Departamento de orientación. IES " A Sangriña", ", caderno de orientación : Elexir na E:S:O.. Ed. Donostiarra .
PASO 8º 4º E.S.O. ¿Qúe outras alternativas teño?
Se tes dificultades para acadar o titulo de graduado na eso interesache a información que se ofrece de seguido.
Departamento de orientación. IES " A Sangriña", ", caderno de orientación : Elexir na E:S:O.. Ed. Donostiarra .
OUTRAS ALTERNATIVAS PARA AQUELES ALUMNOS QUE NON CONSIGAN O TÍTULO DE GRADUADO NA ESO.
PROGRAMAS DE CUALIFiCAFICACIÓN PROFESIONAL 1. ¿Que son e para que serven? Os Programas de cualificación profesional están pensados para favorecer a inserción social, educativa e laboral dos mozos e mozas que non acadaron a titulación ou se atopan desmotivados e estan pensado en abandonar os estudos sen ningún tipo de titulación. Estes lle permiten adquirir unha capacitación para realizar determinados oficios e traballos, e se o desexa cursar algúns modulos conducentes a adquirir a titulación do Graduado na ESO. Polo tanto, estes programas pretenden: • Ampliar a formación xeral de forma que, se se desexa máis adiante, poida incorpararse a outros estudios. • Facilitar a inserción laboral preparando para o exercicio de actividades profesionais. • Facilitar o desenrolo dos hábitos e as capacidades necesarios para participar na sociedade como cidadáns responsables e autónomos.
2. Condicións de acceso Para poder acceder a un Programa deste tipo é necesario: • Non ter o título de Graduado na Ensinanza Secundaria Obrigatoria. • Non ter ningún título de Formación Profesional. • Ter máis de 16 anos (cumpridos antes do 31 de decembro do ano no que se inicia o programa). • Excepcionalmente alumnos/as de 15 anos de idade sempre que cumprán determinados requsitos • Preferentemente os alumnos que cursaran un Programa de Diversificación Curricular.
Departamento de orientación. IES " A Sangriña", ", caderno de orientación : Elexir na E:S:O.. Ed. Donostiarra .
• • •
•
Ademais deberán contar con: O consentimento do alumno ou alumna e dos seus pais. Ter cursado 2º da ESO e non estar en condicións de promocionar a terceiro e ter repetido xa unha vez na etapa. Compromiso de cursar os módulos voluntarios aos cales fan referencia no artigo 30.3º.c dalei orgánica 2/2006, do 3 de Maio de Educación Informe favorable do Departamento de Orientación do centro.
3. Descrición dos Programas. Deberán responder a un perfil profesional expresado a través das competencias xerais, sociais e profesionais, do catalogo nacional de cualificacións profesionais e incluirán tres tipos de módulos:
1- Módulos especificos: • Esta área define o perfil profesional no que se vai formar o alumno. • Desenvolve as competencias do perfil profesional. • Fase de actividades prácticas nos centros de traballo . 2- Módulos formativos de carácter xeral: • Familiariza ó alumno co marco legal do mundo laboral. • Desenvolve as competencias básicas • Favorece a transición desde o sisitema educativo ao mundo laboral. 3- Módulos que conducen á obtención do título de graduado en Educación Secundaria( de carácter voluntario agás para o alumnado de 15 anos de idade). • Ofrece coñecementos xerais básicos relacionados cos obxectivos xerais da Ensinanza Obrigatoria. o Ámbito de comunicación: lingua e literatura castelá, lingua e literatura galega, e 1º lingua estranxeira o Ámbito social: Ciencias sociais , xeografía e historia, educación para a cidadanía, aspectos da percepción das areas de educación plástica e visual e de música.
Departamento de orientación. IES " A Sangriña", ", caderno de orientación : Elexir na E:S:O.. Ed. Donostiarra .
o Ámbito científico – tecnolóxico : ciencias da natureza , mátemáticas, tecnolóxias e aos aspectos realcionados coa saúde e o medio natural recollidos da area de educación física.
Departamento de orientación. IES " A Sangriña", ", caderno de orientación : Elexir na E:S:O.. Ed. Donostiarra .
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO Se tes xa os 17 anos ou os cumpres antes do 31 de decembro, poderás incorporarte a algún Ciclo de Grao Medio superando unha proba de acceso que se celebra cada curso. A proba consta de dúas partes: 1- Parte sociocultural: • Comprensión e expresión de textos escritos. • Coñecemento de historia, xeografía, patrimonio e cultural. • Mecanismos e valores que rexen o funcionamento das sociedades. 2- Parte científico-tecnoloxíca: • Resolución de problemas de matemáticas e tecnoloxía. • Razoamento lóxica. • Exercicios con códigos científicos e tecnolóxicos. Tamén poderás presentarte, aínda que non teñas os 17 anos, se cursaches un Programa de Garantía Social. Para elo terás que: 1º- Facer a preinscripción no Centro correspondente. Coidado coas datas que xeralmente son nos meses de Abril - Maio e a realización en Xuño. 2º- Presentarse á proba. Os seus contidos estarán referidos a aprendizaxes básicos do 2º Ciclo da ESO. 3º-Se o resultado é positivo, terás que estar atento ás datas e lugares de matriculación do Ciclo Formativo que che interese.
Departamento de orientación. IES " A Sangriña", ", caderno de orientación : Elexir na E:S:O.. Ed. Donostiarra .
CURSOS IMPARTIDOS POR ENTIDADES LOCAIS, INEM, ETC En moitas ocasións, existe a posibilidade de acceder a cursos que non dependen de Educación senón que están organizados por outras entidades e que, aínda que non en acceso a titulacións, se permiten unha cualificación e un certo achegamento ó mundo