Vosotros Nº2 edición bilingüe

Page 1

Nº 2

Colabora connosco

http://galiciabilingue.es/gb/colabora/

PARA VOSOTROS…

SUCASAS, O ÚLTIMO CLÁSICO DA PINTURA GALEGA.

TURISMO

PREFIRES EXPRESARTE EN ESPAÑOL?... QUEDAS EXCLUÍDO!

A LINGUA NOS PROGRAMAS ELECTORAIS

RECETA., CENTRO DE FLORES DE OTOÑO, BOTIQUÍN DE INVIERNO.

BÓS XENEROSOS

ANTONIO TOSTADO

SANTA COMBA DE BANDE albor do cristianismo galego

OS SOTOMAYOR:

GUERREIROS E INQUISIDORES

BIOCOOP:

UN RURAL NOVO, UNHA GANDERÍA RENDABLE

CARA E CRUZ

CONFÉSOO, SON UN “DETURPADOR” E TOPÓNIMOS


Edición dixital en español e galego dispoñibles en www.galiciabilingue.es

Edita: Galicia Bilingüe Directora: Gloria Lago Cuadrado Redacción: vosotros@galiciabilingue.es Todos os dereitos reservados Depósito legal VG 346-2012

2


ÍNDICE

PREFIRES EXPRESARTE EN ESPAÑOL?...QUEDAS EXCLUÍDO! Gloria Lago. Colaboraron: Eva, Valeria e Miguel

04

SUCASAS, O ÚLTIMO CLÁSICO DA PINTURA GALEGA. María Fidalgo Casares. Doutora en Historia da Arte

06

BÓS E XENEROSOS. ANTONIO TOSTADO Gloria Lago

08

TURISMO. POR TIERRAS DE CELANOVA Y BANDE MATRECIO. Texto y fotos

10

Santa Comba de Bande albor do cristianismo galego Alfonso de La Vega. Enxeñeiro e escritor

20

CONFÉSOO, SON UN “DETURPADOR” E TOPÓNIMOS José Manuel Pousada

24

A LINGUA NOS PROGRAMAS ELECTORAIS Redacción

28

BIOCOOP UN RURAL NOVO, UNHA GANDERÍA RENDABLE Gloria Lago

32

LITERATURA. os Sotomayor: GuerreIros e Inquisidores Andrés Freire. Profesor de lingua española e literatura

34

CARA E CRUZ

36

PARA VOSOTROS… RECETA. CENTRO DE FLORES DE OTOÑO. Eva Liberal. BOTIQUÍN DE INVIERNO. Ángel Rego

38

3


PREFIRES EXPRESARTE EN ESPAÑOL?...

QUEDAS EXCLUÍDO! Gloria Lago Colaboraron: Eva, Valeria y miguel

Es galego? Tes entre 16 e 30 anos? ¿Es unha persoa creativa? A Xunta de Galicia concédeche: Axudas e subvencións para facilitarche a entrada no mundo da literatura, da música, da banda deseñada, ou do cinema... ¿Prefires expresarte en español?... Quedas excluído.

É difícil dar os primeiros pasos no mundo da creación, sobre todo se es mozo e non sabes calibrar ata que punto o que sóamente é unha afección na que volcas a túa sensibilidade e as túas aptitudes, podería chegar a converterse nun modo de vida ou aportar algo positivo ao ocio e a cultura dos teus concidadáns. Por iso a Consellería de Traballo e Benestar ofrece axudas, subvencións e premios que incentivan a túa creatividade, e facilítanche os medios para dar a coñecer os teus traballos. Tres mozos galegos, Eva, Miguel e Valeria, buscaron información sobre estas axudas.

4

Tres mozos galegos, Eva, Miguel e Valeria, buscaron información sobre estas axudas. Comezaron facendo un rastrexo das subvencións publicadas no Diario Oficial de Galicia. Todas establecían como requisito ineludible ou como puntuación favorable o uso do galego. A Lei de subvencións de Galicia, aprobada polo anterior goberno bipartito, e que o actual goberno do Partido Popular de Galicia mantén intacta, así o establece. Entre estas subvencións, Eva, Miguel e Valeria viron moitas das que poderían beneficiarse persoas da súa idade; por exemplo as previstas para realizar estudos de postgrao, de investigación ou de formación. Se utilizas o español perdes parte da puntuación. Naquelas destinadas a programas de voluntariado, ou para crear asociacións culturais o de estudantes, o uso do galego é obrigatorio. Tamén atoparon algunhas subvencións cun contido que lles sorprendeu, como por exemplo estas tres: · 110.000 euros para bolsas de estudo destinadas ao alumnado universitario. En caso de empate na nota media do expediente, terá prioridade o alumno que empregue o galego no proxecto. Só se persiste o empate terá preferencia o

alumno que teña un maior número de créditos superados. · 2.600.000 euros para a formación de investigadores no estranxeiro. Obterá máis puntuación quen use o galego nas súas relacións coa Administración autonómica. · 227.000 euros para a formación de expertos en cooperación internacional. Puntúa máis o coñecemento do galego que o dun idioma estranxeiro. Eva e Miguel consultaron a páxina web da Xunta de Galicia e comprobaron que a Consellería de Traballo e Benestar é a que centraliza o que se dirixe

hai dúas linguas oficiais, non debe ser preferente, por parte dos poderes públicos, ningunha delas, e que os cidadáns terán dereito a recibir información e a ser atendidos na lingua oficial da súa elección sen ter que solicitalo. Un programa aparecía destacado na web da Consellería. Chámase “Iniciativa Xove”, o actual goberno xa o dotou con 2.374.150 euros. Trátase dunha líña de axudas para que os xóvenes poidan realizar proxectos e iniciativas interesantes. Aquí tamén perdes puntuación se usas o español na rea-

ao sector de entre 16 e 30 anos. Toda a información que atoparon estaba soamente en galego, dende os consellos para mozos que queren emanciparse, ata os programas de formación. Isto choca con sentencias do Tribunal Constitucional que estableceu con claridade que nos lugares de España nos que

lización das actividades. Este ano repártense 750.000 euros. Outro programa: “A Xuventude crea” incentiva a creatividade. É un certame pensado para premiar e difundir as obras de 300 gañadores cada ano. Poden participar xóvenes que teñan entre 16 e 30 anos. Na actual edición 2012 repártense 71.


150 euros. Pódese concursar en varias modalidades. Hai premios para teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, diseño de xoias e monólogos. Ás bases establecen que nos apartados que requiren o uso da linguaxe; é dicir, case que todos, a lingua na que deben enviar as súas creacións é exclusivamente o galego. A Eva e a Miguel chamoulles a atención unha curiosa aclaración que había no apartado de música: serán en galego as composicións musicais agás as obras instrumentais. Eva chamou por teléfono á Consellería para pedir información e pasáronlle cun xove. Preguntou se podía enviar ao concurso un relato que escribira en castelán. Respondeu que non era posible e invitouna a traducilo. Esta é parte da conversa -Non habería algunha posibilidade? Son galega e estudei galego pero, claro, é que intentei traducilo, pero queda raro porque o relato está pensado en castelán. -Xa, pero o que pon nas bases é iso, que ten que ser en galego -E non hai concursos aos que o podería enviar? -Nós o que temos aquí non. Non sei se noutros sitios fan outros, pero aquí ten que ser en galego, se non, quedaría xa eliminado. Parece que non hai “outros sitios”. Os premios literarios que atoparon Eva e Miguel son todos en galego, tamén nos concellos. O último é de xullo, o premio Blanco Amor do Concello de Fene dotado con 12.000 euros. Tamén quedan

A resposta que obtivo foi a mesma que Eva e Miguel. Excluído o que non estea en galego.

excluídas as obras en español. Miguel chamou á Consellería e tampouco logrou que lle dixesen en que organismo da Xunta podería obter algunha axuda un xove que prefira expresarse en español. Valeria probou sorte noutro organismo da Xunta, en AGADIC, a Axencia Galega de Industrias Culturais. No Diario Oficial de Galicia viu que dende a chegada de Núñez Feijoo á Xunta iste organismo xa concedeu 20 millóns de euros para películas, videos e videoclips coa condición de que se realicen en galego. Algunhas están dirixidas específicamente a axudar a xóvenes talentos, pero quen fagan os seus sus traballos en español tamén están excluídos. A última concesión destas axudas foi en xuño de 2012. Foron 2.900.000 euros para obras audiovisuais en galego. Na web de AGADIC atopou uns premios literarios para textos de teatro, entre eles un de teatro para nenos e obras para teatro de títeres, estaban dotados con 24.000 euros. A resposta que obtivo foi a mesma que Eva e Miguel. Excluído o que non estea en galego. Segundo os últimos datos sobre a lingua materna dos xóvenes de Galicia, entre os menores de 30 anos, máis da metade teñen o español como lingua materna. A todos estes xóve-

nes a Xunta négalles a posibilidade de acceder a axudas públicas, pagadas co diñeiro dos impostos de todos, se utilizan a súa lingua materna. A UNESCO proclama que é innegable que como mellor estuda un neno é en lingua materna, polo que non é difícil deducir que á hora de escribir un relato, un conto ou a letra para unha canción, a túa propia lingua é o mellor vehículo de expresión e, en todo caso, tes dereito a recibir axudas xa que estás utilizando unha lingua oficial. Os dirixentes, ou os sociolingüistas que os asesoran en Galicia ou Cataluña, soteñen que este tipo de políticas chamadas de normalización lingüística están pensadas para cohesionar a sociedade e para conseguir que unha lingua se fale máis. Será por iso que a Xunta xa concedeu máis de mil millóns de euros en axudas de todo tipo, nas que puntúa ou é obrigatorio o uso do galego, será por iso que todo o sector cultural en Galicia só recibe axudas se esa cultura se crea en galego. Moitos pensamos que nun lugar onde hai bilingüismo, o feito de que se publiquen ou difundan obras de xóvenes en ambos os dóus idiomas non prexudica a cohesión, e ade-

máis enriquece a oferta cultural. Tamén cremos que unha persoa, sexa nova ou non, non cambiará de lingua por ter tido que traducir un relato para un concurso. Os defensores da imposición de linguas argumentan que para quen crean en castelán xa hai axudas noutros lugares, pero iso non é verdade Nas diferentes comunidades autónomas de España nas que o castelán non está oficialmente proscrito, existen axudas deste tipo, pero están dirixidas aos xóvenes desa comunidade. Eles teñen sorte, poden participar todos, aquí temos que intentar que tamén sexa así.

Normalización lingüística (para equipos de normalización de concellos e de centros de ensino, para que o utilicen empresas, asociacións, etc.): Entre 2010 e 2012: 38.058.000 Libros (A Xunta compra libros e os envía a bibliotecas públicas e centros de ensino, case que todos están en galego): Entre 2010 e 2012: 43. 600.000 AGADIC, Industrias culturais (audiovisual e teatro en galego): Entre 2010 e 2012: 42.500.000

Nas axudas destinadas a programas de voluntariado, ou para crear asociacións culturais ou de estudantes, o uso do galego é obrigatorio.

5


PINTURA

Sucasas, o último clásico

da pintura galega.

MARÍA FIDALGO CASARES Doutora en Historia da Arte

O creador Alfonso Sucasas Guerra, “Sucasas”, un nista ata os 30 anos”, este exilio non se debeu a Aínda que se condos clásicos da pintura galega, naceu en Goiás, motivos políticos, senón ao ilusionado intento fesou “comunista Lalín, 1940 - terra na que medraron outros pinde labrarse un porvir no mundo da arte, o que ata os 30 anos”, tores tan recoñecidos como José Otero Abeledo logrou non sen grandes dificultades. este exilio non se “Laxeiro” e Antón Lamazares- e deixou este munAnos máis tarde trasladouse a Brasil, onde tradebeu a motivos do en Vila de Cruces, este verán de 2012. ballou con certo éxito no mundo da publicidapolíticos Sucasas pintou dende a adolescencia e realizou de e a decoración, faceta que nunca abandoos seus estudos na Escola de Artes e Oficios de naría, e que impregnaría o seu estilo a través Pontevedra para seguir a súa formación en Madrid. O fracaso do muralismo iberoamericano e a pintura de crítica social. da súa entrada na Academia de San Fernando levoulle aos Sucasas, durante os anos americanos, irá experimentando dezaoito anos, a “facer a América” e cunha forte oposición coas vangardas, chegando mesmo a abandonar a figuración familiar emigrou a Venezuela. Aínda que se confesou “comu- e envorcarse co construtivismo -algo que co tempo chegou a 6


