A Coruña
xuño’10
C.X. Abeiro
MEGABEIRO revista do c.x. abeiro
Revista Megabeiro - Revista Informativa da Asociación Centro Xuvenil Abeiro - Número xuño 2010 - CX Abeiro Rua Don Bosco nº1, 15002 A Coruña - 981 229 943 - www.cxabeiro.org - Neste número participan: Jesús Mª Peña, Ángel Gudiña, Andrés, Marcos Varela, Adrián Garea, Santiago Mosquera, Manuel Moar, Susana, Adrián, Julio, animadores/as de Tardes Abertas, César Rouco, Carlos Yáñez, Aida Mosquera e María Díaz
CX Abeiro www.cxabeiro.org Índice
2 Saúdo 3
Internacional en Abeiro 4
10 minutos con... 5
Acampada e Imposición ADS 7
ADS estivo alí
Xuntanza ADS 2010
8
Imaxes da nosa historia 10
9
Este ano en Sala Aberta... 12
Os pasatempos de Tardes Abertas 14
Nova camiseta de Abeiro 20
A nosa Andaina 21
Xogos de Andaina 22
Campamento Urbano 2010 23
3 Ola, amigos e amigas: Estamos xa a piques de rematar unha xeira que comezaba con moitas ilusións e cun lema: “Camiñando xuntos”. Certamente camiñamos moito ao longo destes meses nas agrupacións, proxectos, comisións, etc. As actividades foron moi variadas, sempre coa ilusión de facer un servizo á nosa sociedade e de promover os valores nos que cremos. Tivemos aventuras, festas, xogos, música, actividades conxuntas, saídas, xuntanzas, acampadas, e moito máis. Tamén neste curso, coma novidade, botamos a andar o programa Espabila de apoio escolar coa axuda da fundación Juan Soñador.
Agora que rematan as actividades ordinarias ábrese un novo reto: o verán. Agárdannos os campamentos e cursiños das agrupacións e tamén o 7º Campamento Urbano. Despois dun tempo sen poder facelo, lanzámonos á aventura da sétima parada. No verán podemos aproveitar para facer moitas cousas das que non podemos disfrutar ao longo do ano. Por iso estades todos invitados a pasalo ben cos amigos, coa familia, aproveitando a praia e a natureza. Pero non esquezades que se pode disfrutar máis respectando a todos e facendo que cantos se relacionen con nós queden contentos.
Ao final tamén miramos atrás e vemos os erros, as cousas que non saíron como nos gustaría e pensamos que o vindeiro curso sempre podemos mellorar. É a dinámica normal. Cada un pode contar o que foi o seu camiño particular nesta xeira, pero podemos dicir que entre todos fixemos un pouco máis grande Abeiro.
Bo verán a todos e a todas. Vémonos pronto.
Jesús Mª Peña (Director do C.X Abeiro)
MEGABEIRO xuño 2010
CX Abeiro www.cxabeiro.org Internacional en Abeiro Dende finais de abril, comecei a traballar para a Confederación de Centros Xuvenís xestionando todas as ofertas e proxectos europeos que chegan aos Centros e para desenvolver este traballo o noso Centro Xuvenil déixame a sala de Catecumenado. Aínda que cando saía este artigo xa non estaredes a tempo para apuntarvos, creo que teño que falarvos de toda a oferta que temos, tanto animadores como rapaces, de participar en actividades con outra xente moza de diferentes países de Europa: -Encontros/intercambios de animadores: este ano será en Cracovia, Polonia, dende o 18 ata 25 de Xullo, e tratará sobre a interculturalidade, a comunicación e a creatividade. Este vai dirixido a persoas maiores de 18 anos e menores de 30. -Campamentos de verán: Podemos ir de animadores a outros campamentos, por exemplo a Bélxica ou a Holanda. Tamén podemos ser nós os que acollamos a animadores europeos nos nosos campamentos. -Cursos de formación: por exemplo, eu estiven este ano en Praga, do 11 ao 14 de Marzo, para aprender o que é a Youth Advocacy, e aprender a defender as opinións da xente nova. Estes son tan só dous exemplos de actividades para animadores. Para rapaces tamén hai opcións de viaxar, coñecer a xente nova e diferente, e aprender das nosas diferenzas: o bo que temos nós e bo que teñen eles. Para iso está a 17 Semana Europea da Xuventude.
