Os blogs e o seu uso en educaci贸n
P谩x.1
Os blogs e o seu uso en educaci贸n
Os blogs e o seu uso en educación
Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 España
Realizado por: ○ ○
José Sánchez Rodríguez (Universidade de Málaga) josesanchez@uma.es Julio Ruiz Palmero (Universidade de Málaga) julioruiz@uma.es
Vostede é libre de: • •
copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra facer obras derivadas
Baixo as condicións seguintes:
Recoñecemento - Non comercial - Compartir igual: O material creado por un artista pode ser distribuído, copiado e exhibido por terceiros si se mostra nos créditos. Non se pode obter ningún beneficio comercial e as obras derivadas teñen que estar baixo os mesmos termos de licencia que o traballo orixinal.
Adaptación e tradución ao galego: Bicao
Páx.2
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.3
Capítulo 1: Blog en Blogger. Crear unha conta en Gmail Índice de contido 1.- Definición e características dos blogs 2.- Os blogues en educación: Edublog 2.1. - Como utilizar un blog nunha actividade formativa 3.- Creación dun blog 3.1. - Aplicacións e sitios web 4.- Blogger. Crear conta en Gmail
1.- Definición e características dos blogs Unha das definicións máis aproximadas a esta aplicación podémola encontrar en Galipedia. Defíneo como: “Un Weblog (do inglés web+log), bitácora ou blog é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line” Un dos aspectos que o fai atractivo ao gran público é a súa interactividade, engadida á gran facilidade de uso que ten, xa que permite que as persoas que visitan o blogue opinen sobre a noticia ou opinión dada. Ademais, podemos citar algunha das características ou vantaxes técnicas que posúen os blogs: • •
• • •
• •
Acceso desde calquera lugar. Basta con ter conexión a Internet. Clasificación dos contidos en categorías. Para clasificar as noticias nun blogue pódeas agrupar por categorías que ti mesmo podes crear e así facilitar a navegación dos usuarios que accedan. Enlazar un blogue con outros. Os blogs permítennos poñer unha lista con blogs que ti visites periodicamente ou que teñan a mesma temática que o teu. Moderar os comentarios e así evitar as entradas inapropiadas ou ofensivas. Retroalimentación. Cada noticia xera comentarios que fan reformularse a túa postura, xa que estas entradas posibilitan a achega de distintos puntos de vista. Como vantaxes educativas cómpre destacar: Os usuarios convértense en protagonistas da aprendizaxe. Serve como medio para materializar, nas actividades formativas, o apoio dos
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.4
recursos audiovisuais que sempre teñen excelente acollida entre os destinatarios das mesmas.
2.- Os blogs en educación: Edublog Se o blogue se usa con fins educativos ou en contornas de aprendizaxe coñécese como edublog. Poden estar enfocados desde puntos de vista diferentes dependendo de se os utilizan os docentes ou os estudantes. Independentemente de quen o utilice, segundo Alejandro Valero, o uso dos blogs contribúe á formación persoal dos seus usuarios polos seguintes motivos: 1. A educación deixou de ser un coto dos docentes. 2. Os estudantes crean o seu propio coñecemento. 3. A educación xa non se centra soamente na adquisición de coñecementos, senón na formación persoal continua. 4. A comunicación converteuse nun aspecto fundamental do novo ensino en Internet. 5. Vólvese valorar a escritura como medio de comunicación e de coñecemento. Para o educador pode servir como fiestra de información e opinión sobre a materia ou elementos do seu ámbito de traballo. Para o alumnado como foro de opinión e fiestra para mostrar os seus progresos nunha determinada actividade, materia, etc. Exemplos de blogs de docentes: •
Biblioteca Sarmiento do IES de Curtis: http://sarmientobiblioteca.blogspot.com.es/
•
ENL do IES de Curtis: http://sondenoso.blogspot.com.es/
•
Club de Lectura Fendetestas: http://clubfendetestas.blogspot.com.es/
•
Recuncho de Economia e Educación: http://recunchoecoedu.blogspot.com.es/
•
Curtis de Cine: http://curtisdecine.blogspot.com.es/
•
Trafegando ronseis: http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/
•
Aulablog21: http://www.aula21.net/aulablog21/
•
Planeta Educativo: http://www.aulablog.com/planeta/
•
Tíscar: http://tiscar.com/
•
Blog de una profe DIM: http://blogdeunaprofedim.blogspot.com/
•
Educación y TIC: http://domingomendez.blogspot.com/
•
Innovación educativa: http://innovacioneducativa.wordpress.com/
•
Etc.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.5
2.1.- Como utilizar un blog nunha actividade formativa Nun artigo aparecido na páxina Web da Consellería de Educación de Asturias (http://blog.educastur.es/blogs-y-educacion/uso-de-los-blogs-en-el-aula/) resúmense algunhas das posibilidades de uso dos blogs na aula: a) Blog de aula ou materia. Pode servir para apoiar a materia fóra da aula, complementar a información que dá o profesorado na mesma, enviar tarefas para realizar logo da actividade formativa, etc. b) Blog persoal do alumnado. Pode representar un espazo no que o alumnado exprese as súas opinións, cre as súas estratexias de aprendizaxe en torno ás TIC e se enriqueza co resto dos compañeiros que aportan os seus coñecementos. c) Taller creativo/repositorio de arquivos multimedia. Espazo que permite albergar calquera información en variados formatos (vídeo, audio, imaxe, etc.) para complementar a información dada. d) Xestión de proxectos de grupo. Como espazo para fomentar o traballo colaborativo. e) Publicación electrónica multimedia. A modo de xornal escolar, revista dixital, monografías sobre diversos temas, etc. Neste uso de forma especial (aínda que obviamente nos demais) podemos aproveitar a potencia dos blogs en canto a xestión de arquivos multimedia, propios ou referenciados desde almacéns de contidos (Flickr, Odeo, Youtube, etc.). f) Guía de navegación. A función destes blogs é a de comentar sitios de interese, noticias e achegas en forma de crítica ou comentario dos mesmos.
3.- Creación dun blog A creación dun blog pódese facer de varias formas: -
-
Descargar o software necesario e instalalo nun servidor propio. Esta opción ofrecerache todas as posibilidades de inserir os complementos que necesites para o mesmo. Obviamente son necesarios coñecementos informáticos específicos que non todo o mundo ten. Utilizar os que se ofrecen de forma gratuíta en Internet. Esta opción é a máis axeitada para a inmensa maioría dos usuarios, xa que non son necesarios coñecementos informáticos específicos. Unicamente hai que subscribirse a un destes servizos e realizar diversas eleccións sobre o aspecto do noso blog.
No noso caso centrarémonos neste segundo punto, polo fácil e rápido que se realizan os traballos, e porque para iso non debemos ter amplos coñecementos informáticos.
3.1.- Aplicacións e sitios web
●
Na actualidade ofrecen servizos de blog gratuítos, entre outros: BITÁCORAS PUNTO COM: http://www.bitacoras.com/
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.6
Está presente en Internet desde o ano 2002 e é o maior centro de servizos e promoción de blog e blogueiros en español. ●
LA COCTELERA: http://www.lacoctelera.com/
●
BLOGGER: https://www.blogger.com/start
Blogger iniciouse nunha pequena empresa de San Francisco chamada Pyra Labs en agosto de 1999, en pleno boom das empresas baseadas en Internet. Desde 2003 é propiedade de Google. ●
EDUBLOGS: http://edublogs.org/
Un servizo para que docentes e estudantes publiquen de forma gratuíta o seu propio blog. O sistema utiliza WordPress Multi-User con case todas as vantaxes e funcionalidades doutras bitácoras xestionadas con esta aplicación. Ten o inconveniente de que o proceso de alta e a xestión do blog son en inglés. ●
WORDPRESS: http://wordpress.org/
É o sistema que máis desenvolvemento está tendo nos últimos tempos e talvez a mellor que existe actualmente en PHP. Altamente personalizable cunha gran variedade de plugins e deseños. É moi fácil de instalar e de usar.
