Vocabulario de meteoroloxía e climatoloxía
Xosé Neiro Ramos
VOCABULARIO DE METEOROLOXÍA E CLIMATOLOXÍA CONCEPTOS XERAIS Aire
Mestura de gases que conforman la atmosfera da terra. Os gases que constitúen o aire seco máis importantes son: nitróxeno (N2) ao 78.09%, oxíxeno (O2) ao 20.946%, argon (A) ao 0.93% e dióxido de carbono (CO2) ao 0.33% . O vapor de auga (H2O) é un dos principais compoñentes do aire así como un dos gases máis importantes da meteoroloxía.
Albedo
Razón entre a enerxía luminosa que difunde por reflexión unha superficie e a enerxía incidente. Varía segundo a textura, cor e a extensión da superficie do obxecto e rexístrase en porcentaxes. Entre as superficies con alto albedo figuran a area e a neve. Entre as que teñen un albedo mínimo están os bosques e a terra traballada de pouco.
Alto
Prefixo utilizado para describir a formación de nubes entre 2000 e 5000 metros de altura.
Altitude
Termo usado en meteoroloxía para medir a altura dun obxecto con relación ao nivel medio do mar.
Amencer, abrente É a aparición diaria do sol no horizonte oriental como resultado da ou saída do sol rotación da terra. A hora exacta da saída do sol calcúlase usando o promedio do nivel do mar. Amplitude térmica Diferenza entre a temperatura media do mes máis cálido e a do mes anual máis frío. Análise sinóptica
Estudo e dedución do estado actual da atmosfera utilizando a información meteorolóxica xerada nunha determinada rexión e aplicando conceptos de masas de aire, frontes, ciclóns, etc.
Atardecer, solpor ou posta do sol
Desaparición diaria do sol por debaixo do horizonte occidental como resultado da rotación da terra. A hora exacta da posta do sol calcúlase a partir do nivel promedio del mar.
Atmosfera
A porción gasosa ou de aire do medio ambiente físico que rodea o planeta. No caso da terra, mantense máis ou menos preto da superficie grazas á atracción da forza de gravidade da terra. A atmosfera divídese en: troposfera, estratosfera, mesosfera, ionosfera y exosfera.
Atmosfera estándar
Segundo a Organización Internacional de Aeronaútica Civil (siglas en inglés, ICAO) a atmosfera estándar fixa unha temperatura promedio ao nivel do mar de 15 grados Celsius, unha presión estándar ao nivel do mar de 1,013.25 milibares ou 29.92 pulgadas de mercurio e un grado de temperatura de 0.65 grados Celsius por cada 100 metros ata 11 quilómetros na atmosfera.
Aurora
É un electrometeoro que se produce nas capas altas da atmosfera nas latitudes polares. Prodúcese polo choque de partículas cargadas Zona dun relevo montañoso que, pola súa orientación, está sempre en sombra.electricamente, emitidas polo sol contra o campo magnético da
terra. Cando se presenta no hemisferio norte chámase Aurora Boreal, e no hemisferio sur, Aurora Austral. Avesedo
Zona dun relevo montañoso que, pola súa orientación, está sempre en sombra.
Barlovento
Parte do relevo ou zona orientada cara ao lugar de onde vén o vento. Oponse a sotavento.
Biosfera
Zona de transición entre a terra e a atmosfera dentro da que se encontran case todas as formas de vida terrestre. Considérase como a porción externa da xeosfera e a porción interna ou inferior da atmosfera.
Calor latente
Calor que se absorbe ou se emite cando a auga cambia de estado. É absorbido se auga pasa de xeo a líquido, de líquido a vapor ou de xeo a vapor; o que refresca o medio ambiente. Emítese calor se a auga pasa de vapor a líquido, de líquido a xeo ou de vapor a xeo; o que quenta o medio ambiente.
Capa de ozono
Capa atmosférica situada entre la troposfera e a estratosfera entre 15 e 25 quilómetros sobre a superficie da terra. Actúa como un mecanismo de filtro da radiación ultravioleta.
Carta sinóptica
Mapa o cadro que mostra as condiciones meteorolóxicas e atmosféricas presentes nunha zona xeográfica.
Ciclo da auga
Tamén se chama ciclo hidrolóxico. É o transporte vertical e horizontal da auga en calquera dos seus estados entre a terra, a atmosfera os mares.
Circulación
É o fluxo ou movemento dun fluído dentro ou a través dunha área ou volume determinados. En meteoroloxía, o termo úsase para describir o fluxo de aire cando se move arredor dun sistema de presión na atmosfera. Describe patróns máis pequenos en sistemas semipermanentes de presión, así como correntes relativamente permanentes de aire no planeta. En termos marítimos, úsase para describir auga en fluxo corrente dentro dunha área extensa, usualmente seguindo un patrón circular cerrado como ocorre no Atlántico Norte.
Clima
Patrón das condicións atmosféricas dun lugar considerando un período longo de tempo.
Climatoloxía
O estudo do clima. Inclúe información do clima, análise das causas das diferenzas no clima e o uso da información climática no deseño de solucións para problemas operativos.
Clima
Corresponde ao promedio dos eventos meteorolóxicos que ocorren a diario nunha rexión. Este récord histórico axuda a caracterizar o comportamento meteorolóxico dunha área xeográfica no longo prazo. A palabra clima derívase do grego KLIMA que significa inclinación e reflicte a importancia que os estudosos da antigüidade atribuían á influencia do sol.
Condución
Forma de transmitirse o calor nos corpos sólidos, de átomo a átomo (ou
molécula a molécula) sen que haxa desprazamento de materia. Dióxido de carbono (CO2)
Gas pesado e incoloro que constitúe o cuarto compoñente máis importante do aire seco nunha proporción de 0.033% por volume.
Ecuador
Liña imaxinaria situada a 0 grados de latitude na superficie da terra. Está situado a unha distancia equivalente do Polo Norte e o Polo Sur dividendo o globo terráqueo nos dous hemisferios: o hemisferio norte e o hemisferio sur.
Equinoccio
Calquera dos dous puntos de intersección da traxectoria anual aparente do Sol e o plano do ecuador da Terra, un punto de intersección da eclíptica e o ecuador celeste. Popularmente, o tempo no que o Sol pasa directamente por riba do ecuador. Nas latitudes norte o equinoccio de verán ocorre arredor do 21 de marzo e o equinoccio do outono arredor do 22 de setembro. Estas datas están invertidas no hemisferio sur.
Escala de vento de Beaufort
Sistema usado para estimar a velocidade do vento. Ten como unidade de medida o Número de Beaufort que se compón da velocidade do vento, un termo descritivo e os efectos visibles sobre os obxectos en terra e/ou na superficie mariña. Esta escala foi deseñada por Sir Francis Beaufort (1777-1857), hidrógrafo da Marina Real Británica.
Espectro
Conxunto completo de cores que percibe o ollo humano: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, índigo e violeta.
Estabilidade atmosférica
Situación da troposfera caracterizada pola existencia dun gradiente vertical de temperatura suave que impide o movemento ascendente do aire e por iso diminúe a probabilidade de precipitación.
Estratopausa
É o limite superior da estratosfera. A temperatura mantense case constante.
Estratosfera
Capa da atmosfera da Terra que vai dende a tropopausa, aproximadamente 10 km sobre a superficie da Terra, á estratopausa, arredor de 50 km sobre a Terra, xusto por debaixo da mesosfera; nela encóntrase a capa de ozono.
