Os ollos do Contomar Unha experiencia de fomento da lectura
FotografĂas de Manuel G. Vicente
Deseño: eL Edición e produción: eL editora Comisión de Publicacións de Espazo Lectura 1ª edición: febreiro, 2009 Edición dixital en pdf: xaneiro 2013 © das fotografías: Manuel G. Vicente, 2009 © dos textos: os seus respectivos autores/as, 2009 © Espazo Lectura, 2009 http://www.espazolectura.org espazolectura@espazolectura.org Depósito Legal: VG 339-2009 Impreso en Obradoiro Gráfico S. L. Polígono do Rebullón, 52 D 36416 Mos (Pontevedra)
Reservados todos os dereitos.
Os ollos do Contomar
http://www.espazolectura.org
Socios protectores de Espazo Lectura en febreiro de 2009 Espazo Lectura é unha asociación para o fomento da lectura. Organiza actividades e iniciativas sen ánimo de lucro relacionadas coa promoción da lectura e do libro como referentes de benestar social e coa consideración do libro como elemento socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas. Ademais de socios/as numerarios/as, os estatutos de Espazo Lectura contemplan a posibilidade de nomear socios/as protectores/as que son «aquelas persoas físicas ou xurídicas que, a xuízo da Xunta Directiva, contribúan materialmente e de forma notable ao sostemento da asociación». Tras o primeiro ano de vida, Espazo Lectura ten en xaneiro de 2009 os seguintes socios protectores:
Centros de ensino
Editoriais
Espazo Lectura
CRA Antía Cal CEIP Souto-Donas CEP Neira Vilas CEIP Chano Piñeiro CEIP Serra Vincios
Editorial Galaxia Kalandraka OQO editora Edicións Xerais de Galicia
http://www.espazolectura.org espazolectura@espazolectura.org Apartado de correos 50 36380 Gondomar
Empresas culturais Berrobambán teatro
Socios protectores na actualidade (consultar no enlace) http://espazolectura.org/socios-protectores
Os ollos do Contomar Unha experiencia de fomento da lectura FotografĂas de Manuel G. Vicente
Le Espazo Lectura
CONCELLO DE GONDOMAR
OS OLLOS DO CONTOMAR. Unha experiencia de fomento da lectura «Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le» é unha das reflexións que, da man de Günter Grass, se atopan nas páxinas deste libro. A frase parece feita para describir o que senten as nais e pais que cada semana lles contan contos aos nenos e nenas do Contomar, a actividade que Espazo Lectura organiza en Gondomar e que foi medrando e consolidándose até converterse nun referente estable no traballo do fomento da lectura. Na segunda parte, inclúense fotografías dunha actividade pioneira, que Espazo Lectura organizou por primeira vez en Galicia, na noite do 21 ao 22 de xuño de 2008, cando 27 nenos e nenas quedaron a durmir na Biblioteca Municipal de Gondomar. Espazo Lectura é unha asociación non gubernamental para o fomento da lectura e organiza actividades e iniciativas sen ánimo de lucro relacionadas coa promoción da lectura e do libro como referente de benestar social e coa consideración do libro como elemento socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas.
テ《 persoas que, contando, fixeron posible o Contomar テ《 socias e socios de Espazo Lectura, por apoiar este ilusionante proxecto
Os o l lo s d e Es pa zo L ect u ra Para a asociación Espazo Lectura é unha satisfacción poñer nas vosas mans este libro, esta crónica en imaxes coa que quixemos contar o que ocorre os luns á tarde na Biblioteca Municipal de Gondomar nas sesións do Contomar, un contacontos que reúne cada semana unha media de 45 nenos e nenas de 3 a 9 anos, cos seus pais e nais. «Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le» é unha das reflexións que, da man de Günter Grass, ides atopar nas páxinas deste libro. A frase parece feita para describir o que sentimos as persoas que cada semana lles contamos contos aos nenos e nenas porque a ilusión e a maxia que transmiten os seus ollos foron sempre o mellor estímulo para seguirmos adiante con esta actividade. Nacía no mes de febreiro de 2006 inicialmente vencellado á ANPA do CRA Antía Cal e nestes tres anos foi medrando e consolidándose até converterse nun referente estable no traballo do fomento da lectura e nunha cita que xunta as familias e a biblioteca pública arredor da lectura, un dos mellores investimentos educativos que lles podemos ofrecer aos nosos fillos e fillas. Na primeira parte do libro, titulada «Os ollos do Contomar», atoparedes fotografías que foron tomadas polo fotógrafo Manuel G. Vicente en diferentes sesións ao longo do
