PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO Curso 2011-2012
O día un de setembro do dous mil once, e segundo establece a Lei 3/1983 do 15 de xuño de normalización lingüística, no relativo ao uso do galego no ensino nos niveis non universitarios, e no desenvolvemento da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; e en aplicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia; constitúese o Equipo de Dinamización da
Lingua Galega do CEIP Pintor Laxeiro de Vigo, quedando composto polos seguintes membros:
Coordinadora: ....................................................... Eugenia González Tabarés
Mestres/as representantes:
Educación Infantil: ........................................... Álvarez Piñeiro, Mª Eugenia Prieto Toro, Teresa 1º Ciclo de Primaria: ....................................... Fuentes González, José Eliseo 2º Ciclo de Primaria: ....................................... García Cajaraville, Mª Luisa Fernández González, Pilar
Orientadora : ...................................................... Rodríguez Domínguez, Jesusa
CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO
I.- ENTORNO SOCIAL
O CEIP Pintor Laxeiro de Vigo é un Centro Público de Educación Infantil e Educación Primaria, situado no entorno da Praza América, no centro da cidade, zona de expansión comercial e de servizos, na que a idade da poboación é, en termos xerais, heteroxénea e cun nivel económico e un grao de formación medio. Non obstante hai que resaltar que na súa área de influencia hai asentada unha importante poboación de inmigrantes, sobre todo hispanos e chineses, que matriculan aos seus fillos neste Centro, e tamén recibimos nenos/as procedentes de Centros de Acollida e, polo tanto con necesidades de adaptación a realidade que envolve ao Centro e ao seu nivel cultural. Pero, en xeral, o entorno familiar é de inquedanza e preocupación polos seus fillos/as, e con expectativas medias pola súa formación académica.
CARACTERÍSTICAS DO CENTRO O noso Centro conta con seis unidades de Educación Infantil e doce de Educación Primaria. Ademais posúe dúas aulas de atención a diversidade (Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe) e conta con servizo de Orientación Educativa. Posuímos un alumnado duns catrocentos alumnos/as e uns trinta docentes que xunto coa ANPA, en representación das familias, constitúen a nosa Comunidade Educativa. O EDLG leva anos constituído e traballando na galeguización e dinamización do Centro, tanto a nivel administrativo como na práctica docente, así como no fomento do uso do galego a nivel oral e escrito por parte do profesorado e do alumnado.
II.- CONTORNO DO CENTRO No curso 2007 – 2008 o EDLG, elaborou e pasou unhas enquisas as familias, ao profesorado e ao alumnado; para coñecer a realidade lingüística do noso entorno e consecuentemente do noso alumnado, contando cun alto índice de participación en todos os sectores . Tendo en conta que falamos dun colexio urbano no que o medio no que se desenvolve é castelanfalante, segundo indica o mapa sociolingüístico de Galicia, o mesmo que a maioría dos medios de comunicación cos que está en contacto o noso alumnado; partimos de que a realidade lingüística do Centro ten como indicador que a maioría dos alumnos/as son castelanófonos. Tamén temos que ter en conta que na enquisa feita aos pais/nais que matricularon aos seus fillos en 4º de Educación Infantil, saíu maioritario o ensino en castelán. Dun total de 42 matrículas, 33 pediron o castelán, 5 o galego e 4 en castelán galego; polo que quedou establecido o castelán como lingua materna en Educación Infantil.
III.- INFORMACIÓN OBTIDA NAS ENQUISAS 1.-SITUACIÓN DO PROFESORADO: ✔
A lingua habitual do profesorado é maioritariamente o castelán.
✔
A lingua empregada no centro educativo é maioritariamente o castelán.
✔
A capacidade do profesorado para empregar o galego na actividade docente é media/alta.
✔
A disposición do profesorado para facer cursos de reciclaxe, co obxectivo de acadar unha capacitación axeitada é moderada.
✔
A dispoñibilidade do profesorado para impartir a docencia en galego é competencialmente boa e actitudinalmente moderada.
2.- SITUACIÓN DO ALUMNADO: ✔
A lingua habitual do alumnado na casa é o castelán.
✔
A lingua habitual do alumnado cos amigos/as é o castelán.
✔
A lingua usada polo alumnado no ámbito escolar é, maioritariamente, o castelán e o galego por igual.
✔
A lingua materna do alumnado de Educación Infantil é o castelán.