4. Blogger. Crear conta en Gmail Gmail trátase dun servizo de correo electrónico que, cando apareceu, cambiou o concepto que se tiña ata entón dese servizo, ofrecendo capacidades moi amplas de almacenamento. Como etapas importantes destacaremos: 2004: Créase Gmail ofrecendo 1 XB de espazo. 2005: Mellórase a interface e publícase o espazo.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.7
2007: Sae ao aire a segunda versión de Gmail, que serve de plataforma para futuras melloras; ademais, ten un novo xestor de contactos e ofrece ao redor de 4 XB de espazo. 2008: Gmail mellora a súa estrutura, ofrece ata 8 XB de espazo e engade novas funcionalidades de forma máis acelerada. Se houbese que definir que é e para que serve o correo electrónico habería que dicir que é unha utilidade que permite aos usuarios enviar e recibir mensaxes e xuntar arquivos a outros usuarios, situados en calquera lugar, de forma asíncrona. O que proporciona o correo é un “buzón” ou lugar virtual onde se depositan as súas mensaxes á espera de posterior consulta e contestación. Para facer uso dunha conta de correo hai que solicitala a calquera provedor que a facilite. Existe na rede multitude de lugares que a crean de forma gratuíta. Unha vez solicitada, facilítasenos un enderezo de correo estilo: "amiñaeleccion@nomedoprovedor.extensión" e unha palabra clave ou contrasinal para acceder ao seu buzón. Os correos pódense consultar de dúas formas diferentes: •
A través de páxinas Web (Webmail).
•
A través dun programa xestor de correo instalado no noso equipo (Mozilla Thunderbird, Eudora, Outlook, etc.).
Entre as principais empresas que ofrecen servizo de correo podemos atopar: Google, Yahoo, Microsoft, etc. A redacción das mensaxes non está suxeita a ningunha norma escrita que regule este tipo de comunicación. Porén, si hai unhas regras coñecidas como Netiqueta que se foron adaptando ao longo dos anos como boas prácticas no correo. Equivalen a un código de bo uso ou de boa conduta. •
Evitar o uso de maiúsculas (escribir en maiúsculas interprétase como berrar a rede).
•
Non deixar nunca en branco o "Asunto" (o obxecto da mensaxe).
•
Non escribir nada nas mensaxes que non diriamos cara a cara ao destinatario.
•
Hai que procurar que as mensaxes sexan breves e concisas, evitando ambigüidades no contido das mesmas.
Imos describir a creación dunha conta con Gmail que se utilizará, entre outras cousas, para dar de alta un blog en Blogger. Gmail é un servizo de correo Webmail (aínda que tamén se pode configurar como conta pop/imap nun programa xestor de correo) que ofrece Google de forma gratuíta e que dispón de varias particularidades; pódense consultar en: http://support.google.com/accounts/?hl=es Para a creación tecleamos nun navegador o enderezo http://www.google.com e, na parte superior, facemos clic no enlace Gmail. Na pantalla que aparece observarás, na parte dereita, un recadro (parte superior) para introducir os teus datos se xa os posúes e, xusto encima, un botón Crear una cuenta, sobre o que hai que facer clic para proceder a facelo.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.8
Na seguinte fiestra deberás cubrir os datos que aparecen. Se está dispoñible, termina de cubrir os datos e conclúe o proceso lendo as indicacións de pantalla. Deberás cubrir: Nombre: Nome e apelidos da persoa que vai crear a conta Nombre de usuario: Nome que queremos que apareza cando enviamos un correo. Por exemplo: Manuel Fernández Campos, Manolo Fernández ou simplemente Manolo. Contraseñal: O contrasinal que imos introducir e que ten que ter polo menos 8 caracteres; recoméndase que conteña números e letras. Confirma tu contraseña: Volver introducir a clave, posto que ao non verse, se nos equivocaramos apreciaríase porque se tería que repetir. Fecha de nacimiento: Introduce a túa data de nacemento. Sexo: Elixe sexo. Teléfono móvil: Introduce o teu teléfono (non é imprescindible facelo). Dirección de correo alternativa: Este enderezo utilízase para autenticar a túa conta no caso de que xurda algún problema ou esquezas o teu contrasinal. Se non dispós de ningún outro enderezo de correo electrónico, deixa este campo en branco. Demuéstranos que no eres un robot: O sistema proporciónanos unha imaxe con dúas palabras que hai que escribir. Isto faise para que non se poidan xerar contas automaticamente. Ubicación: País onde nos atopamos. Condiciones del servicio: Deben aceptarse para crear a conta de correo. Completados todos estes datos facemos clic no botón Siguiente paso para concluír a creación da nosa conta de correo.
Os blogs e o seu uso en educaci贸n
P谩x.9
PARTES DUN BLOG
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.10
Capítulo 2: Crear e xestionar un blog con Blogger Índice de contido 1.- Creación dun blog con Blogger 1.1. - Fiestra principal de Blogger 2.- A nosa primeira entrada ou noticia con Blogger 3.- Incluír textos. Uso do editor web 4.- Engadir autores ao noso blog 5.- Inserir un enlace en Blogger
1.- Creación dun blog con Blogger Para crear o teu propio blog (unha vez que se dispón dunha conta de correo Gmail) fai o seguinte: -
Abre un navegador e teclea: http://www.google.com. Encontrarás na parte superior un enlace Más que nos despregará un menú emerxente no que elixiremos Mucho más.
-
Móstrasenos unha pantalla con Más productos de Google. Fai clic sobre o enlace Blogger.
Na seguinte pantalla indícasenos que nos identifiquemos coa nosa conta de correo (se a temos) ou que procedamos a creala. Como xa dispoñemos de conta de correo de Gmail, introducimos nome de usuario e contrasinal.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.11
Procedamos agora a crear un blog mediante o botón Nuevo blog.
Na seguinte pantalla teremos que: -
-
Escoller Título do blog. A Dirección que vai ter o noso blog: http://xxxxxx.blogspot.com (substituíndo os “x” polos caracteres que desexemos). Unha vez introducidos eses caracteres a fiestra diranos se está ou non dispoñible. Elixir unha Plantilla. Para seleccionala debes facer clic sobre a súa imaxe.
Unha vez feito actívase o botón Crear blog. Fai clic sobre el e crearase o blog.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.12
1.1.- Fiestra principal Unha vez creado o noso blog, pasamos a describir os elementos principais de Blogger. En primeiro lugar atopámonos unha fiestra na que aparecen os blogs que temos e un menú rápido para a creación de entradas, a súa administración e a configuración da bitácora. Tamén atopamos acceso á información do noso perfil. Isto último realízase a través da icona seguinte:
Permítenos cambiar a nosa imaxe, introducir datos acerca de nós (idade, sexo, ubicación, etc.). A icona
permítenos a creación de entradas.
Ir á lista de entradas (se temos varias) podemos facelo a través
de
Para ver o noso blog (aínda que de momento non teñamos introducido nada) dispoñemos do botón Ver blog.
O botón cun pequeno triángulo •
Visión General
•
Entradas
•
Páginas
•
Comentarios
•
Google +
•
Estadísticas.
•
Ingresos
•
Deseño
•
Plantilla
•
Configuración
móstranos Más opciones:
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.13
Vexamos a última delas: Configuración. Opcións Configuración •
•
•
•
•
Básico. •
Básico: Permítenos modificar o título do blog, unha descrición do mesmo, a privacidade (Quieres añadir tu blog a nuestras listas?, Quieres permitir que los motores de búsqueda encuentren tu blog?).
•
Publicación: Permítenos cambiar a URL do blog e ofrece a posibilidade de comprar un dominio.
•
Permisos: Desde aquí poderemos engadir a autores do noso blog e poderemos editar quen poden ser lectores do mesmo.
Entradas y comentarios. •
Entradas: Eliximos o número de entradas por páxina, especificar unha plantilla de entrada (con texto ou código predeterminado que aparecerá cada vez que crees unha entrada nova no editor de entradas) e mostrar ou non imaxes no lightbox (cando se fai clic nas imaxes, abriranse superpoñéndose na parte superior do blog).
•
Comentarios: Modificación de todos os elementos relativos aos comentarios como son a persoa que os pode realizar, a ubicación, o formato da hora neles ou que se envíen mensaxes cos comentarios.
Móvil y correo electrónico. •
Móvil: Permite publicar entradas a través de SMS ou MMS.
•
Correo electrónico: Ídem, pero a través de correo electrónico; pódese elixir correo para recibir os comentarios e unha lista de correos para que reciban as publicacións do teu blog.
Idioma y formato. •
Idioma: Serve para elixir idioma e permite habilitar a tradución de palabras do inglés ao idioma seleccionado.
•
Formato: Permítenos modificar zona horaria e formatos de hora e data.
Preferencias para motores de búsqueda. •
Etiquetas meta: Contribúe a que os usuarios fagan clic no teu blog nos resultados da procura escribindo un breve resumo do seu contido.
•
Errores y redireccionamientos: Escribe unha mensaxe HTML para que apareza na páxina Páxina non atopada en lugar da mensaxe xenérica.
•
Redireccionamiento personalizado: Engade redireccionamentos personalizados para as URL externas que apuntan ao teu blog e non a páxinas ou publicacións existentes.
Os blogs e o seu uso en educación
Rastreadores e indexación: Nesta sección poderemos establecer como os robots de Google verán o noso blog, unha mala configuración nesta sección pode xerar problemas na indexación deste.
