Alegacións orzamento 2014

Page 1

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

PROPOSTA DE EMENDAS Á APROBACION INICIAL DO ORZAMENTO DO CONCELLO DE FERROL PARA O ANO 2014 O Grupo Municipal Socialista, de conformidade coa regulación contida no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de Marzo, e considerando a necesidade de incrementar recursos para facer fronte ás necesidades inescusables que actualmente non teñen dotación orzamentaria, presenta en forma e en prazo as seguintes ALEGACIÓNS Á APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO DO ANO 2014, por un importe de 3.760.000 euros. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O Grupo Municipal Socialista entende que o orzamento municipal, non é só una estimación previa sobre os posibles ingresos e gastos que pode ter un concello no transcurso do ano, unha cuestión clave para o sostemento e cumprimento dos servizos públicos e as e obrigas esixibles á Administración local, por parte da veciñanza. Cremos que o orzamento, dende o seu orixe, é una decisión política de grande transcendencia, que vai a afectar ao conxunto da cidadanía e mesmo ao propio desenvolvemento do Concello. Por iso, hoxe máis que nunca, en aras a defensa da saúde democrática da corporación local e mesmo a propia lexitimación social da función política, reivindicamos e exercemos o noso dereito a desenvolver plenamente a función política que nos corresponde como oposición, e que nos outorgou a cidadanía. Sabendo que, para o bo funcionamento democrático, é tan necesario o Goberno como a oposición. Por elo rexeitamos, que de xeito reiterado se pretenda reducir o noso papel institucional a unha mera función administrativa de control do Goberno local, desnaturalizando así o rol político e democrático da oposición, de presentación de alternativas á acción do Goberno, de alternativas á xestión dos problemas e necesidades da cidadanía e alternativas e propostas na planificación do desenvolvemento do noso Concello. Nos resistimos a que se reduza o espazo político non só aos grupos políticos da corporación municipal, se non tamén á participación dos veciños e veciñas na xestión do nosos concello, con escasas ou nulas posibilidades de intervención e comunicación sobre as decisións que afectan á súa vida cotiá.

1


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

Mais se cabe nun orzamento como o do ano 2014, no que por mor do calendario electoral, resulta un ano crucial do mandato, toda vez que o que non se teña abordado neste ano, xa non será posible abordalo ata o seguinte período 2015-2019. Tamén temos que recriminar que, a día de hoxe, un bo número de propostas socialistas, que o Goberno local incluíu nos orzamentos do ano 2012 e 2013, estean aínda sen executar, nun exercicio lamentable e reiterado de desprezo aos compromisos adquiridos, en sesión plenaria. Entre elas destacamos dotar a nosa cidade dun Parque específico que permita mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola doenza do Alzheimer, a mellora do acceso a internet na zona rural, a posta en marcha e apertura do Centro de Día de Telleiras, as actuacións para mellorar o funcionamento das acometida da auga e saneamento do local social de Valón, as medidas para acadar a eficiencia enerxética no alumeado público, etc. Por todo elo, presentamos un conxunto de EMENDAS POR UN IMPORTE TOTAL DE 3.760.000 EUROS, agrupadas por áreas para dar resposta as propostas aprobadas pola cidadanía, no seu día, nos orzamentos participativos, así como ás demandas sociais e laborais das persoas e familias do noso concello, as necesidades medio ambientais do noso contorno, e mesmo ás demandas de sectores produtivos, que non aparecen reflectidos na proposta do goberno. EMENDAS PARA O FOMENTO DO EMPREGO Primeira.- Políticas activas de emprego: 100.000 €. Sábese que o principal problema do país e de xeito moi especial da nosa cidade, é o desemprego. Fontes da Enquisa de Poboación Activa, advirten dunha taxa de paro do 33,3%, que xa supera á de ocupación ( 32,3%), que é a peor taxa de Galicia. Segunda.- Creación de postos de traballo: 50.000€. Propoñemos abrir unha liña de axudas municipais a iniciativas locais de emprego, para proxectos xeradores de emprego e actividade económica. Dirixidas a empresas de nova creación que contemplen a contratación de persoas desempregadas. Terceira.- Cooperativas: 30.000 €. Liña de apoio ás cooperativas radicadas en Ferrol para a promoción de produtos elaborados, comercializados e prestación de servizos,que afiance a súa actividade. 2


