LÉXICO PROCEDENTE DE LINGUAS NON LATINAS
María José García Merino
LÉXICO PROCEDENTE DE LINGUAS NON LATINAS
1. SUBSTRATO 1. Preindoeuropeo 2. Indoeuropeo
2. SUPERESTRATO 1. Xermánico 2. Árabe
3. GREGO
4. PRÉSTAMOS LÉXICOS 1. Prerromanos 2. Xermánicos 3. Árabe 4. Francés 5. Provenzal 6. Italiano 7. Inglés 8. Alemán 9.
Linguas amerindias
10. Turco 11. Linguas africanas 12. Portugués 13. Castelán 14. Catalán 15. Éuscaro
5. ONOMÁSTICA 1. Topónimos 1. Prerromanos
2. Xermánicos 3. Árabe 2. Antropónimos 1. Celta 2. Grego 3. Xermánico 4. Árabe 5. Hebreo 6. Persa 7. Ruso 8. Grego
1. SUBSTRATO Chamamos substrato á influencia exercida por unha lingua nativa ou indíxena (que acabará sendo substituída) sobre outra lingua implantada no mesmo territorio Por exemplo, baixo o nome de linguas prerromanas ou prerrománicas englóbanse as linguas de todos os pobos que vivían na Península antes da chegada dos romanos. Nesta etapa, a imaxe que ofrecía Galicia era a dunha serie de pobos mesturados, ágrafos, carentes de unidade cultural e lingüística e sen cohesión política. A chegada do latín á Península marca o comezo dun proceso de asimilación cultural, e o resultado será a paulatina eliminación das linguas existentes e a posterior unidade lingüística promovida pola imposición do latín. O conxunto de trazos que deixaron esas linguas autóctonas prerromanas forma o substrato prerromano, que ía influír notablemente no peculiar acento do latín empregado nas distintas zonas de Hispania. O romance galego parece manifestar un acusado substrato celta, aínda que moitas voces célticas puideron chegar a nós incorporadas xa no propio latín. Aínda que a historiografía recente resta importancia á presenza histórica dese pobo na nosa terra, é innegable que, en boa medida, o celtismo siga a ser o necesario alicerce sobre o que sustenta ideoloxicamente a tradición mítica da nación galega.
1. Substrato Preindoeuropeo Poboación paleolítica e neolítica de cazadores e agricultores. Esta poboación non era homoxénea lingüística nin etnicamente.
Palabras que aportaron: •1º grupo: cama, esquerda, veiga... •2ª grupo: tipo mediterráneo: voces coas raíces car- (carqueixa) e mor- (morango) 2. Substrato Indoeuropeo Pobos que introduciron en Galicia a cultura dos metais. Dous grupos: •Protocelta: a súa entrada dátase no ano 800 a. C. atribúese: • ONome do noso país (Galicia) e o sufixo -ego presente en galego e outros xentilicios (chairego, cervantego...) ◦Outros elementos léxicos: louza, bouza, carballo, esmagar, curuto, toxo, arume..., e topónimos rematados en -asc- ou -usc- (Viascón en Pontevedra, Ledusco na Coruña e Tarascón en Ourense).
•Os celtas: a súa entrada dátase no ano 600 a. C. Palabras: ◦De orixe céltica: alpendre, amieiro, berce, berro, bico, billa, burato, croio, lama, tona, touciño e virar. ◦Que nos chegaron a través do latín: carro, camiño, cervexa, bragas, camisa, saia, saio...
2. SUPERESTRATO Chamamos superestrato á influencia exercida sobre unha lingua aborixe por unha lingua invasora que desaparece ou non é adoptada ante a firmeza da lingua autóctona.
1. Superestrato Xermánico
Os xermanos penetraron no Imperio Romano, provocando a incomunicación das provincias con Roma, o que acelerou as diferenzas lingüísticas do latín das distintas zonas e o posterior nacemento dos idiomas romances. O primeiro pobo xermánico que chegou foi o dos suevos e logo chegaron os visigodos. Os suevos foron un grupo étnico xermánico que constituíu un reino na antiga Gallaecia desde o ano 411 ata o 585, data na que foron derrotados e asimilados polo grupo militarmente dominante na época, que eran os visigodos (tamén de etnia xermánica e chegados á Península uns anos despois como aliados do Imperio co fin de impor a paz e a orde).
