Departamento de orientación. IES " A Sangriña.
Posible guión para as reunións con pais REUNIÓN DE COMEZO DE CURSO: 1. Lugar (ordenado, suficiente, cómodo...). 2. Presentación (clima favorable, dialogante, de valoración dos asistentes, outras circunstancias que o titor desexe expoñer, presentación do titor/a e dos pais para saber con quen está a falar.). 3. Obxectivos da reunión (exposición destes). Trátase de crear a necesidade de colaboración entre o centro e os pais e de relacionarse mutuamente con certa periodicidade ao longo do curso. 4.
Posibles contidos: Presentación do titor/a e do grupo asinado, características do grupo, tipo de alumnos, visión xeral destes. Horario do centro, horario do grupo e de atención aos pais ........ Obxectivos educativos básicos da etapa e do curso, metodoloxía e recursos dispoñibles. Horario do curso, control das faltas de asistencia, puntualidade, normas de convivencia, dereitos e deberes (puntos claves) e demais aspectos organizativos. Supervisión da axenda escolar, e de control do traballo diario dentro e fora da aula, por parte dos pais e titor/a.
Pautas de avaliación que se van seguir, avaliación continua, controis, recuperacións, materias pendentes, repeticións, promoción, programas de atención a alumnos con necesidades educativas específicas. Boletíns de notas trimestrais.
Lexislación relativa a avaliación, promoción e titulación na E.S.O. Solicitude de colaboración paterna no proceso educativo dos seus fillos e de coordinación co centro. Para iso, o titor solicitará información da familia e proporcionaralles aquela que lles resulte relevante, coa finalidade común de facilitar a boa marcha escolar dos alumnos.
Insistir na necesidade de observar pautas educativas comúns no fogar e de potenciar a práctica de valores éticos e sociais. Recalcar as vantaxes dun ambiente axeitado de estudio e traballo na casa. Se é posible, convén que os pais axuden e orienten os seus fillos acerca do mellor modo de organizarse e aproveitar o tempo, motivándoos e valorando as súas consecucións e os seus avances. Uso racional do ocio e tempo libre, control da televisión e o ordenador, do móbil e dos videoxogos. Outros aspectos que se xulguen convenientes. Recollida de demandas, suxestións e propostas dos pais.
Nota: en carpetas xerais atopareis o documento, “suxerencias para pais” que pòdedes acompañar este documento.