O Tranvía. Número 10. Outubro/Decembro 1994

Page 1

www.faximil.com


0 Porriño-Mos

O TranVía O TranVía NAS SEGUINTES

NO PORRIÑO AUTOSERVICIO MILAGROS (Budiño-Cruz) BAR ALONSO (Chenlo) BAR ANTONIO (Pontellas) BAR BAIXO AS (Budiño-Cerquido) BAR FERNANDEZ (A Guía, Atios) BAR MIRAFLOR (Noval, Torneiros) )CASA BUGARIN (Pontellas) GALERIASSIMPLICIO (O Porriño) GASOLINEIRA DE A GUÍA (A Guía, Atios) LIBRERÍA MEIGA (RúaPíoXII) MERCA PAZ (RúaPíoXII) MESON MOSENDE (Mosende) QUIOSCO OLGA (Rúa Antonio Palacios) QUIOSCO LOURAMBAL (Torneiros) QUIOSCO MANUEL GONZÁLEZ (Praza de San Sebastián) QUIOSCO MUCHA (Praza do Concello) QUIOSCO PINTOS (Rúa Ramón González) QUIOSCO REGALIZ (Praza do Cristo)

EN MOS AA. VV. de PEREIRAS (Pereiias)

ALIMENTACION CELIA (Casal 149, Tameiga) BAR ATALLO (Mos) BAR ANICETO (A Florida) BAR CASA CAMBEIRO (Igrexa, Cela) BAR CASA CELSO (Pedraucha, Petelos) BAR CASA CHONI (Cotiño 49, Dornelas) BAR CASA ELISARDO (Igrexa. Petelos) BAR FERRADURA (A Florida) BAR CASA GALLARDO (Puxeiros 52, Tameiga) BAR CASA IGLESIAS (Torroso) BAR CASA PEDRARES (Sanguiñeda) BAR CASA REINA (Balteiro, Petelos) BAR CASA SÁNCHEZ (A Rans, Tameiga) BAR CASA TINO (Pedraucha, Petelos) BAR LLOGO (San Cosme, Cela) BAR O XEITO (Igrexa, Pereiras) CAFETERIA FOKKER (Peinador) CASA BENIGNO (Bosende, Igrexa 145, Tameiga) CASA DELFINA B. S. CRISTOBAL (Pombal 29-Louredo) CENTRO S. AS PEDRIÑAS (Monte do Rebullón, Tameiga) FERRETERÍA ROYMA (A Igrexa, Tameiga) PELUQUERIA ROUBLIN (AFlorida) QUIOSCO LIBRERÍA TRILLO (A Capela, Petelos) SUPERMERCADO VICTOR (Pereiras)

2

Manuel Besada, Laureano Campos Leiras, Uxía Domínguez Senlle, Raúl Francés Rodríguez, Modesto Giráldez Teijeira, Aurora Gómez Leiras, F. Xabier Fontaiña Doval, Moncho Iglesias Veiga, Rubén Loureiro, Xosé M. Míguez Méndez, Miguel Montenegro, X. Paz Antón, Francisco Quintas Fortes, Pepe Vidal Pérez, Constante Vázquez Fernández INFORMACION PARROQUIAL Lucho, Felín, Benito, Manolo da Quinta, Ricardo, Beni. Lolo Sio, Xosé Xiráldez, Isabel Pereira, Augusto Monterroso, X. Miguel González, Eva González, Antonio Paz Valverde, Jaime Rodríguez Garrido, Salvador Sio, Luis González ASESORAMENTO LINGUISTICCF Paz Fernández, X. M. Míguez MAQUETACION, DESEÑO E INFORMATICA: Manuel Besada, X.Paz Antón FOTOGRAFIAS: Modesto Giráldez (coordinador), Manuel Sío, Chus Domínguez Senlle, Pepe Vidal Pérez. ADMINISTRACION: Aurora Gómez, Francisco Quintas Depósito legal: VG-169-92 Impresión: Imprenta Paz

As opinións emitidas en O TranVía son da exclusiva responsabilidade dos asinantes

www.faximil.com

PODES ATOPAR

Revista trímestral do Val da Louriña editada por Tranvía Colectivo. Apartado de Correos 136 O Porriño


0 Porriño-Mos

DITORIAL

SUMARIO

3. Editorial

A FE E AS MONTANAS

4. OS VELLOS CANTEIROS 9. A DÉBEDA DAS CANTEIRAS 12. Artesanía: Paco Candán, artesán da pedra 13. Gastronomía: La Cueva (1922-

m

14 .Ecoloxía: As barreiras 16. Perfis: As ermidas de Mos 18. Memorias: O ramo de Cans 19. Ramos, espadanas e andores nas festas máis populares de Budiño 20. Comic: Dende Cuba con amor 21. Política: A tira de cousas 22. DISCOMANIA LOCAL 25. SENDEIRISMO E RECUPERACIÓN 30. Tranviarios no exilio: Tres porriñeses en Buenos Aires 31. Hemeroteca: ¿OPom'ño Valdo Louro ou Lourambal? 32 Pe de foto: O Ramo

O Porrino-Mos

3

www.faximil.com

1994)

No principio a Fe movía montañas só cando era absolutamente necesario, e a paisaxe permanecía igual a si mesma durante milenios. Pero cando a Fe comezou a propagarse e á xente pareceuile divertida a idea de mover montañas, estas non facían outra cousa que cambiar de sitio, e cada vez era máis dificil atopalas no lugar en que un as deixara a noite anterior; cousa que por suposto creaba máis dificultades das que resolvía. A boa xente preferiu entón abandonar a Fe e agora as montañas permanecen polo xeral no seu sitio. Cando na estrada se produce un derrubamento baixo o que morren varíos viaxeiros, é que alguén, moi lonxano ou inmediato, tivo un lixeirísimo atisbo de Fe. Augusto Monterroso


0 Porriño-Mos

oS VELLOS CANTEIROS 'Por Xose Xiráldez e Ftaúl Francés

4

perigosidade constante. El mesmo pasou por unha que a pouco máis non conta: "'Estabamos na canteira do Lousas, tamén no Pozo do Liño.Antes non era como agora, para botar un bloque para abaixo era todo a ferro.Aquela canteira estaba enriba dunha laxe, doutropenedo. Estaba tamén ese día Xesús Oya traballando comigo. " Xesús, presente tamén na conversa, asinte con gravidade no xesto. "Andabamos no traslado dos bloques.O dono da canteira trouxera unsferros grandes e faciámolo todo a man, conferros e gatos. Eu non sei comofoipero a min puxéronme por debaixo. (...)Xa había un bloque pousado, e como se movía a man, diciamos: vou, vou, vou (...) Nunha destas o bloque moveuse e eu vin que

"O primeiro compresor que viu para Atios foi o do Relva. Despois truxen eu un. Era un Puskas de segunda man, tiña vintecinco cabalos de potencia cun só pistón. Pero siume bo. Con el xa podía utilizar un 'martillo', aínda que era sencillo".

www.faximil.com

Para falar das canteiras e do mundo da pedra de hai uns anos, xuntámonos con tres homes que estiveron ligados a este oficio dende que eran nenos. Xesús Ramilo, Manuel Maceira e Xesús Oya abriron para nós a gaveta dos seus recordos a carón dunha mesa no barrio de Liboeira en Atios. Todo escomenzara polas novas que tiñamos dun accidente ocorrido nos anos cincuenta, pero como comprobaredes a conversa, como non podería ser menos, acabou abarcando outros aspectos igualmente interesantes da memoria. "O accidentefoi o 12 de Agosto de 1952, relata Xesús Ramilo, nunha canteira no Pozo do Liño. Estabamos atacando un tiro. Basilio Oya agarraba no tocador; Manuel do Liberal (Manuel Giráldez), aguantaba na mecha e eu dándolle á maza, atacando, e sen máis estoupou " As consecuencias deste suceso son de triste recordo para Xesús, un dos seus compañeiros e ademais dono da canteira, Basilio, morreu no día seguinte e Manuel do Liberal quedou cego os trinta anos que lle quedaban de vida. Recordando aquel fatídico suceso continúa: "Leváronnos 6 Porrño no camión de Celso o Bajaña, que naquel momento estaba a cargar na canteira. O médico era D. Benito pero dixo que aquilo non era cousa del e entón trasladáronnos ó Calvario, ó doutor Amoedo, e máis tarde á de Troncoso, onde quedei tres meses hospitalizado ". Para Manuel Maceira, nas canteiras había unha


0 Porriño-Mos

viña hacia min. Entón eu quixen arrear pero oferro quedou debaixo das pernas e estorbábame para escapar. Tiven que saltar e, tan pronto como ofixen, o bloque pegou contra o outro. Foi ó milímetro. Os que estaban alíxa non contaban comigo. Aínda quepouco, algo tocoume no lumbago, pero puiden saír polo meu pé. Despois fun ó doutor Arias, no Porriño, que me meteu uns pinchazos que doeron bastante. " Mentre relataba todo isto, Manuel ergueuse da silla e, a pesar de contar con case noventa anos, representou con xestos e movementos de corpo o acontecido, incluído o salto que foi a súa salvación. Mesmo parecía que estabamos a vivir a historia en directo. Xa metidos en fariña, tampouco Xesús Oya carecía de anecdota de perigo real: "Eu tamén puiden perde-la vida. Un día estaba marcando bloques, cando escoitei un ruído e vexo que vén contra min un bloque. Entón para escapar tiven que saltar por enriba dos outros bloques. " O que afirman con rotundidade, e do que non cabe a menor dúbida, é que naqueles tempos, o perigo era constante. Tódolos días xogábanse a vida porque facelo a man era máis arriscado. Segundo eles, hoxe tamén hai perigo pero coas máquinas é moito menor. Ó falar dos seus accidentes, véñenselle á memoria outras persoas que sufriron percances graves: Serafín da Ferreira e Valente da Silva entre outros. 0 falar das canteiras nas que traballaron, a resposta foi unánime: "Eramos pobres, sen maquinaria ".

A ELABORACION DA POLVORA *Por Isabel Peretra A pesar do estraño que pareza nas canteiras de Atios a pólvora facíana os propios canteiros. En concreto, D. Manuel Pereira Ramilo, dá fe de que a pólvora era elaborada da seguinte maneira: estaba composta por salitre, xofre e cinza de casca de piñeiro. Os dous primeiros componentes comprábanos e a cinza sacábana recortando a casca dos piñeiros que colindaban coa zona. Queimábana enriba dunha chapa, se a tiñan, e se non enriba dunha pedra, deixábana enf riar alí para esfarelar despois. Isto faciano no mesmo sitio onde a empregaban; sen embargo, se a tiñan que manufacturar na casa, usaban videiras. Logo da mestura deses materiais íanse equilibrando ditos componentes, plantándolle lume comprobaban se ardía máis rápida ou máis lenta, é dicir, púñana a punto. Os canteiros non contaban co permiso dos propietarios do monte para obter dita casca, pois esta tarea prexudicaba ó piñeiro, incluso chegando a secar, podían ser denunciados. Así mandaban ós rapaces máis novos para que tivesen menos delito se os collían. Deste proceso sacábase unha pólvora bastante potente. Paraempregala,facíaseunburatocunhabarrena e despois con outra raiábase; para iso, necesitábanse tres persoas, as cales podían tardar un día enteiro dependendo a profundidade do penedo. Cabía a posibilidade de que o tiro non estourase por fallo da mecha, esperábase un tempo considerado prudencial e seguidamente procedíase ó desatascamento do tiro. Con esta operación arriscábanse a que a polvora estoupase levándose por diante máis dunha vida. Cousa que ocurría algunhas veces.

5

www.faximil.com

(De esquerda a deretta) Manuel Maceira e Xesús Ramilo que xunto a Xesús Oya foron as persoas entrevistadas para a elaboración deste artículo.


0 Porriño-Mos

Pero enseguida Xesús Oya di: "Oprimeiro compresorque viuparaAtiosfoi o do Relva. Despois truxen eu un. Era un Puskas de segunda man. tiña vintecinco cabalos de potencia cun só pistón. Pero saíume moi bo. Con el xa puiden utilizar un 'martillo', aínda que era sencillo. " Pero no asunto da maquinaria as cousas están ben claras: "O principal a forza física. Todo a golpe de peito ". Recordan como, para levantar un martelo de oito quilos, "había que ter moitaforza e experiencia. Se non tiñas práctica, ó dar no pinchote, se este tiña forza, dábache un repelón para atrás terrible ".