3.- SITUACIÓN DAS FAMILIAS: ✔
A lingua na que aprendeu a falar o voso fillo/a é masivamente o castelán.
✔
A lingua que se fala habitualmente na vosa casa é, maioritariamente, o castelán.
✔
A lingua que usa o voso fillo/a coas súas amizades é, maioritariamente, o castelán.
OUTROS DATOS DE INTERÉS ➢
A presenza da lingua galega na documentación administrativa, rotulado, etc. é plena.
➢
O emprego da lingua galega nas interaccións co alumnado, coas familias e con outras institucións é moderado.
➢
O emprego da lingua galega nas interaccións co alumnado en contextos informais é moderado.
➢
O emprego da lingua galega por parte do persoal non docente do centro é ningún.
➢
O emprego da lingua galega por parte da ANPA é ningún.
➢
O emprego da lingua galega na realización das actividades extraescolares é ningún.
➢
A dotación de fondos en galego na biblioteca é aceptable.
➢
A visibilidade das accións do ENDL é ampla.
IV.- CONCLUSIÓN: O noso colexio sitúase nun contexto no que predomina o castelán e o noso alumnado é maioritariamente castelanfalante cunha lingua familiar e cunhas interaccións comunitarias que usan como lingua habitual o castelán. A lingua materna na que se vai impartir o ensino en Educación Infantil, por elección das familias, é o castelán. Está situado no centro da cidade cunha ampla presenza de alumnado inmigrante que procede de forma maioritaria de América Latina cunha competencia en lingua galega moi deficiente. Polo que se refire ao profesorado vemos que maioritariamente é castelanfalante, pero conta cunha boa competencia no dominio da lingua galega e a súa actitude cara á mesma é moderadamente positiva cara o galego, así como a súa colaboración nas actividades dinamizadoras do galego que propoña o ENDL
V.- GRテ:ICOS
OBXECTIVOS DO PROXECTO LINGÜÍSTICO
Este Equipo Dinamizador da Lingua Galega comeza este ano un novo proxecto en colaboración co resto dos Equipos docentes do Centro, que terá carácter plurianual no que se traballará o cooperativismo é, tendo como tema para este ano: “A pesca” A nosa pretensión é dar continuidade a este proxecto nos cursos vindeiros.
OBXECTIVOS PARA O CONTORNO:
Traballar en estreita colaboración con outros organismos normalizadores e dinamizadores da lingua galega. Actividades:
Correlingua, organizada pola Asociación Sociopedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega, A Mesa pola Normalización Lingüística e distintos Concellos galegos (Concello de Vigo). Colaboramos coa pancarta reivindicativa e na elaboración e lectura do Manifesto.
Colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, asistindo as reunións convocadas polo mesmo e participando nas actividades programadas.
Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno. Actividades:
Teatro Interescolar, co intercambio de obras entre colexios dos concellos de Vigo, Nigrán e Baiona.
Celebración do Entroido, coa celebración dun desfile no que participa toda a comunidade educativa e degustación dos produtos típicos do Entroido.
Prensa Escolar. A nosa revista escolar Encontros, que se elabora ao longo de todo o ano, distribúese entre todos os sectores da Comunidade e Administración Educativa.
Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias. Actividades:
Creación do Blog dinamizador e a correspondentes publicacións no mesmo.
Montaxe en Photoshop da Revista Encontros e da Postal de Nadal
Elaboración de vídeos, do Faladoiro de Outono e do Faladoiro de Primavera.
Dinamizar a lingua galega. Actividades:
Celebración dos Faladoiros, nos que o alumnado ten que investigar, preparar, coordinar, memorizar, interpretar, etc., actividades en galego
Teatro Interescolar, representación de obras en galego dentro e fora do centro escolar.
Publicacións no blog dinamizador, os traballos realizados poderán ser vistos , unha vez publicados en Internet, por todos aqueles que así o desexen .
Visita de escritores en lingua galega, que lles falará das súas vivencias e da obra que, os alumnos/as, leron e traballaron nas aulas.
Participación no Correlingua, colaborando coa pancarta e coa lectura do Manifesto.
Semana de Cine en Galego, visualizando e traballando películas proxectadas en lingua galega.
Celebración das Letras Galegas, participando na proposta de actividades programadas en honor do homenaxeado, tanto a nivel de aula como de Centro.