ano 2008, acompañadas de pequenos textos de diferentes autores e autoras nos que se reflexiona sobre a lectura e os libros. Nunha segunda parte, titulada «Noite na biblioteca», incluímos fotografías dunha actividade que Espazo Lectura organizou, por primeira vez en Galicia, na noite do 21 ao 22 de xuño de 2008, cando 27 nenos e nenas de 6 a 12 anos quedaron a durmir na Biblioteca Municipal de Gondomar, nunha experiencia moi especial que incluíu xogos de busca, contacontos e un recital de poesía, así como o agasallo dun libro para cada un dos participantes. Espazo Lectura quere que, cada ano, cando o verán abra as súas portas, esa noite fermosa e máxica nos engaiole coa luz dos libros. Para Espazo Lectura foi –e segue a ser– tamén unha satisfacción ir construíndo, arredor da semente que agromou no Contomar, un proxecto cívico de fomento da lectura que se apoia en tres piares fundamentais intimamente ligados entre si: a dinamización, a formación e a sensibilización. O noso eixo de traballo fundamental é a dinamización porque cremos que a lectura, ademais de ser unha actividade individual e silenciosa, pode e debe ser tamén un elemento de socialización e de reflexión crítica colectiva que nos permita entender o mundo en que vivimos e sentirnos parte da comunidade á que pertencemos. Con esa vontade ofrecemos no Val Miñor, e moi especialmente en Gondomar, un amplo programa de actividades que inclúe, ademais das sesións de contacontos, clubs de lectura, obradoi-
ros, accións lectoras, sesións de lectura compartida en voz alta e outras iniciativas semellantes que poñen a disposición da cidadanía espazos nos que compartir opinións, sentimentos e reflexións arredor da lectura. Desenvolvemos tamén actividades no eido da formación porque nos parece importante que haxa unha rede de persoas especializadas no ámbito do libro e da lectura que actúen como mediadores eficaces cos diferentes colectivos sociais (nenos e nenas, adolescentes, familias, profesorado e todas as persoas interesadas en achegarse á lectura) para garantir un traballo serio e ben feito que constrúa unha necesaria oferta de formación e de lecer arredor da lectura nunha sociedade que, a pesar de estar construída sobre a palabra, ten enormes carencias lectoras. E, por último, procuramos realizar tamén un traballo de sensibilización e concienciación, dirixido tanto á cidadanía –moi especialmente ás familias– como ás institucións, para que se valore a importancia social da lectura e a necesidade da implicación de todos os sectores sociais nese sentido. De aí que queiramos tamén, desde a experiencia e as propostas do noso traballo, marcar liñas de actuación con proxección para toda Galicia, convertendo Gondomar e o Val Miñor nun lugar de referencia no ámbito do fomento da lectura. Para as persoas que traballamos, a xeito de voluntariado, en Espazo Lectura será unha satisfacción (tamén un reto e unha responsabilidade) consolidar o camiño iniciado
e ir propoñendo novas iniciativas que fortalezan hábitos lectores e axuden a conseguir cidadáns máis informados, máis seguros, máis críticos, máis xustos, máis responsables e máis libres. Nese camiño estamos a traballar e un dos nosos proxectos máis ambiciosos, a Casa da Lectura, é xa unha realidade. O apoio e a participación da xente nas actividades están a ser a mellor proba de que o esforzo paga a pena. E a ilusión das miradas e os sorrisos dos nenos e nenas son, sen dúbida, o mellor agasallo. Por iso quixemos poñelos nas páxinas deste libro, para compartir con todos vós esa maxia que contaxia. Agardamos que vos gusten. CONCHA COSTAS
PRESIDENTA DE ESPAZO LECTURA
O bri ll o do s o ll o s qu e l en Son imaxes e textos, elementos que constrúen a maior parte dos libros. Non obstante, algo rexorde con especial enerxía nestas páxinas. Nunha primeira mirada, non é difícil chegar ao aquel especial que garda este volume. É o brillo dos ollos que len, o singular esplendor que emana en cada un dos cativos e cativas que seguen o transcorrer dun conto, o desenlace dunha historia. Son nenos e nenas que len con entusiasmo, contaxiados polo bo facer dos responsábeis de Espazo Lectura, unha experiencia que está chamada a se converter en modelo de convite para o encontro dos cativos cos libros. A imaxinación, o divertimento, a curiosidade ou a aventura son algúns dos vimbios cos que se constrúe un proxecto colectivo que contaxia nos máis novos o hábito de ler. Abofé que de Espazo Lectura sairán homes e mulleres que van incluír a lectura nos seus costumes diarios, un pracer que fará da nosa unha sociedade cun futuro máis feliz. Desde a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte cremos en proxectos como Espazo Lectura. Compartimos a aventura de ler nunha noite na biblioteca, queremos que as lecturas marquen momentos de pensar, rir e imaxinar, que sexa unha decisión propia e tamén, como non, unha festa colectiva.
