LER NAS REDES SOCIAIS Equipo de biblioteca / Departamento de Orientación IES DE CURTIS
INTERNET NAS NOSAS VIDAS No século XXI, o manexo da Internet forma parte da vida laboral e privada dunha elevada porcentaxe da poboación dos países máis desenvolvidos: buscar e recibir ou ofrecer información de calquera tipo e interactuar con otros individuos son as accións fundamentais ligadas ó acceso a espazos virtuais. Para conseguirmos calquera dos obxectivos anteriores, moitos facémonos usuarios das REDES SOCIAIS. En primeiro lugar, imos ver que papel ocupan estas plataformas na vida académica e no tempo de lecer do noso alumnado. Para iso, cómpre cubrir a enquisa á que se pode acceder a través do seguinte enlace, e que nos dará pautas para abordar o tema en cada grupo: https://forms.gle/z4nJ4rTDkU9wj6JL7
QUE SON AS REDES SOCIAIS? As redes sociais son sitios de Internet formados por comunidades de individuos con intereses ou actividades en común (amizade, parentesco, traballo...) e que permiten o contacto entre eles, de xeito que poden comunicarse e intercambiar información. As redes socias máis usadas son: WhatsApp – Facebook – Instagram – Snapchat – Youtube – Twitter – TikTok- Twitch
WHATSAPP É un servizo de mensaxería instantánea gratuíta, internacional, que está substituindo ao teléfono tradicional.
●
Idade mínima: 16 anos
●
Moi fácil de usar
●
Permite enviar contido multimedia, localizacións, documentos, etc.
●
Non amosa publicidade
●
Moi rápida
●
Substitúe ao teléfono
●
Mostra o estado das mensaxes (se foi recibido...)
FACEBOOK É unha plataforma que se utiliza para estar en contacto coas persoas sen ter que chamarse por teléfono ou verse de forma frecuente. O seu uso é lúdico, aínda que pode usarse con fins profesionais ou promocionais.
●
●
●
●
Para maiores de 14 anos Permite colgar novas que o usuario considera interesantes ou compartir as doutros Utilízase tamén para escribir opinións, comentarios, etc Pódense subir imaxes e vídeos para compartir
INSTAGRAM É un espazo virtual no que se poden compartir imaxes e vídeos, mellorándoos para convertelos en profesionais. Vén sendo un escaparate persoal onde se mostra o perfil do usuario.
●
●
●
●
Para maiores de 14 anos Ideal para comprar ou vender cousas Fomenta as habilidades artísticas da persoa Ofrece servizo de mensaxería instantánea
SNAPCHAT Permite aos usuarios tomar fotos, gravar vídeos, engadir textos ou debuxos e envialos a unha listaxe de contactos limitada. Estes vídeos e fotos coñécense como snaps e o usuario pode controlar o tempo durante o que estes serán visibles, podendo facelos desaparecer cando queira.
●
Para maiores de 13 anos
●
Mensaxería efémera
●
●
●
Ofrece ferramentas de boa calidade para modificar imaxes Pódense editar vídeos engadir efectos, texto ...
e
Entre os usuarios hai un amplo sector da mocidade
YOUTUBE É un sitio web adicado a compartir vídeos. Ten unha gran variedade de clip de películas, programas de TV ou vídeos musicais, así como contidos de videoblog, gaming (videoxogos), cursos e moitas máis temáticas. As persoas que crean contido para esta plataforma son coñecidas como youtubers.
●
●
●
●
●
Para maiores de 14 anos Permite ver vídeos de distintos temas de forma gratuíta Pódense subir vídeos, que serán compartidos con persoas de todo o mundo Dispón dalgúns servizos de pago, como Youtube premium ou Youtube music, que dan acceso a material con dereitos de autor En boa parte dos vídeos aparece publicidade destinada a financiar a canle
TWITTER É unha rede que permite o envío de mensaxes de texto cun máximo de 280 caracteres, chamados tuits ou tweets, que se amosan na páxina persoal. Os usuarios poden subscribirse aos tuits doutras persoas e así seguir as mensaxes publicadas por eles (a isto chamáselle seguir e aos abonados chámaselles seguidores).
