www.faximil.com
O Porriño-Mos
O TranVía ATOPAR
O TranVía NAS SEGUINTES
PARADAS NO PORRINO AUTOSERVICIO MILAGROS (Budiño-Ciuz) BAR ALONSO (Chenlo) BAR ANTONIO (Pontellas) BARBAIXOAS (Budiño-Cerquido) BAR FERNANDEZ (A Guía, Atios) BAR AliosLA LAGUNA (Budiño-Orbenlle) BAR MIRAFLOR (Noval, Torneiros) BAZAR A PEDRA (Budiño-Picouzo) CASA BUGARIN (Pontellas) GASOLINEIRA DE A GUÍA (A Guía, Atios) LIBRERÍA MEIGA (Rúa Pío XII) MERCA PAZ (Rúa Pío XII) MESON MOSENDE (Mosende) QUIOSCO COCHERAS (Rúa Antonio Palacios) QUIOSCO LOURAMBAL (Torneiros) QUIOSCO MANUEL GONZÁLEZ (Praza de San Sebastián) QUIOSCO MUCHA (Pra/a do Concello) QUIOSCO PINTOS (Rúa Ramón González) QUIOSCO REGALIZ (Pra/.a do Cristo)
AA. VV. de PEREIRAS (Pereiras) ALIMENTACION CELIA (Casal 149, Tameiga) BAR ATALLO (Mos) BAR ANICETO (A Florida) BARCASACAMBEIRO (Igrexa, Ccla) BAR CASA CELSO (Pedraucha, Petelos) BAR CASA CHONI (Cotiño 49, Dornelas) BAR CASA ELISARDO (Igrexa. Petelos) BAR FERRADURA (A Florida) BAR CASA GALLARDO (Puxeiros 52, Tameiga) BAR CASA IGLESIAS (Torroso) BAR CASA PEDRARES (Sanguiñeda) BAR CASA REINA (Balteiro, Petelos) BARCASASÁNCHEZ (A Rans, Tameiga) BARCASATINO (Pedraucha, Petelos) BAR LLOGO (San Cosme, Cela) BAR O XEITO (Igrexa, Pereiras) CAFETERIA FOKKER (Peinador) CASA BENIGNO (Bosende, Igrexa 145, Tameiga) CASA DELFINA B. S. CRISTOBAÜ (Pombal 29-Louredo) CENTRO S. AS PEDRIÑAS (Monte do Rebullón, Tameiga) FERRETERÍA ROYMA (A Igrexa. Tamciga) QUIOSCO LIBRERÍA TRILLO (A Capela, Petelos) SUPERMERCADO VICTOR (Prrcirnsl
2
PRESIDENTA Uxía Senlle REDACCION Laureano Campo, Marta Rodal, Manuel Besada, Miguel Montenegro, Modesto Xiráldez, Xosé Vidal, Rubén Loureiro, Xosé M. Iglesias, Xosé M. Míguez, Raul Francés,Chus Domínguez X. Paz Antón, Uxía Senlle, Susana Martínez, Salvador Sio INFORMACION PARROQUIAL Lucho, Felín, Benito, Manolo da Quinta, Ricardo, F. Xabier Fontaíñ; COLABORAN NESTE NUMERO: Antón Reixa, Carlos Díaz X. Miguel González, Raúl Francés Valverde, Marita Ocampo, Cuquín ASESORAMENTO LINGUISTICO: Paz Femández, X. M. Míguez MAQUETACION E DESEÑO: Manuel Besada, X.Paz Antón FOTOGRAFIAS ANTIGAS: Modesto Giráldez, Pepe Vidal FOTOGRAFIAS: Chus Senlle, Manuel Sfo ADMINISTRACION: Aurora Gómez, Francisco Quintas
Depósito legal: VG-169-92 Impresión: Imprenta Paz
As opinións emitidas en O TranVía son da exclusiva responsabilidade dos firmantes
www.faximil.com
EN MOS
PODES
Revista trimestral do Val da Louriña editada por Tranvía Colectivo. Apartado de Correos 136 O Porriño
() IWiiio-Mos
THE IAMWAY
é molto pericoloso
ím __ 0 Porriño-Mos
SUMARIO *Por Gwia Von Góngora
Fragmentos do guión literario dun filmede acción e costumes. Atarde. Tódalas vacas da contorna están pastando e accidentalmente e todas ó mesmo tempo comen plantas de estramonio. As vacas póñense dos nervos. Simultaneamente estoupan tódolos barrenos das canteiras de Budiño. Sábado noite. Case todos cean churrasco de can (o porco é un atraso) e póñense mo¡ agresivos. Esta noite ha¡ o que se di moita "juventú" que ateiga as macrodiscotecas. Pola estrada de Madrid pasan veloces os camións do peixe que van "á fecha". Van e veñen portugueses que non son chicanos de espaldas molladas. Hai trapicheos detrás da gasolineira. Dous coches rózanse ó sair da macrodiscoteca e ha¡ unha pelexa: polo aire voan as polizas de seguros de danos a terceiros. Despois amañece. Calma de domingo, outono, etc. O asfalto está negro e radiante. As silveiras xeadas. Un campeón de ciclismo entrena solitario pola estrada de Madrid. É unha vila fronteiriza que non se chama Porriño. Chámase Porriño-Texas.
Ser ou non ser... de Mos. Ha¡ vigueses de Mos. Choqueiros de MosPorriñeses de Mose Moscovitas de Mos. Vila dormitorio de Vigo. Oportunidade. Chalets adosados e solares a tropecentas mil a dous minutos de Vigo. Circuitos de asfalto.. Autovía Vigo-Porriño. AutopistaVigoFronteira portuguesa. Desvíos por onde ti queiras. Alcalde tamén de Vigo e nós a miralas vir. Espectadores, en fin, da masa veciña. Aeroporto de Vigo. Universidade de Vigo. Macrodiscoteca do Porriño. ¡Paraiso fiscal! Pazo en ruinas. Véndese pazo. Tamén as pistas de tenis teñen hora para os de fora ¡Planta asfáltica! ¡Medio ambiente! Circuitos de asfalto. ¡Gas a tope!. Coches a esgalla. Desvíoprovisional, estradacortada.Tamén, porque non, viaductos, jás polo aire. Ser ou non ser... de Mose mirarnos dende dentro, dentro dunha carreira asfáltica, dentro dunha, planta asfáltica. Un pastel a repartirde sabor asfálticofeito de maneira práctica.¿Será ou non será... o lixo para Mos? Moraleja: Mos non ten recollida polo tanto non fa¡ merda.
3
3. 4. 10.
Editorial Historia do futbol local Perfís: Pasado e presente dun patrimonio cultural as ermidas de Mos. 12 . Parroquias: O Porríño 14. Parroquias: Mos Ecoloxía: 15. Un descenso polo rio Louro (II parte). 19. Divertimento sobre Blancoamor Política: 20. O Porriño e Mos 22. VERITAS: algo máis que un clube deportivo 24. 1878: O ferrocarríl atravesa o Val da Louriña... 27. Entrevista a Maríta Ocampo 30. Anécdotas do Entroido 31. Hemeroteca 1890 32.. Pé de Foto
www.faximil.com
*Por Antón Reixa
do
Futbol
Porriño é unha vila dunha vella e arraigada tradición futbolística. Durante o transcurso dos anos son moitos os equipos que existiron na nosa localidade. Uns constituían basicamente un equipo dun grupo de amigos, outros eran representación dun determinado barrio e finalmente houbo os que dun xeito máis ou menos oficial constituiron un Club participando en competicións. É hoxe a nosa intención facer un breve repaso polo decorrer daqueles anos conscientes iso si de que involuntariamente ou por descoñecemento, serán moitas as persoas e non poucos os datos que omitamos. Vaia por diante as nosas desculpas. O LICEO ARTÍSTICO DEPORTIVO DO PORRIÑO
Do Regulamento da Sociedad Liceo Artístico Deportivo do Porriño, con data do 5 de abril de 1905, da que era Presidente Antonio González e Secretario Manuel Pérez Besada, reproducimos textualmente: Artículo 1q. O "Liceo Artístico Deportivo", cuxo domicilio está na rúa Gabino Bugallal número 14, ten como obxeto establecer un centro de reunión e deportes en especialidade o do football, que proporcione aos socios recreos e entretenementos admitidos en boa sociedade. Artículo 22. Poden pertencer a esta os individuos maioresde 16 anos, cuxas
circunstanciasllespermitanalternarcon persoas honradas e decentes. Artículo 125. Crearase unha secciór, de deportes á que so poderán pertencer os socios que a xuicio da Xunta Directiva reunan condicións para poder figurar en dita Sección. Artículo 13-. Será nombrado para a maior organización da mesma un membro da Xunta Directiva para que xunto co Capitán do equipo poda concertar machts, dentro ou fóra da vila, para o que poderá dispor dacordo coa Xunta Directiva da cantidade de cincuenta pesetas para gastos de materiais, viaxes, imprevistos, dando conta de ditos gastos na primeira Xunta xeral que se celebre. Coa reforma do Regulamento o 2 de decembro de 1924, sendo presidente José Miranda e secretario Antonio Fernández, suprimiuse a condición deportiva da Sociedade pasando a denominarse só "Liceo Artístico", e aumentando a idade dos socios a 18 anos. CAMPO DE LOURAMBAL Xa que por aqueles anos formouse o campo de futbol parécenos moi probable que a súa denominación proveña da fusión de Louro and ball, aínda que hai tamén quen se inclina a pensar que pode ser unha conxugación de Louro e Valo en referencia á Ponte do Valo. O peche do recinto fíxose por doación de D. Ramón González "Cobas", coa colaboración dun nutrido grupo de persoas,
4
na súa maior parte traballadores da Avícola entre os que estaban Santiago Gilsanz, Aureliano Santos, Emilio Suáres "o Muiñeiro", Leocadio Lourido e outros. "ADELANT, S.C." Aló polos anos 1924-25, había un equipo que presidía Jesús Costas. Os seus adversarios directos eran o Fortuna de Vigo, o Atlético de Pontevedra,o Racing de Tui, etc. De entre os seus compoñentes lémbrase aos porteiros Paradita e Macaya, a Cabaleiro, Pepe Giráldez, Amador Giráldez, Laureano Cabaleiro, Ceferino Míguez que foialcaldedo Porriño, ModestoTe-rreiriño", e sobre de todos a Manuel Sito un gran extremo dereito que despois xogaría no Celta de Vigo. "COMERCIAL, S.C." Polos anos 1928-29, había un equipo que presidía Leocadio Lourido xunto con Emilio Suárez "o Muiñeiro". Deste equioo garda vellos e entrañables recordos Jesús Rey, popular e cariñosamente coñecido por "Rabicho", hoxe entusiasta e asiduo seguidordo equipo local e a quen se lle encenden os ollos cando nos fala do seu fugaz paso polo Celta aló polo ano 1935 e as súas viaxes co equipo celeste a Irúne Gijón. Xogaron neste equipo Enrique Campos, gran defensa e anos máis tarde gran entrenador de futbol, San-
www.faximil.com
o
'Por Carlos Díaz
O Zeltia Deportivo Porriño no campo do Vallecas o 21.6.1959 na final do Campeonato de España de afeccionados. De pé, de esquerda a dereita: J. Alonso (entrenador), Villar, Benbarek, Daniel, Rique, Chudes, Pedrera e Piño. Agachados: Rubines, Villa, Cholo, Tato, Luis e Barrabit.
SOCIEDADE DEPORTIVA PORRIÑOF.C. Perodun xeito máis oficial e segundo consta nos arquivos da Federación Galega de Futbol, foi no ano 1932 cando un grupo composto por Juan Domínguez Rey "Pichela", Enrique del Campo, os irmáns Leocadio e Antonio Lourido Bermúdez e Jesús Areal González fundaron o Porriño F.C. e aosque precisamente o actual Porriño Industrial descubriu unha placa na súa homenaxe dentro das instalacións do campode Lourambal. Con data 15 de febreiro de 1933 foron presentados os Estatutos na Federaáón Galega de Futbol, fixando o domiciliosocialna rúa Servando Ramilo n911. Os socios de número pagaban noventa céntimos ao mes e eran protectores todos aqueles que pagaran unha cantidade supeñor a tres pesetas ao mes. No apartado que corresponde aos xogadores, no artículo 29 di textual-
mente "se durante un partido un xogador estivese actuando con apatía podendo comprometer o trunfo do seu equipo, será chamado á orde polo Capitán e se non obedecese será expulsado do campo, sen perxuicio do castigo que despois se lle impoña pola súa falta". A Xunta Directiva compoñíana: Leocadio Lourido Bermúdez (Presidente), Juan Domínguez Rey (Vicepdte.), Enrique del Campo (Secretario), Laureano Pérez (Vice-secretario), Jesús Fernández Castro (Contador) e Antonio Lourido Bermúdez (Depositario). Este equipo proclamaríase campeón da serie "B" en 1933, e nunha fotograf ía que nos cedeu Javier Lourido, vemos que estaba formado Pepe Pintos de porteiro, con Carmelo, Toñito Campos, Pirulo, Gabino Pexegueiro, Manolo Carracho, Pepe de Chorras, Enrique Campos, Saturno, Emilio da Pascuilla, Ramón de Pardellas, acompañados por Leocadio Lourido e Darío Varela. É sen dúbida ningunha o documento máis antigo que puidemos conseguir. No ano 1933, o plantel compúñano: Roque e Groba (porteiros). Jota, Carmelo, Saturno e Coto (defensas). Meana (Peti), Del Campo II, Carracho e Telmo (medios). Gabino, Tomasito, Del Campo (Enrique), Pirolo e Emilio (dianteiros). Tras a obrigada paréntese da guerra civil,despoisdoano1939,re¡n¡c¡áronse as actividades futbolísticas na vila. Lourambal que durante a guerra servira
5
de improvisado recinto feiral onde se metíaogando que máis tarde sacrificado no Matadeiro enviábase ao frente, perdera ata as porterías. Coméntanos Honorato Vieito. ~ -\ que xunto con Barril, Sío Raposeira, Abuelo, Casiano de Trina (o máis xove do grupo marcaba o campo, coidaba o material, estaba sempre disposto para o que fixera falta...) foron ao monte propiedade da Vda. de Pío Domínguez en busca duns pinos cos que se armaron as porterías. Era un xoves e ao día seguinte volveran a desaparecer. Houbo que avisar ao Alcalde que naquel momento era Jesús Louzán que tivo que mandar un municipalpara que lles fixera garda ata a hora do partido. No equipo so A velino Castro tivo diñeiro para mercarbotas e os demais xogaban cos zapatóns do exército. De aquí rexurdiu o que se denominaría E.D. PORRIÑO, F.C. do que sería primeiro presidente o rpopio Honorato Vieito Acuña, con Esteban Coto Maceira como secretario e Santiago Gilsanz dé la Aldea como contador ou depositario e dende entón o futbol porriñés empezou a ter gran categoría e moito renome en toda a comarca. EL ESCOLAR Polos anos 1935-36, Honorato Vieito fundou un equipo xunto con Antonio Fernández Pereiro, Catedrático de Maxisterio en Buenos Aires, e Manuel Coto Maceira. Era un equipo de rapa-
www.faximil.com
tiago Miranda, Manuel Casales "Carrachiño", Manuel Areal "Jota", e o grandeporteiroTalladasdeRedondela que máis tarde trunfaría no futbol brasileiroequefaleceuhaialgúnsdías. Había un dianteiro centro de Ponteareas que se chamaba Viana e a decir de Rey os partidos pese ao seu carácter amigable eran dunha gran rivalidade e había moita concorrencia de público.