Animar a ler, acadar máis lectores e lectoras, é un dos grandes obxectivos da nosa acción de goberno e, con ese fin, desenvolvemos políticas activas que converten as bibliotecas en centros culturais dirixidos a todos os públicos, que promoven os clubs de lectura, que convidan a ler en todas as partes e en moitos momentos a través de campañas imaxinativas. A lectura é un ben social, un dereito que se torna en beneficio para o país enteiro, unha posibilidade que nos abre a todos os tempos e a todos os mundos posíbeis. Nun libro podemos atopar o misterio do bosque, a maxia das meigas, a sorpresa do futuro, a melancolía do pasado, a aprendizaxe da viaxe, o amor, a tensión, o medo e mesmo o frío e a calor. Saber, sentir, vivir... a lectura marca os tempos das nosas vidas e debuxa as caras dos cativos e cativas nestas imaxes de Manuel G. Vicente tomadas en Contomar, o espazo máxico de Gondomar no que os pais e as nais se reúnen na biblioteca arredor dos libros. LUIS BARÁ
DIRECTOR XERAL DE CREACIÓN E DIFUSIÓN CULTURAL
L er Go n dom ar A lectura constitúe hoxe un elemento imprescindible no desenvolvemento social. Sen a lectura non é posible concibir comunidades modernas, democráticas, cultas, abertas. O feito de que no concello de Gondomar exista unha programación tan ampla e sólida en torno ao fomento da lectura supón unha vantaxe e un privilexio para a nosa cidadanía, privilexio que, desde a institución municipal, temos a obriga de valorar e apoiar. O intenso labor que Espazo Lectura está a desenvolver en Gondomar, labor ben coñecido polas familias, non pode ser máis que motivo de orgullo, como o é que este modelo constitúa xa un referente para toda Galicia. O escritor e pedagogo italiano Gianni Rodari dicía que «cos contos axudamos aos nenos a entrar na realidade pola fiestra, en lugar de pola porta. É máis divertido e, por iso, máis útil». Os nenos e nenas de Gondomar están afeitos a se desviar do camiño marcado e atravesar fiestras porque, desde que no ano 2006 comezaron as sesións do Contomar, grazas a todas as historias que levan escoitado, a todos os libros que levan ollado, adquiriron a ferramenta fundamental para exploraren por eles mesmos vieiros alternativos á realidade: a ferramenta da imaxinación e a fantasía. Este traballo voluntarista, rigoroso e apaixonante que agromou no noso Concello
nace no seo da sociedade, dun grupo de persoas que decidiu asociarse e fundar Espazo Lectura, o lugar desde o que reivindicar e exercer o dereito á cultura, á información e ao fomento da lectura como un dos dereitos básicos da cidadanía democrática e piar sobre o que erguer a sociedade do coñecemento. Espazo Lectura contribúe a construír sociedade lectora desde o traballo continuado, o que permite que o libro forme parte da vida cotiá das persoas; tamén saben do importante que é o papel da familia na consolidación do hábito lector, de aí o lugar sobranceiro que ocupan as nais e os pais en todas as actividades destinadas ao público infantil; ademais, tal e como reflicten as imaxes protagonistas deste libro, en Espazo Lectura saben que as actividades que fomenten o gusto por ler deben darse nun clima cariñoso, amigable e ter un claro compoñente lúdico. Velaí o traballo ben feito. Os ollos do Contomar é a colleita dese traballo. A antoloxía de textos centrados na lectura revela a importancia que adquire que todos nos impliquemos na súa promoción; as estupendas fotografías de Manuel G. Vicente constatan que o esforzo nunca será en van. Como alcalde non podo máis que sentirme fachendoso de que fose no Concello de Gondomar onde naceu unha iniciativa tan fermosa como necesaria, un soño ilusionante que reverte no ben da nosa comunidade. ANTONIO ARAÚXO
ALCALDE DE GONDOM AR
Os ollos
do Contomar
Non hai espectรกculo mรกis fermoso que a mirada dun neno que le. G ร NTER G RASS
Adiviña, adiviña... Unha casa que ten mil portas que se abren a mil camiños que dan a mil cruceiros polos que se vai a mil mundos nos que hai mil tempos para ser mil persoas distintas e poder vivir mil vidas dentro de mil casas que caben nunha casa... Que casa é? A casa na que se le. CÁNDIDO PAZÓ
Botarlles a culpa aos nenos se non aman a lectura, ademais de fácil, é comodísimo, porque serve para tapar as culpas propias. G IANNI RODARI
O do libro nunca serĂĄ o mellor negocio para o mundo dos negocios, pero ĂŠ o mellor negocio para o mundo. MANUEL RIVAS
