Tema 7 Galicia

Page 1

TEMA 7 GALICIA

Tema Galicia

5º PrimariaCEIP A Sangriña

Página 1


CONTIDOS 1.

O RELEVO DE GALICIA..........................................................................................................................................1 1.1.

Situación xeográfica....................................................................................................................................1

1.2.

Formas do relevo: conceptos.....................................................................................................................1

1.3.

O relevo de Galicia: características xerais..............................................................................................2

1.4.

Serras, chairas e depresións.......................................................................................................................2

........................................................................................................................................................................................ 4 2.

AS COSTAS DE GALICIA.........................................................................................................................................4 2.1.

As costas: conceptos....................................................................................................................................4

2.2.

As costas de Galicia e a actividade pesqueira.........................................................................................4

2.3.

As Rías Altas e as Rías Baixas.....................................................................................................................5

........................................................................................................................................................................................ 7 3.

OS RÍOS DE GALICIA..............................................................................................................................................7 3.1.

CONCEPTOS...................................................................................................................................................7

3.2.

CARACTERÍSTICAS XERAIS............................................................................................................................7

Tema Galicia

5º PrimariaCEIP A Sangriña

Página 2


1. O RELEVO DE GALICIA 1.1. Situación xeográfica. Galicia é unha rexión que se sitúa no extremo noroeste da península Ibérica. O territorio galego ten os seus límites no norte co mar Cantábrico, no oeste co océano Atlántico, no leste co Principado de Asturias e a comunidade autónoma de Castela e León e no sur con Portugal. A extensión de Galicia é de 29.424

km 2 .

A altitude varía entre o nivel do mar, e os fondo mariños, ata súa cota máxima en Pena Trevinca, aínda que máis da metade do territorio sitúase entre os 200 e os 600 metros. O seu punto máis setentrional, a Estaca de Bares, é tamén o máis norteño da península.

1.2. Formas do relevo: conceptos. Aba: a ladeira dunha montaña. Chaira: unha terra cha onde normalmente están situados os cultivos. Cordal: conxunto de serras aliñadas. Cume: a parte máis elevada dunha montaña. Depresión: zona afundida por debaixo do nivel das terras do arredor. Macizo: conxunto de serras non aliñadas. Meseta: unha chaira elevada. Montaña: elevación grande do terreo. Serra: formación constituída por varias montañas aliñadas. Val: terreo cha situado entre montañas.

1.3. O relevo de Galicia: características xerais. O relevo galego é variado , con fortes contrastes. Por iso na nosa comunidade existen dúas zonas de relevo. 

A zona costeira que abrangue as terras do litoral bañadas polo océano Atlántico e o mar Cantábrico. Nela atópanse fértiles vales , pequenas chairas e unha costa moi irregular onde abundan os cabos , as rías , as praias e os cantís.

Tema Galicia

5º PrimariaCEIP A Sangriña

Página 3


A zona interior , está separada da influencia mariña por dous sistemas : as Serras Setentrionais e as Serras Centrais . Nesta zona alternan as chairas , con vales encaixados , depresións e vellas montañas .

1.4. Serras, chairas e depresións.

A serras setentrionais As serras setentrionais esténdense entre as zonas da costa cantábrica e a chaira lucense e non superan os 1.000 m. Constitúen a divisoria de augas entre a conca do río Miño e os ríos que desembocan no Cantábrico. Destacan a serra do Xistral e a da Capelada.

As serras orientais As serras orientais esténdense polo leste e son as máis elevadas de Galicia, con cumes superiores aos 1.500 m de altura. De norte a sur atópanse a serra dos Ancares, a do Courel, a do Eixe (onde está Pena Trevinca, o pico máis alto de Galicia, que ten 2.124 m) e a serra de Queixa co macizo de Manzaneda.

Tema Galicia

5º PrimariaCEIP A Sangriña

Página 4


A serras centrais A Dorsal galega , Serras Centrais ou Serras Centrooccidentais son conxuntos montañosos con cumes entre os 800 e os 1.000 m, que se estenden de norte a sur, desde a serra da Faladoira ata a serra do Faro de Avión. As máis destacadas son a serra da Loba, serra da Cova da Serpe , serra do Faro, montes do Testeíro e a serra do Suido.

Depresións As depresións son terreos afundidos. En Galicia destaca a fosa meridiana ( Depresión de TuiPadrón) que é a máis extensa de todas. Outras depresións son a de Monforte , a de Maceda, a de Sarria , e a da Limia.

As chairas As chairas son extensións grandes de terreo chan ou con poucas elevacións. No interior destaca a Meseta de Lugo , na cal se atopa ,na súa parte norte a Terra Chá . Na zona costeira están as chairas litorais , como a de Bergantiños na Coruña e A Mariña Lucense en Lugo.

