Análise conxunta de anuncios I

Page 1

ANUNCIO 1: LACTANTE E HAMBURGUESA

1. PRECISA QUE PRODUTO SE PUBLICITA E PARA QUEN (a quen cres que vai dirixido). • •

PRODUTO: hamburguesas de MacDonalds ANUNCIADO PARA: nenos, xuventude e pais (nai que ofrece ó fillo a hamburguesa como alimento bo, rico en propiedades).

2. CAL É O SLOGAN QUE SE ASOCIA NO ANUNCIO AO PRODUCTO? Coméntao. Podemos comentar o LOGOTIPO, colocado nun lugar estratéxico, moi visible e con cores cálidas, impactantes. 3. DETALLA QUE PERSONAXES APARECEN NA LÁMINA OU NO VÍDEO. Tes que ofrecer información sobre: -

os rasgos físicos sentimentos que se mostran status social dos personaxes (clases acomodadas, clase media, clase mediobaixa…) Argumento do anuncio: que fan os personaxes, que historia se conta...

Lactante que amosa unha expresión de placidez e ledicia. O feito de que apareza a hamburguesa substituíndo o peito da nai, transmite tamén a idea de que MacDonalds preocúpase “coma unha nai” da calidade dos alimentos que fabrica. 4. INDICA EN QUE AMBIENTES TRANSCORRE A ACCIÓN: NA CASA, COA FAMILIA, NA NATUREZA, PRACTICANDO DEPORTE, NUNHA REUNIÓN, NUN HOTEL, NUNHA OFICINA... Supostamente nunha tenda MacDonalds, o que lle dá tamén calidez o lugar, como apto tamén para aleitar ao rapaz. 5. IMOS LER A IMAXE OU IMAXES: - Que planos predominan (panorámico, xeral, americano, primeiro plano...) e para que. - Análise das cores (frías, quentes... ) - Emprego da luz (natural, artificial, claridade, escuridade...) Primeiro plano (case de detalle, ao centrar moito a nosa atención nos ollos e sorriso do rapaz), para subliñar a sensación positiva de tomar a hamburguesa. As cores son suaves e a

1


imaxe reflícteos de xeito moi realista. Luz natural. 6. SE HAI MÚSICA, PRECISA SE É CLÁSICA, MODERNA, SE É RELAXANTE OU MOI DINÁMICA... SE TEN LETRA, PODE TER TAMÉN IMPORTANCIA. 7. SULIÑA OS TÓPICOS (TEMAS ) AOS QUE SE FAI REFERENCIA NO ANUNCIO: A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTO-REFINAMIENTO, A VIDA SA, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE 8. FAI O MESMO NO CASO DE QUE APAREZAN ESTEREOTIPOS NO ANUNCIO:

ANUNCIO 2: PATACAS FRITAS MACDONALDS

1. PRECISA QUE PRODUTO SE PUBLICITA E PARA QUEN (a quen cres que vai dirixido). - PRODUTO: patacas fritas de MacDonalds - ANUNCIADO PARA: xuventude (símbolo “rockeiro”)

2. CAL É O SLOGAN QUE SE ASOCIA NO ANUNCIO AO PRODUCTO? Coméntao. Podemos comentar o logotipo, colocado nun lugar estratéxico, moi visible e con cores cálidas, impactantes.

3. DETALLA QUE PERSONAXES APARECEN NA LÁMINA OU NO VÍDEO. Tes que ofrecer información sobre:

a. os trazos físicos b. sentimentos que se mostran c. status social dos personaxes (clases acomodadas, clase media, clase mediobaixa…)

2


d. Argumento do anuncio: que fan os personaxes, que historia se conta... Aparece unha man (masculina), que reproduce a imaxe dunha bolsa de patacas fritas da marca MacDonals (ten o M ben visible na parte anterior aos dedos). Os dedos simulan a imaxe das patacas. Pero cómpre comentar a asociación da imaxe á idea de agresividade e provocación, sentimento moi asociado á xuventude.

4. INDICA EN QUE AMBIENTES TRANSCORRE A ACCIÓN: NA CASA, COA FAMILIA, NA NATUREZA, PRACTICANDO DEPORTE, NUNHA REUNIÓN, NUN HOTEL, NUNHA OFICINA... Non é un dato necesario, pero suponse que se crea un contexto de confianza, cando menos distendido, pois nun ámbito formal, sería unha mensaxe inapropiada.

5. IMOS LER A IMAXE OU IMAXES: - Que planos predominan (panorámico, xeral, americano, primeiro plano...) e para que. - Análise das cores (frías, quentes... ) - Emprego da luz (natural, artificial, claridade, escuridade...) Primeiro plano, centrado na imaxe da man-bolsa. Cores cálidas sobre fondo branco, para dar sensación de forza, para chamar a atención. Moita luminosidade para facer máis clara a mensaxe. 6. SE HAI MÚSICA, PRECISA SE É CLÁSICA, MODERNA, SE É RELAXANTE OU MOI DINÁMICA... SE TEN LETRA, PODE TER TAMÉN IMPORTANCIA. 7. SULIÑA OS TÓPICOS (TEMAS ) AOS QUE SE FAI REFERENCIA NO ANUNCIO: A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTO-REFINAMIENTO, A VIDA SA, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE e tamén a PROVOCACIÓN 8. FAI O MESMO NO CASO DE QUE APAREZAN ESTEREOTIPOS NO ANUNCIO: •

HOME: ESTABLE, VALOROSO, AMANTE DO RISCO (OU PROVOCADOR), CONQUISTADOR, EXECUTIVO…

MULLER: AMA DE CASA, NAI , INFERIOR INTELECTUALMENTE, FERMOSA…

NENOS, ASOCIADOS OS ROLES MASCULINOS.

