4 minute read

Viaxes

Next Article
Espárragos

Espárragos

Charca e dunas de Maspalomas, San Bartolomé de Tirajana

UN DESTINO QUE O TEN TODO

Un auténtico paraíso de sensacións próximo e de confi anza, a poucas horas de avión, para mimarte, descansar e vivir experiencias inesquecibles. O seu eterno clima primaveral convida a botar as horas todas ao aire libre, con mil opcións para descubrir o destino ideal para o turismo activo, relaxarse e gozar de todos os plans que ofrece Gran Canaria. Mar e montañas, palmeirais e piñeirais lendarios, combinacións paisaxísticas únicas no mundo e unha oferta de ocio e actividades para todas as idades completan este oasis bañado polo Atlántico.

Un agasallo para os sentidos

A natureza infi nita de Gran Canaria regálache un espectacular escenario para gozares das túas vacacións e recargarte de enerxía positiva. Xa sexa tomando o sol nas súas marabillosas praias ou percorrendo o seu interior máis descoñecido e sorprendente.

Los Azulejos, Mogán

PAISAXES ABRAIANTES E UN CEO ÚNICO

Sente o celme de Gran Canaria perdéndote nas súas cidades e vilas e coñece os verdadeiros costumes e tradicións das Illas. Intérnate neste pequeno continente, no que poderás ver a pegada dos antigos poboadores na Paisaxe Cultural de Risco Caído e as Montañas Sagradas de Gran Canaria, depósito arqueolóxico e marcador astronómico prehistórico, que é Patrimonio da Humanidade. Como fi xeron eles, ti tamén poderás enxergar as estrelas dende a rede de observatorios estratexicamente situados. Case tocarás as constelacións coas túas mans, nun territorio certifi cado como Destino Turístico Starlight pola calidade do seu ceo nocturno, un dos máis nítidos de Europa, e dende o que é visible case un 80% do ceo austral.

ACTIVIDADES NÁUTICAS

No inmenso mar que arrodea a illa, de augas tranquilas e cálidas, atoparás 60 quilómetros de praias de area dourada e fi na ou de orixe volcánica na súa cara norte. É o marco perfecto para as actividades náuticas de ocio ou deportivas. O abano é moi variado: vela, excursións en barco, avistamento de cetáceos, surf, motonáutica, parasailing ou submarinismo, entre outras.

PATRIMONIO E GASTRONOMÍA

Á calidade das instalacións e infraestruturas turísticas, podemos engadir a historia, o patrimonio, unha gastronomía en auxe baseada en produtos locais e o carácter acolledor dos grancanarios. Non regreses sen descubrires o interior da illa, os seus cumios e a súa biodiversidade, esa especial riqueza natural pola que a Unesco declarou a illa Reserva da Biosfera.

UN PASEO POLA UN PASEO POLA CIDADE VELLA

Na túa visita reserva tempo para descubrires a capital, As Palmas de Gran Canaria, unha cidade vibrante e dinámica, con séculos de historia presente nas rúas do casco histórico de Vegueta, coas súas casas coloniais e o seu corazón de fusión de culturas entre tres continentes. Reembolso

5%

á túa tarxeta EROSKI club (1)

En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e fl exible

(1) Para reservas con destino Gran Canaria efectuadas durante o mes de maio do 2022 e para estadías ata o 31 de outubro do 2022. Agás taxas e cotas de xestión. Consulta en: www.viajeseroski.es/contacto

Quilos de solidariedade

Unha vez máis, o Zampakilos Solidarios a prol dos Bancos de Alimentos, celebrado nas nosas tendas de Asturias, Castela e León e Galicia, foi todo un éxito. Entre o 11 e 12 de marzo, os clientes doastes máis de 65.000 quilos de produtos e 22.500 euros para os Bancos de Alimentos de Asturias, León, Palencia e Ponferrada (Castela e León) e Ourense, Lugo, Vigo e Rías Altas (Galicia).

No resto das nosas tendas, a Operación Quilo a prol dos Bancos de Alimentos celebrarase entre os vindeiros 2 e 7 de maio. Nesta ocasión, os clientes poderedes realizar unha doazón económica ao pasardes por caixa e todo o recadado será utilizado polos Bancos de Alimentos para mercaren os produtos que consideren máis necesarios nese momento.

Coma nas anteriores edicións, dende EROSKI engadirémoslle unha doazón adicional ao total recadado na campaña.

Amais das iniciativas a favor dos Bancos de Alimentos (como a Operación Quilo ou a Gran recollida) co noso programa Desperdicio Cero (5.600 toneladas, no 2021), en EROSKI doamos ao longo de todo o ano alimentos frescos e envasados próximos á súa data de consumo preferente, pero aínda aptos con total seguridade, evitando así o desperdicio alimentario.

Descárgaa gratis

Descubre os vales aforro personalizados!

Actívaos cun só clic na App EROSKI. Estarán xa asociados á túa tarxeta EROSKI club e cambiaranse automaticamente ao realizares o pagamento da túa compra.

Todo EROSKI no teu móbil!

This article is from: