GALEGOS IRREPETIBLES
GALERIA MONTENEGRO
Todos estos trabajos están a la venta. Se puede solicitar precios. Las obras están en perfectas condiciones, además de estas obras, la exposicón dispone de otros trabajos de estos artistas y de otros que por razones de espacio no se han podido incluir.
Portada: Framento de la obra el “Triptico de San Gonzálo, según Alvaro Cunqueiro”, del pintor Urbano Lugrís.
GALEGOS IRREPETIBLES, Iª parte
Después de nuestra serie de “Obras para una colección” de la que hemos realizado seis exposiciones, ahora empezamos esta nueva andadura para rendir homenaje a los artistas gallegos que han dejado y siguen dejando huella dentro del panorama artístico de nuestra tierra, ellos han contribuido al desarrollo cultural de Galicia. Para esta primera edición, hemos realizado una selección de artistas de lo mejor de las artes plásticas del S. XX, no solamente hemos escogida las mejores firmas si no también hemos seleccionado obras de gran calidad que difícilmente podrá volver a mostrar sobre todo en el mercado para la venta. La mayoría de las obras han sido publicadas y reproducidas en números libros, catálogos, muchas de ellas han sido expuestas en Museos, Fundaciones y exposiciones. Creemos que es un magnifico momento para la inversión en este tipo de obras, en estos años convulsos que ha vivido la sociedad española, se ha demostrado algo que todos sabíamos, pero que parece que habíamos olvidado, solamente las grandes obras de arte han obtenido una revalorización en el mercado, no olvidemos que en los últimos cuatros años el volumen mundial de facturación de las salas de venta para todos los periodos se ha duplicado. El arte no es un bien reservado en exclusiva para inversores bien aconsejados. En su mayor parte, el mercado sigue siendo un terreno propicio para carteras pequeñas y medianas, en todo el mundo el porcentaje de venta de obras inferiores a 10.000 € es del 80%, por lo tanto hay mucho donde escoger, y es posible llevar a cabo adquisiciones muy interesantes. Y ante tanta oferta ¿conviene invertir en firmas bien asentadas o en artistas jóvenes?, la respuesta es ¡en ambas!, el segmento contemporáneo implica más riesgos que el arte de posguerra o el moderno, en términos de retorno de la inversión, pero lo importante es la calidad de las obras.
UNHA MIRADA PROPIA. A ARTE GALEGA DO SÉCULO XX Carlos L. Bernárdez
Na segunda metade do XIX foise definindo en Galicia un costumismo pictórico, que tiña o seu correlato literario, creándose os tópicos do “galego”. A pintura do principio do XX segue este vieiro apoiándose en elementos anecdóticos. Entre o rexionalismo, o modernismo e o simbolismo esta primeira xeración do século XX dará os primeiros pasos na procura dunha arte propia. O máis coñecido destes pintores é Fernando Álvarez de Sotomayor que representa unha opción academicista, abalando entre o retrato e o costumismo idealizado, moi do gusto burgués. A captación da esencia do país na paisaxe é o tema da pintura de Francisco Llorens, artista que elabora unha obra de influencias modernistas e simbolistas, moi preocupada pola luz, que se converteu no prototipo dunha pintura de paisaxe atlántica, contraposta ao luminismo mediterraneísta dominante no seu tempo na pintura española. Entre o rexionalismo e o simbolismo están tamén as obras de Manuel Abelenda e de Carlos Sobrino, que realizan paisaxes de corte rexionalista e forte costumismo. Mais o primeiro grande paso da pintura galega de preguerra será o que desenvolva Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura chave do pensamento, a literatura, a política e a arte galegos. A súa obra evoluciona, superando o inicial dominio da anécdota costumista e a influencia modernista, cara a un realismo social de influxo popular e expresionista. Se con Castelao se comezou a superar o anecdotismo, é coa xeración seguinte, a d’Os Novos ou Movemento Renovador (Carlos Maside, Manuel Colmeiro, Manuel Torres, Arturo Souto, Laxeiro e Luís Seoane) coa que este proceso dá un novo paso, enriquecéndose a pintura galega con influxos renovadores, marcando a evolución da arte galega até o derradeiro terzo do século. Estes artistas incorporan ás súas obras os signos da cultura galega (mesmo os etnográfico-folclóricos) e os da arte internacional do seu tempo, manifestándose na súa obra un hibridismo. Hai que lembrar que o popular –por anticlásico- é un dos referentes da vangarda. Este encontro entre a cultura erudita e a popular foi positivo para a nosa arte, actuando como elemento catalizador a intensa conciencia social de moitos dos artistas e a vontade de reconstrución da identidade. A condición periférica destes artistas –no contexto español e no xeral europeo- é un condicionamento e ao tempo un estímulo para construíren unha nova linguaxe. Deste xogo de forzas vai xurdir a nova arte galega, que afianzará a súa identidade en tres ámbitos histórico-sociais