"O andar ten o seu arte. Hoxe non hai quen vexa o andar. Para ver o andar ten que poñer a pedra a plomo e escudrichalo co norte. Ademais antes, como raiabas en pedra presa, aínda que o fixeses ben, a tiranteza ía por onde ela quería". 6

As ferramentas que empregaban eran as máis simples: picos, punteiros, marreta, ferros, martillóns, o cargador (muelle de carga), e para traballos especiais traían uns ferros máis grandes. Pero tamén os vellos canteiros tiñan os seus trucos para mellora-la forza física: "O pan de millo daba moita forza, aínda que eran unhas codias. hoxe as comidas xa non dan esa enerxía. ¡Tamén estaban boas as sopas de cabalo cansado!". De tódolos xeitos, foi cando escomenzaron falar da "arte", cando a conversa voltouse máis apaixonada. Eles falan con orgullo do que antes facían e consideran que agora, con tanta máquina, xa non hai "arte". "Agora todo está baseado na maquinaria. Hoxe en día, non se busca o andar da pedra, porque se fai todo con máquina, antes non era así. Agora o quefan é barrenar todo, e co fío, a pedra queda solta. Pero antes a pedra estaba presa ". Do andar din: "Oandarten o seu arte. Hoxe non hai quen vexa o andar. Para ver o andar ten que poñer a pedra no plomo e escudrichalo co norte. Ademais antes, como raiabas en pedra presa, aínda que o fixeses ben, a tiranteza ía por onde ela quería ". Está visto que cada oficio ten o seu vocabulario clave e para quen non estea acostumado a el, ás veces parece que nos están a falar nun idioma estraño. Un vocabulario, o dos vellos canteiros, que se vai perder se

www.faximil.com

Vista panorámica dunha canteira actual


0 Porriño-Mos

En tempos antigos traballouse nas canteiras con ferramentas rudimentarias e máis colectivamente. Imos expoñer algúns exemplos: para saber a altura dun penedo un canteiro broucaba cunha marra mentres outro escoitaba nunha zona específica do penedo para calcular aproximadamente os metros que tiña. Ó contrario de agora, se tiña moita altura non podían traballar nel, pois non posuían os medios necesarios; a non ser que estivese separado da terra. entón sacábase a capa externa cun tiro de levante. Para extraela chamábase ós canteiros de máis preto para poder movela. Aínda que semelle curioso, "cantábanlle" á pedra e cada un tiña a súa maneira particular de f acelo. Etaa!goasícomo( ¡eih,ouh,a¡ pedriñaanda...!). Facían isto co fin de puxar todos ó mesmo compás cos ferros. Tíñase moito en conta o norte, o plomo e a veta do andar da pedra. No caso de que non fose moi alto o traballo facíase máis levadeiro. alguén non bota man do asunto. Traballábasemáisnotaco.seguíndolleoadoquín. "Para meter un levante, para poñer a pedra postes, pasta, bordillo e algún perpiaño. solta, tiñas que: meter unha cuña de vintecinco Un bo profesional podía chegar a facer mil douscentos tacos ó día de dez por dez centímetros para centímetros defondo, coller o punteiro e a marreta e codillar o pinchote desde arriba, tras, tras, ... tras, estradas nos cascos urbanos. Unha cuarta de poste valía unha peseta, un cento tras, porque se no medio o deixabas achicar, despois de taco trinta pesetas, o perpiaño andaba ó redor das xa non eras capaz de meter o pinchote ". vintecinco pesetas o metro cadrado, o bordillo oitenta Un dos traballos máis delicados era meter os pesetas e a pasta cobrábase pola altura. tiros: Ademáis había un grupo de canteiros que desfacían o rachón (desperdicios da pedra) usándoa "Metiamos os tiros dependendo da canteira. para f irmes nas estradas. Rompíase cunhas marretas xa Faciámolo para cortar a tiranteza, cousa que hoxe co que non había machacadoras. A isto chamábanlle "morrullo" que era un pouco máis grande que a grava. fío é máis sencilla ". Para estes tres vellos canteiros, que hoxe ven o Este material era transportado por un camión cargado e descargado manualmente. mundo da pedra como meros espectadores, existe un En canto ás ferramentas levabanas e traíanas problema importante: os escombros das canteiras. tódolos día para apuntalas, pois a maioría dos canteiros "Se se lle buscara o andar á pedra, poderíase tiñan as ventolinas na casa, pero tamén había quen tiña na canteira un sistema de fol enganchado a unha palanca aproveitar moito para facer chapa. Hoxe están a quitar o bloque e a darllepara adiante. ¡Aínda que se movida por unha persoa. Estes traballadores marchaban a mañá e ós que escacharre todo! " vivían máis lonxe levábanlle a comida á canteira. Comentan con orgullo que a pedra que se extrae Os accidentes formaban parte de calquera traballo de Atios é de gran calidade, é máis, son da opinión de pero naqueles tempos os medios eran escasos. Houbo un canteiro que lle caiu unha pedra enriba dun pé (pois que este é un sector que da moito traballo e vida a todo andaban descalzos) á idade de 13 anos. Foi levado nun O Porriño. Ata chegan a afirmar que: soporte dunha bicicleta ata O Porriño. O médico daquela "O Concello e oAlcalde do Porriño teñen moito era D. Frncisco Arias que lle fixo unha cura pero en vista que agradecerlle a Atios ". da gravidade, trasladárono ó Sanatorio de Amoedo no Logo dun bo rato de conversa escomenzaron a Calvario (Vigo) acompañado polo mesmo doutor. A raiz saír nomes de canteiros que para eles foron auténticos disto o accidentado quedou sen un dedo. A operación custou catrocentas pesetas, ó non artistas. Un dos homes máis sobranceiros para os nosos haber seguro pagouse a partes iguais ferido-xefe. contertulios, era o Malleiro. Manuel Maceira dixo del: 7

www.faximil.com

O SISTEMA DE TRABALLO NAS VELLAS CANTEIRAS


"OMalleiroeraunartista,... ¡peroentodo, ehl, enlevantareabrirpasta, nodesbaste, etaméntrazando tacos." Xesús Oya corrobora o dito: "Era moi largo e moi bo no traballo ". Outro dos destacados na conversa foi o Grova de Sanguiñeda, que polo que contan, traía unha saqueta ás costas cos picos e as marretas e deixábaas na de Tomás o Ferreiro.Pero cecais de quen falan con máis admiración é do Mouriño: "Cada martillazo que daba estaba ben dado. Cadraba a pedra coa marreta que era unha marabilla. Tiña un pulso moi bo. Parafacer este traballo hai que ter unpulsofixo (...). Eldeixaba apedra lisa. A pedra cuadrada a marreta é máis bonita que a cadrada a pico ". Hai que entender que calquera golpe de marreta mal dado, había que corrixilo logo co pico e o resultado deixaba moito que desexar. O falar destes grandes canteiros tamén aparecen outros non coñecidos pola súa arte senón por outras peculiaridades, entre eles o Chispeiro, que andaba ó desbaste, ou Media Libra que ía á canteira cunha cabaciña de viño que máis dunha vez rompeu ó saltar un anaco de pedra. O transporte da pedra facíase, nun principio, en carros de bois e logo chegaron os primeiros camións, entre eles o de Cabaleiro, Celso de Sanguiñeda, o de Torroso, Calderón, un que viña de Tomiño e outros. Nun traballo que era tan perigoso como o das canteiras non podía deixar de saír o tema dos seguros. Contáronnos que habíatrato coas compañías de seguros para asegurar somentes á metade dos que traballaban. As pólizas cubríanas sen pór o nome do traballador e así, en caso de accidente, podía acudir calquera deles. O canon que pagaba a pedra xa era daquela un asunto escuro. Houbo moita ironía cando falaron do garda da Casilla e mais do da forestal: "Todas as canteiras eran do Concello, porque estaban no comunal. Había uns gardas encargados de controlar a pedra que saía, o chamado piso. Eran moi honrados, ¡xa naceran honrados!". Cotna sempre os cartos das canteiras crean desconfianza nos distintos sectores,máxime se sabemos que quen falan traballaban de sol a sol, ás veces con xornais cativos (12 pesetas gañaba Xesús no 51) e traballando dende moi novos (10 anos tiña Manuel cando foi para a canteira). O que non cabe dúbida, despois de falar con eles, é que senten orgullo da súa arte, de ser canteiros e tamén de ser de Atios. E coma sempre os nosos maiores gardan na súa memoria a historia, a cultura viva dos pobos. 8

www.faximil.com

0 Porriño-Mos


0 Porriño-Mos

A DEBEDA das CANTEIRAS 0 Concello do Porriño só cobrou 290 millóns de pesetas dos 1.223 que deberían pagar as canteiras na última década ' Por X. Paz Antón

contradiccións xa que as empresas instaladas no monte non tiñan a concesión mineira para a zona que co nome de Benedicta existía dende 1962. Os anteriores propietarios da concesión Benedicta pretendían que se lles concedese a explotación do granito pero esta pretensión chocaba coas empresas instaladas iniciándose unha complexa actividade pleiteadora sobre estes diferentes intereses. En 1982 a Delegación Provincial de Industria tentou harmonizar os distintos dereitos e situacións das canteiras sendo desautorizado o seu labor pola Dirección ANTECEDENTES General de Minas. A Lei de Minas de 1944 calificaba ós minerais Se o panorama sobre a concesión mineira estaba como simples rocas que pertencían aos propietarios confuso tampouco estaba nada claro quen era o dos terreos onde se extraían. Baixo esa lei a única propietario dos montes de Atios e Budiño reclamados condición para explotar a pedra nos montes de Atios e como de man común polos veciños desas parroquias. O Budiño, escriturados a nome do Concello, era obter Concello do Porriño e as Comisións de Montes unha licencia municipal e pagar a cambio un canon por entablaron tamén a súa batalla xudicial, favorable de extracción. Eran os tempos en que se controlaban os momento ao Concello aínda que cabe a posibilidade de camións. que o Tribunal Supremo dictamine a favor dos veciños. En 1989 solucionábase o conflicto sobre a En 1973 cambia a lexislación sobre minas de xeito que todos os recursos mineiros pasan a ser concesión mineira ao comprar o colectivo dos canteiros propiedade do Estado. A partir dese momento ademais a concesión Benedicta aos anteriores propietarios por de ocupar un terreo (municipal, comunal ou particular) un valor de 60 millóns de pesetas. A Consellería de os canteiros debian solicitar do Estado unha concesión Industria e o Alcalde actuaban como testemuños dunha mineira. Tamén variaba a posición do Concello que xa operación na que o Concello do Porriño perdía unha non podía gravar a extracción de pedra debendo cobrar ocasión de ouro para comprar a concesión dos recursos tan só pola ocupación dos terreos en canto que minerais da zona. A razón pola que o Alcalde se inhibiu na compra da concesión favorecendo os intereses dos propietario. Este cambio lexislativo provocou as primeiras canteiros en prexuizo dos intereses do Concello, resulta 9

www.faximil.com

\ ^ ^ p a s a d o día 10 de Novembro celebrouse, no Concello do Porriño, un pleno extraordinario no que se tratou un dos temas máis importantes e escandalosos da vida política porriñesa na última década: a débeda de case 1.000 millóns de pesetas que os empresarios das canteiras deben pagar como canon de ocupación ao Concello porriñés. Esta polémica que parece comezar agora se remonta moitos anos atrás e ten a súa propia historia.


