72
GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA | xaneiro 2014
Redacción, publicidade e administración: Rúa Galiano, 63 - 1º. 15402 FERROL. Tel.: 981 35 53 53. Fax: 981 35 18 99 Edita: edicións embora | Director: Miguel Toval | Deseño e Maqueta: Jose Farinós | Produción: Bucle Comunicación Departamento comercial: Bucle Comunicación | Depósito Legal: C 4370-2007 | ferrol@edicionsembora.es | Nº 72 • Ano VI A información dos espectáculos, os seus horarios e o lugar de celebración dos actos facilítana os organizadores dos mesmos. Edicións Embora declina calquera responsabilidade pola suspensión dos devanditos actos.
Constelacións danza para a familia
Narón: Encontro Internacional de Narración Oral
José Mercé presenta no Jofre “Mi única llave”
Lotus String Quartet interpreta Mozart e Beethoven
2#
xa n eiro 2014
ENTREVISTA
O proceso artístico depende ensencialmente da vontade; no meu caso é un acto político”
“ c e a
Peque Vare
Referente do audiovisual, con traballos de animación para directores como Tim Burton e
proxeccións no festival de Sundance, Peque Varela reflexiona, nun breve regreso a Ferrol desde o Londres que a acolleu hai anos, sobre o seu traballo e o estado da súa cidade TEXTOS: David Dapena | FOTOS: Kiko Delgado
AÍ. Ferrol segue a ser o teu berce. Como o ves social e culturalmente? PV. Véxoo desde a distancia porque xa levo moitos anos fóra. No plano social, obviamente, a crise económica estase a reflectir moito, sobretodo na industria do naval. Culturalmente, salientaría iniciativas privadas como a da sala Súper 8, que programa concertos de grupos musicais foráneos e tamén locais. En Ferrol hai ducias de bandas e penso que non reciben a atención que merecen por parte das institucións. O Concello, en troques de gastar unha morea de cartos nas festas contratando artistas que deberían de estar, no mellor dos casos, retirados, podería organizar, por exemplo, un festival con bandas locais. En calquera caso, a política cultural do actual goberno municipal limitouse, visto desde aquí, ao intento de cargarse o Ateneo Ferrolán, algo que espero non dean acadado.
AÍ. Cando e por que es consciente de que queres facer cine? PV. Ben, as cousas non funcionan exactamente así. Non é que, poñamos por caso, o 12 de outubro de 1992, mentres reventaba un grao ou espinilla fronte ao espello, tivese unha epifanía e decidise adicarme ao cine. A vida dá moitas voltas. De feito o cinema é unha das miñas ocupacións pero non a miña principal. AÍ. Desde o punto de vista artístico cres que a postura intelixente de alguén cos seus traumas ou teimas é poder facer deles materia creativa? PV. Pois non o sei, os traumas funcionan a nivel inconsciente, polo que non semella doado tomalos coma puntos de partida dun proceso artístico, dun proceso que depende esencialmente da vontade. No que atinxe ás teimas, é certo que actúan moitas veces coma motores da creación, pero non é o meu caso, o meu achegamento ao acto creativo non xorde dunha obsesión, senón dunha toma de conciencia política.
“Na animación atopo o tipo de linguaxe axeitada ao que quero contar”
x a ne i r o 2 01 4
“Agora traballo no campo da Publicidade e elaboro pequenas pezas audiovisuais para amigos”
ela
# 3
“ É posible traballar desde Galicia en proxectos que teñen a súa orixe no estranxeiro
AÍ. Que supuxo que a túa primeira curtametraxe, “1977”, se proxectase no prestixioso festival de Sundance? PV. Para a curtametraxe supuxo ser seleccionada despois en moitos outros festivais, e que fose vista por moitas persoas en lugares do máis diverso. Tamén despertou moito o interese dos medios de comunicación. AÍ. Este traballo non foi admitido aquí e acabou gañando 15 premios
ao que quero contar. AÍ. Cando te chaman para colaborar nunha película de Tim Burton supoño que non botas de menos non teres entrado na Escola de Imaxe e Son de Someso? PV. Ben, a quen chamaron en realidade foi á compañía coa que eu estaba a traballar daquela e, nese sentido, tanto ten que tivera estudado en Someso coma que non. Está claro que en Londres hai moito movemento e tes máis posibilidades de
internacionais. Como vives esa falta de apoio ou estímulo no teu propio país? PV. Non é tanto falta de apoio, xa que “1977” veuse bastante en Galicia. É verdade que foi rexeitada nun festival senlleiro, pero a xente de “Cortocircuito” son a día de hoxe bos amigos meus. AÍ. Que é o que máis valoras da animación? Quizais que che permíta contar historias complexas de xeito sinxelo, case como un xogo como en “Gato encerrado” ou na propia “1977”? PV. Por unha banda, é un traballo que está moi ben pagado (sobre todo no campo da publicidade), pero o fundamental é que na animación atopo o tipo de linguaxe axeitada
optar a determinados traballos se resides alí, pero tamén é posible traballar desde Galicia en proxectos que teñen a súa orixe no estranxeiro. AÍ. Por último, en que andas metida a día de hoxe? Que podes adiantar dos proxectos creativos que tes na actualidade? PV. Sigo a traballar no vertixinoso mundo da publicidade, en varios estudios do Soho londinense, e ao mesmo tempo elaboro pequenas pezas audiovisuais que fican no círculo dos amigos e familiares. Pero nun tempo máis ou menos breve haberá novos traballos que espero poder compartir nun círculo máis amplio.