Abonda a voz dun narrador, cun feixe de ilustraci贸ns unidas por un f铆o condutor, coa recomendaci贸n devota dunha obra ou, especialmente, coa lectura dun bo libro, para que unha persoa inicie o seu itinerario lector. P EP MOLIST
Por que a humanidade le despois de tantos séculos? Acaso non se pode vivir sen ler? Volve agromar na miña lembranza aquela velliña, a señora Aurora, que lía no cristal das augas, nas tatuaxes do tempo, no madurar das uvas, nos silencios, nas miradas... pero non era quen de descifrar os códigos escritos... Ela sentada nunha vella cadeira; eu, sobre aquela colcha lila de faisáns dourados que cubría a súa cama mentres lle lía unha e outra vez –ata que a aprendía de memoria— a carta do seu fillo, que ela sacara de rentes ao corazón. Logo quedaba a soas mirándoa con ollos prendidos de luz, lendo sen saber ler, nunha liberdade máis íntima e a min antollábaseme adiviñar non seus xestos «agárdote aquí, trasnoitando o meu soño». A señora Aurora influíu en que nunca tivese que me preguntar: Por que ler? FINA CASALDERREY
O tempo para ler é sempre tempo roubado. A lectura non forma parte da organización do tempo social; é, como o amor, unha maneira de ser. A cuestión non consiste en saber se teño tempo de ler ou non, senón se eu me permito ou non, a felicidade de ser lector. DANIEL P ENNAC
Nunca o falei cos meus fillos; pero, desde que eran moi pequenos, víronme, como eu a meu pai, detrás dun libro. Mesmo lles daba de mamar lendo. Se cadra, por iso len. Porque é importante ver ler para afeccionarse á lectura. Non só porque as afeccións se transmiten, senón porque cando un neno ve ler aos seus pais, talvez pense que, cando el aprenda a facelo, tamén lerá moito e será tan maior e saberá tantas cousas coma eles. Eu críao así. LOLO RICO
Ti sabes que sempre digo que contar un conto é o máis sublime acto de amor que se pode ofrecer a un ser querido. XABIER P. D O CAMPO
A lectura require iniciación, o compromiso dun adulto, e non me refiro unicamente ás persoas que teñen o ensino como oficio, senón a quen de xeito distinto actúan como instrutores ou acompañantes do neno que medra. J UAN MATA
A lectura ĂŠ a ximnasia do eu, da identidade persoal... A lectura respecta a nosa intelixencia e integridade, e lendo respectĂĄmonos. S USO
DE
TORO
Escr铆bese en soidade, lese en soidade e, malia todo, o acto da lectura permite unha comunicaci贸n profunda entre os seres humanos. PAUL AUSTER
Ensinade a ler, por favor, ensinade a ler nos libros, no vento, nos charcos dun dĂa de chuvia, no bosque e na luz, ensinade a ler, prĂŠgovolo, para que ninguĂŠn medre ata a idade da avaricia e o desamor. J UAN FARIAS
Fóra chovía e o vento ouleaba que metía medo. Os dous nenos acaroáronse xunta o seu avó. Este abriu o libro e comezou a ler. Había un camiño e un bosque. Había unha nena e un lobo... Ou sería un lobo e os cabritiños? Ou o lobo e os tres porquiños? Ou sería a bela adormecida do bosque? Ou sería o fillo do pobre muiñeiro e o gato con botas? Ou sería o raposo ou o demo dos cornos? Ou sería a nena cincenta e a fada madriña? Sería, sería, que, despois daquela, houbo moitas outras noites de chuvia e vento. Dentro, os nenos, os libros, a voz do avó. E xa nin chovía nin vento había. Os dous nenos durmían. M IGUEL VÁZQUEZ FREIRE
Conforme vas lendo, vas medrando. MARCIAL
Cando a nena chegou da escola foi correndo ata onde o pai agardaba por ela para xantar. Mirouno cos seus ollos grandes e fíxolle a pregunta que a afogaba: —Papá… os dragóns existen de verdade? O pai sorriu e, sen dicir palabra, foi buscar un libro. Abriuno coma quen descobre un misterio e, diante dos ollos da nena, apareceu un dragón branco atrapado nunha tea de araña. —Sen dragóns, esta historia non tería acontecido –dixo o pai. Ao acabar de ler o libro, a nena non podía imaxinar nada máis terrible que aquela historia nunca tivese acontecido. E os dragóns existiron de verdade, polo menos para ela. PAULA CARBALLEIRA
Tiven que ler unha gran cantidade de libros extraordinarios, excelentes, apaixonantes, emocionantes, moi bos, bos, mediocres, malos e perversos para me decatar de que, a pesar de todo, os libros non amosan o cami単o da felicidade. Os libros son a felicidade. P EP ALBANELL