Sesións de Conta-Contos, lendo e representando contos para os máis pequenos.
OBXECTIVOS PARA O ALUMNADO:
Dinamizar a lingua galega, especialmente a nivel oral. Actividades:
Celebración dos Faladoiros
Teatro Interescolar
Publicacións no blog dinamizador
Visita de escritores en lingua galega
Participación no Correlingua
Semana de Cine en Galego
Celebración das Letras Galegas
Sesións de Conta-Contos
Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego como en castelán. Actividades:
Celebración dos Faladoiros
Teatro Interescolar
Visita de escritores en lingua galega
Semana de Cine en Galego
Celebración das Letras Galegas
Revista escolar Encontros
Sesións de Conta-Contos
Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar. Actividades:
Postal de Nadal
Taller de disfraces
Teatro Interescolar
Publicacións no blog dinamizador
Revista Escolar
Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada. Actividades:
Ambientalidade
Celebración dos Faladoiros
Teatro Interescolar
Publicacións no blog dinamizador
Visita de escritores en lingua galega
Participación no Correlingua
Semana de Cine en Galego
Celebración das Letras Galegas
Revista Escolar
Sesións de Conta-Contos
Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social. Actividades:
Ambientalidade
Taller de disfraces
Visita de escritores en lingua galega
Participación no Correlingua
Celebración das Letras Galegas
Revista Escolar
Contribuír á dinamización lingüística. Actividades:
Teatro Interescolar
Visita de escritores en lingua galega
Participación no Correlingua
Semana de Cine en Galego
Celebración das Letras Galegas
Sesións de Conta-Contos
Promover a lectura como vía de acceso a información. Actividades:
Publicacións no blog dinamizador
Visita de escritores en lingua galega
Potenciar a lectura en lingua galega. Actividades:
Publicacións no blog dinamizador
Visita de escritores en lingua galega
Revista Escolar
Sesións de Conta-Contos
Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa lingua. Actividades:
Teatro Interescolar
Publicacións no blog dinamizador
Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das festas tradicionais galegas: magosto, Entroido, …; e participar activamente na programación do Centro para o Día das Letras Galegas. Actividades:
Ambientalidade
Postal de Nadal
Taller de disfraces
Celebración das Letras Galegas
OBXECTIVOS PARA O PROFESORADO: Garantir que o profesorado teña plena competencia para desenvolver o seu labor docente. Actividades:
Revista Escolar
Comunicacións en galego (documentos, avisos aos pais,…)
Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira plena competencia en galego. Actividades:
Teatro interescolar
Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán. Actividades:
Celebración dos Faladoiros
Visita de escritores en lingua galega
Semana de Cine en Galego
Celebración das Letras Galegas
Revista Escolar
Sesións de Conta-Contos
OBXECTIVOS PARA O CENTRO: Crear máis espazos de uso do galego. Actividades:
Taller de disfraces
Celebración dos Faladoiros
Publicacións no blog dinamizador
Semana de Cine en Galego
Celebración das Letras Galegas
Revista Escolar
Colaboracións
Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego. Actividades:
Ambientalidade
Postal de Nadal
Celebración dos Faladoiros
Teatro Interescolar
Publicacións no blog dinamizador
Participación no Correlingua
Revista Escolar
Tratar de mellorar a competencia lingüística do galego para que conleve unha repercusión positiva no seu uso. Actividades:
Revista Escolar
MEDIDAS A ADOPTAR
Dar prioridade ao uso do galego oral dentro da nosa Comunidade Escolar, dado que é a lingua minoritaria no noso Colexio.
Procurar conseguir todo o material didáctico posible en lingua galega.
Dar prioridade ao uso do galego nas TICs, en todos aqueles sistemas operativos e programas nos que sexa posible facelo.
Dar a coñecer as nosas actividades co uso das TICs.
Establecer canles de comunicación entre os distintos Ciclos e Departamentos para optimizar os recursos educativos.
Desenvolvemento oral do galego nun clima de uso habitual no que non exista prexuízo cara a este idioma.
ACTIVIDADES Tendo en conta que a función deste Equipo é fundamentalmente dinamizadora, buscamos actividades alternativas ás exclusivamente docentes, nas que o alumnado poida pasalo ben traballando “en e para o galego”. Por iso propoñemos as seguintes actividades:
Ambientalidade OBXECTIVOS: Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada. Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social. Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das festas tradicionais galegas e participar activamente nas actividades do Día das Letras Galegas. Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.
