáneos, os veciños conseguiron recuperar o gran malia os intentos represivos das autoridades franquistas – o cobrador do SNT na zona foi severamente ameazado -, e tampouco cederon ás presións e ameazas de castigos se non reintegraban o cereal ou devolvían o seu importe. Resistiron e venceron, e no ano seguinte o propio alcalde foi amoestado por non dar feito as declaracións da colleita dos veciños, que se negaban a colaborar co Estado, tornándose opacos á súa ollada escrutadora. “Estadística? En terra allea, que o que millor se confesa millor penitencia leva”, dixera o Tío Marcos da Portela moito antes. Talvez inspirados polo exemplo dos de Tordoia, o certo é que un total de 169 labregos de Cerceda, Xesteda, Meirama, Queixas, Rodís e Encrobas boicotearon en xuño de 1944 a entrega do cupo de millo que lle impuxera o Estado franquista. E iso que a xefatura coruñesa do SNT rogara ao Gobernador Civil, após a revolta de Tordoia, que se impuxera “una fuerte sanción […] pues de otra manera sentaría un precedente que seguirán otros ayuntamientos con el consiguiente perjuicio […] y la anarquía que supondrá
la falta de autoridad”. Aínda máis, a Comisaria de Abastecemento pedía castigo, sinalando que “de repetirse tales anomalías, además de mermar el prestigio de esta Comisaría, predisponen el ánimo del paisano carente de cultura suficiente para hacerse cargo de ciertas equivocaciones”. No motín de Cerceda o cobrador do SNT aseguraba que a pesar de facer “todo lo que estaba en mi mano” para recoller o millo apenas lle entregaron unha cantidade ridícula. Así as cousas, o xefe provincial do SNT dirá a propósito de Cerceda que esa rebeldía “además de suponer una merma en las disponibilidades de cereales con destino a la panificación con el consecuente perjuicio del abastecimiento, si no se corrige servirá para que en la próxima cosecha no se entregue ningún cereal, no solo estos mismos agricultores sino el resto de los del ayuntamiento y circundantes”. Corría a década de 1940, a fame de despois da guerra, o medo aínda fresco da carnificina do ‘36, a comarca militarizada pola represión da resistencia guerrilleira… E aínda así, o campesiñado anónimo soubo resistir. Moita máis Ditadura fixo falta para que nos comezásemos a autorepresentar como un pobo submiso.
12
CRÓNICAS - Xullo 2019
Actualidade
ORDES
Os usuarios da biblioteca municipal deberán solicitar un novo carné de socio A biblioteca municipal de Ordes vén de adherirse ao sistema de xestión KOHA, o empregado na rede bibliotecaria galega. Por esa razón, o centro permanecerá pechado ata o vindeiro 4 de agosto. Esta adhesión permitirá que os usuarios e usuarias da biblioteca de Ordes poidan acceder a un fondo documental de 900.000 títulos e máis de 2,9 millóns de exemplares. Ademais, poderán realizar calquera trámite desde calquer centro integrado na rede KOHA. Iso si, para poder acceder a estes novos servizos será preciso que todos os socios e socias pasen a partir do 4 de agosto pola biblioteca municipal de Ordes para obter o novo carné. Un carné que será válido para toda a rede bibliotecaria galega.
TORDOIA Entregouse un agasallo institucional aos asistentes maiores de 90 anos
A Romaría da Terceira Idade reúne a máis de 800 persoas en Pontepedra Máis de oitocentas persoas participaron na Romaría da Terceira Idade de Tordoia, celebrada na explanada a carón do campo de fútbol da Rega, en Pontepedra. Tras a tradicional misa tivo lugar un xantar de confraternización que estivo amenizado coa música do Trío Alborada, que animou a moitos dos presentes a botar unhas bailas. Previamente, o alcalde de Tordoia, Eduardo Antonio Pereiro, agradeceu a participación de todos os presentes e, unha vez rematado o xantar, fixo entrega dun agasallo institucional a todas as persoas asistentes que superaban os noventa anos de idade.
