FICHA TÉCNICA
Música: Gerard Calvi Director de orquesta: Yves Prin Efectos Secundarios: Henri Gruel Con la colaboración de : Pierre Tchernia Texto: Anthea Bell Derek Hockridge Voces: Astérix.- Lee Payaut Obélix.- Hal Brav JohnPrim
AlexanderA. Klimenxo
Jean Fontaine
Anthony Stuart
Ed Marcus
George Birt
Lyle Joyce
George Keros
Francois Valorbe
Derry Hall
Bruce Johansen
John Rounds
Arch Taylor
Milt Mezzirow
Yves Brainville
Michael Brown
Patrick O’Hara
Jim Shuman
Colin Drake
Steve Waring
Paula D’Alba
Ginger Hall
Dirigido por: Lee Payant Guuión (Screenplay): Jos Marissen Eddie Lateste Animación: Vivian Miessen
- Nic Broca
- Boge Ring
Bjorn Frank Jensen
-
Per Ulvar Lyqum
Marcel Colbrant
-
Laurence Moorcroft
Supervisado por: Eddie Lateste Plató: Claude Lambert Michou Wiggers Jean Torton Cámaras: Francois Leonard Jean Midre Georges Lapeyronnie Edición: Lazzlo Molnar Jacques Marchal Gravacións e mezclas: Studios Davout Enxeñeiros de son: Jacques Maumont Claude Ermelin Laboratorios: Dassonvelle Xefe de Produción: Jose Dutillieu Dirección: Belvision / Brussels
SIPNOSE Cleopatra quere demostrar a Xulio César que os exipcios son mellores construtores que os romanos, e que eran os mesmos que construíran as pirámides e non estaban en decadencia. Para elo comprométese a levantarlle un palacio en Alexandría en só tres meses. Encarga a Numerobis, o mellor arquitecto de Alexandría, a construción do mesmo no prazo sinalado. Numerobis síntese incapaz de facelo e pídelle axuda a Panoramix, o seu amigo druída, quen se pon en marcha cara Alexandría acompañado de Astérix e Obélix. Durante a viaxe sortean un sinfín de perigos e Numerobis avísaos de que en Exipto teñen que ter coidado con Paletabis, arquitecto rival, que tratará de que fracase a execución da obra. Visitan a Esfinxe e as Pirámides e navegan polo Nilo. En Alexandría coñecen a Cleopatra. A construción do palacio seguiría un ritmo normal se non fose polos problemas que lles causa Paletabis, e que os galos, habilmente, van afrontando. Xulio César ao entrarse de que os tres galos axudaban a Numerobis, decide sitiar o palacio e ordena que lle entreguen aos galos. Cleopatra , coñecedora da situación, intervén e fala con Xulio César, quen entende que está obrando inxustamente. Numerobis remata a obra no tempo previsto e obtén a recompensa prometida por Cleopatra. Panoramix, Astérix e Obélix volven a Galia onde unha vez máis son recibidos como heroes.
VALORES A DESTACAR
Valentía.- Os protagonista son heroes que non teñen medo a nada nin a ninguén, que se enfrontan a calquera situación sen temor porque teñen un arma secreta: a poción máxica que os fai invencibles.
Amizade.- Os galos non dubidan en deixar a súa tranquila aldea para acudir en axuda do seu amigo que corre o perigo de ser alimento dos crocodilos.
Perseveranza.- Pese a todas as dificultades que atopan para cumprir coa súa misión, non se dan por vencidos e buscan a solución a cada situación que se presenta, pero sempre seguen adiante e non se dan por vencidos.
PERSONAXES
Astérix Guerreiro Galo, heroe destas aventuras.
Obélix Repartidor de menhires y tallista. Íntimo de Astérix.
Panorámix Druída da aldea. Fabrica a poción máxica.
Idefix Can mascota de Obélix que o segue a todas partes.
Cleopatra Raíña de Exipto con mal xenio pero cunha nariz perfecta.
Xulio César Político romano
Numerobis Arquitecto de Alexandría.
Paletabis Arquitecto da competencia.
INTRODUCCIÓN Á PELÍCULA
Introducir ao alumnado na época histórica na que se desenvolve a película. Falarlles, de acordo coa súa idade de Roma, de Exipto e da Galia.
Buscar información sobre a vida de Cleopatra Situar nun mapa: Roma Exipto A Galia
Xulio César.
ACTIVIDADES SOBRE A PELÍCULA Contesta: 1.-Como conseguen os galos ser invencibles? 2.-Por que Obélix é tan gordo e tan forte ? 3.-Cal é a obsesión de Obélix? 4.-Con quen anda sempre Obélix? 5.-Onde se atopa sempre Panoramix? 6.-Que fixo Panoramix para poder sair da pirámide exipcia? 7.-Que é Astérix? 8.-Que fan os piratas cando se atopan con Astérix e Obélix? 9.-Quen rompeu o nariz da Esfinxe? 10.-Onde ten a súa orixe a poción máxica?
Moldea con plastilina un barco pirata Colorea: