0 Porriño-Mos .
O TranVía PODES ATOPAR
O TranVía NAS SEGUINTES
NO PORRIÑO AUTOSERVICIO MILAGROS (Budiño-Cruz) BAR ALONSO (Chenlo) BAR ANTONIO (Pontellas) BAR BAIXO AS (Budiño-Cerquido) BAR FERNANDEZ (A Guía, Atios) BAR MIRAFLOR (Noval, Torneiros) )CASA BUGARIN (Pontellas) GALERIAS SIMPLICIO (O Porriño) GASOLINEIRA DE A GUÍA (A Guía, Atios) LIBRERÍA MEIGA
MERCA PAZ (RúaPíoXII) MESON MOSENDE (Mosende) QUIOSCOOLGA (Rúa Antonio Palacios) QUIOSCO LOURAMBAL (Torneiros) QUIOSCO MANUEL GONZÁLE2 (Praza de San Sebastián) QUIOSCO MUCHA (Pra/.a do Conccllo) QUIOSCO PINTOS (Rúa Rumún González) QUIOSCO REGALIZ (PrazadoCristo) ENMOS AA. VV. de PEREIRAS (Pereiras)
ALIMENTACION CELIA (Casal 149, Tameiga) BAR ATALLO (Mos) BAR ANICETO (A Florida) BAR CASA CAMBEIRO (Igrexa, Cela) BAR CASA CELSO (Pedraucha, Petelos) BAR CASA CHONI (Cotiño 49, Dornelas) BAR CASA ELISARDO (Igrexa, Petelos) BAR FERRADURA (A Florida) BAR CASA GALLARDO (Puxeiros 52, Tameiga) BAR CASA IGLESIAS (Torroso) BAR CASA PEDRARES (Sanguifieda) BAR CASA REINA (Balteiro. Petelos) BAR CASA SÁNCHEZ (A Rans, Tameiga) BAR CASA TINO (Pedraucha, Petelos) BAR LLOGO (San Cosme, Cela) BAR O XEITO (Igrexa, Pereiras) CAFETERIA FOKKER (Peinador) CASA BENIGNO (Bosende, Igrexa 145, Tameiga) CASADELFINAB. S. CRISTOBAL (Pombal 29-Louredo) CENTRO S. AS PEDRIÑAS (Monte do Rebullón, Tameiga) FERRETERÍA ROYMA (A Igrexa, Tameiga) PELUQUERIA ROUBLIN (AFlorida) QUIOSCO LIBRERÍA TRILLO (A Capela, Petelos) SUPERMERCADO VICTOR (Pereiras)
2
Revista trimestral do Val da Louriña editada por Tranvía Colectivo. Apartado de Correos 136 O Porriño
REDACCION Manuel Besada, Laureano Campos Leiras, Uxía Domínguez Senlle, Raúl Francés Rodríguez, Modesto Giráldez Teijeira, Aurora Gómez Leiras, F. Xabier Fontaiña Doval, Moncho Iglesias Veiga, Rubén Loureiro, Xosé M. Míguez Méndez, Miguel Montenegro, X. Paz Antón, Francisco Quintas Fortes, Pepe Vidal Pérez, Constante Vázquez Fernández INFORMACION PARROQUIAL Lucho, Felín, Benito, Manolo da Quinta, Ricardo, Beni. COLABORAN NESTE NUMERO: Nano Domínguez, Salvador R. Guimaré, Severo García, Diego Xiráldez, Lola Cabaleiro, Constantino Lorenzo Gil, Juancho, X. Miguel González, Tati Pérez, Xesús Ramilo, Patricia Rocha, Xurxo Salgado, Grupo Erva ASESORAMENTO LINGUISTICO: Paz Fernández, X. M. Míguez MAQUETACION, DESEÑO E INFORMATICA: Manuel Besada, X.Paz Antón FOTOGRAFIAS: Modesto Giráldez (coordinador), Manuel Sío, Chus Domínguez Senlle, Pepe Vidal Pérez. ADMINISTRACION: Aurora Gónrtez, Francisco Quintas
Depósito legal: VG-169-92 Impresión: Imprenta Paz
As opinións emitidas en O TranVía son da exclusiva responsabüidade dos asinantes
0 Porriño-Mos
EDITORIAL
SUMARIO
UNHA DE RETRASO. PREPARANDO TAPAS
3. Editorial 4. A fidalguía da Louriña 9. Enrique Campo no Porriño 12. Memorias: In Memorian, A don Cándido, mestre de Cans 13. María de Santos 14. Perfís: As ermidas de Mos 16 .Colabor*accións: Rimas Científicas 17. Comic: O TropeSon da Pedra 18. Política: A Louriña: Un artefacto sen desactivar 19. A tira de cousas 20. Entrevista a Na Lúa 25. As Canteiras de Granito: Notas para a súa historia 30. Tranviarios no exilio 31. Documentos 1749: A tradición panadeira do Porriño 32 Pedefoto.
Levamos unha revista de retraso, non temos perdón, pero xa temos preparado o noso propósito de enmenda. Polo tanto estamos decididos a rematar o ano cumprindo o noso compromiso de editar as catro revistas. Anunciamos que no vindeiro trimestre e coincidindo co Nadal, editaremos dúas revistas xuntas que serán os números dez e once. Deste xeito completaremos o primeiro todo dO Tran Vía que xa poderedes encadernar coas tapas que no seu día puxemos á venda e que regalamos aos subscriptores. Recordade que as tapas son para encadernar as doce primeiras revistas (numeradas do 0 ao 11) que recollen a actividade dO TranVía nos anos 92, 93 e 94.
3
O Poniño-Mos
a
FiDALGU/A d a L o u r 1n a *Por Pepe Vidal
A FIDALGUIA DA LOURINA O presente artigo ten como base fundamental a obra «El valle de la Louriña» de Xosé Espinosa Rodríguez, publicada no ano 1954 que, xunto con outras informacións aparecidas máis recentemente sobre a cuestión, constitúen a ferramenta básica para calquera traballo que fagamos sobre a heráldica ou a historia da fidalguía desta comarca. Mais a obra de Espinosa, boticario do Porriño e cronista oficial da cidade de Vigo, quedou, por dicilo así, atrasada. Actualmente e debido á investigación desenvolvida dende os anos 60 pola Universidade Compostelana, o nivel de información acerca da fidalguía galega é inmenso e as súas hipóteses incuestionables. Por esta razón, a información aportada por Espinosa precisa dunha introducción que nos posibilite coñecer con máis profundidade a realidade desa clase social que tanta importancia tivo na Galicia do Antigo Réxime. Podemos afirmar que a condición de fidalgo era o primeiro chanzo para o ascenso social que remataría na consecución dun título nobiliario. A constitución histórica das casas fidalgas en Galicia vai ser un fenómeno que ten lugar na época 1500-1650 e a característica básica dos seus representantes vai ser o seu afastamento do mundo rural agrario. Constitúense sobre un mundo do que son plenamente alleos. Os atributos sociais característicos da fidalguía serían: - Ser antigos escudeiros e, por iso, aínda posuían 4
determinados privilexios concedidos historicamente pola monarquía. - Son, frecuentemente, detentadores de cargos burocráticos como escribanías, xustizas, alcaldías, xulgados, etc. - Ter unha procedencia clerical. Non resulta estraño que os sectores clericais, ligados ao rango catedralicio ou á Inquisición, estean integrados no mundo da fidalguía. - O control exercido pola fidalguía sobre os rexementos militares creados en Galicia (Ordenanza de 1734) vai ser outro vieiro que aporte a ese sector da sociedade os títulos nobiliarios que perseguía. Recordemos que un deses reximentos tiña como praza a cidade de Tui e nel terán emprego moitos dos fidalgos da Louriña. Se profundizamos un pouco máis sobre ese sector social, podemos aprezar que a súa base económica consistía na explotación indirecta dos seus dominios mediante oforo que lle aportaba inmensas rendas e poder. A apropiación do excedente agrario producido nas explotacións campesiñas suxeitas ao seu dominio xeraba un alto nivel de confort e, á vez, unha enorme riqueza monetaria deri vada da venda directa que facían desa producción nos «meses longos», equivalente actual da especulación. Finalmente ¿como foi posible o ascenso da fidalguía no mundo rural galego? e ¿como se enriqueceron tanto en tan pouco tempo? A primeira interrogante ten unha triple explicación: la: porque a igrexa era tremendamente poderosa, sobre todo os mosteiros.
0 Porriño-Mos
2a: os campesiños eran os receptores dos foros dos mosteiros e, polo tanto, posuídores do dominio útil das terras. 3a: a ausencia en Galicia dunha alta nobreza (existía pero vivía en Madrid ou nas posesións de ultramar), o que vai permitir o seu relevo no poder. Na formación dos dominios fidalgos interveñen varios mecanismos: I- A obtención dos forais eclesiásticos. A relación dos fidalgos cos mosteiros (escribáns, avogados, etc.) facilita ese logro, xa por donación debido aos servicios prestados xa por pleitos nos que se pon en dúbida a titularidade foral. Como podemos ver, non pretendían posuír a propiedade da terra, senón a propiedade da renda. O traballo e a explotación directa
4- Apropiándose de terras comunais e baldíos, que cederán posteriormente enforo aos campesiños. Outro aspecto que cómpre destacar é a cuestión referente ás súas posesións. Mentres o mundo rural camiña cara ao minifundio máis absoluto, ¿como na nobreza non mingua a súa facenda? A resposta hai que observala dende a institución do morgado, nacida no feudalismo e xeralizada dende comezos do século XVI, que tiña como obxectivo a perpetuación das propiedades nunha mesma familia. O MARQUESADO DE MOS Actualmente só se conserva a fachada do edificio, onde sobresae o escudo nobiliar. O arquivo do
Cci.sa.s (la rúa San Scbasliüii qiie serúin o embrión du vila porriñesa scgundo a afirmación de .losé Espinosa Rodn'guez. A fotografía uparece no seu libro "El Valle de la Louriña" de 1944.
dos seus dominios non lles interesaban. 2- A substitución da titularidade foral por tnedio do subforo; gracias a este novo procedemento, o fidalgo pasa a ser o intermediario entre o dominio directo e o campesiño que, a partir de agora, debe pagar dúas rendas: a principal, derivada do contrato áoforo e que se mantén historicamente sen inflacción, e a xerada polo contrato de subforo, pagada ao intermediario e que aumenta cada vez que se transmite ou cambia oconvenio. 3- Comprándolle as propiedades ou osforos aos pequenos campesiños que se ven obrigados a emigrar.
propio marquesado foi adquirido polo Concello de Vigo en datas moi recentes por unha contrapestación irrisoria, manténdose o de Mos nunha postura totalmente allea, cando debía ser o máis interesado. O couto de Mos estivo vencellado dende as súas oríxes ao señorío de Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga) e logo foi transferido por líña familiar ata o século XVII, no que o herda Gabriel de Quirós, que será agraciado co título de Marqués de Mos por Carlos II no ano 1686, en pago dos seus servicios á coroa. A segunda marquesa de Mos, Catalina Sarmiento, será quen conforme este marquesado no seu contexto actual, xa que casará cun membro da familia 5
0 Porriño-Mos
Mendoza e Soutomaior, posuídores dos títulos de Condes de Villanueva de San Bernardo e Señores de Pegullal. A terceira xeración do marquesado recaerá no brigadier Paio Correa Soutomaior, tamén Vizconde de Pegullal, que se unirá matrimonialmente coa familia lucense Yebra Pimentel, da que nacerá o seu sucesor: Benito, cuarto marqués de Mos, xentilhome de Cámara da Súa Maxestade, Grande de España dende a época de 1780 e tamén militar, que casa, en segundas nupcias, coa filla dos Vizcondes de Valsemao, de quen nacerá o quinto marqués: Alfonso Correa de Soutomaior e Pinto de Souza, que morrerá solteiro. Debido á falta de herdeiros directos, será Antonio Aguilar e Correa de Soutomaior, sobriño do anterior, quen o suceda na posesión do título. Debido a que este último conde tampouco tivo descendencia, haberá que buscar un sucesor na líña consanguínea directa e este vai ser Fernando Quiñones de León e Elduayen, Marqués de Valadares. O CONDADO DE RAMIRÁNS O título de Conde de Ramiráns foi concedido orixinariamente por Alfonso XII a Xosé Varela e Cadaval no ano 1875, en pago de ser Deputado nas Cortes e pola súa ascendencia familiar, laureados militares adheridos á causa monárquica. No caso deste título atopámonos diante das Na fotografía superior dereita: o Pazo de Ramiráns pouco antes do seu total derrubamento. Abaixo: o mesmo Pazo de Ramiráns nunha fotografía máis antiga que recolle o libro "Antonio Palacios. Arquitecto", do noso colaborador Xosé M. lglesias Veiga. 1993
6
dúas vías fundamentais de ennobrecemento nos tempos da restauración canovista: o ser deputado e a ascendencia militar. A primeira vía utilizábase coa fin de unificar o bloque de poder en torno á monarquía (naqueles tempos non existían fondos reservados e ademais un título era símbolo de riqueza e de éxito social). 0 segundo procedemento era comunmente utilizado xa en tempos pretéritos: ser militar, a máis de ennobrecer era, por dicilo así, un oficio e unha distinción que se herdaba. O segundo Conde de Ramiráns será a filla do anterior: María do Carme, á que sucederá Alfonso Bermúdez e Varela, que casará con Xulieta Rodríguez Bonín, filla de Manuel Rodríguez. O terceiro conde, Don Alfonso, será fusilado
0 Porriño-Mos
no 1936 pola súa implicación política a favor do alzamento nacional. No 1953 recaerá o título no seu irmán Xosé M. Bermúdez Varela, cuarto Conde de Ramiráns. As armas dos Ramiráns son cinco barras de sinople perfiladas de ouro e a coroa condal do escudo. A casa dos condes estaba na rúa que actualmente leva o seu nome, pero nos anos 60, debido ao estado ruinoso, derrubaron o edificio. A fachada podemos contemplala nun chalet de Samil, xuntamente co seu símbolo heráldico.
rango militar que posuía, no 1706, Don Alonso, bisneto de Don Francisco: Caudillo dasforzas de Porriño. No 1833 desaparece este casal por mor da construcción da estrada Vigo-Villacastín, que entraba no Porriño pola actual rúa Progreso, enlazaba coa de Antonio Palacios atravesando a Central e tomaba dirección a Cans; este camiño será o xerme da futura vía Madrid-Vigo. A CASA DOS CORREA Areferenciamáisantigadestafamiliadefidalgos remóntase ao ano 1701. O morgado fora creado por Loren-zo Correa Alemparte, Señor de Pegullal, e a súa dona, Isabel Ozores Ponce de León, no ano 1610. O emprazamento do edificio, restaurado hai poucos anos, sitúase no Toural, na parroquia de San Salvador de Budiño, e conserva íntegros os símbolos heráldicos da familia Correa, onde son recoñecibles as armas de Pegullal e dos Ozores Ponce de León.
Escudos pertencentes á Casa de Ordóñez (esquerdu) e Casa de Pereira de Castro (dereita) publicados no libro de José Espinosa.
A CASA DOS ORDONEZ Descoñecemos a orixe deste título nobiliario. A primeira referencia histórica desta casa é a de Francisco Ordóñez, militar de profesión, eloxiado na batallade Pontesampaio que, máis que unha contenda, foi unha batalliña que nos contaron os que alí pelexaron. O escudo podemos miralo na súa ubicación orixinal, na rúa Ramón González do Porriño, do que un estudio rigoroso permitiría saber as armas que representa e, mesmamente, emparentalo.
OS PEREIRA DE CASTRO A casa desta familia consérvase na rúa Manuel Rodríguez do Porriño, lindante coa capela de San Bento, onde na fachada se encontra o brasón heráldico, no que campean as armas dos Pereira de Castro, dos Ozores e dos Soutomaior, que, á moda do país, están circundadas por un elemento tan usual nos tempos que corren e que reñecten o interese que as institucións políticas e económicas mostran coa cultura e a historia da nosa terra; neste caso, o elemento decorativo ó uso foi posto pola FENOSA. O título nobiliario dos Pereira debeu ser constituído a mediados do século XVII na persoa de Gregorio Pereira de Castro, militar de profesión, ne-to do Señor de Peitieiros (Gondomar) e que casou con Francisca Ozores de Soutomaior. O seu pai viñera de Portugal, ao igual que sucederá coa familia dos Pallares.
A FAMILIA ARIAS DE SAAVEDRA Axénesedo«casaldasFloresedaGulpilleira» está no ano 1525, cando o mosteiro de Melón, ao que se adosaron as propiedades do de San Miguel de Cans, aforou as súas posesións no Porriño e o couto de Cans a Alfonso Arias de Saavedra e Soutomaior, avogado dese mosteiro diante da Real Audiencia de Galicia. No 1626, Francisco Arias, sucesor do anterior, militar de profesión e membro da Inquisición, funda o morgado da Gulpilleira, do que nacerá o título nobiliario mercede ás unións matrimoniais dos seus herdeiros coas familias Castro Ozores, Patiño, Espinosade los Monteros, etc, e tamén polos oficios administrativos e militares que desempeñaron; un exemplo explicativo da «importancia» destes cargos sería o 7
fidalgo (defülo+ de + algo). s. m. 1. Individuo pertencente á fidalguía, que representa o estamento máis baixo da nobreza. (Do Diccionario Xerais da Lingua)
0 Porriño-Mos
O CASAL DE SAN ANTOINO
sentantes da xustiza, membros do Santo Oficio e cargos eclesiásticos.
Situado na vertente do monte Salgueirón, na parroquia de Louredo. Actualmente consérvase nun estado aceptable despois de pasar unha estadía nunha situación calamitosa. O seu escudo, que se alza na porta do patio, reproduce as armas dos Lanzós e Taboada. O morgado de San Antoíño nace no 1566 coa fin de que o seu herdeiro, Fernán Pérez de Andrade, mantivera incólumes esas propiedades, así como os títulos e o emblema familiar. Coñecemos que a familia dos Andrade estaba consanguineamente ligadacoacasa petrucial de Pontedeume e eran donos do título de Señores da Louriña. Posteriormente uníronse por matrimonio cos Señores de Lanzós de Lugo e cos García Sarmiento, Señores do Sobroso. Co paso do tempo, vencéllanse cos Condes de Maceda e cos de Vilalba; desta unión nacerán o arcebispo de Palermo e, noutra xeración, o bispo de Córdoba.
OS TABARES A morada desta familia estaba nos terreos que ocupa a casa dos Rodríguez Bonín (actualmente do Doutor Arias). Aínda hoxe podemos ver, no portalón de entrada á finca, -situada na rúa Cando de Porriño-, o seu escudo, que mantén as cinco estrelas de seis puntas, distintivo da familia. O nacemento do título situaríase a comezos do século XVII, da man de Xan Fernández Tabares, escribán de profesión, ao que seguiron no emprego e título os seus herdeiros, que tamén ocuparían a dirección militar da praza do Porriño. A CASA DOS OIA
A CASA DOS PALLARES Esta casa estaba situada nos arredores da igrexa de Santa María do Porriño, nos terreos onde actualmente se ergue un edifício que conserva na súa fachada o escudo nobiliario orixinal. Por certo, esta fórmula tan peculiar de tratar a nosa historia debe ser única en Galicia. É unha auténtica aberración situar un brasón heráldico, cargado de historia e de estética, nun lugar tan pouco axeitado. Para os responsables deste desastre, o Ilmo. Concello do Porriño debería crear os «Premios Antonio Palacios de Arquitectura», coa fin de agasallalos e animalos no seu labor; dende aquí teñen a miña recomendación. ¡Mesmamente a Xunta de Galicia podía concederlles os premios Castelao!. A xenealoxía desta familia está incompleta. Sabemos que foi Gregorio Pallares, cura párroco do Porriño pola data do 1650, quen aveciñou este apelido, que co paso do tempo accedeu ao título nobiliario por mor dos oficios dos seus herdeiros: militares, repre8
O coñecido como «casal do pazo» situábase en Atios, pero desapareceu na súa totalidade. A orixe desta linaxe remóntase ao século XVI, co personaxe de Lope de Oia. Un dos seus herdeiros, Xan de Oia, un escudeiro sen moita riqueza pero, de seguro, con moita honra, facíase chamar Señor de Atios e Merino do Sobroso, alá polo 1600. Os sucesores de Lope de Oia foron emparentándose con familias nobres galegas, das que reciben os títulos e as armas presentes no seu escudo, cinco lises e o león rampante con espada. OS CADAVAL A casa dos Cadaval estaba en Pontellas, pero hoxe en día non quedan restos da edificación orixinal. A xénese desta familia retrocede ata Vasco González de Cadaval, que guerreara ao servicio de Pedro I, alá pola década do 1360. No século XVII créase o morgado de Pontellas, do que máis tarde nacerá o título de fidalguía.
0 Porriño-Mos
Enrique Campo no Porriño 014 de setembro de 1908, o debuxante Enríque Campo se chegou á vila do Louro para reproducir temas heráldicos *PorÁngel Núñez Sobrino
u.
en Santiago a magnífica Exposición de 1909, non dubida en ofrecer para a súa exhibición un valioso grupo de obxectos. A Espinosa Rodríguez, consumado heraldista, pois del conservamos ducias de papeletas heráldicas aparecidas no Faro de Vigo, tivo que atraerlle dende a súa mocidade a magnífica colección de escudos conservados no daquela estreado Museo, e agora coñecido como Ruínas de Santo Domingo de Pontevedra. Da súa obra «TerradeFragoso (Notas para a historia de Vigo e da súa comarca)» acaso o máis valioso sexa a serie de escudos debuxados por el, con atención exacta a todos os apelidos, e agora algúns deles nos xardíns do Pazo de Castrelos. Eles tres foron os que, seguro, avisaron ós membros da Sociedade Arqueolóxica, e entre eles ó Membro de Mérito Enrique Campo Sobrino
nha das súas «extensións» da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1894-1939) foi a de nomear membros corresponsais portodaGalicia, e aíndada Península, a fin de contribuír dende a erudición e dende o encontro a un maior labor de conxunto, e que así se cumprisen con afán os programas da Sociedade. Cara ó sur da provincia, naturalmente, había tres corresponsais que pola súa valía, saber e inque-danzas facían da participación e da comunicación íjnha frecuencia chea de sorpresas e de enriquecemento arqueolóxico e erudito. O coengo de Tui, D. Antonio Cerviño, o farmacéutico e erudito EspinosaRodríguez,eofuncionarioecronistaLeandro Diz eran as conexións fundamentais con D. Casto Sampedro e Folgar, o Presidente da Sociedade Arqueolóxica. Cerviño mantiña con Sampredro unha copiosacorrespondencia, e cando se trata de organizar 9
Debuxo de Enrique Campo no que aparece o escudo de artnas du Casa de Montem'gro. Praza do Teucro, Pontevedra, 1908. (Do libro "Enrique Campo " editado pola Deputación de Pontevedra en 1989)
0 Porriño-Mos
Aittorretruto dc Enrique Campo, reulizcido en Madrid en 1910
(1890-1911), que ó cabo dun ano se convertiría no Membro Correspondente da Real Academia da Historia. Non obraba, por tanto, a casualidade nin na espontaneidade na aquela visita ó Porriño, o 14 de setembro de 1908, no que o debuxante se achegou á vila do Louro para reproducir temas concretos. O tema heráldico xa lle atraía, xa exercitara a súa enorme disposición de debuxante fronte ós escudos reunidos nas Ruínas de Santo Domingo, nos escudos colocados en casas pontevedresas, e noutras vilas como Marín ou Verín, ou os situados no interior das igrexas, como en Tourón, Cordeiro ou a basílica de Santa María, realizando non menos de 50 debuxos á augada en tinta china e a lapis. A colección de escudos constitúe unha das súas máis atractivas facetas. Cara á fin de 1908, don Castro Sampredo elaborou unha instancia en borrador (ignoramos as causas polas que non chegou a enviarse á Deputación), solicitando que se publicasen os debuxos de escudos, xuntamente cos dos petroglifos. Cumprida esta xestión, o claro avance que suporía un coñecemento máis completo da heráldica galega (e da prehistoria e arqueoloxía) chegaría a ser grande. O cal indica que da acumulación se pasaría á colección, e desta á exposición ou á publicación. Este aspecto non é de estrañar, porque un dos programas da Sociedade Arqueolóxica, brillantemente cumprida ó longo dos anos, sería a de constituír a mellor colección de debuxos arqueolóxicos que xamais se dera en toda Galicia: Souto, Alcoverro, de la Riega, E. Campo, Castelao, C. Sobrino, e existen máis, testemuñan unha realidade reunida: a Galicia debuxada. Enrique Campo realizou dúas versións: unha a lapis, e outra á augada. Impecables as dúas. «Casa de Espinosa. O Porriño». En efecto, esta casa situada cercadacapeladeS.Bieito,eraosolardofarmacéutico
Espinosa Rodríguez, con quen tiña trato o debuxante. «Casa de Quirós. O Porriño» e «Fronte á casa de Quirós. O Porriño». Brasóns que nos fala dos Castro, Pereirade Castro, Ozores, Quirós, Valladares, Quiroga, Lira... emparentados con outros do Val Miñor, do Condado, da Picoña, da Terra de Fragoso, do Morrazo. O tamaño, de a medio folio. O apropiado para ser gardado no seu cartapacio de apuntamentos. Quen se beneficiou desta nutrida producción foi Xosé Santiago Crespo Pozo na súa benemérita e xa clásicaobra «Brasóns e Linaxes de Galicia», Bibliofilos Galegos,TomoI, 1957,TomosIIeIII, 1962. NoTomo I, despois de describir cada brasón co seu correspondente apelido, e variantes, desprega o P. Crespo a súa erudición enorme ó expoñer as fontes, onde o alarde iconográfico vai unido a unha amplísima recollida de datos, e que vai dende as executorias nobiliarias en pergamiño custodiades en casonas, ós arquivos da Real Chancelería de Valladolid, e de árbores xenealóxicas a escudos presidindo, como nas Sonatas de Valle-Inclán, vetustos retábulos bárrocos de igrexas de aldea, como asimesmo a colección de debuxosde escudos de Enrique Campo custodiados no Museo de Pontevedra. E tanto, que a cuberta da portado do libro reproduce unha augada do artista, tal vez a mellor: «Praza de Teucro. Pontevedra. Casa de Montenegro, Armas dos Tavares, Ozores, Sotomaior, Gago, Oca, Sarmiento e Montenegro». 0 labor heráldico, e en concreto un debuxo exacto a este, pero de 1907, sérvelle ó debuxante como un ensaio da súa personalide, como unha probatura da súa identidade: o artista escribe ata seis veces a súa sinatura, moldeando a letra, tanteando, preferindo o molde ou a caligrafía, afundindo moito ou pouco a pluma. Algúns modelos de sinaturas xa apareceron antes, outras fan a súa aparición por primeira
-No maio de 1909, o debuxante visita de novo O Porriño, cofin dcatalogar os nosos monumentos-
10
0 Porriño-Mos
Igrexu de Santa Marfa de Sacos, realizctdo por Enrique Campos en 1909e reproducido no libro xa citado.
vez aquí, e outras veranse posteriormente. Interesante detalle antropolóxico que queda para o grafólogo e para o psicólogo. Velaí unha desembocadura curiosa nunha augada heráldica: un famoso e prometedor nome propio na prosecución da Arte. O debuxo arqueolóxico non só documenta, e que ademais cumpre a función de que se valore e se conserve o antigo. Felizmente, estes escudos existen aínda hoxe no Porriño. Non será esta a única vez que o artista visitase o Porriño, vila que tivo conexións coa Sociedade Arqueolóxica. Encontramos cartas moi interesantes de Antonio Palacios con membros da Sociedade Arqueolóxica. Non se esqueza que O Porriño constituía un punto de conexión con Mondariz, por influencia da Pontevedra de principios de século. No maio de 1909, o debuxante visita de novo O Porriño, por unhas horas, acompañado do acibecheiro e tamén debuxante Enrique Mayer Castro, co motivo de percorrer en menos dun mes as provincias de Pontevedra e de Ourense coa fin de obter toda sorte de catalogación dos
nosos monumentos dende o rigoroso debuxo arqueolóxico, o diario de excursión, a anotación erudita, o rexistro exhaustivo, o informe, a entrevista con párrocos cultos, as conexións con membros corresponsais da Sociedade Arqueolóxica, o achádego, o lucido cumprimento coas instruccións. O Diario de 1909 foi publicado en 1944 por Filgueira Valverde, e constitúe un documento inapreciable para entender e coñecer a Galicia daqueles anos, e ademais constituíu unha seria base para a elaboración da Sección Arqueolóxica con motivo da Exposición Rexional Galega de 1909. A pesar da súa curta idade, o debuxante non era un simple enviado o afeccionado, e a transcendencia do seu debuxar andando os anos establécese nunha valoración aínda máis profunda que a principios de século, porque non é só producto dunha fazaña e dun brillo, é que ademais está na súa correspondencia: en todos aqueles monumentos que gracias ó seu lapis ou aínda dende eles mesmos subsisten dándonos a mensaxe: coñecemento e apreciación do noso pasado. 11
0 Porriño-Mos
MEMORIAN: A DON CANDIDO, MESTRE DE CANS
MEMORIAS
"Por Alfonso García
C
oma sempre, crguinme aqueTa máñá fría de xaneiro e dispúxenme, como bo porriñés, a botarlle unha ollada ó Faro cun vistazo rápido polas csquelas. De súpeto, a miña mirada detívose nunha esquela que me tixo pasar pola mcmoria centos de lembranzas nostálxicas. Leo que finou don Cándido Moldcs, como ben aclara o subtítulo, mcstre nacional xubilado. Mais don Cándido non era un mestre nacional calquera. don Cándido era o mestre de Cans. A pesar de que foi nado na localidade pontevedresa de Porráns, un anaco de terra daralle acubillo en Cans para sempre e as campás da capela de San Estevo choraron por el o día do scu pasamento. Aquelas campás que el tantos días na súa vida escoitara ó mediodia na hora do Anxelus, cando a xente do campo facía un breve alto nas súas labouras para rezar as tres avemarías, mentres el nos descubría ós nenos os primeiros e daquela- duros secretos da caligrafía. ¿Quen non lembra aquela vetusta variña de madeira que parecía facer milagres prodixiosos na nosa memoria?.
Como nunha procesión nostálxica desfilan entre os meus ollos e a esquela unha ringleira de pensamentos da nenez. Aquela escola, que tiña as horas contadas, no baixo da casa de Tía Dolores do Pouso. Alí, onde había que facer as necesidades compartindo galiñeiro coas pitas debaixo dunha sombría viña alta da que colgaban os acios preñados de uvas de morango; aquel porrón que nos calmaba a sede nas primeirascaloresdaprimavera, logo de vir sudando dun prácido recreo no torreiro xogando á mañá farruca. 12
Todo isto mestúrasc coa imaxe. aínda recente, da longae impoñente íigura de don Cándido, sempre acubillado polos scus traxes escuros e coa mirada agachada baixo os cnormes lentcs. Lembro a visita que non hai moito llc fixemos ó seu fogar para unha cntrevista publicada no TRANVIA (ver n°5). Foi a derradeira vcz que tiven oportunidade de charlar con el, sempre acompañado da súa inseparable dona Sara, e malia á erosion lóxica dun octoxenario, a fluidez da súa conversa seguía imperturbable co discorrer dos anos. Un auténtico manantial de historiascuriosidades e anécdotas, no que non podían faltar refrescantes cascadas de ironía. Xa nunca máis nos deleitará coa súa conversa, nin o veremos nas mañáns de neboeiro porriñesas co seu paso lento c o ABC debaixo do brazo. Xa no poderá lembrarnos os seus tempos mo/.os coas súas tentativas de arranxa-lo país, como el dicía, e xa nunca nos voltará conta-los seus chistes socarróns, nin aquelas insólitas historias que el moitas veces contara apoiado no mostrador de calquera taberna.
0 Porriño-Mos
Don Cándido foise, pero non se foi. O seu corpo xa non está connosco, pero dalgún xeito o seu espírito de ensinante sempre estará presente en todos os que fomos alumnos seus. Mesmo nestas letras está o seu espírito, porque el foi o primeiro que, naquelas pizarras pequenas con marco de madeira, nos colleu de cativos a man con agarimo e nos guiou pola senda correcta das vocais. Coa súa man pousada na nosa puidemos contemplar con asombro como os nosos riscos de xiz se estaban a converter nun «o» fermosamente redondo ou nun «u», daquela case rococó. E logo aprendemos que xuntando esas letras se podían facer palabras; e logo tamén aprendemos que esas palabras servían para designa-los debuxos que aparecían nos cadernos de caligrafía; e logo ... ITantas cousas aprendemos con vostede naquela entrañable escola deCans!. Graciñas portodo, sempre lle estaremos agradecidos e nunca o esqueceremos. Porque vostede, don Cándido, seguirá a ser para sempre o mestre de Cans.
MARIA DE SANTOS *Por Raúl Francés
Para os que quedaron nas "cunetas".