•
•
Páx.14
Otros. •
Herramientas de blog: Podemos importar/exportar un blog e suprimilo.
•
Feed del sitio: Posibilita a distribución de toda a noticia ou un extracto dela, así como o pé de páxina destes feed.
•
OpenID. Podes utilizar a nosa URL de OpenID para acceder a sitios onde estea habilitado OpenID. Tamén podes permitir aos usuarios de OpenID que publiquen comentarios no noso blog axustando a configuración.
•
Contenido para adultos. Se seleccionas Si, os visitantes do teu blog verán unha mensaxe de advertencia e pediráselles que confirmen que desexan acceder ao teu blog.
•
Google Analytics. Engade Google Analytics ao teu blog para ver como interactúan os visitantes co teu sitio.
2.- A nosa primeira entrada ou noticia Comezamos a nosa primeira noticia, entrada, etc. no noso blog poñendo o enderezo do mesmo no noso navegador (por exemplo http://xxxxxxxx.blogspot.com/). Se non estamos identificados coa nosa conta de correo Gmail, aparécenos na parte superior dereita o seguinte enlace: Acceder. Se se traballa desde un ordenador persoal, pódese marcar a opción Recordarme, co que evitamos ter que identificarnos en sucesivas ocasións. Unha vez identificados, para crear unha nova entrada, facemos clic no botón
Accedemos a un formulario no que escribimos a nosa noticia.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.15
Ten os seguintes elementos: •
O título da entrada.
•
O editor, composto por dúas pestanas: Redactar (editor WYSIWYG, que dispón dunha barra superior de botóns para formatear o texto e para incluír elementos multimedia e que permite o deseño visual da entrada) e HTML (mediante a que accedemos ao código fonte da entrada).
•
Botóns na parte superior para:
•
▪
Publicar: Publica a entrada.
▪
Guardar: Serve para gardar a nosa entrada (sen publicala) con obxecto de poder traballar sobre ela posteriormente.
•
Vista previa: Móstranos unha vista da entrada como se estivese publicada.
•
Cerrar: Cerra a fiestra de edición sen gardar cambios.
Na parte da dereita encontramos Configuración de la entrada: •
Etiquetas: Caixa de texto na que podemos introducir palabras clave ou expresións separadas por comas que definen e clasifican as entradas (posteriormente pódense visualizar estas etiquetas no lateral do blog para que os lectores lean as entradas seleccionando as etiquetas que as inclúen).
•
Programar: Pódese establecer unha fecha e hora para a publicación da entrada.
•
Enlace permanente: Permite introducir un título á entrada e gardalo para seleccionar a URL automaticamente ou personalizado.
•
Ubicación: Pode especificar desde onde escribe a entrada.
•
Opciones: Pode permitir ou non os comentarios dos lectores e varios detalles de HTML.
3.- Incluír textos. Uso do editor web Para agregar texto, cando creamos unha entrada, utilizamos basicamente o teclado. NON debemos pegar no noso editor texto procedente doutra páxina Web ou dun procesador textos, xa que de facelo así poida que incorporemos, sen desexalo, código que logo dificultará a edición das noticias. Para pegar texto nunha entrada do blog podemos facer dúas cousas: •
Pegar antes ese texto no “bloc” de notas (Windows) ou editor de textos (GNU/Linux), co que se “perde” o código asociado ao texto. Posteriormente seleccionar de novo o texto, copialo e pegalo entón no blog.
•
Unha posibilidade máis rápida consiste en elixir a pestana HTML (comentarémola máis adiante) e pegar alí o texto sen “pasalo” polo caderno de notas ou editor de textos. Unha vez tecleado o texto da nosa entrada do blog podemos facer uso do editor
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.16
web de Blogger para darlle formato. Presenta unhas iconas moi similares ás doutras aplicacións de tratamento de texto, con funcións moi parecidas. Unha vez seleccionado un texto podemos elixir para o mesmo: 7 tipos de letra distintos 5 tamaños diferentes
Inserir imaxe, vídeo e salto de liña
Aliñación (á esquerda, centrado, á dereita e xustificado) Borrar formato
Desfacer, refacer Negriña, cursiva, subliñado e riscado
Cor do texto e do fondo
Enlace
Numerar parágrafos e listaxe de viñetas
Proba a escribir calquera texto e utiliza o botón Publicar, co que terás creada a túa primeira entrada.
4.- Engadir autores ao noso blog Poida que desexemos, se non se trata dun blog persoal, que máis dunha persoa (amigos, compañeiros de traballo ou de afeccións, etc.) poida engadir entradas ao mesmo. Se o facemos, esas persoas poderán engadir entradas, pero terán restrinxidas as opcións de configuración do blog (posibilidade reservada para a persoa que o creou). Tamén podemos darlle permiso de edición outorgándolles o rol de administrador do blog. Para engadir autores ao noso blog facemos clic no enlace Configuración >> Lo Básico >> Permisos.
Nesa sección facemos clic en + Añadir autores. Aparece un cadro de diálogo para escribir, separados por comas, os enderezos de correo electrónico das persoas ás que imos engadir. A persoa á que invitamos deberá acceder á súa conta Gmail e verá un correo de invitación; deberá abrilo e facer clic sobre o enlace que contén para poder participar no blog. Ao facer clic sobre el apareceralle un formulario para aceptar a invitación. Deberá cubrir os seus datos e aceptar. Por último, elixirá o nome que desexa que amose o sistema (o seu pseudónimo).
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.17
Unha vez aceptou, podemos entrar de novo en Permisos para outorgarlle permisos de administrador do blog.
5.- Inserir un enlace Editemos a entrada que tiñamos publicada con anterioridade. Para iso eliximos na zona da esquerda o enlace Entradas, pasamos o punteiro do rato por riba da que tiñamos publicada (no noso caso chámase Primeira entrada) e utilizamos o enlace Editar.
Nota: Pódese observar na imaxe que dispoñemos dun enlace para borrar a entrada se o desexamos (Eliminar).
Unha vez estamos de novo no editor, se desexamos poñer un enlace a un texto (no exemplo pretendemos que se converta nun enlace que nos leve a un enderezo web) debemos, en primeiro lugar, seleccionalo. Unha vez feito utilizamos a icona Enlace do editor.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.18
No cadro de diálogo que nos aparece escribiremos (aínda que o máis rápido é pegar o enderezo que previamente teñamos copiado do navegador) a Dirección web de destino do enlace.
Facemos clic no botón Aceptar e queda inserido o enlace.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.19
Capítulo 3: Incluír imaxes Índice de contido 1.- Imaxes nun blog 1.1. - Inserir imaxes con Blogger 2.- Axuda con Blogger 3.- Compartir imaxes en Internet 4.- Que ofrece Picasa? 5.- Que ofrece Flickr? 6.- Consideracións sobre formatos gráficos 6.1. - Formatos 6.2. - Normas xerais
1.- Imaxes nun blog Con respecto ás imaxes hai que indicar que, como calquera creación, están suxeitas a dereitos de autor. Polo tanto, non debemos incluír unha imaxe de outro usuario no noso blog sen dispor do seu permiso. Para salvar esta eventualidade é conveniente que, no caso de querer utilizar imaxes que non sexan nosas, acudamos a sitios Web con licencia Creative Commons (http://search.creativecommons.org/) ou similares. •
Banco de imaxes e sons do INTEF: http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/ sons).
(disponse de imaxes e
•
Open Clip Art Gallery: http://openclipart.org/
•
Openphoto: http://www.openphoto.net/
•
Free Digital Photos: http://www.freedigitalphotos.net/
•
Mediateca de EducaMadrid: http://mediateca.educa.madrid.org (dispós de imaxes, vídeos e sons).
•
Lista de sitios que ofrecen imaxes: http://www.wheretofindfreeimages.com/
•
Hai outras Web como Flickr (que comentaremos máis adiante) que dispón de imaxes con e sen licencia Creative Commons, polo que é conveniente realizar un filtrado para que nos mostre unicamente as imaxes con dita licencia.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.20
Con respecto ás imaxes nos blogs: -
Non deben interromper o texto nin deixar pouco espazo para o mesmo. Salvo excepcións, o seu tamaño non debería exceder os 500 píxeles de ancho. Ten en conta que serven para ilustrar o contido e que o seu uso como adorno está contraindicado.
1.1.- Inserir imaxes con Blogger Unha das iconas do editor Web permítenos inserir unha imaxe ou fotografía nas entradas do teu blog: a icona Inserta imagen: Ao facer clic sobre ela aparece unha fiestra emerxente que nos permite incluír unha imaxe no noso blog desde: -
O noso equipo, facendo clic sobre o botón Elegir archivos e localizando a imaxe. Desde este blog (podendo elixir imaxes utilizadas previamente) Desde Álbums web de Picasa. Desde o teu teléfono. Desde a túa webcam. Desde un enderezo dirección de Internet, para o que debemos pegar o enderezo exacto da imaxe na caixa de texto Pegar la URL de una imagen aquí.