Evaporación
Proceso físico polo que un líquido, como a auga, pasa ao seu estado gasoso, como vapor de auga. É o proceso físico oposto á condensación.
Evapotranspiración Cantidade de auga que se transfire da superficie da terra á atmosfera. Fórmase pola evaporación da auga líquida ou sólida e da transpiración das plantas. Sinónimo de evaporación total. Gradiente direccional ou cizalladura direccional
É a corrente de aire creada por un rápido cambio na dirección coa altitude.
Gravidade
Atracción que a Terra exerce sobre os corpos.
Hemisferio
Unha metade da Terra. Europa e Norteamérica están no hemisferio norte, mentres que Australia e Sudamérica están no sur.
Hora do meridiano de Greenwich
Nome da escala de 24 horas usada polas comunidades científica r militar. A hora estándar fíxase en Greenwich, Inglaterra, sé do Observatorio Real que usou por primeira vez este método arredor do mundo. É tamén o meridiano primario de lonxitude. O globo está dividido en 24 fusos con arcos de 15 graos, equivalentes a unha separación dunha hora. Ao leste deste meridiano, os fusos indícanse con números do 1 ao 12 e co prefixo menos (-) indicando o número de horas que deben restarse para obter a Hora de Greenwich (GMT). Cara o oeste, os fusos tamén son numerados do 1 ao 12 pero levan o prefixo de máis (+) indicando o número de horas que deben ser sumadas para obter o GMT. Outros nomes usados para este sistema de medición do tempo son: a Hora Universal Coordinada (en inglés, UTC) e Zulú (Z).
Hora zulú
Un de varios nomes que se usan para designar un período de 24 horas utilizado en todas as comunicacións científicas e militares.
Índice do calor
É a combinación da temperatura do aire e a humidade que proporciona unha descrición da maneira na que se percibe a temperatura. Esta non é a temperatura real do aire senón un aumento aparente da temperatura real.
Índice do arrefriamento do aire
Cálculo de temperatura que toma en consideración os efectos que o vento e a temperatura teñen no corpo humano. Describe a perda promedio do calor do corpo e como este percibe a temperatura. Esta non é a temperatura real.
Inestabilidade atmosférica
Situación caracterizada por un excesivo gradiente vertical na troposfera que facilita o ascenso do aire e a posibilidade de precipitación.
Inversión térmica
Fenómeno meteorolóxico que se produce cando unha capa de aire quente se sitúa por encima dunha capa de aire frío e altera a circulación normal do aire. Produce néboas persistentes e, nas grandes cidades, un aumento dos niveis de contaminación do aire.
Isohietas
Liñas imaxinarias que unen puntos da superficie da Terra nos que se rexistra a mesma cantidade de precipitación.
Isóbara
Liña imaxinaria que une puntos con igual presión.
Isohipsa
Liña de igual altitude sobre o nivel do mar. No campo de presións en altura (para unha superficie isobárica determinada) reflicte os contrastes de presión.
Isoterma
Liña imaxinaria que une puntos da superficie da Terra nos que se rexistra a mesma temperatura.
Inversión
Aumento coa altitude do valor dunha variable atmosférica. Case sempre significa inversión de temperatura.
Inverno
En astronomía, é o período entre o solsticio de inverno e o equinoccio de primavera. Caracterízase por ter a temperatura máis fría do año, cando o sol está quentando o hemisferio oposto. Esta época
corresponde aos meses de decembro, xaneiro e febreiro no hemisferio norte e aos meses de xuño, xullo e agosto no hemisferio sur. Latitude
Liñas imaxinarias paralelas que circundan o globo tanto ao norte como ao sur do ecuador. Os polos están situados a 90 graos de latitude Norte e Sur e o ecuador a cero graos (0) de latitude.
Latitudes altas
Aneis de latitude situados entre os 60 e 90 graos norte e sur. Coñecidas tamén como rexións polares.
Latitudes medias
É o cinto de latitudes entre os 35 e 65 graos norte e sur. Tamén coñecida como rexión temperada.
Latitudes baixas
Aneis de latitude situados entre os 30 e os 0 grados norte e sur. Coñecidas tamén como rexións tropicais ou tórridas.
Lonxitude
Lugar ao leste ou oeste ao que se lle asigna cero (0) graos de lonxitude en referencia ao meridiano de orixe (Greenwich). A distancia entre as liñas imaxinarias de lonxitude es maior no ecuador e menor nas latitudes altas, intersectándose todas nos polos.
Mesopausa
É o límite superior da mesosfera. Ata esta altura a composición da atmosfera permanece homoxénea (Homosfera). Neste estrato fórmanse as nubes noctilucentes que se observan nas altas latitudes.
Mesosfera
Capa da atmosfera que se estende dende a estratopausa ata unha altura aproximada de 80 Km. Na M. superior alcánzanse as temperaturas máis baixas da atmosfera, aproximadamente de -1000 C.
Meteoroloxía
Ciencia e estudo dos fenómenos atmosféricos. Varias das áreas que abarca a meteoroloxía son por exemplo: a agricultura, a astrometeoroloxía, a aviación, a hidrometeoroloxía e as meteoroloxías física, dinámica, operacional e sinóptica.
Microclima
Clima dunha área específica, de moi reducidas dimensións, que presenta contrastes co da área na que se atopa inserto. Pode ser de orixe natural, como o dunha ribeira ou un descampado nun bosque, ou condicionado polo home, como é o caso dunha cidade ou unha leira ó abeiro dun cortaventos.
Observación
En meteoroloxía , é a avaliación dun ou máis elementos meteorolóxicos, como a temperatura, a presión, ou o vento, que describen o estado da atmosfera xa sexa sobre ou por riba da superficie da terra. Un observador é quen rexistra as avaliacións dos elementos meteorolóxicos.
Outono
É a tempada do ano que corresponde ao momento en que o sol se achega ao solsticio de inverno e que se caracteriza por un descenso nas temperaturas nas latitudes medias. Polo xeral inclúe aos meses de setembro, outubro e novembro no hemisferio norte e aos meses de marzo, abril e maio no hemisferio sur.
Osíxeno (O2)
Gas incoloro, inodoro e sen sabor que é o segundo compoñente máis importante del aire seco. Equivale a 20.946% por volume de aire seco.
Ozono (O3)
É un gas case incoloro e é unha forma que toma o oxíxeno (O2). Composto por unha molécula de oxíxeno que contén tres átomos de oxíxeno en lugar de dous.
Primavera
Tempada do año cando o sol se achega ao solsticio do verán que se caracteriza polo aumento de temperaturas nas latitudes medias. Inclúe os meses de marzo, abril, e maio no hemisferio norte e nos meses de setembro, outubro e novembro no hemisferio sur. En termos astronómicos é o período entre o equinoccio vernal e o solsticio de verán.
Réxime pluviométrico
Distribución mensual das precipitacións caídas nun ano.
Réxime térmico
Distribución mensual das temperaturas rexistradas ao longo dun ano.
Solleiro
Zona dun relevo montañoso que, pola súa orientación cara o sur, recibe o sol de cheo.
Sotavento
Aba a resgardo do vento, oposta á de barlovento, sendo máis seca ca esta. Nesta ladeira é frecuente que o aire descendente orixine unha serie de ondas estacionarias acompañadas de nubes lenticulares características.