O ruído constante das pás mecánicas e os camións rodeaba o cumio de xestas e piñeiros onde, tódolos días, se sentaba María de Santos, unha vella enru-gada de ollos azuis e loito perpétuo. No protocolo da colocación da primeira pedra da autovía polas forzas vivas, María non estivera, cecais porque a súa forza non era forza viva e pertencera a ese universo sutil do que está pero non está, do que permanece nun estado indefínible. Logo chegaron as máquinas, os obreiros e mailo capataz, que se viu na obriga de convencer a María de que se afastara, cando, por mor das rochas de granito, houbese que botar man da dinamita. Varias veces, na miña viaxe diaria ó traballo, detiven o coche para contemplar como María de Santos se ía convertindo en parte imprescindible da paisaxe, unha rocha preta no medio de xestas e piñeiros. Nun principio, os traballadores fixeran bromas sobre a súa presencia pero, sen causas aparentes que o xustificasen, canto máis remexían na terra, máis ían sentindo por ela unha progresiva simpatía que, ó cabo, tor13
nou nun profundo respeto. Pouco a pouco as máquinas fóronse achegando ó lugar ocupado por María de Santos e o seu ollar de vella enloitada voltouse azul e cristalino. Nunha mañá do terceiro mes de obra apareceu entre a terra o primeiro zapato e, cinco minutos despois, a súa parella. María ergueuse da pedra que durante meses lle servira de aposento, e, con paso lento e decidido, achegouse ós obreiros e acolleu no seu colo de viúva eterna os vellos zapatos cheos de terra. Aquel era o calzado que levaba o seu home, Ramón Eleazar Martínez, o día 26 de xullo de 1936, cando foi paseado pola patrulla de falanxistas que, máis tarde, deixárono convertido nun cadáver na Volta da Moura, o lugar desta cita cincuenta e cinco anos despois. Entón,moitos botaron en falla a presencia dalgún recordatorio que servise de memoria ós que alí caíran baixo as balas dos asasinos que, durante moitos anos, seguiron acudindo ós bailes do casino, tiveron fillos, puxeron negocios e constituíron, en fin, a historia escrita dun pobo amordazado pola dictadura dos miserables.
0 Porriño-Mos l
AS ERMIDAS DE MOS: PASADO E PRESENTE DUN PATRIMONIO CULTURAL
PERFIS
A piques de rematar esta seríe de traballos sobre o patrimoriio cultural rekioso de Mos, presentamos hoxe tres ermidas: San Mauro de Petelos, San Xoán de Cerdedelo e San Eleuterio no lugar de Coto Torrón. 'Por X. Miguel González
SAN MAMEDE DE PETELOS
N
o lugar da ESTIVADA, nun altiño, hoxe rodeada de casas novas, levántase a ermida de San Mauro (San Amaro), onde se celebra a festi vidade do patrón o 15 de xaneiro. A vella capela, que se orientaba ó sudés, foi sustituída por un moderno edificio custeado polos veciños, que se rematou de construir no 1975. As dimensións son de 13,7 x 7 m., cunha especie de sacristía adosada no cabo dun
costado de 2,9 x 2,6 m.. Na actual capela, máis grande cá antiga, aproveitáronse as vellas oedras para construi-la fachada, imitando ó patrón da anterior, mentres que o resto fíxose a base de cemento e con outros criterios. As campás da espadana teñen xa bastantes anos ás costas. Nada se sabe da súa fundación, pero alomenos xa existía no 1781. no século pasado celebrábanse funcións tamén na honra de Santiago e San Vicente. Recentemente, no ano 1964, levantouse unha especie de edículo,
Ermida de San Mauro de Petelos. A dereita, edículo recente de Santa Ana da Veigadaña.
14
que lembra máis ben ós tradicionais petos de ánimas, no lugar de VEIGADAÑA, no que está recollidaunhaimaxedeSantaAna, que se trouxera de Zamáns no ano 41, celebrándose a súa festa no mes de xuño (1). Cómpre sinalar que a dita Santa Ana tivo cando menos dende o XVIII unha capelaníabaixo a súa advocación dentro da igrexa parroquial.
(1). "Novas parroquiais". En, O TranVía, 1. O Porriño, abril/ xuño 1992, p. 13.
0 Porriño-Mos
SAN MAMEDE DE TORROSO
N
o histórico lugar de CERDEDELO ten asento a capela de San Xoán Bautista, na que tamén están presentes S. Pedro e Sta. Rosa. O edificio actual, de 11,1 x 7 m., foi construído hai uns 7 anos sobre as ruínas da vella capela coas aportacións dos devotos. Trátase dun pequeno templo deseñado seguindo un estilo historicista que imita á Arte Gótica, predominando polo mesmo o arco oxival (o sogueado da porta lévanos ó Románico), cun sinxelo rosetón na fachada e unha especie de pináculos nas esquinas do teito. Esta obra débese a D. Urbano Campos, contratista de obras de Cabral (Vigo). O edificio vello estaba feito a base de grosas paredes de mampostería. O día de San Xoán levaban a imaxe de procesión dende aparroquial ata a capela e no camiño colgábanselle carochas de millo e uvas de boa calidade. Esta ermida ten a súa remota orixe na vella parroquia de San Nicolás de Cerdedelo, que xa existía no 1556, contando o abade con casa rectoral e igrexario, sendo os patróns presenteiros dos curas os Marqueses de Mos. Pouco despois de 1608
convértese en anexo de San Mamede de Torroso, sendo definitivamente suprimida como parroquia cara a 1691, aínda que mantivo a advocación de San Nicolás de Bari ata mediados do XVIII (1).
(1). AVILA Y LACUEVA, A.- Historia del Obispado y Ciudad de Tuy. Manuscrito no A.H.D.T. (hacia 1854).t. II, n° 163.
COTO TORRÓN, levántase a capela de San Eleute-rio (Santo Outelo), que se honra no último domingo de xuño. O edificio, de 6,3 x 10,3 m., non presenta ningunha característica particular, agás os tres óculos da fachada e o alongado da espadana. Diferénciase ben a súa estructura, que conserva dende antigo, das reformas de cemento actuais. Parece probable que a capela fose fundada nos fins do XVII ou comenzos do XVIII polo alférez (das milicias populares) Pablo da Vila, que deixou dúas misas de a 2 reás tomados da renda que levaba no lugar do Cocho da Videira. Quizais seus pais, o tamén alférez Juan da Vila e súa dona, de Petelos, establecían no 1694 unha fundación de 3 misas na súa parroquial. Alomenos ata ben entrado o século pasado a ermida mantívose baixo a advocación principal de San Mauro (San Amaro), celebrándose tamén actos na honra de S.
Ermida de San Xoán de Cerdedelo.
A esquerda, ermida de San Eleuterio.
SAN MARTINO DE TAMEIGA
E
nfronte do campo de futbol, no medio dunha rotonda nacida do Cruce de varias estra-das, lugar de 15
Ramón, S. Benito, S. Cosme e S. Eleuterio, segundo o dicir popular, a causa da moita sona que acadaba e por haber outro homónimo en Petelos, pasou a ser este último o santo titular.
0 Porriño-Mos
RIMAS CIENTIFICAS Manuel Domínguez Senlle pubíicou recentemente o seu prímeiro libro 'Rimas Científicas' na editoríal El Ateneo de¡ Norte de Guipúzcoa. 0 autor de Sanguiñeda que se defme como transportista e camareiro, ademais de estudiante de Psicoloxía, presenta unha colección de poemas da que recollemos os seguintes. 'Por Manuel Domínguez Senlle
A PALABRA
AMANA
GLORIA
A palabra do líder é lei. O líder é dono do corpo e da alma. A estructura da pirámide é perfecta. Os adeptos son xente que cre en algo e loita por algo. Os do medio, lugartenentes, non cren en nada, e montan o "tinglado", e seducen aos inxenuos. Adúlanos, manipúlanos, dróganos, vístenos, sodomízanos... Todo é pecado para os fillos de Cristo de Buda de Confucio de Visnú.
O barco avanza convencido polos e racha o xelo do río da Gran Cidade. A mañá é misteriosa para o obreiro, que só coñece o mediodía do bocadillo e a noite do catre,
Os corpos danzan en círculos de fume, e o vento borra xa as pegadas dos bisontes antigos, da desorde do teu nome, das crebadas bonecas... ...eu soía amarte nos faiados, nas cousas vellas, e me confunde esta luz que cega e invoca o nome dos deuses marcianos. Eu só quero rosas e lanzas no xardín do amor; quero escenas solitarias á luz dun farol á vista duns ollos asasinos ao alcance dun sanguento puñal, quero versos verdes e ourizados, unha risa desencaixada, e morrer de amor á alba temperá das volvoretas xitanas baixo sabas brancas e a doce ollada...
máis abaixo a acción é maior, o cego ten un corazón africano enlouquecido, o seu ritmo é violento, e axita o bastón ameazante, volitivo de xoveciños e ron, que vomita nas esquinas, esquivo como un cervo ameazado. Non quenta o sol.
Gloria de dor infinda é o precio da vida ceibe como espiga.
Todo é miseria nos meus ollos. 16
0 Porriño-Mos
POLITICA
A LOURIÑA: ARTEFACTO SEN DESACTIVAR A Louriña xaéa príncipal área de rísco químico do país, pois neste val cercado por montañas, aséntanse tres das sete industrías químicas máis perígosas de Galicia 'Por F. Xabier Fontaiña
losiblemente a acertada actitude dos veciños de Louredo e os de outras parroquias, contra a decisión tomada por Ballesta e os demais concelleiros do P.P., coa que estes pretendían instalar en Mos unha planta de lixo para outros concellos da provincia, foi o que fixo que no pleno do mes de maio se recorrese por unanimidade de toda a Corporación, contra a ubicación dun "polvorín" nos mesmos terreos onde Ballesta e os seus pretendían instalar a chamada "planta da merda". A empresa "Sociedad Anónima de Explosivos y Productos Químicos" vén de solicitar a instalación dun depósito comercial de explosivos no lugar de Os Focos. Asi se recolle dun escrito remitido polo "Gobierno Civil" de Pontevedra ao Concello de Mos, o cal aprobou por unanimidade plenaria quincealegaciónsaestainstalación. Ningunha das alegacións presentadas fai referencia a que a Louriña xa é a principal área de risco químico do país, pois neste val cercado por montañas, aséntanse tres das sete industrias químicas máis perigosas de Galiza; isto é o que se reflicte no informe que sobre
actividades perigosas elaborou a "Dirección General de Protección Civil". Estas empresas que están sometidas á regulación especial da directiva europea de Seveso dende 1988 (pese a que en Europa esta normati va aplícase dende 1982) son Repsol Butano en Tameiga, ICIZeltia en Pereiras e Xylazel en Budiño. No resto da provincia só a ELNOSA na ría de Pontevedra, se lle aplica este tipo de normativa que foi elaborada pola Comisión Europea despois de que en 1976 na cidade italiana de Seveso, unha explosión na industria química 18
Icmesa (adicada á elaboración de productos xabonosos) botara ao ar unha alta concentración de dioxinas, que máis tarde penetraron na terra e nos seres que a habitaban, contaminando unha área onde vivían 37.000 persoas (só sete mil máis que na Louriña), que xunto cos demais seres que sobreviviron á catástrofe, foron declaradas en "cuarentena" impedíndoselles saír do lugar para evitar o efecto portador. Se cadra, a non inclusión de ingunha alegación que manifeste a alta concentración que xa temos de industrias químicas, se deba a que os "nosos" concelleiros descoñecen estes datos, ou ben que sabendo deles, non queren reflectilos, por ter consentido que se instalasen aquí empresas que mesmo outros concellos rexeitan; mentras eles moitas veces queren "vendérnolas" a nós como que "crean puestos de trabajo", cando en realidade moitas veces traen o seu plantel de traballadores e traballadoras doutros lugares, limitándose nalgúns casos a contratar aquí a un traballador retirado ou xubilado para o posto de garda, xunto cun can que o acompañe.