Unha vez subidas as imaxes, para inserilas nunha entrada podemos elixir as que queiramos (unha ou máis de unha) e, unha vez feito, facer clic no botón Añadir las imágenes seleccionadas.
Cando está inserida unha imaxe nunha entrada, ao facer clic sobre ela podemos elixir: tamaño, aliñación, engadir lenda ou eliminala.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.21
Unha vez concluído o proceso facemos clic sobre o botón Publicar (no caso de ser unha nova entrada) ou Actualizar (no caso que a esteamos modificando/editando).
Nota: Aínda que podemos elixir varios tamaños para unha imaxe, o ideal é subila no tamaño que desexemos que teña no noso blog. Para traballar imaxes dispoñemos de aplicacións de retoque e creación de imaxes como GIMP: http://www.gimp.org/ (dispón dun manual de uso desta aplicación en http://tecnologiaedu.uma.es/index.php/materiales/19-curso-de-creacion-y-retoque-deimagenes-con-gimp).
2.- Axuda con Blogger Se necesitamos axuda en calquera momento sobre Blogger, podes acceder á seguinte URL: http://support.google.com/blogger/?hl=es. Na páxina principal, facendo clic en Opciones de Blogger temos o enlace á axuda como primeira opción.
3.- Compartir imaxes en Internet Desde que apareceron no mercado as cámaras dixitais e a relación calidade-prezo foi atractiva para un amplo público, incrementáronse exponencialmente a venda deste tipo de cámaras e número de instantáneas. A facilidade con que se realizan as fotografías e poder visualizalas a través dun ordenador vai parella á facilidade de publicar ditas imaxes en Internet e compartilas cos amigos e familiares. Existen en Internet sitios Web que permiten aos usuarios "subir" as súas fotografías e que, unha vez almacenadas neles, poidan ser visualizadas desde calquera equipo que teña conexión a Internet. Estes sitios permiten igualmente compartilas (ou non en función
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.22
da elección de cada usuario), ordenalas grazas ás etiquetas (tag), etc. Basicamente trátase de xestionar fotografías online desde unha páxina Web que, ademais, ofrece unha serie de prestacións anexas (crear álbums, un perfil da persoa que sobe as fotos, etc.). Unha característica fundamental destes servizos, como se comentou anteriormente, é a súa vertente social, xa que subir imaxes é moito máis que arquivalas: convértense en lugar de reunión de afeccionados, sala de exposicións, vehículo de comunicación de experiencias e iniciativas que se comparten e se levan a cabo online. Entre os sitios Web que permiten albergar imaxes de forma gratuíta podemos atopar moitos. Os máis populares son: -
-
Flickr (http://www.flickr.com/). Picasa Web Albums. Esta aplicación funciona cunha conta de Google (a mesma conta Gmail que utilizas para o teu blog). Ten unha aplicación para subir fotos de forma masiva. Photobucket (http://beta.photobucket.com/). Windows Live Photos.
4.- Que ofrece Picasa? Segundo se indica na Galipedia Picasa “permite o inventariado de todos os arquivos gráficos do ordenador, a súa clasificación e orde, e inclúe ademais ferramentas de edición e retoque fotográfico. O programa interactúa con picasaweb permitindo colocar as fotos directamente nos álbums”. Dispón unicamente de versión para Windows e Linux. Unha vez instalada a aplicación (localiza as imaxes que teñas no teu equipo ou en parte do mesmo segundo o que elixas) dispón dun botón para publicar directamente en Blogger as imaxes. Para iso marca unha ou varias imaxes; ao premer sobre o botón BlogThis! conectará a aplicación con Blogger. Unha vez identificado aparecerán as imaxes seleccionadas nunha nova entrada. Outra forma de incluír imaxes é a través dos álbums Web. Deberás utilizar para iso, unha vez seleccionadas as imaxes que queiras subir, o botón Álbum web.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.23
5.- Que ofrece Flickr? Este sitio Web ofrece posibilidades que exceden moito o mero almacenamento de fotografías. De feito desenvolveuse unha industria ao redor del. Entre outras prestacións interesantes podemos atopar: •
•
• •
•
•
Subir fotos. Pode subir fotografías a través dun formulario dentro dunha páxina desta Web, a través de correo electrónico mediante un enderezo especial de carga ou por teléfono móbil. Organizar as fotografías. Pódense agrupar de dúas formas: por álbums (dunha viaxe, dunha festa, etc.) ou por categorías (onde incluír, por exemplo, varios álbums con temática similar). Posúe unha utilidade chamada Organizar onde se crean tanto as coleccións como os álbums. Tamén permite realizar tarefas comúns en lotes grandes de imaxes, como agregar etiquetas, cambiar permisos ou editar marcas de data e hora. Geoetiquetas. A través de Organizar pode poñer unha fotografía nun mapa para saber o lugar onde foi tomada. Aplicación externa para subir fotografías. Ademais de subilas a través do formulario da Web podes instalar unha aplicación no teu equipo para agregar títulos ás túas fotografías, etiquetas, metadatos e unha vez terminado subilas á súa conta de Flickr. Picnik (http://www.picnik.com/). Trátase dun programa externo que edita fotografías de Flickr para o seu retoque online o que supón unha posibilidade interesante para a edición das imaxes subidas. Accesos. A privacidade é algo que un usuario xeralmente adoita poder controlar nos sitios Web aos que sobe os seus arquivos e Flickr non podía ser menos. Neste sitio é fácil controlar as persoas coas que desexas compartir as túas imaxes. Para cada unha das fotografías subidas pódese establecer: ◦ Un nivel de privacidade, que determina as persoas que poden ver unha imaxe. ◦ Unha licenza de uso, para que os dereitos de autor estean protexidos. ◦ Un tipo de contido, para marcar as imaxes como fotografía, arte/ilustración ou captura de pantalla. ◦ Un nivel de seguridade, para que os outros membros só poidan ver as imaxes dentro dos seus espazos especificados.
Pero sobre todo hai unha cuestión que potencia Flickr e que cremos vai moi acorde coa filosofía do software libre e é compartir recursos: a súa licenza baixo Creative Commons (http://es.creativecommons.org/licencia/). Flickr posúe un apartado especial denominado Flickr CC.
6.- Consideracións sobre formatos gráficos 6.1.- Formatos En Internet encontramos basicamente tres formatos de imaxe:
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.24
Cores
Transparencia
Compresión
jpg
Máis de 256
Non
Si
gif
Ata 256
Si (unha cor)
Non
png
Máis de 256
Si (ata 256 cores)
Si (sen perda)
Como podemos ver, o formato que reúne máis posibilidades é o png.
6.2.- Normas xerais •
•
•
Unha imaxe extraída dunha cámara de fotos é extraordinariamente grande para Internet. Hai que reducir o seu tamaño (redimensionar) con aplicacións como GIMP ou recortar un anaco das mesmas que nos interese. Nomes de arquivos. É importante, cando deamos nome aos arquivos, que sigamos estas regras: ▪ Non incluír maiúsculas. ▪ Non incluír eñes, nin vocais con til, nin caracteres especiais. Non incluír espazos en branco. Se queremos separar dúas palabras no nome dun arquivo é aconsellable empregar o guión baixo.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.25
Capítulo 4: Inserir vídeos, presentacións, arquivos diversos, etc. Índice de contido 1.- Agregar vídeos 1.1. - Introdución 1.2. - Como incorporar un vídeo en Blogger? 1.3. - Que ofrece Youtube? 1.3.1.- Acceso e subida de vídeos 2.- Agregar presentacións 2.1. - Que ofrece Slideshare? 2.2. - Compartir presentacións en Slideshare 2.2.1.- Crear unha conta e subir presentacións 2.2.2.- Inserir unha presentación no teu blog desde Slideshare en Blogger 3.- Enlazar arquivos diversos no blog con Blogger 4.- Podcast
1.- Agregar vídeos 1.1.- Introdución Os vídeos educativos foron implantándose aos poucos no noso sistema de ensino como unha ferramenta útil, como un apoio importante para diversas situacións de aprendizaxe. Cando falamos de vídeos educativos non soamente nos referimos aos vídeos didácticos¹, senón tamén aos vídeos que poidan servir de apoio á docencia. Ata hai ben pouco era moi dificultoso elaborar un vídeo e poder velo a través de Internet, polo que se recorría a cintas comerciais para suplir dita dificultade. Hoxe en día é relativamente sinxelo gravar un vídeo a través de diversos dispositivos (cámara de vídeo, fotográfica, teléfono móbil, etc.) e poñelo na Rede para o seu visionado, feito que supuxo un rexurdimento do recurso do vídeo no ensino. Segundo Pere Marques, os vídeos poden clasificarse nos seguintes tipos:
Os blogs e o seu uso en educación • • • • •
Páx.26
Documentais: mostran de maneira sistemática e ordenada información sobre un tema. Exemplo: os documentais que ofrecen as canles de televisión. Narrativos: preséntase a información detallada e por orde cronolóxica dun individuo, feito histórico, etc. Lección monoconceptual: son vídeos de moi corta duración que se centran en presentar un concepto ou idea de forma clara e concisa. Lección temática: son os clásicos vídeos didácticos adaptados ao público ao que se vai dirixir. Vídeos motivadores: pretenden ante todo impactar, motivar e interesar aos espectadores.