considerar como un erro na súa carreira- á vez que foi perfeccionando a súa formación pictórica da man de Portinari, que lle inculcou a disciplina do debuxo e un equilibrado sentido da composición que lle devolvería, sen volta atrás, á pintura figurativa -aínda que desenvolvería episodicamente algunhas regresións-. En 1968 regresou a Galicia, e foi consolidando a súa carreira de pintor, decantándose xa por un estilo moi persoal de raizame claramente expresionista, desenvolvendo unha linguaxe figurativa de imbricación galega, pero, coma outros pintores galegos que fixeron da súa identidade a súa razón de ser (Laxeiro, Colmeiro, Seoane, Abelardo Miguel...), sempre fuxiu da representación dunha Galicia pintoresca e folclórica e permaneceu fiel ao seu xenuíno estilo durante máis de medio século. “Invariablemente, un leva dentro de si o que verdadeiramente é, o selo do lugar de procedencia”, declaraba. Sucasas chegou sen rubor a confesar a existencia de razóns telúricas na súa pintura, unha forza enerxética que estimulaba a súa creación e que emanaba da súa terra galega, que cualificou segundo as súas propias palabras, dunha forma «case teolóxica». Esta pulsión creadora acompañouno ata a súa morte, deixando media centena de obras sen concluír. A pintura de Sucasas, independente e á marxe de ismos e mercados, foi ante todo unha pintura emocional. “Humedecía os seus pinceis nas súas emocións” que plasmaba a través de temas que foron configurando o seu universo cunha linguaxe onde confluían os seus modos expresionistas, pero que tamén acusaba as claras influencias doutros pintores, como o británico Bacon ou os potentes e suxestivos grafismos do mesmo Laxeiro, co que non lle gustaba que o comparasen, sen esquecer a tradición románica, tan propia do primitivismo, sendo da súa autoría unha ampla serie de lenzos sobre o mundo do Camiño de Santiago (destaca o seu ‘Santiago Peregrino’, obra de 1992, colección Xunta de Galicia). Sucasas desenvolvíase como peixe na auga nos seus ambientes de tabernas, grupos de paisanos, partidas de cartas,

retratos de parellas e de familias, paisaxes abstraizantes, o mundo do rural, escenas relixiosas, máscaras e antroidos e o amplo espectro da feminidade: a ponderación da muller e a maternidade como “ Terra Nai”, considerada unha das claves da arte identitaria e tan ponderada polos pais do Rexurdimento que identificaban a Galicia cunha matrona aguerrida e poderosa.... Os seus traballos translucen unha forza extraordinaria. As súas figuras humanas presentan rostros contundentes e ollos amendoados, mostran contornos definidos pero transmiten interiores enigmáticos, a miúdo caricaturescos. Son figuras a miúdo deformadas en violentos escorzos, achegándose a un mundo monstruoso e a un submundo onírico, pero nada máis lonxe do sinistro e o pesimismo. Sucasas transmite unha profunda humanidade. E a súa pintura é toda unha reivindicación da vitalidade e galeguidade a través da representación do ser humano. Amigo persoal de Cunqueiro, Blanco Amor, Vinicius de Morais, Pablo Neruda ou Ramiro Fonte, Alfonso Sucasas tivo o privilexio de ser recoñecido no seu tempo como un dos grandes referentes da pintura galega e paradoxalmente gozou de gran predicamento no actual panorama mediático da arte, un panorama que desvaloriza a figuración en prol de novas linguaxes gráficas, linguaxes que criticaba o propio artista acusándoos de banais, e sen sustentación técnica. A súa prolífica obra, pode contemplarse en numerosas galerías e coleccións particulares, así como en institucións públicas, e aparece nos catálogos das principais coleccións de arte galega. Non obstante, non son estas obras as que deron a coñecer ao gran público a este artista galego e universal, nin as que pasarán ao imaxinario colectivo, senón a súa creación, en 1991 da primeira imaxe identificativa dos produtos de Galicia como garantía de produtos de calidade: Galicia Calidade, a cuncha de vieira. Sucasas elixiu para a posteridade este símbolo, sinxelo, fermoso, pero quizais á vez o máis profundo por intemporal e eterno: a esencia do camiño milenario das estrelas, senda iniciática que transcende a máxica Compostela para chegar aos confíns da Finis Terrae, unha imaxe con toda seguridade inspirada por esa forza telúrica de Galicia, que Sucasas recoñecía como o xerme das súas persoais creacións pictóricas. l 7


e

BÓS XENEROSOS

Quen protagonizan esta sección son persoas descoñecidas fóra do seu círculo. Poucos saben da grandeza do seu esforzo e dedicación, a maioría das veces destiñados a mellorar a vida de quen as rodean.

tanto gris porque case todos os socios eran persoas maiores. Animáronme e aceptei. Que fixera ata entón? Estou retirado do Exército.

ANTONIO TOSTADO GLORIA LAGO Hai catro anos que Antonio Tostado se fixo cargo da dirección de “La Cocina Económica de Ferrol”, unha institución benéfica que dende finais do XIX alimenta e da acougo aos que menos teñen. Un podería pensar que quen adica tantas horas a axudar aos demais de xeito altruísta, é unha persoa de certa idade que quere destinar os seus derradeiros anos a mellorar a calidade de vida das persoas máis necesitadas. Iso era o habitual na dirección da cociña económica ata que Antonio tomou o relevo. El soamente ten corenta e un anos, malia que pola serenidade que transmiten as súas palabras, parece alguén que xa sobrepasou dabondo a madurez. Antonio ten un falar pausado, unha sintaxe impecable e unha riqueza léxica que acompaña cunha voz cálida, á que lle dá unha entonación casual cando relata algo doloroso. E é que Antonio ten vivido moito, e son cecais esas experiencias que lle tocaron tan perto as que lle levaron a adicar o seu tiempo aos demais. Como se fixo cargo desta institución? A miña muller mais eu fixémonos socios hai catro anos. Pouco tempo despois chegounos unha carta comunicándonos que a directiva deixábao, de maneira que a institución desaparecería como tal. O futuro era un 8

Xa. Preferiría non entrar en detalles; digamos que pasei por un baixón de saúde. Onde naceu? Os meus pais son galegos pero nacín en Castellón. Estudei na Academia de Suboficiais, e cando rematei no noventa e seis, cumprín o meu primeiro destino en Valladolid. Os permisos pasábaos en Ferrol; durante anos viña a cotío cos meus pais, e aquí coñecín a miña noiva, a que agora é a miña muller. Despois chegou o meu destino en Bosnia, Mostar. Foi duro. Brutal. Eu cheguei no noventa e nove, cando viñan de decretar o alto o fogo, malia que os exércitos estaban soamente repregados nos seus cuarteis. Xa pasara o peor pero aínda así foi terrible; algúns compañeiros que levaban alí máis tempo contábanche como presenciaran crimes de guerra arrepiantes. Cal era a súa función? Son especialista en xestión de almacéns; encargábame de clasificar o material que chegaba de España e organizaba o almacén. Durmiamos catro ou cinco horas, non había descanso. Rara vez podiamos ter unhas horas libres algún fin de semana. Resultaba bastante abafante a reclusión, así que turnabámosnos para facer misións fóra do cuartel.

Que tipo de misións? Eu ía no convoy loxístico aos destacamentos; os meus compañeiros realizaban labores de escolta. Había que tomar moitas medidas de seguridade. Cando botaban a alguén dun pobo por mor da súa etnia, ían aos campos de refuxiados. Os campos impresionábante, había moita miseria e moita fame, vías á xente vivindo en contedores, en remolques destartalados. De cando en vez organizábase unha visita a un lugar da súa mesma etnia, e entón había que protexelos, darlles escolta e pactar antes cos alcaldes para que ese día só tiraran pedras e non balazos. Canto odio! Non o pode nin imaxinar. O Boulevard de Mostar convirteuse na fronteira entre ambos os dous bandos, estaba cribado a balazos. Os españois axudamos a reconstruir a ponte medieval, un símbolo para os musulmáns, que os croatas voaran para facerlles dano. Odiábanse ata un extremo inimaxinable. Era un odio cociñado dende había tempo. Chamaba a atención que un país con monumentos salientables, destacase sobre todo calquera construcción que fixese referencia ás súas guerras pasadas. O país parecía un monumento á guerra. Bosnia é un lugar de gran beleza, lembrábame á paisaxe que se ve ao saír de Pedrafita, coas súas montañas e os seus canóns. A un lado da estrada vías un monolito que sinalaba o lugar no que os alemáns do Terceiro Reich lles tenderan unha emboscada en tempos de Tito. Había dous mil cadavres na fosa, poucos metros despois atopabas unhas lápidas coas caras gravadas de vítimas doutra contenda.


E ese odio volcábase en ocasións cos máis próximos. Pois si. Lembro unha vila totalmente arrasada polos bombardeos. A maioría dos habitantes eran croatas e durante a guerra correxíanlle o tiro á artillería Serbia; dábanlles as coordenadas das vivendas dos musulmáns para que os bombardeasen; aos seus propios veciños. Supoño que algo quedaría gravado na súa memoria de unha maneira especial. Si, os nenos esperaban por nós nas cunetas. Parecían paxariños, fracos, desvalidos, sós, esperando a que lles botásemos algo dende os camións. Foi a súa única misión en Mostar? Non. Volvín dúas veces máis, iso permitiume ir vendo a evolución da situación. Consumóuse a limpeza étnica. Non sei cómo vai funcionar o arranxo que lles buscaron; é artificial. Que deixaba atrás cada vez partía cara Mostar? A miña muller e o meu fillo. O neno tiña 6 meses cando fun por primeira vez, custóume moitísimo despedirme del. Cando volvín tiña un ano e eu xa non era o seu favorito, sentín que rompera aquel lazo forte que había entre os dous. Cecais o que está facendo aquí sérvelle para desquitarse polo que non puido facer en Mostar, axudar a xente que viu pasando necesidades. Conscientemente non.-Antonio sorrí coa voz- Cando tiven a mala racha paseino moi mal. Despois sénteste en débeda coas túas crenzas por terte servido de soporte nos peores momentos, sénteste en débeda coa sociedade. Cando rematei a miña mi formación na Academia non imaxinaba que algún día me adicaría a algo como isto; entón era unha persoa moito máis despreocupada. Podería estar traballando no ámbito privado, a súa especialidade está bastante solicitada; hai pouca xente con experiencia na vida

civil; está renunciando a uns bós ingresos. Xa… A súa muller traballa de profesora, verdade? Si. Como é o seu día a día? Pola mañán deixo aos nenos no colexio e veño á oficina. Temos oito empregados, entre eles a traballadora social que coordina os servicios sociais. Polas tardes, ás veces quédame tarefa por facer; estamos dándolle moito pulo á colaboración con asociacións, a realización de festivais, partidos de futbol benéficos para conseguir ingresos. Tamén temos axuda dos Concellos de Ferrol e de Narón e, ás veces, pásannos cousas curiosas; unha delegación da Armada Noruega estivo dez anos en Ferrol mentres se construían uns buques encargados a Navantia. Cando marcharon donáronnos nada menos que 100.000 euros en agradecemento ao trato que recibiran dos ferroláns durante a súa su estancia. Foi unha sorpresa incrible. As instalacións trasmiten unha imaxen positiva. Mírase que pintaron o comedor non hai moito e que escolleron cores cálidas. Está nun edificio modernista moi fermoso pero co paso dos anos non se atopaba en moi boas condicións. Tentamos de dignificar o lugar para que a incomodidade das circunstancias sexa máis levadeira. En xuño deste ano obtivemos a certificación de calidade que avala a nosa xestión, os nosos servicios e a transparencia das nosas contas. Están a notar moito a crise… Sí, moito. Estamos a dar case que 300 comidas ao día, e introducimos un novo servicio. Decatámonos de que moita xente soamente comía en todo o día o que lles dabamos nós, de xeito que agora ofrecemos unha merenda-cea: fiambre con pan, zumos, froita e un café ou Cola Cao quente con bolos. A ver se o vindeiro ano podemos convertelo nunha cea completa.

Responde ben a sociedade ferrolana? Eu considero que si. En Ferrol pérdense oito centos habitantes ao ano e, porén, nestes últimos anos os socios pasaron de mil douscentos setenta a mil catrocentos cincuenta. Cal é o perfil das persoas que acuden a La Cocina Económica? Persoas de exclusión social, drogadictos, persoas con problemas de saúde mental, agora moitas familias con nenos, pero a eles entregámoslles a comida de 12 a 12.30 para que poidan levala a casa. Non queremos que os nenos teñan que vir ao comedor. Tamén hai persoas maiores sen recursos; son as máis remisos a vir. Sabemos que moitos pásano mal en silencio con tal de que non os vexan pedir axuda. Pregúntolle o mesmo que lle preguntei sobre Mostar, Que é o que máis lle impresiona? As persoas en risco de exclusión social son quen máis impresionan… persoas con problemas de drogadicción, de saúde mental. Impacta moito ver á xente nova, a súa falla de esperanza. Ten charlas con eles? Son un pouco esquivo no trato, e non lles vou axudar moito como psicólogo; prefiro adicarme a aquilo no que podo ser máis útil e facelo coa cabeza fría. Como se presenta o futuro inmediato? Agardamos unha volta de verán complicada. Ata agora moitos nenos ían ao comedor escolar… a ver que pasa a partires de agora. Pero algo faremos. Antes preguntoume que me impresionaba e faleille da parte negativa, pero tamén hai moitas cousas positivas que me impresionan. Impresiona ver a un pai en paro que sube a cota a 5 euros, a unha traballadora que gaña 500 euros ao mes pagar unha cota de 20, ver que unha persoa dona 2000 euros, unha persoa normal e corriente, probablemente é a súa paga de Nadal. Con xente así seguro que sairemos adiante. l 9


TURISMO

POR TIERRAS

DE CELANOVA Y BANDE

MATRECIO Texto y fotos.