0 Porriño-Mos
CORRUPCION. Logo das Eleccións Europeas, no programa de Encarna da Cadea Cope, recibiuse unha chamada en directo, dende O Porriño, dunha admiradora de Aznar que quería felicitalo pola victoria pero, tamén,advertirlle que no noso concello había moita corrupción.Segundo ela, sabíao de boa tinta pois era a muller dun concelleiro.Cando lle preguntaron o seu nome dixo que empezaba por "H". Din que as investigacións sobre a súa identidade céntranse en Budiño. SAN BENITO. ¿Que mal lles faría San Benito ós responsables de obras do concello do Porriño que o castigaron cuns bancos tan impresentables?.Merecían todos eles que lles puxese unha espulla no nariz. CEMITERIO. Corren rumores de que as obras que se están a realizar no antigo Campo da Feira pretenden que a xente que vai ó cemiterio entre xa a chorar. ¿Que lles custaría a Barros e máis ós seus colegas voltar a plantar as árbores que nun día nefasto foron cortadas?.¿Acaso non queren dar o brazo a torcer ?. CASAS. Nun pleno do Concello, Barros afirmou que todos os veciños e veciñas do Porriño tiñan dúas casas: unha na vila e outra na praia. Para confirmalo empezou a sinalar: el tiña dúas, como Novás, Riego, Gonzalo... Quedou ben claro que os concelleiros do PP teñen dúas casas.Algúns tamén teñen iate. ¿Por que será?.
estar calado.
A Tira d * e Cousas "Por Francisco Quintas/Raúl Francés
FRANQUISTAS. Para louvar as excelencias do Polígono Industrial, Pepe de Herranz, concelleiro do PP, citou nada menos que a López Bravo, antigo ministro de Franco. Moitos siguen tendo os seus heroes entre a tropa de colaboradores do fascismo. BOSNIOS. Saíu ata na portada da Voz de Galicia, o vixiante do Colexio de Atios foi despedido para colocar no seu sitio a unha familia de Bosnios.Logo moita merda a relucir sobre como se fan as contratacións a dedo e como se pagan de xeito irregular.Pero no Porriño hai estómago para tragar o que sexa. E de supoñer que a louvable acollida deste grupo de refuxiados se podería facer dun xeito máis digno, como a situación o require. NOVO CONCELLEIRO. No posto do finado de Laureano, xa tomou posesión un dos encargados de acarrexar xente nas votacións en Chenlo.Censo na man, na tardiña vai buscar ós seus fieis que non foron votar.Só falta que os traia polas orellas. Outro que vai cobrar por 19
CARTEIS. O exconcelleiro de Cans do PP, o Sr. Bugarín, foi denunciado en Tomiño por repartir propaganda electoral dos populares nun coche propiedade do Concello do Porriño. O escudo estaba camuflado con carteis. Estes señores deixan alto o pavillón do Porriño alá onde van.
¿SON DE PEDRA? *Por Verónica Fajanjasto
O Son da Pedra pretendía ser unha homenaxe aos traballadores da pedra de Galicia e ao mesmo tempo,unha plataformadedifusión do Porriño como productor do mundialmente coñecido Granito Rosa. Cando se realiza unha campaña publicitaria preténdese facer chegar á maior cantidade de xente posible, unha imaxe atractiva do producto ou do concepto que se pretende publicitar. O Son da Pedra cun importante presuposto (quince millóns segundo Novás, doce millóns oitocentas segundo un contrato que anda por aí, ou vinte millóns segundo Barros) está claro que despertou a curiosidade e preocupación na prensa, pero ¿que imaxe se proxectou do Porriño, do sector do granito e dos traballadores da pedra?, ¿foi positiva ou negativa?. ¿Deu este municipio o nivel de eficacia, modernidade, organización e outros adxectivos positivos, ou pola contra, aparecemos na prensa como un lugar no que predomina a incapacidade, a insensatez, a trapallada e outras "lindezas" negativas?. Simplemente nos preguntamos: ¿hai que gastar tanto diñeiro para que falen tan mal de nós?
THE PORRIÑO
POLITICA
0 Porrifto-Mos
e
n
t
r
e
v
i
s
t
a
Na Lúa 'Por Raúl Francés
Dende o ano 80 constitúen un dos alicerces culturais máis fortes destes pagos e tamén da pervivencia da música galega viva. Sempreforon coñecidospolo mundo como un grupo do Porriño, a pesar de que algún dos seus compoñentes non o son. Recordaba Méndez Ferrín, nO Tranvía, a noite, na que nun festival en Afife (Portugal), os presentaron como grupo español e eles respostaron: "¡Home, nós españois, españois,....nós somos do Porriño! Para moitos de nós, Na Lúa é, como din do Bar^a en Cataluña, algo máis que un grupo, unha referencia imprescindible e tamén unha fonte inesgotable de aprendizaxe e boas sensacións. Ó falar deles temos que refrear a nosa paixón pero tamén damos conta de que a súa traxectoria e as súas creacións permiten que o noso orgullo de veciños e amigos se vexa recompensado. Todo o que eles son, que é bastante, o teñen gañado a pulso nos seus catorce anos de existencia, dende os seus inicios en pubs dos arredores ata os seus macroconcertos en Vigo, Lisboa, Francia, Austria, Cataluña, Euskadi, Murcia (onde teñen unha boapeña defans), etc. Agora que están a presentar o seu recente disco, "Peliqueiro ", é unha boa ocasión parafacer un repaso do seu labor como grupo. Baixo as luces do escenario, os instrumentos afinados, con todos vostedes....Na Lúa. P.- ¿Cando e como nace Na Lúa? 20
R.- Na Lúa nace no Porriño no ano 80. A idea xorde de Rafa Vega e Quico Paz que falan con Pancho e mais Darío. Logo súmanse Antón e Richard. No ano 82,e logo de dous anos en " boxes", comezamos a ofrecer concertos en directo. Rafa abandoa o grupo nos seus inicios. No ano 86 incorpórase Uxía que está uns anos con nós e logo reinicia a súa carreira en solitario. No ano 91 abandona o grupo Darío para realizar o seu proxecto " Ollo ó can". Tivemos tamén con nós a Xosé Manuel Eiris, un cantante de Carballo, e máis un batería de paso fugaz. Xa no ano 90 entra no grupo o actual batería, Xabier Camba, ex compoñente dos Resentidos e tamén de Bombeiros Voluntarios, e, nesta tempada, Cándido Lorenzo que toca instrumentos de vento. P.- ¿Por que optastes pola músicafolk? R.- No ano 80 había un "boom" da música chamada Celta.As referencias de Allan Stivell e os discos de Mike Olfield tiveron bastante que ver. P.- ¿De onde sacades os temas que interpretades? R.- Nós, habitualmente, traballamos con Cancioneiros, con melodías de tradición oral, etc, pero o máis importante son os temas de composición propia e mais os arranxos de pezas tradicionais. Somos un grupo basicamente de compositores xa que un 70% dos nosos temas son de creación propia.As
0 Porriño-Mos
Na Lúa nmiha fotografía de Javier Hemmz.
veces por traballar con ritmos populares pode parecer que son temas tradicionais pero non é así na maior parte dos casos. P.- ¿Cal é a vosa relación con músicos e grupos desta órbita musical? R.- Sempre entendemos que debería ser de colaboración e así as procuramos manter. A existencia dun movemento musical identificable en Galicia é algo que beneficia a todos os músicos. P.- ¿Teñen moita influencia os organismospúblicos napermanencia deste tipo de música? R.- No que nos atinxe podemos dicir que pasamos das subvencións e os contratos de actuacións para
administracións públicas, vai depender da demanda que deste tipo de música faga a xente.Que sexamos máis ou menos contratados por Concellos, Deputacións ou Governos autónomos depende en exclusiva da demanda do público e non da vontade política de quen as goberna nun determinado momento. O movemento de música folk en Galicia trascende ás actuacións das administracións pois é algo plenamente consolidado. Certas actuacións das administracións públicas denotan, sen embargo, que a súa confianza no valor do movemento de música popular galego non é demasiado grande.Como exemplo podemos falar dos actos programados con motivo do Ano Xacobeo, nos que se puxo máis énfase en traer música de fóra que en difundir os valores da música galega. Valores recoñecidos curiosamente fóra de Galicia, onde os 21
0 Porriño-Mos
grupos galegos ocupamos un lugar moi digno, e somos respetados, en xeral, pola nosa calidade. Nós pensamos que sería máis eficaz, para promocionar Galicia, levar a música galega e os seus grupos fora do país: Amsterdan, París, Berlín, Nova Iorque, etc. Estamos seguros, pois hai probas abondosas neste sentido, de que,os grupos galegos de folk, somos apreciados polo mundo adiante e deixamos o pavillón do país ben alto alá onde imos. Musicalmente podemos ser un país de exportación en vez de importación, só fai falla de que confiemos todos nas nosas posibilidades e non nos deixemos comer o coco pola bondade do que se fai fóra de aquí.
P.- ¿Como se atopa o estado de saúde dos chamados festivais celtas en Galicia? R.- Hai unha consolidación dos festivais veteranos e o nacemento de outros que parecen significar un rexurdimento da música que nós facemos. Isto contrasta co decaimento actual da música pop ou comercial, cecais pola incertidume destes tipos de músicas. E moi louvable que unha boa parte destes festivais estean montados por asociacións e xentes amantes da música folk que, a pesar de non ser profesionais, conseguen, ás veces, uns resultados moi brillantes. A parte da música galega no grupo Na Lúa, hai outras referencias culturais ben importantes na vosa música, imos falar delas: A música portuguesa.
"Peliqueiro", o último disco de Na Lúa editado en 1994. Fotografi'a de Victor Vaqueiro.
