O concello de Padrón Padrón está situado ó sur da provincia da Coruña, entre os ríos Sar e Ulla no límite con Pontevedra, a 36 km. desta cidade; a 80 km. de A Coruña e tamén a 21 km. de Santiago de Compostela. Pódese chegar en tren ou por estrada. En Padrón pódese visitar o Pedrón, que é unha pedra da que se asegura que serviu para atar a barca que trasladou ó Apostolo Santiago morto. Entre outros lugares, podes visitar: O Convento do Carmen, a Igrexa de Santiago, a Colexiata de Iria Flavia, o Santuario da Escravitude, a Hermida de Santiago do Monte, a fonte do Carmen, o palacio do obispo Quinto, a Fundación Cela, a Casa Museo de
Rosalía de Castro e o Museo de Arte de Iria Flavia.
O máis destacado da súa gastronomía son os pementos de Padrón e a lamprea.
As festas de Padrón son entre outras; Enduro de resistencia (carreira de trial), a Concentración moteira motoclub, a Feira Medieval, a Festa do pemento, a Ruta cabalar e a Ruta internacional de motos antigas e... moitas máis.
VISITADE PADRÓN !