0 Porriño-Mos

LICHEN VORAUS GRANIT: incomprensible e nunca foi explicada. AadquisicióndecompradaconcesiónBenedicta regularizaba sobre o papel (aínda que non na realidade) a situación xurídica de todas as explotacións e se repartían os espacios libres. Tamén se acordaba entre as distintas partes (Xunta, empresarios e Concello) non exercer dereitos de expropiación contra o Concello. A DÉBEDA Unha das ideas máis claras e aceptadas pola poboación é que as empresas de extracción de granito deben deixar parte da súa riqueza para beneficio da colectividade. Esta foi a filosofía inicial dos "Pliegos" ou documentos que regulan as relacións entre os empresarios e o Concello e se estipulan as cantidades a pagar como canon anual A débeda de 933 millóns de pesetas prodúcese porque o Concello do Porriño incumpliu o seu propio "Pliego de condiciones-tipo para autorizaciones de ocupación de terrenos municipales" aprobado o 10

16.11.1982 e vixente ata o vindeiro mes de Xaneiro. As cantidades a cobrar correspondían a dous conceptos, á ocupación de terreos e á cantidade de pedra extraida anualmente. As cláusulas incumpridas polo Concello son: -a terceira, especifica que o Concello practicará medicións anuais do volume de pedra extraído; -a cuarta, especifica que o Concello notificará a liquidación anual derivada das medicións aos empresarios; -a sétima, especifica que o Concello é o responsable do acotamento e das condicións xerais de ordeamento das explotacións. En consecuencia, con estes incumprimentos, houbo deixación de funcións por parte da Alcaldía por non facer medicións anualmente, por non notificar aos empresarios as liquidacións anuais e por non controlar o acotamento das superficies municipais concedidas, permitindo de feito, a invasión de superficie (nalgúns casos do 100% ou 200%) por parte dos empresarios. A única actuación do equipo gobernante foi

www.faximil.com

As empresas do granito converteron.se nos últimos anos nun dos sectores múis importantes das exportacións galegas.


O Porriño-Mos

ordenar e racionalizar o sector, así como de facer cumprir a lexislación sobre medio ambiente nas explotacións, tampouco foi quen de realizar o seu labor a pesar de recoñecela caótica e irregular situación creada como se desprende do fax que o ex-conselleiro de Industria, Juán Fernández enviou ao alcalde José Manuel Barros o 14 de octubre de 1992: "...ante la situación de explotación caótica de la zona, con gran afección del medio ambiente, provocada por el minifundismo existente y la falta de disponibilidad de terrenos que permitan una planifícación racional de las explotaciones...". Nese fax de 1992 o ex-conselleiro comunicaba ao alcalde que de non resolverse o conflicto, a citada Consellería expropiaría os terreos ao Concello do Porriño. O Partido Popular que durante dez anos so cobrou 290 millóns dos 1.223 millóns que xa deberían estar cobrados e in vertidos, quere aparecer agora como o gran defensor dos intereses municipais botando terra enriba de calquera responsabilidade política. E direi máis, non está nada clara a xestión do cobro que o P.P. realice ou non realice, da tardanza en realizalo (xa se falou de dous anos) e das posibles rebaixas e negociacións que o alcalde manteña cos canteiros. Desgraciadamente, para o pobo traballador do Porriño, o Rei Mago Barros sempre nos bota carbóns. E nós non nos portamos mal. 11

A importancia económica e tecnolóxica do sector graniteiro precisan dunha políttca municipal seria, racional e transparente. A política do P.P. no tema das canteiras noit saiu do cac'ujuismo, a irresponsabilidade e o oscurantismo.

www.faximil.com

pedir anticipos a conta a capricho do mandatario municipal segundo as súas necesidades políticas: equilibrar presupostos do Concello, financiar grandes eventos deportivos e culturais, pagar campañas de prensa, pedir materiais de construcción, etc. Esta actitude neglixente é responsable de que dos 1.223 millóns que se deberían ter cobrado dende 1982, só se recadaron 290 millóns. O prexuizo causado ó pobo do Porriño podemos cifralo do seguinte xeito: nos últimos dez anos o Concello deixou de facer unha inversión pública de 100 millóns de pesetas cada ano. A tradicional explicación do alcalde conservador José Manuel Barros ás acusacións constantes da oposición era que a titularidade dos montes nos que se enclavaban as canteiras estaba en entredito nos tribunais de xustiza, reclamada polos veciños de Atios e Budiño. Esta evasiva explicación non pode ocultar a única verdade real: a titularidade legal dos montes citados sempre foi do Concello dende que comezou a actividade do granito. E de calquera xeito, a situación legal de hai cinco anos era a mesma de hoxe. Ata producirse un fallo xudicial a favor dos veciños (tése da que eu son partidario) a Alcaldía incurre en deixación de funcións se non aplica os acordos plenarios relati vos ás canteiras. No último pleno do día 10 de novembro, o alcalde deu unha explicación máis orixinal: "a Alcaldía non ía falar do asunto porque, de facelo, necesitaría cinco horas para expoñer o tema". A miña visión da situación creada é moito máis sencilla: o alcalde porriñés que ten como única responsabilidade conceder uns terreos municipais a cambio dunha cantidade económica, non foi quen de realizar unha xestión adecuada e beneficiosa para o pobo, actuando baixo criterios inadmisibles e deixando que a situación se lle fose totalmente das mans sen dar a cambio unha xustificación minimamente razonable. A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, responsable das concesións mineiras necesarias para traballar nas canteiras e responsable de


PACO CANDAN, ARTESAN DA PEDRA

ARTESANIA

No obradoiro de artesanía en pedra de Paco, amontóanse as maquetas de cruceiros, canastros, pazos... a rebarbadora, a máquina de cortar, o pegamento... 'Por Xosé Xiráldez

P

Paco Candán, autor de pezas cotno a maqueta du vivenda que reproducimos na folo de abaixo.

artindo do seu traballo na construcción chegou a este oficio de pequenas obras que contrasta coa magnitude das canteiras. P. -¿ Que te levou a facer os primeiros artigos? Fíxeno pola inquietude que tivensempredefacercousasnovas, sobre de todo no eido da artesanía. No inicio influen en min a proximidade de persoas relacionadas coa fabricación e comercialización de souvenirs e artigos de regalo. P. - Destácanos algo dos teus inicios. No positivo e no negativo. En positi vo, o elemento máis destacado sería a ilusión. Principalmente por estar a facer algo distinto e novo. Tamén demostrar que é un xeito de vida no que algúns non confiaban da súa viabilidade. Outro

elemento importante son os productosquerealizo:hórreos,cruceiros,... Ademais algo importante para min como é a revalorización persoal. No negativo, as constantes críticas da xente que non confiaba neste proxecto, nin que puidese ser un medio de vida. P.- ¿Que problemas e inconvenientes atopaches na producción dos artigos ?. O principal inconveniente é tentar de fabricar un producto asequible a tódolos petos, para o que houbo que sacrificar parte do proceso artesanal. Tiven que deseñar unha máquina para realizar este labor, xa que, as que había no mercado, non valían. De non ter feito isto, tan só poderían ser clientes un número tnoi reducido de persoas. P. - ¿ Cales son osprincipais artigos quefabricas?. Hórreos, cruceiros, maquetas de vivendas (unha posible saída no futuro ). Este último producto foi apoiado por dúas empresas graniteiras. Unha das maquetas estivo exposta en VIGOFEIRA (financiada por GRANILOURO). Teño fabricado outro tipo de productos pero deixeinos porque os elevados custos de producción facían dificil a súa introducción no mercado. P. - ¿ Contas con algún apoio 12

de tipo institucional ? Nin pedín, nin tiven. De empresasprivadassi:CoigrasaeGraniluoro financiaron dúas maquetas. Teño que destacar que moitas empresas do Porriño mercan as miñas obras. P. - ¿ Que tipo de clientes tes ? O principal son as empresas que compran para agasallar ós clientes, os comercios de regalos, as organizacións deportivas e culturais, concellos e institucións. P.- ¿Existe moita competencia neste tipo de empresas ? ¿ Tes algún tipo de asociación ou federación con eles ? Si,claroqueexiste,pero non teño relación con eles. Eu non me fixo no que outros fan e tento de mellorar eu cada día. Teño que dicir que a competencia que ten xurdido, sempre aplica a mesma filosofía que non é outra que vender máis barato.Non se preocupan en mellora-la calidade do producto. Isto ten levado a algún a desaparecer e a outros desastres económicos. Todos estes problemas débense a que pensan que as cousas son máis sinxelas do que de certo son. Ademais de crer que non ten importancia a experiencia en traballos e sectores similares ou cercanos ó da pedra. P.- ¿Afectou moito a crise? Como a tódalas empresas, pero coa miña experiencia e situación anteriores semellantes puiden superala mellor. P.- ¿Como se presenta o futuro da artesanía da pedra ? O mundo da artesanía ten unha dependencia importante da situación económica. Polo tanto, segundo a evolución que teña a economía así serán as ventas no futuro inmediato, isto, sobre todo, por estarmos a falar dun producto que non é de primeira necesidade. Outro elemento que pode influír de xeito claro é a axuda por parte das institucións no plano da promoción dos productos artesáns.

www.faximil.com

0 Porriño-Mos


0 Porriño-Mos

Case 75 anos leva aberto este local que durante os anos escoitou o acelerado ruído dos tranvías subíndo con esforzo a empinada costa da rúa Antoriio Palacios. 'Por Redacción

A

dolfo Dominguez, era natural de Mos e aló polo ano 1922 (cando comezou a construirse o actual Concello proxectado por Palacios) abriu a Casa La Cueva que iniciaría unha saga familiar dedicada á hostelería porriñesa. Adolfo estaba prometido con Isabel Salgado, ourensá da comarca de Celanova, e aínda que hoxe nos pareza incrible, Adolfo viaxaba en bicicleta ata Celanova para tratar de amores con ela. Isabel Salgado, xa no Porriño, sería a alma da cociña da Cueva á que Ue dedicou toda unha vida de traballo e cando xa era maior tampouco era doado sacala da cociña. Como eses actores de teatro que queren morrer no escenario, Isabel estaba onde o seu lume e as súas olas cando se encontrou mal por última vez. A comida caseira era o especialatractivodestacociñeiraemoitos recordarán o afamado sabor da súa carne estofada. Mención aparte merece a preparación das vieiras e do marisco en xeral, que se ía buscar a Vigo no primeiro tranvía, o das cinco da mañán, e chegaba por sacos traendo a frescura do mar. De todas as comidas ofrecidas polaCueva, os callos ocupanquizaisunlugarprivilexiado, chegando a ter moita sona. Os días de feira, os martes e

os domingos, eran os días de máis asistencia ao local que se enchía de feirantes que viñan de Zamáns, Bembrive, Beade, Puxeiros ou camioneiros da Guarda, Tomiño, Xinzo e outros lugares. Os camións viñan descargar madeira na estación do tren e outros ían buscar peixe a Marín, deixando na Cueva as cestas cheas para o mercado do Porriño. Ademais das comidas, Adolfo na barra ofrecía bebidas e tapas e durante moitos anos ti vo tamén unha máquina de churros. Ao longo do ano había tres datas sinaladas: o día do Cristo, a feira de Santos e o primeiro de ano. Neses días a ola de callos poñiase nun trípode na lareira porque as cantidades que se preparaban non cabían na cociña de ferro (que por certo foi unha das primeiras que houbo no Porriño). Hermosinda de Atios, que estivo 39 anos traballando na casa, pelaba tinas e tinas de patacas e a cociña, dun día para outro, xa non se apagaba. Isabel Domínguez, a filla de Adolfo Domínguez e Isabel Salgado, como ela mesma di "xa naceu na Cueva", expresando asi a súa dedicación total ao negocio como fixera a súa nai. Xuntas estiveron codo a codo dende aquelas épocas en que Isabel filla, aínda nena, presenciara a visita ao Porriño de 13

1972. Hai tres anos acometeu unha restauración do local, desnudou as pedras de granito e rescatou fotografías antigas que recollen a historia deste espacio porriñés. Enfocou o negocio cara as tapas aínda que a xente continou asistindo para comer deprato.. Na actualidade a Cueva segue ofrecendo callos e boas empanadas caseiras e unha estensa carta de apetitosas tapas e menús, nos que Julio xunto ao seu equipo (Ana, Pili, Severo e Luisa) poñen toda a súa profesionalidade e a experiencia dun negocio con case 75 anos de antigüidade.

GASTRONOMIA

habel Salgaclo traballando na elaboración da comida caseira típica de La Cueva.

www.faximil.com

LACUEVA (1922-1994)

don Niceto Alcalá Zamora, Presidente da República de España, nos tempos en que Don Silvino era alcalde. Isabel conserva na súa memoria moitos recordos da época republicana e da guerra civil. Isabel fílla, a diferencia da súa nai, decidiu xubilarse e deixar o negocio á seguinte xeneración, aínda que isto costoulle o seu. Os primeiros meses pasábao mal, soñaba coa cociña e chorou máis dunha vez, pero agora móstrase satisfeita polo paso que deu e non voltaría atrás. Julio, o neto de Adolfo, é o terceiro eslabón da familia traballando na Cueva e comezou en


Ó Porriño-Mos

AS BARREIRAS

ECOLOXIA

As Barreiras que atopamos no concello do Porriño son once: dúas en Centeáns, catro na Granxa, unha en Orbenlle, dúas no Cerquido e dúas na volta da Moura. Sobre a problemática destas barreiras trata o presente artigo.