A influencia dos idiomas xermánicos sobre o galego foi superficial.
Tres grandes estratos de xermanismos en galego: •Os que entraron no propio latín, e que os romanos levaron por todo o Imperio: roubar, sopa, branco, gardar, escuma, banco... •Os que chegaron coas invasións: Orixe sueva: laverca. Lingua visigoda: roupa, agasallar, roca, espertar, escanciar, esmagar, esepto, gabián, ganso, luva, roca... •Os que chegaron coas peregrinacións: xardín, toalla, banda, orgullo, guerra, gabarse e desmaiar. 2. Superestrato Árabe
Os árabes desembarcaron en Xibraltar no ano 711. Os escasos asentamentos que puido haber en Galicia duraron moi pouco. Da presenza árabe quédanos algúns topónimos: Almáciga, Almuíña, A Mezquita, Rábade, Sada...
Son con seguridade préstamos árabes: argola, alforxa, laranxa. •Nomes de produtos vexetais: arroz, cenoria, azucre, acelga, algodón, aceite, limón... •Nomes de obxectos e utensilios: xerra, taza, alfinete, alfaia... •Nomes de construción ou distribución da poboación: albanel, aldea, alicerce, azotea, barrio, arrabaldo... •Nomes de oficios e da administración: aguacil, alcalde, alfaiate... •Léxico da cabalería: xinete, alforxa, albarda... •Léxico de sistema de pesas e medidas: arroba, fanega, quintal... •Nomes de colores: anil e azul. •Palabras de uso frecuente: xarope, alcume, acibeche, alboroto, aforrar, alcanfor, e a preposición ata.
3. GREGO No noso léxico temos restos do léxico grego sobre todo prefixos. A continuación temos varios exemplos: PREFIXOS DE ORIXE GREGA Prefixos 1 sin-: xunto con.unión
Exemplos simbiosis
2 para-: ao lado de, xunto a
paramilitar
3 ana-: repetición, de arriba abaixo
análise
4 anfi-: por ambos lados, dobre
anfiteatro
5 cata-: de arriba abaixo, debaixo catarata 6 dis-: dificultade, perturbación
dislexia
7 epi-: sobre, encima, despois de epílogo 8 meta-: más alá de, cambio
Prefixos: 1 a/an
metamorfose
Significado:
a. Negación, privación
2 ant-i- b. contra 3 dia-
c. a través de
4 en-
d. dentro, no interior de
5 hemi- e. medio. metade 6 hiper- f. exceso 7 hipo- g. por debaixo de, insuficiencia 8 peri- h. Ao redor
Exemplos: ateo, anticorpo, diagonal, encéfalo, hemiciclo, hipertensión. hipotenso, perímetro, analfabeto, antártico.
LEXEMAS DE ORIXE GREGA
Lexema grego
Significado dolexema
1
antropo-
a.
ser humano
2
bio-
b.
vida
3
crono-
c.
tempo
4
-log-o-
d
tratado, estudo
5
-metro
e.
medida
6
micro-
f.
pequeno
Exemplos: anemómetro, antropófago, microbioloxía, misántropo, anacronismo.
LEXEMAS DE ORIGXE GREGA Lexema grego
Significado do lexema
1 mon-o- a. único, só 2 poli-
b. moitos
3 tele-
c. lonxe
4 -teo-
d. deus
5 -term-o- e. calor 6 zo-o-
f. animal
Exemplos: zooloxía, hipotermia, telepatía, ateo, monogamia, polifonía. monólogo, policromía, termómetro, monoteísmo, telescopio, poliedro, térmico, politeísmo, zoolóxico, polisemia, poligamia.