P.- ¿Que opinades dos medios de comunicación públicos de Galicia? R.- Na aposta dos medios de comunicación galegos, coñecidos por Radio Kiro, non ten demasiada cabida a nosa música.Evidentemente eles teñen outras apostas musicais.A nós tráenos sen coidado, como grupo, esta situación.Hai sitios e experiencias nas que é mellor non participar. A participación da música galega nos medios públicos de comunicación (radio e televisión) débese afrontar con máis dignidade da que se fai. Hai certos escenarios, certos tipos de programas nos que a música de Galicia non está tratada coa corrección que se merece.O noso tipo de música, e a dos grupos que teñen o noso estilo, non ten cabida en programas de variedades mesturada con música lixeira, con ballets tipo Lazarov, etc. Cada un ten o seu propio estilo e por iso pasamos de participar no que agora se ofrece. 22
R.- Cando comezamos tiñamos fixación co MPP, o movemento de música popular portugués.Gustábamos moito desa mestura de cantautores coa música popular, nuns anos que, consideramos, se acadou un nivel brillantísimo. Estamos a falar dos discos de José Afonso, Fausto, Julio Pereira, e demais. Tiñamos con eles proximidade xeográfica e mesmo persoal. Logo, o feito de coñecer a José Afonso, de estar na súa casa, de coñecer máis fondamente a música portuguesa, contribuíu a fortalecer a nosa relación. Da vixencia da obra do exceleníe músico e mellor persoa que foi José Afonso, da proba que neste ano, no que Lisboa é a capital cultural europea, os máis destacados músicos portugueses, de todos os estilos, fan unha revisión das cancións do Zeca que demostran unha vez máis a súa calidade. O recordo da tarde que pasamos na súa casa, acompañados por Manolo Vello, un periodista portugués de ascendencia galega que traballa na televisión portuguesa, segue vivo en nós. Esta é unha historia que trascende o ámbito musical para pasar ó mundo do afectivo. P.- A música celta. R.- Os países célticos son unha referencia importante na cultura galega que vai máis alá do estrictamente musical. O mito céltico é manexado por Pondal, Risco e mesmo Cunqueiro. Tamén Castelao abonda nel co libro "As cruces de pedra na Bretaña". O da música celta non é algo científico senón que denota a existencia de similitudes entre distintas músicas.A música celta é unha especie de etiqueta que abrangue grupos ben distintos.
O Pomño-Mos
CONCERTOS 1982. Tui, Tui, Mos, O Porriño, Nigrán, O Porriño, Cangas, Vilagarcía de Arousa, Vigo, O Porriño, Mos. 1983. Nigrán, Mos, Santiago, Bueu, O Carballiño, Lugo, Chantada, Vilalba, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Tui, Salceda de Caselas,"Tomiño, O Porriño, Barro, Cangas, Vigo, Afife (Portugal), Bembrive, Vigo, O Barco de Valdeorras, O Porriño, Salvaterra de Miño, O Porriño. 1984. Vigo, Salceda de Caselas, Vigo, Vigo, Vigo, Nigrán, Ponteareas. Caldas de Reis, Vigo, Molina de Segura (Murcia), O Porriño, Ortigueira, Vigo, Lorient Chapiteau (Francia), Port-Louis (Francia), Lorient Chapiteau (Francia), Lorient Pub (Francia), Lorient Chapiteau (Francia), Lorient Palais des Congres (Francia), Lorient Port de Peche (Francia), Lorient Kergroise (Francia), Melide, Rábade, O Porriño. Vigo, O Grove, A Poboa do Caramiñal, Tui, Carballo. 1985. Santiago, O Ferrol, Arzúa, Santiago, O Porriño, Cacabelos (León), Viena (Austria), Santiago, A Coruña, A Toxa, Salvaterra de Miño, Molina de Segura (Murcia), Madrid, Vigo, Buenos Alres (Argentina: Centro Galicia, Olivos, Centro Gallego), Mar del Plata (Argentina), Montevideo (Uruguay), Pontevedra, Cubillos (León), Guísamo, Moeche, Vigo, Oviedo, O Porriño, Lugo, Vigo, Rubí (Barcelona), Sada, Pontevedra, A Coruña, O Ferrol. 1986. Madrid, Vigo, Arzúa, Vigo, Alcalá de Henares (Madrid), Vigo, Vigo, O Porriño, Tui, Lisboa (Portugal), Salvaterra de Miño, Saint Chartier (Francia), Moaña, Segovia, Oleiros, Vigo, Guitiriz, Zainora, Oleiros, Moeche, A Coruña, Ppnferrada, Lalín, O Porriño, Madrid, Deba (Guipuscoa), Santiago, Santiago, Culleredo. 1987. Reinosa (Santander), Guarnizo (Santander), Torrelavega (Santander), Santander, Los Corrales de Buelna (Santander), Córdoba, O Porriño, Nigrán, A Guarda, Fene, Lugo, Fene, Calo (Teo), Ponteareas, Cangas do Morrazo, Pontevedra, Mos, Ourense, Tui, Marín, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia, Vigo, Santiago, O Reino (Ourense), Illa de Arou-
sa, A Guardia, Viveiro, Oleiros, Moeche, A Cañiza, Betanzos, A Coruña, San Sebastián de los Reyes (Madrid), Poboa de Trives, Villafranca del Bierzo, Lalín, Llodio (Vítoria), Monterroso, Lugo, Mondoñedo, San Sebastián, Vigo, Arcade. 1988. Pontevedra, Lalín, Arzúa, Tui, Ribadavia, Verin, Santiago, Santiago, Lugo, Vigo, O Porriño, Llodio (Vitoria), León, Madrid, Pontevedra, Braga (Portugal), Moaña, O Barco de Vaídeorras, A Coruña, Negreira, Guitiriz, Cedeira, Vilanova de Cerveira (Portugal), Vigo, Palma de Mallorca (Son Rapinya, Santa Catalina, Poligon de Llevant, Parc a la mar), Vigo, Betanzos, Zas, Carballo, Villafranca del Bierzo, Bembrive (León), Lugo. 1989. A Rúa de Petín, Ourense, Chantada, Monforte, Tui, Muros, Redondela, Illa de Arousa, Cangas, Santiago, Lugo, Foz, Betanzos, A Estrada, A Baña, Barcelona, Vigo, Negreira, Vigo, Irún, Redondela, Vilanova de Arousa, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Cariño, Noia, A Capela, Vedra, Ribadeo, Santiago, Lorca (Murcia), Vigo. 1990. Santiago, Lugo, Ribadavia, Granada, Santiago, Allariz, León, Narón, Silleda, Santiago, Catoira, Redondela, Cariño, Tui, Ortigueira, Betanzos, Lisboa (Portugal), O Barco de Valdeorras, Cedeira, Moaña, Rianxo. 1991. Baracaldo, Porto (Portugal), Santiago, Pontecaldelas, Porto do Son, As Pontes de García Rodríguez, Foz, Moeche, San Clodio de Ribas de Sil, Sintra (Portugal). 1992. Porto (Portugal), El Portillo (Valladoiid), Villalba (Madrid), Valladolid, Santiago, Illa de Arousa, Mon-forte, Navia de Suarna, Palas de Rei, Sarria, Sevilla, Santiago, Lisboa (Portugal). 1993. Padrón, O Porriño, Barcelona, Becerreá, Segovia, Santiago, O Barco de Valdeorras, Mugardos, Teixeiro, Portomarín, Celanova, Mos, Zas, Guitiriz, San Clodio, Rianxo, Vilagarcía de Arousa, Poboa de Trives, Sainos. Ponteceso, Cangas de Morrazo, Murcia, San boi de Llobregat (Barcelona), Santa Uxía de Riveira, Tui, Brión, Barcelona.
Non somos excesivamente militantes deste concepto musical pero de cando en vez interpretamos músicas deste estilo. P.- A música africana. R.- Chegamos á música africana a través de Portugal, e moito antes de que xurdise o "boom" deste tipo de música. Parécenos moi interesante que existan músicas de países non industrializados que están a ser alternativa á cultura anglosaxona predominante. Nós empregamos as similitudes con ritmos autóctonos
Na Liía niinha fotof>rafía de JciYÍer
Herranz.
de Galicia.Como mostra no último disco hai un tema que chamamos "Muiñeira de Nairobi" na que mesturamos un ritmo africano cunha muiñeira. P.- ¿Cal é a vosa presencia nos circuítos fóra de Galicia? R.- Igual que dentro da música galega, existe un ámbito dentro da música peninsular na que nós conseguimos acadar o sitio de grupo representativo de Galicia. Neste momento temos contacto con músicos e festi vais de toda a península. P.- Sodes considerados dentro dofolk como un grupo heterodoxo.¿Que tedes que dicir a iso? 23
0 Porriño-Mos
R.- A nosa procedencia inicial non é de música popular. Viñamos doutros estilos musicais.Pero a diferencia doutros músicos non quixemos renunciar destas raíces da nosa adolescencia.Esta circunstancia é plenamente identificable na nosa música. P,- ¿Sodes músicos conformación autodidacta ou de conservatorio? R.- Temos as dúas vertentes.Se ben todos temos estudios musicais, o noso autodidactismo vén dado porque na nosa actividade non existen aquí estudios específicos.Isto é algo que botamos en falta: a existencia de conservatorios de música étnica, como existen nos países chamados do Leste, unhas institucións envidiables que propician que os músicos rusos, rumanos, húngaros, etc, que agora actúan por aquí teñan unha calidade interpretativa óptima. E necesario que os estudios musicais en Galicia se abran á música popular, ós seus contidos e ós seus instrumentos. P.- Vós sodes un grupo basicamente instrumental pero nunha época determinada empregastes a voz e 24
os textos.¿Como valorades esa experiencia?. R.- Tivemos un momento no que tiñamos bastantes ganas de cantar e fixémolo. Os resultados foron bos.Para nós é unha etapa máis da nosa historia. Cecais o máis conflictivo era o problema de dar cos textos adecuados. Botamos moito en falta a existencia de letristas específicos, no grupo non eramos capaces de facelo e cando recurriamos á xente de fóra, a escritores de oficio, os resultados eran moi poéticos e con pouco formato de canción. Aínda que un poema poida ser a letra dunha canción, non ten porque ser necesariamente así, e estamos pensando en grandes letristas de cancións como os dos tangos, por exemplo.Hai un espacio sen ocupar aínda entre os textos da música popular, que atopamos habitualmente desfasados para a nosa época, e os textos dos poetas. De todos os xeitos foi unha etapa interesante para o grupo que de momento está esgotada. Centos de concertos, cinco discos editados, o premio galego da crítica e o recoñecemento do público alá onde van avalan a calidade de Na Lúa, un grupo galego de calidade.