●
●
●
Para maiores de 14 anos O usuario pode seguir os comentarios daquelas persoas que sexan do seu interese (músicos, políticos, artistas, etc.) Tamén permite subir contido multimedia
●
Non inclúe publicidade
●
É fácil de usar.
TWITCH É unha plataforma, propiedade de Amazon, que permite realizar transmisións en vivo. Inicialmente creouse para retransmitir vídeos en directo (por “streaming”); incorpora, ademais, un chat en aberto, logrando así unha importante interacción entre o emisor de contido (“streamer”) e os seus seguidores.
●
●
●
Naceu en xunio de 2011 coa finalidade de permitir aos usuarios retransmitir as súas partidas ao videoxogo elixido. Acabou sendo a plataforma de referencia dos eventos deportivos electrónicos (e-sports). Sony vén de presentar a Play Station 5 a través desta plataforma. Non pode ser usada por menores de 13 anos. A diversificación da súa oferta e o número de seguidores medrou coa pandemia: moitos streamers empezaron a crear contidos diversos nesta rede (entrevistas, música…).
TIK TOK - Require que os seus usuarios É unha rede social de creada pola empresa tecnolóxica chinesa ByteDance que se basea en compartir vídeos. TikTok lanzouse ao mercado chinés en 2016; pero só estivo dispoñible en todo o mundo en 2018.
teñan, polo menos, 13 anos. -Permite crear, editar e subir videoselfies de 1', aos que se poden aplicar efectos especiais e engadir fondo musical. - Ofrece a posibilidade de crear vídeos a partir dunha serie de fotografías. - Inclúe outras funcións, como a posibilidade de enviar mensaxes ou emitir votacións.
PARA MANEXAR DE XEITO CORRECTO AS REDES É FUNDAMENTAL COÑECER: A IDENTIDADE DIXITAL
A NETIQUETA
AS VANTAXES DO SEU USO
OS RISCOS QUE AGOCHAN
A IDENTIDADE DIXITAL É o conxunto de información sobre un individuo ou unha organización (datos persoais, imaxes, rexistros, noticias, comentarios, etc.) exposta en Internet, que conforma unha descrición da dita persoa no plano dixital. Cómpre usar nicks, contrasinais seguros, pechar as sesións ao rematar e ser sensatos á hora de utilizar e difundir información que nos caracterice fronte aos demais: cando as nosas redes sociais son públicas e compartimos detalles da nosa vida privada, temos que ter presente que a información sae do nosos círculos de confianza e deixa de ser só nosa. Campaña Unicef redes: https://www.youtube.com/watch?v=WqBl2zyXI7g El adivino de las redes sociales: https://www.youtube.com/watch?v=j-tFoYNHi1w
A NETIQUETA A netiqueta refírese ao tipo de comportamento que é axeitado ter no uso das redes sociais. Do mesmo xeito que non imos ao traballo en traxe de baño nin falamos a berros, nas redes sociais deben de cumprirse unha serie de pautas para que todos sexamos merecedores de respecto. Implica: - Boa educación e trato respectuoso - Comportamento coma o que se esixe no contacto físico - Escritura e expresión correctas e adecuadas - Respecto á privacidade dos demais - Non usar o ciberespazo para ofender ou burlarse dos que están doutro lado da pantalla
QUE VANTAXES OFRECEN AS REDES SOCIAIS? ●
●
●
Gratuidade Inmediatez, tanto na comunicación coma no acceso a información de actualidade Instrumento de lecer que permite superar as barreiras xeográficas
●
●
●
Fácil accesibilidade a contidos multimedia Posibilidade de compartir información con varios interlocutores ao mesmo tempo (simultaneidade na comunicación) Carácter socializador
E CALES SON OS PERIGOS? ●
Adicción
●
Malware *
●
Ciberacoso
●
Perfís falsos
●
Grooming
●
Problemas de privacidade
●
Sextorsión
●
Estafa
●
Rechazos laborais
●
