O xardin de irene

Page 1




Colección: Fardel dos soños

Para a nena Irene Santos Redondo con agarimo

O xardín de Irene Xosé Neira Vilas © do texto orixinal: Xosé Neira Vilas © das ilustracións: Leandro Lamas © desta edición: Edicións Embora, 2015 R/ Galiano, 63 - 1º. 15402 Ferrol www.edicionsembora.es Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, salvo excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra na web www.conlicencia.com ou no teléfono 91 702 19 70 Impreso en Gráficas Lasa Primeira edición: Febreiro 2015 ISBN: 978-84-92644Depósito Legal: C


Xosé Neira Vilas

O xardín de Irene

edicións embora



Bonito Irene ten un xardín que coida con moita aquela, por eso na súa manciña hai sempre unha regadeira. Sabe que as plantas precisan día tras día auga fresca así que cando lla bota quedan felices, contentas. E din todos, que bonito está o xardín da nena.



O sol Baixou o sol raioleiro foise pousando nas tellas chega a luz e o caloriño ás plantas que coida a nena, porque do traballo sae toda esta linda beleza. Coa luz renacen as flores e hai vida e amor na terra, o sol enche de alegría montes, camiños e leiras.



Praia Cando Irene está na praia e camiña pola area pensa no xardín sen auga, cavila na terra seca e dille a mamá baixiño: “eu quero volver á aldea”. E outro tanto lle pasa na cidade barullenta, prefire escoitar paxaros e ir e vir entre as macetas.



Chuvia Dende o balcón da súa casa ve Irene o xardín que rega e que mima e agarima día tras día e contempla ese porral florecido, ese retrinco de terra. Hoxe non ten que regalo porque caeu chuvieira, e o xardín agradecido reloce de beira a beira.



O paxariño O paxariño foi vindo e pousouse na camelia, estivo canta que canta moi alegre, a tarde enteira mentres o cricrí do grilo podía oirse entre as herbas. Armouse unha cantaruxa moi alegre e musiqueira e todos, todos pensaron que había festa na aldea.



Flores Vai Irene camiñando pola beira das hortensias, vai acariñando os lirios, as calas, as azaleas, todas elas moi bonitas, todas sorríndolle á nena. Ela sigue e ve os xeranios a lavanda e as gardenias. Está feliz indo e vindo e as flores están contentas.



Brancaneves A mamá de Irene puxo a Brancaneves, princesa, nun recanto do xardín, e alegrouse moito a nena. Dáballe apertas e bicos na cariña de cereixa e acariñáballe o pelo e o vestido azul de seda. Fixéronse moi amigas, e queríanse de veras.



Música Hai un piano no xardín pola banda das roseiras e hai música moi bonita cando toca nel a nena. Tén á beira dúas amigas que bailan darredor dela. Arrecenden máis as flores e reverdecen as herbas, o piano en cada nota é un corazón que latexa.



Ananos Trouxo un día o pai de Irene, dun país chamado Suecia, sete bonecos xeitosos, sete ananos con melena e dixo que Brancaneves debe telos na súa beira pois así está na historia desta xeitosa princesa. Sete apertas, sete bicos, está moi feliz a nena.



MĂĄis flores O xardĂ­n sigue medrando: ten petunias, ten violetas, margaridas e xeranios, e gladiolos e azucenas, ten caraveles a eito e andan tolas as abellas zugando de flor en flor porque o mel e cousa delas, e con mel fanse lambetas para as nenas lambeteiras.



Soño Soñou Irene unha noite que o seu xardín xa non era, as flores secaran todas, xa non viñan as abellas e fórase Brancaneves cos sete ananos tras dela. Ergueuse na mañanciña, ¡ai!, o xardín non morrera. Reuse, bicou a un anano e abrazou forte á camelia.



Animais Trouxo a madriña de Irene novas plantas en macetas e animaliños de adorno que están no xardín da nena. Dúas vacas, seis galiñas, un galo e máis tres ovellas, dous parrulos, catro gatos brancos con pintiñas negras. O xardín tamén é agora un curral ou unha eira.



A mestra Tanto lle falou Irene do xardín á súa mestra que unha tarde foino ver para compracer á nena. Veu as flores e os adornos, as bolboretas viaxeiras, e un xílgaro que a saudaba no curuto da camelia. Marchou na posta do sol, estaba moi satisfeita.



Cariño Irene tenlle cariño a este retrinco de terra, quérelle moito ó xardín, fala del coas compañeiras. Vese medrar entre as flores, vai e ven coa regadeira. Ese mundo pequeniño é moi grande para ela, que está feliz, canta e ri coma unha rula festeira.





Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.