Existen en Internet algunhas páxinas para aloxar vídeos de forma gratuíta. Entre os máis populares cabe destacar: • •
•
•
•
Youtube (http://www.youtube.com/), por todos coñecido. Dalealplay (http://www.dalealplay.com/). Pode que sexa un dos servizos en español máis populares despois de Youtube. Conta con varias secciones para navegar por categorías, ver os vídeos recomendados ou os máis vistos. Unha vez realizado o rexistro nesta Web, pódense enviar vídeos e dispoñer dun espazo propio para compartilos, clasificalos e encontrar a outros usuarios con intereses similares. Tu.tv (http://tu.tv/). Mostra os vídeos máis votados da Web, un ranking, unha sección de noticias e a posibilidade de crear o teu propio grupo de usuarios ou unirte a un da túa elección. Vago.tv (http://vago.tv/ ). Este é un dos máis recentes servizos dedicados a ofrecer os mellores vídeos de Internet, clasificados en función das súas votacións, visitas, comentarios e datas de publicación. Conta cun sistema de canles de vídeo e é posible subscribirse mediante correo electrónico para recibir as actualizacións da páxina. Yatv (http://www.yatv.com/). É o portal de aloxamento gratuíto de vídeos de Ya.com. Nel pódense ver, subir e compartir todo tipo de vídeos na Rede con tan só crear unha conta de usuario.
1.2.- Como incorporar un vídeo en Blogger? Para incorporar un vídeo no teu blog hai que facelo mediante a icona Insertar un vídeo.
Ábresenos un cadro de diálogo coas seguintes opcións: •
Subir un archivo desde tu equipo. Para iso utilizamos o botón Seleccionar el vídeo para subir, localizamos o vídeo no noso equipo e facemos clic no botón Subir. Obviamente deberá esperar uns minutos para que conclúa a subida (variará o tempo dependendo do tamaño do arquivo).
Os blogs e o seu uso en educación
•
Páx.27
Desde YouTube. Escribimos no cadro de texto o que desexemos para buscar vídeos nese sitio Web e facemos clic no botón coa icona Lupa.
Apareceranos unha relación de vídeos en función da busca realizada. Seleccionamos o que queiramos e facemos clic en Seleccionar.
• • •
Mis vídeos de YouTube. Aparecen os nosos vídeos subidos, que podemos elixir da forma anteriormente descrita. From your phone. Hai que descargar a aplicación para Android para poder subir os vídeos desde o teléfono móbil. From your webcam.
1.3.- Que ofrece Youtube? Antes de nada hai que comentar que o usuario que desexe visualizar no seu equipo vídeos de Youtube é necesario que teña: -
O complemento de Macromedia Flash Player 10.0.22 ou superior.
Os blogs e o seu uso en educación -
Páx.28
O navegador Firefox 1.1 ou posterior, Internet Explorer 7.0 ou posterior ou Safari 1.0 ou posterior, Google Chrome ou Opera. Unha conexión de banda ancha cun mínimo de 500 Kbps.
Como a maioría de sitios Web dedicados a que os usuarios podan subir as súas secuencias de vídeo, Youtube ofrece unha serie de posibilidades ademais da de subir e compartir vídeos. En Youtube pódese: • • • • • • •
Subir vídeos e xestionalos mediante etiquetas. Personalizar o reprodutor. Xestionar a túa canle particular: información e deseño do mesmo, organizar vídeos, perfil persoal, información de localización, URL da canle. Xestionar grupos, subscricións e engadir e invitar a amigos e coñecidos. Vincular a túa conta a un blog para editar vídeos. Engadir en Favoritos outros vídeos de teu interese. Mesturar vídeos con Remixer.
1..1.- Acceso e subida de vídeos Partindo da páxina de YouTube en español, unha vez identificados coa nosa conta de correo podemos acceder coa nosa conta de correo Gmail, iniciamos a subida dun vídeo utilizando o enlace situado na parte superior dereita.
Aparécenos unha pantalla na que podemos: a) Seleccionar arquivos para subir. b) Gravar con cámara web vídeo. c) Arrastrar e soltar vídeo do noso equipo a esta páxina para iniciar a subida.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.29
Na parte inferior indícasenos que a duración máxima por vídeo é de 15 minutos, aínda que podemos (facilitando o noso teléfono móbil para verificar que controlamos a nosa conta) aumentar ese límite.
2.- Agregar presentacións O uso educativo de presentacións é adecuado en actividades destinadas a compartir información. Este tipo de traballo conleva un tratamento máis complexo da información que a simple exposición oral ou a resposta de cuestionarios. Hai que enfrontarse á necesidade de definir claramente o tipo de comunicación que quere realizar: descritiva, argumentativa, persuasiva, etc. e o tipo de audiencia ou público destinatario desta presentación. É dicir, o primeiro que debe definir con claridade é a finalidade da presentación e cara a quen está dirixida. As ferramentas de presentación combinan formas, texto, cores, movemento e son; todo coa única finalidade de facer máis atractiva e comprensible a idea que se está ofrecendo. LibreOffice Impress é unha destas aplicacións coas que podes crear facilmente presentacións co ordenador.
2.1.- Que ofrece Slideshare? Slideshare é un espazo gratuíto onde os usuarios poden enviar presentacións en diversos formatos, que logo quedan almacenadas en formato Flash para ser visualizadas online. É unha opción interesante para compartir presentacións na Rede. Admite arquivos de ata 20 MB de peso (sen transicións entre diapositivas).
Os formatos admitidos son: ppt e pps, odp e pdf. Slideshare ofrece unha serie de posibilidades: • • • • • •
Buscar e ver as presentacións máis vistas, as máis votadas, etc. Subir presentacións e xestionalas mediante etiquetas. Xestionar o teu perfil. Xestionar grupos, subscricións e engadir e invitar a amigos e coñecidos. Engadir en Favoritos outras presentacións do teu interese. Dar un tipo de licencia Creative Commons e descargar as presentacións sempre e cando o autor o autorice.
2.2.- Compartir presentacións en Slideshare 2.2.1.- Crear unha conta e subir presentacións Accede á páxina (http://www.slideshare.net/) e fai clic sobre Login or Signup. O proceso de creación de conta é similar ao de outros sitios Web. Unha vez que entraches coa túa conta fai clic sobre Upload para subir presentacións.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.30
Hai que localizar o arquivo a subir no noso equipo e, ao finalizar a subida, transcorren uns instantes de espera mentres a aplicación converte o teu documento. Recorda que tes a posibilidade de permitir a descarga da túa presentación. Facendo clic sobre o teu nome de usuario podes: modificar o teu perfil, editar/borrar as túas presentacións, etc. 2.2.2.- Incluír unha presentación no teu blog desde Slideshare en Blogger Para incluír nunha entrada de teu blog unha presentación desde Slideshare hai que seguir os seguintes pasos: •
Unha vez localizada a presentación fai clic no botón <> Embed. Aparece un cadro de texto e un botón: Copy. Fai clic sobre el para copiar o código.
Os blogs e o seu uso en educación •
Páx.31
Na entrada de teu blog fai clic sobre a pestana HTML e pega o texto seleccionado desde SlideShare.
Como podes apreciar no cadro de diálogo anterior, dispoñemos dun recadro de verificación para non mostrar o contido relacionado coa presentación e para poder elixir diferentes tamaños para a mesma.