ces que se adicaba a xogar polas parroquias. Entre outros o integraban Faneca como porteiro, Manuel Lorenzo "Rata", Moncho "Barril", Manuel Coto, Ricardo Castro, Abuelo, Antonio Fernández Pereiro e o propio Honorato que a dicir do mesmo non era precisamente o mellor do equipo. As camisetas vermellas e o pantalón azul. Con motivo do "alzamiento nacional" o phmeiro que fixeron foi queimar as camisetas. CLUB ZELTIA DEPORTIVO PORRIÑO Polosanos 1940-41 aEmpresaZeltia viña participando nos campeonatos de empresa. O equipo fundouno Juan Rascado, xefe de producción e nomeou como presidente do mesmo a Luis Rodríguez Ramos. Ao ano seguinte pola dirección da empresa nomease como presidente a Honorato Vieito quen procede a incluilo na Federación Galega de Futbol iniciando a súa andaina oficial na Serie B. Iniciábase
"...Tito de Casiano a decir dos entendidos o mellor xogador local de todolos tempos e que fora fichado polo Ourense e na súa época de xogador do Turista fíxose famoso polas "sopas de cabalo cansado" (taza de viño tinto con pan) que había que lle dar no descanso e que o facían incansable na segunda mitade." 6
www.faximil.com
Festas do Cristo 23.9.1953, partido entre o Zeltia e o Deportiva de A Coruña. Narciso co porteiro deportivista Acuña e o árbitro vigués Sr. Baldomero.
unha fructífera etapa que duraría aproximadamente 25 anos. Nunha foto de arquivo do ano 1943o equipo estaba formado por Tomás, Milito de Pascuilla, Quintana, Gabino Pexegueiro, Manolo de Jota, Pirolo, Mallorquín, Tito de Casiano a dicirdos entendidos o mellor xogador local de todolos tempos e que fora fichadopolo Ourense e na súa época de xogadordo Turista fíxose famossopolas "sopasde cabalo cansado" (taza de viño tinto con pan) que habfa que lle darno descanso e que o facían incansable na segunda metade, fíamón de Jadellas, Toñito Campos, Pardellas, Manolito del Guardia, Sío, Almeida, Ramiro, Narciso, Ricardo, Piollo, Candi e Alfredo Bautísta Alconero o popular "Rei", que dende os anos que precederon á guerra civií estivo ligado como xogador e entrenador ao futbol local e que por si só constituie unha auténtica enciclopedia na matería. Por esta época a directiva que presidía Honorato Vieito desprazouse a A Guarda a visitar a Doña Amelia Palacios, esposa do boticario Don Benito Vázquez e conseguiron alugarlle a planta que se atopa xusto enriba onde hoxe está Calzados La Palma, por un aluguer mensual de 100 pesetas. Alí dispoñerían dun magnífico local social que se dotou de mobles de secretaría, sala de xogos con mesas de ping-pong e de billar e gardarroupa. No aspecto deportivo o equipo proclamárase sub-campeón galego de afeccionados. Tras eliminar ao Turista de Vigo, cóntanos Honorato, eliminounos o Rápido de Bouzas pero Lourambal rexistrou unha entrada ata a bandeira. Ingresáronse 3.000 pesetas e o valor da entrada era de 3 pesetas. houbo que pagarlle 200 pesetas a Piollo que veu dende O Ferrol onde cumpría o servicio militar ata O Porriño. Esta recadación motivou que algúns xogadorescomoTitoCasianoePardellas quixeran cobrar primas por partidos. Atopáronse coa oposición do presidente cuns argumentos de moito peso: "dispuñamos dun magnífico local social que había que pagar; en casos de inactividade motivada por algunha lesión o Club compensaballe relixiosamente como foi o caso de Sío da Raposeira que estivo escaiolado algúns meses; cando se gaña os aplausos son para os xogadores e en cambio cando se perde os culpables son os directivos...". Ao final non houbo acordo e Honorato abandonou a presidencia. Fo¡ relevado por Jacinto Álvarez Aldir a quen seguiría máis tarde D. Nicanor Ocampo Otero con quen o equipo, cun
CAMPEON GALEGO DE AFECCIONADOS TEMPORADA
48-49 Na temporada 1948-49 o Zeltia proclamaríase campeón galego de afeccionados. Foi unha gran victoria en ACoruñagañandoao Fabril porO-3 (27 de marzo de 1949), coa seguinte aliñación: Victorino Rey (porteiro); Malaca, Neno, Caramuxo, Doval (defensas); Carlos, Oliveira (medios); Pancho, Mosquera, Cholo, Gestoso e Narciso (dianteiros). 023 de setembro de 1953, con motivo da festividade do Cristo, veu xogar oDeportivo de A Coruña, no que entón xogaban os Zubieta, Mol, Pahiño, Corcuera, oporteiroAcuña... Opartido de carácter amigable foi dirixido polo
colexiado vigués Sr. Baldomero. Ao final 5-3 para o Deportivo con goles de Narciso (2) e Chamizo para os locais. Na temporada 1954-55 integraban a xuntadirectiva: NicanorOcampoOtero (Presidente), Anibal Paz Mourelo (Vicepdte. 1°), Laureano Domínguez Rodríguez (Vice-pdte. 2 9 ), José Mosquera Muñoz (Secretario), Manuel Coto Maceira (Vice-secretario), Esteban Coto Maceira (Contador), Manuel Díaz Soto (Tesoureiro), Alfredo Bautista Alconero (Secretario técnico), Santiago Martínez Riveiro, Antonio del Campo Mayo, Enrique del Campo Mayo, Jesús Rodríguez Castro, Ramiro Gómez Alonso, José Manuel Calvo Pérez, Alfonso Rodríguez Rodríguez, Avelino Fernández Castro (vocais), e Alfredo Bautista Alconero (Rei) que se fai parte do equipo ao cesar o Dr. Roberto Rodríguez Ozores por ter sido nomeado seleccionador e preparador da Selección Nacional de Futbol Universitaria. Plantel de xogadores: Enrique Figueroa Campelo, José Luis Miguez Martínez e Roberto González Iglesias (porteiros); Francisco Suárez Rodríguez, Ursinio Márquez Estévez, Emilio Lago Martínez, Enrique Carrera Pazo "Rique", Antonio Vidal Villaverde, Antonio Pérez Carpintero "Tuco" (defensas); EdilbertoDomínguezValverde
"Berto", Santiago Fernández Rodríguez, Fernando Pereira Bastos "Herrerita", Francisco Román Vega e JoséSíoAreal(medios);JoséSaavedra Pereiro "Pete", Adolfo Villanueva Rdodríguez, Telésforo Lorenzo Gama "Foro", Manuel Rodríguez Rial "Zamorita", Albino Carrera Es-tévez, Miguel Gómez Naval, Mariano Freiría Cabaleiro e Enrique Lourido Rodríguez (dianteiros). O xogador Narciso Santos Alonso fichou polo Turista de Vigo xogando co Zeltia só algúns partidos amigables. Retornaría de novo ao Zeltia uns anos máis tarde, pasaría logo unha temporada no Gran Peña, rematando na temporada 59-60 no Juvenil de Ponteareas en Terceira División, á idade de 36 anos, sendo precisamente Rey o seu entrenador. Nesta temporada pese a quedar campeón da Zona Sur con cinco puntos de avantaxe sobre o Gran Peña teríase que conformar coa terceira praza na final do campeonato galego. Ao ano seguinte acadaríase o ascenso aTerceira División Nacional e no boletín quincenal que se repartía entre os socios do Clube recollemos: TARXETAS OBSEQUIO.- Tense visto con moita simpatía a magnífica idea das Tarxetas Obsequio que puxo á venda o Clube. Como todos sabemos
Logotipo deportivo do Zeltia basado no coñecido "trisquel", símbolo creado polos antigos celtas.
Protagonistas do futbol local lembran a súa historia deportiva acompañados do autor deste artículo.
7
www.faximil.com
gran plantel, alcanzaría os éxitos de máis fama do futbol local. Honorato lembra con moito cariño as moitas atencións que sempre lles dispensou D. Valentín Sobrini Mezquiriz, Consejero Delegado de Zeltia e cuñado de D. José Fernández López, a quen sempre había que recorrer para colocar a traballar a algún futbolista nalgunha das empresas que compoñían o grupo: oMatadeiro, Explotaciones Pecuarias, Industrias Forestais, etc.
sustituído por Viqueira desentoou".
que non
NACE O EQUIPO DE XUVENIS DO ZELTIA Na temporada 1958-59, sen dúbida ningunha a de maiores éxitos do futbol local, procedeuse a inscribir un equipo de xuvenís co nome de Zeltia F.C. Integrábano Chus, Juan Lois, Godoy, Roberto, Puente, Modesto, Tino, Ruiz, Legazpi,Guezu,Toni,Areal,JuanJosé, Sito, Luciano e Quique. O equipo incluiríase no grupo 1° de xuvenís clasificándose terceiro.
A fotografía recolle o momento no que o entrenador Alfredo Bautista, o profesor "Rey", coa súa particular enciclopedia imparte as súas ensinanzas a Mariano Freiría, Pete e Tiago. tusiastas que procederon ao regalo campo e axudado nas obras. No mesmo boletín fa¡ referencia á primeira saída da temporada con victoria en O Ferrol diante o Arsenal por 02 e nun dos seus apartados d¡: "Non queremos destacar a ningún xogador do equipo pois todos puxeron na loita un magnífico entusiasmo e moral de victoria. Nembargantes, queremos facelo con Rubines, que noseu pñmeiro partido en Terceira División demostrou unha gran rapidez e sentido do xogo, asi como o magnífico xesto de Pete que, aínda lesionado de consideración, seguiu no campo e loitou como quen máis por defender esta victoria que, nos últimos momentos puxosenos difícilporlesión de Nancio que tivo que ser retirado do campo faltando 20 minutos,
O plantel de Terceira División formábano: Villar II, Pedrera, Daniel, Rique, Barrabit I, Pete, Rubines e Narciso, como xogadores con contrato vixente da temporada anteríor. Os novos fichaxes foron: Ben Barek, Chudes e Tato do Xuvenil de Ponteareas; Luis do Choco de Redondela; Cholo (un magnífico dianteiro centro que xa xogara nas filas locais) procedente do equipo Hispania de Castrillón do que foi máximo goleador; Pintos, Totondi e Fredo procedentes do Louriña local. O Zeltia tras proclamarse campeón galego de afeccionados participou no campeonato de España. Tras eliminar a adversarios da categoría do Minas Llamas (Asturias), Galdácano e Atlético de Madrid, xogou a final en Madrid
8
contra o Salamanca perdendo por 4-1 o día 21 de xuño de 1959. Moi resoante foi a victoria en semifinais no Estadio Metropolitana diante do Atlético de Madrid. Naquel partido o entrenador Alonso formou a seguinte aliñación: Villar (porteiro), Pedrera, Daniel, Rique (defensas); Chuedes, Benbarek(medios); Rubines, Villa, Cholo, Tato e Luís (dianteiros). O gol viu aos sete minutos do primeiro tempo, obra de Cholo e o meta Villar parou un penalti a Murciano cando faltaban sete minutos para o remate. No partido de volta gañaría de novo o Zeltia por 3-0, rexistrando o campo de Lourambal a maior entrada da súa historia. O partido da final estivo rodeado de moitas anécdotas e de experiencias inesquencibles para os que participaron nela. Pese a que o delegado D. JesúsAlvarezOrdóñez "Patús", deixara as fichas do equipo nun taxi, púidose xogar a final no estadio de Vallecas mediante unha relación á que houbo de acompañaros correspondentes carnets de identidade.A expedición hospedouse no Escorial, no Hotel Felipe II. Opartido foi arbitrado polo daquela árbitro internacional José Caballero. Alonso presentou para a final a mesma aliñación que quince días antes vencera ao Atlético de Madrid. A final, como apuntabamos anteriormente resultou coa victoria do Salamanca por 4-1, conseguindo Tato o gol da honriña para o equipo porriñés. Tras o partido foron invitados a presenciar a Final do campeonato de España da Copa do Generalísimo entreo Barcelona e o Granada que remataría con victoria do primeiro por 4-1, o mesmo marcador que se producira pola mañá. Pola noite os catro equipos foron invitados pola Federación a cear no Hotel Palace de Madrid. Na temporada 59-60 xogaríase de novo a final galega de afeccionados tendo que conformarse co subcampionato. Pola súa parte os xuvenís serían segundos do Grupo 13°. Na temporada 62-63 proclamaríanse campións do Grupo 12- e na seguinte chegarían as semifinais da Copa de Vigo de xuvenís. A temporada 64-65, sería a última da brillante era Zeltia. Participaríase no campionato galego de afeccionados sendo eliminados na primeira ronda (16os. final). Pola súa parte os xuvenís serían terceiros do Grupo 10°. Era entón presidente Raúl Francés Valverde. A intolerancia dalgúns af eccionados acompañada do i nterese
www.faximil.com
consiste nunha tarxeta cun número de tres cifras e se este número coincide cos tres últimos do Sorteo da Lotería Nacional que se celebra en Madhd o día 15 de cada mes, ata o de Xullo do vindeiro ano inclusive, ten un premio de 500 ptas. a retirar da Caja de Ahorros Municipal de Vigo. OBRAS EN LOURAMBAL.Procedeuse no noso magnífico Campo Municipal de Lourambal á semente de herba comoproba. Ademais vaiseproceder ao branqueo de vallas, reparación do peche extehor e arranxo de casetas. Queremos dar dende aquí un aplauso moi sincero a todos estes en-
do Grupo Zeltia por desvincularse do Clube puxeron fin a case un cuarto de século da historia do noso futbol local. Quedan os recordos e o agradecemento de non poucas persoas que gracias as súas cualidades futbolísticas e ao seu esforzo labraron un porvir en tempos moi difíciles. ZELTIA CAMPION DE ESPAÑA DE FUTBOL DE EMPRESAS En 1960 o equipo representativo da Empresa proclamaríase campión de España defutbol de Empresas naquela gran final que congregou a todo o pobo de 0 Porriño en Balaídos. FURIA, F.C.
RAYO, F.C. Como equipo afeccionado segundo podemos constatar por unha fotograf ía baixo a dirección do Sr. Rey xogaron un partido en Guillarei contra o Santa Comba con victoria do Rayo por 1-0. Integraban o equipo Blanco "Roscas" (que despois xogaría en primeira divisiónnoAlcoyano), Manolito,Tito Vidal, Pepín, Troca, Ramiro, Tute, Rique, José María, Piño e Chupa. (1948). JUVENTUD, F.C. Tamén nos anos 1948-49 temos constancia da existencia dun equipo formado na súa maioría por xoves integrantes de Acción Católica. As súas cores camiseta celeste e pantalón branco igual ao R.C. Celta de Vigo. Entre os seus compoñentes estaban Tomás, Toni Pintos, Berto, José María, Pepe, Pirolo, Cándido, Pampillón, Caroliñas, Tito Vidal, Rique, Juan, Veterano e Dolfo (hoxe en Argentina). FORTUNA, C.F. 0 Fortuna C.F. foi un equipo constituído na parroquia de Torneiros, sendo o seu presidente D. Jesús Freiría Domínguez. A súa indumentaria era camiseta vermella e pantalón azul. Xogou a Liga Comarcal de Vigo nas temporadas 1964-65 e 65-66.
LOURIÑA, C.F. Falar do Louriña C.F. é falar de José González Acuña, "Pepe da Morrilleira" ou "Rabo de Vaca", un home que dedicou toda a súa vida, que por desgracia tampouco foi larga xa que faleceu en 1966 cando só tiña 43 anos, ao futbol local. O seu equipo, o Louriña F.C. foi sen dúbida algunha o gran antagonista do Porriño C.F. co que mantivo sempre unha gran rivalidade, estando formado sempre por moi xoves xogadores da localidade e sendo o auténtico viveiro para o primeiro equipo do Zeltia. A súa vestimenta era camiseta verde con pantalón branco e medias ralladas. Nunha foto de arquivo vemos unha das primeiras formacións do equipo con Ramiro de porteiro, Isidoro Freiría, Jorge, Pepe das Empanadillas, Juan Chispa, Note, Xura, Emilio Goriño, Rique e Tonio Lourido, Jorge Diz, aos que acompaña M. Pirulí e o seu presidente Pepe da Morrilleira. Noutra fotografía datada no 7-5-54, vemos a Barbosa, Jorge, Manolito Novo, T. Lourido, Cuquín, Chispa, Fredo, Emilio Goriño, A. Lourido, Tito da Jerezana e Jorge Diz. A temporada 1957-58 foi unha das de maiores éxitos para o Clube. Foi moi resoante a súa victoria en Cangas diante do Alondras por 1-6. Compuñan o equipo Tero, Cuquín, Luis Freiría, Pampillón, Pepe, Berto, Pito, Emilio Goriño, T. Lourido, Fredo, Totondi, Jorge Santacreu, Jaime Diz e Antonio Diaz e sobre todos o gran extremo zurdo Pintos que tras pasar polo Zeltia sería fichado polo R.C. Celta de Vigo
9
onde deu grandes tardes de gloria ao equipo celeste. Ao ano seguinte o Zeltia ficharía a Pintos, Totondi e Fredo. O Louriña tivo sempreunmagníficoequipodexuvenís de onde se nutría o equipo afeccionado. Deixou de existir na temporada 6465, cando se acordou fusionalo co Zeltia Deportivo Porriño e crear o Clube Porriño Industrial, F.C. do que foi o seu primeiro presidente o propio José GonzálezAcuña,sempreacompañado polo seu gran amigo e gran afeccionado D. Eladio Quiroga Rodríguez, un entusiasta do futbol base co seu equipo o Santa Lucía, célebre polos seus enfrontamentos "deportivos" co entón tan polémico árbitro como hoxe político Antonio Nieto Figueroa "Leri". Con eles, quen foi durante 18 anos ininterrumpido compa-ñeiro e membro de distintas directivas, Juan José Viñas Boente.
Final do Campeonato de España de afeccionados. O capitán do Zeltia Rique, intercambia banderíns co capitán do Salamanca en presencia do árbitro internacional José Caballero.
PORRIÑO INDUSTRIAL, F.C. Deste Clube, que o pasado ano celebraba o seu Aniversario e cun extraordinario labor na formación de xoves deportistas, con máis de 200 nenos de idades comprendidas entre os 7 e 18 anos, que non conta co recoñecemento e apoio que se merece, dedicaremos especial atención noutra revista. Para rematar dicir que nos tería gustado entrar en maiores detalles sobre a biografía de tantas persoas que mediante o seu xeneroso e case sempre desinteresado esforzo teñen feito posible tantos anos de historia no noso deporte local. O espacio, o tempo e as nosas propias limitacións nolo teñen impedido.
www.faximil.com
Alá polos anos 1948-1949 tivo os seus inicios o Furia F.C. Os seus promotores foron os irmáns Albino e Antonio Alonso Sío "Pixirilos" e era un equipo formado por rapaces moi xoves entre os que podemos citar a Mariano Freiría, Note, Ramirito, Albino Sío, Riveiro, Viqueira, Enrique, Antonio Lourido, Toniño e Tiago.
O Poniño-Mos
Interior de Nosa Senora do Castro (Ervilla).
Pasado e presente dun patrimonio cultural: as ermídas en Mos. SAN PEDRO DE CELA
Consérvase un sinxelo edificio de 11,3 x 6 m. máis outros 3 m. do alpendre, sostido por uns pilares de certa antigüidade. Distínguense dúas etapas constructi vas, unha a base de sillería no primeiro treito e outra na segunda metade feita de mampostería reforzada nos recantos por bloques de granito. Dúas inscricións fálannos dunha reconstrucción a cargo dos devotos e por D. Juan Femández Correa no ano 1720 (cítase ó abade D. Félix Fortes Ucha: 1705-1731). É interesante un gastado releve sobre a porta principal representando á Virxe e mailo Neno, enmarcados dentro dunha arquitectura clasicista. Conta a tradición que a uns pastores aparecéuselle unha muller vestida de branco que peiteaba e lavaba os seus
cabelos na fonte (é o retrato da "moura" das lendas castrexas), quen lles mandou erguer unha capela no lugar onde o 5 de agosto aparecese cheo de neve. Aconteceu o milagre e por iso chamáronlle a Virxe das Neves (1). Algúns ofrecidos ían de xeonllos cunha vela na man dende a fonte ou detrás da procesión.
Releve de Nosa Sra. das Neves.
10
A ermida xa existía alomenos nos i'ins do século XVI, cando Sebastiánde Castro xunto coa súa dona deixaron unha renda de 12 reás ó ano para misas, que foi incautada na Desamortización. pasando entón a sosterse coas esmolas dos devotos. No 1608 créase no Porriño a Confraría da Virxe da O, e dous anos despois ante un terrible andazo, as autoridades da vila e de Mos acordaron leva-la imaxe en rogati va descalzos ata o cumio do Castro. Co paso do tempo organizábase unha grande procesión dende O Porriño, sendo recibida a Virxe polo San Xosé en Ervilla, indo logoos devotos a se lavar nas milagreiras augas da fonte. Tras dous incidentes en 1918 e 1935 rematou desaparecendo parece que a causa do desacordo entre as autoridades municipais e eclesiásticas na organización e percorrido (2). No alto de S AN COLM ADO, raiando coa liña divisoria co Concello de 0 Porriño, encóntrase a ermida de San Cosme, que ten o seu día propio o 27 de setembro pero festéxase tódolos do-
www.faximil.com
No cabo desta montuosa parroquia, dentro do barrio de ERVILLA, no cumio do Monte do Castro fica a ermida de Nosa Sra. das Neves, chamada popularmente " A Santiña do Castro", que aparece representada pola Virxe da O. Celebra o seu día o 5 de agosto.
'Por X. Miguel González
mingos do mes de outono. Nesta paraxe celébrase tamén a festa de San Liborio nos primeiros de agosto. Oactual santuario, de 13,4 x 6,2 m. de superficie, non debe se-lo templo orixinario, senón unha reconstrucción algo posterior. Ademais de se-la única reforzada no último treito por dous rexos contrafortes, traballouse cun certo gusto artístico a espadana e unha grande hornacina sobre a porta que presenta un óculo para a iluminación na banda superior. Na Catedral de Tui gárdanse dende hai séculos algunhas reliquias do San Cosme, concretamente os ósos do antebrazo,trasladándoseuncachiñonol847 ácapela de Santa Liberata de Baiona (3). o que pode dar idea da devoción e sona que chegou a ter na bisbarra. Dentrogardábanse as imaxes de S. Pedro e S. Antonio.Tempo atrás só se celebraba unha misa cantada o día do patrón sufragada polas esmclas dos romeiros.
Ermida de San Cosme.
No barrio de ATÍN, á beira da estrada e fronte a unha grande mansión pacega rural, atópase a ermida de San Xosé. Na actualidade o edificio, de 4,9 x 7,4 m. de superficie, sofre as consecuencias do abandono, máis visible no interior e mantendo en pé as súas paredes de boa cantería, en parte xa cubertas deterraacumuladapolaerosión. Amais dunha sobria elegancia, cabe destacaloescudo heráldico da dobela do arco, con seis "roeles" baixo unha coroa nobiliar.
San xosé de Atín.
A fundación parece remontarse alomenos ós comenzos do século XVII e nese tempo estaba cargada cunha misa semanaria (despois se lle engadirá outra cantada) que deixara Sebastián deCastro. En varias ocasións, esaobriga píadíxose na parroquial a causa do mal estado do edificio e dos ornamentos e imaxes. A ermida pasou ó morgado da Casade Atín, que no XVIII levaban os Montenegros (patróns tamén do aceite para a lámpada da Purificación), e no século seguinte a mans dos Marqueses de Valladares, que empregaban o pazo como quinta de recreo. (1) GONZÁLEZ, J.M.-A muchas devociones se les ha buscado una explicación a base de levendas. En, La Voz de Galicia, Ed. Vigo, 2S.IX.1989.
ÍS)RAMOSGONZÁLEZ, H. - "Crónicus históricasdelaVilladeBayona".M¿idrid, 1925, pp. 95-97.
11
www.faximil.com
(2)DIZREY. L. - "Recuerdos Porriñeses". O Porriño, 1956, pp. 78-80; ESPINOSA RODRÍGUEZ, J. - "El Valle de la Louriña (bosquejo histórico). Santiago, 1944. p. 31.
O Pomñn-Mos
0 Porriño
A Asociación de Veciños de Atios puxo en marcha, hai un mes, a creación dun grupo de teatro xuvenil. Neste, están traballando trece rapaces (homes e mulleres) entre 17 e 20 anos e está dirixidoporunprofesionaldunhaescola de teatro vigués, e recibe unha subvención do Concello. Realizan os ensaios no local social da parroquia tódolos mércores e xoves en sesións de dúas horas por día. O vindeiro domingo 18 de abril, a Asociación de Veciños ten convocada unha asemblea para a xuventude, na que se falará das posibilidades de integración no grupo de teatro, e información para a realización de traballos sobre o medio ambiente e actividades culturais. No pleno extraordinario do Concello do Porriño, celebrado o pasado aprobouse un convenio de colaboración entre o Concello e a Comunidade de Montes de Atios. Este ten como obxecto, mellorar e canalizar os investimentos públicos n'a parroquia. Pretende tamén solucionar, transitoriamente, a situación creada polo conflicto de intereses entre as dúas partes en relación cos montes comunais da parroquia e compensar, no posible, os perxuízos medio-ambientais que as canteiras causan na vecindade, como son os excesivos ruídos, exceso de po, saturación de tránsito de camións pesados, uso de explosivos nos arredores, deterioro de viais etc. Das liquidacións realizadas polo Concelloatao31 dedecembrode 1992, a Comunidade de Atios recibirá o 15 por cen, que será destinado a repoboación,limpezaemelloradeviais nos montes, así como aos gastos de mantemento administrativos necesarios, tal gasto será comprobado polo Concello. A partir de 1992, o concello aportará á comunidade de Atios o 37'5 % das liquidacións ingresadas, obrigándose esta a xestionar o seu investimento en: Un 15 % para gastos de funcionamento da comunidade. Un 25% para melloras do monte e medio ambiente. Un 50% para terminar o Local Social da Parroquia e para o encoro de augas e a rede de distribución pre-
vista. O 10% restante para outros fins públicos non previstos e, en xeral, para o fomento de actividades culturais, recreativas e deportivas. BUDIÑO O pasado mes de febreiro celebrouse unha asemblea parroquial para estudiar a posibilidade dunha segunda fase da construcción do Local Social da parroquia que se está a construír na Forna. Nesta asemblea, á que asistiron aproximadamente 120 veciños, despois de facer unha análise dos motivos polos que a construcción estivo parada, foi elexida unha nova comisión, encargada de buscar as axudas financeiras necesarias para adecuar, alomenos, a parte baixa do local. Tamén se celebrou unha asamblea xeral da Comunidade de Montes, na que se aprobou a entrada de 23 novos comuneiros, e o presuposto de ingresos e gastos para 1993, no que se incluía, entre outros, unha proposta de limpeza do monte e a cesión dunha cantidade para investir no Local Social. CHENLO Acaba de saír a rúa o número tres da revista «CARISMA», voceiro da pa-
12
rroquia de Chenlo, editado pola Organización Cultural Xuvenil de Chenlo. «Coñece onde vives» é unha sección desta revista. Neste número está adicada a «Pedra da campá» tamén denominada «Pedra dos buratos». Está situada sobre un penedo no monte da Tanquedeira, no barrio de Parada. Pesa ao redor das 25 toneladas e móvese facendo forza coas mans sobre ela. Ten un burato na parte inferior, por onde se pode introducir a cabeza e observar ao seu arredor unha gran cantidade de buratiños de formas peculiares e distintas. Hai dúas rutas para chegar a ela: unha polo barrio da Quinta, subindo por Ribón e as Presiñas, e outra polo barrio de Parada, subindo pola Castiñeira. Neste número tamén expoñen o censo dos paxaros existentes en Chenlo, realizado polos asociados. Animan aos veciños a cuidar as distintas expecies existentes e ao abandono do «deporte» da caza. A partir do especial «A Louriña nos seus nomes» editado co último número de «O TranVía», realizaron tamén un traballo sobre a toponimia desta parroquia. Está próxima a apertura da biblioteca de Chenlo que foi montada coa axuda doConcelloecopulo de«CARISMA». Aínda que a adecuación do local foi lenta, somentes falta por concretar a organización da apertura ao público así como a súa dirección. Neste sentido, a Asociación Xuvenil ofreceu a colaboración dos seus asociados para a atención ao público. MOSENDE A Xunta Directiva da Comunidade de Montes de Mosende, recentemente constituída, está levando a cabo a delimitación dos montes de Caeiro, Mamaguda e Cañota. A Directiva contratou a limpeza do monte, así como a apertura de novos viais e o axeitamento das pistas existentes. Tamén se procedeu ao marcado de varios lotes de piñeiros que proximamente serán sacados a poxa pública. Sen embargo, existenalgúnsproblemas cos lindeiros privados da Cañota. Ao parecer son «OKUPAS» que non
www.faximil.com
ATIOS