Temperatura
Medida do movemento molecular ou grao de calor dunha substancia. Mídese usando unha escala arbitraria a partir do cero absoluto, onde as moléculas teoricamente deixan de moverse. É tamén o grao de calor e de frío. En observacións da superficie, refírese principalmente ao aire libre ou temperatura ambiental preto da superficie da Terra.
Temperatura media
Promedio de lecturas de temperatura tomadas durante un período de tempo determinado. Polo xeral é o promedio entre as temperaturas máxima e mínima.
Tempo
É o estado da atmosfera nun momento específico respecto ao seu efecto na vida e as actividades humanas. Os cambios da atmosfera no curto prazo e non no longo prazo, como ocorre cos grandes cambios climáticos. Para definilo utilízanse termos que teñen que ver con claridade, nebulosidade, humidade, precipitación, temperatura, visibilidade e vento.
Tempo universal coordinado
Un entre varios nomes usados por científicos e militares para determinar o período de 24 horas. Outro nome que se usa para esta medida de tempo é: Zulu (Z) ou Hora do Meridiano de Greenwich (GMT).
Termosfera
Capa que se encontra sobre a mesopausa e o seu limite superior varía entre o día e a noite, alcanzando ata 500 Km. de día. Ata aquí esténdese a ionosfera.
Tipo de tempo
Situacións barométricas que se orixinan no tempo cunha certa frecuencia e que dan lugar a tempos meteorolóxicos parecidos. A semellanza da posición relativa dos centros de acción permite elevalos á categoría de tipos.
Tropopausa
Limite superior da troposfera. Está seccionada por dúas correntes de chorro. A temperatura mantense constante arredor de -57.0 C.
Troposfera
Empeza na superficie e alcanza unha altitude de 8 Km. nos polos e 18 Km. no Ecuador. Na troposfera ocorren a maioría dos fenómenos meteorolóxicos. A temperatura decrece coa altura a razón de 6.50 C/Km.
Verán
En astronomía é o período entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono. Caracterízase por ter as temperaturas máis altas do ano, excepto en algunhas rexións tropicais. Polo xeral, o verano ocorre nos meses de xuño, xullo e agosto no hemisferio norte e os meses de decembro, xaneiro e febreiro no hemisferio sur.
INSTRUMENTOS DE MEDICIÓN E UNIDADES Aerosonda
Pequena nave aérea sen piloto utilizada para rexistrar datos meteorolóxicos.
Altímetro
É un instrumento que se usa para determinar la altitude á que se encontra un obxecto en relación cun nivel fixo. O tipo de altímetro usado comunmente por meteorólogos mide a altitude en relación á presión do nivel medio do mar.
Anemómetro
Instrumento que mide a dirección e intensidade do vento.
Barógrafo
Instrumento que rexistra ou inscribe as variacións da presión atmosférica.
Barómetro
Instrumento que se usa para medir a presión atmosférica. Entre os máis utilizados encóntranse o barómetro aneroide e o barómetro de mercurio.
Barómetro aneroide
Instrumento que serve para medir a presión atmosférica. O seu principio de funcionamento baséase na contracción ou dilatación que sofre unha cápsula metálica selada ao baleiro produto das variacións na presión atmosférica. A cápsula aneroide é unha cela de paredes metálicas moi delgadas fabricada polo xeral de fosfato de bronce ou dunha aliaxe de cobre e berilio.
Batitermógrafo
Instrumento que se usa para obter un rexistro de temperatura comparada coa profundidade (presión) do océano. Coñécese como B.T.
Caseta meteorolóxica
Estrutura similar a unha caixa deseñada para protexer os instrumentos de medición da temperatura da exposición á luz directa do sol, precipitación e condensación, proporcionando una ventilación axeitada.
Centígrado
Unidade de medida da temperatura utilizada na maioría dos países.
Centro meteorolóxico
Lugar onde se recompilan e analizan os datos meteorolóxicos antes de comunicárllelos ás canles de televisión, emisoras de radio e aos periódicos.
Cielómetro
Instrumento que se usa para medir a elevación angular dun raio de luz proxectado sobre a base dunha nube.
Fahrenheit
Unidade de medida da temperatura utilizada en Estados Unidos e nos países anglosaxóns.
Globo sonda
Globo utilizado para transportar instrumentos meteorológicos.
Hectopascal (hp)
Unidade de medida da presión do aire. Equivale a 100 pascais.
Higrómetro
Instrumento que mide a humidade.
Imaxes de satélite
Imaxes tomadas polo satélite meteorolóxico que revelan información como o fluxo do vapor de auga, o movemento dos sistemas frontais e o desenvolvemento dun sistema tropical. As imaxes continuas en pantalla axudan os meteorólogos nos seus prognósticos. As imaxes poden ser tomadas de maneira “visible” nas horas de luz do día ou tamén usando raios infravermellos que revelan a temperatura das nubes tanto de día coma de noite.
Microbarógrafo
Barómetro rexistrador moi sensible que inscribe sobre un diagrama con escala agrandada as variacións de presión.
Milibar (mb)
Unidade de medida estándar para a presión atmosférica utilizada polo Servizo Nacional de Meteoroloxía. Un milibar é equivalente a 100 newtons por metro cadrado. A presión estándar é de 1,013.25 milibares.
Organización Mundial de Meteoroloxía (MMM)
Esta organización coordina os avances científicos a nivel mundial sobre as predicións do clima, a investigación da contaminación, os cambios de clima, estudos da redución da capa de ozono e dos prognósticos de tormentas. Propón o intercambio de información do clima en forma áxil e exacta para uso público, privado e comercial, incluíndo as liñas aéreas e de carga marítima. Foi establecida polas Nacións Unidas en 1951 e está composta de 184 membros.
Pluviómetro
Instrumento que mide a cantidade de chuvia que caeu. A unidade de medida é en milímetros.
Promedio diario
Temperatura promedio para un día que se obtén facendo un promedio das lecturas de cada hora ou, tamén, das temperaturas máximas e mínimas.
Psicrómetro
Instrumento usado para medir o vapor del auga contida na atmosfera. Consiste en dous termómetros, un bulbo mollado e outro seco. Tamén se coñece como psicrómetro oscilador.
Radar
O seu nome provén das siglas en inglés de: Radio, Detección e Rango. É un instrumento radioeléctrico usado para detectar obxectos afastados e medir o rango da súa ubicación a partir do rexistro dun eco de enerxía radioeléctrica.
Radar Doppler
Radar meteorolóxico que mide a dirección e a velocidade dun obxecto en movemento, por exemplo, unha gota de chuvia, determinando se o movemento atmosférico horizontal é en dirección cara ou fóra do radar. O efecto Doppler mide a velocidade das partículas. Toma o nome de J. Christian Doppler, un físico austríaco, que en 1842 explicou por que o asubío dun tren que se achega ten un son máis agudo que cando o tren se afasta.
Radiosonda
Conxunto de instrumentos diminutos transportados por un globo. Mide a presión do aire, a temperatura e a humidade.
Satélite
Calquera obxecto que percorre unha órbita arredor dun corpo celeste como a Lúa. O termo úsase comunmente para designar obxectos fabricados para orbitar a Terra, sexa de maneira xeoestacionaria ou polar. Entre a información que se obtén dos satélites do tempo, inclúese: a temperatura e humidade do aire a grandes alturas; rexistros da temperatura das cúpulas das nubes, da terra e do océano; monitoreo dos movementos das nubes para determinar a velocidade dos ventos a grandes alturas; trazado do movemento do vapor de auga; monitoreo do sol e a actividade solar e compilación de datos de instrumentos meteorolóxicos en diferentes partes do mundo.