O alcalde de Tordoia, xunto aos asistentes maiores de noventa anos
FRADES
Asunción López Oubel celebra o seu cen cumpreanos Asunción López Oubel, veciña de Vitre, vén de celebrar o seu cen cumpreanos cunha gran festa á que acudiron máis de 80 persoas, entre familia e amizades. O
ORDES
A ordense Manuela Viqueira cumpre 101 anos A ordense Manuela Viqueira Figueira, natural de Poulo aínda que residente no Regueiro, vén de cumprir 101 anos. Unha data que
Manuela celebrou cunha festa de cumpreanos por todo o alto rodeada dos seus sobriños e sobriñas, así como do seu fillo Antón.
alcalde de Frades, Roberto Rey, e os concelleiros de Servizos Sociais, Ángeles Álvarez, e Cultura, Miguel Prado, entregáronlle unha placa conmemorativa desta data.
CRÓNICAS - Xullo 2019
13
PUBLICIDADE
14
CRÓNICAS - Xullo 2019
xente dE aquí FRADES
ORDES
O campionato de pesca reúne a sesenta veciños e veciñas
Remata o curso de limpeza de superficies e mobiliario
O campionato tivo lugar por primeira vez na contorna da piscina municipal
A concelleira de Traballo visitou ás alumnas que participaron no curso
A edición número dezaseis do Campionato Municipal de Pesca Infantil de Frades reuniu a preto de sesenta veciños e veciñas, de entre eles uns trinta nenos e nenas menores de 16 anos que tomaron parte do torneo. Un campionato que este ano cambiou de emprazamento, deixando a tradi-
A concelleira de Traballo de Ordes, Susana García, clausurou o curso de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios municipais. Este curso, de 230 horas lectivas, está englobado no programa Galitex, para a a inserción laboral de mulleres procedente do sector téxtil.
cional área recreativa do Muíño de Campoduro (Céltigos) pola área recreativa da piscina municipal (Papucín). Todos os nenos e nenas levaron cando menos unha peza para a súa casa, así como unha medalla conmemorativa e unhas lambonadas.
Por iso, García felicitou a todas as participantes polo seu esforzo e animounas a inscribirse en bolsas de traballo para incorporarse o antes posible ao mercado laboral. Entre outras materias, as alumnas aprenderon tarefas de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.
FRADES
TORDOIA - TRAZO
Veciñas de Frades asisten a un curso de manexo de móbiles
Éxito de participación nas excursións ao Aquapark
O curso está organizado polo Concello de Frades e a ONG Mestura
Unha quincena de veciñas de Frades participou durante omes de xullo nun curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas organizado polo Concello de Frades e a ONG Mestura. Un curso de seis sesións que tiveron lugar na renovada Aula de Informática de Frades, emprazada no multiúsos.
O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, asistiu á sesión inaugural e explicoulles que a gratuidade do curso é posible grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade e a cofinanciación da Unión Europea a través do Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020.
Centos de veciños e veciñas de Trazo e de Tordoia, sobre todo nenos e nenas, participaron en sendas excursións ao Aquapark de Cerceda. A tracense foi organizada
pola ANPA de Trazo, en colaboración co Concello; mentres que a de Tordoia foi organizada polo Concello, que tamén organizou unha saída ao Xardín Botánico.
15
CRÓNICAS - Xullo 2019
xente dE aquí
ORDES Todas as actividades son de acceso gratuíto
Amplo programa cultural para o verán Tras o éxito do programa Cultura na Rúa, o Concello de Ordes vén de facer público o seu programa de verán “Unha viaxe pola cultura”, que reúne música, baile, xogos infantís, maxia, teatro, festa... Unha programación para ser desfrutada en familia e de forma totalmente gratuíta na Alameda de Ordes. O programa desenvolverase do
2 ao 18 de agosto e, de entre toda a programación, destacan o concerto de Mamá Cabra (2 de agosto, ás 20:00 horas), o Día do Neno e da Nena (9 de agosto, ás 17:00 horas), o festival DesOrdes Creativas (10 de agosto) ou o III Festival Sons de Ordes, que este ano contará coa participación de Susana Seivane e Javier Gurruchaga coa Orquestra Mondragón.
Actividades incluídas no programa “Cultura na Rúa”, levado a cabo en xullo
16
CRÓNICAS - Xullo 2019
DEPORTES FÚTBOL O Mesía venceu en Maxi F8 e o Xancumbraos en Senior F11
FÚTBOL
Máis de 80 participantes no Torneo Interparroquial de Mesía
A SD Órdenes abre a inscrición nas escolas deportivas, que inclúen equipos femininos
Máis de oitenta deportistas, distribuídos en seis equipos, participaron no Torneo Interparroquial de Mesía, desputado o pasado domingo 21 de xullo no campo municipal de fútbol de As Brañas (Visantoña). Un torneo no que a parroquia de Mesía proclamouse campioa na categoría Maxi Fútbol 8, tras vencer na final ao Albixán. Por outra banda, na categoría Senior Fútbol 11, o campión foi o conxunto do Xancumbraos, seguido polos equipos do Mesía, o Olas e o Visantoña.