entenden que os montes comunais son da parroquia. Este monte sufriu, recentemente, un incendio, ao parecer pormotivos relacionados con este problema. A pesar destes problemas, a Xunta Directiva segue traballando arreo, intentando aclarar os lindes do monte así como a eliminación dos vertedeiros incontrolados. No pasado mes de xaneiro, celebrouse en Mosende o Campionato de España deCiclocros, que contou coa presencia das grandes figuras do deporte da bicicleta, e o apoio popular e masivo dos afeccionados a este deporte. TORNEIROS 0 pasado domingo 28 de marzo, clausurouse no Local da Asociación a «IIMOSTRA DE TEATRO V AL D A LOURIÑA» que se veu celebrando tódolos fins de semana ao longo do pasado mes. A asistencia de público, principalmente infantil, foi satisfactoria, e a calidade dos grupos participantes, sobresaínte. A variedade estivo presente durante amostra, que contou coa participación dos seguintes grupos: «Atlántida» de Matamá (Vigo); «Lohengrín» de Coia (Vigo); Taller de teatro «Xerme» de Cabreira (Salvaterra); «San Fins» de Vilagarcía; «Clámide» de Vilagarcía; «Viravolta» de Lalín e «Escoitade» de Valadares (Vigo), Os que tiveron a fortuna de asistir a tódalas representacións, puideron ver plasmado no escenario, dende o dramatismo ata o humor máis chusqueiro; dende o mimo ata os monicreques; dende o teatro feito segundo a obra literaria dun autor ata a improvisación e o xogo feito por e para os nenos. Seguindo coa liña de actividades marcadas para este ano, o próximo prato forte constitúeno as actividades programadas para o mes de maio. Será dentro do programa «Maio deporti vo e cultural». Comenzará o domingo día 2, cunha "Maratón fotográfica" que xirará sobre a parroquia de Torneiros, e no que poderán participar todos aqueles que dispoñan dunha cámara fotográfica e con afección á fotografía. As bases
poden recollerse no Local Social. As fotografías que se realicen, formarán parte dunha exposición que permanecerá aberta ao público durante todo o mes no Local da Asociación. O domingo día 9 celebrarase a tradicional«marchaciclista»,conpercorrido por toda a parroquia. A participación é libre e ao final celebrarase un sorteo de agasallos entre os participantes á mesma. Do 10 ao 16, celebrarase a «Semana da Letras Galegas». Durante a semana estará aberta ao público unha exposición de traballos realizados sobre textos de Blanco Amor. Trátase de ilustrar diferentes textos do autor, utilizando calquera técnica de debuxo ou pintura. Tamén, durante esta semana, vaise levar a cabo unha campaña, dirixida especialmentes aos máis pequenos, de animación á lectura. Para iso estará aberta a biblioteca con diversas actividades, que terán como protagonistas aos nenos e aos libros. Para culminar a semana, o domingo día 16, levarase a cabo un festival con música e baile galego, a proxección dun vídeo sobre Blanco Amor e o sorteo de regalos entre os participantes na exposición de ilustración de textos. Finalmente, o domingo día 23, levarase a cabo polas estradas de Torneiros, unha Carreira Pedestre na
13
que se espera a participación de numerosos afeccionados, así coma dalgúns deportistas federados. Haberá diferentes categorías e repartiranse interesantes premios. No relativo á comunidade de montes, a parroquia de Torneiros está atravesando un momento de axitación. Na última Asemblea Xeral celebrada a mediados do pasado mes de abril, a Xunta Directiva propoñía á Asemblea a venta de varios lotes de madeira, como necesidade de realizar «aclarados» nos montes. Ao parecer un grupo de veciños, que non comuneiros, realizaron unha campaña para que na citada poxa non comparecesen compradores. Nesta asemblea estiveron presentes forzas da Garda Civil, como medida disuasoria ante posibles problemas. A Asemblea discorreu con normalidade e, certamente, non compareceron subastadores aos lotes en venda. A pesar de que a clasificación dos montes comunais de Torneiros data do ano 1987, algúns veciños, que non comuneiros, saen do seu letargo e parece que están dispostos a poñer toda a carne no asador. Por exemplo, están dispostos a reclamar a perda da metade do monte que sufriu a parroquia; a reclamar as ocupacións que aínda hoxe mesmo se están a suceder; a investigar quen cobrou o diñeiro das talas anteriores etc. Estes manifestan que o teñen bastante fácil e que están metidos no meollo do asunto. Ao parecer son tres persoeiros de alto nivel formativo, pero non se ten información por que tipo de intereses están movidos e a instancias de quen. Son anunciados a través de megafonía, móvense con carpetas baixo o brazo e, segundo manifestan algúns veciños, permítense o luxo de lar.zar un panfleto como unhaespecie de versos satánicos. Sería desexable que as augas vol vesen ao rego. As actividades dacomunidade de montes deben ser determinadas, unicamente polos comuneiros, e se algúns veciños pensan que o rumbo da comunidade debe ser outro, primeiro deberían solicitar o seu ingreso na comunidade e, unha vez dentro, poñer un gran de area necesario para cambiar o funcionamento da mesma. En calquera caso, a Xunta Directiva actual parece ter unha posibilidade de relevo merecido e desexado.
www.faximil.com
O Porriño-MoK
OPorriño-Mns
CANS Todos os anos no mes de decembro celébrase na parroquia as Festas de San Esteban e aínda que faga frio ou chova sempre hai os que viven a auténtica festa: a entrega e recollida do Ramo que acontece o segundo día sobre as catro da tarde.
0 Porriño
Nesta pequena festa do Ramo hai máis participación da xente pois o son dos gaiteiros e mailo viño tinto e as lamberetadas da época, fan moi agradable a ceremonia. Ademais dos
TAMEIGA
Mos
Os comuneiros do monte nunha asemblea decidiron reclamar a devolución do terreo no que se está a construír o futuro Centro de Saúde de Mos. Entenden os veciños que ao mudar a finalidade para a cal fora cedida a parcela (construcción de aparcadoiros) e variarsucesivamente asúatitulariedade (da diputación ao Concello e deste ao SERGAS);esteterreodebeserdevolto á Xunta de Montes. Dado o estado das obras, membros da Xunta de Montes xa apuntaron a posibilidade de acadar algún tipo dc acordo entre as partes; neste senso o Concello xa aprobou cos votos do PP e CDS a concesión de 2.700.000 pesetas á Xunta de Montes "sen ningún compromiso para ningunha das partes". O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de fallar sentencia contra o Concello de Mos, pola cal se declara ao monte Faquiña propiedade dos veciños de Tameiga. Debido a que este monte é Zona Industrial practicamente na súa totalidade, o Concello xa iniciou conversas coa Xunta de Montes en Man
Este ano pasado rematouse cunha época na que facía a festa un só maiordomo e a partir dagora serán dous maiordomos ou veciños os que correrán coa organización. Ademais destes cambios festivos tamén están a suceder outros de tipo social como a preocupación pola autovía quc por terceira vez vai rachar a Cans pola mitade. A autovía levarase algunhas casas que están situadas no centro da parroquia pero o máis triste para os veciños e quc esta autovía vai servalladaevaiproducirunaillamento da aldea. (Manuel Giráldez Mouriño)
Común de Tameiga para acadar o acordo "que beneficie ás dúas partes" e retiraríase o recurso presentado pola Alcaldía perante a Audiencia Nacional. No pasado mes de febreiro os Amigos dos Muíños de Auga de Galiza, fixeron unha plantación de árbores autóctonas na Adecuación As Pedriñas e doaron un lote de libros e videos. Traballadores de GEA desprazáronse o pasado sete de marzo ata o Campo da Feira de Puxeiros para escomenzar alí unha marcha ao longo da parroquia e unha concentración na autovía (en Ramilo), o que fixo mobilizar efectivos da Garda Civil e de Protección Civil, coa que tentaron sensibilizar aos veciños da grave problemática que están a padecer e que afecta tamén a moitas familias de Tameiga. Convocatorias: No Círculo Recreativo Cultural de Tameiga: -Bailes de salón nas tardes do sábado, en abril e maio. Inscripcións no centro social As Pedriñas os días 19,20 e 21 de marzo de 19 a 21 horas. -Mostra Fotográfica de "Mos e as súas xentes no pasado" durante o 19, 20, 21,27e28deabril.
14
CAMPANA DE RECOLLIDA DE PILAS Ogrupo "AMANTES DA PAZÍ A NATUREZA " de O Porriño. está a desenvolver unha campaña de recollida de pilas botón e pilas alcalinas. Repartirá poi tódolos comercios e locais públicos que se presten uns botes "caseiros" cun cartel de "Aqui recóllense pilas contaminantes ". Agradecemos voluntaríos e participación. Teléfono de contacto: 33 01SS ( Araceli filla )
-O día 25 de abril actuación dogrupo de teatro "Nosa Terra" de Pereiras. -Recital poética a cargo da poetisa popular María Magdalena, natural de Mos, no Día das Letras Galegas.
GUIZAN-LOUREDO
Membros da Asociación de Amigos do Camiño, o dclegado do Xacobeo93 en Vigo c un rcprescntante diocesano, estudiaron na capela de Santiaguiñodo Monte as distintas posturas plantexadas para aborda-la limpcza, sinalizacióne conscrvación do Camiño Portugués, cousa que xa escomenzaron a facer unha vez rematada a reunión. O delegado do Xacobeo en Vigo, Manuel Garridoreuniuseo lOdemarzo pasado en Os Valos cos alcaldes dos concellos polos que discorre a Ruta Portuguesa para explicarlles as actuacións concretas en materia de litnpeza do camiño, así como do seu mantemento e conservación; estudiaron tamén un listado de locais paraconvertilos en albergues de peregrinos.
www.faximil.com
veciños de Cans tamen veñen xentes de Mos, Atios ou do Porriño.
UN DESCENSO POLO RIO LOURO (IIPARTE) "Por Miguel Montenegro
|niciabamos no n°2 de O TRANVIA a primeira parte da nosa narración. Tiñamos recorrido daquela o curso alto do Louro, desde o seu nacemento en Cepeda ata a ponte dos Valos, sin atopar máis que augas limpas e puras. A partir de ahí, o panorama empeza a cambiar, e tanto as análises químicas e biolóxicas como as inspeccións visuais ensom-brecíanse ata alcanzar límites insostenibles en O Porriño e o seu polígono industrial.
Na seguinte xornada, iniciamos desde a mesma ponte dos Valos a nosa andaina. Ainda se poden atopar as tuberías de desaugue da nave embotelladora de Pepsicola, afortunadamente pechada, pois era un perigoso e importante foco de deterioro do río. Actualmente, pois, a zona está recuperada biolóxicamente.
A variedade de fauna e flora, ainda que con grandes altibaixos, seguía a ser ampla tanto no cauce como nas beiras; a vexetación formaba unha apretada liña de amieiros, salgueiros, carballos, bidueiros, abeleiras, sabugueiros e algún que outro castiñeiro. Este variado "bosque en galería" protexe, aílla e acolle a unha boa variedade de aves, insectos e pequenos mamíferos (ver ilustracións). Nas augas pudemos observar, amáis dos pequenos organismos que tomabamos como indicadores biolóxicos, varios tipos de rás e peixes, especialmente escalos, reos e truitas. Precisamente na ponte de Noveleda, á altura de Mos, empeza o couto de pesca
Pouco máis abaixo, xunto á gasoliñeira, os veciños queixábanse do lixo que muita xente tira ó río, da contaminación dos pozos e dos verquidos de gasoil que ían parar ó río. Da estación de servicio tamén procedían os residuos do lavado de coches.
de O Porriño-Mos, que chega ata a ponte do Valo. O couto tivera unha boa fama anos atrás, sendo punto de cita para pescadores chegados de toda a provincia. Actualmente, sin embargo, o panorama non é tan abondoso. A pesar de que cada ano se botan miles de alevíns de truitas no río, os pescadores quéixanse da escaseza nas capturas, e, nalgúns puntos, do mal sabor das truitas. Polos pronunciados meandros deste curso medio do Louro, a auga vaise enturbando e arrastra cada vez máis partículas en suspensión, debido ás aportacións de algunhas empresas de Mos, como granxas e fábricas de productos plásticos. Poucas destas empresas preocúpanse de non perxudicar ó río; e as que o fan, ás veces, emplean métodos pouco eficaces. Pero nesta zona, o vertido máis nocivo é o da empresa Frigomós. Tra-lo seu paso, os indicadores biolóxicos descenden bruscamente de nivel, e o ecosistema fluvial amosa alteracións. Seguimos río abaixo en sucesivas xornadas, por fermosos recunchos onde as garzas deixaban as súas pegadas. Iamos achegándonos a O Porriño. En Sanguiñeda, tra-la presa que desvía auga para o núcleo urbano, o Louro era canalizado ó longo dun par de kilómetros. Trátase dunha canalización problemática desde o punto de vista ecolóxico, pois o cauce é completamente horizontal e ancho de máis, polo que no verán os peixes non se poderán
A partir de aquí, o Louro vai facendo frente a diversos vertidos domésticos e de pequenas industrias. Pero as augas amosaban o seu grande poder de rexeneración, e cen metros máis abaixo destes desequilibrios os indicadores biolóxicos recuperábanse.
15
www.faximil.com
I
O PorriiKi-Mos
desprazar por él, producíndose excesiva depredación e aumentando o nivel de evaporación da auga, precisamente cando menos caudal hai. Cando hai caudal abundante, a calidade da auga que chega a O Porriño é relativamente boa, permitindo ainda algunha pesca. De feito, ó pasar por este tramo, atopamos unha anguía agonizando, mordida probablemente por unha garza. Logo, ó entrar en O Porriño, a aglomeración urbana faise notar pola acumulación de lixo no caucc do río. Particulares e empresas tiran e verten no Louro calquera cousa que non saiban ónde meter, desde bolsas de lixo ata sinais de tráfico. Despois do segundo tramo canalizado, chegamos á ponte do Valo, onde as augas fecais das cloacas anuncian o final do couto de pesca e o principio do fin para a vida no río Louro. Pasamos pola empresa Himahe, onde utilizan unha depuradora pouco eficaz que verte ás veces por fora. Pasamos tamén por Frigolouro, observando que a calidade das augas empeoraban radicalmente; os vertidos desta empresa, adicada ós productos cámicos, invaden de materia orgánica o río, causando un proceso de "eutrofización" con efectos mui evidentes: auga turba que dificulta a fotosíntese, lama no fondo, formacións xelatinosas de bacteñas, cauce tapizado de hongos... Os únicos organismos que soportan este nivel de degradación son un tipo de vermes, de color vermella, que están adaptados á v ida en auga sin osíxeno. O fedor é noxento, e no río non quedan restos de vexetación.