x a ne i r o 2 01 4
EXPOSICIÓN
música
Casa da Cultura (Fene) | Ata o 31.01.2014
Sala Súper 8 | 10.01.2014 | 22.30 h | 15 euros
# 5
krahe: LAS DIEZ DE ÚLTIMAS JAVIER KRAHE VOLVE A FERROL. ESCOITAR A KRAHE É UNHA FESTA. A IRREVERENCIA DAS SÚAS CANCIÓNS É PROPIA DE ALGUÉN ÁCIDO E LÚCIDO QUE GOZA MALTRATANDO (DE PALABRA) AOS QUE NON PENSAN COMa EL
UNHA OLLADA NATURAL CALROS SILVAR É UN DOS MELLORES DEBUXANTES DE NATUREZA DE GALICIA. AS SÚAS ILUSTRACIÓNS ESTÁN PRESENTES NAS MELLORES GUÍAS E LIBROS DESTA TEMÁTICA
“Unha ollada natural” recolle trinta cadros e ofrece aos visitantes pinceladas da biodiversidade de Galicia: aves, mamíferos, anfibios, setas, prantas e árbores. Unha selección das ilustracións realizadas por Calros Silvar para guías e libros de natureza. Trátase dunha mostra dunha das mellores mans do debuxo da natureza en Galicia, desta vez cun bo tratamento da entomofauna galega, dende a típica vacaloura aos diversos odonatos.
Krahe empezou a cantar sobre os escenarios aos 35 anos, pero non tiña pensado empezar ata os corenta “porque quería ter tempo de aprender a tocar a guitarra”. O aspecto e a música de Javier Krahe non fan pensar en que teña club de fans, pero ten. Hai xente que non se perde un concerto, que lle regala flores, libros ou chinas; moita que lle escribe. Que riamos con el, todos. Krahe é un escéptico, ademais dun firme defensor da idea de que hai que traballar o menos posible; pero ben. Mide cada palabra, cada verso e cada estrofa das súas cancións, pero non pretende escribir poesía. Ven de publicar o último, que non derradeiro (agardamos): “Las diez de últimas”, unha expresión do tute, e o acompaña do libro “O dereito á pereza”, de Paul Lafargue.
TEATRO Pazo da Cultura | 12.01.2014 | 19.00 h | 9,50 euros
UNA JORNADA PARTICULAR esta obra é a versión que o dramaturgo catalán rodolf sirera fixo da película homónima que dirixiu o italiano ettore scola en 1977 e que moitos recordarán polos papeis de sofía loren e marcelo mastroianni
Ela era Antonietta, a sumisa ama de casa, esposa dun fascista, e Gabrielle o seu veciño, homosexual desafecto ao réxime de Mussolini. A compañía La Pavana adapta o filme á España da posguerra e aproveita a visita de Heinrich Himmler a Madrid en 1940 para xuntar aos protagonistas. Durante esa visita, Antonieta queda soa na casa dedicada ás tarefas domésticas mentres a súa familia se dispón a asistir a un multitudinario recibimento fascista ao xerarca nazi. É entón cando se establece esa fugaz, e para ela desconcertante, relación co veciño ao que apenas coñecía; unha relación que lle mostrará o verdadeiro rostro do mundo no que vive e que, sen dúbida, deixará unha profunda pegada na súa alma.