4
A 17 Semana Europea da Xuventude é un campamento para mozos de entre 15 e 19 anos de países de toda Europa que pertencen á Don Bosco Youth Net (rede de asociacións mozas dos Salesianos e na que hai asociacións de 13 países diferentes). Será do 7 ao 14 de Agosto en Benediktbeuern, e nel teredes a oportunidade de facer deportes de aventura, coñecer a Rexión de Baviera en Alemaña, coñecer xente nova e aprender inglés. Como vedes hai moitas oportunidades e agora Abeiro acolle a persoa encargada de xestionar toda esa información. Creo que é moi importante, polo menos, estar ben informados para non perder ningunha oportunidade.
Ángel Gudiña Técnico de Apoio ao Área de Internacional da Confederación de CCXX Don Bosco de España
5 Dez Minutos con… José Antonio Rodríguez, novo párroco de María Auxiliadora e anterior director do Centro Xuvenil Abeiro durante 5 anos.
Megabeiro: Tres palabras para definirte: José Antonio: Sinceiro, tímido e responsable. MB: Cando foi a primeira vez que pensaches en ser salesiano? JA: Primeiro foi a idea de ser sacerdote aos 12 anos, logo a de ser salesiano aos 19 anos. MB: O mellor momento vivido no Centro Xuvenil. JA: Hai moitos momentos, pero se teño que elixir algúns son as acampadas que fixen cos ADS e os Andaina. MB: Qué aprendiches como Director do Centro Xuvenil? JA: Que cada mozo e moza ten os seus tempos e as súas circunstancias para medrar como persoa.
MB: Qué pensas que aportaches ó Centro Xuvenil? JA: Eu diría que intentei aportar, porque non creo que o conseguira, que o tempo de lecer é o mellor momento para poder educar e transmitir o compromiso cristián. MB: Tres palabras para definir ó Centro Xuvenil. JA: Ledicia, amizade, grupo. MB: Que é o que máis che gusta da túa labor na parroquia? JA: Ver como a xente maior está comprometida nos grupos da parroquia e cos máis necesitados. É xente que pensa que a vida ten que saborerse ata o final. MB: Tres palabras para definir a Parroquia. JA: Acollida, escoita, confianza en Deus
MEGABEIRO xuño 2010
CX Abeiro www.cxabeiro.org MB: A quen admirabas de pequeno? JA: Ó meu párroco e a Don Eduardo, un salesiano de Vigo. MB: A quen admiras agora? JA: A xente que adica o seu tempo aos demais. MB: Que precisas? JA: Xente que me axude na miña tarefa na parroquia. MB: Que che sobra? JA: A xente que sempre o ve todo negro e non fai nada para arranxalo. MB: Aprendín moito de... JA: a xente coa que me atopei na miña formación como salesiano. MB: Non me ensinou nada... JA: a xente que vai pola vida e todo o saben, e non son capaces de abrirse a novas ideas. MB: Pensei en tirar a toalla cando... JA: tentei aprender a tocar a guitarra. MB: Un acerto. JA: Estudiar Psicopedagoxía.
MB: Un fallo. JA: Non aprender a tocar un instrumento. MB: Un medo. JA: Facerlle dano coas miñas palabras a alguén. MB: Un estrés. JA: Que non me de tempo a facer as cousas das que me responsabilicei. MB: Querería coñecer… JA: Xerusalén MB: Non querería coñecer… JA: Se falamos dunha situación, todo aquelo que provoca violencia. MB: Unha cidade para vivir. JA: A Coruña MB: Un lugar. JA: Galicia MB: Unha cor. JA: Azul MB: Unha comida. JA: Ovos fritos con patacas fritas. MB: Un soño por realizar. JA: Visitar Terra Santa: Xerusalén, Belén... MB: Unha película. JA: Azul, da triloxía de Kieslowski. MB: Un libro. JA: A montaña máxica de Thomas Mann. MB: Unha canción. JA: Sé feliz, de Luz Casal. MB: Un desexo para o Centro Xuvenil. JA: Que siga sendo un lugar onde a xente moza se sinta querida. E que medre o número de animadores.
6
7 Acampada e imposición ADS Os días 5 e 6 de Marzo os ADS tivemos unha saída de dous días na que, confiando na climatoloxía, esperabamos pasar un bo rato e coñecer mellor ós nosos compañeiros. A acampada tivo lugar no pazo de Iñás, ó que chegamos tras unha curta viaxe en bus. Unha vez alí, e xa acomodados nas habitacións, ceamos e pasamos a prepararnos para o xogo da noite. Este xogo chamábase Rommel e Montgomery, e era bastante estratéxico. Despois de xogar un par de horas, contáronnos uns contos, e fomos para cama. Ó día seguinte erguémonos cedo, almorzamos, recollimos un pouco o lugar, e levamos a cabo a actividade da mañá, que consistiu en xogos, e nun momento máis serio: a imposición de panos. ¿Imposición a metade de curso? Pois sí. Un dos cambios que se levou a cabo en ADS este ano, consiste en impoñer o pano a principios do curso, como símbolo da pertenza ó grupo, facendo a finais de curso a
tradicional imposición do pasador para os de segundo ano e a do novo símbolo para os de primeiro. Antes da imposición en sí, estivemos a pensar un pouco sobre o pano ADS: a súa forma, a súa cor... E explicamos que significaba o pano para cada un dos que xa o tiñamos. Os ADS que levaron pano tiveron que pensar un compromiso, que era o que querían que simbolizase o seu pano ao ser eles parte de ADS. Este compromiso debían dicilo diante de todos no momento no que se lles impoñía o pano. Logo do momento da imposición, e mentres un grupo facía (ou tentaba facer) o xantar, dimos unha volta polos camiños da zona. A chuvia obrigounos a voltar, xusto a tempo para xantar. Xa comidos, rematamos de recoller as nosas cousas, limpamos as habitacións nas que durmimos, e collimos o bus de camiño a casa, voltando un pouco máis ADS do que fomos. Andrés
MEGABEIRO xuño 2010
CX Abeiro www.cxabeiro.org ADS estivo alí O pasado 29 de Marzal tivemos o pracer de facerlle unas preguntiñas a Filipe Luis e a Juan Carlos Valerón, actuais futbolistas do Deportivo da Coruña. O encontró tivo lugar na Asociación de Antigos Alumnos/as tras certa espera. Alí reuniuse un bo número de persoas para preguntar aos xogadores. Ó principio pasaron uns minutos sen ningunha pregunta, ata que chegou a primeira. Falouse de que o fútbol actual está máis mecanizado e de cousas como o que pensaban facer ó retirarse (Valerón), ou se pensaban marcharse (Filipe).
8
Pero a mellor pregunta dicía: Que é para vós o máis importante e satisfactorio do fútbol? Ó que se puñan varias opción, entre as que estaba debutar coa selección, ser ovacionado polo público e gañar un título. Pero a resposta de ambos foi o GOL. Porque segundo eles, era o mellor e o máis grande. Ademáis, despois da charla houbo firmas de camisetas e comida, así que sen dúbida pasámolo ben, e además, ó chegar á casa nin ceamos nin nada, íamos contentos coa nosa camiseta firmada.
Marcos Varela, Adrián Garea, Santiago Mosquera y Manuel Moar
9 Xuntanza ADS 2010 A Xuntanza de ADS deste ano foi en Santiago de Compostela, xa que por ser Ano Xacobeo quixemos celebrar este momento alí. A verdade é que nós empezamos a Xuntanza antes de tempo xa que fomos dende Coruña cos ADS de Lugo (aínda que estes se retrasáron un pouco), e xa en Santiago atopámonos cos demais ADS de Galicia. O primeiro que fixemos tras saudar aos nosos vellos amigos e coñecidos foi cantar unha canción de benvida, mentres aproveitabamos para falar entre nós e recordar vellos tempos nos campamentos do verán. A continuación empezamos un xogo co que iamos coñecer, por pequenos grupos de ADS de distintos centros, un pouco máis a cidade; pero se tívo que suspender porque a chuvia non nos deu tregua e tivemos que ir ao Centro Xuvenil en busca de refuxio; pero de camiño fumos falando, cantando e bailando divertidas cancións como a do tallarín ou a pipoca...
os xogos, a iso das cinco, tivemos un pequeno Tempo de Paz, polos grupos do xogo da mañá, no que fixemos un pequeno resumo do día, compartimos todos experiencias que vivimos nese día, e falamos doutras cousas. Para rematar a Xuntanza sacámonos todos unha foto, para inmortalizar o día, mentres cantabamos o noso querido Himno (millor dito: o noso querido Estribillo, jijiji) e dixémonos “ata pronto” xa que no verán volverémonos a ver no campamento. Un saúdo e un abrazo para todos!!