NENAS, ASOCIADAS OS ROLES FEMININOS.

3


ANUNCIO 3. HAMBURGUESAS MACDONALDS

1.

PRECISA QUE PRODUTO SE PUBLICITA E PARA QUEN (a quen cres que vai dirixido). - PRODUTO: hamburguesas de MacDonalds - ANUNCIADO PARA: xente adulta e formada en materia de alimentación (non é gratuíto que apareza a imaxe dos libros).

2.

CAL É O SLOGAN QUE SE ASOCIA NO ANUNCIO AO PRODUCTO? Coméntao. Podemos comentar o LOGOTIPO, colocado nun lugar estratéxico, moi visible e con cores cálidas, impactantes. O slogan Unha hamburguesa para expertos xoga coa idea dun consumidor formado, entendido en materia alimentaria (a imaxe dos libros e a aparición do termo “expertos” son complementarias).

3.

DETALLA QUE PERSONAXES APARECEN NA LÁMINA OU NO VÍDEO. Tes que ofrecer información sobre: a. os trazos físicos b. sentimentos que se mostran c. status social dos personaxes (clases acomodadas, clase media, clase mediobaixa…) d. Argumento do anuncio: que fan os personaxes, que historia se conta... Só hai tres elementos destacados: o logotipo á dereita, o slogan á esquerda, que apunta cara a xente adulta e formada, e a imaxe superior, complementaria do lema, e que reproduce a imaxe dunha hamburguesa, pero con libros.

4


4.

INDICA EN QUE AMBIENTES TRANSCORRE A ACCIÓN: NA CASA, COA FAMILIA, NA NATUREZA, PRACTICANDO DEPORTE, NUNHA REUNIÓN, NUN HOTEL, NUNHA OFICINA... A imaxe aparece, chea de cor, sobre un fondo negro, que a fai destacar. Parece un lugar frio, moi formal.

5.

IMOS LER A IMAXE OU IMAXES: - Que planos predominan (panorámico, xeral, americano, primeiro plano...) e para que. - Análise das cores (frías, quentes... ) - Emprego da luz (natural, artificial, claridade, escuridade...) Primeiro plano, para que se vexa o lombo dos libros, coas imaxes dos produtos naturais que MacDonalds supostamente usa para facer as súas hamburguesas ; ese primeiro plano fai posible a lectura dos títulos, relacionados cos alimentos (queixo, ensalada, carne...). Cómpre destacar a presenza da cor verde (saúde), do vermello e do amarelo, con forza e relacionados co tomate, co pan, co queixo... O fondo negro dálles unha relevancia especial. 6. SE HAI MÚSICA, PRECISA SE É CLÁSICA, MODERNA, SE É RELAXANTE OU MOI DINÁMICA... SE TEN LETRA, PODE TER TAMÉN IMPORTANCIA. 7. SULIÑA OS TÓPICOS (TEMAS ) AOS QUE SE FAI REFERENCIA NO ANUNCIO: A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTO-REFINAMIENTO, A VIDA SA, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE 8. FAI O MESMO NO CASO DE QUE APAREZAN ESTEREOTIPOS NO ANUNCIO: Non hai

ANUNCIO 4. SEAT LEÓN. 1. PRECISA QUE PRODUTO SE PUBLICITA E PARA QUEN (a quen cres que vai dirixido). - PRODUTO: novo modelo de SEAT LEÓN – ANUNCIADO PARA: familias de xente nova de clase media-alta (fixádevos no entorno)

5


2.

CAL É O SLOGAN QUE SE ASOCIA NO ANUNCIO AO PRODUCTO? Coméntao. Podemos comentar o LOGOTIPO, ao peche do anuncio e o lema Tecnoloxía para gozar, onde se unen as ideas de coche, pracer e modernidade/tecnoloxía...

3. DETALLA QUE PERSONAXES APARECEN NA LÁMINA OU NO VÍDEO. Tes que ofrecer información sobre: -

os rasgos físicos sentimentos que se mostran status social dos personaxes (clases acomodadas, clase media, clase mediobaixa…) Argumento do anuncio: que fan os personaxes, que historia se conta...

Aparece a figura do pai (novo e atractivo) e do fillo (neno duns 6 / 7 anos, amante dos xoguetes relacionados coa modernidade e coa tecnoloxía). O home estrea coche novo e o rapaz baixa velo cun xoguete moi moderno na man. Despois de ver o coche e os seus accesorios tira o xoguete, pois o vehículo é moito mellor. Pertencen a un status social acomodado (casa ben decorada, nunha urbanización, posiblemente, coche novo, ben vestidos, rapaz con habitación propia e moitos xoguetes…). A relación pai-fillo parece moi estreita, o fillo parece admirar ó pai. Non é casual que a nai non apareza por ningures: a tecnoloxía, a modernidade é cousa de homes (mensaxe subliminal). 4. INDICA EN QUE AMBIENTES TRANSCORRE A ACCIÓN: NA CASA, COA FAMILIA, NA NATUREZA, PRACTICANDO DEPORTE, NUNHA REUNIÓN, NUN HOTEL, NUNHA OFICINA... Ambiente doméstico e natureza de fondo: ámbolos dous son contextos moi agradables e con connotacións positivas. A segunda parte do anuncio transcorre dentro do automóbil, para exhibir toda a equipación que trae. 5. IMOS LER A IMAXE OU IMAXES: - Que planos predominan (panorámico, xeral, americano, primeiro plano...) e para que. - Análise das cores (frías, quentes... ) - Emprego da luz (natural, artificial, claridade, escuridade...) Ao comezo aparecen planos panorámicos e xerais, para introducir os ambientes doméstico e natural, pero pouco a pouco van deixando paso aos planos que aproximan máis as figuras humanas ao espectador. Aparecen primeiros planos de equipacións importantes do coche e das expresións de sorpresa ou alegría de pai e fillo. Predominan as cores suaves e naturais. Cómpre destacar o uso da cor branca no modelo de coche (moi destacada sobre negros e grises ao pasar un túnel). O branco é moi usado en publicidade para amosar seriedade, perfección.