Un libro ten cor, forma, tamaño, peso e está composto de partes varias e diversas. Coma o corpo. Pero un libro non é un organismo vivo autónomo. Soamente cobra vida grazas ao lector que lle toma a temperatura paxinal e, en moitas ocasións, é o propio libro quen lla toma ao lector, medíndolle a súa calor mental, creativa, sentimental e ideolóxica. VÍCTOR MORENO
Hai un dito árabe que di que un libro é coma un xardín que se leva no peto. Pois moi ben, deámoslles aos rapaces iso, sementemos nos seus petos vizosos xardíns cheos de matogueiras e silveiras nos que teñan que rozar e sachar arreo. MARCOS S. CALVEIRO
Nunca escribo o meu nome nos libros que merco ata que non os lin, porque s贸 daquela podo dicir que son meus. CARLO D OSSI
Un dos recordos máis felices da miña infancia é de cando o meu pai nos metía a meu irmán e mais a min na súa cama, nas mañás dos domingos, e nos recitaba aquilo de «Con diez cañones por banda, viento en popa a toda vela», acenando coma un capitán corsario. Cando anos despois cheguei á escola e o profesor explicounos que aquel texto que viña no libro era de Espronceda, a piques estiven de me levantar e dicirlle: «Non é verdade. Iso escribiuno o meu pai». As primeiras historias, as primeiras páxinas, o debuxo das primeiras letras, coma os primeiros bicos e os primeiros amores, non se esquecen nunca, acompáñannos logo para sempre. VÍCTOR FREIXANES
Ler é o instrumento imprescindible sen o que é imposible aprender. ROGER C HARTIER
A medida da lectura non debe ser o n煤mero de libros lidos, sen贸n a do estado en que nos deixan. GABRIEL ZAID
Cando leo saio do meu corpo, viaxo polos mundos, vivo as vidas doutras persoas. A miña mente faise grande, o meu corazón anchea, os meus ollos cambian de cor, as miñas orellas entenden todos os idiomas. As palabras son foguetes que estoupan diante miña creando universos. Pola lectura sei que hai outras vidas, únome a outras persoas, fago cadeas de esperanza. Porque todas as cousas boas que pasan, primeiro houbo que imaxinalas nos libros. Porque cando leo sei que estou viva, e que outras persoas están vivas coma min, buscando mundos mellores nos mundos das palabras. MARÍA REIMÓNDEZ
Esta mañá trouxéchesme o teu libro. Aínda medio durmido, os teus olliños escuros resistíanse a abrirse e camiñabas, como adoitas facelo, torcendo as pernas que semella que vas caer en calquera momento. Trouxéchesme un libro con moitas imaxes. ROBERTO COTRONEO
Un libro aberto é un corazón que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora. P ROVERBIO H INDÚ
¿Cantos nenos se achegan ás librarías, sós ou cos seus pais, para mercaren algún libro? ¿E en galego? Case mellor non pensalo. Por iso hai que celebrar as actividades desenvolvidas por clubs de lectura e grupos que funcionan polo país. Situado no Val Miñor, Espazo Lectura é un bo exemplo do que se pode facer cando as ideas e os obxectivos son claros e as persoas saben o que queren. Espazo Lectura é unha asociación modélica, xeradora de iniciativas vivas e ambiciosas que teñen que ver coa promoción da lectura como referente de benestar social. ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Lía atentamente, xuntando as sílabas, marmurándoas a media voz coma se as padalease, e ao ter dominada a palabra enteira repetíaa dun golpe. Logo facía o mesmo coa frase completa, e dese xeito apropiábase dos sentimentos e ideas plasmados nas páxinas. Cando unha pasaxe lle agradaba especialmente, repetíaa moitas veces, todas as que estimase precisas para descubrir que fermosa podía ser tamén a linguaxe hu mana. LUÍS
S EPÚLVEDA
Ler ĂŠ viaxar por un mesmo. J UAN G ELMAN
Os libros e a lectura son un dos medidores máis importantes de progreso e desenvolvemento das sociedades, comezando polas comunidades locais. Unha sociedade lectora é unha sociedade capaz. Promover o libro é tamén defender a música, o diálogo, as artes plásticas, a curiosidade científica, a investigación, a poesía, a innovación, a iniciativa empresarial, o teatro, o gusto e a sensibilidade, a protección do medio ambiente e, en definitiva, a creación dun mundo mellor. FRAN ALONSO
Os bos contos son coma os virus: espรกllanse con facilidade e mesmo poden ser incriblemente contaxiosos. JOSTEIN GAARDER
Ás veces lemos coma se os libros fosen un espello que nos retorna a nosa imaxe e outras veces lemos coma se fosen unha cova que nos dá acubillo. XELÍS
DE
TORO
Os libros son un pracer sagrado. MONTAIGNE