ACTIVIDADE: Os murais que se fan nas aulas con motivo das festas tradicionais galegas, en colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares; e os que se fagan co tema deste ano, en colaboración co Equipo de Biblioteca; e que adornan os nosos corredores ao longo de todo o curso escolar, estarán en lingua galega. (Outono, Nadal, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas, o Cooperativismo:A pesca). Propoñen: Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Equipo de Actividades Extraescolares e Equipo de Biblioteca. Colabora todo o profesorado. Participa todo o alumnado. Actividade plurianual
Postal de Nadal
OBXECTIVOS: Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar.
Uso das novas tecnoloxías. Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das festas tradicionais. Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.
ACTIVIDADE: Actividade plurianual Como cada ano por estas datas o EDLG elixe un tema e establece as bases para a elaboración dunha postal de Nadal que se traballará nas aulas respectivas, para, despois da súa montaxe en Photoshop e impresión da mesma, enviar ás familias. Para este curso pretendemos que as bases sexan semellantes as de cursos anteriores e o tema a tratar estará dentro de “O mar e a pesca” Organiza o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Colaboran os titores Participan todas as aulas. Destínase a toda a Comunidade Escolar do noso Centro.
Taller de disfraces
OBXECTIVOS: Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar. Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social. Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego. Crear máis espazos de uso do galego. Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das festas tradicionais galegas: magosto, Entroido,…
ACTIVIDADE: De cara a celebración do Entroido, e tendo como tema “O mar e a pesca”, o equipo docente de Educación Infantil elaborará os disfraces que lucirán os nenos e nenas desta etapa educativa no desfile do Colexio. Para elo, e con tempo suficiente, crearanse os talleres de disfraces, que terán lugar os martes pola tarde, e nos que traballarán de forma conxunta profesoras e pais/nais destes nenos/as. Propoñen esta actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Actividades Extraescolares. Colaboran profesoras e pais/nais de Educación Infantil.
Faladoiros OBXECTIVOS: Dinamizar a nivel oral a lingua galega. Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa en galego. Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada. Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán. Crear máis espazos de uso do galego. Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.
ACTIVIDADE: Son unha forma de expresión oral, lúdica e educativa na que o alumno disfruta preparando e participando nunha serie de actividades que lle permiten ver que o galego tamén é unha fonte de pracer e diversión. Traballamos dous faladoiros, denominados: Faladoiro de Outono, que celebraremos en decembro e Faladoiro de Primavera, que se preparará para a Semana das Letras Galegas. A proposta do EDLG, e partindo dun tema dado ou ben con tema libre si así o acordamos, cada aula prepara unha actividade ( poemas, recitados, cantigas, bailes, lendas, contos, tradicións,…) para, na data fixada, representar diante dos seus compañeiros de Ciclo ou de Centro, atendendo a organización que en cada intre se faga do mesmo. De cada Faladoiro farase unha montaxe fotográfica e un vídeo no que queda plasmado a actividade que realiza cada grupo de nenos/as participantes. Esta actividade supón que os nenos e nenas teñen que: Levar a cabo un traballo de búsqueda da actividade que van preparar. Adaptar a mesma a súa idade e aos medios cos que contan para traballala. Memorizar o texto e aprender as pautas para a súa representación. Traballar en equipo co resto do grupo ou da clase. Facer, en moitos casos, a tradución ao galego. É esta unha actividade plurianual. As pautas para a súa celebración correspóndenlle ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Da preparación encárganse os titores. Contamos tamén coa colaboración das familias Participa todo o alumnado.
Teatro Intercentros OBXECTIVOS: Motivar a adquisición dunha boa competencia galega.
comunicativa en lingua
Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada. Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social. Contribuír á dinamización lingüística. Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno, tanto do Concello de Vigo como doutros concellos veciños (Nigrán). Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias. Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar. Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa lingua. Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira plena competencia en galego. Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.
ACTIVIDADE: O grupo de teatro do Centro, formado por tres profesoras do mesmo, prepara cos seus alumnos/as unha obra que ao longo do curso será representada tanto no noso Colexio, para nenos/as, profesores/as e pais/nais, como en outros centros do Concello de Vigo, Nigrán e Baiona. Trabállase en colaboración co Concello de Vigo, que subvenciona parte da actividade e coa Escola de Teatro. E asistimos as xornadas organizadas por estes organismos. Esta actividade vense realizando dende hai varios anos. Propón a actividade o Grupo de Teatro do Centro. Conta coa colaboración das familias. Colaboran na mesma o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo de Actividades Extraescolares. Participan un ou varios grupos de alumnos/as, profesoras do grupo de teatro e pais/nais dos nenos/as participantes.