A SD Órdenes abre o prazo de inscrición nas súas escolas deportivas que, por primeira vez, incluirá equipos femininos, de calquera idade. Para anotarse só é preciso enviar un mail a sdordenes@gmail. com ou un whatsapp ao número 603 167 366. As inscricións presenciais terán lugar nas oficinas do club a partir do vindeiro 5 de agosto todos os luns e os xoves, entre as 19:30 e as 21:00 horas.
BÁSKET
Ordes celebrará un torneo de Básket 3x3 do 8 ao 10 de agosto O Concello de Ordes organiza un torneo de básket 3x3, que terá lugar na pista multideporte do 8 ao 10 de agosto. Haberá dúas categorías: de 13 a 17 de anos e a partir dos 18 anos.
O Xancumbraos (de azul) celebra o triunfo na categoría Senior F11. Abaixo, xogadores do Mesía (vermello) e Albixán
SALVAMENTO DEPORTIVO
SALVAMENTO DEPORTIVO
Lara López Fernández, triple campioa nacional de sprint praia e bandeiras
A ordense Xiana López, campioa nacional alevín de Carreira con Táboa de Rescate
Xiana López, no medio, encabezou o podio da Carreira con Táboa de Rescate Lara López Fernández, cos seus tres ouros na praia de Zarautz (Guipúzcoa)
A ordense Lara López Fernández vén de proclamarse campioa nacional nas modalidades de Sprint Praia e Bandeiras, así como en relevo de Sprint Praia, no Cam-
pionato de España de Verán Xuvenil e Júnior de Salvamento Deportivo. Así, Lara López completa unha gran temporada na que foi campioa galega de Sprint Praia.
Xiana López Fernández, do Club Salvamento Sada, vén de proclamarse campioa nacional alevín na modalidade Carreira con Táboa de Rescate (Nipper). Un título conseguido nos XIV Campionato Nacional Alevín, organizado
pola Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo en Valencia. A deportista ordense suma este éxito ao campionato galego de 50 metros remolque de manequín con aletas, conseguido o pasado febreiro en Carballo.
CRÓNICAS - Xullo 2019
17
PUBLICIDADE
18
CRÓNICAS - Xullo 2019
DEPORTES OROSO Hipólito Visos, fundador da SD Deixebre, recolleu o premio pola súa traxectoria deportiva
Máis de 800 persoas na VI Gala do Deporte O Concello de Oroso celebrou a súa Gala do Deporte, dirixida a recoñecer o esforzo de todos os nenos e nenas que practican algunha modalidade deportiva. Unha gala celebrada no campo municipal de Sigüeiro e á que asistiron máis de 800 persoas. No acto entregouse un recoñecemento pola súa traxectoria deportiva a Hipólito Visos Vázquez, fundador da SD Deixebre; mentres que o futbolista Hugo Rama Calviño recolleu o premio como mellor deportista do ano 2019. Tamén foron distinguidos Valeria Castro (mellor promesa), o Sigüeiro FC e ED Xuventude de Oroso (mellores clubes); e o Club Leones de Béisbol, pola súa colaboración con eventos deportivos municipais. O Café Restaurante O Cortés, Peluquería Tije e Decoraciones Rodríguez foron distinguidas como empresas que apoian o deporte. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, agradeceron “o esforzo dos deportistas e tamén das súas familias, que son as que se encargan de levar os nenos e nenas aos entrenamentos e aos partidos”. “Hoxe recoñecemos o traballo do mellor deportista ou do mellor club do ano, pero como o que queremos e animarvos a que sigades facendo deporte, porque é saúde e valores que estarán sempre con vos”, afirmou Leira.
Alcalde e concelleiro de Deportes entregaron as distincións e os recoñecementos da VI Gala do Deporte
ATLETISMO
PATINAXE
Daniel Loureiro, sétimo no Campionato de España Sub 16
Antía Calvo gaña a Copa Federación de Patinaxe
Daniel Loureiro, do Atlética A Silva, conseguíu un meritorio sétimo posto en lanzamento de xabalina nos Campionatos de España Sub 16, desputados en
Antía Calvo, do Club Patinaxe Galicia, conseguiu a medalla de ouro da Copa Federación de Patinaxe, desputada en Santiago de Compostelas. A ordense conse-
Xixón. O xoven atleta fixo un lanzamento de 46,04 metros, a súa segunda mellor marca persoal e que lle permite ascender dous postos no ranking nacional.
guíu a primeira posición na categoría alevín, na que a súa compañeira Uxía Bodelo rematou quinta. Así mesmo, a infantil Daniel Iglesias logrou un décimo posto.
CRÓNICAS - Xullo 2019
19
PUBLICIDADE
20
CRÓNICAS - Xullo 2019
DEPORTES TAEKWONDO Gran actuación dos loitadores ordenses e das loitadoras orosás
Os taekwondistas do Boudsport conseguen tres bronces nos Campionatos de España Tres dos taekwondistas do club Boudsport conseguiron tres medallas de bronce nos Campionatos de España Cadete, Junior e Sub 21 celebrados en Valladolid e nos que participaron máis de 600 persoas de todas as federacións nacionais. A participación ordense foi extraordinaria, pois tres dos seus catro participantes conseguiron medalla. Os tres bronces chegaron da man do cadete Mateo Boudjenane Liñares e dos sub 21 Daniel Mosquera Sánchez e Sara Gacio Cendal. A cuarta participante, Sara Soneira Balado, conseguiu un meritorio diploma como quinta clasificada da categoría cadete. Por federacións, Galicia foi a clara dominadora e proclamouse campioa de España nas categorías júnior e sub 21. Con estes resultados, a Federación Galega consegue ser tricampioa de España, xa que neste mesmo ano tamén se proclamou campioa de España da categoría senior.
FÚTBOL
TENIS DE MESA
Homenaxe á S.E. Abellá S.D.C polo ascenso á Primeira Rexional
Unha prata e dous bronces para o Oroso TM en A Estrada
Homenaxe do Concello de Frades á S.E. Abellá S.D.C.
A competición da Estrada abre a pretemporada para o Oroso TM
O Concello de Frades vén de homenaxear á S.E. Abellá S.D.C. polo seu recente ascenso á Primeira Rexional Galega. Un acto no que tamén se rendeu homenaxe a Iván Méndez e Miguel Santos, dous capitáns o equipo que se retiran do fútbol federado esta
O Oroso TM vén de conseguir unha prata e dous bronces no Torneo de A Estrada, celebrado o pasado 14 de xullo e no que participaron máis de 120 xogadores/as de España e Portugal. Así, Martín Fernández proclamouse subcampión do torneo na modali-
temporada. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Cultura, Manuel Ferreiro Marzoa, entregáronlles un agasallo a todos os xogadores do equipo, así como aos integrantes da directiva encabezada por Manuel Gómez.
dade infantil. En alevíns, Esteban Rodríguez conseguía un meritorio bronce, tras perder na semifinal contra o campión. Finalmente, o prebenxamín Sasha Malov conseguía o terceiro posto, mentres que o seu compañeiro Nico Otero acadaba un meritorio sexto posto.
21
CRÓNICAS - Xullo 2019
DEPORTES ATLETISMO A Federación Galega foi a gran dominadora deste campionato, desputado en Valladolid
Juan José Álvarez e Rocío Alvite gañan a décima carreira pedestre Tordoia in essence Juan José Álvarez Cures, do Club Atletismo O Pino, e Rocío Alvite Ferreiro, do Club Atletismo Vermú Petroni, gañaron a décima carreira popular pedrestre “Tordoia in essence”, na que participaron case 250 persoas. A nivel local, os primeiros clasificados foron Damián Baleato Calviño e Chus Orgeira Rey. O atleta de Carballo completou os 6,8 km da proba nun tempo de 23 minutos e 35 segundos, sacándolle 9 segundos ao segundo clasificado, Iván Abeledo Varela, e ao terceiro, Amador Pena Torreira, todos eles do Club Atletismo O Pino. Na categoría feminina, Rocío Alvite estivo acompañada no podio por Cristina Loeda Soto e por Natalia Rivas Suárez. Paralelamente á carreira tivo lugar a cuarta andaina popular, que reuniu a case sesenta persoas. Así mesmo, a Cruz Vermella de Ordes estivo recollendo material escolar doado tanto polos asistentes como polos participantes en ambos eventos deportivos.