0 Porriño-Mos
AS CANTEIRAS DE GRANITO DO PORRIÑO: NOTAS PARA A SUA HISTORIA
A explotación do granito constitue na actualidade unha das actividades económicas máis relevantes do Porriño. Sen embargo, estas canteiras eran a principios de século explotacións pequenas e de pouca importancia dedicadas soamente á extracción de granito para postes de viñedos e «pasta» para o pechamento de fincas. Esta «pasta» tamén era ás veces empregada para a construcción máis humilde. A súa dureza e composición impedía a talla fina necesaria para a preparación da sillería e dos detalles ornamentais da construcción de certa altura do momento. Son as canteiras de Castrelos, Costa de Oia (Vigo) e sobre todo Ulló (Arcade) as que teñen un gran desenvolvemento debido á producción dun granito de grao fino que ten unha grande demanda na cidade de Vigo a causa do auxe constructivo deste período, pero que tamén se emprega en construccións na propia vila do Porriño. Dende os últimos anos do século XIX unha nova actividade chegará as canteiras: a producción de lastros («adoquín»). Acti vidade nova que se relaciona directamente co incio da pre-industrialización da bisbarra viguesa que provoca, como é norma característica do urbanismo deste período, un crecemento extraordinario da cidade, favorecida polas súas actividades relacionadas co mar, en especial a industria conserveira. Esta circunstancia fai que nos primeiros anos do século XIX, moi cedo en comparación con outras cidades
espanolas, reciba proxectos de ensanche o de nova poboación. Tamén que se formen barrios fóra do recinto amurallado que nacen e crecen ó longo das vías de comunicación. Fracasado o proxecto de ensanche do que só se chega a facer unha pequena parte, a cidade esténdese fundamentalmente cara ó leste mediante o enlace entre si das principais vías de comunicación a través do trazado de novas rúas. Derrubada no ano 1861 parte da muralla que circundaba a cidade, unha destas vías, o primeiro tramo da estrada de Vigo a Villacastín que arrancaba da porta da muralla chamada, por estar orientada ó leste, do Sol, transfórmase progresivamente en centro da cidade e principal punto de actividade do comercio. Convertida na rúa do Príncipe, recibe as primeiras atencións relacionadas co problema dun pavimento digno da súa importancia. No Arquivo Municipal de Vigo atopamos as primeiras referencias de propostas de utilización de lastros («adoquín») nas rúas viguesas e tamén as primeiras relacionadas coa producción destes en O Porriño. Antes da xeneralización da utilización do empedrado de lastros e posteriormente do asfaltado, as rúas das vilas galegas presentaban principalmente tres tipos de pavimento. Nas zonas máis antigas da poboación, formadas normalmente por rúas estreitas e de pouco tránsito, persistía o tradicional enlousado de granito, formado con pezas grandes e de distinto tamaño, 25
O Porriño-Mos
Primeiras máquinus de pulir granito c/ue merca Enrique Peinador Veta para as obras do Bcdneario de
Monduri:. 1910. (Vida
A pedra porriñesa emprégase na pavimentación das principais rúas de Vigo
dispostas na meirande parte dos casos de forma irregular. As estradas que atravesaban as vilas, sobre as que normalmente se expandiu a construcción, como sucede no caso do Porriño, recibían o que nos proxectos se denomina «afirmado ordinario» ou macadán. Este firme levaba dúas capas de pedra. Na primeira, de quince centímetros aproximadamente, a pedra machucábase dentro da propia caixa da estrada ata reducila a un tamaño duns sesenta milímetros. Na segunda fcapa, que tiña uns dez centímetros de grosor, a pedra traballábase con martelo fora da caixa atareducilaaun tamaño inferioró anterior. Despois era introducida na caixa da estrada ou rúa para apisoala con granito descomposto (xábrego). Este sistema producía unha serie de graves problemas, xa que no verán era intenso o po que se levantaba e no inverno facíanse lamazais e charcos que convertían as estradas en intransitables. Presentaba ademais unha dificultade engadida: a constante reparación. O problema agravábase cando a estrada pasaba polas poboacións. xa que ó transformarse en rúas principais debido ó progresivo desenvolvemento de vilasecidades, tiñanque soportar un maiortránsito, acelerándose o seu deterioro. Esta situación provoca, como recolle no caso de Vigo a prensa local e numerosas instancias presentadas ó Concello, protestas constantes dos veciños. Outro sistema empregado 26
era o chapacuñado. Consistía no embutido vertical en area de pezas irregulares de granito ou xisto cun tizón ou fondo de cuña entre quince e vintecinco centímetros. O chapacuñado facíase colocando os saíntes das pezas nos entrantes dos xa colocados procurando que a xunta no excedese dun centímetro. O firme quedaba formado polos cantos ou cabezas dos cachotes que presentaban unha superficie irregular, normalmente alongada, dun decímetro cadrado. Unha vez rematada a colocación, a chapacuña era apisoada despois de enchelas xuntas con area e ser regadas con abundante auga. Ás veces para darlle unha maior consistencia encadrábase en faixas de sillería. Aínda así, tiña a dificultade da pouca resistencia e necesidade de constante reparación, xaque nas rúas con moita circulación producíanse facilmente desprendementos e refundidos. Nalgunhas poboacións chégase a probar outro sistema coñecido como «entarugado» que consistía en embutir en formigón tarugos de madeira. Como sucede neste período noutras poboacións, no caso de Vigo e tamén do Porriño o sistema que progresivamente se impón nas rúas principais é o empedrado de lastros, aínda que por varias décadas do presente século este sistema compartirá importancia co afirmadoordinarioecoachapacuñaqueseguiránutilizándose nas rúas de menor importancia.
0 Porriño-Mos
0 30 de setembro de 1894 Jenaro de la Fuente Domínguez, director facultativo das obras municipais da cidade de Vigo, asina un proxecto de pavimentado das rúas do Príncipe e Colón no que propón por primeira vez na cidade a utilización de lastros. Estas dúas rúas aínda presentaban neste ano un afirmado ordinario ou de macadán. Jenaro de la Fuente tendo a garantía da súa utilización por varios anos noutras poboacións e sendo coñecedor do favorable resultado deste sistema, por ofrecer unha cómoda superficie regular para o tránsito e necesitar poucas reparacións, busca nas canteiras locais un granito duro con todos os seus compoñentes en estado de pureza e cun certo predominio do cuarzo. Atopa este material no Porriño, propondo no seu proxecto que se utilice na pavimentación das rúas Colón e Príncipe, agás nas beirarrúas. Con anterioridade, segundo sinala o propio facultativo na memoria do proxecto, fai unha serie de probas con lastros do Porriño nas rúas viguesas para comprobar o resultado. O Faro de Vigo, en varios números do mes de maio de 1894, sinala como se esperaban os carros de lastros encargados ao Porriño para facer unha proba con este material. No mes de xuño, o citado xornal confirma o inicio das probas nun pequeno tramo das rúas do Príncipe e Colón. Aprobado o proxecto e despois de celebrada a poxa das obras a Corporación municipal viguesa decide, en xaneiro de 1895, levar a cabo soamente o pavimentado da rúa do Príncipe. Por outra banda, xorden novas dificultades, xa que esta nova actividade nas canteiras porriñesas non foi ben acollida polos «monteiros» encargados de extraer a pedra. A obra sofre unha serie de atrasos na súaexecución,queixándoseocontratistaJoséRegueira Boullosa, nun oficio dirixido ó Concello o 1 de abril de 1896, das dificultades que ten para atopar lastros no Porriño: «Respecto a la contrata de suministro y colocación del adoquín en dicha calle del Príncipe me veo con sentimiento mío en la necesidadde manifestar a V.E. que no me esposible cumplir el compromiso contraido por la poderosa razón de que a pesar de todas mis investigaciones hechas en Porriño para buscar una cantera de la condiciones análogas al adoquín modelo que sirvió de tipo para la subasta no fue posible encontrar ninguna en condiciones de suministrar la cantidad necesaria para toda la caüe del Príncipe...» As canteiras porriñesas deberían estar neste período nun estado moi embrionario, sendo o traballo nelas compartido con outras actividades, fundamentalmente agrícolas. Circunstancia normal noutras explotacións, xaque neste documento tamén se sinala que se atrasa o envío de pedra de sillería para as beirarrúas por estar ocupados os «monteiros» nas faenas do campo. Jenaro
de la Fuente, desprázase ao Porriño para comprobar a gravidade do problema. No informe que remite ó alcalde de Vigo o 15 de abril de 1896, sinala: «Cumpliendo la orden que V.E. sirvió comunicarme, me he personado en la inmediata villa de Porriño para informar respecto alfundamento de excusas que alega el contratista del adoquinado de la calle del Príncipe, para no imprimir la necesaria actividada los trabajos de la referida obra; pudiendo manifestar a V.E. que si bien son múltiples los sitios donde se puede explotar el granitó cuarzoso que exigen las condiciones para los adoquines, todos están por extremo alejados de las vías de extracción y muchos tienen una piedra de contextura desigual e inapropiada por lo tantopara el objeto a que se le ha de destinar.Lascanteras quemejores condiciones reúnen de calidady medios de transporte están desde antiguo explotadas por los monteros de aquella localidad con aplicación a postes
"Un dos primeiros e principales divulgadores das cualidades deste granito foi o arquitecto porriñés Antonio Palacios Ramilo."
Vista dunha explotación actual de granilo nos montes de Budiño
de viñaypastas o losetas delgadas de cerramiento, sin que por la rutina que informa los actos de estos industriales sea posible hacerles comprender la propia conveniencia de que suministrasen aprecios aceptables los referidos adoquines....» Esta circunstancia provoca que a Corporación municipal viguesa decida, en sesión de 6 de maio de 1896, modificar o proxecto e substituír o pavimentado da rúa do Príncipe con lastros por chapacuña, aínda que o material remitido dende O Porriño emprégase na pavimentación da rúa de enlace entre Príncipe e Policarpo Sanz, segundo informan as medicións efectuadas por Jenaro de la Fuente e informe da comisión de obras que aproba o Concello en de 13 de outubro de 1897. Poucos anos despois as canteiras porriñesas están en 27
0 Porriño-Mos !
plena producción de lastros. No ano 1900, no artigo 5° do prego de condicións facultativas a que deben suxeitarse os materiais empregados para o pavimentado das rúas de Vigo xa aparece o «adoquín del Porriño» como o único material a utilizar nas rúas que leven empedrado de lastros. Ó ano seguinte anúnciase a poxa de adquisición de «adoquín del Porriño» para a rúa Colón». Como sucede cos outros sistemas de pavimentación, tamén se regulamenta minuciosamente a súa colocación: «Extendida por igual la capa de arena de 0, 10 de espesor quefacilitará el Municipio el destajista procederá a situar lasfüas de adoquines perpendicularmente a los lados de la calle, escogiendo para cadafila los de igual ancho. ...Nopresentarán entre cadafila un ancho superioral centímetro, rellenando el asiento y los espacios entre las juntas con arena comprimida. La disposición de las hiladas de adoquín será tal que las juntas transversales de una hilada caiga al medio
dantemente la calle, pero no por pitón de chorro, sino con extremo de regadera...» (Condicións facultativas que redacta Jenaro de la Fuente para a obra de pavimento das rúas da cidade de Vigo. 24 de xaneiro de 1917).
por lo menos al tercio de las hiladas ayacentes. En el cruce con las calles transversales, los adoquines se situarán diagonalmente al paso de las mismas. El asiento del adoquín formará una superficie tres centímetros más elevada que la rasante transversal que se dé a la calle.... El apisonado se efectuará empezando por recorrerpor dos veces las superficie adoquinada con pisón de un solo hombre de ocho a diez kilos de peso, dejándolo caer desde una altura de 60 a 80 centímetros. El último apisonado se hará con pisón de dos hombres o doble mango de 18 a 20 kilos de peso, dejándolo caer desde la misma altura que el pisón sencillo y continuando esta operación hasta que el adoquín haya bajado los cinco centímetros que en su colocación se dejó sobre la rasante definitiva. Durante la operación de apisonado se regará abun-
século abastecen de lastros ó concello vigués para pavimentar as novas rúas trazadas e substituí-la chapacuña ou macadán das outras. Serafín da Cruz chega a nomear en 1916 a Manuel Tomé primeiro e despois en 1917 aTadeo Sotelo como os seus representantes na cidade de Vigo paraque reciban as expedicións de «adoquín» remitidas dende O Porriño por ferrocarril, arrastren o material a pé de obra e manteñan a relación comercial co Concello.