NDICE BMWP"
SIGNIFICADO
CURSO
101-150 Augas moi limpas (tií' Cepeda a Acebal, de Zapaleira a Mos. de Carracido a O Porriño) 51-100
Algúns efectos de contaminación fí/í' Acehal a Zapateiruxlí' MosaCairacido)
?6-60
Augas contaminadas (dc O Porriño a Eidos)
16-35
Augas moi contaminadas
•20
Augas fortemente contamínadas (dí' Eidos a Arraial)
Cepedtt
ALTO
CURSO MEDIO
LAGOAS E BARREIRAS
Seguindo o noso descenso, e xa fora do entorno urbano porriñés, topámonos
16
www.faximil.com
Faciamos o noso descenso polo Louro os domingos pola mañá (despois dunhas dolorosas madrugadas, que todo hai que dicilo), cando as empresas non traballaban e, polo tanto, non vertían. Ainda así, sorprendeunos a permanencia no cauce dun po branquecino xunto ó que parecía ser un desaugue da empresa Terrazos Riego. Cando regresamos, na mañá dun día laboral, ollamos un vertido masivo e sin filtración de ningún tipo, con altas concentracións de materiais calizos que facían cambiar o Ph da auga, nun novo ataque ó que restaba do ecosistema do río.
O Porriño-Mos
MAMIFEROS
CURSO ALTO
CURSO ALTO
CURSO ALTO
Troita Escardino Boga Anguía
Raposa Martaraña Teixugo Xabarín Coello bravo Murgaño Rato de campo Donosiña Toupeira Ourizo cacheiro
Corvo Lagarteiro Cuco Pega rabilonga Rula Vencello Paxaro das casas Xirín Verderolo Chasca Miñato Reiseñor Peto verdeal Pimpín Picapaus Paporrubio Pintanoxo Torcaz Ferreiriño rabilongo Merlo Merlo de río Lavandeira Pardal Andoiiña Picapeixe
CURSO MEDIO Troita Escardino Boga Anguía Espiñoso Reo Cacho CURSO BAIXO Troita Escardino Boga Anguía Cacho Espiñoso Reo (inverno)
CURSO MEDIO • Raposo Martaraña Teixugo Visón Coello bravo Murgaño Rato de campo Donosiña Toupeira Ourizo cacheiro CURSO BAIXO
Espiñoso Carpa común Carpa de espello Pcrca (fluviatilis) Black bass (perca americana) Anguía Boga Cacho
Raposa Martaraña Teixugo Visón Xabarín Coello bravo Murgaño Rato de campo Donosiña Toupeira Ourizo cacheiro Gato montés Furón Londra Garduña
CURSO MEDIO Todos os da parte alta. e tamén: Gaivota clara Gaivota chorona CURSO BAIXO Todos os das partes alta e media, agás o meiio de río,e tamén:
LAGOAS E BARREIRAS i Raposa Martaraña Teixugo Visón Xabarín Donosiña Coello bravo Murgaño Rato do campo Toupeira Ourizo cacheiro Gato montés <3 ou 5>anos Furón < 2 > anos Londra < 2 > anos Garduña < 1 > ano
Galiña de río Pato cullerete Mergullón Demo negro Garza real Parrulo Rascón de auga
con unha parella de cazadores furtivos que se agachaban nos retazos de bosque que sobreviven pór esta zona. Dez minutos despois, ollabamos unha gaivota cun disparo nunha á que, incapaz xa de voar, se deixaba arrastrar pola corrente. Non nos sorprendeu muito, pois estabamos afeitos a atopar feridas ou mortas por disparos a garzas, anátidas, e outras especies protexidas. O Louro deixaba a vila porriñesa. Desde certa di stancia, seguía amosando a súa fermosura polo val. Xa noutra xornada, os nosos pasos íanse achegando ás Gándaras, onde o ecosistema fluvial de ribeira se extendía noutros tempos por unha ampla superficie. No noso traxecto comprobamos unha vez máis o que xa sabiamos: esa superficie vai diminuindo constantemente, debido ó recheo e ocupación do bosque por explanadas destinadas a naves industriais. Así, o Polígono Industrial medra, e as ribeiras do Louro desmedran, nun proceso que parece non ter límite. A riqueza ecolóxica das Gándaras de Budiño retrocede por outras agresións, como a diminución dos caudais de aaga entrantes nas lagoas, o aterramento de algunhas delas, os movementos de terra nas proximidades (colmatando a Lagoa polos aportes de lama), o furtivismo... Pero nesta ocasión o noso interese estaba en avaliar "o outro" problema, a contaminación das augas. Muitas das empresas do Polígono Industrial (Lignotok, ,Galega de grasas,etc,etc,etc.) verten residuos sin depurar, ou instalan depuradoras que non se utilizan. O criterio económico é o único que se ten en conta. Coa empresa Galega de Grasas non foi necesario vir un día de semana. Incluso o domingo, os seus fedorentos residuos desaparecían nunha pulcra tubería, para acumularse na beira do Louro e disolverse nas súas augas. Despois desta empresa, un sendeiro acompaña ó Louro polo bosque de ribeira que está xunto á Lagoa. Camiñando por él, íamos atopando pegadas de garzas, raposos e cabalos, nunha zona despexada artificialmente por unha tala salvaxe das árbores da beira. Pudemos comprobar os efectos desta acción (pagada con diñeiro públi-
17
www.faximil.com
PEIXES
AVES
ü Porriño-Mos
- RIOTEA
Concentracións de osíxeno disolto e ión amonio nos rios Louro e Tea. O2 no Louro: liña dis-continua, 12 esta-cións o 30/ VIII/86; liña continua, 6 estacións o 15/IX/ 88. Os datos de O2 dos río Tea e contidos de NH4, de ámbolos dous rios (liña continua) obtivéronse o 15/IX/ 88 en 6 estacións do rio Louro e 6 do rio Tea.
'Por Rubén Loureiro
TROITA DE RIO (Salmo trutta e tario) A troita de río é unha forma estacionaria da troita (Salmo trutta), que vive no mar e penetra nos ríos para desovar.
A difícil convivencia entre espacios de interese ecolóxico e a mentalidade retrógrada dalgúns industriais é a causa de que despois da Lagoa de Budiño o río vaia máis cargado de polución que nunca. Pasa por Orbenlle, O Cerquido, Riba de Louro, e Mallón, polo medio de bosques e turbeiras encharcadas. Xa diminuien as agresións e os vertidos ó río, pero é tarde: a carga que leva é demasiado grande para poder rexenerarse ata niveis aceptables. Nos kilómetros que nos separaban de Tui, nunha xornada de intensa néboa, o Louro estaba crecido, e espallábase polo bosque nunhas paisaxes cheas de húmidapoesía. Pero pronto voltabamos á realidade, ó toparnos con vertedoiros sin contención, nos que o río levaba unha parte do lixo acumulado. As últimas localidades polas que pasa o río (Guillarei, Tui) son as que menos contaminación aportan ó Louro, pero son tamén as que reciben un río máis deteriorado. De ahí a protesta dos veciños de Guillarei, quenes deron con outro nome máis apropiado: RIO PODRE. Xa no derradeiro tramo, por debaixo da ponte de San Bartolomé pasaban unhas augas turbas pola contaminación e por tódolos materiais que a crecida daqueles días arrastraba, Poucos
6
5
4
í
2
I
centos de metros máis, e o Louro daba por rematados os seus 31 kilómetros, vertendo todo o seu contido no Miño. Toneladas diarias de vertidos industriais e urbanos, terra e lixo disolvíanse nel. Despois de entrevistarnos con varias persoas relacionadas co río (gardas forestais, pescadores, biólogos e veciños), os participantes neste descenso chegamos a varias conclusións. A primeira delas é asumida por todo o mundo: o río Louro está gravemente contaminado. Só que agora sabemos ónde, cánto, e cómo.
CRIA: O desove ocorre a finaisdo outono e no inverno. Nun lugarchádo fondo do río a femia constrúe coa cola unha depresión de desove, na que deposita uns mil ovos. Despois de seren fecundados polo macho, os ovos son cubertos de novo con seixos. ALIMENTACION: As troitas aliméntanse, principalmente de insectos acuáticos, pequenos caranguexoseou tros animais semellantes. As de maior tamaño capturan pequenos peixes.
A segunda, e máis importante, é que este deterioro non é irreversible. Está ó noso alcance ter "un río de verdade", no que podamos disfrutar, pescar, bañarnos, pasear... Isabel Pardo, unha bióloga que rematou hai uns meses unha tese doutoral sobre o Louro, opinaba que en cinco ou sei s anos se podería recuperar o río nese sentido, se se levaban a cabo as medidas pertinentes. Por último, chegamos á convicción de que a recuperación do noso río só será posible se todos nos poñemos a elo. Veciños, empresarios, Concellos,escolas, autoridades xudiciais, técnicos, todos, temos que afrontaresas "medidas pertinentes" que pasan por denunciar todas as agresións ó río, por non tirar lixo nél, por eliminar totalmente os vertidos contaminantes de industrias e os dos residuos urbanos, por suprimir os vertedeiros de lixo nas beiras, e por facer un seguimento do estado da auga mediante análises periódicos. En definitiva, por coñecer ó río, respetalo e querer disfrutar de él dun xeito racional e civilizado.
18
www.faximil.com
co e realizada sin ningún tipo de asesoramento respecto ó impacto ambiental): as beiras erosionadas polas crecidas, a protección do ecosistema fluvial desaparecida, e incluso unha pequena ponte de pedra foi desfeita polas augas. Cando a terra dos bordes non ten o sustento das raíces das árbores, desmorónase, e de ahí a desfeita.
IDENTIFICACION: A troita de río ten o corpo en forma de torpedo, e a súa coloración soe ser verdosa ou pardu/ ca, co ventre branquecento. Na partc do lombo, por riba das liñas laterais. obsérvanse unhas manchas grandes. redondas, negras, e ó longo das liñas laterais unhas manchas vermellas co borde craro.
O IWriiio-Mos
DIVERTIMENTO SOBRE BLANCO AMOR 0 vindeiro 17 de maio celébrase a experiencia literaria deste importante escritor das nosas letras.
"Por Dorínda Castro
de fuxir de Los Miedos e cultivar Las Buenas Maneras. E se cadra, cumpría soñar un escenario dramático con Farsas para Títeres ou con boneccjs dc varia raizame no Teatro pra xcnte. Cumpría soñar a vida e lembrar que sempre estamos escribindo a mesma obra. Que sempre estamos a vivir nos mesmos escenarios vividos. Por iso, todas as saídas do labirinto conducen inexorablemente a Auria.
A Blanco Amor, como ó seu amigo Federico García Lorca, non lle gustaba o vello século. Ambos tcimaban por quitarse anos. El, que nacera no 1.897, afirmaba constantemente que viñera ó mundo co comezo do século, ou sexa en 1.900 en punto. Probablementc, nestc sutil desexo de quitarse anos, aniña unha teimosía oculta de rachar con todo o que consideraba vello e caduco. Porque vcllas e caducas eran as formas da literatura galega e destemperadas eran as maneiras daquela sociedade de filisteos que pervagaba polas rúas da vella Auria.
En Ourense, Eduardo, que é Blanco deAmor. (Bernardino Graña)
En Buenos Aires, afastado da terrible e fracticida contenda do 36, chorou bágoas de neno cando escoitou anoticiadofusilamentodoseu amigo.
Como en Galicia, o corazón da súa xentc estaba fendido en dous. Ou en tres, ou en catro, porque a miseria dos transterrados e a súa/nosa pcrenne insolidariedade, non entende dc mctas colectivas.
Desde Buenos Aires non se pode parar a guerra. Nin a forza da palabra é suficiente para soerguer a legalidade asoballada.
En Buenos Aires viviu, soñou e loitou. En Buenos Aires, para ver a vida color de rosa había que meter «veinte centavos en la ranura». Había
19
Os eruditos analizarán as referentcs biográficas nos Biosbardos ou en La Catedral y el niño. Falarán de novelas suburbanas e dunha linguaxe obscena e procaz. Celebrarán ágapes subvencionados para rescatar a Escadeira de Jacob. Dirán, en fin, que malvivíu no fío da navalla entre o desencanto e as auscncias dos amigos compartidos. Analizarán narradores e narratorias historias secundarias e principais e soterrada denuncia dunha cidade levítica. Un ano de celebracións sempre ten moito que falar. Diagnose: infarto de miocardio.
www.faximil.com
El, que nacera entre flores de xénero, adobíos de sombrereiría, globos de papel e ramiños de noiva, que medrara entre señoritas b e a t a s , corrilleiras,neneirasemisiasenloitadas que facían tertulia na floristería da súa nai, sentiu o afego dos dezaseis anos e agabeou no primeiro tren das súas fuxidas. De Guillarei a Tui, entre dous gardas, inventa excusa, para non voltar. Logo, a man amiga dun descoñecido, o médico D. Dario Alvarez Limeses, acolleuno na súa casa.
Así que, no aburrimento dun atardecer de sábado, resolveu rescatar a memoria. Había que contar aquela navallada na procesión de Corpus. Era preciso volver ó encontro da Raxada e do Milhomes, da Rosarito c do Bocas, das súas andainas polos arrabaldes, mentres contemplaba A Esmorga daquela Xentc ao Lonxe.
() Pornño-Miy*
Se un descoñecido che manda un fax, iso é IMPULSO.
PINCHAZO No Concello de O Porriño hai facturas tan curiosas como esta: «Arreglo pinchazo y otros: 104.768 pesetas. « MANTIDO
LETRAS GALEGAS Chega Novás un pouco alterado á Comisión de Cultura e de seguida fai saber a que se debe o seu estado de preocupación: «¡Este ano as Letras Galegas cadran polo 5 ou 6 de maio!» Tome nota pois todo o país: este ano por orden de Novás o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, vaise celebrar o día 5 de Maio. OUTRA DE CULTURA O Sr. Novas, en calidade de Presidente da Comisión de Cultura, invita ós demais membros da mesma a visitalas obras da Graduada un luns. Chegado o momento do encontro comunica que a visita queda suspendida. ¿ Motivo? Barros non lle deixou a chave. Logo escoitouse dicir a Barros: « Pero, ¿quen é Novás para ensinar a Casa da Cultura sen permiso?. ¿Onde están as chaves, materile...?
'Por Francisco Quintas/Raúl Francés
PESCA DE ALTURA Para o Parque Canónico atopamos facturas de fío de pesca (tanza) por valor de 200.000 pesetas. Con tanta tanza poderíase pescar peixe ben gordo ¿non s¡?. FAX Un curioso fax, enviado dende o Concello de O Porriño e asinado pola empresa de imaxe IMPULSO, aseguraba que a Casa de Cultura ía ser inagurada a mediados de abril. Nen Novás, nen Barros din saber nada do asunto.