6


6. SE HAI MÚSICA, PRECISA SE É CLÁSICA, MODERNA, SE É RELAXANTE OU MOI DINÁMICA... SE TEN LETRA, PODE TER TAMÉN IMPORTANCIA. Ten, inicialmente, resonancias FUTURISTAS (idea de que este coche é moi moderno), empeza con volume máis baixo, que vai subindo a medida que avanza o anuncio e que o rapaz descobre a grandeza do automóbil. 7. SULIÑA OS TÓPICOS (TEMAS ) AOS QUE SE FAI REFERENCIA NO ANUNCIO: A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTO-REFINAMIENTO, A VIDA SA, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE 8. FAI O MESMO NO CASO DE QUE APAREZAN ESTEREOTIPOS NO ANUNCIO: – HOME: ESTABLE, VALOROSO, AMANTE DO RISCO, CONQUISTADOR, EXECUTIVO, neste caso, o dono e conductor dun coche moderno... - MULLER: AMA DE CASA, NAI , INFERIOR INTELECTUALMENTE, FERMOSA… - NENOS, ASOCIADOS OS ROLES MASCULINOS. - NENAS, ASOCIADAS OS ROLES FEMININOS.

ANUNCIO 5 : COCA-COLA 1. PRECISA QUE PRODUTO SE PUBLICITA E PARA QUEN (a quen cres que vai dirixido). - PRODUTO: a bebida Coca-Cola - ANUNCIADO PARA: toda a poboación, de diferentes idades, razas e culturas. 2.

CAL É O SLOGAN QUE SE ASOCIA NO ANUNCIO AO PRODUCTO? Coméntao. Podemos comentar o LOGOTIPO (presente, como non podía ser doutro xeito, mesmo no medio do anuncio), e o lema final (Miremos o novo ano con positividade), que fai uso da primeira persoa do plural na que se inclúe o receptor. O feito de que una a idea de ano novo á bebida de Coca-cola, dálle unha connotación positiva ao refresco, como se fose algo que entra dentro dos propósitos que nos facemos ó comezar o ano. O termo POSITIVIDADE, parece evocar a idea de crise, que está de fondo. O consumo de Coca-Cola preséntase como un estímulo positivo neste contexto.

6. DETALLA QUE PERSONAXES APARECEN NA LÁMINA OU NO VÍDEO. Tes que ofrecer información sobre: -

os trazos físicos sentimentos que se mostran status social dos personaxes (clases acomodadas, clase media, clase mediobaixa…) Argumento do anuncio: que fan os personaxes, que historia se conta...

7


De todas as idades e de diferentes culturas e razas (importante porque aí está parte da mensaxe subliminal: todos poden –e deben- consumir Coca-Cola) e de clases medias e mesmo baixas. Entre todos eles debúxanse escenas de amizade, de cariño... O texto que se superpón ás imaxes é tamén moi importante, en tanto que os adxectivos buscan a sorpresa en quen le a mensaxe, e resulta ser unha sorpresa agradable. 7. INDICA EN QUE AMBIENTES TRANSCORRE A ACCIÓN: NA CASA, COA FAMILIA, NA NATUREZA, PRACTICANDO DEPORTE, NUNHA REUNIÓN, NUN HOTEL, NUNHA OFICINA... Ambientes públicos e moi variados. Búscase mostrar a interacción social positiva (xente que se axuda, que se bica, que actúa para os demais...) ligada á Coca-cola. 8. IMOS LER A IMAXE OU IMAXES: – Que planos predominan (panorámico, xeral, americano, primeiro plano...) e para que. – Análise das cores (frías, quentes... ) – Emprego da luz (natural, artificial, claridade, escuridade...) Fundamentalmente son planos xerais: diremos que pode tratarse de vídeos de youtube, baixados da rede para compoñer o anuncio. O feito de usar algo tan moderno como os vídeos na rede, engade a nota de modernidade ao consumo da bebida. Moi salientable resulta a composición final de todos os vídeos, que parece incidir na idea – moi moderna - de moitas veces e en moitos sitios, aplicable tamén ó refresco. 6. SE HAI MÚSICA, PRECISA SE É CLÁSICA, MODERNA, SE É RELAXANTE OU MOI DINÁMICA... SE TEN LETRA, PODE TER TAMÉN IMPORTANCIA. A canción de fondo é de Supertramp e titúlase Give a little bit (Dame un pouco de felicidade), moi apropiada no contexto de crise e supón unha connotación positiva máis para a bebida). 7. SULIÑA OS TÓPICOS (TEMAS ) AOS QUE SE FAI REFERENCIA NO ANUNCIO: A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTO-REFINAMIENTO, A VIDA SA, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE, A AMIZADE 8. FAI O MESMO NO CASO DE QUE APAREZAN ESTEREOTIPOS NO ANUNCIO: Non hai

8


ANUNCIO 6: PIZZA TARRADELLAS 1. PRECISA QUE PRODUTO SE PUBLICITA E PARA QUEN (a quen cres que vai dirixido). – PRODUTO: pizza, que se pretende vender como algo natural – ANUNCIADO PARA: todo o espectro de idades (nenos, adultos e maiores) 2.