que a van someter a diferentes retos: o período republicano, a Guerra Civil e o exilio interior e exterior que sufriran a maioría dos creadores. O panorama pictórico na Galicia dos primeiros anos da posguerra caracterízase polo empobrecemento do ambiente e a destrución do espazo cultural galego. No exilio desenvolven a súa actividade importantes pintores: Seoane, Souto, Colmeiro, Maruja Mallo, Eugenio Granell; Laxeiro, e Díaz Pardo (a partir de los 50)... En canto en Galicia unha figura central da nosa arte, Carlos Maside, leva adiante unha obra intensamente renovadora en auténtico exilio interior. En Galicia, a estética dominante nestes anos é academicista e claramente retardataria. Neste marco móvense moitos pintores, entre os máis destacados pódese citar a Julia Minguillón, cunha linguaxe conservadora mais de indubidábel calidade. A partir dos cincuenta aparecen novos creadores, que se expresan de formas moi diversas, dominando nos máis conservadores a herdanza d’Os Novos. Así xorde a obra de pintores como Manuel Pesqueira. Entre os artistas que desde o comezo da posguerra realizan unha obra máis relevante cómpre citar a Urbano Lugrís, pintor dun mundo paisaxístico cheo de maxia e estraña beleza que entronca co onirismo surrealista, mais que tamén evoca co seu etéreo estatismo as paisaxes quatrocentistas ou o universo flamengo –os seus azuis transpórtannos a Patinir-, en especial os seus fabulosos nocturnos. A súa pintura bebe do
realismo máxico da arte de entreguerras –ás veces lembra a Giorgio de Chirico ou a pintura metafísica- e tamén no surrealismo. Outro artista a salientar é Mario Granell. A súa obra está ligada ao movemento surrealista como a do seu irmán Eugenio. O ambiente pouco estimulante de posguerra que comentamos vai levar a moitos artistas a procuraren o seu camiño creativo fóra do país. Nesta altura (anos corenta e cincuenta) a xerarquía artística era para o público unicamente a da centralidade tradicional e española, nun ambiente de illacionismo, dominado polo historicismo e o academicismo. A falta de escolas e posibilidades de formación e mercado en Galicia está na orixe dunha segunda diáspora (a primeira sería a americana), esta vez dirixida a Madrid, nun momento, anos 50, no que comeza certo aperturismo no plano artístico. Asistimos ao agromar dunha xeración pictórica nova, nun contexto en que vai penetrando a información sobre a arte exterior polas físgoas se van abrindo. Artistas como Antonio Lago Rivera ou Tino Grandío móvense nestas coordenadas. A eles hai que unir un grupo de pintores que desde América ou París van desenvolver obras de persoal evolución, dentro da abstracción, como Leopoldo Nóvoa (1919) ou na figuración, como Jorge Castillo (1933). O horizonte cultural das últimas décadas, nomeadamente o dos anos oitenta, destacou pola liberdade expresiva, a multiplicidade de liñas, conceptos e linguaxes, sen unha única tendencia dominante, aínda que en moitos creadores máis novos era notoria a pegada do expresionismo abstracto, influencia que se iría limitando posteriormente na procura de acentos persoais de cada autor. Este é o caso dos artistas galegos dados a coñecer nos oitenta, en especial no contexto de Atlántica, como Francisco Leiro ou Manuel Quintana Martelo.
FRANCISCO LLORENS (1974-1943)
FERNANDO ALVAREZ DE SOTOMAYOR (1875-1960)
ANTONIO FERNANDEZ (1882 – 1970)
CARLOS SOBRINO (1885-1978)
CASTELAO (1886-1950)
MANUEL ABELENDA (1889 – 1957)
CARLOS MASIDE (1897 – 1958)
JOSE FRAU (1898 – 1976)
MANUEL COLMEIRO (1901-1999)
MANUEL TORRES (1901 – 1995)
ARTURO SOUTO (1902-1964)
JULIA MINGUILLON (1907 – 1965)
URBANO LUGRIS (1908-1973)
LAXEIRO (1908-1996)
LUIS SEOANE (1910 – 1979)
MANUEL PESQUEIRA (1911-1988)
EUGENIO GRANELL (1912 – 2001)
MARIO GRANELL (1914 – 1991)
ANTONIO LAGO RIVERA (1916 – 1990)
MANUEL PAILOS (1918 – 2005)
LEOPOLDO NÓVOA (1919 – 2012)
ISAAC DIAZ PARDO (1920 – 2012)
Mª ANTONIA DANS (1922 – 1988)
ANTONIO TENRREIRO (1923 – 2006)
VIRXILIO FERNANDEZ (1925 – 2011)
TINO GRANDIO (1926 – 1977)
ELENA COLMEIRO (1932-)
JORGE CASTILLO (1933 -)
ALFONSO SUCASAS (1940 – 2012)
URBANO LUIGRIS VADILLO (1942 - )
MANUEL QUINTANA MARTELO (1946-)
LAMAZARES (1954-)
XOAN GUERREIRO (1956 -)
LEIRO (1957 - )
ARTISTAS EXPUESTOS
ANTONIO FAILDE
LEOPOLDO Nテ天OA
ANTONIO FERNANDEZ
LUGRIS VADILLO
ARTURO SOUTO
LUIS SEOANE
CARLOS MASIDE
Mツェ ANTONIA DANS
CARLOS SOBRINO
MANUEL ABELENDA
CASTELAO
MANUEL COLMEIRO
DIAZ PARDO
MANUEL PESQUEIRA
ELENA COLMEIRO
MANUEL PREGO
EUGENIO GRANELL
MANUEL TORRES
FRANCISCO LEIRO
MARIO GRANELL
FRANCISCO LLORENS
QUINTANA MARTELO
FRANCISCO PAZOS
SEIJO RUBIO
JORGE CASTILLO
SOTOMAYOR
JOSE FRAU
URBANO LUGRIS
JULIA MINGUILLON
VIRXILIO
LAXEIRO
XOAN GUERREIRO
EXPOSICION Y VENTA
Lugar de la exposición:
Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8 A Coruña Planta -1 Horario de Lunes a Sábado de 11 a 14h. y de 16,30 a 21h.
DEL 12 DE MARZO AL 4 DE ABRIL DE 2015