6#
xa n eiro 2014
música clásica
MÚSICA
Teatro Jofre | 16.01.2014 | 20.30 h | 12, 8 e 6 euros
Teatro Jofre | 18.01.2014 | 20.30 h | 20 e 18 euros
LOTUS STRING QUARTET Un dos mellores cuartetos de corda europeos inicia o ano en ferrol da man da sociedade filharmónica ferrolá. formado en realidade en xapón interpretará mozart, strauss e beethoven
JOSÉ MERCÉ o ÚLTIMO DISCO DE JOSÉ MERCÉ É UNHA MOSTRA DA PUREZA DO SEU CANTE E O
O Lotus String Quartet, que os críticos xulgan como a conxunción ideal entre o perefeccionismo nipón e o sentimento musical alemán, está formada polas intérpretes Sachiko Kobayashi (violín), Tomoko Yamasaki (viola) e Chihiro Saito (violoncello) e polo alemán Mathias Neundorf (segundo violín). O cuarteto –que ven de acadar os vinte anos de historia- goza dun gran prestixio polas súas interpretacións dos grandes compositores do clasicismo vienés, dos impresionistas franceses e a nova escola de Viena. No programa do concerto do Jofre inclúese o cuarteto de corda número 22 de Mozart, o cuarteto op. 2 de Richard Strauss e o cuarteto op.131 de L.V. Beethoven. Comezaron a súa carreira artística ao obter o primeiro premio no Concurso Internacional de Música de Cámara de Osaka ao que sumaron pouco despois o Premio Menuhin en Londres. Estudaron en Xapón e ampliaron seus estudos na Escola Superior de Música de Stuttgart. Con eles colaboran habitualmente recoñecidos músicos de cámara.
ACHEGAMENTO TÉCNICO E INSTRUMENTAL DOS SEUS MÚSICOS AO SÉCULO XXI
O “cantaor” jerezano José Mercé presenta no Jofre o seu último traballo discográfico “Mi única llave” –que produciu o cada vez máis recoñecido Javier Limón–, un disco flamenco con aires do século XXI: “serio, sobrio e profundo”, segundo a propia definición do cantaor. Mercé ofrecerá un concerto impecable, flamenquísimo, de enorme riqueza musical. Todo o disco se sostén sobre a marabillosa voz de José Mercé e, nos acompañamentos, “guitarras, percusións, palmas e pouco máis”.
TEATRO Pazo da Cultura | 16, 17 e 18.01.2014 | 20.30 h (xoves e venres), 20.00 h (sábado)| 9,50 euros/día
a contar historias NARón acolle un ano máis o seu encontro de narradores orais, no que participan actores e “contadores” galegos, españois e latinoamericanos
Félix Albo abre as xornadas co seu “Con cierto sexo”, un concerto onde a delicada música de Carlos Orama e os sorprendentes textos de Albo enchen de humor e erotismo o escenario. Oswaldo Pai participa na segunda xornada, na que une malabares e historias da tradición oral. O terceiro é o día de Quico Cadaval, Paula Carballeira e a colombiana Carolina Rueda, que se chama a si mesma “barroca y·desvergonzada”.
x a ne i r o 2 01 4
danza
DANZA
Teatro Jofre | 21.12.2013 | 20:30 h | 15 euros
Teatro Jofre | 25.01.2014 | 20.00 h | 7 euros
# 7
CONSTELACIONES unha interpretación dos soños de joan miró levada á escena. iso é “CONSTELACIONES”, unha peza na que o movemento dos bailaríns, as cores da pintura do catalán e a libertade creativa dos artistas conxúganse nun xogo profundamente fermoso
MEU BEN A COMPAÑÍA EME 2 EMOCIÓN&ARTE estrea no pazo da cultura esta comedia adaptada por avelino gonzález e olga nogueira e dirixida por álvaro lavín
Amor, sexo, vida, morte e clases de danza. “Meu ben” está baseada na novela da escritora Elaine Murphy: Amber vive sen preocupacións, recén saída do instituto, ata que sofre una molesta “indixestión”, a súa naire (Lorraine) ataca a un cliente no traballo e mándana ao psiquiatra, e a súa avoa Kay intenta sentirse viva os sesenta mentres coida do seu home enfermo. Tres mulleres de clase media contan a súa historia dun ano extraordinario.