Satélite orbital polar
Satélite cuxa órbita pasa sobre os dous polos da Terra.
Termógrafo
É esencialmente un termómetro que se autorexistra. É un termómetro que rexistra continuamente a temperatura nunha cartilla.
Termómetro
Instrumento que sirve para medir a temperatura. As diferentes escalas usadas en meteoroloxía son: Celsius, Fahrenheit e Kelvin ou Absoluta.
Termómetro de bulbo seco
Termómetro usado para medir a temperatura ambiental. A temperatura rexistrada é considerada idéntica á temperatura do aire. É un dos dous termómetros que conforman o psicrómetro.
PRESIÓN, FORMAS ISOBÁRICAS E FENÓMENOS EXTREMOS Anticiclón
Área de presión máxima relativa que ten ventos diverxentes. No hemisferio norte, estes ventos adoptan una rotación no sentido dos punteiros del reloxo. No hemisferio sur a rotación ocorre en contra do sentido do avance dos punteiros del reloxo. Un anticiclón tamén é coñecido como unha área de alta presión.
Borrasca
Zona de baixas presións con converxencia en superficie e ascendencia do aire. As liñas isóbaras son pechadas na súa proximidade e o seu valor diminúe cara o centro.
Células de circulación
Son extensas zonas de aire en movemento creadas pola rotación da terra e pola transferencia do calor dende o ecuador en dirección ao polo. A circulación circunscríbese a unha rexión específica, como os trópicos, zonas temperadas ou polares, influíndo na definición do tipo de clima que a caracteriza.
Ciclón
Área de presión de circulación cerrada con ventos rotativos e converxentes cuxo centro ten presión relativa mínima. A circulación xira no sentido contrario ás agullas do reloxo no hemisferio norte e viceversa no hemisferio sur. Coñécese tamén como sistema de baixa presión. Tamén é o termo usado para referirse a un ciclón tropical no Océano Indico. Pódese usar este mesmo termo para referirse a outros fenómenos con fluxos ciclónicos como as tormentas de po, tornados e sistemas tropicais e extratropicais. É o oposto a un anticiclón e a un sistema de alta presión.
Ciclón estratropical
Calquera ciclón que non ten orixe tropical. Xeralmente é considerado como ciclón migratorio frontal que se presenta en latitudes altas e medias. Tamén se llama tormenta extratropical ou baixa extratropical.
Ciclón tropical
Sistema de baixa presión de circulación organizada cun centro de aire tépedo que se desenvolve en augas tropicais e algunhas veces augas subtropicais. Dependendo da magnitude dos ventos sostidos na superficie, o sistema clasifícase como perturbación tropical, depresión tropical, tormenta tropical, furacán (Caribe) o tifón (Asia).
Cicloxénese
Proceso que crea un novo sistema de baixa presión ou ciclón, ou que intensifica un xa existente. É tamén o primeiro aviso dunha depresión.
Crista de alta presión
Área alargada de alta presión atmosférica asociada a unha área de máxima circulación anticiclónica.
Depresión
En meteoroloxía é outro nome para designar unha área de baixa presión. Tamén se usa para designar unha etapa no desenvolvemento dun ciclón tropical.
Depresión tropical
Perturbación tropical con ventos máximos sostidos de superficie alcanzando pero non sebrepasando os 61km/h (33 nos). Ten unha ou máis isóbaras cerradas.
Diverxencia
Movemento do vento que resulta nunha expulsión horizontal de aire dende unha rexión específica. As diverxencias de aire en niveis baixos da atmosfera están asociadas con movementos do aire descendentes coñecidos como subsidencia. É o contrario da converxencia.
Dorsal anticiclónica ou cuña
Liña non cerrada, en forma de “V” invertida, a modo de prolongación dun anticiclón.
Efecto föhn ou foehn
Efecto causado pola colisión entre unha elevación do relevo e ventos húmidos, os cales, tras pasala e descargar a súa humidade en forma de precipitacións, dan lugar, na outra vertente, a ventos fortes, moi secos e con temperaturas anormalmente altas.
Efecto invernadoiro
É o quecemento global da atmosfera debido á presenza de dióxido de carbono e de vapor de auga,. Estes dous gases permiten que non todos os raios do sol que quentan a terra escapen e se reintegren ao espazo.
Furacán
“É o nome dun ciclón tropical con ventos sostidos de 65 nós (117 km/h) ou máis que se desenvolve no Atlántico Norte, Mar Caribe, Golfo de México e ao leste do Pacífico Norte. Este mesmo ciclón tropical é coñecido como tifón no Pacífico Occidental e como ciclón no Océano Indico.”
Gota fría
Depresión pechada localizada nos niveis altos da troposfera, consistente nun embolsamento de aire frío, rodeado por outro máis cálido e aire cálido en superficie. Esta situación propicia rápidos cambios de tempo e unha inestabilidade caracterizada pola presenza de cúmulos ou comulonimbos potentes, que producen precipitacións intensas. Na súa xénese aparece, en primeiro lugar, a corrente de chorro polar cunha circulación meridiana moi marcada, que evoluciona ata formar unha “gota” que se esgaza do chorro.
Grádente de presión
Diferenza de presión existente entre dous puntos. O seu valor aumenta canto máis preto se encontran as isóbaras entre si.
Ollo do furacán
É o centro dunha tormenta tropical ou furacán, caracterizado por unha área circular de ventos débiles e ceo libre de chuvia. Normalmente, o ollo desenvólvese cando a velocidade sostida do vento excede os 125 quilómetros por hora. O diámetro do ollo varía en tamaño dende uns 8 quilómetros a máis de oitenta, sendo o promedio normal de 20 a 50 quilómetros. En xeral, cando o ollo comeza a cerrarse a tormenta intensifícase.
Onda de calor (fogaxe)
Período de clima caloroso anormal e incómodo. Pode durar de varios días a varias semanas.
Onda de frío
Rápida caída da temperatura ata chegar a unha temperatura que impón a necesidade de impartir protección especial á agricultura, a industria, o comercio ou as actividades sociais.
O Neno
É o quecemento cíclico da temperatura da auga do Pacífico Oriental (costa oeste de Sudamérica) que pode resultar en cambios significativos de organización do clima en diferentes partes do mundo. Isto ocorre cando a auga tépeda ecuatorial despraza a auga fría da corrente Humboldt, interrompendo o proceso de ascensión da auga fonda.
Pantano barométrico
Campo de presión que presenta un gradiente moi baixo e unha gran indefinición na presión, de tal xeito que a penas aparecen isóbaras nos mapas alí onde se atopa, e no caso de aparecer (unha ou dúas sobre a Península) forman pequenos núcleos con valores próximos a 1013 mb.
Parede do ollo
Anel organizado de convección que rodea ao ollo, o centro, dun ciclón tropical. Contén nubes cumulonimbus, intensa chuvia e ventos moi fortes.
Perturbación
Este termo pode ter varios usos. Pode aplicarse a unha baixa presión ou a un ciclón pequeno de pouca influencia. Tamén pode aplicarse para designar unha área que mostra sinais de actividade ciclónica. Tamén se usa para sinalar unha etapa no desenvolvemento dun ciclón tropical e coñécese como perturbación tropical para diferencialo de outras situacións sinópticas.