3.- Enlazar arquivos diversos no blog con Blogger Son moitos os tipos de arquivos existentes. É importante coñecer algúns deles, posto que coñecéndoos poderemos abrilos cun programa adecuado, cambialos a un programa que nos resulte útil ou simplemente utilizalos para ver o seu contido. É probable que necesitemos ir a páxinas en concreto para saber que tipo de arquivo temos nas nosas mans. Algunhas interesantes son: •
http://es.wikipedia.org/wiki/Formato_de_archivo_inform%C3%A1tico
•
http://www.sharpened.net/helpcenter/extensions.php
•
http://www.telecentros.info/extensiones/
Como puidemos comprobar, Blogger permítenos a subida de imaxes e vídeos. Non obstante é probable que necesitemos a inclusión ou o enlace a outro tipo de arquivos (pdf, mp3, odt, etc.). Nese caso temos que optar por subir eses arquivos a un servidor e enlazalos no noso blog. A que servidor podemos subir arquivos? Pois temos varias posibilidades: •
Si dispós de conexión a Internet no teu domicilio é seguro que a compañía que che da acceso a Internet poña á túa disposición espazo nos seus servidores.
•
Podes utilizar sitios Web de aloxamento gratuíto como http://www.dropbox.com ou https://www.cx.com/, nas que dispós da posibilidade de poñer arquivos públicos.
•
Tamén podes, facendo uso da túa conta con Google, utilizar o espazo que nos ofrece de forma gratuíta. Para iso segue as instrucións de http://support.google.com/drive/bin/answer.py?hl=es&answer=2494822
Os blogs e o seu uso en educación •
Páx.32
Por último, para enlazar desde o noso blog co arquivo procedemos igual que con calquera outro enlace: seleccionamos unha palabra ou palabras do noso blog e pegamos o enlace cando nos apareza o cadro de diálogo para introducir a dirección Web.
4.- Podcast Un tipo especial de arquivos para o noso blog son os podcast. Segundo Wikipedia “O podcasting consiste na distribución de arquivos multimedia (normalmente audio ou vídeo, que pode incluír texto como subtítulos e notas) mediante un sistema de redifusión (RSS) que permita subscribirse e usar un programa que o descarga para que o usuario o escoite no momento que queira”. Trátase, por tanto, de “colgar” arquivos de audio no blog coa posibilidade de que calquera poda subscribirse á nosa canle de RSS e baixarse ditos arquivos segundo se soben (como un lector de feed de audio). Non sería necesario un blog para isto, pero permítenos que nos deixen comentarios os visitantes do mesmo (algo que non ocorre si os aloxamos noutro sitio Web). A orixe da palabra podcast proven de dúas palabras: iPod e broadcasting. iPod é un dos primeiros reprodutores de MP3 (creado por Apple) e broadcasting é unha palabra inglesa que significa radiodifusión. Da unión de ambos termos xorde podcast para definir unha tecnoloxía de transmisión de contidos sonoros en formato dixital a través de Internet. Para facer un arquivo de son hai que utilizar un programa que grave a voz e poder convertilo en MP3. Propoñemos Audacity por: •
A súa licencia (GPL) co que non existen problemas para a súa descarga e uso.
•
Permite gravar, editar e manipular arquivos de son dixital en diversos formatos: WAV, MP3 e Ogg. Podemos igualmente crear gravacións a partir de arquivos individuais, engadirlles múltiples efectos, etc.
•
Admite os comandos básicos de edición (cortar, copiar, pegar, desfacer), mestura cancións e inclúe un editor de amplitude, un espectrograma e un analizador de frecuencias implementados.
Para facer un podcast podemos seguir as instrucións que nos ofrece en varias páxinas Web como:
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.33
1. Como facer un podcast: titorial paso a paso: http://diegopino.blogspot.com.es/2011/08/como-hacer-un-podcast-tutorialpaso.html 2. Guía paso a paso para crear un Podcast: http://www.estrategiasdemarketingonline.com/guia-paso-a-paso-para-crear-unpodcast/ Existen programas que permiten publicar podcast, xerar o arquivo RSS do mesmo e subilo a un servidor: •
Easypodcast: multi-linguaxe (español e inglés) e multi-plataforma: http://www.easypodcast.com/index-es.html
•
Poderator (Aplicación online): http://poderator.com/
Máis información: http://www.miniguias.com/miniguias/como-hacer-un-podcastgratis-grabar-el-sonido-y-alojamiento/2/
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.34
Capítulo 6: Configuración dun blog. Engadir actividades interactivas Índice de contido 1.- Blogger 1.1. - Administración de entradas 1.2. - Deseño 1.2.1.- Presentación 1.3. - Deseñador de plantillas de Blogger 2.- Actividades interactivas 2.1. - Hot Potatoes 2.2. - JClic 2.3. - LIM 2.4. - eXe (eLearning XHTML Editor Project) 2.5. - Ardora
1.- Blogger 1.1.- Administración de entradas Unha vez publicadas as entradas do noso blog podemos, en calquera momento, editalas, eliminalas, elixir o número de entradas por páxina, etc. Para iso, unha vez identificados, desde a páxina principal de Blogger accedemos ao noso blog e, na parte da esquerda, facemos clic en entradas.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.35
Ao pasar o rato por riba dunha das entradas podemos editala, visualizala ou suprimila.
1.2.- Deseño Para o noso blog, desde a pestana Diseño, podemos elixir unha serie de elementos para a páxina, denominados gadget. Ao facer clic nunha das ligazóns Añadir un gadget (mini aplicacións, deseñadas para prover de información ou mellorar unha aplicación ou servizos dun ordenador ou computadora) de calquera das caixas aparécenos un cadro de diálogo para proceder á elección dun deles. Na figura seguinte pódense ver os básicos (28 en total). Se seleccionas Más gadgets aparecen máis de 800.
Os blogs e o seu uso en educaci贸n
P谩x.36
Por exemplo, para inclu铆r unha imaxe na cabeceira do blog seguimos as instruci贸ns de: http://avalerofer.blogspot.com/search/label/im%C3%A1genes
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.37
No caso dos básicos algúns elementos que podemos engadir son: -
Unha presentación a base de fotografías de Picasa, Flickr, etc. Unha enquisa para coñecer a opinión dos usuarios. Podemos elixir as respostas que desexemos e especificar unha fecha límite. Diversas listas ou unha imaxe. Publicidade. Ligazóns con outros blogs ou sitios Web con subscripción mediante RSS. Etc.
Describamos algún. 1.2.1.- Presentación Comentamos, como exemplo, a adición dunha presentación desde un álbum de Picasa. O proceso é bastante simple: • En Fuente eliximos Álbumes web de Picasa. • En Opción Álbum (pódese elixir o dun usuario ou as imaxes por palabras clave, por etiquetas). • En Nombre de usuario eliximos o usuario do que queremos engadir unha presentación. • Cando eliximos un usuario aparécenos a lista de álbumes que ten en Picasa. Eliximos un deles. • En Velocidad escollemos a duración das imaxes. • Por último facemos clic en Guardar.
1.3.- Deseñador de plantillas de Blogger Se accedemos a Plantilla temos, na parte superior, a que estamos utilizando. Debaixo dela temos o botón Personalizar.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.38
Ao facer clic sobre el accedemos ao Diseñador de plantillas de Blogger
Este permítenos: • • • • •
Elixir plantilla. Cambiar o fondo. Axustar a anchura do blog. Cambiar o deseño da páxina. En Avanzado podemos modificar textos e cores.
2.- Actividades interactivas Como se pode comprobar nos capítulos precedentes, Blogger é un xestor de contidos. A versatilidade no uso dos blogs non debe quedarse necesariamente na introdución de entradas e a inclusión nas mesmas de diversos elementos como imaxes, secuencias de vídeo, etc. Pódense introducir outras páxinas Web ou elementos interactivos, realizados con ferramentas de autor como JClic, Hot Potatoes, LIM, etc. que supoñen un gran aforro de tempo e quebradeiros de cabeza para o profesorado, que se pode centrar no contido dos exercicios en lugar de aprender ferramentas informáticas complicadas. A inclusión dunha páxina Web noutra faise mediante a etiqueta iframe. Wikipedia indícanos que “Iframe (por inline frame ou marco incorporado en inglés) é un elemento HTML que permite inserir ou incrustar un documento HTML dentro dun documento HTML principal”. Unha vez realizada coas ferramentas de autor a páxina Web contendo os recursos interactivos hai que aloxala (e os arquivos que conteña) nun sitio Web. Pode ser http://sites.google.com (comentouse no capítulo anterior a subida de arquivos a este sitio e como copiar a ruta dun arquivo). Posteriormente, no noso blog (en Blogger), na pestana Edición de HTML do editor do blog hai que pegar, onde desexemos, o seguinte código: <iframe src="http://ruta_del_archivo_en_el_sitio_web.htm" frameborder="0" height="500" width="500" scrolling="auto"></iframe> Os parámetros da etiqueta iframe anterior son os seguintes:
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.39
1. src: é a ruta onde se atopa o arquivo que desexo incluír. 2. frameborder: corresponde, en píxeles á anchura do bordo do marco. 3. height e width: corresponden á altura e anchura do marco. Hai que procurar que estas cantidades non excedan o tamaño do marco que o contén. 4. scrolling: corresponde á barra de desprazamento. Os tres valores deste parámetro son yes/no/auto. Con "yes" estará sempre visible, con "no" non estará nunca e con "auto" teraa só se se precisa. A continuación describiremos algunhas ferramentas de autor para a elaboración de actividades interactivas en formato de páxinas Web.