CAL É O SLOGAN QUE SE ASOCIA NO ANUNCIO AO PRODUCTO? Coméntao. Podemos comentar o logotipo presente en varias partes do anuncio

3. DETALLA QUE PERSONAXES APARECEN NA LÁMINA OU NO VÍDEO. Tes que ofrecer información sobre: -

os trazos físicos sentimentos que se mostran status social dos personaxes (clases acomodadas, clase media, clase mediobaixa…) Argumento do anuncio: que fan os personaxes, que historia se conta...

Personaxes: aparece unha familia, coa nai, tres fillos e os avós, que viven no campo. A nai deixa os rapaces cos avós porque non consegue facer todo o traballo. Os rapaces quedan de mala gana, sobre todo o rapaz adolescente, que despois estará contento, pois entretense moito máis no campo que na cidade. Cando a nai os vén buscar, o rapaz entrégalle unha motocicleta que reparou co seu avó e que foi dela. Finalmente, ela regálalla. Para celebrar tanta felicidade “cociñan” pizza Tarradellas e cómena todos xuntos. Aparece a nai de familia, incorporada ao mundo laboral, que recorre aos pais (avós) para conciliar vida laboral e familiar. Todo apunta á clase media. As relacións destacables son as de tensión entre fillo adolescente/nai e , ao final, destaca a harmonía familiar (á que aparece ligado o produto publicitado). 4. INDICA EN QUE AMBIENTES TRANSCORRE A ACCIÓN: NA CASA, COA FAMILIA, NA NATUREZA, PRACTICANDO DEPORTE, NUNHA REUNIÓN, NUN HOTEL, NUNHA OFICINA... Ambiente rural e familiar: a natureza aparece de fondo varias veces. É máis, aparecen elementos como o trigo, as vacas... relacionados coas materias primas da pizza. Dáse a idea de que a natureza, por un lado, proporciona saúde e, por outro, resolve todos os problemas (idea que reforza a imaxe positiva do produto). O feito de asociar o produto á familia con boa relación, reforza aínda máis o seu carácter positivo. Cómpre destacar, de todos os xeitos, que aparece o produto envasado; preténdesenos vender que se fai de maneira natural (vense os personaxes facendo a pizza), pero tamén vemos como sacan do frigorífico a Pizza Tarradellas envasada. 5. IMOS LER A IMAXE OU IMAXES: - Que planos predominan (panorámico, xeral, americano, primeiro plano...) e para que. - Análise das cores (frías, quentes... )

9


- Emprego da luz (natural, artificial, claridade, escuridade...) Xógase cos planos panorámicos (para recoller a todos os personaxes que participan no anuncio no mesmo plano), pero tamén aparecen os planos con imaxes máis próximas, para concretar detalles importantes na evolución do argumento. Cores suaves: o verde da natureza é rechamante; tamén o é a cor da motocicleta, cálida e que subliña o carácter importante deste elemento no argumento do anuncio. Luz natural: maior sensación de realidade. 6. SE HAI MÚSICA, PRECISA SE É CLÁSICA, MODERNA, SE É RELAXANTE OU MOI DINÁMICA... SE TEN LETRA, PODE TER TAMÉN IMPORTANCIA. Moi dinámica e alegre. 7. SULIÑA OS TÓPICOS (TEMAS ) AOS QUE SE FAI REFERENCIA NO ANUNCIO: A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTO-REFINAMIENTO, A VIDA SA, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE 8. FAI O MESMO NO CASO DE QUE APAREZAN ESTEREOTIPOS NO ANUNCIO: HOME: O avó é, co rapaz, o que arranxa a motocicleta (é o que domina a tecnoloxía), quen conduce a maquinaria agrícola, quen aparece cun libro nas mans (máis culto) MULLER: a avoa é a que cociña, a nai dos rapaces é máis nova (pero adem ais de traballar, conducir, encargarse de “colocar” aos nenos, tamén cociña). NENOS, ASOCIADOS OS ROLES MASCULINOS NENAS, ASOCIADAS OS ROLES FEMININOS

ANUNCIO 7: TWUENTI MÓVIL 1. PRECISA QUE PRODUTO SE PUBLICITA E PARA QUEN (a quen cres que vai dirixido). – –

PRODUTO: Tuenti para móbiles ANUNCIADO PARA: mozos e mozas

2. CAL É O SLOGAN QUE SE ASOCIA NO ANUNCIO AO PRODUCTO? Coméntao. Se a túa vida mídese en Xigas este é o teu operador de móbil.