Insultos
●
Phishing
●
Incitación ó odio
*
* Técnica de captación ilícita de datos persoais, principalmente relacionados con claves para o acceso a servizos bancarios e financeiros
* Software maligno que trata de acceder a un dispositivo sen o coñecemento do usuario
LEMBRA QUE PODE TER CONSECUENCIAS PENAIS PUBLICAR MENSAXES CON: ● ● ● ● ● ● ●
Contido de carácter sexual Incitación ao odio Contido con violencia excesiva ou autolesións Ameazas Información privada doutras persoas Venta ou promoción de drogas Violación dos dereitos de autor
E, POR SEGURIDADE, NON DEBES PUBLICAR NUNCA: ●
Data completa de nacemento
●
Ubicación actual
●
Fotos de menores
●
Enderezo e teléfono
●
Situación sentimental
●
Datas de vacacións
●
Fotos con xeorreferencias automáticas
●
Situacións comprometidas
AFONDANDO NOS RISCOS: CÓMPRE SER COIDADOSO Como xa estades vendo, o manexo correcto das redes leva asociadas vantaxes importantes na sociedade actual; porén, cómpre tamén subliñar os perigos que se agochan detrás dos usos irreflexivos e incorrectos. Un deles é o ciberacoso: a información sobre este feito pode previr danos no futuro.
QUE É O CIBERACOSO? Maltrato, xeralmente repetido no tempo, que se exerce a través das tecnoloxías da comunicación: correo electrónico, mensaxería instantánea, redes sociais, mensaxería de texto a través de dispositivos móbiles ou publicación de vídeos ou fotografías en plataformas electrónicas de difusión de contidos.
Curtametraxe El encargado (para reflexionar sobre o antes e o agora do acoso):
https://www.youtube.com/watch?v=WgiB06NNo
QUEN O PODE SUFRIR? ●
●
●
Calquera persoa que manexe as TIC pode ser obxecto de acoso dixital. Tamén os menores (nenos e adolescentes) son na actualidade elementos que participan no fenómeno do ciberacoso, podendo asumir distintos papeis: vítimas, acosadores, testemuñas pasivas. Por que aumenta o ciberacoso entre este sector? - Fácil acceso a Internet e cada vez maior portabilidade dos aparatos. - Descoñecemento e irreflexión acerca da privacidade, da protección de datos e da facilidade con que se viralizan os contidos publicados nas redes. - Maior inmadureza na trascendencia dos actos e maior vulnerabilidade das vítimas.
ALGUNHAS FORMAS DE CIBERACOSO
GROOMING
QUE É? É o conxunto de estratexias que unha persoa adulta desenvolve para conseguir a confianza dun menor a través da Internet, co fin último de obter concesións de índole sexual. Desde un achegamento cheo de empatía e/ou enganos pásase á chantaxe máis cruenta para obter imaxes comprometidas do menor e, en casos extremos, lograr un encontro en persoa.
Campaña-publicitaria-Love Story- Por un internet Seguro-Movistar-Policía Nacional-Guardia Civil: https://www.youtube.com/watch?v=Ier51W5ZJT0
COMO SE DESENVOLVE? https://youtu.be/Pa2ttVRA-xU (Internet Grooming… en Pantallas Amigas) ●
●
1. Contacto inicial a través dalgún servizo da Internet utilizado con frecuencia por menores: redes sociais, plataformas de xogo ou comunidades on-line. 2. O acosador usa o engano xa no primeiro contacto: crea un perfil falso con idade e gustos similares aos do menor para atraer a súa atención e lograr que acepte a súa solicitude de contacto.
●
●
3. A relación de confianza vai avanzando día tras día: o acosador consegue que a vítima lle confíe unha imaxe, un vídeo (web-cam) ou un segredo privados. 4. Con ese material, o adulto vai manipular o menor para conseguir máis imaxes , vídeos e mesmo un encontro en persoa. Se non acepta as súas propostas, aparecen as ameazas relacionadas coa difusión da información obtida.