R

esulta paradóxico que pertencendo Galicia á Iberiahúmida, sexan os humidais uns dos ecosistemas máis escasos e ameazados da nosa terra noutro tempo característicos, como consecuencia de graves erros na toma de decisións en políticas de desenvolvemento. Na actualidade só nos quedan a Lagoa de Antela e as Ribeiras do Louro. Este último enclave sufriu, e está a sufrir, graves alteracións, aínda así, conserva unha boa mostra do que foron os bosques húmidos, sendo na actualidade unha formación de turbeiras e lagoas únicas na Península Ibérica. Neste contexto húmido preséntansenos As Barreiras. Estas teñen a súa orixe en extraccións de arxilas e caolín abandonadas, que pola natureza impermeable do sustrato, rematan sendo grandes cúmulos de auga. Na actualidade estas masas de auga, nas que ten colonizado a vexetación

palustre en diferentes graos, aparécennos como auténticos reservorios dunha fauna moi ameazada, en concreto, de especies que orixinariamente ocupaban as numerosas lagoas e encharcamentos presentes no val. Unha das especies máis saíntes é o Martín Peixeiro, xunto co Sapocuncho Común, para o que as barreiras constitúen un medio de encharcamento permanente durante todo o ano, fronte á desaparición e degradación dos asulagamentos naturais por movementos de terra, aportes erosivos e descenso do ni vel de base do río. As frecuentes observacións 14

do Martín Peixeiro e o Sapocuncho nas barreiras, amosan a importancia deste medio na conservación das especies no conxunto do Val do Louro. As Barreiras están a ser utilizadas como verquedeiros incontrolados de lixo doméstico, industrial e de terra sobrante dos desmontes, provocando a degradación da vexetación e a contaminación das augas. Todo o anterior demostra o potencial das Barreiras, tanto na conservación de especies, como para posibles usos de educación ambiental. A adopción de medidas de ordenación do uso destes espacios e a eliminación destes verquedeiros, accións -ámbalas dúas- fáciles de levar a cabo, repercutirían moi notable e positivamente na conservación de todo o espacio das Ribeiras do Louro. As Barreiras que topamos no concello do Porriño son once: dúas en Centeáns, catro na Granxa,

www.faximil.com

'Por Rubén Loureiro


0 Porriño-Mos

de San Antón, Sapo Común, etc. REPTIS: Sapoconcho, Natix Maura, Natrix Natrix, Verdinegro, Lagartixa Común, Lagarto Ocelado. MAMÍFEROS: Rato de Campo, Toupeira Común, Musgaños, Rata de auga, Morcegos, Raposo, Teixugo, Coello, Ourizo. PEIXES: Anguía, espiñoso. ESPECIES ALOCTONAS: Nas barreiras pódense atopar varias especies de orixe exótico: o Caranguexo Americano (Procambarus clarkii), o Visón Americano (Mustela visón); peixes como o Black-bass (Micropterus salmenides) ou o Carpín carassius. Na actualidade descoñécese o et'ecto que poidan terestas especies e a súa relación coas autóctonas, pero sen dúbida o elemento faunísticomáissingularqueseatopa nas barreiras do Val do Louro e o sapocuncho europeo (Emys orbicularis), a única tartaruga autóctona en Galicia, considerada na actualidade como o réptil máis ameazado da nosa terra, e posiblemente, unha das especies máis vulnerables, e polo tanto en maior perigo de extinción.

VEXETACIÓN: Na actualidade as barreiras presentan diversos graos de colonización por parte da vexetación. 0 factor limitante é, sen dúbida, os taludes verticais que conforman a cubeta das extraccións e a súa fondura (nalgúns casos sobrepasando os 15 metros). Estas características físicas impiden case por completo a colonización das plantas, só nas barreiras máis vellas existe un certo grao de colonización aparecendo, neste caso, nos bordes menos abruptos a "Typhalatifolia", e en zonas non demasiado fondas a "Myryophyllum altemiflorum", "Potamogeton nataus" e "Nynphaea alba". FAUNA: As barreiras emprazadas nas Ribeiras do Louro presentan na actualidadeunhaimportanciadifícil de explicar, se non temos en conta a súa situación, integradas nun importante sistema húmido. Así se ten comprobado a nidificación do "charneco" (Anas crecco), polo que sería un dos poucos pontos da Península Ibérica onde este feito se tería comprobado. Tamén nidifican outras aves acuáticas como o "Alavanco real" (Anas platyrhynchos), a"Galiñade Río" (Gallinula chloropus), a "Galiñola Bicuda" (Rallus aquaticus), a "Galiñola Negra" (Fulica atra), ou o "Fonducho" (Tachybaptus ruficollis). Entre as outras aves, tamén destacan: Avión Zapador, Martín Peixeiro, Pico Pica Pinos, Peto Real, Cárabo, Coruxa Común, Zorzal Común, Merlo Común, Tórtola Común, Torcaz, Curruca Cabecinegra, Curruca Rabilonga, etc. ANFIBIOS: Ra Verde, Ra

As barreiras aparecen como auténticos reservorios dunha fauna moi ameazada, en concreto, de especies que orixinariamente ocupaban as numerosas lagoas e encharcamentos presentes no val

15

Fotos de David Mavo

OS CORVOS BEN CRIADOS *Por Augusto Monterroso

Perto do Bosque de Chapultepec viviu hai tempo un home que se enriqueceu e fíxose famoso criando Corvos para os melloresparques zoolóxicos dopaís e do mundo e resultaron tan excelentes que á volta dalgunhas xeneracións e áforza de boa vontade e perseverancia xa non intentaban sacar os ollos ao seu criador senón que polo contrario especializáronse en sacarllos aos miróns que senfalta e dando mostras do peor gusto repetían diante deles a vulgaridade de que non había que criar Corvos porque lle sacaban a un os ollos.

www.faximil.com

unha en Orbenlle, dúas no Cerquido e dúas na volta da Moura.


O Porrino-Mos

AS ERMIDAS DE MOS: PASADOEPBESBHE DUN PATRIMONIO CULTURAL

PERFIS

Coa ermida de Santa María de Guizán remata este traballo do que se tiran unhas conclusións xerais sobre este patrimonio no Concello de Mos. "Por X. Miguel González

N

un alto, raiando co Concello de Redondela, no barrio do Castro, atópase a ermida do Santiaguiño da Anta ou Santiago o Maior. Por este lugar pasaba a vía romana que comunicaba Braga con Lugo e nas proximidades achántase un miliario moi estragado. Oedificio, de 12'9x7'l m. de base, foi levantado haberá uns 10 anos coas aportacións dos devotos. Imita, coma os outros, o modelo antigo, destacando a existencia pouco común de dúas

portas na fachada e que a espadana, en forma de templete, leva unhas vieiras adosadas e remata na típica cruz de Santiago. A vella ermida, situada uns 7 m. máis atrás, era de tamaño menor, paredes de mampostería e teito de madeira. O chan cubríase de terra, e nos anos 40 os viandantes botaban dentro moedas como presentes (1). Moi próximo atópase un cruceiro que data de 1770. Nos fins do XVII e comenzos do XVIII na devoción das xentes á Virxe da Asunción, con confraría propia, ocupaba o lugar preferente, seguida do

A popular ermida do Santiagiiiño da Anla

apóstolo.O escribán D. Gregorio de Castro deixara a renda dun ferrado de trigo para as obras e reparos na capela, e mesmo o abade de Riofrío (Mondariz), D. Domingo de Castro, legou os réditos dun "censo" ou hipoteca de 20 ducados para que se lle dixese unha misa o día do patrón. En 1730 D. Manuel Avendaño y Sotomayor, veciño da cidade de México, doaba unha lámpada de prata que iluminase a imaxe da Consolación de Utrera (había tamén de Sto. Domingo e S. Xosé co Neno), pero por temor a un roubo pasou logo á parroquial e despois foi vendida. Nos anos seguintes a capela mantívose nun estado de abandono e indecencia. (1). ESPINOSA RODRIGUEZ, J- El Valle de la Louriña. (Bosquejo histórico). Santiago, 1944, p. 13.

A MODO DE CONCLUSION

D

espois deste curto pero intenso percorrido polas capelas de Mos, pódense tirar algunhas conclusións, en total consoancia coa 16

www.faximil.com

SANTA MARIA DE GUIZÁN


0 Porriño-Mos

planta, sempre rectangular, acolle unha superficie que oscila entre os 30 m2 da Concepción de As Pereiras e os 108'9 m2 de San Mauro de Petelos, tendo a maioría de 60 a 85 m2, e unha altura que ronda os 3 m.; as recén anovadas son lixeiramente máis grandes. Xunto coa porta principal, á que se chegaba en ocasións por desaparecidos alpendres, aparecen unhas poucas xanelas de reducidas dimensións, por causa do temor ós saqueos e non tanto por crear unha atmósfera de recollemento. O frontón da fachada córtase coa inevitable espadana, presentando un teito a dúas augas e un interior abovedado (ás veces de madeira) que soportan uns rexos arcos de medio punto. 17

Plano das ermidas e parroquias do Concello de Mos.

www.faximil.com

xeralidade das ermidas galegas: A maior parte das capelas tomaron como asento lugares bastante elevados, destacando os 500 m. de altitude da Virxe do Castro de Cela. Nas súas orixes situábanse case sempre lonxe dos espacios habitados e de acceso pouco axeitado, buscando o aillamento da vida profana; esta circunstancia, por mor do crecemento urbanístico e demográfico, foise trocando co paso do tempo, se ben aínda quedan exemplos tan significativos como a de Santa Mariña en As Pereiras. Arquitectonicamente todas respostan a un modelo sinxelo e moi semellante (seguido nas reconstruccións), inspirado nos propios edificios populares. A

Hai sinaladas diferencias no valor artístico entre aquelas ermidas que se mantiñan coas esmolas dos devotos e as de condición pacega ou tamén as particulares vencelladas a un morgado, sendo nestas últimas onde se observa unha mellor calidade plástica. Aínda entre as primeiras cabe destacar aquelas de construcción máis recente, que xa non mostran un acabado tan rústico e fan algunha pequena concesión ó traballo artístico, caso do San Cosme de Cela. Das 16 capelas catalogadas, hoxe 3 xa non existen e as tres pacegas están en estado ruinoso, pola contra nos nosos tempos só se construiu a de Santa Mariña e mailo edículo de Santa Ana de Petelos. Nembargantes, dende o ano 75 outras tres coñeceron unha reconstrucción total a costa dos veciños, e tampouco faltaron as pouco coidadas reparacións a base de cemento. En cada parroquia de Mos existe cando menos unha ermida, pero en Cela e As Pereiras chegaron a convivir tres á vez. O resultado de conxunto é bastante favorable, o que dá unha idea do interés que tiveron para as súas comunidades rurais. As orixes de case todas remóntanse alomenos ó século XVIII, se ben hai constancia algún caso dunha maior antiguedade, sendo quizais a da Purificación de Campo de Eiró (As Pereiras) a última das vellas en construirse. Os fundadores son case sempre descoñecidos, pero en xeral atopariamos cregos, fidalgos e labregos acomodados, quen deixaban unhas rendas de terras ou hipotecas para sufragar determinadas misas na honra do patrón e polo ben da súa ánima; en boa parte co tempo deixouse de cumplir o legado fundacional e pasaron a depender das esmolas dos romeiros. A de Cerdedelo (Torroso) e As Angustias de Sanguiñeda derivan da súa primixenia condición de igrexas parroquiais.