10


Cómpre ser moi crítico co slogan, en tanto que se reduce a vida do mozo ou adolescente ao campo tecnolóxico, informático e das telecomunicacións (vida medida en xigas…): onde quedan os sentimentos, o lado humano dos mozos? 3. DETALLA QUE PERSONAXES APARECEN NA LÁMINA OU NO VÍDEO. Tes que ofrecer información sobre: -

os trazos físicos sentimentos que se mostran status social dos personaxes (clases acomodadas, clase media, clase mediobaixa…) Argumento do anuncio: que fan os personaxes, que historia se conta...

Personaxes: todos novos, con predominio de mozas, aínda que tamén hai algún mozo. Aparece unha imaxe moi frívola da xuventude: mozas pintándose, bailando, bicándose medio adormecidos (quizais despois de beber e bailar pola noite), mesmo fóra de control. Asóciase a posesión de Tuenti no móbil a esa xuventude que sae de noite ata altas horas, frívola e medio tola no seu comportamento. O trazo físico máis destacado é a boca e os beizos, probablemente asociados á actividade da comunicación. Pero como Tuenti suple o emprego deste instrumento de expresión, entón pasa a ter outras funcións, claramente sensuais (bicar, por exemplo).

4. INDICA EN QUE AMBIENTES TRANSCORRE A ACCIÓN: NA CASA, COA FAMILIA, NA NATUREZA, PRACTICANDO DEPORTE, NUNHA REUNIÓN, NUN HOTEL, NUNHA OFICINA... Predomina a noite e a cuadrilla, auténticos reclamos para o público adolescente e dos mozos. Hai algunhas imaxes que suceden na rúa e en ambientes de discoteca. Tamén aparece a cama, para amosar a idea da rapaza que se levanta moi cansa despois da noite de festa, na que, por suposto, usou o seu móbil. 5. IMOS LER A IMAXE OU IMAXES: – –

Que planos predominan (panorámico, xeral, americano, primeiro plano...) para que. Análise das cores (frías, quentes... ) Emprego da luz (natural, artificial, claridade, escuridade...)

e

Abunda o plano medio. E importante algún picado, que nos fai cómplices do que se ve na imaxe, ao velo dende arriba. Resulta moi interesante a rápida sucesión de imaxes, moi propia dos adiantos tecnolóxicos. Asóciase á rapidez e inmediatez do produto que se publicita. Importa o negro da noite, e a roupa branca da cama, para amosar que xa é día. Moi rechamantes son as cores dos beizos das mozas: úsanse tons cálidos, moi rechamantes, para amosar como na noite as rapazas buscan chamar a atención dos mozos.

11


6.

SE HAI MÚSICA, PRECISA SE É CLÁSICA, MODERNA, SE É RELAXANTE OU MOI DINÁMICA... SE TEN LETRA, PODE TER TAMÉN IMPORTANCIA. Moi dinámica e mecánica. Acompáñase de letra, que introduce termos latinoamericanos e ingleses (non hai fronteiras para a telecomunicación), e que está posta en boca dunha muller (reclamo indiscutiblemente sexista, se temos en conta que a maior parte dos personaxes do anuncio son mozas).

7. SULIÑA OS TÓPICOS (TEMAS ) AOS QUE SE FAI REFERENCIA NO ANUNCIO: A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTO-REFINAMIENTO, A VIDA SA, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE 8. FAI O MESMO NO CASO DE QUE APAREZAN ESTEREOTIPOS NO ANUNCIO: MULLER: é a que busca ao home na noite, ela é a que se maquilla, a que se arranxa. HOMES: aparecen, pero en menor cantidade, cunha imaxe moita máis natural e sinxela e moito máis pasivos.

ANUNCIO 8: AXE PARA HOMES (ARCA DE NOÉ) 1. PRECISA QUE PRODUTO SE PUBLICITA E PARA QUEN (a quen cres que vai dirixido). - PRODUTO: desodorizante AXE - ANUNCIADO PARA: mozos 2. CAL É O SLOGAN QUE SE ASOCIA NO ANUNCIO AO PRODUCTO? Coméntao. Feliz fin do mundo: aparece ao remate, cando todas as mozas van entrar na arca co mozo. Antes aparece xa nalgunhas imaxes o produto anunciado. 3. DETALLA QUE PERSONAXES APARECEN NA LÁMINA OU NO VÍDEO. Tes que ofrecer información sobre: -

os trazos físicos sentimentos que se mostran status social dos personaxes (clases acomodadas, clase media, clase mediobaixa…) Argumento do anuncio: que fan os personaxes, que historia se conta...

Personaxes: todos novos. O PROTAGONISTA É UN MOZO (con barba, atributo que serve para conectalo coa figura bíblica de Noé), observador e que ten bo dominio das tarefas de deseño e construción (é el quen fai a arca e todos os “mobles” que hai dentro). Acompáñao o can (mellor amigo do home) e come unha mazá (conexión tamén bíblica?). O seu aspecto é sinxelo, pero cando bota AXE sobre o seu corpo empezan a aparecer moitas mozas (todas responden ó mesmo estereotipo:

12


delgadas, altas, louras, morenas, unhas co cabelo longo, outras lévano curto, pero todas son fermosas...) que acoden, como hipnotizadas, á arca. Non poden resistir a atracción que el e o desodorizante exercen sobre elas. 4. INDICA EN QUE AMBIENTES TRANSCORRE A ACCIÓN: NA CASA, COA FAMILIA, NA NATUREZA, PRACTICANDO DEPORTE, NUNHA REUNIÓN, NUN HOTEL, NUNHA OFICINA... A acción sucede nun espazo aberto: natureza, paisaxe tormentoso e árido, en consonancia co fin do mundo. En contraste, aparece o interior da arca, en madeira e con moitos aparellos de deporte. 5.