Nuestro itinerario nos llevará en esta ocasión al interior de la provincia de Orense, por unas tierras cargadas de historia, interesantes monumentos y relajantes parajes, ideales para practicar el senderismo. Antes de entrar en Celanova comenzaremos nuestra ruta en el valle medio del Arnoia, para acercarnos a la localidad de A Merca, donde podremos ver una de las mayores concentraciones de hórreos de Galicia. Ambientados ya en la más tópica arquitectura popular del rural gallego, seguiremos unos pocos kilómetros para llegar a Celanova. El emblema de Celanova es el monasterio de San Salvador. Convento fundado en el siglo X por San Rosendo. Rosendo Guterrez Eiriz es también uno de los personajes emblemáticos de la Edad Media en Galicia. De noble cuna, emparentado con los reyes de León, sobrino del obispo de Mondoñedo, Sabarico II, sucedió en la mitra a su tío. Cuenta la tradición que le reveló el Señor que era su voluntad que fundase un gran monasterio a orillas del Sorga, afluente del Arnoia. Dedicó entonces su hacienda y empeño en la construcción del monasterio en Celanova, al que se retiró como simple monje. Pero los inciertos tiempos que se vivían, no le permitieron permanecer en aquel manso retiro. Contemporáneo de Fernán González, compartió la época de las convulsas luchas dinásticas entre los descendientes de los reyes de León, que se partían el reino entre sí para seguidamente intentar eliminar a sus rivales, divisiones que debilitarían definitivamente aquel incipiente reino astur-leones nacido fruto de la Reconquista. San Rosendo intentó poner paz entre ellos, y como gobernador de Galicia, a instancias de Ordoño III lideró con éxito entre 955 y 968 los combates contra los invasores sarracenos y las incursiones normandas, posteriormente bajo el reinado de Ramiro III aceptó la diócesis de Iria Flavia, para terminar, por fin, sus días en su añorado retiro en el convento de Celanova. 10


A Merca 11


Monasterio de San Salvador

San Salvador de Celanova 12


Hoy de aquel cenobio fundado por San Rosendo sólo queda la capilla de San Miguel, una joya de la arquitectura prerrománica española, a la que podemos acceder desde el claustro de las Procesiones (siglo XVI) en visitas guiadas. El resto del monasterio es de estilo barroco, cuenta con otro claustro, el Nuevo, (siglo XVII) y el templo, hoy Iglesia parroquial, que guarda las reliquias de San Rosendo y de San Torcuato, y que destaca por el retablo del altar mayor, con cuatro imponentes columnas salomónicas y los dos coros, con una sillería admirable, donde podemos buscar alguna talla burlesca. Sin duda se trata de uno de los ejemplos de arquitectura monacal más importantes de Galicia. Da fe de esta relevancia, el hecho de que el Emperador Carlos I llegase a valorar para su retiro a Celanova, en vez de a Yuste. Su fachada principal preside la plaza mayor de Celanova, la hermana pequeña de la plaza del Obradoiro compostelana, dicen algunos, donde existe una fuente del siglo XVI, de la que no debemos beber del caño situado hacia el norte, porque cuenta le leyenda que quien lo haga enloquecerá. Tampoco debemos dejar de callejear por el pueblo, pues su casco antiguo resulta muy agradable…, como curiosidad se dice que el hoy cinematográfico lobisomme Romasanta, acabó sus días en la prisión de Celanova.

Al pasear por la villa nos habremos percatado de que Celanova es un pueblo con importantes literatos, ya que su recuerdo es patente en nombres de calles, jardines y en algunas estatuas. Destaca Celanova por haber dado ilustres hijos que han aunado el oficio de las armas con la devoción por las letras: Mauro Castellá Ferré, tras estudiar en los Colegios de Monterrei y Ribas de Sil, fue discípulo de Fray Luís de León en la Universidad de Salamanca, y participó en la expedición de la Armada Invencible. Es conocido por su “Historia del Apóstol de Jesús Cristo Santiago Zebedeo, patrono general de España” escrita en 1610, precisamente en un periodo en que se había abierto un debate entre jesuitas y carmelitas sobre la conveniencia de sustituir la figura de Santiago Apóstol como patrón de España, por la de Santa Teresa de Ávila. Otro ilustre celanovense fue Cesáreo Fernández Losada, médico militar, que destacó en las campañas de Marruecos y Cuba y llegó en 1874 al grado de general. Fundó la primera Academia de Sanidad Militar española y estableció la vacunación obligatoria al ingreso en filas, además del Instituto Bacteriológico. Nombrado médico de la Real Cámara de Isabel II y Alfonso XIII, llegó incluso a atender al general O’Donnell en la campaña de Marruecos y a Prim en su agonía. Siendo diputado en

Capilla Mozárabe de San Miguel 13


Cortes por Orense, fue destacado valedor de Celanova y su monasterio, entonces abandonado debido a la desamortización de Mendizabal, impulsando la creación del Colegio de los escolapios de Celanova, inaugurado el 16 de agosto de 1868. Es autor de varias obras, además de médicas, históricas, especialmente referentes a Cuba, también publicó, en el periódico bimensual orensano “La Nacionalidad”, una interesante monografía con el título de “Curiosidades de Celanova”. Otro militar intelectual, Castor Elices, capitán médico, y poeta romántico, nace también

en esta tierra, por lo que se ve fértil para las almas sensibles. Murió a temprana edad en 1886, destaca su melancólica obra “Follas secas.” Pero sin duda el más conocido poeta celanovense de aquel prolífico siglo XIX se trata de Curros Enríquez y su celebérrima “Aires da miña terra”, en la que versifica la Galicia rural. Pero aún hay más, Celso Emilio Ferreiro, fallecido en 1979, que colabora con Camilo José Cela y Álvaro Cunqueiro, jalonando con su obra una fecunda época para nuestra literatura tras la guerra civil.

La Virgen del Cristal. Vilanova dos Infantes 14


Pero dejemos para las tardes lluviosas la lectura y sigamos camino. En los alrededores de Celanova nos encontramos con la aldea de Santa María de Castromao, cuya toponimia no engaña a nadie. En sus inmediaciones se encuentra un castro del mismo nombre y que coincidiría con la antigua capital del clan de los coelernos, Coeliobriga. Su emplazamiento en una colina, desde la que se divisa una panorámica de Celanova, nos sorprende por su extensión, ya que las edificaciones ocupan todo el otero en el que se adivinan “barrios”, quizás relacionados con unidades familiares o suprafamiliares. En su parte superior hay un yermo roquedal, pero al parecer existían construcciones de barro con maderas y entrelazado de ramas de cañizo. Las edificaciones presentan la típica forma circular u ovalada de la cultura castreña, pero también podemos observar los avances de la labor civilizadora romana y su influencia en el urbanismo, con una evolución hacia formas cuadradas y la ordenación de espacios entre las viviendas. No en vano la sensata tribu castreña gozaba de buenas relaciones con Roma, como atestigua la tesela “Hospitalitatis” del año 132 d.C. allí descubierta y que reza: “Siendo cónsules Gneo Xulio Augurino y Gneo Trebio Sergiano, los Coelernos de la Hispania Citerior y del convento bracarense, realizaron un pacto de hospitalidad con Gneo Antonio Aquilino Novaugustano, prefecto de la Cohorte I de los Celtíberos, con sus hijos y con sus descendientes. Gneo Antonio Aquilo hizo un pacto de hospitalidad con los Coelernos, sus hijos y sus descendientes. Actuó como legado Publio Campanio Gemino”. El episodio ha servido de disculpa para que los segundos sábados de agosto se celebre la fiesta del “folión castrexo”, en la que celtas y romanos vuelven a confraternizar por obra y gracia de los vecinos de Celanova convenientemente ataviados para la ocasión. No será esta la última vez que nos topemos con los romanos en nuestro recorrido. Desde la cima de Castromao se divisa, destacando en el paisaje, la torre de Vilanova dos Infantes, aunque más bien debería ser “de las infantas”, ya que según las referencias históricas serían la hermana y la madre de San Rosendo, los ilustres personajes en que se inspiró su denominación, ya que allí fundaron un monasterio de estilo mozárabe. Esta parroquia de Celanova conserva un sabor medieval que hace imprescindible su visita. La torre del homenaje es el único resto que sobrevive de un castillo que al aparecer fue derribado durante la revueltas irmandiñas contra los nobles gallegos, que en una España que salía de la Edad Media con los Reyes Católicos, se empeñaban en aferrarse al feudalismo más atrasado. Posteriormente reconstruida la torre, constituyó un bastión español que cerraba el paso a

las expediciones portuguesas contra Orense en las guerras por la independencia de Portugal del siglo XVII. No hay que dejar de visitar el santuario de la Virgen del Cristal, con una bella nave barroca. Si queremos ver el curioso relicario del Cristal, en el restaurante adyacente podrán indicarles la casa parroquial o incluso avisar al cura que lo guarda. Cuenta la leyenda que en 1630 un labrador trabajando los campos halló un pequeño óvalo de cristal con la imagen de Nuestra Señora en su interior. Guardó el labriego el objeto sin hacerle demasiado caso, pero hete aquí que la faltriquera le empezó a pesar más y más, de manera que asustado tiró el cristal poniendo tierra por medio de aquel extraño suceso. Al día siguiente fue una nena pastorcilla quien encontró en el suelo la imagen de la Virgen, que se apresuró a entregar al cura. No existe costura, ni huella alguna de obra humana en el ovalo de cristal que indique cómo llegó la imagen de la Virgen a su interior, por lo que rápidamente corrió la voz sobre su sobrenatural origen. Curros Enriquez se sirve de la leyenda en su A Virxe do Cristal, para enmarcar la aparición en un contexto más romántico y melodramático, con una pareja de enamorados por protagonistas, Rosa y Martiño, que separados por las insidias sobre la virtud de la novia, terminan trágicamente en un convento ella y en la sepultura él, tras la aparición del cristal mariano como prueba de la pureza de Rosa. Desandamos los pasos de la “Rahina Santa”, Santa Isabel de Aragón, casada con el rey de Portugal, Dionisio I, que tras enviudar de su esposo peregrinó a Santiago precisamente siguiendo esta ruta, para ingresar a su regreso en el convento de las clarisas de Coimbra, y tras pasar por Bande nos dirigimos al bajo Limia y a la sierra del Xures, ya cercana a la frontera con Portugal. En Portoquintela nos encontramos con el campamento romano de Aquis Querquennis, alque se accede por una estrecha bajada a mano izquierda en la N-540. Allí existe un Centro de Interpretación, que nos servirá para identificar los restos de las diversas construcciones que se conservan al lado de un embalse con un agradable pinar y unas pozas termales que ya conocían los romanos. Su nombre proviene de los querquerni que habitaban la zona. Estuvo ocupado por un destacamento militar de entre 500 a 620 hombres, pertenecientes a la III Cohorte de la Legión Séptima Gemina, que tenía su cuartel general en León. El campamento fue construido bajo el reinado de Vespasiano (69-79 d.C.), y abandonado aproximadamente en el año 120 d.C., su función fue la construcción y posterior vigilancia de la Vía XVIII del Itinerario de Antonino o Vía Nova entre Bracara y 15


Asturica (la actual Braga en Portugal y Astorga en León), capitales de dos conventos romanos. Medía unos 330 kilómetros, 210 millas romanas y atravesaba la actual provincia de Orense siguiendo una diagonal del sudoeste al noreste casi perfecta. El Imperio Romano supo entender la importancia de la creación de una red de calzadas que mantuviera unido todo su territorio, sirviendo para el rápido traslado de tropas, noticias y mercancías, favoreciendo la romanización de todos aquellos territorios tan diversos. Durante el siglo II la Pax romana extendió las leyes, la lengua, y las formas de vida grecolatinas, que asimiladas por los variados pueblos de la península lograron unos cambios sociales, económicos y culturales que dotaron a Hispania de una homogeneidad que ya perduraría hasta nuestros días. Desaparecida la presencia militar de Aquis Querquennis, al devenir en innecesaria, permaneció una “mansión” o especie de posada que actualmente generalmente se encuentra anegada por las aguas del embalse. Estas “mansiones” , espaciadas convenientemente a lo largo de 16

las calzadas para realizar una jornada de viaje, eran el lugar de descanso de los viajeros, sus carruajes y animales, así como el punto donde se cambiaba el correo o se pagaban los impuestos. A apenas a 3 km. se encuentra una de las más importantes obras del arte visigótico en España, Santa Comba de Bande. Se trata de la iglesia más antigua de Galicia, data del siglo VII y el primer edificio de la provincia de Ourense declarado monumento nacional en el año 1921. Sirvió de sepulcro de San Torcuato, uno de los primeros discípulos del Apóstol Santiago, antes de ser reubicado en el monasterio de Celanova. El cuerpo de San Torcuato fue inicialmente venerado en Guadix (Granada), en cuyas cercanías fue martirizado, pero en tiempos de Abderramán, hacia el año 777, y ante el peligro de la invasión musulmana, fue trasladado a la Iglesia de Santa Comba. Para visitar su interior deberemos llamar a una vecina de la aldea, que generosamente se presta a estar pendiente de los turistas, y cuyo