0 RAMO DE CANS MEMORIAS

*Por Xosé Xiráldez

O

pé do Monte Castelo, antiga ubicación do Castelo de Mirabel (coñecido popularmente por "pedra de Beethoven"), na parroquia de Cans, celébrase nos días seguintes ó Nadal, as festas patronai s na honra de San Estevo. Estas festas que se desenvolven ano tras ano, conservan ademais da típica misa e verbena, un acontecemento estelar e emoti vo que todos coñecen pola "entrega do ramo". A entrega do ramo vén ser o acto símbólico de traslado de poderes entre o Mordomo saínte e entrante. A condición de mordomo adquírese por rigoroso turno de antigüidade entre os casados na Capela de Cans e implica a importante responsabilidade de organizar as festas do ano seguinte. Como tódolos actos rituais, laicos ou relixiosos, a entrega do ramo desenvólvese ana tras ano dun xeito determinado. Todo escomenza coa decoración do ramo de loureiro cunha rosca, que vai no centro, e laranxas, rosquillas, cintas de nadal, etc. Unha vez decorado, o Mordomo saínte da unha volta con el ó redor da capela acompañado por un grupo de gaitas, "Os catro ventos de Cans" dende hai uns anos.Dende o adro da Capela

sae a comitiva cara a casa do Mordomo entrante e a ela vaise sumando o vecindario. A medida que se achega a entrega efectiva, o barullo e maila emoción aumentan de xeito apreciable.Os comentarios sobre os Mordomos actuantes e sobre os disfraces e maquillaxes que utilizan son entón o comentario xeralizado. O traspaso de poderes ten un significado sentimental importante, polos discursos que tanto un coma o outro, dirixen ós presentes. O Mordomo Saínte deséxalle sorte ó Entrante e ofrece toda a súa colaboración, ademais de 18

resaltar o acto que están a celebrar que non é outro que o orgullo de facer a festa en honor do Patrón da Parroquia, San Estevo. Pola súa banda o Mordomo entrante agradece acolaboración do seu invitado maior e convida ós presentes a comer, beber e beillar ata fartar. As viandas consisten basicamente en rosca, figos, uvas pasas, galletas, empanada e tódolos doces típicos do Nadal. O viño e as sopas de cabalo cansado tamén son parte importante da festa. Algúns anos tamén foi servido chocolate con churros e queimada, que nestas épocas do ano son ben de agradecer polos presentes. Unha das cousas que chama a atención a quen asiste por vez primeira a esta celebración, é o xeito de servir os alimentos sólidos, para o que se empregan carretillos a xeito de grandes bandexas e se esparexan por riba das mesas, e o viño, servido en cacerolas e servidas coa culler do caldo. Toda esta parafernalia evidencia que se trata de facer un canto á festa e maila fartura. Pero este acontecemento ten unha importante compoñente humano, pois propicia o reencontro entre o vecindario, nunha parroquia na que a emigración ten unha importancia moi grande.Esta circunstancia fai que nestas datas cheguen a Cans moitos veciños e veciñas que andan polo mundo adiante. Os vellos coñecidos encóntranse e coma sempre nestes casos falan animadamente de asuntos do presente e do pasado. E mentres uns e outros botan as súas parrafadas, os "Catro Ventos de Cans" poñen a súa música ó servicio de todos. Resulta evidente que acontecementos como este teñen lugar en centos de parroquias de Galicia cando chegan as festas pero non está de máis recordar que todavía subsisten para que non se cheguen a perder, xa que cumplen unha función de verrtebraciónparroquial imprescindible.

www.faximil.com

0 Porriño-Mos


O Poniflo-Mos

Este artigo foi pubíicado en xaneiro de 1994 no xornal Faro de Vigo, e fai relación ao 'San Blas 94'. 'Por Eva González

D

ende hai moitos días, mulleres do barrio de Vaquería, na parroquia de Budiño-Porriño, traballan cada serán na confección de fermosas flores feitas a man, de vivas cores, que se colocarán primorosamente nos elementos principais: andor, ramos e espadanas, que encabezarán a comitiva de veciños nas Festas de San Blas de Budiño, xuntada no cruce de Amil, as catro da tarde do vindeiro día tres, seguindo unha tradición que se perde no confin dos tempos. Cada ano, un dos sete barrios de Budiño, encárgase da organización destas festas, sendo o de Vaquería quen traballa nesta edición, para que os veciños e visitantes disfruten destes días de ledicia. O presidente da comisión organizadora deste ano, Marcelino Martínez Rodríguez, falou deste costume tan antigo, que se transmitiu de pais a fillos, do cal se conserva intacta a forma e maneira de confeccionar os curiosos e atractivos elementos ós que antes nos referiamos. O acto máis antigo e principal, céntrase na procesión que leva o andor, o ramo e a espadana, ata o recinto da festa, chamado "A Forna". Este ano, estes tradicionais elementos irán por parellas, dado que se están elaborando á vez no

barrio de abaixo e no de enriba, debido á división poboacional que se dá na Vaquería. A comitiva, na que se xuntan tódolos veciños, estará acompañada pola Banda de Música e un grupo de gaitas. Antigamente eran carros de bois os que cargaban co peso destes elementos, que outrora puideron serofrendas. Non lembran as xentes de Budiño que ligado a isto houbese o costume de bailes, como noutros lugares. ARTE POPULAR De feito, o andor, os ramos e as espadanas, son unhas obras de arte, nas que as mulleres verten toda a súa imaxinación artellada en cores. Por iso percorren comercios de lonxe co fín de atopar a tonalidade de tea máis orixinal e pouco coñecida. Estas estructuras teñen a feitura de estandarte, pero se distingue cada cal polo deseño e os seus compoñentes. O andor ten forma triangular, cun obxecto dourado colocado xeralmente na súaparte superior, de forma que chame a atención, a poder ser dando reviravoltas. Para facer o andor, de dous ou tres metros de altura, recúbrese a estructura (un bastidor de madeira) con tea, na que se van colocando 19

CESTAS DE FLORES E doado facelo como o fixo a avoa, con gusto e primor. As mulleres de Vaquería encheron moítas cestas de flores, cada cal máis chamativa. As rapazas tamén participaron neste folclore que chega a Vaquería cada sete anos, por San Blas. Non reciben premio por facelo mellor, pero nembargantes conta moito para elas a sona persoal, que se verá calibrada nas párolas dos visitantes que veñan ver a exposición dos andores, espadanas e ramos no recinto da Forna, unha vez rematado o percorrido. RELEVO A tradición marca que o derradeiro día da festa, un representante doutro barrio de Budiñó, recolla o relevo en forma de ramo de loureiro. Este feito simbólico, é o compromiso para levar adiante outra nova edición da festa que garda o misterio da súa orixe, perdida no tempo e na historia de Budiño. Lucería e fogos artificiais, simbolizan a ledicia desta xente que gosta de compartir e recibe acolledoramente ós forasteiros que desta maneira participan nun dos festexos máis antigos e enxebres de Galicia, que pervive polo inte-rés do pobo de Budiño, encargado da súa custodia dende o principio da historia.

www.faximil.com

RAMOS, ESPADANAS E ANDORES NAS FESTAS MAIS POPULARES DE BUDIÑO

flores feitas a man, mesturadas coas naturais. A gracia atópase na combinación de cores de forma chamativa e estética. As espadanas son moito máis altas, e polo tanto teñen moito peso, polo que son varios homes os que se turnan para levalas. Tamén ten forma triangular, e no bastidor leva flores, bonecas e roscas que logo se subastan para recoller fondos que irán destinados á financiación da festa. En canto ó ramo, é de loureiro e vai ornamentado con cintas rechamantes e con dúas ou tres roscas penduradas del.


www.faximil.com


0 Porriño-Mos

O portavoz do BNG, Quico Paz, fixo públicas no pleno certas informacións que indicaban que a campaña electoral como independiente no ano 87 de Gonzalo Ordoñez, agora Tenente Alcalde, fora financiada con cartos das canteiras. Gonzalo agarrou un monumental cabreo e invitou a Quico a desvelar as súas fontes de información. Logo quedou de pedra cando soubo que o informante non fora outro que o alcalde Barros nunha comisión na que el non estaba. ¡Gonzalo, con eses amigos que tes no partido non precisas

IMPOSTOS LOCAIS Mentres a algúns veciños do Porriño lle foron embargadas as contas bancarias por deber algún recibo do imposto de circulación de vehículos, Barros levaba 10 anos sen pasar a cobrar o asunto das canteiras. 900 e pico de millóns. No Porriño a presión vai sempre sobre os máis débiles. CANTEIRAS Limos na prensa que a aposta dos populares no asunto do cobro das canteiras non era outro que atacar a Ramilo para desbancalo da presidencia dos empresarios e colocar nela a Riego. Tamén aquí pode máis o Partido que o interés do Concello.

CALCULADORA Corao noutras ocasións, Novás tense que ausentar do pleno porque se trata dun asunto urbanístico no que ten intereses directos. O BNG argumenta que nesta operación o Concello está a regalar

A Tira d * e Cousas 'Por Francisco Quintas/Raúl Francés

80 millóns aos propietarios. Sentado entre o público Novás bota contas coa calculadora. ¿Serán oitenta millóns ou serán máis? ACIPOR Nunha inxeniosa e plausible campaña en defensa da economía local, Papá Noel agasalla polas rúas con caramelos da Asociación de comerciantes do Porriño. O formato do envase dos caramelos era similar ao dos preservativos. "¡Lo estais haciendo muy bien!". BASTÓN DE MANDO Mosqueo supino na procesión de San Telmo en Tui. Gonzalo e Novás non se poñen de acordo sobre quen ten que levar o bastón de mando do ausente Alcalde do Porriño. Outro concelleiro, tamén presente na procesión, recomendoulle a Barros que para a próxima mercara dous bastóns. COMIDA Houbo unha comida en Arcade da comisión de Festas do Cristo 21

na que se consumiron bo marisco e mellor viño. ¿Quen pagou?.

THE PORRIÑO

SABLAZO Na mesma paparota un dos invitados, que non era do Porriño, meteu un timo aos comensais co vello truco de que esquecera a carteira na casa. A quen nos contou o choio voaronlle un feixe de billetes e asegura que el picou por culpa de Barros.

POLITICA

CONTRATO No xuicio sobre o despido do anterior conserxe do Colexio de Atios, o xuiz aceptou como probas os datos recollidos por Paco Quintas sobre irregularidades na contratación de persoal no concello do Porriño. En tanto que os datos abarcan a outras contratacións irregulares, ¿actuará o fiscal de oficio como nas películas americanas ?. ¿Canta xente traballa no concello con contratación irregular ou sen contrato?. SAMBA CARIOCA Cando rematou o habitual partido de futbol entre as corporacións de Salceda e O Porriño, comenzou o verdadeiro espectáculo. Chinchín, como Gigi el Amoroso, deu dúas voltas ó campo seguido pola comparsa das brasileiras que viñeran para as festas. ¿Que lles das, campeón? FARIÑA Andan a voltas no concello co monumento ó panadeiro. Tede coidado porque aquí nunca houbo panadeiros, sempre foron panadeiras. O de colocalo na antiga casa do Chuli está ben pois alí tamén vendían fariña.

www.faximil.com

FILESA PORRINES


0 Porriño-Mos

CANZON GALEGA AO VER ÜUE NON TIÑAS NOMI SOLO QUEDEIME ERA UN AIRINO SOAVE HIMNO A GALICIA

DISCOMANÍA

GASTR0N0MIA

L O CAL Colección de discos nos que participan cantantes e músicos do Porriño 'Por X. Paz antón

Coleccionismo é un intento de preservar a memoria, unha fotografía para deter o paso do tempo. A Discomanía é o nome que se me antolla para o coleccionismo de discos, e neste caso, local, é dicir, Discomanía Porriñesa. Poñámonos chauvinistas, poucas vilas cunha poboación de igual tamaño ao Porriño, poden exhibir unha colección de discos como a que mostramos a continuación. Aquí hai perto de 125 gravacións agrupadasen lódiscospertencentes aos máis variados estilos, dende a música coral ao blues pasando polo folk ou as músicas pop e rock. O denominador común desta variada colección está na presencia de porriñeses que tiveron a ocasión de rexistrar as súas voces e o son dos seus instrumentos en discos, cassettes e compact disc. Outra característica común á maioría dos títulos presentados é a aportación á cultura de Galicia, difundindo ou ampliando a música tradicional, buscando un sonido galego para estilos de implantación internacional ou usando o noso idioma. Unha mención especial requiren os tres discos gravados pola Coral Polifónica baixo a dirección de Antonio Paz Val verde e que despois serían recopilados nun L.P. editado polo Instituto Argentino de Cultura

NO NIÑO NOVO DO VENTO Sl VAS A SAN BENITIÑO

Gallega. A antigüidade destes discos fainos xa pezas únicas a conservar como ouro en pano. A maioría das obras que presentamos están á venda en calquera tenda de discos, e tamén se poden conseguir no Café Liceum ou poñéndose en contacto con esta revista. Están agotados os tres discos da Coral Polifónica e "Ondas do mar de Vigo", traballo polo que Na Lúa recibiu o Premio da Crítica Galicia en 1989. Esta colección se completa con discos de carácter recopilatorio nos que aparecen os músicos locais ao lado de artistas como Celtas Cortos, The Pogues, Milladoiro, Capercaille....

