Departamento de orientación. IES " A Sangriña" Para o Tutor/a
“A TRAVÉS DO CINE” PELÍCULA: “En tierra de nadie” DATOS TÉCNICOS: Ano: 2001 Nacionalidade: Eslovenia/ Reino Unido Director: Danis Tanovic Reparto: Branko Djuric (Chiki). Rene Bitorajac ( Nino) Duración- 98 minutos
Sipnose: Esta é a historia de dous soldados , Chiki e Nino un Bosnio e outro Serbio, que se atopan atrapados entre as liñas inimigas en terra de ninguén durante a Guerra de Bosnia de 1993. Mentres Chiki e Nino tratan de atopar unha solución o seu complicado problema, un sarxento dos cascos azuis da ONU preparase para axudarlles contrapoñéndose as ordenes dos seus superiores. Os medios de comunicación son os encargados de transformar unha simple anécdota nun "show" mediatico de carácter social. TEMPORALIZACIÓN- de 3 a 4 sesións. REFLEXIÓNS ( para titor/a) : A cinta comeza con uns soldados que loitan por sobrevivir e continua cunha relación de amizade entre os tres personaxes cuxas vidas veñen marcadas polas circunstancias , unha simple separación xeográfica a un lado ou outro da fronteira . Esas esperanzas de cohabitación pacifica vense abaixo cando xurde a traxedia e aparecen os cascos azuis e as cadeas de televisión dispostas a facer do drama un espectáculo mediático. A guerra de Bosnia foi una mostra mais da falta de dialogo , onde a través dos dez minutos da película podemos comprobar as mortes absurdas e indiscriminadas sen sentido, soldados Serbios que matan os seus irmáns
Bosnios e viceversa, sen unha ideoloxía clara soamente polo instinto de supervivencia. Os soldados unicamente son vítimas dunha situación que non acaban de comprender o único que parece claro é un odio irracional ós seus veciños . Máis que unha película sobre a guerra o que o Director intenta é amosarnos, o sen sentido do enfrontamento e da intolerancia das persoas que asisten o espectáculo sen facer nada para evitalo . É unha critica irónica da postura que adoitamos ante o conflito dende a distancia e do absurdo da guerra. 1. Tras ver a película sinalar ¿cal é o tema central da película e que aspectos da película foron os que mais gustaron e os que menos e por qué ?. 2.
A película refírese a Guerras dos Balcáns (antiga Iugoslavia ) pero realmente o que o director quer denunciar é a actitude pasiva e frívola das forzas internacionais, as cales actúan por intereses económicos e políticos sobre as vidas das persoas. • • •
¿Como cualificarías a postura dos responsables ou altos mandos da ONU?. Compara a postura do soldado que se atopa a pe do conflito e a dos seus mandos. ¿ que describirías de cada unha delas ? ¿cres que traballan polo mesmo fin ou motivación? Na última secuencia que pecha a película os mandos, prefiren aceptar unha solución mintirosa e ambigua co o único fin de salvagardar a imaxe e calar así a presión popular: o .¿Cres que realmente cumpre unha misión pacificadora ou solo intentan dar unha boa imaxe ante a opinión publica ?. o ¿ Como crees que tiñan que haber actuado ante a situación exposta na película ? ¿ e ante o conflito bélico en xeral ?.
3. Os medios de comunicación tamén exercen un gran influenza neste conflito e realmente axustase bastante a realidade: interesa vender , e acadar a máxima audiencia nos informativos . - ¿Que opinión che merece os papel dos medios de comunicación na película ?. - ¿ Que opinión tes da frase do soldado ferido cando di “Os medios de comunicación son voitres que so pensan en amosar dolor” ?. - ¿Cres que o respecto e a tolerancia cara o sufrimento humano, vai contra da liberdade de prensa ? . - ¿Existen límites o Dereito a información?. - ¿Considerades hipócrita a postura da prensa ó longo da película?.
4.
A pesar de que o interese de Director ía mais encamiñado a criticar a postura das institucións internacionais ante a guerra do seu país , o certo é que tampouco deixa fora a súa mordaz visión do conflito dos seus compatriotas . Ó comezo da película observase unha serie de mortes absurdas, indiscriminadas e sen sentido . A tenor das imaxes, o único que parece claro e odio irracional e inexplicable aos seus veciños; un odio motivados soamente pola necesidade de sobrevivir a dura realidade da guerra . O Director dalgún xeito trata o tema da “Tolerancia” criticando a ausencia desta no comezo dos conflitos . -
¿ Sabedes por qué loitan os protagonistas da película? ¿ Teñen algunha relación as súas motivacións cas orixes da guerra ?. ¿Consideras que a película é critica cos propios soldados Iugoslavos? Xustifica a resposta . ¿En que momento da relación entre os tres protagonistas, xurde a tolerancia como elemento de unión entre eles? ¿ Como se manifesta esa tolerancia ?. O motivo do inicio da guerra dos Balcáns orixinouse porque unha serie de persoas consideraron que algúns dos cidadáns de outras etnias , razas, relixións e culturas non tiñan os mesmos dereitos que eles. 1. Cando se fala de Tolerancia, ¿falamos da capacidade de respectar a diversidade individual de cada un ?.
