Concello de Curtis O concello atópase no centro de Galicia, nunha superficie chá, no límite da provincia da Coruña e forma parte, xunto con outros dez concellos, da comarca de Betanzos. Situado a 51km da Coruña e de Santiago. Podemos chegar ao concello en tren desde a Coruña, porque hai estacións tanto en Curtis como en Teixeiro.
Neste concello podes visitar moitas igrexas como a Nosa Sra dos Remedios de Teixeiro e a igrexa de Santaia.
E, igualmente, podemos disfrutar dos cruceiros que hai no concello: o Cruceiro do Crucifixo, o Cruceiro de Cruz na Igrexa da Nosa Sra dos Remedios, etc.
Tamén, celébranse festas como: a festa do cogumelo, a festa das flores, a festa na honra de Santa Eulalia, a festa da xunventude en Teixeiro, a festa na honra da Virxe do Pilar en Paradela, etc.
VEN VISITAR CURTIS E TEIXEIRO!!!