MISA GALEGA

O ASUBIO Sl EU SOUPER... O NENO DORMIA NON CHO DIREI

RECOPILACIONS CORAL POLIFONICA DO C.R.C. "Recopilación do Instituto Argentino de Cultura Galega."

NALÚA 1986 "Homenaje a víctimas del franquismo" 1991 "Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro" 1992 "Escolma de Música Galega Vol. 3" 1992 "Violines, gaitas y otras hierbas" 1992"OsMaios" 1993 "Galiciaen clave musical" UXÍA 1992 "Escolma de Música Galega Vol. 3" MATTO CONGRIO 1993 "Celtas recopilación Arpa Folk" DR. HELLO 1994 "Blues&Rhythms&Blues de cantera's"

JEFEKÉ 1994 "Rock recopilación Gal&Cía" 22

CORALPOLIFONICADOC.R.C 1969"CanzónGalega" 3 EPs. Editados por BCD (Madrid) Gravados en Fonogram (Madrid) 1. (Disco vermello): "Ao ver que non tiñas nome", "Solo quedeime", "Era un airiño soave", Himno a Galicia" 2. (Disco verde): "No niño novo do vento", "Si vas a San Benitiño", Misa Galega" 3. (Disco laranxa): "O asubío", Si eu souper...", "O neno durmía", "Non cho direi"

www.faximil.com

O

CANZON GALEGA


NALUA 1985 "NaLúa 1" L.P. e cassete. Edigal (Santiago) Gravado en Sonoland (Madrid)

NALUA 1987 "A estrela de Maio" L.P. e cassete. Edigal (Santiago) Gravado en Sonoland (Madrid)

NALUA 1989 "Ondas do mar de Vigo" L.P./carpeta múltiple e cassete. Grabacciones accidentales (Madrid) Gravado en AngelStudio II (Lisboa)

"Espello na lúa", "Dublin-Coimbra", "Vértolasdemaio","Danzadeespadassennome" "Bergerette Sai nt Roch"," Perdido con Charlie Parker", "Regueregueif'a de Boado", "Fonteliño/Polka de Sabela", "Ceo de algodón", "Danza das sete damas", "Danza do contrabando", "Bailada da illa perdida"

"Maio", "Non ven al maio", "Romance de ausencia/Romance do Conde Flores", "As flores de Viana", "Devólveme o corazón", "Maio, maduro maio", "Pasodoble do enano das burlas", "Cantiga de berce" , "Riveirana/Marcha procesional de Laza/Muiñeira", "Bailai ai amigas!", "A estrela de Maio", "Baile dos casaos"

"Alba", "Espabileitor", "Candea" ."Mazurca de outubro" ,"Muiñeira rumores" ,"Louriña 'Labrava'" ,"Contrabando de amigo" ,"Ven bailar Carmiña" ,"Agoiro de abril" ,"Noite de luz lenta" ,"Danza do mar namorado" , "Unha góndola no Miño"

UXIA 1986"FoliadadeMarzo" L.P. e cassete. Edigal (Santiago) Gravado en Sonoland (Madrid)

CALLOS LOURIÑA 1987 "Mi chica es droga" Maxisingle e cassete. Edigal (Santiago) Gravado en Audiotécnica ACoruña)

NALUA 1991 "Contradanzas" L.P., cassete e C.D. Sons Galiza (Lugo) Gravado Sons Galiza (Lugo)

"Foliada de Marzo", "Voume eu fermosa", "Eu belida non durmía", "A dorna vai e ven" "Cantiga de berce", "Imos bailar na lúa", "Maldito sexa el mare", "Clara tarde", "Na noite espero", "Eila! Eilí!"

"La china cochina", "Estrella de Hollywood", "Busca y captura", "Michica es droga", "Atnor galaico", "Camuflaxe"

"Lourinha" ,"A cor de Ons" ,"Redondela", "Camiño de ferro 314 A" ,"Cousa en re", "Nepal, idae volta" ,"CarballesadoIncio", "Daniel/ Alborada do desafogo","A-ril, Bjiga" ,"Phonteliño Chu"

23

www.faximil.com

0 Porriño-Mos


UXIA 1991 "Entre Cidades" L.P., cassete e C.D. Sons Galiza (Lugo) Gravado en Sons Galiza (Lugo)

MATTO CONGRIO 1993 "Matto Congrio 1" L.P., cassete e C.D. Editado por Sonifolk (Madrid) Gravado en Ringsend Road (Dublin)

DR. HELLO 1994 "The mojo is here" Cassete Editado por Blues Gravado en .Areamaster (Vigo)

"Santiago/L' Eclair", "Alexandría/Incendio/ Vacacións", "Merengue de Isolda nas Illas Kilda", "Casablanca", "París (Ars poética)", "*Viaxe interior*", "En Lisboa", "Aquela nuvem", "Vexo Vigo, vexo Cangas", "Entre Cidades", "Canción de Florencio"

"Muiñeira de Inzenga", "Camiño de Santiago", "Gaseadasformasglobulares", "Reel en su salsa", "Matt Molloy' s", "Canto de seitura", "Polka de Vilagarcía", "Crisol de insectos imposibles", "Music for a found harmonium", "Ladies&Jamesons", "Café Dublin"

"I like Caroline", "No podrás arreglar", "Racismo Blues", "You don' t love me", "How blues can you get", "El Blues del ganador", "Modesto", "Crossroads"

OLLOOCAN 1993 "A hostia inverso" Cassete e C.D. Editado por Edigal (Santiago) Gravado en Estudios Sonyarte (Vigo)

NALUA 1994 "Peliqueiro" Cassete e C.D. Editado por Sons Galiza (Lugo) Gravado en Sons Galiza (Lugo)

TRES 1994 "Paraíso de Leonor" Cassete e C.D. Editado por West Records Gravado en Areamaster (Vigo)

"O timo 'del pariente'", "A Diviniña tiña o diaño no corpo", "A potente historia do neghrito Mohamed","¡Olloócan!", "Rillaconas", "Cantochequero", "Curapinante", " A fortunaque fuxiu polo naipe", "Milonga do araña", "Canción da cabra violada"

"ExpresoRiasBaixas","Peliqueiro","Muiñeira de Nairobi", "O val dos xílgaros", "Galegos na tormenta", "Baile choqueiro e Danza tradicional de Ribadavia", "Danzas de Antroido", "Car-ballesa, macumba (Festa da Auga en Vila-garcía", "Blues do Meco", "A herba dos en-cantos", "O Calaboca"

"El retorno de Arturo", "Leonor (A filla de Bartolo)","Serafín","BaladadelActor","La lámparadeAladino","Amoreléctrico",";Ai vaü", "Susi es como un imán", "Bohemios"

24

www.faximil.com

0 Porriño-Mos


0 Porriflo-Mos

SENDEIRISMO E RECUPERACIÓN

"Por Luis González, Salvador Sio e Rubén Loureiro

VALORES NATURAIS E CULTURAIS DA SERRA DO FARO DE BUDIÑO

deterioro ecolóxico ben visible da cuberta vexetal da zona e varias canteiras, na maioría dos casos abandonadas.

INTRODUCCION Neste informe preténdese destaca-las circunstancias que concorren na serra do "Faro de Budiño", que fan aconsellable o seu aproveitamento como zona natural e cultural. Nun principio enuméranse os valores paisaxísticos, biolóxicos e históricos que posúe. Despois proponse e xustifícase o sendeirismo a pé como xeito de disfrute de tales valores e para rematar, expóñense unha serie de medidas que pensamos mellorarían o valor cultural e ecolóxico da zona, e os obxectivos concretos de cada unha das medidas propostas. VALORES NATURAIS -A PAISAXE, -A BIOLOXIA: A. Vexetación B. Animais: -mamíferos -aves -réptiles e anfibios -A PAISAXE No aspecto positivo a serra amosa nos extremos norte e sur da ladeira que dá ó val da Louriña os marcos inigualables das dúas maiores moles graníticas da chamada "Ruta dos Penedos": o Faro de Budiño e o Castelo de Cans. Ámbolos dous destacan de xeito notable no conxunto do val, disfrutándose dende eles de vistas panorámicas. No aspecto negativo temos o

a) Vexetación As árbores.- Coma consecuencia dos danos causados polo lume e polas talas para repoboar especies foráneas, non dispoñemos na zona de poboacións que xustifiquen "per se" unha visita; os poucos carballos (Q. robur), castiñeiros (C. sativa) e loureiros (L. nobilis) que aparecen, están aillados uns dos outros nas valgadas e entre as rochas; salgueiros (Salis s. p.), amieiros (A. glutinosa) e freixos (F. excelsior) refúxianse nas ribeiras dos regatos e, o único bosque de piñeiros que aínda non ardeu, é moi novo e ten pouca extensión. Os arbustos que medran nos poucos buracos que deixa o toxo, son silveiras, xestas, carrascos e espiños, que recoñecemos non ter estudiado pero que presumimos de pouco valor. As herbas tampouco nos mereceron maior atención e coma os anteriores pensamos que despois de tantos lumes poucas haberá que sexan raras ou de especial interés. b) Animais Os animais dunha zona dependen estreitamente do medio vexetal nela existente. Na serra do Faro danse poboacións vexetais que, ou ben carecen de comunidades animais asociadas (caso dos bosques de eucaliptos), ou as teñen pero son moi pobres (caso das toxeiras). Os mamíferos, que xa de por si son difíciles de observar, presentan na zona poboacións pequenas e residuais, que se refuxian na maioría dos casos nas 25

www.faximil.com

-A BIOLOXÍA


0 Porriño-Mos

No imipa apcirecc unlui nila c/ue subindo polo monte cla Ri.sca, va¡ dar ó monte Castelo onde están os restos do Castelo de Mirahel (2). A rula segue cnra o Faro de Budiño (I) e baixando pola Portela do Souto volve Ü Ccms.

26

moi ben os habitats deteriorados). Hai cobra bastarda (M. monspessulanus), lucións (A. fragilis), lagarto verde (L. viridis), lagarto ocelado (L. lepida), salamandra (S. salamandra), tritón (Trituros s.p.) ras e lagartixas na zona alta; nas valgadas e regatos do pé da zona, cobra de collar (N. natrix), sapos, salamandras rabilongas e, ás veces, sapoconcho (E. orbicularis). Estas dúas últimas especies son de gran interés pola súa condición de endémicas da península, e por seren as poboacións de sapoconcho na Louriña as máis abondosas de Galicia, e posiblemente as máis norteñas da especie na Iberia. VALORES CULTURAIS (HISTÓRICOS) O conxunto formado polo castelo de Cans e o Faro de Budiño, reúne, xunto co xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño, os restos arqueolóxicos máis importantes do concello do Porriño. O Castelo de Mirabei é posiblemente un dos sete que se citan na "Lenda dos sete castelos irmáns que se miran", da que falan as xentes da comarca; sito no lugar coñecido coma "rocha do Pianista", foi seguramente derrubado pola revolta Irmandiña, ou máis posiblemente polo decreto dos Reis Católicos que obrigaba a tirar todos os castelos galegos que non foran cabeza de merindade. 0 lugar aínda ten restos dos muros, numerosas pedras

www.faximil.com

valgadas (onde a vexetación é máis densa e variada). Cítanse entre outras especies: xabarín (S. scrofa), teixugo (M. meles), visón (M. visón), denociña (M. nivalis), raposa (V. vulpes), 'esquivo' (S. vulgaris), e as algo máis raras lirón careto (E. quercinus) e martaraña (M. foina). Por último, e de gran interés por constar no libro vermello das especies máis ameazadas, o rato aguaneiro (G. pyrenaicus), presente no regato de Budiño. As aves son moito máis doadas de observar que os anteriores, pero son elas as que fan máis evidente a pobreza e pouca variedade dos habitats da zona. Os altos da serra serven de cazadeiro a miñatos (B. buteo), falcotáns (F. subbuteo) e lagarteiros (F. tinunculus) na época de paso; hai tamén perdices botadas polas sociedades de caza, peto (P. veridis), melros (T. merula), colivermellos (P. ochruros) e currucas rabilongas (S. undata); nas valgadas: pegas (P. pica), cornellas (C. corone), petapaus (D. major), gaios (G. glandarius), paros diversos (Parus s.p.), agatexadores (C. brachydactyla) e algún pimpín (F. coelebs). Non é esta unha lista exhaustiva, pero aínda así, son poucas as especies que se atopan, e as súas poboacións son de pequeno número, véndose poucos paxaros en cada visita. Réptiles e anfibios están ben representadas, (algunhas das especies de lagartos e cobras aproveitan