Aquis querquennis

“móvil”encontraremos en la puerta de la iglesia. En su interior podremos disfrutar de unos frescos del siglo XVI. Seguimos viaje por la N-540, no sin antes al menos recordar que en la cercana localidad de Lobeira, durante la Guerra de la Independencia, se instaló la Junta de Defensa de Galicia, presidida por el obispo de Orense, participando su batallón de voluntarios en las luchas contra las tropas napoleónicas y posteriormente en la defensa de las posesiones españolas en las Americas. Encontraremos un desvío a la derecha, hacia Entrimo. En Terrachan, su capital municipal, podemos visitar la Iglesia de Santa María la Real (barroca) con una gran fachada del siglo XVIII, a 2 km. por una carretera de montaña podemos subir al mirador de San Rosendo de Pedreiriño o acercarnos al Mirador de Olelas, a unos 10 km de la Terrachán, por la carretera de A Illa-Olelas (O- 336), que ofrecen buenas vistas de la sierra de Queguas y Xures. En la margen izquierda del Limia y del embalse de Lindoso, hallaremos la villa balneario de Lobios. En Río Caldo, se

sitúa la Sede y Centro de Interpretación del Parque Natural de Baja Limia-Sierra del Xures. En la misma localidad, a pocos metros del balneario de Lobios, encontramos los restos visitables de la “mansión” romana “Aquis Originis”, perteneciente a la calzada romana “ Vía Nova” o “Vía XVIII” de la que ya hemos hablado. Junto al balneario de Lobios, que cuenta con una magníficas instalaciones, encontramos también un área recreativa fluvial, en la que existen piscinas termales de las que podemos disfrutar gratuitamente, se trata de aguas bicarbonatado-sódicas, con una temperatura que oscila entre los 55 y 67 grados. Si seguimos por la carretera O- que continúa desde Lobios hasta Portela do Home, ya en la frontera con Portugal, nos encontramos con un área recreativa que agrupa un buen número de los miliarios de la “Vía Nova”. El miliario era una columna generalmente cilíndrica que se colocaba en el borde de las calzadas romanas para señalar las distancias cada mil passus (pasos dobles romanos) es decir, cada 17


Iglesia de Santa MarĂ­a la Real 18


milla romana, lo que equivale a una distancia de aproximadamente 1.481 metros. Su interés radica en que siempre figuraban inscripciones que indicaban el nombre del emperador bajo cuyo mandato se construía o modificaba la calzada, las distancias, y el gobernador o la unidad militar responsable de las obras en la calzada. En la Vía Nova entre Braccara (Braga) y Asturica (Astorga), se han encontrado 281 miliarios, que la convierten en la actualidad en la calzada con más mojones de este tipo descubiertos de todo el Imperio Romano. El Parque Natural de Baja Limia-Sierra del Xures, limítrofe con el Parque Nacional da Peneda Gerês en Portugal ofrece todo un menú de rutas de senderismo para todos los gustos y condiciones físicas, podemos destacar: la que lleva a la cascada de A Fecha, la más alta de Galicia, o la subida a la ermita santuario de Nuestra Señora del Xures. La de la Mina de las Sombras, así denominada porque atraviesa una minas de wolframio explotadas por los alemanes durante la Segunda Guerra Mundial y que discurre por alta montaña. Por el Río Vilameá, podremos observar diversos molinos también en el Río Mao, donde además de molinos, podremos encontrar la casa de A Escusalla, escenario digno de las leyendas de Bécquer. Se dice que fue sede inquisitorial, pero en realidad fue una capellanía fundada por el Abad de Manín en el siglo XVIII y que quedó en abandono tras la desamortización de Mendizábal. Cuentan que en las noches de luna llena se ve a un tal fantasma

Marrequiño, no se ponen de acuerdo los supuestos testigos de si se trata de un fraile sin cara, jorobado o sin cabeza, al que se puede ver en compañía de dos mujeres penitentes vestidas de blanco, se oyen cantos de gallos, voces sin dueño y ruidos de abrir y cerrar puertas. Las noches de luna nueva, se unirían al coro de fantasmales apariciones las animas de unos albañiles portugueses a los que por no pagar el jornal, el fraile -tacaño y psicópata por lo que se ve- asesinaría y enterraría en el lugar. El punto final de nuestro recorrido lo pondremos en el municipio de Muiños, entre los embalses de Conchas y Salas en la margen izquierda del Limia. Además de contar un con agradables playas en los pantanos, destaca por su conjunto de monumentos megalíticos. En dirección a Maus de Salas, al lado de la esclusa del embalse, donde se trasladó al construirse el pantano, veremos el dolmen que popularmente se conoce por la Casiña da Moura, que según la tradición oral fue construido por una “super-moura” en la noche de San Juan, llevando las piedras en su cabeza y sin dejar de hilar al mismo tiempo con siete husos. Al cruzar la presa se encuentra otro dolmen megalítico, la Casola do Foxo. Continuando, entre Requiás y Maus de Salas, nos dirigimos a “Outeiro de Cavaladre” (que está indicado en un cartel de “Muiños Arqueolóxico”), que es una interesante necrópolis datada entorno al 3.000 a.C. e integrada por catorce túmulos. l

Casola da Moura 19


Santa Comba de Bande

albor do cristianismo galego ALFONSO DE LA VEGA. Enxeñeiro e escritor

Lonxe dos camiños habituais ou máis transitados, Galicia posúe unha das xoias españolas da arte visigótica. A mellor conservada na súa modalidade bizantina. Non se ocuparon dela célebres viaxeiros estranxeiros como o barón Davillier no seu famoso percorrido acompañado por Gustavo Doré, agora hai cento sesenta anos, en tartana, galera, dilixencia, tren ou a cabalo pola pintoresca e arrombada España decimonónica. Nin o meritísimo Street, o sabio arquitecto inglés que dedicaba tempadas das súas vacacións a coñecer, estudar e inventariar moitos dos nosos mellores tesouros arquitectónicos. E que accedían a Galicia mediante longa e penosa viaxe en dilixencia dende Astorga. A visión da nosa arte por parte de forasteiros 20

cultos non deixa de ter interese para os españois porque malia certo posible exceso de pintoresquismo fainos notar cuestións que a nós nos puidesen pasar desapercibidas. Pero a Baixa Limia quedaba agora fóra das vías de comunicación principais, amén que o prestixio internacional da posterior peregrinación a Santiago tivo un influxo de paradoxal escurecemento doutras moitas belezas de Galicia. Mesmo se hoxe se fixese unha enquisa, moitos españois e entre eles bastantes galegos probablemente terían dificultades para situar ao pequeno templo de San Torcuato ou Santa Comba no espazo e o tempo.


Se as igrexas mozárabes salvo dúas, Melque e Bobastro, adoitan encontrarse ao norte da fronteira musulmá cara ao século XI, as visigóticas están esparexidas en distintas partes de España moi distantes entre si. A de Bande é a situada máis ao noroeste e procede do século VII. Un século posterior e uns cincuenta quilómetros en liña recta máis ao sudoeste que o impresionante cenobio de San Pedro de Rochas erixido a raíz da misión de San Martíño Dumiense nun monte escarpado rodeado de vexetación. San Martíño nacera en Centroeuropa e despois de visitar Terra Santa converteuse no bispo de Braga, a capital do reino suevo. Predicou o evanxeo aos paisanos, publicou un famoso texto De correctione rusticorum contra certas supersticións e concepcións pagás. Con materias que curiosamente case un milenio despois volve tratar Pedro Ciruelo, sinal de que certas ideas e costumes resultan difíciles de abandonar. San Martíño pode considerarse, e así o fan certos autores, o verdadeiro evanxelizador de Galicia. Conseguiu do rei suevo a conversión ao parecer a cambio de lograr a curación do seu fillo da lepra. Dese modo o reino suevo de Galicia foi adiantado de España na conversión oficial ao catolicismo. A finais do século VI Leovixildo anexionou o reino suevo á unidade territorial española. A tradición piadosa explica que despois da invasión musulmá e a caída do reino visigótico, uns cristiáns de Guadix, en Granada, fuxiron cara ao norte co corpo de San Torcuato. Durante unhas décadas esta rexión permaneceu case despoboada, fronteiriza co Islam ata que se reconstruíu Ourense no século nono e se repoboou a bisbarra. En tal tempo restaurouse o primitivo templo que dataría dun par de séculos antes onde os restos de San Torcuato terían sido logo depositados nun sarcófago, se ben certos sarcófagos existentes en templos antigos máis que para albergar restos mortais eran empregados en determinados ritos e cerimonias. San Torcuato tería sido o primeiro bispo de Guadix, un dos chamados Sete Varóns apostólicos, de hipotética orixe aragonesa pero supostos evanxelizadores de Andalucía oriental durante a España romana. O seu recordo encóntrase relacionado cos intentos de integración social dos mouriscos granadinos trala Reconquista e a fraude dos libros de chumbo do Sacromonte, xa denunciado polo sabio polígrafo Benito Arias Montano, bibliotecario de Felipe II e embaixador real. Biografías reais ou inventadas, a po-

sesión dos restos e reliquias de santos constituía fonte de poder e prestixio político e social. Segundo a súa haxiografía, Santa Comba tería sido unha bela doncela que rexeitou o matrimonio cun personaxe real, polo que foi castigada a entrar nun prostíbulo, onde tería feito un milagre salvando do ataque dunha osa a un pretendente dos seus favores. Logo foi degolada. Certas tradicións ourensás fana irmá de Santa Mariña de Augas Santas, á que está dedicado outro interesante centro de culto ancestral. A antigüidade do templo está documentada na escritura de doazón que no século IX fai Adonyo a San Rosendo e na que se afirma que: “unha destas vilas deu ao seu primo irmán Adonyo, diácono sita nas beiras do Limia, coas súas igrexas, que moitos anos antes estaban fundadas, a unha dedicada a Santa María, sempre Virxe, a outra a Santa Columba, virxe e mártir: estas igrexas había máis de douscentos anos que estaban fundadas e así estaban deslucidas e sucias... Segundo o profesor Lampérez, a arte visigótica ten dúas escolas procedentes de tres fontes. O noso fermoso pequeno templo de Santa Comba, Columba ou San Torcuato de Bande pertencería á escola bizantina, de planta xeral cadrada ou en cruz grega, como é o noso caso, conxunto exterior piramidal, teitos abovedados e detalles do devandito estilo bizantino. No templo existen capiteis romanos probable pepitoria doutros monumentos anteriores, seguramente das próximas termas de Bande. E columnas pegadas a unha pilastra ou parte do muro. Dispón de arcos de ferradura. E no cruceiro bóveda de aresta. Con ábsida rectangular, áchase orientada no sentido do Logos solar de leste a oeste como corresponde á antiga tradición iniciática e esotérica do Cristianismo. O sol asimílase ao Logos, imaxe do Pai. Os templos cristiáns oriéntanse de leste a oeste para expresar ese mesmo paralelismo simbólico se non identidade entre Cristo e o Sol, fillos do Pai e dadores ou rexeneradores da Vida. Como indica, por exemplo, a liturxia do Sábado Santo: “Oh Deus e Señor Pai Omnipotente, luz inextinguible e creador de toda luz. Ti que iluminaches a todo o mundo bendice esta luz que xa por Ti foi bendita e santificada, para que por ela sexamos inflamados e iluminados co lume do teu resplandor” 21


Dentro do espazo sagrado e simbolicamente xerarquizado do templo pódese presentir o murmurio vibratorio de moitas sensacións e acontecementos ao longo dos séculos, dende a súa remota orixe. Explicaba Antonio Machado que a verdadeira misión da Cultura é espertar as almas durmidas e facelas susceptibles de espiritualidade. De tal modo a visita a Santa Comba debería empregarse máis alá do coñecemento entendido como erudición ou simple manifestación estética.