CEREBRO
Outro curioso apunte contable no Concello de O Porriño: «A Gabi: Informebiolóxico residuossólidos: 195.177 pesetas» Se tanto lle pagaron a Gabi, ¿canto cobraron Fofito e Milikito?. CARAMELOS O extraordinario Papá Noel que regalaba caramelos polo Porriño no Nadal so tiña un problema: cando se lle acababa a bolsa de un quilo de caramelos tiña que voltar ó despacho do Alcaldea buscarunhanova. Sabendoquetamén na Cabalgata dos Reis Magos ía un coche detrás con Mari Carmen Ribeiro para cando se lle acababa o suministro ós monarcas, imos empezar a pensar que eses caramelos das festas de nadal debían ser verdadeiramente caros. ¿Meterían os que sobraron na Caixa Forte do Concello ou ben os colocaron a prazo fixo nun banco como cos cartos da Expropiación da Granxa do Louro?. PLACA Gostan os políticos de facerfiguraro seu nome nas inaguracións e as veces poñen unha placa. A placa que no Parque Canónicodi que este se fixo baixo o mandato de Barros,e que mesmo ten a sua efixie en baixo relevo, veu costar 600.000 pesetas. E dificil de saber cal é a cara máis dura: a do escultor que pasou a factura, a do Alcalde que encargou o parqueou ben a cara de bronce do mesmo Alcalde que está na placa. MAIS DE PLACAS
O Sr. D. Luís Riego aseguraba no Faro de Vigo que se algunha vez a sua fábrica emporcaba o Rio Louro sería a causa dun fallo no cerebro da depuradora. Temos comprobado que a citada empresa segue a verquer indiscriminadamente no rio. ¿Escarallouselle o cerebro, Don Luís?.
5 placas que levan a firma do Sr. Canónico exclusivamente custaron 112.000 pesetas. A 24.000 pesetaspor firma. ¡Calqueira lle pide un autógrafo ó escultor!. LOBATON
CUESTION DE PESO Medio Porriño pensa en escribir ó programa ¿Quién sabe donde? para que localicen ó que d¡ ser concelleiro no Porriño pero case nunca aparece nos plenos. Atención. Búscase concelleiro do Pertido Popular. Baixo de talla. Atende polo nome de Luís.
Sabemos que as Festas de Mosende recibiron 200.000 pesetas de subvención e as de San Benito somentes 50.000 pesetas. Inda que ámbalas duas cantidades son ridiculas, serven para demostrar que segue pesando máis Barros que Chinchín.
20
www.faximil.com
0 Porriño
O inefable escultor Canónico, habitual nesta sección, víñanos saíndo ós porriñeses, a parte doutros ingresos, a 6.200 pesetas/día no Motel Acapulco por dormida e 3.000 pesetas/día no RestauranteCastroporcomer. Ousexa, estancia e manutención 285.000 pesetas/mes. Algún día habera que bota-la conta dos meses que estivo entre nos este ilustre persoaxe.
A Tira d * e Cousas
CIRCO
OPonmo-Mcs
"Por Raúl Francés Valverde
VAI DE COSTUMES 0 Concello de Mos, que presume de ter moitos cartos aínda que poucos servicios, tomou dous acordos recentemente que en ámbolos dous casos beneficiaban ao Primeiro Tenente de Alcalde, con informes do Secretario do Concello e incluso nun caso do propio Avogado do Estado, contrarios a iso, segundo palabars do Alcalde por ser un costume proceder desta forma nos que: Abonáronse dietas por valor de máis de 200.000 pesetas por presidir comisións de Goberno en ausencia do Titular, cando as Bases de Execución dos Presupostos recollían claramente que a dieta de 25.000 pesetas, por sesión correspondían só ao Alcalde e non a quen o sustituía. Para evitar denuncias no futuro ás Bases do ano 1993 xa recollen que as 25.000 pesetas pagaranse ao Alcalde ou a quen presidaas Comisións. ¿Para que facía falta esta aclaración se existe un costume?. Por outra banda e dado que a Lei impedíacontratarconestablecementos propiedade dos membros da Corporación ou de calquer familiar ata o terceiro grao, non se puido pagar unha factura de preto de 600.000 pesetas a unha Librería propiedade da Dona do Tenente de Alcalde e tomouse o acordo de darlle unha indemnización por esa cuantía por ser un costume neste Concello de comprar nesa Librería. Por se acaso e como esta factura era doano91 eforadenunciadanoano92 buscouse outra fórmula para manter as vendas e evitar as denuncias. A Le¡ recolle claramente a forma de amañar estes casos sen problemas: DIMITINDO do posto de Concelleiro. SEGUIMOS USANDO OS CARTOS A VONTADE DO EQUIPO DEGOBERNO Despois de sete anos de exercer o labor de limpeza nun Colexio Público do Concello, sen ningún informe en
contra, sen ningunha chamada de atención en todo este tempo, o Sr. Alcalde decidíu despedir a unha empregada municipal e sustituíla por outra persoa xa que a plaza de traballo tiña que manterse. A cousa chegou ó Xulgado do Social en Vigo e, loxicamente, a sentencia foi favorable á traballadora que debería ser restituída no seu posto de traballo. Pois non, o Alcalde, cos cartos de todos, decidiu indemnizar á traballadora con 413.886 pesetas contra a vontade da mesma. Presuntamente esta situación ten algo que ver co tipo de voto que cada persoa se pensa que exerce. Pois si que andan caros os votos. O PRESIDENTE DA XUNTA VISITOU MOS A CORRER Recentemente visitou o Concello de Mos o Presidente da Xunta de Galicia, D. Manuel Fraga Iribarne para inaugurar unha depuradora da rede de sumidoiros de Tameiga construída sen aportación ningunha da Xunta. de Galicia, ademais do Centro Ocupacional de Mos, subvencionado na súa totalidade polo INEM e o Centro de Promoción de Emprego, dependentes do Goberno Central.¿Que facía o Sr. Fraga nestas inauguracións?. Pero o máis chocante é que os Concelleiros foron citados por escrito no Concello para a recepción ás 5 da tarde e os que chegaron antes das cinco menos dez topáronse con que o Presidente xa se fora, pensando probablemente que tamén o reloxo é seu. ¿SERAVERDADE? O Sr. Alcalde dixo nun recente Pleno Municipal que se pensa por en funcionamento a rede de sumidoiros de Sanguiñeda, sen esperar a que exista a preceptiva depuradora no Concello de O Porriño, xa que está previsto que esta rede verta o xeral de O Porriño pero, naturalmente, debería de ser cando as augas sexan tratadas. ¡POBRE LOURO!. ¡POBRE PORCO LOURO!.
21
"Por Fco. Xabier Fontaina
¡A¡, Doutor!: Estase a construír nuns terreos adosados ao Sanatorio O Rebullón, o Centro de Saúde de Mos. Segundo un famoso concelleiro do PP, "profesional" da sanidade, non queda contra man, nin importa que non teña servicío de transporte público, "pues hoy en día todos tenemos coche propio para desplazarnos". Como se as persoas que precisan destes centros non fosen os sectores de poboación máis débües e con menos posibilidades de desprazamento, ao ser fundamentalmente os enfermos; os nenos/as, as mulleres e os vellos/as. Cultivos: Angel Sio de Petelos, concelleíro do CDS pero cada vez máís vencellado a quen lle fai as beiras (o PP), non corta as silvas que dende unha finca súa invaden a marquesina situada á beira da estrada, pois entende o devandito concelleiro que: "la marquesina está en propiedad privada". Dito doutro xeito: é o "cultivo" de silvas o que se ve gravemente afectado e asoballado pola presencia da marquesina.
Mos
Parte e reparte e levara-la mellorparte:
Un pouco na liña marcada pola CEOE, ha¡ traballadores do Concello que non verán subi-los seus salarios máis alá dun dous por cento, segundo o aprobado en sesión plenaria. Descoñecemos en que porcentaxe subiron os seus, o alcalde e demais concelleiros do PP. De pobres a millonarios: Coa macro-planta de empaquetamento de lixo que o Conselleiro da COTOP afirmou en visita a Vigo, se vai instalar en Mos, pasariamos de non ter un so camión de recollida de Nxo nas nosas parroquias a soportar a entrada e saída destes vehículos fedorentos doutros concellos da provincia. ¿Con que favores está a pagar o alcalde os seus ascensos no PP?. Obxetores e obxetos: No derradeiro pleno de xaneiro deste ano foi aprobado por unanimidade solicitar obxetores que cumprirían ca PSS en Mos. Estes "funcionarios" non poderán denunciar casos de incumprimento de Convenio laboral, como o fixeran os do ano pasado vía maxistratura. Tomen nota: O pasado sábado 26 de decembro o pleno aprobou cos únicos votos a favor do PP o'presuposto para o 93, o que prevé que paguemos entre outros: 100 millóns por impostos directos, máis 27 millóns por impostos indirectos e máis 57 millóns de taxas e outros ingresos varios. Medidas: O alcalde recurríu a sentencia referente ao monte Faguiña en Tameiga, mais non recurrira a relacionada co monte Cotiño en Dornelas. Unha mídese con varas e outra con ferrados. A mamar: O concelleiros (PP) que van ir representando ó Concello, na viaxe a Arxentina, poderán anotar dietas, aínda que por ser no estranxeiro sexan elevadas. Todos son tetos.
www.faximil.com
VAIDE COSTUMES
COUSAS
* Por Francisco Xabier Fontaina
OS PRIMEIROS PASOS Ao redor do ano 1919 espertara unha apaixoada ilusión polo futbol en Tameiga. Por entón formouse un equipo de once xogadores, chamado ESTRELA de Tameiga, que retaba a cantos ousasen plantarlles fronte. O ESTRELA non dispuña de equipaxe e os primeiros anos xogaba de outubro ata marzo, nun campo que o resto do ano cubríase de millo, moi perto do adro da igrexa. Porén logo pasaría a xogar xa todo o ano nun descampado onde hoxe está situa-
da a fábrica de cerámica Maforce, en Puxeiros. Aliñábase no ESTRELA: Carrizas como porteiro; José Alonso, Cesareo e Angelito na defensa; Manuel Beltrán (presidente e entrenador á vez), Baldomero (emigrou no 1925 á Arxentina) e Fuiña na media; Manuel Martínez (de Tabagón), Quico (de Budiño), Pampillón e Pereiro (feixista que sería tiroteado e morto en 1941 na tenda-bar do Sr. Beltrán) na dianteira. DECISIVA TRANSFORMACION En marzo de 1927, baixo a presidencia do seu fundador, entrena-
De esquerda a dereita, tres xogadores do Verítas: Cecilio, Manuel Beltrán e Ceferino Troncoso.
dorexogadorávez, ManuelBeltrán (que poraquel entón era representante das máquinas de coser xermanas Veritas), e a moi estimada axuda dos irmáns vigueses Emilio e Arturo Xiráldez (que veraneaban no chalet de Pampillón en Pousada) mércanse equipaxes para tódolos xogadores, que vestirían: pantalón branco, camisetaazul celeste e medias negras cunha banda vermella. Recibe o nome das máquinas de coser VERITAS, e pasa a xogar nun terreo moi perto da presa de Guirixe na Rans, chamado ata entón A Coutada de Guirixe, pero logo se chamaríaO Fabol ata hoxe (polo son das palabras inglesas foot-ball) hoxe en día conforma tres propiedades adicadas a prados e viñas. En 1928 o VERITAS de Tameiga recibe novos reforzos que serían Antonio Beltrán (porteiro), Cecilio, Senlle, Arturo, Doro, Ceferino (de Terna), Duce (Ceferino Troncoso), Juanito e José Alvarez Sio (Chuchapitos). NA REPÚBLICA En 1931 o Sr. Beltrán escribe unha carta ao goberno da República en Madrid, pedíndolle apoio económicoparaoclube.contestándolle un deputado quen lle manda unha subvención do goberno. Eran tempos difíciles, non se cobraban entradas e "pasábase de gorra" entre o público. Máis tarde apareceron os primeiros sociosque pagaban unha peseta ao mes. Os
22
www.faximil.com
ERITAS: máis que un clube deportivo.
xogadores non cobraban nada, pagándose do seu peto a equipaxe e viaxes a outros campos sitos en Mosende, Salceda, As Neves, Mondariz, Salvaterra, Torneiros, O Grove, Sanguiñeda, Prado, Guillarei, A Toxa, etc. Os xogadores unha vez sairon a pedir axuda para o clube pola parroquia, lembrándose o Sr.Ceferino Troncoso, que cando foron á casa do cura, don José María, este tatalexando díxolles: "Veritas, veritas; véritas, que é palabra latina, a outra é xermana, protestante" e deulles cincuenta pesetas, que daquela eran moitos cartos. Negociábanse cesións e traspasos con outros equipos, así por exemplo, Tante, Cholo e Rero procederon do Cabral, trocados polos atletas do VERITAS Antonio Rodríguez e Manuel Pichel.
de diversos xogadores e ser preciso un permiso especial para a realización de calquera acto público. Xa no 1938 en plena guerra e debido á prohibición de facer actos con aglomeración de xente, por parte de calquera colectivo non rexistrado legalmente, inscríbese na Federación entre outros moitos clubes, o VERITAS de Tameiga; o que o convertiría no primeiro clube federado de Mos, pasando a xogar en diversos torneos comarcais. Debido ao desnivel, pequenas dimensións de O Fabol e ao seu carácterde propiedade privada, nos anos cuarenta, xogadores e afeccionados acordan facer un novo campo no Coto Torrón, o que os leva a "traballar ata de noite con candís e cestos nos que tiramo-la terra ao lombo".
publicacións e libros da biblioteca para entregarllos ao alcalde de Mos (Coca), quen viñadeformara Unión Deportiva Mos, a cal recuperaría o antigo campo do ESTRELA en Puxeiros, para xogar na serie A.
Xogadores que formaban o mítico Suevia de Tameiga, antecesor do actual Louro.
NOVOS CLUBES Debido á rivalidade entre os seguidores da Unión Deportiva Mos e os arraigados ao VERITAS, estes últimos fundan no 1953 un novo clube ao que chaman SUEVIA de Tameiga e que tamén preside o Sr. Beltrán, quen por aquel entón era corresponsal de "El Pueblo Gallego". O SUEVIA durou ata o 1965, ano en que unha débeda coa Federación de 735 pesetas, faino desaparecer para dar lugar ao nacemento do actual LOURO de Tameiga nese mesmo ano.