IMOS LER A IMAXE OU IMAXES: - Que planos predominan (panorámico, xeral, americano, primeiro plano...) e para que. - Análise das cores (frías, quentes... )  Emprego da luz (natural, artificial, claridade, escuridade...) Planos xerais e planos de detalle (estes últimos moi significativos: rostro do mozo, partes moi concretas das mozas...) Cores moi naturais, luz que preludia a fin do mundo, cun progresivo oscurecemento do ceo.

6. SE HAI MÚSICA, PRECISA SE É CLÁSICA, MODERNA, SE É RELAXANTE OU MOI DINÁMICA... SE TEN LETRA, PODE TER TAMÉN IMPORTANCIA. Música con certo ritmo “primitivo”

7. SULIÑA OS TÓPICOS (TEMAS ) AOS QUE SE FAI REFERENCIA NO ANUNCIO: A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTO-REFINAMIENTO, A VIDA SA, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE

8. FAI O MESMO NO CASO DE QUE APAREZAN ESTEREOTIPOS NO ANUNCIO: MULLER: SEN VONTADE, como hipnotizada polo desodorizante. HOME: DOMINADOR, por posuír o desodorizante AXE, que atrae irremisiblemente a todas as mozas.

13


ANUNCIO 9: AXE PARA MULLERES 1. PRECISA QUE PRODUTO SE PUBLICITA E PARA QUEN (a quen cres que vai dirixido). - PRODUTO: desodorizante AXE - ANUNCIADO PARA: mozas 2. CAL É O SLOGAN QUE SE ASOCIA NO ANUNCIO AO PRODUCTO? Coméntao. Desata o caos: novo AXE para muller

3. DETALLA QUE PERSONAXES APARECEN NA LÁMINA OU NO VÍDEO. Tes que ofrecer información sobre: -

os trazos físicos sentimentos que se mostran status social dos personaxes (clases acomodadas, clase media, clase mediobaixa…) Argumento do anuncio: que fan os personaxes, que historia se conta...

Personaxes: todos novos. Protagonistas: mozos e mozas, pero son as mulleres as que levan a batuta, en tanto que eles quedan irresistiblemente atraídos polas mozas, que desatan o caos na cidade co seu olor (a AXE, obviamente). É importante o xesto duns e doutros. Aparecen mozas en distintas situacións, pero o efecto sobre a poboación masculina é sempre o mesmo. Ao remate aparece un pintor, que pretende reflectir a realidade: automaticamente aparecen as imaxes do desodorizante AXE no horizonte, transmitindo a idea de que ese produto forma parte indispensable tamén da realidade que o pintor vai reflectir no lenzo. 4. INDICA EN QUE AMBIENTES TRANSCORRE A ACCIÓN: NA CASA, COA FAMILIA, NA NATUREZA, PRACTICANDO DEPORTE, NUNHA REUNIÓN, NUN HOTEL, NUNHA OFICINA... Ambiente urbano e espazos exteriores onde se producen situacións caóticas por mor do efecto do desodorizante. 5. IMOS LER A IMAXE OU IMAXES: - Que planos predominan (panorámico, xeral, americano, primeiro plano...) e para que. - Análise das cores (frías, quentes... )  Emprego da luz (natural, artificial, claridade, escuridade...) Planos xerais e primeiros planos; estes últimos úsanse para amosar as caras de mozos e mozas atraídos irresistiblemente ou para amosar efectos concretos do poder do produto anunciado (moto, choque de automóbiles...)

14


A cor máis destacada é o vermello, ligado à paixón, à atracción sexual (o lume que aparece ao remate do anuncio conecta simbolicamente con esta idea).

6. SE HAI MÚSICA, PRECISA SE É CLÁSICA, MODERNA, SE É RELAXANTE OU MOI DINÁMICA... SE TEN LETRA, PODE TER TAMÉN IMPORTANCIA. Música moi dinámica, moi ligada à diversión, mesmo ao cabaré.

7. SULIÑA OS TÓPICOS (TEMAS ) AOS QUE SE FAI REFERENCIA NO ANUNCIO: A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTO-REFINAMIENTO, A VIDA SA, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE 8. FAI O MESMO NO CASO DE QUE APAREZAN ESTEREOTIPOS NO ANUNCIO: HOME : sen vontade, como hipnotizado polo desodorizante. MULLER : dominadora por posuír o desodorizante AXE, que atrae irremisiblemente a todos os mozos.

ANUNCIO 10: IPAD AIR 1. PRECISA QUE PRODUTO SE PUBLICITA E PARA QUEN (a quen cres que vai dirixido). - PRODUTO: Ipad Air - ANUNCIADO PARA: Adultos 2. CAL É O SLOGAN QUE SE ASOCIA NO ANUNCIO AO PRODUCTO? Coméntao. É un instrumento moi simple pero tamén moi poderoso

3. DETALLA QUE PERSONAXES APARECEN NA LÁMINA OU NO VÍDEO. Tes que ofrecer información sobre: -

os trazos físicos sentimentos que se mostran status social dos personaxes (clases acomodadas, clase media, clase mediobaixa…) Argumento do anuncio: que fan os personaxes, que historia se conta...