PODE SUPOÑER UN DELITO? ●
●
As prácticas de grooming están sancionadas legalmente, por relacionarse cos delitos de: Coacción, ameazas e revelación de segredos, atentando contra a intimidade
●
Abuso e agresión sexual
●
Corrupción e prostitución de menores
SEXTING E SEXTORSIÓN
QUE SON? SEXTING É unha práctica que consiste en compartir voluntariamente fotos ou vídeos íntimos entre dúas ou máis persoas, maiores ou menores de idade. ¿Sabes que es sextear? Es mejor pensar antes de sextear en Pantallas Amigas: https://www.youtube.com/watch?v=pTZmqim_kbw
SEXTORSIÓN Prodúcese cando se publican ou comparten sen permiso contidos privados como fotos con corpos espidos ou prácticas eróticas, difundíndoas na rede para chantaxear ou acosar a alguén.
PODEN SUPOÑER DELITO? ¿SEXTING? Piénsalo: existen leyes que penalizan acciones ligadas al sexting, en Pantallas Amigas https://www.youtube.com/watch?v=vp0VhFCjOQY
A sextorsión pode ser sancionada legalmente: ●
Por asociarse coa posesión e/ou distribución de pornografía infantil
●
Por contribuír á corrupción de menores
●
Por vulnerar o dereito á honra e á propia imaxe
●
Por atentar contra a intimidade, difundindo de maneira ilícita datos persoais
CIBERACOSO ESCOLAR
QUE É? Ciberbullying: campaña de Pantallas Amigas
https://www.youtube.com/watch?v=tX4WjDr5XcM
Trátase dunha conduta de acoso entre menores que se relacionan nun mesmo contexto educativo. Desenvólvese a través das TIC e inclúe actuacións de chantaxe, vexacións e insultos. Pode ir acompañado do acoso presencial, físico. Hai tres trazos que o identifican: -A existencia de intención de facer dano: agresor vs vítima - A reiteración das condutas agresivas - A desigualdade de forzas entre a persoa máis forte e a máis débil; a indefensión e vulnerabilidade da vítima impídelle saír soa do problema
COMO SE EXERCE? ●
Envío de imaxes denigrantes
●
Seguimento a través de software espía
●
Elección en xogos online do xogador menos habilidoso para gañarlle e humillalo
●
Comentarios despectivos ou difamatorios en contornas públicas
●
Denegación do acceso a foros, chats…
●
●
Uso de información atopada en plataformas de difusión dixital para manexala de xeito difamatorio ou para manipulala e difundila falseada Acceso coa clave da vítima a un servizo para realizar a través del accións que poidan causarlle prexuízos
PODE MESTURARSE COA SEXTORSIÓN? ●
Cómpre ter claro que as diferentes formas de acoso entre menores a través da rede pódense cruzar: ¿Se te ha pasado por la cabeza enviar esa foto? Anuncio de Orange (Por un uso Love de la tecnología) https://www.youtube.com/watch?v=XCPxLQUEU1I
PODE SUPOÑER UN DELITO? A práctica do ciberacoso escolar pode, efectivamente, levar consigo consecuencias penais cando fai uso de: ●
●
●
●
Ameazas que implican facer un mal á vítima se non acepta certas esixencias do acosador Coaccións, entendidas como imposicións para facer ou deixar de facer algo, usando para iso como recurso a violencia física e/ou psicolóxica Inxurias, é dicir, accións ou expresións que danen a dignidade, fama ou propia estima Calumnias, entendidas como atribucións de delitos á vítima, sendo estes falsos
DECÁLOGO PARA O BO USO DAS REDES
DECÁLOGO (I) 1. O uso das redes ten moitas vantaxes: comunica, socializa e entretén. Pero tamén agocha perigos: adicción, perda de intimidade e acoso 2. Mostra sempre comportamentos respectuosos cos demais (netiqueta) e contigo mesmo cando uses as redes sociais 3. Adecúa o ton ó contexto comunicativo: non é o mesmo falar cos compañeiros que participar noutros foros 4. Todo o que colgas na Rede deixa de ser propiedade exclusiva túa: reflexiona antes de compartir datos persoais, fotos e vídeos 5. Lembra que unha pantalla non proporciona nin seguridade, nin anonimato nin impunidade