DESFEITA Durantea guerra civil, nun principio non se xogou, debido á desfeita de moitos clubes, á "mobilización"
Unha excisión da xunta directiva no ano 1949, saca do local (que estaba na Rans) os arquivos e actas do clube, xunto coas
23
www.faximil.com
AGUERRA
o
FERROCRRIL ATRAVESA
O VALDALOURIÑA.. A
partir da promulgación da Le¡ Xeral de Ferrocarrís de 1855, durante o bienio progresista, prodúcese unha febril actividade nas construccións ferroviarias en España, se ben, este intento de modernización resulta tardío en relación co resto de Europa. Nun primeiro período, comprendido entre 1855 e 1867 ábrense unha grande parte das liñas, construíndose uns 500 quilómetros de media ó ano, dentro dun controvertido modelo radial escollido atendendo a consíderacións políticas e administrativas e a un desexo de min¡m¡za-los custos de construcción e de explotación. A acción do Estado centrouse na concreción dun marco legal e na subvención das diversas liñas, correspondendo a iniciativa da construcción ás compañías privadas, nas que era maioritario o capital estranxeiro. Galicia non participa neste primeiro período de construcción ferroviaria, sufrindo un considerable atraso en relación coa implantación da rede no resto de España. As causas poden relacionarse coa propia situación socio-económica de Galicia e, como sinala Xan Carmona, coa incapacidade do capital rexional para efectua-lafinanciación, coa dificultade da construcción que provocaba un elevado custe económico e poucas garantías de rendibilidade e tamén cunha primeira división e rivalidade entre as principais cidades galegas ante os primeiros trazados propostos. Esta rivalidade refléxase nas páxinas da prensa galega, sendo un exemplo, no caso que nos ocupa, o Faro de Vigo, nado en 1853 en relación cos intereses mercantís da cidade, xa que, dende a súa saída á rúa, mostrará un apoio constante á concreción dunha liña que partindo de Vigo a través de Ourense poña en contacto oportoviguéscocentrode España. Paralelamente, aprensa viguesa incide na necesidade dun ferrocarril que comunique as cidades de Vigo e Porto, aparecendo as primeiras referencias no propio Faro de Vigo no ano 1857, cando o xeneral Rubí, secretario de Prim, fai as primeiras proposicións neste sentido ó goberno portugués. As primeiras intencións estatais de comunica-lo porto de Vigo co interior da Península refléxanse nun Real Decreto de agosto de 1853 referente ós estudios dunha liña de Barcelona a Vigo a través de Zaragoza e Madrid. No ano 1857, segundo informa o Faro de Vigo, ocúpase Eduardo Gutiérrez
Calleja, por orde do Director Xeral de Obras Públicas, da comprobación dos estudios dunha liña de ferrocarril de Zamora ó porto de Vigo en base a un proxecto de trazado ata Caldelas efectuado polo enxeñeiro Melitón Martín. En agosto dese mesmo ano.os axudantes de obras públicas fan as comprobacións pertinentes na zona do Porriño. En 1858, o Congreso aproba o proxecto de ferrocarnl para Galicia, cunha liña de Palencia a Coruña con ramais a Vigo e Asturias. Finalmente, perfílansecomodefinitivasasliñasde Carril a Santiago, de Coruña a Palencia e a de VigoOurense-Monforte. En relación con esta última, unha Real Orde, asinadaen Madrid o 28 de outubro de 1860, foi aprobada como proxecto definitivo, os estudios do tramo de Ourense a Vigo levados a cabo polo enxeñeiro Francisco Javier Boguerín, propondo ademais que os modelos e deseños especiais de obra de fábrica servirán tamén para o tramo de Ourense a Monforte, aínda por determinar, e punto final onde esta liña empalmaría co resto da rede. O 23 de xuño de 1863, celébrase na cidade de Vigoa inauguración dasobrasdotramodeOurensea Vigo, doque é concesionario Juán Flórez, que pouco tempo despois traspasa a concesión á Compañ ía dos Ferrocarrís de Medina a Zamora e Ourense a Vigo. Polas mesmas datas lévansea cabo os estudios de variación do trazado de Redondelaa Vigo. As obras da liña Ourense-Vigo demóranse considerablemente, reclamando a prensa viguesa reiteradamente o avance das mesmas, mentres o Estado concede sucesivas prórrogas á compañía de MZOV. En 1875, ano no quese leva a cabo a inauguración da liña A Coruña-Lugo, aíndase traballa no túnel dos Valos, a maior dificultade constructiva de todo o trazado, contratada con Carlos Vaquero, veciñode Arbo. Tamén participa nas obras como contratista, o porriñés Bartolomé Peña, que asume a colocación de travesas, asentamento e reparacións da vía no tramo comprendido entre Vigo e Salvaterra, así como outras de fábrica e de explanación nesta parte do trazado. En outubro de 1875, ocúpase este porriñés na colocación dos primeiros tramos da vía na estación de Vigo. Nesas mesmas datas traballa na
24
www.faximil.com
"Por Xosé M. Iglesias
O Pomño-Mo*
Grupo de topógrafos que traballaron na liña do ferrocarril a finais do século XIX. (Fotografía de) (FOTO FEITA EN CASA-RESTAURANTE DE D. MODESTO GIRALDEZ)
25
Locomotora de vapor 120-0202 dos anos 1877-78.
"O tren detíñase no apeadeiro de O Cerquido, onde os viaxeiros tomaban as dilixencias A Portuguesa e Volador de Vigo que os levaban, atravesando o Miño en barca, ata Caminha onde tomaban o tren que a través de Lisboa os levaba a Madrid."
www.faximil.com
apertura de trincheiras na zona de Mos e nas obras de terraplaneo no Porriño. Todo o material para a liña de Vigo-Ourense chega a través do porto vigués, sendo transportado ata a estación de viaxeiros a través dunha vía provisional que subía pola rúa do Ramal (na actualidade Colón). Dende principios de 1876 comezan a chega-las pezas das primeiras locomotoras, plataformas e coches. O luns 12 de xuño de 1876 o Sr. Cantero, director xerente da compañía MZOV conduce a primeira locomotora polos nove quilómetros asentados no tramo entre Vigo e Redondela, locomotora que será utilizada a partir destes momentos no transporte de material para o asentamento da vía. O día 30 de xuño do mesmo ano celébrase, coa presencia das primeiras autoridades provinciais, o paso da primeira locomotora polo viaducto de Redondela. As probas'de carga do viaducto, obra dirixida polo enxeñeiro Augusto Cazaux, esperarán ó mes de decembro de 1877, xa que, cando se esperaba un avance notable nas obras e no asentamento da vía cara Salvaterra, derrúbase en xullo de 1876, parte do túnel dos Valos, no seu tramo final, na dirección do Porriño. A Compañía de MZOV encárgalle, dende ese momento, a Bartolomé Peña as obras de reparación e remate do túnel. Aínda que o tramo de Redondela a Vigo considerábase oficialmente inaugurado na viaxe que fai o rei Alfonso XII no verán de 1877, dende Redondela a Vigo, o primeiro tramo que entra en funcionamento é o de Vigo a Guillarei, imaugurado oficialmente o 17 de marzo de 1878. Neste día, sobre as nove da mañá chegaba á estación do Porriño o tren inaugural, onde é esperado por algúns privilexiados veciños do val da Louriña para continuar viaxe ata Guillarei.Segundo aínformación que a propia Compañía transmite ó Faro de Vigo, o percorrido de 23,6 quilómetros entre Vigo e O Porriño
O l'oniíioAÍov
12 - PORRIÑO. Estaclón Ferrocatril
MWéám
facíase en 62 minutos, máis unha parada de dez minutos en Redondela, custando 13 reais en primeira, 7,5 en segunda e 6 en terceira. Nestes anos, aqueles viaxeiros que se aventuraban a face-la viaxe a Madrid comezan a util¡za-lo ferrocarril portugués que nestas datas chega a Caminha. O tren que partía de Vigo, detíñase no apeadeiro de O Cerquido onde os viaxeiros tomaban as dilixencias "A Portuguesa" e "Volador" de Vigo que os levaban, atravesando o Miño en barca, ata Caminha primeiro e Segades despois, onde tomaban o tren que a través de Lisboa os levaba a Madrid. Rematadas obras da ponte metálica sobre o río Tea, inaugúrase o 10 de novembro en 1878 o tramo entre Guillarei e Salvaterra. As obras toman un maior dinamismo a partir do contrato firmado en xuño de 1879 entre a Compañía de MZOV e a Sociedade do Crédito Catalán, abríndose progresivamente novos tramos: en setembro de 1879 chega o ferrocarril a As Neves, en decembro de 1880 a Arbo. Finalmente o 9 de xuño de 1881 inaugúrase a liña entre Ourense e Vigo. O proxecto da Ponte Intemacional e ramal Guillareifronteira, redactado polo enxeñeiro español D. Pelayo Mancebo completaban esta liña. As obras deste ramal, contratadas con José María Paredes, están rematadas en novembro de 1883, data na que se recibe a autorización para a apertura da explotación. As da Ponte Intemacional son adxudicadas á casa francesa Braine le comte e serán dirixidas polo enxeñeiro Sr. Cazaux e polo enxeñeiro ruso Schoulepnikow, auxiliar da dirección de obras. As de fábrica son contratadas coa sociedade Astray Moneo de Santiago e dirixidas polo Sr. Ripoll. En novembro de 1881, afectúanse os estudios de replaneoda Ponte Internacional, paracolocarenfebreirode 1882 a primeira pedra. Dous anos despois, no mes de febreiro, fanse as probas de forza, retrasándose a inauguración ata o 25 de marzo de 1886. As obras da liña de Pontevedra a Redondela comezan 1 n 1881 baixo a dirección do enxeñeiro Carlos Cardenal. No
26
ano 1882 colócase a primeira pedra do segundo viaductode Redondela, executando as obras de fábrica o contratista Benito Urtiaga e as metálicas a casa Terrestre Marítima de Barcelona que tamén constrúe a ponte de Sampaio. A dirección dos traballos desta última son levados a cabo polo enxeñeiro Sr. Meric, mentres que os de Redondela corren a cargo do enxeñeiro Sr. Wirtz. O día 30 de xuño de 1884 inaugúrase definitivamente esta liña. Finalmente, no mes de abril de 1885 remátase a liña Ourense-Monforte posibilitando o enlace co resto da rede española. Segundo informa o Faro de Vigo, o expreso que saía da Estación do Norte ás sete da noite con destino a Coruña e Vigo, chegaba a esta última cidade ás doce da noitedodíaseguinte. Nosentido inverso, oquesaíadeVigo ás cinco da tarde chegaba a Madrid ás dez da noite do día seguinte, co que se melloraban as 34 horas que levabao viaxe a Madrid collendo o ferrocarril portugués. En O Porriño as instalacións ferroviarias reciben unha remodelación en 1889. Segundo informa o Faro de Vigo, en xaneirodesteano.osconselleirosdaCompañíaSres.Sallehy e Bros visitan ó Conde de Ramiráns para tratar do emplazamento da nova estación, xa que a primitiva erade madeira. O primeiro de marzo comezan os traballos de cimentación do novo edificio que nos finais de ano está próximo a rematarse. A chegada do ferrocarril ó Val da Louriña constitúe un estímulo para algunhas das actividades económicas da zona, xa que favorece a aparición de novos mercados. En relación co ferrocarril pódese situa-la aparición das primeiras avícolas, con reseñas na prensa de notables envíos caraa Barcelona e Madrid. Será tamén, un dos argumentos utilizados por Domingo Bueno para que o Matadeiro MARUCOGA se instale def initivamente no Porriño no período da dictadura de Primo de Rivera. Tamén impón as súas condicións, xa que o desenvolvemento urbano do Porriño quedará limitado por unha liña infranqueable que non traspasará a construcción máis que na zona do paso a nivel.
www.faximil.com
A esquerda. fotografía da estación de ferrocaml porríñesa e o lugar do actual paso a nivel. (Tarxeta postal imprimida pola Fototipia Thomas de Barcelona para Servando Diz). Á dereita e enriba, traballos da liña feroviaria na rúa do Ramal, actualmente rúa Colón de Vigo. (Gravado publicado en "La llustración Gallega yAsturíana", n9do 10.111.1879). Debaixo, a chegada a Ourense do primeiro convoida liña férrea que enlazou Vigo conaquela capital. (Debuxo de "La llustracion Gallega y Asturiana. ng do 18.IV. 1881). Na foto pequena, a locomotora Mikado 141 F- 2343.
O Porriño-Mos
E
N
T
R
E
V
I
S
T
A
Marita Ocampo (DOUTORA EN MEDICINA) 'Por Uxía Domínguez Senlle
¿Non é ás veces desesperanzador que, despois de tanta información, a xente manteña aínda actitudes inxustas e de rexeitamento cara áspersoas xa infectadas?
Marita Ocampo é unha prestixiosa profesional da medicina, pediatra e xefa da sección de neo-natoloxía do Hosital Xeral de Vigo. Totalmente entregada á súa profesión, ela é nestes momentos, un baluarte importantísimo nas campañas informativas e de prevención que se organizan en múltiples puntos xeográficos galegos.
Eu raramente tiro a toalla, pero de tódolos xeitos, é incomprensible, porque agora sí hai información. O que pasa é que hai xente que non se fía do que se lles di. A SIDA non Dra Ocampo, ¿ por qué nestes últimos tempos estcis tan se lle marxina so como enfermidade, senón máis ben porque volcada nas campañas informativas arredor da SIDA ? ¿ a unen a outras situacións sociais de marxinalidade, por iso quefactorfoi o que determinou o teu compromiso con este me parece aínda máis inxusto. labor de concienciación ?.
27
¿ Pensas que segue habendo dúbidas con respecto ás vías de transmisión, a pesares da información ?
Debe habelas cando a xente di que por picaduras de mosquitos, ou porque un neno conviva nunha escola, ou porque un paciente conviva coa súa familia, poida existir unha vía de contaxio. Existen campañas de información, o que creo é que se deben intensificar, facelas chegar a toda a poboación e, desde logo, pedirlle a toda a sociedade que confíe nesa información.
Agora mesmo hai un alarmismo crecente. Nalgúns casos falan de que A SIDA se contaxia polo alento, polo cuspe. ¿Poderías aclarar cales son as únicas vías de transmisión daSlDA?.
Eu non teño que aclarar nada. Os expertos din moi ben cales son as vías de transmisión da SIDA e eu non teño que engadir nada ó que eles din. As vías son as ben coñecidas: a
www.faximil.com
Como xefa da sección de neo-natoloxía, que se ocupa dos recén nacidos no Hospital Xeral de Vigo, cando empezou a problemática da SIDA, comezamos a ver nenos e nenas fillos de nais seropositivas ou enfermas e, como consecuencia, nenos seropositivos. Creouse así a necesidade de crear unha consulta polarizada na problemática destes rapaces. Esta consulta naceu a partir da sección de neo-natoloxía. En primeiro lugar a iniciou outro médico que provisionalmente marchou do Hospital e logo xa me encarguei eu dela con outropediatra, moi interesado en enfermedades infecciosas (o Dr Manuel Vilela ) e levamos conxuntamente o tema. Non é que eu me polarizara especial mente no tema da SID A, o que pasa é que como levo esta consulta, teño a necesidade de sair en defensa dos nenos seropositivos e das súas familias, candoos seus dereitos se vulneraron, porque un médico non debe ver só a saúde física do seu paciente senón a saúde afectiva, socio-económica, etc. E unha maneira de ver integralmente aun nenoenfermo. A SIDA é unhaenfermidade que se debe contemplar cunha perspectiva integral e multifactorial : o enfermo, o seu entorno familiar, o factor socio-económico ...
() Püiriño-Mos
Na túa experiencia ate agora, neste tipo de campañas informativas como colaboradora do Comité Anti-Sida de Vigo, ¿ como é a reacción das persoas, en xeral, e máis en particular, nos colexios, para as APAS, educadores e alumnos Nunca tiven experiencia cos nenos. Eu sempre falo para adultos, e a reacción sempre foi magnífica, captaron tódalas ideas que eu lles transmitín. O diálogo ó final das charlas sempre foi aberto e sen cortapisas. Eu teño que dicir que a SIDA, que é unha das máis grandes epidemias deste século, e comezaremos o seguinte tamén con esta enfermidade, tivo algo positivo: tirou abaixo tabúes. Hai cousas das que hai quince anos se falaba con cantidade de problemas. Hoxendía fálase libremente. Eu nunca falei para nenos e adolescentes, pero si para Asociacións de Pais e profesores e a respostafoi sempre óptima. Nunca tiven ningún problema. Ó contrario, entenderon moi ben a mensaxe e estableceuse un diálogo. Tamén cando falei en Asociacións Culturais, como aquíen O Porriño para a Asociación Cultural do Louro, con escasa participación por certo, creo que se entendeu. Claro que a xente que asistiu, eu creo que xa estaba concienciada previamente.