Actualización do blog de dinamización da lingua galega: Dinamiza OBXECTIVOS: Tratar de mellorar a competencia lingüística do galego. Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias. Dinamizar a lingua galega Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar. Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada. Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social. Promover a lectura como vía de acceso a información. Potenciar a lectura en lingua galega. Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira plena competencia en galego. Crear máis espazos de uso do galego. Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego. Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno.
ACTIVIDADE: Faremos uso das novas tecnoloxías para dar a coñecer as nosas experiencias e actividades a toda a Comunidade Escolar e a outros Centros Educativos que así o desexen. Ao longo do ano actualizaremos o noso blog dinamizador da lingua galega: Dinamiza coas novas que se produzan e coas actividades realizadas. Faremos o mesmos co noso apartado da páxina web do Centro. Propón e elabora a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Participa todo o alumnado do Colexio, que terá aceso a mesma e na que se publicarán as súas actividades.
Visita de escritores en lingua galega
OBXECTIVOS: Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego como en castelán. Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada. Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social. Contribuír á dinamización lingüística. Promover a lectura como vía de acceso a información. Potenciar a lectura en lingua galega.
Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán.
ACTIVIDADE: Nesta ocasión o disfrute consiste na celebración dunha xornada de convivencia cun escritor en lingua galega, do que de antemán leron unha obra, e que lles contará as súas vivencias como escritor. Programado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca. Participa o alumnado do Terceiro Ciclo de Primaria.
Participación en campañas de concienciación
OBXECTIVOS: Intercambio de experiencias e actividades con centros educativos do entorno. Uso das novas tecnoloxías para difundir experiencias. Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada. Contribuír á dinamización lingüística. Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social. Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.
ACTIVIDADE: Dende hai uns anos os nosos alumnos/as participan no CORRELINGUA, acto que se convoca anualmente e no que despois de concentrar aos nenos/as dos distintos colexios no Concello, faise unha andaina reivindicativa en prol da lingua galega ata o Parque de Castrelos. Participaremos na elaboración do Manifesto, e na súa lectura no Parque de Castrelos. Tamén intentaremos facer o mesmo coa pancarta reivindicativa. Propón a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Pode inscribirse todo o Centro.
Semana do cine en galego
OBXECTIVOS: Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego como en castelán. Uso das novas tecnoloxías para difundir experiencias. Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada. Contribuír á dinamización lingüística. Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán. Crear máis espazos de uso do galego.
ACTIVIDADE:
Proxección diaria, durante unha semana, dun filme en galego, que despois se traballará na clase. O EDLG programará actividades para realizar antes e despois de visualizar a película. Programado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Participa todo o alumnado do noso Colexio.
Semana das Letras Galegas
OBXECTIVOS: Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego como en castelán. Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada. Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social. Contribuír á dinamización lingüística. Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das festas tradicionais galegas e participar activamente nas actividades do Día das Letras Galegas. Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán. Crear máis espazos de uso do galego.
ACTIVIDADE: Durante esta semana organizaranse varias actividades; unhas que se programarán coordinadamente entre os distintos Ciclos e Departamentos, e outras que se prepararán para a súa realización a nivel de aula. Para as actividades de aula o EDLG encargarase de elaborar unha unidade didáctica sobre o homenaxeado este ano e facilitará as de outros colectivos que nos teñan mandado a súa por esas datas Por outra banda coordinará as actividades conxuntas e tamén facilitará ao profesorado unha serie de propostas a realizar e os recursos necesarios para poder levalas a cabo. Incluirase nesta semana as actividades do Faladoiro de Primavera. Celebraranse as xornadas de teatro, pola mañá para o alumnado do Centro e pola tarde para pais e nais. Montarase a exposición de carteis sobre a vida e obra do homenaxeado no ano 2011. Programa e organiza estas actividades o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares. Destinado a toda a Comunidade Educativa.
Revista Escolar OBXECTIVOS: Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego como en castelán. Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade Escolar. Uso das novas tecnoloxías para difundir experiencias. Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada. Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social. Potenciar a lectura en lingua galega. Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán. Garantir que o profesorado teña plena competencia para desenvolver o seu labor docente. Crear máis espazos de uso do galego. Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego. Tratar de mellorar a competencia lingüística do galego para que conleve unha repercusión positiva no seu uso.
ACTIVIDADE: Está concibida como o órgano de expresión da nosa Comunidade Educativa e terá carácter anual. Coordinará esta actividade o EDLG, contando coa colaboración de todo o profesorado e todo alumnado do Centro. O seu obxectivo será buscar e seleccionar traballos e noticias relacionadas tanto con contidos curriculares como con actividades complementarias organizadas polo Centro. A nosa revista escolar é Encontros. O tema central deste ano será “O mar e a pesca” e contará, ademais con todos aqueles traballos, actividades, debuxos, etc., cos que os nosos colaboradores desexen participar. Propón o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Colabora todo o profesorado e alumnado do Centro. Destínase a toda a Comunidade Educativa.
Colaboracións OBXECTIVOS: Traballar en estreita colaboración con outros organismos normalizadores e dinamizadores da lingua galega. Crear máis espazos de uso do galego. ACTIVIDADE: Consideramos que para dinamizar a lingua galega fai falla un labor coordinado de todos os sectores de ámbito social. Por elo estamos dispostos a traballar en estreita colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, co Coordinador de zona da Consellería, coa Coordinadora galega dos EDLG e con todos aqueles equipos que traballen na dinamización e uso do galego. Encárgase o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Sesións de Conta contos OBXECTIVOS: Motivar a adquisición dunha boa competencia comunicativa en lingua galega. Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non regrada. Contribuír á dinamización lingüística. Potenciar a lectura en lingua galega. Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística, tanto en galego como en castelán.
ACTIVIDADE: É esta unha actividade lúdica que consideramos interesante porque se fomenta conxuntamente o uso do galego e o da lectura. Consiste en que os nenos e nenas maiores (Terceiro Ciclo de Primaria) lean e preparen a representación dun conto (dramatización, Guiñol, …) para os máis pequenos (Educación Infantil). Propón o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
CADRO–RESUMO DE ACTIVIDADES TEMPORALIZACIÓN Todo o curso
TÍTULO ACTIVIDADE
RESPONSABLES DEPARTAMENTO Dinamización Lingüística
Ambientalidade
DESTINATARIOS/AS Alumnado de Infantil e primaria
ORZAMENTO 100 €
Extraescolares Biblioteca Novembro
Faladoiro de outono
Dinamización Lingüística
Alumnado de Infantil e Primaria
Decembro
Postal Nadal
Dinamización Lingüística
Comunidade Educativa
Todo o curso
Creación dun blog de dinamización da lingua galega
Dinamización Lingüística
Alumnado do Centro
Febreiro
Visita escritores
Dinamización Lingüística
Alumnos/as Primaria
Biblioteca
Terceiro
350 €
Ciclo
Febreiro
Taller de disfraces
Dinamización Lingüística
Alumnos/as Educación Infantil
Abril
Semana do cine en galego
Dinamización Lingüística
Alumnos/as de Infantil e Primaria
50 €
Todo o curso
Elaboración de material sobre “A arte do Camiño ao longo da historia”
Dinamización Lingüística
Profesorado do Centro
50 €
Maio
Participación en campañas concienciación (Correlingua)
Dinamización Lingüística
Alumnado de Primaria
Maio
Unidade didáctica Letras Galegas
Dinamización Lingüística
Profesorado do Centro
de
Maio
Exposición de carteis sobre a vida e obra do homenaxeado
Dinamización lingüística
Alumnado de primaria
Maio
Faladoiro de primavera
Dinamización Lingüística
Alumnado de Infantil e Primaria
Maio
Xornadas de Teatro
Dinamización Lingüística
Comunidade educativa
Extraescolares Grupo de Teatro De outubro a maio
Revista Escolar
Todo o curso
Colaboracións oficiais
Ao longo de todo o curso
Sesións de Conta contos
con
outros
organismos
Dinamización Lingüística
Comunidade educativa
Dinamización Lingüística
Todo o alumnado e profesorado do centro
Dinamización Lingüísstica
Alumnado de Educación Infantil
A COORDINADORA DO E.N.D.L.
A DIRECTORA DO CENTRO
Eugenia González Tabarés
Mª Paz Fernández López
1.600 €