Tema 2 O clima

Page 1

TEMA 2: O CLIMA 1. O TEMPO ATMOSFÉRICO E O CLIMA O tempo atmosférico é o estado da atmosfera nun momento e nun lugar determinado. O tempo atmosférico pode variar no mesmo día varias veces. O clima é o tempo que predomina nun lugar determinado ao longo de moitos anos.

1.1. ELEMENTOS DO CLIMA Para coñecer o clima dun sitio en concreto, é preciso consultar durante moitos anos os datos que rexistran as estacións meteorolóxicas, e dicir, os elementos do clima: temperatura, precipitacións, humidade atmosférica, vento e presión atmosférica.  A temperatura indica o frío ou calor que hai no aire. A unidade de medida son os graos centígrados (°C) e o instrumento para facelo é o termómetro (1).  As precipitacións son a cantidade de chuvia, neve ou sarabia que cae nunha zona. As precipitacións mídense en milímetros (mm) ou en litros por metro cadrado ( l/m²). O instrumento que se emprega para medir as precipitacións é o pluviómetro.  O vento é o aire en movemento. Cando unha masa de aire é quentada polos raios solares, aumenta a súa temperatura e elévase. O espazo que deixa é ocupado por outra masa de aire coa temperatura máis baixa, orixinando unha corrente de aire: o vento. A dirección do vento mídese co cataventos, e a velocidade ou forza coa que se move o vento, co anemómetro.  A presión atmosférica é o peso do aire enriba dun punto determinado. Mídese co barómetro e a súa unidade de medida son os milibares.

termómetro

cataventos

pluviómetro

anemómetro barómetro

2.2. FACTORES DO CLIMA Os principais factores que determinan o clima dunha zona son a latitude, a altitude, a distancia con respecto ao mar e o relevo. Latitude É a distancia que existe entre calquera punto do planeta e o ecuador

CEIP A SANGRIÑA

5º E. Primaria

Sabela Pérez Pardo

1|4


Canto máis afastado do ecuador está un lugar, os raios do Sol chegan máis inclinados e quentan menos. Por esta razón, nos polos o clima é moi frío e no ecuador é máis caloroso. Altitude A altitude é a altura que hai entre un punto do planeta e o nivel do mar. Canto maior é a altitude, a temperatura diminúe; así no cumio dunha montaña, o clima é máis frío que xunto ao mar. Normalmente cada 150 m de altitude, a temperatura descende un grao centígrado. Distancia ao mar. Refírese á distancia que separa un lugar do mar. O mar arrefría e quece máis lentamente que a Terra. Por iso, amortece os cambios de temperatura das zonas próximas á costa: refréscaas no verán e quéntaas no inverno. Así as zonas que están afastadas da costa teñen uns veráns moi calorosos e uns invernos moi fríos. Contrariamente, as zonas costeiras teñen un clima máis suave todo o ano.

2.3. O CLIMOGRAMA. Ciencias Sociais S.M. páxina 31

ACTIVIDADES 1. Explica as diferenzas entre tempo atmosférico e clima. 2. Indica que instrumento serve para coñecer: a) A intensidade do vento. b) O grao de calor do contorno. c) A cantidade de precipitacións. d) A dirección do vento. e) Que unidade de medida se emprega para saber a temperatura? E as precipitacións? 3. Que factores son os que afectan ao clima dunha zona do mundo? 4. Que é un climograma?

3. CLIMAS DO MUNDO 3.1. ZONAS CLIMÁTICAS No noso planeta podemos distinguir tres grandes zonas climáticas que varían en función da latitude:  Zona de clima cálido: está situada entre os trópicos, o de Cáncer e o de Capricornio. Nesta zona climática, as temperaturas son moi cálidas debido a que os raios solares son perpendiculares á Terra.  Zona de clima temperado: situada entre os círculos polares e os trópicos, é dicir, atópase nos dous hemisferios. Canto máis nos afastamos dos trópicos e máis nos achegamos aos círculos polares, as temperaturas descenden e os climas son máis frescos.  Zona de clima frío: situada tamén nos dous hemisferios, no norte e no sur. Comprende as franxas que van desde os círculos polares ata os polos. Nestas zonas, as temperaturas son moi baixas e apenas existe verán.

CEIP A SANGRIÑA

5º E. Primaria

Sabela Pérez Pardo

2|4


3.2. TIPOS DE CLIMA Na zona cálida atopamos os seguintes climas: ecuatorial, tropical e desértico. Clima ecuatorial - Temperaturas cálidas durante todo o ano. - Precipitacións abundantes, case diarias. - Zona do Ecuador. Clima tropical - Temperaturas: invernos suaves e veráns caloroso. - Precipitacións: presenta unha estación seca e outra chuviosa. - Entre o Ecuador e os trópicos. Clima desértico - Temperaturas moi altas de día e baixas pola noite. - Precipitacións moi escasas. - Localízase ao norte e ao sur dos trópicos. Nas zonas de clima temperado temos os seguintes climas: mediterráneo, oceánico e continental. Clima mediterráneo - Propio das zonas bañadas polo mar Mediterráneo. - Temperaturas: invernos suaves e veráns calorosos. - Precipitacións: escasas e concentradas na primavera e no outono. Clima oceánico - Propio das zonas bañadas polos océanos de latitudes medias. - Temperaturas: invernos non moi fríos e veráns suaves. - Precipitacións abundantes todo o ano. Clima continental - Propio do interior dos continentes en latitudes medias. - Zonas con pouca humidade atmosférica. - Invernos fríos e veráns cálidos. - Precipitacións escasas que se concentran en certas estacións.

CEIP A SANGRIÑA

5º E. Primaria

Sabela Pérez Pardo

3|4


Climas nas zonas de clima frío: polar e de alta montaña. Clima polar - Propio dos círculos polares. - Temperatura media inferior a 0°C durante todo o ano. - Precipitacións moi escasas e en forma de neve. Clima de alta montaña - Propio das zonas elevadas das grandes cordilleiras. - Temperaturas: invernos fríos e longos e veráns frescos e curtos. - Precipitacións: poden ser en forma de neve desde o outono ata a primavera.

ACTIVIDADES 1. Cantas zonas climáticas existen na Terra? Onde se localizan? 2. Por que pode haber áreas de clima frío en zonas temperadas da Terra?

4. CLIMAS DE ESPAÑA Ciencias Sociais S.M. páxinas 34 e 35

5. O QUECEMENTO GLOBAL Ciencias Sociais S.M: páxinas 36, 37

CEIP A SANGRIÑA

5º E. Primaria

Sabela Pérez Pardo

4|4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.