Moción Conxunta Mercado Caranza

Page 1

MOCIÓN DOS GRUPOS MUNICIPAIS SOCIALISTA, ESQUERDA UNIDA E BLOQUE NACIONALISTA GALEGO PARA O ARRANXO DOS PROBLEMAS URXENTES DO MERCADO MUNICIPAL DE CARANZA Os Grupos Municipais Socialista, de Esquerda Unida e do Bloque Nacionalista Galego SOLICITAN, a través da súa voceira e os seus voceiros, e ao abeiro do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e co artigo 97.2 do vixente Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno Ordinario e debatida no mesmo coa seguinte, EXPOSICIÓN DE MOTIVOS No barrio de Caranza atópase situado un dos tres mercados municipais da cidade. Unha instalación que co paso dos anos ten ido deteriorándose fisicamente, até o punto de que, recentemente, tivo que chamarnos a atención sobre o particular a inspección da Consellería de Sanidade mediante acta de data 14 de febreiro do ano en curso. Pero non só incumprimos neste aspecto como propietarios do inmoble, senón que tampouco exercemos nosa preceptivo labor de promotor e impulsor da actividade comercial en coordinación cos placeiros alí ubicados. Esta ausencia de compromiso tivo como consecuencia a paulatina caída da oferta comercial do recinto que na actualidade atópase baixo mínimos. Con obxecto de cambiar esta dinámica perversa e facer fronte ás nosas responsabilidades como administración propietaria, poñendo freo á ruína das instalacións e os seus inquilinos. Por todo o que estamos a expoñer o Pleno do Concello de Ferrol insta o goberno local a: 1.- O arranxo inmediato dos dous problemas que ameazan a seguridade do edificio do mercado: 1a.- Substitución da cuberta actual por outra que permita a entrada de luz natural e solucione as pingueiras. 1b.- Solucionar os problemas nunha trabe da fachada norte.

1


2.- Concentración de todos os postos interiores no primeiro andar do mercado, e apertura de oferta a novos postos. 3.- Dar cumprida solución as deficiencias postas de manifesto pola inspección da Consellería de Sanidade mediante acta de control oficial de data 14 de febreiro deste ano. 4.- Consensuar con grupos políticos e praceiros unha solución de futuro para el mercado

En Ferrol, a 23 de maio de dous mil catorce

Asdo.: Natividad González

Asdo.: Javier Galán

Voceira do Grupo Municipal Socialista

Voceiro do Grupo Municipal EU

Asdo:: Iván Rivas Voceiro do Grupo Municipal BNG

ILMO. SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERRO

2


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.