4. PRÉSTAMOS LÉXICOS Son palabras que unha lingua toma doutra e que entran a formar parte do seu léxico. Desde un punto de visto histórico, os préstamos léxicos producíronse xa desde as orixes da lingua galega, que foi incorporando termos procedentes doutros idiomas para denominar novas realidades. Aínda que a meirande parte do léxico galego procede do latín, ao longo da historia -ademais das palabras pertencentes ás linguas de substrato e superestrato- o noso idioma vaise enriquecendo con voces das linguas coas que, por algún motivo entra en contacto.
1. PRERROMANOS Como dixemos con anterioridade, o substrato prerromano influíu notablemente no latín empregado nas distintas zonas de Hispania. As linguas prerromanas deixaron vestixios fundamentalmente na toponimia e no léxico común referido a aspectos materiais e elementais da vida cotiá (nomes de plantas, accidentes orográficos, útiles rudimentarios...) Constitúen trazos atribuíbles ao substrato prerromano, como dixemos xa anteriormente: •O mantemento da raíz carr-: carrapucho, carrasca... •O mantemento da raíz mor-: amorodo, morote... •O sufixo -asc-, -usc-: Tarasca, Viascón, Ledusco... •O sufixo derivativo nominal -ego: galego, labrego... •Os topónimos rematados en -obre, -abre, -ebre: Baiobre, Laxobre, Alcabre, Cecebre... •Algunhas voces como: balsa, barro, cigarra, lama, laxe, parra...
2. XERMÁNICOS Lingüisticamente resulta moi dificultoso determinar a que lingua xermánica pertencen as voces que conservamos destes pobos, dada a proximidade cultural que entre eles había e mais o relativo descoñecemento que temos sobre as súas linguas. Podemos atribuír ao superestrato xermánico os seguintes elementos:
•Moitos antropónimos: Afonso, Luís, Elvira, Fernanda... •Moitos topónimos rematados en -ar: Gondomar, Tosar...; en -mil: Samil, Castromil...; en -ende: Marcosende, Ermisende...; en -monde/-mundi: Baamonde, Taramundi...; en -riz: Guitiriz, Sabarís...; e outros: Suevos, Godos, A Gudiña... •Léxico común referente sobre todo á guerra e aos costumes: agasallo, helmo, estaca, espía, roupa... •De orixe sueva parecen ser tamén voces como laverca, lobio... 3. ÁRABE Do superestrato árabe incorporáronse ao galego a maior parte das palabras que comezan por al- (alfinete, algodón...). É probable que moitos dos vocábulos desa orixe que temos no galego chegasen á nosa lingua a través das linguas veciñas, e non directamente desde o árabe. Con todo, o léxico árabe no noso idioma é copioso. •Agricultura e gandería: cenoria, albeitar, maquía... •Construción: alicerce, albanel, azotea... •Administración: alcalde, alcaide, alférez... •Ciencia: cifra, logaritmo, cénit, alquimia, xarope, álxebra... •Topónimos: A Almuzara, A Mezquita, Sada... •Expresións e interxeccións: oxalá, de balde, ala!... 4. FRANCÉS O léxico de procedencia francesa incorporouse sobre todo en dúas épocas, ao longo da Idade Media e despois do século XVIII: xamón, botella, duque, consomé, bechamel, covarde, maleta, moda, parque, chaqueta, pantalón, espectador, mantel, batalla, funcionario, sofá, croqueta.
5. PROVENZAL Incorporáronse ao galego na Idade Media. Algúns exemplos son: funil, xograr, trobador, bacallau, bailar.
6. ITALIANO piloto, escopeta, balcón, terraza, capricho, casino, xiro, cartolina, deseñar, modelo, cornixa, boletín, anchoa, sentinela, novela, campión.
7. INGLÉS iate, tenis, cheque, xampú, vagón, túnel, líder, pixama, revólver, turista, xersei.
8. ALEMÁN feldespato, sobre, potasa, espía, brinde.
9. AMERINDIAS tabaco, pataca, cacao, tomate, canoa, hamaca, cacique, piragua, chocolate, furacán, tiburón, caníbal, coca. 10. TURCO chacal, café. 11. AFRICANAS chimpancé, banana, cola, cachimba. 12. PORTUGUÉS: frouxo, aluguer. 13. CASTELÁN:
bocadillo, caudillo, tortilla, boquilla, pastilla, moreno, picaresco. 14. CATALÁN: paella, entremés, cartel, capicúa, faena, esquirol. 15. ÉUSCARO: zamarra, boina, chabola, chatarra.