Perturbación tropical
Área de convección organizada orixinada nos trópicos e ocasionalmente nos subtrópicos que se rexistra por máis de 24 horas. É case sempre o primeiro paso no desenvolvemento dunha depresión tropical, tormenta tropical ou un furacán.
Presión atmosférica
É a presión ou o peso que exerce a atmosfera nun punto determinado. A medición pode expresarse en varias unidades de medidas: hectopascais, en milibares, ou milímetros de mercurio (Hg). Tamén se coñece como presión barométrica.
Presión estándar da superficie
A medida dunha atmosfera de presión baixo condicións estándar. Equivale a 1,013.25 milibares, 760 milímetros de mercurio ou 1.033 gramos por centímetro cadrado.
Relampo
Manifestación luminosa que acompaña a unha descarga brusca de electricidade atmosférica. Esta descarga pode saltar dunha nube ao solo ou producirse no seo dunha nube, entre dúas ou máis nubes, o entre unha nube e o aire circundante.
Sistema de alta presión
Área de presión relativa máxima con ventos diverxentes rotando no sentido oposto á rotación da terra. Desprázase no sentido do reloxo no hemisferio norte e viceversa no hemisferio sur. Coñecido tamén como anticiclón, é o oposto a unha área de baixa presión ou ciclón.
Sistema de baixa presión
Área de presión relativa mínima con ventos converxentes. Desprázase en sentido contrario ás agullas do reloxo no hemisferio norte e viceversa no hemisferio sur. Coñecido tamén como ciclón, é o oposto a unha área de alta presión ou anticiclón.
Sistema semipermanente
Sistema relativamente estable e estacionario de presión e vento onde a presión é predominantemente alta ou baixa segundo os cambios de estación. Non é de natureza transitoria coma as baixas migratorias que
de presión
se desenvolven polas diferenzas entre a temperatura e a densidade. Exemplos: a Baixa de Islandia e a Alta de Azores no Atlántico Norte.
Subsidencia
Descenso do aire, que normalmente está combinado coa existencia dun centro de altas presións.
Tifón
É o nome dun ciclón tropical con ventos sostidos de 118 km/h (65 nós) ou máis que se presenta no Pacífico Norte. Este fenómeno recibe o nome de furacán no Pacífico nororiental e o Atlántico Norte e ciclón no Océano Indico.
Tormenta tropical
Ciclón tropical con ventos máximos sostidos entre 62 km/h (34 nudos) e 117km/h (63 nós). Cando chega a este punto, o sistema recibe un nome para poder identificalo e seguilo.
Tornado
Columna de aire que rota violentamente en contacto con e estendéndose entre unha nube convectiva e a superficie da terra. É o máis destrutivo dos fenómenos atmosféricos. Se se presentan as condicións necesarias, pode ocorrer en calquera parte do mundo, pero preséntase máis frecuentemente nos Estados Unidos de Norteamérica na área entre las montañas Rochosas e os Apalaches no leste do país.
Tromba mariña
Columnas de aire que transportan auga e móvense formando un remuíño. Prodúcense cando correntes de aire aspiran auga dun lago ou océano.
Tormenta ou tronada
Producida por unha nube cumulonimbus, é un evento de curta duración na microescala caracterizado por tronos, lóstregos, refachos de vento, turbulencia, sarabia, xeo, precipitación, correntes moderadas e violentas cara riba e abaixo e, en condicións moi severas, tornados.
Trono
Son emitido polos gases mentres se expanden rapidamente a través da canle de descarga dun lóstrego. Case tres cuartos da descarga eléctrica do lóstrego utilízase para quentar os gases da atmosfera dentro e arredor da canle visible. As temperaturas poden elevarse a máis de 10.000 graos Celsius en microsegundos, ocasionando unha violenta onda de presión, composta por compresión e ondas de succión. O tronar créase cando o oído capta partes separadas da descarga, rexistrando primeiro a parte máis achegada da luz do relampo e, despois, a parte máis afastada.
Valgada de baixa presión
É unha área alongada de baixa presión atmosférica que se asocia con unha área de circulación ciclónica mínima.
Zona de baixas presións ecuatoriais
É unha área de baixa presión semi-continua que se localiza entre as áreas subtropicais de alta presión dos hemisferios norte e sur.
Vórtice
Cheminea en forma de remuíño dun tornado.
MASAS DE AIRE, MOVEMENTOS, VENTO Advección
Movemento horizontal do aire en dirección a un lugar concreto. Pode ser aire frío ou cálido.
Brisa de mar
Vento local persistente que flúe no día, nas proximidades das costas, dende o mar cara a terra, con velocidades máximas de 20 Km/h. A causa básica deste fluxo de vento é a diferenza do quecemento entre a superficie do mar e a da terra, polo efecto da radiación solar.
Brisa de montaña (Vento catabático)
É o aire fresco e seco que descende a sotavento da montaña, despois de condensada toda a humidade do lado de barlovento.
Brisa de terra
Vento débil que flúe durante a noite dende a terra cara o mar. Preséntase nas zonas costeiras como resultado do arrefriamento nocturno por radiación terrestre, que actúa máis rapidamente sobre el solo que sobre o mar.
Brisa de val (Vento anabático)
É o vento húmido e cálido que se eleva por unha aba e que ao seu paso se condensa provocando a formación de nubes de tipo lenticular no cumio.
Calma
Condición atmosférica asociada á ausencia de vento ou calquera tipo de movemento de aire. En termos marítimos obsérvase como a aparente falta de movemento na superficie da auga cando non hai vento nin ondas.
Condución
Transferencia do calor a través dunha substancia que ocorre por acción molecular ou cando unha substancia entra en contacto con outra.
Convección
Movementos nun fluído que trasladan e mesturan as propiedades deste. É o oposto á subsidencia cando se usa para indicar movemento de aire vertical e ascendente.
Converxencia
Movemento horizontal e converxente de aire cara unha rexión en particular. Os ventos de converxencia a niveis baixos producen normalmente un movemento ascendente, en contraste coa diverxencia.
Corrente ascendente
Movemento do aire en dirección contraria á terra. A versión máis forte prodúcese nas tormentas eléctricas.
Corrente descendente
Causada polo descenso dunha columna de aire que se arrefría. Pode provocar refachos fortes de aire e chuvia intensa.
Corrente en chorro
Area de fortes ventos concentrados nunha franxa relativamente angosta na troposfera alta (ou tropopausa) das latitudes medias e en rexións subtropicais dos hemisferios norte e sur. Flúe nunha banda semicontinua arredor do globo de oeste a leste e é produto dos cambios na temperatura do aire cando o vento polar se move cara o ecuador encontrándose co cálido vento ecuatorial que se dirixe ao polo.
Caracterízase pola concentración de isotermas e por fortes gradientes transversais. Existen varios tipos de correntes de chorro entre eles: las árticas, de baixo nivel, polares e as correntes subtropicais. Corrente en chorro subtropical
Marcado por unha concentración de isotermas e unha gradiente ou cizalladura vertical, este chorro ou corrente é a fronteira que divide o aire subtropical do aire tropical. Situada entre 25 e 35 grados aproximadamente na latitude norte e xeralmente a unha altitude maior de 12 km. Tende a migrar cara o sur no inverno do hemisferio norte e ao norte no verán.