5. Reflexión Final: O Filme comeza cuns soldados que loitan por sobrevivir , continua co principio dunha relación de amizade entre os tres personaxes, cuxas vidas veñen marcadas polas circunstancias, unha simple separación xeográfica dun lado a outro da fronteira. As esperanzas de cohabitación pacifica, remata e así finaliza, cando aparecen os cascos azuis e as cadeas de televisión dispostas a facer un drama do espectáculo mediatico. A película amósanos que a tolerancia só se produce cando somos capaces de poñernos no lugar dos demais. Para ser tolerante temos que ser capaces de empatizar e respectar as opcións dos demais. Hai dúas escenas sobre as cales merece unha especial mención : 1. Cando un soldado Bosnio, mentres le o xornal, menciona “o complicado que está a situación en Ruanda”. ¿ Non crees que as veces soamente exercemos esta solidariedade cos mais lonxanos e nos esquecemos dos que nos rodean?. 2. Chiki e Niko,os protagonistas discuten sobre quenes foron os que comezaron a Guerra ¿ Necesariamente ten que recaer a culpabilidade en alguén ?. Departamento de orientación. IES A Sangriña.
Departamento de orientación. IES " A Sangriña" Para o alumno/a
“A TRAVÉS DO CINE” PELÍCULA: “En tierra de nadie” DATOS TÉCNICOS: Ano: 2001 Nacionalidade: Eslovenia/ Reino Unido Director: Danis Tanovic Reparto: Branko Djuric (Chiki). Rene Bitorajac ( Nino) Duración- 98 minutos
Sipnose: Esta é a historia de dous soldados , Chiki e Nino un Bosnio e outro Serbio, que se atopan atrapados entre as liñas inimigas en terra de ninguén durante a Guerra de Bosnia de 1993. Mentres Chiki e Nino tratan de atopar unha solución o seu complicado problema, un sarxento dos cascos azuis da ONU preparase para axudarlles contrapoñéndose as ordenes dos seus superiores. Os medios de comunicación son os encargados de transformar unha simple anécdota nun "show" mediático de carácter social. 1. Tras ver a película sinalar ¿cal é o tema central da película e que aspectos da película foron os que mais gustaron e os que menos e por qué ?. 2.
A Guerra dos Balcáns e o papel das Institucións Internacionais ¿Como cualificarías a postura dos responsables ou altos mandos da ONU?. a. ¿Cres que realmente cumpre unha misión pacificadora ou solo intentan dar unha boa imaxe ante a opinión publica ?. b. ¿ Como crees que tiñan que haber actuado ante a situación exposta na película ? ¿ e ante o conflito bélico en xeral ?. c. Compara a postura do soldado que se atopa a pe do conflito e a dos seus mandos. ¿ que describirías de cada unha delas ? ¿cres que traballan polo mesmo fin ou motivación? . d. Na última secuencia que pecha a película os mandos, prefiren aceptar unha solución ambigua co o único fin de salvagardar a imaxe e calar así a presión popular. ¿ que opinión che merecen?
3. Os medios de comunicación e a influenza que exercen, axustase bastante a realidade: interesa vender e acadar a máxima audiencia nos informativos . - ¿Que opinión che merece os papel dos medios de comunicación na película ?. - ¿ Que opinión tes da frase do soldado ferido cando di “Os medios de comunicación son voitres que so pensan en amosar dolor” ?. - ¿Cres que o respecto e a tolerancia cara o sufrimento humano, vai contra da liberdade de prensa ? . - ¿Existen límites o Dereito a información?. - ¿Considerades hipócrita a postura da prensa ó longo da película. 4. Ó comezo da película observase unha serie de mortes absurdas, indiscriminadas e sen sentido. As imaxes amosan o odio aos seus veciños, motivado pola necesidade de sobrevivir a dura realidade da guerra. O Director dalgún xeito trata o tema da “Tolerancia” criticando a ausencia desta no comezo dos conflitos : - ¿Consideras que a película é critica cos propios soldados Iugoslavos? Xustifica a resposta - ¿Sabedes por qué loitan os protagonistas da película? ¿ Teñen algunha relación as súas motivacións cas orixes da guerra ?. - ¿En que momento da relación entre os tres protagonistas, xurde a tolerancia como elemento de unión entre eles? ¿ Como se manifesta esa tolerancia ?. - Cando se fala de Tolerancia, ¿falamos da capacidade de respectar a diversidade individual de cada un ?. 6. Reflexión Final: O Filme comeza cuns soldados que loitan por sobrevivir , continua co principio dunha relación de amizade entre os tres personaxes, cuxas vidas veñen marcadas polas circunstancias, unha simple separación xeográfica dun lado a outro da fronteira. As esperanzas de cohabitación pacifica, remata e así finaliza, cando aparecen os cascos azuis e as cadeas de televisión dispostas a facer un drama do espectáculo mediatico. A película amósanos que a tolerancia só se produce cando somos capaces de poñernos no lugar dos demais. Para ser tolerante temos que ser capaces de empatizar e respectar as opcións dos demais. Hai dúas escenas sobre as cales merece unha especial mención : Cando un soldado Bosnio, mentres le o xornal, menciona “o complicado que está a situación en Ruanda”. ¿ Non crees que as veces soamente exercemos esta solidariedade cos mais lonxanos e nos esquecemos dos que nos rodean?. Chiki e Niko,os protagonistas discuten sobre quenes foron os que comezaron a Guerra ¿ Necesariamente ten que recaer a culpabilidade en alguén ?. Departamento de Orientación. IES A Sangriña.