A Ledicia de Ler - "O Cabanillas de Marino Dónega"

Page 1

A LEDICIA DE LER “O Cabanillas de Marino Dónega” CARLOS CASARES La Voz de Galicia. 20 de xuño de 1976

DOCUMENTOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES

A LEDICIA DE LER é unha sección que Carlos Casares publicou en La Voz de Galicia de 1975 a 1980, onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia a cortesía manifestada en todo momento e as facilidades para achegar este material ao público.


O Cabanillas de Marino Dónega Dónega CARLOS CASARES – LA VOZ DE GALICIA. 20 DE XUÑO DE 1976

A figura do poeta Ramón Cabanillas vaise agrandando co paso do tempo, o mesmo que a de Castelao. El é hoxe en día un dos santos aos que os rapaces novos prestan devoción, ás veces con inxenuidade e simpatía, como aqueles que aínda hai pouco esixían a inmediata publicación da súa obra completa, ignorando os ensarillados problemas que se crean arredor dos dereitos de autor, neste caso concreto en poder dunha editorial madrileña que polas razóns que sexa aínda non se decidiu a incluír a poesía do ilustre cambadés entre os nomes do seu catálogo. O certo é que os mozos que esixiron isto interpretaban moi ben unha arela fonda que hai tempo se viña manifestando de mil modos. A adquisición da obra de Cabanillas non era doada. Primeiro pesou sobre ela, e durante anos, unha prohibición xeito nun heterodoxo, título suficiente para facelo entrar, dadas as circunstancias, no reino dos elixidos. Despois, esgotada a edición de Bos Aires, resultaba pouco menos que imposible facerse cun exemplar. Como queira que este ano o Día das Letras Galegas estaba dedicado a Cabanillas, evidentemente resultaba un pouco chocante o feito de que a dita celebración se fixera cos escaparates das librerías orfos dos seus libros. A cousa tentou remediarse dalgún xeito e estiveron presentes algúns deles: O Bendito San Amaro, editado por Akal; a escolma da Real Academia; o folleto que tradicionalmente vén publicando co gallo desa festa a cátedra de Lingua e Literatura galegas da Universidade e que este ano estaba dedicada ás sagas de Na noite estrelecida; o cartafol

A LEDICIA DE LER. “O Cabanillas de Marino Dónega” La Voz de Galicia. 20 de xuño de 1976

administrativa que indirectamente serviu para potenciar o poeta, convertido deste

preparado por Librouro; e algunhas outras publicacións menores.

1


A editorial Galaxia tirou do prelo para ese día unha escolma de Poesías de preto de duascentas páxinas, preparada por Marino Dónega para a colección “Trasalba”, que chega así ao número novei. O libro inclúe máis de cincuenta poemas distribuídos en diferentes apartados: o poeta cívico, o social, o epigramático e satírico, o descritivo, o costumista, o lírico, o narrativo, o didáctico-relixioso e aínda o autor de fermosas paráfrases sobre poemas de escritores universais, clásicos e modernos. Como é sabido, toda escolma é de por si problemática e polémica, pois o criterio selectivo está sempre tinguido de subxectividade. Pero no caso dun poeta como Cabanillas a esa dificultade hai que engadirlle a que presenta a amplitude e a variedade da súa obra, sempre resistente a deixarse reducir a esquemas simplificadores. Todo isto sabíao moi ben Marino Dónega e así o confesa na xustificación que puxo á fronte do limiar. Por iso non caeu no erro. A súa escolma das Poesías de Ramón Cabanillas é indicativa e demostrativa do que foi o que el se propuxo da obra do poeta. Nese aspecto o lector farase, a través dela, unha idea utilidade didáctica. Ademais disto, Marino Dónega púxolle á fronte un limiar maxistral cheo de pequenas notas biográficas extraídas de cartas ata agora inéditas, que ilustran moi ben sobre o Cabanillas íntimo da etapa cubana. Nesas páxinas limiares, escritas nunha prosa elegante e exquisita, por onde corre soterrada a fresca corrente da lingua popular, está non enteiro, pero si verdadeiro, o fino escritor que é Marino Dónega. *

i

* *

A LEDICIA DE LER. “O Cabanillas de Marino Dónega” La Voz de Galicia. 20 de xuño de 1976

xusta do seu valor e da súa significación. É dicir, que este libro terá unha grande

Ramón Cabanillas: Poesías, Escolma, con limiar, selección e notas de Marino Dónega. Galaxia. Vigo, 1976.

2


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.