Personaxes: adultos e profesionais. Protagonistas: adultos asociados a carreiras profesionais de alta formación académica: músicos, profesores, persoas de negocios, traballadores asociados á investigación, á alta costura, á alta tecnoloxía. O espectro ao que vai dirixido este anuncio é a persoas de alto nivel cultural.

15


4. INDICA EN QUE AMBIENTES TRANSCORRE A ACCIÓN: NA CASA, COA FAMILIA, NA NATUREZA, PRACTICANDO DEPORTE, NUNHA REUNIÓN, NUN HOTEL, NUNHA OFICINA... Espazos de traballo e investigación, espazos de coñecemento... pechados e abertos, estes últimos pola súa posibilidade de conectividade. Fogar, despacho-biblioteca, salón con instrumentos musicais clásicos e tradicionais, despacho profesional, taller de alta costura, laboratorio, tenda de campaña na selva, aula oriental (orde, uniformidade, disciplina de traballo), centro espacial, volta ao fogar. Fai sempre referencia ao traballo, nunca ao ocio. O lapis parece estar colocado nun altar ao longo de todo o anuncio. 5. IMOS LER A IMAXE OU IMAXES: - Que planos predominan (panorámico, xeral, americano, primeiro plano...) e para que. - Análise das cores (frías, quentes... )  Emprego da luz (natural, artificial, claridade, escuridade...) Fai un xogo continuo, ao longo de todo o anuncio, dende o plano xeral ao plano medio; unicamente utilízase o plano curto ao chegar ao final do anuncio para desvelar o produto agochado detrás do lapis. Xoga co contraste entre o lapis con goma, elemento tradicional que permite corrixir e modificar o xa feito, e o aparello tecnolóxico. Utiliza tanto cores frías coma quentes; en varias ocasións bota man do branco asociado à modernidade e o progreso tecnolóxico (laboratorio, fogar moderno...), emprega tamén outras cores que indican a versatilidade do aparello para distintas labores e distintos ambientes. Respecto da luz, utiliza tanto a luz natural (día e noite) como artificial, o que reforza novamente a idea da versatilidade do Ipad. 6. SE HAI MÚSICA, PRECISA SE É CLÁSICA, MODERNA, SE É RELAXANTE OU MOI DINÁMICA... SE TEN LETRA, PODE TER TAMÉN IMPORTANCIA. Música tranquila, relaxante, melódica, acorde coa estado de concentración que esixe o traballo con ese obxecto. Utilización dunha voz en off grave, nada estridente, con moi boa dicción (destinada tamén a un público friki que identifica esa voz coma a do protagonista da serie de culto Breaking Bad, profesor, químico con ampla cultura).

7. SULIÑA OS TÓPICOS (TEMAS ) AOS QUE SE FAI REFERENCIA NO ANUNCIO: A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTO-REFINAMENTO, A VIDA SA, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE 8. FAI O MESMO NO CASO DE QUE APAREZAN ESTEREOTIPOS NO ANUNCIO: Non hai. Faise un uso coidado da distribución de personaxes masculinos e femininos, e, de feito, a man que aparece ao final, aínda sendo masculina, é unha man delicada.

16


ANUNCIO 11: ACIERTO.COM 1. PRECISA QUE PRODUTO SE PUBLICITA E PARA QUEN (a quen cres que vai dirixido). - PRODUTO: Comparador de seguros - ANUNCIADO PARA: Adultos masculinos 2. CAL É O SLOGAN QUE SE ASOCIA NO ANUNCIO AO PRODUCTO? Coméntao. Error... acerto 3. DETALLA QUE PERSONAXES APARECEN NA LÁMINA OU NO VÍDEO. Tes que ofrecer información sobre: -

os trazos físicos sentimentos que se mostran status social dos personaxes (clases acomodadas, clase media, clase mediobaixa…) Argumento do anuncio: que fan os personaxes, que historia se conta...

Personaxes: dous adultos, home e muller Protagonistas: un home situado inicialmente cociñando, feito do que se da unha visión ridiculizante (xestos e voz). Aparece tamén unha muller sen capacidade de decisión, simple transmisora da mensaxe sobre a que hai que tomar unha decisión. 4. INDICA EN QUE AMBIENTES TRANSCORRE A ACCIÓN: NA CASA, COA FAMILIA, NA NATUREZA, PRACTICANDO DEPORTE, NUNHA REUNIÓN, NUN HOTEL, NUNHA OFICINA... Transcorre no fogar, inicialmente na cociña, onde se ridiculiza a figura do “amo de casa” (a decisión errónea de renovar o anterior seguro tómase na cociña e o golpe indica os riscos desa decisión irreflexiva). Automaticamente, cando o home ten que decidir, e polo tanto, pensar fáino nun salón ordenado, con libros (cultura). 5. IMOS LER A IMAXE OU IMAXES: - Que planos predominan (panorámico, xeral, americano, primeiro plano...) e para que. - Análise das cores (frías, quentes... )  Emprego da luz (natural, artificial, claridade, escuridade...) Predominan os planos medios, salvo para presentar a imaxe do puño e do produto. O vermello é a cor utilizada (mandil de quen elixe e cor asociada ao produto anunciado). A luz é máis cálida no salón, como invitando á reflexión.

17


6. SE HAI MÚSICA, PRECISA SE É CLÁSICA, MODERNA, SE É RELAXANTE OU MOI DINÁMICA... SE TEN LETRA, PODE TER TAMÉN IMPORTANCIA. Non hai música. Destaca a estridencia do golpe e das voces.