Ler e animar a ler implica paixรณn. E implica obviamente ler. Se non lemos dificilmente poderemos animar a ler. Se non nos apaixona a lectura, dificilmente lograremos apaixonar aos demais. Sรณ o que sente a paixรณn, apaixona. A paixรณn, malia todas as modas en contra, segue a contar con moitos adeptos/as. XOSร A. N EIRA C RUZ
Vivir sen ler ĂŠ perigoso, porque obriga a conformarse coa vida. M. HOUELLEBECQ
Hai dúas cousas fundamentais para interesar os nenos na lectura: curiosidade e exemplo. É fundamental que o adulto mostre interese. Na casa onde medrei, un dos cuartos transformárase en biblioteca. Meu pai era xornalista e miña nai, unha lectora voraz. O libro estaba sempre presente cando lles prestabamos atención a eles, e daquela, só podía ser algo moi bo. ANA MARIA MACHADO
Non é certo. Esa bebida enerxética que anuncian con debuxos animados non dá ás. A lectura, si; dános ás para viaxar, para coñecer outros mundos. Pode substituír a viaxe que non facemos por falta de tempo ou de cartos, ou pode facer posible que viaxemos a máis dun sitio ao mesmo tempo: alí onde imos de vacacións e alá onde nos leve o libro que estamos a ler. Lemos porque non queremos contentarnos con vivir só unha vida, como o resto dos animais. Queremos que nos conten contos ou lemos porque desexamos vivir outras vidas mentres gozamos da nosa. E escribimos. E temos ás. XAVIER LÓPEZ RODRÍGUEZ
A lectura é o único que pode ofrecerlles a aqueles que senten que unha soa vida non lles abonda unha oportunidade de vivir máis alá, de multiplicar as experiencias e, no peor dos casos, contar cunha alternativa cando a vida nos dá as costas. NAJWAN DARWISH
Un libro pode informar, convencer, emocionar, consolar, liberar, deleitar, desacougar, desesperar... Xa que logo, p贸dese sa铆r dun libro completamente transformado. EQUIPO P EONZA
O gusto pola lectura non nace de calquera maneira. Por iso ĂŠ necesario espertar no neno o gusto pola lectura para que se afaga a ler. XULIO COBAS B RENLLA
Lemos para entender, ou para comezar a entender. Non temos máis remedio que ler. Ler, case tanto como respirar, é a nosa función esencial. ALBERTO MANGUEL
As persoas precisan en primeiro lugar, coma quen bebe auga, beber soños. ÁLVARO C UNQUEIRO
O libro é un océano: non se le, navégase. JOHN B ERGER
Noite na biblioteca
A noite do sábado 21 de xuño, o mesmo día que comeza o verán, a biblioteca de Gondomar non quixo ficar en silencio. Dúas ducias de nenos e nenas con pixama ávidos de palabras e contos enchérona de murmurios e gargalladas. Tratábase da primeira noite na biblioteca, unha iniciativa pioneira en Galicia organizada por Espazo Lectura para nenos de entre 6 e 11 anos. Coa caída da noitiña chegaron os cepillos de dentes, os contacontos, o teatro, o recital de poesía e música, as cubertas dos libros enriba das colchonetas e as lanternas nos sacos para devorar historias. Toda unha marea de vagalumes a alumear os estantes dos libros mudos. Logo, co mencer, espreguizaron os xogos de pistas, os tesouros de moedas de chocolate e os biscoitos do almorzo. No medio, por suposto, pouco sono e moitos soños. Porque así son os libros, unha experiencia íntima que pode ser compartida, como todas as ilusións. ROSA ANEIROS
É necesario mudar a actitude mesma dos bibliotecarios. É necesario que na súa formación se inclúa a construción do lector. Ningunha técnica, ningún sistema estandarizado de catalogación, nada reempraza o saber sobre os libros que acumula e pode compartir quen os leu e amou. M EMPO G IARDINELLI
Se hai tantos lectores que lean pola noite, se ler é a miúdo un acto de escuridade, non é soamente porque hai niso un sentimento de culpa: deste xeito créase un espazo para a intimidade, un xardín protexido das miradas. Lese sobre as marxes, as ribeiras da vida, nos lindeiros do mundo. Se cadra non hai que desexar que se faga a luz nese xardín. Deixémoslle á lectura, como ao amor, conservar a súa parte de escuridade. M ICHÈLE P ETIT
Onde hai unha biblioteca hai unha luz que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar. Un mundo máis solidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senón as palabras múltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta. AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Apagar a luz e comezar a ler ao escintileo das lanternas contos de medo cos nenos é animación á lectura, organizar cursos de calceta para que entren na biblioteca persoas que doutro xeito non o farían é animación á lectura, contar contos pola noite á calor dunha queimada é animación á lectura, converter a biblioteca en restaurante e ofrecerlles aos usuarios manxares literarios é animación á lectura. B LANCA CALVO
