E TI, SABES LER... PUBLICIDADE? Equipo de Biblioteca I.E.S. de Curtis
E TI, SABES LER … PUBLICIDADE?
QUE É A PUBLICIDADE? A PUBLICIDADE é unha técnica de promoción de produtos. ● QUE OBXECTIVO TEN? Informar ó público, a través dos medios de comunicación, sobre as vantaxes de bens e servizos, para vendelos e obter beneficios económicos. ● CAL É A SÚA FERRAMENTA FUNDAMENTAL? Os anuncios publicitarios, difundidos a través dos medios de comunicación. ●
PUBLICIDADE COMERCIAL E PUBLICIDADE INSTITUCIONAL ●
●
●
A publicidade comercial presenta as excelencias dun produto para que o consumidor o compre e o use. O contido pode ser ou non ser respectuoso cos valores éticos e transversais dunha sociedade. Tamén se fai, en menor medida, publicidade institucional: intégrana anuncios que forman parte de campañas de interese xeral que alertan á poboación sobre un problema ou buscan a corrección de comportamentos perigosos. Nos últimos tempos, certas marcas comerciais conxugan os trazos de ambos modelos publicitarios. A razón está no “compromiso útil” do empresario co logro dunha sociedade mellor.
QUEN FAI OS ANUNCIOS PUBLICITARIOS ? Fanos os "creativos publicitarios“, que traballan en Axencias de Publicidade. Cómpre ter en conta que no deseño e elaboración dun anuncio intervén moita xente: sociólogos, psicólogos, xente que fai enquisas, músicos, especialistas en imaxe e deseño… Todo está perfectamente estudado para que o anuncio capte a atención dun determinado grupo de xente.
ALGÚNS COÑECEMENTOS NECESARIOS PARA LER PUBLICIDADE
QUE INFORMACIÓN PODEN TRANSMITIR AS CORES? Cores cálidas: dan sensación de actividade, de alegría, de dinamismo, de confianza , forza, poder, vitalidade. Os publicistas úsanos como reclamo da atención do consumidor. ● Cores frías: dan sensación de tranquilidade, descanso, seriedade, profundidade e reflexión. ●
12
Cores frías
Cores cálidas
10 8 Columna 1 Columna 2 Columna 3
6 4 2 0 Fila 1
Fila 2
Fila 3
Fila 4
CADA COR TEN UN SIGNIFICADO VERMELLA: úsase para captar a atención. Pode ter valor connotativo de paixón, forza, potencia…
AMARELA: úsase tamén para captar a atención. Asóciase á luz e á calor.
O BRANCO E O NEGRO BRANCO: cor atraente pola súa limpeza. Asóciase á pulcritude, á perfección e ao bo gusto. Úsase tamén para destacar sobre un fondo.
NEGRO: úsase como fondo para buscar o contraste. Pode asociarse ao exótico, pero tamén ao misterio, elegancia e distinción.
O VERDE E O AZUL VERDE: transmite sensación de relaxación e calma. Asóciase, con frecuencia, á natureza, a todo o puro e san.
AZUL: suxire calma, tranquilidade, serenidade. Asóciase á inmensidade do mar e do ceo.
A COR DOURADA É un color moi usado na publicidade para suxerir as ideas de sofisticación, luxo, triunfo (conexión cos galardóns deportivos) e felicidade (pensade na decoración do Nadal ).
OS TIPOS DE PLANOS Nun anuncio publicitario é moi importante analizar os tipos de planos (espazo visual onde están obxectos, personaxes…) que predominan, xa que axudan a entender o que se quere subliñar na mensaxe publicitaria: se interesan paisaxes, aparecerán planos panorámicos, se o interese se centra nalgunha parte do corpo ou dun obxecto, manexaranse os primeiros planos ou de detalle…
TIPOS DE PLANOS
A ANGULACIÓN
Consiste en colocar a cámara nunha posición para crear un efecto determinado no lector ou en quen o esté vendo. Observade a seguinte diapositiva.
TEMÁTICA Os publicistas deseñan as súas mensaxes publicitarias en torno a temas que resultan moi atraentes para o receptor e que despertan nel sensacións positivas. Eses temas son manexados polos publicistas como argumentos para convencer ao potencial comprador: A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTOREFINAMENTO, A VIDA SAUDABLE, A TECNOLOXÍA, A CIENCIA, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O FACTOR ECONÓMICO, O HUMOR, A FAMILIA, A XUVENTUDE , A AMIZADE, A DIVERSIÓN… E NOS ÚLTIMOS ANOS, A INCLUSIVIDADE (aplicada a razas, culturas e aos roles masculino e feminino)
ESTEREOTIPOS Son ideas acerca de tipos sociais firmemente aceptadas por unha comunidade. A xeneralización inherente ó estereotipo faino erróneo, falso. Velaquí algún dos estereotipos máis comúns no mundo publicitario, cos que debemos ser moi críticos, pola falsidade que actualmente levan consigo:
OS ESTEREOTIPOS DE SEXO HOME: ESTABLE, VALOROSO, AMANTE DO RISCO, CONQUISTADOR, EXECUTIVO… ●
MULLER: AMA DE CASA, NAI , INFERIOR INTELECTUALMENTE, FERMOSA, COQUETA… ●
TAMÉN OS NENOS SON REPRESENTADOS COMO DISTINTOS DAS NENAS... ●
MATERIAIS
Modelo ficha de análise
Curtisbiblio – I.E.S. de Curtis