Resumo da 3ª sesión de "Pedagogos Dixitais"

Page 1

3ª SESIÓN: Pedagogos Dixitais por Ángeles Fernández, Ana Barrero e Uxía Martínez Comezamos cunha pequena actividade de mindfulness, respirando lentamente empregando os cinco dedos da man. Despois facemos un repaso da sesión de onte cunha pregunta que cada un de nós faría para lembrar o máis importante da sesión e en parellas nas breakout rooms preguntamos e respondemos. Carolina presenta una infografía que compartiu Luís onte con consellos para traballar con grupos nas aulas (aulaPlaneta).

Carolina comparte en Slack un contrato de aprendizaxe básico e unha collaboration rubric. Falamos do traballo colaborativo, de como repartir roles, da necesidade de que non sempre teñan o mesmo rol, do feedback que se poden dar entre eles e nós como docentes, de que facer se hai alumnos que se opoñen ao traballo colaborativo quizais por prexuízos sobre como se aprende unha lingua, etc. Plantéxase que facer se un alumn@ non quere traballar en grupo: en primeiro lugar o profesor debe facer un labor de “marketing” e promocionar as vantaxes do traballo en grupo, tratando de convencer ao alumnado máis reticente ao mesmo tempo (neste caso, de xeito individual). Outra opción para traballar de xeito colaborativo e obter un feedback por parte do alumnado sería con diario de aprendizaxe: reflexión sobre que e como


aprendiches para que sexan conscientes de que o seu progreso vai ligado ao seu traballo. Tamén en relación coas tarefas colaborativas se mencionan: ❖ Flipped classroom (ou “clase invertida”): en palabras dunha compañeira “é un método para que o alumnado prepare contidos de xeito individual para lembrar e memorizar na casa e logo centrar a clase en actividades prácticas orais e/ou escritas sobre os contidos vistos na casa.”): Raúl Santiago: “El Flipped Classroom, la mejor manera de aprender” - Blog de l'Elearn Center de la UOC ❖ PBLL (Project- based Language Learning) ❖ Aprendizaxe baseado en tarefas (enfoque holístico), que é precisamente a metodoloxía empregada no curso que estamos a facer.

CREACIÓN DE VÍDEOS DE PRESENTACIONES DE POWERPOINT E VÍDEOS INTERACTIVOS Menciónanse, ademáis dos que imos ver, Camtasia, Obs e Loom.

EDPUZZLE Aplicación na que podemos crear vídeos interactivos. Gran versatilidade e facilidade de uso. Existe unha comunidade moi numerosa que participa e comparte. Unha compañeira comenta que Moodle con HP5 permite facer este tipo de vídeos. Carolina nos fai un “tour” pola ferramenta e temos acceso a vídeos explotados previamente por outros docentes en diferentes canles. A continuación facemos de estudantes para ver un vídeo sobre avaliación xa que é o tema da segunda parte da sesión. Unímonos a unha “clase aberta” (non é necesario ter unha conta no sitio, isto é importante telo en conta para protexer a privacidade do alumnado). No vídeo, fálase das seguintes modalidades de avaliación dependendo do obxectivo do docente: ❖ Avaliación formativa: permítenos tomar decisións, polo que melloraremos tanto o proceso coma o propio aprendizaxe. ❖ Instrumentos de avaliación rápida: para obter información do presente. Pregunta que o alumnado ten que completar, tipo “comprendín a información do vídeo anterior” empregando unha escala do 1 ao 5. Poderíamos tamén utilizar emoticonos ou un aplausómetro.


❖ Follas de rexistros de observación (non son necesariamente rúbricas): aquí recollemos información relacionada coa desenvolvemento do alumnado na aula, recollendo datos tan importantes como se son capaces de resolver conflitos, xestionar a frustración, nunha liña temporal do curso. ❖ Escalas: escala gráfica como unha diana con diferentes criterios, reflectindo a pegada do alumno. Isto é moi útil para o alumnado, xa que é unha maneira máis visual para eles de ver a súa evolución. ❖ Rúbricas: descrición cualitativa de cada indicador; poderíase agregar una sección de observacións a modo de avaliación construtiva para que o alumno saiba que ten que mellorar. Titorial sobre o uso de EDPUZZLE: Edpuzzle Tutorial completo en español: Cómo crear videos interactivos en Google Classroom (2021) Podemos agregar compañeiros, contido, podemos seleccionar vídeos dispoñibles, cortalos, editalos, engadirlle unha voz en off, dobralo se está nunha lingua diferente á que queremos traballar e engadir preguntas para asegurarnos de que o alumnado comprende o contido (que poden ser de elección múltiple, de resposta libre e un comentario en audio, comentario escrito, entre outros). Unha vez finalizada a edición (se queremos modificar a tarefa que atopemos), establecemos o período de tempo que lles imos dar ao alumnado e asignámola á clase que queremos que realice a tarefa. Aquí podemos conectar este sitio con Google Classroom, se o estamos a empregar nas nosas aulas. Mais tamén podemos utilizar a opción de Open Class ou “clase aberta” e compartir o enlace, non é necesario que o alumnado teña conta no sitio. Ideas sobre os beneficios de Edpuzzle para o alumnado: -

cada alumno aprende ao seu ritmo mellora a comprensión oral repaso de vocabulario aprende gramática en contexto

Powerpoint A seguinte aplicación que vimos resulta moi útil para crear presentacións e vídeos facilmente. A diferencia de Screencasting, con este programa é que se pode gravar unha narración diapositiva a diapositiva e facer correccións nos momentos que sexa necesario. Ten unha funcionalidade que te entrena (chamada “coach”) e


corrixe as repeticións ou muletillas que poidamos ter. Despois, se non estamos satisfeitos co resultado, podemos eliminar a gravación de unha diapositiva ou de todas. Unha vez editado o vídeo procedemos a arquivalo, exportalo, crear vídeo (escollendo diferentes opcións de calidade- Standard é a recomendable se imos colgalo) e seleccionamos MPEG 4 vídeo xa que é un formato universal, en caso de que algún alumno utilice un sistema que non sexa Windows. Gardamos. Titorial sobre Power Point: Cómo crear un video desde PowerPoint con audio y webcam

Avaliación en entornos virtuais Avaliación formativa Comezamos esta parte da formación cunha enriquecedora chuvia de ideas sobre estratexias de avaliación formativa: cuestionarios, quizzes, “son capaz de…”, auto-avaliación, tarefas de corrección, quizlets, kahoots, quizlet, “triángulo, cadrado, círculo” (para repasar o revisar, e comprobar se as ideas están asimiladas: Cadrado significa "teñoo claro", triángulo é "podoo resumir en 3 ideas”; círculo significa "necesito darlle unha volta convosco”; pódese facer presencial e virtualmente), emojis para facer un emotional check-in, exit tickets, etc. 5 Ways to Conduct Formative Assessments Virtually | Edutopia (vídeo) Exemplos: ❏ thumbs up / down ❏ online journal: diarios dixitais (crear carpeta no foro de Moodle para isto) ❏ resumos de 1 ou 2 minutos por parte do alumnado para comprobar o que aprenderon: padlet, chat na aula virtual, Twitter, etc. Pedirlle ao


alumnado que contesten cunha canción, ou outra forma de expresión artística.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.