0 Porriño-Mos

Por Jaime Rodríguez Garrido

Nunha pequena planicie no alto do monte Faro de Budiño, cunha cota de 380 m. sobre o nivel do mar e de coordenadas 429 07' 50" latitude N. e 49 53' 50" lonxitude O., pertencente ao concello do Porriño, debeuexistir nos primeiros tempos da Idade Media unha gran área fortificada, de características semellantes ao monte Aloia ou ao Galiñeiro. Atópase sobre o val do Louro dominando a comarca de Budiño e é facilmente identificable por estar formada por unha gran mole granítica que cae a pico polo seu lado Oeste, onde algúns escaladores fan prácticas de descenso polas súas case vertcais paredes de máis de sesenta metros de altitude. Esta rochosa acrópolis admirablemente defendida de forma natural polo Oeste e o Sur foi fortificada e habitada en épocas de invasións, cando os cercanos e ricos vales da conca do Miño e os seus afluentes quedaron despoboados, e os seus habitantes tiveron que buscar refuxio en sitios máis inaccesibles e grandes que os antigos castros prerromanos. Cunha superficie case plana, metade rochosa e metade de recheo de terra, ten a forma rectangular co lado maior en dirección N-S dunhas medidas aproximadas a 250 m. de longo por 150 m. de ancho. Polo seu lado Norteexiste na actualidade un sendeiro por onde se accede ao cumio. Por este lado, onde a pendente de subida non é tan dura, distínguese perto do camiño e entre a maleza, unha fileira de grandes sillares que con seguridade constituía a base do recinto fortificado. Na explanada do cume recoñécense restos de construccións rectangulares semellantes aos do Aloia e o Galiñeiro. A abundancia de broza e herbas impediume atopar restos de cerámica ou outro elemento significativo do hábitat deste lugar. Os sillares da cerca, as construccións rectangulares, o gran espacio defendido e a súa situación no cumio do monte, lévame a pensar nun recinto fortificado da temprana Idade Media. Iso non descartaría a posibilidade de que anteriormente existise un castro, como parece dalo a entender unha pequena zona do Noroeste onde incluso existe unha pila ou oquedade redonda de bastante profundidade nunha rocha, con canal de desagüe. Como noutros sitios semellantes faise necesario o levantamento dun plano topográfico detallado e a realización das correspondentes excavacións. A necesidade de pedra para a construcción de casas, empedrado de camiños e peche de fincas, xunto co fácil acceso e existencia de camiños ata as inmediacións desta acrópolis, motivou unha expoliación case total dos mampostos e sillares que compoñían os seus muros defensivos.

"Este xeito de turismo ecolóxico, moi estendido na Europa, vai collendo pulo no noso país e parécenos o mellor xeito de visitar a zona."

() Castelo de Mirabel dc CÍIIIS

nwilui jolo toimula (i príncipios dos anos 60.

O SENDEIRISMO Este xeito de turismo ecolóxico, moi estendido na Europa, vai collendo pulo no noso país e a nós parécenos o xeito máis adecuado e racional para visitar a zona, na que concorren vantaxosas circunstancias para iso que imos expoñer: l°- Os sendeiros polos que transcorre o turismo apépercorrennormalmentelugaresdeinteréshistórico, cultural, social, paixasístico e natural, evitando aglomeracións urbanas e zonas industriais; todas estas cousas danse na pequena serra do Faro, ou no caso dos valores naturais, poden chegar a darse. 2°- A vantaxe adicional de que os dous puntos de máis interés, Castelo e Faro, están próximos a accesos cómodos en coche co que as persoas poden achegarse ata eles con suma facilidade. 3°- Presenta a facilidade de continuar a pé ou en 27

www.faximil.com

ACROPOLIS DO FARO DE BUDIÑO

espalladas feitas a escadra polos antecesorcs dos nosos canteiros, zonas de derrube das defensas e posibles indicios dun foxo que protexía a entrada. O Faro de Budiño lévanos aínda máis lonxe na nosa historia, á época castrexa, da que conserva rcstos de máis dunha ocupación. Hai construccións redondas tipicamente castrexas, ben conservados terrapléns defensivos (un dos cales foi atravesado pola pista de terra que leva ó Castelo de Mirabel). Todos estes restos están expostos ó lume dos incendios, o vandalismo dos visitantes ocasionais, que porteren oidofalardeles pouco, pensan que son cousas sen valor. Ten tamén a serra do Faro restos dc explotación mineira (non se sabe ben de que época), que van scndo borradas pouco a pouco polo tempo.


0 Porriño-Mos

CASTELO DE MIRABEL EN CANS

Sinalado por Avila y La Cueva e localizado por Hidalgo Cuñarro e Costas Goberna, temos o Castelo de Mirabel, ubicado no alto dun macizo rochoso denominado Monte Castelo na feligresía de S. Estevo de Cans, concello do Porriño. Situado na cota 252 metros sobre o nivel do mar, contempla o amplio horizonte do val do Louro, na zona do Porriño, vila que se atopa cara o Oeste, a tres quilómetros en liña recta. Ao fondo, a serra do Galiñeiro e as súas estribacións pechan o val. Aínda que colocado no alto da agrupación montañosa do Faro de Budiño (396 m.), que limita o val polo seu lado Leste, este Castelo rocheiro medieval, controlaba o paso cara o interior, do que aínda se conserva o topónimo "Portela de Souto". Este paso natural polo que percorre o pequeno río Couso, que desemboca no Louro, foi aproveitado dende antigo para acceder ás terras de Ponteareas e utilízase pola estrada N-120 de Vigo a Ourense. O castelo alzábase no alto dunha grande pena granítica que coroa o monte, e á que vulgarmente se lle chama "Pedra Beethoven", por aparentar a figura dun músico tocando o piano. A pouquísima historia que se coñece do castelo nola proporciona Avila y La Cueva, baseándose en documentos de privilexios reais que se conservan no arquivo da catedral de Tui. Dinos que: "...En tempos do re¡ D. Enrique II foi roubado dito castelo por Payo Gómez, Rui Lorenzo Taján e outros compañeiros; polo cal delito o expresado monarca confiscou a todos estes os seus bens, e en seguida fixo doazón deles a Alvaro Fernández de Valladares; despois o rei D. Juan I conf irmou dita mercede feita polo seu pai ao referido Alvaro en 6 de xaneiro de 1382 a solicitude do mesmo, e exprésase aqui o castelo co nome de MIRAVER; e, finalmente, volveu ser confirmada a propia mercede polo rei D. Enrique III nas Cortes de Madrid a 15 de Decembro de 1393..." De aquídedúcese que o seu señorío era de realengo. Fernando F. Priegue levantou en maio de 1981, para o estudio realizado por Hidalgo Cuñarro, unha planta do sitio, coas rochas, os rebaixes nas mesmas e outros detalles que nos permiten ver facilmente como estaba distribuído este pequeno pero infranqueable castelo. Este, que constaba de unha torre e un recinto amurallado, estaba situado sobre unha gran zona peñascosa de planta ovalada e con caída en precipicio polo seu lado Oeste e Sur. Polo Leste, onde o terreo se mantén ao mesmo nivel ou con pendentes suaves en bastante extensión, defendíano unhas descomunais rochas, entre as que se situaba o pasadizo de entrada, que aínda subsiste e que o franqueba ao mesmo tempo a torre de homenaxe colocada enriba dunha das penas. Esta torre de planta cadrada, cunhas medidas de 12 por 12 metros, asentábase no extremo Leste do

28

recinto, sobre o que o citado debuxante e descubridores denominan depósito de auga ou alxibe, e tamén sobre unha das rochas co piso máis alto e que delimita a entrada. Os rebaixes ou tallados na pedra, arredor do alxibe e na parte alta da rocha forman un cadrado, onde se asentaban os muros da torre. Ocupaba unha posición clásica nestes castelos medievais: defendendo a entrada e buscando un maior dominio do terreo polo lado onde era posible un ataque enemigo. A súa posición, forma e medidas som mo¡ usuais nos castelos dos séculos XIV e XV. A entrada ao recinto dispúñase en forma de L, con lados de 20 e 12 metros, bordeando o torreón polo seu lado Leste e Norte. O ancho do pasadizo de entrada, cinxido polas peñas que o limitaban, non alcanzan os dous metros, e o seu percorrido é de algo máis de 15 metros. O motivo da excavación na rocha, formando unha especie de alxibe ou soto de 10 metros de lonxitude, por 3 metros de ancho e unha prof undidade próxima ao metro, non o sabemos con exactitude, pero penso que non debemos de descartar como unha posibilidade máis de que servira de depósito de auga, aínda que as súas medidas resultan esaxeradas e pareza estraño que se situase dentro da torre a onde dificilmente pode chegar a auga. Acercaoumuralla.comoerafrecuente, uniase átorreeformabaunrecintomáisoumenosrectangular cos seus ángulos redondeados, onde os eixos miden no noso caso uns 40 metros na dirección N-S, e 26 m. na dirección L-O, limitando un espacio cercano aos mil metros cadrados, para abeiro da garnición e animais. O trazado da muralla é fácil de distinguir para delimitar todo o seu perímetro. Polo lado Sur e Oeste rebaixouse a rocha con canais e escalóns para asentar horizontalmente os sillares, e evitar así o seu deslizamento pola inclinada pendente da mesma. Estes rebaixes son dobres e correspóndense aos paramentos exterior e interior do muro, proporcionando un ancho variable entre 1,30 m. e 1,80 m. Polo seu lado Norte aínda se conservan algúns sillares da base, perfectamente aliñados e formando un lenzo recto de máis de 20 metros de lonxitude. Hidalgo Cuñarro menciónanos o achádego de cerámica medieval e sillares labrados, diseminados polas inmediacións do cume rochoso, sobre todo pola súa cara Sur. Co levantamento "Irmandiño" (1467-1468) ou pola aplicación da Orde Real dictada polos Reis Católicos en 1482 de derrubar todas as fortalezas que non fosen cabeza de Merindade, e este castelo non o era, sería destruído e as súas pedras esparexidas monte abaixo algunhas e aproveitadas para construccíóns de casas a maior parte.

www.faximil.com

"Por Jaime Rodríguez Garrido


0 Porriño-Mos

coche pola ruta dos Penedos ou, cruzando polo alto do Confurco, seguir polos montes de Mos ata Redondela ou máis alá. MEDIDAS QUE ACONSELLAMOS PARA O ACONDICION AMENTO E MELLORA D A ZONA Estas medidas non son tendentes a impedir outros aproveitamentos distintos ó aconsellado, senón aprocurar a viabilidade do mesmo, independentemente doutros aproveitamentos que se fagan (madeireiros e outros). 1°- Recoñecemento, marcaxe e limpeza dos camiños que soben ó Castelo e ó Faro dende o pé da montaña e da pista de terra que une a estes. *OBXECTIVO: Facilitar as visitas a pé á zona. 2°- Facer unha limpeza da maleza en espacios

resto da paisaxe. *OBXECTIVO: Conseguir romper a monotonía da paisaxe e ó mesmo tempo aumentar a riqueza e variedade ecolóxica. 4°- Creación de sendos parques con merendeiros nas ladeiras norte e leste do Castelo e na leste do Faro, para crear áreas de espallamento próximas ás zonas de interés que non prexudiquen ás masas de árbores que se planten con destino a mellorar o interés ecolóxico da zona. 5°- Crear unha ou dúas masas mixtas de árbores autóctonas planifolias e perennifolias de gran extensión. *OBXECTIVO: Fomentar a presencia e dar cobixo a especies faunísticas máis raras e axudar así á conservación da nosa natureza ó mesmo tempo que se aumentaría considerablemente o valor da zona. 6°- Pedir axudas ós organismos competentes e