Susana, Adrián e Julio
Unha vez no Centro Don Bosco xa era hora de xantar así que recargamos enerxías para poder seguir divertíndonos pola tarde. Despois de comer tivemos tempo libre no que algúns aproveitamos para xogar ao fútbol (Coruña vs. os demais, con resultado moi favorable para nós, jeje), outros coñecimos xente nova ou nos puxemos ao día (chicos, chicas...), e o resto tirámonos á bartola. Despois deste “descanso” fixemos varios xogos divertidos, aos que cada un podiamos ir libremente, como A Chave (versión compostelana), o xadrez (non o de mesa), PI, Brilé explosivo, etc. Cando remataron
MEGABEIRO xuño 2010
CX Abeiro www.cxabeiro.org Imaxes da nosa historia
1
2
4
6
7 1.-Formaci贸n de animadores/as de Tardes Abertas ano 2000; 2.- Equipo de animadores/as Andaina ano 2002; 3.- Nadal 2000; 4 e 5.- Campamento Urbano 2005; 6.- Festa dos Panos ADS 2005; 7.-Xuntanza ADS 2005; 8.Xuntanza de Catecumenado 2009; 9.-Asamblea Abeiro Setembro 2008; 10.-Obradoiro de papel reciclado en Andaina ano 2008
10
5
11
8
9
3
10
MEGABEIRO xu単o 2010
CX Abeiro www.cxabeiro.org
12
13
MEGABEIRO xu単o 2010
CX Abeiro www.cxabeiro.org Atopa as diferencias:
14
(Soluci贸ns en p谩xina 22)
15
Os Pasatempos de Tardes Abertas
MEGABEIRO xuño 2010
CX Abeiro www.cxabeiro.org Os Pasatempos de Tardes Abertas
16
17
MEGABEIRO xuño 2010
CX Abeiro www.cxabeiro.org Os Pasatempos de Tardes Abertas
18
81 83 86 90 99 97
Azul Negro Gris Morado Marrón Amarillo
19
Sopa de letras: Os Oficios
Atopa estes 6 oficios:
Bombero - Médico - Panadero Dentista - Policía - Escritor
MEGABEIRO xuño 2010
CX Abeiro www.cxabeiro.org Nova Camiseta de Abeiro
Xa tedes á vosa disposición a marabillosa camiseta conmemorativa dos 15 anos de Abeiro. En verde mazá e azul elétrico, está a triunfar nas pasarelas de todo o mundo!!
20
21 A nosa Andaina A pesares de que ás veces hai algún que outro problema, pasámolo ben no tempo que estamos en Andaina, xogando e facendo amigos. Neste curso, vivimos unha gran aventura divertíndonos, rindo… aínda que ás veces protestamos porque non nos deixan facer os grupos como nós queremos, sempre hai normas que cumprir, como facelos en 30 segundos, mixtos, etc… En definitiva, pasámolo moi ben, tanto en excursións coma no cole, facendo actividades, dende os días de choiva xogando a xogos de mesa na Sala Aberta, ata días de calor asfixiante xogando con auga. Damos a gracias ós animadores por facernos chegar a esta etapa final do camiño e e por darnos o pracer de coñecer a moita xente en campamentos, xuntanzas, acampadas …
Velaquí tedes unha proba do noso camiño percorrido. Esta era a Credencial que tiñamos que cubrir en cada actividade e, cando chegamos á meta, recibimos unha Compostelana como a que reciben os peregríns ó chegar a Santiago de Compostela. Non foi un camiño doado. Tivemos que preparar a a nosa mente e o noso corpo. Pasar probas non foi moi complicado, pero entrenarnos psíquicamente… un pouco máis. Tivemos que aprender trabalinguas, resolver xeroglíficos, problemas complicados… Aquí vos deixamos un exemplo, a ver se sodes capaces de resolvelos… Ata sempre!!!
Andainas - 6º E.P
Recibe esta “Compostelana” símbolo da túa chegada á meta no noso camiño Andaina.
MEGABEIRO xuño 2010
CX Abeiro www.cxabeiro.org Trabalinguas Andaina
--Otorrinolaringólogo trabaja en la otorrinolaringología. ---
Problema de Inxeño Un pastor ten que pasar un lobo, unha cabra e unha leituga ó outro lado dun río. Dispón dunha barca na que só caben el, e unha das outras tres cousas. Se o lobo queda só coa cabra a come, se a cabra queda sóa coa leituga tamén a come. Cómo debe facelo?
Solución O pastor pasa primeiro a cabra, a deixa na outra beira e regresa a polo lobo. Ó cruzar deixa o lobo e volta coa cabra. Logo deixa a cabra e cruza coa leituga deixándoa có lobo. Por último vai buscar a cabra e regresa con ela.
Solución diferencias:
22
Ves unha rá, verdade? Pois eu vexo un mamífero, non unha rá. Fíxate ben. O ves? Se non ves nada xira a imaxe 90º á esquerda. O ves agora???
Solución: Un cabalo
Pepe pecas pica papas con un pico, con un pico pica papas Pepe pecas.
23 Este verán, en Abeiro...
MEGABEIRO xuño 2010
MEGABEIRO revista do c.x. abeiro Santiago