9 minute read
Anchoas do Cantábrico
by eroski
UN PRACER moi responsable
Xa esta aquí a anchoa do Cantábrico. Saudable e sostible. Anímate a probala e descubrirás un mundo de posibilidades culinarias. Seguro que aos máis pequenos lles encantará
Fritas, mariñadas, rebozadas, en escabeche... As anchoas do Cantábrico son as raíñas deste tipo de peixe.
O seu intenso sabor e a súa fina textura fanas perfectas para gozalas de mil xeitos na cociña.
Ademais, son unha opción saudable para a dieta de toda a familia, xa que, ao igual que acontece cos máis dos peixes azuis, ofrecen proteínas de alta calidade, graxas beneficiosas e unha boa combinación de vitaminas e minerais.
1
OS BARCOS SAEN FAENAR
2
PESCA DA ANCHOA
Do Cantábrico e con selo MSC
Non só a súa orixe lle confi re un sabor único. A anchoa do Cantábrico que atoparás en EROSKI chega aos nosos mostradores por mor do traballo das frotas locais dos portos do mar Cantábrico, que están certifi cadas por MSC. Isto garante que este peixe se captura de forma respectuosa, evitando a sobrepesca e protexendo o futuro do mar e das súas especies. Os barcos saen pescar de noite e faenan ata a alborada utilizando a arte de pesca coñecida como cerco de baixura, mediante a cal se rodea o banco de peixes, que se atopa na superfi cie, formando coa rede un círculo de 360 graos.
Esta arte minimiza a posibilidade de captura doutras especies. Ademais, os mariñeiros asegúranse de que a anchoa capturada cumpre co tamaño mínimo de 12 centímetros, o que fai posible que, dun ano para o outro, a especie poida medrar e reproducirse.
Así que as anchoas chegan ao porto e, tras a poxa na lonxa, o peixe trasládase ás nosas tendas en tan só 24 horas.
En EROSKI priorizamos a compra de anchoas que chegan a portos locais a través de subministradores da zona, o que supón un pulo para as confrarías, os mariñeiros e o tecido produtivo das vilas mariñeiras.
Procedente dunha pesqueira sostible certifi cada MSC. www.msc.org/es MSC MSC-C-55670
3 4
DESCARGA NO PORTO
NAS NOSAS TENDAS EN MENOS DE 24 HORAS
2,80€
POR RACIÓN
Cazola de anchoas con allo e perexil
• 500 g de anchoas • 6 dentes de allo • Medio porro • Medio vaso de caldo de verdura • 3 culleradas de aceite de oliva virxe extra (45 ml) • Sal e pementa • Perexil • Media caiena fresca (opcional) • 2 rebandas de pan integral (40 g)
ELABORACIÓN. Pelar e cortar os allos en láminas. Reservar.
Limpar as anchoas. Reservar.
Botar o aceite de oliva nunha cazola e fritir os allos ata que comecen a tomar cor. Incorporar o porro fi namente picado xunto á caiena e cociñar ata que teña cor.
Dourar as anchoas por ambos os dous lados.
Incorporar o caldo de verdura xunto ao perexil, cubrir cunha tapa e cociñar a lume medio durante cinco minutos.
Nunha tixola, dourar o pan triturado.
Antes de servir, esparexer o pan e o perexil sobre as anchoas. COMENTARIO DIETÉTICO Con esta receita e unha porción de verduras ou ensalada terás un prato completo. Propiedades nutricionais. Destaca a achega de graxas cardiosaudables omega 3 que achegan as anchoas e o ácido oleico do aceite de oliva virxe, que supoñen máis do 80% do total das graxas. Ademais, ten unha boa achega de proteínas de alta calidade.