Paulatinamente este material emprégase nas principais rúas da cidade. Nos diversos expedientes de urbanización e pavimentación de rúas do Arqui vo Municipal de Vigo aparecen, dende os primeiros anos do presente século, dous mestres canteiros porriñeses como subministradores de lastros. Sabino Torres, constructor que fai numerosas obras para o Concello do Porriño, entre elas a Fonte do Cristo, subministra esta material para as principais rúas viguesas: Policarpo Sanz, Carral, Velázquez Moreno, Victoria, Urzaiz, Lepanto, LuisTaboada,etc.SerafínAntoniodaCruz, incorpórase a este actividade tras o concurso verificado en abril de 1906. Segundo as certificacións de provisión de materiais de Jenaro de la Fuente, son estes dous contratistas os que durante as dúas primeiras décadas de
Construcción do Concello do Porriño.. Obsérvese a pavimentación ela ri'ui realizada a finais do século XIX.
28
O exemplo de Vigo, fai que o Concello do Porriño, pense tamén neste material local para o pavimentado das súas rúas. Na sesión ordinaria da Corporación porriñesa de 17 de xaneiro de 1904 o concelleiro José Palacios propón que se solicite da Dirección Xeral de Obras Públicas o pavimentado con lastros 1500 tnetros da estrada que atravesa a vila, cubrindo aproximadamente as rúas
0 Porriño-Mos
principais. Estas rúas ó ser á vez parte da estrada de Villacastín a Vigo e de Pontevedra a Camposancos, terían probablemente un afirmado de macadán. Dous anos despois, en setembro de 1906, iníciase o empedrado comezando pola Rúa Real (hoxe Ramón González). No mes de febreiro remátase o pavimentado da rúa Isidoro Bugallal (na actualidade Central). Nos anos seguintes amplíase as rúas centrais da vila: Servando Ramilo, Praza do Cristo, Peña, Manuel Rodríguez, etc. No ano 1919, José Carrera xestiona a ampliación do empedrado ás rúas Elduayen (na actualidade Antonio Palacios) e Travesía da Estación. Un ano despois están en obras de pavimentación a travesía da Igrexa a da Estación, a Praza da Constitución (praza situada diante do Concello), rúa de Servando Ramilo, Peña, etc. 0 Porriño convértese no principal abastecedor de lastros para as principais vilas e cidades do entorno, favorecendo unha maior explotación das canteiras coa presencia incluso de traballadores foráneos, principalmente portugueses, segundo se desprende dunha reseña do correspondente do Faro de Vigo na localidade, publicada o día 25 de xullo de 1906: «Con motivo de los constantes altercados habidos entre la numerosa colonia portuguesa residente en esta villa dedicada a hacer adoquines para las calles de Pontevedra, Vigo y esta localidad, parece un hecho que nuestro celoso alcalde, de acuerdo con los Srs. Gobernador Civil y Vice-cónsul de Portugal en Tuy, pondrá enprácüca enérgicas medidas afin de evitar la contínua zozobra que están originando estos desmanes. Mucho celebramos que esto se lleve a la práctica cuanto antes...» Paulatinamente adquire importancia a utilización do granito porriñés cunha presentación pulida, provocando un maior crecemento das explotacións. Un dos primeiros e principais divulgadores das cualidades deste granito pulido foi o arquitecto porriñés Antonio Palacios Ramilo. Unha das súas principais facultades como creador foi a capacidade para experimentar coas posibilidades plásticas dos materiais constructivos, sendo o granito, conxuntamente coa cerámica, un dos predilectos. Esta variedade de granito duro que tan familiar debeu ser sempre para o arquitecto, no pasou desapercibida, utilizándoa con prontitude cunha presentación pulida. No ano 1910, na obra que executa no Balneario de Mondariz, utiliza granito pulimentado dunha variedade similar a do Porriño nas grandes columnas do Pavillón das Augas que acolle o manantial de Gándara. Neste traballo emprégase maquinaria que o propietario do Balneario, Enrique Peinador Vela, quizais inducido polo arquitecto, merca no estranxeiro. Segundo a prensa viguesa da época esta maquinaria é
a primeira que se emprega en Galicia con tal fin. A revista Galicia publicada en Madrid, destaca tamén a utilización do granito pulido cando describe a obra do creador porriñés en Mondariz: «Las columnatas semicirculares están constituidas porfustes pareados de un bellísimo granito pulimentado de piedra que existe en las cercanías del balneario y que hasta ahora no se ha empleado en construcciones y si solo en cerramientos y soportes de viñedos, lo cual no deja de ser una magnífica rehabilitación de este magnífico material gallego...» Antonio Palacios incluso debeu utilizar o granito do Porriño nalgunhas das súas obras madrileñas. Existen unha serie de testemuños orais que relatan como na estación do ferrocarril do Porriño se cargaba granito con destino a Madrid. Testemuños que se confirman nesta nota tomada do Boletín número sete da Sociedade de Fomento de Porriño e o seu Distrito de outubro de 1923: «Hemos recibido de nuestro socio honorario el ilustre
arquitecto Don Antonio Palacios unafotografía en la que aparece la llegada a Madrid de una enorme columna de las canteras de la parroquia de Atios y pulimentada en las mismas, con la cual se ornamentará el Palacio de Bellas Artes de Madrid. A corta distancia de la capital de España habría encontrado el insigne arquitecto el granito que necesita, pero prefiere ir a buscarlo a mil Kms. de distancia, porque así da remunerativa ocupación a sus convecinos.» Co paso do tempo e coa mellora da técnica o granito pulido do Porriño foi acadando resonancia internacional, deixando no esquecemento aquela grande primeira actividade das canteiras que foi a producción de lastros. Actividade que foi complementaria da primitiva: fabricación de postes para viñas e «pasta» ou «tablón» para pechamento de fincas e vivenda modesta. 29
A pedra do Porriño pasou da demanda comarcal nos principios de século, ao recoñecemento internacional do que goza actualmente.
O Porriño-Mos
TRANVIARIOS NO EXILIO
DE BALSEIRO ESPONTANEO (En lembranza ao sable do tío Gonzalo)
'Por Diego Xiráldez/La Habana-O Porriño
E
home,enxendro de home, herdeiro dun coma etílico que me incrustara naquel neumático vello. E nunha desas refrexións extraespirituais o meu corpo notou unha estraña sensación de perigo. Unha aparatosa e enorme treboada arrastrábame a unha gran velocidade, prohibíndome guiar os remos polo rumbo a seguir.
u, aínda que pareza mentira, non quería saír. Hai anos marchei na busca dun traballo calquera e unha inspiración salvaxe, as mulatas do Tropicana. Eu non quería saír, gostaba daquela terra soberana. Sen facer fillos e moito diñeiro vivín sempre con ritmo de trova incontenible, namentras traballaba entre cañas e asucre morría por ser un bohemio, un dandy. Como os moitos turistas, desocupados ou curiosos ache-gueime a unha praia de La Habana levando comigo a imaxe cruenta daquel "puente de Mariel" de 1980. As cousas non van ben por alí. Castristas e anticastristas, gardacostas e balseiros, hamburguesas e menús criollos fan menos apacible esa máxica cidade. Mirando pois a paisaxe que invadía aquela praia, que máis que praia era estaleiro, un mamón meteume á forza nunha desas barcarolas improvisadas namentras berraba ¡Libertad, Libertad!. Eu non quería saír. No momento, catro fillos de puta agarraron o neumático e lanzarono ao mar dándome ao mesmo tempo un golpe na testa que me deixou medio mareado. Cando espertei todo era
auga ao meu redor. Á miña esquerda, unha familia enteira montada nunha balsa dicíame; ¡suerte compaye, ya queda poco! e eu, á vez que levaba unha man ao lugar do golpe berraba ¡eu non quería saír, por onde se volve!... Eles crendo como ilusos que eu era un graciosos, un pallaso nunha balsa, comezaron a aplaudir namentras pedía outra. Tempo e tempo pasei chorando e matinando naquel aborto de 30
A min non me colleron os Hermanos al Rescate, eu non estiven no Centro de Detención Krome e nin siquera ulín Guantánamo, o que si cheirei despois de tanto tempo foi o lugar a onde aquela especie de furacán arrastrara a miña balsa, o Río Louro. Cheirei aquel concello con sensibilidade de vertedeiro birollo, cheirei os callos do Celtiña, o tinto de Agustín e as alturas botadas con suxestión. Cheirei a intelixencia sen H (e demáis cabríos). Aínda que soe a conto aparecín na Ponte do Valo arroupado polos muros do matadeiro na,mentras cavilaba en como conta-la odisea aos meus e en como explicar que marchei do Porriño con pinta de emigrante lunático e volvín con cara de balseiro espontáneo.
0 Porriño-Mos
DOCUM
1749
ENTOS
ATRADICION PANADEIRA DO PORRIÑO Cambiamos hoxe, o noso espacio de Hemeroteca por este de Documentos, para ofrecer unha vislón da actividade panadeira no século XVIII 'PorX.M. Iglesias Veiga
A
miento de las Tropas existentes en estaprovincia, en su virtudy arreglado a ello determino para atención, que la villa y partido de la Guardia con el de Hoya, aportasen sesenta carros y conbiniendo aberiguar, si dicho factor, tiene o no, almacenado la cantidadde trigo que ha expuesto, como si el número de carros repartidos concurren a su transporte, a Vuestra Mercedmuy particularmente, esta diligencia, para que lapractiquen con elmayorsigilo reconociendo a tnayor abundamiento, el importe de ferrados que cada uno de los carros conduze, a fin de venir en conozimiento de la realidad y en su vista, como de lo tnás que en esíe asumpto debieran ynformar usar de la providencia que conbenga alaüvio de laprovincia, apartando por medio de ella los ynconvenientes que se considerasen perjudiciales. Dios guarde a Vuestra Merced muchos años. Tuy de su Consistorio octubre, 18 de 1749.»
tradición panadeira do Porriño parece estar relacionada coa presencia na vila dunha fábrica de pan de munición para abastece-las tropas de guarnición na antiga provincia de Tui, segundo afirma o historiador Avila y La Cueva e recolle Jesús Espinosa Rodríguez no seu libro El Valle de La Louriña. No Arquivo Municipal de Vigo atopamos este documento que, se ben non reseña a fabricación de pan, fala do almacenamento de trigo na vila para aprovisiona-las tropas establecidas en Tui, capital de provincia durante o Antigo Réxime: Carta que o 18 de outubro de 1749 o Consistorio de Tui remite ó Xustiza e Rexemento de Vigo para que as vilas e partidos de A Guarda e Oia aporten carros para o transporte de trigo dende O Porriño. «Habiendo ocurrido en esta ciudad elfactor de lafalta brusca de Pan de Munición, en la Villa del Porriño, para el apronto de carros quepudiesen conducirdos mildoscientas fanegas de trigo, que refiere tiene almacenadas en la Plaza, y deben servir para el manteni-
(Arquivo Municipal de Vigo. Sección: Doc. histórica, EJER-3, 1749) 31
PAVILLÓN DA COMPAÑÍA DO METROPOLITANO DE MADRID SITUADO NA GRAN VÍA MADRILEÑA E TRASLADADO AO PORRIÑO EN 1971. OBRA DE ANTONIO PALACIOS PROXECTADA NO ANO 1919.