Actividades

Page 1

PROPOSTA DE ACTIVIDADES CURSO: 2011 - 2021


ACTIVIDADES Tendo en conta que a función deste Equipo é fundamentalmente dinamizadora, buscamos actividades alternativas ás exclusivamente docentes, nas que o alumnado poida pasalo ben traballando “en e para o galego”. Por iso propoñemos as seguintes actividades:

 Ambientalidade OBXECTIVOS:  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das festas tradicionais galegas e participar activamente nas actividades do Día das Letras Galegas.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

ACTIVIDADE: Os murais que se fan nas aulas con motivo das festas tradicionais galegas, en colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares; e os que se fagan co tema deste ano, en colaboración co Equipo de Biblioteca; e que adornan os nosos corredores ao longo de todo o curso escolar, estarán en lingua galega. (Outono, Nadal, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas, o Cooperativismo:A pesca). Propoñen: Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Equipo de Actividades Extraescolares e Equipo de Biblioteca. Colabora todo o profesorado. Participa todo o alumnado. Actividade plurianual


 Postal de Nadal

OBXECTIVOS:  Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar.

 Uso das novas tecnoloxías.  Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das festas tradicionais.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

ACTIVIDADE: Actividade plurianual Como cada ano por estas datas o EDLG elixe un tema e establece as bases para a elaboración dunha postal de Nadal que se traballará nas aulas respectivas, para, despois da súa montaxe en Photoshop e impresión da mesma, enviar ás familias. Para este curso pretendemos que as bases sexan semellantes as de cursos anteriores e o tema a tratar estará dentro de “O mar e a pesca” Organiza o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Colaboran os titores Participan todas as aulas. Destínase a toda a Comunidade Escolar do noso Centro.


 Taller de disfraces

OBXECTIVOS:  Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.  Crear máis espazos de uso do galego.  Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das festas tradicionais galegas: magosto, Entroido,…

ACTIVIDADE: De cara a celebración do Entroido, e tendo como tema “O mar e a pesca”, o equipo docente de Educación Infantil elaborará os disfraces que lucirán os nenos e nenas desta etapa educativa no desfile do Colexio. Para elo, e con tempo suficiente, crearanse os talleres de disfraces, que terán lugar os martes pola tarde, e nos que traballarán de forma conxunta profesoras e pais/nais destes nenos/as. Propoñen esta actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Actividades Extraescolares. Colaboran profesoras e pais/nais de Educación Infantil.


 Faladoiros OBXECTIVOS:  Dinamizar a nivel oral a lingua galega.  Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa en galego.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán.  Crear máis espazos de uso do galego.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

ACTIVIDADE: Son unha forma de expresión oral, lúdica e educativa na que o alumno disfruta preparando e participando nunha serie de actividades que lle permiten ver que o galego tamén é unha fonte de pracer e diversión. Traballamos dous faladoiros, denominados: Faladoiro de Outono, que celebraremos en decembro e Faladoiro de Primavera, que se preparará para a Semana das Letras Galegas. A proposta do EDLG, e partindo dun tema dado ou ben con tema libre si así o acordamos, cada aula prepara unha actividade ( poemas, recitados, cantigas, bailes, lendas, contos, tradicións,…) para, na data fixada, representar diante dos seus compañeiros de Ciclo ou de Centro, atendendo a organización que en cada intre se faga do mesmo. De cada Faladoiro farase unha montaxe fotográfica e un vídeo no que queda plasmado a actividade que realiza cada grupo de nenos/as participantes. Esta actividade supón que os nenos e nenas teñen que: 

Levar a cabo un traballo de búsqueda da actividade que van preparar.

Adaptar a mesma a súa idade e aos medios cos que contan para traballala.

Memorizar o texto e aprender as pautas para a súa representación.

Traballar en equipo co resto do grupo ou da clase.

Facer, en moitos casos, a tradución ao galego.

É esta unha actividade plurianual. As pautas para a súa celebración correspóndenlle ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Da preparación encárganse os titores. Contamos tamén coa colaboración das familias Participa todo o alumnado.


 Teatro Intercentros OBXECTIVOS:  Motivar a adquisición dunha boa competencia galega.

comunicativa en lingua

 Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Contribuír á dinamización lingüística.  Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno, tanto do Concello de Vigo como doutros concellos veciños (Nigrán).  Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias.  Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar.  Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa lingua.  Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira plena competencia en galego.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

ACTIVIDADE: O grupo de teatro do Centro, formado por tres profesoras do mesmo, prepara cos seus alumnos/as unha obra que ao longo do curso será representada tanto no noso Colexio, para nenos/as, profesores/as e pais/nais, como en outros centros do Concello de Vigo, Nigrán e Baiona. Trabállase en colaboración co Concello de Vigo, que subvenciona parte da actividade e coa Escola de Teatro. E asistimos as xornadas organizadas por estes organismos. Esta actividade vense realizando dende hai varios anos. Propón a actividade o Grupo de Teatro do Centro. Conta coa colaboración das familias. Colaboran na mesma o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo de Actividades Extraescolares. Participan un ou varios grupos de alumnos/as, profesoras do grupo de teatro e pais/nais dos nenos/as participantes.


 Actualización do blog de dinamización da lingua galega: Dinamiza OBXECTIVOS:  Tratar de mellorar a competencia lingüística do galego.  Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias.  Dinamizar a lingua galega  Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Promover a lectura como vía de acceso a información.  Potenciar a lectura en lingua galega.  Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa  Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira plena competencia en galego.  Crear máis espazos de uso do galego.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.  Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno.