Tema Galicia

5º PrimariaCEIP A Sangriña

Página 5


2. AS COSTAS DE GALICIA 2.1. As costas: conceptos. Arquipélago : Conxunto de illas Cabo: Punta de terra que penetra no mar Cantís: Costa alta e rochosa Dunas : Formacións de area nas praias Golfo: Ampla entrada do mar na terra Litoral: Liña de separación entre a terra e o mar Península : Extensión de terra rodeada de auga por todas partes menos por unha Praia: Costa baixa constituída por area Ría : Entrada prolongada do mar na terra asolagando a parte final dun río.

2.2. As costas de Galicia e a actividade pesqueira. Galicia ten 1200 quilómetros de costa . A costa galega é recortada , con continuos entrantes e saíntes, que se manifestan en rías, esteiros, golfos e cabos. O cabo Fisterra e o límite entre as Rías Altas e as Rías Baixas. O cabo Estaca de Bares é o que separa a vertente Atlántica da Cantábrica . O esteiro do Miño é o límite costeiro entre Galicia e Portugal e a Ría de Ribadeo entre Galicia e Asturias. Este tipo de costa foi propicia para unha intensa actividade humana ao longo do tempo. Desenvolvéronse portos pesqueiros importantes . Hoxe, a pesca e o marisqueo teñen nome propio na economía galega. A actividade pesqueira ten as seguintes clases: * Pesca de altura, practicada en lugares afastados de Galicia e que captura maiormente bacallau e atún .

Tema Galicia

5º PrimariaCEIP A Sangriña

Página 6


* Pesca de baixura , que se fai preto da costa , da que obtemos , entre outros , sardiña e xurelo. Pola súa banda, o marisqueo , sobre todo nas Rías Baixas, proporciónanos mexillóns, nécoras, ameixas, percebes....etc.

2.3. As Rías Altas e as Rías Baixas. A costa norte: rías altas e cabos De dereita a esquerda: 

Ría de Ribadeo, ría de Foz, ría de Viveiro, ría do Barqueiro, ría de Ortigueira, ría Cedeira, ría de Ferrol, ría de Ares, ría de Betanzos, ría da Coruña, ría de Corme e Laxe e ría de

Camariñas. Cabo de Estaca de Bares, cabo Ortegal, cabo Vilán, cabo Touriñán e cabo de Fisterra.

O cabo de Estaca de Bares separa as vertentes cantábrica e atlántica.

Tema Galicia

5º PrimariaCEIP A Sangriña

Página 7


A costa occidental: rías baixas e cabos De norte a sur:  

Ría de Corcubión, ría de Muros e Noia, ría de Arousa, ría de Pontevedra e ría de Vigo. Cabo Corrubedo e cabo Silleiro.

Tema Galicia

5º PrimariaCEIP A Sangriña

Página 8


As illas Diferentes arquipélagos salpican a xeografía costeira galega destacando o das Sisargas nas Rías Altas e os de Cortegada, Sálvora , Ons e Cíes nas Rías Baixas.

3. OS RÍOS DE GALICIA 3.1. CONCEPTOS. Curso alto: Tramo do río no que hai unha forte actividade de arrastre de materiais Curso baixo: Tramo do río no que se van depositando os materiais transportados Curso medio: Tramo do río no que que domina actividade de transporte de materiais Delta: Illa ou conxunto de illas que conforman un triángulo na desembocadura dun río entre os brazos deste.

Tema Galicia

5º PrimariaCEIP A Sangriña

Página 9


Esteiro: Lugar onde desemboca unha corrente de auga no mar de modo que forma un golfo Ría: Entrada prolongada do mar na terra asolagando a parte final dun río Río: Corrente de auga que desemboca no mar ou noutro río . Vertente: Conxunto de terras con augas que van parar ó mesmo mar.

3.2. CARACTERÍSTICAS XERAIS Os ríos de Galicia son curtos e caudalosos , xa que o clima oceánico propicia un réxime de chuvias , en xeral constante , ao longo do ano . Os ríos que discorren en dirección leste-oeste , son os da vertente atlántica . Entre eles están os seguintes : Eume (ría de Ares), Tambre (ría de Muros e Noia), Ulla e Umia (ría de Arousa), Lérez (ría de Pontevedra), o Verdugo-Oitavén (ría de Vigo) e o Miño co seu afluente o Sil. Os ríos que discorren en dirección sur-norte son os da vertente cantábrica . Entre eles están os seguintes : Eo, Landro e Sor.

Tema Galicia

5º PrimariaCEIP A Sangriña

Página 10


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.