Efecto costa abaixo
É o quecemento dunha corrente de aire cando descende por unha aba o outeiro. Contrario ao efecto costa arriba.
Efecto de Coriolis
Forza por unidade de masa que se forma a partir da rotación da terra e que actúa como unha forza de desviación. Depende da latitude e da velocidade do obxecto en movemento. No hemisferio norte, o aire desvíase cara o lado dereito da súa ruta, mentres que no hemisferio sur o aire desvíase cara o lado esquerdo da súa ruta.
Fronte
Zona de transición ou contacto entre dúas masas de aire de diferentes características meteorolóxicas, o que case sempre implica diferentes temperaturas. Por exemplo: a área de converxencia entre o aire tépedo e húmido co aire seco e frío.
Fronte cálida
Parte frontal dunha masa de aire tépedo que avanza para substituír a unha masa de aire frío que recúa. Xeralmente, co paso da fronte cálida a temperatura e a humidade aumentan, a presión sube e aínda que o vento cambia non é tan pronunciado como cando pasa unha fronte fría. A precipitación en forma de chuvia, neve ou poalla se encontra xeralmente ao inicio dunha fronte superficial, así como as chuvias convectivas e as tormentas. A brétema é común no aire frío que antecede a este tipo de fronte. A pesar de que case sempre aclara unha vez pasada a fronte, algunhas veces pode orixinarse brétema no aire cálido.
Fronte estacionaria
Fronte semiestacionaria ou que se move moi pouco dende a súa última posición sinóptica.
Fronte fría
Zona frontal dunha masa de aire frío en movemento que empuxa aire máis cálido ao seu paso. Xeralmente, co paso dunha fronte fría, diminúe a temperatura e a humidade, a presión aumenta e o vento cambia de dirección. A precipitación ocorre xeralmente dentro ou detrás da fronte. No caso dun sistema de desprazamento rápido pode desenvolverse unha liña de tormentas precedendo a fronte.
Fronte ocluída
Tamén coñecida como oclusión. É unha fronte complexa que se forma cando unha fronte fría absorbe unha fronte tépeda. Fórmase entre dúas masas de aire térmicas diferentes que entran en conflito.
Fronte polar
Fronte case permanente de gran extensión das latitudes medias que
separa o aire polar relativamente frío e o aire subtropical relativamente cálido. É parte integral dunha teoría meteorolóxica clásica coñecida como Teoría da Fronte Polar. Fronte semiestacionaria
Fronte que case non se move ou ten moi pouco movemento dende a última posición sinóptica. Tamén coñecida como fronte estacionaria.
Frontolise
Proceso de atenuación ou esvaecemento dunha fronte a raíz da perda das propiedades contrastantes na zona de transición. É o oposto a frontoxénese.
Frontoxénese
Proceso de formación ou intensificación dunha fronte. Ocorre cando dúas masas de aire de diferente densidade e temperatura se unen por efecto do vento existente creando unha fronte. Pode suceder cando unha das masas de aire, ou ambas, se moven sobre unha superficie que fortalece as súas propiedades orixinais. É común nas costas orientais de Norteamérica e Asia, cando unha masa de aire movéndose en dirección ao océano ten unha delimitación débil ou indefinida. É o oposto a frontolise.
Masa de aire
Extensa porción de aire con características de temperatura e humidade semellantes en toda a súa extensión horizontal.
Masa de aire ártico continental (Ac)
Orixinaria do nordés de Europa ou de Siberia; é moi fría e seca. Dá lugar a ceos claros e a xeadas.
Masa de aire ártico marítimo (Am)
Orixinaria da cubeta ártica; é moi fría e de escasa humidade, pero no seu percorrido cara á Península requéntase pola base e humedécese. Produce nevaradas e temperaturas inferiores ás normais. Aféctalle pouco á Península.
Masa de aire ártico
É unha masa de aire que se orixina arredor do círculo polar Ártico e caracterízase polas súas baixas temperaturas. O límite desta masa de aire defínese comunmente como a Fronte Ártica que, a diferenza doutras frontes, posúe unha característica semi-permanente e semicontínua.
Masa de aire polar continental (Pc)
Orixinaria do continente europeo, xorde a partir do anticiclón térmico que se forma no inverno. É fría e seca. No seu percorrido conserva estas características e produce tempo frío e soleado.
Masa de aire polar marítima (Pm)
Fórmase no entorno dos círculos polares. É inicialmente fría. No seu percorrido cara latitudes máis baixas requéntase e humedécese. No inverno produce precipitacións na cordilleira Cantábrica e no occidente peninsular. No verán orixina fortes tormentas.
Masa de aire tropical continental (Tc)
Fórmase no norte de África, sobre o Sahara. Caracterízase pola súa temperatura elevada e extrema sequidade e estabilidade. Provoca ondas de calor.
Masa de aire tropical marítima (Tm)
Orixínase no Atlántico, na zona das Azores. É cálida e húmida. No seu percorrido cara ao norte arrefríase relativamente pola base e estabilízase. Dá lugar a temperaturas altas no verán ou suaves en calquera época do ano.
Paso frontal
Paso dunha fronte sobre unha área específica da superficie. Reflicte o cambio no punto de rosada, a temperatura, a dirección do vento ou a presión atmosférica. O paso frontal acostuma estar acompañado de precipitacións e nubes.
Refacho
É un aumento repentino e significativo nas flutuacións da velocidade do vento. A velocidade punta do vento debe acadar polo menos 16 nós (30 km/h) e a variación entre os picos e a calma é de polo menos 10 nós (18 km/h). Xeralmente a duración é menor de 20 segundos.
Sistema frontal
Unión entre dúas masas de aire a temperaturas diferentes e con nivel de humidade distinto onde acostuman a producirse os fenómenos climáticos máis significativos.
Subsidencia
Afundimento ou movemento cara abaixo do aire observado case sempre en anticiclóns. O termo úsase para indicar unha situación oposta á convección atmosférica.
Turbulencias
Movementos desordenados do aire compostos por pequenos remuíños que se trasladan nas correntes de aire. A turbulencia atmosférica é producida por aire nun estado de cambio continuo. Pode ser causada polas correntes termais ou convectivas, por diferenzas no terreo e na velocidade do vento, ao longo dunha zona frontal u por unha variación da temperatura e a presión.
Velocidade do vento
É o promedio do movemento do aire durante un período de tempo preestablecido. Pode medirse de varias maneiras. Mídese en quilómetros por hora.
Vento
É o aire que flúe en relación á superficie da terra , xeralmente de maneira horizontal. Hai catro aspectos do vento que se miden: dirección, velocidade, tipo (refacho) e cambios. Os cambios superficiais mídense con papaventos e anemómetros mentres que os de gran altitude detéctanse con globos piloto, radiovento ou reportes da aeronáutica civil.
Ventos alisios
Son dous cintos de vento que sopran dende os centros de alta presión subtropicais movéndose cara a zona de baixa presión ecuatorial. Son ventos de pouca altitude caracterizados pola súa consistencia na súa dirección. No hemisferio norte, os ventos alisios sopran dende o nordeste e no hemisferio sur os ventos alisios sopran dende o sueste.
Vento de través
Os ventos que sopran formando un ángulo coa dirección do movemento dun sistema.
Ventos dominantes
Los patróns máis constantes de vento nunha zona determinada.
Ventos do leste ou do “soao”
Termo usualmente empregado para designar ventos con unha compoñente persistente dende a dirección leste.