DECÁLOGO (II) 6. Non esquezas nunca que o diálogo cara a cara, en persoa, é a mellor ferramenta para resolver conflitos 7. Sé reflexivo sempre cos teus actos e procura empatizar cos demais: ninguén ten dereito a acosar a outra persoa cos seus comentarios e actitudes. Se realizaches actos deste tipo, busca axuda para non seguir 8. Se te sentes atacado ou acosado: non respondas, corta a conexión, garda as probas e pon a situación en coñecemento dun adulto 9. Non te sintas culpable se te acosan: es vítima dunha situación que pode constituír un delito 10. Rompe a lei do silencio: se es testemuña e non denuncias convérteste en cómplice
E, SE CHE GUSTA LER, RECOMENDÁMOSCHE:
ACTIVIDADES FINAIS 1. Visionado do vídeo Peligros en redes sociales para niños, niñas y adolescentes: https://www.youtube.com/watch?v=G8iciqvXnmk&feature=youtu.be Coloquio sobre vantaxes e riscos das redes sociais, a partir do vídeo, localizando as formas concretas de acoso que aparecen nel. 2. Mesa coloquio: inicialmente o alumnado escribirá nunha nota anónima aquelas ideas que máis lle chamaron a atención despois de ver a presentación Ler nas redes sociais. Precisará tamén se, a partir de agora, vai manexar doutro xeito estas plataformas de información. O profesorado irá lendo en voz alta os comentarios e despois farase un coloquio sobre a utilidade dos coñecementos adquiridos. 3. DRAMATIZACIÓN, en versión actual da curta El encargado, para ver a reacción dos adolescentes actuais e do profesorado ante o acoso.
FONTES DE INFORMACIÓN MANEXADAS E RECURSOS DE UTILIDADE (I) - Condicións de uso de WhatsApp, facebook, instagram, Sanpchat https://androidphoria.com/ e outras. Guía legal sobre ciberbulling y grooming, INTECO (Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación), Observatorio de la seguridad de la Información (2009) https://www.observatoriodelainfancia.es/oia/esp/documentos_ficha.aspx?id=2273 - Ciberbullying: guía de recursos para centros educativos en casos de ciberacoso, Luengo Latorre, J. Antonio, editado por el Defensor del Menor en la Comunidad de Madrid, (2011) https://www.observatoriodelainfancia.es/oia/esp/documentos_ficha.aspx?id=3149 - Guía de actuación contra el ciberacoso http://xuventude.xunta.es/uploads/Gua_de_actuacin_contra_el_ciberacoso.pdf -
FONTES DE INFORMACIÓN MANEXADAS E RECURSOS DE UTILIDADE (II) - Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso, en EDUCONVIVES.GAL https://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal - Guía Identidade Dixital - Identidad Digital, Autores: Varios Edita: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Depósito Legal: C 1937-2017 https://eventos-edu.xunta.gal/identidade-dixital - Por un uso LOVE de la tecnología https://usolovedelatecnologia.com/ - Guía sobre adolescentes y sexting: qué es y cómo prevenirlo https://www.sexting.es/guia-sobre-adolescentes-y-sexting/
FONTES DE INFORMACIÓN MANEXADAS E RECURSOS DE UTILIDADE (III) - Pantallas amigas. Por un uso seguro y saludable de internet, redes sociales, móviles y videojuegos https://www.pantallasamigas.net/ - “Es más peligroso tener a Alexa encima de la mesa que a un señor observándote cada día en el salón”, artigo publicado por Luis Sevillano en El País https://elpais.com/tecnologia/2019/02/21/actualidad/1550768323_045000.html
- VISIONADO DE DOUS EPISODIOS DA SERIE INGLESA BLACK MIRROR a) Caída en picado b) Shut up and dance (Cala e baila), sobre a temática da sextorsión