A biblioteca como espazo para o amor, que alimenta coma o pan que lles damos, e o leite. A biblioteca como espazo de encontro consigo mesmo e co Outro, co diferente e co semellante, co vello e co máis recente e novidoso. Cando lles aprendemos aos máis novos a acudir á biblioteca (á nosa, a familiar, á do colexio, á do barrio), cando lles axudamos a elixir entre o moito que hai para ler, cando os acompañamos polos camiños das palabras, estamos a ofrecerlles un obxecto único: o poder da persoa que le. Acompañalos é tamén un agasallo para nós, para os adultos, sempre que nos deixemos contaxiar da maxia das palabras e nos permitamos entrar no mundo no que todo é posible, onde hai historias agochadas que tamén nos falan de nós e nos axudan, se as deixamos, a ordenar as pezas deste crebacabezas no que se nos vai mudando pouco a pouco a vida. C RISTINA NOVOA
A noite, silenciosa e secreta, pode chegar a ser, para a lectura, unha constelaci贸n tan fermosa como a das estrelas no firmamento. XAVIER S EOANE
A lectura engaioloume desde as primeiras liñas. O autor tiña un estilo suxestivo, insinuante, que levaba a paz ao espírito. P ERE CALDERS
Kristin líame contos do xigante Bam-Bam e da fada Viribunda e facía vibrar a miña alma dun xeito que aínda hoxe noto algo diso. O milagre produciuse nunha cociña pequena e pobre, que xa non existe, pero desde aquel día non hai outra cociña para min en todo o mundo. A STRID LINDGREN
Un libro é coma un xardín. P ROVERBIO
ÁRABE
A lectura da noite é, de seu, un ritual que se debe respectar. (...) Sabemos canto reduce a angustia poñer palabras ao que vivimos e compartir esas palabras. G ENEVIÈVE PATTE
Ler xa non é só comprender as liñas ou o que hai detrás, senón poder atopar o que interese no océano enlamado que é a rede... Sen dúbida trátase dunha das habilidades máis transcendentais que esixe a nova sociedade da información. DANIEL CASSANY
Mira se será importante a lectura que cando apareceu a escrita a Prehistoria transformouse en Historia. Mira se será importante que temos unha intelixencia verbal e pensamos con palabras. Mira se será importante que desde que espertamos na mañá ata que pechamos os ollos na noite imos atopando textos, por todas partes, en forma de mensaxes que debemos descifrar. Mira se será importante que lemos para informarnos, para aprender e para emocionarnos coas historias e cos versos. O noso é un mundo de palabras. P ILAR SAMPEDRO
A lectura fai humanidade, na medida en que lle di algo ao lector sobre a súa existencia e sobre o que hai de verdadeiramente único e irrepetible na condición humana. A lectura permite a aprendizaxe do exercicio da responsabilidade, porque o diálogo entre o lector e un texto reclama unha postura de asentimento ou de discordancia que implica e compromete. JOÃO MANUEL RIBEIRO
Entender a lectura como un proceso global e complexo determinou que a promoci贸n da lectura sexa o eixe vertebrador dos nosos servizos e da nosa organizaci贸n bibliotecaria, e non unicamente un servizo m谩is centrado na oferta dun conxunto de actividades ou propostas l煤dicas. I SABEL B LANCO
Levantou os ollos: «¿Queres que che lea, meu ben? ¿As Fadas?» Eu preguntaba, incrédulo: «¿As Fadas están aí dentro?» J EAN PAUL SARTRE
A literatura ten vocación de subversión, de contar mundos alternativos, de que saiamos das nosas vidas que vivimos como podemos e de darnos liberdade. Ese é, para min, o único sentido da literatura… Porque ler fainos moi libres. TERESA MOURE
Le coma se fose unha cuestión de vida ou morte, porque a lectura é o mellor regalo do ser humano. Ten en conta que de todos os seres vivos, o ser humano é o único que le. SÁNDOR MARAI
Os auténticos lectores e lectoras non se fan á forza, senón que é necesario actuar a través de comportamentos educativos estimulantes onde o libro deixe de ser unha peza de uso restrinxido só a tarefas escolares e de avaliación. MARÍA LUZ CORRAL
S贸 se pode ler para iluminarse a un mesmo. HAROLD B LOOM