Ventos do oeste, de Ferrell ou da “travesía”
Cintos amplos de ventos persistentes con unha compoñente occidental. É o movemento atmosférico predominante centrado arredor das latitudes medias de cada hemisferio. Preto da superficie da terra os ventos do oeste esténdense aproximadamente entre os 35 e 65 graos de latitude, mentres nos niveis altos esténdense en dirección máis amplamente cara os polos e o ecuador.
Zona de converxencia intertropical
Área nos hemisferios norte e sur onde converxen os ventos alisios, xeralmente localizada entre os 10 graos ao norte e sur do Ecuador. É unha ampla área de baixa presión onde tanto a forza de coriolis como a baixa presión gradual son débiles, permitindo a formación ocasional de perturbacións tropicais. Durante o verán no hemisferio norte, cambia de lugar seguindo os raios solares máis perpendiculares, por exemplo, avanzando cara o norte sobre o sur de Asia e o Atlántico Norte.
CONDENSACIÓN E PRECIPITACIÓN Aire húmido
Denomínase así o aire que contén unha humidade relativa superior ao 80%. Termo moi utilizado en meteoroloxía dinámica e operativa.
Aire saturado
É o aire que contén a cantidade máxima de vapor de auga posible para unha temperatura e unha presión dadas (100% de humidade).
Auganeve
Tamén se coñece como boliñas de xeo. É a precipitación de inverno na forma de pequenos cachiños ou bólas de xeo que rebotan ao caer na ou en calquera superficie dura.
Altocúmulo
Nube composta por elementos aplanados, grosos, grises e aglobados. Este xénero de nubosidade media está conformado principalmente por gotas de auga. Nas latitudes medias, a base destas nubes sitúase xeralmente entre os 3 e 6 mil metros. Unha característica que as define é que a nube aparece case sempre como unha capa de nubes ondulantes e encrespadas merecendo o apelativo de “nubes ovella.” Algunhas veces son confundidas coas nubes cirrocúmulos, porén, os seus elementos (nubes individuais) son máis extensos e proxectan sombras sobre os outros elementos. Poden formar varios subtipos, como altocúmulos casteláns ou altocúmulos lenticulares. Este tipo de nubes pode orixinar a caída de virga.
Altoestratos
Nube de altura media composta por gotiñas de auga e algunhas veces de xeo cristalizado. Nas latitudes medias, a base destas nubes encóntrase entre os 4 mil e os 6 mil metros de altura. Con coloracións que van dende un branco puro ata tons de gris. Poden crear un velo fibroso asemellándose a una saba que algunhas veces pode escurecer o sol ou a lúa. Estas nubes son seguros indicadores de precipitacións xa que case sempre anteceden a unha tormenta. Este tipo de nubes tende a orixinar a caída de virga.
Arco da vella
Arco luminoso de todas as cores do espectro luminoso (vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, índigo e violeta). Fórmase por refracción, reflección total e pola dispersión da luz. É visible cando o sol brilla a través do aire que contén as gotas de auga e isto ocorre durante o inmediatamente despois da chuvia. O arco se obsérvase sempre no lado oposto do sol.
Babuxa, poalla
Precipitación en forma de pequenísimas gotas de auga con diámetros menores de 0.5 milímetros. Caen dende nubes estratos e asóciase xeralmente coa pouca visibilidade e a brétema.
Brétema
Conxunto de gotas microscópicas de auga suspendidas na atmosfera. Non reduce a visibilidade tanto como a néboa e moitas veces confúndese coa poalla.
Calixeiro
Especie de borraxeira ou brétema de cor que s debe a masas de po elevadas por aire ascendente cálido.
Ceo nubrado
É o espazo de ceo cuberto por unha capa de nubes de 8 octas, baseándose na suma do número de capas existentes nesa capa.
Chea ou chuvasco
É a precipitación dende unha nube que se presenta y termina de súpeto, con cambios de intensidade e estado do ceo. Preséntase en forma de chuvia, neve ou xeo.
Chuvasco de neve
Precipitación conxelada en forma de neve caracterizada por un inicio e final repentinos.
Chuvia
Precipitación de partículas de auga líquida en forma de gotas de diámetro maior de 0.5 mm. Se cae nunha zona ampla, o tamaño da gota pode ser menor. A intensidade da chuvia baséase na porcentaxe da súa caída. “Moi lene” (R--) significa que as gotas non mollan a superficie. “Lene” (R-) denota que se acumula ata un nivel de 0.10 pulgadas por hora. “Moderada” (R) significa que a cantidade de chuvia oscila entre 0.11 a 0.30 pulgadas por hora. “Pesada”(R+) indica que cae 0.30 pulgadas de chuvia por hora.
Cirrocúmulos
Nube cirriforme de crecemento vertical que parece una saba delgada composta de copos brancos que lle dan un efecto ondulante. Polo xeral crea a ilusión de un ceo tipo “xarda” xa que as ondulacións parecen escamas de pez. Por veces é fácil confundilas con altocúmulos, porén, as súas masas individuais son máis pequenas e non dan sombra sobre outros elementos. É tamén o tipo de nubes menos común, formándose case sempre a partir das nubes cirros ou cirrostratos coas que se lles asocia no ceo.
Cirros ou cirrus
Unha das tres formacións básicas de nubes (las outras son cúmulos e estratos). É tamén un dos tres tipos de nubes de gran altura. Son nubes delgadas, apuntadas compostas por cristais de xeo que polo xeral aparentan ser parches ou trenzados de veo. En latitudes medias, a base destas nubes encóntranse polo xeral entre os 7 mil e 10 mil metros sendo a formación de nubes máis alta no ceo con excepción dos topes de cumulonimbus.
Cirrostratos
Nube cirriforme que se desprende dunha nube cirros estendéndose ata converterse nunha capa delgada que dá a ilusión dunha saba estendida. Tende a darlle ao ceo unha aparencia lixeiramente leitosa ou velada. Cando se observa dende a superficie da terra estes cristais de xeo poden crear un efecto de halo arredor do sol ou da lúa. Esta nube é un bo indicador de precipitación, auspiciando chuvias que poden producirse nun lapso de entre 12 e 24 horas.
Coalescencia
Proceso mediante o que as gotas de auga dentro dunha nube chocan entre si formando gotas dun tamaño maior.
Condensación
Proceso polo que o vapor de auga cambia de estado gasoso ao estado líquido. É o proceso físico oposto á evaporación.
Cúmulos ou cumulus
Unha das tres formacións básicas de nubes (as outras son cirros e estratos). É tamén un dos dous tipos de nubes que se forman a baixa altura. É una nube que se desenvolve en dirección vertical
dende a base cara arriba. Ten unha base plana e unha parte superior en forma de cúpula ou de coliflor. Polo xeral a base desta nube non supera os mil metros de altura sobre a terra pero a súa parte superior case sempre varía en altura. Cando son pequenas e separadas asócianse co bo tempo (cumulus humilis). Co quentamento da superficie da terra poden crecer verticalmente durante todo o día. A parte superior deste tipo de nube pode alcanzar facilmente os 7 mil metros ou máis. Baixo certas condicións atmosféricas estas nubes poden chegar a converterse en nubes xigantescas coñecidas como “gran cumulus” (cumulus congestus) e poden producir chuvias. Un maior crecemento desta nube pode determinar a súa transformación en cumulonimbus. Cumulonimbus
Nube de desenvolvemento vertical, case sempre coroada por unha nube cirriforme en forma de bigornia. Chámaselle tamén nube de tormenta e frecuentemente ven acompañada por fortes chuvias, raios, tronos e algunhas veces con sarabia, ou fortes refachos y ventos.