¿ Ti cres que as institucións están funcionando adecuadamente no que respecta á prevención da saúde ? Marita Ocampo, pediatra e xefa da sección de neo-natoloxía do Hospital Xeral de Vigo
través do sangue, utilizando agullas ou xeringas contaminadas con sangue, a vía sexual, tanto homosexual como heterosexual e a vertical: nai-fillo. Hai que crer no que din os expertos.
Ültimamente hai unha campaña que provén dos sectores máis conservadores da sociedade e quepretende difundi-la idea de que ospreservativos non son efectivos para evita-lo contaxio. Pregoan que o máis efectivo é a abstinencia sexual. ¿ Ti que pensas ?
O Porriño é un pobo castigadísimo pola droga, cunha cantidade enorme de problemas de SIDA, naturalmente. ¿ Cres que o labor de prevención que se está a facer é suficiente, é inexistente ? ¿ Que pensas ?
Eu sempre digo cando me fan esta pregunta que non hai que confundir a sanidade coas cuestións relixiosas, ideolóxicas, etc. Evidentemente a abstinencia é un método boísimo para evitar a enfermidade, pero se se respeta que a poboación, en xeral, utiliza o sexo, debemos dicirlle como ter relacións sexuais e non pasar polo risco dun posible contaxio de SIDA. Entón, a Organización Mundial da Saúde ( non o digo eu ), di que o preservativo, homologado, ben escollido, é un método ef icaz na pre vención non só da SID A, senón do contaxio das enfermidades de transmisión sexual e, como non, do embarazo non desexado. Eso está moi claro, non hai que dar máis voltas ó asunto. A prevención da SIDA pasa por unhas medidas sanitarias, non por medidas ideolóxicas nin relixiosas, nin de outra índole.
Eu non coñezo ningún traballo específico de educación sanitaria en concreto, sobor de todo, orientada ó SIDA. Entón sería interesante que se plantexara por parte das autoridades sanitarias e educati vas, algo similar ó que se está plantexando no Concello de Vigo actualmente e que se porá en práctica en breve, da prevención da SIDA e outras enfermidades de transmisión sexual na adolescencia. Porque a adolescencia eu insisto en que é unha idade de alto risco, porque aí comenzan prácticas de risco como o consumo de drogas, as relacións sexuais non protexidas, etc. A adolescencia é un grupo diana perfecto para a prevención. Hai que empezar xustamente nesa idade. Non só a prevención da SIDA, senón a prevención da drogadicción e do consumo de alcohol.
28
www.faximil.com
Eu sempre digo que as cuestións da saúde son competencia das institucións, non son cuestións de comisións por aquí e por alá. A promoción da saúde compete absolutamente ás nosas autoridades. O que pasa é que os comités de loita contra... suplen a carencia do que terían que facer as institucións. Pero a a educación sanitaria é competencia das autoridades sanitarias e educativas.
() Porriño-Mos
¿ Paréceche grave o consumo de alcohol nestes momentos entre os adolescentes ?
Moi grave. E realmente preocupante. A min cando os pais desaforados fan unha protesta porque non queren a un neno infectado por SIDA na escola e se preocupan e se reunen e fan protestas ás Consellerías correspondentes, ó claustro de profesores, etc, eu sempre digo que están malgastando as súas enerxías porque teñen puntos enormeinente vulnerables na infancia. Teño que dicilo como pediatra e como persoa. Uns son os accidentes infantís, domésticos e de tráfico, que é a primeira causa de morte na infancia. Outros son os perigos tan enormes nos que colocan ós seus fillos que contemplan as actitudes insolidarias, inxustas e tendentes á marxinación dos seus pais. Eu estou convencida de que os nenos aprenden en primeiro lugar o que se lle ensina nas súas familias, logo na sociedade. Están dándolle un mal exemplo para o seu futuro. O racismo, a insolidariedade, mámase día a día. É como a nutrición. O terceiro perigo é a falta de atención. Os pais deben estar pendentes dos seus fillos adolescentes que inician todas estas prácticas de risco das que falei. Un tanto por cento elevadísimo periga por descoñecimento e, no caso das relacións sexuais, sen ningún tipode protección.
Coas terapéuticas, coas drogas antivíricas, a calidade de vida é moi superior. Viven máis e mellor.
E agora, indo a unhu cuestión máis local, ¿ poderías ti evaluar cales son as deficiencias sanitarias de O Porriño ? ¿ non cres que é moi triste que a estas alturas non exista un Centro de Saúde que se ven reivindicando hai moito tempo e desde diferentes frentes ? ¿ sería este Centro a base operativa deste laborde concienciación, prevención e información do que falamos ó longo da entrevista ?
Un pobo como O Porriño necesita un Centro de Saúde porque un Centro de Saúde non é únicamente un Centro onde se agrupan unha serie de médicos, ATS, asistentes sociais, etc, que poden aliviar ou curar as enfermidades, senón que é tamén un Centro de onde debe emanar a prevención da saúde, é un Centro que debe promove-la saúde e facer un tratamento integral do cidadán. Cura-las enfermidades cando se pode, alivialas, cando non se poden curar e, por suposto, un labor de prevención, do que eu chamo promove-la saúde. Campañas de prevención, da hipertensión arterial, da hipercolesterolemia, entre outras, e por suposto da SIDA.
¿ Están os pais preparados para educarós seusfillos, eles ¿ Qué opinas da medicina alternativa, dos médicos que non recibiron, en moitos casos, a máis mínima formanaturistas, dos homeópatas ? ción ?. ¿ Fálase abertamente nas casas deste tipo de cousas ? ¿ A televisión e o colexio poden suplir esta desinformación ? Eu teño un respeto para todo tipo de prácticas, pero a miña confianza é para a única mediciña na que creo e que practico. Para min hai unha medicina, que é a mediciña científica, pero teño un respeto polas outras medicinas que poden axudar a algúns pacientes.
Á familia non a suple ninguén, nin siquera o colexio, que ten unha parcela importante na educación dos nenos e o persoal docente ten un papel vital na educación dos nosos nenos e dos nosos adolescentes, pero a familia non se pode suplir. Por iso os grandes problemas que teñen os xóvenes, os adolescentes e os nenos actualmente se centran nas condicións familiares e socio-económicas.
¿ És optimista con respecto ó futuro ? ¿ Haberá un tratamento efectivo para a S/DA, e incluso unha vacina ?
¿ Nestes momentos a calidade de vida dos enfennos é mellor, non ?
29
www.faximil.com
Naturalmente. Eu creo que ningunha enfermidade avanzou tanto en dez anos como a da SIDA, non únicamente no seu coñecimento, senón nas súas causas, as manifestacións clínicas, etc, como nos tratamentos. Tratamentos que, se ben agoraécertoquesonpaliativosemelloranacalidadede vida dos enfermos e non son curativos, nun futuro próximo o sexan. Dícese que os vindeiros anos nos traerá a vacina. Eu sonoptimista. Igual non é a moi corto prazo, pero a medio ou a longo prazo, é probable que si.
() Porriftn-Mos
'Por Cuquín
ba cansa de vestirme e espirme durante todo o entroido, e que aquilo non era nada erótico, que buscase outro axudante...
Hoxe vou contar dúas, e noutras ocasións contarei algunha máis. Un ano fun disfrazado de media muller e medio home. Aparte de ter que vestirme a metade do corpo con media falda e media blusa, e a outra metade con media chaqueta e unha perneira do pantalón, e ter que pór un zapato de tacón alto e outro de cabaleiro, o "guión da película" esixía cortarme a metade do pelo e afeitar a metade do bigote, pois unha muller con bigote non pegaba, a pesar de que "habelas, hailas". Entón o martes de entroido, pola tarde, fun a xunto meu peluquero, "Lolo da Barbería", a que me fixera o Iraballo. Cando me mirou entrar extrañouse e díxome: "Que raro ti hoxe aquí, que só cortas o pelo unha vez ó ano, na primeira semana de maio". Un velliño que estaba lendo o "Faro de Vigo" mirou para nós e continuo lendo. Senteime no sillón, e cando lle expliquei a Lolo que quería que me rapara a metade da cabeza e me afeitara a mitade do bigote, o velliño que estaba lendo o periódico deixou de ler e, con cara xa un pouco preocupada, mirou para nós. Lolo díxome que eu estaba parvo e que iso el non o facía. Eu conteille que era para un disfrace de entroido e que, adcmais, o cliente cortaba o pelo como lle daba a real gana. Entre tanto, o velliño de marras, non deixaba de mirar para nós, con cara asustada. Por fin Lolo comezou o traballo, e cando acabou de raparme a metade da
cabeza díxome que me mirara no espello. Eu repliqueille que o chollo estaba ben feito, e que así atopábame moi guapo, mentras o velliño, con cara de medo, deixaba o periódico enriba do asento... "Ben Lolo -dixen eu- agora aféitame a mitade do bigote". A penas dixen iso, o raio do vello levantouse do asento e fixo ademán de marchar. Lolo díxolle que esperara un pouco que xa lle tocaba a el. Entón o vello, con cara de espanto, contestoulle: "Eu con parvos non quero nada". ¡ Miras o que fixeches -dixo Lolo moi cabreado-fastidiáchesmeuncliente...! O peor do caso foi que ó dia seguinte había que chollar, e tiven que estar na oficina con medio bigote e media cabeza rapada... Outro ano fun cun disfrace bastante dificil. Eu ía en posición normal, pero como puxera un pantalón nos brazos, os zapatos nas mans, os guantes nos pés, e unha cabeza de maniquín cntre as pernas, parecía quc ía coas mans polo chan e cos pes polo aire. Ou sexa, en posición invertida. Para presentarme ó concurso de disfraces do Círculo, axudoume a vestir a miña muller, nunha dependencia da Sociedade. Pero xa me avisou que esta-
30
Por iso, cando terminou o desfiledo concurso, busquei a alguén que me axudara a cambiar dc disfrace. Porfin atopei a meu primo, Chito Maquieira, que aínda quc estaba un pouco "alumbrado", podíaservir. Díxenllequequería que me axudara, e el, agachándose e pondo a súa cabeza a altura da cabeza que eu levaba entre as pernas, díxome que ben. Baixamos e expliqueille que o primeiro que tiña que facer era desabrocharme o pantalón que levaba metido polos brazos. El, mirando para a cara do maniquín, díxome que antes de nada tíñame que por de pé, e agarroume da cintura para darme volta... "Pero Chito, se eu xa estou de pé", repliqueille; pero el, agachándose e dirixíndose á cabeza que eu levaba entre as pernas, decía que tiña que darme a volta, se non non podía desabrocharme o pantalón. "Ou te posde pé, ou non che axudo", gritaba Maquieira xa cabreado, no oido da cabeza do maniquín... E por moito que lle expliquei como era o disfrace, e que a cabeza a tiña no seu sitio, empezamos a pelexar, el para darme a volta, e eu intentando quedar de pé. Na loita que comezamos caimos os dous e co trastazo que levamos, a cabeza do maniquín rodou polo chan... Foi todo un espectáculo miraraChito Maquieira, coas mans na cabeza, gritando: ¡Meu Deus, o que fixen: decapitei a meu primo...!
www.faximil.com
Creo que todos coñecen a miña afección a disfrazarme nas festas de entroido e a lucir varios disfraces nun mesmo día. De aí que as anecdotas que poida contar son numerosas.
O Porriño-Mos
1.890 HEMEROTECA
0SILUSTRES VIAXEIROS:
ISAAC PERAL
Súbete nO Tranvía
¿polo río Louro baixaba un submarino? párroco del Porríño señor Castillo, eljuez municipal Sr. Paz, el alcalde Sr. Fernández, el licenciado en medicina Sr. Cobas y el facultativo Sr. Conde.
0 Porriño-Mos V
/
La condesa de Ramiranes obsequió con un precioso bouquet a la señora de Peral. A las seis se puso en marcha el Sr. Peral hacia Mondariz, en uno de los carruajes que le ofrecieron los condes.
(Non fagas a tartaruga)
Al atravesar el vehículo las calles del Porríño, se hacía dificilísimo elpaso con la afluencia de gente que no cansaba de victorear a Peral.
Desde la casa del Sr. Palacios le han sido arrojadas coronas de flores por las distinguidas señoras y señoritas de Palacios, Carrera, Cobas, Gianonati y Lourido. La entusiasta ova"Todas las casas se encontra- ción se prolongó hasta la entraban engalanadas con vistosas da de la carretera de Puencolgaduras. Las calles se llena- teareas. ron de gente y una banda de La entrada en Mondariz ha música se situó entre la estación del ferrocarril y el palacio sido otra ovación para elinsigne del Conde de Ramiranes, don- inventor. Se hospeda en elhotel del establecimiento oficial del de descansó una hora Peral. Sr. Peinador, según telegrama Elilustre viajero fue obsequia- que hemos recibido." do con un lunch al que asistió el (Do Faro de Vigo de 12 de agosto 1890)
31
www.faximil.com
Mondariz convértese nas décadas de finais do XIX, baixo o impulso de Enrique Peinador Vela, nun dos balnearios de maior sona de Galicia. Da estación de ferrocarril do Porriño partían moitos daqueles ilustres "agüistas" que no verán transformaban a pequena estación termal nun centro cosmopolita de primeira orde. No xornal Faro de Vigo, correspondente ó martes 12 de agosto de 1890, atopamos a curiosa reseña do paso polo Porriño do ilustre mariño e inventor Isaac Peral y Caballero, dous anos despois da botadura do seu submarino. O mariño, que chegara a Vigo o domingo 10 de agosto, toma ó día seguinte o camiño do Porriño coa intención de pasar unhatempada en Mondariz. Para os habitantes da pequena vila do Louro, o paso do ilustre inventor debeu ser todo un acontecemento:
CONTRAPORTADA Equipo Xuvenil do Club Zeltia Deportivo Porriño De pé, de esquerda a dereita: Pepe Barros, M. Matesanz, Tito, Jorge Ruiz, Timo e Piño. Agachados, de esquerda a dereita: Fito, Gabi Pexegueiro, Godoy, Puente e Nené. CARTEL da Final do Campionato Nacional de Afeccionados (21 dexuño1959) www.faximil.com
PORTADA Club Zeltia Deportivo Porriño (27 de xullo de 1947) De pé, de esquerda a dereita: Gabino Pexegueiro (auxiliar), Ricardo Castro, Vicente, Sío Raposeira, Rique, Blanco "Roscas" (que xogaría en Primeira División no Alcoyano), Capón, Rey e Abuelo (entrenador). Agachados, de esquerda a dereita: Cholo, Doval, Piollo e Pedrera.