Dia da paz muro

Page 1

Departamento de orientación . IES a Sangriña.

material titor/a

Puck e o muro. Introdución: Como xa sabedes o día 30 de Xaneiro celebrase o día mundial da Paz, nesta data conmemorase o asasinato de Gandhi, personaxe que destacou por ser un líder da non violencia curiosamente nunha loita revolucionaria (caso único de tódolos tempos). Un pouco de Historia para repasar esta figura , antes de comezar a actividade . Mohandas Karamchand Gandhi: Naceu o 26 de Outubro de 1869, nun remoto lugar da India. O seu pai era primeiro ministro de Portbandar, cidade costeira, e pertencía a unha casta de comerciantes. Gandhi foi un adolescente silencioso, retraído e nada brillante nos estudos, aos trece anos seguindo o costume hindú casárono cunha nena da súa idade chamada Kasturbai, con quen estaba prometido dende os seis anos sen sabelo, e de quen se namorou apaixonadamente. Como as súas cualificacións non melloraron enviárono a Londres para seguir estudos na avogacía, tiña entón 19 anos e acaba de ser pai por primeira vez. Viviu alí tres anos. Ao volver a Potbandar atopou a familia desintegrada: a nai morrera e a familia perdera toda influencia na corte. Como avogado non tiña moitas perspectivas polo que se fixo cargo dun caso en Sudáfrica, rematado o caso decatouse de que existía un proxecto de lei para retirar o dereito de sufraxio aos Hindús, e aprazou un mes o regreso para organizar a resistencia dos seus compatriotas. O mes converteuse en 22 anos , durante esta etapa da súa vida a mellor preocupación foi a liberación da comunidade India e nela foi dando forma ás armas de loita que utilizaría no seu país. Gandhi volveu á India no ano 1915, como un verdadeiro heroe coa aureola das súas campañas no estranxeiro, converteuse en líder nacionalista indiscutido, puxo en marcha varias campañas de desobediencia civil polo que foi detido e levado á cadea . Ao saír da mesma atopou división dentro dos seus, polo que decidiu retirarse da política para vivir coma un anacoreta, na absoluta pobreza e buscando no silencio unha forza rexenerativa. O seu retiro finalizou cando o Goberno Británico nomeou unha comisión encargada de reformar a Constitución, na que non participativa ningún nativo. Á cabeza da loita política Gandhi conseguiu que tódolos partidos do país fixeran o boicot a dita comisión, acadando un éxito total que animou ao congreso a declarar a Independencia da India, sendo encargado Gandhi da Dirección da campaña de "Non Violencia" para elaborar na práctica dita resolución. O pequeno movemento estendeuse por toda a India: os campesiños plantaban ramas verdes nos camiños por onde pasaría o pequeno home semiespido, cun bastón de bambú camiño do mar e á fronte dun enorme exercito pacifico. Gandhi viaxou a Londres para participar na conferencia que discutía os pasos a seguir para establecer un Goberno Constitucional na India. Co estalido da segunda guerra mundial Gandhi retoma o plano político manifestando a súa oposición ao conflito.


Foi detido pola súa oposición, permanecendo na cadea dous anos, saíndo dela coma un ancián fráxil e debilitado. O día 30 de Xaneiro de 1948, cando ao anoitecer dirixía unha pregaría comunitaria foi alcanzado polas balas dun mozo hindú. Como dixo Einstein “Quizá as xeracións vindeiras dubiden algunha vez, de que un home semellante fose unha realidade de carne e oso neste mundo". ACTIVIDADE: Puck e o muro. A actividade trata de analizar e reflexionar sobre os sentimentos e a afectividade, usando a realidade feita ficción do levantamento dun muro entre dous países que separa os seus habitantes. Aparecen no vídeo dúas visións distintas: a perspectiva dun neno e a visión dos gobernantes ( persoas adultas). METODOLOXÍA: A actividade comezará pola visión do vídeo ( Intermon-Oxfam) para despois reflexionar en pequeno grupo sobre o debate que se achega, e pasar posteriormente ao coloquio no grupo grande Suxestións para o coloquio (folla do titor/a) - Cal é o tema ou temas centrais do vídeo? - Cal é a razón ou xustificación pola que se levanta o muro?, que pensades vos desa xustificación?, estades de acordo?. - Realmente o muro protexe a cidade ? É necesario un muro para protexernos? - Por qué cres que cando Puck, pide aos gobernantes que derriben o muro, non lle fan caso? - Cal é a solución que dan os gobernantes cada vez que Puck fai unha petición? - Pensas que os señores que gobernan a cidade están contentos e felices? - Que che parece o contraste que se dá entre o pensamento do rapaz e as reflexións que fan os políticos? . - Se ti foses Puck, gustaríache saber que pasa detrás do muro? - Qué pasa cando Puck descubre que noutro lado do muro, hai unha nena? - No muro aparece debuxado un corazón, qué pode significar?. - Cómo se consigue derribar o muro?. - Gostaríate que na escola houbera un muro que separara aos nenos maiores dos pequenos, e que nunca puidésemos falar uns cos outros?. - Cres que as veces, entre as persoas, xurde unha separación como se houbese un muro? Qué poderíamos facer para derribar “o muro na vida real?. - Coñeces algunha situación na vida real que se pareza a que narra a historia? - Quen son os máis prexudicados de que haxa un muro entre os dous países?. Cales poderían ser as consecuencias? - Cantos conflitos armados coñeces na realidade que igual que na ficción se levantara un muro de ailllamento para “resolver os conflitos” ( caída do muro de Berlín , alzamento do muro de Palestina). Que coñecedes destas situacións bélicas, quen pensades que son os responsables?. - Que suxire a reflexión final que di: " o peor non son os muros de formigón senón aqueles que se levantan entre as persoas e endurecen os seus corazóns”.


Departamento de orientación . IES a Sangriña.

material alumno.

Puck e o muro Suxestións para o coloquio: -

-

Sabes por que se celebra o día 30 de xaneiro o día internacional da Paz. Que coñeces de Gandhi?. Cal é o tema ou temas centrais do vídeo? Cal é a razón ou xustificación pola que se levanta o muro?, que pensades vos desa xustificación?, estades de acordo?. Realmente o muro protexe a cidade ? É necesario un muro para protexernos? Por qué cres que cando Puck, pide aos gobernantes que derriben o muro, non lle fan caso? Cal é a solución que dan os gobernantes cada vez que Puck fai unha petición? Pensas que os señores que gobernan a cidade están contentos e felices? Que che parece o contraste que se dá entre o pensamento do rapaz e as reflexións que fan os políticos? . Se ti foses Puck, gustaríache saber que pasa detrás do muro? Qué pasa cando Puck descubre que noutro lado do muro, hai unha nena? No muro aparece debuxado un corazón, qué pode significar?. Cómo se consigue derribar o muro?. Gustaríache que na escola houbera un muro que separara aos nenos maiores dos pequenos, e que nunca puidésemos falar uns cos outros?. Cres que as veces, entre as persoas, xurde unha separación como se houbese un muro? Qué poderíamos facer para derribar “o muro na vida real?. Coñeces algunha situación na vida real que se pareza a que narra a historia? Quen son os máis prexudicados de que haxa un muro entre os dous países?. Cales poderían ser as consecuencias? Cantos conflitos armados coñeces na realidade que igual que na ficción se levantara un muro de para “resolver os conflitos” ( caída do muro de Berlín , alzamento do muro de Palestina). que coñecedes destas situacións bélicas ?. quen pensades que son os responsables?. Que suxire a reflexión final que di: " o peor non son os muros de formigón senón aqueles que se levantan entre as persoas e endurecen os seus corazóns”.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.