22

Toda forma de Arte sagrada vén a supoñer un coñecemento, un saber sobre a alma. E cando, como acontece na sociedade actual en palabras de Jung, vívese nunha “psicoloxía sen alma”, resulta moi difícil falar do mundo metafísico aos que se encontran incursos no materialismo filosófico e en consecuencia veñen a considerar a alma como unha vella superstición antiga ou medieval. Así, agora considérase que só é científico o que é manifestamente material ou o que pode ser deducido de causas accesibles aos sentidos. A esta consideración cabe engadir outra dificultade


de expresión como todo o que ten que ver cos símbolos porque se escapan de calquera definición puramente racional. E é que se puidesen ser ben definidos mediante códigos pechados xa non serían símbolos senón signos aos que se lles daría un significado máis ou menos convencional ou arbitrario. Polo tanto, sempre as cousas han quedar de modo incompleto, como relativamente inexpresadas. A todo iso hai que engadir a insuficiencia engadida do verbal fronte á imaxe. Pero non se pode esquecer, e menos en tempos críticos ou turbulentos, que sen alma, faísca do

Espírito, non hai valores metafísicos nin polo tanto Liberdade. Así, determinados lugares póñennos en contacto co numinoso e parecen preguntarnos acerca de quen somos. O templo é unha especie de máquina espiritual dirixida a elevar a nosa conciencia. Imaxinemos que mentres estamos nel percibimos os ecos da antiga liturxia española chamada visigótica ou mozárabe. O rito visigótico, mal chamado mozárabe, sen dúbida representou un importante papel dentro da música sagrada na apertura da conciencia mística. Os ritos son sistemas simbólicos en acción. A música é entre todas as Artes a que mellor permite conectar co Universo do Noúmeno ou da “Cousa en Si” como o explicaba Schopenhauer. O médico español Doutor Eduardo Alfonso, discípulo de Mario Roso de Luna, membro de varias importantes sociedades iniciáticas e metafísicas, estudoso de relixións comparadas e exiptólogo, consideraba que... “cando a gama de sons é combinada segundo excelsas leis musicais pola intuición do xenio, formando acordes, arpexos, melodías, contrapuntos... o sentido do oído adquire un elevado rango, non superado polos demais. Convértese na entrada do aparato pineo-hipofisario, de funcións transcendentais... estas dúas glanduliñas, pineal e hipófise, son unha especie de antenas receptoras e emisoras de vibración mental... son os órganos onde se manifestan as máis elevadas operacións intelectuais do ser humano.... “ En tales cuestións espirituais, enerxéticas, anatómicas e fisiolóxicas baséanse o canto litúrxico, o mito de Orfeo como realidade psicolóxica ou o emprego de sons vocais para a apertura dos chamados chacras. Moitas destas cousas ou ben son descoñecidas ou xa non forman parte da bagaxe cultural do viaxeiro de hoxe, afeito a visitar parques temáticos nos que case todo se encontra convenientemente explicado e taxado. Con estas liñas, baixo a hospitalidade de Vosotros, pretendo invitar ao viaxeiro sensible a gozar dunha viaxe tamén ao longo do tempo e doutro universo, o simbólico, que nos revela tantas cousas da nosa propia identidade. l

23


CONFÉSOO,

SON UN “DETURPADOR” DE TOPÓNIMOS

José Manuel Pousada

Desde a aprobación da Constitución Española de 1978 e a subseguinte dos Estatutos de Autonomía, nos que se recoñeceu a cooficialidade co español de diferentes linguas faladas en España, tivemos que asistir a unha serie de disparates en materia de dereitos lingüísticos destinados a restrinxir de maneira abusiva e ilexítima o dereito dos cidadáns a utilizar a lingua da súa escolla e a ser atendidos nela, polo menos no ámbito oficial. Todo iso baixo o pretexto de que as medidas restrictivas do uso do español estaban destinadas á protección e o fomento das linguas cooficiais con él no territorio, asumíndose, de facto, que son as linguas os suxeitos dos dereitos lingüísticos, de xeito que os cidadáns

podemos ser postos por parte dos poderes públicos ao servizo delas. Os cidadáns convertémonos, pois, en obxectos, que non suxeitos, da regulación dos dereitos lingüísticos. Un verdadeiro dislate tanto desde o punto de vista xurídico como desde o punto de vista político. Os abusos en materia de dereitos lingüísticos esténdense prácticamente a todos os ámbitos da vida oficial, pero o caso da toponimia é, sen dúbida, particularmente rechamante. Con que nos atopamos? Pois cun primer dislate xurídico sen parangón: que desde os poderes públicos se pretende excluir do ámbito da oficialidade nun territorio os topónimos nunha lingua que é oficial nese territorio. O disparate non queda aí, senón que aí só comeza para, pouco a poco, ir in crescendo ata acadar unha situación que podería calificarse como de delirio. Nun primeiro estadio desta nada inocua para a saúde democrática “patoloxía” producíuse a aprobación da Lei de Normalización Lingüística (LNL),

24

nada menos que por unanimidade do Parlamento autonómico. Nela establecíase a radical suspensión do estatus de oficialidade do español neste ámbito: a LNL dispón que os únicos topónimos oficiais de Galicia son os que están en galego; é dicir, que un parlamento se arroga a facultade de eliminar palabras dunha lingua oficial no ámbito oficial. Naturalmente esto non ocorre en país algún, xa que unha vez que unha lingua é recoñecida como oficial nun territorio, todos os topónimos nesa lingua pasan a ser, automaticamente, oficiais nese territorio. Quere dicir o anterior que todos os topónimos han de ter formas diferentes en cada lingua e que estas, ademais, han de ser literal tradución doutra máis antiga noutro idioma? En absoluto. Curiosamente hai amantes da imposición lingüística, filólogos algúns, que recorren ao “chascarrillo” afirmando que se se defende que determinados topónimos, usados tradicionalmente e por motivos históricos, teñan unha forma diferente en cada lingua, ten que aplicarse unha especie de regra de tres para todos os demais topóni-


mos. Tal vez descoñecen o que veu ocorrendo ao longo da Historia neste ámbito en diferentes e afastadas partes do mundo. Así, certos filólogos afirman que defender que sexa oficial o topónimo Ourense implicaría necesariamente defender que exista o topónimo El Puerrito referido á localidade pontevedresa denominada en galego O Porriño. Tamén afirman, que se en español un non quere usar o topónimo O Carballiño debería utilizar o topónimo El Roblecito e non Carballino, como desde hai tempo se ven facendo. É dicir, que, seguindo unha curiosa linearidade de pensamento, aplican automaticamente a regra de tres á resolución de problemas non lineares. Non me resisto a comentar un dlos “chascarrillos” máis utilizados polos “antideturpadores”. Semella que lles provoca hilaridade o feito de que nun lugar poida chamarse El Puerrito, El Roblecito o Bueymuerto; pero non lles parece igual de ridículo, de selo, que haxa lugares que se denominen O Porriño, O Carballiño ou Boimorto, cando se están referindo, tanto os nomes en español como os nomes en galego, aos

mesmos “conceptos”, sexan do reino animal ou vexetal. Tan ridículo, de selo, é o topónimo Feuerbach como o topónimo Arroio de Lume. E insisto en que non estou propoñendo que cando sexa tecnicamente posible a tradución literal dun topónimo dunha lingua a outra, esta teña que levarse a cabo necesariamente, senón que é algo que pode ocorrer e exemplos veremos. Estamos ante unha das principais características do nacionalismo organicista: a “lei do funil”. A existencia de diferentes formas toponímicas para denominar un determinado lugar é algo moi estendido no mundo, pero en absoluto implica sempre unha tradución literal dunhas linguas a outras dos correspondentes topónimos, e moito menos de todos, aínda que en certas ocasións así sexa. Con frecuencia trátase de simples adaptacións fonéticas cando aos falantes dunha lingua lles resultaba complicado pronunciar o correspondente topónimo noutra lingua nla que xa existía o nome dese lugar. Naturalmente isto adoita afectar a lugares que necesitaban

ser frecuentemente nomeados polos falantes da lingua á que se facía a adaptación; por iso non adoita acontecer con nomes de localidades ou accidentes xeográficos cuxo nome non se necesitaba usar con frecuencia. Así, en español usamos a palabra Munich para referirnos á capital de Baviera, mentres que os xermanófonos utilizan a palabra München e os italófonos Monaco, di Baviera”, para distinguilo do “outro” Mónaco, o dos Grimaldi. Porén, ninguén terá ouvido a alguén referirse en español a Ludwigshafen coma “Puerto Luis”, que sería a súa tradución. Non obstante, a capital de Dinamarca, Copenhague en español, é o resultado da adaptación a esta lingua do topónimo alemán, Kopenhagen, que, á súa vez, deriva do topónimo en danés København, evolución do anterior 25


Købmandshavn, e que ven a significar “porto dos mercadores”. É dicir, que os xermanófonos preferiron unha simple adaptación fonética, non unha tradución literal para eles sinxela (Kaufmannhafen), e os hispanófonos, como se dixo, fixeron unha adaptación fonética do topónimo en alemán. Pero estas prácticas son, segundo algúns, intolerables “deturpacións” toponímicas que atentan, non se sabe como, contra unha determinada lingua, se é que se pode atentar contra unha lingua.

Chegados a este punto da nosa breve viaxe polo mundo deteñámonos en Colonia. Cal debería ser o seu “verdadeiro”, e non o seu perversamente “deturpado”, nome? Os xermanófonos denomínana Köln, que en español significa... ¡Colonia! Pero trátase realmente dunha tradución literal do alemán ao español? Ben, en realidade o seu nome en alemán provén dunha tradución literal a esta lingua da primeira parte do nome desta cidade en latín: Colonia Claudia Ara Agrippinensium. Por que tiña este nome tan longo? Pois porque nela naceu Agripina a Menor, a esposa do emperador Claudio. Foi ela a que convenceu a Claudio en elevar o seu lugar de nacemento, e que antes era máis ben un campamento, á categoría de “Colonia de Claudio e Altar de Agripina”. Poderíase acusar aos xermanófonos de “deturpadores” toponímicos? Home, poder, visto o visto, está claro que se pode, pero sería máis ben ridículo. Pero é que, ademais, resulta que en dialecto coloniense, o nome é Kölle. E como se escribe en inglés ou en francés 26

o correspondente topónimo? Pois Cologne, aínda que se pronuncie de xeito diferente en cada unha desas dúas linguas.

A desmembramento do Imperio Austro-húngaro trala fin da Primeira Guerra Mundial deu moito xogo no ámbito dos cambios dos topónimos. Por exemplo, a moitos pode que lles estrañe que o topónimo Bratislava teña menos de 100 anos e unha historia curiosa, e que hoxe é o único oficial en Eslovaquia, novo país do que é capital a cidade con ese nome en eslovaco e que estivo a punto de chamarse Wilsonova Mesto, Ciudad Wilson, en honor a Woodrow Wilson, o presidente dos EEUU, aínda que xermanófonos e hungarófonos xa a denominaban desde había moito tempo, e así aparece en moitos libros e mapas anteriores a 1918, respectivamente, como Pressburg e Pozsony. En Romanía merece mención especial a cidade hoxe coñecida en romanés, e en español, coma Satu Mare, topónimo existente só desde 1925, e que é unha derivación un tanto libre, do anterior topónimo que, á súa vez, era unha transcrición/adaptación fonética do topónimo en húngaro, Szatmár, que proviña, á súa vez, do nome dun guerreiro húngaro do século X de nome Zotmar. Por que aconteceu isto? Pois porque a unha boa parte dos romenófonos apeteceulles. E así poderíamos seguir citando xa no decenas, senón cintos de exemplos a cada cal máis curioso.

En España tamén existen algúns topónimos cunha curiosa historia. O municipio granadino hoxe coñecido como Valderrubio, anteriormente era nada menos que Asquerosa, co cal aos seus habitantes adxudicáballeles o nada agradable, aínda que certamente sonoro e difícil de esquecer, xentilicio de asquerosos. Segundo algúns, o topónimo Asquerosa debíase a que en tempos da presenza romana na Península, a aldea alí situada chamábase Aquae Rosae, que derivou co tempo a Asquerosa, nome co que se coñecía á localidade cando nela viviu Federico García Lorca. Aínda que, segundo un estudo de Manuel Ángel Ruiz, o topónimo Asquerosa ten outra orixe, con moitas “etapas” intermedias, relacionado coa prolongada dominación musulmana de aquelas terras. Incluso ao final do primeiro terzo do século XX a piques estivo de denominarse María Cristina. O seu nome actual, Valderrubio, instituíuse a petición maioritaria dos seus vecinos. En Galicia aínda ninguén se atreveu a soster que o topónimo actualmente oficial Fisterra é anterior ao agora oficialmente proscrito Finisterre, pero... tempo ao tempo. E quede claro que se realmente os galegófonos, por evolución máis ou menos culta do orixinal en latín Finisterrae, prefiren chamarlle Fisterra a Finisterre, pois adiante. Isto non prexudica a nonguén nos seus dereitos e liberdades. Algo parecido ocorre co topónimo en vasco Donostia, xa que a cidade qie denomina foi fundada alá por 1180 nun documento redactado en latín no que se usa o topónimo Sanctus Sebastianus e que deu lugar a San Sebastián, sendo Donostia o resultado dunha longa evolución a partir de Done Sebastiane. Claro que nesto de aplicar a lei


do funil, os nacionalistas vascos son mestres aventaxados. Como teñen que evitar o “sacrilexio” de que Sabino Arana, o fundador do PNV, estea enterrado nun lugar cuxo nome é desde hai séculos unha palabra en español e tan castelá no seu día coma Pedernales, agora chámano, e desde hai ben pouco, Sukarrieta, porque sukarri en vasco é como se chama ao pedernal e literalmente significa pedra de lume e –eta é un sufixo locativo en vasco. O caso é que en España xa superamos o primeiro estadio do disparate e fomos “progresando” ata chegar á aberración de que nos encontremos con que o único topónimo oficial nalgunhas partes de España é un topónimo correspondente a unha lingua non oficial neses territorios. Por exemplo, o caso de Ourense en Segovia; polo que os “orensanos” teñen deixado “oficialmente” de existir en España, aínda que a RAE os “conserve” no seu diccionario. Outro tanto cabe dicir dos ampurdaneses. Un viaxa a Bélxica e ve que onde a única lingua oficial é o francés, os únicos topónimos oficiais das localidades situadas en Flandres son en francés e, reciprocamente, onde a única lingua oficial é neerlandés, os únicos topónimos oficiais das cidades situadas en Valonia son en neerlandés. E que acontece na rexión de Bruxelas, onde ambas as dúas linguas son oficiais? Pois, efectivamente, son oficiais os topónimos en ambas as dúas linguas, porque non se consentiría outra cousa por parte dos discriminados lingüísticamente. En España vostede poderá ler, e non me parece mal se iso é útil a moitas persoas que circulan por ela, nalgunha autovía o topónimo, non oficial por certo, correspondente ao español Algeciras escrito en lingua árabe; pero a toda

custa tratan certas “autoridades” de eliminar calquera sinal onde figuren topónimos, nunha lingua oficial, como La Coruña ou Lérida, se ben en Cataluña, onde seguro que non queda xa rastro de “Lérida” nos sinais, pode que encontre a palabra Saragossa. Ah, a ditosa “lei do funil” da que xa falamos antes. Por certo, que o topónimo Algeciras ou Alxeciras debería provocar a hilaridade dos “antideturpadores” da mesma maneira que lla provocan outros topónimos “castelanizados”, xa que Algeciras ou Alxeciras deriva do topónimo árabe Al-Yazira (al-Jadra), cuya traducción literal ao español sería “La Isla/Península (Verde)”. O éxito deste experimento de enxeñería social dependerá da nosa capacidade de resistencia para ser cidadáns en lugar de “súbditos”; é dicir, de que grado de sumisión ao poder político exercido de xeito arbitrario e abusivo esteamos dispostos a soportar e tolerar.