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

Cuarta.- Autoemprego: 50.000€ Posta en marcha dunha liña de axudas, dirixidas a menores de 35 años, que contemplen o pago da seguridade social durante un año, cando poñan en marcha iniciativas de autoemprego. EMENDAS SOCIAIS Quinta.- Plan Comunitario, nos barrios de Recimil e San Pablo: 100.000 € Entendemos prioritario en materia social, a posta en marcha dun Plan Comunitario, nos barrios de Recimil e San Pablo, co obxectivo de mellorar a convivencia, a seguridade, e a tolerancia nestas zonas da cidade. Cremos que o enfoque comunitario das intervencións nestes dous barrios, que contan con características similares e unha problemática semellante, non debe vir determinado só pola mera participación activa da comunidade no desenvolvemento dos programas, nin por variables como o número de sectores da comunidade implicados, senón polo protagonismo concedido á propia comunidade na análise da súa realidade e, sobre todo, na toma de decisións respecto ao seu futuro. Sexta.- Rehabilitación de vivendas baleiras de Recimil: 500.000€. A titularidade municipal destas vivendas, fai imprescindible que , a vista da situación socioeconómica de moitas familias do concello de Ferrol, se poña canto antes a disposición das mesmas este instrumento de solidariedade e redistribución da riqueza, garantindo un dereito constitucional e a utilidade social deste patrimonio municipal. Sétima.- Comedores sociais: 40.000€ Co fin de completar a rede de comedores na cidade, propoñemos habilitar un comedor na zona Urban, co obxectivo de achegar un novo servizo social ás persoas residentes no centro da cidade, nomeadamente os barrios de Ferrol Vello, Canido e Madalena. Por outra parte , así , se dará cumprimento ao acordo plenario do ano 2011.

3


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

Oitava.- Centro de Día das Telleiras: 20.000€ O Pleno da Corporación aprobou un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a posta en funcionamento do Centro de Día das Telleiras, que xunto co de Caranza, completan a rede de centros de día dos que dispoñemos actualmente. Á vista da insuficiencia da partida orzamentaria para poñelos en marcha propoñemos o incremento da mesma en 20.000€, para dar cobertura ao numero de prazas que se ocuparán. Novena: Centro de Día de Serantes. 25.000 €. Propoñemos dar os pasos para dar resposta á esta demanda do rural, coa consignación de 25.000€ para a redacción do proxecto. Décima.- Descentralización da Oficina de Atención Cidadá: 50.000 euros. Propoñemos impulsar a descentración dos servizos coa habilitación dunha oficina en Caranza e outra na zona rural. Undécima.- Descentralización dos Servizos sociais: 50.000 €. Propoñemos a creación da Unidade Básica de Traballo social en San Pablo, para o correcto desenvolvemento do plan comunitario proposto, e a recuperación da UBTS en Serantes, para dar servizo a toda a zona rural. Duodécima.- Banco de alimentos : 30.000€ Proponse a dotación dunha partida de 30.000€ para a posta en funcionamento dun banco de alimentos municipal, que permita actuar decididamente contra un dos impactos máis graves da pobreza, como son a fame e a desnutrición. Décimo terceira.- Incremento das subvencións nominativas de Benestar en 10.000€. Proponse que nas subvencións nominativas de Benestar, se incremente en 1.500€ a contía destinada á Fundación ADRA, dedicada a atención de persoas en risco de exclusión social, co obxecto de que sexa tratada en igualdade de condicións que outras entidades co mesmo obxecto social.