22
CRÓNICAS - Xullo 2019
DEPORTES ATLETISMO
Abertas as inscricións na IX Carreira Popular Concello de Mesía O Concello de Mesía ten aberto o prazo de inscrición na IX Carreira Popular Concello de Mesía, que terá lugar o vindeiro 3 de agosto, a partir das 19:00 horas, nas Brañas (Visantoña). As anotacións están abertas ata o vindeiro 1 de agosto na web municipal: www.concellodemesia.gal. A carreira desputarase na tarde do sábado 3 de agosto. Entre as 17:30 e as 18:30 horas poderanse retirar os dorsais para as carreiras. A proba comezará ás 19:00 horas coa Minicarreira Popular Concello de Mesía, de 6 quilómetros de lonxitude, nas categorías senior e veteráns A e B. Cinco minutos despois sairán os corredores da propa principal, que farán un percorrido de 12 quilómetros por un circuito de terra e asfalto.Haberá trofeos aos tres primeiros de cada categoría, aos primeiros da Xeral e tamén á persoa de maior idade. As carreiras base darán comezo ás 20:15 horas, comezando polos cadetes e rematando polos pitufos. Todoso os participantes levarán cadansúa medalla de agasallo.
DEPORTES
Frades convoca o Maratón de Fútbol 7, o Día da Bicicleta e o Campionato de Pádel O Concello de Frades ten aberto o prazo de inscrición en tres actividades deportivas que terán lugar ao longo do mes de agosto. Nos tres casos, as anotacións son totalmente gratuítas e poden formalizarse presencialmente na casa consistorial ou chamando aos teléfonos 981 695 567 ou 981 695 663. O maratón de Fútbol 7 Interparroquial terá lugar o domingo 11 de agosto no campo municipal de Abellá. Haberá trofeos para todas as persoas participantes e o equipo gañador levará unha cea nun restaurante do municipio. E o sábado 31 de agosto terán lugar as outras dúas actividades. A partir das 11:00 horas, a praza de Ponte Carreira será o punto de encontro do Día da Bicicleta, que fará unha ruta polo municipio. E, a partir das 16:00 horas, celebrarase en Papucín o Campionato de Pádel.
PATINAXE Gran actuación das patinadoras ordenses
Un total de 120 participantes no Trofeo Interclubs do CP Galia O pavillón Castelao I acolleu o Trofeo Interclubs convocado polo Club de Patinaxe Galia, no que participaron 120 patinadores e patinadoras. Ademais das locais, tamén participaron os clubs Buxaina (Ferrol), Maxía (A Coruña), Oleiros e Conxuro (Laracha). A participación ordense foi moi destacada, con Julia Viaño (1ª alevín); Andrea Cendal e Xiana do Río (1ª e 3ª en infantil) e Pilar Ferreiro (1ª cadete). A edil de Deportes de Ordes, Ana Soneira, fixo entrega dos trofeos.
DEPORTES
As seleccións galegas elixen a comarca para concentrarse Dúas seleccións galegas escolleron neste mes de xullo a nosa comarca para concentrárense de cara aos compromisos da próxima temporada. Así, a selección galega de fúbol gaélico feminina adestrou no campo de fútbol de Campo (Trazo) para preparar o próximo GAA World Games de Waterford Council, que terá lugar do 28 de xullo ao 1 de agosto en Dublín. Por outra banda, as seleccións galegas benxamín e prebenxamín de tenis de mesa, tanto feminina como masculina, realizaron unha concentración de tecnificación en Oroso, organizada pola Federación Galega de Tenis de Mesa en colaboración co club Oroso TM. Unha concentración dirixida polo seleccionador galego Miguel Rey e polos locais Valeri Malov e Nuria Castro.
CRÓNICAS - Xullo 2019
23
PUBLICIDADE
CRÓNICAS
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes. Edita: Underwood Media, S.L. C/Romero Donallo 26 15706 Santiago. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 26-07-2019. Depósito legal: C 900 - 2013. Director: Javier Carnota. Teléfono: 620 967 549. Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com. Exclusivista publicitaria: Eco publicidad & márketing (www.agenciaeco.es). Álvaro Filgueira. 649 419 415. afilgueira@agenciaeco.es