Á esquerda, debuxo da planta da atalaia do Castelo de Mirabel. A dereita, o mesmo debuxo de Fernando F. Priegue sobre o que se tracexou o posible emprazamento da torre e das murallas

facer publicidade a posteriori do proxecto. Sobra aquí dicir que ó ser pioneiros na recuperación de espacios naturais, dará vantaxe ó concello, e atraerá a un maior número de visitantes, ó mesmo tempo unha publicidade positiva que paliará a negativa que teñen os danos sufridos pola lagoa de Budiño, e que rentabilizará os esforzos que se adiquen. BIBLIOGRAFÍA: -"Excursiones por la península Ibérica, B aleares y Canarias". Integral edicións. Barcelona 1991. -Citas de animais: David Mayo, Rubén Loureiro, S. Sío. -"Fortalezas de la antigua provincia de Tuy". Jaime Rodríguez Garrido. -Traballo de campo Castelo Mirabel: Luis González, Salvador Sío, (Castor González). 29

www.faximil.com

dos citados lugares que deixen ó descuberto restos que lle de máis realce ó interés cultural dos mesmos. Convén aquí recomendar o asesoramento por un arqueólogo, para non dañar ou deixar ó descuberto zonas que poidan ser obxecto de posteriores estudios ou excavacións arqueolóxicas. (Pensamos que sería interesante facer algunha en colaboración cos colexios da comarca, na que se reconstruirían parte dos muros e construccións nos lugares citados. *OBXECTIVO: Realzar e aproveitar os xacementos arqueolóxicos como focos de atención primordial das vistas. 3°- Plantación urxente de pequenas masa mixtas de vexetación caducifolia en lugares dos sendeiros, e outras de perennifolias nas canteiras abandonadas; nestes lugares habería que tentar plantar plantas trepadoras que mimetizasen un pouco ás canteiras do


O Porriño-Mos

TRANVIARIOS NO EXILIO

TRES PORRIÑESES EN BUENOS AIRES 'lformación recopilada por Xose Xiráldez no Boletín da Sociedade Residentes del Municipio de Porriño

Naceu no Porriño en 1895. Moi xove foi á Arxentina a traballar como obreiro pintor e ingresando no Partido Socialista de Argentina en 1912. Fundou en 1916 a Unión de Obreros Municipales de Buenos Aires e en 1919 foi designado secretario xeral da mesma. Participou na dirección da Confederación General del Trabajo dende 1935, concorrindo a varios Congresos internacionais de obreiros, entre eles o realizado en México en 1938, onde se constituiu a Confederación de Trabajadores Americanos, e en 1936 á primeira conferencia panamericana organizada pola Oficina Internacional do traballo. Participou como deputado no Congreso nacional polo periodo 192428 representando ao partido, elexido pola Capital Federal e reelecto en 1932. No desempeño da súa lexislatura proxectou anova-cións legais que foron aprobadas como o sábado inglés, a prohibición de fabricar pintura a base de chumbo, a lei de previsión social para gráficos e periodistas, etc. Das súas interpelacións foron famosas a que fixo con motivo da brutal matanza de 50 indíxenas no Chaco e a promovida ao ministro do Interior por incuprimento da lei que prohibe o traballo nocturno nas panaderías. Dirixiu os xornais "La Confederación", órgano da Confederación Obrera Argentina e "El Obrero Municipal",publicandoademaisun

libro sobre sindicalismo, que se considera como o mellor no seu xénero. JOAQUIN R. RODRIGUEZ Natural do Porriño, pobo polo que sentiu sempre un excepcional e fervoroso cariño, sendo o fundador, presidente e director da RevistaBoletín da Sociedad Residentes del Municipio de Porriño "que apareceu durante longo tempo bimestralmente e que ti vo destacados contornos en ámbitos internacionais merecendo significati vos eloxios de personalidades políticas, literarias e educacionais, precisamente durante o tempo que estivo a cargo deste destacado porriñés, polo certeiro criterio co que enfocaba os asuntos que trataba, pola desmesurada elegancia da súa pluma e polo sentimento liberal, democrático e republicano que fluía de todos os seus escritos". Ademais de colaborar nesa e noutras publicacións da colectividade galega, faciao tamén na revista arxentina "El Hogar" e na "Novela Semanal". Foi directivo do Centro Gallego e do seu labor nesta institución, di Iglesias Rivadulla o seguinte: "Joaquín R. Rodríguez deixa nos seus cargos a súa constancia de traballo e a súa defensa terca e famosa da honradez. Tiña o honor de non ser rico e gañaba a súa vida día a día co seu traballo, de modo que as súas horas dedicadas honorariamente ao Centro Gallego 30

a diario, son como o escudo do seu máis alto mérito". Joaquín R. Rodríguez, faleceu en Buenos Aires, o 6 de agosto de 1952. Ao cumprirse o décimo aniversario da súa morte foi descuberto na Federación de Sociedades Gallegas pola Sociedade de Porriño, un busto do seu inolvidable fundador. ANTONIO MACEIRA Naceu no Porriño en 1902. Aos 8 anos comeza a estudiar solfeo e entra a formar parte do coro infantil da catedral de Tui. Dous anos despois era executante de cornetín na Banda do seu pobo natal. En 1920 emigra a Cuba e forma parte do Coro do Centro Gallego de La Habana, gañando por oposición a praza de músico da Banda Municipal de Sagua la Grande, na provincia de Santa Clara. Regresa a Galicia e entra no reximento n° 54 de Isabel a Católica de guarnición na Coruña, indo a Melilla coas forzas expedicionarias a raíz do desastre de Anual en 1921. Foi discípulo do compositor galego Fernández Amor. En 1930 trasládase á Argentina e establécese en Buenos Aires onde dirixe primeiro o Coro Hispano-Argentino, e despois o Rosalía de Castro, o Pascual Veiga do Centro Gallego de Avellaneda en 1950, o de Curros Enríquez da Federación de S. G. en 1951, Airiños de Vigo en 1952 e seguidamente o de Arrieiros de Mos, da sociedade do mesmo nome.

www.faximil.com

FRANCISCO PÉREZ LEIRÓS


0 Porriño-Mos

¿0 PORRINO, VILA D0 LOURO OU LOURAMBAL? Manuel Pérez Varela compaxinou a súa profesión de médico cun grande 'mterse pola Hetratura. Nos dous campos acadaría unha grande sona no val da Louriña.

D

"Por X.M. Iglesias Veiga

ende posicións liberais participarácos seus artigos no diario local ElLince mantendo polémicas co grupo conservadorque monopolizou a vida municipal porriñesa nas primeiras décadas do presente século. Polémicas que ás veces chegaron a ter eco nas páxinas da prensa viguesa. Será tamén habitual nos faladoiros da Xerezana e da Botica Nova con Pepe Palacios, Alexo Diz Xurado, Darío Álvarez Limeses, Enrique Peinador Vela, Antón Medal e Ramón Cabanillas, nos seus anos de estancia no Porriño. Foi vicepresidente da sección de literatura do Ateneo viguéz, pronunciando no ano 1921 unha serie de conferencias nesta sociedade viguesa sobre a creación estética de E?a de Queirós. O 26 de setembro de 1926 publica en El Pueblo Gallego, este artigo sobre O Porriño, no que ademais da descrición literariadavila, indicaaposibilidade de cambiarlle o nome. Iniciativa que tamén deixa entrever o arquitecto Antonio Palacios nos seus escritos: "Al píe de las moles grdníticas de Castelo y del Faro -sueño de piedra recortado por nubes fantásticas- labora sus panales de rica

miel la colmena de Porriño. Mirándose en el áureo espejo del Poniente, oyendo la sublime melodía del Louro, la fe y el optimismo la invaden, fuerzas vivas perennes de trabajo fecundo y glorificador, tesoro inagotable de los pueblos humildes. Es una comunidad ribereña, en el feraz oasis del Miño, que cumple a conciencia el precepto evangélico. La pequeña industria, el comercioembrionario, la protéica y menuda labor agrícola, no se ven desdeñadas por el poderoso negocio fabril o la alta empresa exportadora. Todo es uno y lo mismo, desde el modesto y aislado artífice del corcho al dueño delatenería,desdelapobremujerqueaprovecha los residuos del bosque para ganar dos reales al dirigente del Irust avícola o al negociante huevero. En Porriño tcxio el mundo trabaja; todos sus habitantes, ricos y pobres, grandes y chicos, varones y hembras, abrazan, desde que tienen uso de razón -a veces antes de tenerlo- la Santa Religión del Trabajo, no la del trabajo denigrante, vil, embrutecedor del paria, sino el esfuerzo noble, digno, útil y consciente del Hombre. Tres mil almas unen sus voces, día tras día, en coral solemne. Es el himno alegre del deber, el triunfo de la Vida. Es el hombre solidarizándose con sus semejantes en amor fraternal, de mutualidad, de energía aprovechable, sentimiento que borra por si mismo todaslasdiferenciassocialesyheaquíexpresada en lenguaje vulgar la verdadera fórmula de la Democracia.PoralgosedicequePorriñoesuna sola familia. Familia de hormigas, familia en la cuallosdeberesindividualesseliganenarrnonía niveladora, germen del prohreso material y de riqueza colectiva, que algún día, no lejano, transformarán la pequeña urbe en populoso centro de actividad, en núcleo fuerte de ciudadanos libres, prudentes y justos, que es la Ciudad, exponente final de la redención por el Trabajo. Tal es la historia de Porriño. En sus

31

En resumen: un pueblo honrado que se basta a si mismo; una villa que cumple a conciencia con sus deberes, proporcionándosebienestary alegría, la satisfacción sobria de sus necesidades materiales y el sano alimento anímico. Todo ello destacándose en un maravilloso marco de esmeralda -el valle de la LouriñaSólo un defecto puede señalarse al cuadro (salgamos al paso de cualquier espíritu crítico): Lagrotesca eufonía, la casi horrenda eufonía del título ¡Porriño! ¿A qué diablo se le habrá ocurridobautizarleasí?¿Porquenoconfirmarle conotro,eldeVilladeLourooeldeLourdmbal? ¿Es que no cabe rectificación fácil, gestionada del poderpúblico, paracualquierdenominación bautismal absurda, propicia al humorismo atroz de los mancebos calaveras del ramo de coloniales? Brindo la idea al Ayuntamiento". Manuel Paz Varela. 26-IX-1926

O doutor Manuel Pérez Varela visto polo pintor Carlos Maside (Faro de Vigo, 13-XÍ-1924)

www.faximil.com

HEMER 1926 OTECA

crónicas no hay gestas heroicas de paladines, ni se dibujan blasones. En su panorama, no asoman torreones cubiertos de yedra, no hay resto alguno de pasado glorioso. En sus plazas no se yerguen monumentos conmemorativos. El arte sólo le ha donado las primicias arquitecturales del moderno Palacio Municipal, obra de genio. Porriño carece de historia. Su historia es vulgar, como la vida misma. Pero a la Providencia plugo concederle el don creador de la laboriosidad, de la voluntad, de la energía, del caracter. Y allí, donde antes era un fondal de caminantes, perdido en la vieja vía bracaranse, se ve hoy un pueblo pintoresco, lleno de vida moderna, un foco de irradiación industriosa, la infancia robusta y prometedora de la ciudad del siglo XX. Merced al noble esfuerzo de sus hijos, mientras las antiguas villas -y no pocas ciudades- de hidalga estirpe caen en el sueño eterno de la Nada, Porriño crece, prospera y se coloca en la vanguardia de la lucha por la existencia con el ejemplar vigor de sus órganos productores. Y aún cuando ese esfuerzo, con una comprensión nítida de los problemas espirituales que lleva consigo el progreso evolutivo de un pueblo, su Alcalde, el nunca bien loado Silvino Rcxiríguez, hace siembra intensiva de instrucción y de higiene con un presupuesto formidable, que supera al de importantespoblaciones,siembracuyarecolección de óptimos frutos apreciarán las nuevas generaciones, seguramente agradecidas.


www.faximil.com

NA PORTADA, ACCIDENTE DUN TRANVIA, FOTO DE LOLO SIO REALIZADA EN 1965. NA CONTRAPORTADA FOTOS DO RAMO DE CANS: Enriba á esquerda, Eduardo Godoy e Silvino. Na foto do lado, (de esquerda a dereita) Jesusa, María, M. Carmen Maceira e Lola; Gabir"> a Manolo Giráldez (maiordomos saintes) e Eduardo Godoy e Silvino (maiordomos cntrantes). Na fott baixo, os Terribles de Pontellas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.