4


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

Polas mesmas razóns, proponse que se habilite unha subvención nominativa de 2.500€ a entidade Dignidad. Proponse unha partida de 6. 000€, para as Asociacións de Inmigrantes ubicadas na cidade de Ferrol. EMENDAS ZONA RURAL Décimo cuarta.- Plan usos rural instalacións Defensa: 50.000 €. Décimo quinta.- Plan dinamización da costa e rural: 50.000 €. Décimo sexta.- Construción de beirarrúas Vilar- Prior. 80.000 € Décimo sétima.- Pasarela peonil en Esmelle: 200.000 €. Décimo oitava.- Wifi no rural: 130.000€ Logo de solicitalo en numerosas ocasións, e nas emendas aos orzamentos municipais ano tras ano, finalmente o noso grupo conseguiu que esta demanda histórica fose acordada unanimamente polo conxunto da corporación, no pleno de marzo do 2013. Por elo, e dada a necesidade para dar servizo aos veciños e veciñas da zona rural propoñemos a dotación das dúas partidas por eles mesmos eliminadas no plan de inversións do 2011 e por importe de 30.000 euros destinada á acometida BT torreta de telecomunicacións de Brión e outra por importe de 100.000 euros destinada á mellora do acceso a internet na zona rural, dando así cumprimento ao acordo plenario. EMENDAS ACCESIBILIDADE Décimo novena.- Accesibilidade universal: 150.000 € Co obxectivo de avanzar cara a unha accesibilidade universal, mediante un plan plurianual de inversións,deben eliminarse progresivamente as barreiras arquitectónicas, de comunicación auditiva ou visual, existentes na cidade, cunha partida específica para tal fin no anexo de inversións de cada orzamento municipal, dotada cun mínimo de 150.000 € anuais.

5


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

Así, inicialmente consideramos prioritario rematar a intervención na estrada de Catabois, dende a rotonda do Arquitecto Marcide ata as inmediacións do Hospital Novoa Santos, unha actuación básica e imprescindible para as persoas do CAMF. Cabe lembrar que no anterior mandato desenvolvéronse máis de trescentas actuacións de accesibilidade, e si ben cremos que se debe continuar estendendo a accesibilidade no conxunto da cidade, esta actuación parécenos prioritaria. Vixésima.- Ascensor na piscina de Caranza e Malata e vestiarios adaptados: 30.000€ É urxente para permitir a utilización das piscinas municipais un ascensor na piscina de Caranza e vestiarios adaptados, tanto en Caranza como na Malata. EMENDAS MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS Vixésima primeira.- Premios Axenda 21- FERROl: 5.000€ Propoñemos a creación dos Premios Axenda 21- FERROL, para premiar dende o Concello as boas prácticas ambientais das empresas e colexios da cidade, e retomar deste xeito o devandito plan de acción local. Vixésima segunda.- Eficiencia enerxética: 50.000 € Cómpre loitar contra o cambio climático, cunha partida para eficiencia enerxética asumindo a corresponsabilidade que nos corresponde como administración local. Vixésima terceira.- Fomento do transporte público e da mobilidade sostible: 150.000 €. Vixésima cuarta.- Extensión dos carrís bici: 150.000€. Continuando cos xa iniciados na zona urbana e a extendendo o carril a Esteiro-A Malata, e mesmo habilitando outro no rural na zona de Outeiro-San Xurxo. Vixésima quinta .- Pasarela lagoa Doniños: 13.000 € Propoñemos a consignación de 13.000 € para iniciar o acondicionamento e a instalación dunha pasarela peonil na lagoa de Doniños, que xa no seu día foi aprobada polos veciños no proceso de orzamentos participativos. 6