ACTIVIDADE: Faremos uso das novas tecnoloxías para dar a coñecer as nosas experiencias e actividades a toda a Comunidade Escolar e a outros Centros Educativos que así o desexen. Ao longo do ano actualizaremos o noso blog dinamizador da lingua galega: Dinamiza coas novas que se produzan e coas actividades realizadas. Faremos o mesmos co noso apartado da páxina web do Centro. Propón e elabora a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Participa todo o alumnado do Colexio, que terá aceso a mesma e na que se publicarán as súas actividades.


 Visita de escritores en lingua galega

OBXECTIVOS:  Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego como en castelán.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Contribuír á dinamización lingüística.  Promover a lectura como vía de acceso a información.  Potenciar a lectura en lingua galega.

 Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán.

ACTIVIDADE: Nesta ocasión o disfrute consiste na celebración dunha xornada de convivencia cun escritor en lingua galega, do que de antemán leron unha obra, e que lles contará as súas vivencias como escritor. Programado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca. Participa o alumnado do Terceiro Ciclo de Primaria.


 Participación en campañas de concienciación

OBXECTIVOS:  Intercambio de experiencias e actividades con centros educativos do entorno.  Uso das novas tecnoloxías para difundir experiencias.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Contribuír á dinamización lingüística.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

ACTIVIDADE: Dende hai uns anos os nosos alumnos/as participan no CORRELINGUA, acto que se convoca anualmente e no que despois de concentrar aos nenos/as dos distintos colexios no Concello, faise unha andaina reivindicativa en prol da lingua galega ata o Parque de Castrelos. Participaremos na elaboración do Manifesto, e na súa lectura no Parque de Castrelos. Tamén intentaremos facer o mesmo coa pancarta reivindicativa. Propón a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Pode inscribirse todo o Centro.


 Semana do cine en galego

OBXECTIVOS:  Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego como en castelán.  Uso das novas tecnoloxías para difundir experiencias.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Contribuír á dinamización lingüística.  Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán.  Crear máis espazos de uso do galego.

ACTIVIDADE:

Proxección diaria, durante unha semana, dun filme en galego, que despois se traballará na clase. O EDLG programará actividades para realizar antes e despois de visualizar a película. Programado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Participa todo o alumnado do noso Colexio.


 Semana das Letras Galegas

OBXECTIVOS:  Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego como en castelán.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Contribuír á dinamización lingüística.  Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das festas tradicionais galegas e participar activamente nas actividades do Día das Letras Galegas.  Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán.  Crear máis espazos de uso do galego.

ACTIVIDADE: Durante esta semana organizaranse varias actividades; unhas que se programarán coordinadamente entre os distintos Ciclos e Departamentos, e outras que se prepararán para a súa realización a nivel de aula. Para as actividades de aula o EDLG encargarase de elaborar unha unidade didáctica sobre o homenaxeado este ano e facilitará as de outros colectivos que nos teñan mandado a súa por esas datas Por outra banda coordinará as actividades conxuntas e tamén facilitará ao profesorado unha serie de propostas a realizar e os recursos necesarios para poder levalas a cabo. Incluirase nesta semana as actividades do Faladoiro de Primavera. Celebraranse as xornadas de teatro, pola mañá para o alumnado do Centro e pola tarde para pais e nais. Montarase a exposición de carteis sobre a vida e obra do homenaxeado no ano 2011. Programa e organiza estas actividades o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares. Destinado a toda a Comunidade Educativa.


 Revista Escolar OBXECTIVOS:  Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego como en castelán.  Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar.  Uso das novas tecnoloxías para difundir experiencias.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.  Potenciar a lectura en lingua galega.  Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán.  Garantir que o profesorado teña plena competencia para desenvolver o seu labor docente.  Crear máis espazos de uso do galego.  Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.  Tratar de mellorar a competencia lingüística do galego para que conleve unha repercusión positiva no seu uso.

ACTIVIDADE: Está concibida como o órgano de expresión da nosa Comunidade Educativa e terá carácter anual. Coordinará esta actividade o EDLG, contando coa colaboración de todo o profesorado e todo alumnado do Centro. O seu obxectivo será buscar e seleccionar traballos e noticias relacionadas tanto con contidos curriculares como con actividades complementarias organizadas polo Centro. A nosa revista escolar é Encontros. O tema central deste ano será “O mar e a pesca” e contará, ademais con todos aqueles traballos, actividades, debuxos, etc., cos que os nosos colaboradores desexen participar. Propón o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Colabora todo o profesorado e alumnado do Centro. Destínase a toda a Comunidade Educativa.


 Colaboracións OBXECTIVOS:  Traballar en estreita colaboración con outros organismos normalizadores e dinamizadores da lingua galega.  Crear máis espazos de uso do galego. ACTIVIDADE: Consideramos que para dinamizar a lingua galega fai falla un labor coordinado de todos os sectores de ámbito social. Por elo estamos dispostos a traballar en estreita colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, co Coordinador de zona da Consellería, coa Coordinadora galega dos EDLG e con todos aqueles equipos que traballen na dinamización e uso do galego. Encárgase o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 Sesións de Conta contos OBXECTIVOS:  Motivar a adquisición dunha boa competencia comunicativa en lingua galega.  Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada.  Contribuír á dinamización lingüística.  Potenciar a lectura en lingua galega.  Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán.

ACTIVIDADE: É esta unha actividade lúdica que consideramos interesante porque se fomenta conxuntamente o uso do galego e o da lectura. Consiste en que os nenos e nenas maiores (Terceiro Ciclo de Primaria) lean e preparen a representación dun conto (dramatización, Guiñol, …) para os máis pequenos (Educación Infantil). Propón o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.