Esta gozosa noite gondomareña puxo de relevo que é posible transformar a biblioteca pública no fogar primeiro das palabras e dos libros. Unha biblioteca que é casa primeira dos libros; lareira da actividade lectora realizada sobre os diversos soportes (dende os impresos aos dixitais ofrecidos nas pantallas); sollado privilexiado para visibilizar aos autores e autoras e para compartir cos lectores e lectoras a súa creación; adro de encontro interxeracional dos clubs de lectura… Como demostra esta experiencia de Espazo Lectura é posible mergullar dentro das instalacións e actividades da biblioteca a ledicia argallada polo balbordo entusiasta dos picariños co acougo proporcionado polos textos impresos, xa que é, en definitiva, o espazo especializado para compartir a lectura e a vida. MANUEL B RAGADO
As referencias das citas Günter Grass, «Literatura e Historia», El País, 23/10/1999 Gianni Rodari, La escuela de la fantasía, Editorial Popular, 2003 Manuel Rivas, «Por que somos os penúltimos?», El País, suplemento Luces, 30/03/2007 Pep Molist, Dentro del espejo, Graó, 2008 Daniel Pennac, Como unha novela, Xerais, 1993 Lolo Rico, Como hacer que tus hijos lean, Alfaguara, 2003 Xabier P. DoCampo, Catro cartas, Anaya, 2000 Juan Mata, Como mirar a la luna, Graó, 2004 Suso de Toro, Extracto do pregón pronunciado na Feira Libro da Coruña, 2007 Paul Auster, citado en El rumor de la lectura, Equipo Peonza, Anaya, 2001 Juan Farias, Hablemos de leer, Anaya, 2002 Marcial, Epigramas Pep Albanell, Hablemos de leer, Anaya, 2002 Víctor Moreno, Leer con los cinco sentidos, Pamiela, 2004 Marcos S. Calveiro, «Por que menten os pais?», Xornal de Galicia, 31/01/2009 Carlo Dossi, Note azzurre, Adelphi, 1964 (póstumo) Víctor Freixanes, «Primeiros bicos», La Voz de Galicia, 07/12/2008 Roger Chartier, «Aprender a leer, leer para aprender», La lectura en España, FGSR/FGEE, 2008 Gabriel Zaid, Los demasiados libros, Anagrama, 1996 Roberto Cotroneo, Si una mañana de verano un niño, Mondadori, 1999 Antonio García Teijeiro, «Espazo Lectura», A Nosa Terra, 25/09/2008 Luis Sepúlveda, Un viejo que leía novelas de amor, Tusquets, 1989 Juan Gelman, Discurso pronunciado no Foro Víctor Hugo Rascón Banda¸ Feria del Libro del Zócalo, México, 2008 Fran Alonso, «O libro», A Nosa Terra, 18-24 de setembro de 2008 Jostein Gaarder, Conferencia no 28° Congreso de IBBY, Basilea, 29 set/3 out 2002 Xelís de Toro, A Nosa Terra, 22/12/2008 Montaigne, Ensaios
Xosé A. Neira Cruz, «Ler e animar a ler: retos á paixón», Interea Visual 09, Deputación da Coruña, 2006 M. Houellebecq, Las partículas elementales, Anagrama, 1999 Ana María Machado, Entrevista de Priscila Ramalho, Fala Mestre!, Edição 145, set/2001 Najwan Darwish, Palabras por la lectura, Consejería de Cultura de Castilla-La Mancha, 2007 Equipo Peonza, El rumor de la lectura, Anaya, 2001 Xulio Cobas Brenlla, A voltas coa literatura pra nenos, Ediciós do Castro, 1982 Alberto Manguel, Una historia de la lectura, Alianza Editorial, 1998 Álvaro Cunqueiro, «Imaginación y creación», Grial num. 2, outubro/novembro/decembro, 1963 John Berger, Palabras por la lectura, Consejería de Cultura de Castilla-La Mancha, 2007 Rosa Aneiros, El Progreso, Diario de Pontevedra e Galicia Hoxe, 25 e 26 de xuño de 2008 Mempo Giardinelli, Volver a leer, Edhasa, 2006 Michèle Petit, entrevista, Imaginaria, Lecturas, num. 23, 19/04/2000 Agustín Fernández Paz, Fragmento do pregón no Día das Bibliotecas 2008 Blanca Calvo, Educación y Biblioteca, ano 11, num, 100, abril de 1999 Xavier Seoane, Atravesar o espello, Xerais, 1999 Pere Calders, «El sistema Robert Hein», Pasión de papel, Páginas de Espuma, 2007 Astrid Lindgren, Mi mundo perdido, Juventud, 1985 Geneviève Patte, Palabras por la lectura, Consejería de Cultura de Castilla-La Mancha, 2007 Daniel Cassany, Tras las líneas, Anagrama, 2006 João Manuel Ribeiro, «A leitura, princípio de racionalidade e liberdade», Gulbenkian, Congresso Int. Promoção Leitura, 2009 Isabel Blanco, Mesa redonda: «La lectura, prioridad educativa: leer y escribir en la era digital», Madrid, 18/11/2008 Jean Paul Sartre, As palabras, Ed. La Voz de Galicia, 2005 Teresa Moure, entrevista, Praza das Letras, 9/05/2007 Sándor Marai, Herbario, Rinoceronte, 2006 María Luz Corral, Grial num. 173, xaneiro, febreiro, marzo de 2007 Harold Bloom, Como leer y por qué, Anagrama, 2005 Manuel Bragado, «Noite na biblioteca», Faro de Vigo, 29/06/2008 Foron pedidos ex profeso os textos de: Cándido Pazó, Fina Casalderrey, Miguel Vázquez Freire, Paula Carballeira, María Reimóndez, Xavier López Rodríguez, Cristina Novoa, Pilar Sampedro