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

Vixésima sexta.- Plan de compostaxe no rural: 10.000 €. Propoñemos retomar o programa de compostaxe caseiro na zona rural e nos hortos urbanos, iniciado no mandato anterior, que consistía nunha serie de actividades formativas co fin de que os veciños e veciñas interesados coñeceran as principais características nas que se basa o compostaxe caseiro, as puxeran en práctica, e posteriormente se fixese a supervisión necesaria para garantir a calidade do compost final. Vixésima sétima.- Adaptación dunha praia de Ferrol para uso compartidocon animais domésticos: 40.000 €. Dando cumprimento á ordenanza de animais aprobada, e coa sinalización correspondente e os medios parra o cumprimento das obrigas das persoas usuarias. Vixésima oitava.- Parque canino: 50.000 € Para dar servizo ás persoas propietarias de cans, facilitando un lugar axeitado, que permita o disfrute da compañía dos devanditos animais, e dar cumprimento a ordenanza de animais. Vixésima novena.- Aumento do número de nichos no cemiterio municipal: 150.000€ Sendo conscientes de que existe unha necesidade real e urxente, dada a escasa dotación de nichos existentes na actualidade no cemiterio municipal, e para evitar seguir intercalando filas, propoñemos unha partida específica, dedicada a aumentar o número de nichos, dun xeito racional e que permita conservar o valor estético e funcional do cemiterio municipal. Trixésima.- Parque biosaudable no barrio de San Xoán: 12.000€ Proponse a construción dun parque biosaudable no barrio de San Xoán. Cabe lembrar que dito parque foi aprobado no proceso de orzamentos participativos do ano 2010, co obxecto de levarse a cabo no ano 2011, para o que xa fora previsto o seu orzamento no anexo de investimentos do 2011.

7


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

EMENDAS TURISMO E CULTURA Trixésima primeira.- Acondicionamento do Centro Cívico de Caranza: 5.000€ Proponse a reposición do tapizado das butacas no salón de actos. Trixésima segunda.- Oficina municipal de turismo: 60.000€ Proponse acondicionar o local da Praza de España como Oficina Municipal de Turismo, co obxecto de facer visible e operativo este servizo. EMENDAS EDUCACIÓN Trixésima terceira.- Mantemento de centros escolares públicos: 75.000 € Trixésima cuarta.- Estudo para a construción dun comedor escolar no CEIP de Ponzos: 10.000 € EMENDAS SEGURIDADE E MERCADOS Trixésima quinta.- Plan local de seguridade viaria 25.000 € Trixésima sexta.- Plan de xestión e seguridade das praias 100.000 € Trixésima oitava.- Mantemento do parque de bombeiros : 200.000€ Propónse a creación dunha partida plurianual para o mantemento do parque de bombeiros de A Gándara ata a construción e posta en marcha do novo parque de bombeiros. Trixésima novena.- Proxecto nova construción do Parque de bombeiros comarcal en Leixa 50.000 € Cuadraxésima.- Arranxo das deficiencias no Mercado Recimil: 250.000 € Cuadraxésima primeira.- Arranxo das deficiencias Mercado Caranza 250.000 € Cuadraxésima segunda.- Plan dinamización dos mercados municipais: 60.000 € 8


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

EMENDAS DEPORTES Cuadraxésima terceira.- Plan de mantemento e reparación das instalacións deportivas: 200.000€ Propoñemos un Plan de mantemento e reparación das instalacións deportivas, para a posta a punto das distintas instalacións existentes na cidade. EMENDAS XUVENTUDE Cuadraxésima cuarta.- Axudas ó aluguer para a mocidade ferrolá: 100.000€. Na liña de tentar fixar poboación moza no municipio e facilitar a emancipación dos mesmos, propoñemos habilitar axudas o aluguer para este sector de poboación agora que o goberno central as suprimiu. Polo que propoñemos unha liña de axudas ó aluguer para a mocidade ferrolá. Neste senso pódese xestionar a colaboración da administración autonómica como responsable en materia de vivenda. Propoñemos unha aportación inicial no orzamento de 2014 de 100.000€.

En Ferrol, a 19 de novembro de dous mil trece

Asdo.: Natividad González Laso Voceira do Grupo Municipal Socialista

ILMO. SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

9


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.