5. ONOMÁSTICA A onomástica é unha parte da lexicoloxía que estuda a etimoloxía, o significado e a difusión dos nomes propios. 1. TOPÓNIMOS A toponimia ocúpase do orixe do significado dos nomes propios de lugar. Galicia é unha comunidade especialmente rica en topónimos, tanto no que se refire á toponimia maior (núcleos de poboación) como á toponimia menor (montes, vales, ríos, fontes, penas, pontes, etc.) A maioría deste tipo de léxico procede do latín, pero tamén existen termos doutras orixes: 1. Prerromana: ▪Topónimos co sufixo -usc-, -asc- :Tarascón, Viascón... ▪Rematados en -abre, -ebre, -obre: Alcabre, Cecebre, Callobre... ▪Outros: A Coruña, Sarria, Valdeorras, Miño, Varcia, A Lama, O Paraño, Limia. Sar, Coto... 2. Xermánica: ▪Topónimos rematados en -riz: Guitiriz, Gondariz, Rairiz... ▪Rematados en -mil: Samil, Cartemil... ▪Rematados en -ende: Marcosende, Ermisende...
▪Rematados en -monde/-munde: Salamonde, Taramundi... ▪Rematados en -ufe/-ulfe: Gondufe, Randulfe... ▪Rematados en -xil: Faxilde, Tanxil... ▪Outros: Suevos, Godás, A Gudiña... 3. Árabe: A Almuzarra, A Mezquita, Sada, Rábade... Desde o punto de vista do significado, existen moitos topónimos de significación descoñecida para nós, pero tamén hai unha grande abundancia de topónimos que fan referencia a: ▪Vexetación: Carballo, Freixo, Piñeiro, Souto, Xestoso... ▪Fauna: Oseira, Niñodaguia, Cervo... ▪Ríos e auga: O Regueiro, Ribeira... ▪Orografía: Montouto, Outeiro, A Peneda... ▪Vías de comunicación: A Estrada, A Ponte... ▪Nomes de persoa: Allariz, Caspedro.. ▪Santos e mosteiros: Sanxenxo, A Ermida, Sampaio, Mosteiro, Celanova... ▪Construcións civís: Pazos, Cabanas... ▪Núcleos de poboación: Vilar, Pobra, Vilanova...
2. ANTROPÓNIMOS A antroponimia estuda os nomes propios e os apelidos das persoas. Igual cós topónimos, os antropónimos pódense analizar desde o punto de vista da súa orixe como do seu significado. OS NOMES PROPIOS
Segundo a orixe: 1. Celta: Breogán, Tristán. 2. Grega: Alexandra, Antía, Olalla, Estevo, Uxía, Filipe, Helena, Irene. Xurxo. 3. Xermánica: Adolfo, Alberte, Carlos, Fernán, Luís, Afonso, Álvaro, Alicia, Elvira, Óscar, Ramón, Ricardo, Gonzalo, Ramiro, Xerardo. 4. Árabe: Fátima, Almudena, Azucena. 5. Hebrea: Abrahán, Belén, Carme, Daniel, Iago, María, Marta, Xesús, Ana, David, Eva, Raquel, Xoán, Sabela, Daniel, Xosé, Miguel, Manuel, Rafael, Sara, Xacobe. 6. Persa: Darío, Adrián. 7. Rusa: Sonia, Tania. 8. Vasca: Begoña, Nuria, Xabier.
Segundo o seu significado: •Nomes de animais: Adolfo, Delfín. •Nomes de plantas e flores: Antía, Flora, Margarida, Rosa, Xacinto. •Nomes de pedras preciosas: Esmeralda, Xema. •Nomes relacionados co desexo ou cos agoiros: Fiz, Gloria, Perfecto, Ventura. •Nomes de virtudes: Esperanza, Fe. •Nomes relacionados coa relixión: Xesús, Lurdes, Fátima, Xoán.