7. SULIÑA OS TÓPICOS (TEMAS ) AOS QUE SE FAI REFERENCIA NO ANUNCIO: A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTO-REFINAMENTO, A VIDA SA, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE 8. FAI O MESMO NO CASO DE QUE APAREZAN ESTEREOTIPOS NO ANUNCIO: MULLER: SEN VONTADE, MEMBRO PASIVO DA FAMILIA HOME: DOMINADOR, por posuír a capacidade de decisión. Mentres está na cociña semella un home ridículo, colaborador nas tarefas do fogar pero traballador fóra da casa (garabata).

ANUNCIO 12: LA TREFLE 1. PRECISA QUE PRODUTO SE PUBLICITA E PARA QUEN (a quen cres que vai dirixido). - PRODUTO: papel hixiénico Le trèfle - ANUNCIADO PARA: toda a familia, pero sobre todo para aquel que pensa que os soportes tecnolóxicos poden substituír en calquera ámbito da realidade ó papel. 2. CAL É O SLOGAN QUE SE ASOCIA NO ANUNCIO AO PRODUCTO? Coméntao.

Paper has a great future Le Tréfle with extra paper Non deixa de ser curioso que o slogan apareza en inglés (lingua franca na comunidade europea), tratándose dun anuncio publicitado en Francia. Aparece a imaxe dun trevo de tres follas, como o papel. 3. QUE PERSONAXES APARECEN NA LÁMINA OU NO VÍDEO. Tes que ofrecer información sobre:

-

os trazos físicos - sentimentos que se mostran

18


- status social dos personaxes (clases acomodadas, clase media, clase mediobaixa…) - Argumento do anuncio: que fan os personaxes, que historia se conta... parella.

Personaxes: a familia, pero ocupan todas as escenas o home e a muller que compoñen a

Protagonistas: home e muller. Son novos; todo indica que el traballa fóra da casa (e vai vestido con traxe). Ela ocúpase das tarefas dos fillos, das notas da compra... pero tamén parece facer algún traballo alleo ás tarefas cotiás da casa: vémola imprimindo textos nun despacho. Parece que pertencen á clase media (decoración do fogar e vestimenta). El, en reiteradas ocasións, lle presenta á muller, con certa superioridade e sorna as vantaxes do aparello tecnolóxico sobre o papel: – tarefa de debuxar cos nenos – notas para a compra – pasatempos – lectura de libro como tarefa de lecer... Pero o golpe de efecto do anuncio está ao remate, cando o home está no baño e necesita o papel hixiénico: a muller introdúcelle a tablet por debaixo da porta. A mensaxe está clara: hai situacións nas que o papel é insubstituíbel. 4. INDICA EN QUE AMBIENTES TRANSCORRE A ACCIÓN: NA CASA, COA FAMILIA, NA NATUREZA, PRACTICANDO DEPORTE, NUNHA REUNIÓN, NUN HOTEL, NUNHA OFICINA... Ambiente familiar: as escenas sucédense en diferentes lugares da casa, onde se pode utilizar de maneira vantaxosa o aparello tecnolóxico: na cociña, no salón, no despacho, na cama para ler... Salvo cando se chega ó baño... 5. IMOS LER A IMAXE OU IMAXES: - Que planos predominan (panorámico, xeral, americano, primeiro plano...) e para que. - Análise das cores (frías, quentes... ) - Emprego da luz (natural, artificial, claridade, escuridade...) Abundan os planos medios que recollen as figuras do home e da muller detallando as súas accións: ler, facer pasatempos. Hai un plano xeral no momento em que ela está no despacho, para deixar claro o que está facendo. Destacan, por riba dos demais, os primeiros planos do obxecto, na escena dos pasatempos e na escena final do baño. Tamén aparece en primeiro plano o produto anunciado, na imaxe final do anuncio. As cores son suaves, tanto nos decorados como na indumentaria dos actores. Destaca a luz interior e artificial, dado que o produto anunciado ten moita relevancia no fogar, na intimidade... Finalmente aparece o produto cun branco rechamante sobre negro ou sobre azul (natureza, materia prima do papel), para destacalo ante os ollos do espectador.

19


6. SE HAI MÚSICA, PRECISA SE É CLÁSICA, MODERNA, SE É RELAXANTE OU MOI DINÁMICA... SE TEN LETRA, PODE TER TAMÉN IMPORTANCIA. Música ao longo de todo o anuncio: divertida, recorda à comedia.

7. SULIÑA OS TÓPICOS (TEMAS ) AOS QUE SE FAI REFERENCIA NO ANUNCIO: A ORIXINALIDADE vs A TRADICIÓN , A LIBERDADE, O BON GUSTO-REFINAMIENTO, A VIDA SANA, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE 8. FAI O MESMO NO CASO DE QUE APAREZAN ESTEREOTIPOS NO ANUNCIO: A maior parte do anuncio está construída arredor dos estereotipos: HOME: INTELIXENCIA, HABILIDADES TECNOLÓXICAS, TRABALLADOR FÓRA DO FOGAR... MULLER: PASIVA, HABILIDADES MANUAIS, ENCARGADA DAS TAREFAS DO FOGAR E DOS FILLOS... Aínda así, na parte final do anuncio, a muller demostra que tamén sabe facer un uso máis que intelixente das tecnoloxías (e do humor); vese tamén que o home, tan moderno, ten, en determinadas situacións, que botar man do tradicional (neste caso, o papel).

20


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.