“Constelaciones” é a derradeira parte da triloxía que a compañía abriu coa inspiración de El Bosco e continuou coa de Magritte (e coa que visitara os escenarios de Ferrol e Narón). Desde fai 18 anos Aracaladanza comparte co público un universo fascinante, desde a mirada de quen, a través da imaxinación e da danza, pode embellecer a realidade e transformala máxicamente. E para convocalo non fai falta máis que pronunciar o propio nome da compañía para que se abran as portas do tesouro. Premio Nacional de Teatro para a Infancia e a Mocidade 2010 polo seu “compromiso” con ese público e a súa “esixencia estética, artística e técnica”.
Clínica veterinaria
CANTÓN
C/ Carmen, 2 bajo Ferrol (A Coruña) T 981 35 11 44 / 630 03 20 21
8#
xa n eiro 2014
praceres solitarios ENSAIO
100 ANOS DO FERROCARRIL FERROL-BETANZOS
autor: GUILLERMO LLORCA FREIRE EDITORIAL: embora PÁXINAS: 176 PREzO: 15 euros
Un dos historiadores máis solventes do local en Galicia, Guillermo Llorca, que leva pescudando durante décadas todo o que teña que ver con Ferrol, desde a prensa, a biografía, a vida cotiá, etc., centra agora o seu interese no pasado centenario da chegada do ferrocarril a Ferrol desde a veciña Betanzos. Un proxecto dos anos 60 do século XIX que tardaría medio século en facerse realidade. O que Llorca conta neste breve pero intenso volume é precisamente a intrahistoria do desenvolvemento dese proxecto e a tardanza en facerse realidade en data tan tardía como 1913. Con prólogo dos competentes bibliotecarios de Pontedeume e Neda, Alexandre Caínzos e Manuel Pérez Grueiro, e do arquiveiro do Museo das Mariñas de Betanzos, Alfredo Erias, Llorca analiza polo miúdo os anteriores medios de transporte na cidade (botes, vapores e dilixencias), a situación do tren en Galicia e o desenvolvemento do adiado proxecto para Ferrol, así como os fracasados proxectos ao Porto, Arsenal e A Graña. Ademais, unha intensa ollada aos oficios e vida cotiá que xerou o mundo do ferrocarril na comarca. Todo, con numerosas fotografías, notas de prensa e abundante material gráfico. Unha historia cíclica que ilustra sobre as eivas do mundo do transporte cara Ferrol onte, e explica indirectamente as de hoxe.
INFANTIL
BIOGRAFÍA
autor: PINTO & CHINTO
autor: MARCOS LORENZO
EDITORIAL: BULULÚ
EDITORIAL: AXÓUXERE
PÁXINAS: 32
Páxinas: 222
PRECIO: 18,90 euros
PRECIO: 14 euros
O ESTRAMBÓTICO PRINCIPIÑO
KARLOTTI, UN POEMA CRÓNICO
A editorial do ferrolán Pablo Zaera atrévese con esta peculiar versión de “O Principiño”, o clásico de Antoine de Saint Exupéry que permite á recoñecida e prestixiosa parella Pinto & Chinto volver acertar. Como adoita. Nesta fermosa edición, recomendable para todo tipo de público, achegan este título clásico dende unha visión amena, coidada e divertida, onde non faltan nin o humor nin un mangado de personaxes do máis extravagantes dese universo único. Unha maneira ideal de atraer posteriores lecturas ao orixinal.
O pensador Marcos Lorenzo comeza un proxecto denominado “Vividores” no que analiza a traxectoria dunha serie de persoeiros caracterizados por unha vida oposta a convencionalismos e aos medos que caracterizan o noso tempo. Esta primeira achega fala e conta sobre Juan Carlos Valle “Karlotti”, poeta ácrata, represaliado antifranquista, viaxeiro polo Irán do Sha e de Jomeini e do Afganistán talibán nun circo, cabeza visible da Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol e monumento andante á humanidade vitalista.
x a ne i r o 2 01 4
delicias sonoras
música
Lee hazlewood “There’s a dream I’ve been saving 19661971” (2013)
antón seoane
Compositor, produtor e barítono de voz inesquecible, con Lee Hazlewood só se pode facer unha cousa, tratar de conseguir toda esa música que creou nos anos 60 e 70 onde se citan o country, pop, lounge e psicodelia. O home que lle fixo a Nancy Sinatra “These boots are made for walking” foi un artista descomunal e hai que dicilo. Farase máis doado con este artefacto de catro CDs editado polo coidadoso selo Light In The Attic que recupera gravacións propias e producións para outros artistas dentro do seu propio selo LHI nos seus anos máis produtivos nos Estados Unidos e Suecia, onde fixo marabillas aínda hoxe pouco coñecidas. Os dous primeiros discos son de Lee en solitario ou en dúo coas súas habituais Suzi Jane Hokom, Nina Lizell ou Ann-Margret. Os outros dous discos inclúen a artistas como Honey Ltd., Sanford Clark ou a International Submarine Band do xenial Gram Parsons. A luxosa caixa, chea de fotos e textos moi coidados, inclúe o DVD “Cowboy in Sweden”. Quizais a grande reedición do pasado ano.
