EROSKI_MAYO_2022_GALLEGO

Page 44

viaxes Charca e dunas de Maspalomas, San Bartolomé de Tirajana

UN DESTINO QUE O TEN TODO Un auténtico paraíso de sensacións próximo e de confianza, a poucas horas de avión, para mimarte, descansar e vivir experiencias inesquecibles. O seu eterno clima primaveral convida a botar as horas todas ao aire libre, con mil opcións para descubrir o destino ideal para o turismo activo, relaxarse e gozar de todos os plans que ofrece Gran Canaria. Mar e montañas, palmeirais e piñeirais lendarios, combinacións paisaxísticas únicas no mundo e unha oferta de ocio e actividades para todas as idades completan este oasis bañado polo Atlántico.

Un agasallo para os sentidos A natureza infinita de Gran Canaria regálache un espectacular escenario para gozares das túas vacacións e recargarte de enerxía positiva. Xa sexa tomando o sol nas súas marabillosas praias ou percorrendo o seu interior máis descoñecido e sorprendente.

Los Azulejos, Mogán

PAISAXES ABRAIANTES E UN CEO ÚNICO Sente o celme de Gran Canaria perdéndote nas súas cidades e vilas e coñece os verdadeiros costumes e tradicións das Illas. Intérnate neste pequeno continente, no que poderás ver a pegada dos antigos poboadores na Paisaxe Cultural de Risco Caído e as Montañas Sagradas de Gran Canaria, depósito arqueolóxico e marcador astronómico prehistórico, que

é Patrimonio da Humanidade. Como fixeron eles, ti tamén poderás enxergar as estrelas dende a rede de observatorios estratexicamente situados. Case tocarás as constelacións coas túas mans, nun territorio certificado como Destino Turístico Starlight pola calidade do seu ceo nocturno, un dos máis nítidos de Europa, e dende o que é visible case un 80% do ceo austral.

44

44-45 Viajes_GAL.indd 48

12/4/22 20:52


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.