2.1.- Hot Potatoes Sistemas Operativos: Windows e Linux (executándoo co emulador Wine). Tamén, se se dispón da máquina virtual Java instalada no equipo, pode ser executada a versión Java en Windows, Mac VOS X, Linux, etc. Licenza: Freeware. Idioma: Inclúe o español. Hot Potatoes é unha ferramenta de autor desenvolvida polo Centro de Linguas da Universidade de Vitoria (Canadá), que permite a elaboración de exercicios interactivos a partir duns esquemas predeterminados. Tipos de actividades. Os formatos dos que dispón son: elección simple e múltiple, resposta curta, encrucillados, multiselección, emparellamento, ocos en branco e ordenar (letras nunha palabra ou palabras nunha frase). Entre as vantaxes desta aplicación podemos citar a sinxeleza de uso; porén tamén hai que indicar como inconvenientes o número limitado de actividades que se poden realizar e a súa escasa vistosidade. Para crear exercicios só hai que introducir os datos (textos, preguntas, respostas, etc.) e o programa xerará as páxinas Web automáticamente. Posteriormente pódense publicar ditas páxinas en calquera servidor. Para descargar o programa hai que acceder ao seguinte enderezo: http://hotpot.uvic.ca/index.php#downloads Os elementos que van formar parte da páxina Web introdúcense nuns cadros e posteriormente o programa xera unha páxina Web co código HTML e Javascript necesario para a correcta interacción.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.40
Sobre material formativo encontramos varios cursos na Rede: •
Curso de formación. El do ITE: http://www.ite.educacion.es/formacion/enred/ofrecemos/hot.php
•
Suite de programas elaborada na Universidade de Victoria (Canadá) en galego http://centros.edu.xunta.es/cfr/pontevedra/antonvicente/hotpot.htm
•
Banco de Recursos para a Diversidade Educativa http://www.xente.mundo-r.com/joseramonvidal/actividadesinteractivas.htm
•
Curso do grupo de Tecnoloxía Educativa da Universidade de Málaga: http://tecnologiaedu.uma.es/materiales/hotpot/hotpotatoes.pdf
•
Grupo de traballo “Elaboración de materiais didácticos interactivos para a atención á diversidade”: http://www.educarm.es/materiales_diversidad/inicio.htm
•
Manual oficial da aplicación (en inglés): http://hotpot.uvic.ca/wintutor6/tutorial.htm Dispoñemos dun videotutorial en: http://www.didacticatic.educacontic.es/sites/default/files/tree/178/es/ver/index.htm
Tamén encontramos unha serie de páxinas con actividades realizadas co programa: http://www.aula21.net/segunda/hotpotatoes.htm Colección de recursos elaborados con Hot Potatoes de EducaMadrid: http://www.educa.madrid.org/portal/web/educamadrid/hotpotatoes O código para incorporar as páxinas xeradas no noso blog en
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.41
http://avalerofer.blogspot.com/2007/05/ejercicios-con-hot-potatoes-en-blogger.html
2.2.- JClic
Sistemas Operativos: Multiplataforma (Windows, Linux, Solaris, Mac). Licenza: GPL. Idioma: Inclúe o español. JClic (http://clic.xtec.es/es/index.htm) é unha ferramenta de creación de actividades moi utilizada polo profesorado desde a súa aparición a principios dos anos 90. A nova versión de Clic (JavaClic) está feita en Java, polo que require do plugin de java instalado no equipo do usuario. O seu creador é Francesc Busquet. Tipos de actividades: JClic permite a posibilidade de executar diversos tipos de actividades: quebracabezas, asociacións, exercicios de texto, palabras cruzadas... A forma idónea de facernos unha idea das súas posibilidades é ver a demo (Actividades de demostración de JClic) que a podemos atopar en http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?ide=2740 Utilízase o enlace verlo (applet) do idioma desexado (atópase en cinco idiomas) para visualizala sen instalar nada no noso equipo. Na actualidade hai máis de 1200 proxectos (conxunto de actividades que seguen unha secuencia) na súa Web (http://clic.xtec.net/es/act/index.htm) destinados a diversas áreas curriculares e ao alumnado desde Infantil a Bacharelato, que se poden executar desde Internet e/ou instalarse no equipo do usuario. Están clasificados por: área, idiomas e niveis educativos.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.42
Algo interesante deses proxectos é que están licenciados mediante Creative Commons. Por defecto, a non ser que os autores dos mesmos indiquen o contrario, distribúense mediante unha licenza Creative Commons do tipo Recoñecemento - Non Comercial - Compartir Igual. Tal e como se indica en http://clic.xtec.cat/es/act/cc.htm: “Iso significa que sempre deberá recoñecerse a autoría das actividades, que está permitido facer adaptacións e traducións das mesmas, que non se permite a súa comercialización e que calquera obra derivada (adaptacións ou traducións) soamente poderá ser distribuída cunha licenza de uso idéntica á da obra orixinal”. Xa que logo, todos os recursos: imaxes, sons, actividades... podemos reutilizalas e/ou adaptalas á nosa realidade educativa. Sobre material formativo atopamos varios cursos, todos eles de moi alta calidade: •
No seu sitio Web atopamos un curso para a utilización do programa: http://clic.xtec.net/es/jclic/curs/index.htm
•
Curso na Web de Averroes: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/jclic/
•
Curso do Instituto de Tecnoloxías Educativas do Ministerio de Educación: http://www.ite.educacion.es/formacion/enred/ofrecemos/jclic.php Calquera destes cursos vainos permitir aprender a aplicación sen dificultades. Por outra parte atopamos igualmente videotutoriais do programa en http://www.domingomendez.es/colegio/clic/
Para incluír unha actividade de JClic no noso blog primeiro debe estar aloxada nun sitio Web. Imos utilizar as do sitio Web de JClic; unha vez alí imos ao formulario de procura (http://clic.xtec.net/db/listact_es.jsp) e seleccionamos (en base aos filtros de área, idioma e nivel) unha actividade para a inclusión no blog. Unha vez seleccionada unha aparécenos una pantalla co título, os seus autores, unha imaxe, etc. Debaixo, hai un enlace que di: verlo (applet).
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.43
Ao facer clic sobre el aparece unha fiestra coa actividade en funcionamento. Na parte superior, debaixo da barra do título vese unha icona do JClic seguido dun enderezo ou URL, que é o que hai que copiar dentro da etiqueta IFRAME para poder inscrustalo no blog.
Por exemplo: <iframe height="400" width="640" frameborder="0" src="http://clic.xtec.net/db/jclicApplet.jsp? project=http://clic.xtec.net/projects/deporte2/jclic/deporte2.jclic.zip&lang=es&title=D eportes+alternativos"> </iframe> Non hai que separar a liña que inclúe a ruta completa do arquivo (a do atributo src), que vai entre comiñas, por moi longa que sexa.
2.3.- LIM Sistemas Operativos: Por agora Windows, aínda que está previsto que no futuro poida aparecer un editor para linux.
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.44
Licencia: Actualmente Freeware aínda que se está traballando nunha versión GPL. Idioma: Inclúe o español. O autor de LIM (Libros Interactivos Multimedia) é Fran Macías, quen ademais manten o sitio EducaLIM (http://www.educalim.com/cinicio.htm), que ten por finalidade distribuír e dar a coñecer a contorna LIM. O sistema LIM é unha contorna para a creación de materiais educativos, formado por un editor de actividades (EdiLim), un visualizador (LIM) e un arquivo en formato XML (libro) que define as propiedades do libro e as páxinas que o compoñen. Tipos de actividades: Entre as posibilidades desta aplicación atópase crear actividades de: sopas de letras, pregunta - resposta múltiple, clasificar, ocos en branco... As actividades xéraas en formato flash, polo que se require o plugin desta aplicación instalado no navegador do usuario. A descarga da aplicación realízase desde: http://www.educalim.com/cinicio.htm Nesta mesma Web podemos acceder a exemplos, manuais e videotitoriais. Interesante a información sobre LIM e Blogger en: http://avalerofer.blogspot.com/2007/05/ejercicios-con-lim-en-blogger.html Con todo, para WordPress non podemos facelo porque non admite etiquetas HTML. Si pola contra é un WordPress instalado nun servidor non teremos problemas.
2.4.- eXe (eLearning XHTML Editor Project) Sistemas Operativos: Linux, Windows e Mac. Licencia: GNU General Public License (GPL) Idioma: Inclúe o español. O eLearning XHTML editor (eXe) é unha contorna de deseño desarrollado para axudar o profesorado na súa tarefa de elaborar e publicar materiais educativos na Web sen necesidade de coñecer HTML, XML ou complicadas aplicacións de publicación en Internet. Pódese descargar de http://exelearning.org//
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.45
Presenta un total de 23 actividades posibles. As seguintes son preguntas: •
Espazos en branco.
•
Examen SCORM, que en realidade trátase dunha pregunta multirresposta con resposta única.
•
Pregunta de elección múltiple.
•
Pregunta Verdadeiro-Falso
2.5.- Ardora Sistemas Operativos: Windows. Licencia: Freeware sempre e cando sexa utilizado de forma persoal, sen carácter lucrativo e con fins estrictamente educativos. Idioma: Inclúe o español. Con Ardora pódense crear máis de 30 tipos distintos de actividades, encrucillados, sopas de letras, relacionar, clasificar, ordenar, completar, paneis gráficos, reloxos, etc. Exporta as actividades a unha páxina Web e un arquivo (applet de Java) que contén as actividades. Para descarga do programa podemos acudir ao seguinte enderezo: http://www.webardora.net/descarga_cas.htm
Os blogs e o seu uso en educaci贸n
P谩x.46
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.47
Capítulo 8: Trucos para Blogger Índice de contido 1.- Trucos para Blogger 2.- Engadir son a un blog 2.1. - Sitios web para copiar código 2.1.2.- Goear: audios en liña 2.1.2.- Outros sitios 2.2. - Subir arquivos á web
1.- Trucos para Blogger Si nun buscador tecleamos as palabras trucos blogger aparécennos centenares de páxinas nas que atopar explicacións sobre como levar a cabo determinados procedementos de configuración do noso blog. Algunhas delas son: • • • • •
• • • •
Trucos Blogger: http://www.trucosblogger.com/search/label/Blogger blogmundi. Consellos para blogs: http://www.blogmundi.com/tag/trucos-blogger/ ñblog: Utilidades e recursos para o teu blog: http://utilidades.bitacoras.com/ http://utilidades.bitacoras.com/categorias/aplicaciones-para-blogger Blog en serio: http://blogenserio.com/2008/01/100-recursos-para-blogger-ywordpress/ Jaime - Trucos Blogger: http://jaimestrucoblog.blogspot.com/ http://jaimetrujilloescobedo.blogspot.com/search/label/ACCESORIOS%20PARA %20TU%20BLOG Roa Multimedia: http://roamultimedia.blogspot.com/ todoblogger: http://www.todoblogger.com/ trucos_BLOGS: http://www.trucosblogs.com/ ciudadblogger: http://ciudadblogger.com/ Por se queres probar algunha destas cousiñas no teu blog: 1. Agregar icona feed rss ás etiquetas 2. Engadir a opción “Continuar leyendo” 3. Ampliar as imaxes ao pasar o punteiro 4. Engadir imaxe flotante na plantilla 5. Engadir redes sociais ao blog 6. Engadir un chat na sidebar 7. Botón único en cada entrada para marcadores sociais
Os blogs e o seu uso en educación
8. Controlar o número de etiquetas na sidebar 9. Crear unha nube de etiquetas 10.Efecto ao pasar o punteiro sobre as ligazóns 11.Eliminar o bordo das imaxes 12.Eliminar a barra de Blogger 13.Eliminar a numeración nas etiquetas 14.Enlace a un artigo relacionado 15.Enlace de “Agregar a favoritos” 16.Expandir/contraer un post 17.Fecha dos posts ao estilo WP 18.Imaxe como fondo do blog 19.Imaxe na sidebar que funcione como enlace 20.Imaxe para redireccionar a un sitio 21.Incluír marquesinas de texto nas entradas 22.Incluír sitemap en Google Webmaster Tools 23.Incluír un buscador interno 24.Incluír un cartel con sombra 25.Inserir un vídeo 26.Inserir widget de tradución 27.Integrar o script Share This (Compárteo) 28.A primeira letra máis grande que as demáis 29.Modificar o header -cabeceira 30.Mostrar ligazóns como pestanas 31.Mostrar só o título das entradas 32.Ocultar a data das entradas 33.Ofrecer o código do banner do teu blog 34.Ofrecer subscripción por email 35.Optimizar os títulos do blog 36.Permitir o seguimento de comentarios 37.Personalizar o formulario de comentarios 38.Personalizar a mensaxe de subscripción ao feed 39.Poñer un favicon na dirección url 40.Poñer un marco ao blog 41.Recibir aviso de novos comentarios no email 42.Resaltar palabras dentro do texto
Páx.48
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.49
43.Sidebar distinto para páxina principal e páxinas individuais 44.Sistema de calificación para as entradas 45.Substituír con iconas diferentes aspectos da plantilla 46.Substituír as ligazóns de navegación por iconas 47.Transformar signos en emoticonos 48.Usar dominio propio 49.Usar imaxes en lugar de etiquetas
2.- Engadir son a un blog Podemos estar tentados por diversos motivos (para “dar ambiente”, porque a temática o requira, etc.) de incluír música no noso blog. Antes de facelo debemos ter algunhas cousas en conta: •
É probable que ao visitante do noso blog non lle guste que se reproduza automáticamente por estar reproducindo música nese momento (co cal se entremezclan os sons) ou que non teña os mesmos gustos musicais ca nós. Xa que logo, non é conveniente inserir sons que se reproduzan automáticamente ou, en caso de facelo, dar a opción de manipular o reprodutor (botón de pausa, parada, reprodución, volume). Se non o facemos arriscámonos a que unha porcentaxe significativa de visitantes abandone o noso blog (entre outras cousas porque hai quen necesita silencio para ler o seu contido).
•
Necesítase que o navegador dispoña dun complemento (plugin) para a súa correcta reprodución, como Flash Player, QuickTime, etc. que en moitas ocasións hai que instalar manualmente e o seu funcionamento pode ser distinto dependendo do sistema operativo. Xa que logo, hai que probar a música en varios navegadores e, se é posible, en sistemas operativos diferentes. Supoñamos que decidimos incluír sons no noso blog. Temos varias opcións:
2.1.- Sitios web para copiar código A opción máis fácil é acudir a sitios Web que teñen almacenadas cancións e copiar o código necesario para a súa inclusión no noso blog. 2.1.1.- Goear: audios en liña Goear (http://www.goear.com/) é un servizo Web2.0 que permite subir e gardar no seu servidor arquivos de audio. A cada recurso sonoro pódeselle asignar información textual: título da canción e descrición (o que facilita a súa procura). Para inserir no noso blog unha música de goear procedemos da seguinte forma:
Os blogs e o seu uso en educación
Páx.50
Vai á súa páxina Web: http://www.goear.com/ e utiliza o buscador para localizar a música que desexes.
Apareceranche unha serie de arquivos sonoros. Fai clic sobre o que desexes para escoitar a música.
Unha vez elixida a que desexemos incluír no noso blog hai que facer clic no cadro de texto This song in your site ou Inserta esta canción en tu web, co cal selecciónase todo o texto da caixa. Para copiar o código da mesma podemos recorrer a calquera dos dous procedementos seguintes: •
Facer clic sobre ela con el botón dereito e seleccionar, no menú emerxente, a opción Copiar.
Os blogs e o seu uso en educación
•
Páx.51
Premer a combinación de teclas Ctrl + C.
2.1.2.- Outros sitios Similares funcións a goear atopámolas en http://www.imeem.com
2.2.- Subir arquivos á web Outra opción é subir os nosos arquivos sonoros a un sitio Web para, unha vez subidos, copiar a ruta de ditos arquivos e enlazalos desde o noso blog. Hai multitude de sitios Web que nos permiten o aloxamento de arquivos: •
Xa que dispoñemos dunha conta de Gmail, unha opción válida pode ser Google Sites, que permite crear páxinas Web de forma sinxela e subir elementos para a súa inclusión nelas (imaxes, vídeos, arquivos sonoros, etc.).
•
Outros servizos de almacenamento de arquivos son: ◦
HostFile: http://hostfile.org/
◦
FileDropper. http://www.filedropper.com/
◦
FileQube: http://www.fileqube.com/
◦
MyFreeFileHosting: http://myfreefilehosting.com/
◦
MediaFire: http://www.mediafire.com/
◦
Boxstr: http://boxstr.com/
◦
FileDEN: http://www.fileden.com/
◦
Dropbox: https://www.dropbox.com/home
◦
CX: https://www.cx.com/
◦
Etc.
Despois de subir un arquivo a calquera destes sitios dásenos un enderezo onde se atopa aloxado.