Os peixes azuis resultan moi interesantes en canto a vitaminas e minerais. Neste caso, destacan as vitaminas D, B6 e B12, que interveñen no normal funcionamento do sistema inmunitario, e o potasio, fósforo, iodo e selenio. Unha porción de verduras enriquece este contido vitamínico e mineral e ademais engádelle fi bra. Sabías que...? As anchoas, ao igual ca as sardiñas, conteñen pequenas espiñas moi fi nas que, de comelas, contribúen á achega de calcio. Receitas que nunca fallan
Racións: 4
Difi cultade Elaboración
45’
NUTRI-SCORE
A B B C D E
UNHA RACIÓN CONTÉN:
KCAL 288
14%
GRAXA 17,32g
25%
GRAXAS SATURADAS 3,43g
17%
AZUCRES 1,79g
2%
SAL 1,02g
17%
Libre de elixir Libre de gozar
LIBRE DE GLUTE
Dende o pan relado ata o teu prato preparado. Por se estás ocupada ou ocupado. Dende o teu aliado do almorzo ata os packs de iogures. Doce ou salgado. Máis de 160 produtos sen glute para que poidas facer a compra con todo o que che gusta, a bo prezo. Porque se o que che senta ben é sen, nós estamos contigo.
GALLETAS
FARIÑAS E PAN RELADO
MIX REPOSTERÍA EROSKI
Unha fariña libre de glute coa que poderás elaborar todas as túas receitas de panadería e pastelería.
PAN RELADO EROSKI
Non deixes de gozar dos rebozados con este pan relado con fariña de millo.
MEDIAS NOITES SCHÄR
Os boliños doces son unha tentación irresistiblemente deliciosa para o almorzo . e a merenda.
MAXI CHOCO SCHÄR
Estas galletas son máis grandes e ideais para calquera momento do día.
COOKIES TRES CHOCOLATES EROSKI
As populares cookies con sabor a tres chocolates e elaboradas con avea libre de glute.
BULÉ SCHÄR BULÉ SCHÄR
Un bombón de abelá Unbombóndeabelá cuberto de doce chocolate e de barquillo sen glute, que se converterá no protagonista das túas celebración. Irresistiblemente delicioso!
BOLERÍA ÍA
ITE T S S HÄR ños s on n ón ón n te a o
PAN DE MOLDE
PAN DE MOLDE CLÁSICO SCHÄR
Está elaborado con fermento e cereais antigos, o que o fai alto en fi bra e máis tenro e esponxoso ca nunca.
PAN TOSTADO
REGAÑÁS EROSKI
Con aceite de oliva virxe extra e fariña de liño. Crocantes e saborosas, son ideais tanto para comer soas como para dipear ou untar cremas, queixos, etc.
PAN PAYÉS SCHÄR
O auténtico da panadería sen glute. Pan caseiro de sabor intenso, a base de fermento natural, que sabe máis fresco e saboroso.
PAN DE MOLDE P CON CEREAIS C SCHÄR S
Elaborado con E fermento e sete f sementes e s cereais. Ten alto c contido en fi bra e c está sempre tenro e e esponxoso. e
CEREAIS
FLOCOS DE MILLO EROSKI
Os fl ocos de millo son os cereais clásicos do almorzo. Engádeos ao leite, aínda que tamén podes probar a utlizalos para rebozar. O resultado sorprenderate.
PASTA
ESPAGUETES E MACARRÓNS EROSKI
Preparar deliciosos pratos de pasta e que o resultado sexa de ‘10’ será ben doado coas opcións sen glute de EROSKI.
GOZA DUN 20%
DE DESCONTO CON EZE, ACERI, ACN E EROSKI CLUB
Grazas aos convenios de colaboración asinados coa Asociación de Celíacos de Euskadi (EZE), a Asociación Celíaca da Rioxa (ACERI) e a Asociación de Celíacos de Navarra (ACN), ofrecémoslles un 20% de desconto aos seus asociados en cada compra de produtos específi cos sen glute, tanto nos de EROSKI coma nos doutras marcas. O desconto materializarase mediante un ingreso na tarxeta moedeiro EROSKI club. Só terás que ser socio de EROSKI club e darte de alta no programa. Infórmate na túa asociación sobre a maneira de te adherires.