En Galicia xa estamos a piques de acadar o terceiro estadio do dislate “toponímico”, xa que o actual Goberno ven de publicar un borrador de Decreto que, de aprobarse neses térmos, pretende que non se poidan utilizar topónimos en español que se refiran a Galicia en certos ámbitos privados correspondentes a actividades empresariais, ou no nome con que se inscriben fincas ou urbanizacións, inmobles en xeral, no Rexistro da Propiedade. Así mesmo intentarase estender esta restricción ao resto de España, de xeito que ninguén poderá rexistrar en España, por exemplo, unha urbaniza-

ción co nome de “La Coruña”. Porén, e facendo uso da consabida “lei do funil”, nos libros de Coñecemento do medio dos nenos galegos, si se usaran os topónimos do resto de España en galego, de maneira que aínda que o uso de Orense, La Coruña ou La Toja estará prohibido nos libros de texto en todo o territorio nacional, os alumnos galegos non aprenderán os nomes de moitos lugares de España en español, senón que só lles ensinarán topónimos do resto de España en galego, tales como Xetafe, Cidade Real, Alxeciras, Xaén, Xibraltar, río Douro, río Texo, etc. O éxito deste experimento de enxeñería social dependerá da nosa capacidade de resistencia para ser cidadáns en lugar de “súbditos”; é dicir, de que grado de sumisión ao poder político exercido de xeito arbitrario e abusivo esteamos dispostos a soportar e tolerar. Desde a Xunta arguméntase que se trata de protexer un patrimonio inmaterial, que esas palabras en galego desparecerían se tivesen que “competir” coas palabras en español se estas non se prohibiesen. Tanto aos nacionalistas de Galicia como aos doutros lugares de España parece non importarlles que desparezan palabras tan antigas como Vizcaya, La Coruña ou Gerona. Tal vez do que se trata, ademais de facer enxeñería social connosco, é de borrar todo vestixio de que o español hai moito tempo que se usa por parte dos seus habitantes, xunto coas linguas cooficiais, nos territorios nos que estas se falan. l Aos nacionalistas de todos os partidos.

27


Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

Que propón cada partido en materia de lingua?

REDACCIÓN

PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA, PSDEG: O seu programa remite ao PXNLG elaborado a instancias do Partido Popular. Polo tanto: Educación: polo menos o 50% das asignaturas impartiranse en galego. Adoutrinamento: manter os Equipos de normalización coas súas actuais atribucións. Administración: o galego será lingua preferente, tanto no referente a visibilida28

de como en información ou comunicacións oficiais. Subvencións: todas as axudas públicas seguirán incluíndo coma requisito ineludible, ou coma puntuación adicional, o uso do galego. Específicase no programa que se prestará especial atención ás subvencións destinadas á creación cultural só en galego. Lexislación: manteráse á actual.

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, BNG: Malia que o seu programa se recrea en afirmacións e proclamas identitarias asociadas á lingua, na práctica, as propostas atínxense ao PXNLG e á laxislación vixente, polo que máis alá do enfoque e o discurso, non é de agardar que a situación actual se modifique substancialmente. Si se aprecia

unha urxencia máis acusada á hora de levar á práctica o PXNLG. Como novidades inclúense a obrigatoriedade xeralizada de coñecer o galego para o acceso á función pública e lograr que as entidades financeiras teñan oferta en galego para os seus clientes.

http://www.bng-galiza.org/wp-content/uploads/Programa_BNG_Eleccions_Galegas_2012.pdf


Esta é a oferta dos cinco partidos con posibilidades de obter representación. Tres partidos: PPdeG, PSdeG e BNG, basean a súa política lingüística no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG). Trátase dun

texto de 400 páxinas que aborda a “galeguización” da sociedade en todos os ámbitos, dende a Educación ata as orquestras. Non é un texto de carácter normativo e, polo tanto, non é de obrigado cumprimento, pero estes tres partidos recorren

PARTIDO POPULAR DE GALICIA, PPDEG: O PPdeG gobernou con maioría absoluta durante a última lexislatura. A continuación resumimos o que fixeron ata o momento e, finalmente, o que planean facer segundo o seu programa electoral. Este programa non fora publicado cando GB enviou á imprenta esta revista pero si chegamos a tempo de recoller o seu contido na nosa edición dixital. Paga a pena coñecelo. Educación: O Decreto que regula o uso das linguas no

ensino establece que o 50% das asignaturas se ensinarán en cada una das linguas, reservándose para ser impartidas en galego aquelas que teñen máis peso lingüístico. Dende Galicia Bilingüe temos constancia de que isto está a aplicarse na práctica totalidade dos centros concertados de Galicia. En canto aos centros públicos, agás na cidade da Coruña, tanto en colexios coma en institutos, moitos alumnos están a recibir en galego tamén asignaturas asignadas polo

a el coma fonte de inspiración para as súas políticas de normalización lingüística. Foi elaborado durante o goberno do Partido Popular en 2004 e aprobado co apoio de PSdeG e BNG.

En canto a UPyD e SCD, propoñen unha política lingüística diferente, homologable á das demáis democracias, xa que está baseada nos dereitos das persoas.

Decreto para ser impartidas en español. Estes feitos foron denunciados por GB ante as autoridades educativas, pero estas negáronse a instar á Inspección a inspeccionar. Limitáronse a suxerir que sexan os país quen denuncien aos profesores dos seus filos, a pesares de saber que este tipo de denuncias adoitan ocasionarlles ás familias presións e incomodidades. 4.500 profesores manifestaron por escrito ante a Xunta que non ensinarán en español. A Xunta non ten feito nada ao respecto. Algúns nenos, cuxos pais lles mercaron os libros de texto en español, conseguiron que se respecte o seu dereito a usalos, pero moitos atopáronse coa negativa por parte dos centros. Porén, moitísimos centros repartiron entre os alumnos libros

en galego para asignaturas que segundo o Decreto teñen que ser impartidas en castelán; o goberno sábeo e permite esta discriminación. O Decreto tamén establece que os alumnos poderán usar oralmente e por escrito a lingua da súa elección, pero coa apostila de que se “procurará” que se utilice a lingua asignada á asignatura. Na práctica isto tradúcese en obriga en casi todos os casos. Adoutrinamento: Mantéñense os Equipos de normalización e son premiados con máis dotación económica aqueles que exercen un adoutrinamento especialmente acusado. Algunhas destas actividades foron denunciadas por GB ante os tribunais dada a negativa da Xunta a actuar. 29


Administración: Salvo en contadas ocasións, a Xunta gobernada polo Partido Popular estivo utilizando só o galego en cartelería, comunicacións, informacións e publicidade. Subvencións: Os cidadáns que queiran acceder a una axuda pública do tipo que sexa haberán de utilizar obrigatoriamente o galego na solicitude

e/ou na realización da actividade, ou ben deberán utilizalo para obter puntuación adicional. As subvencións á creación cultural só se conceden aos creadores que usen o galego. Lexislación: Mantense a lexislación existente ata a súa chegada ao poder e aprobáronse novas normas que impoñen o galego; por exemplo, a Lei de Xuventude.

Programa 2012. Trátase dunha proposta homologable á de calquera partido nacionalista, cunha mensaxe identitaria e una profundización na aplicación do PXNLG moito máis intensa cá do PSdeG e perfectamente equiparable á do BNG. Ademais, o Partido Popular de Galicia recréase de xeito máis extenso que o BNG nas propostas “galeguizadoras”

que expón e que abranguen dende a Xustiza, a toponimia, ou a Administración, ata o mundo da empresa e a cultura, cuxas subvencións se incrementarán. Cabe suliñar algo particularmente sorprendente: os nenos xa non terán lingua materna propiamente dita, senón tamén algo parecido a un híbrido que se adapte aos intereses das autoridades educativas.

de lIngua vehicular por parte das familias responde ao xusto recoñecemento dos dereitos lingüísticos dos alumnos e garantiza unha mellor aprendizaxe, sen que supoña elección de contido curricular.

que esa decisión debe pertencer á liberdade do creador ou promotor privado.

http://www.ppdegalicia.com/intro/pdf/programa_electoral.pdf

UNIÓN PROGRESO Y DEMOCRACIA, UPYD: Devolución do poder aos cidadáns Nas relacións coa Administración e en todos os servicios públicos os cidadáns poderán empregar e terán dereito a ser informados na lingua oficial da súa elección. Educación: Será parte fundamental da actividade educativa o compromiso pola igualdade entre homes e mulleres e o rexeitamento a calquera forma de discriminación. Neste senso

30

o currículum debe baleirarse de contidos ideolóxicos, de carácter lingüístico, político ou confesional. Tratándose duna comunidade con dúas linguas oficiais, castelán e galego, recoñecerase por lei o dereito á escolarización na lingua elixida pola familia, sen perxuicio de que se asegure a aprendizaxe de ambas as dúas incorporándoas como materia dentro do currículum. A elección

Cultura: Defenderemos que os topónimos de Galicia poidan utilizarse en calquera das dúas lenguas oficiáis da Comunidade, en función do idioma que se estea a usar. Proporemos as modificacións legais necesarias para iso. Proporemos que as líñas de axudas ao sector (cultural) sexan independentes da temática, o contido e o idioma das creacións culturais, -sobreentendido sempre o respecto aos valores e dereitos democráticos fundamentais-, xa que pensamos

Función pública: Aprobación das ofertas anuais de Emprego Público e revisión do actual sistema de selección del persoal, reforzando a igualdade e o mérito no acceso á función pública. En todo caso haberá que considerar o coñecemento do idioma cooficial como un mérito a valorar en función das condicións do posto de traballo para dar cumprimento á disponibilidade lingüística esixible, pero non coma un requisito excluínte para o acceso á función pública ou á súa permanencia nela. A valoración deste mérito será a adecuada para que non se convirta de facto nun requisito.


SOCIEDAD CIVIL Y DEMOCRACIA, SCD: Defende o principio de que os suxeitos de dereitos lingüísticos somos as persoas, non as linguas. Educación: Os país terán dereito a elixir a lingua oficial na que os seus fillos reciben o ensino, sen prexuízo de que teñan que estudar coma materia a outra lingua oficial e a súa Literatura. Sabemos que isto é factible en Galicia. Administración: Os cidadáns poderán relacionarse coa Administración e recibir os servizos públicos e as comunicacións de todo tipo na lingua oficial da súa elección. Non é necesario que todos os empregados públicos coñezan de maneira suficiente as dúas linguas oficiáis, senón que basta con que se garantan os dereitos

anteriormente enunciados aos cidadáns que desexen seren atendidos en galego por parte dos poderes públicos, como se ven facendo nos países con máis dunhna lingua oficial. A rotulación e a sinalización dependente dos poderes públicos deberán estar nas dúas linguas oficiais. Os topónimos serán oficiáis en calquera das linguas oficiais. No ámbito privado ninguén pode ser obrigado a utilizar ningunha lingua en concreto na relación entre particulares. En resumo, termos coma “protección”, “fomento”, “potenciación”, etc., dunha lingua, que aparecen en lexislacións nacionais doutros países e en tratados internacionais, entenderanse no sentido de que os poderes

públicos garantirán que ninguén se vexa impedido ou disuadido de empregar a lingua en cuestión á hora de relacionarse coa Administración, recibir os servizos públicos ou nas súas actividades privadas; pero sen restrinxir ese mesmo dereito aos cidadáns que prefiran utilizar a outra lingua oficial. Adoutrinamento: Poranse os medios necesarios para que cese calquer tipo de adoutrinamento político ou ideolóxico de carácter nacionalista no ensino. En xeral, velarase porque as actividades complementarias e extraescolares respecten o principio de neutralidade política ou ideolóxica e nelas non se ataquen valores constitucionais e moito menos incítese ao desprezo e á inxuria por razón de raza, lingua, cultura, etc., así coma ao uso da violencia.