# 9
e as esquecidas raíces de milladoiro
Recuperar un espazo moi esquecido da música galega a mediados dos anos 70 e valoralo con xustiza histórica. Eis unha das claves deste “De Voces Ceibes a Milladoiro” co cal o músico e médico ferrolán Antón Seoane axusta contas co pasado e coa impresión de que as cousas xorden da nada. O libro editado con mimo e riqueza gráfica por Galaxia percorre dentro da música galega a dialéctica entre Voces Ceibes e a aposta pola tradición do Movemento Popular da Canción Galega. Centrado nos anos 1973 e 1978, xusto antes da gravación do primeiro disco de Milladoiro, amósanse os pasos na creación da tradición moderna da música popular galega por parte da banda, da que beberían en décadas posteriores ducias de grupos. Todo narrado con fascinante pluma por Seoane. O fito do festival do Sar en 1973, o traballo de recuperación de instrumentos, a viaxe iniciática a Bretaña a ver a Alan Stivell, a formación de Roi Xordo ata a unión con Faíscas do Xiabre para dar lugar a Milladoiro percorren o traballo, xunto con visións sociolóxicas e históricas de grande interese. O traballo conta tamén cun documental do mesmo nome. A sorpresa é que o libro acompáñao un CD escintilante. Temas da época regravados ou gravados por vez primeira baixo a dirección de Seoane, compositor de boa parte das músicas. Con el cantan textos propios ou de Rosalía, Ferrín, Celso Emilio ou Cunqueiro compañeiros de andaina, desde Pilocha e Rodrigo Romaní ata Bibiano ou Miro Casabella, sen faltar outros camaradas de Milladoiro ou a magnífica voz da ferrolá Laura Amado. Libro e disco que por si sós serían recomendables, xuntos resultan imbatibles.
2 xoves ferrol
FEne
DANZA Feliz Danza. Mundo Danza. Teatro Jofre. 19.30 h
UNHA OLLADA NATURAL Debuxos de Calros Silvar. Casa da Cultura de Fene, ata o 31 de xaneiro.
3 venres ferrol
NARÓN TEATRO Meu ben. EME2 Emocion&arte. Pazo da Cultura. 20.30 h 25 sábado
FERROL
ferrol
RITA GUTIÉRREZ Fotografía. Ateneo Ferrolán, ata o 31 de xaneiro.
DANZA Constelaciones. Aracaladanza. Teatro Jofre. 20.00 h Música No Quartet. Sala Súper 8. 22.30 h
IMELDO CORRAL. PAISAXISTA DAS IRMANDADES Pinturas de Imeldo Corral (Ferrol, 1889-1976). Fundación Novacaixagalicia, ata o 11 de xaneiro.
horarios Fundación Caixa Galicia Luns a venres: de 12.00 a 14.00 h e 16.00 h a 21.00 h. Domingos e festivos: 12.00 a 14.00 h. Centro Cultural Torrente Ballester Martes a domingo: (incluído festivos) de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h. Luns pechado. Centro Cultural Carvalho Calero Luns a venres: de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h. Ateneo Ferrolán (Oficina provisoria por obras) Luns a venres: de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.30 h. Real Coro Toxos e Froles Luns a venres: de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 20.00 h. Sábados: de 12.00 a 14.00 h. Galería Sargadelos Luns a sábado: de 09.00 a 21.00 h. Casa das Palmeiras de Neda: De luns a domingo: de 17.30 a 19.30 h. Casa da Cultura de Valdoviño: De luns a venres: de 16.00 a 18.00 h. Luns e mércores tamén en horario de mañá: de 10.00 a 13.00 h. Casa da Cultura de Fene: De luns a venres: de 16.00 a 21.30 h. Martes e xoves tamén en horario de mañá: de 10.00 a 12.30 h.
exposicións
JORGE JUAN Y SANTACILIA y su vínculo con ferrol Fundación Novacaixagalicia, ata o 11 de xaneiro. O VIÑO E O MAR. RÍAS BAIXAS Fundación Novacaixagalicia, ata o 25 de xaneiro. AFLUENTES 94. os anos circulares Pintura. C.C. Torrente Ballester, ata o 28 de febreiro.
