Lanzadeira de emprego e emprendemento solidario Ferrol

Page 1

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

PROPOSTA DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA EN MATERIA DE EMPREGO O Grupo Municipal Socialista, amosando a súa preocupación ante a grave situación de desemprego que están a atravesar moitas persoas do Concello de Ferrol, situación que se alonga no tempo, entende que é necesario atopar solucións definitivas. Por todo elo, consideramos que a administración local debe levar a cabo todas as accións que estean na súa man e reclamar das demais administracións tanto axudas necesarias para levar a cabo as de interese municipal como as que correspondan competencialmente a estas. 1.- O Grupo Municipal Socialista propón ao goberno local a posta en marcha do proxecto LEES “Lanzadeira polo Emprego e o Emprendemento Solidario”. Trátase dun proxecto baseado na colaboración e a solidariedade, dirixido a e por persoas en situación de desemprego. O principal obxectivo é crear grupo coordinados, colaborativos, de persoas que traballen na procura de emprego ou na creación de autoempregos (lanzadeiras), dirixidos e xestionados polos propios desempregados. 2.- Creación do Centro do Emprendemento, ubicado no antigo Hospicio, que contará con todas as instalacións necesarias para que as persoas emprendedoras poidan desenvolver o seu proxecto (zonas de traballo, sala de reunións...). Orixe do proxecto A situación laboral en España é dunha gravidade extrema. O sistema de empregabilidade centrado en torno ao INEM non é quen de dar unha resposta. O proxecto LEES quere innovar este sistema traballando dende a sociedade o talento, e potenciando as capacidades das persoas desempregadas, facéndoas o centro do proxecto e baseándose no traballo en equipo para producir unha mobilización, e prosperar nas políticas de emprego. As lanzadeiras poñen o foco nas persoas desempregadas, sendo elas mesmas os protagonistas nos procesos de empregabilidade. É un programa de activación e motivación para “persoas desempregadas por persoas desempregadas”. Permite incrementar as posibilidades das persoas participantes para atopar traballo, mellorando as estratexias de auto-postulación individual ou colectiva, para a súa contratación por terceiros ou creando pequenas empresas ou o seu propio emprego.

1


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

Pretende combater o illamento e o desánimo que provoca a situación de desemprego, sobre todo cando se alonga no tempo, e proporcionar ferramentas que permitan reaccionar ante a sensación de bloqueo que experimentan as persoas desempregadas. Como método de traballo se empregará a metodoloxía de Coaching, dirixida por persoas técnicas especialistas, profesionais tamén en desemprego que serán coordinadores do programa. Diferénciase de experiencias previas (programas de orientación profesional) en que non se centra unicamente na formación en técnicas de busca de emprego. Ademais, trátase dun sistema onde os logros, coñecementos e desenvolvementos afectan ao conxunto e deben servir para melloralo. Está dirixido a persoas desempregadas, que participarán de forma voluntaria, con idades e perfís profesionais diversos, dispostos a impulsar a súa procura de emprego e sexan quen de apoiar a outros nesa tarefa. Busca mobilizar aos desempregados mediante grupos de traballo colaborativo na procura de traballo, tanto a nivel individual como en equipo. Tamén na autocolocación, fomentando o autoemprego e o emprendemento, insertando laboralmente aos seus integrantes, a través da axuda mutua e traballo solidario. Mediante estas accións, xérase o contexto axeitado para favorecer a integración no grupo, permitindo recuperar a autoestima, organizar o día en torno a actividades concretas e ser capaz de axudar a persoas en igual ou peor situación. Principios nos que se basea o proxecto: -Liberdade.- As persoas participantes sumaranse libremente ao proxecto mediante convocatorias abertas nos medios de comunicación. -Responsabilidade.- Cada participante é responsable do seu proxecto, polo tanto será el quen defina os seus obxectivos, prazos e itinerario. O coach non imporá, sino que axudará na consecución. -Creatividade.- Fomento do pensamento crítico e da análise de oportunidades. -Respecto.- Fundamental para a posta en común das ideas, a transmisión de boas prácticas e o intercambio de coñecementos. -Solidariedade.- Compartírase información, coñecementos e experiencia entre todas as persoas da lanzadeira. 2


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

-Compromiso co grupo.- A persoa participante adicará tempo para a busca de emprego e para o crecemento cualitativo do grupo. -Sinerxia.- O proxecto baséase na cooperación e axuda mutua como estrategias para superar a situación actual. Organización do proxecto Créanse varios grupos de traballo con perfís diversos en canto a formación, idade, xénero, experiencia e demais variables, contando en cada lanzadeira coa figura central do coach que axudará aos demais membros a ser mais activos, ensinando e mobilizando a ser máis eficientes. As reunións servirán para favorecer a retroalimentación dentro da lanzadeira e entre as que, no seu caso, formen parte da rede que pode xurdir. Conleva un asesoramento constante (Mentoring e Couching) tanto para a busca por conta allea como para o autoemprego, de xeito personalizado sobre a mellor forma de abordar a busca ou o emprendemento nun proxecto persoal ou compartido. Tamén formación e asesoramento para a creación de entidade xurídica axeitada ás características e desenvolvemento do proxecto. Funcionamento da lanzadeira As lanzadeiras seguirán no seu funcionamento unha metodoloxía que se divide nas seguintes fases conforme a un itinerario que percorrerán todas as persoas: -Acollida.- Avaliación das capacidades, actitudes e aptitudes da persoa, establecemento de obxectivos e integración no equipo da lanzadeira. Se traballa na creación de plans de mellora e programación do proceso. Terá apoio persoal e acompañamento, traballando a motivación. -Entrenamento.- principalmente práctico e dirixido a mellorar competencias nas áreas de estratexia de busca de emprego (técnicas de presentación e entrevista, deseño de mapas de busca de emprego, reforzo da imaxe de marca persoal) , comunicación (habilidades de intelixencia emocional e social, habilidades de presentación de ideas e proxectos), xestión do cambio (xestión da carreira profesional, creatividade, identificación de oportunidades e transversalidade) e emprendemento (modelo de negocio, aspectos xurídicos e económicos da empresa, busca de financiación). -Programación e planificación da busca de emprego, en grupo ou individualmente. Acadada a inserción laboral, a persoa participante se compromete a seguir colaborando co grupo como preceptor que, en sesións periódicas de seguimento, proverá de coñecemento e contactos ás persoas que aínda non acadaron o obxectivo de atopar emprego por conta allea, ou mediante autoemprego. 3


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

Busca de colaboración Dende a lanzadeira, e co respaldo do Concello, buscarase apoio das institucións para aproveitar recursos públicos e das entidades, contactos e oportunidades co resto de persoas desempregadas, emprendedores e empresas da comarca (Networking). Financiación dos mellores proxectos de maduración de ideas con convenios con algunha entidade bancaria para a posta en marcha de proxectos de emprendemento. Xestoría de apoio que ofreza soporte legal, administrativo, contable e laboral para que o traballador poda centrarse na busca de emprego e no desenvolvemento do seu modelo empresarial. Atracción da inversión.- Busca da posibilidade de obter unha rolda de inversión con capital semente para aqueles emprendedores que finalicen o programa con éxito. Na Lanzadeira se realizarán xornadas onde as persoas emprendedoras presentan o seu proxecto a posibles inversores (Demo Day), que poderán seguir o proxecto ao longo do programa.

En Ferrol, a 21 de xaneiro de dous mil catorce

Asdo.: Natividad González Laso Voceira do Grupo Municipal Socialista

4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.