Lexislación: Terán que derrogarse ou modificarse polo menos as seguintes normas: Lei de Normalización Lingüística, Lei de Subvencións de Galicia, Lei da Xuventude de Galicia, Lei do Comercio Interior de Galicia, Lei da Administración Local de Galicia. Pode bastar unha disposición derrogatoria dunha nova “Lei de Política Lingüística”.

Subvencións: As subvencións destinadas a empresas, cursos de formación, investigación, tecido asociativo, etc., e aquelas destiñadas a potenciar a creación cultural non deben ser discriminatorias por motivos da lingua utilizada.

31


BIOCOOP

UN RURAL NOVO, UNHA GANDERÍA RENDABLE. REDACCIÓN

Un nutrido grupo de gandeiros galegos uníronse en cooperativa para pór en marcha unha intelixente iniciativa de cría e comercialización de carne ecolóxica; un produto rendible que converteu a Bio Cop en unha excepción no maltreito sector. Visitamos a granxa de José Ramón Vazquez en Redemuiños, un fermoso paraxe da provincia de Ourense, onde este gandeiro cría con agarimo as súas vacas de raza cachena. José Luis Vaz, presidente en xerente da cooperativa fálanos de súa empresa, para él moito máis que un negocio. Vendo a páxina web de BIO COP, un ten a impresión de que a súa dedicación á gandería ecolóxica é máis unha filosofía de vida que unha actividade industrial. O noso é outro concepto. O animal para nós non é un mero obxecto produtivo, respectamos a súa etioloxía. Co noso xeito de concebir a ganadeiría, tamén axudamos á conservación do monte e das razas autóctonas. Que lles diría a quen lle dan pouca importancia a esas cuestións e máis á calidade do produto? A calidade da carne vai íntimamente vinculada ao respecto ao medio ambente e a un esmerado manexo dos animais. As nosas vacas teñen espacio para arredarse no parto e permíteselles criar con 32


leite materno ao seu tenreiro ata os 7 meses e, despois, recibe durante 3 meses unha alimentación especial a base de legumes, feo e cereais ecolóxicos. Nós proporcionámoslles aos gandeiros o penso ecolóxico, fertilizantes, sementes e forraxes de orixe ecolóxica. Iso tradúcese nunha carne xugosa e saberosa cun cheiro que lembra á de antes. A vaca de raza cachena, a que viu vostede na granxa de Xosé Ramón, tarda máis en medrar, en ser madura para o sacrificio, e a súa carne é moito máis saberosa. Asegúranse de que este proceso se respecte? Analízase todoo, non soamente a carne senón o cabelo dos animais, o chan, a auga. Hai que asegurarse de que non hai ningún residuo químico. Que ocorre se un animal enferma? É moi raro que unha das nosas vacas se poña enferma. Son especies adaptadas ao medio dende hai séculos. Coñecen as plantas que lles sentan ben, digamos que se autocuran. Por exemplo, non necesitamos desparasitalas e non teñen carrachos. Se algunha se pon mala, podemos usar homeopatía, e se é imprescindible recorremos aos antibióticos, pero entón pasan á cadea de producción intensiva. Onde se sacrifican? Faise nun matadeiro tradicional, pero son transportadas con moito coidado porque o estrés mina as súas reservas de glucóxeno. Son as primeiras en seren sacrificadas e maduran aparte, sen mesturarse con outro tipo de carne.

mesmo prezo que aos establecementos comerciais se nos compran igual cantidade. Ao público en tendas está a 1617 euros/kg. Animo á xente a probala, tamén as nosas hamburguesas que levan mazá e están a ter moito éxito. É isto rendible? Este tipo de gandería é máis rendible, pero necesítase unha gran extensión de terreo. A nosa cooperativa agrupa a 30 gandeiros aquí e a outros 30 máis en Asturias, cada gandeiro ten non menos de 200 hectáreas e 100 reses. Reciben vostedes algún tipo de subvención? Toda a carne recibe subvención, soamente hai que ver o pouco que aumentou o seu prezo nos últimos anos. Sen as axudas europeas a gandería sería inviable. Se o desexa,… aproveite para queixarse Falta sensibilidade para crear un rural novo, liberar terreo susceptible de incendiarse. As nosas vacas manteñen limpo monte. As fincas que coidamos nós non se incendian; mantemos 12.000 hectáreas limpas e produtivas e asegurámonos de que as diferentes razas de vaca galega subsistan. l

ORIXE DAS MORENAS DO NOROESTE ORIXE XEOGRÁFICA DAS RAZAS BOVINAS AUTÓCTONAS DA PROVINCIA DE OURENSE MORENAS DO NOROESTE.

Venden soamente para Galicia? Vendemos en toda España; algunha vez saíu algo para Alemania, pero preferimos que a carne non viaxe moito. Ademais dos grandes establecementos e áreas comerciais que a venden, tamén se pode comprar por teléfono. A un precio asequible? Eu diría que a moi bo prezo. A 8,50 euros o kilo vendemos o tenreiro sen desosar. Hai familias que se xuntan, compran medio tenreiro xa sen oso a 12 euros o kilo e o conxelan. Tomar un solombo ou un entrecot da nosa carne a ese prezo é unha marabilla. A carne de Bio Cop que se vende nos establecemientos vai envasada ao *vacío Si, é xa a carne en ragú, a picada, os filetes, etc. Envasámola ao baleiro sen ningún tipo de aditivo e sen gas inerte. Consérvase 30 días. Tamén a vendemos a particulares ao

Centro de desenvolvemento Cooperativo Parque Empresarial de Pazos, Nido 5 32619 Pazos - Verín (Ourense) Telfs. +34 609 334 507 - +34 988 412 549 http://www.verinbiocoop.com - sede@verinbiocoop.com 33


LITERATURA

os Sotomayor: Guerreiros e Inquisidores ANDRÉS FREIRE. Profesor de lingua española e literatura

Os vigueses gustamos, coma todos, de presumir de cidade, pero nin o máis zelote entre nós pode agachar o feito de que, comparada con outras, a nosa amósase escasa en cidadáns ilustres. O doutor Taboada Leal, na súa famosa descripción de Vigo (1840), facía reconto deles e o primeiro que aparecía, a primeira persoa de nota nada aquí, era Frei Antonio de Sotomayor, destacado clérigo na España da primeira metade do XVII. Algunhas fontes sitúan o seu nacemento en Valença; non obstante, ninguén dubida das súas raíces viguesas, situadas en Santomé de Freixeiro, solar da súa familia, rama menor da lexendaria liñaxe dos Sotomayor. É difícil non facer conta desta familia sen caer na nostalxia daqueles tempos de homes desmesurados e valentes. A través deles, das súas aventuras, ambicións e violencia, podemos seguir o paso do tempo na nosra terra. Como narrar brevemente a súa historia, cando tantos foron, cando tantas fazañas desventuras sufriron? Non poderemos falar de Paio Méndez Sorred de Sotomayor que conseguíu fama nas Navas de Tolosa. Nin poderemos deternos, mágoa, no Almirante Paio Gómez de Sotomayor, o noso poeta Gómez Chariño, “que ganó a Sevilla siendo de moros”, como aínda recorda o seu sarcófago na igrexa de San Francisco en Pontevedra. Pero non queremos esquecer a outro Paio Gómez de Sotomayor, aquel que liderou, alá no século XV, unha embaixada de Castela ata Samarcanda, onde a ruta da seda e os terribles mongoles, a presentar os sus respectos ao gran Tamerlán, quen dispoñía dunha pedra máxica que suaba cando lle mentían. O noso heroe superou tan perigosa entrevista. Ao seu regreso, acompañarono, coma presente de Tamerlán ao rei de Castela, dúas doncelas, prisioneiras dos turcos e de nobre familia húngara. Pero, chegados xa á península, ocorre un escándalo na comitiva cunha das mozas, María a Húngara, outros dina de Grecia. Hai moitas versións do 34

acontecido; a máis saborosa é a de Vasco de Aponte: Payo Gómez, viniendo por el camino, empreñó una dellas. Cuando el rey lo supo quisiérale degollar; mas todos rogaron por él y casolo el rey con ella. Semellaba decaer a liñaxe Sotomayor ata que irrompeu o máis lexendario dos seus membros, un bastardo de nome Pedro Álvarez de Sotomayor, tamén coñcido coma Pedro Madruga, Vizconde de Tui, Mariscal de Baiona, Conde de Caminha. Home feroz, deses que son sempre o mellor dos amigos e o peor dos inimigos. En batalla non facía prisioneiros. Aprendérono pronto os irmandiños, aos que presentou cruel guerra para recuperar as súas posesións. A súa proximidade ao rei de Portugal e a súa condición de nobre a ambos os dous lados da raia situárono coma o máis fiel defensor da opción portuguesa, a de Juana la Beltraneja, fronte a Isabel a Católica. Trala victoria desta última, os seus inimigos non se aquedaron nin el tampouco. O maiorazgo dos Sotomayor recaeu no seu fillo Álvaro co pai aínda en vida. Ata que Pedro Madruga desapareceu. Os máis din que vilmente asasinado en Alba de Tormes; hai quen aventura que cambiou de nome, conseguiu da raíña unhos barcos, e descubriu América baixo o seudónimo de Cristóvo Colombo. Un dos seus fillos marchou a América. Alí explotou aos indios namorou a unha princesa nativa, que casou con el, e con el quixo morrer, cando os tainos se rebelaron e asasinárono. E aínda hoxe en Puerto Rico coñecen a lenda da princesa Guanina e Cristóvo de Sotomayor, enterrados xuntos en recordo do seu amor. O sangue chama ao sangue e as divisións intestinas familiares culminaron cando outro Pedro de Sotomayor, neto do Madruga, enfadado coa súa nai, ordenou aos seus esbirros que a apalearan ata a morte nunha vereda de Mourentán.


O parricida fuxiu a Portugal e, máis tarde, alcanzou Roma buscando o perdón do Papa. As súas poucas esperanzas truncáronse cando o descubriron no intento de falsificar o perdón papal. Dunha rama menor, xurdida do matrimonio dunha filla de Madruga e o seu aliado miñoto-portugués Juan de Sequeiros, nace o noso Antonio de Sotomayor, tataraneto de Pedro Madruga. A súa traxectoria é a propia do tempo xa decadente dos Austrias menores, cando non rexían nin os guerreiros, nin as familias patricias, senón os clérigos de moitos libros. Antonio de Sotomayor, nado en 1547 ou 1556, e morto en 1648, era un deles, sacerdote dominico, orde de intelectuais estritos nada con vocación de aplastar heterodoxos. A súa carreira foi fulminante: Catedrático en Santiago, Prior, Provincial da Orde, Confesor do Rei, Abade, Membro do Consello de Estado e, coma culminación, Inquisidor Xeral. Sobre isto cóntanos don Marcelino Menéndez y Pelayo que “se mostró celosísimo en su oficio inquisitorio y, no satisfecho con haber quemado más de 2000 libros en el convento de María de Aragón, de Madrid, mandó publicar un nuevo Índice en 1640”. Esa era a marca do gran inquisidor, a de publicar un Índice de libros prohibidos. O de Sotomayor, por primeira vez, vao máos alá da estrita vixiancia da ortodoxia católica, e empeza a prohibir libros por cuestións de pudor e moral pública. De todos os seus cargos, o máis importante era o de Confesor do rei, xa que esa proximidade á coroa concedíalle unha ascendencia política sempre suxeita a envexas e críticas, porque –recordaba Quevedo, malmetendo como era o seu costume en toda polémica- no hay cosa más diferente que Estado y conciencia, ni más profana que la razón de Estado. Durante 27 anos foi Sotomayor confesor de Felipe IV. Aproveitou a súa posición para facer favores e acopiar cargos para si e a súa liñaxe. A súa maior gloria é a de ter sido decisivo na

restauración do voto a Cortes a Galicia. Houbo de pagar ao rei, claro, que estas cousas nunca son de balde, pero a nosa terra resolvía así o seu gran agravio, o de estar representada en Cortes pola cidade de Zamora. Sotomayor asegurouse, por suposto, elixir el as procuradores galegos “fiando de nosotros que miramos por el bien y la autoridad del reino”. E se esa foi vantaxe para a nosa terra, maiores conseguiu para os seus: o seu irmán, Bispo de Quito e Arcebispo de Charcas, un seu sobriño Bispo de Ourense e máis tarde de Zamora, outro seu sobriño, Arcebispo de Santiago, mentres a súa liñaxe recibía títulos, coma o de Conde de Priegue, e cargos. Frei Antonio de Sotomayor aproveitou a súa posición para reconstruir o pazo familiar en Vigo, o de Santomé, coñecido popularmente coma Pazo da Pastora, pola imaxe da Virxe na Capela. Mostra do poder e prestixio de Frei Antonio é o tríptico de ouro, que con tal ocasión regaloulle o príncipe de Gales. A caída do Conde-Duque de Olivares trouxo consigo o cesamento do noso Frei Antonio en 1643. A súa non foi unha caída tan abrupta como a do valido. Felipe IV solicitoulle que renunciara ao seu cargo de Inquisidor xeral, pero o ancián Sotomayor resistíase. Aseguroulle ao monarca “que si mis ocupaciones son muchas y mi descanso ninguno para hombre de mi edad, que se van llegando con mucha priesa los noventa, me hallo con muchas fuerzas”. Ao fin abandonou, non sen asegurarse antes novas mercedes que asegurasen o seu benestar. Décadas despois da súa morte, un parente seu ía acadar o mesmo cargo de Inquisidor Xeral. Refírome a Diego Sarmiento de Valladares, o máis destacado na listaxe de vigueses ilustres de Taboada Leal, pero a súa, e a do clan de Valladares, é outra historia…