NARÓN TEATRO Meu ben. EME2 Emocion&arte. Pazo da Cultura. 20.00 h. 26 DOMINGO ferrol
maxia Asombrosamente increíble Mago Luis Boyano. Teatro Jofre. 20.00 h 10 venres ferrol MÚSICA Javier Krahe en concerto. Presentación do disco “Las diez de últimas”. Sala Súper 8. 22.30 h 11 sábado ferrol Música Super F+ Bourbon Queen. Sala Súper 8. 22.30 h
17 venres ferrol MÚSICA Trashnos. Sala Súper 8. 22.30 h
TEATRO Una jornada particular. La Pavana. Pazo da Cultura. 19.00 h
Música Lotus String Quartet. Sociedade Filharmónica Ferrolá. Teatro Jofre 20.30 h Monólogo Luís Zahera. Sala Súper 8. 22.30 h NARÓN TEATRO Con cierto sexo. Félix Albo. Café teatro do Pazo da Cultura. 20.30 h
ferrol Música Aldaolado. Sala Súper 8. 22.30 h
NARÓN
ferrol
monólogo David Guapo. Teatro Jofre. 20.00 h 30 XOVES
NARÓN
12 DOMINGO
16 xovES
NARÓN
encontro internacional de narración oral Oswaldo Pai. Café teatro do Pazo da Cultura. 20.30 h 18 sábado ferrol Música José Mercé. Son´s do Jofre. Teatro Jofre. 20.30 h Música Zamaramandi. Sala Súper 8. 22.30 h
encontro internacional de narración oral Contada colectiva. Carolina Rueda, Oswaldo Pai, Quico Cadaval e Paula Carballeira. Pazo da Cultura. 20.00 h
NARÓN
19 DOMINGO ferrol TEATRO Osiño. Trompicallo Teatro. Teatro Jofre. 18.00 h 24 venreS ferrol Música The Last fact. Sala Súper 8. 22.30 h
Teatro Sobre o desamor e outras mariconadas. Viriscrón. Café teatro do Pazo da Cultura. 20.30 h. a
En xaneiro… draMa
coMEdia
12/01
16/01
narración oral
17/01
narración oral
18/01
coMEdia
tEatro contEMPoránEo
24/01
30/01
domingo
xoves
venres
sábado
venres
xoves
la pavana
unahoramenos
encontro internacional de narración oral
encontro internacional de narración oral
eme 2 emoción&arte
viriscrón
Una jornada con cierto particular sexo
oswaldo Pai contada colectiva
Meu ben
Sobre o desamor e outras mariconadas
e en febreiro… tEatro cláSico
01/02
coMEdia
13/02
tEatro contEMPoránEo
15/02
coMEdia
22/02
sábado
xoves
sábado
sábado
ron lalá
teatro do adro
a escola da noite
abrapalabra creacións escénicas
En un lugar as mil vidas del Quijote de Matías Houseman
novas diretrizes em as do peixe tempos de paz
Máis información en: www.padroadodacultura.es facebook/padroadodeculturaconcellodenaron
/ferrolcultura
Programa cultural
Xaneiro 2014
axenda teatro Jofre
02 xoves danza 19:30 horas
Gratuíto
Feliz danza
25 sábado
28 sábado son’s do joFre 20:30 horas
18/20 €*
7€
constelaciones
josé Mercé
Mundo danza
danza FaMiliar 20:00 horas aracaladanza
en concerto
03 venres Maxia 20:00 horas
7€
asombrosamente increíble
16 xoves
Música clásica 20:30 horas
26 domingo
12/8/6 €**
ciclo de Monólogos 20:00 horas
lotus string Quartet
15 €***
david guapo
en concerto
19 domingo teatro inFantil 18:00 horas
5€
osiño
troMpicallo
*18 € anticipada **Zonas a/b/C ***12 € anticipada
axenda outros espazos 11/11/13 ao 28/02/14
Exposición
C. C. Torrente ballester
afluentes 94. os anos circulares
información e venda de entradas: t 981 944 245 | www.ferrol.es/axendacultural | taquilla teatro Jofre y C.C. torrente Ballester
Capela do C.C. Torrente ballester