Moción Mobilidade Sostible no rural

Page 1

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Tel. 981-944034 Fax 981- 945198

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Ferrol, a través da súa voceira, Natividad González Laso, conforme ao disposto no regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación a presente MOCIÓN PARA GARANTIR UNHA MOBILIDADE SEGURA E SOSTIBLE NAS ESTRADAS MUNICIPAIS DAS PARROQUIAS DE ESMELLE, COVAS E DONIÑOS E NA ESTRADA PROVINCIAL 3603, co obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno Ordinario e debatida en base ás consideracións seguintes: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O concepto de mobilidade sostible e segura ven desenvolvéndose en Europa, dende os anos 90, baseándose no dereito da cidadanía a trasladarse polos distintos tipos de vías públicas, baixo unhas condicións de mobilidade adecuadas e seguras, implantadas co mínimo impacto ambiental posible. Conscientes do insoportable custe de vidas humanas, provocados por accidentes de tráfico, sabemos que, tanto a cidadanía, como o conxunto de axentes implicados, incluídas as administracións, temos unha parte de responsabilidade e obrigas que cumprir, para acadar unha seguridade vial acorde coas necesidades de mobilidade de hoxe en día. Este feito ten provocado a esixencia da Unión Europea, da posta en marcha de políticas activas de seguridade vial, por parte de tódalas administracións competentes en cada un dos Estados membros. En outubro de 2005 a propia Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou unha resolución que instaba aos gobernos a declarar o terceiro domingo de novembro como Día Mundial no Recordo das Víctimas de Accidentes de Tráfico co obxectivo de ofrecer un recoñecemento ás vítimas de accidentes e a difícil situación dos familiares que se enfrontan ás consecuencias emocionais e prácticas destes tráxicos sucesos. A Organización Mundial da Saúde alertaba aos gobernos e as organizacións non gubernamentais de todo o mundo a conmemorar ese día, co fin de atraer a atención pública cara os accidentes de tráfico, as súas consecuencias e custes, e as medidas que poden adoptarse para prevelos. España asumiu o compromiso político e social de mellora da seguridade vial, coa posta en marcha do Plan Estratéxico de Seguridade Vial 2005-2008, que se traduciu nunha serie de actuacións nos distintos niveis competenciais, que permitiron reducir en mais dun 53% o número de persoas falecidas por esta causa. Así, sumouse a Estratexia de Seguridade Vial Europea, que fixaba o obxectivo de reducir, no horizonte do 2020, nun 50% o número de mortos por accidentes de tráfico e deulle continuidade a estas políticas, coa Estratexia de seguridade Vial 2011-2020.

1


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Tel. 981-944034 Fax 981- 945198

Convén lembrar que si ven os sinistros en autovías e autoestradas se teñen reducido, pola contra, tal como recoñece a propia DGT, se ven incrementados os accidentes, nas estradas secundarias e nas vías interurbanas. Así no primeiro trimestre do ano 2014 perderon a vida 219 persoas, neste tipo de estradas, de feito 78% das vítimas mortais de tráfico ocorren en estradas convencionais. Mesmo a delegada en Galicia de “Stop Accidentes”, Jeanne Picard, con motivo do Día Mundial das Vítimas de Tráfico, se referiu ao rural galego, considerando que un dos maiores problemas para a seguridade vial no rural, é a carencia de sendas peonís, reclamando solucións para que maiores e pequenos poidan realizar desprazamentos seguros, evitando atropelos. O Grupo Municipal Socialista coincide na necesidade impulsar a seguridade vial na zona rural para evitar atropelos, nomeadamente no referido ao ámbito territorial de Ferrol. Somos conscientes de que é unha das cuestións pendentes de resolver, dado que moitas estradas carecen de beirarrúas ou zonas peonís seguras, que garantan o desprazamento dos veciños e veciñas, sen poñer en perigo a súa integridade física, e que outras mesmo carecen dos anchos necesarios para atender con garantías de seguridade o tráfico que soportan. Estas circunstancias son especialmente perigosas, cando afectan a colectivos vulnerables como son as persoas maiores,os ciclistas, ou os peóns que precisan dunha maior protección, especialmente nas zonas de maior risco, onde xa se teñen producido accidentes e atropelos. Certamente, no transcurso de diversos mandatos, se foron afrontando melloras referidas a seguridade vial das estradas do rural do concello de Ferrol, e mesmo no anterior mandato socialista se fixeron actuacións nese senso, tanto en estradas municipais como nas de competencia da Deputación Provincial de A Coruña. Tal e o caso da estrada Covas-San Xurxo que conta na actualidade cunha senda peonil de pavimento slurry que garante a seguridade vial de peóns e ciclistas, contribuíndo a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e permitindo o disfrute do noso contorno natural e paisaxístico. Pero, quedan actuacións pendentes e necesarias, como ocorre na estrada provincial de Covas, a CP 3603, aínda con varios tramos que transcorren polo núcleo poboacional, sen dispor de beirarrúas ou de sendas peonís, que dean seguridade aos viandantes. Existe dende hai anos un proxecto redactado pola Deputación Provincial de mellora da seguridade vial na C.P. 3603 Ferrol-Covas que pretendía dar continuidade as beirarrúas existentes, dende a Igrexia ata o cruce da praia do Vilar.