35


CARA e CRUZ Cisneros

Sobre la supresión de municipios A orixe dos nosos municipios remóntase á Alta Idade Media. Os concellos abertos introduciron os rudimentos da participación social na vida política e organización das nosas vilas e constitúen a institución democrática básica que entronca coa nosa herdanza cultural grecolatina e as súas cidades-estado. E é que o concello foi e é a unidade natural de participación democrática dos veciños na nosa sociedade, e o ámbito onde tradicionalmente con máis autenticade tense deixado oír a voz do pobo. Non é un feito novo que non todos os nosos concellos teñen capacidade suficiente para a prestación de servizos. Cando no século XIX se crearon as Diputacións, precisamente un dos seus fins era prestar asistencia a eses pequenos concellos incapaces de chegar a todas as necesidades dos seus veciños. Polo tanto, cando falamos de aforro público, ese non é un problema novidoso. A supresión de municipios non vai cambiar a realidade en canto ao asentamento da poboación no noso país, nin a necesidade, con independencia do seu tamaño, de prestar os correspondentes servizos aos seus veciños. A proposta de suprimir os concellos máis pequenos –os que menos gasto xeran, por certo- para substituir as Diputacións por mancomunidades, antóllaseme un anzol para simular que se fai algo, cando en realidade non se fai nada. O problema creo que está noutro lugar, non en cambiar as estruturas e nomes das burocracias, e moito menos en suprimir a provincia coma referencia territorial na Administración local, para substituila pola mancomunidade. Uns poucos datos. O presidente da Nación cobra 78.185,04 € anuales brutos, e un ministro 68.981,88 €. Mentres, o alcalde de Barcelona cobra 109.939 €, o de Madrid 101.987 €, o de Bilbao 96.399 €, o de Vigo 65.220 €, o de Sanxenxo 54.000 € e o de Tomiño 42.000 €. Na última década o emprego público estatal diminuiu nun 12,8 % mentres o local medrou un 35,7 %. En 2010, segundo datos de El País, do total de funcionarios, só un 21,9% traballa para a Administración pública central (Axencia Tributaria, prisións, xustiza, e principalmente Forzas Armadas, Policía Nacional e Garda Civil), mentres que o groso da man de obra pública, o 36

50,6% cobra das comunidades autónomas e o 23,6% da Administración local. Tamén segundo El País, ser funcionario da Administración local ou central pode chegar a supór unha diferencia salarial de ata un 40% para persoal que realiza tareas equivalentes. É dicir, o que pagamos a un funcionario da administración local para prestar servizos ao cidadán, pódenos custar un 40 % máis que se o fai un funcionario da administración estatal. Resulta inconcebible que existan alcaldes que cobren máis có presidente do goberno ou os seus ministros, e non deixa de causar estupor que os funcionarios que traballan para os entes locais cobren salarios substancialmente superiores aos seus homólogos da administración central, rompendo cun concepto en teoría tan elemental de a igual categoría e traballo, igual remuneración. Sen embargo, ese é o sistema de desigualdades que desgraciadamente bendixemos. Parecería pois sensato racionalizar semellante despropósito, aínda que sexa agora, moi tarde, cando lle vemos as orellas ao lobo. Pero paréceme que iso non se consegue suprimindo pequenos concellos. Non se deixen enganar, estes desbaldes non teñen nada que ver co número de municipios, máis ben co principio de autonomía municipal que ilimitadamente fixou o art. 137 da Constitución. Un principio que permite a cada consistorio de turno fixar a remuneración dos seus alcaldes e edís, o salario dos seus funcionarios, a amplitude da súa plantilla, establecer na práctica opacos sistemas de contratación e adxudicación, dispor de subvencións ou montar cantos “chiringuitos” teñan a ben, desde ludotecas ata o museo do lagarto. Naturalmente non toda iniciativa municipal é un disparate ou un exercicio de nepotismo, moi ao contrario, pero é preciso reflexionar sobre a planta local e a gobernanza do territorio desde a responsabilidade, con serenidade, coñecendo toda a súa complexidade e contando cos seus habitantes, pero sen dúbida imponse unha honesta e racional revisión dese principio de autonomía, para limitar os abusos que viñemos sufrindo, porque o problema está aí e non noutro sitio.


Un admirador de Joaquín Costa

Villabajo e Villarriba Non serei eu quen negue que a ledicia e irresponsabilidade coa que se ten abusado en España do principio de autonomía tróuxonos ata o bordo do abismo. Pero precisamente por iso o que se ten que impór é a racionalidade na organización territorial do Estado. Non é hora de numantinas defensas das tradicións, nin de sentimentalismos anacrónicos. A historia dos municipios españois en nada vai cambiar porque se reestruture a súa organización, nin a participación cidadá vai sufrir porque a “unidade natural de participación na vida política” se agrupe en municipios maiores, cuxa infraestrutura débese adecuar aos novos tempos, que xa non teñen nada que ver cun mapa municipal agrario, rural e marcado por unhas pésimas comunicacións. A concentración municipal revertirá nunha mellor calidade nas prestacións de servizos ao cidadán, que sen dúbida compensará a pequena molestia de ter o Concello a un pouco máis de distancia. Manter a atomización municipal só supón o encarecemento dos custes administrativos. Por algo esa é a tendencia xeral en Europa, en Suecia pasaron de case que 2.500 concellos a só 290. En Bélxica, nos anos 70 pasouse de máis de 2.300 a só 589. No Reino Unido tamén se apostou pola redución, de 1.244 a 332. En Alemaña, con máis de 24.000 municipios, racionalizouse tal exceso ata reducir en 2/3 o seu número. E en Holanda de 1.014 pasouse a 647. Incluso en Italia Mario Monti anunciou a súa intención de reducir os concellos de 8.102 a uns 1.500. En España temos seguido a senda contraria, á morte de Franco había 7.871 municipios, e hoxe o seu número aumentou en 213, ascendendo a cifra actual a 8.084. Calculen canto custa manter esta infraestrutura, que ademais medrou expoñencialmente o seu gasto, non só o soldo dos políticos, senón o mantemento de 8.084 oficinas municipais, cos seus locais, funcionarios, adxudicatarios, etc. Certo é que cando se fala de supresión de municipios, se tal reforma só se limita a pequenos concellos será un brinde ao sol. Tampouco será moi útil se só se reduce a cambiar o nome ás burocracias e manter o mesmo nivel de derroche institucional. Pero se somos quen de concentrar eses

8.084 municipios en polo menos a metade, prescindindo tamén da metade dos políticos municipais e boa parte da súa corte de funcionarios enchufados, empresarios amigos e culturetas de salón, sen dúbida sería un alivio para os nosos esquilmados petos de contribuíntes. Pero estéase tranquilo Sr. Cisneros, os seus inmemoriais concellos están a salvo, dea por seguro que tal reforma caerá en saco roto, como tampouco tocaran o seu criticado principio de autonomía, xa que non existe vontade algunha entre a nosa clase dirixente de reformar calquera sistema que supoña unha merma de poder e diñeiro para a súa casta.

37


... para vosotros CENTRO DE FLORES DE OTOÑO

EVA LIBERAL

Una vez comenzado el otoño, no tenemos por qué renunciar a disfrutar aún de algo del colorido estival en nuestras casas .Las hortensias tan abundantes en Galicia nos o f re c e n e n e s ta época una variedad de tonos muy agradables, tanto solas como si es en combinación con otras flores. Las matas de hortensias que en verano eran azules ahora adquieren un verde jaspeado de burdeos .En este centro las hemos combinado con algunos ramilletes 38

de Alstroemeria (Lirio de los Incas ó también llamadas Azucena peruana) y con el verde intenso de los Claveles Chinos “Minutisa Green Tree”. Para montarlo, simplemente usad una esponja verde de las que por unos 0,60 € se pueden adquirir en cualquier “Todo a 100”. La dejamos sumergida en agua con un peso el día anterior para que se empape bien y la cortamos al tamaño del recipiente que tengamos. Después simplemente se trata de ir pinchando

los tallos de las flores en la esponja dándole forma a nuestro centro. Otra opción sería la que nos ofrecen las que hemos puesto solas en un jarrón. Del color fucsia intenso de verano ahora nos ofrecen un bonito burdeos que puede decorar cualquier rincón durante semanas, pues secas son igual de bonitas. Vuestra imaginación hará el resto!!


BOTIQUÍN DE INVIERNO

ÁNGEL REGO

Además de los medicamentos que tenemos a mano para tratar catarros y gripes, como son el ácido acetilsalicílico, la acetilcisteína, o el ibuprofeno, es muy recomendable tener en casa un botiquín de plantas medicinales porque pueden ayudarnos a prevenir y aliviar estas afecciones. Ángel Rego, especialista en herbodietética, ha preparado para Vosotros un botiquín de invierno y unos consejos.

Para prevenir: Echinácea. En tintura estimulará las defensas. Para tomar en infusión: Tomillo. Es expectorante y mucolítico; si hacemos gargarismos con una decocción de esta planta aliviaremos nuestras afecciones de garganta. Llantén. Es un excelente mucolítico; se recomienda hacer gargarismos para ayudar a combatir la amigdalitis. Jengibre. Muy útil contra los rhinovirus. Rállalo y prepara una infusión endulzada con miel, también ayuda a calmar la tos. Ajo. Un antibiótico natural, también es un buen expectorante. En tiendas especializadas lo encontrarás en perlas, aunque también puedes tomar su jugo mezclado con miel. Si quieres mejorar tus defensas y tu vitalidad no olvides la jalea real y la miel, esta última, además, protege las vías respiratorias. Las plantas curativas también nos ayudan si las utilizamos en el baño.

Un baño caliente al que le añadiremos jengibre rallado y, si es posible, unas bayas de enebro, favorecerá la termogénesis y puede ser un buen remedio ante un resfriado incipiente. Si el resfriado ya está en marcha, trata sus síntomas con un baño al que añadirás lavanda, tomillo y eucalipto. Puedes utilizarlos frescos o en aceites esenciales. Otra combinación muy recomendable es, a partes iguales: árbol del té, romero y eucalipto. Máximo tres gotas de cada para una bañera bien llena. Prueba antes una pequeña cantidad el aceite esencial sobre tu piel, diluido en un poco de aceite de almendras o de oliva. Procura que el baño no exceda los 20 minutos. Y, por supuesto, no olvides tomar fruta rica en vitamina C, dormir y descansar lo necesario, y beber agua en abundancia.

PASTEL DE ARROZ Me encanta este pastel, lo malo es que mas te vale hacerlos en moldes pequeñitos, tipo magdalenas o incluso mas pequeños, porque te puedes coger un empacho de pastel de miedo. Mi consejo es que si es para una comida familiar lo hagas en un molde grande y luego lo repartas en porciones.

PREPARACIÓN:

INGREDIENTES: Para la masa: · 180 g de harina (puede ser de arroz) · 75 g de mantequilla fría, en trozos pequeños · 40 g de agua de azúcar · 1 pellizco de sal. Para el relleno: · 500 g de leche · 100 g de mantequilla · 150 g de azúcar · 3 huevos · 100 g de harina de reposteria · 1 pellizco de sal.

1. Poner todos los ingredientes en un bol y amasar hasta que esten todos bien incorporados. 2. Precalentar el horno a 180º 3. Calentar la leche hasta que empiece a subir, reservar en una jarra u otro recipiente. 4. Poner en un cazo la mantequilla y esperar a que funda. 5. Retirar verter en un cuenco y añadir el azúcar, los huevos, la harina y la sal. 6. Batir bien hasta conseguir una crema homogénea. 7. Agregar la leche reservada y seguir batiendo un poco mas.

8. Untar con mantequilla 16 moldes individuales tipo flanera pequeños y forrarlos con la masa extendida anteriormente. 9. Pinche la masa con un tenedor y verter el relleno en los moldes. 10. Introducir en le horno a 180º durante 30 minutos, hasta que la superficie esté dorada. Sugerencias: Es delicioso fresquito acompañado de una bola de helado de vainilla o yogur. Otras recetas en: www.shealf.wordpress.com 39


alici ilingue.e

www.galiciabilingue.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.