Estratocúmulos
É unha nube baixa composta por capas ou fragmentos de elementos de nubes. Pode formarse a partir de nubes cumulus que van estratificándose. Xeralmente aparecen formadas de elementos organizados como mosaicos, ser redondos ou de forma circular con tope e base relativamente planos. Son de cor gris escuro ou claro, dependendo do tamaño das gotas de auga e a cantidade de luz do sol que as atravesa.
Estratos ou stratus
Un dos tres xéneros de nubes básicas (as outras son cirrus e cumulus). É tamén un dos tipos de nubes baixas. É unha nube con aparencia de saba sen elementos individuais e é posiblemente a máis común das nubes baixas. Grosa e gris, distínguese polas súas capas baixas, uniformes e rara vez se eleva a máis de 1 1/2 km sobre a superficie da terra. Un veo de estratos pode darlle ao ceo una aparencia nubrada. Pode orixinar a formación de brétema se chega a tocar a terra. Aínda que pode producir polalla ou neve, moi rara vez produce precipitacións fortes. As nubes que producen precipitacións fortes están sobre a capa de estratos.
Humidade
Cantidade de vapor de auga que contén o aire.
Humidade absoluta
A cantidade de vapor de auga que conten o aire. Confúndese frecuentemente coa humidade relativa ou punto de rosada. Os tipos de humidade son: humidade absoluta, humidade relativa e humidade específica.
Humidade relativa
Tipo de humidade que se basea no cociente entre a presión actual do vapor do aire e a saturación da presión do vapor. Usualmente exprésase en porcentaxes.
Néboa
Manifestación visible de gotas de auga suspendidas na atmosfera en ou preto da superficie da terra, reducindo a visibilidade horizontal a menos de un quilómetro. Orixínase cando a temperatura e o punto del rosada do aire presentan valores
similares e existen suficientes núcleos de condensación. Nevarada
Cantidade de neve que cae nun período de tempo determinado, normalmente durante 6 horas, expresada en centímetros de profundidade.
Neve
Precipitación de cristais conxelados de xeo, brancos ou transparentes, configurados nunha complexa forma hexagonal. Polo xeral cae de nubes estratiformes, pero pode caer como chuvia de neve dende outras nubes cumuliformes. Usualmente aparece en forma de apertadas escamas ou folerpas de neve.
Nimboestratos
Este xénero de nube ten unha combinación de chuvia ou neve. Algunhas veces a base desta nube non pode divisarse debido ao peso da chuvia. Xeralmente asóciase con condicións típicas do outono ou do inverno, pero poden presentarse en calquera época do ano.
Nó
É a velocidade dun obxecto móbil que recorre unha milla mariña nunha hora. Un nó é equivalente a 1.852 km/h.
Nube
Conxunto visible de pequenas partículas, como gotas de auga e/ou cristais de xeo, ao aire libre. A nube fórmase na atmosfera debido á condensación do vapor de auga sobre partículas de fume, po e outros elementos que en conxunto se coñecen como núcleos de condensación.
Nubes dispersas
Espazo no ceo cuberto por unha capa de nubes de entre 3 e 4 octas baseado na suma da cantidade de capas nesa capa.
Núcleo de condensación
Partícula sobre a que se produce a condensación do vapor de auga existente na atmosfera. Os núcleos pódense presentar en estado sólido ou líquido.
Parcialmente nubrado ou pouco anubrado
Estado do tempo cando a presenza dunhas cantas nubes non escurece completamente o ceo ou o día en ningún momento. O Servizo Nacional de Meteoroloxía non ten un criterio específico de cobertura do ceo para esta condición.
Precipitación
Calquera e todas as formas da auga, en estado líquido ou sólido, que cae das nubes ata chegar á terra. Isto inclúe a chuvia, poalla, poalla xeada, chuvia xeada, sarabia, neve…
Punto de conxelamento
Proceso de cambio de estado líquido a estado sólido, oposto á fusión. A temperatura á que se solidifica un líquido en calquera situación. A auga pura baixo presión atmosférica conxélase a 0 grados Celsius ou 32 grados Fahrenheit. En oceanografía, o punto de conxelación da auga descende co aumento da salinidade.
Punto de fervor
Temperatura na que un líquido cambia a estado de vapor. O punto de fervor ou de fervor da auga pura obtense a unha temperatura de 100 grados Celsius ou 212 grados Fahrenheit.
Punto de rosada
Temperatura á que debe arrefriarse o aire (a unha presión constante) para saturarse, é dicir, para formar gotiñas de auga.
Orballo or rosada
Son pinguiñas de auga que se depositan na superficie do solo e das plantas, procedentes da condensación do vapor de auga da atmosfera. Fórmase pola noite en tempo claro e tranquilo, cando o frío do solo se transmite ao aire que está en contacto con el e provoca a condensación do vapor da súa capa inferior.
Sarabia
Precipitación que se orixina en nubes converxentes, como as cumulonimbus, en forma de glóbulos o fragmentos irregulares de xeo. Xeralmente a sarabia ten un diámetro de 5 a 50 milímetros.
Saturación
Punto no que unha masa de aire non pode conter máis vapor de auga a súa temperatura, é dicir, cando a humidade relativa é do cen por cen. Normalmente, a humidade condénsase e forma gotas de auga. Canto máis cálida é unha masa de aire máis vapor de auga pode conter.
Seca
Condición climática anormalmente nunha área específica que se prolonga debido á falta de auga e causa un serio desbalance hidrolóxico.
Sombra de chuvia
Área comparativamente seca na parte protexida dunha cordilleira como consecuencia das masas de aire que se secan ao cruzar a cordilleira.
Sublimación
Transformación do vapor de auga no xeo, ou viceversa, sen que pase polo estado líquido.
Teito de nubes
É a capa máis baixa de nubes que se reporta como partida ou encapotada. Se
Tempo severo
Calquera evento destrutivo do tempo. Termo que caracteriza a eventos como as tormentas de neve, tormentas moi intensas ou tornados.
Tormenta de neve
É unha condición de tempo severo caracterizada por temperaturas moi baixas, ventos de 55 km/h ou máis, xunto coa caída de neve, o que reduce a visibilidade a 300 metros ou menos por un período de polo menos 3 horas. Unha ventada severa ten temperaturas próximas ou inferiores aos 12 graos Celsius baixo cero, ventos superiores a 72 km/h e visibilidade reducida pola neve a case cero.
Vapor de auga
É a auga en estado gasoso. É un dos compoñentes máis importantes da atmosfera. Debido ao seu contido molecular, o aire que contén vapor de auga é máis lene que o aire seco. Isto contribúe a que o aire húmido teña a tendencia a elevarse.
Virga
Vestixios de precipitación, como auga ou partículas de xeo, que caen das nubes, pero que se evaporan antes de chegar a terra. Dende un punto distante poden confundirse cun tornado ou cun funil da tromba. Pode caer dende nubes altocumulus, altostratus ou cumulonimbus de gran altitude. Normalmente é visible en forma de raias no ceo.
Xeo
Estado sólido da auga. Encóntrase na atmosfera como cristais de xeo, neve, sarabia, entre outros.