2


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Tel. 981-944034 Fax 981- 945198

Hoxe en día, unha senda peonil de pavimento slurry , similar á actuación feita na estrada de Covas-S.Xurxo, nos parece máis axeitada ao medio rural e respondería perfectamente ás necesidades de desprazamento da poboación, en condicións de seguridade. Mesmo, cremos que sería doado facela pola marxe dereita, por atoparse a maioría das vivendas, con cesións de terreo feitas. Cabe lembrar, que a necesidade de beirarrúas ou sendas peonís, foi tamén unha demanda compartida e votada maioritariamente polos veciños de Covas e de Esmelle, que logo quedou aprobada nos orzamentos participativos para o ano 2011. Ditas propostas demandaban, que o tramo da CP 3603 que dispón de beirarrúas se continuara dende “As Palmeiras” ata “A Cochera”, e que se continuara dende a zona da Igrexia de Covas ata o cruce do Vilar. Pero tamén se aprobaron sendas peonís nas estradas municipais, que darían continuidade as beirrarúas dende “ A Cochera” ata o local social de Esmelle, e dende o cruce do Vilar ata o Prior. Unhas demandas asumibles e cuantificadas que responden a necesidade de garantir a circulación peonil das persoas maiores e da veciñanza que a cotío se desplaza por ditos s lugares, especialmente na tempada de verán, onde o número de poboación se multiplica, tramos, que, desgraciadamente, xa foron obxecto de atropelo con resultado de vítimas mortais. Pero tamén consideramos necesario que é preciso facer actuacións na parroquia de Doniños, nomeadamente no ramal que enlaza coa estrada provincial CP-3608 e que vai a Penencia, pola especial perigosidade que representa, especialmente no verán, que cuadruplica o seu tráfico. Por todo elo o Grupo Municipal Socialista presenta para o seu debate e votación polo Pleno as seguintes propostas de RESOLUCIÓN: PRIMEIRA.- Acordar que o Concello de Ferrol mellore a seguridade vial na parroquia de en Esmelle, adecuando a estrada de titularidade municipal, que vai dende o Río de Aneiro, local social da AA.VV, ata “A Cochera”, cunha senda peonil e ciclista. SEGUNDA.- Instar á Deputación Provincial de A Coruña a mellorar a seguridade vial na C.P. 3603 Ferrol a Covas, dotándoa dunha senda peonil e ciclista entre “A Cocheira” e “As Palmeiras. TERCEIRA.- Instar á Deputación Provincial de A Coruña a mellorar a seguridade vial na C.P. 3603 Ferrol a Covas, dotándoa dunha beirarrúa ou senda peonil entre a Igrexa e o cruce da praia do Vilar. 3


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Tel. 981-944034 Fax 981- 945198

CUARTA.- Acordar que o Concello de Ferrol mellore a seguridade vial na parroquia de Covas, dotando a estrada de titularidade municipal, que vai dende o cruce da praia de O Vilar ata o Prior, cunha senda peonil e ciclista. QUINTA.- Acordar que o Concello de Ferrol mellore a seguridade vial na parroquia de Doniños, ancheando a calzada que vai a Penencia, nos tramos onde sexa posible. En Ferrol, 20 de agosto de 2014

Asdo. : Natividad González Laso Voceira do Grupo Municipal Socialista

ILMO.SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.